15 Decembro 2011 - BD47

Page 1

Entrevista aos fundadores de P21 Pádel Club [páx. 14] BALONCESTO

ATLETISMO

O COB enfróntase ao Coruña no derbi galego [páx. 7]

Récord de participación no 12º Cross de Megaxove, con 750 atletas

[páx. 11]

Unidos na adversidade

[páx. 3-4]

Número: 47- Ano: III - 16 de decembro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 13 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 18. Estadio do Couto -16.15 horas- CD Ourense - Deportivo B. - Día 18. Estadio José Arjiz -Verín-. 16.00 horas. Verín - Marín. - Día 18. O Barco. CD Barco - Pontellas. - Día 17. Os Carrís -A Valenzá-. 16.00 horas. Barbadás - Alerta Traviesas. - Día 8 de xaneiro. Estadio do Couto. CD Ourense Betanzos. - Día 8 de xaneiro. Estadio Os Carrís (A Valenzá). UD Barbadás - Choco. - Día 8 de xaneiro. Estadio San Rosendo (Celanova). Sporting Celanova - Barco.

Baloncesto

- Día 16. Paco Paz. 21.00 horas-. COB - Coruña. - Día 17. Os Remedios. 20.00h. P. Ourense - ADBA. - Día 17. Pavillón Vedruna. Final Copa Galicia Infantil de baloncesto - Día 8 de xaneiro. Pavillón Vedruna. 19:15 horas. Codigalco Carmelitas - Bembibre.

Ximnasia

- Día 18. Os Remedios. 10 a 14 horas . Torneo Nadal de Ximnasia.

Atletismo - Día 8. San Cibrao das Viñas. A partir das 12.00 horas. X Carreira Popular do Nadal.

Fútbol sala feminino - Do 17. Pavillón dos Remedios. 17.00 horas. Cidade As Burgas - Zaragoza. - Día 7 de xaneiro. 17.00 horas. Ponte Ourense - Rubí.

AMENCER (Colexio Salesianos) - Os días 27 e 28. Torneo de fútbol sala. - Día 7 de xaneiro. Torneo de baloncesto 5x5.

Tenis de mesa - Día 17. Paco Paz. 17 horas. Galmédica Tenis de Mesa B - Vincios D. Tapia.

Tiro - Día 18. Club de Tiro As Eiroás. Tirada de Nadal. Nas modalidades de pistola de precisión e aire comprimido.

Concello de Ourense. Actividades deportivas-

- Día 27. Pavillón dos Remedios. Torneo Nadal escolas deportivas de fútbol sala e minibasket. - Día 28. Pavillón dos Remedios. Torneo Nadal de baloncesto feminino. - Día 29. Pavillón dos Remedios. Torneo Nadal fútbol sala benxamín. - Día 3 de xaneiro. Os Remedios. 20.30 horas. Partido pola igualdade e contra a Violencia de Xénero. - Do 26 de decembro ao 6 de xaneiro. A.VV. Barrocás. XXVII Aberto Internacional Aninovo Barrocás-2012

AXENDA - ACTUALIDADE

Eiroás inaugura a ampliación da súa galería de aire comprimido 4 A entidade organizou unha tirada benéfica a favor da Asociación 1º de Maio. Paula Lodeiro O Club de Tiro Eiroás pecha o ano cunha tirada benéfica que se fixo coincidir coa inauguración oficial da ampliación da galería de armas neumáticas. Uns 50 tiradores de carabina e pistola participaron nesta competición, valedoira para a Copa Ourense de Aire Comprimido. Resultaron gañadores Julio Rivas e Nuria Mera en pistola sénior e damas, con 563 e 360 puntos respectivamente, e Jorge Encinas en carabina, con 580 puntos, Paolo Fontán en carabina SH2 con 594 puntos, Juan Saavedra en carabina SH1 e José Luís Martínez Sierra con 563 puntos en pistola SH1. Guillermo Cosque foi o mellor en veteráns, Javier Gago, Andrea Barrio e Alejandro Barrio nas categorías júnior, e Juan Gago en alevín. O recadado polas inscricións destinarase á Asociación 1º de Maio, oenegué que realiza operacións a nenos sen recursos en Bolivia desde hai 22 anos. Ampliación da galería Á inauguración da ampliación da galería de 10 metros asistiron o xefe territorial de Deportes da Xunta en Ourense, Mario Guede, e o subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, ademais do presidente da Federación Galega de Tiro, Anxo Blas Paz. Concello e Deputación

Membros da Selección española de discapacitados físicos, directivos do club e diversas autoridades na parte ampliada da galería de aire comprimido./P.LODEIRO.

Grupo de tiradores de Aixiña cos seus trofeos e o presidente do club, Celso Parga./P.L cofinanciaron a obra de mellora desta instalación, que viu aumentado en cinco os postos de tiro dispoñibles, adaptados para nenos e deportistas con discapacidade física, e por iso, unha representación da Selección Española de discapacitados foi convidada a esta tirada, así como un grupo de mozos de Aixiña, que entrenan todos os venres no club. A xornada finalizou coa entrega de trofeos correspondentes a esta tirada e á 23ª Copa Ourense, na que participaron un total de 40 deportistas.

4Resultados da Copa Deputación Pistola sénior - Miguel Colmenares - 2288 ptos. Pistola veteráns - Guillermo Cosque - 2.241 ptos. Pistola veteráns sénior Enrique Do Río - 2.185 p. Pistola veteráns máster Manuel Somoza - 2.024 p Pistola júnior - Javier Gago - 2.204 ptos. Pistola damas - Nuria Mera - 1.450 ptos. Carabina sénior - Jorge Encinas - 2.320 ptos.

4Campionato de España de Aire Comprimido Catro tiradores ourensáns participaron no Campionato de España de Aire Comprimido celebrado en Logroño. En pistola veteráns sénior, Enrique Do Río foi 4º (de 14); en carabina, Jorge Encinas 19º (entre 63 participantes); en pistola damas, Nuria Mera quedou de 25 (de 52), ; e en pistola sénior Ginés Trenza foi 127º (de 155).


BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

CD OURENSE

incluídos os xogadores,...) nin para o malo (á cabeza o presidente a que acusou de querer levar as riendas dun club de amigos).

O galimatías de CD Ourense

4 Cruce de declaracións, dimisións, bágoas, problemas económicos, acusacións, búsquedas de técnico e presidente.... Todo isto e moito máis en CD Ourense. R. Torres

Xa se vía vir. O pasado verán cando Aníbal Pereira e o seu grupo de traballo chegaban ao Couto todo facía presaxiar que non ía ter un final feliz. Imos sacar un pouco de luz en toda esta historia escura nunha época no que no tema deportivo o CD Ourense pasa polo seu mellor momento. Todo un galimatías en CD Ourense. Coa entrada de Aníbal Pereira (como Director Xeral) no CD Ourense sobraba xente e todas as miradas estaban postas no presidente, quen (de forma forzada) dimitía para deixar o posto a Pereira. Para non deixar un baleiro de poder ata a asamble xeral, Manuel

Seoane collía a presidencia ata devandita asamblea coa intención de ceder o seu posto a outro, xa que él non podía facerse cargo da presidencia do club. Logo chegarían os cruces de declaracións entre Seoane e Pereira recriminándose un ao outro. O presidente acusaba ao director xeral de que non conseguía patrocinadores para o club, e éste lle replicaba que él había traballado moito máis no club nuns meses que outros en anos. A guerra estaba servida. A cinco días da asamblea, Aníbal sae á palestra para anunciar a súa dimisión e a do seu grupo motivada polas continuas trabas realizadas á súa xestión e máis

concretamente dos accionistas maioritarios que -según palabras de Aníbal- ían embargar ao club en canto él subirá á presidencia. Ante esta nova esperábase a reacción do adestrador e esta non se fixo agardar. Dous días máis tarde Patxi Salinas anunciaba a súa renuncia e a dos seus colaboradores ao banco de CDO nunha rolda de prensa multitudinaria na que os seareiros mostraton o seu apoio incondicional ao técnico vasco con pancartas;. A despedida foi por medio dunha carta que leu ante todos na sala de prensa do Ourense e na que non puido conter a emoción nin Salinas nin o seu grupo nin os seareiros congregados. Na

súa despedida, Patxi non quixo esquecerse de ninguén, nin para o bo (toda a xente que lle abriu as portas en Ourense, do seu corpo técnico, dos afeccionados, dos traballadores do club

Asamblea xeral Na asamblea xeral varios eran os puntos a tratar na orde do día, pero os que quedaron na retina dos presentes (é dicir, dos que máis se debatiu) foron os da aprobación do presuposto e a da continuidade de Seoane como presidente. O presuposto quedou aprobado en 768.000 euros, dos que non se saben se se cobrarán 197.000 para que se equilibren as contas. O segundo punto en importancia foi a continuidade de Manuel Seoane ao fronte do club, pero coa intención de buscar un substituto que en breve, mediante unha asamblea extraordinaria, ocupe a presidencia. O ambiente caldeouse durante a fase de rogos e preguntas na que moitos dos accionistas escandalizábanse polas contas do club para esta tempada e esixían

que se explicara o porqué de toda esta convulsión nas últimas datas. Un nome planeou en todo momento, o do presidente da Deputación provincial, José Luis Baltar, a quen achacaban moitas das manobras do Ourense nestes meses, desde a dimisión de Juan Pérez ata as declaracións que facía dicindo que hai que deixar morrer ao CDO, pasando polo motivo da saída de Aníbal da entidade. O equipo Tras estes días convulsos faltaban por falar os actores principais, os xogadores. Toda a plantilla convocou aos medios de comunicación para expresar a súa postura. Nun comunicado moi escueto deixaban claro que “comezamos unidos, estamos unidos e estaremos unidos” lía o capitán Josu. Destacaban que “somos nós os que temos que sacar isto adiante”, e deixaban unha mensaxe clara a directiva: “nós cumprimos e queremos que eles cumpran no aspecto económico”.

Patxi Salinas non puido conter as bágoas na súa despedida como técnico de Club Deportivo Ourense./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

CD OURENSE

Os seareiros, preocupados pola situación actual 4 Foron numerosas as mostras de cariño que recibiu o adestrador vasco na súa despedida. R. T. Ante todo o vivido na casa do CD Ourense estes días, hai uns protagonistas que se fixeron oír: os seareiros. Animan cada domingo ao club da súa alma tanto no Couto coma por toda a xeografía galega e nestes días complicados deixaron claro a súa posición animando en todo momento a Patxi Salinas e mostrándose preocupados pola situación do equipo. Modesto García Puga é un deses afeccionados que contan cun número moi pequeno de accións do club, o que lle permitiu asistir á asamblea xeral. Modesto móstrase, como moitos outros, preocupado trala asamblea na que “o presi-

dente que se elixiu xa está buscando un substituto”. O accionista quixo deixar claro que o club estaba “demasiado politizado” e tildou de “bochornoso” o acontecido nas últimas datas na entidade ourensá. En canto á traxectoria de Aníbal e o seu grupo nestes meses dixo que no deportivo “as cousas ían fenomenal”, pero que no económico “non daban os números”. Para ese problema este socio tiña a posible solución que era a de “unir ao grupo de exfutbolistas xunto cos que xa estaban”. Modesto non se mordeu a lingua e denunciou que moita xente “puxo cartos en CD Ourense e agora quere recuperalos”, por iso “non deixaron seguir a Pereira”.

Parae Patxi Salinas só tiña palabras de eloxio, “foi un adestrador que puxo orde no vestiario” e só xogaba aquel “que de verdade o merecía”. “Todas as peñas estaban con él” sentenciaba García.

Modesto García votando na asamblea./RAMSÉS

4EDITORIAL

Expediente CDO, expediente X Cando levamos un ano fantástico no tema deportivo -primeiros a falta dun encontro para rematar a primeira volta- outros aspectos extradeportivos fan que todo se tambalee. Patxi Salinas criticaba abertamente na súa despedida que o Club Deportivo Ourense é un club de amigos e polo acontecido nas últimas datas, non lle falta razón. Embarcaban no verán Aníbal Pereira e o seu equipo de colaboradores baixo a mirada atenta do presidente interino, Manuel Seoane. Desde o primeiro momento as diferenzas comezaban a notarse e unha bicefalía nos despachos do club “rojillo” anunciaban o que ía a ocorrer días antes da asamblea xeral: renuncia de Aníbal e con él a do adestrador. O proxecto era ilusionante, dende logo, tal e

como marchaba o equipo na clasificación, a implicación dos xogadores e, sobre todo, do adestrador, Patxi Salinas. Pero as contas eran outro cantar, e un proxecto sen cartos... Na outra banda encontrábase a vella guardia, que nos últimos tempos non lograba éxitos deportivos, pero sí que as contas cadrasen (incluso con redución de débeda histórica). Con este panorama o mellor era unir esforzos e traballar todos xuntos en prol de CD Ourense, tan á deriva nestes tempos, demostrando ese amor incondicional a unhas cores que tanto enchíaselles a boca en anunciar. Incomprensiblemente non foi posible, e tanto uns como outros deixaron escapar unha boa ocasión para que o conxunto ourensán mude de tendencia o recobre o prestixio perdido. Culpables? Concreto,

ningúns, pero en xeral, todos! Uns por entrar na entidade coma un elefante nunha cacharrería e querer deixar de lado aos que xa estaban, pensando que eles tiñan a barita máxica que solucionaba todos os males do Ourense, sen darse conta que un proxecto necesita un percorrido máis ou menos longo para que cualle tanto no club como na sociedade ourensá. E os outros por ver como inimigos aos que chegaban, ao que consideran a súa casa, sen deixar entrar aire fresco, e temerarios de quedarse a un lado para ao final desaparacer do mapa “rojillo”. Agora non toca outra que pasar páxina e agardar que o bo momento do equipo continúe ata final de tempada para acadar a fase de ascenso e, con sorte e moito traballo, lograr o ansiado ascenso á Segunda División B.

O Déportivo B agarda

4 CD Ourense recibe ao filial do Deportivo da Coruña xogándose o “título” de campión de inverno. R. Torres Como diría aquel, a vida segue; e este domingo, sen Patxi Salinas no banco, CD Ourense recibe ao Deportivo B na derradeira xornada da primeira volta. O técnico do filial, Antonio Dacosta, será o que dirixa ao equipo “rojillo” que

ten a papeleta de manter ao equipo líder da Terceira División unha semana máis que o levaría á consecución do “título” de campión de inverno e chegar ás vacacións de Nadal nunha posición inmellorable. Para elo deberá xogar contra un equipo favorito ao ascenso como é o filial do Dépor

que marcha cuarto na clasificación a tres puntos do Ourense e que tentará arrebatarlle a primeira posición no ecuador da tempada, no que sen dúbida algunha será o partido da xornada. O encontro contra o Fabril terá lugar este domingo, a partir das 16.15 horas no estadio do Couto.

Jaime Noguerol buscando o balón no partido contra o Rácing de Ferrol./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

MEGAXOVE

Megaxove 2011 rondou as 11.000 visitas

4 O seu tradicional cross tamén bateu récords con 750 participantes. Redacción A décimo segunda edición do Salón da Xuventude - Megaxove - bateu todos os seus récords, acadando que ao redor de 11.000 persoas se achegasen a Expourense nos catro días nos que se desenrolou. Nenos e maiores participaron activamente nalgunha das máis de 60 actividades culturais e deportivas que ofrecía o Salón e onde tiveron a oportunidade non só de divertirse, senón de cultivar valores como o compañeirismo, a solidariedade cos máis desfavorecidos, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade ou o respecto ao Medio Ambiente. O Salón da Xuventude converteuse así no punto de encontro da mocidade galega entre o 5 e o 8 de de-

cembro e tamén das súas familias, xa que foron moitos os rapaces que acudiron ata o salón acompañados polos seus pais ou avós conseguindo tamén a participación activa dos maiores en actividades como os xogos tradicionais, o fútbol chapa ou o scalextric, entre outras.

Xogos tradicionais que conviviron coa Ciber Aula e coa Zona de videoxogos. As novidades Entre as novidades do programa de actividades de Megaxove 2011 destacou a celebración do primeiro Campionato Galego de

Snooker, organizado polo Clube de Billar Ourense en colaboración coa Federación Galega de Billar, no que participaron 16 xogadores de toda Galicia que acudiron a esta cita debidamente uniformados. Ademais do campionato, houbo exhibicións e clases de inicio á práctica do billar. Outras das innovadoras propostas desta doce edición foron os obradoiros de cultura urbá (graffiti, breakdance e rap) ou o de automodelismo por radio control. Tampouco faltaron obradoiros solidarios, de iniciación ao Slot ou exposcións sobre educación, deporte e valores. Cross Megaxove Organizado polo Clube de Atletismo Academia Postal, a doudécima edición do Cross Megaxove, que se celebrou o 8 de decembro no recinto feiral, superou a cifra máxima de participantes que acadara ata o de agora, chegando aos 750 atletas procedentes de to-

Unha das novidades desta edición foi un obradoiro de iniciación ao Slot./RAMSÉS

Como sempre Megaxove presentou unha oferta para toda a familia, pero os máis pequenos foron, sen dúbida, os grandes protagonistas. /RAMSÉS dos os rincóns de Galicia e con idades comprendidas entre os 17 meses e os 71 anos. Esta proba, a segunda na provincia que con maior poder de convocatoria -despois da San Martiño-, contou cos representantes do Ourense Academia Postal, Iria Fernández e Hassan Lekhili, como dominadores absolutos. Promoción de actividades culturais O Salón da Xuventude serviu tamén de plataforma de promoción doutras actividades vencelladas ó lecer e á cultura e para que distintas asociacións xuvenís, como Amencer, a Fundación Amigos de la

Barrera ou as escolas de baile rexional Castro Floxo e Queixumes dos Pinos, deran a coñecer o traballo que realizan ao longo de todo o ano. Remataron así catro días nos nos que Expourense acolleu un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros pensados para gozar en familia.

Megaxove converteuse no punto de encontro da mocidade galega, que puido gozar de 60 actividades diferentes


BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

BILLAR / XIMNASIA

Snooker

O vigués Héctor do Amo fíxose co Campionato Galego de Snooker 4 Na gran final logrou vencer ao ourensán Francisco Movilla. Redacción Do 5 ao 8 de decembro o recinto feiral de Expourense acolleu o Campionato Galego de Snooker, no que se deron cita os máis recoñecidos xogadores de billar da nosa comunidade. Finalmente, logo de 4 longas xornadas de xogo, chegaron á derradeira só os catro mellores xogadores, que se clasificaron para as semifinais da proba autonómica. Entre estes catro referentes do billar autonómico atopouse o xogador do Club de Billar Ourense, Francisco Movilla, que loitou polo difícil reto de ser profeta na súa terra. Algo, xa complicado

Podio do campionato galego de Snooker celebrado en Expourense. de por sí ao que non contribuiron os lóxicos nervios que o acompañaron durante todo o campionato ao ser un dos organizado-

res do mesmo. A primeira semifinal enfrontou ao vigués Hector do Amo -o gran favorito, ao ser un dos mellores xo-

Francisco Movilla tívose que conformar con ser subcampión de Snooker. /RAMSÉS

gadores de ámbito nacional na especialidade de poolcontra o lugués Cesar Vilarín, quen a pesar de non lle por as cousas sinxelas, non logrou finalmente vencer a do Amo, que se fixo cun resultado de 3-1 que o catapultou á gran final. Por outra banda, na segunda semifinal o ourensán Francisco Movilla non levou a cabo a súa mellor actuación e permitiu un enfrontamento máis igualado do que cabía agardar contra David Castro, de Sarria. Así, a pesar de manterse Movilla sempre por diante, Castro logrou o empate a poucos minutos do remate, co que o último frame decidiu o choque e deu a coñecer o nome do segundo finalista, que foi o xogador anfitrión. A final Chegou a derradeira partida, o Campionato Galego de Snooker só podía ter

un gañador, ou Vigo ou Ourense verían o trofeo en mans do seus representantes. E esta gran final foi un calco do acontecido durante todo o torneo. Héctor do Amo logrou rápidamente escaparse no casilleiro (3-0) e Movilla non deu despregado o gran xogo que o caracteriza. Pero o xogador ourensán conseguiu reducir algo a distancia impóndose no seguinte frame. Nembargantes, Héctor fixo as delicias do público no quinto e último frame, realizando o break máis alto do torneo e con el o derradeiro 4-1, que lle otorgou o título de campión galego desta modalidade. Polo súa banda, o enfrontamento para o terceiro e cuarto posto entre Castro e Vilarin decidiu que a medalla de bronce fose para o de Sarria e o cuarto posto para Lugo.

4 V Torneo

Nadal Ourense Termal Redacción O vindeiro domingo 18 de decembro terá lugar na cancha central do pavillón dos Remedios o V Torneo Nadal Ourense Termal de ximnasia, un evento que reunirá na Cidade das Burgas a preto de 200 nenos das diferentes modalidades de ximnasia e pertencentes a clubes de toda Galicia. As Triscas, Ximnasia Pontevedra, Xiada, Fene, Esquío, Escola Burgas, Escola Municipal de Xinzo, Ximnasia Escola Pavillón e Ximnasia Pavillón son algúns dos clubes que se darán cita nesta proba, á que tamén acudirán algúns dos equipos de ximnasia rítmica que veñen de participar recentemente no campionato de España de Zaragoza, así como os ximnastas de trampolín que participaron recentemente no Campionato do mundo absoluto e por idades en Birmingham (Inglaterra). Colaboradores Este quinto Torneo Nadal Ourense Termal está organizado polo Club Ximnasia Escola Pavillón, que contou nesta edición co patrocinio do Consello Municipal de Deportes, as Consellerías de Deporte e Cultura, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación Provincial de Ourense, así como das empresas privadas AGS 11 e Aceites Abril; e coa colaboración da Federación Galega de Ximnasia.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

BALONCESTO

O COB perde onde se gañan as ligas 4 Os de Rubén Domínguez puxéronlle en bandexa a primeira vitoria do Plasencia na liga despois de 10 xornadas. R. Torres O Club Ourense Baloncesto quere ser forte na LEB Prata, pero nin o parece. Trala disputa de nove partidos nas dez primeiras xornadas (unha de descanso), o Club Ourense Baloncesto foi capaz do mellor (vencer contra o filial do Barça en cancha contraria) e do peor (ser derrotado polos dous últimos clasificados da liga e sufrir un estrepitoso traspés contra o seu máximo rival polo ascenso directo, Andorra). Para que un equipo logre o ascenso direto á LEB Ouro ten que ser o primeiro clasificado ao remate da liga regular, e para iso ten que vencer sobre todo en canchas onde os seus máximos rivais o fan, como é a de Plasencia. O Plasencia chegaba ao seu enfrontamente contra o COB con cero vitorias e con moitos problemas nas súas filas en forma de lesións, polo que o triunfo dos ouren-

Partido do ABO. /RAMSÉS

4 O ABO non gaña

Nin con adestrador novo o Ourense Capital Termal é quen de gañar. A pasada fin de semana sucumbiu ante o Ferrol por 79-70 e suma xa sete derrotas en oito encontros. O 17 de decembro volve xogar fóra da casa, nesta ocasión o rival será o Chantada, equipo que vai quinto con catro vitorias e catro derrotas. Despois chegará o parón de Nadal, tralo que o ABO retomará a competición o 14 de xaneiro contra o Establecimientos Otero de Cambados.

sáns en Extremadura estaba casi garantido, pero para iso tiñan que estar concentrados desde o primeiro minuto, cousa que non aconteceu. Os locais chegaron a ter rendas de máis de 20 puntos e a apatía dos ourensáns transformábase en derrota, a terceira no que vai de curso. Sen un referente, un líder, o COB ten sumado papele-

tas para que antes de que remate a primeira volta deixe de contar nas quinielas como un dos favoritos ao título ligueiro e ao ascenso á segunda división do baloncesto nacional. Agarda Coruña Este venres, 16 de decembro, o Club Ourense Baloncesto recibe a partir

Vicens defendo na zona do COB contra o Oviedo. /RAMSÉS das 21 horas no Paco Paz ao Básquet Coruña, un dos líderes da clasificación. Os coruñeses chegan a este encontro tras sete partidos

gañados e dous perdidos e tras vencer na pasada xornada en casa ao Bulevar, tendo pedra angular a Xavier López, que acadou

20 puntos e está a ser un dos referentes do conxunto herculino nas últimas xornadas. Rubén Domínguez na previa ao derbi galego considerou ao Básquet Coruña como un dos mellores equipos da liga e que ten “os mesmo obxectivo ca nós, que é o ascenso”; o técnico considera que as bazas que teñen para dobregar ao Coruña pasan por “non deixarlles xogar con continuidade nos seus movementos” ademais de controlarlles “os contraataques”. Despois deste encontro haberá un parón polo Nadal; e a competición para o COB regresará o 7 de xaneiro contra o Fontedoso Carrefour El Bulevar de Ávila.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

BALONCESTO

E chegaron os líderes...

4 Durán Maquinaria Ensino e Femenino Cáceres venceron con contundencia a Codigalco e Pabellón. Redacción O Codigalco Carmelitas recibiu o pasado 10 de decembro ao actual líder do grupo A da Liga Feminina 2 de baloncesto, o Durán Maquinaria Ensino, nun polideportivo Vedruna cheo de seareiros colexiais que tentaban trasladar ás súas xogadoras ánimo e confianza para lograr a que sería a súa quinta vitoria consecutiva nas oito xornadas desputadas ata o momento. Pero vencer a un conxunto que tan só perdeu un encontro de oito non semella tarefa sinxela e as luguesas, logo dunha primeira metade na que lle tomaron a medida ao Carmelitas, saltaron á cancha tralo descanso co claro obxectivo de por os puntos sobre os íes e demostrar quen é o primeiro e quen o quinto. Porque a tartaruga só gaña á lebre se ésta non pon interese na carreira e o

Ensino fixo, precisamente, todo o contrario. O choque comezou con dominio local, con Noelia Oliva (14 puntos) dirixindo e Zuleira Atíes (29) anotando, como xa nos teñan acostumados, e así as rapazas de Juan Rodríguez demostraron, unha vez máis, as súas posibilidades ante o peor dos rivais. De feito o 2415 que sinalaba o casilleiro trascorridos os 10 primeiros minutos e o 36-31 que recollía ao descanso, facían prever un choque duro para ambas partes. Pero chegou o terceiro período e con el oito puntos consecutivos de Drye e dous triples de Mireia Navarrete e Uxía Fernández, que permitiron o despegue dun Ensino que aumentou máis e máis a distancia a base de acertos seus e erros das locais, chegando ao minuto 30 con quince puntos de cómoda ventaxa (45-

60). No derradeiro período, logo de ver ao seu rival a case 20 puntos de distancia (54-73), o Codigalco fixo un último esforzo e anotando nada menos que 37 puntos logrou un resultado final máis próximo á realidade de ambos clubs, 82-90 marcaba o luminoso ao final do encontro. Cáceres 78 - Pabellón 63 Pero esta oitava xornada non foi moito máis sinxela para o Pabellón Ourense, a quen lle tocou visitar Cáceres e plantarlle cara a un conxunto que a pesar de ser rival directo en tempadas anteriores, este ano apunta maneiras para manterse nos tres primeiros postos da xeral. A pesar da desventaxa coa que partían as de Lisardo Rodríguez non se deron por vencidas ata que o encontro rematou e aínda que sempre foron a remolque das extremeñas, en oca-

sións coma esta evitar que a distancia do rival supere os 10 puntos pode considerarse todo un mérito. E así foi no primeiro (24-15), no segundo (36-31) e no terceiro (51-45) período. Finalmente, o Cáceres -con Brown (22), Tillman (17) e Morton (15) á cabeza- puxo de manifesto a súa superioridade ante un Pabellón liderado por Geehan (18) e Bolonio (14). As vindeiras citas Dispares son os enfrontamentos que agardan o próximo 17 de decembro aos nosos dous representantes en LF2. Mentres o Codigalco Carmelitas visitará Valladolid para facer fronte ao penúltimo clasificado (que ata o momento só logrou unha vitoria), o Pabellón Ourense recibirá nos Remedios ao ADBA Avilés, outro dos titáns do seu grupo e quinto clasificado.

Simmnos lanzando a canastra ante a oposición dunha xogadora do Ensino./RAMSÉS

Final de Copa Galicia Infantil de baloncesto feminino 4 Será o 17 de decembro no Polideportivo Vedruna. Redacción

Julia Tornberg tentando zafarse dunha rival./RAMSÉS

Carmelitas Ingatel, Peleteiros, Celta Maristas e G. Junquera Cortegada veranse as caras o vindeiro 17 de decembro no ourensán polideportivo Vedruna na recta final da Copa Galicia Infantil de baloncesto feminino. Ás 10:30 horas arrancará a primeira das semifinais, que enfrontará a Peleteiros e Celta Maristas,

e ás 12:30 será o turno do Carmelitas Ingatel e o G. Junquera Cortegada. Xa pola tarde, os respectivos gañadores destes dous encontros loitarán polo título da Copa na gran final, que terá lugar ás 19 horas. Con entrada de balde, todos os amantes do baloncesto feminino teñen unha cita ineludible este sábado coas nosas representantes infantís.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011


10

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

UN ANO EN IMAXES


BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

ATLETISMO

11

Luaces bate o récord galego de 10 quilómetros marcha

4 A ourensá estableceu un novo rexistro en 46.18 minutos. Redacción

Carreira dos pitufos en Megaxove. /RAMSÉS

Iria e Hassan dominaron en Expourense

4 O XII Cross Megaxove contou con 750 participantes de toda a comunidade. Redacción A décimo segunda edición da Carreira Popular Expourense-Megaxove foi claramente dominada polos seus anfitrións, xa que corredores ourensáns de todas as idades demostraron as grandes dotes coas que contan os deportistas da Cidade das Burgas. De feito, os representantes do Ourense Academia Postal Iria Fernández e Hassan Lekhili dominaron a proba absoluta desta xa tradicional competición, que contou cunha inscripción récord de case 750 atletas, dos que máis de 400 tomaron parte nas distintas carreiras, ademais dos máis xoves, que disputaron a proba de “cativos” ao final da xornada. Iria Fernández non tivo rival en ningún momento e

impúxose na liña de meta á tamén ourensá Filomena Cid. En terceiro lugar quedou Almudena Cordón, esta tempada nas filas do ADAS Proinor. Pola súa banda, Tania Prieto (ADAS) fíxose coa vitoria na categoría júnior, e Mª Dolores Villar na de veteráns (seguida de preto por Esther Bouso). Pola súa banda, a proba masculina foi comodamente dominada por Hassan Lekhili, que demostrou unha vez máis o por qué das súas últimas vitorias nas populares más destacadas de Galicia, e incluso en campo a través. Hassan foi secundado no podio absoluto polo seu compañeiro de club Álvaro de la Fuente, rematando de terceiro o representante do ADAS Víctor Conde. En canto a outras categorías, os va-

Hassan Lekhili comandando o Cross Megaxove. /S. Torres

róns máis detacados foron Mario Pérez en júniors, Saturnino González en Veteráns A, Domingo Álvarez en Veteráns B e José Fernández en Veteráns C. Os máis pequenos Polo que respecta ás probas dos menores, o dominio en benxamíns correu a cargo de Elsa Pena (Club Alejandro Gómez) e Ramón Rodríguez (quedando segundo Álvaro Díaz, da Escola do Ourense); en alevíns venceron Claudia Fernández (USC) e Manuel Prieto (A Limia); en infantís, Lucía Suárez (Atletismo Negreira) e Alejandro Selas (Carmelitas); en cadetes Ana García (ADAS) e Francisco J. Miranda (Ourense); e en xuvenil, María González e Ayoub Nagihi (ambos do ADAS O Barco).

A marchadora do Ourense Atletismo Academia Postal, Lorena Luaces, acaba de bater o récord galego de 10 quilómetros en ruta en Getafe (Madrid) na celebración do XIV Trofeo de Marcha Atlética “Cerro Buenavista”. A marchadora ourensá paraba o crono en 46.18 minutos e facíase ademais coa segunda praza na proba, soamente por detrás de María José Poves, sendo esta a primeira participación de Luaces na tempada. Outra ourensá, a xuvenil Débora Pato, foi a campioa na proba de promoción sobre unha distancia de tres quilómetros.

Os membros do Club de Atletismo Cuntis (asociado do Academia Postal) tamén lograron grandes éxitos. Así, Roberto Vieiro lograba o triunfo en 2 Qm alevín, mentres Javier Escariz era terceiro. Na proba infantil masculina, Brais Prieto, Smail Learib e Jaime Arias coparon os segundo, terceiro e cuarto postos respectivamente, mentres que na proba feminina, Antía Chamosa era cuarta.

cuarto posto na categoría júnior -cinco quilómetros de percorrido-, a cinco segundos da medalla de bronce e a 25 do ouro. A outra representante ourensá, Rocío Carbia, foi descalificada na proba feminina na mesma distancia. En categoría cadete, Carmen Escariz facíase co título de campioa de España, e Daniel Chamosa co de subcampión, ámbolos dous do club Cuntis.

Marcha de Inverno de Promoción Á par que o “Cerro Buenavista” disputouse tamén o primeiro Campionato de España de Marcha de Inverno de Promoción, onde Francisco Durán obtivo o

Lorena Luaces.

Chega a décima edición da carreira do Nadal

4 Celébrase desde fai dez anos en San Cibrao. R.T. O domingo 18 de decembro é a data elexida para que se celebre a carreira pedestre do Nadal que chega ao seu décimo aniversario. O Concello de San Cibrao volve a organizar esta carreira que comeza a ser un referente nas carreiras populares da provincia de Ourense. As inscricións están limi-

tadas a 500 participantes e ten un custe de 3 euros. O pago poderase facer a través da web de championchipnorte ou en man en Deportes Red.1. As inscricións para a carreira de pitufos farase o propio día da proba, será de balde e correrase sen chip. A partir das 12 horas terá lugar a saída conxunta das carreiras absoluta e escolares. Na carreira absolu-

Carreira de Nadal do ano pasado./ARQUIVO

ta os corredores deberán completar unha distancia de 8,5 quilómetros dando unha volta pequena e outra grande ao circuíto; pola súa banda, os escolares (alevín, infantil, cadete e xuvenil) darán unha soa volta para facer unha distancia de 3 quilómetros. Ás 13 horas os pitufos tomarán a saída nunha proba cuxa distancia é de 300 metros. Todos os pitufos terán a recompensa dunha medalla á súa chegada á meta. Premios Os seis primeiros clasificados terán un premio en material deportivo ademais dun trofeo aos tres primeiros clasificados en cada categoría. Ademais, os seis primeiros clasificados do Concello de San Cibrao recibirán un cheque de 60 euros para gastar en material deportivo, e faranse cun premio especial os seis primeiros traballadoresempresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao. Así mesmo, todos os inscritos recibirán unha camiseta técnica e unha bolsa deportiva. Para rematar, despois da entrega de premios, haberá un ágape para todos os participantes da proba e sortearanse agasallos, produtos grastronómicos, bicicletas e cestas de Nadal.


12

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

UN ANO EN IMAXES


UN ANO EN IMAXES

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

13


14

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

ENTREVISTA

Diego Formoso e óscar vázquez fundadores do P21 Pádel Club

“Co pádel mellorase a condición física, a axilidade, os reflexos...”

4 Falamos con Diego Formoso Pato e Óscar González Vázquez que xuntos abriron as instalacións do P21 Pádel Club no polígono do 21. R. Torres Cos tempos que corren é difícil ver a dous xóvenes tomar a decisión de emprender un proxecto profesional e moito máis se este xira en torno ao pádel, un deporte -a priori- minoritario, pero que conleva grandes beneficios físicos e mentais. A excepción son, Diego Formoso e Óscar Vázque, que fai unhas datas abriron ao público o complexo P21 Pádel Club no polígono do 21. Que horario teñen as instalacións? Diego Formoso (D.F.): “Abrimos todos os días do ano excepto o de Nadal e aninovo, de 10 a 14 e 16 a 23 horas”. Que ofrecedes en P21?: Óscar Vázquez (Ó.V.): “O P21 é un centro de ocio onde xogar ao pádel, recibir clases tanto nenos como adultos, unha aula de estudio con wifi para que os nenos fagan os seus deberes, zona infantil, tenda con material de pádel, zona de cafetería...”. E que ofreceredes no futuro en P21? D.F.: “Rankings de dobres e ranking en pista in-

Carmen León debaixo do logo do P21. /RAMSÉS

Óscar Vázquez e Diego Formoso nas instalacións do Pádel P21. /RAMSÉS dividual, escola de pádel para nenos, torneos para todas as idades, participación na Liga Rías Baixas, pertencente ao campionato autonómico de pádel, e a novidade neste Nadal será o “Pádel and English”, que consiste en que ao longo de toda a mañá os nenos practicarán pádel con monitores titulados, xogos deportivos e clases de inglés con mestre nativo, incluindo como opción o almorzo. Por medio da web permitimos aos usuarios organizar partidos entre eles, así como levar unha estatística do nivel de xogo de cada un”. Cómo xurdiu a idea de crear unhas instalacións para a práctica do pádel? Ó.V.: “Comezamos coa práctica, porque nos gustaba; logo Diego obtivo o título de monitor da Federación Galega de Pádel, e comezou a dar clases; entón comezamos a encontrarnos co problema da falla de instalacións. Non había onde dar clases, o tempo nunca acompañaba, con frío e humidade en inverno e moito calor a pleno sol en verán. Así que empezamos a plantexarnos montar unha instalación,... e ata aquí chegamos”. A qué se debe o auxe deste deporte?

D.F.: “A varios motivos: o principal é que ten unha esixencia física media, co cal fas exercicio, pero non rematas esgotado, cousa que o fai moi saudable. Tamén se mellora con relativa facilidade, recibindo unhas poucas clases, pronto estamos xogando e divirtíndonos, e ademais é un deporte moi social, posto que necesitas a catro para xogar, ou a dous para a pista individual, o que fai que xogues con moita xente diferente”. Por que a xente ten que practicar pádel?

Ó.V.: “Pois un pouco polo que falamos anteriormente. Temos un sitio a salvo das inclemencias do tempo, a onde podes vir, suar un pouco, darte unha ducha e charlar un ratiño despois do partido, mentres te tomas algo na cafetería; en definitiva, a divertirte. Que mellor maneira de comezar ou rematar o día para liberar un poco de estrés?, porque o exercicio non só mellora o noso físico, senón tamén a nosa mente”. Qué ventaxas ten practicar este deporte? D.F. :”Non é tan agresivo como outros deportes de raqueta, o cal permite chegar a todo tipo de xente. Melloramos a condición física, especialmente co traballo aeróbico, de intensidade media, melloramos a axilidade, a coordinación, o equilibrio e os reflexos, e todo elo xunto ao fomento das relacións sociais que provoca, posto que xogas sempre en parella ou en grupo”.

P21 abre todos os días do ano excepto en Nadal e Aninovo

A inauguración congregou unha gran cantidade de público./RAMSÉS

Carmen León no partido exhibición da apertura do P21, que é, xunto a Vanesa Alonso, a número 10 do ranking mundial. León da clases os xoves en P21 /RAMSÉS


UN ANO EN IMAXES

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

FÚTBOL SALA

Coa urxencia de sumar puntos 4 O Cidade recibe ao pechacancelas da liga, o Natudelia Zaragoza. R. Torres Partido importante para o Cidade As Burgas, que recibe este sábado a partir das 17 horas na central dos Remedios ao pechacancelas da Primeira División de fútbol sala feminino, o Natudelia Zaragoza. As de Codeso necesitan unha vitoria para saír do momento de ansiedade que andan a sufrir, o que lles impediu sacar un só punto dos últimos 18 disputados. O cadro ourensán ten agora unha boa ocasión para rachar coa tendencia negativa das últimas xornadas e é que ao rival ao que se enfrontan, Zaragoza, as cousas ainda lles van peor. Zaragoza, o rival O equipo maño que a pasada campaña disputou por méritos propios a fase final da Copa de España, este ano non levanta cabeza, leva un só punto nas 10 xornadas disputadas. As fichaxes, oito en total, non están dando todo o que se esperaba

delas e as que continúan non dan tirado do carro. Un só punto é o que lles avala nesta tempada, pero a curiosidade reside en que ese punto o acadaron contra o Gironella, que ocupa a segunda posición empatado a puntos co líder, Córdoba, mentres que no resto dos partidos saíron goleadas (en todos eles perderon por máis dun gol de diferenza). O perigo das mañas pasa actualmente polas súas goleadores, Jessi Gascón e Jessi Tena, con cinco e tres goles de media respectivamente. O Cidade buscará os tres puntos tan necesitados a estas alturas de tempada para poder respirar un pouco de cara ao parón polo Nadal, antes de enfrontarse (o 7 de xaneiro) ao difícil Gironella. A vitoria suporía para as de Codeso, ademais dunha inxección de moral, alonxarse máis da zona de descenso, sempre e cando, Ponte Ourense gañe

a Valladolid e o Femesala Elche faga o propio co Majadahonda, o que sería unha boa nova para as ourensás. Recuperar sensacións O Cidade As Burgas necesita recuperar as sensacións que as levaron a acadar oito puntos nas catro primeiras xornadas de liga con dúas vitorias e dous empates. Para elo, teñen que recuperar as mellores versións de Iria, Peque e Raquel, e sobre todo, o liderazgo de Sonia. Ademais de aportar a “segunda guardia” o que deron nas primeiras xornadas, como foi o caso de Nati, María Arias, Carmen, Figo e Alicia, que estaban a un gran nivel.

As de Codeso perderon nas seis últimas xornadas

Laura controlando o balón ante a oposición dunha adversaria. /RAMSÉS

Este sábado 17, ás cinco da tarde nos Remedios: Cidade As Burgas - Natudelia Zaragoza

A porteira do Zaragoza Belén terá traballo contra as dianteiras do Cidade./RAMSÉS

Primeira División FSF 7ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Córdoba - 25 2º Gironella - 25 3º Móstoles - 24 4º At. Madrid - 24 5º U. de Alacante -28 6º Ponte Ourense - 17 7º Femesala Elche - 17 8º Orvina - 13 9º Burela - 13 10º Soto del Real -13 11º Rubí - 13 12º Logroño -9 13º Cidade As Burgas - 8 14º Valladolid -7 15º Majadahonda -6 16º Zaragoza -1

4 Xornada 11 - 17 de decembro U. de Alacante - Móstoles Rubi - Soto del Real Valladolid - Ponte Ourense Diamante Logroño- Deportivo Córdoba Lacturale Orvina - Burela Cidade As Burgas - Zaragoza Futsi Navalcarnero -Gironella Majadahonda - Femesala Elche

4 Xornada 12 - 7 de xaneiro Móstoles - Majadahonda Soto del Real - U. de Alacante Ponte Ourense - Rubi Deportivo Córdoba- Valladolid Burela - Diamante Logroño Zaragoza - Lacturale Orvina Gironella - Cidade As Burgas Femesala Elche - Futsi Navalcarnero


BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

FÚTBOL SALA

O Ponte, a pola segunda vitoria consecutiva

4 O Ponte Ourense tratará de vencer ao Valladolid a domicilio na xornada 11. R. Torres Despois do parón polo torneo mundial -onde Sara, Ampi e Marta proclamáronse subcampioas do mundo -regresa a Primeira División de fútbol sala feminino nunha xornada aillada de todas as demais, xa que tras tres semanas de parón, chega esta, a 11ª, á que seguen dúas semanas máis sen fútbol sala, polo habitual parón do Nadal. Nesta ocasión, o Ponte Ourense tentará conseguir a segunda vitoria consecutiva despois de vencer na xornada anterior ao Logroño, non sen poucos apuros, por tres goles a un. En caso de acadar a vitoria recorta-

ría distancias con alguna das rivais que están por enriba na clasificación xa que hai enfrontamentos diretos, como son o caso de Universidade de Alacante contra o Móstoles e o partido da xornada entre o Futsi Navalcarnero contra o Gironella, ou o que é o mesmo, cuarto contra segundo; polo que unha vitoria das de Vivián presúmese importantísima para os intereses pontinos de seguir na loita por revalidar o título ligueiro. Óscar Vivián poderá contar con todas as xogadoras agás con Laura Fernández que está en proceso de recuperación do seu xeonllo (aínda que xa toca balón

e a recuperación vai en prazos, continúa con fisioterapia polo que o seu concurso contra Valladolid está descartado). Valladolid, o rival O Valladolid irá a pola vitoria no partido contra o Ponte para poder saír das posicións de descenso que ocupa actualmente, xa que van de decimocuartas con sete puntos só un da posición que da dereito a xogar un ano máis na Primeira División. Para elo, o perigo das pucelás pasa pola goleadora Leti, que leva sete tantos nas dez xornadas disputadas, e polas xogadoras internacionais española Rosán-

Ampi, Marta e Sara, subcampioas do Mundo 4 Coa selección española de fútbol sala feminino en Brasil. R. Torres As xogadoras do Ponte Ourense de fútbol sala feminino, Amparo Jiménez, Sara Moreno e Marta Figueiredo (ourensá) veñen de proclamarse subcampioas do mundo no segundo torneo internacional de fútbol sala feminino disputado en Brasil. Alí acudían trala chamada do seleccionador nacional Arsenio Pascual para disputar este torneo no que participaba por primeira vez a capitana pontina, Marta. Encuadrada a selección española no grupo A tiñan como rival a batir ás anfitrioas, ademais de Venezuela e Angola. O primeiro dos encontros as medía a Angola, a quen venceron por un claro 7-1. Na segunda xornada o rival era Brasil, ante o que caeron honrosamente por 2-1. Na terceira xornada da fase de grupos, o rival era

Venezuela con quen se xogaba o seu pase ás semifinais do torneo; nada puideron facer as “viñotinto” ante a calidade das españolas, que venceron no envite por un claro 9-3, cun gol -o quintode Marta Figueiredo, quen estreabase como goleadora no combinado nacional. As semifinais depararían un duro encontro contra Portugal; as lusas comezaron adiantándose no casilleiro, pero o empuxe das nosas logrou darlle a volta, rematando o partido 3-4, que lle daba o pase á gran final. A final Na final agardaban as anfitrioas e favoritas, Brasil. O partido estivo moi igualado e con moita tensión; as de Arsenio Pascual adiantábanse no marcador en dúas ocasións e as locais contrarrestaban a renda para empatar a contenda. No último minuto, Rosángela facía o 2-3 para as españolas e

cando todo parecía que o título ía para España, a ex do Burela, Vanessa empataba a falta de poucos segundos para o remate, polo que se tiña que disputar a prórroga. Nela, aos catro minutos, de novo Vanessa adiantaba ás cariocas (3-4) e a partir de aí as españolas non foron quen de lograr o empate. Con esta vitoria, Brasil revalidaba o título.

Marta en Brasil.

gela e a internacional con Portugal Rita, recentemente medalla de prata no torneo disputado en Brasil. Parón de Nadal Con este partido contra as representantes de Valladolid, volve o parón na competición, nesta ocasión polo Nadal, durante dúas semanas. A liga reanudarase o vindeiro 7 de xaneiro no partido que enfrontará ao Ponte Ourense contra o Rubí na cancha central do pavillón dos Remedios.

Ponte Ourense quere rematar o ano con vitoria en Valladolid

Ampi no último encontro nos Remedios. /RAMSÉS

17


18

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

POLIDEPORTIVO

Fútbol en Nadal e baloncesto en Reis

O Campus Ourense encadea dúas vitorias cosecutivas

4 Amencer organiza 24 horas de fútbol sala e un campionato 5x5 de baloncesto. Redacción A Comisión de promoción deportiva “Deportes para todos”, da Asociación Xuvenil Amencer organiza, en colaboración coa Asociación Deportiva Bosco, para estas vacacións escolares de Nadal dúas actividades de promoción deportiva iniciadas fai máis de 10 anos. As décimo primeiras 24 horas de fútbol sala e o duodécimo campionato de 5 x 5 de baloncesto. Dende as 11 da mañá do martes 27 de decembro ata as 11 da mañá do mércores 28 desenrolarase as 24 horas de fútbol sala no pavillón cuberto do colexio Salesiano. A continuación, o sábado 7 de xaneiro a partir das 17 horas realizarase o campionato 5 x 5 de baloncesto. Ambas actividades inclúense dentro do programa de Amencer chamado “Portas abertas”, que está destinado a rapaces e mozos de toda a nosa cidade, sen necesidade de que sexan socios da organización. Este programa abrangue varios proxectos de tempo libre, deles o que inclúe estes campionatos denomínase “Deporte para todos”, que se desenvolve nas festas, pontes e períodos de vacacións escolares de todo o

Participantes do torneo de bádminton. curso escolar 2011/2012. Inscricións A inscrición para participar no torneo de fútbol sala remata o luns 26 de decembro ás 14 horas e o sorteo será ese mesmo día ás 6 da tarde. En canto ao torneo 5x5 de baloncesto, os interesados poden apuntarse até o propio 7 de xaneiro ás 14 horas. “A tope na ponte de Nadal en Amencer” Así mesmo, estes eventos deportivos están enmarcados dentro do proxecto denominado “A Tope na ponte de Nadal en Amencer”, que ten como obxectivo fomentar a práctica do deporte, sen ánimo competitivo, e que xa organizou durante a pasada ponte da Constitución un torneo de badminton e outro de fút-

bol sala para os máis pequenos. A cancha de baloncesto cuberta do colexio salesiano acolleu o 6 de decembro o torneo de bádminton “Constitución” no que participaron 52 xogadores. Pola súa banda, celebrouse tamén ese día o tradicional torneo de fútbol-sala “Constitución”, no que participaron 5 equipos organizados nun único grupo no que xogaban todos contra todos en formato liguiña. Os equipos participantes foron o David López + 4, Full de Estambul, El Moya, Los sofistas, e Galácticos FC; dos cales Los Sofistas e Full de Estambul foron os dous mellores que pasaron á gran final, na cal este último foi o vencedor ao sentenciar o encontro cun 1-3.

4 O equipo infantil e o feminino sucumbiron ante o CRAT. Redacción Vitoria do Campus Ourense Rugby ante os Jabatos do Bierzo o que lle fai encadear dúas vitorias consecutivas e romper unha xeira de resultados negativos. O partido que se disputou no campo do campus universitario saldouse cun balance positivo para os locais de 49-0. A dianteira ourensá, máis experimentada, fixo un gran encontro para deleite do público asistente ao acadar nove ensaios e dúas transformacións ante o conxunto bercián que fixo un gran partido pero sen mover o seu casilleiro. A vindeira xornada o Campus Ourense Rugby

viaxa ata Lalín para enfrontarse ao cuarto clasificado para intentar gañar e distanciarse algún punto sobre este rival direto. Equipo infantil Gran partido (sobre todo nos intres finais) do cadro infantil do Campus Ourense o disputado en terras coruñesas contra o CRAT. O equipo comenzou dubitativo o que aproveitou os coruñeses para facer ensaio, lonxe de amedrentarse, os ourensán comezaron a dominar o encontro, pero un contragolpe dos locais remataba noutro ensaio. Na reanudación, o CRAT lograba dous ensaios máis. Grazas ao empuxe do capitán, Edu, lograba o Campus o seu primeiro ensaio, para

O Campus Ourense feminino nun partido nas instalacións do campus universitario. /RAMSÉS

pouco despois, primeiro Ibarra e despois Gonzalo lograban sendos ensaios, á postre insuficientes para facerse coa vitoria. Ocasión desperdiciada polos ourensán para lograr vencer aos líderes da clasificación. Campus Ourense feminino As ourensás do Campus Ourense afrontaban un duro partido contra o CRAT, vixente subcampión de España. A cita chegaba o Campus plagado de baixas e coa pouca experiencia dalgunha das súas xogadoras. O dominio local non se faría esperar e, a pesares de plantexar unha gran defense, as ourensás sucumbiron ante a superioridade numérica e física das coruñesas. Pouco dourou a resistencia do Ourense que vía como a xogadora Helen Roca encargábase de transformar un ensaio tras outro. Por momentos as visitantes lograban equilibrar o xogo, pero a experiencia local era palpable en todos os ámbitos do xogo. Ao final, 81-0 para o CRAT non deixou dúbida algunha da superioridade coruñesa. Os rapaces do equipo sénior do Campus Ourense non deixaron nin un só instante soas ás féminas, animándoas en todo momento.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

19


20

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

MOTOR / BTT

Quinto posto para Marcos Villar en Puente Viesgo 4 Na terceira proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross. Redacción Na terceira proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross celebrada na localidade cántabra de Puente Viesgo con participación do Academia Postal - Actyon Mérida de Maceda, sobre un circuíto xa coñecido polos ciclistas e que era moi esbaradizo e con algo de barro, o mellor resultado foi o do júnior de primeiro ano Marcos Villar, que remataba nunha meritoria quinta posición, a 14 segundos do podio.

En cadetes, Iván Conde foi décimo, mentres que Xiana Conde rompía a cadea ao pouco da saída téndose que retirar. En Elite-Sub23 Saul Lopez, era o 29 e en júniors, David Rodríguez non tiña o seu día e remataba 27º. Raúl Gonzalez e Sergio Movilla, acudían por primeira vez a unha cita deste nivel, e cumprían as expectativas. Taça de Portugal Na localidade portuguesa de Agueda a segunda proba puntuable para a Taça

Os irmáns Agra vencedores na Peroxa

4 Por diante de equipo formado por Castro e Couto. R.T. Xacob e Marcos Agra foron os vencedores na Peroxa nunha gran xornada de Enduro a vivida na localidade ourensá e organizada polo Moto Clube A Peroxa. A da Peroxa era a penúltima proba do campionato galego de resistencia de enduro que se celebrou nunhas condicións climatolóxicas adversas tanto para pilotos

como paro o público asistente, debido a chovizna e á néboa presente no circuíto de cinco quilómetros preparado para a ocasión polos organizados do Moto Clube A Peroxa. Os irmáns Agra foron os máis rápidos logrando a primeira posición e afianzándose na clasificación xeral do galego. Por detrás da KTM dos Agra quedou o equipo formado por Castro

de Portugal de CX ao que foron un total de oito corredores do Academia Postal - Actyon Mérida de Maceda os que se desprazaron para participar nesta proba. Na mesma categoría, Raúl González finalizaba cuarto e o debutante Sergio Movilla sétimo. Xiana Conde, en féminas, remataba segunda, por detrás de Desiree Duarte. En júniors Marcos Villar era sexto con David Rodriguez noveno. En Máster 40, Xulio Conde remataba cuarto, e na categoría raíña, Saúl López concluía décimo. e Couto a moi escasa diferenza; na terceira posición rematarían Carracedo e Moreiras cunha Gas-Gas, Ramos e Cortizo eran cuartos e Morais e Álvarez quintos. Na categoría de individual o podio quedou formado por Ricardo Costas na primeira praza, Adrián Lijo na segunda e o piloto local Javier Quintas na tercera posición. Os 40 participantes sufriron moito durante catro horas co cansanzo acumulado volta tras volta e coas condicións climatolóxicas adversas nun circuíto que foi sede no 2011 dunha proba do campionato do mundo.

Xiana, 4ª de España En Alcobendas remataba a Copa de España de ciclocross concluindo na cuarta posición de cadetes, Xiana Conde; en homes, Iván Conde remataría nunha discreta 18ª posición. En júniors, Marcos Villar que viña de facer unha gran carreira facía tan só tres días en Puente Viesgo, rodaba entre os 10 primeiros a falta de dúas voltas, pero ao final remataba o decimosegundo, un bo posto para un corredor que viu moi retrasada a súa preparación por unha inoportuna lesión a comezo de tempada. David Rodríguez era 15º, voltando a recuperar parte do seu nivel que amosou no comezo da tempada. Con estos postos, Iván Conde rematou décimo na xeral da Copa de España Cadete, Xiana Conde sex-

ta, Marcos Villar undécimo e David Rodríguez 16º. Agora, os xóvenes corredores macedáns centraran os seus esforzos no calendario galego, nas tres próximas semáns, xa que están ás portas da celebración dos

4 Con rematar o Botafumeiro xa lles vale. Con tan só rematar o Rali do Botafumeiro -derradeiro do campionato galego de ralis- o ACSM Rallye ten suficiente para alzarse coa Copa Top-Ten Pirelli de Galicia. Esta fin de semana, na capital galega, ponse fin a un ano intenso no galego de ralis de asfalto, no que os irmáns País (Álex e Santi) tentarán porlle o

Xiana Conde reamtou 4ª na Copa de España

Xiana Conde.

O ACSM Rallye ten a tiro a Copa Top-Ten Redacción

Campionatos Galegos de Ciclocross que terán lugar dentro de dúas semanas.

broche de ouro á tempada e cumprir con creces os seus obxectivos, e é que ademais de acariciar coas mans a Top-Ten, tamén poden quedar campións na categoría de producción (Grupo N) ademais de ter a posibilidade de ser subcampións absolutos. As intencións do ACSM son as de acadar prioritariamente a copa, para despois loitar por facer un bo resul-

tado que lles de o título do grupo N e o subcampionato do autonómico co seu Mitsubishi Lancer Evo X. Os irmáns Pais van a Santiago coa ilusión de poder facer algo grande nesta tempada, para elo irán a por todas na derradeira proba do ano nun rali, o do Botafumeiro moi técnico que conta cuns tramos moi esbaradizos e esixentes.

O ACSM Rallye.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

NATACIÓN

13 metais para os nadadores ourensáns no Trofeo Ciudad de A Coruña

4 Así mesmo, Paula Blanco foi a mellor da nosa provincia no nacional infantil por comunidades. Redacción Os nadadores ourensáns continúan co seu bo facer en cada competición á que se enfrontan. Primeiro conquistaron o vixésimo sétimo Trofeo Ciudad de A Coruña o 3 de decembro e sete días despois fixeron o propio no III Campionato de España Infantil por Comunidades Autónomas. Así a coruñesa piscina de Bastiagueiro rendeuse ante os deportistas do Club Natación Pabellón Ourense que lograron un total de trece medaias, ademais de facerse coa mellor marca galega de idades e as tres mellores marcas provinciais. Tres ouros (os de Daniel Caamaño en 100 braza, J.M. González en 100 libres e Alberto Taboada en 100 costas), seis pratas (as de Laura Pimentel en 200 bolboreta, A. Taboada en 200 estilos e 200 costas, Sandra Presas en 100 costas, Estefanía Lippo en 50 braza e J.M. González en 50 libres) e catro bronces (a cargo de Martín Sabuz en 100 braza, Esther Álvarez en 200 costas, e L. Pimentel en 200 estilos e 200 libre) foron os sobresaíntes resultados acadados polos nadadores pavillonistas na proba coruñesa. As mellores de Ourense e de Galicia A todas estas medaias hai que engadir que coa súa terceira posición en 200 costas, ao realizar a proba nun tempo de 2:25.20, Esther Álvarez logrou ao mesmo tempo a mellor marca provincial da idade de 14 anos. Récord que tamén se trouxeron baixo o brazo Laura

21

A piscina Rosario Dueñas dos Remedios acolle este sábado a 2ª xornada da liga galega probas, fíxose coa 19º posición en 100 costas cun tempo de 1:11.84 (o que supuxo que fose a cuarta das nadadoras con 12 anos) e o posto número 13 en 200 costas, ao precisar un tempo de 2:33.59 (e ser, como consecuencia, a quinta da súa idade). Por conxuntos, a Selección Galega foi quinta en categoría masculina, e sexta na feminina e na conxunta. 2ª xornada da liga galega Este sábado, 17 de decembro, celébrase a segunda xornada da liga galega de idades na categoría alevín, coa participación do CN Monforte e o CNP Ourense, e terá lugar na piscina de 25 metros Pedro Escudero do pavillón dos Remedios. Por parte ourensanista acudirán á cita un total de 24 nadadores para as probas de 200 costas, 100 libres, e 1.500 libres masculinos, ademáis dos releevos 4x50 costas masculino e feminino.

Pimentel -en 200 libres entre os deportistas de 18 anos, ao rematar a súa actuación en tan só 2:06.92 minutos- e Estefanía Lippo - en 50 braza na idade de 18 anos, ao empregar un tempo de 34.38 segundos para realizar o seu exercicio-. Pola súa banda, Paula Blanco fíxose en 50 costas coa mellor marca galega da idade de 12 anos ao realizar esta proba en só 33.02 segundos; e Alexio Fernández logrou, co seu tempo de 1:18.73, clasificarse para participar no vindeiro Campionato Galego na proba de

Campionato de España de Inverno Tamén se disputará esta fin de semana, no Centro de Natación M-86, o LIV Campionato de España absoluto de inverno en piscina curta, onde estarán presentes os ourensáns Alberto Taboada Vila (100 e 200 estilos, 200 braza e 200 costas), Sandra Presas Pérez (50 costas) e Laura Pimentel Pérez (400, 800 e 1500 libres e 400 estilos). Os nosos representantes mediranse a preto de 600 nadadores de 116 clubs de toda España.

100 estilos. Campionato de España por comunidades A pasada fin de semana, os días 10 e 11 de decembro, Madrid acolleu o terceiro Campionato de España Infantil por Comunidades Autónomas, para o que foi convocada pola Federación Galega de natación a ourensá Paula Blanco, que desputou as competicións de 100 e 200 metros costas. Blanco, que cos seus resultados logrou dúas novas mellores marcas provinciais na categoría infantil en ambas

Paula Blanco.


22

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

Dobre vitoria do Galmédica 4 Os representantes ourensáns en 2ª división nacional e galega de tenis de mesa venceron na súa última cita. Redacción Decembro non puido comezar de mellor maneira para os dous conxuntos ourensáns de tenis de mesa xa que a fin de semana do 3 e 4 fixéronse coa vitoria nos encontros que desputaron, o Galmédica superou ao Grupo Barros, mentras o Galmédica B fixo o propio co Sisán. O Pazo de Deportes Paco Paz foi testemuña da última vitoria do Galmédica Ourense T.M. ena segunda división nacional, que logrou vencer por 5 a 1 ao Grupo Barros de Cambados, grazas ao bo facer de Ramón Becerra (2), Juan Ángel Ferreiro (2) e Emilio Diéguez (1). Unha vitoria que o sitúa na quinta praza da xeral e o alonxa da zona de perigo. Pola súa banda, o noso representante en segunda

división galega, o Galmédica B, tamén correu moi boa sorte na súa última proba e superou por 5 a 2 ao Sisán. Nesta ocasión, os xogadores desprazados a Ribadumia, Lalo Pérez (2,5), Antonio Gómez (1), Diego Gómez (0,5) e Antonio López (1), tiveron que empregarse a fondo para demostrar o por qué do seu liderazgo na categoría. O próximo encontro Logo dunha fin de semana de descanso, os próximos 17 e 18 de decembro volta a competición de tenis de mesa, nunha xornada na que o Galmédica desprazarase a Gondomar para enfrentarse ao Vincios C.Dantas, mentras o Galmédica B recibirá no Paco Paz al Vincios D.Tapia.

Membros do Galmédica Ourense T.M.

TENIS DE MESA / ARTES MARCIAIS

Choiva de metais para o Artai no galego de Wushu

4 Cinco ouros e seis pratas foi o botín do ximnasio ourensán. Redacción O pasado 10 de decembro celebrouse en Soutomaior o campionato galego oficial de wushu nas modalidades de combate, Sanda & Qingda, onde a Escola Deportiva Artai competía con 13 deportistas. A xornada demostrou o gran nivel dos pupilos de Aarón Blanco, xa que acadaron a nada despreciable cifra de 13 medallas, cinco das cales foron ouros e seis pratas. Destacadas foron as ac-

tuacións de Ngagne Faye, de origen senegalés, gañando na categoría de 70 quilogramos. Diego González, acadou a medalla de prata ante o actual campión de España nunha reñida final e Francisco Gonçalves, de

Combate de Gabriel Cabezas. 18 anos, conseguiendo a prata nunha final controvertida na categoría de máis de 90 quilogramos. As outras medallas foron para Jaime Álvarez, ouro en -60; Jonathan Dorado, prata en -70;

Gabriel Cabezas, prata en 70 (Sanda); Mario Gayoso, ouro en -75; Fabián Martínez, ouro en -80; Adrián Vázquez, prata en -85 e Adrián González, ouro en -85 quilos.

Expedición do ximnasio Artai no campionato galego de Wushu.

Iglesias e Álvarez no podio do III Open Internacional do Mediterráneo de jiu jitsu 4 Iglesias foi bronce e Álvarez prata. Redacción Os competidores do Ximnasio Marbel Felipe Iglesias e Christian Álvarez realizaron un importante papel no III Open Internacional do Mediterráneo, un evento puntuable para a Copa de Europa que reuniu o pasado 10 de decembro aos mellores loitadores europeos de jiu jitsu no Pavillón do Centro de Alta Rendemento de Villaviciosa de Odón. Alí Felipe Iglesias viviu unha maratoriana xornada na categoría masculina -62 quilos, na que comezou gañando o primeiro combate por 14-0

contra o potente portugués Alexandre Baptista. A continuación, perdeu contra o francés Mohamed Drari nun axustadísimo encontro

(10-10) liquidado por decisión arbitral. Sen tempo para lamentacións, o ourensán enfrontouse á repesca, na que se impuxo sobre os

Álvarez e Iglesias cos seus trofeos.

gregos Kerameas Efstratios (15-0) e Pettas Dionisios (10-6), así como sobre o compatriota Daniel Ruíz de Almirón (15-12), logrando deste xeito unha merecidísima medalla de bronce. Pola súa banda, Christian Álvarez competiu en -94 quilos e entrou como cabeza de lista nas semifinais. Nela enfrontouse ao tamén español Santiago Rodríguez, quen previamente eliminara ao ruso Alexey Veklovzorov. Álvarez non tivo problemas e accedeu á final con autoridade (14-0), pero na mesma non puido co terceiro mellor do mundo na súa categoría, o español Thaer Odeh.


BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011

NOVAS / OPINIÓN

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá, Saudeter. Nº47- Ano: III - 16 de decembro de 2011 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Ocio sobre xeo 4 Ponte Vella conta ata finais de xaneiro cunha pista de patinaxe. Redacción

medo a caer.

Durante os meses de decembro e xaneiro o centro comercial Pontevella terá instalada, como xa aconteceu o ano pasado, unha pista de patinaxe sobre xeo na súa terraza. Con ampla variedade de horarios para o público en xeral, así como con apertura especial para asociacións, empresas e colexios, “Ponte Vella sobre Hielo” está dirixido a toda a familia e tanto a patinadores expertos como amateurs, por iso dispón de patíns de todos os tamaños e de “andadores pingüíns” para que todo o mundo poida practicar patinaxe sen

Variedade de prezos Así mesmo, Ponte Vella ofrece diversos prezos para os que desexen estar unha hora (6,50€) ou un tempo ilimitado (8,50€). Do mesmo xeito que permite que aqueles que teñan patíns poidan acceder á pista 60 minutos (por 4 euros) ou o tempo que desexen (por cinco). Pola súa banda, os grupos de escolares gozaran dun prezo especial de 4,50€. E para completar a súa oferta, o centro comercial ofrécelle a todos os que acudan á pista de patinaxe un desconto dun euro na súa entrada para Cinebox.

4CARTA AO DIRECTOR

Non hai crise…. Durante 90 minutos o pasado 10 de decembro boa parte de España esqueceuse da crise económica, dos seus problemas persoais, de non chegar a fin de mes, dos cinco millóns de parados, da fame no mundo, das enfermidades que asolan os países menos desenvoltos, dos enfrontamentos en Exipto ou Afganistán… porque durante 90 minutos o fútbol invadiuno todo. Os dous conxuntos máis seguidos da Primeira División, eses 22 envexados homes , ocuparon as retinas e as mentes de millóns de españois, que non só viron o partido, senón que pensaron nel antes e despois, desexando que gañase o seu equipo e celebrando ou lamentando o desenlace final. E isto non é unha crítica a este comportamento,

nada diso, estou totalmente dacordo en que entre tanta mala nova, tanto problema e tanta preocupación un precisa non só 90 minutos á semana senón algo máis para liberar a mente e tratar de buscar a vía de escape que sexa para poder ver, cando volta á realidade, o vaso medio cheo. O que me gustaría, con estas liñas, é motivar a todos eses ourensáns aos que lles gusta o deporte e investiron esa hora e media en ver o partido máis “clásico” para que cando precisen ese momento de evasión opten, noutra ocasión, (se non o facían ata agora) por encontros que teñen lugar moito máis preto deles, en pavillóns ou instalación deportivas que, en moitos casos, poden chegar a estar a 100 metros das súas casas e nos que poderán gozar do deporte en vivo e

en directo. Porque moitos de nós somos capaces de recitar, como se da tabla de multiplicar se tratase, as plantillas do Real Madrid, F.C.Barcelona, Atlético de Madrid, Sevilla, Valencia, Deportivo da Coruña e compañía, mentras que non recoñeceriamos, aínda que nolos cruzásemos nun sémaforo ou incluso no portal do noso edificio, a eses grandes deportistas que levan o nome de Ourense moito máis aló das fronteiras da nosa provincia. E eles non están sós, evidentemente, cando realizan probas na casa, pero sei que sempre agradecen a calor dos seus veciños. Que sentiría vostede se estivesen agora mesmo no medio do pavillón dos Remedios desputando unha proba do deporte que máis lles guste arroupados por centos de

4A PREGUNTA

pla experiencia na categoría, como son os casos de Bolonio, Pallardó ou Ramiro, que xunto a Cacheiro, Geehan ou Kineshia, ademais de Bolívar e Álvarez, fan do Pabellón un equipo compensado.

se Blancom, Alonso, Gil e Klein. Se o ano pasado foron mellores cas pabellonistas, este ano voltarán selo.

4 Quen cres que acadará mellor posición na LF2, o Pabellón Ourense ou o Codigalco Carmelitas? O Pabellón

Nena axudándose dun “andador pingüín”./ARQUIVO

O Pabellón Ourense rematará a LF2 en mellor posición porque é un equipo totalmente renovado (tan só conservou a Tornberg). Ademais, moitas das súa fichaxes contan cunha am-

O Codigalco As colexialas xa fixeron os deberes a pasada tempada. Este ano pedra angular do equipo mantense con Atíes e Oliva, a quen se lles uniu Simmons. Xunto a elas continuan Ahijado e Gullberg e incorporáron-

A votación vai do seguinte xeito: - O 83,3% aposta polo CODIGALCO. - O 16,7% confía no PABELLÓN. Segue votando no facebook (mundourense) e en www.mundourense.com

ourensáns que co seu ánimo e aplauso o fan sentir que o importante realmente sí que é só participar? Pois iso é o que aos nosos deportistas lles gustaría! Non deixe de desconectar dos problemas vendo competicións deportivas, pero, algunha vez, proben a facelo nun terreo de xogo de acá, vendo aos nosos rapaces, e comproben como o sorriso que adica un xogador cando mira ao público sí vai para vostede porque non hai ningunha pantalla nin centos de quilómetros de distancia que impidan que o xogador sinta o seu ánimo nin vostede o seu inigualable agradecemento de volta. E sei que esta petición é tan utópica como tópico o meu comentario inicial, pero por pedir que non quede! S.A.N.


24

BARRIOS DEPORTIVO 16 de decembro de 2011


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.