Page 1

[ Páx. 8 e 9]

Gran actividade na pista cuberta de Ourense XADREZ

Páx.3

Terceira vitoria no Aninovo para David Gómez

VOLEIBOL

Páx.7

O Dompa Ourense participou na Copa de España xuvenil

ATLETISMO

Páx.11

A San Silvestre Ourensá para pechar o 2017

BTT

Páx.12

Novas citas para os ciclistas do CC Maceda

TAEKWONDO Páx.14 Dúas medallas para Ainoha García no Nacional

Dous derbis, por favor! [Páx. 4 e 6] O COB - Breogán xógase este sábado ás 18:30 horas no Pazo Paco Paz. // Envialia e Cidade enfróntanse o domingo ás 12 horas nos Remedios. /ARQUIVO.

Número: 170- Ano: X -12 de xaneiro de 2018 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 2 de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

AXENDA / MEGAXOVE

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 14 de xaneiro. Calabagueiros. Barco - Arenteiro. Terceira división. - Día 14 de xaneiro. Os Carrís. Barbadás - Laracha. Terceira división. - Día 14 de xaneiro. O Couto. UD Ourense - Valadares. Rexional Preferente. - Día 14 de xaneiro. San Cristobal. Ribeiro - Estradense. Rexional Preferente. - Día 21 de xaneiro. O Couto. Ourense CF - Noia. Terceira división. - Día 21 de xaneiro. Espiñedo. Arenteiro - Céltiga. Terceira división. - Día 21 de xaneiro. A Tella. Nogueira - Pontellas. Rexional Preferente. - Día 21 de xaneiro. Bande. Bande - Ribeiro. Rexional Preferente.

Baloncesto

- Día 13 de xaneiro. Paco Paz -18:30 h- Rio Ourense Termal - Breogán Lugo. LEB Ouro. - Día 20 de xaneiro. Paco Paz - 19 horas - Rio Ourense Termal B - Venta de Baños. Liga EBA. - Día 24 de xaneiro. Paco Paz -21:00 h- Rio Ourense Termal - Sammic Hostelería. LEB Ouro.

Atletismo

- Día 12 de xaneiro. O Barco de Valdeorras - 20 h - Gala do atletismo galego. - Día 13 de xaneiro. Expourense. 33º Campionato de Galicia absoluto de pista cuberta. - Día 14 de xaneiro. Expourense. Campionato de Galicia Máster de Pista Cuberta 2017/2018. - Día 20 de xaneiro. Monterrei. Xogade – Campo a Través – Final Comarca de Ourense 2017/2018. - Día 20 de xaneiro. Boborás. Canicross Boborás. - Día 20 de xaneiro. Boborás. XVIII cross popular do Concello de Boborás.

Fútbol sala

- Día 14 de xaneiro. Os Remedios -12 h- Ourense Envialia - Cidade das Burgas. Primeira división. - Día 20 de xaneiro. Os Remedios - 17 h - Cidade das Burgas - Cadiz. Primeira división. - Día 21 de xaneiro. Os Remedios - 12 h - Sala Ourense - A Pontenova. Terceira división.

Rugbi

- Día 13 de xaneiro - 16 h - Campus Ourense. Campus Rugby - CRAT A Coruña. División Honra B.

Outros

- Día 13 de xaneiro. Ourense - 9:00 h - I Trofeo Moonboard “Cidade de Ourense”. - Día 13 de xaneiro. Nogueira de Ramuín - 16 h - I Trofeo kickboxing Ribeira Sacra. - Día 14 de xaneiro. Trasmiras - 9 h - VII Ruta BTT do cocido. - Día 14 de xaneiro. Ourense provincia. XIX Rali de reis de coches clásicos. - Día 14 de xaneiro. Manzaneda. Campionato de Galicia de snowboard. - Día 20 de xaneiro. Manzaneda. Trofeo federación galega de esquí paralelo. - Día 21 de xaneiro. Manzaneda. Campionato de Galicia de esquí alpino. - Día 21 de xaneiro. A Peroxa -11:30 h -. IV Enduro A Peroxa.

Un dos grupos participantes no Torneo de Nadal de ximnasia.

Gradas cheas co Torneo de Nadal de ximnasia 4 Foi unha das citas deportivas máis numerosa. Redacción O Torneo de Nadal de ximnasia volveu a encher as bancadas da cancha central do pavillón dos Remedios. A pesares de celebrarse un venres pola tarde, o público non quixo perderse a evolución das ximnastas nesta xornada festiva. As exhibicións chegaron de varias escolas municipais da provincia, ademáis do Club Quicela de Monforte, Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón. Os exercicios máis aplaudidos foron os das máis cativas (grupo de iniciación do Escola Pavillón e minibenxamín do Club Ximnasia Pavillón), os exercicios de doble minitramp e a coreografía que as prebenxamíns do Club Ximnasia Pavillón, baixo a batuta da profesora de

ballet, Irina, que fixo unha representación de Brancaneves. O torneo finalizou cunha exhibición conxunta de temática navideña que realizaron os equipos alevín e infantil de base do Club Ximnasia Pavillón xuntamente cos grupos de trampolín, que resultou moi vistoso e levantou moitos aplausos.

Moitas personalidades da política local e autonómica acompañaron aos organizadores na entrega de obsequios ós adestradores, ximnastas e aos participantes galegos nos últimos campionatos do mundo, tanto absolutos como por idades. A colaboración coa Operación Quilo de Amencer volveu ser un completo

Foto de familia dos participantes.

éxito de participación. Másterclass en Xinzo O sábado día 16 varias ximnastas dos clubes pavillonistas participaron na másterclass que a Escola Deportiva de Xinzo de Limia organizaba, e que foi impartida pola olímpica Carolina Rodríguez. E o domingo os conxuntos alevín base do Club Ximnasia Pavillón e benxamin federado do Club Ximnasia Escola Pavillón participaron nunha exhibición na que Carolina foi a protagonista. Os dous equipos xuntos realizaron unha coreografía, e o conxunto benxamín, ademáis, repetiu o exercicio que defendeu días atrás no nacional de Valladolid.


XADREZ

Foto dos premiados no 33º Torneo Aninovo de Xadrez celebrado en Barrocás. /RAMSÉS.

Terceira vitoria no Aninovo para David Gómez

Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018



randela (Universitario). En cadetes, a primeira posición foi para Martín Gómez Carreño (Club Xadrez Ourense), a segunda para Mateo Díaz Gómez (Club Xadrez Ourense) e a terceira para Marcos Vázquez Gómez (Club Xadrez Ourense). E xa en categoría infantil, os máis cativos dos participantes, hai que destacar o triunfo de César Pérez Dapoza do Club de Xadrez Universitario, que foi secundado no podio por Claudio Reboredo Martínez da Coruña e por Xacobe Conde Riveiro (Club Xadrez Ourense), respectivamente.

benxamín, benxamín e alevín) con ata 140 participantes que supuxeron un excelente preámbulo para o Open Internacional -Aninovo-. As categorías de base foron conquistadas por Gabriel Alcalde, do Club Benchoshey (prebenxamíns), Tristán Alonso do Club Xadrez Verín, (en benxamíns) e por Xacobe Conde Riveiro (alevíns), do Club Xadrez Ourense. Por clubs, o máis galardoado foi o Club Xadrez Ourense con 11 podios, seguido do Club Xadrez Benchoshey que obtivo seis.

Premios O premio de Beleza foi para Antonio José Vázquez e “Galeón Pirata” recaeu en Alejandro De León.

As táboas na derradeira xornada entre Gómez e Baltar fixeron que o triunfo final fora para o primeiro

Cativos Os días 22 e 23 de decembro tiveron lugar as categorías de base (pre-

4 Na 33ª edición do torneo de xadrez que se disputa na AVV de Barrocás. Redacción A sede da Asociación de Veciños Barrocás acolleu, unha vez máis, o 33º Aninovo Barrocás de xadrez que este ano foi o oitavo memorial Manuel Villar. Desde o sábado 23 de decembro e ata o venres día 5 de xaneiro desenvolveuse esta 33ª edición, decano dos torneos de xadrez en Galicia. Nesta trixésimoterceira edición hai que salientar a gran participación colleitada entre as sete categorías

en litixio, (ata 200 participantes), e tamén facer especial mención ao alto nivel da proba, na que, por exemplo, se reuniron máis de media ducia de xadrecistas con máis de 2000 puntos Elo (coeficiente internacional de ránking), sendo esta cifra un equivalente a unha división de honra, o que dá mostras da calidade presente en Ourense nesta competición. En canto á clasificación, foi David Gómez Diéguez (Club Xadrez Ourense) o

que se alzou co triunfo final, alcanzando deste xeito o seu entorchado no Aninovo. Gómez tivo unha dura pugna ata a rolda final con David Baltar Iglesias (Club Xadrez Liceo Academia Postal). Na xornada final enfrontabanse os dous, e as táboas firmadas fixeron que o primeiro levárase a vitoria final (David Gómez venceu en cinco das sete partidas que disputou e fixo táboas nas outras dúas); Baltar rematou en segunda posición. O terceiro lugar da ca-

tegoría sénior foi para Xabier Gómez Domínguez (Benchoshey), mentres que completaron o podio Alfonso Agra Torres (Verín) e Antonio José Vázquez (Club Xadrez Ourense), que foron cuarto e quinto respectivamente. Outras categorías Xa na categoría xuvenil, o primeiro posto foi para Alberto Iglesias Feijóo (Universitario), seguido de Adrián Vázquez Velasco (Club Xadrez Ourense) e de Alfonso Juanes Ba-

Alejandro De León levouse o premio “Galéon Pirata” á mellor xogada do torneo./RAMSÉS.




Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

BALONCESTO

Instantes antes do quinto partido do playoff de ascenso entre COB e Breogán no 2015. /ARQUIVO.

Chega o derbi galego máis desexado da LEB Ouro 4 O COB - Breogán dispútase no mellor momento para os dous equipos. R. Torres Chega o derbi galego da LEB Ouro -con permiso de Leyma Coruña-. O sábado, 13 de xaneiro, Club

Johnson, co balón ante Huesca./RAMSÉS.

Ourense Baloncesto e Breogán de Lugo enfróntanse a partir das 18:30 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz. Vendo a clasificación poderíase dicir que o claro favorito é o Breogán de Lugo, e o certo é que o é. Pero a pesar de que os lucenses son líderes e os ourensáns pechan a clasificación, os dous chegan a este derbi galego no mellor momento da tempada. O Breogán, logo de asegurarse xogar a Copa Princesa de Asturias (e ademais como anfitrión) diante de Manresa -será o venres, 2 de febreiro contra Manresa- e comandar a Liga con 15 vitorias en 17 encontros buscará con-

tinuar cunha racha na que leva catro vitorias consecutivas. O Rio Ourense Termal, pola súa banda, ocupa a última posición, pero dúas vitorias nas dúas últimas xornadas danlle moral para afrontar con ilusión este encontro. Para os homes de Gonzalo García de Vitoria a chegada de Davis Rozitis e Jhornan Zamora -finalizaron a súa vinculación co club Volodymyr Orlov e Rogier Jansen- supón un salto de calidade nunha plantilla moi nova e que precisaba de referentes na pista. Agora o equipo está máis compensados e os xogadores máis novos non teñen o peso dunha

responsabilidade que tiñan ata a chegada de Rozitis e Zamora. Entradas O prezo da entrada ante Cafés Candelas Breogán será de 15 euros a entrada xeral, 8 euros para mozos (15-25 anos), 2 euros para a categoría infantil (6-14 anos) e de un para preinfantiles (1-5 anos). As entradas poderán adquirirse desde as 17.30 horas do sábado en despacho de billetes, aínda que para facilidade do público lucense, foron enviadas 200 entradas que serán vendidas nas oficinas do conxunto lucense. Desde o club queren agradecer o apoio para este partido dos afeccionados

que merquen a súa entrada invitándoos ao seguinte encontro na casa; o que o enfronta ao equipo de Azpeitia Sammic Hostelería (mércores 24). Para acudir de balde ao partido ante Sammic será necesario gardar as entradas do partido, e estas poderán ser trocadas desde o luns, día 15, e ata o propio mércores 24 de xaneiro (ata a hora do partido) nas oficinas do club. Abonos segunda volta Para a segunda volta o COB sacou unha campaña de abonos que leva por lema: “Axúdanos a darlle a volta”. O prezo do abono sénior é de 50 euros (formato xeral) ou 60 euros (formato pista); o abono xoven é de 25 ou 30 segundo formato xeral ou pista; para os infantís (de 6 a 14 anos) o prezo oscila entre os 10 e 13 euros; e para os preinfantís (de 1 a 5 anos) os prezos son entre 3 e 13

euros. COB B A vitoria na Liga EBA do Río Ourense Termal B ante o Ponferrade faille sumar a sexta vitoria da tempada e colocarse na undécima posición da clasificación. Esta fin de semana volven a xogar fóra, nesta ocasión ante o Obradoiro Silleda no que será partido da 16ª xornada. Sorteo Desde comezos de tempada en cada partido que o Río Ourense Termal xoga no Pazo Paco Paz, o club sortea un xamón (xentileza de Coren) como o que lle tocou a un dos máis xóvenes socios do club. No encontro contra Huesca o agraciado do sorteo foi Xacobe Fernández Pazos sendo o seu pai (un dos socios máis antigos do club) o que recolleu o xamón entregado pola mascota do COB.

José Luis Fernández recollendo o xamón que lle toucou ao seu fillo no descanso do partido contra Huesca.


FÚTBOL

Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

O Barco aguanta entre os mellores 4 O Barbadás segue en postos de descenso. Redacción Carlos intenta roubar o balón, con Alfredo seguindo a xogada desde o chan. /RAMSÉS.

A UD Ourense remata a primeira volta en ascenso 4 Tras 19 xornadas os unionistas son segundos do grupo sur da Rexional Preferente. R. Torres Rematada a primeira volta do grupo sur da Rexional Preferente a Unión Deportiva Ourense marcha na segunda posición en postos de ascenso (ascenden os dous primeiros). O que deixaron claro estas 19 xornadas é que estamos ante unha liga, na parte de arriba, moi igualada e que non hai un equipo que destaque claramente. Se ben é certo que o Estradense -campión de inverno- é o conxunto máis en forma. Os da Estrada suman 42 puntos, catro máis que a UD Ourense e o Bande (con 38 cada un). Segunda volta Para os homes que dirixe Fernando Currás a segunda volta enfróntaos ao Valadares, equipo co que perdeu no seu debut na categoría (2-1). O choque terá lugar este domingo, 14 de xaneiro, a partir das 16:30 horas no Couto.

Os unionistas buscarán unha vitoria que os manteña na segunda posición á estela do líder, que nesta xornada visita ao Ribeiro. Para esta fin de semana, Currás recupera a Pablo Corzo e posiblemente tamén a Unai e Adrián, mentres continúan lesionados Omar e Fran. Quen vén de sumarse ás filas unionistas é Diego Vieytes, ata agora xogador do Boiro. O central pasou anteriormente polo Barbadás, entre outros. Bande O outro conxunto ourensán que marcha nos postos punteiros é o Bande. Empatado coa UD Ourense, os de Iván González visitan a un Pontellas que marcha 15ª con 21 puntos. O Bande estivo nas primeiras xornadas como líder, pero unha serie de malos resultados relegárono a postos máis baixos (saíndo incluso dos que dan dereito á promoción de ascenso). Porén a igual-

Hugo loitando un balón cun defensa do Atios.

dade é tal que fixo que os da Baixa Limia volvan a engancharse pola loita polo título ligueiro. Nogueira e Ribeiro O Nogueira e o Ribeiro son a cruz da categoría. Afundidos na táboa clasificatoria (Nogueira de Ramuín exerce de pechacancelas e Ribeiro e penúltimo) teñen unha complicada misión para a segunda volta: loitar pola permanencia. Os de Luíntra están a seis puntos da salvación, mentres que os de Ribadavia atopanse a cinco. Esta xornada, o Nogueira visita ao Grove e o Ribeiro recibe ao líder, o Estradense.

A Terceira división deixa entre os conxuntos ourensáns ao Barco como o mellor posicionado. Os de valdeorras mantéñense na cuarta posición tras vinte xornadas disputadas. Os de Javi Rey están a sete puntos do líder, o Compostela; a tres do segundo, Bergantiños; e a un do terceiro, Vilalbés. Na última xornada empatou diante do Vilalongo (11). O seguinte equipo ourensán é o Ourense Club de Fútbol. Os de Fran Justo son décimo segundos con 26 puntos; a pasada fin de semana empataron na casa contra o Arousa. Tralo equipo da capital da pro-

O Barco e o Arenteiro disputan o derbi ourensán. Este domingo ás 17 h en Calabagueiros

vincia atópase o Arenteiro, cunha posición e un punto menos. Dolorosa foi a derrota dos de Manel Vázquez da última xornada en Espiñedo: 0-4 ante Somozas. Por último, o Barbadás segue en postos de descenso. Ocupa a penúltima posición (19º) con 14 pun-



tos, a tres da salvación. Vindeira xornada Esta fin de semana dispútase a 21ª xornada. O Barbadás recibe ao Laracha o domingo 14 nos Carrís a partir das 16:30 horas. O Barco e o Arenteiro disputan o derbi ourensán da xornada en Calabagueiros, o domingo ás 17 horas e o Ourense CF visita ao Alondras.

O Barbadás xoga nos Carrís contra o Laracha ás 16:30 horas

Partido entre o Ourense CF e o Arenteiro. /ARQUIVO.




Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

FÚTBOL SALA

Un derbi para curar feridas 4 Envialia e Cidade enfróntanse nun duelo no que pode pasar de todo. R. Torres

Partido ante o Casás esta tempada. /ARQUIVO.

O Sala Ourense recibirá á Pontenova de líder 4 O encontro terá lugar o domingo 21 de xaneiro. Redacción Aínda terá que agardar unha semana máis o Sala Ourense para reanudar a competición tralo parón de Nadal. Será o vindeiro domingo, 21 de xaneiro, cando reciba na cancha central dos Remedios -ás 12 horas- á Pontenova. Os ourensáns chegarán a este partido como líderes destacados da Terceira división ao sumar 35 puntos polos 30 dos seu máis inmediato perseguidor: Talleres ABC I.E.S Coruxo. Precisamente, era este rival co que pechaba os partidos de 2017. Os de Kike García lograban un valioso empate a domicilio o que lles valía para manter a renta co seu rival máis directo. Na terceira posición, cos mesmo puntos que Coruxo, está A Estrada; cuarto é Ribeira, 29 puntos; quinto e sexto, con 27, Culleredo e Vilal-

ba. O rival na xornada de regreso da competición é o Pontenova, que marcha na zona tranquila da clasificación (noveno con 21 puntos e moi lonxe dos postos de perigo). Rivais En canto aos que seguen na táboa ao Sala Ourense, o Coruxo, visita ao Casás e o Ribeira visita ao actual campión de Liga, o Pazos de Borbén (actualmente ocupa a sétima posición). Campión de inverno Con esta xornada péchase a primeira volta en Terceira, e pase o que pase, o Sala Ourense vaise proclamar campión de inverno, un premio moral á gran campaña que están realizando e que pretenden que remate co título de campión.

Os dous equipos chegan ao derbi feridos e con ganas de agradar a súa afección nun partido especial. En partidos coma este non importa a clasificación nin as dinámicas, xa que sempre ten un grao de motivación extra. Pero se temos en conta os datos, o derbi ourensán da Primeira división de fútbol sala entre Ourense Envialia e Cidade das Burgas tería que ser de clara cor albinegra. As estatísticas desta tempada así o din. Se miramos a clasificación, esta indica que o Envialia é sétimo e o Cidade, décimo quinto; con 18 puntos de diferenza entre unhas e outras. Mentres as de Chipi suman seis vitorias, as de Codeso non coñecen a vitoria nas 13 xornadas disputadas ata a data (tan só lograron dous empates). En canto aos goles, as primeiras suman 37 dianas por 19 das segundas e recibiron 26 e 50 (casi o dobre), respectivamente. Dinámicas A consecución da Copa de España por parte do Ourense Envialia fixo que colleran moral de cara a esta tempada. Ese éxito, sumado aos reforzos deste ano, facían presaxiar que sería un equipo dos importantes neste curso. E así o demostrou durante as primeiras xornadas, codeándose cos equipos

punteiros e incluso liderando a clasificación algunha xornada. Pero unha serie de malos resultados fixo que as ourensás perderan posicións e, pouco a pouco, a opción de loitar pola Liga. Actualmente están a 14 puntos do Atlético Navalcarnero, distancia insalvable ante un equipo que falla moi pouco. Tralo descalabro e a decepción de perder toda opción de loitar polo título ligueiro, toca recomporse e buscar un posto para a vindeira Copa de España (entran os oito primeiros). Pola súa banda, na casa do Cidade das Burgas xa se prevía un ano de sufrimento. A marcha de Iria Saeta -ao Poio- sumouse a de Candela -a xogadora con maior proxección firmou co Envialia-, o que deixaba ao equipo franxiverde sen unha referencia

na pista. Equipo con xogadoras moi novas que se lle podía facer moi costa arriba o ano. Os malos resultados contrastan co bo xogo diante dos equipos máis solventes da Liga: empatou co todopoderoso Atlético Navalcarnero, e a piques estivo de rabuñar algún punto contra Universidad de Alicante, Poio ou Burela. Porén, contra os da súa “liga” deixou escapar moitos puntos, case sempre nos últimos segundos de partido. Ademais, a mala sorte fixo que Nerea, que estaba axudando moi ben ao equipo, sufrirá unha lesión, ao igual que Nati Pacios, que regresou á competición despois de varios anos e no partido do seu debut lesionouse unha man e tivo que ser operada. Incluso Clara tivo un pequeno percance nun dos partidos, con visita ao hos-

pital incluida. Derbi E así chegan ao derbi ourensán. Unhas xogadoras, do Ourense Envialia, con ganas de reconducir a situación e ir sumando puntos de cara a estar o máis arriba posible da clasificación e un Cidade das Burgas que ten ante si unha nova reválida (ata final de tempada todo serán finais para as de Manolo Codeso). O partido terá lugar este domingo, 14 de xaneiro, a partir das 12 horas na cancha central dos Remedios. Este encontro corresponde a xornada 14ª, penúltima da primeira volta, que pecharana ao fin de semana seguinte cos encontros Cidade - Cádiz e Guadalcacín - Envialia.

O partido terá lugar o domingo, 14 de xaneiro, ás 12 horas na central dos Remedios

Partido da pasada tempada entre Ourense Envialia e Cidade das Burgas. /ARQUIVO.


POLIDEPORTIVO

Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

Asesou organiza o I Moonboard Cidade de Ourense

Rali de Reis Redacción

4 Unha cita que se presenta por primeira vez en Galicia. Redacción O club Asesou presenta o vindeiro 20 de xaneiro, por primeira vez en Galicia, o I Trofeo Moonboard Cidade de Ourense, un formato de competición novidoso pola estrutura (Moonboard) e o sistema. Realizarase unha competición unisex e sen categorías por idades. As paredes de escalada do tipo Moonboard presentan desde fai uns anos un estándar a seguir nos rocódromos do mundo, sendo a mesma dificultade alá onde se instalen, e a cantidade de vías posibles infinitas en número e grao. Co obxetivo de promover o coñecemento e promoción da escalada, proponse

un formato de competición sobre esta base. Información Toda a información está no Facebook de Asesou. O prezo da inscrición é de 15 euros e o evento terá lugar na sede do club (r/ Antonio Puga, nº1 - baixo).

As plantillas do Dompa Ourense e o Richmond Volleyball en Guadalaxara. /CEDIDA

Moonboard O plafón de escalada Moonboard tratase dun plano inclinado a 40º cun tamaño de 3,15 m de alto, 2,44 m de ancho e unha profundidade de 2,35 m. Consta en vertical cunha nomenclatura da A a K, e en horizontal do 1 ao 18, con corenta presas para mans e vinte para pés de saída.

4 Disputada en Guadalajara.

Cartel do I Trofeo Moonboard Cidade de Ourense.



O Dompa Ourense participou na Copa de España xuvenil Redacción O Club Voleibol San Martiño participou como tradicionalmente vén facendo, na Copa de España que a Federación Española organiza en Guadalajara, este ano na categoría xuvenil feminina. Por estas datas reúnense gran número de clubs na capital manchega para disputar durante catro intensos días o torneo máis popular das categorías inferiores do voleibol español. O Dompa volei representou a Galicia e Ourense no campionato un ano máis. Estivo de xeito conxunto cos clubs que aspiran a todo nas demais comunidades: Feel Voley Alcobendas, CV

Barça, RGC Covadonga e CV Bregador de Canarias, entre outros. Torneo O torneo dividíuse en dúas fases, unha previa de grupos e unha segunda para determinar a clasificación final. O Dompa Ourense quedou emprazado no Grupo E con VP Madrid, Sant Cugat e CV Valencia, contando os dous primeiros con equipos que militan na Superliga Española, e sendo incluso o equipo da capital un dos finalistas do torneo. As ourensás deixáronse a pel na pista e nos esixentes partidos, acabando na terceira praza do Grupo E. Destacou o encontro disputado contra o equipo inglés invitado a esta

edición da Copa, o Richmond Volleyball, onde as do Dompa competiron pero tamén fraternizaron coas británicas. O torneo tivo un parón para presenciar o “AllStar Iberdrola”, partido de exhibición das mellores xogadoras de Superliga feminina de Voleibol. Na última xornada xogouse a definición dos postos, que emprazou ao Dompa Ourense na 24ª posición, premio a un equipo moi novo e a un gran esforzo nas datas do Nadal.

O Dompa Ourense rematou nunha meritoria 24ª posición

A Escudería clásicos de Ourense organiza o XIX Rali de Reis de coches clásicos. O evento terá lugar o 14 de xaneiro, domingo. Este ano contará cun percorrido total de 142 quilómetros, divididos en sete tramos, os cales terán diversas sorpresas, algún deles cun compoñente importante de navegación. As verificacións técnicas e administrativas comezarán na praza Maior de Ourense e cun almorzo de confraternización nunha cafetería da mesma praza. Unha vez comezada a competición haberá un reagrupamento na Peroxa a media xornada. Para finalizar realizarase un xantar no restaurante Olegario, de Luíntra, no que o menú será un cocido. Esta XIX edición vai cunha dedicación especial ao socio “Asturias” recentemente falecido.

Marcha do cocido Redacción O Concello de Trasmiras e o Club BTT Nocelo organizan para este domingo, 14 de xaneiro, a VII da Ruta do cocido, que dará comezo ás 9 h. Contará con dous percorridos, un de 47 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.300 metros, e outro de 57, con 1.650 metros de desnivel. As inscricións, en bttnocelo.blogspot.com.




Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

ATLETISMO

4 Inicio de 2018

Participantes dos 60 metros valados feminino da xornada inaugural da pista cuberta de Ourense. /RAMSÉS.

Frenética actividade na pista cuberta de Ourense 4 Inaugurouse o 16 de decembro. R. Torres Desde que o pasado 16 de decembro se inaugurou a pista cuberta en Expourense, a actividade é frenética e non deixou de acoller eventos. Nesa primeira xornada disputouse a fase final da VI Liga Galega de inverno en categorías de menores Abanca -sesión matinal-, ademais do trofeo inaugural -sesión vespertina-. Entre os primeiros gañadores na pista recén estreada, destacan o atleta ourensán Alfonso Palomanes, que se atreveu coa lonxitude (é especialista en triplo salto) saltando ata os 7 metros. Tamén a ourensá Bea Viteri foi a mellor en pértega (cun mellor salto de 3.30 metros), en homes Miguel Cajaraville logrou 4.61 metros. Javier Cancela (6.92 segundos) e Nerea Iglesias (7.88 segundos) foron os máis rápidos nos 60 metros. No 400, a vitoria foi

para Pedro Juncal (49.55) e Paula Iglesias (56.93) en categoría masculina e feminina, respectivamente. Elian Numa Lopez, con 1:57.58 e Raquel Meaños, 2:19.05 foron os mellores no 800. Lope Quinteiro parou o crono en 2:41.44, e Carmen Victoria Gonzalez en 3:10.16, nos 1.000 metros. Nos 3.000 metros, Vicente Suárez fixo 8:37.81 e a ourensá Leticia Fernandez, 9:35.07. En 1.500 só houbo carreira masculina, sendo vencedor Gonzalo Basconcelo (3:50.02). Nos 60 valados feminino, Antía Martínez gañou cun tempo de 9.13 e nos masculinos, Adolfo Sainz-Maza (8.84). A altura foi para Eva Queimaño (1.60 metros). E no peso feminino, Karolina Puchmertlova lanzou a 11.39 metros e Victor Gallego a 16.13. Máster Sete días despois da i-

nauguración tivo lugar a I Copa de Galicia de clubs máster de pista cuberta. Centos de atletas de clubs de toda a comunidade participaron neste evento. Na categoría masculina alzouse co triunfo o club de Valdeorras, ADAS Proinor. En segunda posición rematou o CA Santiago e, completou o podio, o Atletica a Silva. O Ourense Atletismo rematou en cuarta posición dun total de seis equipos en competición. En mulleres, as mellores, en cómputo global, foron as do Atletismo Samertolameu, coas do ADAS Proinor, en segundo lugar e as do Atletica a Silva, como terceiras. Combinadas A pista cuberta pechou o 2017 coa celebración do III Campionato de Galicia de clubs de probas combinadas. En homes participa-

ron as categorías absoluta e sub 20, 18 e 16; en mulleres as absoluta, sub 18 e 16. Os vencedores individuais absolutos foron Valvanuz Cañizo (Bidezabal Atletismo) con 3.571 puntos no péntathlon, e Adolfo Sainz-maza (Real Club Celta) con 4.723 puntos no héptathlon. Por equipos os mellores masculinos foron o Celta, Narón e Pontevedra, como primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. Na categoría feminina o mellor club foi o Feminino Celta, seguido do Franciscanos Lugo (segundo) e Riazor Coruña (terceiro). Nesa mesma fin de semana houbo un control para atletas.

O Adas Proinor feminino, subcampión da Copa de Galicia

As primeiras semanas deste novo ano a pista continúa plagada de competicións. Así, na primeira fin de semana deste ano volveu a ter actividade. O día 7 de xaneiro acolleu a XIV Copa de clubs. Os oito mellores clubs, masculinos e femininos, déronse cita nesta competición para determinar cal era o mellor club de todos. Por parte ourensá, o Adas Proinor foi o único representante da provincia participando nas dúas categorías. A nota positiva para os de Valdeorras foi a segunda praza acadada polo equipo feminino, soamente superado polo Femenino Celta; o SG Pontevedra foi terceiro. En homes, o mellor club foi o S.G.

Pontevedra acompañándoo no podio o R.C. Celta (segundo) e o Atletismo Narón (terceiro). Para rematar toda esta voráxine de competicións na nova pista a fin de semana do 13 e 14 de xaneiro terá lugar o Campionato de Galicia. O sábado 13 será a categoría absoluta a que salte ao tartán, quedando para o día seguinte -domingo 14- o título da categoría máster. Tras este campionato, a pista pecharase durante varias semanas para a celebración da feira de Xantar. Regresará a competición os días 3 e 4 de marzo co XLV Campionato de España Sub20; a primeira cita de carácter nacional.

Unha das probas da Copa de clubs. /RAMSÉS.


ATLETISMO

Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

Continúan os campionatos na pista cuberta

Ares e Fernández, campións provinciais

4 Esta fin de semana tócalle aos galegos absoluto e máster.

4 En 10 quilómetros en ruta.

Redacción

O Concello de San Cibrao das Viñas volveu a acoller no mes de decembro a XVI Carreira Pedestre do Nadal San Cibrao das Viñas e o IV Campionato Provincial 10 km en ruta. Os vencedores absolutos do provincial foron os atletas do Adas Proinor Alejo Ares e Leticia Fernández. Ares empregou un tempo de 31:20 minutos, mentres que Fernández parou o crono en 36:49 minutos. A segunda posición en homes foi para Rubén Diz (Ourense Atletismo) a 14 segundos do vencedor (32:34). Terceiro rematou o atleta do Adas, Carlos Villamor (32:48). O podio feminino completárono Joana Filipa Pereira (38:04), do Adas e Sonia Teijeiro (39:06) do Burgas Ourense. Remataron a proba absoluta un total de 449 participantes. Por equipos, na categoría feminino o club ven-

A pista cuberta de Ourense acolle o 33º Campionato de Galicia absoluto e o Campionato máster de atletismo esta fin de semana. Serán o sábado 13 e o domingo 14, respectivamente. As probas foron presentadas no salón de plenos do Concello de Ourense, e traerán á nosa cidade preto de 700 deportistas durante os dous días. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, agradeceu a implicación da Secretaría Xeral para o Deporte, representada por Marta Míguez, da Federación Galega de Atletismo, con Isidoro Hornillos e Manuel Blanco á cabeza, e de Expourense, así coma do resto de entidades, públicas e privadas, e recoñeceu “unha inercia que agardamos continúe e nos consolide como cidade

referente na organización destas probas e como cidade saudable e amiga do deporte”, dixo. O sábado 13 celebrarase o XXXIII Campionato de Galicia absoluto de pista cuberta, que comezará ás 11:00 horas coas primeiras eliminatorias de 60 metros libres en categoría feminina e masculina, respectivamente. Ao mesmo tempo, iranse celebrando as finais de triplo salto, pértega (masculino) e altura (feminino). Desde as 12:10 horas disputaranse tamén as finais de 1.500 metros. Pola tarde será a quenda das finais de peso, altura e pértega (feminino), lonxitude (feminino), peso (masculino e feminino) e altura (masculino), así coma as probas de velocidade: 60 metros valados, 200 m, 400 m, 800 m e 3.000 m. Á proba asistirán

os atletas coas mellores marcas de Galicia, entre as que cómpre destacar a Belén Toimil (peso), Jean Marie Okutu (lonxitude), Leticia Fernández (1.500 m) ou José Palomanes (triplo salto). Máster O domingo 14 celebrarase o Campionato Galego Máster para atletas veteranos, que competirán nas diferentes distancias de velocidade, medio fondo, pértega, lonxitude, peso, altura e triplo salto.

O sábado 13 celébrase o campionato absoluto e o domingo 14, o máster

Presentación dos campionatos de Galicia absoluto e master de atletismo.

Redacción



cedor foi o Burgas Ourense co Adas Proinor na segunda posición e o Ourense Atletismo, na terceira. En homes, primeiro foi o Adas Proinor, segundo o Ourense Atletismo e terceiro, o Ourense Atletismo. Arenteiro O pasado, 7 de xaneiro disputouse a popular solidaria do Carballiño. A proba que estaba prevista para decembro tivo que ser aprazada por un forte temporal. José Antonio Requejo (Celta) foi o vencedor cun tempo de 33 minutos e 55 segundos. José Manuel Corral (Arenteiro) rematou segundo (34:03) e José Canda (Arenteiro) fixo terceiro (34:30). Sonia Teijeiro (Burgas) foi a máis rápida entre as mulleres (42:01 minutos). Segunda rematou Begoña Domínguez (Arenteiro) con 43:53 minutos e terceira, Silvia Casal (44:09). Ribadavia O 23 de decembro, Ri-

Podio absoluto na popular de Ribadavia. /RAMSÉS.

Corral foi o primeira na do Arenteiro. /K TORRES. badavia organizou a súa carreira popular que este ano chegaba a súa cuarta edición. José Manuel Corral foi o vencedor (31:22 minutos) en categoría masculino facendo o propio Sonia Teijeiro (37:31) na feminina. O podio masculino foi enteiramente do Atletismo Arenteiro, xa que a Corral uníronselle os seus compañeiros José Canda e Luís Iglesias. Barca Toba, como segunda, e Isabel Soutullo, terceiro, formaron o podio feminino con Teijeiro.


10

Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

ATLETISMO

4 Segunda edición desta carreira popular que xa está consolidada no panorama atlético ourensán. Redacción O primeiro ano foi o da novidade e este segundo o da consolidación. Os ourensáns, e visitantes, querían pechar o ano a ritmo de “running” e o demostraron acudindo en masa á segunda edición da San Silvestre Ourensá. Nesta ocasión cun circuíto moito máis atractivo co

da primeira. O casco vello foi protagonista desta carreira na que uns a tomaron en serio e outros non tanto, pero na que todos se divertiron. Moitos dos participantes acudiron disfrazados e a maioría deles non se quitaron o gorro de Papá Noel co que a organización agasallou aos inscritos. Uns ían de muller, outros do míti-

co personaxe Wally e ,incluso, se puido ver a uns árbores de Nadal vivintes. Tampouco faltou un “The Flash” que, a pesar de rematar entre os primeiros, non puido ser o máis rápido; todo para pechar o ano da forma máis amena e divertida posible. Percorrido En canto ao percorrido,

Cruz Vermella Ourense o beneficiario desta iniciativa que logrou recadar 350 euros que os utilizará para os seus programas.

Cruz Vermella Por segundo ano consecutivo tivo o seu caracter solidario. Novamente foi

Recadáronse 350 euros para Cruz Vermella

O gorro de Papá Noel foi a indumentaria máis vista entre os participantes da San Silvestre. /K. TORRES.

Un grupo de participantes no inicio da carreira no xardín do Posío. /K. TORRES.

Unha San Silvestre para pechar o ano

Rodríguez, con Cristina López, segunda e Zulema González, terceira. Ao rematar a proba todos puideron gozar dunha repoñedora chocolatada.

dúas voltas con saída e chegada no xardín do Posío e que pasou por lugares tan emblemáticos como a praza Maior, as Burgas, a Alameda, o Paseo, Santo Domingo e a zona dos viños, coas vistas da Catedral e pasando pola praza do Trigo e a de San Cosme, entre outros. Foron 1.100 os inscritos e preto de 1.000 os chegados á meta a pesar de que non foi o mellor día deste inverno. Aínda que o resultado era o de menos, o vencedor absoluto foi Alejandro Montero seguido de Elpidio Gómez e Julio Nóvoa, segundo e terceiro, respectivamente. En mulleres, a gañadora foi Uxía

Saída da carreira sub 14 e sub 16 // “The Flash” non se quixo perder a San Silvestre Ourensá. / RAMSÉS e K. TORRES.


POLIDEPORTIVO

Rugbi

Derbi contra CRAT 4 O Campus Ourense xogará contra o equipo coruñés esta xornada. Redacción O Campus Ourense Rugby regresa a competición e o fai cun derbi. O que o enfrontará no Campus de Ourense ao CRAT da Coruña. O partido dará comezo ás catro da tarde do sábado, 13 de xaneiro. Os herculinos suman 38 puntos en 13 encontros, polos 33 puntos dos ourensáns cun partido menos -doce-, sendo o CRAT cuarto e os homes de David Monreal, sextos. A liga está comandada, con solvencia, polo UBUColina Clinic de Burgos. Pola parte de abaixo, o Real Oviedo Rugby é último e o Kaleido Universidade de Vigo, penúltimo. Imbatibilidade Está é unha boa ocasión

para manter a imbatibilidade na casa e, así, poder achegarse aos equipos que o preceden na clasificación, como mesmo o rival desta xornada.

Partidos aprazados do Auriense 4 Contra os Irmandiños. Redacción Disputáronse os encontros de Liga que enfrontaban aos Irmandinhos da Estrada contra o Auriense e que se tiveron que aprazar. En canto ao equipo mascu-

lino, derrota por 34 (7-13) a 16 (3-7), nun encontro moi disputado e que se rompeu mediado o segundo tempo. Os ourensáns competiron contra o líder da categoría e mostraron a liña ascendente de xogo desta tempada.

Respecto ao equipo feminino, vitoria por un axustado 46 (13-7) - 48 (12-12). Un partido con moitísimas alternativas que, finalmente, caeu para o conxunto do Auriense nos derradeiros compases do encontro. Vindeira semana A fin de semana que vén, último encontro da primeira fase contra os equipos de Keltoi de Vigo, no Campus Universitario.

Partido aprazado O partido do Campus Ourense que tiña que disputar contra o Real Oviedo o pasado 6 de xaneiro foi aprazado. Sen hora fixada, o encontro disputarase o vindeiro 10 de febreiro (sábado).

O partido aprazado contra o Real Club de Oviedo disputarase o 10 de febreiro

11

EN BREVE 4 Kickboxing As Escolas Deportivas de Nogueira de Ramuín organizan a primeira edición do Trofeo kickboxing. O torneo terá lugar este sábado, 13 de xaneiro, a partir das 16 horas no pavillón municipal de Nogueira de Ramuín.

4 Snowborad O domingo, 14 de xaneiro, está previsto que se celebre na estación de montaña de Manzaneda o Campionato de Galicia de snowboard. Tamén en Manzaneda celebrarase o Trofeo Federación galega de esquí paralelo (o 20 de xaneiro) e o Campionato de Galicia de esquí alpino (21 de xaneiro).

4 Enduro A Peroxa acolle o vindeiro día 21 de xaneiro domingo- o IV enduro A Peroxa, da Liga galega de moto de campo.

Equipo masculino do Auriense de fútbol gaélico.

Regresa a Liga para o Galmédica 4 Recibe esta fin de semana ao líder. Redacción

Partido do Campus. /ARQUIVO.

Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

Despois do parón de Nadal regresa a competición para o Galmédica Ourense tenis de mesa na Segunda división nacional. E o fai na casa recibindo ao líder, Arteal. O encontro terá lugar este sábado, 13 de xaneiro, a partir das 17:30 horas no

Pazo Paco Paz. O Arteal ocupa o liderato

con 16 puntos, os mesmos que o Dez Portas e o Club de Mar Promesas, segundo e terceiro, respectivamente. O primeiro ascende directamente, mentres que segundo e terceiro xogarían unha promoción. No último partido do ano pasado, correspondente á xornada número 9, os ourensáns caeron diante

Equipo do Galmédica Ourense.

do Vincios - Domínguez Dantas por 4 a 3. Con ese resultado o Galmédica ocupa a sexta posición con 8 puntos. Zona tranquila da clasificación na que está a oito puntos dos postos que loitarán polo título e o ascenso, e catro por enriba dos postos de descenso, cabe recordar que descenden os tres últimos.


12

Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

CICLISMO

Copa de Galicia disputada en Betanzos, Román Saa facíase coa vitoria absoluta.

Carlos Canal, segundo no podio -primeiro pola esquerda- en Valencia.

Próximas citas para o club ciclista Maceda 4 Esta fin de semana participan no Campionato de España. Redacción Un ano máis, os ciclistas do Academia Postal Actyon MMR (club ciclista Maceda) están a realizar un gran traballo nesta tempada. Grazas a elo, esta mesma fin de semana cinco dos seus deportistas participarán no Campionato de España representando a Galicia. Deste xeito, da categoría cadete acudirán Noela Saa e Aida González xunto a Martín González; Carlos Canal estará presente na categoría júnior (ademais de participar no relevo) e Iván Feijoo representará á comunidade en sub 23. Ademais, Román Saa (sub 23) e Marco Nube (cadete) acudirán á cita pero representando ao club. Citas internacionais Os días 21 e 28 de xaneiro (en Francia e Holanda, respectivamente) serán as

datas de dúas xornadas da Copa do Mundo nas que participarán Iván Feijoo e Carlos Canal. Copa de España O pasado 17 de decembro, Iván Feijoo lograba unha nova vitoria na Copa de España de Ciclocross en Valencia. Este triunfo -foi sexto entre todas as categorías absolutas- valeulle para facerse co título entre os sub 23. Este ano a Copa constaba de catro probas: Llodio, Karrantza, Elorrio e Valencia, nas que Feijoo sumou tres vitorias. Pola súa banda, Carlos Canal remataba segundo (chegaba ao esprint co vencedor, o cantabro Inguanzo) na carreira júnior o que lle valía para ocupar esa mesma posición na clasificación final. En cadetes, Martín González facíase coa quinta posición, mentres que Noela

Saa ocupaba a mesma posición entre as mulleres (quinta) e Aida González era sexta. Ese mesmo día, na

Porriño Iván Feijoo facíase coa vitoria na proba da Copa Galicia de ciclocross disputada en Porriño. Tras el, chegarían os seus compañeiros Román Saa (segundo) e Raúl González (terceiro), completando un podio sub 23 completamente ourensán. En júniors, a victoría era para Carlos Canal. En mulleres cadete, Noela Saa era segunda e Aida González, terceira. Entre os cadetes, Martín González era cuarto e Marco Nube, quinto.

Feijoo proclamouse campión da Copa de España de ciclocross

Foto promocional da Strade Termal.

O Xurés acollera a Strade Termal by Ridley 4 Terá lugar o 15 de abril. Redacción O próximo 15 de abril, nun enclave único como o Parque Nacional do Xurés, nace unha marcha cicloturista que ten todos os ingredientes para asentarse no calendario nacional. Percorrido A Ourense Strade Termal by Ridley constará de 110 quilómetros por zonas dunha gran beleza natural. Ademais, seguindo a nova tendencia que está a crecer con forza en Europa, incluirá algúns tramos de terra. O seu percorrido será un auténtico quebrapernas que superará en apenas 100 km os 2.000 metros de desnivel positivo.

Iván Feijoo na proba de Valencia da Copa de España.

Inscrición A inscrición, que ten un prezo de 44,80 euros

(os 80 céntimos son gastos de xestiuón), xa está aberta e permanecerá así ata o 28 de febreiro. O prezo inclúe unha camisola Pissei feita en Italia, pasta party o día anterior da proba e unha comida buffet ao rematar a marcha no Hotel Caldaria Lobios, aloxamento oficial da proba, que ten unha oferta especial con almorzo por 55 euros. A proba está organizada polo Inorde Turismo de Ourense e pola empresa Qualité Sport. Máis información e inscricións en www.ourensestradetermal.com.

As inscricións, cun prezo de 44,80 euros, están abertas ata o 28 de febreiro


DEPORTES ACUÁTICOS

Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

13

O Natación Pabellón, cuarto no galego 4 Na clasificación conxunta de homes e mulleres. Redacción Compoñentes do Club Salvour de Ourense na disputa da segunda xornada de liga.

Seis primeiros postos para o Club Salvour 4 Na segunda xornada da Liga de salvamento e socorrismo. Redacción Gran actuación dos integrantes do Club Salvour na segunda xornada da Liga de salvamento e socorrismo acuático en augas pechadas. O grupo sur da Liga -no que está encadrado o club ourensán- competiu a finais do mes de decembro na piscina de Campolongo, en Pontevedra. Eva Espinosa, Andrea Bello, Silvia Fernández e Cristina Colomo -estas dúas últimas por partido dobre- destacaron na liga cos seus primeiros postos. En xornada matutina competiron as categorías de menor idade. Os resultados dos ourensáns foron os seguintes: En 100 metros socorris-

ta infantil, Blanca Corrales Gil foi segunda, terceira Zaira García Villalonga e décima Eva Fernández Díaz; e en mozos Xenxo Fernández, noveno. Nos 200 metros supersocorrista cadete, cuarto posto para Roi Naranjo Estévez e 13º para Aldara Nerea Vesprini Pérez. Nos 50 metros remolque de manequín infantil, terceira foi Zaira; quinta, Blanca; oitava, Marina González Fernández e décimo quinta, Eva Fernández. En mozos, Xenxo foi noveno. Na xornada de tarde foi o turno para os maiores. Na proba dos 100 metros remolque de manequín con aletas, primeiros postos para as máster Cristina Gar-

cía Colomo (+45) e Silvia Fernández López (-45). Ademais, foron segundas Eva Espinosa Fernández (xuvenil), Silvia Quintela Álvarez (júnior) e Andrea Bello Armada (sénior). En homes, Samuel Iglesias Méndez rematou cuarto nos xuvenís. En 50 metros de remolque de manequín, Andrea Bello e Silvia Fernández López lograon a primeira posición. Samuel Iglesias volveu a ser cuarto. E nos 100 socorristas, Eva Espinosa foi a primeira xuvenil ao igual que Cristina Colomo en máster. En categoría júnior, Silvia Quintela rematou terceira clasificada e Cristian Gómez, quinto entre os sénior.

Non puido ser. O Club Natación Pabellón Ourense chegaba á última xornada do Campionato de Galicia absoluto de natación na terceira posición da clasificación conxunta -homes e mulleres-. O obxectivo para a última xornada (que se celebrou o 30 de decembro) era manter a terceira posición, pero retrocederon unha posición o que lles impediu rematar o campionato no podio. A pesar das boas actuacións individuais dalgún dos nadadores ourensáns,

o certo é que remataron cun sabor agridoce ao non ser capaces de situarse entre os tres mellores clubs da comunidade. Por categorías En homes, o vencedor foi o CN Galaico, seguido do CN Coruña; en terceira posición rematou o Club do Mar sendo o CNPO cuarto (separaron 39 puntos aos ourensáns da terceira posición). En categoría de mulleres, o club gañador foi o CN Galaico acompañándoo no podio o CN Liceo e RCN Vigo como segundo e terceiro, respectivamen-

te; o Pabellón Ourense finalizou na sétima posición. Na categoría conxunta, o club ourensán quedouse a 23 puntos do podio. O CNPO lograba 619 puntos polos 642 do Club do Mar -terceiro-. O campionato foi para o Galaico co Liceo na segunda posición.

O CNPO chegaba á última xornada con opcións de podio na categoría conxunta

Saída dunha proba do absoluto cunha representante do CNPO -terceira pola dereita-.


14

Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

ACTUALIDADE

Valdés regresa á competición 4 A ourensá participou na Supercopa de España. Redacción Despois de catro anos afastada das competicións, por problemas nun ombreiro, Laura Valdés regresou á competición disputando a Supercopa de España de judo. O evento celebrouse o pasado mes de decembro en Marín (Pontevedra). A deportistas do Marbel, logrou un meritorio quinto posto na categoría de -52 quilos sénior (sendo a madrileña Sofía Hogrefe

a gañadora do torneo). A Supercopa de España é unha prestixiosa cita onde, ademais dos mellores judokas nacionais, danse cita un gran número de participantes doutros países. A ourensá cumpliu os seus dous obxectivos: regresar á competición de alto nivel e participar sen problemas despois de estar afastadas os últimos catro anos de citas como esta.

Laura Valdés.

4 Logrou o título co punto de ouro. O ano 2017 despediuse para o taekwondo galego co Campionato de Galicia absoluto. Á cita tan só acudiu da provincia de Ourense a taekwondista María González. Despois de colarse con

Ainoha García foi a primeira galega en lograr dous ouros nun campionato nacional -en técnica e combate-

4 Celebrouse en Coles. Redacción 100 nenos participaron no Randori de Nadal de Judo. O pasado sábado, 30 de decembro, desenvolveuse no Polideportivo de Albán de Coles o Randori Infantil de Nadal. Actividade coa que o judo provincial despediu o ano 2017. O Randori, traducido como “práctica libre”, é unha reunión sen carácter competitivo, cuxos obxectivos son estimular unha boa técnica e a aprendizaxe do Judo entre os nenos, así como

afianzar os seus valores: compañeirismo, xenerosidade, diversión e disciplina, entre outros. Esta edición contou coa imprescindible colaboración do Concello de Coles e a participación de integrantes do Judo Club Marbel, Judo club Maristas, Anexa, Padre Feijóo Zorelle e Ximnasio Kyu Carballiño, máis as escolas patrocinadas pola Deputación de Ourense: Coles e Molgas. Un número aproximado de 100 judokas. O desenvolvemento do Randori consistiu na rotación continua de empare-

llamentos entre equipos, sen distinción de sexo, nos dous tatamis dispoñibles. En opinión do Mestre 7º Dan Manuel Montero -creador do evento-, o Randori Infantil “ten como obxectivo que os nenos se divirtan, aprendan o regulamento e melloren practicando bo judo sen a tensión da competición”. A idea foi concibida para propor unha reunión que servise como bautizo dos judokas máis novos. O evento xa se está imitando noutros países.

Participantes no Randori celebrado en Coles.

María González, campioa galega

Redacción

O Randori de Nadal reuniu a 100 judokas

facilidade na final (en semifinais venceu por 20 puntos) tocoulle pelexar polo título coa campioa galega absoluta e sub 21, Ademais de ser campioa de España júnior e sub 21 e de lograr unha medalla europea sub 21. O combate estivo moi equilibrado logrando a ourensá chegar ao punto de ouro logrando a vitoria con 16 anos (aínda é júnior). Marina D´or Tamén en decembro celebrouse en Marina

d´or (Castellón) o Campionato de España de clubes no que participou o Club Couto. En técnica, Ainoha García logrou o ouro despois de derrotar á catalana Cheyenne Brito, actual campioa de España e do mundo. En categoría cadete e júnior logrouse dous quintos postos ademais dos ouros de Ainoha García e Julián Feijóo, e os bronces de Diana Siota e María González. Por equipos, en categoría cadete o club Couto rematou na segunda posición empatado co Olimpo de Valencia. Con Ainoha García, a Federación Galega logra, cun só deportista, por primeira vez un dobrete en técnica e combate nun nacional.

EsquiOU 2018 Redacción A Deputación de Ourense, en colaboración con Oca Nova Manzaneda, organizan un ano máis o programa “EsquiOU 2018”, que ofrece a posibilidade de achegar a práctica de deportes de inverno e actividades de lecer a máis de 700 nenos da provincia de Ourense de idades comprendidas entre 9 e 12 anos. O programa “EsquiOU”, que pon a disposición 735 prazas para nenos de 9 a 12 anos nas sete zonas xeográficas da provincia, ofrece un completo programa que inclúe aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias para nenos nados entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2009. A duración é de dúas noites e tres días, de luns a mércores. O programa divídese en sete quendas de 105 persoas cada unha. A primeira quenda, que vai do 22 ao 24 de xaneiro e a última do 5 ao 7 de marzo. Inscricións Os interesados en participar no programa poden inscribirse ata o día 15 de xaneiro de 2018 a través do correo electrónico esquiou@depourense.es. O custe para cada participante será de 29 euros.

Mushing en Boborás Redacción A Liga galega de mushing chega a Boborás o sábado, 20 de xaneiro, a partir das 9 horas. A proba puntuable para a Liga Galega terá as categorías de canicross, bikejoring, patín, relevos e canicros popular.

Arriba, Julián Feijoo, e abaixo parte da expedición do Club Couto en Marina D´or.

Inscricións As inscricións están abertas en galitiming. com. Máis información en boboras.gal ou en asociacionacade.com.


Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

NOVAS

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº171- Ano: X - 12 de xaneiro de 2018 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

O Consello Municipal de Deportes axuda a eventos, deportistas e clubs

a 50 eventos deportivos con 100.000 euros, buscando sempre colocar a nosa cidade no ollo dos eventos deportivos a nivel provincial, autonómico e nacional.

4 A contía ascende a 860.000 euros.

Deportistas individuais A liña 3 de axudas é para os deportistas de máis nivel da nosa cidade, co gallo de que continúen coa súa práctica deportiva e leven o nome de Ourense por todo o país, mesmo ao estranxeiro. Estas axudas abranguen a rapaces de menos de 18 anos (iniciación), e máis de 18 anos cunha traxectoria deportiva salientable (cualificación). “Resulta complicado xuntar, nunha mesma convocatoria, tantos deportes: desde salvamento ou natación, pasando pola hípica ou tiro olímpico, ou jiu jitsu e wushu”, comentaba o edil Mario Guede. Nesta convocatoria houbo un total de 72 solicitudes das cales reciben bolsa 59 deportistas ao obter a puntuación suficiente ou estar por riba dos mínimos sinalados na convocatoria.

Redacción

As xogadoras do Nova Xestión Pabellón que representaron a Galicia no Campionato de España.

María González bórdao con Galicia 4 A ourensá logrou sete tantos no Campionato de España. Redacción Gran actuación das tres canteirás do Nova Xestión Pabellón que representaron a Galicia no Campionato de España. A infantil María González fixo un gran torneo remantando con sete goles na súa conta particular. Logrou coa selección manter a categoría, a pesar do duro grupo no que estivo encadrada. Lograron a sétima posición despois de vencer ás madrileñas por un gol no último partido.

Verónica de Cristofaro, cadete de primeiro ano, logrou un gran segundo posto na Copa. A pesar deste éxito non foi quen, xunto ás súas compañeiras de manter a categoría. Cristofaro logrou catro goles. E a xuvenil de primeiro ano, Sandra, non puido xogar os últimos encontros por unha otite. A pesar de todo aportou un gol a unha selección que deixou de lado a Copa para centrarse máis no obxectivo de subir de categoría.

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, no seu Consello Reitor do día 21 de decembro de 2017 resolveu a concesión de bolsas a deportistas individuais convocada no BOP nº 194 do pasado 24 de agosto de 2017. Estas achegas supoñen un total de 25.000 euros, “o que deixa constancia

da grande aposta do Consello Municipal de Deportes, e polo tanto do Concello de Ourense, polo deporte”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante o acto de entrega destas axudas, celebrado no Auditorio de Ourense coa presenza do concelleiro de Deportes, Mario Guede. Porén, o apoio do Consello Municipal de Deportes ao deporte local

acada un total de 860.000 euros nas súas tres liñas. Ademais da do apoio a deportistas individuais, está o apoio a clubs deportivos (liña 2), cunha partida orzamentaria de 735.000 euros. En total, foron 86 os clubs -con preto de 9.000 deportistas nas súas filas- que recibiron axudas municipais. Tamén está o apoio a eventos deportivos (liña 1), que este ano chegaron

Fotos dos deportistas que recibiron as axudas do Consello Municipal de Deportes.

En total, foron 86 os clubs -con preto de 9.000 deportistas nas súas filas- os que recibiron axudas municipais


Barrios DEPORTIVO 12 de xaneiro de 2018

Bd 171  
Bd 171  

Na rúa o primeiro número do ano de Barrios Deportivo.

Advertisement