18 Novembro 2011 - BD45

Page 5

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

POLIDEPORTIVO

Máis que competición 4 Ducias de deportistas participan na tirada especial do magosto do club de tiro ourensán. Paula Lodeiro Competición cun aliciente gastronómico. Así foi a xornada do 5 de novembro no Club de Tiro Eiroás, que combinou tiradas de aire comprimido, tiro práctico e tiro ao prato cun xantar de magosto no que non faltaron a costela, o chourizo e as castañas nin o bo ambiente. Durante todo o día notouse no club unha gran actividade: pola mañá, coa competición de tiro dinámico nos novos “stages” creados no antigo vertedoiro, e a competición de 50 pratos foso universal de tiro ao prato. En horario de tarde foi o turno para a proba de aire comprimido a dez metros. Ata sete tiradores de carabina (un récord nas competicións recentes en Eiroás), xunto a un nutrido grupo de pistola, entre os que destacaba a presenza de tres tiradores moi novos, participaron nesta ocasión. En carabina, o ourensán Jorge

Encinas empatou no primeiro posto co coruñés Antonio Casal con 576 puntos, e en pistola, os primeiros postos ocupáronos os mesmos que

no Campionato Galego, Miguel Colmenares (563) e Nuria Mera (358). Ao mesmo tempo, na galería de 25 metros disputábase a proba de pistola precisión, de 30 disparos a 25 metros, onde quedou primeiro Juan Carlos Ferreño con 283 puntos en sénior, Enrique do Río con 265 en veteráns e Nuria Mera en damas con 271. Mentres, no campo exterior conti-

nuaba o tiro ao prato. Próximas citas O club enfila a recta final do ano con varias citas na súa axenda. Por unha banda, as últimas tiradas das ligas anuais. O 27 de novembro é a última proba de pistola velocidade do Campionato Autonómico oficial, con entrega de trofeos, mentres que o 4 de decembro é o turno para a modalidade de pistola estándar. A última tirada da Copa Deputación de aire comprimido retrásase para a segunda fin de semana de decembro, posto que na primeira dispútase en Logroño o Campionato de España de Aire Comprimido. Será, polo tanto, os días 10 e 11 cando remate esta liga de armas neumáticas e se entreguen os premios aos vencedores. Pola outra, tiradas especiais, a primeira delas a tirada solidaria do 10 de decembro, na que o importe das inscricións irá a beneficio da Asociación 1º de Maio. E a segunda, o 18 de decembro, a tirada de Nadal de pistola precisión e aire comprimido. O ano péchase o día 25 con pistola de 9 mm do Campionato Autonómico oficial.

Competición de carabina en Eiroás e un dos tiradores de pistola máis novos. /P.LODEIRO.

Pleno de vitorias para o Galmédica B 4 Seis vitorias nas seis primeiras xornadas para o filial do Galmédica. R.T. Igual que o ano pasado, o do seu debut en competición, o Galmédica B de tenis de mesa conta os seus encontros por vitorias, seis nas seis primeiras xornadas. Todos os compoñentes do equipo lograron puntuar: Diego Gómez (1) Antonio López (2,5), Lalo Pérez (1),

Rodrigo Alvarez 1,5) e Antonio Gómez (1). Con esta nova vitoria o Galmédica B continúa líder do grupo sur da Segunda Autonómica á espera do complicado desprazamento desta xornada a Vigo para enfrontarse ao Mercantil que ocupa a segunda posición cos mesmos puntos cos ourensáns, sendo os dous equipos, ata o momento, in-

vitos da categoría. Pola súa banda, ao Galmédica A tocoulle xornada de descanso despois de lograr unha vitoria a pasada semana en terras herculinas ao vencer ao Coruña T.M. O partido estivo moi igualado chegando ao enfrontamento de dobres con empate a tres puntos, o partido de dobres decantaría o encontro a favor dos ourensáns.

Un dos xogddores do Galmédica B durante un encontro.

Vicente e Pablo levaron a Copa Deputación de Padel 4 Belén e María foron as gañadoras femininas. Redacción O Club Tenis Ourense vén de organizar a Copa Deputación de Padel 2011, que se celebrou entre os pasados 29 de outubro e 9 de novembro con probas, masculina e feminina, para as categorías absoluta, veteráns e nenos.

As mellores parellas foron en catogoría absoluta Vicente González e Pablo que venceron a Moncho Domínguez e Federico López; e Belén Diéguez e María Fernández, foron as mellores das féminas ao vencer na final a Coloma Viudez e Beatriz Díaz. Dos alevíns, Miguel Aragón e Daniel Movilla foron

os grandes dominadores. E, pola súa banda, da categoría de consolidación, Vicente Jorge e Agustín Alonso venceron no grupo masculino na final a Diego Formoso e Carlos Guede, mentras que Puri Ortiz e Vanessa Lozano fixeron o propio con Estela Bermello e Isabel González, no feminino.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.