www.apeneiradixital.com
XORNAL
ANO 2 - nº 22
GALEGO DE INFORMACIÓN
XERAL
Agosto de 2013 - 2€
LIV Festa do Viño do Condado
Páxina 9 e seguintes FOTO:
HERNÁNDEZ
A CAÑIZA
PONTEAREAS
PORRIÑO
TOMIÑO
MOS
A Festa do Xamón, que se celebra o 15 de agosto, declarada de Interese Turístico
Semana musical na que a música do mestre Groba será a protagonista
A parroquia de Chenlo voltou celebrar a xa tradicional festa do Cabrito ao Espeto Páx. 18
Comeza a prospección do xacemento romano da parroquia de Currás
Adxudicado o expediente de contratación do Servicio de Axuda a Domicilio
Páx. 14 e 15
Páx. 6, 7 e 8
Páx. 29
Páx. 23
2
OPINIÓN - Agosto de 2013
Fagamos a revolución xa!! (1ª parte) Por G. Rguez. Fdez. ranquilos todos que non se trata de saír con trabucos á rúa. Trátase dunha revolución mental, cultural, social... Unha revolución que dea un xiro de 180 graos ás nosas vidas, aos nosos comportamentos como cidadáns libres e responsables. Unha revolución que revolucione o noso comportamento; a nosa postura fronte ao que está pasando; que nos esperte desta modorra social e política que vivimos. Ou o facemos nós, desde abaixo, desde a base da sociedade, ou ninguén o vai facer por nós.
T
houbo outras revolucións e outras culturas tan importantes coma esta xudeo-cristán, pero iso non é materia destas elucubracións miñas nestes momentos. Por que se nos ocorre botar man destes fitos históricos cando ninguén está pensando nunha nova revolución? Pois, precisamente, por iso mesmo; porque ninguén, ou mellor, poucos, cren que nestes
Ao longo da historia da humanidade producíronse moitas revolucións. Unhas tiveron maior pegada que outras na vida dos habitantes deste planeta chamado Terra, pero todas foron importantes para o devir das sociedades futuras. Nós como non imos pola vida de historiadores, porque non o somos, imos referirnos ás tres consideradas máis determinantes nesta parte do universo mundo chamado da cultura occidental: a revolución británica, a revolución americana e a revolución francesa. Como dixemos antes non se trata de facer historia, senón de indicar brevemente como eses momentos históricos fixeron mella nas nosas vidas e marcaron un antes e un despois no decorrer da sociedade occidental. Esta sociedade á que moitos chaman a máis importante ainda que non o sea exactamente;
momentos sexa necesaria unha nova revolución. Nós entendemos que si, que se fai precisa unha revolución cultural, política e social para encetar un novo camiño que nos libere destes “monstros capitalistas” que non nos deixan respirar.
Ou imos a unha revolución ou acepten vdes. pasar a vida coma escravos modernos, pero escravos, dunha minoría social que controla as nosas vidas dende que nos erguemos ata que nos deitamos e ainda mentres durmimos. En todas as revolucións se produciron saltos cualitatrivos na vida da xente. Melloras importantes que determinaron o seu futuro. Iso é o que hoxe buscamos, deixar atrás este calvario de vida encetando unha nova xeira de benestar e de progreso, sobre todo cultural e social. Estamos asistindo a uns acenos de posible cambio. Os cidadáns están falando alto e claro de que as instancias políticas existentes non os representan. Os partidos políticos tradicionais remataron sendo máquinas pisonadoras de vontades e de renovación social. Temos que buscar alternativas novas, pero para iso procede que teñamos claras un par de cousas. Primeiro que o que temos non serve; segundo que a nova estrutura que precisamos non pode ser un novo despotismo ilustrado como ata agora, ten que ser “ todo para o pobo, pero con o pobo como protagonista”. Hai que erguer dende a base as novas estruturas nas que cada cidadán se sinta involucrado, protagonista. Non vale votar cada
EDITORIAL catro anos; hai que buscar fórmulas para que no momento en que os elixidos se desvíen de maneira importante do programa ofrecido os votantes poidan, coas normas establecidas previamente, refutar, rexeitar a uns politicos que non están cumprindo co programa que ofreceron aos votantes. Non vale iso de que “non fago o que prometín, fago o que me deixan”. Non señor; se non pode facer o prometido váiase para a casa. Os votantes déronlle o apoio para o que prometeu non para o que dende fora lle ordenan facer. En sucesivos traballos iremos debullando máis polo miúdo como afectaron aos cidadáns europeos as tres revolucións antes citadas e como hoxe non se está aplicando ningún daqueles principios polos que coitaron milleiros de homes e mulleres ao longo da historia. Quede aquí esta fiestra aberta para que todos os que se sintan animados a tomar parte desta nova revolución que agora anunciamos poidan expor as súas ideas, os seus proxectos. Todos somos necesarios; aquí nesta tarefa ninguén sobra. Xa o dixera Castelao referíndose a traballar por Galicia “ponte ao carro e verás como hai tarefa de abondo para todos”. Aquí os esperamos. Nós continuaremos coa nosa teima ata que as forzas nos asistan. Logo pasarémoslle o testemuño aos novos/as para que rematen a obra...
CADERNOS DA VIAXE *XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA *Avogado
cedo de máis para calquera conclusión definitiva a respecto do complexo causal que xerou a catástrofe da curva d’A Grandeira. Mais as decisións adoptadas nos últimos días por ADIF e RENFE e as caixas negras son ben elocuentes. Semella que existiu,si, un erro humano, mais este erro humano nunca xeraría por si só o accidente se a seguranza do comboio e do camiño de ferro fose a axeitada. En último de contas, co moderno sistema europeo ERTMS o accidente non sería posíbel porque o sistema frearía o tren.
É
Como explicarmos, se nón é así, a decisión de ADIF de activar axiña un complexo sistema, recomendado polos expertos que conforman a Comisión ministerial que pescuda o accidente, de freado automático na curva cando a velocidade
A corresponsabilidade do accidente sobarde os 60 kms./h e o maquinista non actúe. A decisión é asisada. Mais chega tarde. Cando abrollou xa a convicción de que os Gobernos de Aznar-Cascos, ZP-Blanco e Rajoy-Ana Pastor aforraron en seguridade. Como se Galicia non precisase, por algunha extraña causa, da seguranza integral que desfrutan os AVES a Valladolid, Valencia, Sevilla ou Málaga. Velaí a razón do nerviosismo dos Presidentes de ADIF e RENFE ao acusar en exclusiva ao maquinista Garzón. Éste enfrontará un proceso penal no que, sen prexuizo da súa presunción de inocencia, aparecen pegadas dun comportamento irregular que podería ser constitutivo de delicto. Mais o dos Presidentes de Adif e Renfe é de puro cinismo político. Non poden seguer un día máis en cadanseus postos.
Os Gobernos do PP e PSOE toleraron unha seguridade desaquelada no traxecto. E un erro humano puido facer o resto, cando o sistema estaba pensado para que a vida dos pasaxeiros non estivese exclusivamente nas máns do maquinista Garzón. A arrincadeira: lástima de bois A Coruña coñeceu unha feira taurina orfa de seareiros e unha demostración cidadá a prol da súa cancelación que sobardou os límites de determinados colectivos animalistas ou partidos da esquerda nacionalista para acadar unha transversalidade social, xeracional e interclasista. Pódese admitir a subvención encuberta de 90.000 € do Concello a este espectáculo? É admisíbel manter na Lei de protección aos animais de Galicia a taurina licenza para matar?
3
Agosto de 2013 - OPINIÓN
Unha (outra) fiestra de oportunidade Por Pedro Gómez-Valadés* o longo e tortuoso camiño transitado no conflito palestinoisraelí, varias veces asistimos á apertura, maior ou menor, de fiestras de oportunidade, entendidas como esas escasas combinacións de factores endóxenos e esóxenos que fan albiscar unha posibilidade de achegamento das partes en conflito.
N
A presenza como mediador do Secretario de Estado norteamericano John Kerry é fundamental para tentar abrir -e que se manteñan abertas o tempo dabondo, as ventás entre palestinos e israelís. Porque na miña opinión John Kerry é posiblemente o mellor mediador desde hai décadas, cun mellor e máis amplo coñecemento do terreo, dos anceios e dos temores das partes. E o que é vital para determinar as posibilidades de éxito dun mediador, as dúas partes confían no actual Secretario de Estado, que está aparentemente
decidido a asumir a arriscada aposta de que o seu país volva ser o mediador clave en Oriente Medio, unha aposta con riscos, que pode lograr que se reinicien as negociacións de paz, pero tamén pode danar a súa credibilidade persoal e a do goberno de Barack Obama. Kerry maniféstase convencido de que o proceso de paz pode ver froitos serios nun prazo máximo de dous anos e para darlle o empurrón inicial acudiu a unha sorte de "diplomacia de ponte aérea" que o levou catro veces á zona en pouco máis de dous meses, reuníndose en cando menos dez ocasións en Xerusalén e Ramallah, co presidente da Autoridade Nacional Palestina, Mahmud Abbás, e co primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, antes de revelar o primeiro compoñente do seu plan de mediación. O anuncio de Kerry dun plan deseñado xunto ao eterno negociador do Cuarteto, Tony Blair, para implemen-
Agora está máis claro, ou ainda non? Queda demostrada a corrupción e a mentira. Pero o peor dos políticos que temos non é a súa falta de sentido social, nin un pouco de sentido común. Non, amosan a súa ignorancia ou sectarismo para prevalecer na afronta. Son malos e con intencións bastardas, contrarias a nós. Son falsos e ruíns, mentireiros. Nós non temos porque mentirnos, temos que asumilo e o peor de todo, recoñecer a súa falta de sensibilidade social, a falta de vergoña e de respecto polos vellos e os meniños. Iso indica a cata á que pertencen, opresores dos máis débiles. Acuñan unha nova linguaxe que tenta acolchar os desafiuzamentos, os recortes, os desarraigos que provocan en tanta xente nova, as privacións, os medos, a ruína, as indemnizacións que se fan en diferido, simulando a miseria que constantemente nos propoñen e nos adxudican. Os nosos fillos emigran, anque eles, na súa xerga de neolinguaxe
tar un paquete de investimentos de perto de 4.000 millóns de euros dirixidos á economía palestina, condicionado a axuda a que haxa avances no proceso de paz, é un primeiro movemento no taboeiro. Evidentemente a paz non pode ser mercada, porque se así fora, habería moitos anos desde que as partes terían asinado xa un acordo de paz, mais o paquete económico é un incentivo positivo e probablemente impresincible, aínda que certamente non suficiente. Pero neste plano o que parece querer procurar Kerry co paquete en cuestión é conseguir que israelís e palestinos se senten e afronten asuntos espiñentos como fronteiras ou seguridade, puntos neurálxicos que non esquezamos son a nai do cordeiro e da súa solución ou non dependerá a paz futura. Falaba ao comezo dos riscos que Kerry asume actuando tan activamente como mediador, porque desde logo se as negociacións racharan ao pouco de comezar, o que teño claro é que romperán cal-
*Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) *Mestre e músico
enganosa, chámanlle “mobilidade exterior”. Até aquí nos trouxeron, os “nosos políticos” os que se chulean e chupan pantalla nos eidos desta total indignidade. Ilusos nós, por confiar nunha caste política con mala fe, desprezable e insensible que non ve a diáspora dos nosos xoves, onde hai futuro cheo de talento e que foxen da crise que eles, os políticos, banca e patronal, crearon. Por iso eu lles chamo miserables, por todo canto nos rouban e privatizan, polas subidas de impostos, o roubo da sanidade pública e da educación, da falta de comprensión e afectos, desa carencia de hum anidade. Polo desprezo que a todos nos fai a súa insensibilidade. Despois de contaminar a xustiza, na que se ve a simple vista o lamentable espectáculo da súa politización, con nomeamentos e intervencións que medien no seu favor nesta epidemia corrupta que nos asola e avergoña. Tempos virán, confío!
quera ponte de confianza que quede no proceso durante moitos anos. Canto tempo temos para ver os primeiros sinais de progreso? É moi difícil saber sen a axuda de Snowden cal é o deseño da folla de ruta das conversas palestinoisraelis, pero entendo que debéramos ver antes do fin do verán algún avance. Sinais esperanzadores cando menos polo bando israelí hainas, por exemplo segundo publica a prensa israelí, Netanyahu está disposto a retirarse da maior parte de Cisxordania e evacuar a numerosos asentamentos como parte dun acordo cos palestinos, sempre que se cumpran as lóxicas demandas de seguridade que garantan a estabilidade e perdurabilidade do acordo de paz. Incluso os pesos pesados no goberno de Netanyahu, os Ministros de Economía e de Finanzas, Naftali Bennett e Yair Lapid respectivamente, manifestaron en varios medios internacionais que "o goberno de Netanyahu quere
avanzar moi seriamente no proceso de paz de dous estados". Hai uns días Marwan AlMuasher, un dos redactores da denominada Iniciativa Árabe de 2002 manifestaba que “só o completo respaldo do presidente de Estados Unidos e un plan rotundo poderán impulsar este proceso”. Eu creo que iso é algo evidente, mais quen ten que crer e aproveitar este breve lapso, esta fiestra de oportunidade, son as partes en conflito, palestinos e israelís, israelís e palestinos, que son os que sofren o día a día nesa terra que como ben dicía Shlomo Ben-Amí está chea de historia para moi pouca xeografía. *Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel
4
CONDADO - Agosto de 2013
O Concello de Ponteareas ultima os pasos a seguir para a aprobación definitiva do PXOM O Goberno Local ten todo preparado para seguir cos pasos para a aprobación definitiva do Plan Xeral.
corporación e enviaranse copias tamén a todos os organismos que deban emitir informes sectoriais.
Unha vez saia publicado o PXOM no DOG e en dous diarios oficiais da provincia, procederase á habilitar unha sala nas dependencias municipais onde se poderá analizar polo miudo a documentación integra do Plan. Persoal municipal e integrantes do equipo redactor darán toda a información necesaria aos veciños, e prestarán a súa colaboración a aqueles veciños que queiran presentar alegacións.
Tamén o Grupo de Goberno realizará reunións en distintas parroquias para presentar o PXOM, recoller as dúbidas e as achegas das entidades asociativas que faciliten a mellora da proposta realizada. Así mesmo, o Grupo de Goberno local convocará a todos os grupos políticos da Corporación e ao equipo redactor para seguir traballando nas propostas recollidas no documento de Acordo de Aprobación inicial.
Ademais o Concello publicará na súa web a cartografía da proposta de ordenación, a normativa e a memoria xustificativa do Plan Xeral. Despois da publicación, entregaranse copias en formato dixital do PXOM a todos os grupos da
A Xustiza ampara ao Concello de Ponteareas no caso Castrodeza O Xulgado do Contencioso n.º 1 de Pontevedra dá a razón ao Goberno local de Ponteareas en relación a petición de licenza requirida o veciño de Ponteareas Jesús Castrodeza. As obras, realizadas sen licencia municipal, foron no seu día paralizadas e posteriormente precintadas polo Concello. Agora o Xulgado do Contencioso dá a razón o Concello e corrobora que o Goberno local actuou de forma transparente e atendendo a legalidade urbanística vixente.
O humor de Vidales Tomé loce nos escaparates da rúa ponteareana homónima no 50 aniversario da súa morte s comercios da rúa Vidales Tomé de Ponteareas locen en agosto unha mostra da faceta humorística do ponteareán Ignacio Vidales Tomé.
O
Esta actividade de divulgación, co gallo do 50 aniversario do seu pasamento, é unha das accións promovidas polo Concello de Ponteareas para difundir unha figura destacada pero moi descoñecida polas xeracións máis novas. A exposición, que percorre os centros de ensino secundario de Ponteareas desde xuño, continuará a súa viaxe por outros centros despois do verán.
O Goberno Local pídelle ao PSOE que non minta sobre o estado da Freixa
EU presenta unha moción sobre os pensionistas emigrantes
O Goberno local desmente as críticas do grupo socialista en referencia á situación de suposto abandono da praia da Freixa e pide ao PSOE que deixe de mentir e manipular á opinión pública coas súas declaracións “feitas fora de tempo e faltando á verdade”. O Goberno local asegura que "a praia nunca tivo tantos coidados como esta tempada".
Esquerda Unida de Ponteareas reuniuse cos representantes da plataforma de emigrantes con pensión do estranxeiro. Un colectivo de afectados que considera “un despropósito” a imposición de multas e intereses sobre este tipo de tributo. EU critica a contradición de reducir a carga fiscal ás grandes fortunas e por contra, "cargar o peso da recadación sobre a clase obreira".
Comezan as obras de saneamento de Padróns e Prado Este mes comezaron as obras de Saneamento nas parroquias de Padróns e Prado, incluidas dentro do proxecto de Augas de Galicia “AQUATURNAT”. Ademais, o saneamento de Pías, incluido dentro doutro proxecto financiado totalmente con Fondos propios da Xunta tamén se iniciará en breve.
Agosto de 2013 - CONDADO
5
6
CONDADO -
Agosto de 2013
O Festival Groba trae a Ponteareas nove días de concertos, cursos e obradoiros A Vila do Tea acollerá entre os días 23 e 31 de agosto o Festival Groba, unha actividade na que se misturan concertos, cursos e obradoiros e na que participarán algúns dos artistas máis salientables da música culta do momento Festival Groba nace cunha clara vocación de continuidade e coa intención de converterse en referente da música culta. Para iso, os organizadores elixiron un formato único en Galicia no que se unen dúas das grandes paixóns do Mestre Groba: a interpretación e a formación de xoves músicos. Con esta fórmula, o festival propón unha serie de actividades nas que a música adquire total protagonismo, tanto na súa vertente pedagóxica coma recreativa.
O
A sede do festival, a localidade de Ponteareas, foi elixida por ser o lugar de nacemento e de residencia do Mestre Groba e por ser unha das vilas galegas máis vinculadas ao mundo da música. Para ninguén é un segredo a afección creada polas bandas populares aquí existentes, nin o crecente número de alumnos do seu Conservatorio, nin que da súa bisbarra xurdisen algunhas das figuras máis destacadas da música galega do século XX.
7
Agosto de 2013 - CONDADO
Para desenvolver este proxecto contamos cunha orquestra residente, a Orquestra de Cámara Galega (OCGA), que interpretará os concertos de inauguración e clausura do festival, e cun elenco de solistas invitados que ofrecerán concertos de cámara e clases maxistrais aos interesados, integrado por figuras de primeira liña, mozos cunha dilatada traxectoria que lles outorga unha proxección internacional fóra de toda dúbida. Este elenco estará integrado por artistas nacio-
>> Rogelio Groba Naceu en 1930 en Guláns, (Ponteareas). Os seus primeiros contactos coa música viñeron a tra-
nais e estranxeiros como Alena Baeva, Jin Joo Cho, Oyvind Gimse, Yuval Gotlibovich, David Fernández, André Cebrián, Alba González, Peter Cigleris, Elena Hamalainen, Lea Hennino, Paula Ríos, Dimas Ruiz Santos, Elena Kuznetsova, Pablo Vidal, Asterio Leiva, Iria Cuevas, Alejo Amoedo, e tamén contaremos coa participación do Obradoiro Vocal “A Vila” e maila Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo, ambas de Ponteareas. Se a vertente máis lúdi-
vés da banda “A Unión”, de Guláns, como frautín solista. Estudou no Real Conservatorio de Música de Madrid, onde obtivo o título Superior en Composición, e exerceu como director de banda en diversas prazas antes de trasladarse, en 1962, a Suíza. Alí dirixiu varias agrupacións con gran éxito, como demostra que se celebrasen catro Festivais Groba en recoñecemento ao seu labor. En 1967 regresa a España como director da BandaOrquestra Municipal da Coruña, cargo que exerceu 23 anos. Foi profesor e director do Conservatorio da cidade, e fundou a Orquestra do Conservatorio e maila Orquestra de Cámara Municipal, ademais dunha morea de conservatorios por toda a xeografía galega.
Da súa discografía destacan a gravación feita pola Stuttgart Kammerorchester de Cantigas de Mar e Intres boleses, ou as realizadas pola London Symphony Orchestra: Gran Cantata Xacobea (dobre CD), co coro London Voices; o Concerto para violín e orquestra “Confidencias”, e o Concerto para cello e orquestra “Fauno”. Tamén destacan as realizadas pola OCGa do Concerto para dous violíns e orquestra “Arcaico” e do Concerto para cello e orquestra “Añoranzas”. No seu catálogo figuran preto de 700 obras dos máis variados xéneros e estilos: cinco óperas (máis unha ópera infantil), 14 sinfonías, 21 concertos (máis Oito microcon-
certos), un réquiem, dous ballets, 11 cantatas, 15 suites, abundante música sinfónica e tamén de cámara, coral, para piano, para banda e un longo etcétera. Autor de ensaios e libros como 252 alalás, dende 1990 adícase só á composición, campo no que foi recoñecido cos máis prestixiosos galardóns. É membro do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, da Real Academia Galega de Belas Artes, da Real Academia de San Fernando, de Madrid, e presidente da Fundación Rogelio Groba. Máis información en www.festivalgroba.com.
8
CONDADO - Agosto de 2013
ca do festival son os concertos, un dos seus puntos fortes serán os cursos e obradoiros impartidos polos solistas invitados, dirixidos aos estudantes que se acheguen á localidade durante os días do festival. Está prevista a celebración de cursos de violín (impartido polas profesoras Alena Baeva e Jin Joo Cho), viola (a cargo de Yuval Gotlibovich), violonchelo (Oyvind Gimse e Elena Hamalainen), frauta (André Cebrián), óboe (Dimas Ruiz Santos), clarinete (Peter Cigleris), trompa (David Fernández), e mesmo un obradoiro para instrumentos de vento no que contamos con organizar grupos que tamén participarán na serie de concertos. Todas as actividades serán de balde nun claro compromiso pola difusión da cultura e a música clásica na nosa comunidade, grazas ao apoio económico brindado pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, e á colaboración prestada polo Concello de Ponteareas.
Os cursos e obradoiros celebraranse no Conservatorio Municipal e as actuacións diarias no Auditorio Municipal, sempre a partires das 21:00 horas. Ademais de obras do Mestre Groba, algunhas das cales serán ofrecidas en rigorosa estrea, poderemos achegarnos tamén ao traballo de compositores como Brahms, Haydn, Mozart, Piazzola, Ginastera, e un longo etcétera.
9
Agosto de 2013 - CONDADO
Programación cultural - Agosto 2013 Mércores 14
Martes 20
>> ODAIKO NA RÚA
>> CONFERENCIA SOBRE O VIÑO ECOLÓXICO E O TRATAMENTO DA VIÑA
* Ás 21.30 horas, taller de percusión práctico para nen@s * Ás 22.30 horas, concerto en familia, unha divertida proposta musical Na Praza do Concello
Sábado 17
Xoves 23
* Ás 9.30 horas, QUEDADA BTT * Ás 17 horas, TRAVESÍA A NADO * Ás 18 horas, DESCENSO DE "TARECOS"
>> XI FESTIVAL INTERNACIONAL DE KARAOKE
* A partir das 23 horas, CONCERTO DE AMANCIO PRADA E XOEL LÓPEZ
Mércores 21 e xoves 22 >> CATA COMENTADA Venres 16
A partir das 22.30 horas, no recinto amurallado
Sábado 24
No Castelo de Dona Urraca
Ás 22.30 horas, no recinto amurallado
>> CINE AO AIRE LIBRE: “Ice Age 4: La formación de los continentes”
Salvaterra de Miño
Sábado 17 e domingo 18 >> MOSTRA DE ARTESANÍA E OFICIOS ARTESÁNS No Parque da Canuda
Ás 20 horas, no Castelo de Dona Urraca
>> Ás 20 horas, Apertura de exposicións e inauguración da LIV FESTA DO VIÑO DO CONDADO. A continuación, actuacións da Banda de Gaitas Pontenova, dos grupos de baile Ondiñas do Mendo, de Leirado, e Sa Colla de Sant Rafael (Ibiza) e concerto da Banda de Música de Salvaterra e La Mafia (Vigo). No recinto amurallado
Domingo 25 * Ás 10.30 horas, DESFILE DE GRUPOS DE BAILE E BANDAS DE GAITAS. ACTUACIÓN DE CHARANGAS. * Ás 22.30 horas, CONCERTO DO GRUPO FOLK CAN DE PALLEIRO No recinto amurallado
O Festival da Poesía bota un berro de ‘Desobediencia!’ na súa XXVII edición Estase desenvolvendo unha campaña de crowdfunding para axudar ao financiamento A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado presentou o cartel e o programa da XXVII edición do Festival da Poesía, que se celebra em Salvaterra os días 30 e 31 de agosto. A organización desenvolve este ano unha campaña de crowdfunding (micro doazóns) a través da plataforma Verkami para axudar ao financiamento do evento, que conta co apoio de múltiples personalidades do mundo da cultura e das artes. O berro de ‘Desobediência’ preside un festival no que o recital estará protagonizado polas poetas Aurora Ceibe, Elvira Ribeiro, Chus Pato, Celso F. Sanmartín, Nolim Gonzalez, Dores Tembras, Alfonso Pexegueiro, Séchu Sende, Maria Rosendo, Mário Regueira, e polo brasileiro MárcioAndré. Os seus textos serán os protagonistas da antoloxía poética que, como cada ano, vai editar a SCD Condado.
Presentados polo colectivo do Gran Compadre, os grupos que van protagonizar a noite do sábado son a Banda Hospitaleira do Miño (o regreso do trío composto por Rómulo Sanjurjo, Uxía e Víctor Coyote), a Magnifique Band dos Homes sen Medo (treboada de ventos), Malandrómeda (as verbas incendiarias do Hevi xunto cos ritmos acelerados de Caldeirada) e Sacha na Horta (para un fin de festa sen parar de danzar). A festa non vai rematar aí, pois o festival finaliza coa pinchada Hevi vs. Caldeirada. Concerto de Mónica de Nut nas minas O venres, e na única actividade de pago de todo o festival, Mónica de Nut vai protagonizar a Noite nas Minas. Xa se poden adquirir as entradas contactando coa organización do festival. Durante toda a xornada do sábado Salvaterra vai estar chea de actividades que se poden consultar, polo miúdo, na páxina web www.scdcondado.org.
10
CONDADO - Agosto de 2013
11
Agosto de 2013 - CONDADO
SALVATERRA
12
CONDADO - Agosto de 2013
A Vuelta pasará por Salvaterra coincidindo coa Festa do Viño
A Asociación Veciñal Xerme organiza unha semana cultural en Cabreira
Todos os amantes do ciclismo teñen en agosto unha oportunidade para desfrutar deste deporte en Salvaterra. E é que a La Vuelta a España 2013, no seu traxecto pola provincia de Pontevedra, pasará polo municipio o domingo 25 de agosto, coincidindo coa celebración da Festa do Viño, sobre as 15.32 horas.
A Asociación Cultural Xerme de Cabreira organiza unha semana cultural. Dende o venres 9 de agosto e ata o xoves 15, a Área de Lecer ao lado do Río Caselas acollerá actuacións de baile tradicional, teatro, música, contacontos, cine… Todo de balde. Como broche final, destaca a emisión en directo do programa da Radio Líder a cargo de DJ Charlie.
A serpe multicor chegará desde Ponteareas pola PO-403-For n e l o s - Pe s queiras-Sal vaterra de Miño (na rotonda virará á dereita dirección Guillarei) e unha vez xa na 510 vira de novo á dereita en dirección Guillarei pola PO 404.
Cheo absoluto no Son da Muralla 2013 Milleiros de persoas xuntáronse o pasado 3 de agosto en Salvaterra para desfrutar dos Djs que conformaban este ano O Son da Muralla. Cun percorrido relativamente curto, esta foi a 12ª edición) O Son da Muralla é xa un referente musical e o mellor festival DJ de Galicia.
a imaxe
Será dende o Centro Cultural Xerme, de 19 a 22 horas, o 15 de agosto (véspera da Festa de San Roque celebrada cada ano na parroquia). Ao remate do mesmo, comezará a actuación de tres grupos de rock: “A.P.I.S.A.”(Salceda), “Os Marcianos” (Vigo) e “Frans Banfield y los Hijos del Rigor” (Vigo).
Agosto de 2013 - CONDADO
13
14
CONDADO - Agosto de 2013
Programación cultural Martes 13
Xoves 15 de agosto
>> Verbena nocturna a cargo das orquestras ASIA e XACOVEO
>> Celebración na Carballeira do Cacharado da Cañiza da 47ª FESTA FEIRA DO XAMÓN * 11 horas: Venda de tickets para a degustación de racións elaboradas con xamón
Mércores 14 >> Verbena nocturna a cargo da orquestra CAPITOL e GRUPO MUSICAL
* 12 horas: Desfile da Comitiva do Xamón dende a Casa Consistorial ata a Carballeira do Cacharado
Agosto 2013 * 13 horas: DISCURSO DE BENVIDA e entrega de premios do concurso de carteis e narración nas categorías de infantil e xuvenil sobre a festa-feira * 13.30 horas: ACTUACIÓNS da Banda e Gaitas e do Grupo de Baile da ACD Santa Cristina de Valeixe * 17 horas: No Santuario da Franqueira, V CERTAME DE MÚSICA ANTIGA. Actuación do conxunto
vocal VOX STELLAE * 18 horas: Torneo de Fútbol Festa do Xamón no Campo de Fútbol Municipal do Vieiro * 19.30 horas: FESTA INFANTIL na Rúa do Carme * Verbena nocturna con: ORQUESTRA OLYMPUS e GRUPO MUSICAL Domingo 25 >> Gran sardiñada na Carballeira do Cacharado
A Cañiza
Agosto de 2013 - CONDADO
15
16
CONDADO - Agosto de 2013
Cándido carrera e Jose Antonio Suárez cumpriron en Finlandia mala serie de rallyes non terminados concluíu finalmente para José Antonio Suárez e Cándido Carreira en Finlandia. O piloto asturiano e o seu copiloto galego lograron completar na décima posición da WRC Academy o histórico rallye finlandés, sumando o seu primeiro punto no novo certame para novos pilotos da FIA.
A
José Antonio Suárez afrontaba o rallye de Finlandia cun só obxectivo en mente, chegar á meta sen pensar no resultado final. Tras demostrar a súa rapidez en Portugal e sufrir a mala fiabilidade da Festa R2 tanto na cita lusa como en Sardeña, José Antonio partía o xoves pensando só en acabar, e para iso marcábase un ritmo tranquilo, sen correr riscos e deixando sempre unha importante marxe de seguridade que lle permitise evitar os erros que son tan fáci-
les de cometer en tramos tan rápidos e complicados como os finlandeses, que descubría por vez primeira. Ao final da primeira etapa, composta por tres especiais, situábase no posto catorce, desde o que iniciaba o longo percorrido do venres, con oito tramos máis. Neles, José Antonio seguía ao pé da letra a formulación inicial, rodando sempre a un ritmo seguro que lle permitía manterse en carreira e gañar posicións a medida que algúns dos seus rivais ían cometendo erros. Deste xeito, o novo piloto praviano completaba a segunda xornada na decimoprimera posición, gañando un posto máis no cinco tramos do sábado para chegar á meta na décima praza e sumar o seu primeiro punto na WRC Academy.
Presentación do novo libro de Xosé Guisado “Kubala” sobre Mondariz e o Balneario Anxo Gutiérrez
Veciños de Arbo concéntranse en Pontevedra contra o trazado da LAT
n 1988, hai agora 25 anos, Xosé Guisado Nogueira publicou Mondariz, historia, guía y hechos pasados, libro de referencia para todos os veciños e veciñas de Mondariz e Mondariz Balneario, obra que foi reeditada en tres ocasións.
E
O pasado sábado 10, Xosé Guisado Nogueira, coñecido polo sobrenome de Kubala, pola súa valía futbolística durante os seus anos mozos, presentou no Centro Social de Mondariz o seu novo libro, Personaxes e algúns contos mondarizáns. Este novo traballo está editado pola Asociación Ecocultural Búrbida, de Mondariz e Mondariz Balneario, e pola AAVV Xabriña de Mondariz. O acto, presentado polo director e produtor teatral Santiago Pérez Carrera, serviu para dar a coñecer os contidos do novo traballo deste funcionario xubilado do Concello de Mondariz, asiduo colaborador en múltiples publica-
cións de carácter local e comarcal. O novo libro de Kubala fai un bosquexo da personalidade dunha ducia de personaxes locais (os máis deles xa finados) que foron moi queridos na vila, cada un por un motivo diferente. O libro compila, ademais, un conxunto de artigos –publicados e inéditos– escritos por Guisado Nogueira nos últimos anos referidos a distintos aspectos da vida nestes dous concellos irmáns: etnografía, anécdotas históricas de Mondariz e o Balneario, episodios da historia recente, etc… 25 anos da publicación do seu primeiro traballo O acto serviu tamén para agradecer ao autor a publicación daquela obra senlleira que trazou os antecedentes de, como din os organizadores, “un concello bicéfalo que latexa cun único corazón, o que rega a auga que lle dá sona en medio mundo desde hai 140 anos”.
Mediante unha concentración silenciosa diante da Subdelegación, o pasado 30 de xullo a Plataforma de Afectados fixo entrega das sinaturas que rexeitan razoadamente o trazado que Red Electrica Española proxecta para unha nova liña de alta tensión de 400 kilovoltios que unirá Galicia con Portugal co fin de aumentar un 25% as operacións de compra venda de electricidade entre ambos paises. As máis de 4500 sinaturas recollidas, tanto colectivas como individuais, amosan o rexeitamento social a ese proxecto e demandan que o Ministerio se sensibilice na avaliación do impacto ambiental e o declare inasumible. Entre as propostas entregadas figura a do Concello de Arbo, que traza unha alternativa para os últimos apoios. Esta alternativa eliminaría o impacto sobre as persoas e sobre as fincas amparadas pola DO Rías Baixas.
a imaxe
O pasado venres Arturo Grandal, Alcalde de Salvaterra, recibiu Salón de Plenos do Consistorio aos integrantes da Banda de Música la Villa de Alagón que se desprazaron ao municipio para participar I Festival de Bandas, que se celebrou dentro da programación Verán Cultural 2013.
no de no do
17
Agosto de 2013 - CONDADO
Un condado da Adega Señorío de Rubiós de As Neves, elixido mellor viño branco de Galicia A adega Señorío de Rubiós logrou este galardón na cata organizada pola Xunta de Galicia entre os diferentes consellos reguladores
Condado do Tea Branco, da adega das Neves Coto RedondoSeñorío de Rubiós, foi elixido como o mellor veu branco de Galicia, segundo a cata de viños organizada pola Xunta de Galicia en colaboración cos diferentes consellos reguladores da comunidade galega.
O
A este premio únese tamén o Acio de Ouro en Rías Baixas, co Señorío de Rubiós Albariño 2012, o que o destaca entre os viños da denominación de orixe. Estas dúas boas noticias poñen unha liña máis na historia de premios da adega, que o ano pasado xa conseguiu ambos os galardóns. Para lograr ser elixido o concurso da Xunta, o caldo das Neves tivo que competir con outros 194 viños de 130 adegas diferentes. Todos eles foron catados e puntuados por un grupo de doce expertos. Desde as adegas destacan que este é un «recoñecemento a un traballo ben realizado no que participan os viticultores que coidan con esmero as viñas e tamén un gran equipo de traballo». Ademais, lembran que tamén lograron premios internacionais en Lyon e en Bruxelas, ademais do Bachus de Ouro que outorga a Unión Española de Catadores.
18
LOURIÑA - Agosto de 2013
Arredor de dúas mil persoas degustaron en Chenlo o cabrito ao espeto s veciños da parroquia porriñesa de Chenlo envorcáronse totalmente na súa cita gastronómica anual, un referente xa na comarca e provincia. A festa gastronómica do Cabrito ó espeto chegou á súa quinta edición coa colaboración da Entidade Local Menor de Chenlo e do Concello de Porriño.
O
Cita masiva O campo de fútbol de Chenlo, en Chan da Carreira, foi un ano máis o escenario desta cita que se celebrou o domingo 4 de agosto, na que se asaron uns 100 cabritos, ademais de 200 quilos de churrasco; contouse coa asistencia dunhas 2.000 persoas. O prezo do cabrito enteiro foi de 180 euros e o da ración, de 20 euros, incluíndo
cabrito, empanada, rosca e café, ou de 12 euros se no canto de cabrito se optaba por churrasco. A xornada deu comezo a partir das 11 horas coa degustación de pin-
Porriño é o cuarto concello de Galicia no que máis empresarios se constituíron telematicamente Desde o pasado ano, o Concello, a través de Porremprego, instalou, no Multicentro de Torneiros, un Punto de Asesoramento e Inicio de Tramitación (PAIT) que permite o rexistro de sociedades e autónomos a través dun proceso telemático que simplifica a xestión e aforra tempo e trámite ao usuario. Precisamente, este punto converteuse no cuarto, dos 39 existentes en Galicia, que máis empresarios constituídos rexistra neste 2013 (26).
chos (a un prezo de 3 euros) e estivo amenizada por un grupo de gaitas e a actuación do grupo musical 3.com, ademais sorteáronse diversos agasallos e un cabrito dos Cabreiros.
Novo ouro no Campionato de España de Kung fu para o Centro Deportivo León Fam & Carrera O alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Deportes M. Alejandro Lorenzo recibiron aos kungfudokas do Centro Deportivo León Fam & Carrera que conseguiron medallas de ouro e bronce nos campionatos galegos e de España.
Máis de 20 persoas asisten á primeira clase de ximnasia ao aire libre
Deporte e cine compoñen a programación cultural para agosto na vila do Louro. A Concellería de Cultura organizou unha serie de actividades para todos os públicos e que se celebrarán ao aire libre. Por unha banda, haberá clases de ximnasia e, por outra, sesión de cine. Na primeira das sesións de aerobic participaron máis de 20 persoas no parque da Travesía do Matadoiro. Trátase de clases dirixidas por un monitor e son todos os luns e xoves, ás 21 horas. A carteleira para os venres ás 22.00 horas componse de películas dirixidas a todos os públicos. A praza Arquitecto Antonio Palacios acolleu a primeira das sesións o venres 9, coa proxección da película Las aventuras de Tadeo Jones, o filme español de animación máis taquillero de todos os tempos. Outras películas que se poderán ver ao longo do mes son La invención de Hugo, Un lugar para soñar e Peter Pan, la gran aventura.
19
Agosto de 2013 - LOURIÑA
Porriño celebra o seu I Duatlón e en maio se celebrou o I Triatlón, do que tomaron saída 300 deportistas sendo un gran éxito de participación e organización, en setembro terá lugar o I Duatlón Concello de Porriño. Todo evento deportivo ten cabida na vila do Louro.
S
"No marco das Festas do Cristo 2013, a mediados de setembro, celebraremos o I Duatlón Concello de Porriño aberto a todo o público en xeral, profesionais e afeccionados, por iso é polo que xa o vaiamos anunciando agora para que aquelas persoas que queren participar poidan comezar a adestrarse", explica Lorenzo. A proba dará comezo no centro cunha carreira a pé, discorrendo logo en bicicleta polas diferentes parroquias para volver de novo ao casco urbano con outro tramo a pé. Será un percorrido de varios quilómetros que aínda está sen determinar de xeito definitivo pero que en breve darase a coñecer, ao mesmo
tempo que tamén se abrirá o periodo de inscripciones. "Este ano máis que nunca o apartado deportivo terá especial relevancia na programación das Festas do Cristo", sinala o alcalde Nelson Santos, "pois ademais deste I Duatlón tamén organizaremos outras probas atléticas como o salto de lonxitude ou a carreira de
100 metros lisos que se desenvolverán en diferentes rúas do centro urbano". Por suposto, todas a modalidades deportivas practicadas en Porriño terán presenza ao longo do mes de setembro, así haberá competicións e exhibicións de balonmán, baloncesto, fútbol, tenis, padel, ciclismo, patinaxe, ximnasia rítmica, baile de salón e kung-fu, entre outras.
20
LOURIÑA - Agosto de 2013
A Festa dos Callos de Porriño múdase este ano aos establecementos hostaleiros
O BNG reproba a contratación de Diz Guedes polo concello
Concello de Porriño anuncia un cambio substancial na tradicional Festa dos Callos, que se celebra este ano o domingo 29 de setembro. Así, esta cita gastronómica, que chega xa á súa vixésima edición, trasladarase aos establecementos hostaleiros da vila.
O
Ademais, xa se acordou que se unificarán os prezos e que os callos serviranse igualmente nunha cazola de barro conmemorativa para a ocasión. Os establecementos participantes dispoñerán dun distintivo para que os clientes poi-
dan identificalos. Neste sentido, recórdase a todos aqueles hosteleros que non acudiron a devandita reunión e que queiran adherirse á iniciativa que aínda están a tempo
de participar, para o que deben de poñerse en contacto co concelleiro de Comercio e Industria con prazo ata o vindeiro venres, día 16 de agosto.
O Porriño homenaxea a unha octoxenaria pola súa defensa do patrimonio municipal O alcalde do Concello de Porriño Nelson Santos fixo entrega o pasado 5 de agosto dun obsequio conmemorativo a Celsa Fernández Bugarín, veciña de Pontellas, "pola súa loita en defensa do patrimonio municipal", como así indicaba na placa da figura, consistente nunha réplica de cristal da Casa Consistorial, obra do arquitecto Antonio Palacios, sobre unha base de pedra Rosa Porriño. O acto des-
envolveuse enmarcado na celebración do Campionato Galego de F3M 2013 que tivo lugar na pista de aeromodelismo de Pontellas organizado polo Club Furaventos.
O BNG do Porriño considera inxustificada a contratación de Diz Guedes como asesor xurídico do concello anunciada por Nelson Santos para, segundo palabras do propio alcalde, “controlar os procesos administrativos en marcha e evitar erros”, xa que, indican “a institución local conta con persoal cualificado nos departamentos de secretaría, intervención, urbanismo ou tesourería para controlar a legalidade dos procedementos administrativos do concello. O BNG solicitará por escrito información sobre o procedemento empregado para esta contratación, así como o custo que este contrato suporá para as arcas municipais.
Agosto de 2013 - LOURIÑA
21
22
LOURIÑA - Agosto de 2013
Mos homenaxea á campiona galega Junior de 50 metros braza Alicia Davila ten 15 anos, é veciña da parroquia mosense de Sanguiñeda e alumna do IES de Mos mén quedou 5ª en 200 metros estilos no mesmo Campionato Galego.
pasado 1 de agosto celebrouse no Concello de Mos unha recepción en recoñecemento dos éxitos deportivos da nadadora do Clube de Natación Mos, Alicia Davila Silva, no Campionato Galego Junior e Infantil. Obtendo neste, sendas medallas de ouro e bronce nas probas de 50 metros braza e 100 metros braza, respectivamente.
O
Alicia Davila Silva ten 15 anos, é veciña da parroquia mosense de Sanguiñeda e alumna do IES de Mos pasando a cursar, a partir do vindeiro mes de setembro, 4º
A nadadora obtivo no Campionato Galego junior e Infantil sendas medallas de ouro e bronce nas probas de 50 metros braza e 100 metros braza da ESO. Na presente tempada Alicia participou no Campionato de España Junior e no Campionato Galego Junior e Infantil. Obtendo neste último, como xa se dixo, medallas de ouro e bronce nas probas de 50 metros braza e 100 metros braza. Ta-
Dende que compite no Clube de Natación Mos sempre obtivo as marcas mínimas necesarias para participar no Campionato Galego Junior, e este ano para participar tamén, ademais de no Galego, no Campionato de España Junior na proba de 100 metros braza (quedando 13ª entre 40 participantes). Esta promesa da natación mosense leva competindo no Club de Natación Mos dende a tempada 2003-2004, 10 anos en total, o seu adestrador é Luis Alberto Pereira e, ademais dela, o Club de Natación Mos está integrado por outros 39 deportistas, nadadores e nadadoras, de 6 a 25 anos de idade.
O Club Unión Deportiva Mos Desde o club ten todo listo para que os mozos futbolistas mosenses empecen a prepararse para participar nas respectivas ligas. Este segundo ano de mandato da actual directiva, presidida por Pablo Serodio, preséntase cheo de expectativas positivas: “O noso ob xec tivo principal é seguir consolidando a estrutura do club e continuar coa mellora das instalacións. Así poderemos ofrecer as mello-
res condicións para que os máis novos practiquen deporte e adquiran hábitos saudables”.
O club conta xa con 10 equipos nos que participan uns 150 xogadores entre 4 e 25 anos.
23
Agosto de 2013 - LOURIÑA
Mos adxudica o expediente de contratación do Servizo de Axuda a Domicilio Arredor de 50 familias mosenses benefícianse cada ano desta axuda prestada polo departamento de Benestar Social O Concello de Mos aprobou en Xunta de Goberno a adxudicación do expediente de contratación da empresa concesionaria que se encargará de prestar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Concello de Mos. Esta contratación realízase mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria.. Durante 2012 beneficiáronse do SAF no Concello de Mos, prestado polo departamento municipal de Benestar Social, unhas 50 familias.
David Cibera pechou as festas de Herville Os veciños de Herville, na parroquia mosense de Cela, celebraron os días 4, 5 e 6 de agosto, as súas festas na honra á Virxe das Neves.
Os beneficiarios deste servizo son preferentemente persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu contorno inmediato, así comoi fogares con menores nos que se observa necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. O Servizo de Axuda no Fogar tamén dá unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias mosenses en risco de exclusión social.
Obxectivos do servizo Os obxectivos do Servizo de Axuda no Fogar son mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social; previr situacións de dependencia ou exclusión social, retardar ou evitar a institucionalización e reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
As festas comezaron coa gran verbena amenizada polas orquestras Ipanema e Cidade Cristal, mentres na segunda xornada festiva as actuacións musicais correron a cargo da Banda de Balladares e da Banda. A última das xornadas iniciouse co popular pasarrúas a cargo da Banda de Música Xuvenil de Torroso. A orquestra Marazul foi a encargada de animar a verbena da noite ata que o famoso cantante David Civera tomou o relevo, pondo así o punto final ás tres xornadas festivas.
24
LOURIÑA - Agosto de 2013
Once escolares mosenses participan na iniciativa AproveiteMos o Verán
Colectores do lixo en mal estado e sen lavar, algo habitual en Mos
Trátase dun proxecto que pretende loitar contra o abandono escolar no municipio pasado día 4 de xullo once alumnos e alumnas de centros educativos mosenses iniciaron un proxecto pioneiro nesta localidade que, baixo o título de AproveiteMos o Verán, pretende fomentar a reducción do abadono escolar entre a población estudiante de Mos. Dende a concellería de Educación mosense que dirixe a edil Kely Monzón presentouse na Xunta de Galicia o programa, para o que lle foi finalmente concedida unha subvención coa que financialo e gracias á cal se está a levar a cabo actualmente.
O
O programa AproveiteMos o Verán consiste en talleres de recupera-
ción do alumnado de secundaria que presenta malos resultados académicos ou desmotivación para o estudo. As actividades destes obradoiros contan con Coaching educativo e intelixencia emocional e coa implantación dun Programa Escolar & Coaching para os pais. AproveitaMos o Verán é un programa para o fomento da motivación cara á actividade do estudo e o
uso axeitado das técnicas que permiten acadar o éxito académico. Este programa vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º curso da etapa da Educación Secundaria Obrigatoria, ou a aquel que curse algún Programa de Cualificación Profesional Inicial, e que este preferentemente empadroado no Concello de Mos.
O BNG de Mos denuncia o mal estado dos colectores do lixo do Concello, deteriorados e sen lavar. Os nacionalistas inciden en que o recibo pola recollida do lixo subiu un 125% en dous anos para os veciños de Mos. “Cando che suben o recibo dun servizo de 36,7 euros a 82,58 en dous anos, esperas que polo menos che suban tamén a calidade do mesmo. Pois iso non acontece en Mos coa recollida do lixo”, indican.
25
Agosto de 2013 - LOURIÑA
A Banda de Música de Torroso celebrou o XV Certame de Bandas de Música Populares omo xa é tradicional desde 1998, a Banda Xuvenil de Torroso celebrou o seu Certame de Bandas. Este ano celebrouse o sábado 3 de agosto no recinto de festas da parroquia e foi ademais o pistoletazo de saída das festas patronais do concello de Mos.
C
Este ano a banda convidada foi a Agrupación Musical da Guarda, de recente creación, mais que xa está a converterse nunha das bandas de referencia do sur de Pontevedra e conta xa con máis de 55 compoñentes. Está dirixida polo mestre Víctor Luís Alonso Trinta. A Banda anfitrioa, dirixida pola
mestra Anxos Lorenzo, está integrada por 60 mozos músicos con idades comprendidas entre os 9 e os 37 anos. Canteira de músicos A Banda de Música Xuvenil de Torroso conta cunha enorme canteira de nenas e nenos a partir de catro anos de idade, formando unha
grande e recoñecida Escola de Música que medra cada ano. Actualmente están matriculados un total de 350 alumnos e alumnas. O éxito desta escola radica no amplo abano de actividades musicais que oferta, xa que o alumnado pode escoller a música como profesión ou como actividade de lecer.
26
LOURIÑA- Agosto de 2013
Alumnos de toda España acudiron ao Curso Internacional da Música de Salceda Salceda acolleu o IX Curso Internacional da música entre os días 29 de xullo e 2 de agosto, que como cada ano organiza a Asociación de Amigos da Música. Os arredor de 70 alumnos de toda España, da República Checa e Portugal aloxáronse nun albergue preparado para tal fín no Ximnasio do Colexio Altamira. Cada noite, veciños e veciñas puideron presenciar as actuacións dos
mestres e mestras internacionais de tan recoñecido prestixio como Silvia Careddu, flautista solista de Konzerrthaus Berlin.
Xornada festiva na Piscina Municipal
A Piscina Municipal de Salceda acolleu o sábado 10 de agosto unha xornada de deporte, xogos e baile para todas as idades. Aproveitando a época estival os veciños e veciñas
puideron coñecer e participar en deportes como o baloncesto, balonmán, loita olímpica, ximnasia acrobática, brake dance, ciclismo ou multideporte.
Expoanimalia visitou Salceda en xullo
O Auditorio Municipal de Salceda acolleu dende o 20 ata o 28 de xullo a Mostra Expoanimalia. A mostra acolle a preto de cen animais entre os que se atopan máis de 50 especies procedentes
dos cinco continentes. Entre os animais expostos contouse coa presenza de geckos, boas, pitóns, crías de caimán, varanos, tarántulas, escorpiónss, camaleóns ajolotes, rás e tartarugas, entre outros. O animais estiveron expostos en 50 urnas de cristal onde se recreaban, da mellor maneira posible, as condicións que presenta o hábitat natural no que se desenvolve cada especie. A mostra contou en todo momento coa presenza e supervisión de expertos como o biólogo Diego Ballesteros e o herpetólogo José Luis García.
27
Agosto de 2013 - MORRAZO
Cangas presenta as Festas do Cristo 2013 Concello de Cangas presentou a programación das Festas do Cristo 2013.
O
Xa o pasado día 10 celebrouse o festival Metalfest Morrazica no entorno das Naves de Ojea, seguido polo festival Canjazz 2013: XVI Festival Internacional de Jazz de Cangas no Eirado do Costal e que serviron de aperitivo da oferta musical de este ano. Tamén haberá o desfile de coches clásicos o domingo 18 que sairá do Helipuerto as 13.00 horas e que rematará no Porto de Aldán finalizando a última hora da tarde. Nembargantes, non será ata o xoves 22 ás 22.00 horas
cando se faga a apertura do recinto de Festas Naves de Ojea onde estarán instaladas varias carpas con distintos locais da hostelaría do concello. Artistas de peso Durante agosto pasarán por Cangas artistas como Roi Casal o día 23, David Civera, Chenoa e Karina na Gala Musical do luns 26 que serán a aposta forte desta edición. Tamén actuarán Astrot- Seguridad Social o día 27 cun disco novo debaixo do brazo ou Eladio y los seres queridos no Festival Amstel entre outros.
Darbo prepárase para acoller a súa tradicional romaría No mes de setembro, a parroquia de Darbo, Cangas, celebra a súa tradicional romaría. Nela destaca a Danza de Darbo, representada por dez galáns, cinco damas e un guía. A danza, considerada Festa de Galicia de Interese Turístico, desenvólvese tras a procesión relixiosa. Misas, pasarrúas, xogos populares, verbena e foguetes completan as actividades.
Tamén haberá verbenas a cargo de orquestras de recoñecido prestixio como a Orquestra Filadelfia, Miramar, America S.L. e Magos de España. Tamén como novidade actuará o Mariachi Azabache de Monterrey o sábado 24. No progama musical tamén houbo un oco para un grupo musical chamado Brokenpeach e que actuará en primicia no recinto das Naves de Ojea o venres 30.
A orixe da danza de Darbo remóntase ao século XVI e a día de hoxe considérase a máis antiga de todas as que se manteñen en Galicia, polo que a festa foi declarada de Interese Tusíritco de Galicia hai anos. O día propio das danzas é o 8 de setembro e teñen unha duración duns 45 minutos.
O Intercéltico celebrarase o mércores 14 e o xoves 15 de agosto O XXIX Festival Intercéltico do Morrazo desenvolverase finalmente o mércores 14 e o xoves 15 de agosto no Palco da Alameda de Moaña, logo de ser suspendido debido á traxedia ferroviaria de Santiago de Compostela. O festival mantén a súa estrutura, que non varía con respecto ao programado nun primeiro momento.
28
VIGO - Agosto de 2013
A Xunta modernizará a Estación de Autobuses de Vigo A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitará despois do verán e adxudicará no que queda de ano investimentos en 37 estacións de autobús por valor de 1,58 millóns de euros ao amparo dun 'plan renove'. Unha das estacións beneficiadas será a de Vigo. En conxunto, este plan, que busca melloras na accesibilidade, calidade e información das terminais galegas, suporá un desembolso de 4,25 millóns de euros entre 2013 e 2016 por parte da Xunta. A provincia da Coruña será beneficiaria de 0,63 millóns de euros este mesmo ano, que se distribuirán entre as terminais
da capital, A Pobra do Caramiñal, Carballo, Cedeira, Ferrol, Noia, Padrón e Santiago. Medio millón de euros para a provincia de Pontevedra Pontevedra será a segunda provincia na que recaia máis diñeiro, con 0,53 millóns de euros para as estacións da capital, A Estrada, Cangas, Cambados, Gondomar, Lalín, Ponteareas, O Grove, Sanxenxo, Vigo e Vilagarcía.
Agosto de 2013 - BAIXO
29
MIÑO
Tomiño iniciou a prospección do xacemento romano da parroquia de Currás O traballo responde ao convenio marco coa Universidade de Vigo O pasado mes de xullo deron comezo os traballos de prospección do xacemento romano de Currás, consistentes na excavación da villae romana e da necrópole existentes na parroquia de Currás. Os responsables do proxecto e coordinadores de dita excavación son Fermín Pérez Losada e Silvia González, investigadores da GEAAT ( Grupo de estudos de arqueoloxía, antigüidade e territorio da Universidade de Vigo).
O proxecto ademáis conta co apoio do Concello de Tomiño que financia boa parte da investigación e a Comunidade de Montes de Currás. Expectación Esta é unha obra en torno a que se ten creado unha fonda expectación. Recorda, sen dúbida, a aquela primeira investigación do ano 1972 a cargo do grupo arqueolóxico do Baixo Miño que encabezaran Xoan Tamuxe, Aquilino Santiso e J. Gómez Sobrino. Naquela primeira investigación descubríranse as estructuras dunha villae romana cun interesante hipocausto. Ademáis deuse conta da existencia dunha necrópole de época alto medieval.
Acto homenaxe ós gañadores do certame de poesía Feliciano Rolán O martes 6 de agosto, ás 21.30 horas, tivo lugar a entrega de premios do XXVII Certame de Poesía Feliciano Rolán no Centro Cultural de A Guarda. A apertura estivo presidida por unha muller moi relacionada coa cultura da Guarda, Julia Sobrino que leu algún dos poemas de Feliciano Rolán. Un acto no que participou a Agrupación Musical de A Guarda, á batuta de Jose Antonio Soutelo Muñoz. Tamén interviu o Concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, para facer o peche dun evento moi poético e apaixoado coa lectura dos poemas mellor valorados. A Agrupación cultural guardesa entregou recordos e premios que van dende os 60 ós 360 euros ós gañadores. En primeiro lugar, o
lugués Jacobo Llamas Martínez, polo poema “Dido nas marismas”. Seguido de Amancio García Nuño, de Madrid, autor de “Manual para retornos”. O terceiro posto para Jonathan Rodríguez Cabaleiro, de Ponferrada, por “Dono da verba muda” e, por último, o accésit por “Homenaxe artístico” a Germán Torres de Aboal, de Vilagarcía de Arousa.
Debido a falta de financiamento nos anos 70, o xacemento tapouse para a súa conservación e coa idea de que nun futuro fora reaberto e investigado en profundidade. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltou o “valor patrimonial
e histórico deste xacemento para o Concello de Tomiño. Por este motivo procuraremos facernos con financiamento doutras administración para a posta en valor deste xacemento tan importante para a arqueoloxía galega”, sinalou a rexedora local.
O Club Náutico San Telmo de Tui organiza a “Semana NáuticaCoñece o teu río”
Do 19 ao 23 de agosto vaise celebrar en Tui a “SEaman Náutica Coñece o teu río” organizada polo Club Náutico San Telmo, en colaboración co Concello de Tui e a empresa Arrepións. O concelleiro de deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, a vocal de deportes do Club Náutico San Telmo, Rosa Estévez e o xerente da empresa Arrepions, Ricardo Abundancia, presentaron esta mañá esta actividade nas instalacións do Centro Interfederado de Tui. Rosa Estévez, do Náutico San Telmo, explicou que con esta Semana Náutica pretenden ofertar unha alternativa de actividades para mozos de 12 a 16 anos, ao través da cal coñezan a oferta de actividade de río que hai na cidade. Destacaba que para participar é preciso saber nadar.
Ricardo Abundancia, responsable da empresa Arrepións pioneira no turismo náutico de ocio xa que levan traballando dende os anos 90, sinalaba que as actividades as van realizar non so na zona de Tui senón tamén río arriba para que os participantes coñezan así distintos lugares do Miño. Programa ambicioso Nicolás Lorenzo, concelleiro de Deportes, cualificou o programa de “ambicioso” destacando que é a primeira vez que se realiza unha actividade destas características, para unha franxa de idade – mozos de 12 a 16 anos – á que dende hai tempo quería chegar dende o seu departamento. Esta proposta insírese no obxectivo da concellería de Deportes de “abrir a cidade ao río” tal e coma se está a facer con actividades coma a Festa do Miño que se celebra este sábado.
30
BAIXO MIÑO - Agosto de 2013
Un centenario con letras de ouro Por Juan Louzán A GUARDA loable a actividade socio cultural e festiva en A Guarda. Xullo e agosto a tope. Non falta un programa para “maiores en forma”. Nin a entrega de diplomas da Cruz Vermella. Apertura da carpa no porto guardés, con pregón da XIII Edición da festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, máis espectáculo de humor. Degustación da langosta e 25 pratos mariñeiros. Feira de Artesanía. Animación infantil e outros eventos musicáis e de humor. Non faltan nunca as diversas actividades deportivas. Exposición de pinturas, esculturas, así como figuras de área. Na festa do Carme hubo pasarrúas do Grupo de Gaitas da 3ª Idade de A Guarda. Rock guardés, gran verbena, misa solemne con procesión e ofrenda floral aos náufragos. Regatas de gameliñas e recital da coral Polifónica Balona a Real.
É
A IV Mostra das Tradicións Mariñeiras “un mar de tesouros”, tivo un inicio moi triste debido á traxedia ferroviaria preto de Santiago con 70 mortos. Por tal motivo foi sus-
pendido o evento “cantos de taberna” para dalo no último día na nave das redeiras. Esta Mostra-Festa xa é un clásico na Guarda. Milleiros de visitantes desfrutan a tope. Non falta de nada: xogos populares, concurso de barcos de papel, revista oral dos tesouros vivos, travesía a nado no porto guardés, actuacións musicais, regata de traíñas de veteráns, exposicións de fotografías antigas, maquetas de embarcacións, obradoiros de cerámica, xabón, cordoeira, etcétera. Mercado mariñeiro, actividades lúdicas, taberna mariñeira con degustación de peixe espada e pratos típicos nos restaurantes do porto. Agosto comeza coas festas de San Caetano (Queitano) no barrio de a Cruzada. Durante catro días a raíña é a Capela do santo que conmemora o seu primeiro centenario. O 26 de xullo, tras unha gran tirada de fogos iníciase a Novena ao santo. O primeiro día percorre todo o barrio un cheiriño divino a sardi-
ña asada. Era a sardiñada programada para as 21 horas a prezos populares, acompañados dun grupo de famosos gaiteiros. Tres días de verbenas, máis as populares poxas da man do mestre Nemesio. Pero o máis celebrado é a misa solemne ofrecida ao Santo o mediodía do domingo con procesión por todo o barrio. Organiza O Cancelón A comisión das Festas do Monte Santa Trega está formada por Damián Alonso, David González, Manuel Castro, Manuel Pereira, Manuel Alonso, Emilio Alvarez, e Arsenio Lomba. Máis 10 colaboradores moi competentes. Todos empeñados nunha tarea tan loable, tenaz e complexa. A maioría traballa na hostalería e durante dúas semanas só van ás súas casas a durmir. O sacrificio é máximo. En realidade as festas comezan o día 2 co pregón da ex alcaldesa guardesa Purificación Alvarez e termina o luns 19 coa tirada do fogos. Durante 18 días non faltaron
acontecementos deportivos, culturais (a destacar o XXVII Certame da Poesía Feliciano Rolán), cucañas, exposicións, feira de artesanía, II Feira do Percebe, brillando o gran desfile folklórico tradicional de todos os anos, coa participación das bandas mariñeiras. O domingo 18 cobra especial relevo o Xantar no cume do monte Trega, cumpríndose 100 anos da primeira vez que se celebra tan histórico costume e tradición. A merendacea no Parque O Cancelón (O Montiño) é a antesala da desfeita. O luns 19 a medianoite o porto guardés estará cheo de xente de moitas vilas e cidades, contemplando e desfrutando dun espectáculo único como é a tirada de fogos sobre as augas do mar. Agosto pecha coa festa de San Roque, en Salcidos, nas datas 23, 24 e 25. No día 2 honraron ao seu patrón, San Lorenzo, coa Novena, e no día 10 coa misa solemne con sermón e procesión. San Roque é máis “pagano” porque ten os mesmos actos relixiosos e ademais verbenas, poxas, treboadas que percorren a rúa e banda de música.
31
Agosto de 2013 - CULTURA
Nace unha nova páxina cultural galega: m8quefacer.com
Na lembranza de Moncho Valcarce no 20 aniversario do seu pasamento
Por Ramón Rodríguez Palleiro ace m8quefacer.com, unha nova web que xorde como un punto de encontro da cultura que se fai neste curruncho do planeta chamado Galiza.
N
A web m8quefacer.com conta cun mapa comarcal galego e oito temáticas diferentes: artes escénicas, audiovisual, belas artes, deportes, historia e sociedade, lingua, música e vida (ecoloxía, saúde, nutrición...). O usuario pode escoller sobre un tema ou bisbarra de interese (ou ámbalas dúas), encamiñando graficamente a súa procura. Ademais dentro de cada evento o usuario atopará, alén dos aspectos esenciais como actividade, lugar, data e hora, información como o prezo da entrada coa ligazón para adquirila ou a posición sobre o mapa para chegar comodamente ao destino. m8quefacer.com revélase como unha ferramenta de consulta completa en contidos e á vez sinxela de manexar para os amantes da cultura e do lecer. Mais, sen dúbi-
O próximo sábado 31 de agosto terá lugar unha HOMENAXE A MONCHO VALCARCE, no lugar de Pontoxo, nas Encrobas (Cerceda), organizado pola Irmandade Moncho Valcarce. Pola mañá farase unha ofrenda floral no monumento dedicado ao crego e político; seguida dunha homenaxe na que versificarán poetas como Pilar Pallarés, Manuel Lugrís ou xosé Fraga e haberá interpretacións musicais de Xosé Taboada. O acto rematará coa entoación do himno galego acompañada da gaita de Xosé M. Ares.
da, tamén unha canle de apoio a creadores e colectivos onde sementar e dar promoción ás súas obras e actividades. Pódense achegar eventos para seren difundidos ao correo eventos@m8quefacer.com m8quefacer.com está a desenvolver un aplicativo para móbiles baixo a plataforma Android que proporcionará información en tempo real dos eventos que están a acontecer ou próximos a vir segundo a ubicación do usuario.
A Asociación de Medios en Galego reúnese coa Xunta para abordar a situación do sector A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) comeza a dar pasos en firme para mellorar e regularizar a situación daqueles xornais, radios, televisións ou webs que apostan polo galego como vía de comunicación. Con este obxectivo varios membros deste colectivo entrevistaronse coa secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez, e co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Ambos os dous comprometeronse a traballar conxuntamente coa AMEGA para potenciar a situación dos medios en galego. Tal e como xa fixo hai unhas semanas cos catro grupos parlamentarios e co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), a AMEGA expúxolles a ambos os dous cargos públicos as dificultades polas que atravesan os medios en galego. Por iso, esta organización propón establecer un marco de relacións entre institucións e medios que abranga 3 lexislaturas. Así mesmo, avanzou a súa intención de comezar a traballar consensuadamente na creación
dunha Lei de Publicidade Institucional, unha vez que o actual Decreto rixe dende o ano 1999, cando a realidade mediática do país era singularmente diferente. “En min tendes un aliado”, destacou Valentín García. “Estou interesado en saber de vós dende que souben da vosa formación”, suliñou ao tempo que mostrou toda a súa vontade por colaborar coa nova entidade. A importancia do galego na rede O secretario xeral de Política Lingüística destacou a importancia que o galego ten en Internet, onde xa está no posto 20 en uso, e comprometeuso a impulsar eidos de colaboración coa AMEGa en temas de relevancia do noso idioma. A xuntanza entre a AMEGA e a Secretaría Xeral de Medios e de Política Lingüística foi moi cordial e as distintas entidades acordaron marcos de colaboración conxuntos.
Ao mediodía haberá un xantar de Irmandade no propio lugar, e despois terá lugar a entrega dos Premios Moncho Valcarce. O acto rematará con actuacións das Pandereteiras de As Encrobas, Lydia Botana “Bolboreta”, César Morán, Paco Campos, Xosé Taboada e A Quenlla.
CxG denuncia o dobre raseiro do PP co bunkering O dez de agosto entrou en vigor a autorización da Autoridade Portuaria de Ferrol que permitirá o “bunkering”, que consiste en repostar directamente de barco a barco co conseguinte risco de que se produzan verquidos. Dende Compromiso por Galicia denuncian a perigosidade desta práctica e o dobre raseiro do Partido Popular, “pois en Novembro de 2012, o Consello de Ministros declarou ZEC (Zona de Especial Conservación) o Estreito Oriental, quedando prohibidas unha serie de practicas que non respectaban o medio mariño, según as propias palabras da Vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría”.
Director: Guillermo Rodríguez. Edita, maqueta e imprime: Edicións Puxeiros C.B. Enderezo: Avenida Peinador, 54, Puxeiros, Mos. Pontevedra. Delegación Ponteareas: Avda Sarmiento Rivera, 4, 4º. 36860, Ponteareas. Enderezo electrónico: redaccion@apeneiradixital.com
publicidade@apeneiradixital.com director@apeneiradixital.com Teléfonos: 986487480/658585049
Otero, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Mero, Isidoro Gracia, Nemesio Barxa, etc. Fotografía: Arquivo, Hernández, Guillermo
Coordinador: Carlos Rey Bárcenas. Colaboradores: Alicia Rocha, Tino Lago, X. A. Pérez Lema, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Manuel Rosende, Inma
Publicidade: Guillermo Rodríguez, Tino Lago e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012
Modernidade e tradición alíanse na QUINTA DA RIVAS Por Tino Lago Hoxe falamos con Lucía e Rosana, propietarias dunha moderna e á vez clásica casa de comidas chamada QUINTA DA RIVAS, situada na mosense parroquia de Torroso. Contádenos a vosa historia persoal e a historia do negocio. -As dúas somos amigas desde hai moitos anos, eu, Lucía son do barrio de Herville na parroquia de Cela, e Rosana de Petelos. Ademais dunha profunda amizade compartimos a ilusión por desenvolver xuntas a nosa actividade profesional de maneira que satisfaga as necesidades dos nosos clientes e amigos.A QUINTA DA RIVAS montámola no ano 2009, a casa procede da familia do esposo de Rosana e o nome do local tamén. Cando decidimos montar xuntas o negocio, o local era unha casa tradicional da parroquia de Torroso cunha moi importante historia que temos datada desde o século XIX. Iniciamos a nosa actividade con moita ilusión e coa vontade de satisfacer as necesidades de todo tipo de público sen ningún tipo de distinción por estrato social ou económico. De todas maneiras queremos deixar moi claro que a calidade non é incompatible co prezo, simple-
mente tanto Rosana coma min poñemos moito esforzo e traballo para que todos os petos teñan acomodo na nosa casa co mesmo cariño e a mesma dedicación. Dispomos de 3 salóns con ambientes diferenciados, xardín para os nenos e, por suposto, facemos comidas por encargo para grupos. -Cales son as vosas especialidades? -A nosa especialidade é esencialmente a carne -neste momento da entrevista toma a palabra Rosana , responsable da cociña do local, para contar aos lectores de A NOVA PENEIRA que ela procede dunha familia de carniceiros-. Os meus pais son os nosos provedores de produtos cárnicos, de feito son os donos do SUPER LAXE de Petelos. Todos os nosos clientes din que as carnes non teñen segredos para min e que non se me resisten- de feito tanto Rosana, coma Lucía, como este humilde entrevistador que xa as probou, animan a todos os lectores e lectoras de A NOVA PENEIRA a achegarse polo local e comprobar que efectivamente as carnes non teñen segredos para Rosana. A familia de Lucía, responsable da sala de a QUINTA DA RIVAS, tamén ten unha moi interesante historia no mundo da alta hostelería; o seu pai e un dos seus tíos posúen unha
dilatada experiencia na responsabilidade de sala en distintos restaurantes de Barcelona. Ademais das carnes quixeramos tamén recomendar a todos os lectores que proben a variedade de montaditos e pinchos, así como os espectaculares postres caseiros, algo que tamén ten moitísimo éxito é a sesión vermut, os domingos pola mañá, nas que se agasalla a clientes e amigos con todo tipo de pinchos de balde. -Como levades esta época de crise, e ao voso xuízo, que medidas deberan tomar as administracións públicas para axudar ás PEMES? -Pois con moito esforzo, botándolle imaxinación no deseño de platos novidosos utilizando sempre produtos de primeira calidade e de tempada. Así mesmo, desde que inauguramos aplicamos unha política de absoluta contención de prezos, en 4 anos non subimos nin un euro. En canto á segunda parte da pregunta, Rosana e Lucía consideran que en Mos teñen un problema moi grave co tema dos furanchos; as dúas din que fan competencia desleal aos negocios que cumpren escrupulosamente coas súas obrigas tributarias. É intolerable, di Rosana, que coa excusa de vender uns excedentes de viño que non existen se faga negocio. As dúas entenden que as administracións públicas deberan tomar cartas no asunto e cortar esa situación.
-Que mensaxe lles queredes lanzar aos vosos clientes e aos que aínda non vos coñecen? -Aos que xa son os nosos clientes, moitísimas grazas pola súa confianza, xa que por eles este proxecto segue adiante e aos que aínda non nos coñecen convidámolos a que se acheguen aquí, nós poremos o mellor de nós mesmas para que a relación se estenda no tempo e de clientes pasen a ser amigos como xa fixeron tantas persoas nestes catro anos.
QUINTA DA RIVAS C/ SANTIAGO DOMÍNGUEZ, 13 TORROSO, MOS INFORMACIÓN E RESERVAS: 986 33 57 35
quintadarivas@hotmail.com
Este xornal imprímese en papel reciclado