As metáforas visuais de Román
Francisco Puñal Suárez humor gráfico tamén inclúe á fotografía, e o galego Román Montesinos, coas súas metáforas visuais, non exentas de retranca, dános unha boa mostra diso. A súa mente sempre está en ebulición. Os seus conceptos, levados á imaxe, demostran o seu talento desbordante e creativi-
O
A mirada galega Dos participantes galegos nas Xornadas de Humor Social que cada ano organiza o Vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Alacante podemos citar a Xaquín Marín e María José Mosquera (Sex), entre outros, que cos seus debuxos abordan satíricamente temas de actualidade. O director das Xornadas, Enrique Pérez Penedo, facilitou a O Farelo, algunhas desas caricaturas, que presentamos aos nosos lectores.
dade. O seu estudo fotográfico é a súa mellor terapia. Alí, o seu pensamento e imaxinación libéranse de todo obstáculo posible, e as asociacións de ideas e os cruces neuronais provocan a faísca, e fan a obra, cámara e luces mediante. Na súa nova serie “Cando o diaño se aburre”, o sentido do humor segue presente, como na súa anterior obra, aínda que desta vez a cota de ironía sexa máis alta, dados os difíciles momentos que sofre a sociedade. “Son xeólogo especializado na paleontoloxía, e dou cla-
ses na Universidade da Coruña, por iso estou moi afeito a ver cousas que a xente non observa normalmente, evidenciar pequenos detalles, buscar analoxías, comparar, contrastar ideas... é dicir, todo aquilo que é común nunha actividade científica na que a filosofía ten unha gran presenza”, di Román. “Encántame o humor galego, que é moi parecido en bastantes trazos ao humor inglés, con moita ironía e “retranca”, e emprégoo nas miñas fotos. O
humor pode ser un espello distorsionador de situacións, actitudes, filias e fobias da nosa sociedade, e penso que é necesario ser crítico no posible. Agora ben, non acepto o humor chabacano ou ferinte sen máis motivo que o de magoar”, puntualiza.