Bd 173

Page 1

[ Páx. 4]

A Veronza acolleu, de novo, o Campionato de Galicia de campo a través FÚTBOL

Páx.2

A UD Ourense, no peor momento da tempada

VOLEIBOL

Páx.5 HOQUEI

O Hemisferios Ribeira Sacra vence ao Recuerdo de Madrid

Páx.8-9

Campionato de España de hoquei sala xuvenil

O Campus, entre os mellores

FÚTBOL SALA Páx.11 SALVAMENTO Páx.12 O Sala Ourense mantense firme á fronte da Terceira

[Páx. 6]

O Salvour repite como campión galego máster

O COB recibe ao [Páx. 3] Oviedo

O Campus Rugby ocupa a quinta praza da División de Honra B. // O Rio Ourense Termal recibe este venres 9 de febreiro no Paco Paz ao Oviedo ás 21 horas./RAMSÉS.

Número: 173 - Ano: X -9 de febreiro de 2018 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 23 de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

AXENDA / FÚTBOL

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 11 de febreiro. O Couto. Ourense CF - Vilalonga. Terceira división. - Día 11 de febreiro. Calabagueiros. Barco - Laracha. Terceira división. - Día 11 de febreiro. San Cristobal. Ribeiro - Moaña. Rexional Preferente. - Día 11 de febreiro. Bande. Bande - Gondomar. Rexional Preferente. - Día 11 de febreiro. A Tella. Nogueira - Estradense. Rexional Preferente. - Día 18 de febreiro. Espiñedo. Arenteiro - Ourense CF. Terceira división. - Día 18 de febreiro. Os Carrís. Barbadás - Cultural Areas. Terceira división. - Día 18 de febreiro. O Couto. UD Ourense - Alertanavia. Rexional Preferente.

Baloncesto

- Día 9 de febreiro. Paco Paz -21:00 h- Rio Ourense Termal - Oviedo. LEB Ouro. - Día 17 de febreiro. Paco Paz - 19 h - Rio Ourense Termal B - Santo Domingo Betanzos. Liga EBA. - Día 17 de febreiro. Polideportivo Vedruna. Codigalco Carmelitas - Sondeos del norte Maristas.

Atletismo

- Día 18 de febreiro. O Barco de Valdeorras. VII carreira por parellas O Barco namora. - Día 4 de marzo. O Carballiño. VI Media maratón e III carreira curta.

Fútbol sala

- Día 10 de febreiro. Os Remedios -17 h- Ourense Envialia - Alcorcón. Primeira división. - Día 11 de febreiro. Os Remedios - 12 h - Sala Ourense - Santa Isabel. Terceira división. - Día 17 de febreiro. Os Remedios - 17 h - Cidade das Burgas - Poio. Primeira división. -Día 17 de febreiro. Paco Chao (O Carballiño) -17:30 horas-. Carballiño - Culleredo. Terceira división.

Tenis de mesa

- Día 10 de febreiro. Paco Paz -17 h-. Galmédica tenis de mesa - Dez portas. Segunda división nacional. - Día 24 de febreiro. Paco Paz -17 h-. Galmédica tenis de mesa - Club del Mar promesas. Segunda división nacional.

Voleibol

- Día 18 de febreiro. Polideportivo O Pompeo -12 h-. Hemisferios Ribeira Sacra - Fuenlabrada. 1ª división.

Rugbi

- Día 18 de febreiro. Campus Ourense. Campus Rugby - Colina Clinic . División Honra B.

Andainas

A Unión Deportiva Ourense, ante o seu peor momento 4 Suma dúas vitorias nos últimos nove encontros. R. Torres Non pasa por bos tempos a Unión Deportiva Ourense. Dos últimos nove encontros, tan só sumou dúas vitorias (cinco empates e dúas derrotas). A coartada é a acumulación de lesionados e sancionados que ten nestas xornadas. Pero a realidade é que está a catro puntos do segundo, Bande, e a seis do primeiro, Estradense (os dous postos de ascenso directo), e ademais superouno na clasificación -aínda que cos mesmos puntos- o Moaña e tamén empata co Sanxenxo, quinto. A semana pasada os de Fernando Currás sufriron a

primeira derrota no Couto, 0-1 diante do Porriño. Lesionados O adestrador poderá contar con Codeso, Germán e Omar, e Alfredo e Fran, xa regresan á dinámica de adestramentos. O club está á espera da lesión de Rubén Durán, que se tivo que retirar no segundo tempo do partido contra o Porriño. Beluso O próximo rival dos unionistas será o Beluso. O encontro disputarase o sábado a partir das 16:30 horas no municipal das Laxes. Os pontevedreses son novenos con 31 puntos.

O Barco, vento en popa 4 Os de Valdeorras son terceiros. Redacción O Centro de Deportes Barco está no mellor momento da tempada. Suma os seus encon-

tros por vitorias (suma oito nas nove últimas xornadas) o que o levou a ocupar a terceira posición seguindo a estela do segundo, Bergantiños, e

Ourensáns O Bande sumou unha nova vitoria no derbi diante do Nogueira (0-1) que o asenta na segunda posición a dous puntos do líder. Pola contra, a derrota dos de Luíntra sitúanos nunha complicada situación que os leva a continuar en postos de descenso a seis puntos da salvación. O outro conxunto ourensán, o Ribeiro, é o pechacancelas a oito da permanencia.

A UD Ourense adianta o seu partido no campo do Beluso ao sábado

Joni nun partido desta tempada no Couto./RAMSÉS.

do líder, Compostela. O Barco suma 50 puntos, por 57 do Compos e 51 de Bergantiños. Por detrás, o Vilalbés conta con 45. Nesta xornada recibe, a partir das 17 horas en Calabagueiros, ao Laracha. Polo que pode ser unha boa ocasión para que os de Javi Rey continúen coa racha de triunfos. O seguinte equipo ourensán na clasificación é o Ourense Club de Fút-

- Día 25 de febreiro. Barbadás. Canicrós en Barbadás. Liga galega de mushing. - Día 25 de febreiro. Ourense -10.00 h- II Andaina Ourense CF.

Tiro

bol. O conxunto dirixido por Fran Justo, grazas a unha serie de bos resultados, suma 31 puntos o que o colocan na undécima posición. O Arenteiro desinchouse nos últimos encontros e con 28 puntos é 13º. En canto ao Barbadás, o dos Carrís segue na loita pola permanencia; a derrota contra Bergantiños foi un freazo en seco na súa progresión rompendo unha boa racha que o colocara ás portas dos postos de salvación. Aínda así, os azulóns están a un punto da permanencia. Vindeira xornada Ademais do Barco - Laracha, o Ourense CF recibe no Couto, domingo 12 horas, ao Vilalonga; o Arenteiro visita Noia; e o Barbadás desprázase ata a capital galega para xogar contra o Compostela.

- Días 17 e 18 de febreiro. Club de Tiro Olímpico Eiroás. XXXIV Trofeo San Sebastián de tiro. - Días 3 e 4 de marzo. XXX Copa Deputación Ourense de tiro carabina e pistola neumática.

Outros

- Día 17 de febreiro. O Barco de Valdeorras -10 h- Curso de escalada. - Día 18 de febreiro. Rubiá -09.00 h- BTT Tres lunas solidarias. - Días 24 e 25 de febreiro. Piscina Rosario Dueñas -pavillón dos Remedio- Campionato de Galicia base IV de inverno de natación sincronizada. - Días 3 e 4 de marzo. Ourense -10 h- II congreso afrolatino SBK weekend.

Nesta xornada, o Bande recibe ao Gondomar o domingo ás 12 horas; o Nogueira recibe ao líder, Estradense, a partir das 16:30 horas; e o Ribeiro xoga na casa o sábado, 16:45 horas, fronte o Moaña.

Partido da primeira volta disputado no Couto entre Ourense CF e Negreira. /ARQUIVO.

O Barbadás atópase a un punto dos postos de salvación


BALONCESTO

ria, apuntaba a que Oviedo ten dous xogadores “cun físico por enriba da media” na competición: Romaric Belemene e Mohamed Barro. Ademais, Oliver Arteaga está a realizar un ano soberbio que o leva a ser un dos mellores do curso. En canto a mans con puntos, estas levan os nomes de Davis Geks, Víctor Pérez e Drew Maynard. Un equipo completo bo ofensivamente e con moito físico en defensa ao que buscará dobregar un COB que non poderá contar con Verners Kohs, cunha dolencia nun om-

Jhornan Zamora defendido polo ex do COB, Víctor Serrano, agora no Sammic./RAMSÉS.

Oviedo, como pedra de toque 4 O Rio Ourense Termal recíbeo nesta xornada. R.T. Despois do último encontro de liga no que o Rio Ourense Termal o tiña controlado ante o Leyma Coruña, e tres minutos nefastos deron

ao traste coas opcións de vitoria; os homes de Gonzalo García de Vitoria tentarán regresar á senda de vitorias que os levou a sumar cinco consecutivas. Para elo, o seu rival non llo porá

sinxelo, xa que enfronte estará un Oviedo que está a realizar un gran campionato. Con 14 vitorias ocupan a quinta posición, a dúas da segunda praza. O COB, con seis, deixou atrás a tres equipos (Palma, Sammic e Clavijo). Haberá que comprobar se o parón pola disputa da Copa Princesa sentoulles ben aos homes de García de Vitoria. O partido dará comezo ás 21 horas deste venres no Pazo Paco Paz. Equipo O seu base, Fran Cárdenas, sofriu unha lesión que o terá afastado das canchas o que resta de tempada. O club moveuse e xa ten substituto; trátase de Nick Novak que estrearase no Pazo.

Reggie Johnson penetrando a canastra no Pazo./RAMSÉS.

O partido ante o Oviedo dará comezo ás 21 deste venres 9

Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

O técnico do COB, Gonzalo García de Vito-

breiro. Exemplo O de Pumarín é un equipo que está a facer as cousas ben na LEB Ouro. Desde o seu ascenso, fai cinco anos, a progresión é notable, dando a sensación de que se están preparando para, unha tempada destas, loitar para ser equipo de ACB. Exemplo a seguir de como facer as cousas para asentarse entre os mellores da Ouro sen volverse tolos, con pasos firmes e seguros. Pasar de ser un equipo que loitaba por non descender na primeira tempada a ser un fixo no playoff polo ascenso.

O base do Oviedo, Fran Cárdenas, sufriu unha lesión que o afasta das canchas esta tempada

Un dos equipos participantes no Torneo Leyma 3x3.

I Torneo Final Leyma Fresca 3x3 Este venres comezará no descanso do partido que disputará o Rio Ourense Termal ante Unión Financeira Oviedo o I Torneo Final Leyma Fresca 3x3, que se prolongará ata o final da liga LEB Ouro e enfrontará aos mellores cadetes e juniors da nosa cidade en eliminatorias co premio final de equipamentos e bufandas do Rio Ourense Termal para os gañadores. Os equipos participantes serán o Rio Ourense Termal, Bball, Bosco-Salesianos, Carmelitas, Maristas e EDO Branco Amor, que se enfrontarán en eliminatorias a dobre partido en formato de xogo 3 contra 3.


Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

ATLETISMO

Saída da proba masculina absoluta do Campionato de Galicia de campo a través./RAMSÉS.

O Adas domina o cros en Galicia 4 O club do Barco de Valdeorras foi o mellor equipo tanto en categoría masculina como feminina. Redacción O Adas Proinor do Barco refrendou nestas semanas que é o mellor equipo galego de cros, tanto en categoría masculina como feminina.

A finais do mes de xaneiro disputábase no Aguillón (A Rúa) o Campionato de Galicia de cros curto. Centos de atletas non se quixeron perder a cita nun circuíto que apenas tivo complicacións para os

participantes. En categoría absoluta feminina Leticia Fernández (Adas) foi a vencedora, seguida da súa compañeira de equipo Sandra Mosquera. En terceira posición entraría Joselyn Daniely Brea, da

Cabeza de carreira na proba absoluta feminina na Veronza -Ribadavia-./RAMSÉS.

SG Pontevedra. En homes, o máis rápido foi Manuel Hurtado (SG Pontevedra), sendo o atleta local Alejo Ares segundo e Antonio Serrat, do San Paio A Estrada, terceiro. Por equipos, na categoría masculina o Adas subiu ao máis alto do podio, flanqueado por CA Santiago segundo- e Miler Running Club -terceiro-. En mulleres, xunto ao Adas (primeiro), gañaron o Comesaña e SG Pontevedra, segundo e terceiro, respectivamente. Ribadavia O día 4 de febreiro Ribadavia volveu acoller o Campionato de Galicia de campo a través. Ata alí desprazáronse os mellores atletas da nosa comunidade. En homes, nuns primeiros metros nos que había un grupo compacto de seis corredores, pronto Manuel Hurtado (SG Pontevedra)

apretou o ritmo, seguido por Pablo García (San Miguel de Marin) e Antonio Serrat (CD San Paio A Estrada). Os tres conformaron o podio por esta mesma orde. Hurtado volveu a cambiar o ritmo no tramo final e nada puideron facer os seus perseguidores. Alejo Ares foi cuarto, Iván Roade (Bikila) quinto, Carlos Vilamor (Adas) sexto e Rubén Diz (Ourense Atletismo) sétimo. O ourensán Alex Fernández retirouse cando non levaba percorrido nin a metade da carreira; desde os primeiros metros xa se distanciara dos postos que se xogarían o podio. Por equipos, o Adas foi o campión, co San Miguel de Marín como subcampión e o San Paio A Estrada de terceiro. En mulleres, ao igual que en homes, un grupo de seis comezaron a poñer terra de por medio. Pouco

a pouco foron caendo atletas ata que quedaron tres na cabeza (Mosquera, Navarrete e Fernández). A atleta do FC Barcelona Ester Navarrete tivo que retirarse por unhas molestias, o que deixou en cousa de dúas a vitoria. Finalmente, Leticia Fernández (Adas) apretou e fíxose co título autonómico; seguida da súa compañeira, Sandra Mosquera, como segunda. A terceira posición foi para a atleta do Comesaña Sofía Freaza. O Adas tamén foi en mulleres o conxunto campión; e o Comesaña e SAR, segundo e terceiro.

O Adas Proinor foi o mellor equipo nos galegos de cros curto e no de campo a través

As categorías inferiores tamén correron no Campionato de Galicis de cros curto./RAMSÉS.


ATLETISMO / VOLEIBOL

Xogade Redacción O Ourense Atletismo acadou bos resultados na fase provincial de campo a través do Xogade. En categoría cadete tanto Antía Castro coma Martín Rivera venceron (Fabio Justo foi 2º e Álvaro Díaz, 3º). En infantil, o equipo feminino foi o primei-

ro clasificado (con Mar Díaz, primeira e Anxela Seoane, segunda) e o masculino segundo. Os alevíns foron primeiros en ambos sexos, logrando a vitoria Iria Solera e Miguel Carbajales. As benxamíns foron terceiras. De seguido, a fase final do Campionato de Galicia celebrarase o 17 de febreiro na Pobra do Caramiñal.

Unha das carreiras do Xogade de cros disputada no complexo deportivo de Monterrei.

Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

O Hemisferios logra a vitoria ante o Recuerdo 4 Colócase na metade da táboa. Redacción Gran partido do Hemisferios Ribeira Sacra nunha nova xornada da Primeira División Nacional de voleibol feminino diante do Recuerdo. As ourensás xa venceran ás madrileñas por un set a tres na primeira volta; nesa ocasión, o Hemisferios tivera que remontar o primeiro set adverso. O partido desta pasada fin de semana, disputado no Pompeo, foi igual de igualado que o anterior. O conxunto local lograba o primeiro set e as visitantes o segundo (25-22 e 23-25). No terceiro, as do Hermisferios lograban facer o seu mellor xogo levándose o set por

25-13; o que as tranquilizou para xogar con maior solvencia o cuarto set, que sería o definitivo. Así, dominarono en todo momento e venceron por 25-21, o que lles valeu para levarse o partido por tres sets a

un. AECC Este choque serviu para que o club colaborara coa Asociación Española Contra o Cancro. Puxeron á venda camisetas conme-

morativas do Día Mundial Contra el Cancro para recadar fondos para a asociación. Clasificación Coa vitoria desta xornada o Hemisferios Ribeira Sacra é sétimo con 24 puntos, a tan só un do seu anterior rival (o Recuerdo). Na próxima xornada viaxan a Madrid para medirse co Rivas Ciudad Deporte, equipo que ocupa a cuarta posición.

O Hemisferios colaborou coa AECC neste encontro contra Recuerdo.


Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

POLIDEPORTIVO

EN BREVE

voleibol

Vitoria do Dompa Gestión

4 Tenis de mesa O Galmédica Ourense tenis de mesa da Segunda División nacional está asentado na zona media da táboa clasificatoria. En sexta posición, con 14 puntos, está a 10 do liderato e a outros 10 da zona de descenso. Esta fin de semana recibe ao Dez Portas, segundo clasificado; será o sábado ás 17 horas no Pazo dos deportes Paco Paz.

4 Ante o Cambados. Redacción O equipo sénior do Dompa Gestión, de Primeira División autonómica, enfrontábase como local ao XAV Cambados. As ourensás comezaron moi ben e leváronse o primeiro set con claridade (25-15). O segundo, en cambio, estivo moi disputado ata o final, caendo do lado visitante por 23 a 25. A perda do set foi como unha lousa para as xogadoras ourensás, que non souperon recuperarse no terceiro perdéndoo por 13-25. Porén, no cuarto recuperaron o xogo do inicio de partido, o que as levou a empatar a dous sets trala vitoria parcial por 25-14. No definitivo set as locais apenas deron opcións ás súas rivais e lograron levarse o parcial por 15-6, o que lles valeu para conseguir un novo triunfo. Outros encontros O equipo infantil do

Guillelme Brown de Terceira División xogou ante o CVO perdendo nun bonito partido por dous sets a tres. O equipo xuvenil do Club Voleibol San Martiño caeu derrotado por un axustado 2-3 en terras lucenses ante o Lugo. A pesar da derrota as ourensás continúan líderes cun punto sobre o segundo. Deporte escolar A pasada fin de semana celebrouse, no pavillón universitario, a primeira xornada do ano adicada ao voleibol no programa de Deporte Escolar. O Club Voleibol San Martiño estivo representado por cinco equipos alevíns e seis benxamíns, cun total de 50 rapaces participantes.

O resultado foi de 2 a 3 para as ourensás

Particpantes no programa de Deporte Escolar.

Partido entre o Campus Ourense e o Bera Bera./RAMSÉS.

4 Piragüismo

O Campus Ourense Rugby, erre que erre

O próximo 24 de febreiro Castrelo de Miño acolle o Campionato de Galicia de piragüismo. Agárdase a presenza duns 500 palistas e un millar de afeccionados. A organización xa está a traballar para que todo saia perfecto.

Redacción

4 Entroido

4 O conxunto ourensán non sabe o que é gañar fóra de Ourense. O Campus Ourense Rugby continúa con cero vitorias cando o seu encontro se disputa lonxe do recinto universitario. Así o demostrou, unha vez máis, a pasada fin de semana. Foi contra o Uribealdea, co que perdeu por 41-22. O equipo dirixido por David Monreal foi moi condescendiente co seu rival, ao que lle puxo, polos erros durante todo o encontro, o partido en bandexa. Baixas de homes importantes poden ser excusa para este partido, pero o certo é que suman cero puntos en todos os encontros coma visitantes. Oviedo Esta fin de semana os

ourensáns teñen a oportunidade de romper esta racha. Visitan ao Oviedo no partido aprazado da 13ª xornada. O Campus ten ante sí a posibilidade de lograr un triunfo que se lle resiste lonxe de Ourense. Nesta ocasión mídese co último clasificado, polo que terán que demostrar por qué ocupan a quinta posición e acadar, dunha vez por todas, a vitoria como foráneos. Chega o líder Despois, a Liga regresa a Ourense co partido da xornada número 18 na que chega o líder. O Colina Clinic suma 81 puntos e é o claro favorito a facerse co título. Keltia O Keltia In Peccatum de

Primera División territorial galega está preparado para afrontar a primeira eliminatoria do playoff de ascenso. O seu rival será o Ferrol, que rematou na terceira posición; os ourensáns foron segundos, polo que teñen o factor campo favorable e por iso xogan o primeiro encontro na cidade departamental. Os de Ernesto Barboza terán unha dura pedra de toque, xa que os ferroláns reforzáronse de cara a esta promoción de ascenso.

O Campus Ourense Rugby volve a xogar no universitario o día 18 fronte ao líder

Este venres, 9 de febreiro, para celebrar o Entroido o Consello Municipal de Deportes organiza unha actividade lúdico - deportiva. A partir das oito da tarde quen queira pódese presentar no pavillón dos Remedios para gozar do deporte e o Entroido. A única condición para participar desta iniciativa é ir disfrazado.

4 Bádmintom O luns 12 de febreiro o Club Athlos organiza unha xornada de bádminton dentro do programa Xogade. Será no polideportivo O Pompeo (Instituto Otero Pedraio) a partir das 10 horas.


PUBLICIDADE

Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018


Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

HOQUEI SALA

luta.

Jaime Amorín, organizador do campionato, coas autoridades durante a presentacion no Concello./M.REJO.

O futuro do hoquei dase cita estes días nos Remedios 4 O Club Hockey Barrocás organiza o campionato xuvenil do 9 ao 11 de febreiro. Redacción O martes 6 de febreiro presentouse no salón de plenos do Concello de Ourense o 64 Campionato de España de hoquei sala xuvenil. O artífice de que esta competición se leve a cabo na nosa cidade non é outro que o presidente do Club Hoquei Barrocás, Jaime Amorín. En xuño do ano pasado concedéronlle a organización deste campionato, como xa fixeran nos anos 2010 e 2014. “Parece que cada catro anos tócalle organizar un campionato oa Club Hockey Barrocás”, dixo Jaime Amorín. Na presentación estive-

Afeccionados ao hoquei de Vigo, Coruña e norte de Portugal achegaranse estes días ata a nosa cidade

ron autoridades representando ao Concello -Jesús Vázquez e Mario Guede-, Deputación -Bernardino González- e o presidente da Federación Galega de Hoquei, Antonio Piñeiro. Nela, Amorín detallou o orzamento deste torneo que ascende a 7.680,28 euros, que coa colaboración de Concello de Ourense, Deputación, Secretaría Xeral para o Deporte e aos fondos propios do club quedarán cubertos. O presidente da Federación Galega de Hoquei tamén destacou o “gran esforzo de Jaime Amorín por conseguir este campionato para a nosa cidade, pois case sempre se realiza en Cataluña polo poder económico deses clubs e o seu alto número de equipos na elite”. Obxectivo do Barrocás Falando xa como presidente do Club Hoquei Barrocás, Amorín desta-

cou que “sería un éxito chegar á semifinal”, ante a dificultade do seu equipo de poder competir cos outros clubs participantes, sobre todo “os clubs cataláns, de onde é o berce deste deporte, do hoquei, son clubs privados con grandes instalacións e moitos socios. Nós (o Club Hoquei Barrocás) entrenamos en Oira de 23.00 a 00.00 cando é a hora de descansar, e todos eles entrenan nunha instalacións privadas a horas máis axeitadas”. Pero isto non impide que o Club Hoquei Barrocás sexa a referencia do hoquei en Galicia. De feito, vén de acadar o quinto posto no campionato de España absoluto que se celebrou recentemente en Málaga. Outros anos conseguiu o terceiro posto. Nesta fin de semana, agárdase que se acheguen á nosa cidade amantes do hoquei de Vigo, Coruña, norte de Portugal, ademáis das vinte persoas

Participantes Neste campionato de España participan oito equipos xuvenís. Catro cataláns (CD Terrassa, Atletic Terrasa, Junior FC e Club Egara), dous madrileños (Club de Campo e SPV Complutense), un cántabro (RS Tenis) e un galego (Club Hoquei Barrocás). Unha vez que todos os equipos dos dous grupos xoguen entre sí, resultará unha clasificación definitiva pola que seguirán os enfrontamentos para dilucidar o campión e os postos nos que rematarán o resto. Así, na tarde do sábado 10 de febreiro, ás 15:45, os cuartos clasificados de cada grupo mediranse para ver quen ocupa a sétima e oitava praza. Ás 17 horas, o terceiro

do grupo A e o terceiro do grupo B loitarán polo quinto e sexto posto. Semifinais e final E ás 18:15 e ás 19:45 terán lugar as dúas semifinais, que enfrontarán aos dous primeiros de cada grupo. O domingo 11 de febreiro só haberá dous encontros. Ás 11 da mañá decidirase o terceiro e cuarto posto e, de seguido, ás 12:30, será a gran final, na que se decidirá quen é o campión xuvenil de hoquei sala de España. Ao remate terá lugar a entrega dos trofeos.

O domingo, ás 11 horas, decidirase o terceiro e cuarto posto; e ás 12:30 será a gran final

por clube e familiares que decidan asistir, algo polo que o alcalde, Jesús Vázquez, se alegra, “e de que o Club Hoquei Barrocás estea entre os equipos máis potentes aínda que sexa con menos recursos”. Tamén está seguro de que “este campionato será un éxito pola experiencia da organización neste tipo de eventos”. O campionato O Campionato de España comeza este venres 9 de febreiro ás 11 da maña no anexo do pavillón dos Remedios co partido entre os dous favoritos a gañar este torneo, o C.D. Terrassa e o SPV Complutense. O vixente campión, RS Tenis, tamén participa, pero con menos opcións que o ano pasado, no que xogou con xuvenís de último ano que xa non están. A entrada será de balde para os que queiran asistir e ver as próximas figuras do hoquei e futuros xogadores na categoría abso-

Horarios e enfrontamentos do Campionato de España.


HOQUEI SALA

Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

Xogadores que conseguiron o bronce en Terrassa, tempada 2015/2016, gañando 5-3 ao Pozuelo. Arriba: Kuko, Manu, Borja, Kaskius, Maque e Roberto (adestrador). Abaixo: Jorge, Oscar, Dylan, Zane, Albornoz, Jonathan e Xurxo. Xogadores que clasificaron ao equipo no 5º posto no Campionato de España absoluto de hoquei sala desta tempada, gañando ao Málaga 91 por un contundente 8 a 3. Arriba: Fisio, Roberto, Albornoz, Borja, Daniel, Anxo, Sergio, Jonathan, Kuko. Abaixo: Dylan, Zane, Jacobo, Kaskius e Xurxo.

Hockey Barrocás, un barrio que ama este deporte 4 Facemos repaso da historia deste club e dos seus últimos logros a nivel nacional. Redacción O Club Hockey Barrocás ten a súa orixe no ano 1990, no barrio ourensán de Barrocás, onde contaba cunha boa canteira de xogadores. O barrio foi sempre un viveiro de xogadores para o club, que aos poucos foi incorporando membros procedentes doutras partes da cidade. No ano 2015 cumprironse 25 anos de andaina deportiva do club, con numerosos logros e trofeos, reflexo do gran traballo realizado sempre coa canteira. Punto de inflexión O acontecemento máis importante do Club Hockey Barrocás produciuse na tempada 1994/1995, cando o equipo que militaba en 2ª División Nacional Liga Galega, conse-

guiu o ascenso a Primeira División Nacional. A partires desa data, a marcha do equipo foi en constante evolución ata chegar á máxima categoría do hoquei nacional División de Honra A - na tempada 2005/2006. No camiño quedan catro anos en División de Honra A e 14 en División B, competindo cos mellores equipos do país. Hoquei sala En hoquei sala, nos últimos anos o club ourensán veu proclamándose campión galego, e logrou estar presente nos últimos cinco anos no Campionato de España sénior masculino, con dúas medallas de bronce consecutivas, tempadas 2015/2016 e 2016/2017, un sexto e dous quintos, o último neste campionato nacional absoluto celebrado fai

uns días en Málaga. Explicar cunha cor quen é o campión galego é sinxelo. O laranxa de Caldaria Barrocás é o que dominou na súa maioría o panorama galego deste deporte. Esta tempada volveu a ser así, gañando na final 9-2 ao Albor, permitíndolle acadar unha praza directa para o Campionato de España celebrado en Málaga do 2 ao 4 de febreiro deste 2018. Cabe sinalar que na cita de Málaga o xogador do Barrocás Xurxo Cid foi o máximo goleador do torneo, con 16 goles.

O equipo acadou a máxima categoría do hoquei nacional na tempada 2005/2006

Xogadores que acadaron o bronce en Matadepera, tempada 2016/2017, gañando ao club organizador, o CD Terrassa, nos penaltis. Arriba; Borja, Kuko, Jonathan, Albornoz, Sergio, Carlos e Manu. Abaixo: Kaskius, Zane, Óscar, Jacobo, Xurxo e Dylan.

Equipo campión galego na tempada 2017/2018.


10

Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

FÚTBOL SALA

O fatídico último minuto 4 O Cidade das Burgas cae ante o Móstoles. R. Torres Son demasiadas as veces que nesta liga o Cidade das Burgas perde -ou empata- nos últimos intres de encontro. A última na pasada xornada, na casa, diante do Móstoles. O encontro era unha nova final para o Cidade na súa loita pola permanencia; enfronte, un Móstoles que aínda que é un rival directo atopabase con 10 puntos máis cas ourensás ao inicio do partido. As cousas non comezaron ben para as de Codeso, xa que aos tres minutos, Shiori adiantaba ás visitantes á saída dun saque de banda. O seu lanzamento colouse pola escadra. Rocío poñía terra de por medio co segundo tanto aos 15 minutos (nunha

contra); previamente Nahir lanzara o balón ao pao. Antes do descanso, o porteira Ana devolvía a esperanza ás franxiverdes cun tanto nos segundos finais do primeiro acto. Ao descanso o marcador podería ser outro se anteriormente Sonia Pacios houbera marcado un disparo que foi repelido polo pao. O segundo acto comezou cun duro revés para as locais; e é que Ana Lastras se tiña que retirar lesionada. Pero o Cidade lonxe de lamentarse tirou de xenio e, aos seis minutos da reanudación, a capitá Sonia Pacios conseguía igualar o partido revolvéndose na zona de pivote nunha xogada de posesión prolongada das galegas. O Cidade entraba no seu mellor momento do partido,

Sonia Pacios nun encontro nos Remedios. /RAMSÉS.

cun Móstoles cargado de cinco faltas, pero non souperon aproveitarse da situación. No tramo final as madrileñas revertiron a situación e delas foron as mellores xogadoras con sendas ocasións de Patri Chamorro e de Celia, con balón ao pao da segunda. Pero pasaban os minutos e o marcador non se movería ata que chegaba o fatídico último minuto, o que atemoriza ao Cidade e no que xa levan perdidos innumerables puntos esta tempada. Foi nese minuto, o 40 de encontro, cando Inma lograba o gol que lle daba a vitoria do Móstoles ante a desolación de xogadores e público presente. Lesións Ademais da derrota as ourensás remataron o partido con dúas xogadoras, importantes lesionadas. Ana Lastras e Sonia Pacios sofriron problemas físicos polo que se tiveron que retirar antes de tempo. Soto O Cidade volve a ter unha nova final nesta vindeira xornada -a número 17- na que se mide ao Soto del Real. As madrileñas están un posto por debaixo pero cos mesmos puntos, cinco, polo que será vital este encontro para as dúas escadras. Quen venza sairá reforzado de cara á loita pola permanencia; quen perda terá unha profunda ferida anímica da que lle costará saír para seguir buscando a salvación. O Cidade está a seis puntos da permanencia, que a marca o Guadalcacín con 11 puntos.

O Ourense Envialia vence comodamente ao Cádiz 4 Esta vitoria aséntao en zona de Copa. R. Torres Despois da desilusión por non disputar ata o final o título ligueiro o Ourense Envialia parece que recobra as sensacións e os bos resultados volven a chegar. Nesta ocasión foron quen de vencer comodamente ao Cádiz por cero goles a seis e situarse na sexta posición. O encontro comeza ben logo de que aos catro minutos Bea Martín adiantaba ás ourensás de disparo lonxano. Tan só tres minutos despois, Antía lograba o segundo tanto á saída dun saque desde o curruncho. O Cádiz que o tentaba non chegaba con fluidez aos metros de perigo. O terceiro tanto o facía Sara Moreno despois de revolverse na zona de pivote. Así rematarían os primeiros 20 minutos.

Na segunda metade ás andaluzas non lle quedaba outra que aumentar a súa presión para conter as chegadas das ourensás e lograr sorprender á contra. Porén, Antía facía o 0-4 aos 27 de xogo de lonxano lanzamento. No ecuador deste acto Luci colocaba no marcado o cero a cinco ao culminar unha rápida transición ofensiva. Ata o final dous goles máis; Chiqui lograba o sexto e Sara Moreno culminaba a goleada co sétimo -o segundo da súa conta- ao aproveitarse dun erro da defensa gaditana. Copa Con esta vitoria as de Chipi son sextas con 29 puntos, dous máis que Poio (27) e cinco de quedarse fóra de disputar a próxima edición da Copa de España, na que deberá defender o título. Mirando cara arriba na clasifica-

ción, lonxe queda o quinto clasificado; o Alcorcón -de Anita e Vane Soteloestá a seis (35 puntos). E se miramos arriba de todo, a pesar do traspés do líder esta xornada (diante do Poio), o Envialia está a 11 puntos do Atlético Navalcarnero. Vindeira xornada Precisamente o Alcorcón será o próximo rival das albinegras. Un mes despois de xogar o seu último partido na casa, reciben este sábado, 10 de febreiro ás madrileñas. Unha vitoria das ourensás achegariáas a tres puntos.

Este sábado, 10 de febreiro, ás 17 horas o Ourense Envialia recibe nos Remedios ao Alcorcón

Encontro do Ourense Envialia ante o Cidade nos Remedios. /RAMSÉS.


FÚTBOL SALA

Paso firme do Sala Ourense en liga 4 Os ourensáns firman unha nova vitoria ante o Academia Red Blue 5 Coruña. Redacción O Sala Ourense continúa con paso firme ao fronte da clasificación na Terceira división. A última vítima foi un Academia Red Blue 5 Coruña ao que venceu por 1-4 en terras herculinas. Como sempre, o equipo de Kike García saiu á cancha coa súa sinal de identidade: forte presión

en cancha contraria. Isto serviulles para adiantarse na primeira metade por 0 a 2 con goles de David Bermejo e Raúl Rivero. Ao inicio do segundo tempo, un erro de colocación dos visitantes nunha falta, serviulle aos locais para recurtar distancias (1-2), o que inquedaba un pouco a resolución do partido. Os coruñeses crecéronse e os ourensáns

tiveron que tirar de oficio para contrarrestar as acometidas do rival. Ata que no ecuador do segundo tempo Fente devolvía a tranquilidade co terceiro tanto. O 5 Coruña o tentou co xogo de cinco, pero saíulles mal a xogada. Este sistema arriscado fixo que Raúl Rivero aproveitase para pechar o encontro co 1 a 4 definitivo. Líder Con esta vitoria o Sala Ourense é máis líder todavía ao perder o segundo clasificado, A Estrada, nesta xornada diante do Talleres ABC I.E.S Coruxo FS (4-1). Esta derrota fai que o Pazos de Borbén, que gañou esta xornada ao Carballiño, o adiante na clasificación.

Así, tras 17 xornadas disputadas, o Sala Ourense é primeiro con 44 puntos, seguido do Pazos de Borbén, segundo con 38 puntos -a seis dos ourensáns-, e A Estrada, terceiro con 36. Con máis da metade da Liga disputada, os de Kike García son os firmes candidatos para facerse co título e lograr o ascenso de categoría. Carballiño O Carballiño continúa sen levantar cabeza e sufriu nesta xornada unha nova derrota. Foi en cancha propia diante do Pazos de Borbén. O resultado foi de 3 a 7. Os do Arenteiro teñen difícil manter a categoría xa que se atopan a oito puntos

Bancadas cheas ante O Parrulo Redacción O Sala Ourense non puido contra O Parrulo nos cuartos de final da Copa Galicia e ante centos de afeccionados. Os ourensáns puxeron o 0-1 no primeiro minuto, obra de Tizón. Porén, os departamentais empataron aos seis minutos. Antes do descanso xa gañaban por 1-3 demostrando a súa superior categoría (xogan na Primeira división). Trala reanudación, Adri, Íñigo e Isma deixarían o definitivo 1-6. O máis importante deste encontro foi ver as bancadas cheas e a un equipo de Primeira división xogando partido oficial na nosa cidade.

Imaxe das bancadas da cancha central dos Remedios no choque contra o Parrulo./R.T.

4 Os mellores O club entregou os premios Gadeca -mellor xogador do primeiro equipo- e Aceites Abril -mellor da base- do mes no Centro Médico El Carmen. Os mellores foron Diego Fente -Gadeca- e Sergio Sierra (Concello de Coles) -Abril-. Ademais, dase a circunstancia que Fente deixa o club por motivos laborais.

Entrega dos premios Gadeca e Abril aos mellores xogadores de xaneiro. /RAMSÉS.

Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

do penúltimo clasificado (Cee) e a nove do seguinte (Santiago Futsal B). Vindeira xornada Este domingo, 11 de febreiro, xogan diante do Santa Isabel, de Outeiro de Rei. O conxunto lucense é o único equipo capaz, ata o de agora, de vencer neste curso ao cadro

11

ourensán. O encontro terá lugar ás 12 horas na central dos Remedios. Pola súa banda, o Carballiño visita ao Coruxo.

Este domingo, ás 12 h, reciben ao Santa Isabel nos Remedios

Partido do Sala Ourense. /ARQUIVO.


12

Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

SALVAMENTO ACUÁTICO

Equipo máster do Club Salvour no podio do Campionato de Galicia.

Silvia Fernández, mellor deportista, na súa franxa de idade, do campionato.

O salvour repite como campión galego máster

do equipo anfritrión foi en máster. Os representantes do conxunto ourensán lograron máis de 30 metais con 17 primeiros postos entre probas individuais e de relevos. En mulleres, Cristina Colomo (+45) foi primeira en 200 metros natación con obstáculos, 100 metros socorrista, 100 metros remolque de manequín con aletas e 50 metros remolque de manequín. Silvia Fernández (-45) logrou o primeiro posto en 100 metros socorrista e en 50 metros remolque de manequín; o segundo en 100 metros remolque de manequín con aletas;

4 Revalida o título acadado o ano pasado. Redacción O club ourensán de salvamento acuático Salvour revalida o título de campión de Galicia na catergoría máster. Ademais as deportistas ourensás Silvia Fernández e Cristina Colomo proclamáronse como as mellores deportistas das súas categorías. O club Salvour volveu a ser o elexido para organizar o galego de salvamento e socorrismo, polo que a piscina Rosario Dueñas converteuse na sede deste evento unha vez máis. Participaron 12 clubs e preto de 250 deportistas aclamados por máis de medio millar de afeccionados nas bancadas. O club ourensán proclamouse campión galego en categorías máster, sendo Silvia Fernández López a

mellor deportista máster (-45 anos) do campionato e Cristina Colomo a mellor deportista máster (+45 anos). Outras categorías Fóra dos máster os integrantes do Salvour no resto de categorías tamén realizaron un destacado campionato. A xuvenil Eva Espinosa subiu dúas veces ao podium (prata en 50 metros remolque de manequín, nun apertadísimo final) e bronce en 100 metros combinada. Nesta mesma categoría Samuel Igrexas alcanzou a posición 18ª. En sénior, Ecequiel Quiroga logrou a medalla de bronce en 200 metros obstáculos (proba na que Jorge Sánchez quedou no posto 17) ao igual que Andrea Bello, esta nos 100 metros combinada ademais de va-

rios cuartos postos. En júniors, Silvia Quintela ocupou o posto número 11. En canto á clasificación absoluta, o Salvour foi oitavo con 169 puntos. O torneo gañouno o Club Salvamento Sada, seguido do Umia e o Carballo. Actuacións A auténtica exhibición

Integrante do Salvour realizando a súa proba.

e o terceiro posto en 200 metros natación con obstáculos. Paula Fernández (45), primeira en 200 metros natación con obstáculos, en 100 metros remolque de manequín con aletas. María López (-45) fíxose coa segunda posición nos 200 metros natación con obstá-

Silvia Fernández e Cristina Colomo, proclamadas mellores deportistas máster

culos. En homes, Jesús Carlos Quintas (45-49) foi o mellor en 200 metros natación con obstáculos e nos 100 metros remolque de mane-quín con aletas, ademais foi segundo en 50 metros remolque de manequín. Roberto Naranjo (45-49) foi segundo en 100 metros socorrista e terceiro en 200 metros natación con obstáculos e nos 100 metros remolque de manequín con aletas. Marcos Estévez (45) acadou a primeira posición en 200 metros natación con obstáculos ao igual que Julio Iglesias en 50 metros remolque de manequín. Héctor Pérez (45-49) rematou segundo en 200 metros natación con obstáculos. Nos relevos 4x50 natación con obstaculos e 4x50 metros combinado, categoría másterR4 +230 o Salvour logrou a primeira posición tanto en homes coma mulleres. O 4x25 metros remolque de manequín másterR4 +230 (feminino) tamén logrou a vitoria. Estes resultados servíronlle para facerse co título autonómico na categoría máster.


POLIDEPORTIVO

Canal rompe, Feijoo remonta 4 No Campionato do Mundo de Valkenburg. Redacción

Partido do equipo masculino do Auriense.

Unha vitoria e unha derrota 4 Para os equipos do Auriense Fútbol Gaélico. Redacción Unha victoria e unha derrota na última xornada para o Auriense Fútbol Gaélico. No partido feminino gañaron con solvencia, pese ao resultado final, no seu encontro ás Irmandinhas da Estrada, nun partido que dominaron dende o principio. O resultado final foi de 4-10 (22) - 3-7 (16). Xa no partido masculino, os rapaces caían contra o actual líder e campión da Liga. Aguantaron soamente os primeiros 10 minutos, ata que o físico dos xogadores da Estrada acabou por tumbar ao Auriense.

0-8 (8) - 5-22 (37) foi o resultado. Torneo A Liga descansa esta fin de semana. Porén, o gaélico non para xa que A Estrada acolle un torneo con equipos de Europa no que estará presente o Auriense cos dous equipos, masculino e feminino.

O Auriense participa esta fin de semana nun torneo internacional na Estrada

Na localidade holandesa de Valkenburg celebrouse a última proba do Campionato do Mundo de ciclocros na que participaron Iván Feijoo e Carlos Canal, do Club Ciclista Maceda Academia Postal Actyon MMR. Feijoo, na categoría sub 23 fixo unha gran remontada tras verse perxudicado por unha caída na primeira volta o que lle relegou ás últimas posicións. Volta a volta Feijoo foi adiantando a rivais ata rematar a proba na posición 26ª. O podio sub 23 estivo formado por Eli Iserbyt (Bélxica), Joris Nieuwenhuis (Holanda) e Yan Gras (Francia), como primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. O mellor español foi o rival de Feijoo en todas as probas nacionais, o catalán Jofre Cullell (14º). O ourensán rematou 26º a 5:48 minutos do campión. Canal Pola súa banda, Carlos Canal sofriu unha avaría o que o relegou a postos máis discretos. O de Xinzo de Limia remataría no posto 63. E iso que rodou cos mellores chegando a

estar sexto, pero a rotura na patilla do cambio fixo que non puidera competir cos mellores. No momento da rotura estaba lonxe da zona de boxes polo que tivo que facer parte do percorrido a pé. Nesta categoría cadete Ben Tullet (Gran Bretaña) foi o vencedor, seguido do checo Thomas Kopecky e do holandés Ryan Kamp. Hoogerheide Non tiveron o seu mellor día os ciclistas co

Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

Club Ciclista Maceda, Iván Feijoo e Carlos Canal, na Copa do Mundo celebrada en Hoogerheide (Holanda). Ivan Feijoo rematou o 39º. A pesar da boa saída, Feijoo sofría un pinchazo cando rodaba no posto 21. Isto fixo que tivera que cambiar de bicicleta, tralo cambio non foi quen de recuperar o ritmo das primeiras voltas o que lle fixo perder posicións e baixar ata a 39ª final en categoría sub 23. Carlos Canal tampouco tiña o seu mellor días, e aínda que tivo unha boa saída perdía posicións en cada volta. Ao final remataba no posto 46 lonxe do top ten da semana anterior en Nonmay.

13

EN BREVE

4 Fútbol sala Galicia estará na fase final do campionato de seleccións territoriais sub 21 de fútbol sala feminino. Acompañarán a Galicia, Cataluña, Andalucía e Murcia despois de clasificarse o primeiro equipo de cada grupo na fase previa. Galicia estaba encadrada no grupo C xunto a Navarra e Comunidade Valenciana.

4 Exposición O Club Alpino Ourensán organiza unha exposición de fotografía de montaña nos meses de febreiro e marzo no Ximnasio The Gallery Gym.

4 Judo Dous judokas ourensáns participaron no Campionato de Galicia júnior de judo no complexo deportivo Santa Isabel de Santiago de Compostela (Coruña). Iria Ollero (-57 kg) e Rubén Córdoba (-73 quilos) participaron nesta competición rematando nos postos sete e oito, respectivamente.

4 BTT

Iván Feijoo na proba disputada en Hoogerheide.

O domingo, 18 de febreiro, o Club Deportivo Tres Lunas de Quereño organiza unha andaina, BTT en Rubiá. A hora de comezo da proba será as nove da mañá.


14

Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

ACTUALIDADE

O Xadrez Ourense imponse ao Rianxo 4 Colócase a medio punto do liderato. Redacción A Liga da División de Honra de xadrez aprétase trala vitoria do Xadrez Ourense ante o Rianxo. Os ourensáns impuxéronse por 1.5 a 4.5 na segunda xornada de liga. Os ourensáns demostraron por que eran os favoritos ante o recén ascendido de Xadrez Rianxo. O triunfo cimentouse coas vitorias parciais de Adrián Gómez, Yudania Hernández, Carlos Novais e Elías González e as táboas de José Saavedra. Con este resultado Xadrez Ourense segue a pelexar polo primeiro posto da División de Honra e sitúase a tan só medio punto do líder, o “Xadrez Galego” pontevedrés. Pola sua banda, o Liceo de Ourense recibía ao Círculo Chantadino. Os lucenses superaban aos liceístas por un apretado 2.5 a 3.5. Malia a derrota, os 2.5 puntos logrados poden resultar importantes de cara á loita por consolidarse na categoría e acceder á zona tranquila da táboa. Os liceístas sumaban as victorias de

Presidents Cup´s Redacción A taekwondista cadete do Centro Deportivo Couto, Ainoha García, logrou clasificarse para o próximo Campionato de Europa de taekwondo, na categoría -55, despois de imporse na prestixiosa President´s Cup for Children, que se celebrou en Alemaña. A deportista do club ourensán gañou os cinco combates nos que superou a Matea Zeljo (Croacia), Dionysia Bourdeka (Grecia), Daria Tyseva (Rusia), Theopoula Sarvanaki (Grecia) e, xa na final, á holandesa Mink Amy. Tamén estivo moi preto das medallas a súa com-

Marcos Lorenzo, Armando De Sousa e as táboas de Carlos Negreira. Outras categorías Sorte dispar para os conxuntos ourensáns dentro da Primeira división, na que hai que reseñar as victorias do Universitario de Ourense en Nigrán por 1.5 a 2.5 e a do Xadrez Ourense “B” en Barrocás ante o Mosefesa de Vigo por idéntico resultado, 2.5 a 1.5. O recén ascendido Xadrez Verín, manifesta as súas intencións de asentarse na primeira categoría e segue sumando importantes puntos, nesta ocasión un empate (2-2) ante o Bouzas de Vigo, en terras de Monterrei. O único conxunto ourensán en caer nesta xornada, dentro da categoría de prata, foi o Xadrez Ourense “C” en terras viguesas ante o Alekhine por un apretado 2.5 a 1.5. Na segunda división grupo surleste, hai que destacar as rotundas victorias do Ateneo de Ourense en Vigo ante o

pañeira de equipo, María Ferreiro, que caeu na rolda de cuartos de final contra a rusa Sofya Solovyova (10-13), despois de superar outros dous combates.

Ainoha García xunto a María Ferreiro e Julián Feijóo.

Lucena por un claro 0-4, así como a que obtiña o xoven conxunto do Xadrez Ourense “E” ante o visitante Chantada “B” por 3.5-0.5. Nos derbis provinciais que deparaba o calendario para esta segunda xornada, 1-3 para o Benchoshey en terras de Monterrei ante o Xadrez Verín “B”; a goleada do Xadrez Celanova ante o Xadrez Ourense “D” por 4-0; e a apretada victoria do Universitario “B” de Ourense en terras do Barco de Valdeorras por 1.5 a 2.5. Pola súa banda o A.P.

de Bande lograba unha importante victoria por 1.5 a 2.5 en terras do Deza ante o Xadrez Lalín. A liga 2018 prolongarase ata o vindeiro mes de maio, nunha competición na que toman parte máis de 200 equipos e para a que se dan cita en cada xornada algo máis de mil xadrecistas federados.

O Liceo perdeu ante o Círculo chantadino na División de Honra

Encontro do recén ascendido a Primeira División, o Xadrez Verín ante Bouzas de Vigo.


ESPECIAL ENTROIDO

Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº173- Ano: X - 9 de febreiro de 2018 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Chega o agardado Entroido de Verín 4 O desfile terá lugar o domingo pola mañá. Co Domingo Fareleiro deu comezo o Entroido de Xinzo./RAMSÉS.

Xinzo de Limia volta ás súas raíces 4 Dende a organización tentan potenciar a parte tracional do seu Entroido. M.R. Cando leades estas liñas moitos de vós xa vos enchoupastes de fariña e vistes como romperon as olas. E é que Xinzo de Limia xa celebrou os domingos Fareleiro e Oleiro. E que queda por chegar? Co petardazo o pasado sábado 20 de xaneiro na praza Carlos Casares ás 12 da noite, Xinzo comezou unha voráxine de desenfreo e troula que rematará, para os que cheguen, o 18 de febreiro co Domingo de Piñata. Despois, a fin de semana do 27 e 28 de xaneiro tivo lugar a colga do meco, e celébrase o Domingo Oleiro. Nestes dous días pediuse a todos os asistentes que vestiran traxes vellos ou carozos e leven apeiros de labranza dos anos 20 e 30, unha aposta que a organización fai para recuperar ese pulo tradicional do antigo Entroido que sobreviviu ata o de agora. Corredoiro Na seguinte fin de semana, a do 3 e 4 de febreiro, por fin apareceron as pantallas na primeira carreira do ano, que asombrarán máis aos visitantes que aos veciños. E sen darnos conta entraremos de cheo no corazón do Entroido. Como

antesala, o venres día 9 os máis pequenos, xa entrenando para cando sexan mozos, farán un desfile ás 11:30. Os días seguintes, sábado, domingo e luns, continuará sen parar a festa na rúa a cargo de charangas e orquestras repartidas por toda a vila ata ás 2:30 horas, para que os asistentes gocen da celebración limiá. Dende o Concello piden que a esa hora cese todo o posible o ruido da música exterior.

máis de festa esta cita.

Enterro da sardiña O mércores, 14 de febreiro, os limiáns enterrarán con moita dor a sardiña ás 21 horas, previa procesión dende unha hora antes.

Orzamento En canto ao orzamento, aínda non se pode saber porque faltan as aportacións persoais e empresariais, que contan sexan menores xa que este ano non hai entrega en metálico, senón que hai que ingresalo nunha conta bancaria. Pero é o Entroido, e pode haber sorpresas. O Concello achega 80.000 euros e coas aportacións agardan rondar os 100.000. Outro tema no que está traballando o Concello é a declaración turística internacional do seu Entroido. Xa teñen unha partida económica preparada para invertir en reportaxes cos medios de comunicación máis importantes europeos e americanos, principalmente, un dos requisitos para obter esta declaración. Xa o vén traballando con axencias e pode ser que estea antes do verán, sendo así o primeiro Entroido de Galicia en ter esta calificación.

Piñata E xa como remate final, o domingo 18, de Piñata, ás 17 horas, na praza Maior congregará a todos os entroideiros da provincia que queiran despedir cun pouco

O desfile terá lugar o martes 13 desde as 17:30 h

Desfile O Martes de Entroido, o protagonista será o desfile a partires das 17:30 horas, acompañado por charangas. Este ano vánse representar as distintas fases do Entroido, para que non sexa un mero desfile de carrozas e comparsas.

Redacción Co anuncio do que nos agarda por parte dos Cigarróns (Domingo Corredoiro) e a resaca do Xoves de Comadres, Verín métese de cheo no seu Entroido. O sábado 10, unha descarga de foguetes e bombas, e as charangas espertan a todos os veciños, anunciando o Sábado de Entroido. Pola tarde, na praza do Cigarrón, organizado pola Asociación do Cigarrón, terá lugar o acto solemne no que tres novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras en presenza de toda a xente que queira acompañalos nese día tan especial. Non faltará

a Raíña do Entroido e o Entroideiro Maior. Ese día haberá tamén degustación gratuíta de produtos típicos, como a bica e o licor café, amenizando dito acto con diversas charangas. Gran desfile O Domingo de Entroido, 11 de febreiro, será o día grande de maior intensidade na capital de Monterrei. Veciños e visitantes agardan a chegada do desfile de comparsas e carrozas, que se concentran no barrio de San Roque ata a súa saída. Ás 12 do mediodía comenza o gran desfile de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns, amenizado pola Banda

Os Cigarróns serán unha das atraccións no desfile de Verín./ARQUIVO.

de Gaitas do Concello de Verín, e das charangas, que percorrerán as rúas da vila, abarrotadas de xente, que termina por reunirse na praza García Barbón ao remate dese desfile popular. Resto de días O día 12 celébrase o Luns Fareleiro. Pola mañá, o son dun foguete é o aviso de máis troula. Pola tarde, terá lugar o carnaval infantil no pavillón de deportes, con xogos e música para os máis cativos. Así mesmo, unha charanga amenizará o baile da terceira idade. Na tardiña terá lugar reparto de bica e empanada para coller forzas e volver ao baile co son da música da orquesta. O Martes de Entroido podemos consideralo o último gran día da gran festa popular en verín. Bombas e foguetes comezan pola mañá coa mesma intensidade como anunciaron a chegada do Entroido. Despois de xantar as rúas voltan a encherse de xente para revivir o desfile de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns que tivo lugar o domingo, amenizado unha vez máis pola Banda de Gaitas do Concello de Verín, e das charangas. Conclúen este día os bailes e verbenas populares, e a festa nocturna dase por finalizada para moitos e moitas ao amencer do día seguinte. O Mércores de Cinsa, os entroideiros participarán coa súa pena no enterro da sardiña. E o día 18, o Domingo de Piñata pon o epílogo ao Entroido deste ano cun xantar popular para os participantes nos desfiles.

O gran desfile de comparsas e Cigarróns terá lugar o domingo 11 a partir das 12 horas


Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.