Barrios 48

Page 1

[ Páx. 5]

O Campus Ourense Rugbi ten asegurada a permanencia XIMNASIA

Páx.3

O CxP participará na Copa da España de Guadalaxara

WUSHU

Páx.4

O Club Artai destaca no Campionato de España de wushu

FÚTBOL

Páx.5

A Unión Deportiva Ourense busca seguir con opcións

HOQUEI

Páx.8-9

Especial Campionato de España de hoquei sala xuvenil

Ninguén frea ao COB

XADREZ

Páx.14

O Xadrez Ourense recupera o liderato na División de Honra

Unha pista de récord

[Páx. 2] Jhornan Zamora, no partido contra o Prat. // Unha atleta participando no Campionato de España sub20 de pista cuberta celebrado en Expourense./RAMSÉS.

Número: 48 - Ano: XI - 9 de marzo de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón o 15 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

[Páx. 3]


Barrios 9 de marzo de 2018

AXENDA / BALONCESTO

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 11 de marzo. O Couto. Ourense CF - Ribadumia. Terceira división. - Día 11 de marzo. Calabagueiros. Barco - Compostela. Terceira división. - Día 11 de marzo. Bande. Bande - Sanxenxo. Rexional Preferente. - Día 11 de marzo. Arrabaldo. Ribeiro - Atios. Rexional Preferente. - Día 11 de marzo. A Tella. Nogueira - Erizana. Rexional Preferente. - Día 18 de marzo. Os Carrís. Barbadás - Arousa. Terceira división. - Día 18 de marzo. O Couto. UD Ourense - Pontellas. Rexional Preferente. - Día 25 de marzo. Espiñedo. Arenteiro - Silva. Terceira división.

Baloncesto

- Día 16 de marzo. Paco Paz -21:00 h- Rio Ourense Termal - Cáceres. LEB Ouro. - Día 17 de marzo. Paco Paz - 19 h - Rio Ourense Termal B - Baloncesto Narón. Liga EBA. - Día 18 de marzo. Polideportivo Vedruna. Codigalco Carmelitas - Colexio San Fernando.

Atletismo

- Día 10 de marzo. Ourense. XXXI Campionato de Galicia Sub16(CAD) de Pista Cuberta. - Día 10 de marzo. O Barco de Valdeorras. Xogade – Atletismo Pista – Fase Previa Valdeorras 2017/2018. - Día 10 de marzo. O Carballiño. III 102 Km. O Carballiño – Santiago de Compostela. - Día 17 de marzo. O Pereiro. Xogade – Atletismo Pista – 1ª Fase Ourense 2017/2018. - Día 24 de marzo. Campus universitario. VII Trofeo Club Deportivo Aurum.

Fútbol sala

- Día 10 de marzo. Os Remedios - 17 h - Cidade das Burgas - Leganés. Primeira división. - Día 11 de marzo. Os Remedios - 12 h - Sala Ourense - Culleredo. Terceira división. - Día 17 de marzo. Os Remedios -17 h - Ourense Envialia - Universidade de Alicante. Primeira división. -Día 17 de marzo. Paco Chao (O Carballiño). Carballiño - Campito. Terceira división.

Tenis de mesa

- Día 10 de marzo. Paco Paz -17 h-. Galmédica tenis de mesa - San Esteban Embutidos Cao. Segunda división nacional. - Día 17 de marzo. Paco Paz -17 h-. Galmédica tenis de mesa - Vilagarcía. Segunda división nacional.

Voleibol

- Día 11 de marzo. Polideportivo O Pompeo -12 h-. Hemisferios Ribeira Sacra - La Curtidora. 1ª división. Día 24 de marzo. Polideportivo O Pompeo -16 h-. Hemisferios Ribeira Sacra - Fertiberia Los Campos. 1ª división.

Rugbi

- Día 18 de marzo. Campus Ourense. Campus Rugby - Bathco Rugby Club. División Honra B.

Outros

- Do 9 ao 11 de marzo.Paco Paz. Open Internacional Copa Galicia de ximnasia de trampolín. - Día 10 de marzo. Montealegre club de golf. XXIII Torneo de golf a beneficio da AECC. - Día 17 de marzo. Piscina Rosario Dueñas -pavillón Os Remedios-. II Copa de España de salvamento acuático e socorrismo.

Andainas

- Día 11 de marzo. Cenlle - 9:30 h -. IX andaina Concello de Cenlle.

Ndoye penetra a canastra ante a oposición do xogador de Prat, Andriuskevicius. /RAMSÉS.

A dúas vitorias do playoff 4 O COB tamén se atopa a dous triunfos dunha virtual salvación. R. Torres A evolución do Rio Ourense Termal foi tal nos últimos dous meses e medio que o equipo que dirixe Gonzalo García de Vitoria ten a dúas vitorias a novena praza, ou o que é o mesmo: a zona de playoff. Ademais, con esas dúas vitorias máis chegarían a 12, cifra que marca unha hipotética salvación. O gran estado dos ourensáns xunto ás incorporacións de Rozitis e Zamora fan que o COB sexa un dos equipos máis en forma. Agora mesmo leva a segunda mellor racha de vitorias consecutivas (Manresa leva seis e o COB, catro). Descenso Aínda que a tentación é mirar cara arriba non hai que esquecerse que o obxectivo primordial é a salvación, e esta, aínda que está preto non é definitiva. Clavijo e Palma ocupan prazas de descenso, ambo os dous con sete vitorias, a tres dos ourensáns. En medio, o Barça B, con oito e Sammic, nove. Para o final da liga regular faltan nove encontros, nos

que o COB quere certificar a permanencia o antes posible, e unha vez acada soñar con estar o máis arriba posible, en playoff? tal vez, pero soamente cando a salvación estea no peto. Cara arriba, Palencia ocupa a última praza que da dereito a xogar a promoción de ascenso (noveno) con 12 vitorias. Entre os palentinos e ourensáns están Valladolid e Cáce-

res (11 vitorias), e Lleida e Huesca (con 10 vitorias empatados co COB). Prat Na pasada xornada deu un golpe na mesa ao vencer ao que era o segundo clasificado, Prat. Despois de ir por detrás no marcador durante todo o encontro, os pupilos de García de Vitoria apretaron ao final para poñerse por dian-

te e lograr un novo triunfo. Unha vitoria das que antes non se daban, cun final apretado no que a moeda caía sempre cruz, agora sae cara. Lleida E nesta xornada toca outro duelo catalán-galego. O COB visita ao Lleida que conta coas mesmas vitorias. Neste encontro Davis Rozitis vivirá unha situación especial, xa que o seu equipo anterio foi o Lleida. O equipo que non o quixo fronte a outro que o propio Rozitis lle mudou a cara e convertiuno no mellor equipo da segunda volta na LEB Ouro. O encontro terá lugar no polideportivo Barris Nord de Lleida. Os ilerdenses chegan ao encontro con cinco derrotas nos últimos seis encontros. COB B Despois da última derrota fronte o León (67-70) o filial do Club Ourense Baloncesto ocupa a décima posición na Liga EBA con nove vitorias e 14 derrotas. Esta fin de semana visitan ao Estudiantes Lugo, equipo que lle precede na clasificación (noveno) con dúas vitorias máis.

Zamora facendo unha bandexa diante de Prat. /RAMSÉS.

Restan nove xornadas para que remate a liga regular na LEB Ouro


XIMNASIA / ATLETISMO

O equipo alevín co seu exercicio de pelota.

O CxP participará na Copa da España de Guadalaxara 4 Estará representado por tres conxuntos. Redacción En Pontevedra tivo lugar o Campionato de Galicia individual de base e controis clasificatorios para a Copa de España e Copa da Raíña. Os tres equipos do Club Ximnasia Pavillón (alevín, júnior e sénior) lograron o seu pase á primeira fase da Copa de España que se desenvolverá en Guadalaxara o 22 de abril. No Campionato Galego de Base Individual, Sabela de Martín, na categoría cadete, rematou na oitava posición. Burgas O Ximnasia Burgas realizou un gran concurso na Copa Galicia Internacional de Ximnasia Acrobática. Os dous equipos cos que participou subiron ao

podio logrando a segunda e terceira praza. Cascais O Club Ximnasia Pa-

Barrios 9 de marzo de 2018

Pol Retamal logrou o récord de España júnior de 200 m. en pista cuberta. /RAMSÉS. villón participou con 14 ximnastas no International Beach Cup en Cascais (Portugal) o pasado mes de febreiro. O conxunto ourensán logrou un total de 12 medallas (catro ouros, catro pratas e catro bronces).

A Copa de España disputarase en Guadalaxara o 22 de abril

A pista de Expourense bate récords 4 Tres mellores marcas sub20 batéronse no Campionato de España. R. Torres A pista de atletismo de Expourense está a demostrar que é unha pista rápida. Tres récords (que foron catro, xa que un bateuse en dúas ocasións) fixeron do Campionato de España sub 20 un evento de calidade. Durante a fin de semana do 3 e 4 de marzo a pista de Expourense congregou aos mellores atletas júnior do estado. O máis destacado foron os récords de España da categoría logrados. O atleta do FC Barcelona, Pol

Retamal, logrou batilo por dúas veces; en semifinais parou o crono en 21.12 e na final baixou da barreira dos 21 segundos ao facer

20.99. Nos 400 feminino, Sara Gallego, do Hospitalet, cruzou a meta en 54:09. Tamén nas dúas voltas á pista pero en categoría masculina, Alfredo Jiménez, do Marathon, fixo 47:58. Galegos Non houbo representación ourensán nesta competición pero si galega. Raquel Meaños (valencia Esports) proclamouse subcampioa de España nos 800 quedando a 11 centésimas da campioa, María Lasa (do Tolosa).

Proba dos 60 metros valados. /RAMSÉS.

Media maratón do Carballiño Sabela Martín.

Redacción O Carballiño acolleu a sexta edición da súa media maratón, que ademais celebra, á par, unha carreira de sete quilómetros. Manuel Basteiro foi o máis rápido ao facer o percorrido en 1 hora 15 minutos e 19 segundos. A mellor muller foi Sonia Teijeiro, o seu tempo: 1:29:58. Nos sete quilómetros o campión foi Anxo Castro cun tempo de 23:11 minutos e a mellor muller, Carla de Dios (31:46).

Saída da media maratón e 7k do Carballiño. /K. TORRES.


Barrios 9 de marzo de 2018

ARTES MARCIAIS

O Galmédica cae en Lugo Redacción O Galmédica Ourense tenis de mesa, equipo ourensán que milita na Segunda División Nacional, caeu derrotado na súa visita a Lugo no partido contra o CTM Milagrosa Husqvarna. O partido foi de claro dominio local ao impoñerse por 4 a 2. Os lucenses ocupan a terceira posición e están en postos de promoción de ascenso. Esta derrota non fai que perdan posicións e os ourensáns manteñen a sexta praza con 16 puntos, 14 menos que o líder, Arteal (30 puntos) e a 8 da loita polo ascenso. Por abaixo ten un colchón de 8 puntos sobre a zona de descenso. Xornada 17 A falta de seis xornadas a permanencia está moi encamiñada para o Galmédica Ourense. Esta fin de semana dispútase a xornada 17 na que os ourensáns reciben no Pazo Paco Paz ao Embutidos San Esteban Cao, conxunto que marcha na cuarta posición con 22 puntos, seis máis que o Ourense.

Jacobo Rodríguez executando o seu exercicio.

O Club Artai destaca no Nacional de wushu 4 Logrou un total de 13 medallas. R.T. A fin de semana do 24 e 25 de febreiro, o pa-

villón central do Consello Superior de Deportes de Madrid acolleu o 32º Campionato de España de

wushu. O Club Artai de Ourense (representando á federación asturiana) estivo representado por nove competidores, catro en modalidades de combate e cinco nas modalidades

de formas. En total colgáronse 13 medallas. En formas, Andrea Álvarez Fernández, logrou dous ouros (nanquan e nandao) en cadete feminino; Duna Fernández Joga, conseguiu o ouro en changquan cadete femenino; Martín González Caride, fixose con dúas pratas (nandao e nanquan) e un bronce (nangun) en categoría júnior masculina; Aarón Martínez García acadou un bronce en nandao júnior masculino; e Jacobo Rodríguez Naveira colgouse o ouro en daoshu e unha prata en quiangshu (absoluto promoción masculino). En canto a modalidade de combate, bronces para Sara Álvarez Vázquez en sanda absoluto feminino (-60kg); Ricardo Domínguez Ucha (sanda absoluto masculino, -70kg), Ngagne Faye Faye (sanda absoluto masculino -70kg) e David Nóvoa González (sanda absoluto masculino -75kg). Para o mestre do club, Aarón Blanco, a competición foi excelente para a expedición ourensá xa

Golf en Montealegre Redacción O sábado 10 de marzo celébrase no Real Montealegre Club de Golf o 23º Torneo de golf a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. Ao finalizar a competición realizaranse sorteos entre os participantes.

Ngagne Faye en pleno combate.

Expedición do Club Artai no Campionato.

que “viñemos con logros que poucos clubs a nivel nacional poden igualar. O noso club que ten competidores nos podios das categorías de combate (masculino e feminino) e en todas as idades das categorías de formas. Normalmente os clubs especialízanse en combate ou formas, pero nós conseguimos o alto nivel nas dúas vertentes do wushu/ kungfu. É máis, a nosa competidora Sara Álvarez foi campioa de España en modalidades de formas e agora é unha competidora de alto nivel nas modalidades de combate”. Vindeiras citas O club Artai segue agora co seu intenso calendario deportivo, coas citas do Campionato de Galicia Oficial de Kungfu (abril, Pavillón dos Remedios de Ourense) e Campionato Nacional (maio, en Madrid).

Das 13 medallas 9 foron e formas e 4 en combate


FÚTBOL / RUGBI

Barrios 9 de marzo de 2018

A Unión Deportiva Ourense busca seguir con opcións

ao líder, Colina Clinic (068). Pola contra, lonxe de Ourense non foron quen de vencer ningún partido no que vai de tempada.

4 Está a seis puntos do ascenso. R. Torres A Unión Deportiva Ourense está, cando restan 11 xornadas para o remate da Liga, a seis puntos do segundo clasificado e a oito do primeiro (postos que dan acceso ao ascenso á Terceira división). Situación delicada dun equipo que se autoesixiu o ascenso e que agora o teñen máis lonxe que nunca. Os unionistas chegaron a ocupar a segunda praza, pero pouco a pouco foron perdendo posicións ata caer a quinta actual. Esta fin de semana visitan ao Grove que está dous puntos por debaixo. Unha derrota suporía baixar posicións e alonxarse do ascenso. O que si que está ple-

Partido do Campus en Ourense. /RAMSÉS.

Alfredo ante un rival do Campo Lameiro. tórico é o Bande. Os da Baixa Limia repuxéronse dunha serie de malos resultados a actualmente están asentados na segunda posición, a dous puntos do primeiro, o Estradense. Esta fin de semana reciben ao Sanxenxo. En canto aos outros dous conxuntos ourensáns, No-

O Barbadás segue loitando 4 Sumou unha vitoria ante o Barco por 2-1. Redacción Que ninguén dea por descendido ao Barbadás. O equipo dos Carrís sorprendeu ao Barco a quen venceu por 2 a 1 e suma tres puntos importantísimos na loita pola permanencia. Os de Juanjo Vilachá con esta vitoria suman

25 puntos a tan só un da salvación. Pola contra, a derrota dos valdeorreses o fan alonxarse da primeira praza; agora son terceiros. As vitorias de Arenteiro (5-0 ante Vilalonga) e de Ourense C.F. (0-1 diante de Silva) fan que os primeiros se alonxen do descenso (31 puntos),

gueira e Ribeiro ocupan a penúltima e última posición, respectivamente. Complicado o teñen os de Ribadavia que están a 10 puntos da salvación; os de Luíntra teñen a permanencia a dous. Este domingo o Nogueira recibe ao Erizana e o Ribeiro ao Atios.

e os segundos se asenten na zona media (con 40 puntos).

O Campus roza a salvación 4 Os ourensáns venceron ao Zarautz na última xornada. Redacción O Campus Ourense Rugbi ten practicamente asegurada a permanencia na División de Honra B un ano máis. Despois da vitoria na casa, diante do Zarautz, os homes de David Monreal deron un paso cara a salvación. O

resultado foi de 40-38. No estadio universitario foi onde os ourensáns mostraron o seu poderío, sendo moito máis vulnerables cando xogaban a domicilio. Proba delo é que nos partidos disputados no estadio universitario acadou a vitoria en todos menos no que o enfrontou

Dúas xornadas Tan só quedan dúas xornadas para que remate a Liga. O Campus xogará o primeiro dos dous últimos encontros como local; será o vindeiro 17 de marzo ante o Bathco Rugby Club, complicado encontro xa que se trata do segundo clasificado. A derradeira xornada disputarana o día 25 deste mesmo mes no campo do El Salvador (noveno na táboa). O Campus marcha sexto con 47 puntos. Keltia Pola súa banda, o Keltia caeu eliminado na loita polo título diante do Ferrol, polo que di adeus á tempada e ás opcións de subir de categoría.

O Campus Ourense xoga ante Bathco o próximo 17 de marzo

Vindeira xornada Nesta próxima xornada 29, o Arenteiro visita a Bergantiños (segundo) e o Barbadás a Céltiga (décimo terceiro); Ourense CF e Barco xogan na casa ante Ribadumia (décimo segundo) e Compostela (líder), respectivamente.

O Barco está a 10 puntos do líder

Momento de xogo do España - Portugal de rugbi sub 20. /RAMSÉS.

España - Portugal

Barbadás - Barco, nos Carrís. /RAMSÉS.

O campus universitario acolleu un encontro amigable de rugbi sub20 entre as seleccións de España e Portugal. A vixente campioa de Europa (Portugal) acadou a vitoria ante a subcampioa, España. O resultado foi de 17-22, nun partido no que os lusos non viron perigar a vitoria. Moitas imprecións dos “leonciños” fixeron que apenas tiveran opcións de vitoria. Este encontro foi unha pedra de toque para dous aspirantes a lograr o título continental.


Barrios 9 de marzo de 2018

FÚTBOL SALA

O Envialia empata co Majadahonda 4 Tivo que remontar un 0-2. Redacción O Ourense Envialia logra empatar un partido que no minuto 30 ía cero a dous. Dous goles da ourensá Andrea Feijoo puxo contra as cordas ao Envialia. Porén, estas souperon resarcirse e, primeiro Marta, e depois

Antía colocaron o 2 a 2 no marcardor que sería definitivo. E iso que nos últimos minutos as locais buscaron por todolos medios un gol que lle dera a vitoria, pero este non chegou. Ao final reparto de puntos que non serve para que as ourensás se acheguen aos postos de

Partido entre o Ourense Envialia e Alcorcón. /I. OSORIO.

O Cidade quédase sen tempo 4 Atópase a 11 puntos da salvación. R. Torres Mentres hai vida hai esperanza. Iso é o que deben pensar dentro do club e os afeccionados do Cidade das Burgas para pensar na salvación. A falta de 11 xornadas -33 puntos- para que remate a Liga, as pupilas de Manolo Codeso son décimo quintas (penúltimas) con 5 puntos, a nove dos postos de permanencia. Difícil misión, a da salvación, para un equipo que vive de contratempo en contratempo. Xa comezou a torcerse no verán, cando nin Iria Saeta nin Candela Soria (as xogadoras franquicia) decidiron non continuar na disciplina franxiverde. O equipo quedaba moi mermado en canto a xogadoras con experiencia na Primeira división. Despois

foron as lesións; Nerea, Nati Pacios, Sonia e a porteira Ana tiveron que parar por problemas físicos. Algunhas din adeus a xogar ata final de tempada (casos de Nerea e Ana) e outras estiveron moitas xornadas afastadas da pista (Sonia e Nati). Roldán Con este panorama acudiron ao partido contra Roldán. As ourensás cae-

cabeza. Sextas Son sextas, con 34 puntos a 11 do líder -o Universidad de Alicante-. Este ano o título está moi reñido. Xa non se ve a un Futsi todopoderoso, este ano é máis terreal o que fai que a estas alturas de competición haxa catro equipos na loita polo campionato. Tralo empate da pasada xornada entre Burela e Futsi e a vitoria do Alicante ante o Alcorcón, a clasificación queda coas alacantinas como primeiras (45 puntos); o Futsi, segundo (44 puntos); Roldán, terceiro (43 puntos); e Burela, cuarto (42 puntos). Catro equipos en tres puntos co último tercio da liga por disputar. As ourensás fai tempo perderon toda opción de loitar polo título, ademais nun ano que estaban chamadas a estar entre as mellores. O Ourense Envialia recibe ao Soto del Real nesta xornada, a número 30.

ron por seis goles a cero cun equipo moi novo e inexperto. Con todo non lle perden a cara á liga e, de seguro, que loitarán ata o final. A próxima cita será nos Remedios este mesmo sábado, 10 de marzo, e enfronte terán ao Leganés. As madrileñas son décimas con 23 puntos. O paso cara adiante de María Arias e Clara, xunto á segunda xuventude de Sonia e a experiencia de Ana non está sendo suficiente nunha Liga moi competitiva. Ás ourensás quedanlle 11 xornadas para coñecer o seu destino, un destino que pode ser o descenso pero, iso si, coa cabeza alta.

O Sala Ourense cae cinco meses despois 4 Perdeu na pista do Pazos de Borbén. R.T. Cinco meses despois, ou o que é o mesmo, 18 xornadas máis tarde, o sala Ourense caeu nun partido na Terceira división de fútbol sala. O seu verdugo foi un Pazos de Borbén que impediu que a Liga non tivera historia a falta de nove xornadas para o remate da mesma. Un claro 7 a 4 nun partido no que os ourensáns non renderon o esperado. A pesar de que as bancadas contaron con afeccionados ourensáns, os pupilos de Kike García saíron descentrados o que se reflectiu no marcador. A pesar de que había ocasións nas dúas portarías, o Pazos tivo unha mellor pegada. Con este resultado o Sala Ourense manten o liderato pero con menos puntos de vantaxe. Os ourensáns suman 53 puntos, mentres que o Pazos de Borbén que é segundo suma 48. Estes tres puntos colocano a cinco do li-

derato e deixan un final de tempada máis aberto. Culleredo Os de Kike García deberán demostrar que foi un traspés sen importancia no próximo encontro ligueiro. O Sala Ourense recibe, o domingo a partir das 12 horas nos Remedios, ao Culleredo, equipo que é

quinto. Carballiño O Carballiño colleitou unha nova derrota. Nesta ocasión foi ante o Cee co que caeu por 6 a 8. Unha derrota que o afonda máis na última posición. Esta semana visitan a Santiago Futsal, penúltimo clasificado.

Tizón no partido nos Remedios ante Bueu. /RAMSÉS.

Allariz e Adrián García (no centro) recibindo os seus respectivos premios.

Os mellores de febreiro

O Cidade das Burgas no partido contra Cádiz. /RAMSÉS.

Un mes máis, o Sala Ourense distingue aos mellores xogadores do club, tanto do primeiro equipo coma das categorías inferiores. Do mes de febreiro o mellor xogador do equipo sénior -Trofeo Gadeca- é un vello coñecido neste tipo de distincións; trátase de Allariz. O bravo xogador leva gañado este trofeo en infinidade de veces, e unha vez máis álzase con este premio que recompensa o seu traballo no terreo de xogo. En canto ao Trofeo Abril Gran Selección, o premio nesta ocasión foi para Adrián García, xogador do equipo cadete do Sala Ourense, equipo que milita na Liga galega.


VOLEIBOL / FÚTBOL GAÉLICO

Barrios 9 de marzo de 2018

O Dompavolei xogará ante Xiria polo ascenso 4 O equipo sénior rematou quinto na Liga. Redacción O equipo do Dompavolei de Primeira división feminina perdía na última xornada ante o Ames. As ourensás realizaron un gran encontro chegando a empatar a dous sets. Finalmente, a vitoria quedou para o cadro local o que deixou ás ourensás na quinta praza na da competición. Esta quinta posición fai que disputen a fase de ascenso diante do Xiria. A eliminatoria será a dous partidos (ida e volta).

Último partido, ata a data, disputado no Pompeo polo Hemisferios Ribeira Sacra.

Vitoria a domicilio do Hemisferios 4 Derrotou a Pozuelo por un set a tres. Redacción O Hemisferios Ribeira Sacra de Primeira división do voleibol nacional vén de sumar unha nova vitoria a domicilio. Nesta ocasión foi na casa do Mintonette Pozuelo a quen derrotou por un set a tres. Os resultados parciais (23-25, 25-23, 22-25 e 2325) demostran a tremenda igualdade durante todo o encontro, decantándose para o cadro ourensán grazas ao acerto no saque. Gladys foi vital neste apartado no tramo final do encontro. Estos tres puntos que se traen de Madrid as deixan

na sexta praza a un punto do Voleibol Rivas pero cun partido menos cas madrileñas. Avilés Esta fin de semana reciben a visita da Curtidora de Avilés, que ocupa a oitava posición na liga; as asturianas derrotaron ás ourensás na primeira volta.

Este domingo reciben, a partir das 12 no Pompeo, ao Avilés

Outros equipos O San Martiño, de 2ª división, desprazouse ata A Coruña para medirse ao Calasancias. A derrota, por 3-0, non foi problema para rematar a Liga na terceira posición. Na segunda fase terán no Noia ao seu rival; eliminatoria a ida e volta. As xuvenís de 2ª división xogaron na casa do Rianxo ao que venceron

por 0-3. A pesares da vitoria, as ourensás quedaron segundas, tendo ao Lugo como rival na eliminatoria de ascenso (a dous partidos). O equipo cadete de Segunda venceu en Rianxo por 2-3 o que lle deu a sexta praza e, con ela, loitar na fase de ascenso. O seu rival, o CV Bruxas, equipo de Primeira que loitará por non descender.

Equipo sénior do San Martiño Dompavolei.

Regreso de baleiro de Lalín 4 O Auriense cae ante o Herdeiros de Dhais. Redacción O Auriense Fútbol Gaélico non puido sacar nada positivo da última

As infantís de 2ª división perderon diante do Calasancias e terán que pelexar pola permanencia. As ourensás agardan rivais para esta fase. Outros equipos do club que loitarán polo ascenso son: IES Lagoas (3ª División feminina xuvenil); IES Allariz (3ª División feminina cadete); IES Lagoas (3ª División feminina cadete); Dompa O Barco

xornada disputada. A pesar das boas sensacións, do xogo despregado, os ourensáns caeron ante o Herdeiros de Dhais por 23

Equipo masculino do Auriense F.G.

(4-11) - 14 (3-5). Nun partido moi igualado entre o cuarto e quinto clasificado na Liga Galega, o acerto a paus do equipo local desequilibrou a balanza, deixando practicamente fóra do Torneo Ibérico ao conxunto ourensán. Feminino Respecto ao equipo feminino, o Torneo Internacional Garañón na Estra-

(3ª División feminina cadete); e o IES Allariz (3ª División feminina infantil). Intercampus O mes de febreiro (concretamente o día 21) celebrouse no pavillón da Xunqueira da Universidade de Pontevedra, o Intercampus da Universidade de Vigo. Enfrontáronse equipos dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra. Os ourensáns levaban un equipo formado por nove mulleres e tres homes. Venceron o primeiro encontro diante do Pontevedra, por dous sets a cero. Un set para cada equipo nos dous primeiros no partido contra Vigo deixaba as espadas en todo o alto para o último set e así saber que equipo era o gañador. Os ourensáns tomaron o mando nos primeiros puntos, pero os vigueses souberon repoñerse e pórse por diante (19-21). Pero o Campus Ourense tirou de calidade e logrou repoñerse ao momento complicado para levarse finalmente a vitoria por 25 a 22. Deste xeito o Campus de Ourense proclamouse campión do Intercampus 2018 nunha final moi trepidante.

da, que ían a disputar, tivo que ser aprazado debido a que os equipos irlandeses non puideron desprazarse na fin de semana. Este domingo, 11 de marzo, ambos equipos -masculino e femininoreciben a visita de Fillos de Breogán da Coruña, no campo do campus universitario. Os dous conxuntos herculinos están destacados nas respectivas ligas galegas.


Barrios 9 de marzo de 2018

HOQUEI SALA

Integrantes do Atlétic Tarrasa, vencedor da cita./I.OSORIO.

O Atlétic Terrassa proclámase campión xuvenil de hoquei 4 O RS Tenis, campión do ano pasado, quedou segundo e o CH Barrocás acabou nun meritorio sexto posto. Redacción O Campionato de España xuvenil de hoquei sala que se disputou entre os días 9 e 11 de febreiro non deixou indiferente a ninguén. Os afeccionados que encheron as bancadas do anexo do pavillón dos Remedios gozaron do gran nivel exhibido polos futuros xogadores dos grandes equipos deste deporte. Primeira xornada O CH Barrocás debutou neste torneo ante o Club

Un empate e unha derrota fixeron que o CH Barrocás se xogase o pase á seminifinal ante o SPV Complutense, co que perdeu

Egara, actual subcampión de Cataluña. O partido foi moi igualado, pero en dous contragolpes os cataláns chegaron ao descanso con 2 a 0. Ao pouco de comezar a segunda parte un penalti strock puxo o 3-0 no marcador. Faltando cinco minutos, o CH Barrocás retirou ao porteiro e xogou con seis, conseguindo en catro minutos trepidantes empatar o partido a tres. No último minuto non se movería o resultado e os dous equipos conseguiron un punto. No segundo choque da xornada o CH Barrocás mediuse co CD Terrassa, campión de Cataluña e un dos favoritos a gañar este campionato xuvenil. O equipo ourensán realizou unha primeira parte moi boa e chegou ao descanso cun gol de vantaxe, 1-0. Na segunda parte, o CD Terrassa saliu con máis intensidade e deulle a volta ao marcador a fal-

ta de cinco minutos. Nese momento o CH Barrocás retirou ao porteiro e, tras fallar unha ocasión moi clara pola parada do porteiro do equipo catalán case imposible, produciuse un contragolpe que supón o 1 a 3 final. Tras estes dous partidos o CH Barrocás necesitaba gañar no seguinte encontro ao SPV Complutense (campión da Comunidade de Madrid) para pasar a semifinais, e agardar a que o CD Terrassa tamén gañara ao Club Egara. Así, empatarían a catro puntos o CH Barrocás e o Club Egara, pasando destes dous equipos o que mellor diferenza de goles xeral tiña. Os outros resultados do primerio día foron RS Tenis 2 - Atlétic Terrassa 4; Junior FC 2 - Club de Campo 3; Club de Campo 0 - Atlétic Terrassa 3; Junior FC 0 - RS Tenis 1; CD Terrassa 3 - SPV Complutense 0; Club Egara 3 SPV Complutense 0.

Segunda xornada No segundo día de competición, o partido que decidiría o futuro do equipo ourensán non puido comezar peor. En dúas con-

tras os madrileños de SPV Complutense puxéronse a 2-0, xa que os locais xogaban con seis de campo, sen porteiro. O CH Barrocás foi a máis e despois de ir perdendo 3-0 remontou con tres penaltis corner consecutivos que puxeron o 3-3 definitivo, resultado que non lle valeu para pasar a semifinais, tendo que conformarse con loitar polo quinto posto contra o Club de Campo. O partido deu comezo ás 17 de tarde a ás 17:05 os ourensáns xa perdían por 3 a 0. Antes do descanso e con 5-0 no marcador, Jacobo conseguía o gol da honra nun penalti corner. Na segunda metade mellorou o xogo do CH Barrocás, pero seguiu o dominio dos madrileños que, en tres contraataques marcaron tres goles, pondo o definitivo 8 a 1 no marcador. O sexto posto sabe a pouco pero é moi aceptable tendo en conta o nivel dos equipos participantes e, se vamos máis alá, as condicións e campos onde adestra cada equipo comparado cos ourensáns. Temos que felicitarnos por ser unha illa no de-

porte do hoquei onde podemos falar de ti a ti con verdadeiros monstros cataláns e madrileños. Outros resultados do día foron Atlétic Terrassa 3Junior FC 4; CD Terrassa 3 - Club Egara 0; RS Tenis 3 - Club de Campo 0; Junior FC 2 - SPV Complutense 3; CD Terrassa 2 - RS Tenis 3; Atlétic Terrassa 2 - Club Egara 2 (Shoot-Out: 2-1). Semifinais Tralo segundo día, xa quedaron definidas as semifinais. O CD Terrassa, un dos favoritos, mediuse co RS Tenis cántabro e o Atlétic Terrassa co Club Egara. Na primeira semifinal saltou a sorpresa. O CD Terrassa viuse superado pola garra e empuxe dos santanderinos cun apretado 3 a 2. Aínda que o RS Tenis é o actual cam-

Numeroso público abarrotou as bancadas do anexo do Pavillón nos tres días do campionato nacional

Plantilla do CH Barrocás, que finalizou sexto no Campionato de España de hoquei sala disputad


HOQUEI SALA

Barrios 9 de marzo de 2018

Xogador do CH Barrocás durante o torneo./R.TORRES.

Dylan Quintairos, do CH Barrocás, foi proclamado como o mellor porteiro do campionato.

pión xuvenil, este ano non tiña un equipo tan potente coma o pasado, ou iso parecía. O caso é que se presentaron na final eliminando a un dos favoritos ao título. A segunda foi máis igualada entre dous rivais que se coñecen moi ben. Partido moi intenso e trepidante que chegaba ao final cun 2 a 1 para o Egara, pero co tempo xa cumplido o Atlétic Terras-

Final A final entre o Atlétic Terrassa e o RS Tenis presentábase moi igualada e así foi. Na primeira metade o Atlétic Terrassa levou a iniciativa do xogo, grazas á cal chegou ao descanso cun 2 a 0 favorable. Na segunda, o RS Tenis tiña que darlle a volta ao marcador e notouse porque saíu con máis rabia ao campo, plantándolle cara ao equipo catalán e acurtando distancias nun penalti corner. Nos minutos finais xogou sen porteiro, pero non foron quen de lograr a igualada. Así, podemos dicir que o Atlétic Terrassa foi o xusto vencedor do partido por 2 a 1 e, tamén, do campionato xuvenil. Trala disputa da final a clasificación do campionato quedou da seguinte

do en Ourense. //R.TORRES

sa lograba empatar grazas a un penalti corner. Na rolda de penaltis ou “shoot-out”, na que un xogador arrinca dende fóra da área contra o porteiro e ten 8 segundos para marcar, tras tres lanzamentos, o Atlétic Terrassa venceu por 2 a 1. Última xornada E chegamos a última xornada do campionato, a celebrada o domingo 11 de febreiro. Primeiro disputouse o partido polo terceiro e cuarto posto entre o CD Terrassa e o Club Egara, repetindo a final do campionato catalán de fai menos dun mes. Logo dunha primeira metade igualada, con ocasións nas dúas áreas, chegouse ao descanso cun 2 a 1 favorable ao CD Terrassa. A segunda metade foi moi parecida á primeira, pero faltando pouco tempo para rematar o partido e perdendo por 3 a 2, o Club Egara arriscou e o CD Terrassa sentenciou o partido en dúas contras. Neste choque marcou a diferencia Eduard de Ignacio, que acabou sendo elixido mellor xogador do torneo.

O RS Tenis acadou a final por segundo ano consecutivo, pero nesta ocasión o Atlétic Terrassa fíxose co título de campión

maneira: campión o Atlétic Terrassa, subcampión o RS Tenis, terceiro o CD Terrassa, cuarto o Club Egara, quinto o Club de Campo, sexto o CH Barrocás, sétimo o SPV Complutense e oitavo o Júnior FC. Outros premios Outros premiados foron Eduard de Ignacio do CD Terrassa como mellor xogador, Jordi Bonastre

do Atlétic Terrassa como máximo goleador e Dylan Quintairos do CH Barrocás como mellor porteiro. Ademáis do premio ao mellor porteiro, cremos que o CH Barrocás tamén merece un recoñecemento como organizador dun campionato de España dende un club tan modesto, nunha cidade coma a nosa, que non se pode comparar con Madrid ou Barcelona.

Eduard de Ignacio, do CD Terrassa, recibiu o premio como mellor xogador do campionato; e Jordi Bonastre, do Atlétic Terrassa, o de máximo goleador

Representantes do CH Barrocás, Xunta, Deputación e Concello de Ourense.


10

Barrios 9 de marzo de 2018

DEPORTES ACUÁTICOS

Feijoo e González representan a Galicia no Nacional 4 Disputouse en Oviedo o Campionato de España por Comunidades Autónomas. Redacción

Os medallistas David González e Jacobo Caride.

19 metais para o Natación Pabellón 4 No Galego de natación infantil e júnior. Redacción Grandes resultados para os nadadores do Club Natación Pabellón Ourense que se colgaron 18 medallas no Campionato de Galicia de natación en categoría infantil e júnior. A primeira xornada deixou un balance de catro bronces. Terceiros remataron nesta xornada, Santiago Gutiérrez, nos 200 libres infantil; no hectómetro bolboreta, o júnior Jacobo Caride e a infantil Eva Feijoo; e David González, 200 estilos. A segunda xornada foi a máis prolífica, un total de nove medalla colgáronse os ourensáns. En categoría infantil, Santiago Gutiérrez foi tercero en 100 libre; Eva Feijoo proclamouse campioa galega en 100 libre, batendo o récord provincial de 14 anos; e 4x100 libre femenino, composto por Eva, Aldara, Anne e Arianna foron subcampioas. En categoría júnior, Luz Fernández logrou o subcampionato en 50 e 100 costas; David González o ouro en 100 braza e prata en 50 bolboreta; Héctor Álvarez, prata en 100 braza; Eva Carril, prata en 50 bolboreta; e tamén prata o 4x100 libre masculino, formado por

David, Héctor, Noel e Jacobo. E na última xornada, o club ourensán corou a Eva Feijoo, en 50 libre infantil, e a David González, en 50 braza júnior, como campións galegos. Ademais dos bronces de Eva Carril, en 50 libre júnior e o 4x100 estilos júnior, formado por Jacobo, Héctor, David e Noel. Luz Fernández, en 200 costas júnior, conseguiu o bronce. Por equipos O CNPO infantil -homes e mulleres- proclamouse subcampión galego, mentres que o júnior foi sexto. Por sexos, en categoría feminina remataron sextas as júnior e cuartas as infantís. O homes foron segundos e terceiros, respectivamente. Compromisos Tras esta competición, os seguintes compromisos dos ourensáns serán a curto prazo, concretamente o vindeiro sábado, a terceira xornada da liga galega de clubs de división de honra e a medio prazo, os pupilos de Daniel Toro, preparan o campionato de España do mes de abril.

Os nadadores do Club Natación Pabellón Ourense, Eva Feijoo e David González, acudiron ata Oviedo para representar a Galicia no Campionato de España de Comunidades Autónomas de categoría infantil e júnior. Os dous nadadores deixaron boas impresións co seu paso pola piscina do Parque do Oeste, onde sumaron valiosos puntos ao combinado galego para a clasificación total. O papel desempeñado por Eva foi dun sétimo posto en 100 libre e novena na proba curta de crol, ademais de formar parte en dúas das substitucións disputadas. Pola súa banda, David era sexto no hectómetro de braza, mentres que dobrando a distancia terminaba sétimo e tamén foi incluído na substitución de estilos. Ao termo do campionato o dominio de Cataluña foi incuestionable, mentres que os galegos lograron a sexta praza na clasificación total. Copa Deputación O pasado sábado, 10 de febreiro, celebrouse na piscina Pedro Escudeiro do pavillón dos Remedios, a fase preliminar

de Copa Deputación de Ourense na que tomaron parte as categorías superiores do CNPO. Ademais, tamén tivo lugar a cuarta xornada da liga autonómica alevín. A competición tivo lugar durante a mañá. Nadáronse varias probas que serviron, sobre todo, para pechar os equipos que acudirán nunhas semanas á copa galega alevín e o autonómico infantil e júnior que se celebrará en Cervo. Entre o máis destacable sinalar no apartado de mínimas logradas por varios deportistas, que lles permitirán acudir ás devanditas citas, como foi o caso de Carmela Agromayor en 200 braza, mesma proba onde acreditaba tempo Andrés Araújo en alevíns, do mesmo xeito que Alba Sotelo no hectómetro de crol. Esta primeira fase preliminar serviría como test previo para as xornadas restantes da Copa Deputación nas que xa influirán máis concretamente o papel de cada nadador na elección de probas para acumular o maior número de puntos posibles con respecto aos rexistros realizados. Triatlón Os integrantes da sección de triatlón desprazáronse ata a localidade de

Eva Feijoo e David González en Oviedo. /CEDIDA. Vedra onde se disputaba o campionato galego de duatlón por equipos. Á cita, o CNPO acudía con dous equipos formados por catro compoñentes cada un, o dobre que o ano pasado, polo que mostra o crecemento desta sección. O equipo que disputaba o campionato autonómico, formado por Marcos Vila, Marcos Ade, Alex Ferreira e jose Moure finalizou no posto dezaoito, mentres

Equipos do CNPO no galego de duatlón disputado en Vedra. /CEDIDA.

que na proba Open, os integrantes Javi Díaz, Marcos Estévez, Rafa Antas e Vicente Bañobre lograron terminar no vixésimo primeiro lugar.

A sección de triatlón participou con dous equipos no galego de duatlón


DEPORTES ACUÁTICOS

O Club Sincro Ourense, mellor club de natación sincronizada de Galicia. /CEDIDA.

Novo título galego para o Sincro Ourense 4 Proclamouse campión de inverno. Redacción Con dous ouros e catro pratas, o club Sincro Ourense subiuse ao podio nas seis probas disputadas no Campionato de Galicia de sincronizada de inverno. O pasado 17 de febreiro disputouse na piscina olímpica da Fundación Rías do Sur en Pontevedra o Campionato de Inverno de Nivel de Natación Artística (actual denominación da natación sincronizada). Representando ao Club Sincro Ourense acudiron as súas 31 nadadoras de nivel, isto é, nadadoras

que obtiveron a clasificación para participar en campionatos de España tras superar as correspondentes probas de nivel organizadas pola Federación Galega e homologadas pola FINA (Federación Internacional de Natación). A xornada de competición comezou pola mañá coa disputa das figuras de categoría infantil, onde cada nadadora realizou as dúas figuras obrigatorias desta categoría e outras dúas elixidas por sorteo. A ourensá Ana Moyano alzouse coa medalla de prata nesta proba, sendo cuarta a tamén ourensá

Rocío Blanco. A continuación, disputáronse as figuras alevíns, tamén dúas obrigatorias e dúas elixidas por sorteo. Aquí a medalla de ouro foi para a nadadora do Sincro Ourense Estela Ojea. Xa na xornada vespertina, celebrouse en primeiro lugar a competición das Rutinas Técnicas de dúo júnior. A dupla representante do Sincro Ourense formado por Laura Bernardo e Lola Carracedo, con Lara Doval como reserva, alzouse co segundo posto, sendo campión o dúo do Real Club Náutico de Vigo. Despois chegou a quen-

da das Rutinas Libres Combinadas de categoría alevín. As nadadoras ourensás desta categoría foron Antía Blanco, Noa Bobillo, Iria Fernández, Paula González, Cristal Mota, Blanco Moyano, Estela Ojea, María Pousa, Lía Pulido e Elia Rodríguez. Unha execución con poucos fallos e cunha rutina de gran dificultade

Barrios 9 de marzo de 2018

e executada case sen erros valeulles para conseguir a medalla de prata, sendo superadas polo Galaico Sincro Pontevedrés. Na categoría infantil as compoñentes do combo ourensán foron Rocío Blanco, María González, María Molina, Ana Moyano, Lucía Pousa, Eva Rodríguez e Antía Touriño. Unha rutina brillante executada cunha moi boa técnica permitiulles obter a medalla de prata nesta categoría. A última proba do campionato foi o combo júnior. O Sincro Ourense estabe representado nesta modalidade por Claudia Bande, Gisele Cazás, María Cid, Lara Doval, Iria Guevara, Elena Moyano, Xiana Otero, Candela Rodríguez, Rebeca Ruíz, Marta Vilariño, Paula Vilariño e Lucía Villar. A excelente combinación de técnica, dificultade da rutina e impresión artística serviulles ás ourensás para conseguir a medalla de ouro nesta categoría. Mellor club galego Nesta competición entregouse tamén o Trofeo ao mellor club galego de natación artística de in-

Equipo júnior do Sincro Ourense.

11

verno, para cuxa clasificación se sumaban as notas de cada unha das probas. O Sincro Ourense defendía o título obtido na tempada pasada. O traballo constante e serio que está a levar a cabo durante a presente tempada facía pensar que devandito título podía ser revalidado en Pontevedra, e así foi, alzándose por segundo ano consecutivo con este premio. Vindeiras citas Por outra banda, este campionato serviu tamén de posta a punto de cara aos próximos campionatos de España de inverno aos que acudirán tamén estas nadadoras representando ao Sincro Ourense. Así, entre o 17 e o 20 de marzo, participarán no Campionato de España Asisa de inverno júnior e sénior que terá lugar en Valladolid.

O Sincro Ourense logrou dous ouros e catro pratas, o que lles fixo acadar o título autonómico


12

Barrios 9 de marzo de 2018

DEPORTES ACUÁTICOS

Cristina Colomo, dobre campioa en natación e salvamento acuático 4 Logrou nunha fin de semana 11 medallas en dous campionatos. Redacción A ourensá Cristina Colomo está nun estado doce de forma. Proba delo é de que trae para Ourense unha morea de medallas de cada competición na que participa. A última proba delo foi a principios de mes onde participou en dous eventos -Campionato de España de natación e galego de salvamento acuático- logrando un éxito incuestionable. A primeiros de febreiro desprazouse, primeiro, a Málaga para nadar nos campionatos de España de natación máster. Na cidade andaluza logrou catro me-

dallas: unha ouro (campioa de España), dúas pratas e unha bronce. Ao seu regreso volveuse a meter na piscina para participar no Campionato de Galicia de salvamento acuático. Nesta cita colgouse cinco ouros sendo, ademais, a mellor deportista máster +45. Festival O seu último éxito foi esta mesma pasada fin de semana. Celebrouse o festival de estilos na piscina Álvaro Piñeiro de Ponteareas sendo Cristina a campioa na distancia dos 400 estilos. Despois de imporse nos anos anteriores, nas

O Sincro Ourense, terceiro por clubs 4 No Campionato de Galicia de inverno de base 4. Redacción O Sincro Ourense fixo de anfitrión no Campionato de Galicia de inverno de base 4 onde logrou a terceira posición na clasificación xeral por clubs ademais da prata en rutinas libres. Participaron preto de 200 nadadoras de 11 clubs galegos. O equipo infantil for-

mado por Raquel Bravo, Noa Fernández, Sabela Fernández, Aldara Fernández, Ángela González, Alba Laude, Helena López, Sara Rodríguez e Marta Rigüela realizou unha excelente competición co seu Rock and Roll, o que lles valeu para colgarse a prata por detrás de C.N. Coruña (ouro) e por diante de C.N. Rías Baixas

Equipo de base 4 do Sincro Ourense.

que a polifacética Colomo tamén participa en competicións de atletismo. Pero o obxectivo principal desta deportistas é alcanzar o mellor estado de forma posible para os mundiais de novembro que se disputan en Australia.

distancias de 100 e 200. Adestramentos Agora tocan días de adestramentos duros para preparar a tempada estival onde se celebrarán campionatos de verán de Galicia e de España, tanto en natación máster, como en salvamento acuático. As ansias de competir en todas as citas terá que contelas ao non poder acudir a todo o que lle gustaría, xa que algúns eventos coinciden no tempo (os galegos de natación máster de verán van coincidir cos de España de salvamento acuático). Cabe lembrar

de Vigo (bronce). As deportistas júnior do club foron Sofía Cid, Laura Domínguez, Sofía González, Ainoha Rodríguez, Rosana Rodríguez e Marta Soto. Elas remataron na sétima posición. Por equipos Ademais dos mellores equipos de cada categoría entregouse un trofeo ao mello club galego de base. O gañador foi o C.N. Rías Baixas de Vigo, seguido do C. Acuatic Oleiros. O Sincro Ourense rematou nunha gran terceira praza. Finalizada a tempada de inverno toca pensar na de primavera e verán. As competicións, máis próximas, nesa época serán o galego (26 e 27 de maio) e a Copa Deputación (9 de xuño), así como varios trofeos interclubs.

O equipo infantil do Sincro Ourense logrou a prata coa súa rutina R&R

Colomo ten o obxectivo de participar nos mundiais de salvamento que se disputarán en Australia

EN BREVE

4 Atletismo O Hospital Cosaga e a Federación Galega de Atletismo (FGA) firman un convenio para impulsar e potenciar a práctica segura do atletismo. Así, COSAGA participará nas actividades programadas pola FGA e facilitará o recoñecemento médico deportivo aos atletas federados ao aplicar un desconto sobre a tarifa.

4 Xogajudo Os 24 judokas ourensáns trouxeron un total de 16 medallas na edición deste ano do Xogajudo celebrado en Gondomar. Dos 16 metais, nove foron de ouro, catro de prata e tres bronces. Ademais, acadáronse tres cuartos postos.

4 Jui jitsu

Cristina García Colomo.

O campionato de Galicia de jiu jitsu deixou seis medallas para Ourense, das cales tres foron de ouro e tres de bronce.


PUBLICIDADE

Barrios 9 de marzo de 2018

13


14

Barrios 9 de marzo de 2018

XADREZ

Tres bronces para Ourense nos galegos infantil e xuvenil de xadrez 4 As citas tiveron lugar en Ferrol. Redacción Tres bronces foi o botín ourensán no Ferrol nos campionatos de Galicia infantil e xuvenil 2018 de xadrez. Marcos Vázquez e Laura Gómez, en infantil, e Miguel Puga, en xuvenil foron os medallistas.

Unha ampla expedición ourensá desprazouse a terras departamentais, entre os días 10 e 13 de febreiro, para disputar os campionatos de Galicia individuais das categorías infantil (S14) e xuvenil (S18), nunha cita na que Club Xadrez Ourense, xunto

O podio S14 co ourensán Marcos Vázquez no centro.

O Xadrez Ourense recupera o liderato 4 Ao impoñerse ao Círculo das Artes con contundencia. Redacción O Club Xadrez Ourense vence en Lugo por 0.5 a 5.5 e recupera o liderato na na División de Honra de xadrez. Foi no encontro correspondente coa quinta xornada da Liga Galega de Clubs. O equipo ourensán, o vixente subcampión de liga vencía en Lugo ao Cír-

culo das Artes por un rotundo 0.5 a 5.5. Deste xeito os ourensáns consolidan as súas aspiracións de optar ao título e acudir con avais ao próximo campionato nacional de clubs que terá lugar en Linares o vindeiro agosto. Esta vitoria o coloca, novamente, no primeiro posto da clasificación provisional, con 21.5 puntos,

Encontro entre o Círculo das Artes e o Xadrez Ourense.

con Fontecarmoa de Vilagarcía e Escola Luguesa, volveu a ser unha das entidades galegas con máis presenza de deportistas. Hai que destacar que os ourensáns cobraron un especial protagonismo dentro da categoría infantil, na que ata cinco xadrecistas dos 11 primeiros clasificados son da nosa provincia e nalgúns momentos da competición tivemos líderes ourensán. Finalmente, o merecido bronce obtido por Marcos Vázquez Gómez (Club Deportivo Xadrez Ourense), logrando un terceiro posto que lle serve para obter praza con todos os gastos cubertos para o vindeiro Campionato de España que se disputará en xullo en Granada. Mar-

co Universidade de Santiago, como inmediato perseguidor con 19.5 puntos. Pola súa banda, o Liceo de Ourense caeu ante o Universitario, de Santiago, por 5.5 a 0.5 o que lle coloca en postos de descenso. Nesta xornada o líder recibe en Barrocás a partir das 17 horas ao potente Universidade de Vigo, tamén candidato ao título, nun encontró clave para a loita polo título. Outras categorías Na Primeira división, vitoria do Xadrez Ourense B en Vigo ante o Bouzas, empate do Xadrez Verín ante Marín, e o Xadrez Ourense

cos realizou unha soberbia competición e mesmo tivo chances de ouro, xa que desputou a derradeira rolda na primeira mesa da competición ante o pontevedrés Rubén Fernández (finalmente campión), xogándose o entorchado autonómico a “cara ou cruz” tras catro días de competición. Malia derrota nesta última xornada ante este difícil adversario (nº 1 do ranking), Marcos rematou ocupando un merecido terceiro posto. Seguindo coa categoría infantil, salientable o bronce logrado en féminas por Laura Gómez Carreño (Club Xadrez Ourense), que incluso na rolda final tivo opcións claras de pelexar polo ouro e hai que facer mención a que únicamente por coeficiente de desempates non obtivo a medalla de prata e tivo que conformarse co bronce. Na categoría Xuvenil, terceiro posto logrado polo ourensán Miguel Puga Sánchez (do Club Universitario de Ourense), que lle vale a Miguel,

C superaba a domicilio ao Universitario de Ourense A. En Segunda, triunfos do líder Benchoshey ante o Xadrez Ourense E, de Ateneo ante o Lalín e do Universitario B ante o Xadrez Ourense D. O Xadrez Valdeorras caía ante o Lucena e o Verín cedía ante o Lalín. Celanova e Bande empataban.

Nesta xornada o Xadrez Ourense recibe ao Universidade de Vigo

ao igual que a Marcos Vázquez, unha praza cos gastos federativos cubertos para o vindeiro campionato nacional. Dentro desta categoría hai que facer mención á mala sorte na recta final do torneo do vixente campión provincial da categoría e tres veces campeón galego, Martín Gómez (Club Xadrez Ourense), que malia chegar indo incluso líder tralas primeiras roldas disputadas, tivo un difícil ecuador do torneo e finalmente non puido pasar da novena posición. De todos os xeitos convén salientar que Martín Gómez, é todavía cadete (S16) e terá a súa gran oportunidade no Campionato de Galicia individual S16, que xunto ás catego-

rías sénior, S12, S10 e S8 terán lugar en Padrón, na vindeira Semana Santa. Outros ourensáns Outros xadrecistas ourensáns que destacaron na categoría infantil foron Miguel Reza (7º), Xacobe Conde (8º), Marcos Reza (10º), Adrián Vázquez (11º) vixente campeón provincial e que chegou a ir líder na competición, Laura Gómez (24ª e bronce feminino), e sen esquecerse do debutante Iván Dopazo (26º) que realizou unha moi meritoria actuación, destacando por tanto a participación e nivel amosado polos ourensáns neste torneo sobre un total de 50 xadrecistas que tomaron parte nesta categoría infantil.


NOVAS

Barrios 9 de marzo de 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda e Avelino Jácome. Nº48 - Ano: XI - 9 de marzo de 2018 - Difusión: 15.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Novas bancadas no estadio Miguel Ángel 4 Con capacidade para 600 prazas. Redacción O campo de fútbol Miguel Ángel do pavillón dos Remedios estrea asentos da súa grada. Un total de 600 é a cantidade que cubrirán a grada cuberta dunha instalación na que hai uns meses renovábase a herba sintética (tamén se renovou no campo de Oira. A mellora de ámbolos dous campos permitiu, tamén, obter o certificado FIFA4 e que se poidan realizar partidos de maior nivel competitivo. Esta actuación, en beneficio dos máis de 1.600 espectadores que cada semana pasan a presenciar partidos ou adestramentos, nace froito do convenio firmado entre o Concello de Ourense e a Federación Galega de Fútbol, por importe de 80.000 euros, para financiar os proxectos. Os campos de fútbol dos Remedios e Oira locen desde finais de novembro novo céspede artificial, con nivel de calidade certificado pola Federación Internacional de Fútbol, logo das obras de remodelación realizadas polo Consello Municipal de Deportes. Estas obras, xunto á instalación da nova bancada na grada cuberta dos Remedios, “dan resposta a unha perentoria necesidade, dado o deterioro acumulado polas instalacións, pola súa antigüidade e polo uso. Supoñen tamén un importante salto de calidade, xa que garante as mellores condicións para 1.600 deportistas que utilizan cada semana as instalacións. Grazas ao selo FIFA Quality Pro, ambos campos poderán ser escenario de partidos

de fútbol internacional”, sinalaba o alcalde, Jesús Vázquez. Céspede O céspede artificial, grazas á súa resistencia ante calquera condición meteorolóxica e frecuencia de uso tense consolidado como unha óptima alternativa á herba natural, moi útil para fomentar a práctica do fútbol. Xa que a calidade dos distintos sistemas dispoñibles no mercado varían considerablemente, para practicar fútbol só se admiten superficies sintéticas que superen as correspondentes probas de laboratorio e sobre o terreo conforme a estritos criterios do Programa de Calidade da FIFA: prestacións, seguridade, resistencia. Para certificar o céspe-

de artificial válido para fútbol, FIFA outorga o selo FIFA Quality a superficies que cumpren a normativa para terreos de uso comunitario e de fútbol amateur, mentres que o distintivo FIFA Quality Pro, pola súa banda, garante as mellores prestacións de xogo para o fútbol profesional, e é a que se vén de instalar nos campos de Ourense. O importe final das obras realizadas ascendeu a 219.802,68 euros nas obras de Oira e de 201.308.21 euros no Miguel Ángel, procedentes dunha modificación de crédito do remanente de tesourería do Consello Municipal de Deportes. As obras foron financiadas integramente polo Consello Municipal de Deportes, con fondos pro-

Novas gradas nas bancadas do Miguel Ángel.

cedentes de remanente de tesourería, por acordo unánime de todos os grupos políticos integrantes do consello reitor, e contaron coa colaboración da Federación Española de Fútbol. Dan resposta á demanda de equipos e deportistas, ocasionadas polo deterioro acumulado ao longo dos anos (o campo de Oira é do ano 2001 e a dos Remedios é de 2006). Os prazos de execución cumpríronse estritamente. Deste xeito, os clubs que dos campos fan uso, non tiveron que modificar as súas programacións da tempada a pesares das obras. A maiores das obrigas do contrato por parte da adxudicataria, esta está o mantemento dos pavimentos os vindeiros cinco anos, feito este que redundará na vida útil destas instalacións.

O importe desta obra foi de 80.000 euros

O CMD destina un millón de euros á mellora de instalacións 4 Durante o último ano. Redacción O Consello Municipal de Deportes (CMD) investiu no último ano, na creación e mellora das instalacións deportivas da cidade de Ourense, un total de 998.400 euros. Así o sinala un informe entregado na xunta de goberno local pola Concellería de Deportes, e no que “non está incluídos nin valorados os traballos e investimentos de mantemento diario, que son efectuados polo propio persoal do CMD”, sinalaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez O CMD xestiona 23 instalacións deportivas de xeito directo con uso diario moi elevado por parte das distintas entidades deportivas, o que leva tamén a un desgaste elevado das instalacións. Actuacións As actuacións durante este período foron as seguintes: Complexo deportivo dos Remedios. Reforma integral do pavillón Anexo, con novas gradas, chan, iluminación e calefacción. Substituíuse o céspede artificial e instalouse un novo sistema de campo de fútbol 11. Tamén se fixeron reformas no peche das canchas exteriores do complexo. En total, o investimento foi de 486.300 euros. Complexo deportivo de Oira. Substitución do céspede artificial e instalación dun novo sistema de rego no campo de Fútbol 11. Acondicionamento dun espazo para traballar o quecemento

Partido de balonmán no renovado anexo dos Remedios. /RAMSÉS. e adestramento para porteiros. Acondicionamento e mellora das piscinas de Oira, e intervención en materia de acccesibilidade, instalando unha nova rampa de acceso para persoas con discapacidade. Para un total de 269.500 euros. Eficiencia enerxética. Neste eido, substituíronse as luminarias por outras máis eficientes en materia enerxética en varias instalacións, especialmente no pavillón dos Remedios. Investíronse 40.000 euros. Campos de fútbol e Hoquei. En colaboración coa Deputación, actuouse sobre os campos de fútbol de Palmés, Vilar e Seixalbo na reforma do terreo de xogo. No Campo de Santa Cruz, tamén con apoio da Deputación, instaláronse as novas gradas. E no campo de Velle de hoquei de Mariñamansa, realizáronse actuacións de mantemento. En total, foron 187.050 euros de investimento. Canchas ao aire libre nos barrios. Reposición do peche de madeira na cancha de fútbol 5 do parque Barbaña e actuacións de reparación e mantemento no resto de parques da cidade. 15.550 euros.


Barrios 9 de marzo de 2018


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.