Bd 172

Page 1

[ Páx. 8]

O Ourense Envialia lévase o derbi ourensán, de Primeira, ante o Cidade XIMNASIA

Páx.2

A Club Ximnasia Pavillón pecha un ciclo

FÚTBOL

Páx.5

A UD mantense en postos de ascenso directo

XADREZ

Páx.6

Benchoshey e Xadrez Ourense, os máis laureados

ATLETISMO

Páx.12

A pista cuberta acolleu os galegos absoluto e máster

BALONMÁN

Páx.13

O Nova Xestión Pabellón feminino logra o ascenso

Sala Ourense - O Parrulo, na Copa [Páx. 9]

O COB busca a quinta seguida

[Páx. 4]

O COB recibe ao Sammic este mércores, ás 21 h, no Pazo Paco Paz. // Sala Ourense - O Parrulo, nos cuartos de final da Copa Galicia, o venres ás 21 h nos Remedios./RAMSÉS.

Número: 172 - Ano: X -24 de xaneiro de 2018 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 9 de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

AXENDA / XIMNASIA

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 28 de xaneiro. Calabagueiros. Barco - Silva. Terceira división. - Día 28 de xaneiro. Os Carrís. Barbadás - Boiro. Terceira división. - Día 28 de xaneiro. San Cristobal. Ribeiro - Nogueira. Rexional Preferente. - Día 28 de xaneiro. Bande. Bande - Estradense. Rexional Preferente. - Día 4 de febreiro. Espiñedo. Arenteiro - Alondras. Terceira división. - Día 4 de febreiro. Os Carrís. Barbadás - Bergantiños. Terceira división. - Día 4 de febreiro. O Couto. UD Ourense - Porriño. Rexional Preferente. - Día 4 de febreiro. A Tella. Nogueira - Bande. Rexional Preferente. - Día 11 de febreiro. O Couto. Ourense CF - Vilalonga. Terceira división. - Día 11 de febreiro. Calabagueiros. Barco - Laracha. Terceira división.

Baloncesto

- Día 24 de xaneiro. Paco Paz -21:00 h- Rio Ourense Termal - Sammic Hostelería. LEB Ouro. - Día 8 de febreiro. Paco Paz -21:00 h- Rio Ourense Termal - Oviedo. LEB Ouro. - Día 3 de febreiro. Paco Paz - 19 h - Rio Ourense Termal B - Leyma Coruña B. Liga EBA.

Atletismo

- Día 28 de xaneiro. A rúa - pola mañá - Campionato de Galicia de crós curto. - Día 3 de febreiro. Monterrei. Xogade – Campo a Través – Campionato Provincial Ourense. - Día 4 de febreiro. Ribadavia. 83º Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual e Clubs.

Fútbol sala

- Día 26 de xaneiro. Os Remedios - 21 h - Sala Ourense - O Parrulo. Copa Galicia -cuartos de final-. - Día 28 de xaneiro. Os Remedios -12 horas - Sala Ourense - Santiago Futsal B. Terceira división. - Día 3 de febreiro. Os Remedios - 17 h - Cidade das Burgas - Móstoles. Primeira división. -Día 3 de febreiro. Paco Chao (O Carballiño) -17:30 horas-. Carballiño - Pazos de Borbén. Terceira división. - Día 10 de febreiro. Os Remedios -17 h- Ourense Envialia - Alcorcón. Primeira división.

Rugbi

- Día 27 de xaneiro - 16 h - Campus Ourense. Campus Rugby - AVK Bera Bera . División Honra B.

Andainas

- Día 3 de febreiro. A proba de Trives - 9:30 h- IV andaina do chourizo. - Día 4 de febreiro. Nogueira de Ramuín -9:30 h- Andaina ruta do camiño da amargura.

Outros

- Día 27 de xaneiro. Ribadavia - 9 h - XVII Campionato de España de remoergómetro. - Días 27 e 28 de xaneiro. Os Remedio. Coñece a montaña e a escalada. - Día 28 de xaneiro. Manzaneda. Campionato de Galicia interclubs de esquí paralelo. - Día 28 de xaneiro. Maside. VIII duatlón crós Concello de Maside. - Día 28 de xaneiro. Castrelo de Miño - 9 h -. VIII Campionato de España de remo de longa distancia. - Día 3 de febreiro. Parada de Sil -10:30 h- Campionato de Galicia de orientación a pé de distancia longa. - Días 3 e 4 de febreiro. Muíños -17 h- Aviva trail e diversión con deportes de montaña e 4º winter trainning camp trail aviva. - Día 10 de febreiro. Ourense -10 h- III Miño Radikal.

De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: Néstor González, Marta Rodríguez, Eduardo Novelle, Laura Lecuona, Laura Blanco, Iago Sousa, Diego Feijoo e Carlos Trigo.

A Ximnasia ourensá pecha un ciclo 4 Oito ximnastas do Club Ximnasia Pavillón despídense da competición. Redacción Aínda son moi novos, pero a dureza dos adestramentos sumado aos seus estudos, ou traballos, fan que teñan que dicir adeus á competición. Son deportistas que revitalizaron este deporte, a ximnasia, na nosa provincia, e foron espello das novas xeracións. O Ximnasia Pavillón lles estará eternamente agradecido por todo o que lle deron ao club. Ximnastas Diego Feijoo Gozález, o ximnasta máis novo da primeira xeración de saltadores adestrados por Ada Pazos e Iago Covela, remata a súa carreira deportiva para dar comezo os seus estudos universitarios de Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela. A máis veterana foi Laura Blanco González. Nacida no ano 1993, xa

rematou os seus estudos de enfermaría cursados en Chaves, Portugal, e na actualidade xa traballa para o Sergas ao mesmo tempo que prepara os exames de oposición. Marta Rodríguez Dopazo (1995) abandonou a actividade competitiva para cursar mediciña. Na actualidade está a facer o terceiro curso en Santiago de Compostela. Non abandonou os seus vínculos coa ximnasia xa que está titulada coma xuíza nacional de ximnasia en trampolín, polo que sempre que as súas obrigas estudiantís llo permiten, forma parte dos xurados en diferentes eventos deportivos. Carlos Trigo (1996) deixou Ourense xa no ano 2013 para desprazarse ata Estados Unidos, onde rematou os seus estudos de Bacharelato, para comezar posteriormente estudos de inxeñería informática. Este ano cursará o cuarto ano da súa formación universitaria. Carlos com-

paxinou os seus estudos superiores coa competición en diferentes modalidades deportivas coma rugby, ximnasia artística ou trampolín na piscina, así coma diversas actividades laborais. Na actualidade ten un posto de traballo coma informático. Néstor González Pérez (1996) cursou formación coma técnico en animación de actividades físicas e deportivas ao rematar o instituto. Na actualidade traballa como adestrador de ximnasia en trampolín ao tempo que estudia grao en maxisterio. Iago Sousa Rodríguez, Laura Lecuona Labarta e Eduardo Novelle Man, os tres nacidos no 1998 iniciaron o segundo curso dos graos de Inxeñería Industrial, Ciencias da actividade física e o deporte e inxeñería aeronáutica, respectivamente. Eduardo Novelle tamén emprega as súas horas non lectivas para traballar coma adestrador no club no que se formou e continuar cos

seus adestramentos. Competición Todos eles colleitaron decenas de metáis en eventos nacionáis e internacionais. Eles abriron o paso das novas xeración nas competicións mundiais por idades e absolutas e nos campionatos europeos, dándolle un impulso definitivo á modalidade de trampolín. Desde o club, sempre estiveron preocupados en que os seus deportistas compaxinaran produtivamente a súa actividade deportiva coa súa labor formativa; polo que desde o club se sinten orgullosos pola valía que todos eles demostraron en todos os aspectos.

Todos eles colleitaron decenas de metáis en eventos nacionáis e internacionais


DEPORTES ACUÁTICOS

Sete primeiros postos para o Salvour na Estrada

4 Ademais acadaron tres mínimas para os nacionais. R. Torres O Club Salvour rematou a súa participación na terceira xornada da Liga galega de salvamento e socorrismo acuático disputada na Estrada logrando un gran botín. Os seus deportistas, de categoría absoluta (xuvenil, júnior, sénior e máster) lograron sete primeiros postos repartidos entre Andrea Bello Armada, Ecequiel Quiroga Ramos e Jesús Carlos Quintas Barros (todos eles en 200 m. obstáculos). Ademais, Samuel Iglesias Méndez foi terceiro e Nerea Rodríguez

Zamora e Cristian Gómez González lograron a sexta posición. A estos éxitos sumáronse a consecución

4 Na categoría infantil. A piscina municipal de Carballo (A Coruña) albergou o pasado fin de semana o campionato galego de salvamento e socorrismo deportivo en augas pechadas, nas categorías alevín, infantil e cadete. O equipo ourensán do Salvour participou con

Menores Nas categorías menores (alevín, infantil e cadete), catro integrantes do Salvour lograron mínimas para participar no galego. Aldara Nerea Vesprini Pérez (oitava na proba de 100 m. combinada), Hugo Estévez Crespo (primeiro en 100 m. de rescate con aletas) e Roi Naranjo Estévez (quinto en 100 m.

combinada e en 50 m. remolque) e Blanca Corrales Gil (primeira en 100 m. de rescate con aletas). Tamén hai que destacar as actuacións de Mariña González Fernández (quinta), Eva Fernández (sexta), Nerea Rodríguez Zamora (sexta noutra categoría), Xenxo Fernández Fernández, no posto 11º e Joaquín Moreiras Dacosta, posto décimo noveno.

Integrantes do Salvour que participaron na terceira xornada disputada na Estrada.

Hugo Estévez, bronce no galego de salvamento Redacción

de tres mínimas para os campionatos de España.

tres deportistas que realizaran as marcas mínimas para asistir á devandita competición. O mellor resultado alcanzouno Hugo Estévez Crespo, que na proba dos 100 m. obstáculos infantil alcanzou a medalla de bronce e quedou a tan só 4 décimas da marca mínima para asistir ao campionato

de España. Pola súa banda, Roi Naranjo que obtivo o oitavo posto na proba de 100 m. combinada de salvamento e Aldara Nerea Vesprini que foi décima nesa mesma proba.

Hugo Estévez. /CEDIDA.

A próxima competición na que estará Salvour será o campionato galego nas categorías xuvenil, júnior, sénior e máster que se disputará na piscina do pavillón municipal de Ourense.

Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

Chuvia de metais para os máster do CNPO 4 No Campionato de Galicia da categoría. Redacción O equipo máster do Club Natación Pabellón Ourense logrou máis de 40 metais (e seis récords galegos nos diferentes rangos de idade) no Campionato de Galicia de inverno da categoría celebrados en Pontevedra os días 13 e 14 de xaneiro. Do CNPO desprazáronse 30 nadores (16 homes e 16 mulleres), que nadaron 83 probas individuais e 16 de relevos. En total foron 41 medallas (35 individuais e 6 de relevos), delas, 13 foron de ouro (todas individuais), 19 de prata (3 relevos) e 9 de bronce (3 en relevos). As actuacións máis destacadas foro as de Alberto Taboada Vila, María López Hernández e Manuel García

Colomo (con tres ouros cada un). Tamén lograron un ouro Marcos Vila, Cristina García Colomo, José Francisco Movilla e Adrián Blanco. Destacada foi a actuación da nadadora máis veterá da expedición, Mari Cruz Quinteiro que acadou tres medallas de prata. Conxunta Na clasificación de mulleres, as do Pabellón Ourense lograron a cuarta praza, mentres que os homes foron quintos. Na clasificación conxunta remataron nunha meritoria quinta posición entre os 28 clubs participantes.

O CNPO logrou 13 ouros, 19 pratas e 9 bronces

Nadadores do CNPO máster no Campionato de Galicia disputado en Pontevedra. /CEDIDA.


Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

BALONCESTO / FÚTBOL

Roope Ahonen entrando a canastra no partido contra o Breogán disputado no Pazo./RAMSÉS.

O Rio Ourense Termal atravesa o seu mellor momento 4 Encadea catro vitorias consecutivas. R.T. A mellor racha da LEB Ouro é para o COB. O Rio Ourense Termal encadea catro vitorias consecutivas (tan só seguido por Melilla e Prat con tres). Esta racha pasouno de estar practicamente condenado ao descenso a loitar pola permanencia. Estas catro vitorias seguidas, sumadas á que tiña anteriormente, fan que o equipo que dirixe Gonzalo García de Vitoria deixara

a última posición en detrimento do seu próximo rival: o Sammic Hostelería de Azpeitia. Un mes no que o COB sufriu un cambio radical vencellado, principalmente, ás incorporacións de Jhornan Zamora e Davis Rozitis. Ademais, a recuperación de Rokas Uzas da súa lesión está a ser un complemento ao gran momento do equipo. Todo isto unido ao crecemento de Regie Johnson e a melloría de Roope

Ahonen (que baixara o seu rendemento despois de volver de xogar coa súa selección), Daniel Trist e Héctor Manzano, fan que o cadro ourensán sexa dos máis en forma da competición. A parte negativa é a nula participación, nas últimas vitorias, de Martín Rodríguez e Verner Kohs, e a escasa presenza de Víctor Moreno (aínda que está a ter minutos que os está a aproveitar, como no partido contra Breogán que anotou unha tripla que axudou á vitoria final). García de Vitoria apostou por pouca rotación o que deixa no ostracismo a estes xogadores. A pesar de todo, o técnico explicaba que “entenderon perfectamente a situación actual” e que o teñen que facer é “seguir traballando para axudar ao equipo e agardar a súa oportunidade, que a terán”. Sammic O partido contra Sammic -mércores 24, ás 21

Gonzalo García de Vitoria, técnico do COB./RAMSÉS.

O mércores 24 de xaneiro, ás 21 horas, o COB recibe no Pazo ao Sammic

horas- volve a ser trascendental para os cobistas. Unha nova vitoria ante un rival directo que o podería sacar da zona de descenso e continuar cunha racha que o levaría á quinta vitoria consecutiva. Os ourensáns deben aproveitarse da situación diametralmente oposta do seu rival. Os vascos suman seis derrotas seguidas -a peor racha actual da Liga-. As dúbidas no seu xogo deberán ser aproveitadas para seguir a liña ascendente que están a mostrar. Vencer a Sammic despois de gañar a Clavijo sería dar un golpe na mesa ante os dous equipos cos que loita pola permanencia. Contra Clavijo lograron recuperar o average, misión máis complicada neste partido, xa que no choque da primeira volta a diferenza foi de nove puntos. O adestrador teno claro: “primeiro imos tentar gañar o encontro e se depois temos oportunidade buscaremos facernos co average”. Palma, Huesca, Breogán e Clavijo xa son historia, agora toca buscar a vitoria contra Sammic, a quinta consecutiva e a sexta da tempada.

O Barbadás mídese este domingo co Boiro./ARQUIVO.

O Barco aguanta 4 O conxunto valdeorrés mantense terceiro. Redacción A Terceira División de fútbol está a ser de gran complicación para os conxuntos ourensáns, salvo para o Barco. Os veldeorreses marchan na terceira posición (posto de promoción de ascenso). Pola súa banda, Arenteiro e Ourense CF camiñan pola zona media e Barbadás loita por non descender. Os barquenses levan sen perder desde o 5 de novembro (diante do Céltiga) e suman 44 puntos. A pesar da boa racha teñen lonxe ao líder incontestable: o Compostela. Os da capital de Galicia contan con 51 puntos, sete máis que os ourensáns. Esta xornada o Barco recibe ao Silva en Calabagueiros. O Ourense Club de Fútbol e o Arenteiro son os dous equipos da provincia que están na zona tranquila da táboa clasificatoria. Lonxe para loitar polas primeiras posicións e cun colchón importante de puntos cos

que se están a xogar a permanencia. A vitoria da pasada xornada do Arenteiro fronte ao Céltiga (2-1) fai que os de Manel Vázquez superen na clasificación ao Ourense CF de Fran Justo, que empatou sen goles ante o Noia. Mentres o Arenteiro é undécimo con 28 puntos, o Ourense CF sitúase un posto por debaixo cun punto menos (27). Nesta xornada o Bergantiños será o rival dos capitalinos e o Arousa dos do Carballiño. Barbadás O Barbadás caeu derrotado no campo do Vilalbés por 3-0. O equipo que dirixe desde novembro Juanjo Vilachá mellorou desde a súa chegada a pesar de que alterna resultados positivos cos negativos. O equipo dos Carrís está en disposición de loitar por unha permanencia que hai dous meses se antoxaba complicada. Agora, a pesar de seguir no descenso, os azulóns están a un punto da salvación. Este domingo reciben ao Boiro.


FÚTBOL

A UD mantense en postos de ascenso directo 4 Empata, nunha saída moi complicada, na casa do líder, o Estradense. R. Torres Unha semana máis, ou unha menos para o remate da Liga, e a Unión Deportiva Ourense continúa en postos de ascenso, en

concreto na segunda posición. O partido ante o líder na Estrada supuxo o primeiro encontro na que os ourensáns non ven porta; tampouco a viu o seu rival.

Empate a cero entre os dous primeiros clasificados nun campo municipal que acolleu unha entrada duns mil afeccionados, moitos deles chegados da capital das Burgas.

O partido non tivo moitas ocasións, se tal unha por cada bando en cada parte, ademais de reclamarse, na primeira metade, un penalti en cada área. O reparto de puntos deixou contentos a ambos conxuntos, aínda que quen máis perdeu foi o ourensán. Este encontro saldouse coa quinta amarela para Luis González, Rubén Durán e Alfredo, polo que deberán cumplir sanción nesta próxima xornada, que os levará á Gándara para enfrontarse ao Caselas. Ademais, Alfredo (que é o máximo realizador esta tempada) tivo que ser substuído á media hora de encontro debido a unha lesión no abdutor da perna dereita; e aínda non se sabe o alcance da lesión. Clasificación Con este empate ao fronte da clasificación segue o Estradense con 46 puntos, seguido da UD

A UD mantense na loita pola título ligueiro con 12 vitorias e 42 puntos./RAMSÉS.

Na próxima xornada a UD medirase co Caselas

Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

Joni tentando controlar o balón./RAMSÉS. Ourense, con 42. Moaña, Bande e O Grove, preceden na clasificación aos dous primeiros con 41 puntos (os tres equipo ao vencer nesta xornada se beneficiaron do reparto de puntos dos dous de enriba). O Bande, que logrou a vitoria diante do Ribeiro no derbi ourensán, recibe

ao líder este sábado. Na primeira volta os de Iván González foron quen de gañar na Estrada por 0-2. Partido importante para os da Baixa Limia para seguir asediando os postos de ascenso directo. Nogueira e Ribeiro Nogueira e Ribeiro estanse quedando sen tempo para a reacción. Penúltimo e último, respectivamente, terán que buscar un cambio de dinámica que os saque da zona de descenso. Tanto os de Luíntra como os de Ribadavia levan 13 puntos e están a cinco da salvación, que a marca o Gondomar (18 puntos). En medio está o Erizana (tamén en descenso) con 17. Todo fai indicar que estes catro equipos loitarán por non ser un dos tres que descendan, xa que o seguinte na clasificación, o Alertanavia suma 24 puntos, a sete do descenso e 11 máis que os ourensáns. Este domingo, Ribeiro e Nogueira enfróntase na casa do primeiro. O que perda pode saír moi tocado.

Ribeiro e Nogueira mídense este domingo en Ribadavia nun choque decisivo


Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

470.000 euros en axudas Redacción A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou destinar un total de 479.000 euros a axudas para o deporte. Así, foron acordadas as bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións (mediante procedemento de concorrencia competitiva) a clubs deportivos de Ourense para o ano 2018, para financiar parcialmente os gastos derivados da súa participación en competicións deportivas. Para esta convocatoria pública, a Deputación dispón dun orzamento de 400.000 euros, sendo a contía máxima de cada subvención de 24.000. Copas Deputación A Xunta de Goberno tamén aprobou as bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para as Copas Deputación 2018. As axudas concederanse mediante o procedemento de concorrencia competitiva, ata completar un orzamento total de 79.000 euros. Queda excluída a Copa Deputación de Fútbol, xa que polo seu arraigamento e dimensión nesta provincia será obxecto de financiamento a través dunha subvención nominativa nos termos que estableza o Pleno da Deputación. O prazo de presentación de solicitudes para ambas axudas rematará o 28 de febreiro.

ACTUALIDADE / XADREZ

Benchoshey e Xadrez Ourense, os máis laureados 4 Os clubs Benchoshey e Xadrez Ourense, con tres ouros cada un, repartíronse seis dos sete títulos provinciais en disputa. Redacción Os días 20 e 21 de xaneiro tiveron lugar na sala de competicións de Barrocás os campionatos provinciais das categorías sub-18, sub-16, sub-14, sub-12, sub-10 e sub-8, baixo a organización de Club Deportivo Xadrez Ourense e coa participación de máis de 150 xadrecistas procedentes de todos os clubs da provincia. Estos, unidos aos 30 participantes que tomaron parte na categoría sénior disputada os días 7, 13 e 14 de xaneiro nos locais da Asociación Artística “La Troya”, suman a cifra de máis de 180 xadrecistas. Todos eles tomaron parte nesta importante cita federativa provincial individual que é preámbulo dos campionatos de Galicia individuais que terán lugar en vindeiras

datas de Entroido en Ferrol (categorías: sub-14 e sub-18) e tamén a finais de marzo en Padrón (categorías sénior, sub-16, sub-12, sub-10 e sub-8). Vencedores As entidades máis galardoadas nestos individuais provinciais, foron un ano máis, os clubs Benchoshey e Xadrez Ourense, que nesta edición coparon e repartíronse ata seis dos sete entorchados das diferentes categorías, acadando ata tres ouros cada un. A vitoria de cada categoría supón aos xadrecistas viaxar con todos os gastos cubertos pola Federación aos campionatos autonómicos individuais; preto dun centenar de xadrecistas ourensáns desprazaranse a estas importantes probas autonómicas. Tamén hai que salientar os bos resultados de clubs como o Universitario de

Gañadores do campionato provincial absoluto.

Ourense, Club Xadrez Verín ou Ateneo de Ourense que tamén acadaron varios metais nas diferentes categorías en litixio. En categoría Xuvenil (Sub-18) proclamouse campión provincial, Martín Gómez Carreño (Club Xadrez Ourense), que contou todas as súas partidas por victorias nesta categoría. En cadetes (sub-16) o vencedor foi César Pérez Dapoza (Universitario de Ourense) que dominou a categoría con 4.5 puntos dos 5 en litixio. Dentro das idades intermedias, como a categoría infantil (sub-14), proclamouse campión provincial Adrián Vázquez Velasco (Club Xadrez Ourense), que con 4 dos 5 puntos en liza, conseguiu alzarse co triunfo nunha moi emocionante edición 2018. En alevíns (sub-12), foi Alejandro Garrido Masid (Club Xadrez Benchoshey), quen con 5.5 puntos obtidos nas seis partidas disputadas foi claro dominador da proba. Xa nas categorías dos máis cativos, hai que destacar o dominio das xóvenes promesas do Club Xadrez Benchoshey, e resaltar os triunfos de Pura Diéguez Nóvoa, en sub-10 (benxamíns) con 5.5 puntos dos 6 posibles, e do seu compañeiro de Club, Luca González Guede

que con 5 puntos, contou todas as súas partidas por victorias e impúxose con autoridade na cateoría prebenxamín, (sub-8). Xacobe Conde Na categoría sénior, disputada o 14 de xaneiro, impúxose o xoven xadrecista Xacobe Conde Riveiro (Club Xadrez Ourense), que con este triunfo consegue colocar o seu nome como campión provincial sénior máis precoz -ten 12 anos- de todas as edicións disputadas (desde 1991), superando a marca de precocidade do seu compañeiro de Club, Martín Gómez, que o pasado ano xa obtivera o tí-

tulo provincial sénior coa idade de 14 anos. Conde logrou 5,5 puntos dos seis en disputa. Xa no pasado campionato de España individual sub-12, disputado o pasado verán en Salobreña (Granada), obtivo o subcampionato nacional, traendo a prata para Ourense na modalidade de xadrez rápido. Acompañarono no podio os veteranos xadrecistas, ambos do Club Xadrez Verín, José Carlos Francisco e Cesáreo Álvarez Rodríguez que obtiveron o segundo e terceiro lugar, respectivamente. Dentro da clasificación dos veteranos, o premio foi para José Luis Vázquez Mazaira (Xadrez Ateneo) e a primeira fémina clasificada foi Ana Alonso Vaz (tamén do Xadrez Verín).

Xacobe Conde, con 12 anos, é o campión provincial máis xoven en conseguilo

Momento dunha partida no campionato provincial.


FÚTBOL SALA

Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

O Envialia vence ao Guadalcacín 4 Cun resultado cómodo de 1 a 5. R.T. Cómoda vitoria do Ourense Envialia no seu desprazamento a Guadalcacín. As pupilas de Chipi venceron por 1 a 5 e suman un triunfo que as manteñen en postos de copa. As ourensás encarrilaban o encontro cun temperán tanto de Marta aproveitando un descoido defensivo local aos catro minuto de xogo. O Guadalcacín non atopaba a forma de poder equilibrar o dominio do tempo de partido da escuadra ourensá, que aumentaba a súa renda no luminoso, por mediación de Antía de potente disparo á saída dun saque de banda botado por Marta ao oito minutos de xogo. Antes do descanso, Sara Moreno facía o 0-3. Na continuación, as locais tentaron equilibrar o devir do xogo aumentado a súa presión á saída de balón dun Ourense que se mostraba cómodo sobre a cancha. Dous novos tantos visitantes, o primeiro de

Antía culminando unha contra iniciada por Patri e outro de Marta noutra transición ofensiva partindo desde cancha propia, permitían xa ao Ourense pechar o seu triunfo a domicilio. O Guadalcacín tivo premio á súa entrega nos últimos instantes de partido co gol de Bibi, aproveitando un balón repelido por Vane Barberá a disparo afastado de Lorena, para establecer o definitivo 1 a 5. Cádiz A vindeira cita do Envialia as volve a levar a terras andaluzas para enfrontarse ao Cádiz, será tralo parón desta fin de semana. Será unha boa ocasión para sumar tres puntos que o asenten en postos de Copa, o seu obxectivo, despois de quedar descolgado da loita polo título de Liga. As ourensás son sextas con 26 puntos, a 14 do Atlético Navalcarnero que vén de proclamarse campión de inverno.

Partido do Envialia nos Remedios. /ARQUIVO.

As xogadoras do Cidade celebran a vitora ante o Cádiz. /RAMSÉS.

A primeira na última 4 O Cidade logra a primeira vitoria do curso ante o Cádiz. R. T. Tivo que chegar a última xornada da primeira volta para ver a primeira vitoria do Cidade. Foi ante o Cádiz, un dos rivais na loita pola salvación, e non foi sen emoción. O Cidade viuse na obriga de remontar un 0-2 adverso para levarse o triunfo. Un triunfo que lle pode dar moral de cara a encarar con optimismo a segunda volta que comezará na vindeira xornada. En canto ao partido, este comezou coas andaluzas sorprendendo ás ourensás; aos seis minutos xa dominaban o marcador cun 0-2 (os dous goles nun minuto). Pero as de Codeso, lonxe de virse abaixo, recurtaban distancias con María Arias (a gran protagonista da tarde). Arias remataba á escadra tras unha falta botada polas locais.

Pouco a pouco facíanse co tempo do partido e, de novo María, lograba o tanto que valía para facer o empate; a combinación con Clara foi determinante para a igualada. Así chegabase ao descanso. Tralo paso polos vestiarios, María Arías culminaba a remontada co seu “hat-trick” particular. A bancada, sabedora do que se xogaba o equipo, alentouno e nestas Figo facía, de tacón, o cuarto da tarde. O Cádiz, con todo perdido, víase na obriga de optar polo xogo de cinco a falta de nove minutos para a conclusión. As gaditanas facíanse coa posesión de balón, pero non atopaban o acerto necesario para sacar rédito das súas aproximacións ante a área dun Cidade, que optaba por esperar en cancha propia e buscar envíos en longo. A pesar dos intentos visitantes o marcador xa non se movería.

Clasificación Con esta vitoria as franxiverdes suman cinco puntos e están a seis da salvación, que a marca o Guadalcacín con 11 pun-

tos. Esta semana non hai Liga e a mesma regresa o día 3 de febreiro co partido nos Remedios diante do Móstoles, equipo que está na parte baixa con 15 puntos.

O Cidade quédase a seis puntos da salvación

María Arias tenta zafarse dunha xogadora do Cádiz no partido disputado nos Remedios. /RAMSÉS.


Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

FÚTBOL SALA

un dos árbitros ao reclamar unha posible man de Vanesa Barberá fóra da área. Desde ese momento e ata o final as súas compañeiras xogaron cunha menos o que non fixo que se renderan. E chegou o último minuto, deses que son difíciles de esquecer pola gran emoción que tivo. Primeiro o Envialia a piques estivo de lograr o terceiro. Pero o pao, a porteira Ana e a defensa desbarataron ata sete disparos. O Cida-

de o tentou e tivo o empate nun dobre penalti a falta de seis segundo para que rematara o encontro. Figo lanzou e Vane parou. O partido non deu para máis e os tres puntos para o Ourense Envialia.

Ata seis remates tivo o Envialia e un dobre penalti o Cidade, no último minuto

Clara loitanto polo balón, desde o chan, con Marta. /RAMSÉS.

O derbi para o Envialia con dous goles da canteirana María 4Os afeccionados gozaron dunha segunda metade con bo xogo e espectáculo por parte de ambas escuadras. R. Torres Dous goles da canteirana María valeronlle ao Ourense Envialia para levarse a vitoria no derbi ante o Cidade das Burgas. O partido tivo toda a emoción no segundo tempo, tras unha primeira metade apática. Nos primeiros 20 minutos apenas houbo ocasións e os minutos discorrían sen goles que subir ao marcador. Se cabe o Envialia (que facía de local) tiña máis posesión, pero sen pólvora na definición. Ata que entrou en pista María, que nunha xogada na que levaba o balón en ataque e, cando todos esperaban un pase a unha compañeira, sacouse un disparo

que descolocou a todas, e sobre todo a porteira Ana. Lanzamento colocado ao pao e primeiro tanto da tarde. Faltaban dous minutos para o remate do primeiro acto e as albinegras poñínanse por diante, mentres as franxiverdes comezaban a notar a falta de rotación. Descanso. Segunda parte Chegou o segundo tempo e con el os momentos máis interesantes do partido. O tempo de refresco veulle ben as xogadoras de Manolo Codeso que tentaron por todos os medios o empate. Estiveron máis cómodas co seu xogo directo que na primeira metade e comezaron a crear

máis perigo. Sobre todo unha fantástica Sonia Pacios que deu algún aviso ata que no ecuador desta segunda parte destapou o tarro das esencias: levou o balón cosido aos pés desde o seu propio campo ata a portaría que defendía Vanessa Barberá, desfacéndose de toda xogadora que se lle interpuña no seu camiño. Golpeo forte e un a un. Volta a empezar. Outra vez María Pasaban os minutos e ás xogadoras do Cidade volvíalles a faltar o aire (María e Sonia apenas descansaron nos 40 minutos). Ese cansazo traduciuse en falta de lucidez e descompensacións no repliegue. Nunha desas, cando as pernas

franxiverdes ían máis lentas que a mente, volveu a saír a figura de María. Nunha triangulación con Chiqui quedou libre de marca no segundo pao e só tivo que empurrar o balón para lograr o segundo gol do equipo e o segundo da súa conta particular. María rentabilizaba os minutos que lle deu o seu adestrador. Minutos finais A partir de aí o Cidade loitaría polo empate e o Envialia buscaría o gol da tranquilidade. Pero nin un nin o outro chegarían; e iso que ocasións houbo, sobre todo ao final. A frutración das visitantes fixo que Amelia fora expulsada por protestar a

María e Sonia, no derbi. /RAMSÉS.

4 As mellores María Os pouco minutos que dispuxo no seu primeiro derbi nos os desaproveitou. Dous goles (un en cada parte) fixeron que os tres puntos se quedaran en casa. O seu desparpaxo, no primeiro gol, e o cumprimento da táctica ordeada polo seu adestrador, Chipi, no segundo, fan que estemos diante, posiblemente, dunha nova promesa do fútbol sala ourensán. E van...

Sonia E se María é a nova neste negocio, Sonia é a veterá. Contra o Envialia tirou de galóns e das súas botas saíron as mellores ocasións do seu equipo. Obtivo o premio do gol nunha gran xogada individual que fixo levantarse a todo o público presente e soñar con poder puntuar no encontro. Trala marcha este ano de Iria e Candela, Sonia Pacios está a ter de novo moito protagonismo.


FÚTBOL SALA

Integrantes do Sala Ourense, que se mantén líder da Terceira División./C.DOMARCO.

O Sala Ourense, campión de inverno 4 Gañou á Pontenova no regreso da Liga. Redacción O Sala Ourense é oficialmente campión de inverno na Terceira División de fútbol sala. A súa vitoria diante da Pontenova así o certifica. O conxunto ourensán rematou a primeira volta como primeiro clasificado con 38 puntos, cinco máis que o seu inmediato perseguidor: A Estrada. Tras un mes de parón,

Este domingo, ás 12 da mañá, o Sala Ourense recibe ao Santiago Futsal

os das Burgas volveron á competición, para pechar a primeira volta contra un equipo clásico da Terceira como é A Pontenova. Os ourensáns no inicio demostraron ir a gañar e nun abrir e pechar de ollos, en senllas accións de córner, primeiro Guerra e logo Allariz, establecían un 2-0 aos dous minuto de xogo. E puido chegar un terceiro, pero o tiro do capitán Tizón foise ao pau. O parón do Nadal pasa factura e os minutos seguintes así o referendaron; relaxación dos de Kike García que aproveitaron os lucenses para, por medio de Iago e Paulo, empatar o partido, 2-2.

Nas accións seguintes puideron marcar ambos os equipos, primeiro Sergio mandou outro balón ao pau e logo os visitantes tiveron un para un contra Rubén, que vía como pasaría o balón por enriba do traveseiro. Minutos desconcertantes nos que o incombustible Tizón marcaba un gol de moito peso para a Sala Ourense. 3-2 e a vestiarios, pero antes, Álvaro estrelaría outro balón na madeira. Na continuación, un novo traveseiro de David Bermejo no comezo foi a ocasión máis clara. O marcador non se movería ata o minuto 35 onde unha boa

acción combinativa entre Bermejo e Guerra elevaba a distancia no marcador. Este gol obrigou a Pontenova a tomar máis riscos e optar polo xogo de cinco. Saíulles cruz xa que novamente Guerra e Bermejo tras recuperacións de balón pechaban o encontro con dous goles máis (6-2). Diego, tras rexeite dun dobre penalti que parou Guede e el mesmo rematou, maquillaba o resultado para un 6-3 final. Santiago Futsal O próximo rival dos ourensáns en liga é o Santiago Futsal B. O partido terá lugar na cancha central dos Remedios este domingo, 28 de xaneiro, a partir das 12 horas. Partido trascendental para seguir sumando puntos e manter a primeira posición. Carballiño Quen non levanta cabeza esta tempada é o Carballiño. O da vila do Arenteiro aínda non coñece a vitoria nunha liga que vén de rematar a primeira volta (15 xornadas). O Carballiño suma dous puntos en sendos empates. Difícil situación dun equipo que xa descendera o ano pasado e que mantivera a categoría nos despachos. Para esta xornada, a primeira da segunda volta, visita ao Estrada, segundo na clasificación.

Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

Agardando ao Parrulo na Copa 4 Será nos cuartos de final. Redacción Posiblemente o Sala Ourense estea ante a semana deportiva máis importante da súa curta historia. O feito de que chegue a Ourense o Parrulo é un acicate para recuperar a esencia do fútbol sala masculino do máis alto nivel, ese que non se ve en partido oficial na nosa cidade desde fai oito anos. E agora chega grazas ao partido de cuartos de final da Copa Galicia que enfronta ao Sala Ourense contra o conxunto ferrolán. O encontro terá lugar este venres, 19 de xaneiro, a partir das 21 horas, na central do pavillón dos Remedios. Os departamentais veñen de xogar diante do FC Barcelona na última xornada da Primeira División de fútbol sala. Desde o club ourensán estanse a mover para que sexa un día especial e acuda o maior número de persoas a presenciar esta rolda de cuartos de final. Entradas As entradas teñen un prezo de 5 euros para o público en xeral. Quen as queira mercar por adiantado están a venda na tenda de deportes Deportes

Moncho (rúa Dalí) ao prezo de 4 euros, ata o venres pola mañá. Para os socios do club e os menores de 12 euros a entrada é de balde. Desde a directiva non queren perder a oportunidade de que os afeccionados se enganchen ao fútbol sala, por iso, están acudindo aos colexios para convidar aos escolares a que non se perdan este partido. Equipo O equipo está con ganas de que chegue este partido no que pode ser un bonito escaparate tanto para xogadores como para o propio conxunto. A directiva tamén agarda con ilusión este encontro aínda que o ades-trador, Kike García, ten dúas papeletas por enriba da mesa. Por unha banda, terá que descartar a tres xogadores para este choque; pola outra, en menos de 48 horas teñen unha nova cita de liga diante do filial do Santiago Futsal, e non quere que os seus xogadores cheguen mermados a tan importante envite. Ser competitivos ante un equipo de superior categoría e non exprimirse en exceso, para chegar nas mellores condicións ao domingo, será a combinación que busque o técnico ourensán.


10

Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

VOLEIBOL

Carbura ben o Hemisferios 4 Venceu por 3-0 ao Universidad de Burgos. Redacción Non lle poden ir mellor as cousas ao Hemisferios Ribeira Sacra na súa primeira participación na 1ª división nacional de voleibol. O cadro ourensán ocupa a sétima posición (son 12 equipos) con 19 puntos, unha zona media que lle aporta tranquilidade de cara a afrontar o que resta de tempada. O último encontro disputouno no Pompeo ante a súa afección. O rival foi un Universidad de Burgos que non tivo opción en ningún momento do encontro. O resultado o di todo, 3 a 0 con parciais de 25-13, 2519 e 25-14 (o segundo set foi o que máis inquedou ás locais). E o máis importante, ante un rival directo pola permanencia. Con esta van seis vitorias, por sete derrotas.

As ourensás dominaron todas as facetas do xogo, creando apuros no saque e sendo moi solventes na recepción. Xogadoras e adestrador (Pablo Pérez) mostrabanse satisfeitos cunha vitoria que as deixa con pé e medio na categoría. La Calzada Para esta xornada, a número 14, o Hemisferios Ribeira Sacra visita Asturias para enfrontarse ao terceiro clasificado, La Calzada, no que será un dos desprazamentos máis complicados que lles queda ata rematar a Liga.

O Hermisferios Ribeira Sacra ocupa a sétima posición

O Hemisferio saudando ao seu público nun partido.

Remontada do Dompavolei 4 Venceu ao Boiro. Redacción O equipo sénior de Primeira división autonómica, o Dompavolei, viaxou ata Boiro para enfrontarse ao equipo local. As ourensás querían seguir coa boa racha para ter opcións de estar na fase de ascenso. O partido comezou moi igualado, onde o equipo local non o ía a poñer nada fácil, con boas defensas e non deixando estar en ningún momento ao equipo ourensán cómodo. O partido foi moi frenético, onde os dous primeiros sets foron para o equipo de Boiro (25-16 e 25-22). No terceiro set comezou a reacción ourensá, as visitantes tiveron que sufrir para levarse o parcial e continuar no partido. O resultado deste set foi un apretado 24-26. Este traspés deixou tocada as locais, que a partir dese momento non estiveron cómodas na pista. O cuarto foi novamente para as ourensás, que venceron con moita facilidade (12-25). A moral seguía crecendo no Dompavolei logo de remontar un 0-2 e empatar o encontro. Despois do esforzo non querían deixar escapar a vitoria e o quinto e definitivo set volveu a ser para elas (915). Con esta vitoria, as sénior continúan na loita por estar nas catro primeiras posicións e pelexar polo ascenso.

Outros encontro O club disputou tres partidos máis a pasada fin de semana. O equipo xuvenil do Dompavolei de Segunda división autonómica desprazouse á localidade de Noia, con ganas de recuperar o seu xogo e volver á senda das vitorias. O equipo comezou concentrado pero ante un rival que quería a vitoria e non llo ía a poñer fácil. O tempo do encontro marcouno o equipo ourensán gañando o primeiro set (19-25). O segundo foi máis complicado de pechalo pero tamén caeu do lado visitantes (23-25). E no terceiro xa non deron opcións ás sorpresas e volveron a vencer (1625) pechando o partido.

As ourensás continúan líderes. O equipo cadete enfrontouse tamén ao equipo de Noia, un rival duro. O equipo ourensano deu comezo ao partido ensinando todo o seu xogo sen deixar que o seu rival se sentira cómodo. Isto levou a un encontro cheo de incerteza, pero en canto foi pasando o tempo o encontro foi máis igualado, onde os dous primeiros sets foron para o cadro do Dompavolei. Porén, soubo responder o rival e igualar o encontro a dous sets. Todo se decidiu nun quinto set moi igualado ata o final, que por dous erros finais perderon o partido. O tenteo foi un 3-2 a favor de Noia con

parciais de 16-25, 24-26, 25-17, 25-18 e 15-13. O único partido que se xogou en Ourense foi o de Terceira división autonómica infantil. O equipo de IES Allariz enfrontouse ao Voleyourense C. Os alaricanos estaba con moitas baixas por enfermidade ou lesións aínda así comezou o xogo moi igualado levándose, incluso, o primeiro set (25-23). A partir dese momento baixaron en intensidade e o rival pasou por enriba del logrando tres sets seguidos (8-25, 16-25 e 11-25) que lle deron a vitoria (1 a 3). Agora son segundos e xogaranse todo no último encontro para manter a posición.

O sénior continúa en disposición de loitar polo ascenso

Xogadoras do Dompavolei atentas ao saque da súa compañeira.


POLIDEPORTIVO

Final ourensá 4 No galego de taekwondo. Redacción Betanzos celebrou o campionato de Galicia júnior de taekwondo, que contou coa presenza de dúas ourensás, ambas do Centro Deportivo Couto, e que ademais coincidían no peso pluma (-49 kg). As dúas chegaron á final con solvencia, enfrontándose como dúas boas amigas, que o son, con moita intensidade, condicionadas polo moito que se coñecen. A vitoria caeu, finalmente, do lado de Diana Siota, nos últimos segundos nun inter-

cambio. Venceu por 8-6 a María González. Galego de técnica O Club Couto comezou o ano no Campionato de Galicia de técnica nas categorías de adultos. A sede do torneo foi Monforte e o conxunto ourensán logrou tres medallas. Esperanza Fernández (máster) fíxose co ouro, Andrés Freijeiro, en freestyle, foi prata e o trío sénior (formado por Iván Blanco, Andrés Freijeiro e Marcos Vila) logrou a medalla de bronce.

Diana Siota e María González, tras compartir podio no galego júnior de taekwondo.

Remata a primeira volta para o Galmédica 4 Faino na zona media da clasificación. Redacción O Galmédica Ourense remata a primeira volta na Segunda división nacional de tenis de mesa ocupando a zona media da clasificación. Os ourensáns son sétimos con 10 puntos tras

11 partidos (cinco vitorias e seis derrotas). O pasado domingo celebrouse a undécima xornada da Liga na que o Galmédica desprazabase ata Vigo para enfrontarse ao Mercantial. O resultado non puido ser mellor para

Morán e López lévanse o I Trofeo Moonboard 4 Organizado polo Club Asesou o 20 de xaneiro. Redacción O Club Asesou organizou este 20 de xaneiro o I Trofeo Moonboard -Cidade de Ourense- de escalada. A competición, a pesar de contar con poucas parellas, estivo moi reñida. A vitoria foi para o dúo formado por David Morán e Pablo López (Escaladores de Ami de Coruña). A segunda posición acadarona César Álvarez e Ronan Lecoeuche (escalador francés). O podio completouno Jesús Arcelle e Pablo Prada (do club Asesou). Este primeiro ano contouse con César Álvarez, unha figura esencial na escalada galega; César é, ademais, un dos principais aperturista e realizador da guía de bloque de Pena Corneira. Tamén

estivo presente Miguel Feijóo, habitual nos podiums das competicións galegas e que con Alfonso Bock son os dous principais aperturistas da Escola de escalada da Ribeira Sacra na última década. David Morán, escalador fortísimo e gran competidor do Club Ami da Coruña, campión galego e actual subcampeon de copa. Houbo presenza internacional, a do potente escalador francés Ronan Lecoeuche. Ademais participou o sub 18, Martí Pérez. Competicións Este ano ademais do Trofeo Corpus, Copa Galega e Open de Nadal, o Club Asesou organiza o Campionato de Galicia de Bloque que é o evento máis importante da escalada galega.

Participante do Trofeo Moonboard no seu turno.

os ourensáns, xa que venceron por 3 a 4. Segunda volta Este sábado comeza a segunda volta e o fai con outro desprazamento. Irán ata Zas (A Coruña) para medirse ao Zas Ponciano

Nieto. Os coruñeses son últimos polo que pode ser unha boa oportunidade de sumar unha nova vitoria que o achegue ao obxectivo marcado para esta tempada, que non é outro ca permanencia na recén estreada categoría.

Formacións do Mercantial e o Galmédica.

Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

11

Córdoba, quinto en Madrid 4 No Open de jiu jitsu. Redacción O ourensán Rubén Córdoba participou no Open de jiu jitsu de España celebrado no pavillón municiapal da localidade de Villaviciosa de Odón (Madrid). No open participaron as categorías cadete e júnior. Córdoba participou na categoría Junior de -69 quilos, xunto aos mellores jiujitsukas da súa xeración. O deportista perdeu o seu primeiro

combate contra o futuro gañador, gañou o segundo (12-9) e perdeu nos últimos segundos a loita pola medalla de bronce. O junior ourensán terminou na quinta posición.

Rubén Córdoba.


12

Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

ATLETISMO

Inscricións abertas para a OCR de Allariz 4 A cuarta edición terá lugar o 28 de abril. Redacción Comeza a conta atrás para a cuarta edición da OCR de Allariz, que este ano terá lugar o sábado 28 de abril. As inscricións están abertas na web spoortan.com. O prazo de inscricións estará aberto ata o 22 de abril de 2018 ou ata que se complete o número de prazas dispoñibles. A proba contará con algunha modificación no percorrido e nas distancias para adaptarse á quenda popular e competitiva. A competitiva terá unha distancia de 11 quilómetros e constará de 38 obstáculos, e os populares, que tamén poderán escoller a modalidade competitiva, igualmente poden optar polos 6 quilómetros e 24 obstáculos. Sairase en quendas en cada unha das modalidades.

A carreira desenvolverase totalmente no entorno natural de Allariz con diversos obstáculos á beira do Arnoia. “Haberá unha zona de obstáculos na zona do Castelo, o que engadirá un plus de espectacularidade á proba”, destacaba Manuel Blanco, director deportivo da OCR Allariz. Clasificatorio Esta carreira de obstáculos (OCR) pertencen á liga nacional de carreiras de obstáculos e, ademais, é clasificatoria para o European OCR Championship.

Esta proba pertence á Liga nacional de carreiras de obstáculos

Presentación da 4ª OCR de Allariz.

Final dos 400 metros femininos do Campionato de Galicia absoluto. /RAMSÉS.

A pista cuberta acolleu os galegos absoluto e máster 4 Boas actuacións dos atletas locais. Redacción Os pasados 13 e 14 de xaneiro a pista cuberta de atletismo ubicada en Expourense acolleu os campionatos de Galicia absoluto e máster. No campionato absoluto lográronse tres títulos por parte de ourensáns. Alfonso Palomanes, en triple; Bea en pértega; e Leticia Pérez, en lonxitude foron os vencedores locais. Ademais, a atleta do Adas, Leticia Fernández fixo dobrete ao lograr a vitoria nos 1.500 e 3.000 metros. Nos 3.000 metros masculinos, Rubén Diz (Ourense Atletismo) foi cuarto nunha proba gañada por Gonzalo Basconcelo, do Celta. Na proba raíña da pista cuberta (60 metros lisos) as vitorias foron para Javier Cancela (Atletismo Santiago) e Nerea Iglesias (Fontes do Sar), en categoría masculina e feminina, res-

pectivamente. Na mesma distancia pero valados, vitorias de Adolfo SainzMaza (Celta) e Teresa Rodríguez, do Riazor, (coa ourensán Emma Valencia -do Celta- na segunda posición). Ademais, Jean Marie Okutu foi o mellor saltador de entre todos os participantes. Máster En canto ás vitorias locais na categoría máster foron estas: Luis Campos Sanchez (Adas), nos 60

m (M 50); José Manuel Bao Martinez (Adas), nos 60 m (M 65); Enrique Iglesias Rivera (Ourense Atletismo), nos 60 m (M 70); Luis Campos Sánchez (Adas), nos 200 m (M 50); José Manuel Bao Martinez (Adas), nos 200 m (M 60); Domingo Álvarez Rodríguez (Burgas), nos 400 m (M 60); Rubén Diz (Ourense Atletismo), nos 1.500 (M 35); Julio Fernández Pérez (Ourense Atletismo), en peso (4 kg); Xulio Ventín

Rivas (Adas), peso (6 kg). E en mulleres, Margarita Macía Álvarez (Adas), en 60 (W 50); Cristina García Colomo (Ourense Atletismo), nos 200 e 400 m (W 55); Natalia Salgado Da Silva (Burgas), nos 400 m (W 45); Ana María Ocampo (Burgas), nos 1.500 m (W 35); Silvia Teijeiro (Ourense Atletismo), nos 1.500 m (W 45); Mónica Yáñez (Adas), nos 60 valados e na altura (W 40); Emma Valencia (Celta), nos 60 valados (W 35); Raquel Lameiro (Adas), na lonxitude e no triplo salto; Emilia Mesa (Ourense Atletismo), en peso (4 kg); e Nuria Fernández (Ourense Atletismo), en peso (4 kg). Parón Agora a pista volve a pecharse pola celebración de Xantar no recinto feiral. A próxima cita chegará no mes de marzo coa celebración do 45º Campionato de España sub20; concretamente os días 2 e 3 de marzo.

Leticia Fernández logra o dobrete en 1.500 e 3.000 metros

Miguel Cajaraville (Celta) foi o vencedor na proba de pértega. /RAMSÉS.


POLIDEPORTIVO

Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

13

O Nova Xestión Pabellón logra o ascenso 4 Na categoría sénior feminina de balonmán. Redacción As sénior do Pavillón lograron o ascenso a Primeira autonómica para a proxima tempada despois de gañar na última xornada ao SAR de Redondela. As ourensás empezaron algo nerviosas pola importancia do choque e unha sorprendente defensa individual sobre Ana Bouso no lateral que se fixo moi dura nos primeiros compases. Pero aos poucos fóronse os nervios e grazas á gran actuacion da porteira, Andrea Fernandez,, permitiu ás de Zarra levar o partido de maneira folgada e con diferenzas sempre por encima dos cinco goles. As ponteve-

dresas tiraron de coraxe e no minuto 40 lograron colocarse a tan só 4 goles (14-10). Con todo, os goles de Maria Puga e Ruth Sánchez nos minutos de máis tensión finiquitaron un encontro que certificaba o obxectivo desta tempada. Masculino Non foi capaz o Pavillón de dar a sorpresa e manter ese refacho de non perder ningún partido no anexo dos Remedios esta tempada. Deixou escapar os dous primeiros puntos en casa ante uns dos cocos da categoría. Quince minutos de desorde defensiva deron ao traste coas posibilidades dos mozos de Félix Mo-

Equipo feminino recén ascendido.//CEDIDA

jón. O partido comezaba moi igualado, con alternancias no marcador, chegándose ao ecuador da primeira parte cun 76 favorable aos locais. A partir de aí, un cambio no sistema ofensivo coruñés, que xogou con sete atacantes e sen porteiro, fixo que os visitantes se puxesen por diante, marcando 15 goles de maneira consecutiva. Sen solucións ante esta variante ofensiva, os das Burgas fóronse ao descanso cun desfavorable 12-21. Na segunda metade, bo xogo, sobre todo ofesivo do Pavillón, limando aos poucos as diferenzas, ante un Culleredo máis relaxado, cunha confortable diferenza no luminoso. Ao final, unha derrota un tanto esperada, e que entraba dentro das permitidas fochancas, cun 28-34 para os visitantes.

Pola contra, o equipo masculino perdeu a imbatibilidade como local

Acción no último partido do Campus Ourense Rugby./I. OSORIO.

Cara, na casa; cruz, fóra 4 O Campus Ourense de rugbi é quinto na División de Honra B. Redacción Curioso é o caso do Campus Ourense Rugby este ano, o segundo, na División de Honra B de rugbi. O equipo que dirixe David Monreal é inexpugnable no campo das Lagoas e vulnerable cando xoga como visitante. Dos 14 partidos disputados (ten un partido aprazado que o xogará o 10 de febreiro ante o Real Oviedo Rugby en terras asturianas), sete foron como locais e outros tantos coma visitantes. Son sete as vitorias polas mesmas derrotas. E precisamente os triunfos tiveron lugar, todos eles, no Campus universitario sendo as derrotas, todas elas, cando xoga lonxe de Ourense. Esta tendencia non lle vai mal, xa que con esta dinámica o cadro ouren-

sán é quinto sumando un total de 37 puntos. O último encontro disputado foi o resumo da tempada como visitante. O equipo local, o Eibar, pónse por diante, o Campus recurta distancias pero non logra sacar algo positivo; contra o AVIA Eibar Rugby o resultado final foi de 25 a 17. Toca vitoria A lóxica desta tempada indica que o Campus Ourense vencerá esta vindeira xornada. Pero non só polo feito de ter gañado todos os encontros diante da súa afección supón que en cada encontro en Ourense acaden o triunfo. Ademais, a lóxica no deporte non é fiable. A pesar de todo, os universitarios buscarán acadar unha vitoria que os asente na zona media alta da táboa clasificatoria para ter cada vez máis preto a permanencia.

Esta próxima xornada recibe ao AVK Bera Bera, equipo que é sétimo con 34 puntos (tres menos que os ourensáns). O partido está previsto para este sábado, 27 de xaneiro, a partir das 16 horas. Liga Galega O Keltia in peccatum mantense na segunda posición da Liga galega grazas ao seu empate diante do Ferrol. O equipo dirixido por Barboza foi quen de remontar 12 puntos, nos intres finais, para poñer o definitivo empate a 28. Este empate os mantén na segunda posición. Bo resultado de cara aos playoffs de ascenso.

O Campus Ourense recibe este sábado 27, ás 16 horas, ao Bera Bera


14

Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

ACTUALIDADE

xeral. Martín González, foi quinto no seu primeiro ano como cadete. Noela Saa era 5ª e Aida González 6ª na categoría cadete, pechando unha gran participación no Copa de España.

Fútbol gaélico

Vitorias do Auriense antes do parón 4 Os dous equipos do Auriense lograron vencer. Redacción

clasificación.

Na última xornada antes do parón de dúas semanas, nas ligas de fútbol gaélico, o Auriense logrou a vitoria tanto na categoría masculina como na feminina. Os dous encontros disputáronse no campo do campus universitario. Os rapaces demostraron o gran estado de forma que atravesan ao lograr a vitoria con solvencia ante Keltoi (9-09(36) a 2-07(13)) que aguantou o tirón soamente durante os primeiros 15 minutos. En canto ás rapazas, o partido estivo equilibrado ata a segunda metade. Foi no segundo período cando se rompeu a favor das ourensás, 1-13(16) a 0-09(9). Esta vitorias as fai meterse na parte alta da

Vindeiras citas Agora hai un parón de dúas semanas e retomarase a competición xa nos grupos que dan acceso á loita polo título. O próximo rival que visitará o Campus será o actual campión en categoría masculina, e unha das favoritas na feminina: Irmandinhos da Estrada.

Os Irmandinhos, da Estrada, será o próximo rival dos dous conxuntos, masculino e feminino, do Auriense

Carlos Canal -no centro- no podio do Campionato de España de ciclocrós.

Carlos Canal, campión de España de ciclocrós 4 Ademais foi décimo na Copa do Mundo de Nommay. Redacción Carlos Canal proclamabase campión de España de ciclocrós na categoría júnior nos campionatos de España celebrados na localidade guipuscoana de Legazpi. Desta forma, Canal substitúe no palmarés ao tamén corredor do equipo ourensán do Academia Postal -Actyon de Maceda, Iván Feijoo. Carlos dominaba a carreira desde a primeira volta, e abría un oco de 10 segundos con respecto ao seu máximo rival, o cántabro Gonzalo Inguanzo. Xa a partir da segunda volta a distancia incrementabase e o ritmo demoledor do ourensán distanciaba cada vez máis a Inguanzo. Así, entrarían en liña de meta con máis dun minuto de vantaxe. En féminas cadete, Noela Saa, subía

ao terceiro caixón do podio nunha carreira emocionante na que a loita polas posicións nobres foi moi intensa. Aida González rematou cuarta noutra gran carreira. Ivan Feijoo, pola contra, non tiña o seu mellor día nestes campionatos e era sétimo na carreira sub 23, despois de ser o dominador de toda a tempada.

Copa do Mundo Ata a localidade francesa de Nommay desprazáronse tanto Feijoo coma Canal para disputar unha xornada da Copa do Mundo. Carlos Canal na súa primeira experiencia nunha Copa do Mundo e no seu primeiro ano como júnior, lograba meterse no top ten finalizando 10º na carreira. Carlos partía desde a primeira liña de saída, e despois dunha boa saída, complicábaselle na zona de chanzos, perdendo posicións e chegando a rodar por enriba da 20ª. A partir de aí, e xa co seu ritmo, comezou a remontada para entrar en meta

o décimo, nun circuíto moi embarrado e no que o ourensán se movía moi ben. Carlos Canal, dálle, así, á canteira macedana do Academia Postal Actyon MMR un novo top ten a nivel mundial, como antes lograron Pablo Rodríguez e Iván Feijoo. En sub 23, Iván Feijoo, na súa primeira Copa do Mundo nesta categoría, conseguía un meritorio posto. Despois de verse atrasado na saída e de ter que remontar. Ao final rematou de vixésimo segundo, cun gran valor de cara ás dúas seguintes citas internacionais: a Copa do Mundo de Hoogerheide e o Campionato do Mundo de Valkenburg.

Noela Saa foi terceira no campionato de España de ciclocros

Copa de España Iván Feijoo vén de proclamarse, en Valencia, campión da Copa de España de ciclocros. A vitoria en terras valencianas valeulle para facerse co título de campión sub 23. Das catro probas, Feijoo venceu en tres delas. En Valencia, o ourensán foi primeiro desde a primeira volta rematando sexto no cómputo global. En júniors, Carlos Canal facíase coa segunda posición e segundo na

Partido do equipo feminino do Auriense FG.

XIX Xantar Redacción O Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar”celebra este ano a súa décimo novena edición. O evento terá lugar, como sempre, en

Expourense e discorrerá do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro. Este ano a noite do mércores, 31 de xaneiro, estará adicada ao deporte. Deportistas, clubs e federacións deportivas teñen unha cita coa gastronomía.

Noela Saa, dereita, terceira na categoría cadete no Campionato de España.

Arriba, Carlos Canal en plena carreira da Copa do Mundo. Abaixo, Iván Feijoo antes de saír na súa proba.


NOVAS

Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº172- Ano: X - 24 de xaneiro de 2018 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Xornada de escalada do Club Alpino Ourensán 4 O 27 e 28 de xaneiro no rocódromo dos Remedios. Redacción

escalada e a montaña.

O Club Alpino Ourensán organiza unha xornada para coñecer a escalada e a montaña. Un ano máis, o club pón a experiencia dos seus asociados ao servizo do fomento das actividades no medio natural a través do proxecto “Coñece”. Actividades pensadas para persoas que queren achegarse á montaña e á escalada dende cero, con total seguridade. Co proxecto “Coñece” preténdese levar a Ourense os deportes de montaña, e por iso, a entidade organiza o fin de semana do 27 e 28 de xaneiro dúas xornadas para coñecer a

Programa O sábado 27 de xaneiro terá lugar ás 9:30 h. unha xornada aberta á cidadanía de Ourense para coñecer a escalada no rocódromo municipal situado no pavillón dos Remedios. Ao día seguinte, domingo 28, unha actividade nos Ancares, coa ascensión ao Penalonga, permitirá iniciarse e probar a montaña. Para participar nestas actividades é imprescindible inscrición previa no Club Alpino Ourensán (contacto@clubalpinoourensan.es).

O día 28 de xaneiro, domingo, a actividade trasladase ata os Ancares.

O Comité Olímpico apoia a Semana do Baile Deportivo

La Vuelta regresa a Ourense

4 Que terá lugar en Ourense en xuño.

A volta ciclista a España de 2018 regresa a Ourense. Logo de vir no ano 2016, con amplo protagonismo ourensán, a rolda española chegará as nosas terras cun papel máis secundarios. A 11ª etapa, mércores 5 de setembro, partirá desde Mombuey (Zamora) para rematar na Ribeira Sacra (en Luintra). Será a xornada máis longa (208,8 km) e contará cunhas características de media montaña.

Recacción A vicepresidenta do Comité Olímpico Español, Isabel García Sanz, apoia a Semana do Baile Deportivo de Ourense. García Sanz visitou o stand do evento ourensán durante a Dance Sport Cup celebrada na fin de semana do 13 e 14 de febreiro en Benidorm. “Ou18 será un éxito”. Con estas palabras calificou a vicepresidenta do Comité Olímpico Español, Isabel García Sanz, a “Semana do Baile Deportivo Ou18” que se celebrará na nosa cidade entre o 22 e o 24 de xuño de 2018. A vicepresidenta foi recibida polo organizador de “Ou 18” e presidente do Clube Deportivo Moovett, Juan Manuel Fernández Nóvoa. A Dance Sport Cup é unha competición internacional cun “World Open” na que participaron máis de 500 bailaríns de todo o mundo. Continúa así a promoción da “Semana do Baile Deportivo Ou18”, un evento organizado entre a Federación Española de Baile Deportivo, Expourense e o Clube Deportivo Moovett e que conta co apoio da

Deputación Provincial de Ourense. Celebrarase entre as instalacións do recinto feiral e as do pavillón Paco Paz. Esta semana de baile integra varias competicións de rango internacional. Celebraranse os campionatos de España da modalidade de bailes latinos, de danza coreográfica, de bailes caribeños, de hip hop, de line dance e o campionato de España “A” latinos e estándar. Ademais, disputarase o trofeo nacional Ourense Provincia Termal, a Copa promo-

ción latinos e estándar 1ª Territorial e dous congresos: o internacional de Baile Ourense Provincia Termal 2018 e o anual de xuices das especialidades de estándar, latinos, danza coreográfica e bailes caribeños. Tamén haberá un Campus de Verán do Equipo de Técnificación.

A semana do baile terá lugar do 22 ao 24 de xuño diste ano

A vicepresidenta do Comité Olímpico Español, Isabel García Sanz no stand de promoción da Semana do Baile de Ourense que estivo en Benidorm.

Redacción

San Xoán de Río O Concello de San Xoán de Río e a Asociación Cultural RíoMola iniciarán unha campaña para que a etapa 11ª de “A Volta a España” 2018 pase pola localidade, para que se dé a coñecer a zona e gozen os veciños da serpe multicor. Sería unha modificación de catro quilómentros no percorrido entre A Pobra de Trives e Castro Caldelas. Por iso, iniciarán unha campaña para a modificación do trazado que terá como destinatarios, por unha parte a Deputación e Xunta, as entidades que financian esta etapa e por outra parte a Fernando Escartín, asesor técnico da organización e Javier Guillén, director de “A Volta a España”.


Barrios DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2018


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.