Skip to main content

A NOVA PENEIRA - Nº11 - Novembro 2012

Page 1

www.apeneiradixital.com

XORNAL

ANO 1 - Nº 11

O PORRIÑO Vendedores da praza de abastos de Porriño propoñen receitas con produtos típicos e frescos

GALEGO DE INFORMACIÓN

XERAL

Novembro de 2012 - 2€

A Banda de música de Arbo gaña o certame provincial da Deputación

Páx. 13

SALCEDA DE CASELAS

O Concello de Salceda realizará un inventario de bens inmobles Páx. 15

SALVATERRA O Concello recibe ao recente campión do mundo de copilotos na WRC Academy

Páx. 13

Páx. 10

A GUARDA Polafía na Guarda. De costa a costa: historias do mar que amamos Páx. 19

Dúas mil persoas visitaron en Tomiño a I Mostra de Biomasa Forestal de Galicia A feira, organizada polo Concello de Tomiño en colaboración coa Asociación Forestal de Galicia, tivo lugar os días 17 e 18 de novembro, e serviu para asesorar a par-

ticulares, comunidades de montes e empresas sobre as alternativas desta fonte de enerxía limpa e rentable. Entre 1 800 e 2 000 persoas visitaron a mostra.

Páx. 17


2

Opinión - Novembro de 2012

Xa pasou o 21-O, e agora que? on resulta doado facer un resume do que pasou nas eleccións autonómicas galegas, e algo tamén nas eleccións no País Vasco. Analizar os resultados, enlazar coa última folga xeral e predicir que vai pasar agora, a situación de Europa “dos mercaderes” (e nunca mellor dito), a guerra da auga no continente africano, a explotación das terras de cultivo por empresas multinacionais europeas e americanas, todo un cúmulo de enigmas que nin Raphael e os seus poderes máxicos serían quen de adiviñar.

N

O problema é que aquí non temos unha cuestión puntual; aquí temos unha morea de cousas entrelazadas coma as cereixas; tiras dunha e sáenche ao camiño unha detrás de outra. Política, promesas dos políticos, resposta popular, etc., etc. Das eleccións galegas xa se ten falado de abondo. Que podemos dicir dun pobo que se viña manifestando na rúa nos últimos anos e meses, dunha maneira contundente e chegadas as eleccións vota polo partido que, en teoría, era o inimigo a abater? Ben é certo que esta análise resulta moi simple porque foron máis os que quedaron na casa e non votaron que os que apoiaron ao Partido Popular; sen embargo debemos aceptar que ainda os que nas enquisas non se mostraban de acordo coa política de Rajoy e de Feijóo seguiron dándolle o seu apoio. Sería, cecais, porque no panorama político non viron unha alternativa seria? Puido ser; non debemos descartalo. Sen embargo podemos comprobar como unha opción política nova, ar-

tellada en semanas, consegue aglutinar unha morea de votantes que, polo que se ve, quedarían na casa. Por que foron logo votar? Sinxelamente, porque lles ofrecían unha toma de posición clara e contundente contra todo o que está a chover, porque denunciaron os recortes sociais, os recortes democráticos, os abusos da banca, o seguimento cego a políticas europeas que aniquilan toda capacidade para saír do buraco no que esas mesmas políticas nos meteron. Por todas esas cousas Beiras consegue un resultado electoral que nin el podía soñar. Porque cando sabemos que o aumento das matrículas universitarias vai dende o 47% de Madrid ata o 74% de Cataluña; que os desafiuzamentos realizados no primeiro trimestre de 2012 foron 46.500 e que para todo este ano están previstos 225.000 (agás os que se poidan deter co recente acordo, ao parecer insuficiente, do goberno ), que dende 2008 pecharon en España, segundo ESADE, 177.336 empresas, que a cifra de parados vai camiño dos seis millóns de cidadáns, que xa temos centos de miles de españois vivindo por debaixo do umbral da pobreza, ou sexa, na auténtica miseria, sen que saiban cada mañá se van poder comer un triste bocadillo, cando miles e miles de profesionais teñen que emigrar porque aquí o Goberno non é quen de ofrecerlles un posto de traballo, etc. etc. Os recursos hídricos do continente africano están sendo esquilmados. A adquisición de terras nas concas dos ríos Nilo, Níxer e Congo polos

inversionistas estranxeiros está a punto de rematar coa riqueza do subsolo e producindo unha futura seca incontrolable. Calcúlase que en terras etíopes foron mercados por estes inversionistas case 4 millóns de hectáreas para ser postas en produción de regadío; Saudi Star, de Arabia Saudí, conseguiu 140 mil has. e está a punto de conseguir máis; en Sudán do Sur a cifra ascende a 5 millóns de has. A FAO vén de alertar de que do río Nilo pode sacarse auga para uns 8 millóns de has.; nestes momentos xa se están sacando para 5 millóns, estando en negociacións a adquisición de 8 millóns máis. Nese momento nin a choiva nin as neves poderían sustituír a auga extraída. Estas guerras pola auga afectan a millóns de africanos. Máis de 30 millóns de mulleres africanas non dispoñen dun inodoro. Mentres que para os africanos a auga é un elemento sagrado que debe preservarse para manter a vida, para os inversores capitalistas é unha mercadoría e un dereito das súas empresas para aumentar beneficios. Fronte a esta situación sabemos que en Venezuela outra vida é posible. Ainda que os medios de comunicación en mans privadas nun 80% se dedican a caricaturizar ao presidente Chávez de cerdo (revista “Tal Cual”), foron centos de miles de persoas as que saíron da miseria e xa teñen escolas, hospitais e comen todos os días; que entre 2011 e 2012 foron construídas 250.000 vivendas; outras 450.000 están en fase de construción; mentres aquí non sabemos que facer cos centos

EDITORIAL

de miles de casas construídas e baleiras; que durante o mandato de Chávez foron creadas 22 universidades e que no Estado español estánselle recortando os orzamentos de forma escandalosa e os nosos científicos forzados a emigrar, que a cota de desemprego está no 7,9% e que o PIB no primeiro trimestre deste ano creceu un 5,6% temos que preguntármonos por que alí si e aquí non. Tamén sabemos que en EEUU existen 16 organismos de intelixencia con 500.000 personas ocupadas e cun presuposto de 100.000 millóns de dólares. Que misterios terá que descubrir toda esta xente? Coñecemos tamén que China importou en 2010 máis de 5 millóns de barrís diarios de crudo e que en 2035 se prevé un aumento ata os 17 millóns de barrís diarios. Que vai pasar, logo co efecto invernadoiro? Podiamos seguir tirando das cereixas ata o infinito. Que fan os gobernos occidentais fronte a estas barbaridades de desgobernanza? Máis ben nada. Isto ocorre a sabendas do G-20 da UE dos EEUU, dos países emerxentes, etc. Ninguén se atreve a poñerlle o axóuxere ao gato. Quen manda pois hoxe no mundo? Uns din que a troika, outros din que a Merkel, outros… Eu digo que aquí só hai un poder: o gran capital desnortado, incontrolado e representado nestes momentos pola BANCA, becerro de ouro ao que hai que defender dos ataques dos obreiros, dos que mercaron pisos e non poden pagalos, da ama de casa, e póñanlle vostedes algún culpable máis que pasaba por alí.

CADERNOS DA VIAXE

O espazo político do galeguismo

*XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA *Avogado

enfrontamento electoral do 21-OU librouse no eido da contradición entre dereita e esquerda e moito menos na contradición Galicia-Estado. Diríase que, diante dos gravísimos recurtes ao Estado do Benestar e diante da gravísima recesión da actividade económica e incremento do desemprego cumpría póren valor as dinámicas de oposición á enxurrada dereitista (“hai que paralos”, “para facerlles frente”) acadando un valor moi secundarizado a reivindicación do autogoberno e de asumir Galicia como medida social, económica e política de todas as cousas. A propia intercoalición técnica entre a Anova

O

de Beiras (que integra partidos formalmente independentistas como a FPG ) e a IU hexemonizada polo PCE respostou (con grande suceso, de certo) a esta dinámica: segundo a que compre a unidade das esquerdas, sexan federalistas simétricas ou autonomistas, for independentistas. Existe espazo entre a dereita ultraconservadora española e as formulacións frontistas de esquerdas, con claro predominio actual no seu seo das opcións altermundialistas ou vencelladas ao marxismo dogmático? Da resposta depende a orientación política a desenvolver polos

galeguistas. Poderán optar por ser bisagristas que garantan a maioría ao turnismo bipartidista e, tamén, por enfortecer a achega galega da fronte de esquerdas. Ou poderán traballar autónomamente para construir un espazo político e social de maiorías entre as formulacións desta dereita española e desta esquerda mixta. A segunda opción é moito máis complexa, pero é máis proveitosa para o País. Opción que haberá de se construir sobre solucións mixtas e eclécticas alicerzadas no progresismo inclusivo e na socialdemocracia, con certas concesións no eido

da promoción empresarial ás achegas máis social-liberais. Ou sexa, apoiar ao emprendemento privado e defender eficazmente unha sanidade e educación gratuítas, universais e de calidade e un sistema galego de benestar que garanta a cohesión social. Mais a liña individualizadora desta opción sería a adopción como eixo transversal a todos estes elementos dunha concepción do galeguismo como vertebrador da nosa sociedade e do autogoberno como o instrumento esencial para xerar crecemento económico e, x a que logo, emprego e benestar. Se o galeguismo non adopta este camiño, serán outros os que constrúan ese espazo de maiorías dende a centralidade política, pero dende a explicación de Galicia como mera rexión ou apéndice da España.


3

Novembro de 2012 - Opinión

A división do nacionalismo galego oitas veces as cousas veñen así porque teñen que vir, sobran palabras, falta a razón que as sustenta, e esboura todo. Entón os feitos dan conta dun resultado que leva camiño de arranxarlle o problema a outros. Esta é a cuestión. Verbas envelenadas á volta dos resultados electorais, caída presentida que marca novas inimizades entre nós mesmos. Desencontro que non entende que dúas persoas podemos ver o mesmo obxecto de forma diferente. Non aprendemos dos erros. Anque non o pareza, estou a falar da división dunha idea común de dignidade e, mesmo, dunha deturpación da mesma –xa que nos pilla dentro dun sistema inxusto e corrompido de por si, sen separación dos poderes, que destrúe e vende o futuro, sen recursos vitais que nos sustenten, sen recoñecernos como nación e, por riba, afogando as ansias de ser quen somos. Son, de novo, atrocidades mesetarias: políticas, xudiciais e violentas da ameza. Igual imos contra as nosas propias verdades. Cómpre lembrar que ninguén ten a máquina de expedir carnés de nacionalismo e menos, o poder de negarllo aos que así se sentiron sempre. Quen sabemos na soberanía da nosa orixe e queremos exercela desde nós, dóenos o que pasa e o que aínda nos pode vir. Son moitos os apartados, deambulando sombras, e hai que lles falar para chegar a acordos de viabilidade, sen negar a esencia, sen ceder en dignidade, pero a cambio de non obedecer á dereita rancia que sabe que, anque baixe os votos, se nos divide gañará. Nesta reflexión temos que asumir que “só se pode recoller daquilo que se sementou”. Si, atrás quedou a loita social, organizativa de base, na que estabamos todos e que, desde a clase política e institucional, foi a menos esquecida pola falta de contacto (que esixe mollarse) e os políticos foron refinando e por veces deixárono en mans de incompetentes, que servían a deus e ao

M

*Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero:

demo, cheos de impuntualidades, de falta de rigor, de esixencia, pospoñendo ou matando iniciativas, xustificándose con desculpas improcedentes e berros que descobren o fracaso e a falta de educación para cos demais. Ofrecendo a cambio expedientes disciplinarios. Isto provocou moitas reticencias na xente nova, indecisións, dúbidas e cautelas de abandono: non fixeron nin deixaron facer. É a indisciplina dos derrotados, que non xustifica

mente de ilusión e coa esperanza de todos, que é facer do nacionalismo unha idea integradora e común de dignidade, de pobo e básica de existencia, co pobo non de costas a el. Cando se gobernou co Psoe, leváronse adiante certeiras iniciativas, moitas non materializadas e algúns -por desgraza- aproveitaron para tomar desquite de quen non era do seu entende total, vinganzas persoais. Compraceron, de novo, aos verdadeiros traidores: aos

non, e facer análise veraz de quen é o noso inimigo, sen equívocos. Mirar, como non se fixo tampouco, polo rural e a pesca, as industrias do noso, eidos de especial sensibilidade, que seguiron á marxe das iniciativas e reformas necesarias: moitas veces en vez de comprender e axudar, importunaron con excesivo rigor, na desconfianza e burocracia asfixiante. Volver pola habitabilidade sosegada das cidades e vilas, polo coidado dos espazos, pola

a perda de ocasións para o encontro. Estabamos a sumar esforzos, a manter, afirmar, dar confianza e solucións. As iniciativas intelixentes, que levaron tanto tempo en fortalecer o creto, perdéronse en segundos. Non hai sitio para esas relaxacións equívocas e anque houbo persoas que desde dentro “traizoaron” sibilinamente, culpando a outros e poñendo en dúbida a honestidade dos non presentes, con sospeita e desterro. Hai que recuperar o creto. Un pode anoxarse pero nunca ser cruel, porque o mundo segue a dar voltas a pesar de nós. Si hai culpables, os que tiveron responsabilidade e cargos de compromiso, por non saber facer o que deberan, incluída a reunificación e a inclusión, a sedución. Sen rancor nin odio. Non se mollaron nin aceptaron críticas. A súa ineptitude, amiguismo e revanchismos, son herdo dos malos gobernantes que acabaron coa se-

que nos dividiron e os que agora aproveitan para desfacer o noso patrimonio. Quedamos sendo representantes irrelevantes, de calar e non poder cumprir, por faltar á máxima da verdade e empregar a educación para escudarse, do mesmo xeito que “estes” aproveitan a crise para acabar con nós. Houbo excepcións, afortunadamente, e moi dignas, por certo que merecen o maior respecto pola loita dobremente encarnizada que tiveron que manter, tamén cos propios. O pouco coidado coa Lingua (i fun, me dixo, tempos compostos...) o esquecemento da loita ideolóxica quedou tan só en certos sectores dos que querían andar máis, pero as envexas e as difamacións construíron muros infranqueables, empurróns para saír na foto. Hoxe, e de momento, se quere volver a unha opción de goberno haberá que entenderse coa esquerda, ...queiramos ou

dignificación dos servizos públicos. Necesaria a confianza e transparencia, a protección e proxección social –escasa na estrutura organizativa- e máis que nunca sobran xustificantes, comentarios de descrédito e camarillas, propios dunha partitocracia contraria á convivencia e á suma de vontades que nos farían fortes. Cómpre advertir de moitos “culturetas” arribistas, traidores sempre, amigos da oportunidade e especialistas do silencio, que se abaixaron ao pago envelenado dos que todo o compran, aos xacobeos sibilinos dos que obvian por costume, das charlas de copete fino, das publicacións tendenciosas, da vergoña da Cidade da Cultura e as pasarelas da aldraxe fina en conferencias e congresos da ruindade e torpeza, cos que se prestaron aos que esfarelan Lingua, Cultura e Memoria, porque pagan subvencións

*Mestre e músico

anque despois sometan á obediencia debida do ben pagado, ás mesas redondas de obscenidades e despiste, aos “luares” de pantalla e pallasadas múltiples, desde os entes de dominio “público” e manipulación ousada. Mirádeos e lembrádeos, todos eles colaboracionistas, saíron nos medios e están visibles aínda en programacións e catálogos. En vez de dicir NON, dunha vez! Pero eran conscientes do que facían, servir para acalar berros desesperados de tantos. Chegaron a recibir axudas que se xustifican desde silencios perturbados e mentiras, cando o indicado era manter a honra e chantarse firmemente diante de tanta usurpación. Outro problema, a ter en conta, é a falta de líderes con habilidade persoal, que reparta confianza, que saiba falar e convencer, sen dúbidas e sen queimarse en xustificacións. Os partidos, máis partidos que nunca, acaban colonizándoo todo, esquecen aquel contacto que os orixina, chegan a producir mensaxes ocas e de corrupción que penalizan aos críticos dalgunha idea. Apartan da xente e das ideas novas, e das eternas, chegan a un sectarismo inconsciente que se volve corporativista, de servilismos, favores e fume, secuelas de mal pagador que negan aos que nunca deben ser anulados. É de Xustiza, a mesma que ditamina que a nación é unha creación histórica, realidade primordial e cambiante na que non deixaremos de ser o que somos, terían que matarnos a todos un por un. Pois daquelas teremos que conciliar entendemento e razón, protexendo os dereitos e a Xustiza que os ampara. Todo o contrario do que sucede desde a ollada de curtos horizontes. Cada vez somos máis, en máis anacos divididos. Cada vez máis, cada vez máis parecidos. Pero cada vez somos máis e, entre nós, máis incomprendidos. Falar é a clave, ademais de aliviar a dor e animar para erguer deste leve fracaso.


4

Ponteareas - Novembro de 2012

Solla asistiu a unha nova reunión da Rede de Cooperación do Programa Silvaplus A xuntanza de traballo tivo lugar na vila portuguesa de Ponte de Lima pasado día 25 de outubro, tivo lugar na localidade portuguesa de Ponte de Lima a terceira Reunión da Rede de Cooperación do programa Silvaplus, un proxecto que busca a promoción do uso sostible da biomasa forestal con fins enerxéticos no norte de Portugal e sur de Galicia e no que o Concello de Ponteareas é socio maioritario.

O

bre Utilización de biomasa para quentamento de edificios públicos.

O encontro de Ponte de Lima pretendía identificar as mellores solucións do uso da biomasa para o quentamento de edificios tendo en conta as características dos territorios; solucións promotoras do desenvolvemento rural e o emprego a través dun mellor aproveitamento dos bosques.

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, asegurou que a aposta do Concello a prol das enerxías renovables e limpas é clara, como o amosa o feito de que o municipio sexa un dos principais socios desta iniciativa ao considerar “que a biomasa, a súa potenciación e difusión, permitirá que se poida coñecer e aproveitar unha enerxía limpa, eficiente e renovable”.

Aforro na factura enerxética Estes temas, tal e como explicaba o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, son especialmente importantes nun momento en que “todos os esforzos deben dirixirse á diminución dos custes asociados á factura enerxética”. Polo tanto, ao entender do Alcalde ponteareán “haberá que priorizar as solucións que saquen mellor partido dos re-

Unha vez rematados os relatorios e antes do peche desta terceira reunión, tivo lugar o debate Floresta, emprego e enerxía, no que participaron Rosario Alvez, directora executiva de Forestis, e Francisco Dans, da Asociación Forestal de Galicia.

cursos dispoñibles e que representen un incremento significativo da eficiencia”. Esta terceira Reunión da Rede de Cooperación, logo dos traballos que realizou durante a mañá a Reunión de Acompañamento do Proxecto, iniciou a súa sesión as tres da tarde, coa apertura do acto a cargo de Luisa Arantes, directora

Actividades de Seguridade Viaria no Colexio dos Remedios

Colexio Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas desenvolveu en outubro actividades de concienciación en materia de seguridade viaria para os escolares, organizada polas Concellería de Tráfico e Educación de Ponteareas e a Dirección Xeral de Tráfico.

O

Ao longo de 8 días lectivos, os alumnos e alumnas recibiron ensinanzas teóricas sobre os aspectos máis importantes da seguridade viaria; a continuación tiveron lugar as clases prácticas, nas que o alumnado demostrou os coñecementos teóricos adquiridos a bordo de karts e bicis nun circuíto deseñado para poñer a proba aos “novos condutores”.

Area Alto Minho. A continuación tiveron lugar os dous primeiros relatorios da reunión, que correron a cargo de Paulo Preto dos Santos, secretario xeral da Asociación de Produtores de Enerxía e Biomasa (APEB), o que falou sobre Biomasa forestal, do consumo industrial ao consumo doméstico, e Eduardo Ferreira, da Asociación para a promoción da Bioenerxía, que tratou so-

No proxecto, participan, por parte de Portugal a Asociación Forestal de Portugal (Forestis), a Área Alto Minho e a Autoridade Forestal Nacional, mentres que por parte galega están involucrados neste proxecto a Asociación Forestal de Galicia e os Concellos de Ponteareas, socio principal, e Tomiño.

Nova edición dos Almorzos en Inglés concellería de Comercio, que dirixe Marisol Valado, en colaboración coa Cámara de Comercio desenvolve, deu comezo o pasado 10 de novembro a unha nova edición da iniciativa Almorzos en Inglés que se leva a cabo na cafetería La Clave de Ponteareas e que ten como obxecto mellorar a fluidez, no inglés falado, dos participantes.

A

A actividade, que acadou un notable éxito de participación na súa anterior edición, desenvólvese segundo a explica concelleira de Emprego, Marisol Valado, cun formato moi atractivo “no que os participantes conversan en inglés sobre diversos temas, contando co apoio dunha profesora bilíngüe, no distendido ambiente dun almorzo”. Para Valado Pérez, estes almorzos en inglés permiten, sobre todo “afianzar os coñecemen-

tos de inglés e mellorar substancialmente a fluidez á hora de falalo xa que, polo xeral, o que máis custa é superar é esa especie de medo que nos entra a todos, á hora de manter unha conversa noutro idioma”. Nos almorzos en inglés que se desenvolven todos os sábados desde mes de novembro, organizados polo Concello de Ponteareas e Antena Cameral co apio do Fondo Social Europeo, participan empresarios, autónomos e empregados de empresas da zona.

Tal e como explicaba Marisol Valado, no é preciso un grande nivel de inglés “xa que se así fora non sería preciso realizar esta actividade” senón coñecemento básicos que, a base de utilizados na conversa habitual, vanse incrementando de xeito paulatino. Os almorzos teñen carácter gratuíto e se desenvolven baixo a supervisión dunha monitora que, amais, marca as pautas a seguir durante a semana en canto ao repaso de determinados aspectos da lingua inglesa.


5

Novembro de 2012 - Ponteareas

Pérez Labaca recibe o premio da Orde San Miguel o mesmo xeito que en anos anteriores, os Cabaleiros da Orde de San Miguel celebraron, o pasado sábado día 17, a súa festa anual con motivo da entrega do premio “Orde San Miguel” correspondente ao pasado ano 2011.

D

Esta cea baile tivo lugar nos Salóns do Hotel Balneario de Mondariz, con asistencia de preto dun cento de persoas. O da Orde San Miguel é un premio honorífico que consiste nunha artística figura de cerámica de Sargadelos, así como un Diploma acreditativo da distinción e a insignia de prata. Esta asociación reuniuse con anterioridade para decidir dar os premios que levan o seu nome correspondentes ao ano pasado, polo que se procedeu á votación para outorgar o premio individual que recaeu, de forma unánime, no coñecido profesor, escritor e historiador ponteareán Xoán Xosé Pérez Labaca, entre outras candidaturas presentadas. Nado en Mondariz o premiado fixou a súa residencia familar e profesional na vila de Ponteareas desde o ano 1967, en que foi destinado como mestre a Xinzo. A súa profesión foi a de mestre e profesor de instituto até a súa

xubilación sendo, así mesmo, director do Colexio Público Fermín Bouza Brey, de Ponteareas, preto de vinte anos. Integrado totalmente na vida ponteareá, estivo ao longo do tempo vinculado en distintas actividades e facetas, á parte

INSIRA O SEU ANUNCIO

aquí publicidade@apeneiradixital.com

da puramente profesional, como foron a deportiva, a política e a cultural. Foi Caballero Fundador da Orde San Miguel, ocupando a presidencia da mesma en dúas ocasións.


6

Ponteareas - Novembro de 2012

A Praza de abastos participa no programa Cociña de Mercado

Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro, en colaboración cos centros escolares de Ponteareas, convocou o Concurso-Exposición Ler é un pracer de cara a conmemorar o Día da Biblioteca que se celebrou o 24 de outubro.

A

Praza de abastos de Ponteareas participará no concurso de receitas Cociña de Mercado posto en marcha pola Deputación Provincial de Pontevedra, que se inclúe dentro do marco das actuacións “Rías Baixas, Territorio Gastronómico 2012”.

A

Trátase dun concurso de receitas de cociña dirixida aos vendedores do Mercado Municipal co fin de promover e impulsar estes espazos como lugares de compra con tradición e, sobre todo, de toda confianza. O concurso está destinado, polo tanto, a todos os vendedores do mercado ponteareán, que deberán presentar receitas elaboradas con produtos típicos e frescos que estean á venda nos postos da praza de abastos.

Os formularios onde os praceiros deberán escribir as súas receitas, terán un color distintivo para cada un dos grupos de alimentos e o concurso terá unha duración de dez días, durante os que os vendedores do mercado deberán depositar as súas recei-

tas na urna colocada a tal e efecto na praza de abastos. Rematado o prazo, terá lugar o sorteo no que se seleccionarán 24 receitas, seis de cada un dos catro grupos de alimentación (peixe, carne, ovos e lácteos, froitas e verduras).

Comezan as actividades do novo curso na Ludoteca Municipal Ludoteca Municipal de Ponteareas inicia un novo curso de actividades que teñen como finalidade ofrecer un espazo lúdico educativo para os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos.

A

Este servizo traballa cos nenos e nenas divididos por grupos de idade, de 6 a 8 anos e de 9 a 12 anos e con actividades especialmente deseñadas

Concurso-Exposición Ler é un Pracer

para cada un deles, de xeito que poidan ter un maior aproveitamento por parte dos pequenos usuarios a quen van dirixidas. As sesións da Ludoteca Municipal desenvólvense unha vez por semana de 16 a 18 horas, aínda que se poderían xerar novos horarios se fora preciso. A cota mensual é de 14,64 € por neno.

As actividades que se realizan van dende as manualidades ás actividades predeportivas, pasando por obradoiros de reciclaxe, teatro, cociña, contacontos ou baile entre outros moitos.

A iniciativa buscaba que os escolares puideran amosar a súa particular visión da lectura e do mundo dos libros, e nela participaron todos os alumnos e alumnas dos colexios ponteareáns, que así o desexaron, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. A técnica dos traballos era totalmente libre e a temática tiña que estar directamente relacionada co lema do certame, é dicir, a lectura e os libros. Cos traballos presentados realizouse unha exposición na Sala de usos Múltiples da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas que permaneceu aberta ata o 10 de novembro.


7

Novembro de 2012 - Ponteareas

Rosa Quintana asiste á presentación da Marca de Garantía Rosquillas de Ponteareas alcalde Salvador González Solla e a concelleira delegada de Comercio, Marisol Valado Pérez, valoraron de xeito moi positivo a presenza da conselleira en funcións de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na presentación da Marca de Garantía “Rosquillas de Ponteareas”, no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Pola súa banda, Marisol Valado, concelleira de Comercio, aseguraba que contar con esta Marca de Garantía supón, para os produtores-elaboradores “un elemento de prestixio engadido aos seus produtos, únicos no mercado, diferenciados e garantidos”. Nese mesmo sentido, o consumidor ve protexidos os seus dereitos ao mercar “un produto protexido cunha garantía da súa calidade que o diferencia ben dos demais produtos similares que pode atopar no mercado”.

O

Salvador González Solla agradeceu a Rosa Quintana o apoio amosado pola súa Consellería á iniciativa do Concello de protexer, cunha marca de Garantía, os melindres e as rosquillas, produtos típicos da repostería ponteareá. Tratábase polo tanto, tal e como explicaba Salvador González Solla “de dar resposta a necesidade de diferenciar un produto de alta calidade como as rosquillas e melindres de Ponteareas, do resto da oferta existente no mercado”. É dicir, que o mercado identifique perfectamente ese produto, engade o Alcalde de Ponteareas, “e o a-

socie cunha alta calidade na súa elaboración”. Para acadar ese fin, as rosquillas e melindres de Ponteareas serán sometidos aos controles que establece o regulamento, aprobado tanto

A OMIC atendeu 1.300 casos relacionados coas Preferentes

polo Concello como pola Consellería de Medio Rural e do Mar, en todo o proceso de produción e transformación co obxectivo de transmitir, ao consumidor final, unha imaxe e unha garantía óptima do produto resposteiro.

A Marca de Garantía “Rosquillas de Ponteareas” conta cun logo identificativo que foi seleccionado entre todos os traballos prácticos feitos polos alumnos dos cursos de Accións Formativas para Desempregados (AFD) na especialidade de Técnico en Deseño Gráfico, impartido no Centro de Desenvolvemento Local, como unha posta en valor da formación de calidade para desempregados impulsada pola Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas.

Novas instalacións dos Servizos Económicos do Concello meira fase dos traballos de remodelación realizados na planta baixa da Casa do Concello.

s Servizos Económicos do Concello de Ponteareas (Intervención, Tesourería e Rendas) contan dende finais do pasado mes con novas instalacións, unha vez rematada a pri-

O concelleira de Consumo do Concello de Ponteareas, Marisol Valado, explicou que dende o pasado mes de marzo “a Oficina Municipal de Información ao Consumidor atendeu a case 1.300 persoas afectadas polas Preferentes e as Obrigacións Subordinadas das entidades bancarias”.

A

Marisol Valado quixo felicitar á responsable da OMIC, Antonia Yanes, pola “minuciosa labor, non só de asesoramento, senón de seguimento personalizado de cada un dos casos”, que permite que as persoas afectadas poidan contar cun servizo que lles ofrece solu-

cións e defende os intereses que, como consumidores, posúen. Ademais do asesoramento aos afectados e afectadas, a OMIC ofrécelles atención personalizada dende o inicio dos trámites ata a resolución dos mesmos, cubrindo solicitudes, facendo un seguimento do estado no que se atopa a reclamación do usuario, resolvendo os problemas que poidan xurdir polo camiño e, finalmente, unha vez que os afectados son chamados pola entidade bancaria, dáselles conta de toda a documentación que teñen que presentar para poder recuperar o seu diñeiro.

As novas instalacións permiten unha maior funcionalidade e operatividade para os traballadores do Concello, como maior comodidade para os veciños e veciñas, xa que nun mesmo lugar poden realizar todos os trámites administrativos relacionados cos servizos económicos.

O Concello participa nunha reunión de traballo do Aquelando 3 Concello de Ponteareas participou, o pasado 5 de novembro en Pontevedra, nunha reunión de traballo do Proxecto Aquelando 3 que baixo o título xenérico de “Pacto pola calidade e a produtividade social no emprego”, puxo en marcha a Deputación Provincial.

O

Na reunión, segundo explicaba a concelleira de Emprego, Marisol Valado, tratábase de desenvolver os obxectivos marcados polo programa, como son o do desenvolvemento de itinerarios de inserción en materia de atención

social, e a implantación da Carta de Servizos. Finalmente, Valado explicou que “este proxecto supón un paso para traballar, non só a prol do emprego, senón dun emprego de calidade”.


8

Ponteareas - Novembro de 2012

A Banda de Música de Xinzo faise co 2º premio no VI Certame Galego de Bandas

Campaña solidaria dos Hostaleiros do Condado Asociación de Hostalería e Turismo do Condado está levando a cabo unha campaña de recollida de alimentos e xoguetes para que todas as familias da vila poidan gozar dun Nadal digno e que ningún neno do municipio quede sen o seu agasallo de Nadal. Así, ata o vindeiro 16 de decembro todo aquel que queira participar co seu donativo pode facelo depositándoo nos establecementos adheridos, nas caixas habilitadas pola asociación como punto de recollida.

Banda de Música Xuvenil de Xinzo fíxose co segundo premio no VI Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Federación Galega de Bandas de Música. Este certame celebrouse a pasada fin de semana no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela e congregou a 14 agrupacións musicais de toda Galicia.

Ademais, os hostaleiros programaron un Festival Solidario, a fin de semana do 14 e 15 de decembro, coa participación desinteresada dunha decena de grupos musicais ponteareanos. O punto e final da campaña poñerao o partido de fútbol solidario entre hostaleiros e músicos, o domingo 16.

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo participou na sección segunda (de 51 a 70 músicos) con outras 4 agrupacións musicais (Agrupación Musico-Cultural de Ribadumia, Banda da Escola de Música de Rianxo, Unión Musical Ponche Ledesma e Banda de Música Cultural de Teo). Os ponteareáns interpretaron de inicio o pasodobre “Puenteareas” de Reveriano Soutullo, como obra obrigatoria

A

os últimos tempos a Oposición municipal, especialmente o BNG, ten denunciado a política urbanística do concello de Ponteareas, sobre todo a que se levou a cabo nos tempos en que Pepe Castro era Alcalde. Unha destas denuncias faise actual nestes momentos en que o Tribunal superior de Xustiza de Galicia ordea ao Concello o derrube do edificio do supermercado Eroski, sito en Angoares.

N

Pepe Castro fainos chegar unha nota explicativa na que, segundo o seu criterio, as licencias por el outorgadas estaban todas amparadas na legalidde daquel momento, ou sexa, nas Normas Subsidiarias de Ponteareas de 1995. Curiosamente, nestes momentos son as únicas existentes. Vexamos pois, resumido, o que nos di Castro. “Dende hai tempo o BNG vén facendo declaracións que non se axustan á realidade, sobre todo referidas á situación económica do Concello, facendo responsables ás corporacións que rexeron o Concello dende 1936. Actualmente o representante do BNG, Xosé Represas, fai unhas declaracións sobre a solicitude de derrube do Supermercado EROSKI.”

A

“Camiños da fin da terra” de Antón Alcalde Rodríguez, e como obra de libre elección “Symphonie de París” de Serge Lamcen, conseguindo un total de 306 puntos pola súa magnífica interpretación e posta en escena. Con este premio, esta agrupación musical, enraizada no tecido social da parroquia ponteareá de Xinzo, consolida unha liña ascendente que a levou nos últimos anos a conseguir varios premios e distincións tanto a nivel provincial como no certame galego de bandas de música populares, e, o máis importante, supón o recoñecemento a un frutífero traballo desenvolvido desde a Escola de Música de Xinzo baixo a dirección de Juan Carlos Díaz Álvarez.

Aclaración de Pepe Castro ante a polémica sobre o derrube do Eroski “Hoxe, segue dicindo Pepe Castro, non vou falar da situación económica ata que consiga a documentación que teño solicitada, por carta, dende o pasado mes de xuño. Falarei do proceso de Eroski demostrando que a licencia concedida era totalmente legal. 1º.- Na tesourerira do concello recíbese un talón nº 2.405.255/6 do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de 39.721¨72 euros, como anticipo da licencia de obra maior con data 26 de abril de 2002; bastante antes da suspensión das Normas. 2º.- A licencia foi concedida polo Concello (concellería de Urbanismo) con data 27 de maio de 2002, polo tanto anterior á data da suspensión das Normas, que se produciu mediante o decreto 207/2002 de 20 de xuño e que foi publicado no DOG nº 119, venres, 21 de xuño de 2002 e firmado por D. Manuel Fraga Iribarne, Presidente, e D. José Cuiña Crespo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda. 3º.- “O Pleno do 28 /10/ 2003, cos votos de BNG+PSOE+PP, en contra UCPA, acorda desistir do recurso 2/5083/02 interposto polo Concello de Ponteareas contra a aprobación polo Consello da Xunta de 20 de xuño de 2002, do Decreto 207/22002, polo que se suspenderon as Normas Subsidiarias de Ponteareas, aprobadas en 1995”. Todas as licencias concedidas, segue afirmando José Castro, foron segundo as Normas subsidiarias de 1995, aprobadas definitivamente pola Xunta. Posteriormente Vdes., di referíndose a Xosé Represas, aceptaron a chantaxe da Xunta que, para solucionar a suspensión das Normas, farían unha ordenanza especial coa publicación do correspondente Decreto “sempre que o Concello retirase o recurso que contra a suspensión tiña formulado diante do Tribunal de xustiza de Galicia, deixando, ademais, indefensos aos promotores que tamén tiñan formulado recurso”. Hoxe dáse o paradoxo,

segue Pepe Castro, de que algunhas vivendas suspendidas ou anuladas estanse a construír co mesmo proxecto, incluso con maior edificabilidade. O que fixen eu, Pepe Castro, foi que un pobo morto conseguira a puxanza e desenvolvemento que experimentou. Dende mediados de 2003 este pobo sofre unha parálise perigosa. Por último dicir que existe un informe no concello de data 17 de Abril de 2011 respecto, entre outros, á Unidade de Execución nº. 1 e 7 na que recoñece debe aprobarse conforme ás Normas Subsidiarias de 1995. “Ou sexa, as anteriores actuacións supoñen claramente unha volta á ordenación anterior ao Decreto de suspensión das Normas, demostrando claramente que o devandito Decreto foi unha invención efectuada pola Consellería competente en materia de urbanismo, con obxectivos claramente políticos”. Pepe Castro remata “o que debe facer o Concello é esixir a quen corresponda a validez e legalidade da actuación en canto á licencia dada a Eroski”. José Castro Alvarez, ex alcalde de Ponteareas


9

Novembro de 2012 - Publirreportaxe

“Giraldes Castro, axencia de Seguros AXA, quere ser o seu axente e asesor en seguros e inversións” Giraldes Castro nace en 1 998 como Axencia de Seguros cun equipo de profesionais de gran bagaxe e ampla experiencia profesional, adquirida no sector asegurador desde 1968. O seu obxectivo é a protección persoal, patrimonial e financieira dos seus clientes, a través da confianza e dun alto grao de asesoramento, profesionalidade e innovación, arroupado por un forte espírito de equipo. Giraldes Castro Axencia de Seguros S.L. é Axencia Exclusiva er Xeral de Axa Seguros.

Daniel, que é Giraldes Castro Axencia de Seguros? É unha empresa do sector asegurador onde somos axentes exclusivos de Axa Seguros, é dicir, que traballamos en exclusiva para Axa; e ademais somos axentes xerais, que é a máxima categoría como axente dentro de Axa Seguros. Isto significa que Axa deposita en nós unha gran confianza outorgándonos as máximas competencias tanto a nivel comercial como a nivel de tramitación de sinistros e administrativas. Por isto conseguimos ser moi áxiles e por conseguinte darlle ao cliente un gran servizo. En que vos diferenciades da competencia? Para min o principal é que conto cun equipo humano moi implicado no traballo, onde ademais da experiencia de persoas que hai 35 anos que traballan neste sector, contamos con personal xoven con moitas ganas e que lle aporta frescura á estrutura, proximidade personal e coas novas tecnoloxías ofrecemos unha maior transparencia. E outro

punto moi importante é que temos o respaldo dunha gran compañía, Axa Seguros. Porque, ti es xa a segunda xeración... Manuel Giraldes, fundador da axencia, vén de darme paso na xerencia, ainda que el evidentemente segue aportando a súa experiencia e os seus valores. Eu aprovéitoa combinándoa coa miña formación académica e os máis de 10 anos traballando na Axencia. Por que cres que pertencer á rede axencial de Axa é tan importante? Axa é unha gran multinacional en constante evolución. Un exemplo é que recibiu o Premio de Seguros 2011 da publicación británica WorldFinance como a mellor compañía de seguros en España, tendo en conta criterios como a innovación, a calidade e a orixinalidade de produtos, o desenvolvemento do mercado e a excelencia cos clientes. Ademais é a 58ª mellor marca a nivel mundial e a número 1 no sector de seguros, dado por Interbrand.

A vosa axencia posúe dúas oficinas en Vigo e agora tamén en Ponteareas. Temos dúas oficinas en Vigo e desde o 1 de marzo temos outra en Ponteareas, na rúa Braña nº6, onde contamos con Nucho Abalde, que é o noso delegado, e co seu inestimable coñecemento da idiosincrasia da zona.

nados con seguros de particulares; outro piar fundamental é a protección persoal, os seguros de vida, accidentes e de saúde. E existe outro bloque que son os de protección financeira con seguros de aforro, plans de pensións e inversións financeiras. Ademais, somos especialistas no asesoramento a empresas.

Como foi a acollida? O principal é que na oficina temos bo ambiente e formamos bo equipo Nucho Abalde, Belén Abalde, que é a outra grande aportación do proxecto, e eu. A acollida que estamos tendo é moi boa, xa que os clientes demandan un bo servizo personalizado e creo que o estamos ofrecendo.

Traballades de xeito especial coas empresas? Nós temos moitos clientes particulares pero á vez traballamos moito coas empresas, dámoslles un servizo diferenciado xa que nos desprazamos ás súas instalacións, facemos verificacións dos riscos e sobre todo facemos pólizas á medida acorde ás súas necesidades. Co noso servizo o que pretendemos é que o empresario se dedique á súa actividade e non perda nin recursos nin tempo e deposite a súa confianza en nós. Por iso recomendámoslles que proben a chamarnos e que nos permitan facerlles unha oferta personalizada.

Que é o que ofrecedes? O primeiro que pretendemos é que os clientes nos vexan como o seu axente e asesor en seguros; que calquera dúbida ou cuestión relacionada co mundo do seguro poidan consultárnola. Ofrecemos un excelente servizo a un prezo moi competitivo. O noso principal valor é que asesoramos na venda, ofrecemos as coberturas que lle interesan ao cliente e cando teñen un sinistro estamos con eles, e mediamos con Axa Seguros. En que produtos sodes especialistas? Por ter unha estrutura ampla temos varios piares, por un lado os seguros de auto, fogar, comunidades, responsabilidade civil de cazador e pescador e todos os relacio-

Que ides aportar á zona de Ponteareas e á súa área de influencia? Axudaremos a potenciar a zona; xa pertencemos á Asociación de Comerciantes e Empresarios; queremos aportar o noso granciño de area no sector empresarial. Periódicamente facemos reunións e conferencias sobre temas de actualidade ou de relevancia para a zona e para que os clientes dispoñan de ampla información e á súa vez te-

ñan un poder de decisión completo. Preguntamos a Nucho, que supón para ti este cambio? Cando me propuxeron a colaboración con Giraldes Castro non o dubidei nin un segundo xa que por un lado xa os coñecía desde hai moito tempo e sei como traballan, e por outro lado co organigrama da Giraldes Castro podemos ofrecerlles aos clientes un servizo persoal e diferenciador, que é o que necesitan. Polo tanto o cambio é positivo, ao reforzar a miña profesionalidade como axente, e supón, ademais, un novo chanzo na miña profesión. Por todo isto convido aos lectores a que veñan visitarnos á nosa oficina, que coñezan a nosa maneira de traballar e farémoslles un estudo das súas necesidades.

AXA, referente no sector asegurador e líder en protección financieira Ser un axente exclusivo de Axa é ofrecer os servizos dunha entidade solvente, dinámica, en constante evolución e referente no sector asegurador tanto no mercado español como mundial e líder en protección financieira. Pola nosa traxectoria profesional, Axa Seguros nomeounos Axente Xeral, o que implica que deposita en nós a súa maior confianza outorgándonos as máximas competencias que pode posuír unha Axencia. Ademais en 2007 o INADE

(Instituto Atlántico del Seguro) concedeunos o premio como “Mellor Axente de Seguros”. Giraldes Castro posúe tres oficinas onde atender os seus clientes: Avda de Castrelos nº37 baixoVigo.986.238410 Rúa Teixugueiras nº18 baixo. Vigo- Navia. 986.246164 Rúa Braña nº6 baixo Ponteareas. 986.660946


10

O Condado - Novembro de 2012

O Concello de Salvaterra recibe ao recente campión do mundo de copilotos na WRC Academy

Recibindo a todo un campión do mundo C

mente con pilotos da zona, algún deles da Escudería Surco, escuderia que ten a súa sede no Concello e que é unha mostra máis da gran aceptación e afición que ten o noso municipio. Nese mesmo momento nace o Rally Sur do Condado que tamén é un paso importante para que este copiloto se introduza de cheo neste mundo.

ándido Carrera, que acaba de conseguir o título de campión do mundo de copilotos na WRC Academy, foi recibido polo Alcalde e a Tenente Alcalde de Salvaterra de Miño, que lle transmitiron os seus parabéns polo resultado acadado neste mundial, un resultado froito do traballo e esforzo que leva realizando dende os seus inicios e que é a recompensa a todos os sacrificios. Salvaterra é un municipio onde se vive con gran intensidade todo o relativo o mundo dos rallyes, aquí celebrase un dos máis prestixiosos, o Rallye Sur do Condado que organiza a Escudería Surco e que conta co apoio do Concello, e onde participan varios pilotos e copilotos do noso Concello, que con esta victoria ven que con traballo e tesón un pode chegar a onde se propoña.

Cándido Carrera (32 anos) O seu primeiro contacto co mundo do motor prodúcese con 19 anos, cooperando como membro de seguridade do Rías Baixas, da man de Fernando Fernández. Con 21 anos séntase por primeira vez de copiloto dun coche de

Rallye, tendo como piloto a Luís Lemos, tamén de Salvaterra, e o "Gran Culpable" según manifestación do propio Carrera, de que el estea neste mundo. Despois de facer cursos con Diego Vallejo, Moncho López e Moncho Seoane empeza a correr asidua-

ADA organiza actividades deportivas para os máis pequenos Asociación Deportiva Actividades Deportivas Salvaterra (ADA) dispón do programa de actividades para os máis pequenos. Continúan as clases de bádminton (para nenos de máis de 11 anos) e minibádminton (menos de 11 anos) os luns e xoves de 16 a 19 horas e os sábados de 10.30 a 12 horas. Como novidade comezan clases de baloncesto, balonmán e multideporte, coa idea de crear un equipo de baloncesto e balonmán alevín, infantil e cadete , os mércores de 16 a 19 horas.

A

Todas estas actividades desenvolvésense no novo pavillón deportivo de Salvaterra. A actividade de tenis é os sábados de 10.30 a

No 2005 empeza a correr no campionato de España, co vigués Óscar Garre, co cal chegaría no 2008 a ser Copiloto Oficial de Peugeot Sport España. Despois da súa separación con este piloto volvería a correr con algún piloto da zona, ata que a finais do 2009 empeza a correr co seu actual piloto, José Antonio "Cohete" Suárez, ata o día de hoxe, e co cal leva participando durante dous anos consecutivos no Mundial de Rallyes.

5ª edición do mercadiño solidario de Arbo rbo celebrará o vindeiro domingo 16 de decembro a 5ª edición do seu “Mercadiño Solidario”, de 10 a 19 horas, na Praza do Consistorio.

A 12 horas, nas pistas municipais. Para máis información: 609 92 74 71 ou adasalvaterra@yahoo.es

Os principais obxectivos deste evento son informar ao cidadán das actividades que levan a cabo as ONGs do sur da nosa comunidade e os nosos veciños de Portugal; concienciar da realidade que nos rodea e a colaboración económica coas diferentes causas, por medio da compra dos produtos ofertados. Roupa, bisutería, mobles, libros, xoguetes, alimentos procedentes do comercio xusto, tapicerías, artesanía, plantas... Todo para facer os regalos de Nadal axudando aos que máis o precisan.


Novembro de 2012 - O

11

Condado

A Banda de música de Arbo gaña o certame provincial da Deputación de Pontevedra

banda de música do municipio de Arbo consegue o primeiro premio na 3ª sección do XII certame provincial organizado pola Deputación de Pontevedra e celebrado o sábado 27 de outubro no auditorio de Vilagarcía. Cunha puntuación de 293 puntos acada o primeiro premio por diante da banda de música de Ribadumia que consegue o 2º premio con 255 puntos, e da banda de música de Vilatuxe, que acadou o 3º premio cunha puntuación de 253 puntos.

A

Xa e a terceira vez que a banda de música do municipio de Arbo consegue gañar este certame provincial, xa que tamén o fixo nos anos 2002 e 2004 Con este1º premio conseguido, xa e a terceira vez que a banda de música do municipio de Arbo consegue gañar este certame provincial, xa que tamén o fixo no ano 2002 e 2004. Un premio maís que se suma a outros moitos conseguidos anos anteriores como destacan un 1º premio e mención de honra no certame internacional de Valencia no ano 1999 e un 2º premio dous anos maís tarde no mesmo certame. Un amplo currículo en tan so 18 anos de existencia. O director Cesar Posada Figueiras Cabe destacar a importancia do novo director

Na actualidade a banda de música de Arbo conta con mais 20 alumnos na súa escola recibindo clases por profesores titulados e co fin de incorporarse próximamente ao plantel da banda e axudar a súa continuidade moitos anos máis

Cesar Posada Figueiras(clarinetista da Union musical de Valadares) que se fixo cargo da banda de música de Arbo en setembro do 2011 e, en tan so un ano ó fronte de dita banda, consegue gañar o 1º premio no certame provincial. A escola de música Na actualidade a banda de música de Arbo conta con mais 20 alumnos na súa escola recibindo clases por profesores titulados e co fin de incorporarse próximamente ao plantel da banda e axudar a súa continuidade moitos anos máis. A directiva da banda traballa desinteresadamente para garantizar a existencia de dita banda e para que siga crecendo cada vez máis.

Agradecementos A banda de Arbo quere agradecer a Fundación Segundo Gil Davila a súa axuda desinteresada con dita asociación xa que a súa aportación económica a escola da banda permite que a banda de música de Arbo siga crecendo. Concerto de Santa Cecilia A banda de música de Arbo convidaos a todos o concerto de Santa Cecilia que ofrecerá o 24 de novembro no multiusos de Arbo.


12

A Cañiza - Novembro de 2012

Os veciños da Cañiza poderán facer xestións da DXT no seu propio Concello Concello da Cañiza asinou o pasado 24 de outubro un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico para que os condutores podan cambiar o domicilio dos seus vehículos nas oficinas do Concello sen teren que desprazarse ás dependencias da DXT en Pontevedra.

O

ende a concellería de Cultura da Cañiza convócase o I Concurso de Carrozas participantes na Cabalgata de Reis de 2013.

D

Poderán participar cantas persoas , grupos ou entidades o desexen, nunha única categoría, que incluirá ás carrozas participantes na Cabalgata de Reis.

Así, a Xefa Provincial de Tráfico de Pontevedra e o Alcalde da Cañiza rubricaron na Sala de Xuntas do Concello da Cañiza o protocolo de adhesión ao convenio subscrito entre a Xefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias. Este Convenio permitirá que se podan tramitar nas oficinas xerais do Concello da Cañiza, por unha banda, os expedientes de cambio de domicilio no Rexistro de Condutores da DXT (a efectos de notificacións sobre trámites relativos ao permiso de condución), e por outra os expedientes de cambio de do-

As inscricións faranse na Biblioteca Pública da Cañiza, na Rúa Progreso nº 21, do 1 ao 30 de novembro.

micilio de vehículos no Rexistro de vehículos da DXT (a efectos do imposto municipal de vehículos), evitando así que os veciños teñan que desprazarse até Pontevedra para realizar estes trámites.

O Concello pon en marcha o Roupeiro Municipal ende o pasado 5 de novembro, o Concello da Cañiza conta cun roupeiro municipal, no que as persoas ou familias necesitadas poden recoller roupa de balde e aquelas outras que o desexen poden facer entrega dos téxtiles dos que non fagan uso. Ten a súa sede na aula nº 1 da Casa de Cultura da Cañiza e está aberto de luns a venres en horario de 10:30 a 13 horas.

roupa no propio roupeiro ou no rexistro do Concello.

En caso de solicitude de: roupa de cama, toallas, sillas de bebé, cunas, ou outro tipo de aportacions ó roupeiro, e que non sexan roupa, utilizarase para súa asignación, o baremo económico establecido no Regulamento Municipal.

Unha vez visada a solicitude polos servizos sociais municipais, farase a entrega da roupa. Avisarase telefónicamente aos interesados para a recolllida.

En caso de que exista acumulación excesiva de roupa, o Concello paralizará o proceso de recollida (según o establecido no Regulamento Municipal, punto 7).

D

As persoas que o precisen poden presentar a súa solicitude para a recollida de

1º Concurso de Carrozas de Reis da Cañiza

3.-Será requisito imprescindible para entrar en concurso que as carrozas sexan realizadas polos participantes, permitíndose o desfile a carrozas alugadas, sempre fóra de concurso. Os temas das carrozas deberán ter relación obrigatoria co mundo infantil ou de Nadal. Non se permitirá a publicidade. Valoraranse as carrozas mellor decoradas, a maior orixinalidade, a vestimenta de cada colectivo ou outro elemento que o mellore (son, iluminación,…) e entregaranse tres premios: un primeiro de 1000 €, un segundo dotado con 500 € e un terceiro de 250 €.


Novembro de 2012 - O

13

Porriño

Vendedores do mercado de Porriño propoñen receitas con produtos típicos e frescos A concelleira María José Martínez asistiu ao concurso de receitas "Cociña de Mercado" promovido pola Deputación de Pontevedra e do cal resultaron 16 gañadores cun total de 24 receitas, as cales poden ser consultadas por todos os clientes e usuarios da praza no tótem interactivo. o obxectivo de promocionar os mercados como lugares con tradición e de confianza, renovar e dinamizar a súa actividade e oferta comercial, así como adaptarse aos cambios que se están producindo nas necesidades dos consumidores, a Concellaría de Prazas e Mercados do Concello de Porriño, que dirixe María José Martínez, colaborou na posta en marcha do concurso de receitas "Cociña de Mercado" organizado pola Deputación de Pontevedra.

C

A actividade estaba dirixida a todos os vendedores da praza de abastos que poderían participar presentando as súas propias recei-

tas elaboradas con produtos típicos e frescos que eles mesmos venden: carne, peixe, marisco, verduras, lácteos, pan, etc. De entre todas foron 24 as receitas seleccionadas, pertencentes a 16 vendedores, pois algún deles presentou máis dunha receita. O concurso realizouse a mañá de onte martes e a concelleira deu a coñecer o nome dos gañadores que rexentan postos na praza desde a venda de peixes, a produtos da horta, mariscos, carnes, queixos e froita. Martínez agradeceu "a implicación de todos os vendedores nesta iniciativa que axuda a dinamizar a actividade no mercado". As

receitas seleccionadas foron publicadas, acompañadas da fotografía do placeiro autor da mesma, no tótem interactivo instalado na praza para que os clientes e usuarios poidan consultalas e preparalas nos seus fogares.

Porriño recibe máis de 324.000 euros do Plan de Investimentos da Deputación Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra correspondente a 2012 dedica ao Concello de Porriño un total de 324.465,97 euros, cantidade que será destinada integramente á execución de obras, pois cabe a posibilidade tamén de que parte de devandito fondo sexa para o financiamento de gastos correntes. A contía supón unha importante inxección económica que foi acollida con satisfacción pola Administración local, "pois con esta subvención sacaremos adiante investimentos que actualmente o Concello non estaría en disposición de executar, tendo que prolongalas no tempo ou buscando outro tipo de financiamento", explica o alcalde Nelson Santos. Deste xeito, o Goberno local acomete tres proxectos de gran necesidade no municipio.

O

Unha das obras é a ampliación e o reforzo do viario das Laxas que transcorre entre Madeiras Iglesias ata a ponte das Almendras, "un tramo de 350 metros aproximadamente no que se está construíndo tamén unha beirarrúa que conecta Torneiros co paseo do Louro", puntualiza o alcalde.

No proxecto contémplanse movementos de terras, demolicións, levantamento de muros, actuacións en materia de saneamento e drenaxe e o pavimentado do viario. O investimento para estes traballos ascende a 153.667 euros. A retirada dunha torreta de distribución eléctrica de media tensión na conexión do viario N550 con Torneiros é outro dos proxectos contemplados para sufragar co recibido deste Plan de Investimentos. "O obxectivo neste caso reside na mellora da seguridade viaria, á vez que se elimina un elemento que afea a estética paisaxística. O poste sitúase na beirarrúa, co perigo

que iso supón tanto para peóns como para condutores", sinala Santos. O custo orzado desta obra é de 26.623 euros. Finalmente, outro dos proxectos prognosticados é o saneamento do Cerquido. "Trátase dunha obra necesaria para completar a conexión á EDAR de Guillarei e que, aínda que non poderá ser executada na súa totalidade con fondos deste plan da Deputación, completarase cunha partida do Concello", subliña o rexedor local. Pois, neste caso, o proxecto está orzado en máis de 240.000 euros, cantidade que sumada ás outras dúas obras excede os 324.465,97 euros procedentes do ente provincial.

Outra das actividades previstas para celebrarse nas próximas semanas será un Showcooking, mediante o cal instalarse unha caseta na propia praza recreando unha cociña na que cociñeiros do Grupo Nove elaborasen receitas en directo.

Pontellas celebrou a novena edición da Festa da Zorza

pasado 18 de novembro celebrouse a IX Festa da Zorza na parroquia de Pontellas, O Porriño. O lugar elixido para a cita gastronómica foi o recinto da Asociación do Centro Cultural de Pontellas.

O

Os actos comezaron xa o anterior martes coa preparación do adobo de máis de 850 quilos de carne de porco. As racións, a 6 €, incluían pan, viño e a exquisita zorza (obsequio de taza de barro). A organización repartiu máis de 2.600 racións entre todos os veciños que se achegaron a degustar esta tapa de zorza frita e que se servíu tamén en empanada. Na xornada non faltou a música tradicional galega, xa que actuaron dúas agrupacións desta parroquia, o grupo de gaitas Nordesía e a Rondalla de Pontellas.


14

O Porriño - Novembro de 2012

300 escolares coñecen a recuperación do río Louro e a importancia do saneamento das augas residuais oñecer de cerca o río Louro, a calidade das súas augas, as especies animais que contén, a flora e a riqueza dos seus ecosistemas permitirá formar persoas máis concienciadas na defensa dos valores ambientais e con este obxectivo a Concellaría de Educación do Concello de Porriño, que dirixe Ana Martínez, puxo en marcha o proxecto Coñece o río Louro. A actividade daba comezo esta mesma mañá cun acto de presentación oficial ao que asistiron a concelleira Teresa Veloso, representantes de todas as entidades colaboradoras (Confederación Hidrográfica MiñoSil, Proxecto Ríos, Ute Louro, Policía Local, Parque de Bombeiros, Monbús e La Torta, a quen desde o Concello agradecen o traballo dedicado para esta actividade) e o primeiro grupo de alumnos, neste caso 25 estudantes do Colexio Santo Tomás de 3º de ESO, curso ao

fotografías e vídeos o estado previo do río antes do seu saneamento, ademais de recibir as primeiras instrucións para a realización da inspección do río: a parte práctica da sesión, na cal recolleron mostras da auga e analizaron as especies alí presentes, aprendendo a identificar o ecosistema fluvial e a distinguir as especies autóctonas das invasoras.

C

que vai dirixida esta actividade e que albergará aproximadamente a uns 300 escolares de diferentes centros educativos de Porriño. O proxecto desenvólvese en dúas sesións, unha nas inmediacións do

Nelson Santos pon en valor a importancia do sector do granito alcalde do Concello de Porriño Nelson Santos participou nunha xornada centrada no sector do granito, á cal tamén asistiron o director Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Bernardo Tahoces; o director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Javier Aguilera e membros do Clúster do Granito para coñecer de primeira man a

O

situación que está atravesando actualmente o sector da pedra natural, un dos máis importantes da comarca.

río Louro e outra na EDAR de Guillarei. A primeira é na que puideron participar esta mañá os escolares do Colexio Santo Tomás que asistiron a unha parte teórica no aula do río (no albergue de peregrinos) na cal puideron visualizar a través de

Visita guiada Por outra banda, os escolares realizarán ademais unha visita guiada á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei para coñecer o proceso de saneamento das augas residuais, desde a súa entrada na estación ata a súa desembocadura no río, todo iso co obxectivo de que descubran a importancia do tratado das augas para o mantemento da calidade do medio natural.

O CEIP Antonio Palacios celebra o Samaín colexio porriñés Antonio Palacios celebrou a festa do Samaín. Organizouse o IV Concurso de Cabazas, todas elas decoradas en casa polo alumnado coa axuda das súas familias. Foron máis de 300 as presentadas ao certame deste ano do cal saíron catro premios para as mellores de cada ciclo e dúas mencións especiais para a máis traballada e para a máis orixinal.

O

Tamén se fixo unha lectura de Medos en verso, que foron lidos na festa por estudantes disfrazados. Entregouse un premio para Educación Infantil e outro para Educación Primaria. A festa continuou coa lectura do manifesto Fóra medos e rematou con todos os estudantes cantando e bailando a canción The skeleton dance.


15

Novembro de 2012 - Salceda

Salceda realizará un inventario de bens inmobles No inventario recuperarase e conservarase a toponimia dos cincocentos trinta camiños e viais públicos Municipais, recollendo a través dun documento público, o nome histórico dos mesmos, polos que os veciños e veciñas os coñecían dende hai moitas décadas.

Concello de Salceda de Caselas vén de darlle o visto bo en pleno á Proposta de Aprobación de Inventario dos Bens Inmobles seguintes: vías públicas, redes eléctricas e instalacións de auga e saneamento. A finalidade do inventario é, por unha banda, coñecer as características de anchura, lonxitude e pavimentación de todos os viais públicos existentes no Termo Municipal, así como dos servizos cos que conta, como son o número de luminarias e instalacións de auga e saneamento coas súas coordenadas correspondentes.

O

O inventario é clave para proporcionar unha maior seguridade xurídica na concesión das licencias aos técnicos municipais, entre os que se atopan o persoal de Servizos Urbanísticos, Secretario, e Interventora, que grazas ao documento final poderán certificar coa máxima garantía todo o referente a urbanismo e tamén cara á petición de subvencións adscritas a mellorar os servizos viais municipais.

Vaise abrir un período de exposición pública coa finalidade de permitir a todos e todas as veciñas de Salceda participar na mellora do documento inicial a través das súas achegas, antes da aprobación definitiva do inventario. Este período será de 30 días hábiles a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Outros servizos non municipais tamén verán mellorada a súa xestión a través da prenumeración, que permitirá obter a numeración definitiva das vivendas, problema existente sobre todo nas parroquias, que axilizará e garantirá o traballo de servizos como o reparto de correspondencia das diferentes empresas encargadas da distribución de mensaxería.

Investimento nas pistas deportivas do parque Raíña Aragonta e na Senda Peonil Concello de Salceda recibirá unha subvención de 228.485,32 € do “Plan de Investimento da Deputación”.

O

Os proxectos que se acometerán son a “Construción de Pistas Polideportivas na Área Deportiva de Altamira. Salceda de Caselas” e a “Recuperación Ambiental e Senda Peonil no Río Caselas: tramo Palomar de Antero-Regadas”.

O proxecto de construción das Pistas Polideportivas atende á demanda por parte dos veciños e veciñas e dos grupos escolares de Salceda de Caselas, que pasarán a dispor dunha nova ubicación para o seu desenvolvemento deportivo. Por outra parte a “Recuperación Ambiental e Senda Peonil do Río Caselas: Palomar de Antero-Regadas” vai continuar coa senda xa existente do Río Caselas.

A empresa adxudicataria é LAYA, que a día 23 de Outubro de 2012 presentou no rexistro da Casa do Concello os sete tomos que recollen o inventario dos bens inmobles citados coa cartografía correspondente. O orzamento total adxudicado para a realización do inventario ascende a 19.234 euros.

A concellería de Cultura acomete reformas no auditorio municipal de Salceda Concello de Salceda, a través da Concellaría de Cultura, vai levar a cabo obras de reforma no Auditorio Municipal, para adaptar o edificio ás normas de seguridade. Para iso abrirase unha nova porta de emerxencia dende o salón de actos que dará directamente ao exterior do edificio e cambiaranse as barandas tanto no hall como na rampla de acceso ao edificio, pois incumpren a normativa de seguridade. Por outra

O

banda vaise proceder tamén á habilitación de espazo para dúas cadeiras de rodas dentro do salón de actos, facilitando así a accesibilidade de discapacitados a calquera espectáculo programado no Auditorio Municipal. As obras contan cun orzamento de 27.854,34 €, que se asumirán con fondos propios, excepto 6.664,15 € que serán financiados pola Consellería de Cultura.


16

Salceda - Novembro de 2012

Tapóns por unha nova vida co fin de mellorar a súa calidade de vida, mediante a reciclaxe de tapóns de plástico. Outro dos obxectivos é facilitar a nenos e nenas sen recursos aparatos ortopédicos que non están incluidos no sistema de saúde.

Xornada sobre cooperativismo

Tamén é importante, concienciar a toda a sociedade, que a través desta iniciativa, estase a realizar unha acción social e humanitaria; ademáis do que conleva o reciclaxe deste material en lugar de ir indiscriminadamente ó lixo.

concellería de Benestar Social, a petición de veciños e veciñas, leva preto dun ano colaborando ca iniciativa da Fundación Seur “Tapóns por unha nova vida”.

Esta é unha das moitas iniciativas solidarias que se están a realizar dende a Concellería de Benestar Social, dende a cal se quere recordar que existen neste intre moitas iniciativas deste tipo que surxen non só de fundacións, concellos ou outros organismos, se non tamén dende as propias familias e que o importante é colaborar, por calquera vía das existentes, para que os recursos cheguen a quen os necesite.

Esta iniciativa pretende axudar a nenas e nenos sen recursos para poder acceder a algún tratamento médico non regulado no sistema sanitario,

Salceda é solidario, non cabe dúbida, e grazas os veciños e veciñas, nesta primeira entrega xa foron 10 sacas e tres caixas de tapóns.

A

Éxito de participación no Samaín Concello de Salceda celebrou o día de Samaín co adorno de cabazas que os nenos trouxeron das súas casa. A actividade tivo comezo ás 16 horas, cando os nenos coa axuda dos monitores e dos seus pais adornaron as súas cabazas, para ser finalmente exibidas ao seu remate.

O

As 21 horas tivo lugar o exitoso “Roteiro do Terror”, un paseo nocturno polo monte, que se converte no foco de aparicións e sustos para todas as persoas que participaron nel. Cada grupo era foco de diversas actuacións que os encargados da actividade e os membros da Asociación Treze Catorze refrectían sobre os camiñantes.

Unha grande labor de colaboración por parte dos membros da Asociación Treze Catorze que son un gran reforzo para realización de moitas actividades que se levan a cabo por parte do Concello, e que en épocas de dificultade económica, permiten seguir organizando actividades a través desta colaboración.

O Goberno Local realizará a visita parroquial anual A equipa de Goberno do concello de Salceda de Caselas comezou o martes 20 de novembro a visita parroquial que realiza anualmente, co motivo principal da exposición do inventario municipal de viais e camiños públicos. En cada centro cultural parroquial, xa están dispoñibles os planos correspondentes ás parroquias, para que os veciños os poidan ir consultando e presentando, de ser necesario, as alegacións correspondentes que terán que ser presentadas antes do día 21 do mes de decembro, no rexistro do Concello de Salceda de Caselas.

Loli Castiñeira, concelleira de Turismo de Salceda de Caselas, asegura que “A Noite do Terror será unha noite consolidada para futuros anos. O Samaín era unha data moi importante nas celebracións Celtas e que co paso dos anos se foi perdendo. É o noso compromiso recrear aquelas datas importantes que se foron perdendo e agora se están a recuperar dada a súa importancia. Quero agradecer especialmente a implicación dos participantes e a especial colaboración da Asociación Treze Catorze”.

Ademais trataranse as obras que se están acomentendo e que se acometerán en cada parroquia, atendendo aos rogos e preguntas necesarios dos veciños e veciñas para tentar esclarecer calquer dúbida e atender ás peticións . Os horarios das charlas poden consultarse na páxina web do Concello.

Concellería de Emprego do Concello de Salceda de Caselas organiza de cara ao 27 de novembro de 2012 unha xornada de cooperativismo en colaboración coa Mancomunidade de Vigo, e os concello de Porriño, Mos e Salvaterra de Miño. O horario é de 10:30 a 13:30, e o lugar de impartición será o Centro de Desenvolvemento Local do Torrón de Salceda de Caselas.

A

Os que desexen participar poden remetir por email a ficha de inscripción debidamente cuberta con data límite 26 de novembro a algún dos seguintes enderezos: tenenciadealcaldia@salcedadecaselas.es outle@salcedadecaselas.es). Tamén poden acudir a inscribirse á concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda.

Exposición da obra de Inés Domínguez

Casa da Cultura de Salceda acolleu durante este mes unha exposición da artista Inés Dominguez Besteiro. A súa traxectoria como ceramista é de principios do 90, e tras varios anos de estudo no Centro de Arte de Madrid, desenvolve un estilo persoal no modelado da terra cocida e do raku. A comezos do ano 2000 á súa afición como ceramista vese incrementada polo seu interese á pintura, especialmente polos mestres do impresionismo e comeza a investigar como autodidacta diferentes soportes, gamas de cor, que represntan momentos relevantes na súa vida, así como o descontento social e a empatía que a artista comparte con diferentes colectivos sociais e a súa problemática.

A

A maior parte das súas obras están feitas de materiais reciclados, sendo transformados obxectos en deshuso en verdadeiras obras de arte.


17

Novembro de 2012 - Tomiño

A mostra, organizada polo Concello e a Asociación Forestal de Galicia, serviu para asesorar a particulares, comunidades de montes e empresas, sobre as alternativas desta fonte de enerxía limpa e rentable ntre 1800 e 2000 persoas pasaron os días 17 e 18 de novembro pola I Feira de Biomasa Forestal, organizada polo Concello de Tomiño e a Asociación Forestal de Galicia (AFG) en Goián (Tomiño). A maior parte do público foron familias e particulares, aínda que tamén houbo comunidades de montes, empresarios, instaladores e produtores.

E

O volume de asistencia e a expectación xerada pola mostra sorprendeu mesmo aos organizadores, que non esperaban tan boa acollida; por un lado, por ser a primeira feira de biomasa celebrada na provincia, e por outro, por tratarse dun sistema de enerxía e calor pouco difundido aínda na zona. A maior afluencia produciuse o domingo pola tarde, favorecida polo bo tempo reinante durante a xornada. Unha das principais atraccións foi unha máquina astilladora de grandes dimensións, que habitualmente traballa dentro do monte, collendo troncos e converténdoos en astillas para combustible de sistemas de biomasa.

Dúas mil persoas visitaron en Goián a Mostra de Biomasa Forestal de Galicia Entre os interesados en coñecer máis sobre a biomasa e as súas posibilidades coma fonte de enerxía e calor, houbo máis dun centenar de instaladores, que pasaran polo stand da Asociación de Empresarios e Instaladores “Foncalor”; unha entidade sen fins de lucro, que pon en contacto a produtores, instaladores e consumidores finais. Genia Alonso, técnica da asociación, indicou que más de 160 instaladores visitaron a mostra e asesoraron á xente interesada en coñecer as diferentes alternativas para calefac-

A problemática do rural galego, a debate no Congreso sobre Desenvolvemento Rural e Leader presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño e alcaldesa deTomiño, Sandra González, presentou o pasado 9 de novembro en Santiago as conclusións da xornada de debate sobre Discapacidade e Integración no medio Rural que se celebrou o pasado setembro no noso territorio. Nunha intervención na que estivo acompañada do presidente do CERMI Galicia, Anxo Queiruga, suliñou os tres temas principais que se salientaron no encontro sectorial: a problemática do emprego do colectivo con discapacidade, as barreiras para

Rural e Leader desenvolveuse na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, e reuníu a mais de douscentos especialistas na problemática do noso rural.

A

a mobilidade e a accesibilidade coas que se atopan, e a necesidade de potenciar a labor dos centros de servizos para pesoas con discapacidade. O congreso Desenvolvemento

Técnicos e directivos dos 31 Grupos de Desenvolvemento Rural galegos, empresarios, estudantes e representantes das administracións autonómicas e locais, debateron en Compostela sobre os retos aos que se enfronta cara ao futuro o territorio rural galego.

ción e quentamento de auga. Asemade, fixéronse contactos para futuras posibles operacións comerciais. Tamén as xornadas divulgativas que se celebraron durante a mañá do sábado no Auditorio de Goián, foron un éxito de participación. Ante un aforo completo, os expertos en biomasa, foron explicando as vantaxes desta fonte de enerxía limpa, tanto para produtores, coma para instaladores e consumidores finais.

Concorrido concurso de sobremesas caseiras en Hospital A Asociación Cultural Virxe da Milagrosa de Hospital, Tomiño, celebrou un concurso de sobremesas caseiras, con grande aceptación por parte da comunidade veciñal. O evento foi o sábado 10 de novembro, resultando premiados Ana Mª de la Iglesia Costas (Ana Bispo), cun biscoito de noces; José Benito Pérez e Celia Campo Carrera, cun flan de café, e por último, os irmáns Sandra, Rocío e Santiago Vázquez Pombal, cunha tarta de tres chocolates.

Obradoiro de comunicación para os mozos e mozas de Tomiño

Exposición de escultura de Ignacio Moure no auditorio de Goián

O Concello organiza un obradoiro de comunicación para os mozos e mozas. O taller facilitará os mecanismos e habilidades precisas para mellorar o xeito de relacionarnos.

O escultor tomiñés Ignacio Moure expón unha trintena de obras no Auditorio de Goián.

Para mellorar as habilidades e actitudes de comunicación empregaranse

técnicas como o coaching e a programación neorolingüística, que serán aplicadas á expresión e comunicación persoal, social e cultural. O obradoiro ademáis traballará habilidades tales como expresión de desexos, opinións, decisións, carisma, confianza, iniciativa, empatía, hábitos, barreiras, ...

A mostra, na que poden verse diferentes tallas en madeira realizadas polo escultor, foi inaugurada o día 1 de novembro pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, a concelleira de Cultura, Cristina Martínez, e outros membros do equipo de goberno.


18

Tomiño - Novembro de 2012

A Mancomunidade do Baixo Miño asina un convenio de cooperación para dinamizar o sector turístico A Asociación de Empresarios e Profesionais do Sector Turístico do Baixo Miño coordinará as accións de promoción co ente mancomunado Mancomunidade do Baixo Miño, integrada polos concellos de Oia, A Guarda, O Rosal, Tui e Tomiño, e presidida pola alcaldesa deste último, Sandra González Álvarez, asinou o pasado 7 de novembro un convenio de cooperación coa Asociación de Empresarios e Profesionais do Sector Turístico do Baixo Miño, Centro de Iniciativas Turísticas (Turismo Baixo Miño).

A

En representación da asociación de empresarios, asinou o convenio David Villar Alonso, presidente de Turismo Baixo Miño, acompañado tamén por Ignacio Vázquez González, membro da xunta directiva e re-

presentante dos empresarios do sector do turismo tomiñés, e por Nuria Patiño, técnica de Turismo Baixo Miño. Segundo sinala o convenio, a Mancomunidade do Baixo Miño, dentro das súas competencias ten recollido expresamente “o desenvolvemento de programas de promoción e inversión turística”, polo que procede asinar este documento de cooperación por importe de 6000 euros, co fin de realizar accións de promoción turística na comarca. Entre os compromisos adquiridos por Turismo Baixo Miño, figura o de coordinar coa mancomunidade a

programación das actividades de dinamización turística que se vaian a emprender, así como con outros centros e servizos que desenvolvan accións similares. A presidenta da Mancomunidade do Baixo Miño salientou trala sinatura do convenio,

Centos de persoas asisten en Goián á presentación do libro Treboada Galega auditorio de Goián acolleu o pasado sábado 3 de novembro, ante un nutrido público, a presentación do libro sobre as treboadas miñotas “Treboada Galega”. O acto foi conducido polo autor do volume, Xerardo Fernández Santomé, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Ámbolos dous agradeceron o labor de todos os veciños e veciñas que colaboraron na recollida de datos, e o traballo de investigación da Asociación Gaiteiros da Xistra.

O

Durante o acto, as catro treboadas de Tomiño (“Airiños Novos” de Pinzás; “Fonte do Frade” de Goián; “Baixo Miño” de Tomiño” e “Muimenta” de Sobrada) interpretaron varias pezas antigas recuperadas por eles, e máis tarde actuou o grupo Xistra.

a importancia de fomentar a realización de programas de desenvolvemento turístico no rural, para aproveitar mellor o patrimonio natural e paisaxístico da comarca, xerar riqueza e crear novos postos de traballo.

Crece o interese pola micoloxía en Tomiño Vinte e cinco persoas micoloxía organizado actividade repetirase cantidade de persoas de espera.

Na elaboración do volume interviron diversos musicólogos coordinados por Xerardo Fernández Santomé, especialista na evolución das treboadas da comarca. O traballo describe a treboada galega, a súa composición e interpretación musical, reconstruindo un anaco da historia inmaterial da comunidade.

participaron no curso de pola OMIX de Tomiño. A en breve debido á gran que quedaron en listaxe

Primeiro o grupo participou nunha charla formativa sobre os cogomelos máis comúns nos nosos montes. Despois, participou nunha saída de campo ata Cristelos (Barrantes). Tras esta saída o alumnado volveu á aula, onde realizou a clasificación dos cogomelos recollidos.


19

Novembro de 2012 - A Guarda

Polafía na Guarda. De costa a costa: historias do mar que amamos esde 2007, a Asociación de Escritores en Lingua Galega desenvolve, a través da súa sección de Literatura Oral, as polafías, unha iniciativa que pretende a través de encontros por toda a xeografía galega recoller os contos, cancións e historias populares. Estos encontros son gravados en vídeo e subidos á rede.

D

Que é a polafía O termo polafía é un neoloxismo, referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. Como neoloxismo quere reunir no seu significado os matices de vellas palabras como polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos.

O pasado venres 17 de novembrochegou á Guarda un destes encontros, no que tivemos a oportunidade de disfrutar coa recuperación dos nosos valores tradicionais. Durante 90 minutos falaron as xentes da vila e comarca sobre as cuestións máis cotidianas, pero que mor do cambio na forma de vida están a piques de perderse. Historias sobre o modo de vida tradicional, os oficios, o noso patrimonio, e como non os contos e a música popular, encheron a velada do venres no Centro Cultural guardés. A velada foi presentada e moderada por José Font (director de Radio Tui). Se queredes saber máis sobre esta interesante proposta podedes achegarvos á páxina da AELGA, onde se atopan os vídeos das polafías desenvoltas ata o día de hoxe.

Actividades do Día internacional contra a violencia de xénero

A Guarda asiste á reunión anual EDEN en Bruselas NOS EDEN e participa nos actos e iniciativas postas en marcha.

Concello da Guarda confía en que a prevención desde o ámbito da educación é a clave para traballar a violencia de xénero, motivo polo que este ano as actividades que o organismo organizou co gallo do Día contra a violencia de xénero se orientaron cara á consecución deste obxectivo.

O

Así, deuse continuidade ao PROXECTO EMPATÍA, dirixido ao alumnado de 4º da ESO do IES A Sangriña os días 5 e 6 de novembro. Con esta actuación pretendíase organizar entre a mocidade, obradoiros de habilidades e relacións sociais destinados a aprendizaxe de relacións respectuosas, aprender a amosar sentimentos, a re-

solución pacífica dos conflitos, e valorar a igualdade entre mulleres e homes como eixo central do desenvolvemento humano.

vila da Guarda, que fora galardoada como “Destino de Excelencia Europea” pola Comisión Europea pasou a formar parte da REDE DE DESTI-

A

O 23 de outubro tivo lugar en Bruselas o Encontro anual da Rede de Destinos EDEN no que participou o Concello da Guarda, representado pola concelleira de Turismo. Nesta xornada mostráronse os traballos realizados nestes anos e as liñas de actuación e plans estratéxicos para continuar traballando na promoción e visibilidade dos destinos EDEN.


20

A Guarda - Novembro de 2012

Cruz Vermella reforza a súa resposta aos máis vulnerables a través do chamamento “Agora máis que nunca” os últimos anos, en Cruz Vermella está a observarse como o impacto da crise socioeconómica fixo que moitas persoas que até hai moi pouco se atopaban en contextos socioeconómicos seguros entrasen a formar parte das persoas e colectivos atendidos pola organización humanitaria e como este mesmo contexto é responsable dun agravamento iportante da situación das persoas vulnerables que xa participaban nos programas de intervención Social de Cruz Vermella Española.

nómicas de carácter puntual ,talleres de economía doméstica, compra de fármacos, entrega de kits de hixiene etc. En definitiva, trátase de axudas de primeira necesidade en ámbitos nos que a poboación está a recortar gastos para poder chegar a fin de mes.

N

Cruz Vermella Baixo Miño continua incrementando o número de persoas atendidas nas diferentes prestacións e programas que leva a cabo. Ditas persoas foron beneficiarias das medidas específicas relacionadas co impacto da crise. Desde xaneiro de 2012 Cruz Vermella Baixo Miño repartiu alimentos a máis de 90 persoas; materiais escolares a 40 familias; Kits de Hixiene a 33 fami-

lias; axudouse a máis de 50 persoas a realizar o curriculum. Ademais desenvolvéronse 4 talleres de economía doméstica cun total de 37 usuarios aos que se entregaron vales de compra para alimentos e produtos de hixiene e aseo persoal. Paralelo a estas accións, tamén se continua reforzando os programas habituais de atención social e de

Co Trilho de Mosteiró, en Valença, remataron as Andainas 2012 da Guarda reto dun cento de sendeiristas participaron o sábado 18 de novembro na derradeira andaina 2012, organizada polo Concello da Guarda.

P

Ás 9 da mañá saíron do aparcadoiro da Sangriña dous autobuses cos camiñantes para cruzar a ponte internacional de Tui e dirixirse ao punto de partida na freguesía de Cerdal, a carón da igrexa matriz, desde onde se empezou a camiñata polo Trilho de Mosteiró.

loita contra o desemprego e a discriminación no mercado laboral e desde 2008 está a desenvolverse un esforzo cada vez maior na atención de emerxencias sociais, a través de respostas básicas como a repartición de alimentos, aveños, alimentación infantil, material escolar, e outras como os puntos de información sobre emprego xestionados por persoas voluntarias, as axudas eco-

Comeza o curso de agricultura ecolóxica subvencionado polo programa Actívate pasado día 19 deu comezo o curso de Creación dunha horta ecolóxica, organizado e solicitado pola OMIX do Concello da Guarda a través do programa de formación Actívate da Deputación de Pontevedra e que rematará o vindeiro mes de decembro.

O A climatoloxía non acompañou aos sendeiristas, que tiveron que facer uso de chuvasqueiros e paraugas. Aínda así o percorrido mereceu a pena.

Os colectivos aos que se dirixe o chamamento son os máis 'fraxilizados', como familias con todos os seus membros en paro; nenos que viven en fogares pobres; persoas maiores con responsabilidades familiares sobrevindas pola precarización familiar; persoas paradas de longa duración; persoas sen fogar; e mozos en paro.Para máis información dos proxectos/prestacións e actividades orientadas a paliar a situación das persoas en situación de vulnerabilidade poden contactar con Cruz vermella nos teléfonos 986 61 46 09 ou 606 34 84 71, ou na sede o c/ Agustín Nandín, Lomba, nº1 baixo. A Guarda.

O curso desenvólvese na escola de oficios municipal, facilitando e preparando o propio Concello un terreo municipal cercano, para que se poida levar a cabo de forma máis exitosa, a formación deste grupo de persoas.


Novembro de 2012 - Especial

21

Eleccións

Vitoria en escanos, que non en votos Guillermo Rodríguez Partido Popular foi o gañador en escanos nas últimas eleccións autonómicas galegas, ainda que en votos os restantes partidos votados sumaran máis votos que os populares. O PP, consegue 653.934 votos e os demáis partidos obteñen un total de 707.731 votos; uns 53.797 votos máis. A lei de Hont encárgase de facer o reparto de escanos.

O

Como curiosidade digamos que o escano máis caro foi o da deputada popular pola Coruña Beatriz Mato, que lle custou 260.941 votos, e os máis barato foi o conseguido pola candidata do PSdeG por Ourense, María del Carmen Acuña, que lle custou 10.664 votos. Os tres partidos con representación parlamentaria na rúa do Hórreo perden votos en tódalas provincias; sen embargo os populares consiguen un escano máis na provincia da Coruña, pasando de 12 a 13 ainda perdendo con respecto ás eleccións de 2009 un total de 53.000 votos. Por provincias os resultados foron: En 2009, PP=38 deputados; en 2012 PP= 41 deputados En 2009, PSdeG=25 deputados; en 2009, 18 deputados. En 2009, BNG=12 deputados; en 2012, BNG = 7 deputados En 2012, AGE (non existía en 2009) conseguíu 9 deputados. Os populares aumentaron en tres actas; os socialistas perderon 7 deputados e os nacionalistas do BNG perderon 5 deputados. A coalición AGE capitaneada por Beiras superou aos socialistas na cidade da Coruña; pasando a ser os 2º partido máis votados; ainda que os socialistas conseguiron na provincia 10.000 votos máis que os coaligados. O partido popular arrebatoulle o último escano en disputa na provincia da Coruña por só 271 votos. O concello de Teo revelouse coma un dos bastións da coalición AGE co 26,90% dos votos; así como Fene, terra natal da candidata Yolanda Diez, e Santiago e A Coruña, que res-

paldaron fortemente a Manuel Beiras nesta súa nova incursión na política galega. A coalición AGE é a 2ª forza en 21 concellos superando ao BNG en 152 concellos.

llar unha fórmula parecida á que existe no Pais Vasco (Amaiur), onde cada quen conserva a súa independencia pero presentanse coaligados nas eleccións.

A vitoria de AGE podemos centrala na defensa dunhas cantas ideas forza: fiscalizar aos que máis teñen, gobernar para os cidadáns e rebelarse contra os recortes en servizos sociais, en educación e sanidade. Beiras foi quen de espertar a conciencia de moitos xoves e non tan xoves que o apoiaron de maneira decidida. Díxolles o que querían escoltar e que ata agora ninguén se atrevera a dicir. O que podiamos cualificar como rotura de normas, de formalismos políticos que á mocidade de hoxe nada lle din.

Na provincia de Lugo os populares conseguen o respaldo do 51% dos votantes, aumentando un deputado respecto ás eleccións de 2009. Os socialistas perden 10 puntos porcentuais, ainda que coa metade dos votos conseguidos en 2009 só perden un deputado.

Os deputados da coalición AGE repártense entre EU, que se fai con 5 actas, e ANOVA, que consegue as catro restantes. O partido nacionalista Compromiso X Galicia foi o máis prexudicado nesta loita por chegar á rua do Hórreo. Apenas 14.459 votos entraron nas urnas coa papeleta de Compromiso. Uns resultados a todas luces desalentadores, máxime para un partido que se esforzou por estar en liza cando acababa de nacer. É de supor que nas vindeiras municipais os resultados sexan moito mellores. Cecais nesa ocasión se presenten máis arroupados. O concello no que conseguiron un maior porcentaxe de votos foi Vilar de Santos (Ourense) co 52,9%. As especulacións de como se comportará a coalición no próximo parlamento galego xa foi respostada polos dous líderes (Yolanda e Beiras) que veñen afirmando o compromiso de que a coalición se constituíu para quedar toda a lexislatura; outra cousa é como se vaian presentar nas vindeiras eleccións municipais a tenor dos movementos que se están producindo no seo do nacionalismo galego. Xa se está a falar de que puidera ca-

A sorpresa foi AGE, que co 10% dos votos desplaza ao BNG á cuarta posición superando aos bloqueiros en dous puntos porcentuais. Curiosamente, se sumamos a participación de AGE e de BNG chegamos ao 19% dos votos, catro puntos máis dos conseguidos polo BNG en 2009. En Ourense os populares gañaron outro deputado e fanse con 8; os socialistas perderon un, igual que o BNG; a coalición AGE gaña o deputado restante. Os votos perdidos entre os socialistas e o BNG repárterse a partes iguais entre populares e AGE. Aquí podiamos dicir aquilo de que os extemos se tocan. Nesta provincia, como non podía ser doutro xeito, foron denunciadas prácticas pouco democráticas á hora de respectar o dereito á liberdade de voto. PSdeG e AGE denunciaron aos populares por xogar sucio levando, segundo a denuncia, anciáns dunha residencia en autobús coas papeletas na man (xa podemos imaxinar de que partido eran), en cadeiras de rodas, conducidos por persoal relixioso. Segundo informan, algúns destes cidadáns presentaban cadros de padecer alzheimer en estado avanzado; ata o punto de que algúns nin sequera sabían como se chamaban.

2012 A Coruña

260 941 (45,37%) 107 381 (18,67%)

Outra denuncia de AGE refírese a que apoderados desta formación política non puideron realizar o seu labor democrático e legal porque un interventor do PP presionou sobre a mesa electoral para que lles negara ese dereito. En Ourense estas cousas xa resultan tan habituais que ninguén se estraña de que pasen, ainda que non deixan de ser unha mostra da distancia áque estamos de ser un país realmente democrático e culturalmente avanzado. En Pontevedra Feijóo mantén os 11 deputados que conseguira en 2009, ainda perdendo 60.000 votos. Vese que as provincias galegas máis desenvolvidas non se entregan tan fácilmente a políticas conservadoras. Entre A Coruña e Pontevedra o PP perdeu máis de 100.000 votos. Os socialistas perderon dous deputados quedando con cinco; o BNG perde un e queda con tres deputados entrando a coalición de AGE e facéndose con tres actas para o Horreo, situándose como 3ª forza na provincia. Na cidade de Vigo as forzas con representación municipal (PP, PSdeG e BNG) perderon entre sete e oito puntos. Os votos perdidos polos partidos de esquerda foron rentabilizados por AGE, que consegue cáseque o 20% do total metido en urnas. En Pontevedra capital o BNG resiste a debacle e ainda sumou 2 puntos porcentuais, o PP perdeu seis puntos e o PSdeG desinflouse perdendo 12 puntos porcentuais, os mesmos que conseguira AGE, un 13% aproximadamente. Os populares mantivéronse como primeira forza na maioría das cidades medianas e pequenas da provincia, ainda que baixando en votos en cáseque todas. Grazas ao Sr. Hont os resultados voltaron sorrirlle. Os socialistas desplomáronse dunha maneira escandalosa e AGE pasou a ocupar o espazo do BNG. Finalmente, hai que dicir que Mario Conde demostrou que a súa presencia era só mediática. Conseguiu o 1,75% dos votos que entraron en urna. Todo un éxito, D. Mario

2009 96 008 (16,69%)

55 499 (9,65%)

294 683 (45,86%) 189 971 (29,56%) 104 201 (16,22%)

Lugo

97 325 (51,46%)

42 728 (22,59%)

19 495 (10,3%)

16 539 (8,74%)

106 224 (48,56%)

68 778 (31,44%)

33 034 (15,1%)

Ourense

88 337 (49,05%)

42 659 (23,68%)

15 334 (8,51%)

14 164 (7,86%)

103 160 (49%)

64 165 (30,47%)

35 331 (16,78%)

Pontevedra

207 331 (42,67%) 100 903 (20,76%)

70 434 (14,49%)

58 017 (11,94%)

256 524 (47,23%) 160 443 (29,54%)

95 065 (17,5%)

Total

653 934 (45,72%) 293 671 (20,53%)

PP

PSOE

BNG

AGE

200 101 (13,99%) 145 389 (10,16%)

760 591 (47,09%) 483 357 (29,93%) 267 631 (16,57%)


22

Especial Eleccións - Novembro de 2012

Eleccións no Condado/Paradanta do pasado 21-O Por G.R.F. ouco hai que comentar do resultado das últimas eleccións autonómicas na comarca do Condado/Paradanta.

P

Como vén sendo habitual o PP foi o partido que recibiu máis votos, ainda que nesta ocasión sufrira un certo descenso porcentual respecto ás eleccións de 2009, así como que nos concellos de Ponteareas e Salvaterra os votos chamados de esquerda suman máis que os votos do PP: en Ponteareas foron 4.548 contra 5.096 dos demais grupos (BNG-PSOE e AGE). Igual ocorreu en Salvaterra. Os populares conseguiron 1.936 e os demais partidos recibiron 2.194 votos. A estes votos non populares habería que sumarlles, no caso dunhas eleccións municipais, os conseguidos por Compromiso por Galicia. Quere isto dicir que nunhas eleccións municipais o PP de Salvaterra perdería o goberno, por exemplo? Si e non;

hai que contar co Sr. Hont, que sempre está a favor da lista máis votada; nun sistema proporcional xa sería outra cousa. No caso de Ponteareas o PP xa está en minoría polo que os resultados foron lóxicos, ainda que deberiamos ter en conta onde foron parar os votos de Alternativa Ciudadana de Ponteareas que, en boa lóxica, moitos irían ao PP cando nestes momentos

é un partido que está na oposición aos populares. Outra novidade é a presenza de AGE (Alternativa Galega de Esquerdas) capitaneada por Beiras que entrou como un torrente en tódolos concellos, restando votos a nacionalistas e socialistas. O efecto Beiras tamén se producíu aquí, sobre todo en Ponteareas, onde EU

non tiña pasado dos 200 votos e nesta ocasión chegou aos 1.380. Unha distancia tan considerable que ninguén podía soñar. Igual ocorreu en A Cañiza onde AGE superou ao BNG, en Salvaterra onde a diferenza entre o BNG e AGE apenas alcanza os 187 votos; igual ocorrería en Mondariz onde se sumamos os votos de AGE e os de Compromiso por Galicia (que non conseguíu representación no Parlamento pero si votos alí onde tiña unha mínima estrutura, casos de Mondariz, Ponteareas e Salvaterra) podemos comprobar como as escisións no seo do BNG lle teñen feito moito dano a este partido. Resumindo, non está tan claro que o Condado/Paradanta siga sendo un indiscutible feudo popular; si, pero con matices. Hai que dicir que con estes resultados nunhas eleccións municipais o único deputado provincial seguiría a ser popular. 2009

2012 Arbo

1 033 (58,22%)

296 (16,68%)

234 (13,19%)

134 (7,55%)

1 116 (53,47%)

489 (23,43%)

441 (21,13%)

A Cañiza

1 807 (64,53%)

468 (16,71%)

179 (6,39%)

176 (6,28%)

1 855 (58,23%)

891 (28,3%)

319 (10,13%)

Covelo

971 (61,92%)

208 (13,26%)

174 (11,09%)

104 (6,63%)

1 208 (63,15%)

337 (17,62%)

331 (17,3%)

Crecente

888 (63,29%)

246 (17,53%)

119 (8,48%)

79 (5,63%)

1 160 (66,67%)

371 (21,32%)

178 (10,23%)

As Neves

1 205 (50,52%)

446 (18,7%)

385 (16,14%)

193 (8,09%)

1 441 (53,51%)

712 (26,44%)

456 (16,93%)

Mondariz

1 429 (49,89%)

463 (16,16%)

370 (12,91%)

183 (6,38%)

1 824 (54,46%)

729 (21,77%)

727 (21,71%)

225 (54,34%)

72 (17,39%)

41 (9,9%)

30 (7,24%)

281 (57,58%)

94 (19,26%)

90 (18,44%)

5 820 (47,32%) 3 193 (25,96%)

2 713 (22,03%)

2 470 (46,15%) 1 565 (29,24%)

1 146 (21,41%)

Mondariz-Balneario Ponteareas

4 548 (42,11%) 2 048 (18,96%)

Salvaterra

1 936 (41,65%) 1 059 (22,78%)

PP

PSOE

BNG

1 668 (15,44%) 1 380 (12,77%) 662 (14,24%)

473 (10,17%)

AGE

Despois do 21-O na Louriña primeira sorpresa pode ser a chegada dunha nova forza de esquerdas: AGE pasa a ser a segunda forza máis votada, superando en 685 votos ao BNG.

A

Hai algún outro dato que quixeramos destacar. En Salceda o PP supera en 230 votos aos tres partidos de esquerdas que se presentaban, coa circunstancia

de que a Alcaldía está nas mans do BNG coaligado co PSOE; mentres que en O Porriño, por exemplo, o PP sustentando a Alcaldía con maioría de concelleiros só consegue superar ás forzas de esquerda en 198 votos. Algo está pasando no goberno de Nelson para que se dean estes resultados. En Mos volve ocorrer algo máis preocupante para o PP; as for-

zas de esquerdas suman 508 votos máis que os populares, sabendo que a Alcaldía é do PP con maioría absoluta. Finalmente convén destacar a entrada de AGE en escena con 2.775 votos na comarca, superando en 685 votos ao BNG. Está claro que nas vindeiras eleccións municipais pode haber sorpresas na Louriña. 2009

2012 Mos

3 463 (42,66%) 1 868 (23,01%)

1 065 (13,12%) 1 038 (12,78%)

4 403 (47,87%) 2 834 (30,81%)

1 583 (17,21%)

O Porriño

4 259 (45,92%) 1 543 (16,63%)

1 278 (13,78%) 1 240 (13,37%)

4 958 (49,54%) 2 497 (24,95%)

2 080 (20,78%)

Salceda

2 061 (47,59%)

2 595 (54,56%) 1 033 (21,72%)

953 (20,04%)

PP

785 (18,12%)

PSOE

BNG

587 (13,55%)

AGE

459 (10,6%)


Novembro de 2012 - Especial

23

Eleccións

2012 A Guarda Oia

2 593 (50,14%) 1 037 (20,05%)

2009 676 (13,07%)

449 (8,68%)

2 944 (48,58%) 1 802 (29,74%)

978 (16,14%)

877 (54,16%)

356 (21,98%)

159 (9,82%)

120 (7,41%)

1 173 (56,42%)

617 (29,68%)

236 (11,35%)

1 741 (50,1%)

689 (19,82%)

524 (15,07%)

279 (8,02%)

2 012 (51,35%)

1 191 (30,4%)

598 (15,26%)

Tomiño

3 382 (49,36%) 1 280 (18,68%)

1 089 (15,89%)

573 (8,36%)

3 940 (49,97%) 1 850 (23,47%)

1 835 (23,27%)

Tui

4 635 (52,31%) 1 264 (14,26%)

1 038 (11,71%)

835 (9,42%)

5 783 (57,04%) 2 262 (22,31%)

1 674 (16,51%)

O Rosal

PP

PSOE

BNG

AGE

O Baixo Miño segue a ser popular que máis sorprende nas votacións do pasado día 21 de outubro na comarca do Baixo Miño é que a pesares de que en dous concellos gobernen equipos de esquerda (Tomiño, o BNG, e A Guarda, o PSdeG-PSOE) e agora coa entrada en escena de AGE, o PP supere en 2.860 votos ás tres forzas formadas por nacionalistas e socialistas, EU incluída. Os conservadores suman un total de 13.228 votos; as restantes forzas políticas apenas chegan aos 10.368 votos.

didato é valorada polos votantes en función do coñecemento que teñan da súa valía para gobernar e do que teña feito alí onde gobernou, sen embargo hai datos que son moi significativos.

O

Outro dato a ter en conta é que en Tomiño cun goberno do BNG con maioría absoluta só supere aos socialistas en 191 votos. Está claro que tamén nesta comarca a entrada de AGE lle fixo moito dano aos bloqueiros; dano que se traduce nunha diferencia de votos en toda

a comarca de só 1.421 votos a favor do BNG. Do mesmo xeito sorprende que en A Guarda con alcalde socialista a suma de votos entre BNG e AGE

supere ao PSdeG en 88 votos. Ben é verdade que unhas eleccións autonómicas non se poden comparar, exactamente, cunhas eleccións municipais nas que a figura do can-

2012

Con estes resultados o mapa político-municipal do Baixo Miño está chamado a sufrir cambios, sobre todo pola banda de nacionalistas e socialistas. Claro que se o PP non é quen de presentar candidatos/as que “chamen” pola xente a votar poden seguir sendo oposición en concellos tan significativos como Tomiño e A Guarda. Tanto nun concello coma no outro, a alcaldesa de Tomiño e o alcalde de A Guarda deben repetir resultados suficientes como para seguir sendo alcaldesa e alcalde.

2009

Baiona

2 951 (48,83%) 1 144 (18,93%)

815 (13,48%)

549 (9,08%)

3 572 (51,9%) 1 892 (27,49%)

1 090 (15,84%)

Gondomar

3 232 (44,35%) 1 359 (18,65%)

1 355 (18,59%)

598 (8,2%)

4 150 (49,89%) 1 970 (23,68%)

1 813 (21,8%)

4 106 (46%) 1 844 (20,66%)

1 244 (13,93%)

663 (7,42%)

Nigrán

PP

PSOE

BNG

5 205 (51,06%)

2 946 (28,9%)

1 401 (13,74%)

AGE

As augas no Miñor baixan revoltas a comarca miñorana apreciamos un descenso importante dos populares que supera os 3.000 votos, respecto ás eleccións anteriores; sen embargo, é inferior en porcentaxe ao que sofren tanto os socialistas coma os nacionalistas do BNG. Estes úlimos vense sorprendidos por unha nova forza nacionalista que os superou en 1.608 votos, perden 2.699 votos e os socialistas perden 2.676 votos. Un total de máis de 5.000 votos que quedaron na casa porque AGE cos seus

N

3.538 votos acadados non foi quen de absorver toda a abstención que superou os 8.000 votos; máis dun 35%. Nunha pequena comarca coma esta son moitos votos os perdidos polos partidos tradicionais e tamén elevada a abstención comprobada. En Gondomar AGE resultou ser a segunda forza máis votada por diante de nacionalistas bloqueiros e socialistas. A escisión producida no BNG no Congreso de Amio viuse reflexada nesta comarca miñorana dunha maneira

clara e taxativa: 1.969 votos do BNG contra 3.538 de AGE. As decisións tomadas polos que foron durante moitos anos referentes nacionalistas saíndo do BNG e creando Novo Proxecto Común do Val Miñor, que logo se integraría en Anova e na coalición de AGE, resultou determinante para o cambio de sentido do voto nacionalista. De continuar nesta dirección está claro que AGE vai ser determinante nos futuros gobernos municipais do Val Miñor.


Xornal Galego de Información Xeral Director: Carlos Rey Bárcenas. Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga,

Mos. Pontevedra. Enderezo electrónico: redaccion@apeneiradixital.com publicidade@apeneiradixital.com director@apeneiradixital.com Teléfonos: 986487480/658585049 Coordinador: Guillermo Rodríguez Colaboradores: Vicente Alló, X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Antonino García, Emilio Ínsua,

Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Raúl Daniel Sotelo, Manuel Rosende, Inma Otero, Miguel Andión, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Carlos Barros Fotografía: Arquivo, Hernández Publicidade:Guillermo Rodríguez e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprímese en papel reciclado

Xosé Manuel Beiras

“O novo nacionalismo emancipador galego está a nacer con ANOVA, que é o seu xérmolo” Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela, 7 de abril de 1936) é un político e economista español, dirixente histórico do nacionalismo galego. É o portavoz nacional de Anova Irmandade Nacionalista, partido político de ámbito galego. Como líder da coalición Alternativa Galega de Esquerda logrou grupo parlamentario propio no parlamento galego. Tras ser entre 2001 e 2012 o Presidente do Consello Nacional (CN) do Bloque Nacionalista Galego, o seu portavoz no Parlamento de Galicia e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, abandonou o seu cargo directivo para encabezar unha corrente interna denominada "Encontro Irmandiño" que, finalmente, se escindiría completamente do Bloque para constituírse nunha formación independente baixo o nome de Anova. Continúa ademais á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é un prolífico escritor, ex académico numerario da Real Academia Galega.

Guillermo Rodríguez

T

runfo arrollador; inesperado. Como ves os primeiros pasos dun Parlamento diferente e cunha relación de forzas tan dispares? O resultado foi totalmente inesperado, pero moi revelador: demostrou que as consideradas como 'misións imposíbeis' son posíbeis cando se asume o risco de apostar pola cidadanía máis crítica cun sistema depredador e un rexime político que agrede ás xentes do común. Esas xentes constituen o motor da maioría social que está a protagonizar unha rebelión cívica cada vez máis potente e radical, e que non se sinte representada polas opcións maniatadas polas convencións da política institucional ao uso: son elas as que puxeron a sua esperanza na AGE. Mesmamente, os primeiros pasos do Parlamento galego nesta nova lexislatura puxeron de manifesto que a AGE representa unha nova cultura política reivindicadora dos valores democráticos e republicáns da esquerda nunha cámara de representantes eivada polos 'compromisos podres' -como xa se viu no primeiro acto parlamentar: a eleición da Mesa. AGE é a moza republicana, cobizosa, insatisfeita e respondona que se presenta en sociedade nun casino anodino, viciado, acomodaticio; con quen vai iniciar o seu primeiro baile?

Non imos bailar con ninguén. Imos levar á cámara as reclamacións e alternativas formuladas pola cidadanía máis agredida polos poderes que gobernan contra ela, e non a prol dela. AGE ten dous polos; un que mira máis o conxunto do Estado e outro centrado en Galicia como nación; estás seguro de poder controlar estas dúas caras da mesma formación? Non é preciso controlarmos nada, porque o noso grupo parlamentar vai traballar como unha equipa compenetrada e solidaria. Pode EU ter a tentación de voar pola súa conta agora que conseguiu grupo parlamentario propio? Esa pregunta tería que contestala EU, mais estou seguro de que contestaría o mesmo ca min: o grupo parlamentar é da coalición 'Alternativa Galega de Esquerda', e non de EU, nen de ANOVA -nen tampouco do Espazo Ecosocialista nen de Equo, que tamén forman parte da coalición. Unha coalición que naceu mesmamente para defender un programa común no Parlamento da Galiza. ANOVA acaba de nacer. Ten que crecer para posicionarse con firmeza no panorama nacionalista galego; cales son as claves en que se vai configurar esta nova partitura? ANOVA naceu para encarnar unha

nova cultura política nacionalista de esquerda e verquela nun proxecto estratéxico que sobarda por completo tano o ámbito da polìtica parlamentar canto o horizonte temporal dunha lexislatura. É un proxecto que cómpre construír e desenvolver no seo da sociedade civil cun horizonte rupturista co apodrecido rexime político actual. Un proxecto emancipador e transformador, tanto no eixo da soberanía nacional do povo galego canto no das condicións materiais e culturais de existencia das clases sociais esmagadas por un aberrante sistema depredador e explotador que as escraviza. Estase a falar dunha volta á conxunción das forzas nacionalistas. Cres que tería viabilidade tal como quedaron os compoñentes do BNG logo de Amio? Cales serían as esixencias de ANOVA para entrar nese novo partido? Podería seguir chamándose BNG ou habería que buscarlle outra denominación? Creo que o BNG está a rematar o seu ciclo histórico, e que o novo nacionalismo emancipador galego está a nacer con ANOVA, que é o seu xérmolo.

Feijóo ten maioría de escanos pero non de votos; a abstención foi importante. Cal debe ser o papel da oposición para defender eses votantes que non creron nas urnas, que non son do PP pero que non están representados no Parlamento? Se vos desvelase a nosa estratexia ao respeito merecería a imediata destitución. Canto a 'oposición' no seu conxunto -se é que o é realmente- está por ver como actuan os demais grupos, e non vou falar por eles, naturalmente. Avanza tres cuestións inaprazables que vas poñer sobre a mesa unha vez iniciada a legislatura. Non hai tres: hai un feixe delas -e tampouco volas vou revelar por adiantado. Cres que Feijóo pode ter a tentación de gobernar sobre as matemáticas e non sobre a realidade social? Nunca fixo outra cousa, e non vai mudar de conduta. Impórtalle pouco a 'realidade social': limítase a dicir e facer o que lle mandan os auténticos poderes, ou sexa, o contrario do que necesitan os cidadáns do común.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A NOVA PENEIRA - Nº11 - Novembro 2012 by A Peneira Dixital - Issuu