A NOVA PENEIRA - Nº18 - 1ªQ. Xuño 2013

Page 10

10

Ponteareas - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi

Rosquillas de Ponteareas, tradición e modernidade

D

ende 2013, as rosquillas de Ponteareas, coñecidas en toda Galicia, contan cun aval de calidade. O Concello conseguiu a titularidade da marca “Rosquillas de Ponteareas” despois de tramitalo ante a Oficina Española de Patentes e Marcas. No camiño traballouse cos principais produtores do municipio: Ancla, Regino, Troncoso e Dinguilindín, cos que estableceron os criterios de elaboración e produción comúns para logo pór uns parámetros mínimos de calidade. Todos os produtores poden acollerse a esta medida e presumir de etiqueta distintiva da marca sempre que cumpran estes requisitos.

Imaxe: HERNÁNDEZ

Representantes das catro confeitarías que contan co aval “Rosquillas de Ponteareas” reciben do Concello o certificado.

“A primeira batedora/amasadora eléctrica chegou á Confitería Regino no ano 1900” Entre 1855 e 1865 viñeron do Ribeiro unha señora á que chamaban Tía Luisa, que trouxo con ela dúas sobriñas: Rogelia e Mª Pepa, que se instalou en Mondariz. Ao que parece un médico procedente do Ribeiro, que xa estaba aquí, animounas a que viñeran cos seus negocios porque aquí non había quen fixera pasteis nin rosquillas. En principio montaron unha confeitaría chamada ‘Tía Luisa’ no barrio da Castiñeira. Da unión da sobriña Rogelia con Jose Rodríguez González naceron nove fillos: Venancio, Amparo, María, Buenaventura, Gabino, Jose, Antonio, Rogelio e Manuel. Destes nove foron María, Amparo e Pepe (Jose) os que montaron confeitarías. Do matrimonio de María con Regino sae Confitería Regino (nun principio Castiñeira); José (apodado Dinguilindín porque traballaba na fábrica de Garra e tocaba a campanilla para anunciar a entrada ao traballo) daría lugar á Confiteria Dinguilindín, actualmente existente e rexida pola súas fillas e netos. De Amparo sairían Confitería Troncoso e Confitería Luis (hoxe pechada). Estas serían as primeiras confeitarías instaladas en Ponteareas. Regino Salas, neto de Regino, dinos que en 1900 chegou á súa confiteria a primeira máquina eléctrica, unha

batedora/amasadora, que ainda se conserva como recordo. Dinos que nun principio vendían mantecadas e melindres pero a necesidade de adaptarse a un erro da fábrica de bolsas en canto ao tamaño provocou que se fabricara outro tipo de produto: a chamada “hojaldrita”, hoxe a máis vendida. Nos anos sesenta do pasado século a confeitaría pasou a mans dos seus fillos: Katuxa (casada con Antonio Salas) e Regino, que se instalaría en O Porriño. Foron mecanizando a fábrica e hoxe, dinos, coa metada do persoal fabrican tres veces máis. Os produtos de Regino chegan a toda Galicia e ainda van ata Europa e América. Ao parecer a crise nun afectou demasiado a este sector ainda que as materias primas subiron moito debido a que nestes momentos estase especulando cos produtos alimenticios. Existe un oligopolio formado por unhas cantas empresas do sector que teñen acaparado o mercado. Non existe competencia como pretenden facernos crer. Antonio Salas iglesias actualmente á fronte da confeitaría, quedou na empresa porque considerou que tiña unha obriga coa xente que viña

traballando tantos anos na empresa e , ademais, prefeiu traballar para si e non para outro amo. A confeitaría Regino sempre fixo rosquillas e melindres ainda que na posguerra para ter acceso ao cupo da fariña tiveron que simular unha panadería. Cupo que non chegaba para nada e que se trampeaba comprando dirctamente nos almacéns e gardando a fariña en lugares apartados da Confitería para non ser descubertos pola Fiscalía. Tamén nos contou que durante a Pascua as xornadas laborais duraban días seguidos sen parar; turnándose ós obreiros e durmindo dúas ou tres horas por día.

A tía Luisa, nunha imaxe antiga

Hoxe, cando vén algún ponteareán do estranxeiro sempre trae un pedido de xente que probou as rosquillas de Regino e quere que lle leven unha caixa ou dúas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.