Page 1

O ABO cae ante o líder [Páx. 4] CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS

Páx. 3

COB

Páx. 4

CD OURENSE

Páx.7

CIDADE AS BURGAS Páx.8

A ritmo de triunfos Ribadavia acolleu o Cross Provincial; o COB venceu en casa contra o Navarra; o CD Ourense clasifícase para cuartos da Copa Federación e o Cidade golea ao Soto.

Número: 91- Ano: VI - 24 de xaneiro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 7 de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

ATLETISMO

Presenza estelar 4 Na segunda xornada da Copa Deputación de atletismo celebrada no módulo do pavillón municipal. Redacción

José Antonio Requejo coas dúas placas con que lle galardoaron na Gala do Atletismo.

Recoñecemento para José Antonio Requejo na Gala do Atletismo Español

O pasado sábado 18 de xaneiro celebrouse no módulo de atletismo do pavillón municipal dos Remedios a segunda xornada da Copa Deputación. Numerosos atletas galegos acudiron a esta cita na que a atracción principal eran os dous deportistas do FC Barcelona, Jean Marie Okutu e Alfonso Palomanes. Okutu parou o crono nos 60 metros lisos en 7.07 segundos, mentres que o seu compañeiro, o ourensán Alfonso Palomanes, realizou un mellor salto de 15,50 metros no triplo salto.

Mínima nacional A atleta cadete do Ourense Atletismo, Elena Freiría ,acadou mínima nacional da súa categoría en triplo salto. 10,70 metros foi a marca que lle supón esa mínima nacional o que lle permitirá participar nos campionatos nacionais de atletismo. Terceira xornada Este sábado 25, a partir das 17 horas, terá lugar a terceira xornada da XXXI Copa Deputación de Ourense. Será no mesmo lugar (módulo dos Remedios) e contará co seguinte programa: 60 valados, 60 lisos, salto con pértega e salto de lonxitude.

O XOGADE ponse en marcha

4 Requejo foi seleccionado para o Mundial de 100 quilómetros que se celebrará en Letonia. Redacción A Gala do Atletismo Español contou coa presenza do atleta burgalés afincado en Ourense desde hai dous anos José Antonio Requejo Santos (do equipo Ben Cho Shey), quen recibiu dúas placas como recoñecemento á súa gran tempada, na que logrou ser medalla de ouro por equipos no campionato de Europa de 100 quilómetros e unha de bronce en categoría absoluta.

Durante esta gala o seleccionador nacional deu a coñecer que o ultrafondista burgalés, Requejo, foi seleccionado directamente para o próximo Mundial de 100 quilómetros, que se celebrará en Daugavpils (Letonia) o 31 de agosto. O obxectivo de Requejo será mellorar a súa décimo terceira posición do Mundial de 2011 e mesmo loitar por conseguir algunha medalla.

Alfonso Palomanes nun dos saltos no módulo do pavillón dos Remedios./RAMSÉS.

4 Xa comezou a fase previa de campo a través. R.T.

Alevíns participantes da fase previa do XOGADE celebrada no complexo deportivo de Monterrei./S. TORRES.

Xa deu o pistoletazo de saída o programa XOGADE, organizado pola Xunta, na disciplina de campo a través. Preto de 2.500 rapaces e rapazas da provincia de Ourense participarán nesta actividade organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte. Agora estase a celebrar a fase previa nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Finais Ao longo deste mes de xaneiro e das primeiras semanas de febreiro celebraranse máis probas previas e finais comarcais ao longo da provincia, nas que os rapaces buscarán a clasificación para o Campionato Provincial a celebrar o vindeiro 15 de febreiro no Complexo Deportivo de Monterrei, en Pereitro de Aguiar. Desa fase final sairán os atletas que representen a Ourense na final galega contra o resto de provincias.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

ATLETISMO

Ao redor de 140 atletas déronse cita na proba absoluta do Campionato Provincial de cross de campo a través./R.T.

Fernández e Paredes, campións provinciais de campo a través

Categorías absolutas Na categoría absoluta feminina, Iria Fernández (Comesaña) fíxose co título de campioa provincial ao imporse con claridade (20:02 minutos) por diante da súa compañeira de equipo Barca Toba, quen chegou á liña de meta nove segundos máis tarde (20:11). En terceira posición terminaría Sonia Teijeiro do Ourenrunning, a máis de medio minuto da gañadora (20:37). Na categoría absoluta masculina Javier Paredes (SG Pontevedra) venceu sen apuros cun tempo de 27:27 minutos nun circuíto de 8.000 metros. A case un minuto (28:24) chegaría o segundo clasificado, Pepe Márquez (Veteranos Ourense); e na terceira posición chegaría o atleta do Corredores PedroNimo,



Manuel Martínez Ageitos (28:40). Equipos Por equipos, en categoría absoluta entregáronse premios ao tres primeiros clasificados. En mulleres, o Ourenrunning encabezou a clasificación por diante do ADAS O Barco e do Ourense Atletismo. O Ourenrunning foi o vencedor por equipos masculino acompañado no podio por Veteranos Ourense e ADAS O Barco, segundo e terceiro, respectivamente.

En Ribadavia, Ourenrunning foi o vencedor por equipos, seguido de Veteranos Ourense e ADAS O Barco

4 Disputouse na Área Recreativa da Veronza de Ribadavia. Redacción Na mañá chuviosa do 12 de xaneiro de 2014 celebrouse na área Recreativa da Veronza en Ribadavia o Campionato Provincial de cross de campo a través

-Cross de Ribadavia-. O día foi desapracible pero a participación apenas se resentiu sobre un circuíto que drenou moi ben toda a choiva caída durante a mañá do domingo. No evento participaron máis

Momento dunha das probas femininas da xornada/R.T.

de 300 atletas de todas as categorías que representaron a todos os clubs da provincia e de fóra. Escolares As carreiras deron comezo ás 10:30 h coas categorías cadete e xuvenil masculino nas que resultaron vencedores Abraham Rodríguez González (Ourense Atletismo) e Adrián Lago Tizón (Comesaña Sporting Club) respectivamente. A continuación en cadete e xuvenil mulleres acadaron a vitoria Aida Martínez Barja (Atletismo Tui) e Cielos Caderno Pérez (Independente). En infantil homes o primeiro posto foi

Un total de 300 corredores participaron no Campionato Provincial de Cross

para Said Abdoun Bechiki (AD Limiactiva), en infantil mulleres Itzíar Manso Heras (Ourense Atletismo). En categoría alevín os mellores foron Álvaro Díaz Barreiro (Ourense Atletismo) en homes e Belén García Arias (ADAS) en mulleres. Na categoría benxamín, gañaron Hugo Alonso Rodríguez (ADAS) e Aroa González Ríos (Ourense Atletismo). As categorías menores protagonizaron os momentos máis intensos da xornada, con algún axustado final, resolto no sprint, e sempre baixo a intensa chuvia e forte vento, que non amedrentou aos participantes máis mozos, e fixo deste cross unha proba tan fermosa como dura para os máis novos, moitos deles participando por primeira vez nun evento destas características.

Adrián Lago venceu na cateogíra xuvenil masculina/R.T.




BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

BALONCESTO

O COB quere engancharse ao play off Jared Carter collendo un rebote no partido contra o Planasa Navarra./RAMSÉS

4 Xoga contra Huesca nesta xornada. R. Torres O Club Ourense Baloncesto -Ourense Termalxoga este venres a partir das 21 horas contra o Peñas Huesca no partido da 17ª xornada. Tralos dous últimos partidos disputados na casa (contra Burgos e Planasa Navarra) aos homes dirixidos por Gonzalo García de Vitoria tócalles viaxar ata Aragón para xogar contra o conxunto dirixido por Quim Costa. No partido da primeira volta correspondente á xornada número catro, o Huesca asaltou o Paco Paz ao vencer ao COB 63-67. O Peñas Huesca é oitavo con sete vitorias, mentres que o COB é 12º con cinco, polo que sería importante sumar un triunfo para poder seguir na loita por entrar no

play off. Para o técnico cobista o encontro será complicado, contra un equipo que quere xogar moi rápido “típico dos equipos de Quim Costa”, comentaba García de Vitoria. A pesar da xuventude dos xogadores, Gonzalo considera que é un equipo “moi ben traballado”. Na previa, Gonzalo recordaba o partido xogado no Paco Paz contra os oscenses no que tan só perderon por catro puntos cando o acerto exterior os levou a anotar tan só dúas canastras de tres durante o encontro. “Daquela o equipo estaba moito máis agarrotado que nas últimas xornada”, afirmaba o técnico. Pola súa banda, o base Pedro Rivero considera que teñen que aproveitar “a dinámica positiva das últimas xornadas”. Tamén explicou

que estiveron traballando durante toda a semana “a saída da presión” algo característico do xogo de Huesca. O base tamén explicou que levan unhas semanas máis tranquilos grazas aos bos resultados e a “chegada dos novos xogadores que nos axudaron bastante e liberáronnos un pouco da presión”. Pero considera que lles falta asentarse nesta tendencia “enganchando un par de partidos bos”. Navarra Contra Navarra o COB sumaba a quinta vitoria da tempada nun partido que se lle puxo moi de cara na primeira metade, chegando a ter unha vantaxe de 21 puntos. Pero na segunda metade, ben pola relaxación dos ourensáns, ben porque os xogadores de Navarra esti-

O COB é 12º con cinco vitorias, a unha do play off de ascenso veron máis acertados no tiro as cousas mudaron. O certo é que cada minuto que pasaba se aproximaban máis e máis no electrónico, ata ter incluso posiblidades de levarse a vitoria; grazas a que nos últimos intres, Ryan Zamroz estivo acertado nos tiros libres, fixo que a vitoria se quedara na casa. Sete días antes, contra un dos equipos favoritos ao ascenso (Burgos), o COB estivo a piques de vencer. Ao final 7475 logo de que a última posesión a fallara Ryan Zamroz, ao quedárselle curta unha bandexa nos derradeiros segundos do partido.

O ABO cae ante o líder 4 Aguantou durante tres cuartos de encontro. Redacción O ABO, equipo ourensán da Liga EBA de baloncesto caeu ante o líder Chantada (50-66). Os de Juan Norat aguantaron o tipo ata o derradeiro cuarto, momento no que os lucenses asentaron a súa vitoria. Despois dun parón navideño de longa duración regresaba a competición na Liga EBA. O primeiro encontro post vacacional do conxunto ourensán era na casa contra o líder Chantada, invicto na competición. E saíron de Ourense coa mesma condición de invictos. E iso que o ABO estivo no partido durante os tres primeiros cuartos. Os parciais de 16-18 e 1414 facían que ao descanso marcharan cara aos vestiarios cun resultado de 3032, o que facía que tanto xogadores coma afección creran na vitoria. O terceiro cuarto foi para os visitantes (8-13), restando tan só 10 minutos con 38-45 no electrónico, sete abaixo pero nada decidido.

Nada que facer Pero no último cuarto, o Chantada foise decicido a pola vitoria e un parcial de 12-21 fixo que o ABO saíra de baleiro dos Remedios. Ao final 50-66 para un conxunto lucense pragado de ourensáns que marcha directo cara ao título. Pernas e Otero foron os máis destacados na faceta anotadora dos ourensáns, con 18 e 16 puntos respectivamente. Por parte do Chantada, Pacreu foi o máximo anotador con 23 puntos. O ex xogador do ABO Rubén Vila tamén tivo un papel destacado aportando 11 puntos e nove rebotes. Michael Conde estivo máis discreto con catro puntos e -1 de valoración. Betanzos O ABO volve xogar a próxima xornada na casa. Nesta ocasión o seu partido será o domingo 26 ás 12 horas no pavillón dos Remedios. O Betanzos é penúltimo con dúas vitorias, mentres que o ABO é oitavo con tres.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

BALONCESTO

O Pabellón non levanta cabeza 4 89-59 foi a estrepitosa derrota do conxunto ourensán fronte ao Cortegada de Vilagarcía. Redacción Cinco son xa as derrotas que o Pabellón Ourense leva encadenadas. As tres primeiras ante os tres favoritos do grupo A da Liga Feminina 2 (Ensino, Ferrol e Al-Qázeres) parecían xustificables, pero as dúas últimas, ante Café O Barco e Cortegada -conxuntos sitos na metade da táboa, a mesma posición que debería ter o Pabellón-, xa non o son tanto. Ante Café O Barco o conxunto ourensán foi superado por 71 a 42, nun encontro que se decidiu no terceiro período. Durante a primeira metade a balanza

O Pabellón recibe este sábado nos Remedios ao ADBA de Avilés

estivo bastante equilibrada, de feito ao descanso as extremeñas tan só levaban unha vantaxede 4 puntos (31-27), pero un terceiro parcial de 19-2 sentenciou definitivamente a cita para o conxunto local. As ourensás intentaron salvar o expediente nos derradeiros 10 minutos, pero Café O Barco seguiu sendo superior e a brecha no luminoso non fixo máis que ensancharse. No caso do encontro ante o Cortegada de Vilagarcía, na última xornada de liga disputada ata o momento, a sentenza foi moito máis rápida. As pontevedresas asinaron un primeiro parcial de 30-8 que deixou ao conxunto ourensán ferido de morte. Superar 22 puntos de desvantaxe é un reto imposible, e máis se o conxunto depende dunha única xogadora. Como nas citas anteriores

a actuación máis destacada do encontro foi a da pavillonista Claudia Aponte que anotou 30 dos 54 puntos do seu equipo e recibiu ata 10 faltas. A moza está a converterse polo seu descaro e espontaneidade no xogo nunha das xogadoras máis temidas da liga. E iso que este carácter arriscado de Aponte pásalle factura na súa porcentaxe de acerto, que baixou ata o 29% ao anotar, por exemplo, só 6 tiros de dous puntos dos 21 que intentou. Iso si, 40 minutos dos 40 de partido na cancha, semellante número de tantos ás súas costas, 17 de valoración e tanta disposición a sacar adiante ao seu equipo incluso cando a situación semella non ter remedio, fan que Claudia sexa a única que segue logrando o sobresaínte en citas que son para esquecer.

Lesións e baixas Tan negativos resultados teñen parte da súa explicación nas lesións, así como nas baixas definitivas, de xogadoras chave do equipo. Arantxa Mallou sofre, dende fai semanas, as consecuencias dunha escordadura

de nocello que está a ocasionarlle máis complicacións das agardadas nun primeiro momento. Pola súa banda, recentemente coñeceuse que serán baixa de xeito definitivo Miriam Bolívar e Laura Kristina Saarinen. Tres ausencias que se fan notar. Vindeira cita Este sábado 25 de xaneiro, o Pabellón Ourense volta a xogar ante os seus seareiros. Nesta ocasión verase as caras, ás 20 horas nos Re-



medios, co ADBA, equipo que ocupa a sétima praza na xeral (fronte á undécima do Pabellón) e que vén de vencer na pasada xornada a Café O Barco, polo que se as contas non fallan, será un duro rival para as rapazas de Benjamín Rodríguez. Pero como as matemáticas non sempre acertan neste do deporte, agardamos que nesta ocasión fallen todas as estatísticas e o conxunto ourensán rompa, por fin, a súa mala racha.

Claudia Aponte durante o partido contra o Ensino disputado nos Remedios./RAMSÉS




BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

FÚTBOL

Barbadás vence con claridade ao Cultural Areas

Barco e Ourense B dan a cara

4 Superouno por 3 goles a 0.

4 O Melias está a pasar máis apuros na Rexional Preferente.

Redacción Partido sen complicacións para o Barbadás na xornada número 22 da Terceira División. Enfronte un Cultural Areas que nada puido facer ante o empuxe dos homes de Jorge Regal. No minuto sete, os locais xa dominaban no marcador, grazas a un gol de falta obra de Nuno; o porteiro visitante mediu mal a súa saída e o balón introducíase na súa portaría. Durante os primeiros minutos o Barbadás puido aumentar a súa renda se Martín Pérez lograse o gol se chega acertar un remate só desde o lateral da área pequena. O Areas tivo a súa

réplica a esta xogada tres minutos máis tarde nunha indecisión entre Berto e Alfredo que finalmente saca este último na mesma liña de gol. Antes da media hora de encontro, novamente Martín Pérez erra unha ocasión. O dianteiro prantase diante do cancerbeiro, pero o seu disparo despéxao este cos pés. Xa na segunda metade César logra de cabeza o segundo gol azul á saída dun córner. E a pouco máis de sete minutos para o final, unha falta directa lanzada por Luis González desde a parte lateral esquerda cóase por enriba do porteiro Vitas. Antes de finalizar o encon-

tro, Moisés a bocaxarro non logra o cuarto tanto local. Noveno O Barbadás é noveno con 33 puntos. Lonxe, a 13 puntos queda o descenso. Por enriba, a sete está a promoción de ascenso. A vindeira xornada, os de Regal desprázanse ata Vilagarcía para enfrontarse ao Arosa, sétimo clasificado con tres puntos máis -36- que os ourensáns.

O Barbadás atópase a sete puntos da promoción

4 Caeu por 2 a 0. Redacción O Barbadás Feminino caeu derrotado no partido disputado en Salamanca contra o equipo local. O conxunto ourensán mereceu máis neste encontro no que na primeira

parte dominaron dispoñendo das mellores ocasións. Incluso unha xogada rematou no longueiro tras unha falta botada por Emma. A segunda parte foi máis igualada e con máis imprecisións en ambas as áreas. No minuto 78

O CD Barco e o CD Ourense B son os equipos ourensáns que están mellor colocados no grupo sur da Rexional Preferente. Mentres, o Melias está a sufrir e ocupa a última praza. O conxunto valdeorrés está nun momento doce. Das últimas 11 xornadas, oito vitorias e tres empates é a bagaxe dun equipo que ten en Steve Ekedi ao seu artilleiro particular. O dianteiro suma 16 goles en 21 xornadas que se levan disputadas na competición. O Barco é cuarto con 36 puntos, a tres da primeira posición, ocupada polo Sanxenxo. Segundo é o Ribadumia, 37 puntos (un máis que os barquenses) e terceiro é o Gondomar cos mesmos puntos que o Barco. Por detrás, o filial do Ourense está a tan só un punto. Con esta cuarta posición, o Barco disputaría a promoción dos cuartos clasificados á Terceira División. Pero aínda queda moita liga. Ourense B A CD Ourense B tampouco lle están a saír mal as cousas. Quinto clasificado con 35 puntos, a tiro dun só punto da cuarta e

Hugo nun partido do Barbadás nos Carrís./I. OSORIO.

O Barbadás Feminino regresa derrotado de Salamanca

R.T.

terceira posición, a dous da segunda e a catro do líder. Moi debaixo queda a zona de descenso á que nin tan sequera teñen que mirar. A nota negativa é a lesión do seu xogador Toni. O centrocampista lesionouse no partido contra o Melias e ten afectado o ligamento cruzado á espera de que as probas non reflexen algo máis grave. Melias Quen está na outra cara da moeda é o Melias. O equipo do Pereiro de Aguiar ocupa a última posición da táboa con 13 puntos. Lonxe da salvación, que se encontra a

11 puntos. Vindeira xornada Para esta xornada o Ourense B enfróntase ao Rápido Bahía o domingo ás 12 horas en Velle. O Barco recibe en Cabagaleiros ao Mondariz (domingo, 16.30 h) e o Melias visita o campo do Atios. Pabellón xuvenil O Pabellón xuvenil de División de Honra marcha na sexta posición con 29 puntos tras perder contra o Roces por dous goles a cero. Esta xornada recibe ao Bandanser o domingo ás 11.45 horas no estadio Miguel Ángel.

O Ourense B mídese co Rápido Bahía este domingo 26 de xaneiro, ás 12 horas en Velle

O centrocampista Carlos nun encontro en Velle./I. OSORIO.

as locais adiantábanse no marcador e sete minutos máis tarde un penalti en contra das azuis sentenciaba o choque. Era o dous a cero e non quedaba tempo nin forzas para que as ourensás lograran algo positivo. Oitavas Con este resultado, o Barbadás ocupa a oitava posición con 19 puntos tras 14 xornadas disputadas, sete máis que o descenso directo. A vindeira xornada, as de Fofi recibirán ao Sardoma. O cadro vigués é sétimo cos mesmo puntos que o Barbadás, 19.

Actual plantilla da Unión Deportiva Barbadás Feminino, que compite na Segunda División do fútbol feminino nacional.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

FÚTBOL



Afortunado no xogo, desafortunado no económico

4 O CD Ourense está a sufrir un vía crucis económico nun momento que no deportivo as cousas marchan por bo camiño tanto na Liga como na Copa Federación. R. Torres Afortunado no xogo, desafortunado no económico. O Club Deportivo Ourense está a sufrir un vía crucis económico nun momento no que no deportivo as cousas marchan por bo camiño. Cuarto finalista da Copa Federación, quintos na Liga e non obstante do que máis se fala, case que do único que se fala, é do tema económico.

Con dúas nóminas por liquidar aos xogadores do primeiro equipo, en camiño vén a terceira se non se fai fronte dalgún pago antes de que remate xaneiro, moitas son as voces que nestas datas fixéronse escoitar da situación delicada que se atravesa. O adestrador, Luisito, quen nas súas comparecencias fala máis deste tema que do deportivo; xogadores que xa anunciaron o complicado que lles está a ser chegar a fin de mes; avi-

sos (aínda non son ameazas) de tomar medidas se a situación continúa por esta deriva. E a directiva, nun canellón sen saída. Sen lograr os tres obxectivos marcados a comezos da campaña, a tesitura está afogando aos directivos que non encontran solucións. A masa social non responde como se esperaba; contábase con subir a 4.000 o número de socios, e apenas chegan aos 3.000. A empresa privada

Borja Valle controlando o balón diante dun xogador do Celta B e de Pinillos./RAMSÉS.

arrima o ombreiro menos do previsto polos directivos. E as subvencións, cada vez máis pequenas, non chegan cando os mandatarios queren. Por parte da Diputación xa anunciaron que ata que non presenten toda a documentación necesaria non se lles fará ningún adianto nas axudas. O Concello non ten aprobado os orzamentos polo que máis tarde que pronto chegarán; en canto ao patrocinio polo Ourense Termal, máis do mesmo. Especúlase sobre unha cantidade ao redor dos 30.000 euros pero non se sabe cando se fará efectiva. Todo isto fai que no plantel haxa incertidume para saber, a ciencia certa, cando poderán cobrar. Todo isto xa se viviu en pasadas tempadas, pero nesta está collendo, ultimamente, tintes apocalípticos. Débedas Pero as débedas non se quedan nas nóminas sen satisfacer aos xogadores do primeiro equipo. Os do filial tamén teñen atrasos, o mesmo que os adestradores da base, persoal do club, provedores e a máis que sa-

A masa social non responde como se esperaba; as empresas arriman o ombreiro menos do previsto e as subvencións non chegan cando pretenden os directivos. Os rojillos son cuarto finalistas na Copa Federación e quintos na 2ª División B CD Ourense - Sporting de Gijón B, domingo 26, 17h -O Coutobida débeda a Facenda (que engule 200.000 euros ao ano do orzamento do club). O equipo, en cuartos, e quintos A todo isto, o conxunto dirixido por Luisito xa está entre os oito mellores equipos da Copa Federación. O pasado mércores venceu por 0-3 ao Marino de Luanco (con goles de Óscar Martínez, Rubén Arce e Borja Valle) e firmou o pasaporte aos cuartos de final. No partido de ida os rojillos gañaran por 1-0 con gol de Portela. Unha rolda máis e o club comezará a gañar diñeiro nesta competición. 12.000 euros se é seimifinalista; 30.000 se chega á fi-

nal, e 90.000 euros se gaña a Copa. Un caramelo ao que non queren renunciar. Ao Ourense acompañarano en cuartos o Guadalajara, Balmaseda, Real Unión, Yeclano, Alcalá, Zaragoza B, e o vencedor da eliminatoria entre o Alcoyano e o Novelda. E na Liga son quintos con 33 puntos a dous da promoción de ascenso, lugar que ocuparon ata esta xornada cando saíron dela ao caer derrotados en casa do Rácing de Ferrol por tres goles a un. Este domingo, ás 17 horas o CD Ourense recibe ao Sporting de Gijón B. Os asturianos son novenos con 29 puntos.




BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

FÚTBOL SALA

Vitoria do Cidade nunha batalla con baixas 4 O Cidade As Burgas vence ao Soto del Real pero lesiónanse varias xogadoras. R. Torres O Cidades As Burgas tiña un difícil compromiso contra o Soto del Real que se saldou cun 5-1 a favor e con varias lesionadas. Figo ten rotura de ligamentos no nocello dereito polo que estará fóra das canchas máis dun mes; Vanessa ten unha contractura nun xemelo que a falta de probas a ten afastada dos adestramentos; e Peke e Sonia Pacios teñen un forte golpe nun nocello. Mal panorama para afrontar o importante partido contra Valdetires Ferrol. O encontro estivo marcado pola posición na clasificación. Os dous equipos querían a vitoria para esca-

par dos postos de abaixo. As cousas comezaron a ir de cara ás franxiverdes desde o primeiro minuto cando Iria facía o 1-0; Vanessa sacaba un córner que Iria introducía de forte disparo desde fóra da área. Figo no minuto 8 lograba o segundo tanto local de potente disparo desde 10 metros. Antes do descanso, Vanessa lograba o 3-0 de dobre penalti; pola contra as madrileñas fallaban neste período dous lanzamentos desde os 11 metros. Ao pouco da reanudación Iria lograba o cuarto para as locais; Sonia roubaba o balón e o contragolpe remataba no fondo da rede. As madrileñas recurtarían distancias co gol de Coral

Vanessa Sotelo co balón controlado./RAMSÉS

Iria Tardou en debutar esta tempada por mor dunha lesión traicioneira. Nos primeiros minutos que disputaba notábase falta de ritmo, pero contra o Soto del Real viuse a Iria Saeta de sempre. A ourensá redondeu o seu gran partido co quinto gol do Cidade, terceiro na súa conta particular. O Soto decidírase polo xogo de cinco, acción que aproveitaría Iria para, desde medio campo e a porta baleira conseguir o gol.

Galicia gaña a Aragón con goles verdibrancos Redacción

Iria Saeta preparada para lanzar a portaría./RAMSÉS nunha contra tras perda de balón de Candela, quen volvía despois de varias xornadas sen entrar na convocatoria.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS TERRITORIAIS

Ferrol Para a xornada número 16 o Cidade ten un complicado desprazamento a Ferrol para enfrontarse ao Valdetires. O conxunto da cidade departamental é 15º con 8 puntos, a tres da salvación. Sacar algo positivo (empate ou vitoria) deste desprazamento suporía alonxar un pouco máis a un rival directo pola permanencia. Nove puntos separan a ourensás de ferrolás na táboa. Eri é a máxima realizadora do Valdetires con seis goles.

O Cidade As Burgas deixa a sete puntos o descenso directo

Galicia comezou con bo pé o Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala Feminino, grazas á actuación de dúas das xogadoras do Cidade As Burgas convocadas para a cita. María Romero e Candela foron autoras dos dous goles que lle deron a vitoria á selección galega fronte a Aragón, no primeiro encontro da nosas representantes na cita nacional, que se celebra en Burela (no pavillón de Vista Alegre) do 22 ao 26 de xaneiro. Xunto a elas tamén viaxou á localidade lucense a franxiverde Antía Piñeiro. Este primeiro partido tivo lugar o pasado mér-

cores, e nel Galicia impúxose por un axustado 2 a 1 a Aragón, a pesar de que as galegas comezaron o encontro moi nerviosas, pero pouco a pouco fixéronse dominadoras. Seguintes citas A seguinte cita da selección galega será este venres 24 ás 12 horas, cando se mida con Andalucía. Dos resultados acadados por Galicia, Aragón e Andalucía (grupo A) decidirase quen pasa a semifinais (acceden os mellores dos tres grupos que compoñen o campionato e o mellor segundo clasificado). As semifinais terán lugar o 25 de xaneiro ás 11 e ás 13 horas. E a gran final o domingo 26, ás 12 do mediodía.

4 Xornada 15 - 25 de xaneiro Orvina - Vallirana Gironella - Rioja Ponte Ourense - Amarelle Soto del Real - Alicante Alcorcón - Burela Poio - At. de Madrid Roldán - Móstoles Ferrol - Cidade As Burgas

4 Xornada 16 - 1 de febreiro Orvina - Rioja Gironella - At. de Madrid Cidade As Burgas - Amarelle Soto del Real - Burela Alcorcón - Vallirana Poio - Móstoles Roldán - Ponte Ourense Ferrol - Alicante


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

FÚTBOL SALA



O Ponte Ourense vence con solvencia ao Móstoles 4 2-5 foi o resultado a favor das ourensás. R. Torres O Ponte Ourense vence con solvencia a Móstoles por dous goles a cinco. O partido foi moi intenso e emocionante coas dúas escadras en busca da vitoria. Tanto Móstoles coma Ponte, dous equipos que, por xogadoras, tiñan que estar loitando polo título, comezaron moi mal a tempada. Isto fixo que ningún dos dous conxuntos poida loitar polo campionato, pero si que teñen opcións de acceder a unha praza na Copa de España. Por ese obxectivo é polo que loita cada xornada o equipo dirixido por Óscar Vivián. A partir de agora e ata final de tempada, cada xornada é importante para

logralo, e se é contra un rival co mesmo obxectivo a importancia elévase a condición de vital. Con este aliciente saltaron á cancha do pavillón Villafontana madrileñas e galegas. Tras uns primeiros minutos tanteándose, o Ponte golpeu primeiro e por dúas veces nun minuto. Rosángela por partida dobre lograba o primeiro nun man a man coa cancerbeira local, e o segundo tras un pase de Anita. Xusto antes de que finalizara esta primeira metade e tras un asedio constante das locais que se topaban cunha acertadísima Vanessa, Eva Menguán recurtaba distancias e poñía o 1-2 no electrónico ao aproveitar un pase en lon-

go de Patri Chamorro. Xa na segunda parte, as albinegras lograban outros dous tantos de forma consecutiva. No minuto 25, Rosángela lograba o terceiro da súa conta particular que coincidía co terceiro do seu equipo. O segundo deste rexistro goleador foi obra de Anita no man a man coa porteira. 1-4 e vislumbrábase unha vitoria visitante. Tramo final Inma, de potente disparo desde fóra da área, recortaba distancias (2-4). Unhas e outras tentaban contemporizar as súas posesións e co paso dos minutos, o Móstoles corría máis riscos sobre a cancha en busca dun tanto

que lle metese de cheo na pugna polo triunfo; polo que xogaba de cinco, pero sería o Ponte quen pecharía o choque cun tanto de Vane desde cancha propia a porta baleira. 2-5 e tres puntos importantes para as albinegras, que con esta vitoria suman 19 puntos e ocupan a oitava posición. Loita pola Copa O Ponte Ourense tras dous empates (Rioja e Atlético de Madrid) e a vitoria sobre Móstoles busca como obxectivo ata final de campaña ascender ata a cuarta posición que lle dea dereito a participar na Copa de España. Na oitava posición, con 19 puntos, o camiño é complicado, xa que este ano pasan de oito a catro

Primeira División FSF - 12ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid 38 2º Burela 37 3º Alcorcón 34 4º Alicante 26 5º Gironella 23 6º Roldán 22 7º Amarelle 21 8º Ponte Ourense 19 9º Rioja 19 10º Poio 17 11º Cidade As Burgas 17 12º Móstoles 15 13º Soto del Real 11 14º Orvina 10 15º Ferrol 8 16º Vallirana 3

Vanessa nun penalti a favor do Atlético de Madrid que non foi gol. /RAMSÉS

A xogadora do Atl. de Madrid, Leti, co balón diante da pontina Raquel de Souza. /RAMSÉS. os equipos que participen na fase final da cita copeira. As pontinas están sete puntos por debaixo desa cuarta posición que ocupa actualmente a Universidad de Alicante (26 puntos). Pero se complicado é ascender ata esa cuarta posición, tanto ou máis aínda o é o ter que sobrepasar na clasificación aos equipos que se encontran entre esa cuarta posición e a novena que ocupa o Ponte. En quinta posición está o Gironella, con 23 puntos; sexto o Roldán, con 22, e sétimo o proximo rival, o Viaxes Amarelle con 21 puntos. Os rivais de máis renome para esa cuarta posición son o Alicante e o Gironella por traxectoria (acostuman participar cada ano na cita copeira ao estar arriba na clasificación). Roldán e Amarelle parecen máis asequibles aíndas que as murcianas son fortes na súa casa e as herculinas basean a súa solvencia na gran defensa que posúen.

O Ponte Ourense recibe este sábado (17 horas) ao Viaxes Amarelle As pontinas so pensan en entrar na Copa de España A empresa é complexa, pero non menos certo é que o conxunto ourensán está nunha clara liña ascendente. Viaxes Amarelle Este sábado 25 o Ponte Ourense recibe a partir das 17 horas ao Viaxes Amarelle na cancha central dos Remedios. Na escadra coruñesa están xogadoras da categoría de Lucía Nespereira ou María Dolores del Pilar “Dolo” (campioas de Liga e Copa co Burela a pasada tempada). Tamés esta nas súas filas Laura Pérez, ex xogadora do Cidade As Burgas.


10

BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

ACTUALIDADE

A Veiga e En Xogo golean 4 O primeiro venceu por 20 a 4 ao Outomuro; e o segundo, por 13 a 0 ao Piorno. Redacción A última xornada disputada ata o momento da liga provincial masculina de fútbol sala acolleu os enfrontamentos entre os equipos colocados na zona alta da clasificación contra os que loitan por eludir o descenso, o que deu lugar a resultados moi avultados a favor dos primeiros, entre os que destacou o 20-4 que lle endosou A Veiga ao Outomuro FS, ou o 13-0 do En Xogo ao Café

Bar O Piorno-Ourense FS. Pola súa banda, na provincial feminina destaca o sufrido triunfo (0 a 1) do Cidade de Ourense na sempre difícil cancha do Peroxa. Tamén é de destacar a vitoria do EDC Celanova na cancha do equipo revelación da categoría, o Ábedes FSF. Liga local de Ourense Na liga local de Ourense, dentro do grupo A destacou a vitoria do Pub Night sobre O Faíscas por 8 goles a 1,

así como a do Recreativos Saiz-Mundourense sobre o V98/Bar Aradia, que venceu por 2-1. O que fai que a loita polas dúas prazas pendentes (para situarse entre os cinco primeiros equipos, que pelexarán polo ascenso) a estea disputando catro conxuntos distanciados a só tres puntos. No grupo B semella todo moito máis claro, dado que a distancia entre o quinto clasificado e o sexto é xa de seis puntos, o cal, cando só

Equipo do AGS 11 Barrocás de Primeira División./FOTO CEDIDA DELEGACIÓN F.SALA.

O Club Ciclista Maceda, elixido o mellor equipo galego de BTT 4 Na gala que premiou aos mellores ciclistas. Redacción O Club Ciclista Maceda (Actyon-Merida-Academia Postal) foi nomeado como mellor equipo galego

de BTT. O domingo 19 de xaneiro celebrouse a gala anual do ciclismo galego en Ponteareas, na que se fixo entrega dos premios nas especialidades de ruta, BTT e

ciclocross. En BTT, Eva Álvarez recibía o seu recoñecemento como campioa de España júnior; Marcos Villar, pola súa medalla con Galicia na proba por equipos do Campionato de España; Saúl López, como mellor sub23 do calendario galego; Eva Álvarez, como mellor júnior e Xiana Conde como mellor cadete. En ciclocross, Iván Feijoo foi premiado pola súa medalla con Galicia nos recentes Campionatos de España de ciclocross, e tamén recibiu o o premio que o acredita como mellor ca-

Plantilla do Castrelo de Miño FSF da Provincial./FOTO CEDIDA DELEGACIÓN F.SALA. quedan cinco xornadas, parece que ten a clasificación case definida, salvo que xurda algunha sorpresa. Liga do Carballiño Na liga do Carballiño, non fallou ningún dos que marchan na cabeza da clasificación. O líder, o Gestamp, pasou moitos apuros para imporse por 5 goles a 4 ao Cerber/Copetin, pero esta vitoria manteno á fronte da clasificación. Seguido a tres puntos polo Garabás e a 4 polo Dacón FS. Vindeira xornada Na xornada do 25 de xa-

neiro agárdanse disputas moi intensas na liga pProvincial, ao verse as caras os catro primeiros clasificados entre si. Ás 16 horas, no Pavillón do Pereiro, o Barbadás (3º clasificado) mídese co líder, A Veiga FS. Xa ás 18 horas, no Pavillón de Miraflores, será o momento de que se enfronten La Bull 2.0 (segundo) e Bar En Xogo (cuarto). Tamén destacan, na parte baixa, o choque entre Bar Barela/Avión e Reguenga. No caso da liga local de Ourense, dentro do grupo A, mediranse nesta xornada o AGS 11 Barrocás e o Pub Night, que disputan as

dete. E Xiana Conde recibía o galardón como mellor júnior.

tiro

Primeiros resultados en Eiroás

Cita nacional Iván Feijoo acadou a medalla de bronce, coma integrante da selección galega cadete, no Campionato de España de ciclocross celebrado en Castellón. A súa primeira presea de ámbito nacional. Individualmente, Saúl López foi sétimo na carreira sub23; Xiana Conde, 13ª en júnior; Raúl González, 19º tamén en júnior; e Ivan Feijoo e Román Saa, 21º e 39º na categoría cadete.

Redacción

Iván Feijoo foi medalla de bronce no Campionato de España de ciclocross.

Grupo de deportistas do club macedán premiados na gala anual do ciclismo galego.

últimas oportunidades de entrar nos cinco primeiros. Dentro do grupo B, o partido máis importante será o que enfronte a Cidade As Burgas e Os Peares, que loitan por conseguir o título da fase regular. Xa na liga do Carballiño destacan, na loita por abandonar a zona baixa da clasificación, os partidos entre Mesón do Sol e Fetiche/Lago, e entre Atlético Maside e Agrícola Sobrado/Gasoleos Ateneo. Por último, na liga pProvincialfeminina o partido máis destacado é o que enfrontará os equipos Cidade de Ourense e Verín.

Houbo recoñecementos individuais para Eva Álvarez, Marcos Villar, Saúl López, Xiana Conde e Iván Feijoo

Xa se coñecen as clasificacións das primeiras competicións deste 2014. Na primeira xornada da XXVI Copa Ourense de Armas Neumáticas participaron 17 deportistas, con Juan Carlos Ferreño (556 puntos) e Nuria Mera (365 puntos) ofrecendo as mellores puntuacións en pistola sénior e damas, respectivamente. En canto á Liga 9mm Parabelum, na primeira proba do ano acudiron 10 tiradores, sendo os mellores Juan Doval, con 534 puntos, en categoría sénior, e Ángel García, en veteranos. Tirada de San Sebastián O próximo domingo 26 o club ourensán acolle a tradicional tirada social de San Sebastián, festividade do seu patrón.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

ACTUALIDADE

O mestre de tai chi, José Gago, regresa de China 4 Tras varias xornadas intensas dedicadas ao tai chi. Redacción Durante o Nadal o mestre ourensán José Gago participou en varias xornadas dedicadas ao tai chi en China. O 31 de decembro de 2013 celebrouse un Campionato Internacional de Tai Chi, na modalidade de equipos e categorías de formas sincronizadas de puño e armas, como homenaxe e celebración do 110º aniversario do nacemento do gran mestre Fu Zhog Wen. Ao final do campionato celebráronse as demostracións de wushu. José Gago, coa axuda do seu fillo Ezequiel Gago, realizou unha demostración de yang tai chi. Das 16 demostracións, a do ourensán foi a única que realizou aplicacións marciais de tai chi posto que en China é máis un exercicio para a saúde. “O máis emocionante” Para Gago, este foi o momento máis emociónante e

comprometido dos seus 38 anos de práctica de wushu debido á realización dunha demostración en China ante 500 competidores e moitos mestres de wushu e tai chi. Ao remate da exhibición toda a xente quería tirar fotos cos dous ourensáns. “Foi o momento máis emocionante da miña carreira deportiva”, relataba Gago. O ano comezou para o mestre ourensán participando na inauguración dunha nova escola de tai chi en China, e a partir do 2 de xaneiro, acudía ao parque onde se xuntaban os alumnos de Fu Sheng Yuan, para adestrar todos xuntos as formas de tai chi.

“O momento máis emocionante da miña carreira deportiva”, relataba Gago en referencia á súa demostración en China

José e Ezequiel Gago na demostración de yang tai chi.

Novos prazos de inscrición nas Escolas Deportivas 4 O campus de Ourense abre as matriculacións para as actividades deportivas do segundo cuadrimestre. Redacción O Servizo de Deportes do campus de Ourense abre un novo período de inscricións nas Escolas Deportivas para o segundo cuadrimestre. As acti-

vidades están dirixidas só á comunidade universitaria (alumnado, profesorado e PAS) e existen dous períodos de matriculación: ata o 24 de xaneiro para quen teña que renovar a súa inscrición e do 29 de xaneiro

ao 5 de febreiro para novos usuarios. A oferta do campus universitario inclúe, entre outras actividades, GAP, defensa persoal-artes marcíais, boot camp, ciclo indoor, rugbi, squash, voleibol, tenis, xadrez, natación, aquagym, pilates, ioga, iudo, aeróbic, tai chi, ou wushu. A actividade das Escolas Deportivas retomarase o 10 de febreiro e manterase ata o 12 de abril; tras un breve descanso, o 21 de abril reiniciaranse para rematar o curso o 7 de xuño. Para matricularse é preciso consultar primeiro no Servizo de Deportes se hai prazas vacantes na Escola

A matrícula está aberta do 29 de xaneiro ao 5 de febreiro para novos usuarios

11

Deportiva correspondente, reservar praza, efectuar o pagamento e presentar a documentación no mesmo servizo nun prazo de 48 horas desde que se realice a reserva de praza. Os interesados deberán cubrir un cuestionario de aptitude para a actividade física. [+ info no SIOPE do campus de Ourense, no 988 387 102 ou en siope-ou@uvigo.es ]

Ata o 24 de xaneiro, renovación de inscricións, e do 29 de xaneiro ao 5 de febreiro, matrícula para novos usuarios


12

BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

NATACIÓN

Festival de estilos de natación máster

Chega a última xornada da liga galega de salvamento en augas pechadas

4 O ourensán Manuel García Colomo foi campión absoluto nos 400. 4 Salvour preséntase co obxectivo de consoRedacción no podio. lidar a posición nas distintas categorías. 4 Campionato O domingo 12 de xaneiro celebrouse na piscina de Ponteareas o festival de estilos de natación máster. Nadáronse as probas de estilo individual 400, 200 e 100. Do Pabellón Ourense competiron tres nadadores: Manuel García Colomo, Carlos Boo e Manuel Gómez Sousa. Tanto Carlos Boo como Gómez Sousa lograron mellorar as súas marcas nas dúas probas que nadaron (200 e 100 estilos). Manuel García Colomo nadou nas tres distancias, proclamándose campión absoluto nos 400; nas outras dúas probas estivo

Campionatos galegos Para o mes de febreiro disputaranse os campionatos galegos (día 2) onde haberá unha gran participación do Pabellón Ourense -entre 10 e 12 nadadores-. Aos nacionais que terán lugar en Palma de Mallorca (días 20, 21, 22 e 23 de febreiro) acudirán os irmáns García Colomo, Antonio, Manuel e Cristina.

Boo e Gómez Sousa melloraron marcas en 200 e 100 estilos, García Colomo foi podio nesas dúas distancias

Galego de Longa Distancia

O sábado 11 de xaneiro celebrouse o Campionato Galego de Longa Distancia. Desta cita saíron tres campións galegos. Laura Pimentel en sénior feminino; Marc Ciurana, en sénior masculino e Mara Vélez en categoría infantil. Ademais destes títulos, logrou a medalla de bronce Ana María Santis en júnior. Miguel Pimentel foi sétimo en júnior; Andrea Sabuz, 11ª en infantil e Andrea Bello 16ª na mesma categoría que esta última.

Do Pabellón Ourense competiron tres nadadores: Manuel García Colomo, Carlos Boo e Manuel Gómez Sousa.

Redacción O vindeiro sábado día 25 de xaneiro dispútase na piscina municipal de Carballo a quinta e última xornada da liga galega de salvamento acuático en augas pechadas. Esta xornada desenvolverase en dúas sesións: unha de mañá para as categorías inferiores e outra de tarde para os maiores. O club ourensán Salvour, dirixido por José Manuel Paredes, preséntase a esta última cita coas expectativas postas en manter as posicións actuais nas táboas clasificatorias das diferentes categorías. Para iso convócanse nesta ocasión, para desprazarse á localidade coruñesa, aos mellores deportistas de cada idade. En categorías alevín David Paredes Fuentefría, Pablo Serrano Pérez, Xián Breogán Rodriguez e Carla Rodríguez participarán na proba de 25 metros arrastre de maniquí. En categoría infantil Uxía Conde Fuentefría e Samuel Quintas Rivera disputarán os 50 metros socorrista e 25 rescate de maniquí, mentres que en cadetes Lucía Serrano Pérez e Álvaro Rodríguez Delgado faran a proba de 100 metros supersocorrista. Pola tarde, entran en liza os maiores, onde en

Samuel Quintas na liga galega de salvamento de augas pechadas. categoría sénior Julio Iglesias, Cecilia Martínez, Cristina García Colomo, María Estrada e Andrea González Varela participarán en 100 metros socorrista, 100 metros rescate con aletas e 50 metros rescate. Favoritos Como durante toda a tempada, os primeiros postos disputaranos os clubs máis

potentes de Galicia que son, entre outros, o club anfitrión Sysca e os clubs de Sada (Sasa), Cerceda, Arteixo (Salvar), Umia e Laracha.

Salvour desprazará a Carballo os seus mellores deportistas de cada idade


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

ACTUALIDADE

4 Axenda deportiva

Presentación do novo Seat León ST

- Día 26 de xaneiro. O Couto. Ourense - Sporting B. 2ªB. - Día 26 de xaneiro. Velle. CD Ourense B - Rápido Bahía. Rexional Preferente. - Día 26 de xaneiro. O Barco de Valdeorras. Barco Mondariz. Rexional Preferente. - Día 2 de febreiro. Os Carrís. UD Barbadás - Bertamiráns. 3ª División. - Día 26 de xaneiro. Estadio Miguel Ángel. Pabellón Ourense - Bansander. División de Honra xuvenil. - Día 2 de febreiro. Meliás. Meliás - CD Barco. RP.

O pasado 14 de xaneiro a caravana que presenta o novo Seat León ST fixo un alto no concesionario Seat de Ourense, Copersa. Sete modelos deste coche puideron ser probados polo público que se achegou ata as súas instalacións. A versatilidade é a marca da nova versión do Seat León, cunha motorización que vai desde os 86 cv ata os 184 cv, e unha gran capacidade do maleteiro (ata 1.075 l). Estará á venda desde 14.500 euros.

Fútbol

Baloncesto

- Día 25 de xaneiro. Os Remedios -20.00h-. Pabellón Feminino - ADBA. Liga Femenina 2. - Día 26 de xaneiro. Os Remedios -12.00h-. ABO - Betanzos. Liga EBA. - Día 2 de febreiro. Os Remedios -20.00h-. Pabellón Feminino - Universidade de Oviedo. Liga Femenina 2.

Atletismo

- Día 25 de xaneiro. Módulo de atletismo dos Remedios. XXXI Copa Deputacion.

Fútbol sala

- Día 25 de xaneiro. Os Remedios -17.00h- Ponte Ourense - Viaxes Amarelle. 1ª División. - Día 1 de febreiro- Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Viaxes Amarelle.

Balonmano

- Día 25 de xaneiro. Anexo Os Remedios -18.30h- Balonmán Pabellón - Lalín. 1ª Estatal. - Día 25 de xaneiro. Pavillón dos Remedios. Pabellón Balonmán Ourense - Ferrolterra. 1ª Autonómica.

Tenis de mesa

- Día 1 de febreiro -10.30h- Paco Paz. Galmédica Ourense TM - Mercantil Vigo “B”. 3ª División Nacional.

Voleibol

- Día 1 de febreiro. Os Remedios. Dompa Gestión - CV Bruxas. 2ª División A Galega. - Día 1 de febreiro. Paco Paz. Caldaria Voleiourense - Xuvenil Teis B. 2ª División A Galega.

Tiro

- Día 26 de xaneiro. Club de tiro Eiroás. Campionato Autonómico Social - Trofeo San Sebastián. - Días 1 e 2 de febreiro. Club de tiro Eiroás. XXVI Copa Deputación de Ourense. Nas modalidades de pistola e carabina.

Rugbi

- Día 25 de xaneiro - Campus de Ourense. Campus Ourense Rugby - Pontevedra. Sénior Galega.

Hoquei sala

- Día 25 de xaneiro - Pavillón municipal de Oira - 16.00h - Pabellón - Barro. 1ª Galega. - Día 25 de xaneiro - Pavillón municipal de Oira - 19.00h - Albor - Apóstol. 1ª Galega. - Día 1 de febreiro - Pavillón municipal de Oira - 17.00h - Apóstol - Pabellón. 1ª Galega.

O fútbol sala será un dos protagonistas nestas datas.

13

O xerente de Copersa, Antonio García, e os responsables comerciais,Servando Pardo e Paula Losada, na presentación do novo Seat León ST.


14

BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

pádel

O ranking individual, a partir de febreiro 4 Dará comezo o día 1. Redacción O 1 de febreiro comeza unha nova edición do rán-

king individual de padel no P21 Padel Club. Aberto a mozos e mozas, que xogarán baixo un for-

Imaxe do cartel do ranking individual de pádel.

POLIDEPORTIVO

mato de ránking por retos, podendo retar a xogadores que estean en posicións máis altas na clasificación, e intercambiando os postos en caso de derrota. O formato é de open mixto e pódese retar a un xogador ata 10 postos por enriba. Se o vencedor é o de menor ránking intercambiará posto co derrotado. En cada xornada xogarase como máximo tres partidos e cada xogador pode rexeitar un só reto por xornada. Despois da clasificación final da última xornada, os oito primeiros xogarán un cadro final en formato eliminatorias. Prezo A inscrición terá un prezo de 7 euros para socios e de 10 para os non socios.

xadrez

O Xadrez Ourense arrinca 2.5 puntos ao vixente campión de liga 4 O Liceo cede ante o poderoso Círculo Ferrolán por 0.5 a 5.5. Redacción A liga galega de clubs de xadrez chegou á súa segunda xornada en todas as categorías o pasado 18 de xaneiro. Na división de honra, o Club Xadrez Ourense perdía pola mínima ante o vixente campión, o Universitario Vigués, por 2.5 a 3.5, o que supón, a pesar da

derrota, un bo botín en puntos para os ourensáns que aínda que non aspiran ao triunfo si teñen aspiracións de finalizar na zona alta, ao igual que na pasada campaña. Jorge Viterbo e Adrián Gómez lograron senllas vitorias mentres que David Gómez logrou táboas no seu enfrontamento. Pola súa banda, o Liceo

Partida dunha das categorías menores.

de Ourense tiña a difícil papeleta de enfrontarse ao forte conxunto do Círculo Ferrolán e unicamente foi capaz de lograr medio punto, de mans de Armando Sousa. Primeira división En primeira división destacaba a gran vitoria da Pena Recreativa ante o Xadrez Galego de Vigo por un contundente 4-0; para esta rolda os peñistas aliñaron a clásicos do taboleiro ourensán como Antonio Villar e Manuel Vidal. No derbi local entre Xadrez Ourense “B” e Campus de Ourense os filiais do Ourense impúñanse por 3.5 a 0.5, mentres que a Casa da Xuventude cedeu ante o Xadrez Bueu por 1 a 3; idéntico resultado que o Xadrez Ourense “C” ante o Marín. Segunda e terceira En segunda cabe destacar o gran triunfo do Loureiro do Couto por 4-0 ante o Lucena de Vigo, do mesmo xeito que o 4-0 do Celanova

4Liga Rías Baixas Esta fin de semana volve a competición na liga Rías Baixas. Por primeira vez a nosa provincia contará cun equipo na Primeira División Galega, P21 Padel Club, que tratará de manter no máis alto o pádel da provincia, ante as mellores pas da comunidade. Este sábado o conxunto estréase na casa, ante o Mercantil de Vigo. O choque será ás 14.00 horas no P21 Padel Club. Ademais, P21 contará con outro equipo masculino, que disputará a Segunda División; e un equipo feminino, que se estrea este domingo enfrontándose ás xogadoras de Padel Oira.

ante o Universitario “B”. Tamén cultivaron vitorias o Xadrez Ourense “D” (31) e o Ateneo de Ourense (2.5-1.5), ante o Nigrán e o Lalín. Pola súa banda, o Xadrez Bande empatou en Chantada, mentres que Casa da Xuventude “B” cedeu pola mínima ante o Universitario de Vigo “C”. En terceira, os peóns de Monterrei pasan a comandar a táboa trala súa vitoria ante o Lalín “C”, mentres que Xadrez Ourense “E” pasa ao terceiro posto tras superar ao Benchoshey Senior por 3-1 Clasificatorio para o Autonómico O domingo pasado tivo lugar nos salóns da asociación de veciños de Barrocás o campionato clasificatorio para os autonómicos sub-8, sub-12 e sub-16 cunha ampla participación. En sub-16, Angel Domínguez, Adrián Gómez e Miguel Puga ocuparon o podio; mentres que en sub-12, Martín Gómez, Xurxo Gerpe e Martín Fernández foron ouro, prata e bronce, respectivamente. Na categoría dos máis novos, Xoaquín López, Juan Saco e Alejandro Garrido coparon os postos de privilexio. De seguido, o 2 de febreiro terán lugar os preautonómicos sub-18, sub-14 e sub-10, restantes.

tenis de mesa

O Galmédica, segundo trala primeira volta Redacción Remata a primeira volta da Terceira División Nacional e o Galmédica TM ocupa a segunda praza tan só superado polo Helios Car Lunas. O pasado sábado disputouse no pazo dos deportes Paco Paz o último encontro da primeira volta da Liga de Terceira División Nacional de tenis de mesa entre o Galmédica Ourense T.M. e o Chinelas T.M. de Cambados. O encontro foi moi rifado como fai ver o resultado final de 3 a 4 a favor dos

visitantes. Con iso, o equipo ourensán remata a primeira volta da liga na segunda posición da táboa clasificatoria, con oito vitorias e tres derrotas. Tan só é superado polo equipo de Bembrive, o Helios Car Lunas, que leva 10 vitorias e unha derrota. Vindeira cita A próximo fin de semana o Galmédica desprázase a Vigo para enfrontarse ao último clasificado, C.T.M. Vigo. Dúas vitorias e 9 derrotas é a bagaxe do conxunto vigués.


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José A. Santos Nº91- Ano: VI - 24 de xaneiro de 2013 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

4PRACTICANDO SAÚDE

Deporte e realidade (XXVIII) Capítulo 26. Perfil dos educadores-ensinantes. O deporte de base ha de ser un auténtico festival de alegría, gozar, felicidade, ilusión convivencia, participación, etc. As novas promesas han de sentirse realizadas tanto nas actividades formativas, como nas lúdicas e recreativas. Esta misión corresponde aos técnicos-educadores, familia e profesores. Características - Ante todo, experiencia como deportistas e pedagogos. - Deben concienciarse de que son técnicos-educadores. - Deben dominar o traballo que realizan e saber aplicalo. - Experiencia como técnicos-educadores. - Boa aparencia: indumentaria, forma física. - Bos hábitos de vida e traballo. - Han de ser persoas organizadas: adestramentos, viaxes, etc. - Han de ser bos comunicadores: explicar claro, saber escoitar, etc. - Han de dispor sempre de tempo para os mozos deportistas. - Han de ser positivos:

ánimos, eloxios, optimismo. - Han de ser xustos e honestos coas novas promesas. - Abertos a todo tipo de suxestións dos seus alumnos. - Mostrar un verdadeiro interese polos mozos deportistas. O que deben facer: - Han de ser unhas persoas tranquilas, comprensivas e non viscerais. - Erradicar o termo rancor. - Ser flexibles, pero impor a man esquerda cando o requira a situación. - Mostrar en todo momento o espello da alegría. - Coñecer o perfil psicolóxico dos mozos deportistas e tratalos de acordo ao mesmo. - Estar en todo momento abertos ao diálogo. Inculcarlles ilusión e animalos constantemente. - Informarlles sobre a alimentación, descanso e sustancias nocivas. - Presentarse no traballo antes que os mozos deportistas. - Non chamar á orde en público, pola contra pecharíanlles a porta da confianza, do diálogo.

- Han de procurar que atopen neles uns amigos. - Nos descansos dos partidos ou adestramentos non berrarlles, senón máis ben motivarlles, levantarlles o ánimo. - Han de procurar que o vestiario sexa unha fonte inesgotable de alegría. - Han de ser uns bos deportistas e profesionais. - Deben organizarse e preparar metodicamente os adestramentos, para iso deben dominar o traballo que realizan. - Dar todas as explicacións que os alumnos pidan. - Que aprendan divertíndose. - Mentalizarlles de que gañar non é o máis importante. - Os obxectivos deben conseguirse aos poucos sen présas, para que asimilen o que teñen que realizar. - Adaptar o deporte ao seu desenvolvemento psicomotor para que aprendan e gocen. - Ofrecer aos mozos deportistas unha amizade sincera. - Evitar o castigo. - Non someter aos alumnos a unha presión innecesaria centrada nos resulta-

dos ou a clasificación. - Deben corrixir os erros. - Deben procurar que todos teñan as mesmas posibilidades de xogar. - Utilizar as dimensións do terreo, o balón e as regras de xogo de acordo co nivel dos mozos xogadores. O que non deben facer: - Un plan de traballo inadecuado para a súa idade. - Ensinar ás novas promesas se non están preparados para tal fin. - Levar a cabo a súa tarefa se non contan co material elemental de adestramento e coas instalacións adecuadas. - Buscar só fins económicos. - Prepararlles só para competir. - Valorar os éxitos polos resultados dos partidos. - Permitir aos pais entrometerse no seu labor. - Fomentar actitudes violentas, marrullerías, fullerías, etc. con adversarios e árbitros. - Non preocuparlles por estar ao día. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

4TRIBUNA ABERTA

Cando fomos deuses (V) 8ª Xornada. Calvo Sotelo A.P. 1 – 4 C.D. Ourense No seu segundo partido Lolín logra marcar, por dúas veces no segundo tempo, ampliándose a nómina de goleadores do Ourense. Pito logra o primeiro tanto aos dez minutos e Carballeda aos 22 fan os outros dos tantos do equipo. Neste encontro rexístrase tamén como novidade o primeiro tanto encaixado polos rojillos que o reciben aos trinta minutos da primeira parte por obra de Roca, medio-

campista do Calvo Sotelo. O encontro resulta de absoluto dominio do Ourense que amosa claramente por vez primeira a súa condición de aspirante ao ascenso. O Calvo Sotelo nacera ao tempo nas Pontes de García Rodriguez na provincia da Coruña e en Puertollano, na provincia de Ciudad Real. Ambas entidades créanse auspiciadas pola empresa estatal de dito nome no ano 60. O equipo galego logra o ascenso na tempada 63/64, descenden-

do nesta tempada por mor da reestruturación de categorías imposta pola Federación Española de Fútbol. Na década dos oitenta troca o nome por Endesa As Pontes F.C. 9ª Xornada. C.D. Ourense 4 – 0 Turista O Turista fúndase como Sporting Club Turista no 1927, pero a normativa oficial do ano 40 que obriga a nacionalizar os nomes dos equipos de fútbol leva a que a entidade suprima o Spor-

ting do nome. A finales da década dos oitenta pasa a ser filial do Celta. Con dous goles de Carballeda, un de Pataco e outro de Cortés firman unha nova vitoria relativamente cómoda na casa. Inda así pódese considerar ao Turista como o equipo que mellor soubo frear o xogo ofensivo do Ourense. A primeira parte remata cun solitario gol de Carballeda de cabeza ao rematar un centro de Cortés. De volta ao campo prodúcense os dous goles de Carballeda para

Sobre os propósitos do comezo de ano Unha vez superada a resaca do Nadal, e con algún quilo de máis (diversos autores establecen a media de aumento de peso nas datas do Nadal en 2 kg), son moitos os que afrontaron o inicio do ano co propósito de facer exercicio. A maioría tiñan ben claro que querían conseguir: perder eses quilos que sobran, aumentar a masa muscular, terminar esa carreira que sempre soñaches... estiveron entre os desexos máis comúns. Así, vimos polas rúas durante os últimos días novos corredores hipermotivados, lucindo orgullosos o material deportivo que lles deixaron os Reis Meigos e os ximnasios enchéronse de sufridores sobre unha bicicleta estática pedaleando até a extenuación. Pero son poucos os que aguantaron máis aló dese primeiro impulso post navideño. Pasadas unhas semanas van perdendo a motivación e atopando escusas para saltarse a sesión de exercicio. Cales son as causas polas que isto sucede? Vexamos: En primeiro lugar, a falta dun obxectivo realista, non se pode pretender baixar 5kg nunha semana, nin conseguir eses abdominais de portada de revista en dous

rematar o marcador cun espléndido gol de Cortés, que tras deixar tras del a varios marcadores acerta cun disparo seco desde a fronte do área. [Quinta entrega sobre a historia do CD Ourense na tempada 67/68]

José A. Santos

“O Turista, o equipo que mellor soubo frear o xogo efectivo do Ourense”

días, é pouco probable que se consiga e ademais nada saudable. Débese buscar un obxectivo a medio prazo con pequenas metas ao longo do camiño, avanzando paso a paso e superando as fochancas que seguro aparecerán. Desta maneira non se caerá en frustracións temperás e o resultado será máis duradeiro, xa que, ademais de crear un hábito de exercicio co que será máis fácil seguir traballando, o corpo asimilou mellor os cambios que experimentou. En segundo lugar, a falta de coñecementos para conseguir o obxectivo proposto: “sei o que quero conseguir pero non sei como”. Non hai que ter medo de informarse ben sobre como alcanzar o obxectivo, buscar fontes fiables, preguntar a deportistas con experiencia, adaptar ás nosas posibilidades os plans de adestramento existentes... e sobre todo, seguir as indicacións dun profesional do sector adoita ser garantía de éxito. E en último lugar, e creo que o máis importante, débese ser realmente consciente da gran importancia que ten o exercicio físico sobre a calidade de vida, previndo e curando enfermidades e mellorando a vida diaria. Non se debe ver como un gasto de diñeiro, tempo e esforzo, senón como un investimento en saúde. Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, entrenador persoal en ximnasio Trabazos

“O exercicio físico non se debe ver como un gasto de diñeiro, tempo e esforzo, senón como un investimento en saúde”


BARRIOS DEPORTIVO 24 de xaneiro de 2013

24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91  

En el número 91 de Barrios Deportivo sacamos en portada el Campeonato Provincial de Campo a Través celebrado en Ribadavia; la derrota del AB...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you