Skip to main content

A NOVA PENEIRA - Nº23 - 2ªQ. Agosto 2013

Page 1

www.apeneiradixital.com

XORNAL

ANO 2 - nº 23

PONTEAREAS A vila do Tea celebra no mes de setembro as súas festas patronais

GALEGO DE INFORMACIÓN

XERAL

Agosto de 2013 (2) - 2€

Redondela réndese ao Entroido de Verán

Páxina 29

Páx. 5

MOS

Mos ocupa un lugar privilexiado no novo Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra Páx. 15

SALCEDA Reparten máis de 20.000 racións de callos na XXI edición da festa Páx. 16

TOMIÑO

A GUARDA

DEPORTE

VIGO

As festas do Alivio celébranse entre os días 13 e 16 de setembro

A romaría do centenario cumpriu cos obxectivos da comisión

Unha volta con sabor galego pero sen galegos

A cidade será capital do sector conserveiro durante a VII Conferencia Mundial do Atún Vigo 2013

Páx. 24

Por Alejandro Alonso Páx. 27

Páx. 36

Páx. 38


2

OPINIÓN - Agosto de 2013

CADERNOS DA VIAXE

Defendermos a liberdade

*XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA *Avogado democracia alicérzase principalmente no principio de legalidade, na inclusión e cohesión social e nun réxime de liberdades plenamente garantidas. A democracia baséase no goberno da maioría, mais garantindo o respecto e integración no xogo político e social das minorías. A democracia esixe dun réxime xudicial garantista, onde ninguén é culpábel até non ser condenado en sentenza firme por un tribunal independente e no desfrute do seu pleno dereito de defensa.

A

A causa da liberdade no mundo non vai ben. E non só pola existencia das ominosas ditaduras norcoreana, siria ou birmana, polo totalitarismo teocrático de distinta caste que protagonizan Irán e Arabia Saudi ou polo imparábel crecemento económico de China, primeira potencia mundial dende parámetros políticos autoritarios e represivos.

Porque máis perigoso é o avance do autoritarismo no seo das democracias. Velaí o caso de Rusia, onde Putin liquidou na práctica o xogo parlamentario, a autonomía local e o autogoberno das nacionalidades e rexións que conviven na Unión Rusa e limitou substancialmente as liberdades de opción sexual e de conciencia. Ou dos USA, onde o 11-S xerou unha vaga obsesiva que permite manter detidas centos de persoas sen acusación formal en Guantánamo, outorgar competencia en casos de seguridade do Estado a Tribunais de excepción non independentes ou vulnerar o dereito á intimidade de millóns de per-

soas por mór de supostas necesidades da seguranza pública que tenden ver inimigos onde só hai discrepantes. Na Unión Europea consolidouse un goberno burocrático, que non resposta perante a cidadanía. E, no Estado español, unha democracia de baixa calidade na que non existe a transparencia e os Tribunais Supremo, Constitucional e de Contas e o Consello do Poder Xudicial ficaron controlados polo bipartidismo dinástico PP-PSOE. Amáis da obsesión por converter o Dereito Penal nun instrumento táctico-político, vulnerando coa doutrina Parot o principio de irretroactividade que rexe este Dereito.

Sindicatos e subvencións Están tan subvencionados os sindicatos como se acusa “permanentemente” por todos os medios? Os datos din que non, nin por aproximación. Neste caso, como noutros moitos, adóitanse mesturar churras con merinas. O lóxico é que as afirmacións se contrasten con datos, tanto os absolutos, como os “comparativos”. O xusto é que se sexa especialmente coidadoso, para que a comparación non sexa “odiosa”, que os datos se analicen en condicións homoxéneas e que as fontes sexan as mesmas para todos. Tomemos como fontes os Presupuestos Generales do Estado, os Boletíns Oficiais e os datos dun ano concreto, 2012. Segundo esas fontes as subvencións recibidas polos sindicatos, ampliamente denuncia-

das pola maioría dos medios de comunicación privados, foron algo menos de 16 millóns de euros. Cantidade similar recibiron as organizacións empresariais. Eses mesmos medios recibiron, por distintos conceptos, uns 360, a maior parte prensa escrita e televisión, por motivos que ignoro a radio e os medios dixitais quedaron fóra do reparto, salvo algunha notable excepción. Non coñezo o peso relativo que eses 360 millóns terán nos gastos de xestión dos medios, si sei que CCOO e UXT ingresan, cada organización, dos afiliados por cotas e servizos, en torno a 120 millóns ao mes, polo que o peso da subvención é moi escaso. As organizacións sindicais teñen recoñecido un rol na Constitución, a Igrexa Católica non. Esta recibiu di-

rectamente 252 millóns, porque si. Para que non haxa equívocos, neses 252 non están incluídos nin os 15 millóns dos capeláns do exército, cárceres etc., nin os 600 millóns dos salarios dos profesores de relixión (este dato é estimado por federacións do ámbito do ensino). Tampouco están incluídas as cantidades da casilla do IRPF destinada a distintos programas, polos que só Caritas recibe cada ano uns 20, os centros cociosanitarios católicos de Cataluña máis de 3,5, as hermanitas de anciáns “desamparados” uns 3, etc. Por ter outras referencias, os partidos recibiron uns 85, a Federación de Fútbol case 5 e o cine uns 90, os touros 564 (si máis de 500). Cantidades sempre en millóns de euros. Non teño datos nin espazo para analizar o que ocorre cos orzamentos

*ISIDORO GRACIA *Diplomado en Relacións Laborais e Empresariais.Foi Secretario de Federacións de UGTGalicia (1979-1981).

das CCAA, ou dos concellos, pero dos que coñezo, é moi evidente a desproporción en contra das organizacións sindicais. Hai que recordar que os Sindicatos constituíron un elemento fundamental de “modernización e garantía dun certo benestar para a clase obreira e do conxunto de cidadáns”, necesarios para “lexitimar” uns acordos imprescindibles para alcanzar a necesaria paz social que permitiu o avance da democracia en España, decisivos para que as tensións sociais non desbordasen. Por poñer un exemplo, moito máis decisivos que os moitos clubs de fútbol que recibiron, de CCAA e Concellos, moitas maiores cantidades, por medios moito máis escuros e opacos.


3

Agosto de 2013 - CONDADO

Éxito sen precedentes na 47ª Feira do Xamón da cañiza Cañiza celebrou unha nova edición da Feira cun éxito sen precedentes, coincidindo co recente outorgamento da distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia.

A

Na organización traballou todo o persoal do Concello, así como veciños voluntarios que colaboraron desinteresadamente, este é o caso dos membros do Grupo de Especialistas Hípica Celta de A Cañiza a quen dende o Con-

Veciños de Crecente queren impedir a desaparición dunha levada do século XVI Unha resolución da Confederación Hidrográfica deixará sen auga as leiras de Albeos, Valeixe, Mourentán e Villar sen auga

cello lle dan as grazas pola súa inestimable axuda.

Óscar Míguez e Cristina Rozas gañan o Festival Internacional de Karaoke de Salvaterra

informan estes regadores, a estas leiras sen auga, xa que non se respecta o dereito histórico de uso.

egadores dunha levada que recolle augas do río Deva e rega varias parroquias de Crecente, opóñense á eliminación deste dereito histórico de rega por parte da Confederación Hidrográfica.

R

Segundo informaron, esta levada histórica, que se usa desde o século XVI, rega máis de 400 hectáreas de terras das parroquias de Albeos, Valeixe, Mourentan e Villar. O pasado sábado 18 de agosto reunironse en Salvaterra de Miño mais de 40 participantes no Festival Internacional de Karaoke, que fixeron as ledicias de todos os asistentes coa súa voz e posta en escea. Mais de mil persoas desprazaronse ata a Vila salvaterrense para disfrutar de boa música e sobre todo,

dunha boa noite acompañando aos participantes. Decisión difícil Despois dunha noite de largas deliberacións o xurado decidiu coas súas votacións Conceder o primeiro premio a Óscar Míguez e Cristina Rozas; o segundo a Arancha Rodríguez González e o terceiro a Fernando Míguez García.

Presentados en A Cañiza dous novos libros de Manuel Rodríguez Troncoso O pasado 24 de agosto presentáronse en A Cañiza dous libros do médico e escritor Manuel Rodríguez Troncoso. Un deles, titulado Luces del atardecer, é, en palabras de Anxo Porto Ucha, un canto á vida cheo de esperanza, que nos invita a compartir as pequenas delicias cotiás, hoxe tan esmorecidas en medio do estrés e das presións mediáticas. O outro libro, O serán alumeado, foi prologado por Anxo Porto, quen nos di que zumega amor pola terra, pola natureza, o Guntín natal do autor, a súa dona, os seus pais, os netos, a familia.

Os libros foron editados por Ir indo-Editorial e na súa presentación estaban Xelasio Suárez Santiso, director de Ir Indo, o Sr. Alcalde da Cañiza, o pintor cañicense Diego Giraldez, o propio autor, Manuel Rodríguez Troncoso e o catedrático santiagués Anxo Serafin Porto Ucha.

Unha resolución da Confederación Hidrográfica amparada por un Decreto do Goberno deixará, segundo

Entre as leiras afectadas destacarían producións de vide da Denominación de Orixe "Rias Baixas", invernadoiros e hortas. As "levadas" úsanse tradicionalmente para sacar auga dos ríos e regar leiras con elas. Con todo o abandono do campo fixo que moitas delas quedasen inoperativas. Os veciños de Crecente reclaman que a levada permaneza na mesma situación que estivo de forma histórica e que o seu uso permaneza, pois entenden que sería moi inxusto acabar coa mesma e grave prexuízo para toda a zona que usa estas augas do río Deva para regar.


4

PUBLICIDADE - Agosto de 2013


5

Agosto de 2013 - CONDADO

Setembro, mes de festas en Ponteareas programación cultural de setembro en Ponteareas deu inicio o domingo 1 de setembro coa escenificación dunha obra a cargo do grupo de teatro A Pedra do Equilibrio de Arcos e continuará o venres 6 coa actuación na Praza Maior dun espectáculo de rúa que combina técnicas circenses e humor.

dos, misa e procesión e concerto no auditorio da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Para rematar, verbena coa orquestra Magos de España.

A

O sábado 7 de setembro celebrarase nas rúas de Oriente e da Esperanza a VII Feira Tradicional dos Remedios, que este ano conta con novos postos de artesanía e algunha que outra novidade. Tamén o sábado, na Praza Maior, haberá un obradoiro para confec-

cionar os globos de San Miguel e xogos tradicionais. A partir das 17:30 h. actuará o grupo O Fiadeiro e rematará a xornada coa tradicional verbena a cargo das Orquestras Venecia e Estrellamar. O domingo 8 de setembro celebrarase a festividade dos Remedios: pasarrúas de xigantes e cabezu-

Novos premiados polo Comercio en Ponteareas

O luns 9, festivo local, celebrarase o Día do Neno con inchables, animación infantil e festa da espuma na Praza Maior a partir das 17 horas. A partir das 20 horas terá lugar o I Concurso de Karaoke. Ao longo do mes desenvolveranse ademais o XXVI Festival Folclórico do Condado e o XLVI Concurso de Gaitas de Ponteareas, así como outras actividades culturais e deportivas.

O Concello estuda sancionar á empresa que realiza as obras do gas O Goberno local estuda abrir un expediente sancionador á empresa concesionaria das obras de canalización de gas por saltarse a sinalización de prohibición de circulación de vehículos por enriba da ponte medieval dos Remedios. O alcalde explicou que a empresa ten permiso para executar alí as obras de canalización do gas pero que en ningún momento esta autorización lles permite cruzar a ponte con maquinaria pesada.

O XLVI Concurso de Gaitas de Ponteareas celebrarase o 23 de setembro A celebración do Concurso de Gaitas, cita xa habitual no programa festivo de Ponteareas, acada este ano a súa 46 edición, que o consolida como o certame de música tradicional galega de máis ampla traxectoria.

A Asociación de Comerciantes Tea, xunto ao alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, e a concelleira de comercio, Marisol Valado, fixo entrega de dous lotes de artigos ás dúas persoas agraciadas, elixidas entre todos os clientes que realizaron as súas compras nos establecementos adheridos.

O prazo de inscrición para o concurso ponteareán está aberto ata o vindeiro día 13 de setembro. Poden inscribirse os grupos de gaitas integrados por dúas gaitas tradicionais, un bombo e un tamboril, que deberán vestir o traxe tradicional galego completo.

Parabéns aos agraciados: Mª Lourdes Pedreira Carrera, cun lote valorado en 1000 euros e Mª del Carmen Constantino Vila, cun lote valorado en 500 euros.

O número máximo de participantes será de quince grupos e a orde de actuación será de acordo coa de inscrición. O concurso desenvolverase na xornada do domingo día 23 de setembro.

ADENCO denuncia que a praia de San Roque está contaminada A Asociación ecoloxista Adenco vén de denunciar, en base aos últimos informes publicados pola Dirección Xeral de Saúde Pública, o “lamentable estado de saúde das augas do Tea” nun lugar de afluencia masiva durante a época estival como é a praia de San Roque. Os últimos datos públicos indican que a praia de San Roque-Os Remedios sofre unha contaminación crónica das súas augas. Sanidade desaconsella o baño na zona.


6

CONDADO - Agosto de 2013

Cholo Sobral Fernández, novo adestrador do Xuvenil de Ponteareas

“Eu non estou aquí por gañar diñeiro; estou porque me gustaría que o Xuvenil saíra deste pozo” >> Currículum << * Na súa etapa como xogador pasou polo Celta-xuvenil, Gran Peña Celtista, Cambados, Pontevedra e San Martín. * Foi máximo goleador na 3ª División co San Martín e co Arousa. * Fixo o curso de adestrador e dispón do título de adestrador de 2º Nivel.

* Foi adestrador do Xuvenil en distintas temporadas; adestrou o Neves F.C., o progresista, o Cañiza; co xuvenil ascendeu a 1ª Rexional e a Preferente; foi Campeón de Copa Diputación Infantiles, etc. * Nestes momentos Cholo Sobral atópase á fronte dunha Escola de Fútbol na que participan máis de 200 rapaces.

Por Guillermo Rguez. Fdez. estes momentos o Xuvenil de ponteareas ten nova directiva, novo (vello) adestrador e novo (vello) director deportivo; así como preparador físico por primeira vez.

N

Para coñecer por onde van os tiros desta nova etapa dende o punto de vista deportivo falamos co novo adestrador, Cholo (Víctor) Sobral Fernández. A conversa resumímola así, porque foi moito máis ampla. -Que pretendes facer neste Xuvenil, nestes momentos? -En primeiro lugar sacar o Xuvenil do pozo no que está metido, porque Ponteareas merece algo máis que unha 3º Rexional, moi digna pero penso que insuficiente para a Vila do Tea. Este non é un traballo dun ano nin de dous ou de tres; teñen que ser moitas temporadas comezando pola primeira, este ano, e ir asentando as bases para un equipo en Preferente ou Terceira División, que pensamos é onde debe estar o Xuvenil. Claro que nestes momentos tes a obriga de ascender, ainda que se che pode cruzar no camiño un equipo que o faga mellor ca ti e non consigas o ascenso; en fútbol todo é posible. -De que bases partides? -Nestes momentos o xuvenil non ten canteira, case non ten xogadores. Así é moi difícil ascender. Apenas quedaron tres ou catro xogadores dos que tiña o club, uns cantos xuvenís e o resto son xogadores novos. Con estes vimbios temos que conformar un equipo que pelexe polo ascenso e que teña como norte o ascenso de categoría ano a ano. Ainda así estou seguro de que imos conseguilo.

-En Ponteareas e comarca existen varias escolas deportivas que, entendo, non se relacionan unhas coas outras. Non será isto un handicap para que o Xuvenil puidera dispor de material humano axeitado ata agora? -Iso non se pode propoñer así. A competencia é fundamental; de feito en Ponteareas hai un montón de supermercados. Aquí hai material humano para todos. O Xuvenil tiña a súa canteira de xuvenís. A canteira do Xuvenil non desapareceu porque houbera máis escolas deportivas; desapareceu porque a xente que estaba á fronte de Club non a coidou; así de simple. A directiva do Xuvenil debera ter asinado convenios coas outras escolas. Nós, a sociedade Deportiva Ponteareas, imos asinar un convenio co Xuvenil. Claro que nós asinamos convenios deportivos, non económicos; de tal maneira que os rapaces que nós temos pasen ao Xuvenil, sempre que queiran, por suposto. -Cando falas de ter a canteira mal coidada, que queres dicir? Que os adestradores non eran bos, que non se lle pagaba aos xogadores? Aclárame iso. -Os adestradores poden ser mellores ou peores, evidentemente; nesa guerra eu non vou entrar; para min os meus son os mellores. Cando falo de mal coidada refirome máis a mal organizada: cando vas xogar e os rapaces non teñen coche, cando vas xogar e de quince (xogadores) aparecen nove, o delegado non aparece, ós nenos que non teñen coche ninguén os recolle, etc. -Pero non me negarás que hai pais que se negan a erguerse pola mañá para levar aos seus fillos a xogar ou a adestrar. Neses casos,

que pode facer unha directiva? -Quen saiba organizar e sexa capaz de que iso funcione ben vai conseguir ter unha boa canteira. En definitiva, iso e moitas outras cousas foi o que lle pasou ao Xuvenil durante moito tempo. As directivas de fútbol teñen que rodearse de xente do fútbol. Iso non lle pasa só ao Xuvenil, pásalle a todos os equipos. É o mesmo se eu mañá monto un taller de coches, acabaría fracasando porque eu de mecánica non entendo nada. -Segundo as miñas informacións cando dende as últimas directivas lle propoñían a “eses que entenden de fútbol”, como dis ti, a posibilidade de entrar na directiva e de botar unha man, o que máis e o que menos escaqueábase e non entraban ao trapo. -Non é certo. Isto daría para un xornal enteiro. A xente de fútbol, normalmente, quere estar con xente de fútbol. A xente de fútbol non pode estar baixo as ordes de xente que non é de fútbol. Tan sinxelo coma isto. Cecais esa sería unha das razóns polas que pasou o que dis. -Queres dicir que nesta nova directiva hai xente de fútbol? -Non digo que o presidente ou os directivos teñan que ser xente de fútbol, digo que teñen que rodearse de xente de fútbol; e que sexan, a

poder ser, do Ponteareas. Non teñen por que ser Cholo e Telmo, hai máis cholos e máis telmos. O que non pode ser é que veña xente de fóra e que sirva calquera para adestrar aos xuvenís, por poñer un exemplo. -Cres que agora o Xuvenil vai notar ese respaldo de socios, de comerciantes, de sponsors, etc., que ata agora non tivo? -Hai algo que debe quedar claro. Eu son só o adestrador do Xuvenil. A min propóñenme adestrar a un equipo que está planificado dunha maneira determinada que a min me parece acertada e acepto. No momento en que iso non sexa así Cholo vaise de contado. Eu non vivo disto e no momento en que ese programa que a min me presentaron non vaia polo camiño correcto e que eu perda a confianza na xunta directiva voume para a casa. A min sóbrame traballo. Teño máis de 200 fichas na miña sociedade deportiva onde traballar. Eu non estou aquí por gañar diñeiro; estou porque me gustaría que o Xuvenil saíra deste pozo. Teño 52 anos e non vou estar aquí ata os setenta. Gustaríame deixar o equipo en, alomenos, 1ª Rexional ou Preferente. -Como ves o nivel futbolístico nesa 3ª rexional na que ides xogar co Celeiros, Cumiar, Rubiós, etc.? -O nivel é baixo, pero despois su-


7

Agosto de 2013 - CONDADO

ben os que suben. A cousa non é tan sinxela, podes ter a mala sorte de que se presente un equipo ao que non podes superar por moitas razóns e non poidas subir. Nós coa xente que temos que non está compenetrada porque cada un vén dun sitio distinto, témolo moi difícil; ainda así creo que imos subir de categoría. Quedar terceiros non sería un éxito para o Xuvenil; podía ser unha desculpa para o adestrador pero non valería moito. Temos un equipo novo que está por facer, pero o nivel é baixo. -Falas de adestradores de aquí, pero, non ides ter xogadores de fóra? -Nestes momentos creo que todos os que temos son de Ponteareas e do Condado. Penso que de Vigo, por exemplo, non hai ninguén, pero tamén me podo equivocar; eu non son quen os ficha. -Como fixestes para conformar o equipo con tanta xente nova? Onde estaban eses xogadores? -Son xogadores que estaban noutros equipos ou que quedaron libres. Só levamos un mes preparando o equipo e estamos contentos. Só nos faltan un par de xogadores para dispoñer dese equipo que queremos para este primeiro ano. As cousas cando se fan con tempo acaban saíndo. -Vai haber un equipo en 3ª rexional ou tamén ides ter xuvenís? -Iso terás que preguntarllo ao Presidente. Realmente nestes momentos non o sei. Creo que andan dando voltas para conformar un equipo de xuvenís pero non sei se vai haber ou non xuvenís.Eu teño a esperanza de que teñamos xuvenís, pero aí hai unhas circunstancias raras que tam-

pouco me corresponde a min explicalas; iso terás que preguntarllo ao Presidente. Eu aí non teño que meterme. Se me piden opinión douna e máis nada. -Home, dende o punto de vista organizativo cecais non, pero dende a óptica deportiva algo terás que opinar, non? Non é o mesmo que dispoñas dun equipo de xuvenís ca que non o teñas, ou non? -Si claro, pero non me corresponde a min esa faceta. Non o sei, realmente, pero se o soubera tampouco ía falar diso. As relacións coa Federación, as fichas e toda esa problemática correspóndelle aos directivos, non a min. -De outras categorías xa non falamos, non? -Non. O convenio que imos asinar entre a Sociedade Deportiva Ponteareas e o Xuvenil determina que o Xuvenil tería Xuvenís e Cadetes e nós na sociedade teriamos só ata Cadetes. Iso dentro dun par de anos, claro, cando o Xuvenil teña Xuvenís e Cadetes. De aí para abaixo sería o noso espazo na Sociedade Deportiva Ponteareas que é, casualmente, a única que dispón dun equipo de fútbol feminino. Este convenio será por dous anos e se as cousas van ben poderá renovarse por outros dous ou máis. -Neses convenios os xogadores teñen algun tipo de obriga para pasar ao Xuvenil unha vez rematada a etapa anterior? Existe algún tipo de dereito legal sobre os rapaces para que teñan que pasar ao Xuvenil? -Dereito non hai ningún; os rapaces son de seus pais. O que si se pode

ofrecer son unha condicións máis atractivas porque os rapaces poden facer aquí o que farían fóra con menos gastos e preocupacións por parte dos pais; tamén se poden establecer cotas de participacións compartidas, etc. Trátase de facer máis amplo un colectivo deportivo que poida nutrir de materia humana aos distintos equipos e que os xogadores unha vez superados os niveis locais poidan, en boas condicións deportivas, aspirar a outros equipos e outras categorías. -Falando de campos de fútbol, estes que aquí temos en Pardellas serían suficientes para adestrar a tantos equipos? -Nós levamos anos adestrando aquí. Quen non ten por que adestrar nestes campos é o Vila do Corpus, que ten o seu propio campo e instalacións en Angoares, cousa que moi poucos equipos teñen, e por enriba vén a ocupar o campo e as zonas de adestramento dos outros equipos. Aquí teñen que vir o xuvenil, a Sociedade Deportiva Ponteareas porque non ten outro campo, e calquera equipo que puntualmente precise adestrar e ainda xogar. -Cal é a razón pola que o Vila do Corpus ven aquí a ocupar espazos doutros equipos? -Esa pregunta failla ao concelleiro de Deportes Novoa, eu non che podo contestar; ao mellor el é quen de explicar por que un equipo que ten campo propio tamén utiliza outro campo quitándolle espazos a outros equipos que non o teñen. Eu non son quen de entendelo. -Iso debera solucionarse no Concello Municipal de Deportes, non?

Ou non existe tal órgano? -Non o sei. Se non existe que o fagan. Aí non che podo respostar nada¸non sei por que non o hai ou se o hai e non funciona. Aí estades bos, a prensa, para darlles caña aos políticos. -Que lle ofreces aos xogadores que vas ter baixo as túas ordes? -Ofrecer non lle vou ofrecer nada; voulles pedir, traballo, sacrificio e ilusión; moito traballo por parte do equipo deportivo e técnico e máis nada. -Pero o adestrador tampouco lle ofrece nada á directiva? Non se compromete a nada? -Os adestradores non prometen. Marcan un obxectivo e nalgúns casos xa poñen a venda antes da ferida por se non consiguen bos resultados. Neste caso as cousas están aí, á vista, xa se sabe que non podemos ofrecer un magnífico cestp cos vimbios que temos. Imos conseguir que o cesto sexa práctico e útil e que no futuro chegue a ser extraordinario. -Sorte, Cholo, e non botes tantos balóns fóra, porque a directiva é pobre.


8

CONDADO - Agosto de 2013

Telmo Pedrera, director deportivo

“O Xuvenil lévoo moi dentro do meu peito” Por Guillermo Rodríguez

Son xogadores do Xuvenil pero non están no Xuvenil.

elmo Pedrera, o novo director deportivo da S.D. Xuvenil de Ponteareas, é un veterano xogador de fútbol, hoxe en postos de organización.

T

Xogou no Turista e no Gran Peña Celtista; no Murcia cando militaba en 2ª División; volta a Ponteareas e xoga no Xuvenil ás ordes do seu tío Rey (q.e.p.d.), como adestrador; anos máis tarde deixa a práctica do fútbol por lesións e por traballo comezando unha carreira de adestrador pasando polo xuvenil nun montón de ocasións, onde preparou a tódalas categorías, dende infantís ata os maiores. Ascendeu co Xuvenil de Rexional a Preferente, sendo Presidente o construtor local Regino. Últimamente, con Cholo Sobral como adestrador, igual que agora, asistíu ao ascenso do Xuvenil de 2ª a 1ª Rexional. Cecais sexa Telmo a única persoa que no campo deportivo teña ascendido co Xuvenil como adestrador, como xogador e como director deportivo. “Para min o Xuvenil non é un equipo máis; lévoo moi dentro do meu corazón”, dinos Telmo, “Por iso quero colaborar para que volva aser o equipo que sempre debeu ser”. -Cal foi o maior nivel deportivo como xogador? -Eu xoguei no Murcia algún partido en 2ª División e partidos de copa; logo na 3ª División moi forte porque non había 2ª B. Tanto Cholo coma min xogamos no Gran Peña Celtista en 3ª División, que comprendía toda Galicia e o Norte ata Bilbao. Xogamos contra o Deportivo da Coruña que descendera da 2ª á 3ª División. -Agora que pretendes facer no Xuvenil? - Creo que temos a obriga de conseguir un ascenso anual ata chegar a Preferente; esa sería a categoría axeitada para un equipo dunha vila coma Ponteareas. -Dime, Telmo, con que vimbios contades para facer ese cesto? -Contamos con moita xente nova; xogadores que veñen de xuvenís, sobre media ducia; outros que xa estaban no equipo e que, posiblemente quedarán; logo xente que está a proba. Teriamos que reforzar este plantel cun par de veteranos porque son todos moi novos. -En Ponteareas existen varias Es-

-A Federación acepta esa situación? -Bueno, penso que se a Escola de Fútbol pretende cubrirlles ficha nova vanlle dicir que xa teñen ficha en vigor co Xuvenil. É unha situación un tanto atípica que trataremos de solucionar. -O Xuvenil non podería compoñer un equipo de xuvenís sen contar con esas fichas? -Difícil a estas alturas cando faltan poucas semanas para dar comenzo a Liga. Cada un dos equipos da zona que teñen xuvenís xa terán , como é lóxico, os equipos conformados. Non é fácil facerse con 18 ou 20 xogadores en tan pouco tempo.

colas de Fútbol; cada unha ten a súa propia organización e os seus equipos. Puidera isto ser causa de que o Xuvenil non dispuxera de suficientes xogadores para estar máis arriba? -Mira, escolas deportivas en Ponteareas existen desde hai xa moitos anos. A escola pioneira foi a que fundamos Montes, Cholo e mais eu, e onde reunimos a máis de 300 nenos; con estes nenos tivemos un equipo de xuvenís en categoría nacional e de cadetes en división de honor. Eu síntome moi feliz daquela etapa. A partir de aí cholo deixouno por unha serie de motivos e detrás funme eu. Quedou Montes coa escola. Hoxe existen máis escolas pero penso que é importante que existan. -Pero non cres que todas esas escolas deberan ter algún tipo de coordinación para que os rapaces que foran destacando dende abaixo recalaran no Xuvenil e nos outros equipos de superior categoría, como é nestes momentos o Areas? -Tes razón. O ideal sería que todos os xogadores que pasaran a maiores foran engrosar as filas dos clubs de referencia do concello, como Areas ou Xuvenil, nestes momentos. Non sei de quen é a culpa de que non existan convenios para que este trasvase se produza. -Nesta nova etapa vai haber convenios con esas escolas ou todo vai seguir igual?

-Ben, cunha escola hai un 90% de posibilidades de que se asine un convenio; coas demais escolas non o sei. Espero que tamén poidamos chegar a un acordo neste sentido. -Pero, son problemas deportivos ou persoais os que impiden isto? -Síntoo pero non podo responder a esa pregunta. Penso que se a xente se reúne, senta nunha mesa e fala abertamente debera existir esa posibilidade de acordo, ainda con algún que outro problema persoal. -Cambiando de terzo; sabes se existe un Consello Municipal Deportivo que reuna aos representantes das distintas actividades deportivas do Concello? -Descoñezo a existencia dese organo, se existe. O único que sei é que hai un concelleiro de Deportes. Sería interesante para que servira como intermediario entre as escolas e os clubs para que existira ese clima de entendemento do que falabamos antes. -Van existir equipos de xuvenís ou non? -Espero que si, ainda que temos algúns problemas. Agora mesmo temos dous equipos, un en comarcal e outro en provincial. Bueno, temos as fichas dos xogadores, porque os xogadores volveron á Escola Villa do Corpus de onde procedían por remate do convenio que tiñan co Xuvenil. A Escola creo que pretende facer equipos de xuvenís este ano cos mesmos xogadores que xa están fichados polo Xuvenil.

-Dime Telmo, cal é o teu papel dentro do organigrama do equipo? - A miña función é axudar ao funcionamento do Club na organización, na procura de novos valores, axudar ao adestrador en todo o que me pida, formar parte do corpo técnico formado polo adestrador e o preparador físico (que por primeira vez existe no Xuvenil); buscar xogadores que sexan válidos, falar con xente, etc. -Falemos de pasta, que tanto se move no futbol. Canto ides pagarlle a cada xogador? -Aquí o único que lle ofrecemos serán as primas. Estamos estudando que se vai poder pagar por partido gañado ou empatado fora; todo isto está en estudo. -O voso límite deportivo, onde o poñedes? -Creo que a Preferente sería unha boa clasificación. -Telmo, non sodes quen de poñervos unha meta coma o Areas, na 3ª división? -Iso sería ideal. O Areas ten un enorme mérito polo traballo e dedicación de tanta xente, con Mingos á cabeza. Ter un equipo en 3ª División non é nada doado. O Xuvenil xa estivo nesa categoría noutros tempos. Por nós non vai quedar, ainda que somos conscientes de onde partimos. Cecais dentro duns anos teriamos que falar de como ascender a 2º División B. -Grazas Telmo, que os teus soños e os dos restantes responsables deste novo-vello Xuvenil se cumpran.


Agosto de 2013 - CONDADO

9


10

PUBLICIDADE - Agosto de 2013

ESPECIAL PANADERÍAS E PASTELERÍAS


11

Agosto de 2013 - PUBLICIDADE

Comer pan integral reduce as posibilidades de padecer diabetes de tipo II Ademais, realizouse unha sesión anual na que se preguntou ás mulleres se foran diagnosticadas de diabetes tipo II. Tras iso, observaron que a taxa de incidencia desta patoloxía no colectivo estudado foi de «63 por cada 10.000 persoas e ano».

Un estudo, realizado sobre 72.215 mulleres, revela “unha relación inversa entre consumo de cereais integrais e resistencia á insulina” omer pan integral reduce as posibilidades de padecer diabetes de tipo II, segundo evidenciou unha investigación publicada na revista especializada «Annals of Epidemiology» e que pon de relevo a campaña «Pan cada día».

C

Segundo esta iniciativa, o traballo levado a cabo pola doutora Emily D.

Parker sobre 72.215 mulleres postmenopáusicas e a través do proxecto «Women's Health Initiative» (WHI), un estudo observacional no que se seguiu a unha cohorte de 93.676 mulleres de 50 a 79 anos durante 8 anos, demostrou «unha relación inversa entre consumo de cereais integrais e resistencia á insulina».

Para chegar a esta conclusión, o equipo de investigación dirixido por esta experta analizou a dieta das mulleres ao comezo do estudo mediante un cuestionario de frecuencia de consumo de alimentos no que se incluían preguntas específicas relativas ao consumo de pan e outros cereais.

En resumo, extráese que as mulleres con maiores consumos de cereais integrais «presentaron un menor risco de padecer diabetes tipo II, algo que se explica despois de eliminar a influencia de múltiples variables de confusión tanto dietéticas, como non dietéticas. Ante todo iso, a profesora titular do Departamento de Nutrición da Universidade Complutense de Madrid (UCM), a doutora Beatriz Navia, sostén que os cereais integrais e, dentro deles, o pan integral, «constitúen alimentos ricos en carbohidratos, fibra, vitaminas e minerais, ademais de conter numerosos fitoquímicos con efectos beneficiosos na saúde».


12

LOURIÑA - Agosto de 2013

ESPECIAL HOSTALERÍA MOS


13

Agosto de 2013 - LOURIÑA

Coaching para pais e alumnos en setembro e outubro en Mos O prazo de inscrición remata o día 13 de setembro concellería mosense de Educación e Participación Cidadá organiza unha actividade de Coaching Educativo e Intelixencia Emocional para alumnado e unha Escola de Coaching para pais e nais, en setembro e outubro na OMIX de Mos. O Coaching para alumnado será de carácter sema-

A

Pereiras honra á Virxe do Libramento parroquia mosense de Pereiras acolle un ano máis as festas na honra da Virxe do Libramento. Terán lugar os días 6, 7, 8 e 9 de setembro.

A

O venres 6 de setembro a programación comezará cunha gran sar-

nal, todos os martes cunha duración de 3 horas. O Coaching para familias será de carácter quincenal cunha duración de 2 horas. A actividade é totalmente gratuíta. Os beneficiarios de ambas modalidades de Coaching serán o alumnado de 3º e 4º curso da etapa da Educación Secundaria Obrigatoria ou aquel que curse algún Programa de Cualificación Profesional Inicial; e os pais, nais ou titores legais deste alumnado.

diñada amenizada polo grupo Pelepau e o grupo de Pereiras Ollos Pretos. O sábado, a tradicional tirada de fogos será ás 14 horas, e pola noite amenizarán a verbena as orquestras Canadá e Olympus. O domingo, día 8, ás 10 horas fará a súa entrada no torreiro de festas a Banda de Música de Salvaterra co tradicional pasarrúas. De 11 a 12 horas esta banda dará un

Para participar hai que apuntarse no Rexistro do Concello antes do 13 de setembro. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. O día 16 de setembro farase pública a lista de admitidos.

concerto. Xa pola tarde, ás 19 horas, actuará o Grupo Folclórico Nosa Terra. E a partir das 21 horas empezará a verbena coa orquestra Gran Casino e o grupo de folk tradicional, Treixadura. Por último, o luns 9 ás 10.30 da mañá, actuará no torreiro a Banda de Música Cultural de Arcade. E a partir das 17 horas iniciaranse as tradicionais cucañas, e pola noite, a partir das 22.00 horas, verbena a cargo das orquestras Capitol e América.


14

LOURIÑA - Agosto de 2013


15

Agosto de 2013 - LOURIÑA

Mos ocupa un lugar privilexiado no novo Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra O Castro de Torroso e o Deus Xano son as dúas xoias mosenses Museo de Pontevedra conta dende este mes con novas instalacións, o Edificio Sarmiento. Nas súas salas, o concello de Mos ocupa un lugar de preferencia con dúas mostras: dous bustos asociados ao deus Xano que repre-

O

sentan o testemuño da romanización dos pobos indíxenas galegos e os achádegos do castro de Torroso. O Deus Xano atopado en Mos é unha divinidade clásica de dúas caras ou bifronte, que apareceu xunto a outro busto aparentemente feminino, que se identifica coma a esposa de Xano. Son dúas figuras asociadas a restos do asentamento dunha vila romana en Dornelas e que representan o testemuño da romanización dos pobos indíxenas galegos do noroeste.

Asistiron á inauguración a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e a familia mosense en cuxa propiedade se atoparon os bustos do deus Xano. Con todos eles estivo a deputada provincial Ana Isabel Vázquez.

Castro de Torroso Outra das xoias mosenses no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra son os achádegos do Castro de Torroso, que foi descuberto en sucesivas campañas de excavación que se prolongaron dende o ano

>> Monitores de campamento por un día Os 12 participantes no obradoiro de prevención do abandono escolar, AproveiteMos o Verán, fixeron de monitores por un día cos 20 nenos e nenas da cuarta quenda das Mañás de Verán. A iniciativa serviu para que mozos que participaron nun obradoiro de prevención do abandono escolar se motivasen de cara aos exames de recuperación de asignaturas suspensas.

1985 ata o 1990. A importancia deste xacemento radica en que serveu para definir e adiantar a aparición do fenómeno castreño en Galicia cinco séculos, o que significa que o de Torroso é o castro máis antigo de Galicia.

Unha mosense abre en Porriño unha escola de música e danza pioneira na zona A mosense Lucía Lago emprendeu unha iniciativa didáctica do máis innovadora abrindo a escola de música e danza maiSon da que é propietaria e directora. As instalacións contan cunha superficie total de 230 metros cadrados na que se distribúen seis aulas, catro de música e dúas de danza.

Aula Mentor, un novo recurso formativo en Salceda de Caselas

O Concello de Salceda ultima as obras dos colexios

Os maiores de 18 anos poderán formarse de maneira telemática nas distintas áreas, de forma máis cómoda

Marina Cabaleiro no seu despacho.

área de Formación do Concello de Salceda, que dirixe Marina Cabaleiro, asinou un convenio coa Consellería de Educación, Cultura e Deporte para que Salceda acolla unha nova iniciativa de formación.

A

Este convenio vai facer posible que Salceda conte cunha Aula Mentor. Esta modalidade dirixida a formación para adultos, oferece máis de 100 cursos que axudarán aos veciños e veciñas a obter e actualizar a súa formación para poder ser máis competitivos no mercado laboral.

Os maiores de 18 anos poderán formarse de maneira telemática nas distintas áreas, de forma máis cómoda, asesorados e guiados por un administrador de aula que estará a súa disposición. Trátase de proporcionar unha alternativa a poboación adulta que non ten oportunidade de acudir de forma presencial, e que xa sexa polo ritmo de aprendizaxe, situación persoal ou adicación precisa dun sistema máis flexible. Este tipo de formación está promovida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en colaboración coas comunidades autónomas. Esta Aula estará ubicada no CDL de O Torrón e neste intre dende o Concello xa están traballando para facer realidade o seguinte proxecto, que consistirá no acondicionamento da nova aula de Formación na rama de Hostelería.

do colexio como nas diferentes aulas das parroquias de Salceda. No caso da aula de Budiño, nos vindeiros días vaise proceder á renovación do tellado, xa que neste último curso houbo varios problemas de goteiras.

Teresa Pérez, concelleira de Ensino, destacou a posta a punto dos colexios como prioridade absoluta na súa área A Concellaría de Ensino de Salceda, que dirixe Teresa Pérez, informa do estado das obras que se están a levar a cabo nos colexios de infantil e primaria do municipio. No caso do CRA Raíña Aragonta realizáronse diversas obras de mantemento, tanto na sede

Tamén a Aula de Revolta recibirá una importante mellora, coa instalación de ventás con cristais térmicos na aula empregada para as clases de educación física e outras clases de apoio. No caso da Aula de Picoña vaise proceder á instalación de tarima flotante no patio cuberto. Xa para rematar, no CEP Altamira, e a petición do novo equipo directivo, trabállase na eliminación de barreiras arquitectónicas. A concelleira de Ensino destacou a posta a punto dos colexios como prioridade absoluta na súa área.


16

LOURIÑA - Agosto de 2013

Salceda repartiu 20.000 racións de callos que se pecha o ciclo festivo do verán . Tivo tamén palabras de agradecemento para a empresa Frigolouro, encargada da elaboración do prato.

Para preparalos utilizaron 1600 kilos de ventre vacún, 950 kg de pata de tenreira, 400 kg de lacón curado, 350 kg de chourizo e 2400 kg de garbanzos Concello de Salceda celebrou o pasado 1 de setembro a XXI edición da Festa dos Callos. O domingo despacháronse en torno a 20.000 racións de callos dende as 9:30 ata as 15:30. As racións custaron 7 €, nas que se incluían ademáis dos callos, o pan, o viño, a taza e a cazola conmemorativa. Houbo tamén a opción de levar racións para casa, a un prezo de 5 €, o que xa se coñece en Salceda como “callos á tarteira”.

O

Marcos Besada, Alcalde de Salceda agradeceu a implicación do persoal do Concello e dos máis de 50 voluntarios que traballaron nesta festa, coa

Chega a Salceda a campaña Separemos ben, reciclaremos mellor A praza do Concello de Salceda de Caselas disporá o xoves 5 de setembro, dende as 16 e ata as 21 horas a campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor". Esta campaña ten como obxectivo fundamental informar aos veciños evaciñas, con monitores especializados dende un vehículo adaptado, os beneficios que presenta a reciclaxe e a importancia da participación cidadá para levar a cabo este proceso. Os máis cativos disfrutarán do xogo Xigante da reciclaxe. Esta campaña pecha unha primeira fase que reciclaxe que xa se iniciou no mes de Xuño coas Xornadas "Os nosos Resíduos" nas que se falaron da importancia económica e medio-

ambiental que ten reciclar, así como a realización de compostaxe caseiro, para reutilizar os restos orgánicos como abono. A actividades programadas realízanse nun vehículo adaptado desde o cal diversos monitores informan á veciñanza sobre as boas prácticas para facilitar a reciclaxe.

Alejandro Alonso, xefe de cociña do equipo de Frigolouro foi o encargado de dirixir o equipo que preparou as 20.000 racións de callos. Así mesmo, asegurouse de que ninguén que desexase probar os callos se fose sen facelo, porque estiveron preparados para satisfacer toda a demanda que se presentase. Para preparalos utilizaron 1600 kilos de ventre vacún, 950 kg de pata de tenreira, 400 kg de lacón curado, 350 kg de chourizo e 2400 kg de garbanzos.

A ruta Pincho folk aúna música e tapas económicas en Salceda Dezaseis locais participarán no evento acompañados de grupos de música tradicional As Concelleiras de Comercio e Cultura do Concello de Salceda, Loli Castiñeira e Tere Pérez, acompañadas dunha representación dos hosteleiros da vila, veñen de presentar a I Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados do mes de setembro. Un total de 16 establecementos van participar na ruta, repartidos en dous grupos (8 os venres e 8 os sábados). Serviranse pinchos a 1 € de 20:00 a 23:59 horas.

Son xa moitos os concellos nos que se están a levar a cabo este tipo de iniciativas, pero no caso de Salceda conta co engadido do folk, quedando aberta a participación a todos aqueles gaiteiros, pandeireteiras ou músicos en xeral que desexen asistir e pasar unas boas noites de foliada acompañados coa mellor gastronomía.


Agosto de 2013 - LOURIÑA

17


18

LOURIÑA - Agosto de 2013

O Concello de Porriño rebaixará o seu endebedamento en 860.000 euros Concello de Porriño celebrou en agosto un pleno ordinario, que se prolongou ata a medianoite e cuxa orde do día se compoñía de 37 puntos.

O

Durante a sesión aprobáronse diversas modificacións de ordenanzas, pero gran parte dos puntos eran referentes a cuestións de Economía e Facenda. O alcalde anunciou rebáixaa en 860.000 euros da débeda bancaria do Concello, un endebedamento que a 31 de decembro de 2012 ascendía a 4.101.960,38 euros, “representan-

do tan só o 24,7% respecto ao ingreso total das contas”, así, tendo en conta que o límite de endebedamento dos concellos se sitúa no 110%, “a cifra rexistrada en Porriño cumpre a normativa estando

Abre o prazo de inscripción para a segunda edición do concurso Tes Talento?

O Concello de Porriño anuncia a próxima celebración da segunda edición do concurso musical Tes talento?. Tralo éxito do pasado ano, a Concellería de Festexos que dirixe M. Alejandro decidiu volver incluír este certamen dentro da programación das Festas do Cristo. A inscripción ábrese o día 5 de setembro, con prazo ata o día 20 do mesmo mes, nas dependencias do Centro Cultural, "polo que todas as persoas, da igual a idade, que queiran ser partícipes deste gran evento poderán anotarse de xeito gratuito", explica Lorenzo que indica que "se poderán presentar como solistas, dúo ou como grupo, cun máximo de tres compoñentes, sendo libre o estilo musical así como tamén o idioma".

moi lonxe desa porcentaxe”. A concelleira Iria Lorenzo explicou que a amortización de dita parte da débeda realizarase grazas ao resultado orzamentario positivo alcanzado en 2012, cun superávit de máis de 3,1 millóns de euros e un remanente de Tesourería de máis de 3,5 millóns. “Deste xeito, aprobamos un suplemento de crédito para destinar parte deste beneficio obtido a saldar parte da débeda”, sinalaba Lorenzo.

O Balonmano Porriño preséntase coa intención de seguir dando un paso adiante

A Praza do Concello viviu a posta de longo do primeiro equipo feminino, que por terceira tempada consecutiva disputará a División de Honra, nun acto que serviu para promocionar o club e o balonmán e para buscar un apoio aínda maior se cabe por parte dos afeccionados e habitantes de Porriño.

O PSdeG-PSOE do Porriño tilda ao goberno de Santos de inoperante O Grupo Municipal Socialista valorou o pleno celebrado onte día 26 de Agosto, como a confirmación da inoperancia do goberno de Nelson Santos. O concelleiro Iván Vaqueiro recriminou a Nelson Santos secuestrar a democracia no Porriño durante 8 meses nos que paralizou a actividade da Corporación, un feito sen precedentes na historia democrática municipal.

O PP non elaborará orzamentos para 2013, denuncia o BNG de Porriño O BNG de Porriño denuncia que o PP non presentará orzamentos para 2013, ao tempo que someterá á votación a aprobación de gastos cometidos de maneira irregular. Ademais, continúan, despois de máis de seis meses de parálise municipal reanudáronse as sesións plenarias sen que o alcalde teña asumido ningún acordo coas persoas afectadas pola fraude das preferentes. Por outra banda, o BNG lembra que Santos e a súa equipa de goberno seguen sen dar explicacións sobre as súas imputacións xudiciais.


19

Agosto de 2013 - LOURIÑA

Porriño celebra o seu I Duatlón o 21 de setembro, fin de semana grande das Festas do Cristo O deporte terá especial relevancia nas Festas do Cristo deste ano na que se organizarán diferentes competicións e exhibicións das diversas modalidades existentes no municipio, destacando outras probas atléticas como a carreira de 100 metros lisos a hai data para a celebración do I Duatlón Concello de Porriño. Será o sábado, 21 de setembro, no fin de semana grande das Festas do Cristo 2013. Así o anuncia hoxe o alcalde Nelson Santos, que informa de que "desde hoxe, e con prazo ata o día 17 de setembro, todas as persoas interesadas, profesionais e afeccionados, poderán inscribirse a través da páxina web da Federación Galega de Triatlón e a propia do Concello.

X

O percorrido da proba consta dun total de 27,5 quilómetros pola estrada N-550 entre Domingo Bueno e Atios, así como por diferentes rúas do casco urbano "que nesa xornada estarán cheas de veciños e visitantes que con motivo da celebración das festas acudirán a Porriño", subliña o conce-

lleiro de Deportes, M. Alejandro Lorenzo. Neste sentido, desde o Concello recordan que co corte dalgunhas rúas reorganizarase o tráfico durante unhas horas pero que, no entanto, se habilitarán diferentes accesos e saídas ao centro para que a circulación discorra coa máxima normalidad posible. A proba divídese en tres partes, así a primeira e a última será a carreira a pé con saída da rotonda de Antonio Palacios, continuando por devandita rúa e por diferentes viales desa zona dirixíndose ata o polideportivo, os xulgados e en dirección Cans con regreso, completando así un total de 5 quilómetros na primeira etapa e 2,5 km na última, que terá lugar logo da carreira ciclista, con meta de novo, en Antonio Palacios. A

transición estará situada ao comezo da rúa Domingo Bueno (diante do centro cultural), do mesmo xeito que no I Triatlón, lugar desde onde os participantes tomarán a saída en bicicleta en dirección Atios pola estrada N-550 ata chegar á rotonda de enlace coa estrada a Salvaterra PO-510, onde se virará e realizarase o percorrido de volta, así ata completar un total de 20 quilómetros. A proba está prevista para as 17.00 horas e antes, sobre as 16.00 horas, terá lugar un duatlón para os máis pequenos e mozos da casa cun percorrido inferior. Desde a Concejalía de Deportes indican que todas as dúbi-

O tramo de carreira a pé consta de 7,5 quilómetros e discorrerá pola zona do polideportivo e a proba ciclista será de 20 quilómetros pola N-550 entre Domingo Bueno e Atios das ou cuestións respecto da participación neste I Duatlón Concello de Porriño poden suscitalas a través do correo electrónico enviando un e-mail a deportes@concellodoporrino.net. "Este ano máis que nunca o a partado deportivo terá especial relevancia na programación das Festas do Cristo" sinala o alcalde, "pois ademais deste I Duatlón tamén organizaremos

outras probas atléticas como a carreira de 100 metros lisos que se desenvolverá no centro urbano". Por suposto, todas a modalidades deportivas practicadas en Porriño terán presenza ao longo do mes de setembro, así haberá competicións e exhibicións de balonmano, balonces to, fútbol, tenis, padel, ciclismo, patinaje, gimnasia rítmica, baile de salón e kung-fu, entre outras.


20

LOURIÑA - Agosto de 2013


Agosto de 2013 - LOURIÑA

21


22

BAIXO MIテ前 - Agosto de 2013


Agosto de 2013 - BAIXO

23

MIÑO

O alcalde de Tui recibe a 30 mozos de Italia, Portugal e España que inician o camiño en Tui O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, recibiu a trinta mozos provenientes de España, Italia e Portugal que iniciaron o Camiño de Santiago no marco dun proxecto que forma parte do programa da Unión Europea : Xuventude en Acción. Baixo o nome “"The Green Path / O Camiño Verde”. Os participantes son rapaces de idades entre os 18 e 30 anos, un 20 % son

Visita guiada polas lendas de Tui

ses, igual que a súa solidariedade e tolerancia.

inmigrantes. Co desenvolvemento deste proxecto preténdese conseguir que os mozos adquiran comportamentos e habilidades “verdes” nun

contexto marcado polo contacto coa natureza nun marco de diversidade cultural que favorece o entendemento entre mozos de distintos paí-

"The Green Path” é un intercambio xuvenil trilateral promovido pola ONGd Ecos do Sur, en consorcio con 2 entidades: Pronexus (entidade social da rexión de Calabria-Italia) e Centro de Estudos e Formação Profissional Diogo Dias Melgaz (entidade educativa da rexión do AlentejoPortugal).

O Concello de Tui colabora coas actividades culturais que organizan as diversas parroquias tudenses A parroquia de Randufe celebra a súa tradicional “Semana Cultural” con actividades de caracter cultural, deportivo e de lecer. No desenvolvemento desta “Semana Cultural” colabora activamente o Concello de Tui con axudas económicas e de medios materiais e humanos que contri-

búen ao éxito desta convocatoria. Esta cooperación forma parte da labor que o Concello realiza coas asociacións culturais do municipio, co obxectivo de promocionar as súas actividades e consolidar o tecido asociativo do municipio.

O pasado venres 30 de agosto tivo lugar a visita guiada nocturna Tui das lendas, a última actividade do programa Andainas/ Trilhos e Visitas guiadas nocturnas na Eurocidade 2013. Na visita realizouse un percorrido polas lendas da cidade, que definen unha parte do patrimonio cultural inmaterial que conservan os tudenses. Paseando por diversos enclaves do conxunto histórico de Tui rememoráronse diversas lendas coma o pasadizo que comunica Tui e Valença, a fundación de Tui, o Monte Medulio, etc.

“Israel e territorios ocupados” na sala municipal de exposicións de Tui

Tomiño inviste máis de 80.000 euros en obras de mantemento nos centros educativos do municipio No colexio de Barrantes, acondicionouse totalmente a pista deportiva Concello de Tomiño, logo de manter reunións coas diferentes ANPAS e direccións dos colexios da vila, decidiu asumir varias obras de mantemento e reparación dos centros educativos durante o receso escolar. Deste xeito, durante o verán realizáronse obras por valor duns 80.000 euros, procedentes das arcas municipais.

O

da aula do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Taborda, arranxándose tamén o tellado e o parque infantil.

Dúas destas obras foron a pintura completa das instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán (Tomiño) e do CEIP Pintor Antonio Fernández (Goián).

No CRA de Figueiró acondicionouse o chan do patio cuberto, pintouse e reparouse o parque infantil. En Sobrada, realizáronse traballos de carpintería e no CEIP de Barrantes, arranxouse toda a pista deportiva (fotos).

Asemade, procedeuse a pintar e cambiar a instalación eléctrica

As obras leváronse a cabo con cargo á partida orzamentaria que

o goberno local dotou cuns 80.000 euros Obras nas pistas de tenis e pádel A estas intervencións hai que sumar as obras de acondicionamento realizadas polo Concello nos accesos ás pistas de tenis e padel situadas na zona de Mosteiro (Tomiño); unha intervención que consistiu na mellora e saneamento dos accesos ás pistas, que se atopaban en estado de precariedade. O custe ascendeu a 30.000 euros de fondos municipais.

Amnistía Internacional achega a Tui a mostra fotográfica “Israel e Territorios Ocupados” ao Anexo da Sala Municipal de Exposicións da Área Panorámica ata o 13 de setembro. A mostra consta de 12 paneis nos que se abordan temas directamente relacionados co conflicto Palestino-israelí e coa violación dos dereitos humanos en Palestina: tortura e malos tratos, desaloxos forzados, bombardeos, o dereito á auga ou a impunidade de crimes de guerra, todos eles ilustrados graficamente con fotografías tomadas pola organización no lugar do conflicto. A exposición estará aberta ao público de luns a venres de 9h a 14h e de 17h a 20:30h.


24

BAIXO MIÑO - Agosto de 2013

Tomiño celebra as Festas do Alivio entre o 13 e o 16 de setembro O día grande da celebración é o luns 16, no que haberá actos relixiosos e culturais, coma a actuación da Agrupación Musical de Goián ou a exposición de pintura de artistas noveis omiño celebra dentro dun par de semanas as súas festas patronais: Festas na honra da Virxe do Alivio 2013. Entre os días 13 e 16 de setembro, terán lugar os actos organizados pola Comisión de Festas, actos relixiosos, e outros de caracter cívico e cultural, promovidos polo Concello de Tomiño.

T

Segundo o programa de festas, a celebración iniciarase o día 13 cunha salva de bombas de palenque e grupos de bombos do Baixo Miño percorrerán as rúas da vila. Actuarán Orquestra Gran Parada e a cantante Gisela, concursante da primeira edición do programa Operación Triunfo.

O sábado 14 de setembro actuará a Unión Musical de Valladares e "Trofa", de Portugal. A verbena correrá a cargo da orquestra Miramar e haberá unha actuación especial do grupo "La década prodigiosa". O domingo 15 será a Banda Municipal de Tui a que ofrecerá un concerto, con verbena a cargo da orquestra Samba e actuación do cantante de "Recantos" (Luar-TVG), José Pérez, de O Rosal. O luns 16 será o día principal. Actuará en concerto a

Agrupación Musical de Goián; e o Quinteto de Acordeóns da Asociación Musical Mascarenhas, da Guarda (18.00 hs.). A verbena será amenizada pola orquestra París de Noia e actuará a cantante galega Lucía Pérez. O Concello de Tomiño, organizará pola súa banda, un acto cívico e a tradicional exposición de pintura de artistas noveis. Esta última será inaugurada na Casa da Cultura, o día 7 de setembro ás 12.30 horas.


Agosto de 2013 - BAIXO

25

MIÑO

Trinta e catro artistas participaron no certame de pintura ao aire libre celebrado en homenaxe ao pintor Antonio Fernández O xurado concedeulle o primeiro premio a Raúl Gil Burés, de Rianxo Espazo Fortaleza de Goián acolleu o pasado 25 de agosto o “I Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández”, celebrado como homenaxe ao recoñecido pintor goianés.

O

Trinta e catro artistas chegados desde diferentes puntos de Galicia espalláronse pola vila goianesa para

escoller o mellor recuncho, paisaxe, ou motivo de inspiración que lles permitira compoñer o seu cadro. A partir das seis da tarde, os pintores comezaron a chegar ao Espazo Fortaleza, en cuxo interior actuaba o grupo Tanxarina, coa súa proposta teatral “Trogloditas”. O xurado tívoo complicado á hora de elixir os gañadores. Finalmente, resultou primeiro o traballo de Raúl Gil Burés, de Rianxo, seguido de Francisco Solano Jiménez Castro, de A Coruña. Os artistas gañadores recibiron un premio de 1500 euros (patrocinado polo Concello), no caso do primeiro, e de 1000 no do segundo (patrocinado pola Comunidade de Montes).

Dúas mil persoas pasaron polo Espazo Fortaleza nos últimos dous meses O punto de información instalado no Espazo Fortaleza de Goián, rexistrou en xullo e agosto máis de 2000 consultas de turistas e persoas interesadas nas actividades culturais e deportivas que se ofrecen, coma son as rutas a pé, en bicicleta ou en canoa. O chamado “Punto Fortaleza”, aberto todas as tardes de xullo e agosto entre as 16.00 e as 21.00 horas, ten coma propósito informar aos usuarios e usuarias, ademais de proporcionar servizos ta-

les coma aluguer de bicis e canoas, préstamo de xogos, xoguetes, libros, revistas e xornais, e tamén visitas guiadas polas fortalezas de San Lourenzo, Nosa Señora, e das Chagas; Torre dos Ratos, Pazo dos Correa, praia de Eiras, etc.

Recala en Tomiño o IV Minho Reggae Splash O festival internacional presenta unha nova edición con dous días de reggae, actividades e convivencia, dedicados á expresión, conciencia e respecto á natureza. Unha oportunidade de coñecer novas formacións, músicos e artistas en dous días con

concertos de reggae a cargo de Alpheus e Roberto Sánchez backed by Zamaramandi, Tasty Grooves, Chakras, Ukiemana, Dandy Fever, Goymamba, Organic Roots Crew, Sutta Enki Dub e Xenderal & Chek selectah. Durante o día, ademais de darse un baño, tomar o sol ou pasear pola zona onde os grandes protagonistas son o Río Miño, a súa praia fluvial e a historia da Fortaleza de San Lourenzo, o festival ofrece un amplo programa de actividades e espectáculos culturais.


26

BAIXO MIÑO- Agosto de 2013

II edición do programa Maiores en Forma na Guarda

Campaña de reciclaxe en Area Grande

Despois de que no mes de xullo se realizase unha primeira experiencia de dúas semanas, Maiores en Forma chega outra vez á vila da Guarda. Os biosaudables que están situados por detrás do Centro Cultural son o escenario elixido para que todas aquelas persoas maiores que estén interesadas se animen a participar en exercicios dirixidos a mellorar a axilidade, a coordinación ou a forza, entre outras moitas capacidades, ademáis de aprender o uso correcto dos aparellos biosaudables gracias á axuda do técnico deportivo do Concello. O comezo será o día luns 9 de setembro e as clases serán luns,

mércores e venres, de 10.30 a 11.30 da mañá, finalizando o venres 4 de outubro. A inscrición é totalmente gratuita e pódese facer ben na oficina de deportes do Concello ou ben no teléfono 986 61 45 46 ou enviando un correo a deporte@aguarda.es

O Concello de A Guarda colabora con Yessica Martínez ronse en contacto co Concello, para levar a cabo unha campaña que lles axude a conseguir o diñeiro necesario para trasladarse a un hospital especializado en EEUU.

O Punto Limpo do Concello de A Guarda acolleu o 29 de agosto a recollida de tapóns (2 toneladas) para a redondelana Yessica Martinez Romero. Con tan só 18 anos, sufre unha enfermidade difícil de diagnosticar que a mantén en silla de rodas. Os seus pais puxé-

A familia está moi agradecida cos veciños e veciñas de A Guarda, xa que a súa axuda e colaboración é esperanza para seguir loitando cada día. Dende o Concello tamén queren agradecer a colaboración e lembran que seguen coa campaña de recollida de tapóns no Punto Limpo de A Guarda.

Ecopilas, European Recycling Plarform, Ecolec, Sogama, Ecoemes e Xunta de Galicia, están a participar nunha campaña de reciclaxe e separación correcta dos envases. O pasado mes de agosto estiveron na Praia de Area Grande, en A Guarda, facilitando información sobre a importancia de utilizar o colector amarelo só para envases de plástico, latas e briks; o azul para envases de cartón, papel, periódicos e revistas, o iglú verde para botellas de vidro, frascos e

tarros e o xenérico para o resto dos residuos. Sen olvidar, que os puntos limpos son para depositar os residuos especiais. Mediante unha enquisa, puideron recoller información dos principais hábitos dos guardeses e guardesas no proceso de reciclaxe, e resolver dúbidas de posibles erros cotiás. Ademais da entrega de folletos informativos, ofreceron obsequios para os maiores e os máis pequenos.

Xesús Vázquez Abad visita a Exposición de Xoán Piñeiro O pasado 28 de agosto a visitou a Casa dos Alonsos na Guarda o Conselleiro de Cultura e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o Xefe Territorial de Pontevedra, César Pérez Ares e o Xefe de Servizo de Coordinación Cultural de Pontevedra, José Manuel González González; con motivo da Exposición de Xoán Piñeiro. Cuqui Piñeiro (encargada da exposición, broncista e herdeira do legado do seu pai) contou co apoio de Manuel Álvarez, especialista en

arte, e da súa familia, para facer un percorrido pola obra do artista. Mediante a visita polas diferentes salas da exposición e a visualización dun vídeo de 12 minutos de duración, deron a coñercer as múltiples técnicas e modus operandi do autor.


Agosto de 2013 - BAIXO

27

MIÑO

A Romería do Centenario do Monte Santa Trega cumpríu cos obxectivos da Comisión de Festas Juan Louzán/A Guarda ras 15 días e noites de “movidas” e verbenas os corpos dos guardeses quedaron con resaca e bastante maltreitos. Os hostaleiros tiveron uns días mellores que outros pero aceptables no resumo xeral. “Mágoa que non se fagan festas todo o ano”, din algúns. O turismo dálle vida á vila de A Guarda e máis tras verse por TV en todo o mundo as belezas paisaxísticas do Baixo Miño, na 2ª etapa da Vuelta Ciclista a España deste ano. Na nosa información xeral do número anterior de A nova Peneira xa demos un amplo detalle das festas celebradas en xullo e agosto. Faltou dicir que a tirada de fogos de cor no porto guardés reducíuse á metade doutros anos pola

da” tamén foi a demostración educativa de cans, ademais dunha exhibición por parte da Garda Civil de como unha parexa de cans especialistas descobre envoltorios, caixas e maletas con droga.

T

crise e sen ornamento de luces cubrindo as farolas. A Comisión foi austera en termos xerais; ainda así moitos cidadáns pediron que en lugar de dúas orquestras cada noite só houbera unha e menos horas. No desfile sorprendeu moito que faltaran os grupos portugueses.

Do que máis se falou é do extraordinario bo tempo, sol e temperatura, tanto en xullo como en agosto, permitindo que as praias e terrazas estiveran abarrotadas moitos días. Moitos guardeses piden máis celebracións no Auditorio San Benito. Este verán tamén

desfrutaron dunha exhibición de baile de salón, de alta escola, con grupos de todas as idades, ofrecido polo profesor Josué Alvarez, de Estudio 88. Unha “goza-

Faltan por chegar as festas da Nosa Señora da Guía e a das Mercedes en A Gándara que xa se esperan con ansiedade, pero agosto péchase cos tristes e destructivos incendios sufridos nos bosques do Baixo Miño. A xuventude, principalmente, despois de tanta folga e verbena, reponse para as recuperacións dos suspensos e aplicarse con máis forza de cara ao novo curso e futuro. Os pais din: “ou estudo ou traballo, pero non consentimos que estean sen facer nada”.


28

TERRA DE REDONDELA - Agosto de 2013


Agosto de 2013 - TERRA DE

29

REDONDELA

Redondela réndese de novo ao Entroido de Verán

edondela rendiuse un ano máis ao Entroido de Verán. E xa van dezaséis anos desde que á vila dos acueductos se lle ocorreu disfrazar á xente en pleno verán. Como sempre, ano tras ano tratan de sorprender aos asistentes con música; o multitudinario concerto correu este ano a cargo do grupo Los Inhumanos.

R

O Entroido de verán de Redondela 2013 celebrouse durante toda a xornada do sábado 24, aínda que foi cara á tarde cando as súas rúas se comezaron a encherse de disfraces e xente con ganas de diversión. Nesta edición, a cita incluíu tamén unha gala de Drag Queen, que é o segundo ano que se celebra. O Entroido de verán 2013 estivo acompañado de bo tempo e as temperaturas roldaron os 27 graos. En paralelo á celebración do Entroido de verán de Redondela, o municipio contou cunha programación variada.

O recinto da antiga feira de gando acollerá os concertos do Festival da Cultura Proletaria A Central Unitaria de Traballadores (CUT) organiza o sábado en Redondela a cuarta edición do Festival dá Cultura Proletaria. A cita comezará ás 18 horas cun recital poético e unha posta en escena teatral na sala Disco Tasca. O recinto da antiga feira de gando acollerá a partir das 21 horas os concertos dos grupos Tres Estralos, RMS, Bolboreta, The Tetas Van e Leo Arremecághona. Ademais haberá talleres infantís.

Concerto de jazz de Alberto Conde Atlantic Trio O sábado 7 de setembro, ás 21 horas, o Auditorio da Xunqueira de Redondela acollerá o concerto dunha das formacións de jazz galego máis internacionais, ALBERTO CONDE ATLANTIC TRIO, patrocinado pola Deputación de Pontevedra e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela. A entrada é de balde. Entrega da placa institucionalizada polo grupo CASA PACO a Carlos Menéndez, do Salgueiriños, un dos homes que desinteresadamente traballa polo fútbol base en Redondela.


30

TERRA DE REDONDELA - Agosto de 2013

No vindeiro número de A NOVA PENEIRA, EMILIANO LAGE, alcalde de FORNELOS DE MONTES debullará en exclusiva para as lectoras e lectores do noso xornal os encantos do fermoso concello de Fornelos, o gran descoñecido da provincia de Pontevedra.


Agosto de 2013 - TERRA DE

31

REDONDELA

Conferencia sobre problemas de aprendizaxe e o seu tratamento

IX Festa da Zorza e da Tortilla de Besada en Fornelos de Montes O campo da festa de Ventín, en Fornelos de Montes, acollerá por noveno ano consecutivo a festa de degustación da Zorza e a Tortilla de Bicada. Os actos darán comezo o próximo día 22 de Setembro a partir das 12.00 horas coa lectura do pregón a cargo de María Costas. Posteriormente todos os asistentes ao evento poderán gozar coa degustación dunha ración de zorza con patacas, tortilla de patacas de bicada e pan, ao módico prezo de 5 ? a ración. A xornada estará amenizada coa actuación de diferentes grupos musicais. Tamén terá lugar este día a III Xuntanza moteira de Vespas clásicas. En caso de choiva os asistentes poderán gozar de todo isto nun recinto cuberto.

pecialistas e profesores europeos, Alfredo Marino e Patrick Quercia. A entrada a esta conferencia é de balde. próximo venres 6 de setembro, ás 20.30 horas, o Auditorio da Xunqueira de Redondela albergará unha conferencia sobre problemas de aprendizaxe e o tratamento propioceptivo, impartido por dous prestixiosos es-

O

Os rapaces e rapazas disléxicos presentan un problema de aprendizaxe da lectura a pesar de ter unha intelixencia normal, da ausencia de trastornos sensoriais ou neurolóxicos, ou dunha educación axeitada. Esa dificultade de

aprendizaxe da lectura non se debe a unha falta de intelixencia ou á preguiza, nin á incapacidade dun profesor ou dos programas educativos. Tratamento da dislexia A orixe exacta da dislexia é descoñecida. Mais o tratamento propioceptivo preséntase como un complemento ao tratamento psicopedagóxico e logopeda.


32

CULTURA - Agosto de 2013

Polos camiños da Paradanta. O Mosteiro de Casteláns (I) Raquel Vázquez Ramil Anxo Serafín Porto Ucha n venres pola tarde, cando a calor queimaba as rúas de Vigo, fuximos á natureza na percura de fresco, de verdor e de historia. Deixamos atrás Mondariz, aletargado e silencioso; seguimos por Lougares, coa súa fermosa igrexa parroquial pechada e solitaria, o palco da música vencido polo esquecemento e a desidia, e a impoñente reitoral comida pola male-

U

Por fin atopamos as ruínas, en realidade as ruínas das ruínas porque pouco queda xa do antigo mosteiro de monxas za; enchemos a vista e o corazón de verde puxante e de murmurios de regatos, e nos desvíamos cara a Casteláns, logo de avezar os sentidos, posto que a sinalización non é boa. No Nadal unha riada levou por diante a ponte que unía a parroquia de Casteláns con Covelo, a cabeceira do concello, e iso obriga a dar un rodeo considerable e baixar en coche ata á igrexa de Santo Estevo de Casteláns. Dende alí imos a pé pola vella ponte medieval, á carón da moderna obra arrasada polas augas (o desnivel que salva a ponte é considerábel; abaixo ruxe o río e se albiscan, entre os fentos, os canos de latón que canalizaban a auga e que romperon polo peso do enchente); é un camiño intricado, cheo de po e con certo perigo. No outro lado espéranos unha pista que discorre entre montes e vai saír a unha encrucillada de camiños. Abafados pola calor, tomamos o camiño máis sombrío e non chegamos a ningures… polo menos non chegamos onde queríamos

chegar: as ruínas do mosteiro de Santa María de Casteláns. Desandamos o camiño e tomamos a outra opción, por unha estrada bordeada por montes, viñas e campías; escoitamos ladridos de cans non moi lonxe e vemos un letreiro que anuncia o adestramento de cans de caza. Pasadas as oito da tarde o sol segue quentando con crueza; cheiran as plantas requentes e, de cando en vez, escoitamos un ruxir de follas, un bater dos paxaros, e ata o son lonxano dunhas campás.

brados, e dinos o noso interlocutor que as ruínas, si, están alí, tras pasar unha verxa que hai á esquerda. Tras dar as grazas ao noso amable guía, volvemos outra vez sobre os nosos pasos, e nun recodo, moi escondida do camiño, albiscamos unha reixa pouco prometedora. Acercámonos a ela e por fin atopamos as ruínas, en rea-

te a gloriosa ruína, e contemplamos a arte afundida na natureza. Un arame sutil separa a puxante viña que baixa ata o rego das ruínas. É terra de bo viño, e naquel recóndito lugar as follas da vide son dun intenso verde e crecen ergueitas. Axuda a sombra, a auga abundante e o microclima especial das terras do Covelo.

Eclesiástico del Obispado de Tuy en 1860 e que dicía: «CASTELANES. Aquí hubo otro monasterio de monjas; y aunque no conste de que instituto, se cree fue de S. Benito. En 1481 ya no había monjas, y el monasterio estaba casi destruido. El Obispo D. Fr. Diego de Muros le agregó con sus rentas, heredades y demás al monas-

Chegamos a unha casa pintada de ocre, grande, no medio dunha finca cerrada. Todas as fiestras están pechadas. Non hai ninguén. Nun tempo de optimismo o dono mandou poñer sobre a porta un coidadiño letreiro que di: «Esta tierra, pura vida. 1988» Vintecinco anos atrás era pura vida. Hoxe é soidade, ou, talvez, non tanto, porque a xente ama o seu. Buscamos un alma que nos guíe, pero a Guía está lonxe, nun curuto que se enxerga no outro lado do val. Seguimos a indicación que di «A Pena» porque penas son os nosos lugares mais queridos; hai varias casas, vemos un par de cans que axexan e escoitamos unha radio… ¡Xente! Pero non, non acoden a nós. Nesa soidade a xente non sae da casa un venres ao serán para ver a uns descoñecidos vagando. Sentímonos case intrusos, pero queremos ver as ruínas do mosteiro. É a segunda vez que o intentamos, tras outra incursión fallida na que chegamos ata a parroquial de Casteláns. Por fin alguén sae ao noso encontro, un home afable dános as boas tardes e decote lle preguntamos ónde se atopan as ruínas do mosteiro de Santa María porque nós non somos quen de atopalas. O home dinos que están alí, moi preto, detrás da casa color ocre pola que pasamos antes sen ver nada. Miramos para alá, asom-

O que hoxe queda do mosteiro de Casteláns é o arranque dos muros da ábsida, de planta pentagonal. As basas das columnas son de elaborada factura e a cantería amosa aínda un bo traballo lidade as ruínas das ruínas porque pouco queda xa do antigo mosteiro de monxas bieitas. O que hoxe queda do mosteiro de Casteláns é o arranque dos muros da ábsida, de planta pentagonal. As basas das columnas son de elaborada factura e a cantería amosa aínda un bo traballo. O interior da ábsida está cheo de terra e maleza, e as hedras trepan polos muros con liberdade. Falta unha pedra, tal e como se aprecia na foto, sen dúbida «retirada» por alguén. Sentamos no toco dun piñeiro, estratexicamente situado a modo de cadeira fron-

No muro hai unha marca circular vermella cun punto no centro, pintada recentemente con pouco tino, como si se quixera sinalar algunha singularidade. Recordamos a noticia que sobre o mosteiro se daba no Boletín

Casteláns vaise esvaíndo na Baixa Idade Media e na Idade Moderna, o tempo de puxanza dos maxestosos mosteiros barrocos

terio de la Franqueira. En 1777 visitó la iglesia el Sr. Obispo Angulo y mandó hacer en ella varios reparos. Querelláronse los monjes de la Franqueira y perdieron la querella». O mosteiro de Casteláns era un dos poucos mosteiros femininos que seguían a regra de San Bieito en Galicia. A época puxante destes mosteiros son os séculos X e XI. No século XII os mosteiros beneditinos decaen fronte as magnas empresas cistercienses. Ao parecer, Casteláns dependía do mosteiro de Santa María de Melón (Ourense), e no século XIV pasou, coas súas dependencias, a agregarse ao mosteiro da Franqueira, Casteláns vaise esvaíndo na Baixa Idade Media e na Idade Moderna, o tempo de puxanza dos maxestosos mosteiros barrocos. As desamortizacións do século XIX afundirían, sen dúbida, o lugar nunha penuria irreversible, remachada polos espolios de principios do século XX.


33

Agosto de 2013 - CULTURA

Inma Otero Varela

plinas académicas, artísticas e científicas.

ada vez son máis as obras galegas que se achegan ao feminismo, ou que se achegan ao estudo de diversas materias desde un enfoque feminista, algunhas delas da man das autoras deste libro. Olga Castro e María Reimóndez son coñecidas entre o lectorado galego tanto polas súas sólidas contribucións teóricas, literarias tamén no caso de María Reimóndez, como pola militancia activa. Non é casual, pois, que se unan para ofrecernos unha panorámica do que é un dos marcos teóricos máis importantes dos últimos séculos desde o que analizar a sociedade, para alén dun dos seus motores de cambios. Apóstase así no ensaio pola claridade expositiva dunha información profusamente documentada que busca chegar a todo tipo de público a través dunha editorial que garante unha ampla difusión.

C

A perspectiva galega desde a que se aproximan ao tema enriquece o contido, demostrando, unha vez máis, que desde as marxes, e sobre

todo cando son duplas, vense mellor realidades que, para os que fican atrincheirados intramuros do sistema, resultan a miúdo invisibles. A estrutura responde a este principio. Descríbese primeiro o que se entende por feminismo e as súas diferentes correntes; analízanse despois cómo se concretou o feminismo en diversos lugares do planeta rexeitando, polo tanto, unha postura eurocéntrica que discriminou, mesmo negou, as demandas das mulleres non oc-

Sabías que... Manuel Rosende

o

corso entra na liga das linguas minoritarias en Bruxelas? O corso é a lingua propia da illa francesa de Córsega, fálase tamén na Gallura e norte de Sardeña. É próxima á variante toscana do italiano e a Unesco mantena no grupo de linguas minorizadas en perigo de extinción. Pois ben, deputados doutros pobos con linguas minorizadas veñen de apoiar a súa oficialidade en Bruxelas fronte á forte presión político-lingüística do estado francés.

o

s topónimos Parada e Paradela fan referencia a descansos no terreo? Son moi numerosos e teñen o mesmo valor que os “Pousada”. Proceden da forma latina PARATA (>Parada), participio de PARARE (“deter) Acostuman a ser remansos orográficos nos que se configurou unha poboación. Tal é o caso das Paradas da Estrada, Caldas, Porto do Son, Pobra de Brollón, Carballo… ou dos seus correspondentes diminutivos “Paradela” (algúns moi preto dos anteriores) Que non pare o coñecemento da nosa toponimia.

cidentais; aténdense cuestións capitais no devir das sociedades contemporáneas, algunhas convencionalmente vencelladas ás mulleres como a maternidade, a sexualidade ou a violencia de xénero, e outras para as que aínda parece existir unha certa resistencia á hora de validar unha análise feminista como o ecoloxismo, a globalización ou a cibernética; e por último, recóllese unha cronoloxía sobre a aplicación do feminismo a todo tipo de disci-

a

palabra “pobo” fai referencia ás persoas que viven nun sitio? En galego non existe a acepción de entidade de poboación para este vocablo, así podemos afirmar que o pobo galego celebra o seu día o 25 de xullo ou que o “Museo do Pobo Galego” garda tesouros impresionantes, pero nunca en galego podemos afirmar que alguén foi ao pobo* (en tal caso viaxou á aldea) ou que levaron tal orquestra ás festas do seu pobo* (sería á súa parroquia)

a

palabra “estatística” (Técnicas para medir e interpretar fenómenos colectivos con métodos baseados no emprego numérico) procede do latín STATISTICUM? Co valor actual usouse en alemán (statistik) e de aí a outras linguas europeas; italiano statistica, francés statistique, castelán estadística ou portugués estatística. En galego séguese a tendencia etimolóxica, polo que temos que manter o <t> orixinal de ESTATÍSTICA.

Destaca así o carácter divulgativo do libro desde unha firme aposta pola diversidade. Pero tamén sobresae unha vertente reivindicativa. Xa nas primeiras páxinas denúnciase o descrédito da etiqueta “feminista” debido á manipulación interesada que o patriarcado fai do seu significado. Neste caso a lóxica da deconstrución morfolóxica do termo impúxose (impuxérona) ao contido semántico orixinal; se o machismo é a imposición dos valores e os poderes dos homes sobre as mulleres, ao feminismo adxudícaselle a vontade de impoñer de forma inxusta os valores e poderes das mulleres para marxinar os homes, pervertendo a orixe do movemento e a historia das súas loitas a favor da paridade entre xéneros. A lectura da obra, é dicir, o aproveitamento da información, tería que mudar dunha vez por todas o prexuízo para conseguir que todas e todos os que defenden a igualdade se identifiquen, sen complexos, co feminismo.

Os medios de comunicación galegos queren unha Lei da Publicidade M.R. A polémica pola mala distribución de axudas aos medios galegos de cara a potenciación do uso do idioma propio de Galicia vén de aumentar logo de que Política Lingüística deixara de lado aos que fan un uso normalizado da lingua de Rosalía, beneficiando outros que mesmo manteñen unha postura negativa contra a normalización lingüística. A “Asociación de Medios en Galego” mantivo unha reunión con todos os partidos políticos e co Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia para que interviñeran neste conflito. Esta nova asociación pro-medios en galego quere que se aprobe unha lei de “transparencia” sobre a publicidade institucional freando así esta dinámica subxectiva por parte da Xunta de Galicia na que os criterios responden máis ás cores políticas dos medios ou á dependencia destes da propia administración. Consideran que a actual lei (de 1999) está obsoleta pois no momento da súa redacción o peso dos medios dixitais era moi escaso. Polo momento, tanto a resposta dos distintos grupos políticos como a do Colexio de Xornalistas foi favorable. O próximo paso desta asociación é reunirse coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa Secretaría Xeral de Medios. Nesta asociación de recente creación están xa integrados 15 medios galegos.


34

CULTURA - Agosto de 2013

Entrevista a Ricardo Castro, secretario xeral da CUT

“Somos un país dunha enorme potencia e cástrannos a posibilidade de mudala en acto” sentción libros anxoPor Tino Lago

“Penso que é

oxe A NOVA PENEIRA fala con Ricardo Castro, secretario xeral da Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras(CUT). Na conversa tentaremos coñecer un pouco máis tanto a el como persoa como ao sindicato que representa.

H

- Quen é Ricardo Castro?, De onde es?, Cando e como agroman en ti as inquedanzas políticas e sindicais? - Eu nacín en 1970 en Vigo, no barrio do Calvario, nunha zona esencialmente obreira nun contexto no que se reflectían as contradiccións de clase. Esta situación influíu na miña visión das cousas na adolescencia, con feitos tan salientables como as folgas dos pases pro bus, ou a primeira reconversión industrial do PSOE, sucesos que incidiron de xeito moi importante na miña maneira de analizar a realidade. Xa no instituto contactei e participei activamente nos distintos movementos estudiantís orientados a mellorar a calidade do ensino público galego. En Compostela estudei a carreira de Historia, tiven unha breve militancia nos CAF, no Comité Anti V Centenario ou en distintos movimentos de insumisión. Iniciei a miña vida laboral no ensino privado, e abandoneino cedo polas condicións de absoluta precariedade nas que pretendían que desenvolvese o meu traballo. Logo pasei a traballar na industria ,e alí comecei a actividade sindical máis comprometida. Directamente afilieime á CUT, por ser o meu sindicato de referencia ideolóxica. - Cando e como xorde a CUT?, Por que Ricardo, ao teu xuízo, existen dous sindicatos, CUT e CIG, cun corpus teórico semellante?

necesario para a clase traballadora deste país a confluencia nun sindicato de clase galego, no que todas e todos teñamos - A CUT xorde en 1999 despois dun proceso de confrontación interna na CIG, fundamentalmente nace do sector do mar, no que era referencia o compañeiro Manolo Caamaño, e nun contexto de loita dos mariñeiros do banco canario-sahariano. Malia que a CIG e a CUT temos un campo de traballo e un corpus ideolóxico común, houbo diferenzas de carácter político sindical e de praxe, como o rexeitamento por parte da dirección da CIG da combatividade como elemento principal da acción sindical, nun contexto histórico dramático para os mariñeiros galegos, o que levou á ruptura do proxecto sindical común. -Contemplas a posibilidade da confluencia coa CIG nunha central sindical única galega?

cabida, superando as diverxencias” - Non só a contemplo, penso que é necesario para a clase traballadora deste país a confluencia nun sindicato de clase galego, no que todas e todos teñamos cabida, superando as diverxencias, que moitas veces obedecen máis a pulsións persoais que á dialéctica de clase. -Cal é a visión da CUT da situación da clase traballadora galega neste contexto de crise, cales son as causas que a motivaron e que política, ao voso xuízo, se deberan aplicar? - A nosa visión é dunha situación catastrófica, que ten a súa orixe na implantación do neoliberalismo es-

pañol a inicios dos anos 80 (entrada na UE, reconversións industriais, etc.) que levou á destrucción do noso tecido produtivo. Para saír desta situación ao noso xuízo debemos voltar a sermos galegos, é dicir, recuperar a nosa capacidade económica de producir por nós mesmos. Somos un país dunha enorme potencia e cástrannos a posibilidade de mudala en acto. A nosa pesca, o noso agro, a capacidade para producirmos enerxías renovables, a natureza, a industria e a cultura do país galego están secuestradas polo capitalismo que xestiona ao estado español. A CUT considera que a nosa autodeterminación nos permitiría pasar de dependentes a xestores do noso futuro. - Cal é a túa visión real da Galicia que lle deixaremos á seguinte xeración, e que país che gustaría deixarlles ás nosas fillas e fillos? - A día de hoxe a Galicia que imos deixar é un país en franco retroceso, como pobo e como sitio no que vivir, pero temos nas nosas mans a posibilidade de que isto non sexa así. Á seguinte xeración gustaríame deixarlle un país orgulloso de ser país, que soubera que outro mundo e outros nomes son posibles, coa conciencia de termos plena capacidade e lexitimidade, de sernos galegas e galegos.

“Para saír desta situación debemos voltar a sermos galegos, recuperar a nosa capacidade económica de producir por nós mesmos”


35

Agosto de 2013 - CULTURA

Máis de 17.400 turistas pasaron polos puntos de información do Concello de Pontevedra en agosto O número de persoas que acudiron á rede municipal descende lixeiramente con respecto a 2012 mes de agosto pechou con cifras de afluencia aos tres puntos de información turística do Concello de Pontevedra algo inferiores ás rexistradas durante o ano pasado. O descenso foi dun 6,8% segundo as estatísticas elaboradas pola Concellería.

O

En total foron 17.461 as persoas que reclamaron información na rede municipal, composta pola Casa da Luz e as casetas da praza de España e Eduardo Pondal-Vialia.

A concelleira de Turismo, Carlota Román, lembra que se trata das estatísticas das persoas que acoden ás oficinas de turismo a reclamar calquera tipo de información, que non teñen que coincidir exactamente coas cifras reais de visitantes, nin coas de ocupación hoteleira, que, de feito, estiveron preto dunha media dun 80% con picos de ocupación do 100%. Turistas españois As estatísticas das oficinas municipais demostran que o 80% do turismo que se achega a elas é de procedencia nacional, mentres que o 20% restante procede do estranxeiro. Sen embargo, ao estudar as variacións nestes dous grupos obsérvase que o turismo nacional descendeu por enriba do 10%, mentres que os visitantes estranxeiros creceron por enriba do 15%. Entre estes predominaron os portugueses (un terzo do total), seguidos dos

A cidade rexistrou un importante incremento do turismo estranxeiro, que compensa a redución dos visitantes nacionais

franceses (14%) e os italianos (11%). A media diaria de visitantes nas oficinas municipais de Turismo chegou ás 582 persoas e segue a confirmarse o peso crecente da Casa da Luz, especialmente no que se refire aos turistas estranxeiros.

As Ludotecas de verán 2013 de Pontevedra clausúranse cunha gran festa A FAMPA e o Concello de Pontevedra, a través da empresa ACTEX, realizaron o programa de Ludotecas de Verán en Pontevedra, onde máis de 1.300 nenos e nenas participaron ó longo dos meses de Xullo e Agosto en 8 Centros Educativos do concello. Os participantes da zona urbana realizaron unha viaxe polo mundo acompañados de Willy Fogg, onde realizaron actividades típicas de cada pais. Pizza en Italia, a Torre Eiffel en Francia, unha festa de disfraces no carnaval de Brasil,… son algunhas das actividades que levaron a cabo.

A Asociación Xérmolos organiza a súa tradicional homenaxe a Manuel María

Na zona do rural visitou as ludotecas un científico Tolo, e os nenos e nenas aprenderon a realizar diferentes experimentos como un volcán, a maneira de fritir un ovo sen lume, … ademais fixeron plantacións e cada neno/a levou para a súa casa unha leituga que eles mesmos cultivaron.

O 30 de agosto finalizou o programa cunha festa de clausura na Illa das Esculturas. Ao evento foron invitados todos aqueles que quixeran ver o traballo das crianzas durante o verán, nunha festa que contou coa presenza de personaxes como Willy Fogg e o Científico Tolo.

A Asociación Cultural Xérmolos organiza, un ano mais unhas xornadas en lembranza e homenaxe do poeta chairego, Manuel María.

-* 16:30 h. Recital de poesía en Penas de Rodas (se queredes participar levade un texto preparado)

Será o vindeiro xoves, 8 de Setembro e contará co seguinte programa:

* 18:00 h. Pregaria no Cemiterio de Outeiro de Rei arredor de Manuel María, coa palabra de Xosé Vázquez Pintor. (novamente o acto é tamén de participación aberta, achegade textos para lectura e unha flor

* 14:30 h. Xantar no Río Ladra de Rábade (previa reserva, de 20 euros, no tfno 646413890).

Dentro do turismo procedente de territorio nacional, a maior afluencia procedeu de Madrid cun 23% dos nacionais, seguido do visitante procedente de Andalucía (16%). Cataláns e valencianos son os seguintes na estatística municipal.

Finaliza o prazo para participar no certame de novos deseñadores Mara Martín O pasado venres 30 de agosto pechou o prazo para a presentación das propostas para participar no certame de deseñadores noveis Mara Martín PONMONOVO, que terá lugar o venres 27 de setembro dentro da programación do novo evento de moda PONMO Pontevedra Moda. A organización recibiu traballos de numerosos deseñadores de todos os puntos de Galicia e de España. Un xurado profesional fallará os premios á mellor colección e ao mellor estilismo. A colección seleccionada como a mellor recibirá un premio de 900 euros e o mellor estilismo con 200 euros, ademais ambos os premiados recibirán un obsequio especial por parte da organización do evento.

para depositar na honra e memoria de Manuel María).

Finalizaran os actos na Carballeira de Santa Isabel, co Rito da Navalla (entrega ao mestre i escritor David Otero) e recital dae poesía de Manuel María musicada por Miro Casabella, Antón Valcarce, Tino Baz e Mini e Mero.


36

DEPORTE - Agosto de 2013

>> Por Alejandro Alonso utra edición da Volta a España comezou o pasado 24 de agosto, no porto de Vilanova de Arousa, na que os ciclistas fixeron os primeiros metros dos 3319,1 qm dos que está composta a proba, na súa 68º edición. Galicia ten unha gran importancia nesta ronda do 2013, xa que ata 5 etapas se desputaron en solo galego.

O

O percorrido nestas 5 xornadas nas que nos imos a centrar, foi bastante atractivo e novidoso, sobretodo a primeira etapa, unha contrarreloxo por equipos cunha lonxitude impropia deste tipo de etapas, que partiu dunha batea, que na práctica, é un pantalán, o nunca visto, e cun final no porto deportivo de Sanxenxo na que o equipo Astana marcou o mellor tempo. Poñéndose como primeiro líder da Volta o esloveno Janez Brajkovic. No segundo día, prato forte cun final no Alto da Groba en Baiona, onde ben cedo, comparado con outras voltas, os favoritos tiñan que medir as súas forzas. Pero a marcaxe excesiva entre xente coma Joaquim Rodríguez e Alejandro Valverde, cun Vincenzo Nibali á expectativa, propiciou a sorpresa. O irlandés Nicolas Roche, alzou os puños ó aire na meta de A Groba. As diferenzas foron mínimas, xa que Movistar controlou o pelotón para minimizar as perdas. Terceiro día e comezo en Vigo, cun percorrido pola costa, e o paso pola ponte de Rande en bicicleta, ata Vilagarcía e despois xirar ó interior cara ao mirardor de Lobeira. Un tipo de final cada vez máis tipico da Volta a España, rematando as etapas en cotas curtas, na que a acción do día céntrase en moi poucos minutos. E así foi, despois de atrapar ós escapados, e tras un ridículo da organización no paso da ponte cara A Illa de Arousa, tódolos movementos foron na subida a Lobeira, primeiro Flecha, despois o italiano Santaromita. Os dous pagaron o esforzo de atacar cedo e o americano

Unha Volta con sabor galego pero sen galegos Chris Horner, de 41 anos, facíase ca victoria e co maillot de líder.

diante do arxentino de Lampre Maximiliano Richeze.

A chamada “etapa do fin do mundo”iniciouse no cuarto día en Lalín, con visita á capital galega, e cun perfil “rompepernas”, un sube-baixa constante, con paso polo Mirador do Ézaro. Un Ézaro que os corredores pasaron con tranquilidade, onde os grandes desniveis facían a máis de un poñer pe a terra, En Fisterra apareceu un excelso Dani Moreno, que saltou do pelotón cunha facilidade pasmosa, camiño da victoria, sen case ninguén que o puidese perseguir. Só Fabian Cancellara, este fenómeno da natureza que está preparando os mundiais en Florencia tratou de plantar cara ó de Katusha. Non foi posible. Dani Moreno presentáse a priori como alumno avantaxado de Joaquim Rodríguez, pero semella que nesta Volta, o alumno pode superar ó maestro.

Sen dúbida, este é un percorrido destinado ó espectador, é unha maneira de vender Galicia ó exterior: a súa costa, os seus verdes paraxes, as súas xentes, o logo da Deputación de Pontevedra... Non está destinado os “puristas” do ciclismo, e máis vendo as alternativas que presenta a holografía galega, con centos de subidas e estradas “ratoneiras”. Os abusivos finais en alto que propón Unipublic, a empresa organizadora, sembran desencanto nos afeccionados máis clásicos.

O mércores 28 de agosto a Volta despediuse de Galicia e segue o seu rumbo. Sober, situado na Ribeira Sacra onde se pode saborear ese excelente viño de Amandi, foi o punto de partida. Foi unha etapa tranquila, a pesar dos dous portos de terceira categoría, entre eles o Alto do Padornelo polo que a Volta saía de Galicia, e dende ahí sen máis ascensións ata Lago de Sanabria onde se disputou o único sprint masivo ata agora, na que o australiano Michael Matthews venceu por

Pero hai un aspecto que chama a atención dos 198 inscritos que tomaron a saída en Vilanova de Arousa; non hai corredores galegos. Existe un momento diferencial para chegar a esta situación: a desaparición do Xacobeo-Galicia en 2010. As versións oficiais da Xunta afirmaron que non se podía sustentar o presuposto do equipo, xusto o mes seguinte de afirmar que o proxecto si era viable. Desa maneira, a última hora, ca tempada case rematada, deixouse o equipo na estacada, cos corredores sen tempo de arranxar o seu futuro enriba de dúas rodas cun mercado case pechado. Moitos retiráronse, outros estiveron un ano en branco, e outros foron perseguidos, coma cabezas de turco ata polas propias autoridades galegas, para gañar “amizades en Madrid”. Aínda que todo ven de moi atrás. A marca “Xacobeo” tiña data de caducidade por parte da Xunta despois do cam-

bio de governo. A Consellería de Deportes, (que controlaba as persoas que dirixían ó equipo e xestionaba o diñeiro. Diñeiro que non era público) sempre quixo rematar o proxecto, pero os resultados do equipo o impedían. Xamais se negociou a posibilidade dun equipo viable de cara ó futuro. Houbo unha posibilidade de apoio privado, unha colaboración dunha gran empresa pesqueira económicamente funesta actualmente, pero as mans nas que estaba o equipo, unhas mans cunha traxectoria tortuosa, non o permitiron. Caprichos. Como exemplo de que esta Volta precisa de corredores galegos, e que se necesita un equipo galego, o temos na última Volta a Portugal, onde Álex Marque, da Estrada e recente fichaxe do Movistar, e Gustavo César Veloso, ex-Xacobeo e de Vilagarcía de Arousa, emigrados en Portugal, no OFM – Quinta da Lixa, foron primeiro e segundo nunha das probas máis duras do mundo, onde o santiagués xa retirado David Blanco, é o rey con 5 victorias. Outro ex-Xacobeo, o de Moaña, Delio Fernández, fixo un traballo espectacular para que os seus dous compañeiros obtivesen as primeiras plazas da clasificación xeral. A magnificencia desta xesta, case non foi recoñecida nos medios televisivos en Galicia. A televisión pública, só lle adicaba uns segundos ó final do telexornal, de mala maneira, de forma anodina, como se o conseguise un estranxeiro. O que semella que está claro se non se reforza a base con equipos é que, cando se retiren os Contador, Valverde, Joaquim Rodríguez, ou Samuel Sánchez, non quedará case nada. O ciclismo español corre o risco de percorrer unha longa travesía polo deserto coma a que sufriu nos 70 ata o 83, ata a aparición de Pedro Delgado. Para que isto non ocorra, ou para mitigar os danos o máximo posible, sobretodo cos nosos corredores, ¡equipo ciclista galego xa!

VÉNDESE MOTO YAMAHA CÁSEQUE NOVA Cilindrada: 600 cm3 - Ref. FZ6N – S2 Con apenas 7.200 kms - Quilla orixinal Yamaha Tivo un só dono - Protectores de Motor Fazer Prezo: 4.500 euros.

TELÉFONO DE CONTACTO: 658.58 50 49


37

Agosto de 2013 - VIGO

O alcalde pide a BNG e PP dous millóns para Volotea en Vigo O asunto irá a pleno pero antes, este xoves, debaterase un plan galego no comité de rutas

pleno do Concello de Vigo debaterá o luns a aprobación dunha modificación orzamentaria por valor de 363.000 euros para dedicar ao plan de apoio a Peinador, deseñado por Caballero, que pasa por subvencionar directamente á aerolínea Volotea, que xa operou no pasado en Peinador- para que realice servizos desde Vigo.

O

O alcalde necesita contar co voto dun dos dous grupos da oposición Para iso, o alcalde necesita contar co voto dun dos dous grupos da oposición, xa que se trata dun acordo plenario e o grupo socialista carece de votos. A proposta onte presentada non contempla un contrato con condicións expresas para Volotea nin tampouco as liñas concretas, pero sinala tres exercicios: en 2013 os 363.000 euros; en 2014 serían 700.000 máis IVE e en 2015 un millón máis IVE. Todo iso supera os 2,5 millóns de fondos municipais. Segundo explicou o rexedor, con esta axuda directa o aeroporto podería recuperar en tres anos uns 150.000 pasaxeiros e mellorar o seu conectividad con voos trasversales a nove destinos , que serían a Valencia, Sevilla, Palma e Eivissa en 2014, aos

que se sumarán Málaga, Alacante, Bilbao e Menorca en 2015, e finalmente Canarias en 2016. Eivissa, Menorca e Canarias serían estacionales. De momento, a comisión informativa deu luz verde, cos votos favorables do PSOE e a abstención de BNG e PP, á inclusión dese punto na orde do día do próximo pleno, do 9 de setembro. Fontes dos grupos do PP e do BNG xustificaron a súa abstención no trámite inicial porque, a pesar de tratarse o asunto na comisión informativa, o goberno municipal acáballes de trasladar o expediente (no caso dos nacionalistas), ou ben aínda non o teñen no seu poder (caso do grupo popular), polo que aínda non o analizaron. En todo caso, trátase dunha práctica común -a abstención- para reservarse o voto definitivo para a sesión da Corporación. En principio, o PP non é partidario de manter a política de subvencións con diñeiro público, aínda que de forma puntual podería aceptar sempre que Caballero realice unha proposta concreta. 'Algo xa imos avanzando, porque polo menos hai unha idea sobre un acordo, aínda que sen especificar as condicións', sinalaron no PP, que estudaban onte o expediente, que recibiron xa pola tarde.

O BNG pide á cidadanía que mostre o seu descontento o día 15 O responsable local do BNG vigués, Henrique Viéitez, destacou que é necesario que a mobilización do vindeiro 15 de setembro sexa o día da expresión do descontento da sociedade galega diante do aumento da precariedade. Tamén afirmou que para o BNG é necesario aumentar a capacidade de decisión de Galiza e polo tanto a soberanía. 'O 15 de setembro queremos xuntar a toda a cidadanía que teña unha situación persoal precaria, desde os afectados polas preferentes ata os emigrantes que teñen que pagar dobres impostos', explicou Viéitez, durante o reparto de material informativo no Calvario sobre esta mobilización, que terá lugar en Compostela.

Para o BNG estase a producir un deterioro social alarmante, co aumento do desemprego e das persoas en risco de exclusión; pero tamén unha degradación da democracia, con máis casos de corrupción; asó como unha forte recentralización, invadindo as competencias das comunidades autonómas.

A denominación de orixe Rías Baixas presenta un bus turístico para coñecer a vendima

A partir deste sábado día 7 e até o próximo 26 de outubro, a Ruta do Viño Rías Baixas pon en marcha o "bus do viño Rías Baixas", un novo recurso para achegarse e coñecer de primeira man as súas adegas e viñedos no momento máis álxido do ano. O presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araújo, destacou que os usuarios poderán visitar tres adegas e coñecer os recursos patrimoniais do centro histórico de Cambados e Salvaterra de Miño.

VIGO


38

VIGO - Agosto de 2013

Vigo será capital do sector conserveiro durante a VI Conferencia Mundial do Atún “Vigo 2013”

unto ao secretario xeral do Mar e ao secretario xeral de ANFACO, a tenente de alcalde, Carmela Silva, presentou a Conferencia que reunirá en Vigo, os días 9 e 10 de setembro, a máis de 300 diretivos de 29 empresas que concentran o 90% da produción mundial de conservas de pescados e mariscos.

X

Carmela Silva, no nome do alcalde de Vigo, indicou que "somos cidade da economía, da industria, da innovación, somos unha cidade global" con "unha enorme capacidade de competir" a nivel internacional. A tenente de alcalde

salientou que "Vigo vai ser punto de referencia mundial no atún", un tema "de enorme importancia para a nosa cidade, para a industria da conserva, para Galicia e non esaxeramos se dicimos que de enorme importancia para España". Coa organización desta conferencia a cargo de ANFACO-CECOPESCA, Vigo será durante dous días a capital mundial do sector atunero, conserveiro e transformador de produtos do mar e as súas industriais auxiliares. A cidade será punto de encontro da exposición e debate de aspectos tan relevantes como o abastecemento

A Conferencia reunirá en Vigo, os días 9 e 10 de setembro, a máis de 300 diretivos de 29 empresas que concentran o 90% da produción mundial de conservas de pescados e mariscos de materia prima e a elaboración e comercialización de conservas de atun. Participarán na Conferencia máis de 300 directivos que lideran empresas radicadas en 29 países que elaboran ou comercializan os seus produtos nos cinco continentes, concentrando o 90% da produción mundial de conservas de peixes e mariscos.

25 persoas de toda Galicia participarán no Concurso de Violín e Violonchelo Como novidade, o certame incorpora o violonchelo con respecto ao ano pasado. O concurso celébrase no Mercantil ata o venres 6, cando terá lugar un concerto de gala dos premiados aberto ao público. Organizado pola Asociación Galega de Instrumentos de Corda co patrocinio do Concello de Vigo, a segunda edición arrancou o mércores 4 de setembro no Círculo Mercantil coa inclusión do violonchelo como principal novidade deste certame.. O xurado está composto por músicos e docentes que traballan en Galicia.


39

Agosto de 2013 - MORRAZO

2ª convocatoria da ruta de tapas de Bueu, dende o 2 ao 8 de setembro

A VII Exposición de Pintura Artepén abre as súas portas en Cangas

Dende o día 2 de setembro e ata o 8, o Concello de Bueu organiza a 2ª convocatoria da ruta de tapas que coincidirá coa celebración do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC). Nesta edición participan 14 establecementos da localidade con diferentes propostas de tapas, todas elaboradas con produtos do mar.

s 8.00 da tarde do 3 de setembro inaugurouse oficialmente a VII Exposición de Pintura de Autores Pensionistas de O Morrazo, organizada pola Asociación Cultural e Recreativa de Maiores do Morrazo Artepén, que poderá visitarse na Capela do Hospital dende o día 3 ata o vindeiro día 15 de setembro.

Como novidade destaca a posibilidade de participar no sorteo dunha tablet acudindo, alomenos, a 10 establecementos da ruta. As tapas, igual que na convocatoria anterior, terán un prezo de 1,50 euros.

Solicitude de praza na Escola de Música de Moaña A Escola Municipal de Música de Moaña abríu o prazo de inscrición para o curso escolar 2013/14. Quen teña interese por estudar música ten que facer a solicitude na propia Escola de Música en horario de 17.30 a 20.30 h ou no Rexistro do Concello de 8.30 a 13.30. O prazo de inscrición remata o 13 de setembro.

Á

Ao acto inaugural asistiron o Alcalde José Enrique Sotelo, Na imaxe, directiva da asociación Artepén. De esqda. a dta. o Concelleiro de Cultura José Ángel Soliño (presidente) con Elisa Sampedro (tesoureira) e Luis Gestido, a Concelleira Juan Pardavila (vicepresidente). de Benestar Social Dolores Gallego e outros membros da corporación municipal ademais de moitos cada vez son máis, e que supón toda unha veciños que non quixeron perder a apertura mostra das capacidades que posúen as perda mostra e a posterior entrega de premios. soas maiores sen preparación artística previa. Nesta edición, na que se homenaxea de Este ó o sétimo ano que Artepén leva acabo forma especial ao Presidente de Artepén esta exposición pictórica na que exhiben as Antonio Luis Rial González, un total de 24 obras realizadas ao longo de todo un ano de expositores amosan as súas obras, de temátraballo polos membros da asociación, que tica moi diversa, ao público.

bocados


Director: Guillermo Rodríguez. Edita, maqueta e imprime: Edicións Puxeiros C.B. Enderezo: Avenida Peinador, 54, Puxeiros, Mos. Pontevedra. Delegación Ponteareas: Avda Sarmiento Rivera, 4, 4º. 36860, Ponteareas. Enderezo electrónico: redaccion@apeneiradixital.com

publicidade@apeneiradixital.com director@apeneiradixital.com Teléfonos: 986487480/658585049

Otero, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Mero, Isidoro Gracia, Nemesio Barxa, etc. Fotografía: Arquivo, Hernández, Guillermo

Coordinador: Carlos Rey Bárcenas. Colaboradores: Alicia Rocha, Tino Lago, X. A. Pérez Lema, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Manuel Rosende, Inma

Publicidade: Guillermo Rodríguez, Tino Lago e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprímese en papel reciclado


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A NOVA PENEIRA - Nº23 - 2ªQ. Agosto 2013 by A Peneira Dixital - Issuu