15 Decembro 2011 - BD47

Page 6

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

BILLAR / XIMNASIA

Snooker

O vigués Héctor do Amo fíxose co Campionato Galego de Snooker 4 Na gran final logrou vencer ao ourensán Francisco Movilla. Redacción Do 5 ao 8 de decembro o recinto feiral de Expourense acolleu o Campionato Galego de Snooker, no que se deron cita os máis recoñecidos xogadores de billar da nosa comunidade. Finalmente, logo de 4 longas xornadas de xogo, chegaron á derradeira só os catro mellores xogadores, que se clasificaron para as semifinais da proba autonómica. Entre estes catro referentes do billar autonómico atopouse o xogador do Club de Billar Ourense, Francisco Movilla, que loitou polo difícil reto de ser profeta na súa terra. Algo, xa complicado

Podio do campionato galego de Snooker celebrado en Expourense. de por sí ao que non contribuiron os lóxicos nervios que o acompañaron durante todo o campionato ao ser un dos organizado-

res do mesmo. A primeira semifinal enfrontou ao vigués Hector do Amo -o gran favorito, ao ser un dos mellores xo-

Francisco Movilla tívose que conformar con ser subcampión de Snooker. /RAMSÉS

gadores de ámbito nacional na especialidade de poolcontra o lugués Cesar Vilarín, quen a pesar de non lle por as cousas sinxelas, non logrou finalmente vencer a do Amo, que se fixo cun resultado de 3-1 que o catapultou á gran final. Por outra banda, na segunda semifinal o ourensán Francisco Movilla non levou a cabo a súa mellor actuación e permitiu un enfrontamento máis igualado do que cabía agardar contra David Castro, de Sarria. Así, a pesar de manterse Movilla sempre por diante, Castro logrou o empate a poucos minutos do remate, co que o último frame decidiu o choque e deu a coñecer o nome do segundo finalista, que foi o xogador anfitrión. A final Chegou a derradeira partida, o Campionato Galego de Snooker só podía ter

un gañador, ou Vigo ou Ourense verían o trofeo en mans do seus representantes. E esta gran final foi un calco do acontecido durante todo o torneo. Héctor do Amo logrou rápidamente escaparse no casilleiro (3-0) e Movilla non deu despregado o gran xogo que o caracteriza. Pero o xogador ourensán conseguiu reducir algo a distancia impóndose no seguinte frame. Nembargantes, Héctor fixo as delicias do público no quinto e último frame, realizando o break máis alto do torneo e con el o derradeiro 4-1, que lle otorgou o título de campión galego desta modalidade. Polo súa banda, o enfrontamento para o terceiro e cuarto posto entre Castro e Vilarin decidiu que a medalla de bronce fose para o de Sarria e o cuarto posto para Lugo.

4 V Torneo

Nadal Ourense Termal Redacción O vindeiro domingo 18 de decembro terá lugar na cancha central do pavillón dos Remedios o V Torneo Nadal Ourense Termal de ximnasia, un evento que reunirá na Cidade das Burgas a preto de 200 nenos das diferentes modalidades de ximnasia e pertencentes a clubes de toda Galicia. As Triscas, Ximnasia Pontevedra, Xiada, Fene, Esquío, Escola Burgas, Escola Municipal de Xinzo, Ximnasia Escola Pavillón e Ximnasia Pavillón son algúns dos clubes que se darán cita nesta proba, á que tamén acudirán algúns dos equipos de ximnasia rítmica que veñen de participar recentemente no campionato de España de Zaragoza, así como os ximnastas de trampolín que participaron recentemente no Campionato do mundo absoluto e por idades en Birmingham (Inglaterra). Colaboradores Este quinto Torneo Nadal Ourense Termal está organizado polo Club Ximnasia Escola Pavillón, que contou nesta edición co patrocinio do Consello Municipal de Deportes, as Consellerías de Deporte e Cultura, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación Provincial de Ourense, así como das empresas privadas AGS 11 e Aceites Abril; e coa colaboración da Federación Galega de Ximnasia.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.