www.apeneiradixital.com
XORNAL
ANO 2 - Nº 13
PONTEAREAS
O Concello de Ponteareas reafírmase na construción da nova escola infantil
GALEGO DE INFORMACIÓN
XERAL
Xaneiro de 2013 - 2€
Vigo acolleu a presentación da Vuelta Ciclista a España 2013
Páx. 4
O PORRIÑO Abre o prazo de admisión de curtametraxes e videoclips para o X Festival de Cans Páx. 11
TOMIÑO A solidariedade por Marta desborda o Auditorio de Goián Páx. 25
FOTO: HERNÁNDEZ
Páx. 15
A GUARDA A programación cultural da Guarda de xaneiro e febreiro aposta polo cine Páx. 30
Salceda volve acoller o seu tradicional entroido, un dos máis antigos do País En Salceda de Caselas cheira xa a entroido. Castro Barreiro e A Feira traballan arreo e, como sempre, gardando o máis absoluto silencio sobre
todo o relacionado coa festa. E é que o segredo é a característica fundamental deste peculiar entroido. Páx. 24
2
Opinión - Xaneiro de 2013 EDITORIAL
Política e xuíces bo de ler aos clásicos é que a maior parte dos erros humanos, e os humanos temos tendencia a repetilos, foron obxecto da súa análise e estudo.
O
*Isidoro Gracia Plaza *Diplomado en Relacións Laborais e Empresariais.
Os penúltimos episodios relacionados con resolucións xudiciais que afectan a políticos en activo, que son de moi difícil comprensión (a solución pactada ao problema do financiamento ilegal dun partido catalán, problema con máis de 14 anos de trámite xudicial, e a imputación expansiva do que son representantes democráticos e lexítimos dos cidadáns, concelleiros e alcaldes principalmente, mediante resolucións emitidas por xuíces) que alongan prazos de tramitación de forma indeterminada, invitan a revisar o que os clásicos xa concluíron nas súas análises. Dous exemplos servirán. Un, Montesquieu, respecto ao papel dos xuíces en democracia, propoñía que o poder de xulgar non fose exercido por ninguén de forma permanente xa que: “así o poder de xulgar, tan terrible en mans do home, non estará suxeito a unha clase determinada, nin quedará exclusivamente en mans dunha profesión”. Parece que tiña razón, o modelo de oposicións fixa de forma inamovible nunha profesión a quen as supera, e deixa, de forma case exclusiva, o seu autocontrol en mans dos do seu mesmo oficio, cos que coincidirá grandemente en virtudes e defectos, mentres que o conxunto dos cidadáns baixo a súa responsabilidade xamais poderá valorar democráticamente o seu traballo, e o valor dos seus servizos, o que hai que recordar si farán respecto de os seus representantes políticos. E dous, Aristóteles, respecto do que se entende por xustiza oligárquica e democrática: “parece que a xustiza é igualdade, e así é, pero non para todos, senón para os iguais; e a desigualdade parece ser xusta...”, conclúe: “a maior parte dos homes son malos xuíces cando se trata das cousas propias”. Así pois, si nos fiamos da sabedoría dos clásicos, en democracia convén poñer polo menos no mesmo nivel de crítica, se non superior, aos xuíces que imputan a electos e a eses electos, en especial cando os prazos se alongan “sine die”, cando os electos pagan democráticamente a súa permanencia na imputación, sen obter sentenza, e o xuíz que a mantén non xustifica claramente os porqués.
Benvidos ao 2013 en, o de benvidos é por desexarlles algo agradable, porque tal como vai a cousa este ano ainda pode ser peor que o anterior.
B
Cada mañá chegamos a unha cafetería, se nos queda un euro ou euro e pico, segundo onde sexa, e atopámonos cunha restra de barbaridades e de información sobre a situación actual que poden movernos ao sorriso indignante, ao cabreo, a soltar calquera exabrupto ou a botarlle a culpa ao camareiro, que non ten ningunha. Nos últimos días almorzamos con Bárcenas, con Undengarin, que meteron a man no peto ata a saciedade, con alcaldes e concelleiros imputados por corrupción, con exministros que din que foron de caza porque non facian falla alí onde estaba a súa responsabilidade, coa “real nova” de que o rei e seu fillo recuperaron a paga extra e lle subiron un chisco máis ao soldo. Bueno o de soldo é unha broma, habería que dicir o que nos substraen dos nosos impostos, porque non se lles coñece posto de traballo nigún, agás ser herdeiros de… Napoleón, tal vez. A sociedade está rota por todas partes. Os sociólogos din que non estamos diante dun conflito social porque este país ten un número elevado de xubilados que están mantendo a fillos e netos coas súas paupérrimas pagas. Os cidadáns din nunha maioría abrumadora que non se fían dos políticos dun e doutro bando. Que
A lingua devala nos orzamentos informe elaborado pola CTNL amosa que o goberno de Feijoo ten previsto dedicar á lingua galega en 2013 só un terzo do que hai vinte anos dedicaba o goberno de Fraga. Un retroceso orzamentario brutal que supón pasar daqueles 17 millóns de euros de 1993 (o 0,43 % dun orzamento total da Xunta que daquela acadaba os catro mil millóns de euros) aos apenas 5,7 millóns de 2013 (o 0,06 dun orzamento actual, a pesar dos recortes, de máis de nove mil millóns). Noutras palabras, a pesar de que nestas dúas décadas a Xunta duplicou o seu orzamento, reducíu as parti-
O
das para a lingua galega nun 66,82 %. Un retroceso moi significativo, unha perda de peso político da lingua galega que, como demostra o completísimo cadro resumo elaborado pola CTNL, prodúcese, sen excepción, en todas as partidas cos que conta a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Así, por poñer algúns exemplos do que máis directamente coñezo, as subvencións a empresas editoriais para a edición de materiais didácticos diminúen un 79,2 % con respecto á convocatoria do derradeiro goberno Fraga en 2005, xusto tras a aprobación do PXNLG, até os 250.000 euros de 2013 (unha
cantidade que supón unha diminución do 16,7 % sobre o pasado ano). Outrosí sucede coa partida para proxectos de fomento da lingua galega nos centros educativos non universitarios, que diminúe un 25 % con respecto a 2012 ou as campañas de normalización que contarán en 2013 co 48,5 % menos ca no ano anterior. Máis alá de declaracións retóricas ou de xestos de mercadotecnia política, os orzamentos son o documento esencial para valorar as políticas gobernamentais, xa que é onde se fixan obxectivos e prioridades, ao tempo que se asumen compromisos. Polo que amosan estes orza-
a crise a están padecendo os que menos recursos teñen. Os bancos e grandes empresas múxennos a diario. Hoxe podemos ler nos nosos papeis bancarios termos como “comisión por apuntes; comisión por mantemento de conta, comisión por descuberto máis alto; comisión por entrar nunha sucursal bancaria. Unha auténtica vergoña o que as autoridades deste país lle permiten facer á Banca. O setenta por cento dos españois cre que este país está ao borde dun estalido social; que a economía española está peor cada vez dio o 95 % dos entrevistados. Os xuíces están embroncados co ministro do ramo; aquel que parecía liberal e que nos saiu ra. Os condeados por delictos de luva branca non entran no cárcere e os que o fan saen de inmediato por un indulto do goberno; os “pobres diaños” que non teñen nin luvas morren de frío na soidade e abandono dun penal. Para que seguir, para que facernos malo leite. Vostedes traten de ser felices. Se poden, non lean a prensa porque, por enriba, son os pobres xornalistas os que levan a culpa de darnos malas noticias. Un camareiro díxome que a culpa do que pasaba era dos xornalistas por publicar tantas barbaridades. Está claro, con Franco vivíamos mellor, verdade? Deséxolles que todo isto non lle pase a vostedes, que sexan elucubracións miñas, nunha palabra, que sexa mentira.
*Manuel Bragado *Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia
mentos, xa no trámite de debate parlamentario, as políticas de Feijoo sobre a lingua galega seguirán en 2013 o seu devalo até os territorios da insignificancia. Mesmo sendo moi xenerosos, non enxergamos por ningures motivos para identificar unha posibilidade de mudanza da tendencia. Así continúan as cousas. Expreso gratitude e recoñecmento a CTNL polo seu magnífico e rigoroso informe.
3
Xaneiro de 2013 - Opinión
eixounos definitivamente José Posada González, un Home Bom e generoso amigo leal, infatigavel defensor de Galiza, suas liberdades, sua economia, e suas gentes, desde todos os eidos em que trabalhava e postos que ocupou, no colectivo empresarial, na investigazom, na cultura, na política, na Presidencia da Caixa de Aforros de Ourense, na de Orujo de Galicia, ou no Parlamento europeio onde defendeu os temas proprios galegos e empregou a cotio o galego reintegrado; as castanhas e o vinhedo forom seu campo de estudo preferente, dignificando e elevando a categoria de excelencia tanto o vinho das nosas D.O. como a transformação da castanha em "marron glacé".
D
Viageiro asiduo e com percepção de todo o que o rodeava, abriu mercados em Rusia e paises da sua influencia, Japon, Angola, Mozambique, Chile e outros paises da America do Sul e, inevitavelmente, Europa, dos que sempre regresava con novos conhezimentos e inquedanzas; autor de numerosos livros sobre o vinho e a vinha e outros sobre augardentes, deu ao prelo o primeiro estudo sobre as castes e
Silencio, que durme potencialidades dos vinhos galegos e con posterioridade outros livros sobre a mesma temática e o divertido e imprescindivel polo seu fondo contido "Metafísica do viño": era
home de vastisimos conhezimentos e consideravel cultura que se trans-
alouse, neste Nadal, da entrevista ao Rei feita polo Hermida de turno. Lamentable desde todos os puntos de vista e desde o medio público que o sustentaba. Custaba caro aguantar aquela afronta, lamentable e bochornosa pola actuación de ambos. El, rei desconectado do pobo, achegado aos seus afaires todos de cacerías e enchentas, de abuso e de silencio, entreactos sen sosego nin trato considerado que se volven burla aborregada, cheo de ousadía, sen carisma, sen intelixencia nin sedución, sen entendemento nin control de si mesmo e sen dereito a entrar a saco en temas que non coñece nin quere, que aborrece. Fixo o ridículo mentes inchaba con intención perversa na manipulación das opinións e coa súa presenza non requirida. Aínda así, non puido lavarse diante dos espectadores, amosouse unha outra vez incapaz e inútil, torpón e quizais xa nas últimas brazadas da agónica situación desta monarquía imposta que segue a ser herdo de Franco e dos franquistas, eses que tanto nos habitan na xudicatura que arremete, con parcialidade e dando indefensión, contra os débiles. Despois desa falla de independencia dos poderes, na submisión á Banca e empresarios, no sometemento dos medios “todos” de suposta información e suposta comunicación. Ah, pero o xornalista, lamentable tamén. A súa escenificación propiciou a vergoña e o rubor que moitos sentimos, a obscenidade da submisión, o retorcido escravismo, antítese de calquera modo de educación, a vacuidade das preguntas, a mansedume e a actitude servil e desprezable, a manipulación de verbas e feitos. Estamos cansos de tanta mentira e de tanta podremia. Ninguén dixo que todo estaba preparado para continuar o guión, xa moi longo, dunha “transición” indigna de chamarse tal. Non levou a bo porto toda aquela compo-
F
mitia nas sua conversas, nos seus escritos e nos seus livros, varios deles inéditos, e nas suas conferencias; home optimista e de um fino sentido do humor que deixou reflectido nas convocatorias para os cofrades da Irmandade dos Vinhos Galegos, da que alem de fundador, dinamizador e alma mater, era Secretario Perpétuo. Distribuiu com enorme generosidade alegria e ilusão entre todos os que tivemos o privilegio de tratalo. Todos perdemos algo valioso, seus amigos a uma pessoa entranhavel, legal e sincera, dadivosa e magná-
E a xustiza? nenda, porque a penas nos moveu do sitio, porque non nos trouxo liberdade para todos. Unha Transición fea, soberbia e egoísta. Ditada polo ditador e seguida polos conseguintes, entre eles El Rei. Ninguén dixo que aquilo todo
fora unha componenda de trapicheos na que non se fixo xustiza e onde ninguén pediu perdón (...pois non hai silencios clamando reposición e honra!), chea de pactos imperdoables e de pautos co demo do fascismo, que se perpetuou no poder, onde se lle deu privilexio de novo xunto a aquela igrexa caduca e rancia dos que tamén hoxe vemos nas fotos. En resume, unha transición de miserias que nos impide avanzar. Todos sabemos do distinto trato que diante a xustiza teñen as persoas que non se aliñen cos grupos do poder. Nin que dicir ten o distinto xeito de tratar aos Urdangaríns, Carromeros, Ratos,... que ás nosas mozas e mozos presos políticos e independentistas que botan
*Nemesio Barxa *Advogado
nima; nossas vinhas e adegas un home que deitou amor e dedicação sobre elas para darlhe a importancia que acadaron; as castanhas seu mellor divulgador, o home que as vestiu de etiqueta; a cultura galega um vulto de cuia importancia ainda não fica a suficjente noticia; e Galiza un home que acreditava nela e que lutava por contribuir a proporcionarlhe um futuro esplendoroso. Forzoso Pepe que choremos por ti, ainda que me consta que detestavas os choros e fuches todo alegria. Sursum corda e bebe pro novis. Não quero despedirme ao cabo vas vivir sempre em nos, e ficarás necessariamente presente, como Secretario Perpétuo, nas equinociales e solsticiales juntanças da nossa, e fundamentalmente tua, Irmandade dos Vinhos Galegos e, dende logo, no seu Magusto com Mozas que era a Festa da Castanha.
*Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero: *Mestre e músico
anos no cárcere, tratados xa de delincuentes, en espera de que “sus señorías” e outras autoridades teñan a ben estimar o seu dereito á presunción de inocencia e á defensa, ou a que se celebre un xuízo xusto sobre os seus presuntos delitos. Mentres son tratados con modelos caducos de represión penitenciaria de castigo e control. Todo iso por ter ideas distintas de liberalización do País, lonxe de fórmulas pasivas ou destrutivas como as que nos aplican, aludindo a unha mal chamada orde e dereito. Eu, que non defendo ningún tipo de violencia, sei dalgúns que están baixo sospeita e sufrindo xa o que non fixeron, sinalados polo dedo que para outros se esconde diante de manifestos delitos. Sabemos que estamos lonxe dunha democracia, por ser tan mal nacida e tan mal xestionada: con tanta trampa e mentira. Pola condonación de penas aos verdugos, por indultar aos evidentemente culpables. Monarquía, banqueiros, xornalistas, intelectuais, empresarios, xuristas, igrexa, presidentes e conselleiros, todos os/as aqueles con mando en praza de toda esta arquitectura da usura, da mudez e do fraude son cómplices da inmoralidade e indignidade que nos afoga. Por iso estamos pagando en futuro, cos nosos fillos, o que non soubemos aplicar no presente e remediar do pasado. Deus nos dea ira que paciencia temos de abondo!
4
O Condado - Ponteareas - Xaneiro de 2013
Abre o prazo para a preinscrición nos cursos de galego
O Concello de Ponteareas reafírmase na construción da nova escola infantil o recente pleno celebrado en Ponteareas, o goberno ponteareano manifestou unha vez máis o compromiso da Xunta e do Concello de construír a nova escola infantil para Ponteareas.
N
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas lémbralles a todos os veciños e veciñas que xa está aberto o prazo para solicitar a preinscrición nos cursos de galego preparatorios para a obtención dos diferentes niveis de Certificados de lingua galega (Celgas).
O
Estes cursos están organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e impartiranse de xeito gratuíto no Concello de Ponteareas.As persoas interesadas poden infromarse no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, no segundo andar da Biblioteca Municipal.
O Goberno Local segue negociando coa Xunta para conquerir o custo total da construción dunha nova escola infantil para Ponteareas, unha vez coñecida a orde dende o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar de que deben achegar o 40% do custe da construción. O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, agradeceu á Consellería de Traballo e Benestar a súa implicación no proxecto de construción da nova escola infantil, “sendo conscientes da difícil situación económica e dos axustes que se están a facer en todas as administracións para afrontar a débeda estatal e autonómica”.
A deputada provincial Marta Iglesias visitou as instalacións de ASPRODICO
O Goberno Local indicou que a Consellería de Servizos Sociais xa deu todos os pasos previos que lle correspondían ao Concello. "Realizamos as xestións para conseguir os mellores terreos na malla urbana onde ubicar esta infraestrutura que contará á súa vez cun magnífico parque urbano
dunha elevada calidade ambiental e paisaxistica”. Solla recórdalle ao BNG que a Xunta bipartita, en época de bonanza económica, non destinou un só euro a esta futura nova infraestrutura. Nin o 60% nin o 40%, nin nada de nada.
Xornadas de cociña Asturiana no Restaurante Punto & Textura s próximos días 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de xaneiro, celébranse no Restaurante Punto & Textura de Ponteareas as Xornadas de cociña Asturiana.
O
Farán pratos tradicionais cun toque de cociña actual, e ofrecerán entre outros, os seguintes pratos: tor-
tos de matanza con ovo escalfado e fío crocante de allo porro, deconstrución de fabada asturiana con crocant de sepia, escalopíns de boi ao cabrales con pataca perforada, mazá frita con falso xeado de queixo con noz e vinagreta de mel. Tamén disporán de sidra para escanciar.
a imaxe pasado 17 de xaneiro a diputada provincial Marta Iglesias e o alcalde Salvador González Solla, acompañados polas concelleiras de Servizos Sociais, Marisol Valado e Rosa Carrera, visitaron as instalacións do Centro ASPRODICO, para reunirse coa asociación de discapacitados do Condado e Paradanta (ADAPTA) e tamén coa Confederación Galega de persoas con discapacidade (COGAMI), para facer entrega, por parte da diputada provincial, dunha axuda económica por valor de 4.000 euros, que se enmarca dentro das subvencións da Diputación Provincial, dirixidas a entidades de iniciativa social, no
O
marco de prestación de servizos sociais. Esta axuda do ano 2012, enmarcada dentro deste Programa, súmase ao recibido nos últimos tres anos, con un total que ronda os 12.000 euros e que lles axuda a poder continuar coa importante labor que dende esta asociación se leva a cabo no Condado e Paradanta dentro do “programa de Atención a persoas con discapacidade”. Recibindo esta axuda atopábase a presidenta da asociación, Montserrat Cuevas Gándara e o vicepresidente, Rogelio Cuevas Guisande.
Ponteareas acolleu unha gran Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro a partir das 18 horas. Pola mañá houbo pasarrúas e actuación dos Ranchos de Reis de Guláns, Cortellas e Fozara.
Xaneiro de 2013 - O
5
Condado - Ponteareas
ENTROIDO 2013 - Ponteareas MARTES 5 DE FEBREIRO
MARTES 12 DE FEBREIRO SÁBADO 9 DE FEBREIRO
* Ás 16.30, obradoiro de maquillaxe de entroido para nenos na Axencia de Lectura de Xinzo MÉRCORES 6 DE FEBREIRO * Ás 16.30, obradoiro de maquillaxe de entroido para nenos na Axencia de Lectura de Areas
* Concurso de disfraces na Praza Maior. Inscrición na mesma praza
* Ás 17 horas, cine no Auditorio Reveriano Soutullo coa proxección da película “Tadeo Jones”
* A partir das 19,30 horas, baile de entroido na Praza Maior na compaña dunha orquestra
* Ás 20 horas, na Praza Maior, desfile de comparsas, lectura de coplas e entrega de premios
* Ás 20.30 horas, concurso de disfraces de maiores.
* Ás 22 horas, para rematar, gran chocolatada na Praza Maior
XOVES 7 DE FEBREIRO * Obradoiro de maquillaxe de entroido para nenos na Axencia de Lectura de Ribadetea, ás 16.30 horas * Ás 18 horas, obradoiro de maquillaxe de entroido para nenos na Biblioteca Municipal de Ponteareas VENRES 8 DE FEBREIRO * Ás 16.30 horas, obradoiro de maquillaxe de entroido para nenos na Axencia de Lectura de Guillade
* De 21.30 a 22.30, actuación musical
MÉRCORES 13 DE FEBREIRO
* Ás 23 horas, entrega de premios do concurso e fin de festa coa actuación da orquestra
* Cine no Auditorio Reveriano Soutullo, ás 17 horas, coa proxección da película “Piratas”
DOMINGO 10 DE FEBREIRO
* Ás 20 horas, velorio da sardiña no Centro Artístico Sportivo
* Ás 17 horas, concurso de comparsas. Saída do desfile dende a Casa do Concello. Remate na Praza Maior coa lectura de coplas
* Ás 20.30 horas, enterro da sardiña. Saída do Centro Artístico Sportivo e remate na Praza Maior
LUNS 11 DE FEBREIRO XOVES 14 DE FEBREIRO
* Ás 17 horas, cine no Auditorio Reveriano Soutullo: “Madagascar 3”
* Ás 17.30 horas, concurso infantil de disfraces na Praza Maior. Inscrición na praza, de 16.30 a 18 horas
* Ás 20.30 horas, cine no Auditorio Reveriano Soutullo coa proxección da película “Un lugar para soñar”
Sampedro recibe o proxecto gañador do premio de investigación Fermín Bouza Brey
ofía Rodríguez entregoulle a Andrés Sampedro, concelleiro de Cultura de Ponteareas, o proxecto de investigación titulado “A vida e as xentes do concello de Ponteareas a través de El Tea” co que gañara a V edición do Premio de investigación Fermín Bouza Brey.
S
Con este proxecto trátase de por en valor a publicación agrarista “El Tea” (1908-1936). Convértese na fonte para achegarse ao latir da vida cotiá da comarca durante estes anos. O xornal garda auténticos tesouros con respecto a vida cotiá, achéganos a aspectos tan habituais que incluso sorprende o luxo de detalles cos que os enumera. Ademais recolle moitos versos e coplas que nos permiten aproximarnos a unha tradición oral case desaparecida. Entre os redactores que escribían as noticias de El Tea coas súas afiadas e irónicas plumas destacan Rogelio Rivero ou Vidales Tomé.
6
O Condado - Ponteareas - Xaneiro de 2013
ACIP alerta do perigo da ponte da Gaiosa A ponte do barrio da Gaiosa, na parroquia de Fontenla, constitúe un perigo para os condutores e peóns ao carecer de varanda, segundo advirte o grupo municipal ACIP. Esta infraestrutura sobre o río Uma leva, segundo os independentes, máis dun ano neste estado pola falta de mantemento por parte do goberno local.O portavoz de ACIP, Juan Carlos González Carreira, advirte que "esta vía de comunicación enlaza a parroquia de Fontenla coa estrada das Neves, pola que circulan diariamente centos de vehículos e persoas".
Artur Alonso presentou o seu último libro O escritor Artur Alonso presentou o seu último libro “Adelaida” o xoves 17 de xaneiro na Biblioteca Municipal. Artur Alonso naceu en México D.F. en 1964. É Perito Mercantil. Diplomado pola Escola Oficial de Comercio de Ourense. Exerce como funcionario do SERGAS. Como poeta ten realizado as seguintes publicacións: Entre os teus Ollos (2001); Unha meixela despois a outra (2003); Antoloxía Dez x Dez (2006); Fillos da Brétema (2008). Adelaida (2011).
O Goberno Local afirma que a Xunta si invertirá en Ponteareas en 2013 Goberno local dille ao BNG que “minte cando di que nos ornamentos da Xuta non hai inversións para Ponteareas.
O
Ante as manifestacións do BNG sobre que é o único Grupo que presenta mocións o Pleno, o Alcalde recórdalle que mais que mocións son rogos e que por riba, estas son réplicas das de que presentan todolos anos, salvo nos anos nos que a Xunta estaba gobernada polo Bipartito PSOE-BNG. O Alcalde non está de acordo co manifestado polo Sr Represas, porque a pesar de atoparnos nunha situación de crisis
económica xeneralizada, Ponteareas está recibindo un bo trato por parte do Goberno da Xunta, e mostra delo é que tan só a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraes-
Rober Bodegas presenta "El umbral de la estupidez" Rober Bodegas regresa aos escenarios con "El umbral de la estupidez". O cómico galego actúa en A Regueifa, en Ponteareas, o sábado 26 ás 23.30 horas. Rober Bodegas pregúntase se cada vez somos máis parvos no seu novo e hilarante espectáculo. Despois do seu paso polo programa de televisión "Sé lo que hicisteis... ", envorcouse nos seus monólogos para teatro e o seu proxecto Solocomedia.com. Entrada anticipada 8 euros, en taquilla 10 euros.
truturas invertirá máis de 6,5 millóns de euros en actuacións prioritarias para este Concello como son o Saneamento nas parroquias de Prado, Pías e Padróns, o Proxecto da Senda Fluvial no río Tea, a primeira fase da Ampliación da Depuradora, o remate do saneamento de Xinzo, Areas e Arnoso, e a ETAP recentemente inaugurada, inversións das cales son coñecedores porque estes proxectos foron aprobados no Pleno municipal.
Guláns celebra o Entroido A Asociación Cultural de Guláns celebra unha cea baile de Entroido o vindeiro 9 de febreiro ás 22 horas no parque da Avisoureira. O evento contará con música, menú especial (entremeses, carne ao caldeiro, viño e postres) e premios aos mellores disfraces. Poden participar tanto socios como non socios. As prazas son limitadas, e pódense reservar ata o día 3 de febreiro. Xa o domingo 17, a partir das 16.30 horas, un gran desfile de disfraces e comparsas percorrerá o mítico parque gulanés. Haberá premios diversos.
Xaneiro de 2013 - O
7
Condado - Salvaterra/Arbo
Arbo organiza un certame de corais O Concello de Arbo organiza 1º Certame Galego de Corais “Vila De Arbo”, o sábado 27 de abril. Cun máximo de 8 corais participantes, as persoas interesadas poderán inscribirse ata o 14 de febreiro. Terán que interpretar diversas obras, unha delas “Linda flor”, homenaxe a Francisco Rey Ri-
vero. Haberá 4 premios, dun total de 1.100 euros. O primeiro premio recordará ao ilustre Segundo Gil Davila, emprendedor local que conta cunha Fundación que leva o seu nome. As bases do certame están na web municipal.
Salvaterra fai balance da súa recollida de alimentos
nha vez rematadas as Festas de Nadal, o Concello de Salvaterra fai balance da súa recollida de alimentos.
U
Unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros, produtos de limpeza e hixiene que se dirixiu por un lado aos centros educativos, colexios, instituto e Cra e por outro lado aos supermercados do municipio. Ademais fixéronse dous actos deportivos onde se recadaban tamén comestibles, como foi a San Silvestre Solidaria e o Torneo da A.C.D. San Lorenzo, para que de esta forma puideran participar na recollida todos os que o desexasen. A través destes actos e accións o Banco de Alimentos Municipal, que dá cobertura a máis de 80 familias e a un total de 70 nenos, conseguiu recadar máis de 2.000 quilogramos de comida.
Dende o Concello de Salvaterra queren dar as grazas a todos aqueles que participaron nesta iniciativa solidaria, pola súa xenerosidade e compromiso con todos os que o necesitan. Tamén queren agradecer o labor tanto da Asociación de Comerciantes UNES pola recollida de xoguetes usados, como o doutras asociacións do municipio, como son Cáritas e a Asociación de Solidariedade San Roque de Leirado, que axudan e colaboran todos os días do ano con Servizos Sociais para cubrir as necesidades básicas das persoas sen recursos. “Moitas grazas a todos, unha miguiña que en solitario ao mellor non se aprecia, en conxunto axuda a moitos. Se alguén está interesado en seguir colaborando con nós pode facelo a través do Departamento de Servizos Sociais”, sinalan dende o Concello.
8
Publicidade - Xaneiro de 2013
9
Xaneiro de 2013 - Publicidade
Un local onde “quedar” cos amigos e tomar algo comodamente Os irmáns Hector e Pablo, expertos e veteranos no eido da gastronomía, veñen de poñer en marcha un lugar de tapas e algo máis, que está rompendo moldes en Ponteareas. - Por que abrir un local coma este? - Porque Ponteareas estaba demandándoo; un local onde se poida “quedar” cos amigos e disfrutar tomando algo comodamente. De xeito sorprendente converteuse nun lugar de moda na vila do Tea. - Que comentarios fan os clientes? - Falan da decoración; impáctalles o cambio que lle demos ao local en xeral xa que non se parece nada ao que había. - Que parte do éxito se debe ao emprazamento? -Estamos na Praza Maior; lugar idóneo para este tipo de negocio. Dispoñemos de toda unha terraza en zona peonil o que nos permite realizar actividades no exterior. Temos xustamente en fronte un parque infantil que permite aos
pais controlar aos seus retoños. - Que comentarios se fan nos outros locais semellantes? -Todos nos coñecen e móstranse próximos. Nós en realidade o que pretendemos é crear unha zona verde na que varios locais formen unha ruta do tapeo. - Como ides de concorrencia, de clientes? - Moi ben; estamos sorprendidos pola boa acollida que se nos presta. Estamos comprobando que imos crecendo cunha clientela de sempre, fiel. - Que tal os prezos? - A nosa “liña” de prezos está triunfando na localidade sorprendendo polo económica que resulta e pola calidade dos alimentos. Pódese comer ou cear por menos de QUINCE euros. Gustamos de sorprender aos nosos clientes cun local acolledor, un punto de encontro social no
centro de Ponteareas onde podes celebrar unha comida de amigos ou familiar. - Canta xente para atender á demanda? - A diario somos unha equipo de nove persoas; as fins de semana súmanse algúns traballadores máis. - Movédesvos polas redes sociais? -Evidentemente; hoxe xogan un papel importante para locais como este. - Que podemos comer e beber en O TUNEL? -Todo o clásico; sen “fritangas” pois ainda que pareza difícil de crer non temos frixidora. Todo se fai a diario, no momento, isto nótase no prato. A nosa carta é moi breve. Pero o mellor para confirmar todo isto é que pasades por O TUNEL, na praza Maior de Ponteareas e podedes comprobalo vós mesmos.
10
O Porriño - Xaneiro de 2013
O Concello instala céspede artificial de última As pistas de tenis municipais contarán xeración no campo de fútbol de Budiño n novo terreo de xogo sofisticado e de última xeración é o resultado dun compromiso contraído polo alcalde do Concello de Porriño Nelson Santos e o concelleiro de Deportes M. Alejandro Lorenzo coa presidenta e o co adestrador do Club de Fútbol San Salvador de Budiño, Eva Domínguez e Manuel Rodríguez, un matrimonio novo da parroquia que comparten unha grande admiración polo equipo. Foi este verán cando Eva e Manuel trasladáronlles ao alcalde e ao concelleiro a necesidade de mellorar o campo no que xoga o San Salvador de Budiño que, tralo ascenso, esta
U
tempada milita na categoría 2ª Rexional; ademais o club tamén ten un equipo feminino de fútbol 7 que non podía disputar os seus partidos nel téndose que desprazar a campos doutras localidades.
Cumprindo co prometido, o Concello iniciou xa as obras que incluirán a dotación de céspede artificial ademais do acondicionamiento e mellora das instalacións en xeral. "O proxecto, similar aos xa existentes en Atios, Pontellas e no Complexo Deportivo do Lourambal, suporá un investimento de máis de 310.00 euros, contando ademais coa colaboración da Deputación de Pontevedra nos traballos de nivelación do terreo", sinalaba Nelson Santos durante unha visita ao campo acompañado do edil de Deportes e da concelleira María José Martínez, veciña da parroquia.
Continúa aberta ao público a exposición Novos Valores A Concellería de Cultural do Concello de Porriño informa de que continúa aberta ao público a exposición itinerante Novos Valores composta por 38 obras seleccionadas do certamen Novos Valores 2012, convocado pola Deputación de Pontevedra. Esta panorámica da arte galega contemporáneo está a disposición de todas aquelas persoas que queiran apreciala na última planta do centro cultural municipal, de luns a venres de 09.00 a 21.00 horas.
última modalidade na que se atopan os traballos de Raquel e Vanessa baixo os títulos de Paisaxe para bandexa de poliespán con media peituga de polo e Sen título (Pantasma).
As 38 obras seleccionadas entre as 106 que se presentaron ao certamen atópanse esculturas, fotografías, debuxos, vídeos e pinturas, precisamente é nesta
Con esta exposición os veciños de Porriño poden mergullarse nas novas tendencias, contemplando unha selección de obras artísticas que representan a achega das novas xeracións de creadores que ofrecen unha exposición chea de novidade, cromatismo e imaxinación.
con vestiarios As pistas de tenis municipais situadas na rúa Fernández Areal, colindantes coa Escola Infantil, contarán con vestiarios totalmente equipados. O alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Deportes M. Alejandro Lorenzo visitaron as instalacións onde estiveron con Santiago Pérez, adestrador e director deportivo do Club de Tenis de Porriño, contemplando o inicio e avance das obras. O investimento realizado polo Concello de Porriño para o acometido destas obras alcanza os 110.000 euros, con fondos propios.
Mozos porriñeses asisten a un curso de Primeiros Auxilios As concellerías de Mocidade e Emprego e Formación de Porriño poñen en marcha coa colaboración da Deputación de Pontevedra un curso de Aplicación de Técnicas de Seguridade e Primeiros Auxilios. A acción formativa que deu comezo o mércores 26 de decembro, no Multicentro de Torneiros enmárcase no Plan Actívate cuxo obxectivo se centra no desenvolvemento de actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e o tempo libre, que respondan ás demandas dos mozos de entre 16 e 35 anos, que é o público ao que van dirixidos cursos como este.
Xaneiro de 2013 - O
11
Porriño
Abre o prazo de admisión de curtametraxes e videoclips para o X Festival de Cans Asociación Cultural Arela informa de que ata o 15 de marzo está aberto o prazo de admisión de curtametraxes e videoclips galegos para participar na décima edición do Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio. O festival prevé entregar once premios: oito para curtametraxes, dous para videoclips e un premio honorífico, o premio Pedigree. Serán en total 6.200 euros en premios, ademais dos Cans de Pedra que recibirán os gañadores, as coñecidas estatuíñas realizadas polo artesán canteiro local Paco Candán.
No que se refire aos videoclips, o certame estará aberto a aqueles de músic@s ou grupos galegos e aos dirixidos por realizadores/as galeg@s. Deben ser dos anos 2011, 2012 ou 2013. Neste apartado hai dous premios ao mellor videoclip: o que outorga o público e o que entrega o xurado. Cada un deles recibirá 300 euros, ademais do Can de Pedra.
A
A pesar do escenario de incerteza económica, o festival contempla manter as mesmas categorías de anos anteriores e a dotación económica dos premios. A organización considera que nun contexto pouco favorable para conseguir axudas e financiamento para as producións audiovisuais é máis necesario que nunca manter a dotación dos premios do festival No que se refire ás curtametraxes hai dúas categorías a concurso: curtas de ficción e curtas de animación. Os premios do xurado en ambas categorías están dotados con 1.500 euros cada un, e con 1.000 euros en cada categoría os premios do público. O festival resérvase a posibilidade de cancelar ou agrupar categorías se non se xuntan curtas suficientes en cantidade e calidade. Entréganse ademais outros catro premios: mellor actriz (200 €), mellor actor (200 €) e mellor guión (200 €) segundo o xurado, ademais
do premio especial do xurado dos veciños, escollido por un grupo de veciños e veciñas de Cans. Para a súa participación no Festival de Cans, as curtametraxes deben estar feitas en Galicia, producidas por unha produtora galega ou dirixidas por directores/as galeg@s, e producidas nos anos 2011, 2012 ou 2013. A organización quere fomentar a estrea de curtas no festival, polo que se valorará especialmente a presentación de curtametraxes aínda non estreadas en Galicia nin en internet, aínda que este non é un requisito imprescindible. Ademais de curtas de ficción e de animación, acéptanse outros formatos (documentais, webseries…) para outras seccións fóra de concurso.
18 mulleres e 16 homes empréganse e formánse en Porremprego
o obxectivo último da inserción no mercado laboral de persoas desempregadas veciñas de Porriño, o Concello pon en marcha o Obradoiro de emprego Porremprego I, un programa mixto que combina a formación cun traballo efectivo, pois os alumnos-traballadores realizarán obras e prestarán servizos de interese xeral e social. Un total de 34 veciños de Porriño, 16 homes e 18 mulleres, ata agora desempregados inician unha nova etapa laboral e for-
C
mativa. O alcalde Nelson Santos, o concelleiro de Emprego e Formación M. Alejandro Lorenzo e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo María José Bravo Bosh inauguraron o Obradoiro no Multicentro de Torneiros cunha visita aos participantes, acto no que tamén estivo presente o deputado provincial Pablo Baquero. Santos remarcou o dato de paro rexistrado o pasado mes de decembro en Porriño e que se deu a coñecer onte, "un dato positivo ao conseguir rebaixar a lista en 34 persoas, consideradas para a miña como 34 logros e felicitacións. Desde o Goberno local este é e seguirá sendo o noso máximo obxectivo: a xeración e o fomento do emprego no municipio", remarcou o alcalde. Neste sentido, a delegada aplaudiu todas as accións postas en marcha en Porriño en prol do emprego.
Por último o Festival outorgará o honorífico Premio Pedigree a algunha persoa do audiovisual galego destacada pola súa traxectoria. Este recoñecemento recibírono en edicións anteriores Antonio Durán “Morris”, María Pujalte, Ernesto Chao, Xavier Villaverde, Chete Lera, Antón Reixa, Luis Tosar, Celso Bugallo e Mabel Rivera. Financiamento do festival A Asociación Cultural Arela, baixo a dirección de Alfonso Pato está agora tratando de concretar as axudas que recibirá da administración galega, ademais de procurar novos apoios privados e abrir novas vías de financiamento. O festival quere agradecer a boa resposta de particulares e empresas á campaña iniciada para conseguir novos recursos para a organización dun evento que este ano chega á súa décima edición.
Porriño inicia as obras con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación s proxectos con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra 2012 do Concello de Porriño iniciáronse a primeiros de xaneiro. A contía enmarcada no plan, de 324.465,97 euros, foi acollida con satisfacción pola Administración local. Deste xeito, acometeranse tres proxectos de gran necesidade no municipio, "sobre todo o saneamento no Cerquido, un barrio históricamente máis esquecido no que a investimento en infraestruturas se refire, por iso é polo que con esta obra, de grande importancia e repercusión para os veciños, quedará xa toda a zona conectada ao Sistema de Saneamento do río Louro, verquendo á EDAR de Guillarei", subliña o rexedor local. Aínda que os traballos non poderán ser executados na súa totalidade con fondos deste plan da Deputación, desde o Concello aseguran a súa completa execución mediando co ente provincial para conseguir outra partida; pois, neste caso, o proxecto está presupostado en máis de
O
240.000 euros, dos cales 144.174 euros serán do Plan de Investimentos. Outra das obras é a ampliación e o reforzo do vial das Laxas que transcorre entre Madeiras Iglesias ata a ponte das Almendras. O investimento para estes traballos ascende a 153.667 euros. A retirada dunha torreta de distribución eléctrica de media tensión na conexión do vial N-550 con Torneiros é o terceiro dos proxectos contemplados para sufragar co recibido deste Plan de Investimentos. O custo desta obra é de 26.623 euros.
12
O Porriño - Xaneiro de 2013
CADERNOS DA VIAXE actual, e inaturábel, nível de corrupción da actividade política no Estado ten a súa causa sobranceira na colonización das institucións desenvolvida os últimos 30 anos pola cada vez máis ampla burocracia do bipartidismo PP-PSOE. Unha burocracia que medra para, porén, depender cada vez máis dun pequeno grupo dirixente, que decide as candidaturas electorais e os postos institucionais, convertendo a loubanza ao xefe, a adhesión acrítica e o espírito gregario nos principais valores para desenvolver unha carreira política.
O
Esta colonización institucional bipartidista, asi e todo, non explica por si propia o actual nível de corrupción senón entendemos a súa estreita relación con determinadas elites financieras e empresariais madrileñas que xiran arredor do BOE, en sentido amplo. É dicir, do mundo das contratacións e concesións. Elites que, no que atinxe a Galicia, amosáronse historicamente belixerantes diante da posibilidade de que as empresas autóctonas puidesen obter unha parte importante das contratacións públi-
Rajoy tiña que sabelo
España é un dos Estados máis corruptos dentro das democracias occidentais, segundo Transparencia Internacional e o único Estado da Unión Europea sen unha lexislación específica que sancione a falla de transparencia nos Poderes Públicos. Semella, xa que logo, que como moitas veces a solución futura pasará nomeadamente por darmos máis e mellor regulación. Agora ben, hoxe non é protagonista a corrupción sistémica en xeral, senón a que aferrolla a sede central do PP. Se as revelacións das últimas horas son certas e os dirixentes estatais do PP cobraron sobresoldos en diñeiro “B”até 2009 é evidente que os Presidentes do PP até 2009 tiveron que coñecer
ese feito. Tamén Aznar (máximo dirixente até setembro de 2003) e Rajoy, que lidera dende entón. Xa que logo, semella que o futuro do Partido que goberna con maioría absoluta en Madrid e moitas
tais da formación, que ascenderon a máis de 7000 €, para que 32 guardeses, o 68% dos que se presentaron a exame, obtiveran o título de graduado. Seguindo o protocolo de anos anteriores, o día 1 de decembro o Concello abríu un prazo de preinscrición para que os interesados e interesadas se anotaran para o curso que debería comezar a finais de xaneiro de 2013. Nestes momentos o número de persoas interesadas anda arredor das 70, das cales 50 son da Guarda e 20 de concellos limítrofes. Non podemos deixar a todas estas persoas abandonadas a súa sorte.
O
Dende a guardesa Concellería de Educación puxeron de manifesto a súa preocupación “diante desta decisión da Xun-
*Avogado
cas ou do reparto eólico. Por certo, son as mesmas que din que as autonomías son ruinosas e que as clases medias vivíamos por riba das nosas posibilidades.
A Xunta deixa de subvencionar a obtención do graduado na ESO para persoas adultas
Concello da Guarda recibiu de forma extraoficial a noticia de que a Xunta de Galicia elimina, para este ano 2013, a subvención de formación de persoas adultas para a obtención do graduado en Educación Secundaria.
*XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA
ta que, de ser certa, vén a prexudicar ás persoas que máis o necesitan cando máis o necesitan”. “Os guardeses, indican fontes municipais, xa sufriron o ano pasado un importante revés ao serlle denegada a subvención para esta formación tan importante nestes tempos difíciles”. O Concello tivo que asumir sen ningunha axuda os custos to-
“Son tempos nos que a formación das persoas é unha luz de esperanza para as que poden acceder a ela, en moitos casos marcará a diferenza poder acceder ou non a un posto de traballo. Dende o concello consideramos que a Xunta de Galicia pecaría de irresponsable se non habilita esta subvención”, sentencian.
capitais autonómicas pode depender da chantaxe dun presunto delincuente. Porque, se esa caste de comportamentos ilegais existiron no seu tempo, Rajoy tivo que coñecelos.
Compromiso por Galicia escolle as responsabilidades da Executiva ompromiso por Galicia celebrou o pasado 18 de xaneiro o seu primeiro Consello Naciona,l logo da celebración do seu Congreso Constituínte. Entre os asuntos da orde do día destacaron a elección das responsabilidades da Comisión Executiva e máis o deseño do borrador do mapa territorial da organización. A proposta, que saiu adiante sen ningún voto en contra, foi a seguinte: Sandra Araúxo farase cargo da Secretaría de Organización; Manuel González das Secretarías de Política Económica e de Finanzas; Xosé Anxo Laxe a Secretaría de Política Municipal; Paulo Carlos López a Secretaría de Comunicación; Inma López Silva a Secretaría de Igualdade e Muller e mais a Secretaría de Cultura; Henrique Monteagudo as Secretarías de Relacións Internacionais e de Lingua; Xulia Guntín a Secretaría de Formación e Liña Política; Ana Bande a Secretaría de Movementos Sociais. De igual modo Xosé Manuel Pérez Bouza asumirá, ademais da coordinación territorial de Ourense, a Secretaría de Servizos Públicos.
C
SUPLEMENTO
DE DEPORTES E CULTURA
Mauro González, corredor do CC Salvaterra-TB TRansportes
“Galicia segue sendo unha potencia en ciclocross” corredor do CC Salvaterra – TB Transportes, o ciclocrossman galego máis laureado da tempada achéganos as súas impresións sobre a situación actual do ciclocross en Galicia, fai balance do ano, cóntanos os seus obxectivos máis próximos e futuros e opina sobre a seguridade dos ciclistas na estrada.
2010/2011, loitando nalgunhas carreiras nacionais por un top5. Sei que estando a ese nivel as vitorias aquí chegarían.
O
O campionato galego non foi para nada o máis “gris” da tempada, xa que, ser segundo, pero detrás do meu irmán, foi unha gran fazaña. Quizáis a rotura de cambio en Medina de Pomar na última volta co segundo posto no peto dá raiba, xa que os podiums a nivel nacional están moi caros. Pero un está acostumado a que estes sucesos sexan parte do xogo.
- Recordas cal foi a túa primeira bicicleta e as sensacións que notaches a primeira vez? - Non recordo a primeira vez, pero xa con 3 anos recordo a miña primeira bici, unha BH branca coas rodas vermellas, e os sustos que lles daba aos meus pais, xa que o meu era escapar da casa para explorar enriba da bici, dende un primeiro momento gustoume a liberdade que sentía.
- Cal cres que é o circuito máis complicado do calendario galego? E o máis atractivo de cara ao público? - O máis complicado para min son algúns como os de Santiago, por ser tan duros en desnivel, e onde é primordial regular os esforzos, xa que se te pasas de voltas non hai terreo para recuperar.
- Xa asentado como corredor da categoría Élite, botas de menos algo das categorías anteriores? - Pois igual a categoría xuvenil, na cal non son tan esixentes os entrenos, e compaxinar estudos, ocio e bici levábase ben. Foron os anos que viaxei máis por toda a xeografía de España e parte de Europa. Para estar nun bo nivel necesitas “sacrificar” algunhas cousas. - Por que che gusta tanto o ciclocross en non outras modalidades que tamén practicas como ruta ou mountain bike? - Gústanme as tres, cada unha ten o seu encanto, pero o ciclocross enganchoume dende o primeiro momento. Supoño que unha das razóns é que é a que máis se adapta a min, carreira moi explosiva, onde se vai toda a hora na “zona vermella” e onde a técnica é importante. Despois están moitas razóns máis como o grande ambiente que se respira nas carreiras. -Centrándonos un pouco na actualidade, co dominio total do calendario galego de ciclocross pola túa parte máis a de teu irmán Paulo, pódese dicir que quedou “en familia”? - Si claro, aínda que o ciclocross é individual, sempre se pode correr como equipo e intentar axudarse mutuamente. E máis neste caso cando á parte de compañeiros de equipo somos irmáns e grandes
amigos. - Daslle algún consello cando compartides adestramentos ou non o fas non vaia ser que che “molle a orella” máis a miúdo? - Sempre intento aconsellalo o mellor posible. Intento que mellore técnicamente e nos cambios de ritmo, porque creo que físicamente ten máis capacidade ca min, xa que adestrando en ruta en portos longos si que me “molla a orella”. - O dominio foi claro dende un principio ou houbo máis dificultades cás que mostran as clasificacións? - Ao empezar a tempada en outubro xa fai que empeces as carreiras en Galicia (mediados de novembro) cun bo punto de forma con respeto a algúns contrincantes. Aínda que houbo carreiras moi axustadas como a de Santiago, gañando por tan só 10 segundos a Jaime Juncal. - No penúltimo día do pasado
ano, nos campionatos autonómicos, en Moaña, unha avaría marcou bastante a túa proba, xa que tiveches que remontar varias posicións. A vitoria foi para Paulo. Cres que sen esa avaría terías a proba moi de cara ou teu irmán estaba demasiado forte para batelo ese día? - Ese dia foi o mellor con diferenza, cando aínda ningún dos tres perseguidores (Óscar Vázquez, Jaime Juncal e eu) tiveramos ningunha incidencia, él xa ía cunha vantaxe duns 30 segundos. Nun circuíto no que á bici lle custaba avanzar, a cada volta acumulábase máis lama e correr a pé era a solución: son as mellores condicións para Paulo. - Facendo balance do ocorrido en Galicia, antes de comezar a tempada, tiñas en mente tantas vitorias? Quizáis, ¿o segundo posto no autonómico foi o “mal sabor de boca” do que levamos de tempada? - Na mente tiña volver ó nivel de
Para o público case todos en xeral, porque creo que o ciclocross é a modalidade máis vistosa, porque na maioria dos circuítos podes seguir todo o transcurso da carreira durante a hora que dura a competición, non como na ruta, na que só ves algún punto por onde os ciclistas pasan a toda velocidade. - Tamén competiches na “Taça de Portugal” con dúas vitorias. É escaso o calendario galego de cara aos teus obxectivos da tempada? - Anos atrás o calendario galego chegou a ter unhas 14 carreiras, agora con 8 nótase a diferenza. É complicado sacar as carreiras adiante, e creo que este ano non nos podemos queixar co número de carreiras. Que emerxa o ciclocross en Portugal é unha boa noticia , xa que pola proximidade non custa moito achegarse. Ao final competín todas as fins de semana, que é máis que suficiente. - Cuarto posto no Superprestixio en Ibias; 12º no Superprestixio de Llodio; noveno no Superprestixio en Elorrio; quinto hai uns días en Navia, entre outros... Sempre que saes fóra de Galicia, rendes facendo un bo papel. Bótase de menos un pouco máis de Continúa na páxina seguinte
14
Deporte - Xaneiro de 2013
Vén da páxina anterior
apoio á hora de saír fora do país? - Si que me gustaría correr máis carreiras a nivel nacional, pero a concentración do calendario en Euskadi fai complicado facer 1 500 kms todas as semanas. Claro que me gustaría ter máis apoio, pero non me queixo da axuda que temos dos patrocinadores actuales (TB Transportes, Salvaterra de Miño, Señorío de Rubiós...), como do apoio na familia, xa que sen iso sería imposible facer o calendario actual. - A túa aposta para o Nacional? - O home a bater este ano é Aitor Hernández, pero creo que Javi Larrinaga chega máis fresco ao nacional, e vai a máis. Tamén falta saber o nivel que terá Murgoitio despois das lesións. E se está seco coma esta fin de semana ábrese un pouco máis o abano con Isaac, Zaballa... - Cambiarías as túas vitorias en Galicia por un calendario completo a nivel nacional? - Si, sobre todo por algunha saída a Bélxica. Correr alí si que é toda unha experiencia, e cando corres cos mellores do mundo, non ser dobrado xa é unha vitoria persoal. - Como ves o ciclocross en Galicia? Estás pendente das categorías inferiores? E se así, podes darnos un nome de cara ao futuro? - Este ano aínda se mantivo un bo calendario en número de carreiras. Aínda que falta algunha carreira importante como un Superprestigio, ou polo menos que
sumen para o ranking nacional. Galicia segue sendo unha potencia nacional en ciclocross, xa que en case tódalas categorías temos corredores adiante. Si que me gusta seguir tódalas categorías, pero o que sucede é que corredores con boa proxección ao chegar a sub23
vou algún susto, que por sorte non foi nada. - Cal cres que pode ser a solución a este problema? - Creo que a principal causa é falla de educación e concienciación, xa que adestrando por Bélxica nó-
rreira por etapas de mountain bike. Ou, aínda que non sexa competición, facer algún cicloviaxe, xa que viaxar en bici ten que ser unha boa experiencia. - Para rematar, unha serie de preguntas e respostas curtas. Un corredor ao que che gustaría semellarte... - Hermida, gran profesional pero mellor persoa e apaixoado pola bici. -Unha proba que che gustaría correr. - Cape Epic en MTB, e correr algunha de ciclocross en USA. - O rival máis férreo co que te atopaches. - David Lozano, durante os anos de sub23 en ciclocross non houbo quen fora quen de derrotalo.
non apostan polo ciclocross, xa que en Galicia non hai un equipo que lle dea facilidades. - Últimamente, e cada vez máis, os xornais mostran unha das caras máis crueis do ciclismo, os accidentes na estrada. Sénteste seguro cada vez que saes adestrar? - O respecto polo ciclista ten que mellorar moito, ás veces parece que somos invisibles. Un si que le-
tase que as bicis conviven moito mellor entre os coches. Despois tamén hai que mellorar en infraestruturas, carrís bici... Pero o maior cambio ten que ser en educación, tanto de condutores como ciclistas. - Que obxectivos de futuro tes? - Polo de agora seguir desfrutando do ciclocross, e do mountain bike no verán. Gustaríame probar cousas diferentes, como algunha ca-
- De non seres ciclista serías...? - Algo que tivese que ver coa montaña. - Unha afección ademais do ciclismo. - Desfrutar dos amigos. -Un soño. -Viaxar por todo o mundo. - Moitas grazas, Mauro, por dedicarnos parte do teu prezado tempo.
Máis de 150 deportistas reúnense en Porriño no Torneo de Nadal Cadete de Baloncesto Torneo Nadal Cadete 2012 que organizou o Porriño Baloncesto Base (PBB) os pasados días 26 e 27 de decembro contou con máis de 150 deportistas que compoñían os 12 equipos participantes. O evento desenvolveuse no Polideportivo Municipal de Porriño en franxa horaria de 11.30 a 20:00, con descanso para comer de 13:30 a 16:00. O sistema de competición elixido fixo que se disputasen un total de 12 partidos, de categoría cadete masculino e feminino, todos eles equipos participantes en ligas de referencia rexional e zonal.
Masculino B e Cadete feminino B.
O
Entre os clubes invitados atopábanse, Seis Do Nadal, Marín Peixe Galego, EDM Salceda, CB Baiona, AD. M. Peleteiro e Estudantes
A clausura do Torneo fíxose coa entrega de premios por parte das autoridades locais e o presidente do club. A xornada de competición converteurse nunha gran festa do baloncesto e convivencia familiar entre todos os clubs participantes, nesta aposta do PBB polo baloncesto base.
Pontevedra. O Club local, Porriño Baloncesto Base, estivo representado polo Cadete Masculino A e
Cadete Feminino A, ambos pertencentes á 1ª División, na 2ª división da FGB militan, o Cadete
Este Torneo, que cumpre a súa novena edición, converteuse en todo un clásico de Nadal do baloncesto base porriñés. Do mesmo xeito que en todas as súas edicións anteriores, o evento contou coa colaboración do Concello do Porriño.
15
Xaneiro de 2013 - Deporte
A carreira arrincará desde unha batea situada na ría de Arousa
Vigo acolleu a presentación da Vuelta a España 2013 Disputarase do sábado 24 de agosto ao domingo 15 de setembro e contará con 21 etapas, cun percorrido total de arredor de 3.300 quilómetros. pasado sábado día 12 fíxose público o percorrido da que será a 68ª edición da Volta Ciclista a España. A organización segue o camiño marcado en 2012, con etapas curtas e finais de infarto, sen esquecerse dos sprinters. Con todo, os especialistas contra o crono terano complicado, pois soamente haberá unha contrarreloxo individual e outra por equipos.
O
FOTO: HERNÁNDEZ
A carreira comezará o 24 de Agosto desde unha batea situada na ría de Arousa con 27 quilómetros de contrarreloxo por equipos para coñecer en Sanxenxo ao primeiro líder da Volta. A segunda etapa levaranos directos cara ao primeiro final no alto, no inédito Monte dá Groba (1ª), en Baiona. Na quinta etapa, o pelotón abandonará as terras galegas para pór rumbo ao lago de Sanabria, outro dos finais inéditos deste ano. Desde alí, traslado a Guijuelo e final en Cáceres nunha etapa propicia para as escapadas. A sexta etapa suporá o regreso da Volta a Andalucía, con final en Mairena de Aljarafe (Sevilla). Tras chegar a Sevilla, a carreira porá a moitos no seu sitio cun tríptico de chegadas no alto: Penas Brancas (1ª) en Estepona, Valdepeñas de Xaén con case un 30% de desnivel e a primeira etapa de alta montaña con final no Alto de Hazallanas (cat. Especial), porto inédito con ramplas de até o 22%. Xornada de descanso e rumbo a Aragón, onde terá lugar a contrarreloxo individual da Volta. Os 38 quilómetros de Tarazona permitirán aos
vindeiro domingo 27 de xaneiro celébrase en Ponteareas a X Marcha das Rosquillas 2013, organizada polo club ciclista Picaraña.
O
especialistas contra o crono recuperar algo de tempo, terán que aproveitar a oportunidade porque non haberá máis. Traslado a Cataluña e dúas etapas rápidas con finais en Tarragona e Castelldefels que servirán como preámbulo ao segundo tríptico montañoso, o dos Pireneos. Durante os días 7, 8 e 9 de Setembro pode decidirse gran parte da Volta. O regreso do exitoso Collado da Galiña (1ª), a homenaxe ao centenario do Tour cunha durísima etapa (catro portos de 1ª) entre Andorra e Peyragudes e unha terceira etapa curta pero dura con final en Salent de Gállego, en honra a Fernando Escartín. Segunda xornada de descanso e dúas etapas de transición en Burgos e Pena Cabarga (con final explosivo) para preparar a ascensión ao Naranco (1ª) e ao mítico Angliru (cat. Especial) nas etapas 19 e 20. A carerra porá punto e final co tradicional paseo por Madrid o día 15 de Setembro despois de 3.319 quilómetros, 11 chegadas no alto, 3 portos de categoría especial e 14 de primeira categoría.
A Vuelta pasará de novo por Ponteareas O domingo 25 de agosto, os veciños de Ponteareas darán unha vez máis a calorosa benvida a todos os participantes da volta ciclista a España 2013. Despois de ser durante dous anos consecutivos saída de etapa este ano o pelotón cruzará de novo o municipio por terceira vez. Será durante a segunta etapa que sairá de Pontevedra en dirección a Baiona. Os ciclistas desviaranse do litoral para entrar no municipio ponteareano nesta etapa que ten un percorrido de 176 quilómetros.
X Marcha das Rosquillas
A organización recomenda aos participantes estar 30 minutos antes da hora da saída para recoller o dorsal. Este ano podese recoller o sábado 26 de xaneiro de 16 a 20 horas na tenda Bici O Con na estrada de Guillade en Ponteareas (antigas instalacións de Carballido Sport).
A saída terá lugar ás 9.30 horas desde o Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas. Cun percorrido de 35 quilómetros e dificultade alta, a organización dispuxo alternativas para aqueles participantes que non queiran baixar polas trialeiras. As inscricións fanse na páxina web do club ata o día 21 de xaneiro. Ao remate celebrarase un xantar
ción) e de 9 para os acompañantes. A inscrición sen comida custa 5 euros.
de confraternización, cun límite de 800 comensais, e un menú composto de carne ao caldeiro,
chuletas á prancha e rosquillas. O prezo será de 12 euros para os participantes (incluida a inscri-
Durante o evento, e como vén sendo costume nos últimos anos, organizarán unha recollida de alimentos non perecedeiros para o banco de alimentos de Ponteareas.
As metáforas visuais de Román
Francisco Puñal Suárez humor gráfico tamén inclúe á fotografía, e o galego Román Montesinos, coas súas metáforas visuais, non exentas de retranca, dános unha boa mostra diso. A súa mente sempre está en ebulición. Os seus conceptos, levados á imaxe, demostran o seu talento desbordante e creativi-
O
A mirada galega Dos participantes galegos nas Xornadas de Humor Social que cada ano organiza o Vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Alacante podemos citar a Xaquín Marín e María José Mosquera (Sex), entre outros, que cos seus debuxos abordan satíricamente temas de actualidade. O director das Xornadas, Enrique Pérez Penedo, facilitou a O Farelo, algunhas desas caricaturas, que presentamos aos nosos lectores.
dade. O seu estudo fotográfico é a súa mellor terapia. Alí, o seu pensamento e imaxinación libéranse de todo obstáculo posible, e as asociacións de ideas e os cruces neuronais provocan a faísca, e fan a obra, cámara e luces mediante. Na súa nova serie “Cando o diaño se aburre”, o sentido do humor segue presente, como na súa anterior obra, aínda que desta vez a cota de ironía sexa máis alta, dados os difíciles momentos que sofre a sociedade. “Son xeólogo especializado na paleontoloxía, e dou cla-
ses na Universidade da Coruña, por iso estou moi afeito a ver cousas que a xente non observa normalmente, evidenciar pequenos detalles, buscar analoxías, comparar, contrastar ideas... é dicir, todo aquilo que é común nunha actividade científica na que a filosofía ten unha gran presenza”, di Román. “Encántame o humor galego, que é moi parecido en bastantes trazos ao humor inglés, con moita ironía e “retranca”, e emprégoo nas miñas fotos. O
humor pode ser un espello distorsionador de situacións, actitudes, filias e fobias da nosa sociedade, e penso que é necesario ser crítico no posible. Agora ben, non acepto o humor chabacano ou ferinte sen máis motivo que o de magoar”, puntualiza.
17
Xaneiro de 2013 - Cultura
O compromiso social de Ortifus Francisco Puñal ntonio Ortíz Fuster, coñecido por Ortifus, é un caricaturista que, con trazos sinxelos, reflexa o que pensan moitas persoas. Nacido en 1948, na cidade de Valencia, onde reside, nos seus debuxos toma o pulso á sociedade, e cunha fina ironía, denuncia situacións críticas, que ratifican o seu compromiso social.
A
Desde pequeno gustáballe debuxar. A súa formación é autodidacta. Aos 16 anos traballou deseñando azulexos para serigrafía, máis tarde debuxo téxtil, colchas, cortinas, tapicería e deseño de xoias. A partir de 1981 publica unha caricatura diaria. Comeza no Diario de Valencia, despois en Noticias ao Día e desde 1984 ata a data pertence ao persoal do periódico Levante de Valencia. Ademais ten un personaxe, O Mago Asín, nunha viñeta a media páxina
no Magazine da Vanguardia en Barcelona, cada semana. Coa cantidade -di Ortifus- de barbaridades e despilfarros feitos nesta comunidade, que ademais ten políticos corruptos por xunto, ás veces penso que debería repartir a metade do que cobro con eles (ja, ja, ja... Eles non repartirían xamais os seus beneficios comigo), porque as súas artimañas facilítanme o traballo. A metade do mérito é súa. Vivimos unha época na que os políticos gozan dunha impunidade inadmisible.
18
Cultura - Xaneiro de 2013
Cinco medios de comunicación entran en Abertos ao Galego alicia Confidencial, Praza Pública, Sermos Galiza, De Luns a Venres e Radiofusión entraron este mes en Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística para a dinamización do galego no ámbito empresarial. Os cinco medios sumánse á revista Tempos, que integraba o proxecto desde os seus inicios.
G
Estes medios de comunicación comparten coa Mesa pola Normalización Lingüística obxectivos en canto á presenza da lingua galega nos medios de comunicación, no ámbito empresarial e na sociedade en xeral. Estes medios incorpóranse á listaxe de empresas de Abertos ao Galego (www.amesanl.org/abertosaogalego), que con estas incorporacións chegan a ser 80, e participarán das iniciativas promovidas por este proxecto. As máis recentes son o catálogo de Nadal, un conxunto de propostas de agasallo enviadas por algunhas das empresas cola-
boradoras de Abertos ao Galego e a entrega do primeiro Premio Abertos ao Galego en Pontevedra, que este ano foi outorgado á rede social Tuenti. Estes medios de comunicación tamén poderán participar da rede de colaboración entre as empresas membro de Abertos ao Galego, desde onde se fan ofertas e servizos especiais entre si e xorden posíbeis cooperacións. Abertos ao Galego é un proxecto da Mesa que ten o obxectivo de potenciar a presenza do galego no ámbito empresarial. Abertos ao Galego é un certificado de calidade vinculado ao uso do galego e desde este proxecto A Mesa pola Normalización Lingüística quere colaborar coas empresas que fan a súa actividade en galego e animar a moitas a que comecen a dar os seus primeiros pasos no uso do noso idioma. A Nova Peneira solicitou ante a MESA a súa inclusión no proxecto.
III Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) organizan a terceira edición do Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’. A acción formativa inclúe unha expedición a Marrocos onde catro estudantes traballarán con ONG locais.
A
O obxectivo do Seminario é capacitar xornalistas no coñecemento da comunicación social e, máis concretamente, da comunicación para o desenvolvemento, impulsando así a difusión, promoción, denuncia e educación en materia de cooperación e solidariedade. As aulas impartiranse entre o 26 de febreiro e o 7 de maio, os martes de 16 a 20 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, que colabora coa iniciativa. Cunha duración total de 40 horas, a actividade está dirixida a xornalistas e a alumnado de Ciencias da Comunicación. As bases da cooperación e a comunicación para o desenvolvemento, as
Concurso para quen aspira a ser como Xurxo Lobato
boas prácticas informativas respecto dos colectivos en risco de exclusión e os discursos alternativos en torno aos países do Sur son só algunhas das cuestións que aborda o programa. No marco do curso estase mesmo a estudar a posibilidade de realizar unha visita ao centro penitenciario da Lama, en Pontevedra, para coñecer os proxectos que alí desenvolve AGARESO. Catro asistentes completarán esta formación nunha expedición a Marrocos. Alí traballarán no eido da comunicación sobre os diferentes proxectos promovidos na zona por ACPP. O III Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ conta co apoio económico da Xunta.
irixido ao alumnado de educación secundaria, vén de ser convocada novena edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato. Convocado pola Asociación de Antigos Alumnos do Instituto Monelos (A Coruña), por novena edición consecutiva vén de convocarse o Concurso de Fotografía Xurxo Lobato ao que poderá concorrer o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional da Galiza.
D
Antes do 1 de abril terán que remitir por correo electrónico as fotografías en formato dixital, a cor ou en branco e negro e cun máximo de tres por participantes que deben remitir as imaxes cos seus títulos ao enderezo electrónico fotomonelos@gmail.com cos datos persoais, nome e apelido, DI, idade, teléfono, enderezo, curso e centro de estudo. Concederanse 3 premios de 250, 150 e 100 € ademais de diploma e a organiación poderá difundir en exposicións ou edicións as fotografías seleccionadas e premiadas.
19
Xaneiro de 2013 - Cultura
A lingua galega medra na estratexia de mercadotecnia para a empresa galega ada vez son máis as empresas galegas que to man conciencia da necesidade de mellorar a súa imaxe idiomática. Así é que os pro ce sos de etiquetaxe, rotulación e publicidade que se vi ñan fa cen do en castelán por “prestixio” ou fal ta de conciencia lingüística están a mu dar nalgunhas entidades.
C
Larsa vén de presentar unha campaña de etiquetaxe dos seus produtos onde pretenden identificarse con Galicia e coa xente normal da rúa. Nunha entrevista recente destacaban que se pretenden venderlle leite galego aos galegos, que mellor que facelo no idioma que nos une. A etiquetaxe e promoción de produtos artesanais tamén vai tomando conciencia da necesidade de empregar a lingua galega; “Se queremos dicir que está feito aquí en Galicia e o promocionamos noutro idioma perdemos a credibilidade”. As adegas, sobre todo as que exportan viño, xa hai tempo que o teñen claro: “A xente paga máis por un viño se está etiquetado en galego, enténdese que é xenuíno de Galicia, ten máis calidade”. A cadea galega de comercialización de produtos alimentarios Gadisa iniciou hai anos a campaña “Vivamos en galego” de xeito bilingüe galego-castelán. De contado desbotaron a opción de emitir anuncios en castelán “facer un anuncio onde presumimos de ser galegos en castelán é un pouco contraditorio”. E non só é na “imaxe externa” onde aumentou a presenza do galego. Hai empresas que comezan a redactar os seus estatutos, contratos laborais, rotulacións internas en galego, como é o caso de Larsa que desde 1991 no seu convenio laboral mesmo recoñece os dereitos lingüísticos dos traballadores explicitamente.
Sabías que... M.R.
L
ulú é o mesmo que Luísa? Lois/Luís/Luísa proceden do xermánico “HLUTHAWIGM” que derivou en HLODWIG ou HLOLOWIG e que significa HLOD (gloria) e WIG (batalla), polo tanto o posible significado deste nome sería “guerreiro/a famoso/a”. No século IX derivara a LUDOVICUS (ou Lodovicus) xerando o alemán Ludwig e o galego Luís/ Luísa ou co cambio de acento; Lois. Hai quen afirma que esta segunda forma procede da forma francesa ELOI (<ELIGIUS)
o
Salnés é terra de areas e sal? Este macrotopónimo refírese a un “territorio saliniense” onde abundan as salinas, facendo referencia a este elemento na bisbarra pontevedresa. Tamén é terra de area, como testemuñan os numerosos topónimos da zona; Areoso, Arealonga... area é sinónimo de areal na toponimia. Posiblemente a forma Arousa estea
Miguelanxo Prado (El Patito Editorial, 2012)
Inma Otero Varela anda deseñada ou novela gráfica (a etiqueta é o de menos), Ardalén recolle o mellor dun dos mellores no seu xénero. E non só en Galicia. O tema fundamental é a recomposición da memoria como alicerce necesario para comprendernos, transformarnos e alancar cara un novo futuro. Sabela, unha das protagonistas, acode a
B
unha aldea do interior para tratar de debuxar o retrato do avó emigrado a América, bosquexado e borrado a partes iguais pola súa familia, impulsada polo despeito tras ser abandonada. A única persoa que a pode axudar é Fidel, un ancián de dubidoso equilibrio mental que vive mergullado nunhas lembranzas que non lle son propias. Tras esta temática suxestiva e contemporánea, a da memoria, ábrese o universo do inefable que converte unha obra correcta nunha gran peza artística. Ardalén dálle unha posición central a personaxes que arrastran unha certa marxinalidade, aínda que non sempre se amose de xeito evidente. A exclusión, sexa social ou familiar, agudiza intuicións e capacidade creadora. Precísanse ficcións substitutivas para eva-
relacionada (medieval Arouça e variante Areosa). Dálle nome á Ría e á localidade insular. Tamén se vestiron con este topónimo as “Vilas” do continente (Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa).
“
ademais” non se acentúa? Seguindo as regras xerais da acentuación galega, a forma “ademais” é aguda rematada en <s> polo que podemos pensar que cómpre poñerlle o trazo do til, pero ten un ditongo decrecente. A normativa di que as agudas non levarán acento gráfico se son monosílabas ou se rematan en ditongo decrecente aínda que o fagan en vogal, -n ou -s. Así, por exemplo, amei, amou, seguiu, recibiu, colleu, ademais, capitais, papeis, españois, azuis...Nada ten que ver co til diacrítico de máis/mais.
c
al é a historia da “moqueta”? Pola forma xa podemos intuír que é unha palabra de orixe francesa (MOQUETTE), trátase dun tecido forte que se usa para facer alfombras, para tapizar ou para complementos de vestiario. O uso xeneralizado da alfombra (de orixe árabe) non se popularizou en Occidente ata o S.XVII. A finais do XIX chamáronlle “moqueta” aos alfombrados das paredes. Facíanse en tear e semellábase ao veludo. Os procesos industriais propiciaron o uso da moqueta, tamén como grandes alfombrados en ambientes aristocráticos. No S.XX chegou ao ámbito urbano galego con pouco éxito pola escasa hixiene que ofrecía, resistiu como material provisional en feiras e exposicións. Cómpre non confundilo con “moquete” que é unha “labazada no nariz”!
Ardalén dirse; son o froito dos artistas que producen vidas en vez de producir obxectos. Pero hai ficcións que posúen a forza da clarividencia. As fronteiras entre razón e loucura, soños e vixilia, presente e futuro esvaécense nun xogo no que acaban entrando os sentidos, no que ata os ollos dos lúcidos acaban por ver o envés. Dilúense tamén os bordos textuais coa inclusión de pequenos ensaios e informes inventados, segundo declara o autor ao final, que dende o punto de vista da ciencia apoian unha forma non convencional de achegarse á realidade. A conexión entre dous mundos multiplícase en varios planos. O máis gráfico é o que manifesta a relación cortaciana entre o “alá” de América e o “acá” de Galicia,
puntos xeográficos que se achegan grazas ao poder transmigrador do ardalén, vento portador de lembranzas, sentimentos ou baleas. O universo onírico, as tonalidades e a simboloxía dos fondos mariños remiten, dun lado, a De profundis, e doutro, a Urbano Lugrís. O asolagamento individual píntase coas cores do mar. A tensión narrativa, os tránsitos no argumento e os silencios que agochan os retratos dos personaxes debúxaos a sutileza de Miguelanxo, quen traza tenruras onde outros só poden ver baleiros.
20
Alén Minho - Xaneiro de 2013
Clube Minho Clássico de Automóveis em convívio de solidariedade M.P. Clube Minho Clássico de Automóveis Clássicos de Viana do Castelo juntou cerca de duas centenas de sócios e amigos num jantar de solidariedade que decorreu numa conhecida quinta de Santa Marta de Portuzelo. “O dia, chuvoso, não ajudou a uma maior mobilização mas, mesmo assim, os objectivos da feliz e altruísta organização foram amplamente conseguidos”, segundo João Enes, o presidente da Direcção. As pessoas foram convidadas a levar alimentos que foram entregues na altura ao representante da “CARITAS” de Viana que, num breve improviso, deixou palavras de agrade-
O
cimento “por este gesto simbólico que nos anima e incentiva na busca incessável e procurar minorar o dia a dia dos mais carenciados”. A “Casa dos Rapazes”, sediada na cidade, foi a outra instituição de solidariedade social que mereceu o carinho e consideração por parte do dinâmico Clube Minho Clássico de Automóveis que, independentemente das suas iniciativas lúdicas e passeios pelas estradas do Alto Minho mostrando as velhas ‘máquinas’ – mas bem tratadas e que encheram de sonhos várias gerações – e que nestas actividades deixam raízes para um trabalho contínuo, também de âmbito social. A ‘Casa dos Rapazes’, fundada há 60 anos
pelo saudoso então Padre Constantino e um bom punhado de vianenses tem tirado das ruas crianças sem família ou em graves dificuldades, dando-lhes acolhimento, calor humano, estudos e transmitindolhes Valores e Princípios que lhes permitiram tornaram-se homens independentes, muitos deles a serem emblemáticos exemplos como
seres humanos trabalhadores e empreendedores. O Dr. Rui Nascimento, representante desta Instituição teceu palavras igualmente emocionadas “em tempos nada fáceis mas que dão oportunidade da sociedade se manifestar de forma altruísta e de que este encontro é um bom exemplo”.
Xaneiro de 2013 - Publicidade
21
22
Salceda - Xaneiro de 2013
Concellería de Deportes do Concello de Salceda organizou para rematar o ano 2012 a segunda edicción da San Silvestre, este ano cun motivo solidario.
A
Deporte, festa e solidaridade únense para rematar o ano en Salceda
671 participantes Esta marcha popular tivo lugar o venres 28 con saída ás 21 horas da Praza do Concello, percorreu un total de 3 quilómetros por todo o centro urbán e contou con 671 participantes que puideron degustar un chocolate ao seu remate.
xa que ocupou este mesmo posto na I San Silvestre do Concello, o pasado ano 2011.
Os asistentes achegaron 1 litro de leite para o Programa de Alimentos do Concello. A iniciativa tivo moi boa acollida, posto que moitos veciños e veciñas de Salceda entregaron o seu litro de leite aínda que non participaron na xa tradicional carreira de fin de ano. Ao remate fíxose entrega duns pequenos agasallos ós primeiros clasificados da proba, que neste caso foron María Martínez González (1ª clasificada feminina) e Akka Essadaoui (1º clasificado masculino), ademais este último repite como gañador
Como xa é habitual tampouco faltou un pequeno agasallo para os participantes de menor idade, que neste caso tiñan apenas un ano. Mención especial merecen os participantes senior Carmen Martínez González e José González Pérez este último con 89 anos, todo un exemplo. Deporte, festa e solidaridade foron da man nesta II San Silvestre solidaria. Unha vez máis a Tenencia de Alcaldía apostou polo deporte para crear un ambiente festivo para tódolos públicos no Nadal. Este ano deporte, festa e solidaridade foron da man nesta II San Silvestre do Concello de Salceda.
Marina Cabaleiro, tenente de alcalde de Salceda, puxo de manifesto a aposta municipal “por seguir facendo este tipo de actividades para compartir con toda a familia, xa que consideramos que é unha maneira de convivir nestas datas de Nadal, ademais cada vez os veci-
ños e veciñas sorpréndennos máis coas súas iniciativas particulares para participar nestas actividades e algúns veñen disfrazados ou con instrumentos musicais, co cal a diversión sempre está garantida”. “Unha vez máis non podemos esquecernos de agradecer a cola-
Dan comezo dous novos cursos de informática no Centro de Desenvolvemento Local
boración da Bolsa de Voluntarios de Salceda, Voluntarios de Protección Civil, GRUMIR e Policía Local” e como non dos que colaboraron económicamente co chocolate e cos premios, Javucho Publicidade, Bocatería Cerkanías e Tabertenda”.
Curso de fotografía no CDL de Salceda
O centro acolle semanalmente a máis de 200 alumnos lumnos que se están formando en cursos como o de preparación do Graduado en ESO, Informática Básica, Búsqueda de Emprego por Internet e nas próximas semanas terá lugar outra edicción dos cursos de Manipulador de Alimentos e Manexo da Carretilla Elevadora (os alumnos destes dous últimos serán convocados da lista de espera da última convocatoria do Plan de Formación).
ste mes deron comenzo no CDL de O Torrón os dous cursos de informática incluidos no Plan de Formación Municipal da Concellería de Emprego e Formación de Salceda.
E
Informática básica e Búsqueda de Emprego por Internet son as accións formativas coas que se pretende que os desempregados teñan as nocións básicas para o manexo do ordenador e busca de
emprego a través das novas tecnoloxías. Dende xaneiro e ata o mes de xuño a Aula de Novas Tecnoloxías do CDL acollerá a máis de 100 alumnos que se formarán nestas duas especialidades en varias quendas. O aumento de actividade do centro é palpable, xa que alberga semanalmente a máis de 200 a-
Acceso ao mercado laboral Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable desta área, manifestou que dende o Concello de Salceda apostan “pola formación para que os desempregados de Salceda teñan máis facilidades para acceder ao mercado laboral, seguiremos adicando todos os nosos esforzos para que a pesar de que a Xunta non destine recursos nesta materia ao Concello, os nosos desempregados poidan estar nas mesmas condicións á hora de competir por un posto de traballo”.
ende o pasado 9 de xaneiro de 2013 está a ter lugar no Centro de Desenvolvemento Local de Salceda, situado no Torrón, o Curso de Fotografía “Nivel Iniciación”. A actividade desenvólvese en horario de tarde de 16 a 20 horas de luns a venres, acollendo un total de 40 horas lectivas e sendo o remate do curso o martes 22 de xaneiro.
D
Este curso vai dirixido a persoas con idades correspondentes a un rango de 16 a 35 anos. Beneficia a un total de 24 alumnos e terá a súa continuidade nun segundo de “Fotografía Avanzada”, concedido ao Concello de Salceda.
23
Xaneiro de 2013 - Salceda
A OMIC de Salceda xestionou en 2012 máis de 250 consultas Das 151 reclamacións 70 foron contra a entidade bancaria Novagalicia Banco polas Participacións Preferentes e as Obrigacións Subordinadas
Servizo de Recepción de Reclamacións de Consumo do Concello de Salceda de Caselas dependente da Concellería de Turismo, Comercio, Consumo, Sanidade e Mocidade que dirixe Loli Castiñeira, recibiu o longo do ano 2012 un total de 253 consultas relacionados con temas sobre garantías, dereitos dos consumidores, reparación de bens consumibles, revogacións de contratos, etc...a súa tarefa nestes casos
O
foi de información, mediación ou derivación ao IGC. Reclamacións A súa vez tramitou un total de 151 expedientes de reclamacións ao Instituto Galego de Consumo (IGC), para que este organismo dependente da Consellería de Economía e Industria decidise se os denunciados ou reclamados se someterían a mediación previa, a Arbitraxe de Consumo ou se resolverían
Novo horario para os traballadores do Concello de Salceda
mediante outro tipo de vía administrativa. Por apartados resaltar que das 151 reclamacións 70 foron contra a entidade bancaria Novagalicia Banco, que este ano levou a palma e bateu todos os records de reclamacións debido ás Participacións Preferentes e ás Obrigacións Subordinadas; en segundo lugar con 39 expedientes destacan as empresas de telefonía móbil e fixa, sendo este o segundo apartado máis destacado tamén nas consultas, seguen a distancia as reclamacións relacionadas co Gas e a Electricidade con 17 reclamacións, a continuación as compañías de seguros con 8, os talleres de automóbiles, os comercios e téxtiles, a venta a domicilio, as promotoras; e por último as academias, as liñas aéreas, ventas por internet, empresas de transporte e as xoierías. Denuncias polas preferentes Con respecto aos anos anteriores, cabe salientar que durante o pasado ano 2012, aínda que se mantivo o número de consultas, aumentou considerablemente o número de reclamacións ou denuncias correspondentes á marea de xente queixándose e reclamando polas abusivas prácticas da banca en relación ás participacións preferentes e subordinadas.
Concello de Salceda de Salceda leva a cabo un novo horario dende o 1 de xaneiro de 2013. Neste horario recóllense as 37,5 horas semanais que os traballadores van ter que realizar, segundo o Real Decreto Lei 465/2012. Non se fará nin unha hora máis nin menos das que se cobran.
O
O Goberno de Salceda chegou a un acordo cos traballadores na nova distribución da xornada laboral. Establéceronse dúas Mesas de Traballo previas á Negociación cos Representantes Sindicais dos Traballadores para poder procurar un horario por mutuo acordo. Entre as propostas debatidas na Mesa de Negociación, o pasado 27 de decembro, acordouse ampliar o horario de 7.30 a 15 horas para unha parte da plantilla do Concello e de 8 a 15.30 horas para os traballadores restantes, mantendo a hora de entrada que os traballadores viñan desenvolvendo ata o de agora, polo que se ampliará a súa xornada en 30 minutos diarios que verán reflexados na fin da xornada. No caso da Policía Local ampliarase o turno de mañá, de 7.30 a 15 horas.
24
Salceda - Xaneiro de 2013
Salceda volve acoller o seu tradicional entroido, un dos máis antigos do País
n Salceda de Caselas cheira xa a entroido. Castro Barreiro e A Feira traballan arreo e, como sempre, gardando o máis absoluto silencio sobre todo o relacionado coa festa. E é que o segredo é a característica fundamental deste peculiar entroido. Non se pode saber nada, nin o tema das carrozas, nin as cores, os bailes ou a música das comparsas, nin as orquestras para as verbenas... nada de nada. E, como cada ano, os servizos de espionaxe funcionan entre ámbolos dous barrios na procura da pista que leve a descubrir calquera dato do barrio rival.
E
Castro Barreiro e A Feira son dous barrios pertencentes á parroquia de Santa María que dende tempos inmemoriais manteñen unha dura rivalidade en tempos de entroido. Dous torreiros de festa separados por apenas uns metros acollen convértense na sede de cada un deles, producindo a curiosa estampa das verbenas competindo entre si por soar máis forte que a do rival. E é que niso tamén se compite, no volume da música, na cantidade de xente que se achega a cada torreiro, na verbena que acaba máis tarde, na que está máis animada... O día grande sen dúbida é o martes, día en que Castro Barreiro e A Feira presentan as súas carrozas e
O segredo é a característica fundamental deste peculiar entroido. Non se pode saber nada, nin o tema das carrozas, nin as cores, os bailes ou a música das comparsas, nin as orquestras para as verbenas... nada de nada.
comparsas na Praza do Concello. O que empezou sendo estructuras soportadas por carros de bois ou bicicletas acabou converténdose en impresionantes carrozas de máis de 10 metros de lonxitude con per-
fectos acabados dignos de profesionais. Nas carrozas traballan arreo meses antes do entroido carpinteiros, ferreiros, pintores, albaneis, veciños e veciñas en xeral dispostos a dalo todo por defender o
seu barrio. Porque o entroido en Salceda lévase na sangue. Resulta curiosos ver aos máis vellos de cada un dos dous barrios como se emocionan cando chegan estas datas e como sufren se o barrio rival trae unha boa presentación. De aí a importancia deste entroido, un entroido histórico do que ninguén lembra as súas orixes pero que todos e cada un dos veciños de A Feira e de Castro Barreiro levan no sangue. Desfile de carrozas e comparsas Dende o Concello complétase a programación co desfile de carrozas e comparsas, que vai xa pola súa XV edición, e que se celebra o domingo 10 de febreiro. Milleiros de persoas achéganse cada ano a presenciar este espectáculo de color e son, con carrozas e comparsas que, a pesar da súa curta historia, non envexan en nada ás de A Feira e Castro Barreiro.
25
Xaneiro de 2013 - Tomiño
Centos de veciños e veciñas, colaboradores e amigos compartiron coa familia Lomba Fernández a tarde do domingo 20 de xaneiro
A solidariedade por Marta desborda o Auditorio de Goián Auditorio de Goián quedou pequeno para albergar aos centos de persoas que acudiron ao festival de fin de campaña de Marta, a nena de 10 anos veciña de Goián e con parálise cerebral que, grazas á solidariedade de moita xente de dentro e de fóra de Tomiño, acadou a axuda necesaria para mercar un andador que lle permite estar de pé e ter unha mellor calidade de vida.
O
A cita tivo lugar no Auditorio de Goián o pasado domingo 20 de xaneiro ás seis da tarde e contou con diversas actuacións. O grupo de música tradicional “Zurrumalla”; Eva Carrera (participante en Operación Triunfo 2006) e José Pérez (participante no concurso Recantos da TVG), foron os encargados de amenizar a tarde de festa. E en calidade de presentadores, os humoristas do grupo rosaleiro “Os Campelos”. As máis de 350 butacas do auditorio, non foron suficientes para acomodar ao numeroso público, que non quixo perder o espectáculo de ver a Marta, dominando con facilidade o seu andador sobre o escenario, e entregando os premios correspondentes ás rifas vendidas: as dúas esculturas dos artistas Carlos Fierro e Carlos Fernández, tamén presentes no acto. O cariño e a admiración espertada por Marta entre os seus veciños e amigos quedou patente unha vez máis. Entre o público estaban tamén a concelleira de Cultura do Concello de Tomiño, Cristina Martínez; as familias doutros nenos con enfermidades raras e dexenerativas, coma a de Alma, de Vigo, e a propia familia de Marta ao completo. Emilio Lomba e Flori Fernández, pais de Marta, agradeceron a inmensa colaboración prestada, tanto por particulares coma por institucións, e cualificaron o acto coma “moi bonito, cheo de emoción e bo humor”. As fotos pertencen a Jesús Pazo.
A cabalgata de Reis reuniu a centos de nenos e nenas de Tomiño A Cabalgata de Reis de Tomiño saíu dende o Campo do Alivio. Despois de percorrer as rúas céntricas, a comitiva Real chegou á Praza do Seixo, onde as Súas Maxestades recibiron as últimas cartas de nenos e nenas de Tomiño, e houbo sorteo de agasallos.
“Paso a Paso” organiza o seu I Desfile Solidario Asociación de Mulleres “Paso a Paso” de Tomiño, organizou coa colaboración do Concello o I Desfile Solidario. Foi o pasado día 12 de xaneiro, no Auditorio de Goián, co fin de recadar alimentos para familias desfavorecidas do municipio.
A
Os encargados de desfilar pola pasarela foron mulleres e homes, nenas e nenos voluntarios, que luciron roupa doada por xente da vila. A entrada ao desfile consistiu para os adultos (nenos e nenas gratis) nun quilo de alimentos non perecedoiros, que se entregarán á aso-
ciación SOS Tomiño, a cal se ocupará, á súa vez, de repartir os produtos entre as familias necesitadas. O evento contou coa colaboración do gaiteiro Erik Feles que amenizou o desfile. Asemade, actuou un grupo de baile infantil de Tomiño e o Rey Midas, co seu espectáculo de maxia.
26
Tomiño - Xaneiro de 2013
As 25 prazas de comparsas dispoñibles para o desfile de entroido de Tomiño esgótanse na primeira semana O Venres de Foliada é un dos desfiles máis multitudinarios da comarca. O ano pasado asistiron unhas 8000 persoas ai días xa que se esgotaron as 25 prazas de comparsas dispoñibles para participar no desfile de Entroido “Venres de Foliada 2013”, organizado polo Concello de Tomiño o vindeiro 8 de febreiro, a partir das nove e media da noite.
H
O prazo de inscrición de comparsas permanece aberto dende o pasado día 14 ata o 1 de febreiro, ambos os dous incluídos. Con todo, na primeira semana de prazo, as 25 prazas dispoñibles esgotáronse rapidamente. De todas formas, as comparsas e grupos que así o desexen, poden seguir anotándose, aínda que sen dereito a percibir subvención do Concello.
A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, confirmou a asistencia das comparsas más importantes da vila, entre as que se atopan Revolución Show, Estrelas da Noite, Luces de Tomiño e Os Terribles de Tebra, así coma doutras menos numerosas procedentes non so do municipio, senón tamén doutros puntos da comarca e do sur de Galicia. A edil responsable da organización, informou asemade, que co obxectivo de que o desfile non se alongue moito, coma sucedera noutros anos, a saída será moi puntual. O Venres de Foliada é un dos desfiles máis multitudinarios da comarca. Exemplo disto son as 8000 per-
soas que asistiron o ano pasado coma público, ademais das 1700 que participaron nas comparsas. En caso de que o tempo non acompañase, o desfile pasaríase ao venres seguinte, día 15 de febreiro, á mesma hora.
Por outra banda, é de salientar que, dende o mes de setembro, dúas mozas de Polonia e Estonia están coma voluntarias na OMIX de Tomiño, dentro do Servizo de Voluntariado Europeo, colaborando nas actividades habituais da OMIX e levando adiante outras novas, como cursos de inglés para diferentes idades.
A OMIX DE Tomiño participa en dous novos proxectos europeos úas voluntarias estranxeiras están traballando na vila dende o mes de setembro, e proximamente chegarán outras/os
D
Dende o ano 2011, a OMIX do Concello de Tomiño vén participando activamente no programa europeo Xuventude en Acción, coordinando proxectos en Galicia e enviando a mozos e mozas a participar en proxectos noutros países. Recentemente, foron aprobados dous novos proxectos en República Checa; un curso de for-
Tradición en Goián Martínez lembrou tamén a celebración do Entroido de Goián, un dos máis tradicionais da zona, que terá lugar o martes 12 de febreiro, coa colaboración de varias asociacións que traballan durante todo o ano para asistir puntualmente á cita.
Ademais, a oficina está preparando un proxecto de intercambio xuvenil que, no caso de ser aprobado, tería lugar no municipio, e estaría baseado en Educación Ambiental, chegando ao concello mozos e mozas de diferentes países europeos. mación sobre como dar a coñecer este tipo de programas europeos a nivel local, e un proxecto sobre o uso da historia oral en actividades didácticas.
Asemade, estase a preparar a documentación para acoller dúas novas voluntarias ou voluntarios europeos, no mes de xullo deste ano.
27
Xaneiro de 2013 - Tui
Varios dos mellores humoristas galegos actuarán en Tomiño durante os vindeiros meses Concellaría de Cultura, que dirixe Cristina Martínez, organiza o ciclo de inverno “Tomiño Humor”, no Auditorio de Goián, no que se reunirán varios dos mellores humoristas galegos. A programación foi presentada o pasado 17 de xaneiro ao mediodía na Casa do Concello, pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González e a concelleira de Cultura.
A programación de inverno inclúe tamén a exposición de escultura “Formas”, de Carlos Fierro e Carlos Fernández. Permanecerá aberta dende o 19 de xaneiro (a inauguración será este mesmo día ás 20 horas, no Auditorio de Goián) ata o 17 de febreiro.
A primeira indicou que a programación foi pensada especialmente para tempos de crise, coma os que está pasando a sociedade. “Nestes tempos difíciles, cremos importante ofrecer actuacións coma estas, caracterizadas polo bo humor”, explicou a rexedora.
Carlos Blanco e o seu espectáculo “So”. Sábado 26 de xaneiro ás 22 horas.
A
Salientou, asemade, a exposición de escultura de Carlos Fierro (aceiro inoxidable) e Carlos Fernández (madeira, pedra e outros materiais); ambos escultores de Goián, que amosarán parte da súa obra no Auditorio de Goián, dentro do compromiso adquirido polo Concello de fomentar aos artistas locais.
O Ciclo de Humor contempla as seguintes actuacións:
Avelino González, con “Falando en prata”. Sábado 2 de febreiro ás 22 horas.
A concelleira de Cultura, pola súa banda, detallou as actuacións incluídas na programación, encabezada por Carlos Blanco e o seu espectáculo “So”, monólogo satírico inspirado no Camiño de Santiago. Cristina Martínez salientou que a programación cultural planifícase
A Asociación Buraco do Frade celebrou o festival “Estás DJS 2013 A Asociación Xuvenil de Tomiño "Buraco do Frade" organizou o pasado venres 18 de xaneiro a partir da medianoite o festival "Estás DJS 2013". A cita foi no recinto de festas da parroquia tomiñesa de Estás, coa colaboración do Concello.
O Concello de Tomiño organiza novos cursos de galego
por bloques temáticos. Así, a de outono estivo adicada á cultura tradicional galega, esta (de inverno) ao humor, e a seguinte (primavera) o estará ao teatro. A concelleira explicou que a pesar dos recortes, a idea do Concello é ofrecer espectáculos de calidade.
Fulano, Mengano e Citano, con “Top Manta”. Sábado 16 de febreiro ás 22 horas. Isabel Risco, con “Naviza Girl”. Sábado 9 de marzo ás 22 horas. Mofa e Befa, con “Sempre ao lonxe”. Sábado 23 de marzo ás 22 horas.
Novo curso de formación para adultos As clases servirán para presentarse aos exames de Graduado en ESO, competencias clave e probas de acceso a ciclos medios Concello de Tomiño organiza un curso de formación de adultos co obxectivo de preparar aos alumnos para obter o título de Graduado en ESO, por libre; para preparar as probas de acceso aos ciclos medios de formación profesional, ou ben, para presentarse ás probas de competencias clave da Consellería de Traballo e Benestar.
O
O Concello de Tomiño organiza novos cursos de lingua galega, nivel Celga 3 e Celga 4, sempre que se acade en cada nivel un número de solicitudes igual ou superior a 20 alumnos. As persoas interesadas deben inscribirse no Concello de Tomiño, entre os días 21 e 24 de xaneiro, ambos inclusive, presentando no rexistro xeral municipal o modelo de solicitude, xunto cunha fotocopia do DNI.
Os requisitos para inscribirse no curso son estar empadroado en Tomiño; cumprir 18 anos antes do 1 de setembro de 2013, para acceder ás probas por libre e obter o título da ESO; cumprir 16 anos durante o ano 2013, para acudir ás probas de competencias clave, que convoca a Consellería de Traballo e Benestar e cumprir 17 anos durante o ano 2013, para acudir ás probas de acceso a ciclos medios.
Os cursos concedidos impartiranse entre o 15 de abril e o 24 de maio, en clases diarias de 2,5 horas de duración, de luns a venres, de 19.30 a 22 horas.
As persoas interesadas poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal do Concello, entre os días 21 de xaneiro, e as
12 horas do día 26 de xaneiro de 2013, presentando o modelo de solicitude dispoñible no rexistro do concello xunto cunha fotocopia do DNI. As persoas que se inscriban, terán que acudir ao proceso de selección que se celebrará posteriormente, cuxo lugar e datas se publicarán na páxina web do Concello de Tomiño e no taboleiro de anuncios municipal, o día 28 de xaneiro de 2013.
As persoas interesadas poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal do Concello, entre o día 21 de xaneiro e as 12 horas do día 26 de xaneiro de 2013
28
A Guarda - Xaneiro de 2013
G.D.Miño, símbolo de Camposancos
Juan Louzán n todos os concellos e parroquias se conservan de xeración en xeración as tradicións e símbolos máis emblemáticos e carismáticos dos nosos antepasados. En Camposancos o G.D. Miño, fundado en 1924 (xogou en Chans), sendo o primeiro presidente Evaristo Llorens, e sen competir desde 1954 hasta 1973, foi un viveiro de futbolistas amateurs, moitos counha gran calidade. En 1972 xuntábanse no colexio dos Xesuítas do Pasaxe, co Hermano Iglesias (que lles compra os uniformes), un grupo de adolescentes tolo por xogar ao fútbol. Animados e axudados por José Luis Cabanelas (bioquímico clínico) e Luís Díaz (Licha), renace o G.D. Miño, empezando a competir en 1973 cun equipo de xuvenís e outro de afeccionados, chegando a xogar en 1ª Rexional.
E
Grazas á presidencia durante 14 anos de Licha o G.D. Miño tivo os mellores momentos deportivos. Este camposino reconstruíu o Codesal. Coa marcha de Licha o Miño foi pasando por varias directivas e categorías máis baixas, incluso chegou a ser filial do Sporting Guardés, deixando de novo a competición durante un tempo. A maioría dos xogadores eran do Baixo Miño. Algúns de Vigo. Nas décadas de 1940 e 1950 a furia española estaba no Miño. Non había pamplinas de simular lesións como se ve agora pola tele nos grandes equipos. A foto que se ve nesta páxina foi tomada no campo de Vallemiñor, Goián, na temporada 1953-1954, cos xogadores Magdalena (de Vigo), Juan, Chiño, Zurdo, Pepiño, Darse, Gerardiño, Isaac, Pepe Carrero, Soliño, Antonio do Rouco e Narciso. O 5 de xullo de
1953 xogaron Estéban, Delfín, Pepiño, Zurdo, Darse, Chiño, Aguinaldo, Ligero, Pepe Carrero, Narciso, Conegín, máis Emilio, Carlos e Mora. O 6 de xuño de 1954 xogaban Peñita, Gil, Tante, Chiño, Chiménez, Darse, Pazos, Isaac, Licha, Pepe Carrero, Español, Nando, Pepiño e Barcia. O G.D. Miño tivo outros xogadores que deixaron naquela época moi bos recordos: Demiño, Chiminiño, Luis Freitas (Tico), O Coxiño, O Viel, O Xana, Daniel, Magdalena, Soliño, Estevita,... deron centos de tardes de gran fútbol a todos os que enchían os campos do Codesal, Tecla, Tabagón… en loita nobre e deportiva entre os equipos de Xinzo de Limia, Barco de Valdeorras, Rivera, San Lorenzo, Sporting Guardés, Tide, Goián, Erizana, Tomiño… O G.D. Miño xogou en 1ª, 2ª e 3ª Rexional e Autonómica. O cam-
posino Luis Díaz (Licha), irmán de Ligero, fíxose cargo do Miño no ano 1973 e estivo de presidente durante 14 anos. A mellor etapa do G.D. Miño foi co Licha: mantuvo o equipo en 1ª Rexional, reconstruíu o Codesal, cerrando o recinto deportivo, dotándoo de graderío, vestiarios, auga quente e taquillas. En 1977 os camposinos foron campións da Copa Comarcal, xogada en Coia, gañando a final aos de Ponteareas por 2-1. Repetiron final no ano seguinte contra Tide perdendo por penaltis. Tras varias crises económicas, sociais e deportivas, en 1997 o G.D. Miño comenza outra singradura, con José Ignacio del Pozo Amorín (Piño para os amigos) como presidente, Valentín Carrero Castro como secretario e o mesmo tempo como adestrador, MariCarmen Galiñanes como tesoreira, e actual-
29
Xaneiro de 2013 - A Guarda
mente nas tarefas informáticas Óscar del Pozo, sen olvidarnos dos incondicionais amigos e colaboradores. Comezaron cun equipo de cadetes. Logo pola idade convertéronse en xuvenís, e estes co tempo pasaron ao equipo de afeccionados. Tamén se formou un equipo de infantís. Nesa etapa o Miño chegou a ter equipos competindo en catro categorías diferentes. En xuvenís e cadetes conseguiron en varias ocasións gañar a Copa Deputación, disputada en Coia contra todos os equipos da Delegación de Vigo, algúns de maior categoría. Na tempada 2005/2006 o G.D. Miño, entón en 3ª Autonómica, ascende a 2ª Autonómica, e como o campo do Codesal (en total estado de abandono) non cumpre coas normativas da Federación, o presidente do Club solicita ao alcalde de A Guarda naquela época, José Luis Alonso Riego, permiso para xogar no Municipal guardés. Desde entón o Miño xoga en dito campo da Sangriña. Por falla de infraestruturas no Codesal e tamén por falla de vontade política (ELM, Concello de A Guarda e Deputación) para mellorar e adecuar as instalación deportivas de Camposancos. Chama a atención que un lugar tan emblemático e histórico como é o Codesal estea abandonado. Parece ser que Costas esixe que a parede do lateral do río Miño, que caeu cun temporal, sexa reconstruída dous me-
tros máis para dentro, pero segue no chan. Existe o convencemento de que non fai falla un grande orzamento para poñer en marcha a re construción dunha instalación deportiva que sempre foi o berce de futbolistas desde rapaces. Hai que reconstruír os vestiarios, dotalos de auga quente, como estaba antes con Licha de presidente. Cerrar o paredón, e tamén amplialo ata os piñeiros do fondo. Completar con instalación de céspede artificial. Non hai que comprar terreos porque toda esa zona é do Coto de Camposancos que os cede gratuitamente. Enténdese que actualmente nun haxa diñeiro para
estas cousas, pero supostamente si haberá dentro de dous ou tres anos. Moitos camposinos piden que, con boa vontade, se reúnan os responsables da Entidade Local de Camposancos (Rafael Alvarez), alcalde de A Guarda (Freitas), Deputación de Pontevedra (Rafael Louzán), Mancomunidade de Montes de Camposancos (José Luís Savarís), empre-
sarios (restaurantes, hoteles, supermercados, Moreira, etc.) a cambio de publicidade nos valados do campo, etc. para que entre todas as partes se financien as obras precisas e se reviva o Codesal como unha xoia do deporte do Baixo Miño. O que non é admisible é que se deixe morrer un emblema camposino. Antes no Codesal e agora no Municipal da Sangriña, centos de rapaces formáronse como persoas e como deportistas. Forman parte da historia da sociedade miñota recente, con ilusión e empeño, rapaces e grandes, deixando no club a súa impronta humana e deportiva, Marcos Vicente, Toñi, Trillo, Óscar del Pozo, Óscar Castro, Carlos Vicente, Rocha, Joni (Jonathan), Ángel (Touro), Pablo (Ito), Jorge Carrero, Jorge Caiero (Gito), Rafa, “Kuman”,
Jorge Zúñiga, Adrián, Miguel Sousa, Quiño, Iago, irmáns Estévez, Pablo Durán, Quiquín, Jorge (Maca), Pepiño (Brasileiro), Pazos, etc. Algúns ainda seguen xogando. A plantilla actual está formada por Pazos, Micael, Maca, Eliseo, Gonzalo, Estévez, Adrián Carabelos, Víctor Manuel, Denis, Pepiño, Óscar Barbosa, Óscar Rodríguez, Miguel, Jorge Pérez, Jorge Martínez, Miguel González, Nico, Guiller, Isaac, Juan, Gumersindo, Miguel Lomba y Jorge González. Para recadar diñeiro para pagar aos árbitros, Teresa e Javier, donos do restaurante Barbela, fan todas as fins de semana que xoga o Miño na Sangriña, unha empanada gloriosa, que se sortea entre todos os asistentes. O club sobrevive grazas ás subvencións da ELM, Concello e Deputación.
30
A Guarda - Xaneiro de 2013
A programación cultural da Guarda de xaneiro e febreiro aposta polo cine: comedia europea e películas de Óscar ende a concellería de cultura seguen apostando pola programación de cine, vista a boa aceptación das proxeccións ata a data.
peas: “SOUL KITCHEN” (17 de xaneiro) e “GOOD BYE LENNIN” (31 de xaneiro).
D
Para afrontar esta segunda parte do inverno (xaneiro e febreiro) combinarán a programación introducindo títulos variados na súa temática, mantendo sempre o nivel de calidade e difusión de novos títulos que marcan dende o departamento de Cultura. Deste xeito, para o mes de xaneiro, seguirán con filmes de comedia un pouco
diferentes, títulos que nos achegan bonitas e entretidas historias, tocadas sempre cun puntiño de humor,
e que foron producidas lonxe dos grandes platós de Hollywood, neste caso trátase de produccións euro-
Aumenta o número de visitantes ao Monte Santa Trega arqueolóxico, paisaxístico e relixioso. Tralas melloras dos últimos anos constatase o incremento dos visitantes cun maior interese polo valor arqueolóxico do monte. Mostra disto son os datos recollidos no Museo Arqueolóxico de Santa Trega, MASAT, con máis de 55.000 visitas que representa un terzo do total. Monte Santa Trega continúa a ser un dos referentes arqueolóxicos e, por suposto, turísticos de Galicia. Variadas son as motivacións daqueles que o visitan destacando o
O
Destacar que 3.000 persoas realizaron unha visita guiada ó Monte Santa Trega e así coñeceron máis profundamente os seus valores incluíndo os contidos o MASAT.
Para o mes de febreiro cambiarán de terzo totalmente e ren deranlle un pequeno tributo á celebración anual dos Premios Óscar, polo que propoñen dous filmes sinalados en diferentes edicións. O día 14 de fe-
breiro proxectarán THE ARTIST, película gañadora como mellor película na última edición (levou 5 estatuillas de 10 nominacións), que ademais foi revolucionaria no tema e no formato. E para o 28 de febreiro, WEST SIDE STORY, que gañou 10 óscar de 11 nominacións no ano 1961. De feito é a película que máis estatuillas levou despois de Titanic, Benhur e El señor de los anillos. A cita continuará sendo como ata o de agora, en xoves alternos, ás 20.30 horas.
Curso de árbitro autonómico para Hockey en liña s pasados días 19 e 20 de xaneiro A Guarda acolleu o Curso de Árbitro autonómico. Organizado pola Federación Galega de Patinaxe e polo Club local A Guarda Hockey Liña e coa colaboración do Concello da Guarda e do Comité Nacional de Hockey Liña este curso constituía unha oportunidade única para acadar a titulación de árbitro autonómico xa que o único curso das mesmas características celebrouse na cidade de Lugo no ano 2008.
O
O curso estivo impartido polo árbitro internacional Oscar Manuel Romay, quen distribuíu o temario
teórico e práctico entre a tarde do sábado e a mañá do domingo. Os únicos requisitos para inscribirse no curso eran ter como mínimo 16 anos, aboar 10 € de matrícula así como ter un nivel medio de patinaxe e un coñecemento básico das normas do hockey liña.
31
Xaneiro de 2013 - A Guarda/Tui
PROGRAMA DE ENTROIDO
A Guarda
DESFILE-CONCURSO DE DISFRACES
Presentación do libro “El convento de las Benedictinas de A Guarda, 1558-1984”
Martes 12 Saída da “Esquina Famosa” ás 17.30 horas Percorrido: Esquina Famosa, Rúa Porto Rico, Rúa Galicia,Alameda En caso de choiva aprázase o domingo 17 de febreiro
DESFILE INFANTIL Venres 8 Saída da Alameda ás 12 horas Organizan: Colexios da Guarda
vindeiro sábado 26 de xaneiro terá lugar a presentación dun novo estudio sobre a historia da vila da Guarda. Trátase do traballo que realizou o profesor J. M. Villa sobre o Convento das Beneditinas da Guarda, situado ata o ano 1984 no Porto guardés e reconvertido actualmente nun hotel.
O
O libro titulado “El Convento de las Benedictinas de A Guarda, 1558-1984”, e editado por Monasterio de la Transfiguración del Señor, conta en máis de 700 páxinas ilustradas con 200 fotografías a historia e avatares deste convento de monxas beneditinas fundado no século XVI.
VERBENAS NA ALAMEDA
CINEMA INFANTIL “RÍO” Mércores 13 No Centro Cultural, ás 17.30 horas
Xa está aberto o prazo de inscrición para o desfile-concurso de Entroido de Tui ércores, 16 de xaneiro de 2013. Tui vai celebrar o martes 12 de febreiro o Desfile Concurso de Comparsas e Grupos. O prazo de inscrición para participar abriu o martes 22 de xaneiro, e poderá facerse ata o 29 deste mes, no Departamento de Cultura no impreso normalizado para este fin en horario de 10 a 14 horas.
M
Establécese un máximo de 18 comparsas participantes e 3 grupos, que serán os primeiros en realizar a inscrición coa salvidade de que non quedará fóra ningún grupo ou comparsa de Tui. Os grupos deben estar formados por entre 12 e 20 persoas e as comparsas deben estar integradas por un mínimo de 25 persoas. Repartiranse cinco mil euros en premios ao que hai que engadir 400 € dos trofeos, e ata un máximo de 8.500€ en concepto de compensación por participar. Haberá un premio xeral, no que compe-
tirán de xeito conxunto grupos e comparsas e no que se valorará a orixinalidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. Nesta categoría haberá un
total de sete premios que oscilan entre os 700€ do primeiro e os 100€ do sétimo. En carrozas establécense outros sete premios dotados con contías que van dos 400€ aos 50€. Amais haberá tres premios para acompañamento musical, de 250€, 150€ e 50€, para a música interpretada en directo, e por último
hai un único premio para fantasía valorado en 300€. Amais destínase un máximo de 9.600€ a compensación económica que recibirán as comparsas e grupos por participar. As comparsas tudenses con carroza recibirán 500€, e as que non leven carroza 250€, mentres que as foráneas recibirán 250€ e 125€ en función de se levan ou non carroza. Os grupos de Tui percibirán 200€ se levan carroza e 100€ en caso contrario, e os grupos de fóra terán unha compensación de 100€ e 50€ respectivamente se levan ou non carroza. O desfile-concurso de Entroido celebrarase o martes, 12 de febreiro, ás 17.30h nun circuíto polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. As comparsas e grupos deberán asistir ao Enterro do Bacallau, o domingo, 17 de febreiro, ás 19.30h dende a Praza de San Fernando.
Do 8 ao 22 de febreiro poderase visitar a exposición fotográfica “Mar de Recuerdos” A Asociación Xuvenil Actívate organiza a II Exposición Fotográfica “Mar de Recuerdos” do 8 ao 22 de febreiro en horario de 11 a 13.30 horas no local da Asociación Érguete Baixo Miño, na rúa Colón. As entidades que colaboran neste evento son Infomaxe, Cofradía de Pescadores da Guarda, Concello de A Guarda, Asociación Muller Camiña con Nós, Club da Terceira Idade e Pensionistas e a Asociación Érguete Baixo Miño. As fotografías da Exposición forman parte do arquivo fotográfico que dispón Infomaxe concretamente na sección de traballos de José Gardeazabal Rivas (Pepe Rivas). As persoas visitantes poderán identificar aos seus familiares, amigos, veciños e incluso encargar unha copia de ditas fotos.
Repartidos entre os máis desfavorecidos os alimentos da Reunión solidaria concellería de Servizos Sociais do Concello da Guarda informou de que os alimentos donados da reunión solidaria 2012 xa foron repartidos entre as familias máis desfavorecidas do concello, chegando estes alimentos a 49 familias. A distribución realizárona as seguintes entidades: Cruz vermella repartiu a 10 familias; San Vicente de Paul entregou alimentos a 13 familias e o departamento municipal de Servizos Sociais entregou a 26 familias.
A
Dende o Concello agradeceron de novo a todos os participantes, colaboradores e a cidadanía que participou a súa solidariedade.
Director: Guillermo Rodríguez. Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga, Mos. Pontevedra. Delegación Ponteareas: Avda Sarmiento Rivera, 4, 4º. 36860, Ponteareas. Enderezo electrónico: redaccion@apeneiradixital.com
publicidade@apeneiradixital.com director@apeneiradixital.com Teléfonos: 986487480/658585049
Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Mero, Isidoro Gracia, Nemesio Barxa, etc. Fotografía: Arquivo, Hernández, Guillermo
Coordinador: Carlos Rey Bárcenas. Colaboradores: X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Manuel Rosende, Inma Otero,
Publicidade: Guillermo Rodríguez e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012
A artista coruñesa Esperanza Lema Bouzas expón en Madrid unha selección das súas pinturas e esculturas delegación da Xunta en Madrid iniciou as actividades do novo ano coa inauguración da mostra da artista coruñesa Esperanza Lema Bouzas. Trátase dunha coidada selección, realizada pola autora, da súa obra pictórica e escultórica que supón un pequeno percorrido pola súa traxectoria creativa.
A
A presentación do acto correu a cargo de Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra localidade na que reside Lema Bouzas dende hai varias décadas e na que ademais "participa activamente", en palabras do rexedor da vila. Tamén interviñeron o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez e a propia artista. A mostra pode ser visitada ata o primeiro de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas. Prólogo de Neira Vilas "Esperanza Lema, é unha muller admirable", di o escritor Xosé Neira Vilas no prólogo ao catálogo da mostra, "cuxa obra é un canto vital, un himno de esperanza, como o seu nome. Unha obra, que é un poema da Galicia eterna e transcendente", tal e como evocou Jiménez na súa intervención. A exposición está formada por 42 lenzos e unha decena de esculturas realizadas en pedra, madeira e barro. As pinturas, cheas de luz, cor e
matices, ofrecen retallos de ríos, montañas, pobos e paisaxes rurais e urbanas cheas de vida, alegría e o particular prisma da súa visión creadora. Martínez Carrillo explicou que a artista expuxo en Galicia, outras comunidades, Portugal e Estados Unidos, pero "Esperanza non só está preocupada pola arte, tamén o está pola súa terra, polas súas xentes, polos seus veciños... É un exemplo de muller galega, nobre, forte, sincera, moi sincera, inqueda, loitadora e xenerosa capaz de sobrepoñerse, dende moi pronto, ás dificultades da vida". Nacida en
Teo, tras o seu paso por Noia, Santiago e Vigo, instalouse en pleno corazón do Val do Ulla. Na inauguración presentouse tamén o libro "Lema Bouzas, pinturas e esculturas" editado por diferentes institucións locais provinciais e autonómicas, e que en palabras do alcalde "é unha obra que empezaba a ser xa unha débeda histórica cunha das nosas artistas máis comprometidas". Neste sentido "o libro supón poñer ao alcance de futuras xeracións parte da cultura e o patrimonio que supón a obra de Esperanza". Na publicación colaboraron Neira Vilas, Paula San Vicente, Ma-
rica Campo, David Otero, Ariana Fernández Palomo, e coas fotografías de Paco Rocha e do álbum familiar. Agradecementos Pola súa banda, Esperanza fixo unha intervención moi emotiva, chea de agradecementos, tanto ás persoas coma ás institucións que a apoiaron, cunha mención especial a Pedro Guitián, o seu marido e compañeiro dende hai máis de medio século, quen foi o artífice de presentar as súas obras a concursos e solicitar exposicións. "Encántame pintar, pero pásoo moi mal cando expoño e non o tería feito sen el".
Este xornal imprímese en papel reciclado