Page 1

[ Páx. 8-9]

A cidade prepárase para acoller a gran carreira do San Martiño BALONCESTO

Páx.3

Racha negativa do COB no que levamos de Liga

FÚTBOL

Páx.4 XIMNASIA

A UD colocáse segunda trala vitoria ante o Bande

Páx.11

Recorren ao crowdfunding para ir oa Mundial

FÚTBOL SALA Páx.1

BALONMÁN

Páx.14

O Sala Ourense lidera a Terceira División Nacional

O Nova Xestión feminino acaba líder a primeira volta

Buscando o seu lugar

Tras o inicio das disferentes competicións, os conxuntos ourensáns están a pelexar por lograr as mellores posicións, uns con máis acerto que outros ata o de agora.

Número: 168- Ano: IX -10 de novembro de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 24 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

AXENDA / NOVAS

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 12 de novembro. Espiñedo. Arenteiro - Vilalbés. Terceira división. - Día 12 de novembro. O Couto -12 h- Ourense CF Compostela. Terceira división. - Día 12 de novembro. O Couto. UD Ourense - Nogueira de Ramuín. Rexional Preferente. - Día 19 de novembro. Os Carrís. Barbadás - Vilalonga. Terceira división. - Día 19 de novembro. Calabagueiros. Barco - Alondras. Terceira división. - Día 19 de novembro. Bande. Bande - Porriño. Rexional Preferente. - Día 19 de outubro. A Tella. Nogueira - Caselas. Rexional Preferente. - Día 19 de outubro. San Cristobal. Ribeiro - Beluso. Rexional Preferente.

Atletismo

- Día 19 de novembro. Ourense -11 h- 41ª carreira popular do San Martiño. Ás 12:30 horas, carreira escolar e ás 13:15 h a de cativos.

Coles proclámase gañador da Liga Interclubs 4 Acompañárono no podio Allariz (segundo) e Vilamarín (terceiro). Redacción Nun ambiente de gran participación, 76 saídas a pista e con numeroso público chegado de toda Galicia, os resultados deste

pasado domingo, día 5 de novembro, na liga Interclubes Zona Sueste de Galicia fixeron que se proclamase gañador da competición este ano o Club Hípico Coles, seguido de Allariz

Fútbol sala

- Día 11 de novembro. Os Remedios -17 h - Ourense Envialia - Roldán. Primeira división. - Día 11 de novembro. O Carballiño -Paco Chao, 18 hCarballiño - 5 Coruña. - Día 18 de novembro. Os Remedios -17 h - Cidade das Burgas - Universidade de Alicante. Primeira división. - Día 18 de novembro. Os Remedios. Sala Ourense Carballiño. Terceira división. - Día 25 de novembro. Os Remedios -17 h - Ourense Envialia - Leganés. Primeira división.

Andaina

- Día 11 de novembro -Xunqueira de Ambía - 10 h - Andaina Os Pelamios. - Día 11 de novembro. Parada de Sil - 9:30 h - XI Andaina da Castaña e andaina para cativos. - Día 11 de novembro -10 h - Allariz - Ruta e magosto en Allariz. - Día 12 de novembro. Castro Caldelas. Castro Caldelas Vegan Trail. - Días 18 e 19 de novembro. Parada de Sil - Gran travesía Ribeira Sacra. - Día 25 de novembro. O Barco de Valdeorras -10 h- Andaina solidaria contra a violencia de xénero. - Dia 26 de novembro. Carballeda de Avia. Andaina Festa de Outono 2017.

Rugbi

- Día 11 de novembro. Campus Ourense -16 h- Campus Rugby - Universidade de Vigo. División Honra B.

Outros

- Día 11 de novembro. Real Montealegre Club de Golf. Torneo Golf Magostos. - Día 11 de novembro. Club de Tiro Olímpico Eiroás. Trofeo Tiro Olímpico Magosto 2017. - Do 17 ao 19 de novembro. A Peroxa. Enduro Van. - Do 17 ao 19 de novembro. Expourense. Sportur Galicia. Salón do deporte e turismo activo. - Día 18 de novembro. Ourense. XV Trofeo de judo “Cidade de Ourense” - Liga de clubs de judo. - Día 26 de novembro. Vilamarín -9:30 h- Curso de iniciación ao ciclismo BTT. - Día 26 de novembro. -10 h- BTT Trevinca - A Veiga.

Podio da Doma Clásica nivel 2.

O Ourense Rugby perde como vistante Redacción O Campus Ourense Rugby perde lonxe da casa o que gaña nas Lagoas. Os homes de David Monreal aínda non saben o que é gañar como visitantes no que vai de competición na División de Honra B do rugbi nacional. Neste segundo ano na categoría de prata os ourensáns levan sete encontros, dos cales tres remataron en vitoria -os disputados na casa- e catro en derrota -os xogados como visitante-. Kaleido Para esta xornada, a nú-

mero oito, os ourensáns disputan un derbi galego contra o Kaleido Universidade de Vigo R.C. Os univesitarios son quintos coas mesmas vitorias (tres) e derrotas (catro) que o Campus Universitario Ourense, pero cun punto máis (17 dos vigueses por 16 dos ourensáns). O encontro terá lugar no campo universitario das Lagoas este 11 de novembro ás 16 horas.

Partido do Campus Ourense Rugby.

Francesca Caldiroli montando a Escudo. e Vilamarín, segundo e terceiro, respectivamente. Individuais Ademais, disputáronse as probas individuais que tiveron moi boa participación e deixaron un moi bo sabor de boca entre todos os presentes. Nesta xornada, por niveis gañaron: en nivel 0 Valentina Fernández, de Ourense; en nivel 1, Lucía Pardal de Pontevedra; en nivel 2, Leticia Neira, de Ourense; en nivel 3, Carlos Sotelo de Pontevedra;

O Galmédica cae ante o Milagrosa Redacción Nova derrota do Galmédica Ourense tenis de mesa. Esta ocasión foi na casa e diante do CTM Milagrosa de Lugo e pola mínima (3-4). As forzas estiveron igualadas, chegándose a un 3-3 nos partidos individuais, disputándose o desempate nos dobres, no que os ourensáns caeron por un parcial de 3 a 1, re-

Francesca Caldiroli, de Ourense, en nivel 4; e en nivel 5, Jesús Sotelo, de Ourense. Doma clásica En canto ao XI Campionato Provincial de Doma Clásica, o medalleiro estivo moi repartido entre o Club Hípico Vilamarín (Jesús Sotelo en nivel 5, Francesca Caldiroli en nivel 4 e Marta Rodríguez en nivel 3) e Coles (María da Silva en nivel 2, Blanca Babarro en nivel 1 e Ángela Medina en AP Galega). sultando un global de 3 a 4 para os lucenses. “Sabiamos que non ía ser fácil, pero estamos a loitalo”, confensan dende o conxunto ourensán, que continúa pensando no obxectivo da permanencia que ao comezo desta tempada se impuxeron. Os ourensáns debutan este ano na 2ª División Nacional. O conxunto da cidade das Burgas ocupa a sétima praza con catro puntos tras dúas vitorias e tres derrotas. Esta fin de semana visita ao Embutidos San Esteban Cao, equipo que marcha na cuarta posición.

Foto dos compoñentes do Milagrosa e Galmédica.


BALONCESTO

Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

O Carmelitas quere asentarse na Primeira nacional

O partido terá lugar este sábado a partir das 18.15 horas. O seguinte encontro na casa será o 17 de novembro, contra outro conxunto catalán: o Lleida.

4 O conxunto ourensán suma dúas vitorias. Redacción O Gadasa Skoda Carmelitas Ourense debuta este ano na Primeira división nacional coa idea de asentarse na categoría. O inicio non pode ser máis prometedor, xa que o equipo que dirixe Suso Garrido suma dúas vitorias (todas elas no polideportivo Vedruna). Comezou o curso vencendo ao Instituto Rosalía por 58 a 55 e caeu despois derrotado diante do Grupo Tirso Igualatorio de xeito abultado (30-74). No último partido disputado en Ourense logrou unha importante vitoria ante o Cafetería Cervecería La Biblioteca (53-33). No último encontro disputado ata o momento a piques estivo de vencer

a domicilio. Foi ante o Alavés e dous puntos separaron ás ourensás das asturianas (50-48). A inexperiencia na categoría levounas a non xestionar ben os momentos decisivos que fixeron decantar a cita cara o bando local. Sanfer Este sábado, 11 de novembro, a partir das 20 horas, o Carmelitas recibe no Vedruna ao Zumosol Sanfer. As colexialas buscarán unha nova vitoria ante a súa afección.

O Carmelitas recibe este 11 de novembro ao Zumosol Sanfer

O Carmelitas conta os encontros como local por vitorias. Este sábado 11 de novembro buscará a terceira./R.T.



Orlov disputando un balón ante dous rivais vallisoletanos.

O Rio Ourense Termal pecha a clasificación 4 Suma 6 derrotas e 1 vitoria ata a data. R. Torres O Rio Ourense Termal pecha a clasificación na LEB Ouro cando se levan gastadas sete xornadas. Un parcial dunha vitoria por seis derrotas leva a esta situación ao equipo dirixido por Gonzalo García de Vitoria. Todo o realizado polo adestrador nos cinco anos que leva no corpo técnico do club fai que desde a directiva nin se plantexen a súa destitución. Unha situación que pode revertirse en calquera momento pola progresión no xogo do equi-

O COB visita a Prat este sábado e recibe a Lleida o día 17 de novembro

po, pero que parece quedar estancada no último partido disputado. Os ourensáns tiveron tres encontros na casa para maquillar as catro derrotas consecutivas do inicio de curso. Contra Araberri lograron unha cómoda vitoria (9875), deixando ver o mellor encontro ata a data. Días despois xogaban a cita aprazada contra Coruña; na que os herculinos venceron por tres puntos (84 a 87). E o último disputado no Pazo foi ante o Valladolid, caendo novamente derrotados os ourensáns (65 a 72) e coa sensación de que os xogadores deron dous pasos atrás na súa evolución. A falta de acerto desde a liña de tres dio todo (5 de 27 cun 19%). Prat E agora toca viaxar a Prat para visitar unha das

canchas máis complexas. O equipo catalán suma seis vitorias e unha soa derrota ocupando a terceira posición a unha vitoria do líder, o imbatido Breogán.

Convenio ABO O Rio Ourense Termal renova o seu convenio de vinculación con ABO e Bball. Así, os xogadores con menos minutos no COB disporán deles no Bball e ABO, e os que apunten maneiras no baloncesto terán a súa opción no Río Ourense Termal. Ademais, os clubs de ABO e Bball continuarán sendo os principais formadores nas categorías de babybasket e minibasket dos nenos que en categoría alevín formarán parte dos tres clubs. O COB entregará carnet de abonados, gratuitamente, aos nenos das dúas canteiras para que acudan aos partidos no Pazo de LEB Ouro. Incluso compartirán instalacións e material deportivo. Deste xeito, vestirán igual que o Rio Ourense Termal, de azul e branco coa firma Nike.

Alberto Maura, no encontro ante o Valladolid.




Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

FÚTBOL

A UD Barbadás destitúe a Pereiro 4 O técnico deixa o banco do equipo dos Carrís. Redacción

O derbi ourensán disputado en Bande deixou xogadas de moita emoción. /I. OSORIO.

A Unión Deportiva Ourense lévase o derbi na casa do Bande 4 Con esta vitoria os unionistas son segundos. Rubén Durán decidiu o derbi ourensán da 12ª xornada da Rexional Preferente grupo sur. O xogador anotou un golazo desde medio campo pillando adiantado a Berto, porteiro local. O partido non tivo moita historia. O xogo directo de ambos equipos impúxose ao combinativo con balóns colgados ás áreas. A primeira metade apenas tivo ocasións e a segunda deixou ese gran gol que decantou o encontro. Nos minutos finais, e cun xogador menos, o

Bande o tentou, acorralando aos capitalinos. O marcador non se movería e a UD Ourense levouse a vitoria. O equipo que dirixe Fernando Currás é segundo con 26 puntos a tres do líder, Estradense. O Bande marcha cuarto con 24. Os outros dous conxuntos da provincia están en postos de descenso. O Nogueira de Ramuín que viu como o xa ex adestrador Ecay renunciaba ao cargo (o substituiu Abel Afonso) é décimo oitavo con oito puntos, e o Ribeiro pecha a clasificación, con sete.

A UD xoga este domingo día 12 ás 17 h no Couto contra o Nogueira

Vindeira xornada A UD recibe na casa ao Nogueira o domingo ás 17 horas. Partido inédito que chega cunha carga solidaria moi importante. Por unha banda, a “Operación

R. Torres

Quilo” de Amencer dá o seu pistoletazo de saída este ano neste encontro; como cada ano a asociación reclama para os máis necesitados alimentos non perecedoiros. E por outra, desde o club piden que os afeccionados fagan un esforzo e compren máis rifas do habitual. O motivo non é outro que o club desti-

nará o 50% do recadado aos damnificados polos incendios que asolaron a provincia a mediados de outubro. Desde as redes sociais xa se están movendo para animar a compralas. Nos outros partidos con representación ourensá, o Bande visita ao Caselas e o Ribeiro ao Porriño.

Xogador da UD tentando controlar o balón. /I. OSORIO.

A mala dinámica da Unión Deportiva Barbadás fixo que a súa directiva tomara a decisión de cesar ao seu adestrador, Moisés Pereiro. Dous meses sen coñecer a vitoria fixo que se dera por concluída a vinculación do adestrador co cadro dos Carrís. O que fora xogador da entidade, colgando as botas nela, non puido completar unha volta dirixindo ao mesmo. A última derrota, fronte o Ourense Club de Fútbol na casa, foi o detonante desta decisión. Pereiro sae do Barbadás na 18ª posición, con sete puntos e aos mesmo sete da salvación. Vilachá Desde a directiva queren un cambio de rumbo para esta situación e por iso xa se fixeron cos servizos de Juan José Vilachá Fernández. Vilachá comezou dirixindo ao Paderne e

fai unhas datas recalou na Valenzá. Agora chega ao Barbadás para tentar revertir a dinámica dun equipo que ten en mente a permanencia. O primeiro partido do novo técnico será no campo do pechacancelas, o Negreira. Os ourensáns O Barco desinchouse nas últimas xornadas e pasou de estar nas posicións de ascenso á sexta praza. Esta fin de semana enfróntase ao Arousa. O Arenteiro, que ten os mesmos puntos que o Barco (24), ocupa na zona media a novena posición. Este domingo, ás cinco da tarde, recibe en Espiñedo ao Racing Club Villalbés, equipo que suma un punto máis que os do Carballiño. Outro que está na zona tranquila da táboa é o Ourense C.F., que marcha undécimo con 22 puntos. Recibe ao Compostela o domingo, a partir das 12 horas, no estadio do Couto.

Moisés Pereiro deixa de ser adestrador do Barbadás.


ACTUALIDADE

A provincia de Ourense conta cun total de 185 puntos de vacinación.

Deu comezo a campaña de vacinación contra a gripe Está dirixida a maiores de 65 anos e durará ata o 29 de decembro. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de poñer en marcha este 23 de outubro en Ourense a campaña de vacinación antigripal, e que se prolongará durante dez semanas de xeito continuado ata o vindeiro 29 de decembro. O principal obxectivo desta iniciativa é minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela. Entre os obxectivos específicos destaca o de ofertar activamente a vacinación fronte a gripe para acadar unha cobertura do 65% na poboación de 65 ou máis anos e, ao igual que nos últimos anos, fa-

rase un especial fincapé na vacinación do persoal sanitario. A provincia de Ourense conta cun total de 185 puntos de vacinación. Así os ourensáns poderán recibir as correspondentes vacinas en 107 centros de saúde, en 6 puntos emprazados en centros hospitalarios, en 32 centros sanitarios privados, 31 residencias de terceira idade e 3 residencias de discapacitados, entre outros. Nesta campaña, Sanidade vén de investir 1.956.240 euros que posibilitou a adquisición dun total de 560.000 vacinas antigripais. Concretamente, os responsables sanitarios consideran que para acadar os obxectivos de cobertura en Ourense, ao

longo de toda a campaña, haberá que administrar unhas 70.000 doses. Dende a Consellería inciden en que a vacinación durará dez semanas e que hai tempo suficiente para

facela progresivamente. Como nas pasadas campañas, en 2017 manteranse as indicacións de vacinacións dos últimos anos, ofertando a vacinación a todas as persoas con maior risco de padecemento da enfermidade e as súas complicacións: persoas de 65 ou máis anos e persoas menores de esa idade pertencentes aos grupos de risco (persoas con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endocrinas... persoas con cancro ou outras inmunodeficiencias, persoas con obesidade mórbida, persoas con disfunción cognitiva…); e tamén a persoas con posibilidade de transmisión a grupos de risco, entre os que se atopa o persoal sanitario, e traballadores esenciais para a comunidade. Á presentación da campaña acudiron a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; a xefa territorial de Sanidade, María Villar; e a subdirectora de Procesos de Enfermería da Xerencia de Xestión Integrada, Dolores Sánchez.

Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017



O CNPO estréase na Liga de clubs 4 Remata na segunda posición na primeira xornada. Redacción Bo arranque do Club Natación Pabellón Ourense na liga galega de clubs de División de Honra. Na primeira xornada o equipo ourensán rematou na segunda posición, tan só superado polo Galaico de Pontevedra. Foi unha xornada moi esixente onde os nadadores lanzáronse á piscina ata en catro ocasións cada un. Durante dúas horas disputáronse varias probas comezando polo relevo de 4x50 estilos O técnico, Daniel

Toro, mostrábase satisfeito co resultado final que non foi ningunha sorpresa xa que o obxectivo era terminar a tarde entre o tres mellores clubs. Entre o máis destacable, as vitorias en varias probas de Daniel Caamaño (100 braza), e Alberto Taboada e Luz Fernández (200 costas). Ademais, Toro sinalou o bo papel dos infantís que se desprazaron a Lugo e debutaban co equipo absoluto nesta competición. A clasificación total foi Galaico, Pavillón Ourense, Portamiñá, seguidos de Club do Mar, Ferrol e Fluvial de Lugo.

4 Datos da campaña 2016 Ourense continúa a ser a provincia cos niveis máis altos de cobertura. En 2016 acadouse unha porcentaxe do 60,53 % nos maiores de 65 anos, máis de 4 puntos por riba da media galega e mellorando os resultados con respecto a 2015. No ano pasado foron distribuídas 80.134 doses só na nosa provincia. Destaca a vacinación dos profesionais, que se

incrementou nun 10% en relación ao ano anterior, chegando ata o 35,16% no caso do persoal sanitario dos centros de saúde. Na pasada campaña, na provincia ourensá notificáronse 4.904 casos de gripe, dos que 120 foron ingresados e se rexistraron 12 falecementos. Tamén foi a que menos ingresos e chamadas ao 061 contabilizou.

Parte da expedición do CNPO na primeira xornada da Liga de clubs.




Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

XADREZ

Dous ourensáns, campións do circuíto galego 4 Xacobe Conde en S-12 e César Pérez en S-14. Redacción Os ourensáns Xacobe Conde en S-12 e César Pérez en S-14 proclamáronse vencedores do Circuito Galego 2017 de xadrez. Tras 6 meses e 19 probas puntuables, ambos ourensáns impuxéronse en dúas das catro categorías en liza. O sábado 4 de novembro tivo lugar en Vilagar-

cía de Arousa o “Open McDonalds”, última das 19 probas puntuables do circuito. Na vila pontevedresa déronse cita 125 participantes, pertencentes ás categorías sub-8, sub-10, sub-12 e sub-14, na que foi a derradeira proba puntuable do calendario. O xoven xadrecista de Club Xadrez Ourense, Xacobe Conde Riveiro (vixente subcampeón de

España Sub-12 na modalidade de xadrez rápido) foi o vencedor na clasificación xeral da categoría sub-12, mentres que César Pérez (Club Universitario de Ourense) facía o propio en categoría sub-14. Probas ourensás Entre todas as probas disputadas hai que resaltar as dúas celebradas en Ourense: o “II Ourense en

Xacobe Conde, co trofeo de campión do circuíto galego.

Iván Salgado, 13º con España no Campionato de Europa de seleccións 4 É a súa décima participación ininterrompida co combinado nacional. Redacción Iván Salgado volveu a formar parte, un ano máis, do quinteto da selección española que participou no Campionato de Europa de seleccións nacionais. Con este torneo, celebrado en Grecia entre o 28 de outubro e o 6 de novembro, foi a súa décima participación ininterrompida, desde que con 16 anos obtivo o título de Gran Mestre. Agora con 26, o xadrecista ourensán completou unha positiva actuación, malia a súa derrota na última xornada ante Rumanía, que levou ao equipo a rematar na décimo terceira posición. Dito quinteto nacional estivo composto esta vez

Iván Salgado. polo G.M. madrileño David Antón, o mencionado Iván Salgado, o catalán

O ourensán Iván Salgado logrou empatar diante do exsubcampeón mundial, o británico Nigel Short, e ante o “Top-10” Mundial, o G.M. azerbaixano Teimur Radjabov

Xaque” que tivo lugar o pasado 4 de xuño e o “X Festival de Xadrez de Expourense” celebrado o pasado 29 de Outubro, que resultaron ser, un ano máis, as probas puntuables máis participativas de entre todas cantas compoñen este calendario de citas autonómicas. Ambas superaron con creces a cifra de 200 participantes.

Josep Manuel López, o hispano-ruso Oleg Korneev e o murciano Carlos Ibarra, coa salientable baixa do balear Paco Vallejo, actual nº 1 do panorama nacional por ránking internacional. O xoven Gran Mestre do Club Xadrez Ourense, debía de asumir o esixente

segundo taboleiro (xogan catro titulares e un suplente por cada unha das 9 xornadas). Todo isto nunha coplicada e moi potente competición continental, na que Iván Salgado mantivo unha actuación moi regular e na que rematou con score persoal positivo, malia a súa derrota da derradeira rolda ante o G.M. rumano Emilian Parligras. Actuación Cabe salientar, ademáis das dúas vitorias parciais obtidas por Iván ante fortes rivais, algúns empates do ourensán ante xadrecistas de elite mundial, como o exsubcampeón mundial, o británico Nigel Short ou como ante o “Top-10” Mundial, o G.M. Azerbaixano Teimur Radjabov. Finalmente foron os países favoritos os que ocuparon o podio, con vitoria de Azerbaján, seguido de Rusia, prata, e de Ucrania, que obtivo o bronce. Clasificación A clasificación da selección española, que rematou décimo terceira, pode catalogarse de positiva, xa que partía co número 15 do ránking inicial dos 40 países participantes.

X Festival de Xadrez Redacción Expourense acolleu a décima edición do Festival de Xadrez “Deporte e Ciencia para a Xuventude”, dirixido a mozos de entre 6 e 18 anos procedentes de toda Galicia, Castela León e Portugal. En total foron 250 os participantes que alí se reuniron, sendo un ano máis a de máis participación no Circuíto galego (conta con 19 probas en toda Galicia). Gañadores Gabriel Roma Barge (Club Xadrez Ourense) en sub-18, Mateo Díaz Gómez (Club Xadrez

Ourense) en sub-14, Marta Quintas Fernández (Escola Luguesa) en sub-12, Heriberto Rubial Blanco (Ponferrada) en sub-10 e César Oubiña Pazos (Cambados) en sub-8 foron es vencedores de cada unha das cinco categorías en litixio. O Club Deportivo Xadrez Ourense foi unha vez máis a entidade máis galardoada con 5 podios.

Participantes no Festival de Xadrez de Expourense.


VOLEIBOL

Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017



Vitoria a domicilio do Dompa Gestión 4 Desfíxose do San Sadurniño pola vía rápida (0-3). Redacción O equipo sénior de Primeira división autonómica feminina do Club Voleibol San Martiño -o Dompa Gestión- logrou unha importante vitoria como visitante. Triunfou por cero sets a tres ante o Fisio CheBen San Sadurniño. Desde o principio, o equipo ourensán marcou o ritmo de xogo, isto fixo que o rival non tivese opcións e non puidese facerlle moito dano. Os dous pirmeiros sets anotáronllos as ourensás con autoridade (cun dobre 15-25). Con todo, no terceiro set, unha certa relaxación sumada a varios erros, supuxo que as locais tivesen opción de levar a

O equipo sénior de 1ª autonómica marcha cuarto

terceira manga. Pero finalmente caeu ao lado ourensán nun apertado final (2426), o que lle fixo levar o set e o encontro. Con esta vitoria o equipo de Dompa Gestion afiánzase aínda máis na cuarta posicion. Resto de encontros O equipo infantil Escola Municipal Pavillón Ourense enfrontábase ao San Sadurniño. O conxunto ourensán comezou un pouco adurmiñado sen atopar o seu xogo. Isto levouno a perder os dous primeiros sets, pero no terceiro despregou o seu mellor xogo onde puido demostrar todo o que mellorara. Logrou levar o terceiro set, aínda que seguiron cometendo erros no cuarto, o que lles deparou a derrota final por 3-1. O equipo cadete do Dompa Gestión enfrontábase en Monforte de Lemos ao Korbis. O inicio foi de bo

Partido do equipo sénior do Dompa Gestión.

xogo para as ourensás. Os dous primeiros sets decantáronse para o cadro visitante, sendo replicadas polas locais nos dous seguintes (2-2). No último e definitivo, as da cidade das Burgas lograron a manga que as levou a conquerir o encontro (2-3). Con esta segunda vitoria o equipo cadete ourensán escala postos e atópase á metade da táboa para ir subindo aos poucos. Pola súa banda, o equipo de categoría xuvenil do club desprazábase ata Vigo para xogar contra o Teis. Tras un inicio titubeante, o que o levou a perder o primeiro set, lograron encontrarse cómodas na pista para levarse os tres seguintes sets e o partido (1-3). Esta vitoria mantenas invitas e líderes da clasificación. Por último, o equipo sénior de Segunda división visitaba ao Black Voleibol, de Teis (Vigo). Sen historia no primeiro set, no que as ourensás caeron estrepitosamente (25-9), reaccionaron no segundo sen ser suficiente para levarse a manga (25-21). No terceiro xogábanse o todo polo todo. Estiveron en partido ata o empate a 23, pero as locais foron superiores mentalemten e lograron este terceiro e definitivo set (25-23) o levou ás ourensás a perder o encontro por 3 a 0.

Partido no Pompeo entre o CVO Hermisferios Ribeira Sacra e o líder, o Rivas Ciudad Deport. /I. OSORIO.

O Hemisferios Ribeira Sacra plantoulle cara ao líder

4 Finalmente caeu derrotado por un set a tres ante o Rivas. Redacción O Club Voleibol Ourense “Hemisferios Ribeira Sacra” vendeu cara a súa derrota diante do líder da Primeira división nacional de voleibol, o Rivas Ciudad Deporte de Madrid. As ourensás finalmente cederon por un set a tres. O partido comezou moi costa arriba para as ourensás que saíron atenazadas pola responsabilidade de enfrontarse a un dos equipos favoritos para gañar a liga e cederon os dous primeiros sets (17-25 e 19-25) encadeando varios erros

pouco frecuentes no saque que fixeron que as madrileñas se destacasen no marcador. Na terceira manga as ourensás saíron á pista convencidas de plantarlle cara ao Rivas e viviuse un set espectacular en canto a xogo de conxunto das locais, que fixo vibrar como nunca ao público que acudiu ao Pompeo. As ourensás venceron por 25-20 con momentos de brillantez por parte de ambos os conxuntos. O cuarto set seguiu con dominio constante das ourensás tanto no xogo como no marcador, chegando a situarse con 21 a

17. Varios erros no remate fixeron que as madrileñas conseguisen voltear o marcador e situalo nun definitivo 22-25 que lles deu os tres puntos e a posibilidade de seguir encabezando unha semana máis a liga nacional. Clasificación Con esta derrota o CVO Hemisferios sitúase nunha cómoda sétima posición da táboa, con 8 puntos na clasificación. A próxima semana desprazarase novamente a Madrid para enfrontarse ao Fuenlabrada, que ocupa o oitavo lugar a catro puntos das ourensás.




Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

ATLETISMO

A FGA perfila a programación da pista cuberta de Ourense 4 Inaugurarase cun trofeo de categoría escolar o sábado 16 de decembro. Redacción Estase a traballar na sombra, pero estase a traballar. Tras varias xuntanzas para tratar sobre o emprego da pista cuberta de Ourense xa se coñecen as primeiras competicións que se realizarán na mesma. Inauguración O 16 de decembre ponse de largo a pista coa súa cerimonia inaugural que virá acompañada cunha proba: o Trofeo inaugural pista cuberta de Ourense; organizado polo Concello de Ourense e Federación Galega de Atletismo co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte. Nesta xornada desenvolverase pola mañá a fase final da Liga Abanca para as categorías benxamín, alevín e infantil estando previsto un acto inaugural

na que haberá distintas probas abertas a todas as categorías. Campionatos de Galicia Unha vez inaugurada a pista poderá acoller algún dos campionatos da nosa rexión. Xa hai unha proposta da Directora Técnica da Federación Galega de Atletismo á Comisión Delegada da Asemblea Xeral para as posibles datas de celebración. Así, o 23 e 30 decembro poderíase celebrar o Campionato Galicia Máster (veteranos); os días 6 e 7 de xaneiro, o Campionato de Galicia de probas combinadas; o día 7 de xaneiro, a Copa de clubs de pista cuberta; o 13 de xaneiro, o Campionato de Galicia absoluto e sub23; e o 14 de xaneiro, o Campionato de Galicia sub18

e sub20. Nacional sub20 Ademais, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo solicitaron á Real Federación Española de Atletismo a organización do Campionato de España sub20 os días 3 e 4 de marzo de 2018.

A Secretaría Xeral para o Deporte e a FGA solicitaron á Real Federación Española de Atletismo a celebración en Ourense do Nacional sub20 o 3 e 4 de marzo

Presentación no salón de plenos do Concello de Ourense da 41ª edición da carreira popular do

As inscricións do San Martiñ

4 Achéganse xa aos 10.000 inscritos. O prazo con Redacción

Infografía da pista cuberta de Ourense, ubicada no interior do recinto feiral de Expourense.

O domingo 19 de novembro volverá ser unha xornada de éxito no deporte ourensán. Ese día, as rúas da cidade acollen a 41ª edición da

carreira popular do San Martiño, emblema da cidade das Burgas e decana das probas populares de Galicia. Nesta ocasión, as expectativas, case seguro, que volverán cumplirse

e moi posiblemente superaranse os 10.000 inscritos entre as tres probas

Repartiranse máis de 7.000 euros en premios


ATLETISMO

o San Martiño. /I.OSORIO.

s na carreira ño, a bo ritmo

ntinúa aberto ata o 12 de novembro. que se disputarán. As inscricións pódense facer efectivas na plataforma championchipnorte.com e están abertas ata o vindeiro 12 de novembro. Para as categorías de cativos e escolares é de

balde, habendo que pagar 7 euros na proba absoluta. Premios Os cinco primeiros clasificados na carreira absoluta -tanto en categoría

masculina como feminina- terán un trofeo, ademais de premio en metálico. Os primeiros (home e muller) levaranse 1.000 euros; os segundos, 700 euros; os terceiros, 500 euros; os cuartos, 300; e

Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

A entrega de dorsais terá lugar en Expourense coincidindo con Sportur - I Salón de turismo activo

Fernández e Gutiérrez vencen en Monterrei

os quintos, 200. Para os corredores locais haberá premio aos tres primeiros. Os primeiros, 200 euros; os segundos, 150 euros; e os terceiros, 100, ademais dos seus respectivos trofeos. Haberá un premio especial para o máis rápido no ecuador da proba. O atleta que chegue primeiro -e remate a carreira- ao quilómetro 5 terá un premio de 300 euros (premio Caixabank) na categoría masculina e feminina. Ademais, hai un premio de 500 euros para o que logre batir o récord da proba (en homes está en 28:49 minutos, e en mulleres en 32:45, ambos acadados na edición de 2010).

Redacción

Recollida de dorsais Este ano a recollida de dorsais cambia de ubicación. Pasa do pavillón municipal dos Remedios a Expourense. Este cambio débese a que este ano o recinto feiral acolle o I Salón de Turismo activo e deporte “Sportur”. Ademais, no marco desta feira entregaranse os premios do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”, que vén de rematar o pasado mes de outubro.



4 Na cuarta edición da súa proba popular. O municipio de Albarellos do Concello de Monterrei organizou o pasado 5 de novembro a cuarta edición da carreira popular “Monterrei é 10”. Unha carreira de 10 quilómetros homologados sobre un circuíto (de 5 quilómetros) totalmente chan que tan só o afeou o vento en contra nalgún tramo do mesmo. Dúas voltas tiñan que dar os preto de 150 inscritos para completar os 10.000 metros. Alex Fernández, recuperado dunha lesión e cun tempo de 31:22 minutos, foi o vencedor na categoría masculina con sete segundos de vantaxe con respecto de Rubén Diz (31:29). Os dous atletas defenderán este ano as cores do Ourense Atletismo. No terceiro escalón do

podio, situouse Pepe Márquez, a algo máis de dous minutos (33:31). En categoría feminina, Yolanda Gutiérrez venceu ao sprint a Sonia Teijeiro; ámbalas dúas pararon o crono en 39 minutos e 15 segundos. Tres segundos máis atrás (39:18), Ana María Ocampo alzouse coa terceira posición, nun dos podios máis apretados que se recordan. Por equipos En canto á clasificación por equipos (tiñan que coontar con catro integrantes dos que alomenos un tiña que ser muller), o mellor foi o de Runmaniak (formado polos tres primeiros homes -Fernández, Diz e Márquez- e a terceira muller -Ocampo-), segundo foi Ourensanía (Hermida, Rodríguez, Otero e Teijeiro) e o terceiro lugar sería para Limiactiva (Díaz, Galiña, Feijoo e Nagihi).

Podio da clasificación por equipos.


10

Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

NOVAS

O Marbel trae cinco medallas de Eibar

EN BREVE 4 Tiro O Club de Tiro Olímpico Eiroás organiza o vindeiro sábado 11 de novembro o Trofeo de Tiro Olímpico - Magosto 2017, que dará comezo ás 16:30 horas nas súas instalacións.

4 Trala disputa da Copa de España de jiu jitsu. Redacción

4 Andaina

solidaria

O sábado 25 de novembro o Club Peña Trevinca Barco organiza unha andaina solidaria contra a violencia de xénero. A proba, de dificultade baixa e percorrido de 9,5 quilómetros, dará comezo ás 10 da mañá con saída na praza do Concello do Barco e remate en Vilamartín. Os interesados poden inscribirse nos Servizos Sociais do Concello do Barco, por 5 euros.

4 Iniciación á

escalada

Os días 28 de novembro, e 5, 12 e 19 de decembro o Club Alpino Ourensán organiza un curso de iniciación á escalada, que se impartirá de 17:30 19:30 no rocódromo municipal, sito no pavillón dos Remedios. Os interesados poden inscribirse no correo contacto@clubalpinoourensan.es, cun prezo de 15 euros para os socios do club, e de 10 euros de matrícula e 15 do curso para os non socios; ademais, os deportistas non federados deben abonar 24 euros de seguro. Este importe non inclúe o prezo de entrada ao pavillón para os non abonados (3 euros/día).

Dous rivais tanteándose antes do “ataque”. /RAMSÉS.

Recta final da Liga de judo 4 Xa se coñecen os emparellamentos no playoff para o título. Redacción

pións desta edición.

Xa se coñecen aos catro equipos que en cada categoría (Primeira división masculina, Segunda división masculina e Primeira división feminina) disputaranse o título da Liga de clubs de judo - XV Trofeo Cidade de Ourense. Despois de rematar as tres xornadas de liga regular os catro primeiros clasificados de cada liga pelexarán para que se coñezan aos campións. Os playoffs terán lugar o vindeiro sábado, 18 de novembro, e enfrontarán, en cada categoría, ao primeiro contra o cuarto e ao segundo contra o terceiro. Os vencedores enfrontaranse na final para coñecer aos cam-

Primeira división Na Primeira división masculino o primeiro da fase de liguilla foi o Famu de frutos A que se enfrontará ao UDC Resultado ATP. O outro encontro será entre o Club Arteixo e o jiu jitsu club Coruña, como segundos e terceiros clasificados. E na categoría feminina, UDC Resultado ATP mí-

Os playoffs disputaranse o sábado 18 de novembro

dese ao Judo Club Oleiro -primeiro e terceiro- e o Judo Baixo Miño B ao Famu de Frutos. Segunda división O gañador da Segunda división coñecerase trala disputa do Entyl Ingenieros - Bitácora (primeiro na fase regular) - Galicia Sur (cuarto) e o Judo Club Baixo Miño - Famu de Futos B.

Un dos combates da terceira xornada.

Bo papel do Marbel na terceira edición da Copa de España de jiu jitsu de Eibar. Os pasados sábado 4 e domingo 5 de novembro disputouse no Polideportivo Municipal de Ipurua, en Eibar (Guipúzcoa) esta competición co concurso de cinco competidores ourensáns do Club Marbel, que obtiveron excelentes resultados. Felipe Iglesias, subcampión mundial e europeo comezou a súa preparación internacional na categoría de -62 quilos cunha medalla de ouro que afianza o seu bo momento de forma. A deportista Tama-

ra Silva, logrou o ouro en +70 quilos e unha medalla de prata na competición Ne Waza (loita exclusiva en chan). Xermán Rodríguez competiu a bo nivel en -85 quilos, mentres os mozos Arturo Julve (-94 quilos) e Rubén Córdoba (-69 quilos sub 20) mostraron as súas maneiras con dúas medallas de bronce. Proba destacada A Copa de España de Eibar é unha das reunións máis seguidas no jiu jitsu nacional, con frecuente participación estranxeira. En ocasións o seu nivel é similar ao Nacional, o cal aumenta o valor do logrado.

Integrantes do Marbel en Eibar.


XIMNASIA

Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

Crowdfunding para ir a Bulgaria 4 Oito ourensáns acometen unha campaña de finanzamento para participar no mundial de ximnasia. Redacción Ourense aporta 10 ximnastas aos mundiais por idades que se desenvolverán do 16 ao 19 en Sofía (Bulgaria). De entre eles oito decidiron abordar unha campaña de financiamento para poder afrontar os gastos que supón a competición. Aínda que representan a España, a Federación só afronta os gastos do Campionato do Mundo absoluto, polo tanto, estes ximnastas deben correr eles cos gastos que supón o desprazamento e aloxamento en Bulgaria o que é unha carga extra para as familias. Por iste motivo desde a plataforma Lánzanos: (https://www.lanzanos. com/proyectos/ocho-gimnastas-a-sofia-ayudanosa-volar/) abordan unha campaña de finanzamento para poder reunir os cartos necesarios que lles permitan acudir e representar a España na cita intercon-

Os ximnastas mundialistas.

tinental. No enlace web pódese atopar toda a información: o seu proxecto, as súas necesidades, un vídeo e imaxes destes deportistas. O gasto total dos oito ximnastas supón arredor de 11.000 euros, eles piden 4000. O 12 de novembro remata a campaña e xa están chegando á cifra ansiada. Axuda Son varias as contías coas que se pode axudar e todas elas revertiranse nun agradecemento quen aporte 10 euros- ou mesmo nun calendario de 2018 -para quen done 40 euros-. Tamén se pode apoiar con 20, 50, 100, 200 ou mesmo 500 euros -neste caso entregaráselle un trofeo no “Torneo Nadal de Ximnasia 2017”-.

A campaña remata este domingo 12 de novembro

Un dos equipos participantes no Galego de conxuntos de nivel absoluto. /RAMSÉS.

As benxamíns do Escola Pavillón proclámanse campioas galegas 4 O Club Ximnasia Pavillón logra tres medallas no Campionato de Galicia de conxuntos de nivel absoluto. Redacción O Club Ximnasia Pavillón organizou na central do pavillón dos Remedios -o pasado 27 de outubro- o Campionato de Galicia de conxuntos de nivel absoluto. O club ourensán estivo representado por catro conxuntos logrando tres deles subirse ao podio. Devandito campionato é clasificatorio para o Nacional que se celebrará en Valladolid do 30 de novembro ao 3 de de-cembro.

O conxunto benxamín do Escola Pavillón proclamouse campión galego cun sorprendente e dinámico exercicio mellor executado no segundo pase. Foron prata e bronce nesta categoría os dous conxuntos de Acordes Narón e Acordes Pontedeume, respectivamente. Na categoría sénior o grupo formado polas ourensás Ana, María, Antía, Lorena, Uxía, Candela e Paula fíxose co segundo posto, detrás do Club María Barbeito.

O conxunto júnior (conformado por María, Rebeca, Sabela, Sara, Paula e Lucía) foi subcampión galego detrás do club Escola Acordes e seguido polo club María Barbeito. Na categoría infantil, o conxunto que fora bronce na Copa de Conxuntos en Logroño (Sara, Claudia, Candela Díaz, Candela Pérez, Uxía e Julia) obtivo a cuarta posición. Balance Con esta competición

11

danse por finalizadas as citas autonómicas que se saldan para as ourensáns con excelentes resultados; pero, sobre todo, con gran satisfacción en canto ao nivel técnico das ximnastas e dos exercicios, aínda que as adestradoras ven aínda moito marxe de mellora cara as citas nacionais que teñen por diante; algunhas delas son: Euskalgym (18 e 19 de novembro, en Vitoria), competición á que asistirán estes catro conxuntos máis os dous de nivel base (alevín e infantil) e o conxunto cadete (campión no autonómico de promoción); o nacional de base de conxuntos (23 e 25 de novembro, Alicante), coa participación do conxunto alevín do Club Ximnasia Pavillón e o infantil do Escola Ximnasia Pavillón; a Copa individual base (22 de novembro, Alicante), na que competirán as ximnastas Marta Mangana e Lidia Babarro; a Copa de conxuntos nivel absoluto (26 de novembro, Alicante), para a que obtivo praza o conxunto júnior do club; e o citado Campionato de España de conxuntos (do 30 de novembro ao 3 de decembro, Valladolid), no que Ourense estará representado polos catro conxuntos que participaron no galego.

Os catro conxuntos do CxP que participaron no galego acudirán ao nacional de Valladolid


12

Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

FÚTBOL SALA

O Ourense Envialia recibe este sábado ao Roldán -17 h, Os Remediosos cartuchos das derrotas -e non levamos nin un tercio de liga gastado-.

Sara Moreno, desequilibrada ante Ceci do Poio./RAMSÉS.

Tres pasos atrás 4 As derrotas das últimas xornadas fan que o Ourense Envialia perda comba cos primeiros postos. R. Torres O inicio ligueiro non facía, para nada, presaxiar o que pasaría nas tres xornadas que van da seis á oito. Nestas tres xornadas, o Envialia suma tres derrotas que fan que o equipo dirixido por Chipi pasara de estar nos primeiros postos -incluso líder- a baixar ata a sétima posición. O non sumar os nove puntos en disputa fixo que xa estean a oito puntos dos líderes, Futsi e Burela; a dous partidos (seis puntos) de Roldán e Poio; e a un (tres puntos) de Alcorcón e Universidad de Alicante. A Liga é longa, pero se temos en conta que para

estar arriba a final de tempada poucos puntos se poden perder polo camiño, dá a sensación que as albinegras xa esgotaron todos

Inimigas Un ano máis parece que elas mesmas son as súas propias inimigas. Capaces do mellor e do peor. Poden gañar a domicilio ao Alcorcón e caer derrotadas diante do UCAM Murcia. Un inimigo que un ano máis volve ser o mesmo e que fai complicado loitar por cotas altas, nunha Liga esixente dabondo. Jimbee Roldán Nesta xornada, a número 9, toca recibir nos Remedios (sábado, 11 de novembro ás 17 horas) ao terceiro clasificado: o Jimbee Roldán. Este encontro pode ser unha pedra de toque para saber se as tres derrotas consecutivas son un pequeno bache ou se dirá adeus a loitar polo título ligueiro.

Chiki disparando no partido contra o Poio. /RAMSÉS.

Unha das xogadoras de Manolo Codeso fronte a unha rival do Alcorcón.

O Cidade das Burgas segue sen coñecer a vitoria 4 Cun só punto son penúltimas. R.T. Mal arranque do Cidade das Burgas na Primeira división de fútbol sala. O conxunto ourensán ocupa a penúltima posición -décimo quinto- cun só punto en oito xornadas, ou o que é o mesmo, un punto de 24 posibles. A última derrota foi diante do Alcorcón, de Vane Sotelo e Ana Rivera, na casa. As ourensás comezaron adiantándose no marcador co gol de Clara aos nove minutos. De seguido, Isa García devolvía as táboas ao marcador. Antes do descanso, dous goles máis nun minuto deixaban practicamente sentenciado o partido; Irene e Aída firmaban o segundo e terceiro tanto. Xa no segundo tempo, Ana Rivera e Vane Sotelo facían o cuarto e quinto

respectivamente, e Pipi redondeaba a goleada co sexto e definitivo. As pupilas de Manolo Codeso aínda non coñecen a vitoria neste curso e comeza a ser preocupante a súa situación. Son capaces de competir en case todos os encontros (salvo contra Alcorcón e Roldán), pero non dan acadado unha vitoria que pode ser revulsiva. A falta de experiencia na maioría de todas as xogadoras fixo que se lles escaparan algún punto (caso das derrotas nos partidos contra o Leganés ou o Guadalcacín, ou do empate fronte o Soto del Real). Mellora As franxiverdes deberán mellorar moito para saír do pozo que as leva ao descenso. Son tres os equipos que baixan e as ourensás están a tres puntos da salvación (que a marca o Majadahon-

da). Quedea moito por mellorar nun equipo moi novo no que moitas das xogadoras asumiron unha responsabilidade que nin por idade nin por minutos na competición terían que coller ata dentro duns anos. Pero a realidade é outra e deben de medrare este curso o que terían que facelo en dous ou tres. Delo, e da xestión de Codeso, depende o futuro do equipo na Primeira división. Majadahonda Esta fin de semana o Cidade das Burgas ten ante si un dos partidos da súa Liga. Enfronte estará o Majadahonda, que lle saca tres puntos. Unha vitoria igualaría ás ourensás coas madrileñas; a derrota deixaríaas nunha situación moi complicada. O encontro dispútase no pavillón municipal da Granadilla.


FÚTBOL SALA

O Sala Ourense lidera a Terceira división nacional 4 Trala vitoria ante o Vila de Cee. R.T. O Sala Ourense, trala vitoria ante o Vila de Cee colócase líder da Terceira División Nacional do grupo galego.

Comezou o partido con boas sensacións para os ourensáns, o equipo inicial que puxo o técnico local Kike García manexaba a pelota con fluidez provocando que os rivais tivesen

Lance de xogo do Sala Ourense - Vila de Cee. /I. OSRIO.

que correr detrás do balón. As boas sensacións carecían de pegada e foron os da comarca de Finisterre os que se puxeron por diante por medio de Javier nunha falta directa. A reacción do equipo local foi rápida e o xogador ourensán Sergio, unha das incorporacións deste ano, empataba tras asistencia de Raúl Rivero. O Sala Ourense estaba ao mando, pero non era o efectivo doutras ocasións. Bruno, o gardameta visitante, estivo moi acertado neste primeiro tempo. Antes do descanso, Pérez adiantaba de novo ao Vila

Campito - Sala Ourense, nesta xornada

de Cee, que se agarraba á súa defensa e ao seu porteiro para chegar ao descanso con vantaxe. Na segunda parte o Sala Ourense abriu máis o campo e aproveitou o cansazo dos seus rivais. Sergio e Dani déronlle a volta ao marcador con senllos goles ao comezo do segundo período. Co marcador xa volteado o partido estivo controlado e as chegadas eran só dos ourensáns. Guede que defendeu a portaría na segunda parte na que apenas se viu inquedado. Tizón cun gol de penalti, a falta de sete minutos, parecía selar a vitoria. Pero os coruñeses non se renderon e aproveitaron para recortar distancias nunha acción discutida. Tras perder un balón Allariz por agarrón dun rival a pelota remata na portaría. Os visitantes o intentarón co xogo de cinco pero o resultado xa non se movería. Liderato Con este triunfo os

Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

ourensáns son líderes nunha liga moi apretada nos sete primeiros postos. O Sala Ourense ten 19 puntos. Tras el, o Talleres ABC Coruxo e A Estrada Futsal, con 18; con 17 o Sport Sala Culleredo e o Ribeira F.S. O Pazos de Borbén é sexto con 15 puntos. Esta fin de semana o Sala Ourense visita ao

13

Campito, equipo que ocupa a décima posición. Carballiño O Carballiño non levanta cabeza no que vai de Liga. Só suma un punto, do seu empate ante o Santiago Futsal B, de 24 posibles. Esta semana recibe no Paco Chao ao Academia 5 Coruña.

4 Os mellores do mes de outubro O club Sala Ourense retoma esta tempada os premios aos mellores xogadores de cada mes. Como o ano pasado, farase entrega dun trofeo ao mellor xogador do primeiro equipo e outro ao mellor da base. Os primeiros premiados deste curso -do mes de outubro- recaeu en David “Guerra” Tirado como mellor xogador do equipo de Terceira división, e a “Brandon” González Rodríguez, como o máis valioso da canteira.


14

Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

NOVAS

O Nova Xestión remata a primeira volta como líder 4 O equipo feminino remata líder a primeira volta da competición. Redacción Cara e cruz para os equipos sénior do Nova Xestión Pabellón Ourense. Mentres os mozos caían derrotados en Narón, as mozas lograban a vitoria en Redondela. O sénior feminino venceu con autoridade a domicilio ante un SAR de Redondela moi combativo pero que nada puido facer ante a boa defensa das pavillonistas. Só nos primeiros minutos as pontevedresas inquedaron desde a liña de seis metros co xogo do pivote que forzaba penaltis e goles. Porén, a defensa foi calibrando esa situacion cunha pletórica Bárbara no central da defensa 51 exposta por Zarra para este partido. Unha vez pechada a defensa o ataque tamén brilou cunha

gran Sandra na direccion do xogo e na finalizacion (12 goles); e Ana desde o lateral con 10 dianas. A vantaxe ao descanso de 916 daba moita confianza ás ourensás que ampliarían aínda máis a diferenza tras o descanso. Vitoria de líder antes de comezar a segunda volta a próxima semana en Carballo. Con este encontro remata a primeira volta sendo o Nova Xestión o líder da clasificación na Segunda división autonómica, con cinco vitorias e unha derrota. As ourensás comezan a segunda volta este domingo na casa do Goldie Xiria, de Noia. Sénior masculino Derrota merecida en Narón por parte dun Balonmán Nova Xestión Pavillón, que a pesar de realizar un gran esforzo e

de ter unha actitude encomiable nunca se atoparon cómodos sobre a pista. Comezaban os ourensáns faltos de concentración, moi romos en ataque, con numerosas perdas de balón e cun Narón forte na defensa 5-1 e veloz nos contraataques. Pronto se puxeron cun 62 favorable aos locais. Tras un tempo morto, o Pavillón tomáballe o pulso ao encontro, dándolle a volta ao marcador e colocándose cun 8-9 favorable. Bo xogo neses momentos pero con erros na finalizacion en lanzamentos bastante claros, chegando ao descanso por detrás no marcador, cun 12-10. Máis do mesmo na segunda metade, comezando dubitativos sobre todo en ataque, con problemas nos balances defensivos,

Lance dun partido do equipo masculino disputado no anexo dos Remedios. /RAMSÉS.

pero ben asentados en defensa. Os ourensáns foron case sempre por detrás no marcador, chegando a igualalo, a última vez a falta de 7 minutos. Con todo, non conseguiu completar a remontada. Os erros en ataque pesaron demasiado e ao final o 24-22 fai xustiza a un Narón que soubo explotar mellor as súas virtudes. Os ourensáns ocupan a cuarta posición con seis puntos. Ao fronte da clasificación, o Carnes do Ribeiro, con 10 puntos de 10 posibles. Esta fin de semana os pavillonistas reciben ao Balonmán Galipizza Ribeiro, a partir das 18 horas do sábado, 11 de novembro, no anexo do pavillón dos Remedios.

O equipo masculino recibe ao Galipizza Viveiro este sábados ás 18 horas nos Remedios

Vitoria de Feijoo na Copa de España de ciclocross 4 Na proba disputada en Karrantza. Redacción Iván Feijoo vencía, na categoría sub 23, este pasado fin de semana na proba da Copa de España de ciclocross celebrada na localidade vasca de Karrantza. Esta vitoria válelle para situarse como líder da Copa de España Sub23. Iván completaba unha grandísima carreira, con picadas incluídas, no bulleiral de Karrantza, sendo, ademais, quinto absoluto, nunha proba na que vencía o belga Vicent Baestaens. Outros ourensáns Carlos Canal era se-

Iván Feijoo.

gundo en júniors, despois de sufrir unha picada cando marchaba como líder da proba. Ao final entraba na meta segundo, mantendo esa mesma posición na xeral da Copa. En mulleres cadete, Noela Saa finalizaba cuarta, quedándo ás portas do podio. Destacar tamén o 11º posto de Martín González en cadetes no seu primeiro ano na categoría. Marco Nube era décimo sétimo.

Feijoo sitúase líder -categoría sub 23- na Copa de España de ciclocross


NOVAS

Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº168- Ano: IX - 10 de novembro de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Vitoria do Auriense na Illa de Arousa 4 A vindeira fin de semana recibe ao Ártabros. Redacción Representantes do Club Couto no Open Internacional de taekwondo de Pontevedra.

Oito medallas en Pontevedra 4 No Internacional de taekwondo para o Club Couto. Redacción O Club Couto de taekwondo logrou oito medallas -entre os nove integrantes do club que acudiron- no Open Internacional Cidade de Pontevedra disputado o pasado 29 de outubro. En total foron cinco ouros logrados por María González (júnior), María Ferreiro (cadete), Ainoha García (cadete), Julián Feijóo (cadete) e Brais Sánchez (infantil). Unha prata acadada pola cadete

O equipo masculino do Auriense FG sumou unha nova e importante vitoria na Liga galega de fútbol gaélico. Nesta ocasión desprazabanse ata a Illa de Arousa para visitar ao Dorna FG no campo da Bouza. Esta

vitoria consolida ao equipo ourensán coma un dos favoritos para meterse no grupo que dá acceso a disputar o título galego durante a segunda volta. A primeira parte estivo moi igualada, pero xa dominada no tanteo polo conxunto ourensán. A superioridade física ratifi-

cou o triunfo no segundo período cun gran acerto cara portaría da dianteira do Auriense. O resultado final foi de Dorna 5-11 (26) Auriense 8-13 (37).

Equipo masculino do Auriense FG.

abandonar e ao segundo pasoulle factura a lesión de xeonllo da que se recuperou fai ben pouco. Tamén tiveron lugar dous combates femininos que enfrontaron a Ana ante Montse Rey e a Fany Mendes contra Lorena.

Fátima Martínez. E os bronces de Julio Iglesias e Breogán Sanmartín (ambos cadetes). Copa Deputación A pasada fin de semana unha nova cita coa Copa Deputación tivo lugar na pista anexo do pavillón municipal dos Remedios. Nesta ocasión tocou técnica, na que os integrantes do Couto lograron pleno de clasificados para a vindeira edición da Copa Xunta.

Cartel do Campionato do Mundo de full contact K1 que disputará Manu Míguez jr.

Dous títulos quedan en Ourense 4 Manu Míguez jr e Manuel “Nono” Jiménez venceron no Torneo Internacional Cidade de Ourense de boxeo. Redacción

Foto de familia do Club Couto no Open Internacional de taekwondo no anexo dos Remedios onde se disputou a Copa Deputación de técnica.

Este domingo, 12 de novembro, a partir das 16:30 no campo da Universidade, dobre xornada coa visita do Ártabros (masculino e feminino) da Coruña.

Unha nova velada de boxeo tivo lugar en Ourense o pasado 27 de outubro. Celebrábase o Torneo Internacional Cidade de Ourense e nela participaban catro púxi-

les ourensáns; en total foron sete os combates que puideron gozar un público que encheu as cadeiras do pazito no Paco Paz. Os títulos que quedaron en Ourense foron a parar a Manu Míguez jr e Manuel “Nono” Jiménez, que de-

rrotaron a Diego Guzmán e David Ruiz, respectivamente. Pola súa banda, os locais Óscar Mira e Luis “Vene” perderon os seus combates; ao primeiro unha brecha na cabeza o fixo

Vindeiras citas De aquí a que remate o ano, Manu Míguez jr ten tres citas importantes encima do ring. O sábado 25 de novembro disputa o Campionato de España de clubs de kickboxing; o 2 de decembro, domingo, o Campionato galego de Savate, na Coruña; e o 16 de decembro, fará o seu debut no full contact profesional en Ponferrada, onde disputará o Campionato do Mundo de k1, ante o salmantino Manu García.

Un dos combates do Torneo Cidade de Ourense de boxeo.


Barrios DEPORTIVO 10 de novembro de 2017

Bd 168  

Coas competicións ligueiras xa comezadas, a portada deste número do Barrios Deportico falamos de que os equipo ourensáns buscan o seu lugar...