www.apeneiradixital.com ANO 1 - Nº 12
XORNAL
GALEGO DE INFORMACIÓN
XERAL
Decembro de 2012 - 2€
Camposancos e Sanamaro na lembranza
Páx. 19 e ss.
Bo Nadal e Feliz 2013
2
Opinión - Decembro de 2012 EDITORIAL
Socialdemocracia? *Isidoro Gracia Plaza *Diplomado en Relacións Laborais e Empresariais.
a Política de Aristóteles, cando estuda as distintas formas de goberno: Consideremos cal é a mellor forma de goberno e cal é a mellor clase de vida para a maioría das cidades e para a maioría dos homes, sen asumir un nivel de virtude que estea por encima de persoas ordinarias,... unha clase de vida tal que poida participar dela a maioría dos homes e un réxime que estea ao alcance da maioría das cidades. Chega á conclusión de que é a democracia, entre outras razóns porque: A desviación máis moderada en canto á súa corrupción é a democracia, fronte á tiranía e oligarquía que se derivan das outras corrupcións.
D
Houbo que esperar ata o século XX, logo de grandes guerras, para mellorar o concepto engadindo o prefixo social, equivalente a ter moi en conta a todos os cidadáns, en especial aos máis pobres e desfavorecidos. Pois ben, este magnífico invento de 2 400 anos, estano desfacendo “os mercados” coa axuda inestimable, como colaboradores necesarios, de gobernos polo menos teoricamente democráticos. Cando se van dar conta eses gobernos de que, simultaneamente ao benestar dos seus cidadáns, a súa propia supervivencia é a que está en xogo? Algúns algo
informados xa somos conscientes de que ou acabamos, literalmente, cos especuladores e malvados que esconden os seus oligopolios e tiranías detrás do eufemismo “mercado” ou eles acaban non só co gran invento da socialdemocracia, senón coa democracia simple e chaira, e evidentemente, de forma previa, cos gobernos representativos. Hoxe, avanzado o século XXI, un programa que pretenda ser socialdemócrata ten que incluír a consideración de delicto para calquera actividade en paraísos fiscais; a taxa Tobin está ben pero xa non chega, e o control público, radical, de sectores básicos para a simple supervivencia dos cidadáns como o alimentario, o enerxético, ou o de servizos de saúde; nada de control a distancia, presenza directa e importante da administración. Por certo, onde din os tratados da UE que non é posible esa presenza directa dos gobernos lexítimos? Eu non o atopei e linos e relinos con atención, Francia, Alemaña, Italia, e outros moitos teñen presenza gobernamental nos sectores que consideran estratéxicos, supoño que iso cambiará cando eses gobernos, aínda hoxe democráticos, sexan substituídos por dirixentes máis próximos aos oligarcas que detentan o poder real neste mundo de inxustiza global. Así pois, á pregunta: socialdemocracia?, a resposta é: polo menos, democracia. Hoxe a Comisión Europea, o BCE, etc., non chegan a ese nivel.
2013 non será a fin do mundo, pero... ustaríame desexarlles bo Nadal e próspero aninovo. Sen embargo non me atrevo a facelo porque me resulta irónico anunciar un bo ano 2013 cando tódolos índices económico, como diría un puritano economista, apuntan que as imos pasar aínda máis canutas que agora.
G
O panorama pódeme. Cidadáns que se suicidan por desesperación; outros que levan meses na rúa cubríndose con cartaces alusivos ao roubo descarado da banca; milleiros de cidadáns lanzados ao paro indefinido cada dia; así ata o infinito. Logo descubrimos que o representante do empresariado que solicitaba máis traballo por menos salario era un auténtico estafador das arcas públicas; que o goberno segue botándolle a culpa de todo a un tal Zapatero do que xa ninguén se lembra pero que lle serve de coartada para facer o que á dama de ferro alemá lle sae dos ovarios; que aos máis necesitados xa non lles queda nin sequera a posibilidade de defenderse dos usureiros porque primeiro teñen que pagarlle a taxa a Gallardón. Xoves descarriados sen futuro; outros tan deformados intelectualmente que acaban causando unha masacre nun colexio e matan ata a súa propia nai; homes e mulleres lanzados á desesperación sen que poidan albiscar unha rendixa de esperanza. Europa remata ou non nos Pirineos? Seremos de verdade europeos? Ou seremos o pretexto perfecto para que aumenten os ricos na medida en que aumentan os pobres? Portugal está en venda como se fora unha urbanización de luxo. Que ironía! Mozambique, a que fora a súa colonia, resulta ser a man que mece o berce desesperado portugués. En palabras do poeta, isto é un vivir sen vivir. A todo isto, que lles quería dicir hoxe? Ah, xa sei; páseno o mellor que poidan pero eu non me atrevo a dicirlles “bo Nadal e próspero aninovo”; non señor. Nesta ocasión permítaseme unha licencia para cabrearme co mundo e comigo mesmo. E sexa o que os deuses do Olimpo teñan decidido.
CADERNOS DA VIAXE
Non hai política turística
*XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA *Avogado
s dados de ocupación desta ponte festiva na Galicia foron arrepiantes, con só un 30-35%. Porque a queda do turismo peninsular (pola gravísima recesión portuguesa e española) amosounos que o emperador ía espido. Galicia, a pesares dos seus evidentes atractivos e do grande coñecemento acadado polo camiño xacobeo, vai sendo excluída dos grandes circuitos turísticos. E semella que todo o traballo desenvolvido dende comezos da autonomía se está a esfarelar dende 2010.
O
É evidente que a alternativa é captar turismo europeo e transoceáni-
co. Mais o principal problema para traelos é a nosa incomunicación aérea. O ineficiente centralismo de AENA potenciou Madrid como grande “hub” subordinando os aeroportos galegos a pasar en moitas ocasións por aí. E, independentemente de que todo o que non sexan conexións directas con Galicia son moi pouco úteis, están a desaparecer tamén as conexión indirectas vía Madrid e Barcelona. Hoxendía non é posíbel viaxar de Barajas a Alvedro ou Labacolla dende as 15.45. Xa que logo, semella que a política turística ha de se integrar coa política aeroportuaria. Só coa transfe-
rencia dos aeroportos á Xunta se poderán coordinar e especializar os tres aeroportos no marco dun sistema aeroportuario galego de noso. Nese marco, poderemos ter conexións que garantan un fluxo turístico continuado. De feito, arestora é o aeroporto Saa Carneiro do Porto quén está a cumprir como porta de Galicia, como ben sabe a Asociación de Empresarios de Hostalería compostelá. Mais tamén resulta claro que Galicia fracasa pola inexistencia de promoción real desque Carmen Pardo está á fronte do turismo galego. Fracasou a campaña de “gár-
dame o segredo” e fracasa, en xeral, unha política que nin aproveita o tirón xacobeo nin salienta os nosos caracteres nacionais diferenzais. As provincias e os territorios sen personalidade de seu non atraen aos visitantes. A ARRINCADEIRA: Consumo Gustos etiquetados en galego. A crise tamén esta a mancar os sectores galegos da produción alimentaria. Velai a importancia de mercarmos produtos galegos. O Foro Peinador, incansábel axente de galeguización no ámbito da empresa galega, presenta este luns en Vigo unha campaña a prol do consumo neste Nadal de produtos galegos etiquetados en galego. Sen dúbida, un exercicio de consumo responsábel contribuira ao tempo, a prol da nosa actividade empresarial e da vitalidade da nosa lingua nacional.
3
Decembro de 2012 - Opinión
O Goberno ratifica o novo canon dixital renciar se o material tecnolóxico se empregaba ou non para facer copias e sen ter en conta se o comprador era persoa física ou xurídica.
Xosé Manuel Fernández Montes Especialista Universitario en Dereitos de Autor
A partir de agora o canon non repercutirá nos consumidores de aparellos susceptibles de reprodución senón que repercutirá nos contribuíntes en xeral. Pagarémolo todos, aínda que non realicemos copias privadas de obras e aínda que non merquemos aparatos e soportes que permitan a reprodución.
Goberno aprobou o pasado 7 de decembro o Real Decreto que regula os detalles do novo sistema de pago aos autores que sustitúe ao "polémico canon dixital anterior". O antigo canon gravaba a adquisición de produtos tecnolóxicos susceptibles de realizar copias mentres que a nova compensación equitativa por copia privada farase con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado (pagarémolo todos). Abonarase a exercicio vencido e a contía fixarase cada ano.
O
Resumindo, ANTES: o canon gravaba ao consumidor de tecnoloxía susceptible de reprodución fixese ou non uso do dereito de copia privada; inxustiza particular. AGORA: o canon gravará a todos os contribuíntes; inxustiza xeneralizada.
A cantidade a pagar ás entidades de xestión a través dos orzamentos do Estado calcularase en base a criterios como: a estimación de copias realizadas, o impacto sobre a venda de exemplares de obras, o prezo medio e a vixencia dos dereitos de propiedade intelectual das obras, a aplicación de medidas tecnolóxicas, o diferente impacto segundo o carácter dixital ou analóxico das obras...
fectadas pola copia privada: audio, vídeo e libro. A recadación será menor que a obtida anteriormente co canon dixital.
No primeiro trimestre do ano determinarase a contía sobre os datos do ano anterior e establecerase o reparto da mesma entre cada unha das modalidades de reprodución a-
A compensación ou remuneración por copia privada ten razón de ser e está lexitimamente xustificada (Art. 25 LPI) pero o seu establecemento e aplicación tal como se for-
oitos son os que pensan que a xudicialización da actividade política é negativa para a imaxe dunha caste cada vez peor valorada nas enquisas, e con clara tendencia a non querer cumprir determinados códigos éticos que a sociedade esixe.
M
Esta semana, de novo, ábrese o debate sobre a renuncia ou non dos cargos institucionais imputados polo poder xudicial. A miña modesta opinión é clara e rotunda a este respecto, un cargo público imputado, debe deixar inmediatamente o seu cargo. A política debe ser unha actividade exemplar e transparente, e non un algoritmo indescifrable no que as esixencias sexan distintas en función do grao de amizade dos imputados cos seus superiores xerárquicos, como estamos vendo estes días. A operación “Campión”, xunto coa operación “Pokemon”, non son máis que o reflexo dunha situación insostible que fai que os cidadáns cada vez pensen con máis convencemento ese clásico inxusto que di
VENTAXAS: como a partida para pagar o canon sairá dos Orzamentos Xerais do Estado haberá máis control sobre as Entidades de Xestión.
mulaba en España, resultou ser abusivo e indiscriminado segundo o criterio de altas instancias xurídicas europeas (unha sentencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea veu a considerar que as persoas xurídicas estaban exentas do canon dixital impugnando daquela a aplicación universal do mesmo). Pagábase indiscriminadamente sen dife-
Unha cuestión de principios que “todos os políticos son iguais”, cando en realidade son na súa inmensísima maioría xente decente ensombrecida por sangrantes e mediáticos casos de corrupción. Hai poucos meses, a ex presidenta
da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, coa que ideoloxicamente non comparto nada, facía unha acertada reflexión, pedindo unha reforma penal que contem-
plase unha figura intermedia antes do grao de imputación, ao que chamaba “investigado”. Probablemente ese poida ser o camiño para que determinados casos, -e sempre vén á mente o acontecido con Demetrio Madrid- non rematen coa carreira política dalgúns inculpados, posteriormente declarados non culpables polo poder xudicial. Mentres, algúns prefiren seguir matando a Montesquieu, e non respectan a separación de poderes, confundindo o ámbito lexislativo co xudicial, e dubidando da acción independente da xustiza, nun comportamento máis propio de ditaduras africanas que de democracias maduras. A presunción de inocencia é unha situación procesual e non un axioma político. Son cousas claramen-
INCONVENIENTES: todos os contribuíntes pagaremos o canon, incluso os que non consuman produtos tecnolóxicos reprodutores; as entidades de xestión recadarán menos cartos para repartir entre os autores e para destinar ás actividades de apoio aos artistas. Que cadaquén saque as súas conclusións...
*Rafael Cuíña *Estudou Dereito. Empresario en Lalin. Membro da Executiva de Compromiso x Galicia.
te diferentes, co que a responsabilidade política a asumir é ben diferente da situación xudicial a tratar. O perigoso vén cando determinados membros das cúpulas dos partidos políticos actúan con diferentes varas de medir, en función non do tipo de delicto imputado, senón do persoeiro afectado, porque do contrario non se entende como algúns deixan aos pés dos cabalos a persoas como a concelleira compostelá Rebeca Domínguez, vítima propiciatoria dunha situación na que a lóxica apunta a que ao mellor de xeito miserable, os indutores de determinadas firmas con repercusión xudicial, son os mesmos que a advirten da súa necesaria dimisión en caso de permanecer nesa situación procesual. Ou non?
4
Publicidade - Decembro de 2012
A Nova Peneira des茅xalles bo Nadal e pr贸spero ano novo
Decembro de 2012 - Ponteareas
5
6
O Condado - Decembro de 2012
Xornada sobre a Cultura Emprendedora primeira semana de decembro tivo lugar en Ponteareas unha xornada que, sobre a Cultura Emprendedora, se desenvolveu no Auditorio Reveriano Soutullo coa participación de máis de 200 mozos e mozas dos institutos CEIP A Granxa e o IES Pedra da Auga.
A
A xornada, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, a Cámara de Comercio e o Concello de Ponteareas, ía dirixida a estudantes de Formación Profesional e a todos aqueles que cursan materias de economía, de empresa ou que pretendan poñer en marcha algún proxecto empresarial. Para facerlles chegar a idea da Cultura Emprendedora, un técnico especialista ofreceulles unha charla informativa
Os socialistas solicitan a reprobación do concelleiro de Cultura pasado sábado 8 de decembro a Agrupación folclórica Algazara realizou no Auditorio Municipal o seu XV festival, referente en canto a transmisión do noso patrimonio cultural. O esforzo de Algazara para a organización do evento foi enorme e viuse recompensada cun cheo do auditorio onde a xente disfrutou de actuacións do propio grupo, ademais doutros grupos folclóricos chegados de Portugal ou Cataluña.
O sobre o desenvolvemento de ideas de negocio e un emprendedor.
hora de decantarse polo emprendemento, en lugar de traballar para terceiros.
Comezou falándolles da idea empresarial en si, o plan de empresa, nocións sobre tramitación, constitución e recursos, e expón toda a información necesaria sobre o autoemprego, ademais de expoñerlles as posibilidades das que dispoñen á hora de crear unha empresa propia, así como as axudas que existen á
Por outra banda, o conferenciante ofreceulles a súa experiencia en primeira persoa, como xurdiu a idea do negocio que actualmente ten en marcha, os pasos dados para iniciar a súa actividade, os problemas que tivo que solucionar e os organismos que lle axudaron a arrancar o seu proxecto. IMAXE: HERNÁNDEZ
Actuacións do Coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios
Nenos de Ponteareas falaron con Papá Noel por videoconferencia
O Coro do centro CEIP Nosa Señora dos Remedios realizou dúas actuacións este mes. O venres 14 de decembro, no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, cantaron un amplio repertorio de panxoliñas e actuaron os nenos de entre 6 e 12 anos de idade. Tamén participaron o sábado 15 en Vigo no tradicional festival de panxoliñas de Novagalicia Banco; cantaron tres cancións: "Ímonos xa pr’a aldea", "Oh, noche hermosa" e "Deck the halls".
45 escolares do CEIP de Santiago de Oliveira, de 3 a 5 anos, participaron o 13 de decembro nunha video con fe ren cia con Papá Noel, realizada desde a Aula Cemit do Concello de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, para dar a coñecer as súas peticións de agasallos e coñecer se cumpriron coas obrigas de portarse ben e obedecer aos pais e nais.
O coro está dirixido pola mestra Ruth Barros Abalde e acompaña ao piano a tamén mestra Cecilia López Louro.
O Grupo Municipal Socialista de Ponteareas denuncia que “a actuación do goberno municipal no evento foi lamentable”. En nota de prensa lamentan que ningún membro de dito goberno municipal estivese presente no momento no que Algazara tiña previsto entregar uns agasallos aos grupos participantes no festival. Segundo continúan os socialistas na súa nota, a actuación do concelleiro de Cultura no acto é “censurable”, pois, indican, “tratou de malos modos ao presidente de Algazara, ameazando con subir no medio das actuacións a entregar os agasallos e parando as actuacións”. Por este motivo, o Grupo Municipal Socialista incluirá unha moción no vindeiro pleno para solicitar a reprobación do concelleiro e solicitaralle ao alcalde de Ponteareas o cese e substitución nas súas funcións.
Decembro de 2012 - O
7
Condado
Solla reta a Represas a que presente a moción de censura
Acip reclama a unión de todos os partidos ante o peche do Rexistro Civil
alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, considera inaceptables as manifestacións aparecidas nos medios de comunicación nas que o portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Represas, lle pide que presente “unha moción de confianza” no caso de non ser capaz de aprobar os orzamentos municipais.
uan Carlos González Carrera, portavoz de ACIP, presentou no Concello unha iniciativa para que se convoque urxentemente a Xunta de Portavoces, co fin de impulsar unha fronte común ante a posibilidade de que Ponteareas perda o seu Rexistro Civil. “Lamentamos que esta decisión do goberno da nación teña efectos nefastos para o futuro de Ponteareas”, indican os independentes.
O
O Alcalde afirmou que “se o sr. Represas tanto desexa ser alcalde, ten a vía para conseguilo na presentación dunha moción de censura. Se así non o fai, e o que realmente lle interesa é sanear este concello, ten nas súas mans medidas máis que suficientes, todas elas cuantificadas e presentadas por este Goberno Municipal e el e o seu grupo, xunto con toda a oposición, non so rexeitaron senón que non foron quen de presentar medidas alternativas”. González Solla non consinte que se afirme “que este Gober-
J
no non fixo os seus deberes” nin que se o cualifique de incapaz “xa que no Borrador do Plan de Saneamento se detallaban medidas, perfectamente cuantificadas e máis que suficientes para corrixir o desequilibrio de máis de 3 millóns de euros anuais, que ten este Concello”. Continúa o Alcalde asegurando que “mentres non se corrixa este desequilibrio será imposible elaborar uns presupostos reais a menos que eles queiran que se aprobe, no Pleno, uns presupostos totalmente ficticios”.
O peche do Rexistro civil en Ponteareas suporía para os veciños da localidade e da comarca a necesidade de desprazarse ata Vigo para facer trámites relacionados con este organismo, “co trastorno que isto implica”. “Se permitimos que se trasladen os xulgados, a oficina liquidadora, agora o rexistro civil, Que será o próximo? Trasladar tamén as oficinas da seguridade social ou as de Facenda? Nestes momentos é cando os políticos debe-
mos mostrar a nosa responsabilidade cos cidadáns, polo que debemos unirnos nunha dirección, defender o noso municipio e comarca. Por iso ademais de pedir axuntar forzas aos grupos municipais de Ponteareas, debemos unirnos coas corporacións de todos os municipios do condado e Paradanta, co fin de facernos ouvir con máis forza, e conseguir que Ponteareas e a súa comarca non se afundan”.
Entrega de diplomas dos cursos de Informática
As fortes choivas volven provocar a crecida do Tea
alcalde, Salvador González Solla e o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alberto Novoa, clausuraron os cursos de informática realizados durante este ano 2012 na aula de informática do Centro Social e na aula Cemit sita no Centro de Desenvolvemento Local.
O IMAXE: HERNÁNDEZ
No Salón de Plenos do Concello de Ponteareas tivo lugar a entrega dos diplomas acreditativos dos cursos de “Iniciación á Informática” que se levaron na aula de informática do Centro Social e dos “cursos multimedia” que se realizaron na aula Cemit de Ponteareas durante o 2012.”
Presentación do Calendario Galego de Ponteareas 2013
O alcalde de Ponteareas, Salvador González, e o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, presentaron o Calendario Galego de Ponteareas 2013 no salón de plenos do Concello. IMAXE: HERNÁNDEZ
IMAXE: HERNÁNDEZ
A Asociación de Hostelería y Turismo del Condado organiza un festival solidario co fin de conseguir que coa colaboración de todos, ningunha familia de Ponteareas quede sen pasar un nadal digno e que todos os nenos teñan xoguetes.
8
Decembro de 2012
Decembro de 2012 - Publicidade
Sabor galego en Madrid
9
10
O Condado - Decembro de 2012
A Deputación investíu 85.000 euros na mellora do illamento e calefacción da gardería pública; do peche perimetral do no colexio Manuel Sieiro, e na posta a punto do centro cultural
Crecente volve pór en funcionamento o Centro Cultural do Freixo tralas obras de acondicionamento presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Crecente, Julio César García Luengo, inauguraron o Centro Cultural de O Freixo que foi obxecto unha remodelación financiada integramente pola Deputación cun investimento de cerca de 40.000 euros.
nenos; evitar a perda de balóns, etc.
O
As obras consistiron no remate exterior do edificio; na limpeza total dos muros; obras de reparación da cuberta; reposición de tellas e revisión xeral; Obras de remate interior: revestido con mortero dos parámetros verticais e horizontais; colocación de solado con plaquetas de gres; pintado interior; e vernizado da carpintería; Dotación de iluminación. Segundo informou o
IMAXE: HERNÁNDEZ
alcalde, tamén se dotou de estores o centro centro telemático e biblioteca. Ademais desta actuación a Deputación ven de financiar outras moi
necesarias, explicou Luengo, para o municipio. Por unha banda, acometeuse a substitución do antigo peche perimetral en 162 ml de malla soldada no colexio Manuel Sieiro para garantir a seguridade dos
Obras na gardería Por outro lado, realizouse unha intervención na Gardería Pública que ten actualmente 18 nenos. As obras consistiron na dotación de illamento térmico para o teito; reforzo da calefacción con máis radiadores, pintado dos chans exteriores con pintura antideslizante e colocación de lousetas de caucho; estores; mesa para a cociña; toldos para o exterior para facilitar a sombra en verán; e en definitiva para mellorar o confort destas instalacións. Todas estas actuacións sumadas á realizada no centro cultural suman 85.000 euros investidos pola Deputación.
I Feira de Artesanía e Comercio de Covelo O pasado sábado 8 de decembro tivo lugar en Covelo a I Feira de Artesanía, Comercios e Servizos, no Pavillón de Deportes Municipal. Xa ás dez da mañá procedeuse á apertura do evento, que durou ata as dez da noite. Destacou entre as actividades o obradoiro infantil de adornos de Nadal, e as actuacións do grupo 'As pandereteiras de Covelo'e da Asociación Xuvenil Andrómeda (con gaiteiros e baile galego). Houbo máis de 50 postos, entre eles unha cantina, pulpeiro e zona de descanso. Ademais, contaron coa exposición de pezas escultóricas de Jesús Valmaseda.
IMAXE: HERNÁNDEZ
Decembro de 2012 - O
11
Condado
Presentación de “Mondariz, contado a anacos” novo libro de Xoan Xosé Pérez Labaca Hotel Balneario de mondariz acollerá, o próximo 21 de decembro, ás 21 horas, a presentación dun novo libro do profesor, escritor e historiador Xoan Xosé Pérez Labaca. Este novo libro, escrito en castelán, leva o título de “Mondariz, contado a anacos” sendo esta unha primeira edición para a empresa de limpeza industrial Darlim.
O
Á cabeza de Darlim sitúase o coñecido industrial Indalecio Cuevas Montes, presidente do Polígono Industrial da Granxa no Porriño, quen na páxina de presentación, entre outras cousas, di: “Para Darlim, nestes máis de 30 anos de experiencia, non só nos preocupa a calidade dos nosos produtos e servizos e como estes actuan no medio ambiente, senón tamén a sociedade que nos rodea. En Darlim, o noso esforzo nestes tempos tan complicados de colaboración desinteresa-
da coa sociedade que nos rodea non só quere quedar no apoio ao deporte base e á xente máis necesitada, senón tamén coa cultura, historia e tradicións da nosa amada terra, Galicia. E por iso queremos facer chegar ás nosas xentes este libro que conta a historia e lendas dunha das zonas máis emblemáticas e peculiares de Galicia, Mondariz e Mondariz Balneario. “A elección de Mondariz como tema central do libro, explica Pérez Labaca, non foi por casualidade, xa que ademais das calidades citadas existen para a miña outras persoais entrañables posto que a miña esposa é de Mondariz, alí casei e nunha parroquia de Mondariz, Vilasobroso, teño o meu domicilio familiar”.
de de tradución, por persoas procedentes de fóra de Galicia. Tamén foi desexo da firma Darlim, para quen se fixo esta primeira edición, porque comprobaron que en castelán se expresa unha porcentaxe moi elevada dos seus clientes”. Está baseado noutro libro do escritor redactado en galego e xa esgotado, “Lendas, contos e outras narracións de Mondariz e do Balneario”, publicado polo Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Pontevedra. Por outra banda o autor fai constar “Este libro trata de informar ao lector de como foi e como é Mondariz. Está escrito en lingua castelá porque así o pediu reiteradamente moita xente na crenza de que así, nesta lingua, pode ser lido con máis facilidade, sen necesida-
Este novo libro, aínda contendo traducidos moitos dos artigos do libro sinalado, foi enriquecido con novos capítulos. Así hai unha parte que é totalmente nova que comprende algo das historias, os templos, as augas minerais, xuntos con outros máis.
Salvaterra inaugura o novo Pavillón Polideportivo O pasado 2 de decembro o Concello de Salvaterra inaugurou o Pavillón Polideportivo Municipa,l que recibíu o nome de Cándido Carrera Estévez, salvaterrense Campión Mundial de Copilotos de Rallye. As novas instalacións contan cunha pista polideportiva de madeira, porterías profesionais, canastras automáticas con taboleiros e aros coma os utilizados na ACB e NBA, 5 vestiarios , bancadas con capacidade para máis de 1000 prazas e un ximnasio.
IMAXE: HERNÁNDEZ
Centenario dos primeiros colexios de Tortoreos
O
Esta foi a clasificación que acadaron en cada unha das categorías: Candela Alonso quedou primera; Albino, primeiro; Samuel, segundo; Nair, sexta; María, segunda e Antía, terceira.
Carmen Moreira, 1ª; Nair, 2ª, María Moreira, 7ª; Sheila, 13ª; Antía, 5ª; Xabi, 9º; Lucía, 10ª e Alba, 5ª.
entro da programación de Nadal que presenta o Concello de Salvaterra, este ano inclúese como novidade unha carreira solidaria que busca a recadación de alimentos non perecedeiros que irán destinados ao Banco de Alimentos Municipal. Dende Servicios Sociais lévase anos traballando con este programa de banco de alimentos, para que as persoas que por diferentes circunstancias están pasando por un mal momento teñan cuberta unha necesidade básica como é a alimentación, sobre todo familias onde hai persoas maiores ou nenos, que son os máis vulnerables, con entregas mensuais de alimentos.
D
pasado día 22 de novembro varios membros do Club de Patinaxe de Covelo desprazáronse ata Langreo (Asturias) para participar nun Torneo Internacional.
Igualmente a primeira fin de semana de decembro os patinadores de Covelo participaron no Torneo Internacional de Coslada (Madrid). Estas foron as súas clasificacións:
I Carreira Solidaria de San Silvestre en Salvaterra
IMAXE: HERNÁNDEZ
O pasado sábado 24 de novembro As Neves celebrou o primeiro século de vida do primeiro dos dous centros escolares da parroquia de Tortoreos, fundado pola Marquesa Purificación Fontán, viúva de Elduayen, primeiro Marqués do Pazo da Merced, nome que conserva o centro.
12
O Condado - Decembro de 2012
A Cañiza organiza un taller infantil de aeromodelismo e voo de modelos indoor
IMAXE: HERNÁNDEZ
or segundo ano consecutivo, o próximo día 30 de decembro terán lugar no pavillón polideportivo municipal do Concello da Cañiza os talleres infantís de aeromodelismo, nos cales os nenos dende os catro aos catorce anos de idade terán a oportunidade de construír un aeromodelo sinxelo coa axuda dos monitores que lles axudarán na tarefa. A continuación todos os nenos competirán cos seus modelos, existindo premios para o tres mellores de cada categoría.
P
Dende o Concello animan a todos aqueles modelistas interesados en pasar unha xornada en-
tretida, xa sexa voando as súas aeromodelos ou participando activamente como monitores nas aulas, a que se inscriban mediante o formulario dispoñible na web municipal, a efectos de coñecer de antemán o posible número de asistentes, xa que é posible que se limite o número de pilotos. O piloto e/ou acompañantes que desexen apuntarse á comida programada nun restaurante da Cañiza haberán de confirmalo mediante o formulario, podendo abonar o seu importe, de 10 euros por persoa, no propio lugar do evento.
Os nenos que participen no taller infantil de aeromodelismo apuntaranse no pavillón o mesmo día 30 de decembro. O obxectivo desta actividade é o voo virtual dispoñible para todos os asistentes. Para isto instalaranse uns PCs con simuladores de voo, que se comandan con equipos de radio control. Os aeromodelistas realizarán distintas probas de habilidade como acrobacias, gymkhana aérea e combate aéreo, durante toda a xornada. O principal obxectivo é que en todo momento haxa un modelo radio controlado voando.
O 8 de decembro inaugurouse o Ano Xubilar Nosa Señora da Franqueira O pasado 8 de decembro tivo lugar na Cañiza a inauguración do Ano Xubilar Nosa Señora da Franqueira. A apertura solemne foi representada no Santuario dende as 17 horas, momento a partir do cal foron acollidos os peregrinos. A continuación celebrouse a Eucaristía, oficiada polo Bispo Don Luis Quinteiro. O Papa Bieito XVI concedeu ao Santuario o Ano Xubilar con motivo do 50 anos da coroación da Virxe. Os obxectivos e actividades previstas para este Ano Xubilar, poden ser consultados na web do Concello.
13
Decembro de 2012 - Tomiño
Tomiño organiza un novo Nadal Solidario para axudar ás familias que pasan por dificultades Concellaría de Cultura de Tomiño organizou a campaña “Por unhas Festas Solidarias e Integradoras”, para a recollida de xoguetes, libros de lectura e alimentos.
ción de outono centrada na recuperación da música tradicional.
A
A concelleira de Cultura, pola súa banda, comentou que os días 26, 27 e 28 organizarase, en colaboración coa asociación de comerciantes (Adeto), unha gran Festa Infantil no pavillón da Carballa, con inchables e obradoiros. Pechará a actividade a actuación do mago Javier Muro, o venres 28 ás 19.00 hs.
A iniciativa, na que colaboran unha vintena de asociacións do municipio, foi presentada en rolda de prensa no Concello de Tomiño pola alcaldesa, Sandra González, e a concelleira de Cultura, Cristina Martínez. Ámbalas dúas explicaron que, dada a resposta xenerosa da veciñanza o ano pasado, este Nadal o Concello pensou en repetir a experiencia. “É un orgullo traballar para un concello con veciños e veciñas que se preocupan tanto polos demais”, afirmou a rexedora. A actividade é promovida polo Concello pero conta coa colaboración dunha vintena de asociacións e doutras entidades, e inclúe a recollida de xoguetes (non bélicos e que se atopen en condicións de ser utilizados); libros de lectura e alimentos non perecedoiros. A concelleira de Cultura informou de que a recollida se levaría a cabo nos locais das entidades colaboradoras e tería coma data límite o día 9 de decembro. Os xoguetes e li-
bros serían distribuídos a través dos Servizos Sociais do Concello entre as familias menos favorecidas, mentres que os produtos de alimentación se repartirían coa colaboración de SOS Tomiño. Martínez explicou que a iniciativa ten coma finalidade axudar ás persoas que pasan por unha situación difícil. “Non queremos que ningún neno ou nena de Tomiño se quede sen ter un agasallo nestas festas”, precisou.
Programación No referido ao programa de actos, a alcaldesa salientou tres citas principais que terán lugar no Auditorio de Goián: o Concerto de Uxía Senlle (sábado 15 ás 20.30 hs.); o da Coral e Coro Infantil (sábado 22 ás 20.00 hs.), e o Concerto de Nadal, da Agrupación Musical de Goián (domingo 23 ás 18.00 hs.). Nesta liña, a rexedora lembrou tamén o esforzo realizado polo Concello para ofrecer unha programa-
Maiores e pequenos celebran xuntos o II Encontro Interxeracional
Xa no mes de xaneiro, o día 2 ás 17.00, haberá un “Nadal Máxico”, co Rey Midas. Na Praza da Mina. O día 3 repetirase a actuación na Alameda de Goián. O sábado 5, ás 16.30 hs. a Gran Cabalgata de Reis sairá do campo do Alivio cara á Praza do Seixo, con sorteo de agasallos.
O Goberno Local cre que o informe de CDT chega tarde O goberno municipal de Tomiño valora o informe do partido Centristas de Tomiño, que foi recibido esta mesma semana no Concello, en tanto dito informe propón medidas construtivas e que coinciden coa liña política do goberno local.
Concellaría de Benestar Social do Concello de Tomiño, a través do Departamento de Educación Familiar, celebrou o pasado 13 de decembro o II Encontro Interxeracional, coa presenza de medio centenar de participantes, entre persoas do programa de maiores, por unha parte, e alumnado das alulas de Vilameán, Estás e Forcadela do Colexio Rural Agrupado (CRA), por outra.
A
Ambos colectivos, maiores e pequenos, traballaron xuntos na Casa da Cultura de Tomiño, na confección de centros de Nadal, con velas vermellas en forma de pera, piñas, follas secas e verdes, cáscaras de noces, etc. A compenetración entre eles foi realmente notable e, en moitos casos, parecían membros da mesma familia. Foi o caso de Paula e Javi, da aula de Estás, que fixeron traballos a base de musgo decorado con brillantina, coa axuda de Consuelo Torres, usuaria do programa de maiores. “Esto é moi bo para nós, estar en contacto cos nenos e sentirse útil”, aseguraba coas mans cheas de pegamento. Un caso parecido foi o
Outra aposta forte da concellaría é a proxección da película “O Apóstolo”, o día 29 de decembro, ás 20.00 hs., no Auditorio de Goián. Trátase dun filme de animación inxenioso e innovador realizado integramente en Galicia e que xa acadou varios premios.
de Perfecta Sousa, de Vilar, que traballou man a man con varios nenos de 4 anos. Noutra mesa, Orita e Rosa cantaban cancións tradicionais galegas e panxoliñas, rodeadas de xente nova e compañeiros do programa de maiores. Ao encontro tamén asistiron Michel, Arón, Jose e Adri, catro estudantes de ESO do IES de Tomiño, a educadora familiar Isabel Ayán e os concelleiros de Benestar Social e Cultura, Jesús Montero e Cristina Rodríguez, respectivamente.
Con respecto ás medidas que, segundo o informe, deberían incluírse nos orzamentos municipais do 2013, e que están xa a piques de pecharse despois de dous meses de traballar neles, os representantes municipais cren que “chegan tarde”. Con todo, aseguran que moitas das medidas solicitadas, xa estaban previstas, coma por exemplo, os criterios de racionalización e eficiencia de medios persoais e materiais, e a redución do gasto corrente non produtivo. Por outra banda, o goberno municipal felicítase de que CDT se una á proposta política que desde sempre ten defendido o BNG, no senso de mancomunar servizos e eliminar as deputacións provinciais. “O BNG, que ostenta a única alcaldía deste partido na comarca, ten iniciados debates no seo da Mancomunidade do Baixo Miño, para crear servizos conxuntos e darlle deste xeito, máis sentido a unha entidade que o Goberno Central quere eliminar”, salienta o portavoz municipal do Bloque e concelleiro, Uxío Benítez.
14
Tomiño - Decembro de 2012
A escola de nais e pais “ensina” a ler contos dun xeito divertido e útil
Alumnado de primaria do CEIP de Sobrada visitou o Concello lumnado de 1º e 2º cursos de primaria do CEIP de Sobrada (Tomiño), visitou o Concello de Tomiño e plantexou as súas inquedanzas e dúbidas á alcaldesa.
A Escola Municipal de Nais e Pais celebrou a súa segunda sesión co obradoiro “Cóntame un conto”. Á actividade, impartida nas oficinas de Educación Familiar, asistiu unha decena de persoas, interesadas en “aprender” a ler contos dunha forma diferente e poder logo, ensinarlla aos seus fillos e fillas.
A
A maioría das persoas que asistiron ao obradoiro son usuarias de servizos sociais do Concello, o que, en opi-
nión dos técnicos, é moi bo, pois permite traballar tamén outros aspectos ademais da lectura, como a autoestima e a creatividade. Os participantes levaron para a casa dous libros de contos de lectura activa, que deberán ler en familia durante o Nadal. O taller continuará durante o mes de xaneiro e rematará cunha lectura nos colexios da vila realizada polos propios pais e nais participantes.
Éxito do obradoiro de contos e cantos para bebés, celebrado en Tomiño
Os escolares, chegaron ao Concello sobre as 11 da mañá do día 4 de decembro e, acompañados polas súas profesoras, visitaron as diferentes dependencias da Casa Consistorial (oficinas xerais, tesourería, intervención, departamento de emprego, de urbanismo, etc.). Máis tarde foron recibidos pola alcaldesa, Sandra González Álvarez, no Salón de Plenos e, antes de rematar a visita, ocuparon os sillóns da corporación municipal, para comunicar as súas in-
Algunhas das consultas estiveron relacionadas coas obras e servizos que necesita a vila en xeral e o colexio de Sobrada, en particular. Outras preguntas foron máis persoais; por exemplo, se unha alcaldesa traballa moitas horas, se “manda moito” ou cales son os requisitos para poder acceder ao posto.
Xornada de portas abertas no centro de persoas discapacitadas “Vontade” parte da Comunidade de Montes de Tomiño.
rinta bebés e os seus pais e nais apuntáronse ao obradoiro de contos e cantos “Entre Arrolos e Contiños”, celebrado na tarde do sábado 1 de decembro no Auditorio de Goián.
T
Organizada polo Concello dentro dos actos conmemorativos da Semana Mundial do Aleitamento Materno, a actividade estivo coordinada por dúas compoñentes do grupo Migallas Teatro, que relataron contos de autor e tradicionais, adapta-
quedanzas e facer preguntas á rexedora local.
dos á idade dos cativos e cativas e acompañados dun acordeón. Os participantes foron bebés de entre 6 meses e 3 anos, que amosaron, con risas e aplausos, o seu grande entusiasmo.
centro de recursos para persoas con discapacidade da asociación Vontade de Tomiño realizou o domingo 16 de decembro unha xornada de portas abertas para amosar as novas instalacións. O novo local é posible grazas á cesión do terreo por
O
Os convidados, entre os que se atopaban membros da comunidade, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Benestar Social, Jesús Montero, percorreron as instalacións, que acollen de luns a venres a discapacitados do Baixo Miño e concellos dos arredores. Ao remate da visita, falouse da intención de inaugurar as novas instalacións no mes de febreiro de 2013.
Decembro de 2012 - Tui/O
15
Porriño
A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle a mostra “El universo para que lo descubras” Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle ao longo de decembro a exposición titulada “El Universo para que lo descubras” producida polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC),a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología e outras institucións dedicadas á astronomía de España e México no marco da celebración do Ano Internacional da Astronomía 2009.
que nos mostra a estructura a gran escala que resulta da desbocada expansión do Universo.
A
"El Universo para que lo descubras", está producida baixo a dirección científica dos astrofísicos Enrique Pérez e Guillermo Tenorio-Tagle, e pretende achegar a unha gran audiencia a beleza das imaxes astronómicas, obtidas con satélites e telescopios situados en diferentes países, mostrando tamén a ciencia que existe tras delas. Cada imaxe vai acompañada dunha breve descrición científica e un texto da literatura universal. Foi un dos proxectos piar para celebrar o Ano Internacional da Astronomía.
A exposición “El Universo para que lo descubras" pretende achegar a unha gran audiencia a beleza das imaxes astronómicas
A exposición “El Universo para que lo descubras” abarca catro grandes coleccións: O sistema Solar, que nos achega ás xigantescas esferas que flotan no espacio cercano e gravitan arredor do noso Sol; estrelas e Nebulosas, que mostra o medio in-
Xornada solidaria en Porriño
odas as iniciativas son benvidas cando o obxectivo é unha causa benéfica. Así a I Xornada Solidaria SOS Porriño foi presentada na Casa Consistorial polo alcalde Nelson Santos que estivo acompañado polas concelleiras de Servizos Sociais e de Educación, Teresa Veloso e Ana Martínez, respectivamente, e Benito García, presidente do Porriño Baloncesto Base, club promotor do evento. O obxectivo da xornada, que se celebrará o sábado 22 no polideportivo municipal, é recadar alimentos que irán destinados a SOS Porriño, cubrindo as necesidades básicas de alimentación de familias porriñesas que atravesan unha difícil situación económica.
T
O sábado celebrarase unha xornada lúdica dirixida a toda a familia. O evento está organizado polos diferentes clubs deportivos de Porri-
ño (UD Atios, CD Pontellas, Porriño Industrial FC, Porriño Baloncesto Base, Club Patín Porriño e Club Patín Ribex), coa colaboración da empresa X Quatro Espectáculos, Acipor e do Concello. Desde as 10 e ata as 22 horas desenvolveranse múltiples actividades deportivas no pavillón, haberá fútbol sala alevín, benjamín e prebenjamín; ximnasia rítmica; balonmán alevín e senior feminino; baloncesto alevín, benjamín, cadete e senior masculino; ximnasia, pilates, natación e patinaxe. A entrada mínima a estas actividades será de 1 quilo de alimentos non perecedoiros como aceite, pasta, leite ou legumes que irá destinado a SOS Porriño. A partir das 22 horas, haberá unha gala na que actuarán os finalistas do certame musical Tes Talento? e celebrarase un desfile de moda no que participan varias firmas comerciais (D'Bos, Zafiro, Daru Daro, Volvoreta, Meigallo, Manuel Tomás, Okino, Deportes González, Intersport Piñeiro, Academia Peluquería Ondas&Perfil, Peluquería Merchi Díaz, Floristería Andrade e Marisé Floristas, coa colaboración de Imprenta Paz, Jardima e Ideart).
terestelar, onde xorden, viven e morren as unidades de luz do Universo. Galaxias, onde podemos admirar esas inusitadas coleccións de estrelas, como a Vía Láctea, cunha grande variedade de formas e tamaños; e por último o Universo,
Para a concelleira de educación e cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, esta mostra amplía a variedade da programación deste espazo expositivo tudense, que xunto a mostras de caracter artístico ofrece tamén exposicións de divulgación científica como é esta mostra titulada “El universo para que lo descubras” que contribúen á promoción da ciencia entre os veciños de Tui.
A Escola Municipal de Música de Porriño celebra o tradicional festival de Nadal
Será o vindeiro xoves 20 de decembro, ás 20 horas, no Círculo Recreativo Cultural. Os alumnos ofrecerán ademais audicións con motivo da primeira avaliación do curso académico, o luns 17 e venres 21, ás 19.30 horas Escola Municipal de Música de Porriño, dependente da Concellaría de Cultura do Concello de Porriño que dirixe Teresa Veloso, organizou para os próximos días un ciclo de concertos ao que están invitados todos os veciños e visitantes que así o desexen.
A
Por unha banda, celebrarán o tradicional festival de Nadal, no que participarán os alumnos de Música e Movemento, o coro de 1º, 2º, 3º e 4º de Elemental, a Coral Polifónica, o grupo de guitarras, o grupo de música tradicional, a orquestra e a
Banda de Música da Escola. Será o vindeiro xoves, día 20, ás 20.00 horas no Círculo Recreativo Cultural. Ademais, o alumnado, actuando de forma individual, protagoniza as audicións correspondentes á primeira avaliación do curso académico. A primeira tivo lugar o pasado luns 17 no Círculo Recreativo Cultural, e a segunda o venres, día 21, á mesma hora e no mesmo lugar. Todos os concertos son de entrada libre e gratuíta ata completar aforamento.
16
O Porriño - Decembro de 2012
Polo Nadal, a biblioteca de Porriño regala unha gran cesta chea de libros ¡Que mellor cesta de Nadal que unha chea de libros!
ue mellor regalo que un libro. En base a esta premisa e ao fomento da lectura, a biblioteca municipal dependente da Concellaría de Cultura do Concello de Porriño que dirixe Teresa Veloso, organiza un ano máis o concurso
Q
Desde o 3 de decembro e ata o día 7 de xaneiro, a todos os usuarios da biblioteca porriñesa faráselles entrega dunha participación gratuíta con cada préstamo a domicilio que efectúen para entrar no sorteo dunha gran cesta chea de libros. As obras que compón a cesta abarcan distintas temáticas e xéneros, desde a narrativa á poesía ou o teatro, e son para todas as idades. Será unha vez finalizadas as festas do Nadal cando se realice o sorteo do que sairá a persoa gañadora deste "gran premio literario".
Os vendedores da praza de abastos agasallan aos seus clientes con 10 cestas de Nadal Co obxectivo de pór en valor o comercio e os produtos locais, os profesionais da praza de abastos de Porriño sortean entre os seus clientes un total de 10 cestas de Nadal. Ata o día do sorteo, que se celebrará o venres 21 de decembro ás 13.00 horas, as persoas que realicen compras nalgún dos postos da praza recibirán unha papeleta que lle dará opcións para ser posuidora dunha das dez cestas. A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Porriño a través da Concellaría de Prazas e Mercados que dirixe María José Martínez.
O Goberno Local renuncia á paga extra de Nadal
Unha aplicación informática educativa foi a gañadora dos premios Antonio Palacios 2012
Concello de Porriño aprobou en pleno extraordinario a renuncia da percepción da paga extraordinaria de Nadal dos cargos en réxime de dedicación parcial e exclusiva. "Trátase dun xesto de solidariedade con todos os empregados públicos do Concello que, ao amparo dun Decreto aprobado polo Goberno central, tampouco recibirán esta paga extra", explicaba Santos que subliñaba que "desde a entrada deste equipo de Goberno local sempre tivemos cla-
nha innovadora aplicación informática que serve de punto de unión entre pais e educadores é o que desenvolveu Berce, promovido por Rubén Míguez e Víctor Alonso, foi o proxecto empresarial gañador dos premios Antonio Palacios 2012 do Concello de Porriño, dotado con 3.000 euros.
O
U
ro que as nosas condicións en canto aos salarios serían as mesmas que as dos funcionarios e laborais, se eles ven reducidas as súas percepcións, nós tamén".
Unha solución tecnolóxica para manter informadas ás familias do día a día dos
seus fillos nas escolas infantís é como definiu Rubén Míguez a Berce, un proxecto que nace recentemente e que se situará no viveiro do Multicentro de Torneiros. O segundo e o terceiro galardón recaeron sobre Ingive (Ángeles Garrido) e Martina Eventos (Verónica Gómez), respectivamente. Na categoría junior o premio foi para ITSIGN, un proxecto dos estudantes universitarios David Rodríguez e Avelino Pérez.
17
Decembro de 2012 - Salceda
Continúan as obras da Senda Peonil do Caselas os vindeiros meses os veciños e veciñas de Salceda poderán disfrutar do novo tramo que conectará coa Senda xa existente do “Rubal-As Pontes”
como zona de esparcimento e ocio de cara os veciños e veciñas de Salceda e todas as persoas que visiten o noso Concello, dando unha continuidade á Senda Fluvial xa existente dende o Rubal-As Pontes”.
N
O Concello de Salceda de Caselas está a executar as obras da “Senda Peonil, que corresponde á primeira fase:Tramo As Pontes- Pombal de Antero” do “Proxecto de Recuperación Ambiental e Senda Peonil no río Caselas entre As Pontes-Regadas” que é a continuación, augas abaixo, do actual paseo O Rubal-As Pontes. O novo proxecto de senda fluvial na marxe do río Caselas conta cunha lonxitude de 559,70 metros e dous metros de ancho, asentada cunha base de zahorra natural compactada para proporcionar a estabilidade axeitada á Senda. Vai a contar cunha rampa de madeira asentada sobre muros de pedra, no punto de inicio da senda en As Pontes, e dous pontillóns de pedra para salvar as sangras de desagüe que verten, de forma natural, ao río Caselas. Finalizando na Ribeira (Pombal de Anteiro), situado na estrada Salceda-Paxariña, atravesando os lugares de As Pontes, Curtiñales.
O financiamento do tramo realizarase a través de fondos propios aprobados nos orzamentos do 2012 e corresponde a unha partida de 29.178 euros. A empresa adxudicataria é Construccións Magonfer S.L, baixo a dirección de obra do proxecto “Recuperación Ambiental e Senda Peonil no Río Caselas: Fase I. Tramo As Pontes-Pombal de Antero” por parte do enxeñeiro Julio Piñeiro. Unha vez finalizada esta primeira fase de actuación continuarase o
proxecto a través do Plan de Investimento da Deputación 2012-2013 da Segunda fase de execución que continuará a Senda Fluvial dende A Ribeira ata chegar “As Regadas”, para o que contamos coas asinaturas de 127 propietarios que cederon os seus terreos para a realización do proxecto. A Recuperación Ambiental do entorno e a creación dunha senda Peonil na marxe dereita do Río Caselas pon en valor unha zona abandonada, para o seu aproveitamento
Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medioambiente, asegura que “é unha aposta que xa ben facendo o Concello de Salceda de Caselas para recuperar as ribeiras do Río Caselas. É moi importante pór en valor as áreas fluviais que tanta riqueza en canto a diversidade de flora e fauna acolle nas súas ribeiras, evitando o estado de degradación ao que están expostas na actualidade”. “O río é unha fonte de vida que temos que respetar e coidar”. Compromiso Marcos Besada, Alcalde de Salceda, asegura que cumplirá “co compromiso adoptado con todos os veciños e veciñas de Salceda de continuar a senda fluvial polo río Caselas, nesta primeira fase ata A Ribeira, e nunha segunda fase se vai a chegar ata “As Regadas”. Traballando arreo e garantindo unha boa Xestión é posible cumplir cos nosos compromisos adquiridos cos nosos veciños e veciñas”
A Xornada sobre cooperativismo celebrada no Torrón acada un grande éxito O pasado 27 de novembro celebrouso no CDL do Torrón en Salceda de Caselas unha xornada de divulgación do Cooperativismo.
Teatro solidario en Salceda: entrada, un alimento de Nadal teatro da Escola Infantil Xoaniña subiu de novo ao escenario coa obra “Aghárrame esas Piratas” que representaron o sábado 15 de decembro no Auditorio Municipal.
O
milias o próximo 20 de decembro xunto cos xoguetes que se recolleron no II Nadal Solidario.
É unha iniciativa que parte do Teatro Xoaniña e coa que colabora a Concellería de Benestar Social do Concello de Salceda. Por segundo ano a entrada para ver a obra é un alimento que irá destinado ao Programa de Alimentos que xestiona a Concellería de Benestar.
Agradecemento Marina Cabaleiro “agradecer en nome das familias usuarias do Programa de alimentos está iniciativa solidaria, unha vez máis demóstrase que Salceda é solidaria xa que nas últimas semanas estanse achegando ao concello diversas empresas, asociacións e particulares que queren aportar a súa pequena colaboración para que este nadal sexa máis levadeiro para ás familias afectadas pola crise”.
Neste caso será un alimento navideño para entregar ás fa-
Esta xornada foi organizada pola Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda e promovida pola Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, e coa colaboración dos Concellos de Salceda de Caselas, Mos, Porriño e Salvaterra de Miño. A mesma acudiron persoas, colectivos e organizacións interesadas en xeral no cooperativismo e na economía social.
que é importante que dende as administracións fagamos este tipo de actividades, sempre hai algún veciño ou veciña que ten un proxecto en mente, e esta pode ser a fórmula para levalo a cabo”.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable de Emprego e Formación “neste intre as cooperativas poden constiturir unha oportunidade para a xeración de emprego, polo
CDL de O Torrón, eixo das políticas de emprego e formación Dende a Concellería de Emprego e Formación séguese a traballar para que o Centro Desenvolvemen-
to Local de O Torrón sexa un referente na comarca, e esta é só unha das actividades, as que tamén hai que engadir 5 cursos de formación que darán comenzo estes días. Ademáis para fomentar o emprego e autoemprego xa está acondicionado o Viveiro de Empresas que comenzará a súa andaina a principios do próximo ano, unha vez aprobada a ordenanza reguladora.
18
Salceda - Decembro de 2012
A Casa da Cultura de Salceda aumenta o seu número de usuarios Casa da Cultura do Concello de Salceda de Caselas incrementa o seu número de usuarios en 1700 usuarios, dende marzo do 2010 que contaba con 300 usuarios ata novembro do 2012 no que xa se conta con 2000 persoas socias da biblioteca.
A
A visita á biblioteca por internet conta cunha media mensual de 5000 persoas. Xaneiro de 2012 foi o que rexistrou maior número de consultas, cun total de 6.591 usuarios. O número de usuarios con carné da biblioteca é moi importante para poder optar a diferentes subvencións de
O Concello de Salceda asinou as 25 Subvencións nominativas dos Orzamentos 2012 coas entidades que forman parte do traballo que se ven desenvolvendo no Concello, ascendendo a unha contía total de 92.051 euros. Esta contía adáptase ao recollido no Plan de Axuste e nos Orzamentos do ano 2012.
libros por parte da Xunta, podendo así ter unha oferta de libros de forma actualizada, e sobre todo atender a demandas dos usuarios, de etapa escolar, que teñen que ler libros de lectura obrigada. Para nos é moi importante prestar servizos aos veciños e veciñas de Salceda, sobre todo en canto ao acceso á cultura. As persoas deben formarse, e entre todos temos que facilitar accesos públicos que garantan eses servizos. Non podemos permitir
Master Class de Percusión en Salceda de Caselas
máis recortes na formación das persoas, é máis temos que incrementar o acceso a formación, para que todo o mundo teña as mesmas posibilidades.
Salceda celebra o Día do Voluntariado Concellería de Voluntariado celebrou o día internacional do voluntariado, cun acto de agradecemento aos voluntarios e voluntarias da Bolsa de Voluntariado de Salceda.
A
O acto público de agradecemento tivo lugar no Auditorio Municipal o pasado 5 de decembro ás 19:00 horas. Foi un acto de recoñecemento a labor que desempeñan no Concello de Salceda, a través dunha proxección ao mesmo tempo que no hall do Auditorio todos os veciños e veciñas poideron coñecer o seu traballo a través dunha pequena mostra de fotografías.
O Concello reparte case 100.00 euros aos colectivos
A Concellaría de Cultura de Salceda pon en marcha unha master class de percusión, que correrá a cargo de Roberto Oliveira, percusionista que se iniciou na Banda Cultural de Salceda, e que leva triunfado polo mundo enteiro con diversos proxectos, sempre relacionados coa percusión. A master class realizarase o sábado 29 de decembro na Casa da Música de Salceda, coa colaboración da Asociación de Amigos da Música de Salceda. Aínda quedan prazas dispoñibles.
20 parados aprenden a manexar a carretilla elevadora” O acto foi organizado pola Concelleria de Voluntariado e a propia presentación correu a cargo de catros dos propios voluntarios. No acto tamén se fixo mención a empresas, asociacións e particulares que colaboraron de forma altruista co Programa de Alimentos do Concello de Salceda.
O Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón acolleu un curso de “Carretillero” de 20 horas. Os alumnos ademáis das clases teorícas tiveron as pertinentes clases prácticas que se desenvolveron nas instalacións do mesmo CDL. Os 20 desempregados que accederon ao curso foron seleccionados cunha proba escrita de entre as 219 solicitudes que tivo a Concellería de Emprego e Formación.
19
Decembro de 2012 - A Guarda
Camposancos e Sanamaro na lembranza
Juan Louzán ada vez que subimos ao Pico de San Francisco, do Trega, e miramos para o río, aparece, maxestuosamente, Camposancos. Din os sabios que as primeiras casas xurdiron na Porta do Rei (detrás do cemiterio), onde se poden ver aínda algúns restos de casas construídas por xentes procedentes da zona de Barrantes (Tomiño) que viñan en busca de argazo. Outros din que foron os castrenses que baixaron do Trega hai dous milénios, segundo indicarían restos aparecidos no barrio de Sáa. Hai discrepancias sobre as orixes dos camposinos, formados como comunidade veciñal a partir do século XII e cuxa raíz data sobre a constitución do Couto de Camposancos. Este Couto é un patrimonio irrenunciable desde dito século defendido polos camposinos xudicial-
C
mente ante todos os tribunais, gañando sempre todos os litixios incluso en contra das pretensións do Concello da Guarda. Caso único e excepcional en España. Os camposinos dos últimos séculos vivían ante todo da pesca, da caza e de co-
ller caranguexos, mexillóns, lamparóns, percebes, etc. Das súas leiras conseguían patacas, feixóns, xudías, tomates, allos, cebolas, millo para facer fariña e pan de broa, nabos, cenorias, …, é dicir, agricultura doméstica, así como os animais tradicionais: vaca, burro, porco, cabra, ovella, galiñas, coellos… O que foi durante 17 anos párroco desta pedanía, Antonio García Lago (q.e.p.d.), deixounos escrito un libro con todas as súas investigacións sobre Camposancos, sobre o carácter loitador e traballador dos camposinos; o seu patrimonio veciñal e unha historia que engrandece a todos pola súa loita polos dereitos e o progreso dun pobo que sempre se sentiu libre e rebelde ante os abusos. Son mil habitantes que se senten orgullosos do seu monte comunal, do couto (con variantes lexislativas) desde o doce, século das súas praias, bosques e idiosincrasia, bandeira e logotipos. Recordan con agarimo o seu centenario casino, e o emblemático club de fútbol, G.D. Miño (data de 1924), fixo historia no abandonado Codesal; despois duns anos desaparecido, agora xogan no campo municipal da Sangriña; máis as empresas xa con 70 anos, como os Asteleiros Castro (hoxe doutra empresa), onde se construíron barcos de
madeira competitivos, e tamén A Pinta; Moreira y Cía, cunha cadea de empresas por toda Galicia e Madrid; Serrerías del Miño, desaparecida, pero moi famosa en Alicante, a onde navegaba o Serrucho cada mes cargado de pequenas táboas para facer caixas para embalar froita. Era a forza poderosa dun Camposancos industrial que daba traballo a tres centos de camposinos e salcidenses. As meigas non impediron que Camposancos chegara a ser tan moderno como hoxe. A principios do século XX poucas casas tiñan unha lâmpada eléctrica para alumearse. O lume da lareira era a única luz na maioría dos fogares. Xa pasaron aqueles anos de fame e carencias. Todo grazas ao sacrificio dos nosos antepasados que emigraron para aforrar e reconstruír as nosas vidas e benestar social. Actualmente todos gozan do noso patrimonio, dos nosos petroglifos, do castro celta e da pedra furada; gózase dos camiños forestais e carballeiras, cheos de vida e aire puro, de encantos e misterios; das fontes centenarias e lavadeiros onde as nosas nais e avoas deixaban as unllas fregando a roupa neles, de xeonllos sobre unha banqueta de madeira, pois non existían as lavadoras eléctricas de agora. As fontes de Salgueriró, Sanamaro, A Poza, Aloque en Sáa, e no Pasaxe, nas que abrevaban as vacas, cabalos e bu-
rros, gardan o segredo do sufrimento daquelas mulleres cargadas de fillos. Os homes ían tomar a súa chiquita ás tendas-tabernas do Manolín, Rebollar, A Redonda, Agustín (logo de José e Vale, segue aberta) e a do Bixurro. No Pasaxe era famoso o Aquilino, que segue aberto con Pepe. Tamén segue aberto o bar O Pasaxe. As primeiras desapareceron pola implacable man do tempo. O Couto é restaurante e tenda de ultramarinos á vez, o hiper de Socorro ten máis volume de negocio. Di unha lenda que, cando os pais vellos da familia xa non se valían por si mesmos (eran un “trasto”), abandonábanos na fonte da Peollosa. Eran tempos tan precarios que a maioria das nais remendaba os pantalóns e recortaba a roupa dos fillos grandes para vestir aos máis pequenos. Das 3 725 pedanías existentes en España, a ELM de Camposancos é unha das 9 galegas (8 en Pontevedra e 1 en Ourense). Camposancos, fermoso paraíso, procede do latín "ancus" que quere decir campos en codo ou esquina. Esta parroquia guardesa de arredor de 1 100 habitantes é un lugar especial, protexido polo Trega. Dá a sensación de querer (simbólicamente) os camposinos aillarse ou protexerse do resto das parroquias e municipios, entre o Miño e o Trega. O milenario Coto esconde os misterios e embru-
20
A Guarda - Decembro de 2012
xos da historia de Camposancos. Aquí é onde verdadeiramente se realiza a xuntanza dunha triloxía única e divina: Atlántico, Miño e Trega. Neste esteiro hai unha barra chea de gamelas a principios de cada ano pescando as mellores lampreas, sables e angulas do mundo. Expórtanse con acreditada fama sobre todo a Madrid e Barcelona para que os mellores restaurantes deleiten aos seus clientes. O Atlántico abríu hai un século as portas a miles de galegos –moitos eran rapaces- que escaparon da fame para facer un futuro cheo de felicidade para eles e para as súas familias de alí e de acá. Cos seus aforros reconstruíronse e fixéronse novas casas en Camposancos,
dando paso a unha prosperidade imparable, económica e culturalmente. Os fillos e netos xa van estudar as súas carreiras nas universidades de Santiago e Madrid. Os tempos cambiaron para ben e sen prexuízos. As novas xeracións camposinas teñen postos relevantes en organismos oficias en Galiza, hai empresarios, polìticos, profesores e empregados de todas as categorías. Recordemos que o alcalde da Guarda é camposino. Isto dálle prestixio á sociedade camposina. En Camposancos floreceu a industria no século XX con esplendor: dúas cerámicas, dous asteleiros, dous hoteis
(Muiño e Pazo), Comisaría de Policía Nacional que extendía o DNI na década de 1950, só ao alcance dos grandes municipios; posto fronteirizo, lanchas de pasaxeiros (hoxe ferry internacional). A Sociedade Os Amigos de Camposancos é un casino centenario, onde se celebran bailes de fin de ano e entroido (para grandes e rapaces) onde moitas parexas de camposinos e camposinas se coñeceron, namoraron e casaron. Nos últimos cen anos pasaron de ser humildes agricultores, albaneis e pescadores a profesionais acreditados de diversos ramos industriais. O progreso e os cambios sociais e industriais obrigaron a esta transformación. Para levantar a calidade
Decembro de 2012 - A Guarda
Desexamos
boas festas de Nadal a clientes e amigos
21
22
A Guarda - Decembro de 2012
de vida ao longo da primeira mitade do século XX un cento de camposinos emigraron para Santo Domingo, Venezuela, México, Porto Rico, Cuba e Arxentina. A partir de 1950 emigraron a Alemaña, Francia e Suiza. As súas divisas deron lustre a esta parroquia coñecida relixiosamente pola nosa Señora da Visitación Camposancos. A forma de administración local en España coñecida como ELM foi creada polo Estatuto Municipal de 1924, con José Calvo Sotelo como director xeral da Administración central. A ELM de camposantos ten a consideración de ELM desde o 23 de maio de 1925, de ámbito territorial inferior ao municipio da Guarda, pero con personalidade e capacidade xurídica plena para o exercicio das competencias que a lexislación lle recoñece en cada caso, o que significa que ten o seu propio alcalde e a súa Casa do Pobo na praza de San Amaro. O alcalde da Guarda debe, por lei ,informar previamente ao alcalde pedáneo de calquera actuación en Camposancos antes de proceder a executala. De determinados impostos recadados na parroquia o 25% é para a ELM. Camposancos era moi coñecido en toda España e Portugal pola concentración de presos políticos da Guerra Civil (1936-1939) no Colexio dos Padres Xesuítas (data de 1876, rexentado alternativamente polos xesuítas portugueses e españois, desde 1916 ata 1932), no barrio do Pasaxe. Quixeron ser universidade pero non hai datos confirmados. Logo pasou a ser sanatorio, centro de reclusión e colexio de bacharelato. Por alí pasaron en total uns 5 000 presos republicanos e sindicalistas, anque nunca máis de mil dunha vez, porque non había máis capacidade. Pasaron moita fame, frío e medo a ser fusilados. De madrugada sacaban das súas celas a unha ducia para fusilalos no bosque da Sangriña. Neste colexio (desde 1943 ata 1959) estudaban internos e a pensión completa uns 300 rapaces de varias xeracións chegados de toda Galiza e de varios sitios da península. Eran fillos de xente acomodada nas Administracións de Franco e que desexaban un colexio de xesuítas de acreditada disciplina. Estudaron o bacharel coñecido entón por “elemental” ata 4º curso e reválida, o que hoxe se coñece por ESO. O bacharel superior era para 5º e 6º curso, que, xunto coa reválida, daba acceso á universidade. Alí os irmáns, ou mozos, mataban uns porcos moi grandes e ben cebados, e no lugar anexo ao colexio sementaban as mellores patacas, feixóns, xudías, melóns, tomates, millo, cebolas, allos… e as árbores
froiteiras daban unhas saborosas ameixas, mazás, pexegos, figos… A igrexa (inaugurada en 1856 tras 40 anos de obras) e a parroquia (1798) da Nosa Señora da Visitación de Camposancos, eran moi queridas polo obispado de Tui, sendo coñecida e popular a peregrinación en Semana Santa dos camposinos e camposinas desde Camposancos ata Santa María, na Guarda, e San Lourenzo, en Salcidos. Ata hai poucos anos celebrábanse grandes festas con bailes na praza de San Amaro; con orquestras como os inolvidables Bambinos, bandas de música e grupos de gaitas e grandes tiradas de fogos. Ahora limítanse a programados actos relixiosos, con misa grande, oficiados polo párroco don Ángel Soliño. Don Ángel chegou a esta parroquia no ano 1975, recén ordenado sacerdote. Tras 37 anos de oficios aquí todos o consideran un camposino máis. Xa non se celebran as coñecidas subastas polo santo en Sanamaro, pero si as Candelas, é dicir, medir as persoas cun cordón. Consérvase con grande amor e devoción as procesións polos camiños do pobo: Sanamaro, Domingo de Ramos e Virxe do Carme ata o Terreiro. Polas principais rúas da parroquia levan as imaxes do Nazareno e a Dolorosa en Semana Santa, e tamén procesión para a Virxe do Rosario e Fátima. En Corpus seguen poñendo as fermosas alfombras de flores. San Roque arredor da igrexa. Novenas para a Inmaculada, Sagrado Corazón de Jesús, Visitación, etc. A xuventude non se engancha. San Mauro é a primeira festa que se celebra cada ano no municipio guardés (15 de xaneiro), e desde que se limita a actos relixiosos, a
Comunidade de Montes Veciñais de Camposancos (ten Casa Cultural) vai celebrar a XVI comilona da paletada-laconada de San Amaro. Neste evento multitudinario que se celebra nun salón do antigo Colexio dos Xesuítas, todos saborean as milagres vitamínicas dos produtos da terra. A vantaxe de ser Camposancos unha ELM (pura descentralización) é que os veciños, cando teñen
un problema de auga, luz, antena de TV, saneamento, etc., chaman sempre en primeiro lugar ao seu alcalde pedáneo, Rafael Álvarez Martínez, para que llelo solucione. Cuestión de confianza e actitude de todos os barrios camposinos: O Muiño, A Armona, Bouza da Fonte, A Granxa, Salgueiró, A Redonda, Outeiro, O Couto, Sáa, O Palomar e o Pasaxe.
23
Decembro de 2012 - A Guarda
Decembro
No Campo de A Sangriña. Organiza: Escolas Deportivas e colabora o Concello
axudar na dura tarefa de asistir ás súas maxestades no reparto de caramelos e regalos.
Cinema Infantil: HOP
Cinema comedia: “Pequeña miss Sunshine”
XOVES 20 Concerto de Nadal do Conservatorio de Música. No Centro Cultural da Guarda ás 20 horas.
VENRES 21 Concerto de Pandereteiras No Centro Cultural, ás 20 horas, coa actuación dos grupos de pandereteiras Xamaraina, Vento Mareiro, Tambaluca, Agrupación Cultural Guardesa, Asociación de Veciños do Río Folón
SÁBADO 22 Torneo de Fútbol Infantil
No Centro Cultural ás 17h.
SÁBADO 29 e DOMINGO 30 Reunión atlética solidaria. Saída da Explanada da Sangriña ás 11,30h.
VENRES 4 Concerto de fin de ano
No Centro Cultural, ás 20.30 horas. Apto para tódolos públicos
DOMINGO 23 Concerto de panxoliñas Na Igrexa Parroquial ás 17.30h, coa actuación dos grupos: Arpegios Cantabile, grupo Antorcha, Coro Infantil PP. Somascos, Coro da 3ª Idade e Coral Polifónica da Guarda.
Na Igrexa Parroquial ás 18 horas, coa actuación de María José Baz, do Coro Arpegios Cantabile e do grupo de acordeóns Mascarenhas. Organiza: Asociación Musical Mascarenhas e Asociación Arpegios Cantabile. Colabora: Concello da Guarda.
Xaneiro
Organiza: Coral Polifónica da Guarda. XOVES 3 XOVES 27 Pola mañá, Apertura do prazo para inscribirse como paxe real e acompañar ás súas maxestades na Cabalgata. No Centro Cultural en horario de mañá. Requisitos: Ter máis de 7 anos e estar disposto a
Teatro Infantil: Animaliños VENRES 28 “Nadanamanga” Espectáculo de Maxia a cargo do Mago Gusi, no Centro Cultural ás 18h.
boreta, Parrulo e a Serpe preséntanse ó casting que dirixe o lobo Baldomero.
No Centro Cultural ás 17.30 horas. A cargo da compañía Teatro do Miolo. Os animais do bosque preparan as actividades para o seu Festival. Os interesados: Esquío, Bol-
Cinema Infantil: El gato con botas No Centro Cultural ás 17.30h.
SÁBADO 5 Cabalgata de reis Saída da Alameda ás 18h. Percorrido ata a Praza do Reló.
Xornal Galego de Información Xeral Director: Guillermo Rodríguez. Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga, Mos. Pontevedra.
Enderezo electrónico: redaccion@apeneiradixital.com publicidade@apeneiradixital.com director@apeneiradixital.com
Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Raúl Daniel Sotelo, Manuel Rosende, Inma Otero, Miguel Andión, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Carlos Barros
Teléfonos: 986487480/658585049
Fotografía: Arquivo, Hernández
Coordinador: Carlos Rey Bárcenas.
Publicidade:Guillermo Rodríguez e departamento propio
Colaboradores: Vicente Alló, X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Antonino García, Emilio Ínsua,
Depósito Legal: VG175-2012
Este xornal imprímese en papel reciclado
O Consello da Cultura inaugurou en Ribadavia unha mostra sobre asociacionismo cultural en Galicia exposición itinerante “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), ideada e organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Fundación “10 de Marzo”, foi inaugurada o pasado día 3 de decembro na igrexa da Magdalena en Ribadavia. A mostra, comisariada por Ricardo Gurriarán, rescata e destaca en vintedous paneis explicativos e nove vitrinas o papel dinamizador e transformador dos axentes e das asociacións culturais en Galicia nos últimos quince anos da ditadura franquista. Arranca en 1961, ano de creación en Compostela da primeira asociación cultural galega: “O Galo”. No acto inaugural intervirán Marcos Blanco Jorge, alcalde de Ribadavia; Ramón Villares, presidente do CCG; Ricardo Gurriarán, comisario, e José Carlos Sierra, director do Museo Etnográfico de Ribadavia. A exposición poderá visitarse ata o próximo 7 de xaneiro.
A
Na presentación do libro-catálogo o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, salienta que a mostra “foi ideada para recoller, recoñecer e difundir o traballo das xentes e os colectivos pioneiros do asociacionismo cultural, rescatando ese seu legado da brétema do tempo, activando a memoria e incorporando eses activos a este tempo noso”. E engade: “Para cumprir ese obxectivo terá a mostra carácter itinerante pola Galicia que as entidades asociativas propulsoras da cultura converteron
en argumento para o estudo e o coñecemento e en argumento para a reflexión e a transformación da sociedade”. O comisario da exposición, Ricardo Gurriarán, chama a atención sobre o xeito de traballo das asociacións culturais daquel tempo, que resume nunha metodoloxía integradora e na súa penetración no tecido social. Subliña tamén o feito de que “co seu quefacer tenaz e unha metodoloxía de prudencia moi acaída, malia os numerosos atrancos que impoñía a ditadura, aquelas asociacións culturais dos anos sesenta e setenta
e os seus axentes deron os primeiros pasos na construción dunha cultura nacional ao servizo dunha cidadanía de país, en constante pulso coas instancias do Réxime”. A exposición, conformada por 22 paneis explicativos e nove vitrinas con documentación orixinal, detalla e ilustra o contexto sociopolítico e cultural, os antecedentes do asociacionismo, o xurdimento asociativo, a organización do traballo, as relacións co exterior e o exilio, o asociacionismo como primeira fase da normalización cultural, “O Galo” (Compostela, 1961), “O Fa-
cho” (A Coruña, 1963), a Asociación Cultural de Vigo (1965), o asociacionismo en Pontevedra, Ourense e Lugo, a eclosión asociativa no exterior (1967-1968), a vida asociativa, a lingua, o teatro, o libro, a liturxia, a música, a cinematografía e a plástica, os medios de comunicación e a política. Un accionar político que, pouco despois, se orientaría prioritariamente á dialéctica da conquista da autonomía e a recuperación das liberdades e os dereitos democráticos, nalgunha medida debedores deses e doutros esforzos e contributos anteriores.