Skip to main content

A NOVA PENEIRA - Nº18 - 1ªQ. Xuño 2013

Page 1

www.apeneiradixital.com ANO 2 - nº 18 - Especial Corpus Christi

XORNAL

GALEGO DE INFORMACIÓN

Corpus Christi Ponteareas 2013

XERAL

Xuño de 2013 - 2€


2

Opinión - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi CADERNOS DA VIAXE

Aeroportos e localismos

*XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA

aeroportos aos concellos e sociedade civil da área de cadanseu aeroporto, nun esquema participativo de colaboración público-privada.

*Avogado balbordo continuo dos tres localismos, agravado polas opinións parciais dos Clubs Financeiros de Compostela e Vigo e pola desputa interna no PP santiagués sobre a paternidade do novo vóo a Estambul de Turkish Airlines (un vóo que lle habería atribuir moito máis á potencialidade de Inditex ca á política turística das nosas Institucións), xustifica insistirmos, outravolta, nalgunhas realidades sobre o País que temos e sobre que servizo aéreo precisamos.

O

Galicia ha integrar as súas infraestruturas nun único sistema aeroportuario. Mais esta integración require dunha política común de especializacións, complementariedades e, xa que logo, atracción de compañías, mesmo a medio de subvencións que haberían ser xestionadas conxuntamente. Pola contra, os tres aeroportos precisan de autonomía na xestión dos seus propios servizos, porque a centralización de AENA é ineficiente e prexudicial para as oportunidades da empresa galega. Xa que logo, o modelo futuro require dunha concepción local autónoma que lle encomende o día a día dos

E logo está a especialización. Se decidimos que Vigo é o aeroporto cara París, A Coruña cara London-Heathrow ou Compostela para o “hub” británico de Stansted (que garante, dende a flexibilidade e comodidade dun pequeno aeroporto, a interconectividade galega con ducias de cidades europeas), temos de prover unha conectividade total do País co avión de que se trate. E para isto cómpre garantir unha comunicación frecuente por bus coas outras cidades. Nun prazo indefinido, haberemos definir que remuda aeroportuaria implicará un novo mapa ferroviario que,

polo de agora, nin está nin se agarda por el. Hai quen defende pechar Alvedro e Peinador. E, outros, Labacolla. Mais, ao día seguinte de pechar esa/s infraestrutura/s, van chegar mellor turistas e viaxeiros galegos a cadanseu destino? Alguén está a pensar na importancia da carga e da súa conexión cos nosos portos? Para falarmos de aeroportos cómpre arrombar os localismos. Mais, para lles garantir a todos que non han sufrir prexuizos, cómpre que a Xunta asuma xa as competencias da xestión aeroportuaria e defina, dende unha ampla participación cidadá, territorial e do coñecemento de expertos, o terreo de xogo.

Todo o que se sabe hoxe xa o sabiamos odos son uns tramposos, unha caste política, de empresarios e banqueiros, que temos e que non nos merecemos, de malos que son. Nos tempos que corren, resultan ser os sabidiños de turno, ... os avanzados compadres da estupidez, os que –pola mañá cando erguen- van mirarse no espello e alí se recrean cando os devolve como seres guapos, ben peiteados, elegantes, dominadores, altivos e omnipoderosos, mestres do engano e carentes da máis mínima porción de afecto, intelixencia emocional, coñecemento social, humildade ou capacidade humana para saír do mesmo perfume que os satura, da mesma luz poderosa que os cega. Son os que xa sabemos capaces das meirandes traizóns, das ameazas e o medo, da mentira e a usurpación, da utilización do dereito para inculpar a outros, para prorrogar no tempo e que prescriban as súas culpas, para esborranchar a pureza orixinal da beleza, da tenrura, da inocente emoción que a vida nos concede a todos, para acceder a unha educación, a unha liberdade e xustiza igual para todos, a unha sanidade, a unha oportunidade de traballo, de vivenda, de sermos e

T

sentírmonos como somos. Conto con que a historia os poña onde merecen, no lugar aquel onde se evoque –dentro xa de pouco tempo- que houbo uns gobernos de repugnante domeamento aborregado, de abuso sobre dos máis débiles, de preferentes irreverentes, onde políticos-empresarios-banqueiros, abusando das prerrogativas que a lei –por eles feita e deseñada, á súa conveniencia- fixeron sufrir a toda a xente, sobre todo a aquela con maiores problemas pola idade, paro, marxinalidade, desafiuzamento. Aí serán citados un por un, a carón da animadversión xeral, nun tempo para non esquecer, para que sirva de exemplo e non se repita, neste tempo de confusión, equivocado e de dirixentes e xestores que na súa egolatría e comodidade fixeron o imposible por nos facer sufrir a todos para favorecer uns poucos – banqueiros e patronal, tamén a igrexa, do vic io sen fondo, ese que mente para xustificar o seu propio egoísmo- entre os que se contaban eles, elementos perversos da ostentación e do dano. Escapan da xustiza que se empeza a preguntar, ...que sabe xa –como todos nós sabemos- que se as súas

eran cacicadas, que se financiaron irregularmente, que roubaron, que cobraron por detrás da ramalleira, que colocaron aos seus amigos de filiación, que facilitaron recalificacións, que coquetearon co delito constantemente, que executaron e sentenciaron, que mercaron vontades, que deturparon a incipiente democracia. Fixérono a base de leis, de silencios pactados, a base de monarcas obsoletos e vividores, de privacións e manipulacións informativas, de memorias ocultadas, de ausencia de reparación dos xenocidios amparados da ditadura das ideas que aínda hoxe é homenaxeada. Si sumamos todo iso, e o moito que non digo, veremos que romperon calquera alento de loita pola dignidade, calquera promesa de cambiar, de ser e te r algo de persoas. Romperon os elementos esenciais da cohesión social de calquera pobo, que nos perseguiron, que nos avergoñaron diante o mundo, que nos empobreceron, que nos fixeron sentir desexosos de non ter nada que ver con eles, que nos fixeron sentir o desexo de arredarnos de todo o que cheire a eles, lonxe da súa podremia. E aquí estamos, agardando que a

*Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero: *Mestre e músico

xustiza se poña no seu sitio e os coloque onde debe, que historia os enumere un por un, pagando os seus atentados, as súas omisións, os seus crimes, as súas ofensas, as súas transgresións e vulneracións da decencia, da lei, da vida. Que a historia proclame dunha vez os seus pecados e que paguen por eles, devolvendo o que levaron e facendo unha lectura exacta e detallada. A ver se así aprendemos e non caemos nunca máis nesta miseria, a do capitalismo feroz que enfronta ao home contra do home, na explotación ruín que se evidencia, na frustración e fracaso excluínte, o da prostración. Tamén para contar dunha vez, ao dereito e sen manipulacións, a nosa verdadeira historia, aquela da que fomos protagonistas sendo vítimas e na que sinalemos claramente que, eles, foron lacra, carga e estorbo, fracaso e lastre de anceios e esperanzas, dos nosos ansiados horizontes aínda nin sequera soñados, de xustiza e liberdade, de porvir e de ledicia, que nos negan pero que agardan por nós nun futuro desexado.


3

Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Ponteareas

PROGRAMA de ACTIVIDADES VENRES, 24 DE MAIO

VENRES, 31 DE MAIO

* 20:30 h. Presentación no Salón de Plenos da revista ‘Pregón’

* 18:00 h. Inauguración da exposición de pintura ‘Entre el mar y la tierra’, de Rosario Palacios Orive, na Sala de Exposicións da Praza Maior

SÁBADO, 25 DE MAIO LECTURA DO PREGÓN * 21:00 h. No Auditorio Reveriano Soutullo, acto de Lectura do Pregón do Corpus Christi, a cargo de Frei José Rodríguez Carballo, Arcebispo da diócese de Belcastro (Italia)

* 22:00 h. Concerto, no Auditorio Reveriano Soutullo, da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Entre outras, interpretarán dúas obras do mestre Soutullo dedicadas ao Corpus Christi, con arranxos do musicólogo Javier Jurado

MÉRCORES, 29 DE MAIO * 21:00 h. Actuación do grupo de gaitas ‘Os Muíños de Oliveira’ polas rúas e portais alfombristas

XOVES, 30 DE MAIO * 22:30 h. Actuación do grupo ‘Os Muíños de Oliveira’ polas rúas e portais alfombristas

SÁBADO, 01 DE XUÑO PREPARACIÓN DAS ALFOMBRAS DO CORPUS CHRISTI * 18:00 h. Inicio da confección das tradicionais alfombras florais

* 02:00 h. Animación de rúa coa actuación de agrupacións musicais do Conservatorio Municipal Reveriano Soutullo e varias charangas

DOMINGO, 02 DE XUÑO DÍA DE CORPUS CHRISTI * 11:00 h. Actuación da Banda da BRILAT ‘Galicia VII’, diante da Casa do Concello * 11:30 h. Misa Solemne presidida por Frei José Rodríguez Carballo, Arcebispo da diócese de Belcastro (Italia), cantada pola Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo e o Coro Parroquial e, de seguido, procesión coa Custodia acompañada pola Escuadra de Gastadores e a Banda da BRILAT ‘Galicia VII’

* 23:00 h. Concerto de música e danza do CDM de Ponteareas (Centro Oficial Rock School para Galicia), no auditorio Reveriano Soutullo

* 19:30 h. Batalla de flores. Desfile de carrozas acompañadas da Banda de Cornetas e Tambores ‘Cristo del Amor’ de Ferrol e a Banda de Gaitas Tremiñado de Ponteareas

* 24:00 h. Concerto rock no Parque da Feira Vella, coa actuación de varios grupos rock locais

21:30 h. Verbena. Actuación da orquestra Miramar na Praza Maior e da orquestra Salsa Rosa na Praza de Bugallal

LUNS, 03 DE XUÑO FESTIVO LOCAL * 17:00 h. Actividades de animación infantil na Praza Maior con inchables, touro mecánico, música, obradoiros e, para rematar, festa da espuma * 18:30 h. Santa Misa na Igrexa Parroquial por todos os alfombristas finados * 20:30 h. Ofrenda floral no monumento adicado ao alfombrista * 21:00 h. Entrega de Medallas do Corpus Christi no Auditorio Reveriano Soutullo

* Sala de Exposicións da Praza Maior Esta sala permanecerá aberta ao público o venres 31 de maio a partir das 18:00 horas, sábado 1, domingo 2 e luns 3 de xuño * Exposición de Pintura ‘Entre el mar y la tierra’, de Rosario Palacios Orive, na Sala de Exposicións da Praza Maior * Mostra ‘Corpus en flor’: exposición do material empregado tradicionalmente na confección das alfombras de Ponteareas * Punto de información turística do Castelo de Sobroso >> Exposición de apicultura tradicional con colmea de observación >> ‘Con pés e cabeza’ Pequenorepaso do calzado e os tocados tradicionais Horarios de apertura do castelo: de martes a domingo, de 11:00 a 14:00 h., e de 17:00 a 20:00 h * Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal >> Exposición de pintura ‘Universos diversos’, de Juan Soutullo, na Sala Multiusos da Biblioteca Municipal. Do 24 de maio ao 10 de xuño Horario: de luns a venres, de 8:00 a 21:00 h. Sábados de 11:00 a 14:00 h., e domingo 2 de xuño de 10:00 a 14:00 h., e de 16:30 a 20:30 h * Museo Municipal O Museo Municipal de Ponteareas permanecerá aberto o día 2 de xuño de 10:00 a 14:00 h., e de 16:30 a 20:30 h

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

EXPOSICIÓNS

* IV OPEN DE TENIS ‘Vila do Corpus’ Do 1 ao 23 de xuño, nas seguintes categorías: sénior (masculino e feminino) cadete e veteranos masculino

* Exposición de pintura nas rúas Redondela, Rosalía de Castro, Paseo Matutino e Darío Bugallal, o sábado 1 de xuño pola tarde e o domingo 2 de xuño, todo o día.

* XIX TROFEO DE FÚTBOL BASE “Vila do Corpus” Nos campos de Pardellas e Angoares, os días 1, 15 e 16 de xuño

* 22:00 h. Verbena na Praza Maior coa orquestra Marbella


4

Ponteareas - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi


5

Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Ponteareas

Salvador González Solla, Alcalde de Ponteareas

“O importante do Corpus son os alfombristas e o Santísimo pisando as alfombras” Por Guillermo Rodríguez. -Alcalde, logo de todo o rebumbio da moción de censura como está o equipo de goberno? -Nós seguimos traballando como vimos facendo nos últimos anos. Sabemos que a situación é complicada, que estamos en minoría, que temos que negociar coa Oposición e tamén sabemos que a Oposición foi destructiva ata agora. Non quixeron axudar a sacar este Concello adiante, como vimos pedíndolles. O que se viu é que a moción de censura que pretendía facer era unha copia, en canto ao seu plan de aforro e ás cousas que pretendían facer, do que nós vimos ofrecendo dende tempos atrás. Nós ofreciamos un plan moi aberto que comprendía esas medidas que eles ofrecían na moción de censura e outras máis. Estabamos dispostos a esas e a calquera outras medidas que foran na boa dirección. Agora vexo que están desaparecidos en combate; as pelexas internas non serven para nada e penso que a Corporación deste Concello debe estar á altura das circunstancias, ser realistas, ver o que temos por diante e traballar por e para o pobo. -Cres que a Oposición resultou afectada na súa pretendida coordinación co fallo da moción de censura?

lo adiante ou non? -O Plan de Urbanismo foi informado favorablemente pola Xunta; logo de estar exposto un montón de tempo e chegar a un entendemento cos grupos para sacalo adiante. Dende

“Quero agradecer a todos os partidos da Oposición a súa colaboración no caso concreto da aprobación do Plan de Urbanismo”

Imaxe: HERNÁNDEZ

-Bueno, eu non estiven nesas conversas, como resulta obvio, pero se durante eses oito meses de conversas non foron quen de poñerse de acordo, non quero pensar que pasaría se tiveran que gobernar; para nós sempre foi un pacto antinatura total. Se para nós, que somos do mesmo partido, xa resulta difícil, que sería para un tripartito? Botá-

ronse as culpas uns aos outros, os que hoxe eran válidos máis tarde xa non o eran, etc.; todo isto vén a poñer a cada quen no seu lugar. -O problema, Alcalde, é que vostedes precisan dunha maioría para aprobar cousas importantes como é o Plan de Urbanismo. Que pasa con iso? Hai posibilidades de saca-

aquí quero agradecer a todos os partidos da Oposición a súa colaboración neste caso concreto. Quero subliñar que tanto os socialistas como ACIP mostraron o seu apoio ao Plan. Ao BNG non lle quedou máis remedio que absterse, o que vén a demostar que existen partidos que só serven para bloquear as cousas, para poñer pegas. Por tanto o Plan Xeral de Urbanismo está elaborado por este goberno, consensuado cos grupos e conta cun consenso social ao contar coa maioría das alegacións que fixeron asociacións de veciños, ecoloxistas, de montes e par-


6

Ponteareas -

Maio de 2013 - Especial Corpus Christi

ticulares en xeral. Creo que neste momento o documento está listo para levalo a Pleno, cousa que xa se fixo pero que non puidemos celebrar polo problema das preferentes. Logo todo está disposto para seguir co trámite legal cando ese Pleno suspendido poida celebrarse. Gustaríanos que tamén o BNG se sumara e fora aprobado por unanimidade, pero alá eles; os veciños xa saben quen apoia e quen non. -Ben, unha vez que se poida aprobar en Pleno e se mande de novo á Xunta, canto tempo hai que esperar para que estea listo definitivamente e a xente saiba xa onde pode ou non pode edificar e outras cousas máis afectadas polo Plan? -Unha vez aprobado en Pleno estará dous meses en exposición pública porque así o manda a lei; será cando os veciños e veciñas poderán presentar as sús alegacións. O equipo redactor estará obrigado por lei a responder tanto técnica como xurídicamente unha a unha a esas alegacións. Posteriormente mandarase o documento a tódolos organismos afectados (Urbanismo, Patrimonio, Fomento, Confederación Hidrográfica do Norte, etc. Unha vez que cheguen os informes sectoriais e se contesten todas as alegacións presentadas o Pleno volta a aprobar volverá á Xunta que é quen o ten que aprobar definitivamente. -Pode un determinado colectivo ou persoa individualmente recurrir contra o Plan porque as súas alegacións non foron estimadas? -Imos ver. O equipo redactor ten a obriga xurídica de contestar a todas e cada unha das alegacións presentadas. Logo o Pleno, co asesoramente do propio equipo redactor, da secretaria municipal e, no seu caso, do Departamente Xurídico do Concello, dálle a aprobación definitiva, que será a que se presente diante da Xunta para o visto e prace final. Este Plan nace froito dun grande consenso, da aceptación de máis de mil alegacións e co consenso da maioría dos grupos muncipais. Resulta difícil pensar que máis cousas haxa que facer para que todo o mundo acepte a Plan como o mellor que se podía facer nestes momentos. Non vexo posibilidade de que sexa denunciado por ninguén. -Como se contemplan no Plan os terreos para zonas verdes; digamos parques, xardins e demais? -Hai zonas como o caso da finca de Sarmiento

Imaxe: HERNÁNDEZ

que é unidade de execución como xa o era nas normas do 95; mantense igual como solo urbano coa súa propia ficha. É certo que actualmente a edificabilidade é inferior por lei, como pasou con tódalas unidades de execución. Debemos informar á xente de que a lei cambiou nos concellos de non máis de 50.000 habitantes, as porcentaxes de edificabilidade máximas teñen que ser dun metro cadrado por metro cadrado, cando antes ían duns 2,50 a uns 3 metros cadrados. -Hai previsto algún parque nesa zona?

-Hai que dicirlles aos cidadáns que aí está previsto un parque, así como unha praza e a posibilidade dun aparcadoiro subterráneo. Logo xa depende de que alguén estea interesado en construilo e explotalo. -E que pasará cos terreos de Granitos de Galicia? -Esa é outra unidade de execución cun desenvolvemento moi semellante ao que vimos de comentar: praza, zona axardinada e aparcamento subterráneo. No Plan Xeral está previsto que se poidan construir 5 aparcadoiros subterráneos.


7

Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Ponteareas

Eses dous que vimos de comentar, outro previsto na zona do Centro Artístico Sportivo, e así ata cinco. -Esperemos logo o resultado do Plan xeral. Falemos agora das Festas do Corpus. Coas rebaixas existentes en tódolos sectores como lle van afectar ás Festas do corpus? -Eu destacaría que o esencial do Corpus, o prioritario, o importante, aquelo que nos identifica coas festas do Corpus declaradas de Interés Turístico Internacional, dende o ano 2010, non sufriu recortes. Mantense igual: as axudas ás rúas, tódolos dispositivos de axudas disponibles, todo igual que sempre. O que nos propuxemos da internacionalidade das Festas e de convidar unha delegación estranxeira cada ano (este ano veñen de Italia, que van ser os organizadores do 5º congreso que se vai celebrar en Italia no ano 2014). Todo, isto mantense. É certo que na parte lúdica se rebaixaron moito os gastos pero o importante son as persoas que ainda estando fóra veñen para celebrar connosco as Festas do Corpus Christi. Temos un pregoeiro de honra coa presenza do Arzobispo Padre Carballo que vén de ler o seu Pregón no Auditorio cheo a rebosar e que o día de Corpus celebrará misa xunto a outros moitos sacerdotes, in cluido o Bispo de Tui-Vigo. Na procesión

voltamos contar coa presenza da Brilat de Galicia Nº 7 que ademais de tocar vai cantar na propia procesión; por outro lado mantense o numero de carrozas para a batalla de flores para o domingo e pecha-

“O esencial do Corpus, que nos identifica coas festas do Corpus declaradas de Interés Turístico Internacional, dende o ano 2010, non sufriu recortes” mos con dúas magníficas orquestras en cada praza para que a mocidade poida disfrutar da Festa. O día siguinte, o luns, dado que é festivo en Ponteareas, temos un día especial adicado aos nenos/as na Praza Maior e, como sempre, co broche da entrega de medallas, coa distinción das persoas que tiveron moita relevancia na confección das alfombras do Corpus ; o pasado ano sembramos a Emilio Montenegro e este ano será Luciano Doval, que deixou un recordo moi importante no Corpus.

-Para rematar, o Alcalde non é partidario de que a Festa do Corpus delimite perfectamente a súa parte relixiosa da festa profana, coa eliminación de autoridades políticas e forzas militares na procesión? -As procesións dependen enteiramente da autoridade relixiosa, neste caso do noso párroco. A presenza das autoridades políticas na procesión non debemos darlle máis relevancia do que é a propia asistencia á mesma, colaborando e participando nos actos relixiosos. Sempre se fixo así e penso que lle dá tamén un certo caché, unha certa relevancia, pero iso non é o importante. Eu sempre digo que no Corpus o importante son os/as alfombristas e o Santísimo Sacramento pisando as alfombras de flores, os tapices florais que todos os veciños e veciñas da Vila fixeron con tanto amor e

dedicación para que así fora. -Cambiemos de tercio; Aznar quere voltar ao Poder. Que opinión lle merece ao alcalde de Ponteareas, membro do mesmo partido? -Eu fago coma o Sr. Rajoy, diso non vou opinar. Creo que foi un bo presidente, que deixou unha boa imaxe, que moitos galegos e españois temos un bo recordo del pola seu labor e sobre o de se debe ou non debe voltar, sera el quen o decida. Se el foi quen puxo enriba da mesa que na política había que retirarse logo de dous mandatos non me parece coherente que agora sexa el, precisamente, quen queira cambiar esas regras de xogo. E non teño nada máis que dicir. -Grazas alcalde e que as Festas do Corpus discurran polas canles habituais e o deus Neptuno nos deixe tranquilos eses días.


8

Ponteareas - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi

José Rodríguez Carballo, pregoeiro da Festa do Corpus Christi 2013

“O Papa defenderá os dereitos dos máis pobres” >> Biografía

Por Guillermo Rodríguez. -Despois de tantas idas e vidas por distintos lugares do mundo, hoxe volta, dalgún xeito, á súa orixe, a Ponteareas, a Canedo. Que lembranza garda daqueles anos vividos entre nós? -A lembranza é atoparme en familia e no meu fogar. Teño que dicir que son unha persoa que ten saudade, morriña; en Ponteareas, en Canedo, estiven coma na miña casa, polos que ían ao convento de Canedo, pero tamén pola xente da vila; eu recordo, por exemplo, os comercios, a Librería Nova, onde recollía a prensa do convento, a praza de abastos onde mercaba o peixe, porque eu era ecónomo, a ferraxería... Son recordos moi íntimos e familiares. -Este ano está cheo de acontecementos importantes na súa vida sacerdotal. En marzo celebrou co Papa Francisco a misa do inicio do Ministerio Pretino do Bispo de Roma; en abril foi nomeado Secretario da Congregación para os Institutos da Vida Consagrada e Arcebispo titular de Belcastro polo Papa Francisco e en días pasados foi consagrado como Bispo polo Cardeal Tarcisio Bertone en Santiago de Compostela. Que sente logo baixo o peso de todos estes acontecementos? -En primeiro lugar quero dicir que sinto a miña vida coma unha milagre, unha graza; polo tanto en todo o que acontece na miña vida, nos momentos solemnes coma nos cotiáns, sinto a man de Deus; síntome agrazado, querido por Deus e querido polos homes. Neste caso teño que agradecerlle a Deus que me deu a vida, a vocación e que me chamou agora ao episcopado, pero tamén ao Papa Francisco polos seus nomeamentos; eu sentinme en Santiago rodeado de cariño, logo no meu pobo en Lodoselo, en Ourense;

José Rodríguez Carballo naceu en Lodoselo (Sarreaus), en 1953. Ministro Xeneral dos Freires Menores (Franciscanos) dende o ano 2003. En 2012 foi nomeado Presidente da Unión de Superiores Xerais na Asemblea Xeral en Roma, por un mandato de tres anos. José Rodríguez Carballo entrou na Orde de Freires Menores, iniciando o seu ano de noviciado no convento de San Diego de Canedo (Ponteareas), onde tomou o hábito franciscano en 1970. Ordeouse Sacerdote o 29 de xuño de 1977.

Imaxe: HERNÁNDEZ

aquí en Ponteareas hoxe. Sinto o corazón cheo de gratitude; este é o sentimento máis forte que aniña no meu corazón neste momento, e moita confianza. -Como vde. sabe o momento social está moi revolto; os traballadores, os máis humildes, teñen moitos problemas para sair adiante. Cal sería, ao seu entender, a fórmula eficaz para sair deste pozo no que nos atopamos? -Eu penso que estamos equivocándonos cando pensamos que a crise que estamos vivindo e só unha crise económica. Creo que aquí hai unha crise de valores; penso que se houbera máis solidariedade, máis fraternidade e máis xustiza a situación cambiaría radicalmente, inmediatamente. O problema é que falta a capacidade de pensar nos demais; en pensar no ben común; aquí cada quen intenta salvarse como pode e así non hai salvación; a salvación virá se todos nos damos a man e camiña-

mos unidos para sair desta crise, pero sempre dende a fraternidade, a solidariedade e a xustiza. -Cre, logo, que as autoridades civís non están facendo o suficiente para que haxa un reparto máis quitativo dos recursos do mundo? -Creo que o que fai falla é unha revolución cultural; un cambio de mentes e corazóns en todo, desde os que teñen o Poder ata os últimos cidadáns. A estrutura fundamental da sociedade é a persoa; nós temos que pensar nas persoas, e cando digo isto estou pensando nos outros, incluso naqueles que non pensan como penso eu, que non son do meu partido, ou que non son crentes. Penso que a responsabilidade é de todos, porque vexo que tamén nas pequenas familias hai problemas porque faltan os valores. Os dirixentes políticos teñen que traballar máis polo ben común e sobre todo polas clases desfavorecidas, polos que menos recursos teñen. Teñen que

É licenciado en Sagrada Escritura polo Instituto Bíblico de Roma e en Teoloxía Bíblica en Xerusalén. Exerceu de profesor no Seminario Maior de Vigo, na Facultade de Teoloxía de Santiago e foi mestre de novicios no convento de San Diego de Canedo En 2004, o Papa Juan Pablo II nomeouno membro da Congregación para a Evanxelización dos Pobos, e como tal participou nos Sínodos dos Bispos de 2005, 2008, 2010 e 2012. O día 19 de marzo de 2013, concelebra co Papa Francisco a Misa do inicio do Ministerio Petrino do Bispo de Roma. O 6 de abril de 2013 será nomeado Secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica e Arcebispo titular de Belcastro polo Papa Francisco. Será consagrado bispo o 18 de maio polo Cardeal Tarcisio Bertone na Catedral de Santiago de Compostela.


9

Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Ponteareas

Imaxe: HERNÁNDEZ

evitar todo asomo de corrupción; este é un dos problemas máis graves que ten nestes momentos a nosa sociedade; ao propio tempo todos os demais temos que traballar pensando nos outros. -Segundo vostede a quen temos que culpar polas poucas vocacións relixiosas? -Penso que a cuestión das vocacións sacerdotais é moi complexa. Temos aí unha cuestión como a falla de natalidade. Galicia pasou de ter unha natalidade altísima a

ser unha das máis baixas de España e de Europa. Outro problema que temos é a falla de valores. Certamente hoxe vivir dende as esixencias do Evanxeo non está de moda; logo eu aquí chamaría á responsabilidade dos pais que teñen que educar aos fillos en valores que dean sentido á vida. Logo está a propia Igrexa, que ten que pensar menos en si mesma, ten que sair a proclamar o Evanxeo. Estou convencido de que se nos unimos Igrexa, familia e sociedade esta crise vaise superar.

-Cal será a mensaxe do Papa Francisco para os cristians de hoxe? -O Papa Francisco vai insistir moito no diálogo. É un home que escoita; é un home que vai ao esencial, que está promovendo o diálogo como primeiro punto forte; o segundo punto forte van ser a misericordia e o amor; isto temos que dalo por descontado. É verdade que todo isto está no Evanxeo, pero moitas veces esquecémolo, e o Papa Francisco está repetindo constantemente que Deus non se cansa de perdoar; estamos dicindo que non temos que ter medo ao perdon e á tenrura; logo vai ser un Papa que vai sair en defensa dos máis pobres e dos necesitados; este é outro punto forte deste Papa, a loita contra a pobreza e o amor polos pobres. É un Papa que no relixioso actuará con profundidade e no social defenderá os dereitos dos máis pobres. -Entende que se vai producir unha revolución cultural-relixiosa no Vaticano? -Como non? Cincuenta anos despois de que o Papa Paulo VI fixera a reforma da Curia vaticana chegou o momento de facer outra reforma; este Papa vaina facer. -Grazas Monseñor e feliz estancia entre nós.


10

Ponteareas - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi

Rosquillas de Ponteareas, tradición e modernidade

D

ende 2013, as rosquillas de Ponteareas, coñecidas en toda Galicia, contan cun aval de calidade. O Concello conseguiu a titularidade da marca “Rosquillas de Ponteareas” despois de tramitalo ante a Oficina Española de Patentes e Marcas. No camiño traballouse cos principais produtores do municipio: Ancla, Regino, Troncoso e Dinguilindín, cos que estableceron os criterios de elaboración e produción comúns para logo pór uns parámetros mínimos de calidade. Todos os produtores poden acollerse a esta medida e presumir de etiqueta distintiva da marca sempre que cumpran estes requisitos.

Imaxe: HERNÁNDEZ

Representantes das catro confeitarías que contan co aval “Rosquillas de Ponteareas” reciben do Concello o certificado.

“A primeira batedora/amasadora eléctrica chegou á Confitería Regino no ano 1900” Entre 1855 e 1865 viñeron do Ribeiro unha señora á que chamaban Tía Luisa, que trouxo con ela dúas sobriñas: Rogelia e Mª Pepa, que se instalou en Mondariz. Ao que parece un médico procedente do Ribeiro, que xa estaba aquí, animounas a que viñeran cos seus negocios porque aquí non había quen fixera pasteis nin rosquillas. En principio montaron unha confeitaría chamada ‘Tía Luisa’ no barrio da Castiñeira. Da unión da sobriña Rogelia con Jose Rodríguez González naceron nove fillos: Venancio, Amparo, María, Buenaventura, Gabino, Jose, Antonio, Rogelio e Manuel. Destes nove foron María, Amparo e Pepe (Jose) os que montaron confeitarías. Do matrimonio de María con Regino sae Confitería Regino (nun principio Castiñeira); José (apodado Dinguilindín porque traballaba na fábrica de Garra e tocaba a campanilla para anunciar a entrada ao traballo) daría lugar á Confiteria Dinguilindín, actualmente existente e rexida pola súas fillas e netos. De Amparo sairían Confitería Troncoso e Confitería Luis (hoxe pechada). Estas serían as primeiras confeitarías instaladas en Ponteareas. Regino Salas, neto de Regino, dinos que en 1900 chegou á súa confiteria a primeira máquina eléctrica, unha

batedora/amasadora, que ainda se conserva como recordo. Dinos que nun principio vendían mantecadas e melindres pero a necesidade de adaptarse a un erro da fábrica de bolsas en canto ao tamaño provocou que se fabricara outro tipo de produto: a chamada “hojaldrita”, hoxe a máis vendida. Nos anos sesenta do pasado século a confeitaría pasou a mans dos seus fillos: Katuxa (casada con Antonio Salas) e Regino, que se instalaría en O Porriño. Foron mecanizando a fábrica e hoxe, dinos, coa metada do persoal fabrican tres veces máis. Os produtos de Regino chegan a toda Galicia e ainda van ata Europa e América. Ao parecer a crise nun afectou demasiado a este sector ainda que as materias primas subiron moito debido a que nestes momentos estase especulando cos produtos alimenticios. Existe un oligopolio formado por unhas cantas empresas do sector que teñen acaparado o mercado. Non existe competencia como pretenden facernos crer. Antonio Salas iglesias actualmente á fronte da confeitaría, quedou na empresa porque considerou que tiña unha obriga coa xente que viña

traballando tantos anos na empresa e , ademais, prefeiu traballar para si e non para outro amo. A confeitaría Regino sempre fixo rosquillas e melindres ainda que na posguerra para ter acceso ao cupo da fariña tiveron que simular unha panadería. Cupo que non chegaba para nada e que se trampeaba comprando dirctamente nos almacéns e gardando a fariña en lugares apartados da Confitería para non ser descubertos pola Fiscalía. Tamén nos contou que durante a Pascua as xornadas laborais duraban días seguidos sen parar; turnándose ós obreiros e durmindo dúas ou tres horas por día.

A tía Luisa, nunha imaxe antiga

Hoxe, cando vén algún ponteareán do estranxeiro sempre trae un pedido de xente que probou as rosquillas de Regino e quere que lle leven unha caixa ou dúas.


11

Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Ponteareas

“O certificado anímanos a producir con maior cariño se cabe”

As natillas son a especialidade de Confitería Dinguilindín Dinos que lembra cousas curiosas que por alí pasaron; dende a chegada dunha frota de coches que viñan buscar natillas (unha das súas especialidades) para Tejero, quen estivo en Ponteareas nos seus tempos de capitán, se a memoria non nos traizoa. No cuartel suoberon do feito e pouco despois presentábase na confeitaría o Comandante en Xefe da praza para preguntar que quería toda aquela xente que chegara daquela maneira. A Confitería Dinguilín, chamada así porque José, o seu fundador, antes que pasteleiro, era quen convocaba aos traballadores de Curtidos Garra por medio dunha campanilla, de aí o apodo de Dinguilindin.

Amado Sobral adícase a facer pasteis desde os 14 anos. Actualmente está á fronte dunha confeitaría-pastelaría denominada ANCLA, situada na parroquia de Ribadetea, nunhas novas instalacións que denotan un negocio sostible e con proxección de futuro. Con el falamos brevemente para que nos contara as súas impresións sobre o sector e como ve o futuro. -Amado, dende cando estás instalado en Ponteareas co teu negocio. -Desde o ano oitenta e dous. -Que supón para vós o feito de dispor dun certificado de calidade paras os produtos que fabricades? -Para nós é un orgullo dispoñer dun certificado deste tipo que nos anima a producir os nosos produtos con maior cariño se cabe. -Dende que vos concederon este certificado notastes algún incremento nas vendas? - Notar ainda non se notou, porque estamos en temporada frouxa, pero de aquí en diante o anagrama será un reclamo para a xente que vén de fóra e quere levar un produto que se fai aquí e que á hora de facer un agasallo conta coa tranquilidade de ofrecer algo que está homologado e respaldado por todos os requistos legais en canto á calidade. -Afectouvos moito a crise actual? -Non. Nós temos que dar grazas a Deus porque ainda non sendo este un produto de primeira necesidade imos bastante ben de vendas. Nótase, tal vez, un chisco a final de ano, pero uns meses polos outros non podemos queixarnos.

Esta confeitaría, situada na Praza Maior, ten moita historia. Historia que nos conta Rogelita, herdeira da confeitaría.

Tamén nos di que son moitas as persoas que, despois de coñecer os seus produtos, non poden deixar de visitar esta confeitaría cando voltan. Homes e mulleres que pasaron por Ponteareas anos ha; que hoxe viven lonxe cando voltan, unha das primeiras visitas é a Confiteria Dinguilindin. Serán os sobriños de Rogelita quen herden a confeitaría e os seus segredos.

A Confitería Troncoso non tivo herdeiros Así como as confeitarías Regino e Dinguilindín seguen nas mans dos descendentes dos fundadores, a Confitería Troncoso está hoxe nas mans dos obreiros que quedaron co obradoiro e continuaron co mesmo nome. Falamos con Dionisio Márquez como voceiro dos tres traballadores que xa estaban cos antigos donos. Dinos que quedaron porque era unha maneira de seguir traballando en algo que lles gusta. Dionisio xa leva dende os 14 anos facendo pasteis e rosquillas. Ao que parece a crise non lles afectou, todo o contrario, aumentaron vendas en 2012 con respecto ao ano anterior. Hoxe son tres familias que viven da confeitaría e non lles vai nada mal; non

saben se os seus herdeiros continuarán; Dionisio di non ter descendentes. Para eles a Certificación de Calidade conseguida para as súas rosquillas e melindres vailles esixir un maior coidado e responsabilidade en canto á confección dos produtos. Isto vailles axudar a mellorar a calidade e aumentar o número de clientes e por tanto mellorar o negocio. Venden a través de vendedores autónomos e na propia tenda que teñen cara ao público na rúa da Esperanza, en Ponteareas. Os seus produtos tamén se estenden por Galicia adiante e polo resto do País; tamén son levados para Alemaña, Suíza, etcétera.


12

Ponteareas - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi


Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Ponteareas

13


14

Ponteareas - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi

María Nava Castro Domínguez

“A festa do Corpus Christi ten conseguido que a nosa vila sexa recoñecida internacionalmente” >> Biografía * Directora Turismo de Galicia * Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidad Complutense de Madrid, conta con diversos Máster sobre Estudos Turísticos (IUSC. Centro de Estudios Superiores); Emigración e Retorno (Universidade de Vigo), en Axentes de Desenvolvemento Económico e Xestión de Programas (Universidade de Vigo), en Xestión e Dirección de Pemes (Universidade de Vigo), e en Intervención e Xestión de Servizos Sociais (Universidade da Coruña- Fundación Española de Estudos Sociais). * En maio de 2009 foi nomeada directora xeral de Comercio, posto que ocupou ata setembro de 2012. * Desde 2003 foi concelleira de Servizos Sociais e tenente de alcalde

Por Guillermo Rodríguez. -Xa leva uns cantos anos no Goberno da Xunta. Antes pasou polo Congreso e pola Alcaldía de Ponteareas. En cal destes cargos políticos se sente máis realizada? -En cada unha das responsabilidades esforceime por achegar a miña visión, por escoitar, por fomentar o diálogo entre a Administración Pública e os cidadáns. Coido que é moi importante coñecer a realidade de primeira man para poder facer melloras e para influír, na medida do posible, en que as cousas avancen. Cada etapa foi unha experiencia que me enriqueceu para abordar o seguinte reto e agardo que así continúe sendo. Tamén é importante agradecer o traballo dos equipos que me foron acompañando

do Concello de Ponteareas, onde en 2007 asumiu ademais a concellería de Economía e Facenda. * De 2003 a 2006 foi responsable do Centro Europeo de Información e Animación rural (Carrefour de Galicia), posto que tamén ocupou entre 1998 e 2000 e entre 1995 e 1998. * Entre 2000 e 2003 foi alcaldesa do Concello de Ponteareas. * De 1999 a 2000 foi concelleira de Servizos Sociais de Ponteareas. * Entre xullo e decembro de 1998 foi deputada no Parlamento de Galicia. * Entre marzo de 2008 e maio de 2009 foi deputada no Congreso dos Deputados.

nas diferentes etapas porque grazas a eles puidéronse facer realidade moitos dos proxectos que propuxemos. -Os comerciantes de Ponteareas afirman que durante o seu paso por Comercio, na Xunta, sempre os atendeu ben. Poden esperar o mesmo trato dende Turismo? Como podería axudarlles agora? -Por suposto. Como dicía, é moi importante a interactuación, o feito de coñecer a fondo os problemas permite buscar solucións e tamén permite ofrecer alternativas e procurar melloras. Dende Turismo ofrecemos cooperación, diálogo, consenso, porque o Turismo é moi importante para a economía galega, case o 11% do noso Produto Interior Bruto. A Xunta é consciente

Imaxe: HERNÁNDEZ

desta realidade e por iso somos a comunidade que máis aposta polo Turismo. Turismo ten por obxectivo pór en valor turístico o noso territorio. Poñer Galicia no mapa dos destinos e conseguir que os potenciais turistas coñezan as marabillas que temos e, sobre todo, que saiban que estamos dispostos a compartilas. O Turismo permite poñer en valor o noso patrimonio, material e inmaterial. É unha ferramenta excepcional para mellorar a nosa realidade. -O concello de Ponteareas andou, nos últimos tempos, un tanto con-

vulso. Ex-compañeiros políticos seus estaban na “movida”. Deulles algún consello? Cre que o goberno alternativo que se pretendía implantar en Ponteareas podería solucionar a crítica situación económica en que está? -O pobo de Ponteareas falou nas últimas eleccións outorgándolle unha maioría suficiente para poder gobernar ao actual Goberno. -Estamos en Corpus, Festa de Interese Turístico Internacional. Como ponteareá, sente unha especial sensibilidade cara a esta Festa, supoño? Vaise traducir isto nun


15

Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Ponteareas

“Agradezo moito a oportunidade que se me brinda dende as páxinas de A NOVA PENEIRA para desexarlles aos meus veciños e veciñas unhas festas do Corpus Christi excepcionais, entrañables e, sobre todo, moi concorridas”

“O meu traballo céntrase en incidir naqueles mercados que se poden sentir atraídos por celebracións tan únicas como o Corpus de Ponteareas” trato especial para o Corpus? -A festa do Corpus Christi conta co máximo recoñecemento a nivel internacional pola súa singularidade, pola súa capacidade de atracción e porque é unha celebración que ten conseguido que a nosa vila sexa recoñecida internacionalmente. O meu traballo agora é difundila, promocionala e poñela en valor turisticamente. Dende Turismo de Galicia estamos a traballar para difundir nos mercados nacionais e internacionais a oferta turística galega e as festas, como elemento patrimonial, singular e identitario, son parte do noso gran atractivo como destino. Ás veces en Galicia non somos conscientes do gran potencial que temos neste eido. O meu traballo céntrase en manifestar esa realidade e en incidir naqueles mercados que se poden sentir atraídos por celebracións tan únicas como o Corpus de Ponteareas porque son un xeito de situar Galicia no mapa de destinos e porque, sen dúbida, forman parte dos nosos tesouros turísticos e da nosa personalidade no mercado turístico global. -España, contrariando ao Sr. Aznar, non vai ben. Como se está comportando o sector turístico? Que futuro temos neste eido en Galicia? -Temos por diante un ano moi im-

de Excepcional Interese Público. Está previsto que Galicia acolla múltiples actos que contribuirán a incrementar notablemente a oferta cultural e turística da nosa comunidade.

Imaxe: HERNÁNDEZ

portante para o Turismo de Galicia. Xa se están detectando nas últimas enquisas datos positivos sobre o espectacular crecemento do turismo internacional. A apertura do destino aos novos mercados emerxentes e a gran capacidade de atractivo do Camiño de Santiago no eido internacional está a facer que a cota de turistas internacionais que se aloxan nos establecementos regrados de Galicia teña acadado máximos históricos. Do mesmo xeito, o fenómeno xacobeo contribúe á chegada de peregrinos a Compostela nunha progresión ascendente. En todos os meses deste ano se superaron as cifras de Compostelas recollidas en relación aos mesmos períodos de 2012, de modo que o Camiño é un

produto turístico en auxe. Malia todo, cómpre seguir traballando para recuperar o turismo nacional e para acadar visitantes dos novos mercados emerxentes. -Este ano, a Volta Ciclista sairá de Galicia, será un escaparate mundial excepcional e estamos seguros de que será inesquecible para os espectadores e de que funcionará como reclamo. -Pero 2013 é un ano importantísimo para Galicia, sobre todo porque se inician os actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, un acontecemento que se estenderá ata xullo de 2015 e que conta coa consideración de Acontecemento

-Aproveite a oportunidade para saudar aos veciños/as de Ponteareas e comarca nestes festas do Corpus. -Agradezo moito a oportunidade que se me brinda dende as páxinas de A NOVA PENEIRA para desexarlles aos meus veciños e veciñas unhas festas do Corpus Christi excepcionais, entrañables e, sobre todo, moi concorridas, e tamén para dicirlles que eles son o máis importante desta celebración porque fan que ano tras ano sexa máis esplendorosa e porque agasallan aos visitantes coa mellor das acollidas. Tamén quero resaltar o traballo anónimo de todos os veciños para elaborar estas grandes obras de arte, que implican tanto esforzo durante máis de trinta días dos veciños que traballan para acadar os mellores resultados. Así que, moi felices festas do Corpus 2013.


16

Ponteareas - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi

Fotografías: HERNÁNDEZ

La Orotava

Praza de Bugallal

Rúa de Oriente (1.º tramo)

Rúa de Oriente (2.º tramo)

Rúa de Oriente (3.º tramo)

Rúa de Oriente (4.º tramo)

Rúa de Oriente (5.º tramo)

Praza Maior (1.º tramo)

Poggio Moiano (Italia)

Praza Maior

Cruceiro de San Gregorio

Rúa dos Ferreiros

ANPA ‘A Pena do Equilibrio’

Asociación ‘Ponte Solidario’

Rúa dos Ferreiros - San Roque


17

Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Ponteareas

Fonte do Baratillo

Monçao (Portugal)

Rúa Fernández de la Vega

Escola de Alfombristas

Cantón de Boavista

A Castiñeira

Parroquia de Prado

AAVV de Arcos

Rúa das Monxas

Reveriano Soutullo

Rúa Constitución. Asociación Elduayen

Constitución. La Giralda


18

Ponteareas - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi

IV Open de Tenis Vila do Corpus sábado día 1 de xuño ata o domingo día 23 de xuño. As categorías dos participantes son as seguintes; cadete, senior, veteranos masculino e senior femenino. Os partidos disputaranse os sábados e domingos do mes de xuño (1, 2, 8, 9, 15, 16, 22 e 23).

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa e o presidente do Club de Tenis Pontea-

reas, Manuel Regueira, presentaron o “IV Open de Tenis Vila do Corpus” que se desenvolverá nas pistas da Freixa e do Reiro dende o

Evento incluido no calendario da Federación Española de Tenis Na presentación, o alcalde daba conta da importancia dun torneo “incluído no calendario da Federación Española de Tenis e que, cada ano, conta cun maior número de participantes chegados de todos os puntos de Galicia”.

a imaxe

Un paseo fluvial unirá Ponteareas e Mondariz Un paseo fluvial permitirá percorrer a pé pola beira do Tea sete quilómetros entre Ponteareas e Mondariz, pasando por Mondariz Balneario. As obras xa se iniciaron e están financiadas por Augas de Galicia con apoio da Comunidade Europea. O acondicionamento abrangue ademais do Tea, o río e Xabriña no municipio de Mondariz. Trátase, segundo a Xunta, dunha actuación que se executa en virtude dun acordo de colaboración entre Augas de Galicia e os concellos de Mondariz e Ponteareas, que considera un investimento de case 700.000 euros.

RECTIFICACIÓN:

Imaxe: HERNÁNDEZ

Dedibo a un erro da redacción, no anterior número da Peneira (nº 17, maio de 2013, páxina 8), atribuíuselle a Isabel Blanco Franco o cargo de presidenta da Asociación de Comerciantes do Tea, cando o correcto é que é a presidenta da Asociación Ponteareas Comercial. Pedimos desculpas a Isabel Blanco, á mencionada asociación e mais aos nosos lectores.


19

Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Ponteareas/Condado

Homenaxe a Rosalía

Campaña ‘Desexo que che guste’no comercio de Ponteareas Os comercios de Ponteareas xa contan coas etiquetas de agasallo ‘Desexo que che guste’, coas que se pretende animar a todos os comerciantes a empregar o galego na súa relación coa clientela.

A avenida de Rosalía de Castro, en Ponteareas, converteuse nun escaparate poético dos poemas de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, dentro da celebración do 150 aniversario da publicación desta obra tan importante para a literatura galega e que marca o Rexurdimento das nosas letras. Esta campaña, organizada pola Concellería de Cultura, a través do Servizo de Nor-

malización Lingüística, consistiu no reparto de carteis con poemas pola avenida co nome da poetisa, de tal xeito que as persoas que pasen pola citada rúa poidan ir lendo os poemas de Cantares Gallegos. Así mesmo, poderase gozar destes poemas nos comercios ponteareáns. Estas actividades están encadradas dentro do programa do Mes de Maio, Mes das Letras, co obxectivo de difundir a lingua galega entre a sociedade.

O concelleiro de Cultura de Ponteareas xunto coa directora do Instituto de Ensino Secundario Val do Tea, puxo en marcha estes días a campaña de dinamización da lingua galega que desde hai varios anos programan conxuntamente, baixo o título de ‘Desexo que che guste’, coas que se pretende animar a todos os comerciantes a empregar o galego na súa relación coa clientela. Esta campaña, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Val do Tea, consiste no reparto gratuíto ao pequeno comercio de regalos de 40.000 etiquetas adhesivas para agallos.

Lira celebrou as Letras Galegas

A Asociación Cultural ‘Fogar de Breogán’ de Lira (Salvaterra de Miño) celebrou o día das Letras Galegas cunha conferencia sobre Roberto Vidal Bolaño e fixo entrega dun lote

de libros a cada un dos neno/as que resultaron clasificados nos respectivos Centros de ensino do Concello polos seus traballos de redacción; traballos que se presentaron ao

Concurso de Redacción que a devandita Asociación convoca cada ano. Despois da entrega dos premios actuou a Coral ‘Fogar de Breogán’, da propia asociación.


20

Ponteareas - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi

AS NOSAS RĂšAS

Hoxe: Avenida Castelao (2)


21

Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Condado

Arbo lembra cun xantar a Batalla de Mourentán

O vindeiro 9 de xuño, e por cuarto ano consecutivo, a Asociacion Cultural Barca de Loimil de Arbo recorda a Batalla de Mourentán, onde tantos dos seus veciños perderon a vida para defender o pobo do invasor francés, no ano 1809. Mais non queren recordalo como unha batalla, senón como o comezo do rexurdir dun pobo forte, e que mellor que facelo, din, cun xantar entre amigos e con boa musica. Dende as 9:30 h. comezan cunha kedada de amigos ciclistas onde colle todo o mundo, e para que os acompañantes non se aburran, a iso das 10 da maña sairán dende o pavillon para facer unha camiñada cos amigos de MAIS MONTE. Logo destas actividades, ás 12 da maña, nenos e maiores gozarán coa actuacion dun grupo folclórico. Xantar económico O xantar, a carón do río Deva, incluirá por tan so 10 euros churrasco, polo á brasa, criollo, patacas, café e postre. Para anotarte na comida faino antes do 5 de xuño chamando ao número de teléfono 634 873 989.


22

Condado - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi


23

Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Porriño

A X edición do Festival de Cans bate un récord de público Máis de 12.000 persoas pasaron por Cans ao longo de catro días repletos de cine, coloquios, concertos, exposicións e moi bo ambiente

Imaxe: Alberto Pérez Barahona

Imaxe: Rafa Costas

Festival de Cans celebrou os seus dez anos de andaina coa edición máis multitudinaria, variada e emotiva da súa historia. Máis de 12.000 persoas pasaron por Cans, no ano no que se conseguiu unha mellor resposta á programación que se desenvolve ao longo dos catro días. O éxito nas proxeccións, os coloquios, os concertos e as exposicións programadas e o bo ambiente conseguido, cun público numero-

O

so e moi diverso en idades, gustos e procedencias, deixan moi satisfeita á organización e referendan o papel do Festival de Cans como a gran festa popular do cine, e o mellor escaparate para o audiovisual galego e o lanzamento dos novos creadores e creadoras do país. Edición histórica A do décimo aniversario foi unha edición histórica, na que o Festival de Cans se afianzou como punto de encontro entre os creadores do sec-

tor audiovisual e o público. A Asociación Cultural Arela, organizadora do certame, e o seu director, Alfonso Pato, están especialmente satisfeitos coa a resposta do público ao coloquio de Juanma Bajo Ulloa, que encheu a Leira de Alicia a pleno sol cun debate centrado nas fraquezas da industria cinematográfica española. Os coloquios con Manuel Fernández-Valdés, Fernando Cortizo e Alfonso Zarauza tamén tiveron grande afluencia de público e xeraron debates interesantes. Xunto á sección consolidada ‘Fill@s de Cans’, estreouse con éxito ‘A que andas?’, un apartado na que varios cineastas presentaron os seus novos guións. Concertos inesquecibles Máis de vinte actuacións musicais completaron o variado programa desta edición. Sobresaíu un dos actos máis emotivos do festival, a homenaxe a Rogelio Groba, que colleu de novo a batuta para dirixir a Banda de Guláns en Cans, onde debutou hai 65 anos. Groba descubriu unha placa no torreiro de Cans para lembrar este momento arroupado por músicos de rock e folk asiduos do festival, entre eles, Julián Hernández, Uxía e Cristina Pato. O compositor manifestou que nunca se emocionara tanto nunha homenaxe e prometeu compoñer un tema para o festival. O Torreiro de Cans vibrou en todas as actuacións musicais. O concerto de Tony Lomba e Elio do Santos comezou con ‘Dáme un bico’, o himno que compuxo para o festival que corearon todos os asistentes. O

momento álxido da actuación chegou cando Lomba, mentres interpretaba o tema ‘Ese amor de la abuela’, baixou do escenario para subir as escaleiras da casa de Alicia e entregarlle un ramo de flores a esta veciña de Cans, propietaria do Jalpón Frik e da Leira dos Coloquios. Como convidados do concerto subiron ao escenario Uxía e Anxo Pintos. Tampouco será fácil de esquecer o animadísimo concerto de El Gran Wyoming y Los Insolventes, o momento que congregou a máis persoas no torreiro de Cans. Do mesmo xeito, o Jaliñeiro Unplugged quedou pequeno durante a vibrante actuación de Cristina Pato. Visibilidade do apoio dos veciños Os veciños e veciñas teñen cada vez un papel máis destacado no festival. Este ano o seu apoio foi máis visible que nunca, cun xurado formado por cinco persoas da parroquia e a entrega dos chimpíns de

Imaxe: Rafa Costas

Prata ás catro casas pioneiras que abriron as súas portas na primeira edición. A organización deu espazo a dúas propostas creativas de veciños e veciñas: ‘ExpoDivina’, unha escolma do traballo pictórico de Divina Campos; e a ‘Costa Azul’, unha exposición retrospectiva de dez anos de festival. Tamén destaca o papel dos máis novos da parroquia en múltiples tarefas: dende os máis pequenos, que exerceron con gran pericia de guías dos camiños, ata os mozos e mozas.

PALMARÉS DO X FESTIVAL DE CANS Premios do xurado >> Mellor curtametraxe de ficción: ‘Calquera infinito posible’, de Roi Fernández >> Mellor curtametraxe de animación: ‘Sangue de unicornio’, dirixido por Alberto Vázquez >> Mellor interpretación masculina: Carlos Branco, por ‘Mal de sangue’ >> Mellor interpretación feminina: Helena Miquel, por ‘Mal de sangue’ >> Mellor guión: ‘Robin & Robin’, escrito por María Pérez e Hugo Amoedo >> Mellor banda sonora: ‘Calquera infinito posible’, con música de Roi Fernández >> Mellor videoclip: ‘Mundo en transo’, de Lemuripop, realizado por Soledado Rebollo

Premios do público >> Mellor curtametraxe de ficción: ‘Flores para Amalia’, dirixido por Nani Matogueiras >> Mellor curtametraxe de animación: ‘Only you’, dirixido por Belén Sousa >> Mellor videoclip: ‘Terra’, de Dakidarría, realizado por Julián Maguna

>> Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción: ‘Flores para Amalia’, dirixido por Nani Matogueiras

>> Premio de Honra Pedigree´13: Manuel Manquiña


24

Salceda - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi

Máis de 400 escolares participaron nas Xornadas de Seguridade Vial en Salceda para realizar o circuito con cars de pedais na praza do Concello nun circuito de karting. Dende a Concellaría de Seguridade, dirixida por Jose Luis González agradécese a colaboración prestada tanto polos Policías Municipais, que tiveron un papel moi importante no desenvolvemento da actividade, como aos empregados municipais pola disposición, colaboración e coordinación nestas dúas semanas. "Foron unhas Xornadas moi satisfactorias para os escolares, onde puideron realizar o seu primeiro contacto coas normas de circulación e o primeiro circuito simulador de interpretación das sinais. É unha primeira maneira de concenciar aos máis cativos sobre a importancia de coñecer as normas de circulación existentes".

rande éxito das Xornadas de Seguridade Vial de Salceda de Caselas. Entre o 21 de maio e o 3 de xuño máis de 400 nenos e nenas realizaron os seus primeiros contactos coa Seguridade Vial, na Praza do Concello.

G

Esta primeira toma de contacto permitiu que os nenos do CEP Altamira e os nenos da Galiña Azul, Xoaniña e Manuss teñan o seu primeiro contacto coa concienciación e o coñecemento das normas de circulación, a través dunha sesión

O CDL ‘O Torrón’ formará parte da Rede CeMIT

A Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda asinaou o convenio de colaboración coa Xunta para formar parte da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT). Será a Aula de Novas Tecnolóxicas a que albergará este Plan de Formación da rede CeMIT dentro das súas instalacións, ademáis a concellería de emprego e formación achegará a infraestructura deste centro para a realización de todas as actividades do catálogo de servizos ou do Plan de Formación de Amtega (Asociación para a Modernización Tecnolóxica) A Rede CeMIT axudará a desenvolver iniciativas relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación de servizos electrónicos.

teórica onde se lles ensinou aos participantes o uso de cinto de seguridade, condutas axeitadas na condución, uso do casco, etc. A parte teórica foi impartida no Auditorio Municipal; logo, realizouse unha sesión práctica dunha hora

Únete á Volta pasa por Salceda

O pasado domingo 26 de maio as bicis tomaron as rúas de Salceda. A saída tivo lugar do CEP Altamira, ás 10:30 horas. Esta festa da bicicleta está organizada pola ANPA do CEP Altamira e a Deputación, coa colaboración da Concellería de Deportes de Salceda. O prezo da inscrición foi un brick de leite, para o programa de alimentos. Este marcha ciclista xa ven cebrándose no Concello hai máis de 30 anos, nun comenzo co motivo das letras galegas, converténdose agora mesmo nun evento moi relevante.

Aprendizaxe dinámica Teresa Pérez, Concelleira de Ensino, asegura que "é moi importante transmitir información e concienciación aos escolares, para que coñezan nas normas e as respeten, sobre todo á hora de previr accidentes, e que mellor manera que facelo a través de mecanismos de aprendizaxe dinámicos, onde eles poidan ser os protagonistas".

O 90% da militancia de Salceda deixa o BNG e constitúe 'Movemento Salceda' A decisión do alcalde de Salceda, Marcos Besada, e do resto de concelleiros de deixar a súa militancia do BNG supuxo, así mesmo, a marcha do 90 por cento da militancia local. Baixo esta marca, na que tamén están 22 dos 23 candidatos que conformaron a lista do BNG nas pasadas municipais, o alcalde e o resto do goberno municipal seguirá traballando no Concello. "Seguimos sendo os mesmos, e seguimos traballando polo noso municipio", destacan. Movemento Salceda márcase como obxectivo pór en pé unha forza política que "permita superar as distancias entre a sociedade e as forzas políticas convencionais". "Cada etapa ten unhas características, e os partidos e forzas da Transición seguen mantendo moitas delas cando aquela sociedade xa mudou", reflexiona.


Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Publicidade

25


26

Tomiño - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi

Tomiño conmemorou as Letras Galegas con teatro, feira do libro e un concerto da banda de música de Goián O acto estaba previsto para o día 17 de maio, pero tivo que pospoñerse por mor da chuvia Concello de Tomiño celebrou na Praza do Seixo o pasado domingo 26 de maio un acto conmemorativo co gallo do Día das Letras Galegas 2013. O acto estaba previsto inicialmente para o día 17 de maio, pero tivo que pospoñerse debido ao mal tempo.

O

A Banda de Música de Goián foi a encargada de abrir os actos, cun concerto durante a mañá. Pola tarde, a partir das cinco, actuou o grupo de teatro A Tropa de Trapo, que puxo en escena o espectáculo ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’. O espectáculo, financiado polo Fondo Galego de Cooperación en colaboración co Concello, estaba dirixida a público familiar e consiste no relato de contos en galego con música en directo, a cargo de Marta Ortiz e Brais das Hortas (www.tropadetrapo.org), e unha duración aproximada de 50 minutos. Ademais, a Praza do Seixo, a carón do Concello, acolleu durante todo o día unha Feira do Libro, xogos e

inchables e obradoiros infantís. A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, salienta a participación de diferentes colectivos sociais e veciñais que se implicaron este ano na celebración do Día das Letras. Por outra banda, a Asociación de Veciños O Árbol, de Vilachán, realizou a través da súa biblioteca, unha campaña de fomento á lectura titulada ‘Contádenos contos, por favor’, coa que percorreu as 15 parroquias de Tomiño. Para conseguilo, os veciños e veciñas da asociación montaron unha exposición con fotografías, grandes cartaces, centos de marca páxinas e folletos, distribuídos polos comercios, asociacións e colexios. ”Queremos que todas as parroquias do Concello estean tomadas polas imaxes dos nenos e nenas de Tomiño que lles piden aos seus pais e nais, que lles conten contos”, explica Luís Garrido Casasnovas, presidente da asociación.

A OMIX organiza andainas guiadas todos os martes para crear hábitos deportivos saudables A finalidade desta nova actividade, segundo explicou a concelleira delegada, é a de “crear hábitos de práctica regular do deporte e promover a saúde e a calidade de vida dos veciños e veciñas da vila, tendo en conta que o estrés, a hipertensión, a obesidade e outras doenzas que afectan a gran parte da sociedade actual, teñen a súa orixe na inactividade e na vida sedentaria”.

A Concellaría de Mocidade, que dirixe Cristina Martínez, organiza a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), unha serie de andainas guiadas, que se realizarán a partir

do vindeiro martes 4 de xuño, todos os martes, de 09.00 a 10.00 da mañá, coa asistencia e acompañamento dun técnico deportivo.

O proxecto vai dirixido a público en xeral, especialmente a mozos e mozas a partir de 18 anos en adiante (os menores de 18 anos terán que contar cunha autorización dos seus pais ou titores), e contará coa orientación do técnico deportivo Miguel Dantas, que programará e planificará a actividade física no que respecta á distancia e intensidade da mesma, asesorando aos participantes sobre as posturas corporais correctas, os alongamentos necesarios, técnicas para previr lesións e equipamento axeitado para as camiñadas. As persoas interesadas poden apuntarse nos locais da OMIX, no Campo da Feira.


Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - A Guarda

27


28

Tui - Maio de 2013 - Especial Corpus Christi


Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Publicidade

29


30

Cultura -Maio de 2013 - Especial Corpus Christi

O Centro Ágora presenta un novo ciclo musical na cidade da Coruña Música con Estrela desenvolverase entre os meses de xuño e novembro Vargas Blues Band, Spin Doctors, India Martínez, Sara Pi, Freedonia, Chila Lynn e Rozalén serán os protagonistas dos sete concertos que conforman Música con Estrela martes 28 de maio no Salón Azul do Palacio Municipal, o concello da Coruña xunto ao Centro Ágora, Corporación Fillos de Rivera e a produtora galega ZircoZine Music presentaron Música con Estrela, un novo ciclo que nace para crear entretemento e aumentar a programación cultural na cidade.

O

O coruñés Centro Ágora é a localización elixida para albergar este novo proxecto destinado a todo tipo de públicos independentemente da súa idade. Para potenciar a asistencia de público nestes momentos difíciles, os posuidores de carné novo, carné de xubilado e os parados terán un desconto de 2 euros sobre o prezo da entrada anticipada.

O ciclo reunirá a músicos, para todos os públicos, do panorama internacional e nacional de diferentes estilos: jazz, blues, soul, pop e rock

A Bargas Blues Band inaugura o evento O sábado 8 de xuño inaugúrase o ciclo coa actuación de Vargas Blues Band, a agrupación capitaneada por Jarvier Vargas. O 13 de setembro actuarán Spin Doctors, os autores do famoso tema ‘Two Princes’ e, uns días máis tarde, a voz única de Sara Pi jóven intérprete que triunfa xa por toda Europa. India Martínez e Freedonia A cordobesa India Martínez, unha das artistas actualmente con maior éxito a nivel nacional, será a protagonista de Música con Estrela o día 11 de outubro. Ese mesmo mes visitará o coruñés Centro Ágora o enérxico directo do grupo madrileño Freedonia.

As dúas intérpretes encargadas de pechar a primeira edición do ciclo ‘Música con Estrela’ serán: Chila Lynn intérprete de soul e R&B nomeada xa a ‘mellor artista revelación española do 2013 nos premios 40principais’ e Rozalén nun concerto acústico que conta ademais coa peculiaridade de representar cada tema con lingua de signos.


31

Especial Corpus Christi - Maio de 2013 - Deporte

O Rallye Rías Baixas reune a 60 equipos

terceira proba do Campionato de España de Rallyes de asfalto contará coa participación de 60 equipos. Ao 49º Rallye Internacional Rías Baixas acudirán os mellores pilotos do nacional, todos os que loitan polo campionato e o resto de trofeos que se pon en xogo. A única ausencia destacada é a de Enrique García Ojeda que sufriu un accidente no pasado Rallye de Santander Cantabria.

A

Á fronte da clasificación xeral provisional deste certame, Luís Monzón. O piloto canario chega a Galicia aos mandos do seu espectacular Mini JCW WRC; vehículo que foi empregado no Campionato do Mundo de Rallyes até a súa adquisición por parte do ex campión de España da especialidade. Non o terá fácil Monzón nas Rías Baixas. Moi preto del nesta clasificación xeral provisional atópase un piloto da ca-

sa. Alberto Meira (lembremos, brillante vencedor nas Rías Baixas de 2012) vén a por todas nesta tempada na que decidiu dar o paso e disputar o Campionato de España de Rallyes. Os resultados están a acompañar ao de Vincios, que debería aproveitar as citas en territorio galego para dar o asalto definitivo ao liderado.

Á fronte da clasificación xeral provisional deste certame, o canario Luís Monzón Meira e o seu novo copiloto nesta tempada, David Vázquez, serán outro dos equipos referentes para os sempre rápidos coches da categoría GT, como o demostra-

ron nas últimas edicións das Rías. Vehículos como os Porsche 911 GT3 do actual Campión de España, Miguel Fuster; do equipo dos lucenses Sergio e Diego Vallejo (un dos máis esperados e vitoreados pola afección deste rallye) ou do catalán Xevi Pons, integrante dunha gran estrutura con capital galego na que tamén corren os vigueses Alex e David Pais. Pilotando un Mitsubishi Evo X, os irmáns Pais disputan, e lideran, o título de Gr.N para vehículos de produción. A lista de aspirantes na parte alta da táboa complétase coa presenza do asturiano Yonatan Pérez, o cántabro Shurayen Pernía ou o galego Víctor Senra, todos eles con Mitsusbishi Evo X; tamén co espectacular Lotus Esixe do coruñés Álvaro Muñiz (copilotado polo vigués César Branco) ou os renovados Suzuki Swift S1600

do equipo oficial e que guían con mestría na agrupación de dúas rodas motri-

A lista de participantes complétase cos sempre numerosos e animados equipos locais ces o andorrano Joan Vinyes e o vasco Gorka Antxustegi. A 49ª edición do Rallye Rías Baixas tamén é puntuable para a Copa Suzuki Swift e a Challenge Twingo R2; copas de promoción con abundante e destacada presenza galega. Na primeira delas, liderada actualmente polo cántabro Víctor Pérez, deberá dar o do de peito Pablo Pazó. Gañador deste trofeo en 2012, o piloto vigués ten ante si unha nova oportuni-

dade de defender diante dos seus o título conseguido o pasado ano. Na Challenge Twingo outro galego, Alberto Otero, acaba de dar a sorpresa no Rallye de Cantabria - Santander, obtendo a vitoria na súa primeira tempada ao completo no Nacional de Rallyes. Será o rival a bater e no seu punto de mira estará, sen dúbida, o ourensán Jorge González "Rantur": piloto destacado nos campionatos de España de hai algunhas tempadas e que este ano decidiu retomar a actividade neste certame. A lista de participantes complétase cos sempre numerosos e animados equipos locais, que aproveitan a chegada do Campionato de España de Rallyes á cidade olívica para espremer ao máximo os seus orzamentos e disputar esta sempre atractiva proba.


Director: Guillermo Rodríguez. Edita, maqueta e imprime: Edicións Puxeiros C.B. Enderezo: Avenida Peinador, 54, Puxeiros, Mos. Pontevedra. Delegación Ponteareas: Avda Sarmiento Rivera, 4, 4º. 36860, Ponteareas. Enderezo electrónico: redaccion@apeneiradixital.com

publicidade@apeneiradixital.com director@apeneiradixital.com Teléfonos: 986487480/658585049

Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Mero, Isidoro Gracia, Nemesio Barxa, etc. Fotografía: Arquivo, Hernández, Guillermo

Coordinador: Carlos Rey Bárcenas. Colaboradores: Alicia Rocha, X. A. Pérez Lema, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Manuel Rosende, Inma Otero, Juan

Publicidade: Guillermo Rodríguez e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012

Asistindo á fauna na pintura de Ruibal Manolo Ruibal presenta na Casa de Galicia en Madrid un libro sobre os animais na súa obra. A elaborada publicación recolle parte da última etapa creativa do pintor pontevedrés "Velaquí un gran libro que non se le senón un gran libro ao que se asiste. O lector é un visitante, a lectura un percorrido", dixo o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López na presentación do libro La fauna na obra de Ruibal, publicado polas editoriais Bricmas e Follas Novas. No acto interviñeron tamén o crítico de arte Tomás Paredes, o editor Carlos Docampo e o propio artista Manolo Ruibal. Para Ónega, Ruibal é "un pintor e poeta da pintura que recreou unha Historia Natural" e citando a Hermann Hesse engadiu, que "a arte é a contemplación do mundo en estado de graza". Docampo explicou o proceso creativo da obra, que se xerou "hai máis de dous anos, cun grande entusiasmo", e fixo unha breve descrición da ficha técnica na que figura o formato "pouco habitual de 33 X 33 cm, as páxinas, 336 e o peso, 4,5 Kg" datos que xa achegan unha idea aproximada da publicación. Ademais, foi realizada dunha "forma case artesanal, co pintor a pé de máquina que coidaba que a gama

cromática fose a perfecta en cada prego". O editor agradeceu que aínda queden persoas que confían nos libros como soporte, "algo que se está a converter nunha especie de milagre". Tomás Paredes fixo algunhas reflexións sobre os libros e sobre o arte, especialmente o contemporáneo, dentro do o cal estaría enmarcado o de Ruibal. "Hoxe en día cuestiónase todo e coa arte conviven moitas ocorrencias". Destacou a capacidade e o dominio da pincelada do artista galego, que "cunha liña é capaz de abranguer o mundo". En relación ao libro comentou que "non está feito para demostrar nada e é dun calado dos que xa non se fan. É un obxecto de admiración, un libro necesario que será testemuño dun artista, un momento e unha época". Ruibal, pintor, escultor e poeta, naceu en Barro, Pontevedra, e con 17 anos, co diñeiro que conseguiu por un cadro trasladouse a Madrid, onde estudou e se empapou dos grandes do Museo do Prado. Logo viviu en París, Roma, Nova York... e en

cada unha das grandes cidades, sempre vivindo no centro, tomou canto lle transmitiron e trasladouno ás súas obras. Finalmente regresou á súa Pontevedra natal, onde segue creando. Na súa última etapa bebe da natureza pola que pasea cos seus cans. Toma os referentes para as súas obras, de gran formato, da natureza actual pero tamén da que saborea nos documentais da 2 e sen deixar a que garda na memoria da súa infancia. Atrás deixou o seu primeiro contacto coa pintura, na Galicia dos anos

corenta, cando quedou fascinado co almanaque da farmacia con reproducións de obras de Manet, Van Gogh e Cezánne. Atrás a súa primeira e casual exposición en Murcia onde triunfou. Logo fíxoo en Pontevedra, Compostela e en medio mundo. Agora goza do coidado libro que recolle preto de 170 reproducións, algunhas con amplos despregables das obras da súa última etapa, e da natureza que o rodea e na que se inspira cada día.

Este xornal imprímese en papel reciclado


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A NOVA PENEIRA - Nº18 - 1ªQ. Xuño 2013 by A Peneira Dixital - Issuu