Page 1

Defendendo as nosas cores: Fran Cárdenas, xogador do COB LOITAS OLÍMPICAS

FÚTBOL SALA

Preto de 60 rapaces participaron na Copa Deputación de loitas olímpicas

O Ponte Ourense lévase o derbi ourensán contra o Cidade As Burgas

[páx. 3]

[páx. 16]

[páx. 20]

Unha San Martiño de récord 5.834 atletas non se quixeron perder a carreira popular máis antiga de Galicia.

[páx. 11-13]

Número: 45- Ano: III - 18 de novembro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 2 de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 20. Estadio do Couto -16.15 horas- CD Ourense - Bergantiños. - Día 20. Oira (Ourense) -12.00 horas-. CD Ourense B - Mondariz. - Día 20. Estadio San Rosendo, Celanova -16.00 horas-. Sporting Celanova - Céltiga. - Día 20. Estadio Calabagueiros, O Barco -16.15 horas-. CD Barco - Cruceiro do Hío. - Día 20. Estadio Os Carrís (Barbadás) -12.00 horas-. Barbadás - O Val. Preferente Autonómica feminia. - Día 20. A Rúa -16.00 horas-. CD Rúa - Pastoriza. 2ª Autonómica feminina. - Día 27. Estadio José Arjiz -Verín-. Verín - Nigrán. - Día 27. Estadio dos Carrís -Barbadás-. Barbadas Gran Peña FC.

Fútbol sala feminino - Día 19. Pavillón dos Remedios -17.00 horas-. Ponte Ourense - Diamante Logroño.

Atletismo - Día 19. Colexio Guillelme Brown. -a partir das 10.30 horas-. XVI Cross popular Guillelme Brown. - Día 19. Colexio Guillelme Brown. -a partir das 11.00 horas-. carreira pedestre Guillelme Brown.

Andainas - Día 19 - O Barco de Valdeorras -a partir das 10.00 horas-. 6ª Andaina de Outono. - Día 26. Nogueira de Ramuín -a partir das 9.00 horas-. Andaina Solidaria A Senda da Memoria.

Baloncesto

- Día 18. Paco Paz. 21.00 horas-. COB - Prat. - Día 19. Pavillón dos Remedios -20.00 horas-. Pabellón Ourense - Cortegada. - Día 26. pavillón Vedruna. 19:15 horas. Codigalco Carmelitas - Arxil.

AXENDA - ACTUALIDADE

Xiana Conde logra o primeiro podio nacional 4 O Academia Postal-Actyon-Mérida realizou unha gran actuación na Copa de España. Redacción Fin de semana intenso o vivido os días 12 e 13 de novembro polo Academia Postal-Actyon-Mérida de Maceda en Asturias, coa dobre cita da Copa de España de CX. O sábado a cita tivo lugar no céntrico parque dos Pericones, en Xixón, con máis de 400 participantes repartidos nas diferentes categorias. A xornada deu comezo coa saída das carreiras de Máster e rematou coa carreira de Elite-Sub 23, que se desenvolveu nun circuito sen barro pero que todos os participantes coincidiron en calificar como moi esixente fisicamente, polos numerosos repeitos que había en cada volta, sen ningunha zona de descanso. Malia as dificultades, os nosos corredores estiveron a un bo nivel. Así, na categoria de cadetes, Iván Conde foi 6º e Rubén

García, 22º; entre as féminas Xiana non deu rematado a proba. Pola súa banda, en máster 40 Xulio era 12º; en júniors, David quedou de 11º e Marcos Villar, de 15º; na carreira de elite sub 23 , Saul Lopez foi 23º e 7º entre os sub 23. Segunda proba Xa o domingo a Copa de España congregou a estes deportistas en Navia, nun circuito xa clásico, no que toca rodar pola auga da ría. Este ano, a diferencia pasada edición, o circuito estivo case totalmente seco, o que provocou que os 400 participantes rodaran a gran velocidade. Pola súa banda, a representación ourensá voltou realizar unha gran actuación, de xeito que Xiana Conde acadou o primeiro podio deste ano para o clube Academia Postal nunha proba nacional, sendo, á súa vez, a 3ª entre as cadetes.

No grupo masculino desta mesma categoría Iván Conde repetiu en 6ª posición, mentres que Rubén García foi 20º. En júniors, Marcos Villar foi 11º e David Rodriguez, 13º;e en elite sub 23, Saul Lopez quedou de 25º(11º entre os sub 23). Ademais do podio de Xiana Conde durante esta competición destacou tamén a progresión de Iván Conde, que está a pelexar sempre con primeiros da súa categoria; en júniors, a melloria de Marcos Villar e David Rodríguez, que segundo vai avanzando a temporada achéganse ao top 10 da súa categoría. Aí mesmo, na categoria raiña, Saúl López está a amosar que mellora carreira a carreira a pesar de ter saído en numerosas ocasión na parte traseira do pelotón. Saúl López, convocado pola selección española O corredor macedán Saul

Hoquei herba - Días 18, 19 e 20. Mariñamansa. Campionato sectorial de hoquei herba xuvenil coa presenza do Caldaria Barrocás. Disputará os seus partidos o venres 18, ás 18.00 horas e o domingo 20, ás 10.30 horas.. - Día 20. Mariñamansa -13.00h.- Barrocás - Real Sociedad.

Balonmán

- Día 19. Anexo pavillón -17.30 horas-. Pabellón Balonmán - Culleredo. 2ª Autonómica masculina.

Rugbi

- Día 20. Estadio universitario de Ourense -16.00 horasCampus Ourense Rugby - Lalín. - Día 20. Estadio universitario de Ourense -18.00 horasCampus Ourense Rugby - Zalaeta Arteixo.

Xiana Conde, primeira pola dereita, bronce na Copa de España celebrada en Xixón.

Xiana Conde, do Academia Postal - Actyon foi terceira na Copa de España cadete de Xixón López vén de ser convocado polo seleccionador nacional de BTT, Cristobal Sánchez, para participar na concentración de pretempada de Mountain Bike o próximo fin de semana, do 18 ao 20 de novembro, co CAR de Serra Nevada en Granada. Segundo as palabras do propio seleccionador, “basicamente trátase do seguimento de corredores das categorías inferiores, establecendo pautas de actuación en función dos resultados observados e corrixindo as carencias que se puideron detectar”. Esta convocatoria é unha boa nova para o clube ourensán xa que se converte no segundo corredor do mesmo que acude a unha concentración da selección española. Saúl quedou o ano pasado terceiro nos campionatos de España de BTT na categoria júnior, sendo ademais segundo na Copa de España de Avilés, así como terceiro na Copa de España de Menorca, Subcampión Galego de BTT e gañador da Xeral do Open Galego de BTT. Na actualidade, está a a disputar a tempada de Ciclocross corredor Sub 23, na que apunta maneiras, xa que se atopa entre os primeiros da cateogoría a pesar de tratarse do ano do seu debut na mesma. Así, esta chamada da selección Española recoñece a súa gran tempada de BTT e as súas posibilidade de cara ao futuro.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

LOITAS OLIMPICAS



Éxito de participación na Primeira Copa Deputación de Ourense de loitas olímpicas 4 Chegaron loitadores de toda Galicia das categorías base. R.T. O Pavillón dos Remedios de Ourense, acolleu este pasado sábado 12 de novembro, a Primeira Copa Deputación de Ourense de loitas olímpicas nas categorías base, onde se deron cita preto de 60 rapaces de entre 6 e 13 anos, con gañas de pasar un bo rato aprendendo dun dos deportes máis nobres de todos cantos se pode practicar, a loita. A xornada estivo organizada pola Federación

Galega de Loita e D.A. en colaboración co Club Atila de Ourense, así como coa axuda da Deputación de Ourense, da Concellería de Deportes de Ourense e coa colaboración de xeito activo das empresas Begano e Telepizza. O éxito desta primeira actividade foi a afluencia de deportistas e dos pais e nais, que se achegaron para disfrutar co traballo dos máis novos, que se mostraban atentos ás explicacións de mestres nacionais de loi-

tas olímpicas. Nesta primeira ocasión, a actividade prolongouse para levar a cabo unha “Xornada de Tecnificación Deportiva”, onde podemos destacar a presenza dos clubs de toda Galicia: Atila de Ourense, Keltoi de Vila de Cruces, Escola Ayude de Melide, Club Stellae de Santiago de Compostela, Club de Loita Lugo, Club Coliseum de Rábade e Club de Loitas Olímpicas de Vilalba. Este tipo de actividades

por equipos, forma parte activa da campaña de promoción deportiva, que dende a Federación Galega de Loita e D.A. estase a levar a cabo en toda Galicia.

Preto de 60 rapaces de toda Galicia tiveron unha clase de loita con adestradores nacionais

Na Copa Deputación practicáronse moitos xogos./RAMSÉS

4 Practica a loita

Rapaces facendo un exercicio de loita na Copa Deputación./RAMSÉS

En Ourense hai unha escola deportiva de loitas olímpicas, actividade patrocinada polo Concello de Ourense. As clase, que son impartidas por adestradores nacionais, danse no pavillón municipal dos Remedios -no ximnasio- os seguintes días: os martes e xoves de 19 a 20 horas para nenos de 6 a 12 anos, e tamén os martes e os xoves pero de 20 a 21 horas para os maiores de 12 anos. Para máis información pódese achegar un ao pavillón municipal en horario das clases, na web fegaloita.org ou no correo electrónico ingo@fegaloita.com; tamén pódese chamar ao teléfono 650 822 519.




BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

ARTES MARCIAIS

Choiva de metais para o Artai 4 Os compoñentes do ximnasio Artai lograron un gran botín de metais en Oviedo. Redacción Ata Oviedo foi unha expedición galega -na súa maioría ourensáns do ximnasio Artai- para tomar parte no “III Campionato Internacional de Wushu cidade de Oviedo”. O Ar-

tai aportou un total de 22 competidores (9 en formas e 13 en combate), sendo esta xornada unha das máis fructíferas dos últimos 10 anos para o club ourensán. A colleita de metais resúmese en 11 ouros, 9 pratas e 8 bronces (6 ouros, 4 pra-

tas e 5 bronces en formas e 5 ouros, 5 pratas e 3 bronces en combate) Destacada foi a actuación dos deportistas Sergio Parga Nores, actual campión de España, con dous ouros e unha prata e de Sara Álvarez Vázquez,

actual campioa galega, con dous ouros. Tamén cabe citar ao debutante en Sanda (contacto pleno), Gabriel Cabezas Montero, quen venceu ao actual campión de España de Sanda na final de menos 70 quilos.

A expedición galega que acidui a Oviedo era na súa maioría ourensáns.

O Marbel, apeado da final da liga de judo 4 Rematou decimocuarto na fase regular. Redacción Despois de tres xornadas da Liga Internacional de Clubs de Judo, “Trofeo Cidade de Ourense”, o Marbel non puido acceder á fase final na que participan os catro mellores conxuntos. O Marbel rematou na decimocuarta posición nunha

competición na que forman parte os mellores equipos de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal. Nesta última xornada da fase regular, a competición trasladouse ata Vigo ao non poder desenvolverse na cidade das Burgas. O equipo ourensán chegou á cita coas baixas de Felipe Iglesias,

Christian Alvarez, Miguel Pardavila e o portugués Thiago Pereira, ademais de ver como tiña que retirarse da competición o judoka Guillermo Otero ao dislocarse o cóbado, polo que o seu obxectivo foi o de facelo mellor posible. Así e todo, lograron a vitoria contra o Ferrolterra (4 victorias a cero) e o empate co San Francisco Teo (2-2), perdendo os tres últimos encontros contra rivais de gran nivel como Avilés (13), Judo Club Coruña (0-4) e Universidad de Oviedo A (0-4). Con estes resultados, o Marbel rematou 14º dun

total de 23 equipos, logrando cinco vitorias, e 13 derrotas, deixando lonxe o décimo posto colleitado o ano pasado. Semifinais As semifinais da liga disputaranse o próximo 26 de novembro. Os semifinalistas masculinos son o Judo Club Avilés (17-1) contra o Judo Arteixo (142) e o Tuvasa Valladolid (16-2) contra o Judo club Coruña (14-2). En categoría feminina enfrontaranse o Judo Club Coruña – Famu Vigo e o Arteixo – Lugo.

Sobre estas liñas, arriba, Sergio Parga (ouro en arma curta e arma longo e prata en man vacía na categoría júnior. Abaixo, Adrián Vázque, bronce en Sanda.

Campionato galego de karate Redacción O club Mizukami desprazou a unha expedición de karatekas ata Ferrol para disputar o Campionato galego de karate en categorías cadete, júnior e sub-21.

En sub-21 masculino, en +75 quilos, Juan Luis Alvarez García foi o 2º clasificado na modalidade kumite. En júnior feminino (+59 quilos), Raquel Carballal Rodriguez acadou a terceira posición na modalidade kumite.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

POLIDEPORTIVO

Máis que competición 4 Ducias de deportistas participan na tirada especial do magosto do club de tiro ourensán. Paula Lodeiro Competición cun aliciente gastronómico. Así foi a xornada do 5 de novembro no Club de Tiro Eiroás, que combinou tiradas de aire comprimido, tiro práctico e tiro ao prato cun xantar de magosto no que non faltaron a costela, o chourizo e as castañas nin o bo ambiente. Durante todo o día notouse no club unha gran actividade: pola mañá, coa competición de tiro dinámico nos novos “stages” creados no antigo vertedoiro, e a competición de 50 pratos foso universal de tiro ao prato. En horario de tarde foi o turno para a proba de aire comprimido a dez metros. Ata sete tiradores de carabina (un récord nas competicións recentes en Eiroás), xunto a un nutrido grupo de pistola, entre os que destacaba a presenza de tres tiradores moi novos, participaron nesta ocasión. En carabina, o ourensán Jorge

Encinas empatou no primeiro posto co coruñés Antonio Casal con 576 puntos, e en pistola, os primeiros postos ocupáronos os mesmos que

no Campionato Galego, Miguel Colmenares (563) e Nuria Mera (358). Ao mesmo tempo, na galería de 25 metros disputábase a proba de pistola precisión, de 30 disparos a 25 metros, onde quedou primeiro Juan Carlos Ferreño con 283 puntos en sénior, Enrique do Río con 265 en veteráns e Nuria Mera en damas con 271. Mentres, no campo exterior conti-

nuaba o tiro ao prato. Próximas citas O club enfila a recta final do ano con varias citas na súa axenda. Por unha banda, as últimas tiradas das ligas anuais. O 27 de novembro é a última proba de pistola velocidade do Campionato Autonómico oficial, con entrega de trofeos, mentres que o 4 de decembro é o turno para a modalidade de pistola estándar. A última tirada da Copa Deputación de aire comprimido retrásase para a segunda fin de semana de decembro, posto que na primeira dispútase en Logroño o Campionato de España de Aire Comprimido. Será, polo tanto, os días 10 e 11 cando remate esta liga de armas neumáticas e se entreguen os premios aos vencedores. Pola outra, tiradas especiais, a primeira delas a tirada solidaria do 10 de decembro, na que o importe das inscricións irá a beneficio da Asociación 1º de Maio. E a segunda, o 18 de decembro, a tirada de Nadal de pistola precisión e aire comprimido. O ano péchase o día 25 con pistola de 9 mm do Campionato Autonómico oficial.

Competición de carabina en Eiroás e un dos tiradores de pistola máis novos. /P.LODEIRO.



Pleno de vitorias para o Galmédica B 4 Seis vitorias nas seis primeiras xornadas para o filial do Galmédica. R.T. Igual que o ano pasado, o do seu debut en competición, o Galmédica B de tenis de mesa conta os seus encontros por vitorias, seis nas seis primeiras xornadas. Todos os compoñentes do equipo lograron puntuar: Diego Gómez (1) Antonio López (2,5), Lalo Pérez (1),

Rodrigo Alvarez 1,5) e Antonio Gómez (1). Con esta nova vitoria o Galmédica B continúa líder do grupo sur da Segunda Autonómica á espera do complicado desprazamento desta xornada a Vigo para enfrontarse ao Mercantil que ocupa a segunda posición cos mesmos puntos cos ourensáns, sendo os dous equipos, ata o momento, in-

vitos da categoría. Pola súa banda, ao Galmédica A tocoulle xornada de descanso despois de lograr unha vitoria a pasada semana en terras herculinas ao vencer ao Coruña T.M. O partido estivo moi igualado chegando ao enfrontamento de dobres con empate a tres puntos, o partido de dobres decantaría o encontro a favor dos ourensáns.

Un dos xogddores do Galmédica B durante un encontro.

Vicente e Pablo levaron a Copa Deputación de Padel 4 Belén e María foron as gañadoras femininas. Redacción O Club Tenis Ourense vén de organizar a Copa Deputación de Padel 2011, que se celebrou entre os pasados 29 de outubro e 9 de novembro con probas, masculina e feminina, para as categorías absoluta, veteráns e nenos.

As mellores parellas foron en catogoría absoluta Vicente González e Pablo que venceron a Moncho Domínguez e Federico López; e Belén Diéguez e María Fernández, foron as mellores das féminas ao vencer na final a Coloma Viudez e Beatriz Díaz. Dos alevíns, Miguel Aragón e Daniel Movilla foron

os grandes dominadores. E, pola súa banda, da categoría de consolidación, Vicente Jorge e Agustín Alonso venceron no grupo masculino na final a Diego Formoso e Carlos Guede, mentras que Puri Ortiz e Vanessa Lozano fixeron o propio con Estela Bermello e Isabel González, no feminino.




BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

BALONCESTO

Momento do encontro entre o Codigalco Carmelitas e o ADBA Avilés./RAMSÉS

Déjà vu

4 Codigalco Carmelitas e Pabellón Ourense sumaron ao unísono a súa segunda vitoria da tempada. Redacción Fai aproximadamente medio ano, na segunda metade do curso pasado, Codigalco Carmelitas e Pabellón Ourense parecían porse dacordo para sumar en cada encontro unha vitoria ou

derrota á par. Pois como se dun salto ao pasado se tratase, dun verdadeiro “déjà vu”, os dous conxuntos ourensáns de Liga Feminina 2 voltan coincidir (de xeito casual, evidentemente) nos seus resultados este ano: dúas vitorias, dúas derrotas

Partido entre o Pabellón e o Ferrol./RAMSÉS

e 6 puntos en total son o idéntico bagaxe de ambos. Sen ir máis lonxe, colexialas e pavillonistas viviron unha dura terceira xornada na que ambas as dúas se enfrontaron con nefasta sorte a dous dos grandes da categoría, mentres que, a continuación, o último encontro que desputaron ata o momento serviulles para sumar unha vitoria aos dous. Os grandes, pisan forte Non fixo falla que a tempada avanzase moito para ver aos nosos equipos medirse cos máis grandes. A terceira xornada de liga deparoulles a Codigalco e Pabellón os peores emparexamentos situándoos diante do ADBA Avilés e o Bembibre, repectivamente. Co fin de estar á altura dos seus rivais, ambos conxuntos pisaron o parquet coas gañas e a mentalidade precisas para buscarlle as cóxegas a quen semella-

ba non as ter. E aínda que, sen dúbida, o intentaron, ambos encontros remataron coa derrota das ourensás e o fortalecemento dos dous líderes do grupo. Por unha banda, as de Juan Rodríguez caeron na casa por 44-53 ante o ADBA e, por outra, o Pabellón foi derrotado polo Bembibre por 60-50.

Segunda vitoria Pola contra, unha semana despois foron os conxuntos máis habituais da metade da taboa os que lle depararon aos equipos ourensáns a súa segunda vitoria do curso. Mentres o Pabellón venceu, na prórroga, por 64-58 ao Ferrol, o Carmelitas gañou en León ao Aros 58-69. De infarto, así foi o remate do encontró do Pabellón Ourense e o Universitario de Ferrol, ao que un empate a 53 puntos conduciu á obrigada prórroga. Logo dun bo inicio das de Lisardo Rodríguez – que chegaron a acadar unha vantaxe de 14 puntos-, cada erro que cometeron a partir do segundo cuarto foi moi ben aproveitado polas visitantes para achegarse no casilleiro ou situarse levemente por diante. Apretado partido que levou a unha prórroga na que os nervios traicionaron ás ferrolás, permitindo que esta pelexada vitoria quedase finalmente en Ourense. Pola súa banda, o encontro do Carmelitas ante o Aros León, un dos seus habituais verdugos, tampouco foi excesivamente cómodo, xa que malia co-

mezar mandando, ao descanso eran as leonesas as que ían por diante. Xa na segunda metade as de Juan Rodríguez, ben lideradas por Simmons e Atíes, fixéronse cun choque cuxa vitoria as situou na idílica sétima posición. Vindeiras citas O próximo sábado, 19 de novembro, o Pabellón Ourense volta ser local recibindo ás 20 horas ao Cortegada. Pola súa banda, o Codigalco repite como visitante fronte ao Universitario de Ferrol. A clasificación e os antecedentes auguran un partido relativamente sinxelo para o Carmelitas e un moito máis complexo para o Pabellón, pero, como sempre, será finalmente o caprichoso e impredecible deporte o que decida.

Codigalco e Pabellón levan obtido no que vai de curso os mesmos resultados: dúas vitorias, dúas derrotas e seis puntos

Unha xogadora pavellonista enfrontándose á defensa ferrolá./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

BALONCESTO

En busca do primeiro posto da LEB Prata

4 O partido de Club Ourense Baloncesto adiántase ao venres co punto de mira posto na primeira posición. R. Torres Aínda que non é algo que lle quite o sono a estas altura de competición ao adestrador de Club Ourense Baloncesto, o certo é que o conxunto ourensán de vencer este venres na casa ante o Prat pode rematar a sétima xornada como líder da liga Adecco Prata. Despois de descan-

xogadores “xuventude e experiencia” e que despregan na cancha “un xogo dinámico e agresivo” para “sacar bos tiros”. O filial do Joventut de ACB ocupa a sexta posición con tres vitorias e tres derrotas, a tiro de pedra dos de arriba, o que da a medida da dificultade coa que se atopará o COB. A baixa de Todorovic,

Koffi lanzando a canastra./RAMSÉS sar a pasada xornada (a causa de ser unha liga cun número impar de conxuntos) o equipo dirixido por Domínguez segue en postos de cabeza, que xunto con Álava e Andorra está a unha vitoria do líder, Barcelona Regal, catro vitorias o grupo perseguidor por cinco do líder. Para Domínguez, este venres (a partir das 21 horas), chega un Prat Joventut que combina nos seus

por parte dos visitantes, merma ao equipo catalán mentras que Dominguez poderá contar con todos os seus efectivos. Para o adestrador cobista a vitoria pasa por impedir que sexan “capaces de impor o seu estilo de xogo, controlando a súa maneira de xogar”, para elo, afirmaba Rubén Domínguez, “temos que entrar ao 100%” ademais de “dominar o rebote”, explicaba o técnico

do COB. Sobre a falta de acerto no tiro exterior nas primeiras xornadas, Domínguez apuntou que estaba “menos preocupado” porque no último encontro “a porcentaxe de acerto no tiro exterior foi máis grande que anteriormente”, e remarcou que semana a semana tentan equilibrar as porcentaxes “de tiro de dous co de tres”. Máis dunha década Durante máis dunha década (12 anos), o Club Ourense Baloncesto estivo en risco de disolución. Aínda que a débeda aínda existe, o certo é que reduciuse considerablemente, pasando de ser de 1.600.000 euros aos preto de 700.000 nos que está actualmente (débeda considerable a pesar de todo). O máis chamativo de todo isto é que os ingresos por diñeiro público baixaron de máis do 80% a menos do 40%, mentres que o 62% do presupuesto actual é por financiación privada.

A seguinte cita do Club Ourense Baloncesto é o venres 18 ás 21 horas no Paco Paz fronte ao Prat Joventut

Movilla botando o balón diante dun xogador do Tenerife./RAMSÉS






BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

FÚTBOL

Regresar á senda das vitorias

4 CD Ourense buscará sumar os tres puntos ante a súa afección contra o Bergantiños. R. Torres Despois de que o pasado domingo o Ourense caera derrotado contra o Rápido de Bouzas no campo do equipo vigués por dous goles a cero, e vira como se rompía unha racha de catro partidos seguidos sumando os tres puntos, esta xornada os de Salinas buscarán regresar á senda dos triunfos que os levaron a ocupar a segunda posición na clasificación. Para o domingo a partir das 16.15 horas no estadio do Couto agarda o Bergantiños que marcha décimo con 19 puntos. Derrota en Vigo Contra o Rápido de Bouzas o equipo non deu a sensación en ningún momento de que tiña o partido controlado e un gol á saída dunha falta moi escorada fixo que os ourensáns foran a remolque durante todo o encontro. Cos cambios pertinentes feitos no descanso, o Ourense tivo o varapalo do segundo gol aos tres minutos da reanudación polo que a empresa de acadar os tres puntos diluíase, malia que contou con algunha ocasión para darlle a volta ao marcador. Ao final derrota por

2-0 e baixa ata a terceira posición da táboa con 29 puntos, os ‘rojillos’ quedan con esta derrota a cinco puntos do líder Vilalbés que se amosa sólido neste primeiro cuarto de tempada. Asamblea do 12 de decembro Parece que queren quecer os días previos á asamblea do 12 de decembro. Se fai uns días saltaba a nova de que lle ofreceron a Plácido Díaz a posibilidade de acceder á presidencia do Ourense; agora é Seoane o que arremete contra os homes que entraron na directiva do club o pasado verán, encabezados por Aníbal Pereira. Do primeiro caso pouco máis se sabe, o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol revisou as contas do club e mantivo varias reunións para ver as condicións nas que está a entidade e convertirse no seu máximo mandatario. No que se refire ao segundo caso, Seoane, o actual presidente declarou aos medios de comunicación que as contas están moi mal e que falta unha suma importante de cartos para facer fronte aos gastos de toda a tempada. O director técnico da entidade, Aníbal Pereira,

Jaime Noguerol controla o balón na central da área contra o Ordes. /RAMSÉS. devolveu o golpe aclarando que se traballa nese sentido e que, pola crise, as cousas non están nada doadas, nembargantes salientou que o seu grupo está traballando moito para conseguir os ingresos necesarios. Espéranse días quentes previos á asamblea xeral na que se coñecerá quen é o próximo presidente de CD Ourense.

O Ourense gañou co Ordes 1-0 e caeu contra o Rápido de Bouzas por 2-0

Domingo 20, ás 16.15 horas no estadio do Couto: CD Ourense Bergantiños

Na asamblea do 12 de decembro decidirase quen é o próximo presidente

Un momento do partido de fútbol na cancha do colexio de Vistafermosa. /RAMSÉS.

Torneo de convivencia entre barrios

Saída do porteiro do Ordes diante do dianteiro Éder. /RAMSÉS.

Un ano máis, a Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza o torneo de convivencia entre barrios. Devandito torneo xunta aos máis cativos para que, ao longo do curso escolar xúntense para practicar o futbito durante varias xornadas (unha por mes) que percorren os barrios de Vistafermosa, A Carballeira, O Couto e A Ponte. Detrás deste evento está como cabeza visible o sempre incombustible Alfonso Vilachá, quen a pesar de estar xubilado na súa profesión non se xubila nesta actividade que ano tras ano organiza para que os máis pequenos teñan unha xornada deportiva, á par que educativa e de compañerismo.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011




10

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

Con paso firme 4 Sexta vitoria e liderato do Balonmán Pabellón. Redacción O Balonmán Pabellón anda con paso firme na 2ª Autonómica. A xornada pasada conseguiu a sexta vitoria en seis partidos disputados o que o sitúa líder en solitario tralo empate colleitado polo seu máximo rival a estas alturas de campionato, o Culleredo, que emparou en casa contra o Chapela (28-28). O equipo ourensán viaxou ata Meaño para enfrontarse ao Bm. Salnés Meaño, que ata o momento non conseguira puntuar en ningún partido. Os pavillonistas pronto abriron distancia no marcador cun xogo rápido e o grande acerto de Diego

Marí na portería distanciándose 3-10 nos 15 primeiros minutos. A pesar das baixas nas filas pavillonistas os visitantes non se resentiron e no descanso xa marchaban cunha vantaxe de 5-15, polo que o segundo tempo tomárono máis relaxadamente e Arias deu entrada a xogadores xuvenís, que coa súa actuación de seguro que contarán con máis minutos ao longo da tempada. O resultado final (17-32) foi un reflexo da diferenza entre os dous equipos. Con esta vitoria e o empate do Culleredo, o Balonmán Pabellón marcha líder en solitario con 12 puntos, un máis que os coruñeses, que visitarán Os Remedios

O Campus Ourense perde o liderato 4 Tras dúas derrotas consecutivas. Redacción O Campus Ourense Rugbi perde o liderato despois de perder contra o Muralla RC e contra o Iveco Universidade nas dúas últimas xornadas. No partido contra os lucenses o casilleiro reflectiu un 9-16 final despois dun disputadísimo encontro en terras ourensás. En ningún momento os ourensáns foron quen de levar a iniciativa e xa ao descanso os locais dominaban por 240. Na segunda metade as cousas foron mellor pero en ningunha ocasión deron sensación de que puideran

darlle a volta ao marcador; de feito, non se movería no segundo tempo e remataría cos catro ensaios dos vigueses da primeira metade (24-0). Coas dúas derrotas colleitadas, o Campus Ourense cede o primeiro posto en beneficio do equipo vigués. E, casualmente, esta fin de semana o Campus desprazábase ata a Cidade Olívica para xogar contra o Iveco Universidade. Derrota dos infantís O equipo infantil do Campus Ourense caeu derrotado no segundo partido de liga contra o Ferrol por un

POLIDEPORTIVO

este sábado 19 de novembro, a partir das 17.30 horas. Pola súa banda, o Balonmán Carballiño non puido facer nada ante o Viveiro e caeu derrotado por un 3320 demostrando a fortaleza dos lucenses. Os ourensáns acudiron á cita con innumerables baixas polo que a empresa era máis difícil do habitual. Nesta xornada o Carballiño recibe ao Salnés Meaño, último clasificado, nunha boa ocasión para sumar os dous puntos. O Indomogal Pabellón O Indomogal Pabellón visitou este pasado sábado a pista do UB. Lavadores para pechar a primeira volta da 1ª Autonómica feminina. As rapazas que dirixe Manuel Quintana ofreceron moi boa imaxe ante as viguesas a pesar da derrota final (21-14), amosando contundente 53-5. Partido moi desigualado, sobre todo nos primeiros minutos. Pero, pouco a pouco, os ourensáns empezaron a despregar un mellor xogo, deixando unha boa imaxe durante a segunda metade. Os cadetes tamén perderon Na terceira xornada da liga cadete, o Campus Ourense recibía no campo da universidade ao Pontevedra, equipo que demostrou a súa superioridade desde o primeiro minuto. Pero, a pesar do dominio, os visitantes relaxáronse e froito desa relaxación chegaron os 22 puntos dos locais. Boas sensación do conxunto ourensán que xogou ata con oito xogadores infantís de segundo ano dando boa conta de que hai canteira no rugbi ourensán.

unha defensa férrea, pero algunhas lagoas no xogo de ataque. Con esta derrota as pavillonistas mantéñense penúltimas, tendo que render visita ao Bm. Caselas este sábado a partir das 16:30 horas no municipal de Salceda. No partido de ida, as pontevedresas venceron nos Remedios por dous goles (16-18). Tropezo do Xuvenil Masculino na 2ª División O equipo xuvenil cedeu un punto importante ante un rival directo polas prazas de promoción de ascenso a División de Honra, o SAR de Redondela, ao empatar a 33 goles no partido que ambos os dous conxuntos disputaron no Anexo dos Remedios o pasado domingo 13. Os ourensáns están na terceira posición, pero esta semana tocaralles descansar.

Partido do Pabellón Balomán de categoría cadete feminina. /RAMSÉS

Barrocás e Apóstol, distinto camiño 4 O Barrocás marcha terceiro mentras que o Apóstol ocupa o farol vermello. Redacción O último encontro desputado ata o momento polos dous conxuntos masculinos ourensáns que militan en División de Honra B de hoquei, o Apostol Ourense e o Caldaria Barrocás, tivo o mesmo resultado pero con distinto sabor de boca. En ambos os casos o marcador quedou 2 a 5, pero o Apostol caeu na casa fronte ao Junior F.C. mentres que o Barrocás venceu como visitante ante o C.AT.San Vicente - este último no partido adianta-

do correspondente á xornada 14-. Con esta vitoria o Caldaria Barrocás mantense de terceiro con seis puntos. Pola contra, o Apostol Ourense sitúase logo deste resultado de pechacancelas, con tan só dous puntos no que vai de tempada. O vindeiro domingo ambos conxuntos terán nova oportunidade de sumar puntos, o primeiro recibirá en Mariñamansa ao Real Sociedad 1927 (quinto con cinco puntos), mentres que o segundo visitará ao Real Club Josaleta (oitavo con tres puntos).

Hoquei feminino Pola súa banda, a nosa representación feminina en Primeira División de hoquei tivo descanso a pasada fin de semana. Anteriormente, o 6 de novembro, o Ourense perdeu na casa contra o Universidad de Sevilla por 0 a 1. Derrota que tentarán compensar o vindeiro domingo ao visitar ao Real Grupo de Cultura Covadonga. Un duelo lixeiramente inclinado a favor das ourensás, que son sextas, mentres que o seu rival ocupa a oitava posición, pero ambos teñen só dous puntos.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

35 CARREIRA DO SAN MARTIÑO

11

Fieis á cita

4 5.834 atletas populares participaron na 35ª edición da carreira popular máis antiga de Galicia, a do San Martiño en Ourense. R. Torres Na proba absoluta, que comezaba ás 11 horas co pistoletazo de saída por parte do ex marchador Santi Pérez, o vencedor foi o marroquí afincado en Ourense e atleta do Academia Postal, Hassan Lekhili, cun tempo de 35:19. Quince segundos máis tarde entraría en meta Gustavo Platas e en terceira posición e pisándolle os talóns a Gustavo faríao Carlos Villamor. Na categoría feminina, Solange Andreia sería a primeira en atravesar a liña de meta cun tempo de 35:50, Raquel Suárez sería segunda con 36:29 e Leticia Fernández chegaría en terceira posición facendo o percorrido en 37:16. Por detrás, Javier Martínez Cachafeiro despois dunha hora 23 minutos e 30 segundos daría por finalizada a proba absoluta nesta 35ª edición, sendo o corredor número 3.241 que cruzaba a liña de meta nunha mañá ideal para a práctica do atletismo.

Milleiros de persoas acudiron á cita coa carreira do San Martiño. /M.REJO

Proba escolar Na proba escolar foron 2.592 escolares os que participaron, sendo o máis rápido de todos eles Miguel Otero Rey, que realizou os catro quilómetros e medio de percorrido en 15:12. Entres as rapazas, Iria Rodríguez Huertas foi a máis rápida ao tardar 17:41. O caso de Iria é moi significativo, xa que foi a primeira moza

en chegar á meta sendo todavía infantil. A pesar da Federación Española, récord de participación Cifra récord a deste ano en canto a participación se refíre e sen estar no calendario nacional. Iso pouco importa, que unha Federación queira lucrarse a costa duns atletas populares que o único que queren é participar dunha xornada deportiva polas rúas da cidade das Burgas (e doutras moitas do territorio nacional) é unha aberración. No afán por lucrarse, esixen un canon en concepto de “licenza por un día”; a cal inclúe un seguro do que xa dispón a organización do evento, polo que sería duplicar un concepto que

A proba escolar ao seu paso pola ponte Romana. /M.REJO ten cuberto a San Martiño. Carreiras tan míticas como a Behovia-San Sebastián tampouco entraron no calendario nacional por causa da xa máis que famosa “licenza dun día” que cubre a responsabilidade civil. Ao non participar no calendario nacional, a Federación impídelle participar a atletas becados e a atletas doutros países que viñan cada ano a levarse o botín dos premios. Con esta medida pérdese ver aos africanos correr polas rúas da

cidade ourensá, pero non quita un ápice do espectáculo que ofrecen os milleiros de participantes que cada ano son fieis á decana das probas populares galegas.

Superouse o récord de participantes a pesar de non estar no calendario nacional

Hassan Lekhili co número un no dorsal nos primeiro metros da San Martiño. /M.REJO


12

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

35 CARREIRA DO SAN MARTIテ前


35 CARREIRA DO SAN MARTIテ前

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

13


14

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

ATLETISMO

Andainas no Barco e en Nogueira de Ramuín

O Academia Postal comeza a tempada 2011-2012

Redacción

4 Lekhili segue colleitando bos resultados.

O sábado, 19 de novembro, o Concello do Barco de Valdeorras, xunto cos clubs Adas Barco e Peña Trevinca Barco e a Delegación da Federación Galega de Atletismo en Valdeorras celebran a sexta Andaina de Outono. Ás 10 da mañá dará a saída desde o pavillón de Calabagueiros esta edición que conta cun percorrido duns 15 quilómetros aproximadamente. As localidades polas que pasará serán O Barco, Veigamuíños, Tremiñá, Portela, Villarica, Mosteiro de Xagoaza, Xagoaza, Nogaledo, Outarelo e de volta para O Barco. Para o seguinte sábado, 26 de novembro, colle o relevo o Concello de Nogueira de Ramuín coa andaina solidaria A Senda da Memoria. Desde a praza Maior do concello sairán os

andaríns ás 9.30 horas. O percorrido é duns 20 quilómetros e hai un trazado alternativo de aproximadamente 10 quilómetros para quen decida non realizar a proba na súa totalidade. A inscrición, aberta ata o 23 de novembro, ten unha cuota de seis euros e pódese realizar a través da páxina web www.nogueiraderamuin.com, remitindoa cumprimentada xunto co xustificante de ingreso

Cartel da andaina solidaria de Nogueira de Ramuín.

Cross Guillelme Brown 4 Terá lugar o sábado 19 de novembro. Redacción O sábado 19 de novembro, a partir das 10.30 horas, o colexio Guillelme Brown celebra a 16ª edición do Cross Guillelme Brown para as categorías

da cuota ao fax 988 201 120 ou ao correo electrónico cultura_nogueiraderamuin@hotmail.com, ou entregándoas nos establecementos colaboradores da capital ourensá Turini Sport e Red.1 Deportes. Dos seis euros, dous irán para os gastos da organización do evento e os outros catro irán a parar a Asociación de familiares de alzhéimer de Ourense AFAOR.

prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, absoluta/júnior/xuvenil e pais/nais/profesores do colexio. O percorrido realizarase polo interior do centro escolar, sendo cada volta de

750 metros para todas as categorías, agás os prebenxamíns, que percorrerán un circuito máis pequeno. Esta carreira de caracter popular xa está asentada no calendario dos colexios e dos populares que gustan de correr este tipo de probas, polo que cada ano crece o número de atletas de todas as idades que participan neste evento.

Redacción Con tan só dúas fins de semana disputadas da tempada, o Academia Postal xa obtivo grandes resultados da man do marroquí Hassan Lekhili. Despois de gañar na San Martiño aterraba en terras coruñesas para disputar a XXXII Carreira popular de Negreira. Lekhili, nun alarde portentoso, logrou rematar a proba na segunda posición por detrás tan só do keniata Daniel Kiplagat, vencedor da San Martiño 2010, e quedando por diante doutro dos favoritos, Eliud Kipserem. San Martiño Ao triunfo xa citado de Lekhili na proba absoluta da San Martiño 2011, súmanselle os postos desta-

cados doutros comapeñeiros do club. Elías Domínguez, quinto clasificado, Manuel Hurtado, sexto, e Alejandro Fernández, noveno. Iria Fernández (11ª clasificada) foi a primeira académica clasificada; Rocío Carbia foi a primeira júnior, Hugo Loureiro o primeiro júnior; e José Manuel Fernández Márquez (que volve estar nas filas do Ourense) foi o primeiro veterán B en rematar a proba. Na proba escolar, o novo membro do club, Miguel Otero, foi o vencedor, por diante de Adrián Bouza e doutro novo ourensán esta temporada, o pontevedrés Damián Esmerode. Iria Rodríguez foi a primera das rapazas nesta carreira, seguida de Sandra Rodríguez e Eva Cid. Destacables foron tamén as actuacións de Laura Rosen-

de, cuarta clasificada e terceira xuvenil, e dos cadetes asociados do C.A. Cuntis, Marcos Rosende e Ángela Fernández, que lograban o primeiro posto das súas respectivas categorías. Outros resultados Algúns académicos desprazáronse ata Burgos para participar no VIII Cross Internacional de Atapuerca, que abriu a tempada nacional de campo a través. Ata alí foron catro ourensáns. En categoría xuvenil, as novas promesas, Guzmán Gómez e Daniel Esmerode, lograron entrar en meta nos postos 27º e 31º, respectivamente. Mentres que na proba absoluta, Manuel Hurtado foi o mellor académico logrando o posto 46. Así mesmo, o catalán Jesús Manuel Cardó rematou no posto 77.

Participantes da edición 2010 do cross Guillelme Brown./ARQUIVO


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores

4 O mundourensán ao que nesta ocasión coñecemos máis de preto é un dos dous únicos xogadores do COB que continaron no equipo logo do seu descenso a LEB Prata a pasada tempada. Trátase de Fran Cárdenas, un xoven xogador con ampla experiencia e as cousas moi claras. Redacción Ten 21 anos, mide 1,78 metros, leva ás súas costas o número 4 e na actualidade é un dos bases do Club Ourense Baloncesto, Fran Cárdenas é todo un exemplo deses deportistas que loitan pola súa progresión profesional ante todo e, por iso, non dubidou en deixar a súa cálida Andalucía para vir á fría cidade de Ourense co fin de continuar mellorando como xogador de baloncesto. “Xogar ao máximo nivel posible” é o súa meta.

Que te motivou a aceptar a oferta do COB o ano pasado? Fran Cárdenas: “Levaba 7 anos xogando en Sevilla, alí creron que xa estaba preparado para saír fóra a xogar e cando o Ourense me fixo a súa oferta non o dubidei”. E a renovar este ano? F.C.: “Renovei porque era un proxecto ilusionante co fin de que o equipo voltase a LEB Ouro” Que cres que fixo á directiva confiar en ti de novo este ano?

F.C.: “Penso que consideraron que son un xogador moi capacitado para loitar polo ascenso do COB. Ademais, supoño que tamén decidiron renovarme polo cariño que me ten a afición”. Como viviches o descenso do COB a pasada tempada? F.C.: “Dende fóra non se ten nin unha idea do que pasamos dentro. Nós estivemos tan preto de librarnos do descenso que sufrimos unha gran decepción cando non o logramos”. Cal é o obxectivo do

Fran Cárdenas antes dun adestramento no Pazo./R. TORRES equipo este ano? F.C.: “Non pensamos en ningún obxectivo. Queremos ir partido a partido, para ir mellorando. Temos claro que queremos xogar intensamente para gañar”. Cal é a túa meta profesional no baloncesto? F.C.: “Quero mellorar día a día e chegar a xogar o máis alto posible. En concreto, este ano quero axudar todo o que poida ao meu equipo para acadar os máximos resultados posibles”. Como ves o baloncesto en Ourense? F.C.: “O feito de que o

COB sexa o equipo da cidade nótase moito porque a xente vive moito o baloncesto e trasmítenolo cando vén vernos”. E ao público ourensán? F.C.: “O público é xenial. Apoiáronnos ao máximo a tempada pasada a pesar de todo e só por iso debemos seguir respostándolles este ano”. Como foi a túa adaptación a Ourense? F.C.: “Sen dúbida moi sinxela porque tanto a directiva como os meus compañeiros dalquel momento me trataron e acolleron moi

4 Máis persoal

Fran Cárdenas nun encontro no Paco Paz. /R. TORRES

ben. Axudáronme todos a integrarme.” Que foi o mellor e o peor de vir a Ourense? F.C.: “O mellor foi coñecer unha cidade tan bonita, na que ademais se come moi ben. O peor, o clima”.

Cárdenas é un dos bases de Club Ourense Baloncesto e conta con moitos minutos esta campaña

Francisco Javier Cárdenas Maldonado naceu o 3 de outubro de 1990 en Huelva e leva xogando ao baloncesto en Andalucía dende neno. Antes de chegar ao Club Ourense Baloncesto estivo sete anos no Caja Sol de Sevilla, dende que tiña 12 ata que cumpriu os 19 anos, momento no que decidu cruzar España para seguir progresando nas filas cobistas. Os que cren nos tópicos sorprenderanse de que unha das comidas favoritas deste andaluz é o polbo á feira. Pola súa banda, confesa que a súa bebida é a Coca-cola e a súa cor o azul. E para facer unha escapada agora mesmo optaría por un sitio tranquilo no que poida descansar e desconectar.


POLIDEPORTIVO

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

17

Presentación do Club Carmelitas Vedruna

O xoves, 17 de novemnbro, o club Carmelitas Vedruna presentou ante a súa afección a todos os equipos do club que compiten nas distintas categorías e nas distintas ligas. O club conta cas seccións de voleibol, xadrez, fútbol sala e baloncesto onde teñen o seu máximo expoñente no equipo de Liga Feminina 2, Codigalco Carmelitas.

Ximnasia de trampolín

O ximnasta ourensán do Club Burgas, Daniel Pérez, participa este venres, no mmundial de ximnasia de trampolín que terán lugar na cidade inglesa de Birmingham. Pérez participará na modalidade de doble minitramp, despois de proclamarse campión na Copa Internacional de Albacete ante varios dos seus máximos adversarios tanto a nivel nacional como mundial. Ademáis de Daniel Pérez, tamén participarán Carlos Trigo, do Ximnasia Pavillón, Yael Campelo e Alejandro Cid, do Club Burgas.

Premios Ourense na Onda

A cadea de radio Onda Cero entregou, polo seu 20º aniversario en antena, os premios “Ourense na Onda” en varias categorías. No deporte os nominados eran o xadrecista, Iván Salgado, o Rali de Ourense, a afección do COB e o ex-árbitro Bernardino González. O premio recaeu no Rali de Ourense pola súa traxectoria sendo uns dos mellores ralis que se celebran na Península Ibérica, senón o mellor, ao longo destes 44 anos.

Xogadores das categorías base do Carmelitas Vedruna./R.TORRES.

Liga de fútbol sala municipal

A liga de fútbol sala municipal organizada pola Asociación Karlaska xa leva gastadas tres xornadas desta tempada tanto na primeira como na segunda división. En Primeira, Afiadores son os que comandan a clasificación con nove puntos de nove posibles; en segunda posición encóntrase o Bar Xavou con seis puntos, os mesmos que catro equipo máis. Pecha a táboa A Chapa e Estación con cero puntos. En Segunda, o Cabeza de Vaca marcha de líder con sete puntos, seguido dun grupo perseguidor (Chimpafentos, Artica e 5 pontes) con seis puntos. No último posto está Os derradeiros, sen puntuar nestas tres primeiras xornadas.

Os responsables da Escudería Ourense, organizadores do Ralli Ourense, recollendo o premio na categoría de deporte de Onda Cero./R.TORRES.


18

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

FÚTBOL SALA

O Ponte Ourense alónxase da cabeza 4 O club pontino está a oito puntos dos líderes, Córdoba e Gironella. R. Torres O Ponte Ourense non está a atravesar o seu mellor momento en canto a resultados se refire. Esta pasada xornada, a número 9 da competición, o cadro ourensán sumaba a súa terceira derrota en liga. Nesta ocasión, o verdugo das ourensás era o Lacturale Orvina. As pontinas, como en todos os seus encontros, eran as dominadoras do esférico, pero unha férrea defensa das navarras fixo que non chegara o gol ata o minuto 17, obra de Sarita tras unha perda de balón das locais. Sen tempo de reacción, o Orvina devolveu as táboas ao marcador cun gol de Maite Villanueva que bateu a Eva Tamayo por alto tras unha parede coa xogadora ourensá que milita no conxunto navarro, Andrea. No segundo período, cunha liña defensiva máis adiantada, o Orvina anotaba

sada, que logrou disputar a final da Copa de España en Burela. Este ano sen nomes destacados, as Bea (Ascacíbar e Martín) son as que levan o timón do conxunto, que actualmente ocupa a decimo segunda posición con nove puntos. Despois desta xornada, a liga párase pola disputa do II Mundial de fútbol sala feminino que terá lugar en Brasil. A competición doméstica reanudarase o vindeiro 17 de decembro, cando o Ponte Ourense visite ao Valladolid.

Eva despexando un dobre penalti. /RAMSÉS outro gol, esta vez de Bea Mateos. Tras el, Vivián optou nalgúns compases por establecer o xogo de cinco con Drica como porteiraxogadora; este sistema fixo que Andrea, a porta baleira, fixera o 3-1 para as locais cando corría o minuto 37.

Bea controla o balón diante de Carmen. /RAMSÉS

Pero foron uns 60 segundos instensos, xa que Sarita recortaba distancias ao rematar un rexeito da porteira local a tiro de Souza (3-2). Nembargantes, a emoción durou o que tardaron as navarras en sacar de centro e culminar Sandra en gol o centro de Bea Mateos. Uns minutos máis tarde, a dous do final, Ampi remata e colle ela mesma o rechace para facer o 4-3, á postre, definitivo. Aínda que as visitantes tentaríano ata o final do encontro, o marcador non se movería xa. Próximo rival, Logroño Este sábado, o Ponte Ourense terá unha nova oportunidade de encauzar o rumbo. O rival será o Rioja, un equipo mermado con respecto ao ano anterior. O cadro rioxano non conta nas súas filas con respecto ao ano anterior con Marta e Peque (que ficharon polo Burela) e Drica (nas filas do Ponte), a columna vertebral do equipo da tempada pa-

O Ponte Ourense está a oito puntos dos líderes, Gironella e Córdoba Este sábado 19, a partir das 17 horas nos Remedios: Ponte Ourense - Diamante Logroño Primeira División FSF 7ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Córdoba - 22 2º Gironella - 22 3º Móstoles - 21 4º At. Madrid - 21 5º Femesala Elche -17 6º U. de Alacante - 15 7º Ponte Ourense - 14 8º Orvina - 13 9º Rubi - 13 10º Soto del Real -12 11º Burela - 10 12º Logroño -9 13º Cidade As Burgas - 8 14º Valladolid -6 15º Majadahonda -6 16º Zaragoza -1

Marta xogará con España en Brasil. /RAMSÉS

Marta Figueiredo, coa selección A xogadora ourensá do Ponte Ourense Marta Figueiredo acaba de ser convocada pola selección española de fútbol sala feminino para disputar en Brasil o II torneo mundial de fútbol sala feminino que se xogará entre os días 5 e 10 de decembro en Fortaleza, a capital do estado brasileiro de Ceará. O seleccionador nacional vén de facilitar o listado das 15 xogadoras que disputarán devandito torneo e entre os que se encontran os de tres xogadoras do Ponte Ourense: Ampi, Sarita e Marta, quedando fóra por lesión a súa compañeira Laura Fernández, que acudía asiduamente ás convocatorias do combinado nacional.

Para Marta é un soño feito realidade, logo de disputar dous partidos amigables con España en terras ourensás. Agora tócalle defender ao seu país nun torneo oficioso como é este mundial do que se celebra a súa segunda edición. España está encuadrada no grupo A xunto con Angola (coa se enfrontará no primeiro encontro), Brasil (segundo encontro da fase de grupos e unha posible final anticipada) e Venezuela para pechar esta primeira fase. No outro grupo están Portugal, Arxentina, Rusia e Xapón; un deles será o rival das españolas nas semifinais do campionato se se cumpren os prognósticos e España accede ás semifinais.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

FÚTBOL SALA

19

O Cidade achégase ao precipicio

4 Cinco derrotas consecutivas fan que quede a dous puntos dos postos de descenso. R. Torres O Cidade As Burgas comeza a xogar con lume e achégase ao precipicio da clasificación. Dous puntos tan só é o que separa ás ourensás dos postos de descenso. Cinco derrotas consecutivas en liga teñen a culpa da delicada situación pola que atravesan as de Manolo Codeso. Despois do gran comezo ligueiro con dúas vitorias e dous empates nas catro primeira xornadas, agora acumula cinco encontros sen coñecer a vitoria. Ben é certo que catro dos cinco partidos disputounos con equipos que están chamados a estar arriba da clasificación -Universidade de Alacante, Móstoles, Ponte Ourense e Córdoba-, pero o que non entraba nas posibles derrotas era o disputado contra o Soto del Real na casa, equi-

po da súa “liga” co que perdeu nos Remedios por 3-4 (con eses puntos o Cidade estaría a cinco puntos dos postos de descenso e por enriba de equipos como o Burela -próximo rival das franxiverdes-). Agora o Cidade é decimoterceiro con oito puntos. Na pasada xornada as ourensás tiñan a difícil papeleta de enfrontarse ás líderes, o Córdoba, na casa. O partido comezou ben para as locais cun gol da porteira Nati desde a súa portería no minuto 10 de encontro. Esta acción fixo que as andaluzas espabilaran e no minuto 16, Dany subía as táboas ao electrónico logo do fallo de Laura no control de balón en media cancha, acción que aproveitou Dany para encarar a Nati e no man a man batila. Antes do final da primeira metade, a xogadora cordobesa volvería

4 Xornada 10 - 19 de novembro U. de Alacante - Majadahonda Móstoles - Rubi Soto del Real - Valladolid Ponte Ourense - Diamante Logroño Deportivo Córdoba - Orvina Burela - Cidade As Burgas Zaragoza - Futsi Navalcarnero

Iria Saeta é derribada por unha xogadora do Córdoba. /RAMSÉS dar mostras da súa calidade nunha xogada na que se desfaría de Sonia e na frontal da área lograba batir por segunda vez a Nati. Con este resultado chegábase ao ecuador do encontro. Na segunda metade, sen tempo para asentarse, un novo erro, esta vez de Carmen, facía que as cordobesas puxeran terra de por

medio (1-3). Iria en xogada persoal lograba zafarse de Dany (con cano incluído) e encaraba a portería rival para, de potente disparo, establecer o 2-3. Cando mellor estaban as de Codeso, Fátima faría o cuarto para as visitantes en xogada de superioridade ante o marco local, ampliando a renda minutos despois cun gol

de Isa. O técnico ourensán optaba nese momento polo xogo de cinco sen dar o resultado esperado, Carmen faría o sexto para as líderes da competición e remataría o encontro cun 2-6 que non deixa dúbidas da superioridade do Córdoba. Visita a Burela O Cidade As Burgas ten a

4 Xornada 11 - 17 de decembro U. de Alacante - Móstoles Rubi - Soto del Real Valladolid - Ponte Ourense Diamante Logroño- Deportivo Córdoba Lacturale Orvina - Burela Cidade As Burgas - Zaragoza Futsi Navalcarnero -Gironella Majadahonda - Femesala Elche

Sonia Pacios tenta controlar o balón diante de dúas rivais. /RAMSÉS

difícil papeleta esta semana de enfrontarse ao Burela no derbi galego da xornada. O Burela é un dos equipo que non lle dá tomado a medida á competición nesta tempada. Con caras novas nas súas filas (Peque e Marta, entre outras) ocupan unha posición que non lles corresponde, sendo undécimas con 10 puntos. O Cidade tentará dar a sorpresa en terras lucense e recobrar a ledicia das primeiras xornadas. Logo do parón pola torneo mundial, o Cidade regresará á competición en casa contra o Zaragoza, último clasificado cun só punto.

O Cidade As Burgas visita ao Burela antes do parón ligueiro pola disputa do torneo mundial en Brasil


20

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

PONTE - CIDADE

O Ponte Ourense vence con comodidade ao Cidade As Burgas 4 O marcador reflectiu un claro 6-1 a favor das pontinas. R. Torres Ponte Ourense: Eva, Ana, Ampi, Bea Seijas e Saritas (quinteto inicial). Tamén xogaron, Raquel Souza, Cristina, Jessi, Marta, Drica e Vanessa. Cidade As Burgas: Nati, Peque, iria, Carmen e María Arias (quinteto inicial). Tamén xogaron, Raquel, Alicia, Laura, Figo e Nerea. Goles: 1-0, minuto 5 Ampi 2-0, minuto 14 Sara Moreno 3-0, minuto 25 Souza 4-0, minuto 27 Bea 4-1, minuto 35 Raquel 5-1, minuto 36 Souza 6-1, minuto 40 Vanessa Non tivo cor. O primeiro derbi ourensán da tempada na Primeira División do fútbol sala feminino decantouse cara ao bando pontino. Un 6-1 a favor das de Vivián reflectiu a súa superioridade durante os 40 minutos de encontro. Desde o primeiro momento, tanto Ponte como Cidade buscaban a portería rival con insistencia, pero o ímpetu do Cidade viuse contrarrestado aos cinco minutos co gol de Ampi, tras un rápido contraataque. Lonxe de amilanarse, o Cidade seguía insistindo na verticalidade para chegar pronto á área rival sen

moita sorte e cunhas locais (as pontinas) sen pasar moitos apuros. Aos 14 minutos, Sara Moreno, de xogada ensaiada á saída dun córner abría brecha no electrónico, 2-0, co que se chegaría ao descanso. Comezaba o segundo período con menos intensidade que os primeiros minutos da primeira parte. No minuto cinco desta segunda parte, unha falta botada por Souza colábase entre a barreira e a porteira Nati para establecer o 3-0. Dous minutos máis tarde, Bea Seijas establecía un insalvable 4-0 para o Cidade, de disparo desde fóra da área que tocaba en Laura antes de entrar

na portería. Neste momento pesaba máis a ausencia de Sonia Pacios nas visitantes que a de Laura Fernández nas locais; a primeira faltaba á cita por sanción e a segunda por lesión. O cansanzo tanto polos minutos que se levaban xogados como pola intensidade coa que se disputaron fixeron que o nivel de xogo baixara. No Ponte, unha segura Drica en defensa e unha sobria Souza en ataque chegaban para controlar, sobre todo, a Iria e a Peque, que eran as que tiraban do carro do Cidade, pero que a medida que pasaban os minutos ían perdendo

fol. A pesar dese cansanzo, Figo primeiro e despois Raquel desaproveitaron dúas claras ocasións de gol antes de que esta segunda, a cinco minutos do final, lograra o gol da honra para as de Codeso. Sen tempo a saborear o gol, Souza despois dunha parede con Drica, facía o 5-1. Nos últimos minutos, Vivián facía entrar en cancha a Vanessa coa clara intención de que marcara un gol no seu debut co cadro pontino. En todo momento movíase dentro da área rival e a tres minutos do final viu o seu soño feito gol, o definitivo 6-1 dun encontro emocionante que se foi diluindo As pontinas celebran o segundo gol. /RAMSÉS conforme pasaban os minutos e nos que en ningún momento o Ponte viu perigar a súa vitoria. Con ela o Ponte Ourense rompeu unha racha de tres partidos sen coñecer a vitoria; pola súa banda, o Cidade As Burgas sumaba a súa cuarta derrota consecutiva.

Sara golpea o balón ante a presenza de Peque e Nati. /RAMSÉS

Afeccións Máis de 1.000 seareiros encheron as bancadas do anexo que nesta ocasión foi o escenario deste derbi que nas últimas datas estivo salpicado pola tensión entre os dous clubs. En xeral, foron

uns afeccionados respetuosos, agás por uns poucos de cada bando que puxeron un manchón a un día de festa deportiva cando se dedicaron a insultar ao contrario en vez de animar as súas xogadoras.

Souza e Drica por parte pontina, e Iria e Peque, polo Cidade, foron as mellores do derbi


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

21


22

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

NATACIÓN

Nova tempada para a natación máster 4 Os nadadores do Pabellón Ourense xa están preparados para afrontar a tempada, que esperan estea chea de éxitos. Redacción

Os nadadores do Pabellón á súa chegada a Monforte para participar na primeira xornada da liga galega de idades.

Gran resultado do CN Pabellón na Copa galega 4 Regueiro regresou á competición vencendo nos 50 costas. Redacción O Club Natación Pabellón Ourense participou na primeira xornada da Copa galega de clubs de natación cun resultado sobresaínte. Os clubs participantes nesta primeira xornada que tivo lugar en Ponteareas foron o Club Natación Pabellón Ourense, Real Club Náutico de Vigo, Club GalaycoSercoysa, Club Natación Ferrol-Elynco, Club Natación Coruña e o equipo local Club Natación Ponteareas. O equipo ourensán rematou a xornada na primeira posición con 294 puntos, 29 maís que o segundo clasificado o Club Natación

Galayco-Sercoysa, quedando terceiro o Club FerrolElynco. Para destacar, a volta á competición de José Manuel González Regueiro, quen acadou a primeira posición nos 50 costas, a segunda en 50 libres e unha boa actuación cos seus compañeiros do relevo de 4x100 libres. Alberto Taboada Vila, pola súa banda, foi o vencedor en 200 estilos e segundo nos 100 bolboreta. Daniel Caamaño Vila foi segundo en 200 braza. Ademais, Borja González Rodríguez obtivo récord provincial da idade en 400 libres. Laura Pimentel acadou un gran tempo en 400 libres logrando a primeira

Comeza a tempada para a sección máster do Club Natación Pabellón Ourense onde teñen a mente fixada na ligara galega de natación máster. A liga galega conta con cinco xornadas: 27 de novembro en Carballo, 18 de decembro en Ponteareas, 11 de marzo, repítese en Ponteareas, 15 de abril en Monforte e Pontevedra e 13 de maio en Carballo. Este club será o único representante ourensán (só hai este club na categoría máster en toda a provincia), mentres que A Coruña ten sete clubes, Pontevedra nove e Lugo cinco. Os compeñentes do club

ourensán pretender que este ano sexa como o anterior, cheo de éxitos; como os dos irmáns García Colomo, Cristina e Manuel, que lograron no campionato de España de verán un total de 10 medallas noutras tantas probas, cinco cada un deles. Ademais da liga galega, tamén participarán nos Campionatos galegos e de España, tanto nos de inverno (xaneiro, febreiro) como nos de verán (xuño, xullo e agosto). Tamén participarán en festivais de estilos e fondo que terán lugar en Vigo. O club é posible que conte en breve cun cuarto irmán García Colomo, María Teresa, coa posibilidade de formar todos xuntos no re-

levo mixto. Cursillo de perfeccionamento Moitos dos nadadores do clubs saíron dos cursillos de perfeccionamento e aprendizaxe do pavillón, chegando a ser campións galegos nas súas categorías, incluso establecendo récords autonómicos, como é o caso de Amalia Pumar e Luís Gómez.

Os integrantes do CN Pabellón máster agardan ter os mesmos éxitos que campaña pasada

posición e mellorando a súa marca persoal. Sandra Presas Pérez foi primeira en 50 libres e segunda en 50 costas. E Iria Álvarez Liz quedou segunda en 100 bolboreta e terceira en 200 estilos. Liga galega de idades Monforte acolleu a primeira xornada da liga galega de idades con caracter local. A expedición do Club Natación Pabellón contou con 114 nadadores nas categorías promesa, benxamín, alevín e infantil. Moitos deles lograron gañar as súas series, ademais de lograr mínimas para os campionatos galegos.

Os irmáns García Coloma coas medallas acadadas en Gran Canarias o pasado verán no Campionato de España.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº45- Ano: III - 18 de novembro de 2011 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

4A PREGUNTA Un par de números atrás facíamos a pregunta (para contestala na web e no facebook de mundourense.com de se crías co COB ía a ascender a LEB Ouro ou non.

4 Cres que Club Ourense Baloncesto ascenderá este ano a LEB Ouro? O 75% dos votos foi NON Un 25% dos votos foi a favor do SÍ

4 Quen cres que vai quedar en mellor posición na Liga Feminina 2, o Pabellón Ourense ou o Codigalco Carmelitas? O Pabellón Ourense O Pabellón Ourense rematará a LF2 en mellor posición porque é un equipo totalmente novo ao do ano pasado (tan só queda Julia Tornberg da 2010-2011), e as que chegaron veñen con moita ilusión de facer as cousas ben. As novas fichaxes combinan xuventude con veteranía e moitas delas teñen unha ampla experiencia na LF2 como son os casos de Bolonio, Pallardó ou Ramiro, que xunto coas Cacheiro, Geehan ou Kineshia ademais de Bolívar e Álvarez fan do Pabellón Ourense un equipo compensado. Ademais, a estas alturas e sen apenas coñecerse, levan dous vitorias en catro partidos, polo que en canto se acoplen ao cen por cento serán un equipo que estea na zona media alta da clasificación. Estar a final de campaña por enriba do Carmelitas é máis que probable.

Plantilla do Pabellón Ourense esta tempada

O Codigalco Carmelitas As colexialas xa fixeron os deberes a pasada tempada, polo que nesta tan só tiñan que apuntalar unhas pezas para conseguir un equipo máis potente co do ano pasado, e o fixeron. A pedra angular da tempada 2010-2011 mantense con Aties e Oliva sendo os piares do proxecto; xunto a elas continuan Ahijado e Gullberg e regresa Blanco. Este ano uníronse a elas xogadoras de gran calidade como Alonso, Gil, Klein e a atlética Simmons que pouco a pouco vai collendo o seu sitio no equipo colexial. Se o ano pasado foron mellores cas pabellonistas, este ano voltarán selo, ao contar cun equipo máis reforzado que ten moitas posibilidades de igual ou incluso superar o noveno posto logrado en 2010.

Plantilla do Carmelitas esta tempada

Xa podes votar e deixar a túa opinión no facebook (mundourense) e en www.mundourense.com. Anímate!!

Os dez mandamentos do árbitro 1. Preparar o partido e facer unha lectura clara do mesmo: desprazamento, campo, filosofía de xogo dos dous equipos, público, etc. 2. Bo nivel de autoestima: Ha de sentirse unha persoa forte, útil, valerosa e capaz de lograr o que se propoña. 3. Ha de coñecer o seu talento e aplicalo con pleno convencemento: imaxinación, intuición, decisión, etc. 4. Ha de levar a cabo o seu rol con criterio uniforme e firme: confianza, seguridade, imparcialidade, etc. 5. Ha de ser consciente de que errar é de humanos e de que os erros son sans e didácticos. 6. Actuar en todo momento de maneira sinxela e prudente, deixando de lado toda clase de aspaventos. 7. Sentirse realizado no seu labor, gozar ar-

Un árbitro ha de levar a cabo o seu rol con criterio uniforme e firme: confianza, seguridade, imparcialidade

Alfonso Vilachá.

bitrando pero con pensamento colectivo. 8. Sentirse forte física e mentalmente e dominar o regulamento. 9. Máxima confianza en si mesmo e nos seus axudantes. 10. Ha de ser consciente en todo momento do que sabe e debe de facer. “Cando un home sabe onde vai, o mundo enteiro apártase para darlle paso”. Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol

Un árbitro ha de ser consciente de que errar é de humanos e de que os erros son sans e didácticos


24

BARRIOS DEPORTIVO 18 de novembro de 2011

18 Novembro 2011 - BD45  

En el número 45 del Barrios Deportivo el tema central no es otro que la 35 edición de la carrera popular del San Martiño, con fotomontaje en...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you