Skip to main content

A NOVA PENEIRA - Nº21 - 2ªQ. Xullo 2013

Page 1

www.apeneiradixital.com

XORNAL

ANO 2 - nº 21

GALEGO DE INFORMACIÓN

XERAL

Xullo de 2013 (2) - 2€

PONTEAREAS A Asociación de Hostaleiros organiza o II Festival de Jazz os días 9, 10 e 11 de agosto Páx. 6

SALVATERRA Salvaterra premia aos mellores alumnos dos seus centros de ensino Páx. 8

PORRIÑO O Concello traballa para axilizar a aprobación inicial do PXOM

Covelo “pon toda a carne no asador”

Páxina 9 en diante

FOTO: HERNÁNDEZ

Páx. 14

MOS

SALCEDA

TOMIÑO

A GUARDA

MORRAZO

Nosa Terra de Pereiras viaxa á Bretaña Francesa para participar nun festival celta

‘Vaia cristo’, folk e ludoteca itinerante nas Festas do Cristo de Salceda

O Espazo Fortaleza resulta finalista na Bienal Española de Arquitectura

A Guarda celebra as súas festas patronais o vindeiro mes de agosto

Outra vaca no millo e Os Perucos, gañadores do concurso de grupos noveis do Intercéltico Páx. 24

Páx. 15

Páx. 18

Páx. 26

Páx. 27


2

OPINIÓN - Xullo de 2013

Galicia soberana, por que non? Por G. Rguez. Fdez. ei que a maioría dos lectores deste humilde Xornal cando lean este titular dirán, máis ou menos, “xa está aquí outro tolo, outro iluso”. E farano sen sequera molestarse a ler en que me baso para prantexar esta interrogante.

S

É habitual atoparse con homes e mulleres que teñen por lecturas as revistas do corazón ou os xornais deportivos e son quen de poñerse a pontificar sobre a soberanía galega ou sobre o sexo dos anxos. Esta “enfermidade” é, precisamente, a que nos ten tan doentes tanto no eido político-ideolóxico coma no eido social. En Galicia existe unha maioría social que se pasa a vida sen preocuparse de onde vive. Nin se enteran que é Galicia, de onde vimos como pobo, cales foron os nosos alicerces, cal é a nosa historia. E non o fan porque non senten esa necesidade. Non saben que xa o romano Plinio e o grego Estrabón documentaron a existencia de Galicia (Callaecia e Callaicia), Estrabón denomina Kalaikia e os seus habitantes como kallaicois. Un edicto do emperador romano Augusto fala das xentes dos castros galaicos. Máis tarde, nos tempos de Diocleciano (284-305) establece unha diócese a que chamou Hispania, composta por provincias: Lusitania, Tarraconense, Cartaxinense, Bética e Gallaecia. Só quedan Hispania e Gallaecia. Cando o Imperio romano desaparece e aquí entran os visigodos, sería unha rama deste pobo, os suevos, que aquí se estableceron e fundaron un reino que durou ata o ano 585. Galicia pasa así a ser o primeiro reino da Europa postromana. Historiadores especializados na Idade Media aseguran que Gallaecia seguiría como reino ata os anos 711.(Ferrín, Faro de Vigo 06/07/13 e 13/07/13). Os Galegos foron narcotizados durante tanto tempo que agora non son quen de facer unha reflexión seria sobre estes temas e logo, unha vez que se informaran debidamente, chegar a unha conclusión razoable. Se lles dicimos que Galicia é a nación do Estado español máis antiga; se lles dicimos que ainda non existían Cataluña, nin Castela e menos Euskadi e xa estabamos nós no mapa do imperio romano como provincia singular co nome

de Gallaeica que abarcaba terras hoxe de Zamora e ata o río Douro, tampouco o van crer; se lles dicimos que no século XIII Gallaecia pasa a ser Galiza e sofre unha importante amputación cara ao 1140 cando Alfonso Henriquez se levanta como rei de Portugal, ou sexa, da porción de Galicia do Miño e de Castro Laboreiro ata o Mondego e ainda máis ao sur. Tampouco os nosos irmáns portugueses aceptan de boa gana que proceden dunha secesión de Galiza, que o seu idioma ten as raigames no idioma galego do século XIII. O libro de ruta dunha maioría de

Galegos é a biblia do franquismo; os seus libros de cabeceira son... bueno non son, de tipo historico, son de tipo deportivo e sentimental. A sociedade galega está narcotizada e a culpa non a teñen os narcos do Salnés, senon os “ideólogos” do Opus Dei ou dos partidos que se nutren cos restos franquistas e seudoliberais. Nestes momentos presenciamos fortes mobilizacións de galegos e galegas porque están en perigo miles de postos de traballo no sector naval. Como di o refrán, cando lle ven o cu á curuxa saen á rúa, logo métense nas súas casas e xa non queren saber nada de política, de historia, de modelos sociais. Non queren saber nada de nada.

Ultimamante teño matinado moito en cal sería a situación de Galicia se quedara fora do Mercado Común cando Felipe González nos utilizou como moeda de cambio nas negociacións cos mercaderes venecianos que daquela dirixían o Club de Roma. Estamos a falar do Mercado Común que segue a ser iso, un mercado, só que de comun ten pouco; hoxe é un mercado no que uns mercaderes impoñen as suas regras e os demais agachamos a orella. Que sería do noso agro, dos nosos asteleiros, da nosa produción de leite, da nosa producion madeireira, da nosa pesca,… Porque hoxe

sabemos que foron sacrificados todos estes sectores productivos para que Europa non rematara nos Pirineos, para que puidéramos entrar no templo dos países avanzados, civilizados, democráticos. Pero, a que prezo? Europa mandounos un montón de cartos para autopistas, campos de fútbol sen deportistas, piscinas climatizadas sen poboación que as utilice, etc. Etc. Tantas e tantas barbaridades que se cometeron cos cartos que viñeron de Europa. Agora parece que se decataron do despilfarro e vixian máis as inversións. Claro que cando se dan conta a que mans foron a parar dan marcha tras, os expedientes eternízanse ata que o tempo os dea

EDITORIAL

por prescritos. Así ninguén ten que devolver os cartos mal gastados e os negocios consolídanse. Galiza tivo que malvender as súas cabanas de vacas de leite porque non tiña “cota do leite” suficiente; tivo que diminuír a produción de carne. Tivo que amarrar a súa frota pesqueira porque lle birlaron os caladoiros neses nefastos acordos de pesca. En fin, Galiza foi mal vendida e peor tratada. Hoxe atrévome a solicitar a “SOBERANIA TOTAL E ABSOLUTA PARA ESTA TERRA MIÑA”. Si, así como soa. Para rematar permítanme que lle transcriba parte dunha declaracións do economista Juan Fco. Martin Seco para a revista “El Viejo Topo” a propósito da situación de España dentro da UE: “ a primeira condición para avanzar cara ao futuro é convencerse de que dentro da UM non hai salvación; morre a democracia e liquídase o estado social. Mentras non recuperemos a soberanía sobre a nosa moeda outros decidiran por nós; a débeda comeranos. Eliximos a gobernos que non mandan e mandan os gobernos que non eliximos. Os dous valores fundamentales de Europa, a democracia e o estado social, foron raptados. Sen democracia o estado social vólvese caridade e sen estado social a democracia volvese un gran teatro”. Se este pensamento o aplicamos a Galicia xa saben o que nos queda: unha dependencia de Madrid que remata coa democracia e co estado social galego. Temos un Estatuto que, en teoría, nos dota de certa capacidade lexislativa e chega Montoro ou Gallardón e mandan parar. Galicia cada vez vólvese máis pobre. Xa son 270.000 galegos no desemprego; 70.000 familias comen gracias aos bancos de alimentos, en 33.000 fogares non hai ingresos de ningún tipo. Que Galiza nos ofrecen os poderes centrais? Non cren que paga a pena cortar o cordon umbilical que nos une a Madrid? Non seremos quen de administrar os nosos recursos hoxe entegados en negociacións foráneas nas que non temos pitos que tocar? Eu penso que si.


3

Xullo de 2013 - CONDADO

José Emilio Castro, alcalde de As Neves

“Agardamos que a programación cultural e deportiva sexa do agrado da maioría dos veciños e visitantes” Por Guillermo Rodríguez Imaxes: HERNÁNDEZ

ta o panorama? -Temos agora mesmo o Campeonato de Fútbol Sá da Estación; logo o peche de temporada do bádminton cunha festa ad hoc; o equipo de fútbol tamén ten programados os seus torneos das festas, etc. De calquera xeito os deportes están todos de descanso.

un veteran alcalde dos do PP nesta comarca do Condado. Accedeu ao trono municipal da man de Oswaldo González, o seu mentor, con quen fora concelleiro durante anos. Nos últimos tempos as súas relacións non son todo o fluídas que se puidera pensar por cuestións políticas quizais mal entendidas. De calquera xeito Emilio Castro continuou cunha liña de actuación semellante á que tiña Oswaldo ainda que coas modificacións obvias dos tempos nos que lle toca gobernar.

É

As neves é unha vila tranquila na que podiamos dicir que “non pasa nunca nada”. A súa pequena poboación tampouco permite establecer grandes retos; sen embargo debemos significar que dentro do seu nivel é un dos pequenos concellos galegos que mellor están soportando a crise que a todos afoga. As súas festas patronais na honra da Virxe das Neves celébranse os vindeiros días 4 e 5 de agosto. Quixemos que o Sr. Alcalde nos falara do seu concello e das festas patronais. -Alcalde, como se presenta o verán en As Neves? -Ademais desta vaga de calor que nos ten a todos sorprendidos os servizos municipais funcionan con normalidade e agardamos que os programas tanto culturais como deportivos previstos sexan do agrado da maioría dos veciños e visitantes. -O río Miño está aí. Dende o Como se aproveitan dende o Concello as súas potencialidades nestes momentos de calor? -O tramo do río que a nós nos corresponde é bastante perigoso polo

que apostamos por dispor dunha instalación de piscinas en condicións para o disfrute de grandes e pequenos. Dispomos de dous socorristas, un servizo de cafetería e a seguridade de que, alomenos, os máis pequenos están moito máis seguros do que o estarían nas ribeiras do Miño. -Como está a programación de actos para este verán? -Xa comezamos con teatro os días 13 e 14 deste mes; seguido das Festas do Viño Tinto “Rías Baixas” coa pregoeira Lucía Pérez, a nosa representante en Eurovisión o pasado ano, logo as clásicas verbenas destas festas, as festas patronais, a romaría de Santa Marta e un sinfín de festas ao longo e ancho do municipio. Dende o Concello tamén organizamos convencións de Bandas de Música e de Corais, etc. -Deportivamente como se presen-

-Falando do bádminton, como segue esta actividade deportiva tan interesante e destacada de As Neves? -Ben; estamos moi contentos coa temporada realizada. Non ascendemos á División de Honor por moi pouco; pero estamos moi satisfeitos polos resultados acadados. -Agora cambiemos de terzo; dígame, Alcalde, como está valora vostede o panorama político no Condado-Paradanta? -Temos maiorías claras (o Partido Popular) agás en Ponteareas e Arbo onde en calquera momento se pode producir algún cambio. En xeral a situación é de total normalidade. -Entende o Sr. Alcalde que en 2015 a situación de normalidade vai continuar? -Falamos deste momento. En 2015 poderá haber cambios en canto a novas candidaturas, unha expectativa que se presenta e xa se verá en cada Concello como haberá que lidar o touro.

-Entende que os votantes van seguir apostando por PP ou PSOE ainda co rexeitamento que actualmente din que lles producen estes partidos? -Á marxe do posible trasvase de votos que sempre se dá e de que existan outras candidaturas penso que a xente seguirá apostando por aquelas opción políticas que teñen equipos fortes detrás, como son o PP e o partido socialista. -Ben, pero a nivel galego o panorama non está tan claro, non? -A nivel galego o PP está gobernando cunha maioría clara. En canto ao PSOE unha vez defina o seu equipo directivo voltará ocupar o segundo lugar e será a alternativa natural ao Partido Popular. -Vostede está descartando que outro partido poida superar aos socialistas en votos, non? -Eu non o vexo. Tamén é certo que os demais están moi divididos. O nacionalismo, que podería ser esa forza, está tan dividido que penso que os socialistas seguirán sendo o segundo partido galego. -Coa que está chovendo; con Bárcenas no cárcere o os ERES de Andalucía, vostede ainda segue pensando que serán as forzas máis votadas? -Nas enquisas baixa o número de votantes de ambas as dúas forzas, pero seguen sendo os dous partidos maioritarios a nivel de Estado. O que lles cómpre é presentar xente nova e facer as cousas ben. -Ou sexa que diante do cabreo que están amosando os cidadáns vostede segue crendo que non hai quen mova a estes dous partidos? -Eu entendo que tanto o PP coma o PSOE teñen moita e boa xente detrás; xente nova e capaz. O que


4

CONDADO - Xullo de 2013

teñen que facer é escoitar o que din os cidadáns; facer unha correcta lectura das súas esixencias. Alternativa a estes dous partidos non se ve por lado ningún. -No Condado os socialistas nos últimos tempos non teñen nada? -Pode ocorrer que nunha comarca galega o PSOE estea frouxo, como pode ocorrer nunha comarca andaluza co PP, pero en xeral os millóns de votos que acadaron entre as dúas forzas son moi importantes. Cecais con menos votos poidan conquerir os mesmos deputados. -Ou sexa que o alcalde de As Neves repetirá en 2015, non si? -Ben, este é un tema que non está aberto. No seu momento o Comité Local elixirá por consenso unha proposta que será elevada ao Comité Provincial e de aí sairá o próximo candidato á Alcaldía de As Neves. Tódolos partidos teñen unha xunta directiva a nivel local que non sempre coincide, nos seus cargos, cos membros do goberno. Aquí ata hai pouco tempo eran diferentes os dous cargos. Pode ocorrer que esta directiva local propoña para a alcaldía a unha persoa diferente á que está gobernando. -Logo, ten oposición dentro do Comité Local o Sr. Alcalde que podería presentar a outro candidato? -Nestes momentos a cousa está moi relaxada. O problema pode xurdir cando se abren os procesos, que é cando a xente se pode presentar. No noso caso como non temos demasiados militantes cecais non teñamos ese problema pero en poboacións grandes esas cousas poden darse perfectamente.

-Aquí estas cousas solucionádelas tomando un café entre uns cantos, non? -Penso que sempre ten que haber un congreso local no que os que xa levamos demasiado tempo nestas lides fagamos a suficiente autocrítica e tratemos de incorporar xente nova á política local. As veces non se fai esta lectura e pode xurdir o descontento entre as bases.

son a antesala da noticia) de que os alcaldes do condado-Paradanta temían que a chegada do BNG ao poder en Ponteareas puidera producir un efecto dominó que fixera caer a outros alcaldes nas vindeiras eleccións non son correctas, logo? -Nós entendemos que calquera opción política que chegue ao goberno municipal ten que ter a maioría e o respaldo suficiente; se é así non hai nada que facerlle. O que nós

-Cre que esa posibilidade existe ou que Salvador xa está amortizado para o PP? -Creo que se iso se consegue temos alcalde para moitos anos e será, con total seguridade, o próximo candidato do PP en Ponteareas. -Como casa iso coa postura do Sr. Louzán, que declarou estar “ata o gorro” do goberno de Ponteareas e de todo o que o rodea? -Eu descoñezo ese dato; de calquera xeito tanto o Comité Provincial coma o galego terán que escoitar ao Comité Local, que tamén ten moito que dicir nestas cuestións. -Ou sexa que vde. cre que tanto a nivel provincial coma galego están contentos coa alcaldía de Ponteareas? -Eu penso que si, ainda que entendo que lles guste que haxa gobernos de maiorías para non estar expostos a este tipo de cuestións como son as mocións de censura e demais.

-Falemos de Ponteareas, onde nos últimos tempos se moveron as augas e onde os alcaldes do CondadoParadanta estiveron implicados. Como analiza vde. a situación política na vila do Tea? -En principio nós loamos o papel de Salvador, que non é fácil, e axudamos no posible. Entendemos as dificultades que ten para gobernar sen maioría e que se ve obrigado a negociar coa Oposición temas tan importantes como é o PXOU. O que nós lle trasladamos ao Alcalde é que debe buscar unha maioría natural que lle dea esa estabilidade da que agora carece. -Os rumores (din que en política

comentamos é que tendo en Ponteareas candidaturas independentes afíns ao PP non se dea esa maioría natural por cuestións persoais que se deben deixar de lado.

-Señor alcalde, demostra moita facilidade para botar balóns fora. Grazas en calquera caso e felices festas.


5

Xullo de 2013 - CONDADO

* Ás 20 horas: Cata de viños tintos

"Xoga e canta con Luís Prego e a súa banda"

* Ás 21 horas: Actuación do Grupo de Pandereteiras "Saia de Lá", de Vide * Ás 21.30 horas: Degustación de xabarín con tinto

* Ás 21 horas: XXI Convención de Bandas de Música - Banda de Música Municipal de Arbo - Banda de Música Popular de Rubiós

* Ás 23.30 horas: Actuación de "Los Tres Latinos"

E ás 22 horas: Clausura

* E ás 00.30 horas: Queimada popular >> Domingo 28 de xullo >> Venres 26 de xullo Na Estación de As Neves GRAN FINAL DO XXVIII TORNEO DE FUTBOL SÁ "MEMORIAL PEPE LERIA"

2ª XORNADA DA VIII FESTA DO TINTO RÍAS BAIXAS * Ás 11 horas: Pasarrúas coa charanga "Air Jalisia", de Marín

>> Sábado 27 de xullo 1ª XORNADA DA VIII FESTA DO TINTO RÍAS BAIXAS

* Ás 13.30 horas: Pregón a cargo da artista Lucía Pérez

* Ás 19.30 horas: Apertura de stands

* Ás 19.30 horas: Festa Infantil

>> Mércores 31 de xullo Comezo do programa de actividades socioculturais, lúdicas, educativas e deportivas para nenos e nenas >> Venres 2 de agosto XXI FESTIVAL DE CORAIS Ás 21 horas, no Auditorio Municipal "Vázquez Portomeñe" - Coral Polifónica de Chantada - Coral Polifónica Santa María de As Neves E ás 23 horas, na Praza Maior

FESTIVAL DE DISCJOCKEY >> Sábado 3 de agosto FESTA DA MILAGROSA Na Estación de As Neves * Ás 12 horas: Santa Misa e Procesión * Ás 19 horas: Festa da Tortilla * E ás 23 horas: Verbena >> Luns 5 de agosto FESTAS PATRONAIS SANTA MARÍA DE AS NEVES * Ás 12 horas: Santa Misa e Procesión Coa Coral Polifónica Santa María de As Neves * E ás 13 horas: Concerto na Praza Maior a cargo da Banda de Música Popular de Rubiós


6

CONDADO -

Dúas mil persoas avalan o éxito de Rock In Río Tea

Imaxe: HERNÁNDEZ

Incontestable. Así foi a resposta do público ao primeiro festival Rock In Rio Tea a pesar da calor. Case dúas mil persoas participaron na festa do Rock and Roll organizada pola Asociación Falcón en colaboración co Concello. O venres 5, Somachigun interpretou incendiarias versións dos Sex Pistols, Nirvana e Ramones entre outros. Logo, a sesión continuou co primeiro concurso “interplanetario” de air guitar. “Revival” e descubrimentos A noite comezou con Carro-Bois que resucitaron o seu directo tras máis de vinte e cinco anos de ausencia; Prexudicados fixo valer

o seu repertorio popular e a súa frescura ofrecendo baile e espectáculo a partes iguais; O Caiman do Río Tea volveu atoparse co público no mesmo lugar o viu nacer vinte e dous anos antes. Non faltaron as cancións máis coñecidas do grupo como “Estou na Lavadora” ou “Ven a Bailar” e 99cl recuperou a esencia do punk ponteareán do noventa. Pero non só foi unha noite de “revival” senón tamén de descubrimentos. Met (na imaxe) confirmouse como a gran promesa do rock do condado cun repertorio de versións de máximo nivel e unha actitude e posta en escena moi por encima da súa idade. A festa finalizou cunha queimada popular e coa sesión dj de Vinvinilo.

Xullo de 2013

O Castelo do Sobroso, declarado Ben de Interese Cultural O Castelo do Sobroso, declarado monumento polo decreto do 22 de abril de 1949 sobre protección dos castelos españois, inclúese agora no Rexistro de Ben de Interese Cultural de Galicia. A Consellería de Cultura e Educación acordou ordenar a inscrición deste castelo no Rexistro de Bens de Interese Cultural trala solicitude presentada polo Concello de Mondariz, o informe técnico do

Servizo de Planeamento e Inventario e o posterior pronunciamento favorable da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra. O Castelo de Sobroso, construído entre os séculos IX e XII, é na actualidade unha das fortalezas en mellor estado de conservación de Galicia. É propiedade do Concello de Ponteareas.

Éxito das Escolas Deportivas de Verán Deportivas de Verán que organiza o Concello de Ponteareas.

O pasado 1 de xullo comezou a actividade das Escolas

Máis de 100 nenos e nenas de entre 5 e 16 anos practicaron diversas disciplinas deportivas durante a primeira semana de actividades.

O prazo de inscrición segue aberto. Para obter máis información poden chamar ao 618705618, consultar a páxina web www.ponteareas.es ou visitar a concellería, situada no segundo andar da Casa co Concello.

Todos os veciños de Areas, Arnoso e Xinzo dispoñen por fin de saneamento A rede de saneamentos das parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo quedou cuberta ao 100%, tras trece longos anos de obras. A actuación rondou os 5 millóns de investimento, achegados po-

lo Concello de Ponteareas e a Xunta de Galicia. Os veciños que o desexen poden darse de alta no novo servizo na oficina de Medio Ambiente do Concello.


7

Xullo de 2013 - CONDADO

O Concello de Ponteareas organiza este verán varias visitas guiadas. >> Todos os mércores de xullo e agosto, ás 11 da mañá, as visitas serán ao Museo Municipal. Durante unha hora os visitantes farán un percorrido pola historia da vila dende a época do Paleolítico ata os nosos días. >> O domingo 14 de xullo o Concello organiza un percorrido guiado pola Rota dos penedos. A ruta é circular e

Visitas guiadas polo municipio de Ponteareas en xullo e agosto duns 7 km. A saída será no barrio da Serra (Arcos) ás 9 da mañá. >> O domingo 21 de xullo realizarase un paseo polo sendeiro do río Tea, dende a praia das Pías (Fozara) ata a praia do Val (Mondariz), pola mañá de 10 a 14 h. A saída será dende a praia das Pías. E pola tarde o muíño

do Medio en Padróns, onde se poderá ver como se moe o gran e se fai o pan. O punto de encontro será na Capela de San Francisco das Cortellas (Padróns) às 19 h. >> Xa en agosto, esta serie de percorridos guiados remata o sábado 17, con outro paseo polo sendeiro do río Tea, dende a ponte de

San Roque ata a ponte das Partidas e despois volta a ponte de San Roque. Esta

Programación cultural - Verán 2013 Sábado 27 de xullo

Venres 2 de agosto

>> No Auditorio Municipal, ás 22 horas, CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA “UNIÓN DE GULÁNS” A banda fará un pasarrúas dende a Casa do Concello ás 21.30 h.

>> No Auditorio, ás 20.30 horas, CINE, “MADAGASCAR 3” Entrada libre ata completar aforo.

>> No Parque da Feira Vella, dende as 18 ata as 02 horas, FESTIVAL DE MÚSICA ELECTRÓNICA * Organizado pola Asociación de Música Electrónica de Pontevedra (AMEP). * Colabora Concellería de Cultura de Ponteareas.

Sábado 10 de agosto Domingo 28 de xullo >> No Auditorio Reveriano Soutullo, ás 22 horas, ACTUACIÓN DO MONOLOGUISTA CARLOS BLANCO * Organiza Asociación de Hostelería e Turismo do Condado. * Colabora Concellería de Comercio do Concello de Ponteareas * Venda de localidades a 10,00€ en: Cafetería JJ, Cafetería la Clave, Vinoteca Eira vella, Tapería MacDona. En taquilla, 12:00€.

Venres 9 de agosto

No Auditorio Reveriano Soutullo, ás 21.30 horas, CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO Pasarrúas ás 21 horas dende a Casa do Concello.

No Auditorio Reveriano Soutullo, ás 20.30 horas, CINE, “LO IMPOSIBLE” Entrada Libre ata completar aforo.

Venres 16 de agosto No Auditorio Reveriano Soutullo, ás 20.30 horas,

visita será pola tarde de 18 a 21 h. A saída será na ponte de San Roque ás 18 h.

Ponteareas

CINE, “HOTEL TRANSILVANIA” Entrada libre. Do 23 ao 31 de agosto No Auditorio, ás 21 horas, CONCERTOS DO FESTIVAL GROBA DE MÚSICA DE CÁMARA Organizado pola Fundación Roxelio Groba. Máis información de cada un dos concertos en: www.festivalgroba.com


8

CONDADO - Xullo de 2013

Salvaterra premia aos mellores alumnos do seu tres colexios e instituto Sacar boas notas segue tendo premio en Salvaterra de Miño. Os mellores expedientes do municipio do tres colexios públicos e do instituto recibiron o recoñecemento do Concello de Salvaterra en forma de lotes informáticos ou de viaxes para mellorar o inglés en Londres. Acabaron o curso con mellores notas que os seus compañeiros e,

por iso, o Concello de Salvaterra quixo premialos. Son 13 mozos que obtiveron de nota media desde un 8,5 até un 9,9 e que reco-

O Departamento de Servicios Sociais do Concello de Salvaterra lembra que o prazo de presentación de solicitudes para as Axudas para Adquisición de Libros e material Escolar de Infantil é do 12 ao 30 de agosto de 2013.

lleron no salón de sesións municipal os seus premios, dez lotes informáticos e tres cursos de inglés en Londres.

Axudas para adquisición de material escolar O obxecto destas axudas é promover a igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos da escolarización dos seus fillos, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares do municipio.

Segue a Campaña Social en contra da LAT Fontefría-Fronteira Portuguesa A Comisión de afectados pola LAT de 400 kV segue desenvolvendo unha intensa campaña de concienciación social contra a LAT. A día de hoxe, a plataforma conseguiu que se aprobase no Pleno Municipal a petición da

retirada do proxecto, e recolleu máis de 1.800 sinaturas apoiando esta petición. Pola súa banda, o Concello preparou alegacións propias. Así mesmo, presentará o Informe Urbanístico on-

de se demostra que nunha parte do seu trazado a LAT afecta a casas e terreos urbanos. Tamén traballapara deseñar unha alternativa que atenuaría todos os efectos ambientais e sobre as persoas.

12€


9

Xullo de 2013 - CONDADO

José Costas, alcalde de Covelo

“Covelo está nunha situación privilexiada porque soubemos facer os deberes no seu momento”

J

osé Costas (Pepe Costas para os amigos) é alcalde de Covelo dende sempre. Creo que nin el fixo outra cousa que ser alcalde, nin os covelenses coñeceron a outro alcalde elixido despois de aprobarse a Constitución de 1878. Nestes momentos está dubidando de se continuar ou dar paso a un home que leva ao seu lado un montón de anos como segundo de a bordo, Pablo Castillo. Coma sempre os alcaldes son reacios a deixar o cargo. Despois de tantos anos resúltalles difícil vivir fóra do Concello.

“A Festa do Churrasco ten sido un éxito; por iso non imos cambiar nada. As cousas que funcionan non hai por que cambialas. Igual ca sempre, o mesmo prezo de sempre” prado. Nada máis nin nada menos que 40.000 metros cadrados. Cando estabamos desenvolvendo o proxecto pasou o que todos sabemos. Agora aí temos unha zona importantísima para o futuro de Covelo; cando se poña en marcha, estou seguro de que se vai poñer en marcha, vaille dar unha riqueza inmensa a Covelo. Serán chalets de pedra dunhas características especiais, cunha distancias adecuadas e de alturas tamén adecuadas.

O vindeiro día 25 deste mes de xullo celébranse as festas Patronais e sobre todo a Festa do Churrasco, que xa é unha das históricas da comarca. Isto é o que deu de si a conversa con Pepe Costas. Por Guillermo Rodríguez Imaxes: HERNÁNDEZ -Sr. Alcalde, como está de preparado un Concello coma este para afrontar a crise actual? -Pois penso que estamos nunha situación privilexiada porque soubemos facer os deberes no seu momento. Non desfrutamos dunha situación eonómica boiante pero dispomos do mínimo necesario para poder seguir ofrecendo os servizos básicos aos nosos veciños. -Que está facendo o Concello para paliar o desemprego que se dá aquí coma en todos os concellos? -Efectivamente aquí temos paro, pero non rebasamos os 500 parados mínimos que deberiamos ter para poder poñer en marcha unha escola taller. Para isto tomamos o acordo de constituír un convenio intermunicipal entre Covelo, Avión e Melón para poñer en marcha esa escola obradoiro. Terá a sua sede oficial en Melón pero os parados de aquí traballarán no noso obradoiro en Covelo, os de Avión farano nese Concello e os de Melón no seu correspondente. -Como entende o Alcalde o futuro de Covelo: agrario, forestal, industrial, turístico e de lecer?

-Industrial pode ser pero tardará un pouco. En canto ao agro a xente o que quere é vir aquí para desfrutar da paisaxe e do clima, non para traballar no campo. Os xubilados de Covelo están desexando voltar para aquí porque temos tódolos servizos: piscinas, praias fluviais, pavillón de deportes, biblioteca, etc. O que estamos apreciando é que non crecemos pero tampouco perdemos poboación. Se nos mantemos coma agora estou seguro de que creceremos a curto prazo. -Pero, Sr. Alcalde, se non hai postos de traballo tampouco hai cotizantes nin contribuíntes que enchan as arcas municipais. Como pensa vde. seguir prestando eses servizos se non vai ter ingresos? -A xente nova non se vai e os maiores están desexando voltar ás súas orixes. Só faltaría que no entorno comezaran a moverse as cousas, como pode ser o Porto Seco ou o polígono industrial de Ponteareas, así como calquera outro foco de industrias que se poida crear. Nós vivimos nunha zona que en américa chaman Hinterland, ou sexa, vivir a

“A xente nova non se vai e os maiores están desexando voltar ás súas orixes. Só faltaría que no entorno comezaran a moverse as cousas, como pode ser o Porto Seco ou o polígono industrial de Ponteareas” 40 quilómetros dun aeroporto. As cidades situadas nesa demarcación teñen futuro. Hai que darlle comodidades, lecer, deportes, medio ambiente sano. Niso é no que nós estamos nestes momentos. -Aquí vostede vendeu no seu día un proxecto estrela nas inmediacións do camposanto, que pasou con iso? -Pois pasou que temos todo com-

-E o Polígono Industrial cando vai espertar do seu sono? -Iso é algo que a xente está a demandar. Cando ía poñerse en marcha chegou o que todos sabemos e tivo que deterse. Agora mesmo temos unha empresa puxante, moi axeitada para esta zona que está interesada en instalarse no poligono. Tratase dunha empresa de Ourense que produce pelex para as calefaccións. Está demostrado que é un produto barato para a calefacción e ecolóxico cen por cen. -Quen vai pagar as infraestruturas que precisa o Polígono para que algunha industria se instale? -Verá vde., o saneamento está ao lado; a enerxía eléctica está ao lado; o deposito de augas para abastecemento está alí ao lado. -Como está o tema cultural en Covelo, alcalde? -Pois verá, temos 14 parroquias e 16 Casas de cultura, nas que hai actividades tódalas semanas, nas que o Concello se involucra con axudas en todas. Nós, dende o Concello, construímos esas casas, pagamos a luz, a auga, etc. O noso interese é que iso se manteña vivo para desfrute dos veciños. -Para rematar, falemos da Festa do


10

CONDADO - Xullo de 2013

“Eu do futuro non falo. Estou pensando se presentarme ou non no 2015. O que me interesa é o presente e niso estou. Ese momento xa chegará, e cando chegue falaremos” opino nada. Teño bastante con este concello. Cada quen que arranxe a súa casa, que é o que ten que facer.

-Cambiemos de tema. Como se prantexa en Covelo o 2015? -Eu do futuro non falo. Estou pensando se presentarme ou non no 2015. O que me interesa é o presente e niso estou. Ese momento xa chegará, e cando chegue falaremos. -Non está cansado de ser alcalde? -Se me faltara esta actividade estou seguro de que o notaría, sen embargo non significa isto que vaia estar aquí para sempre. Vouno pensar con tanquilidade.

Churrasco. Como se presenta este ano? -A Festa do Churrasco ten sido un éxito; por iso non imos cambiar nada. As cousas que funcionan non hai por que cambialas. Igual ca sempre, o mesmo prezo de sempre. -Podería afectarlle a situación económica? -Non creo porque por seis euros tomar un bo churrasco, levar o prato e beber un bo viño... Non sei que máis se pode pedir.

-Esta Festa autofinanciase ou o Concello ten que poñer cartos? -Coa subvención da Deputación non temos que poñer nada. -Logo o alcalde e os concelleiros poden dispor de 50 invitacións, por exemplo? -Non. Cada concelleiro ten dúas invitacións e cada presidente de xunta de montes outras dúas. De aí non se vai pasar. O que queira dispoñer de máis ten que mercalas como calquera veciño.

-Penso que as altas xerarquías do Partido terán algo que dicir, non? -Penso que non. Eu son Pepe Costa e sereino toda a vida. O que pense eu será. -Que me ten que dicir sobre a polémica desatada en Ponteareas pola pretendida moción de censura? Din que os alcaldes do Condado se implicaron a fondo nesa cuestión. -En que cuestión? -Pois na moción de censura; na situación politica de Salvador, etc. -Dos concellos da contorna non

-Vostede non estivo nunha xuntanza de alcaldes do Condado na que os alcaldes mostraron a súa preocupación pola posibilidade de que gobernara o BNG en Ponteareas, polas posible consecuencias para a comarca? -Non; eu non estiven en ningunha reunión dese tipo. A Salvador téñolle unha simpatía importante porque traballou comigo pero iso non me dá licencia para meterme nese Concello. Cada un que solucione os seus problemas como mellor saiba e lle conveña. -Grazas, Alcalde e que as festas se desenvolvan como acostuman tódolos anos, con alegría e fraternidade.


Xullo de 2013 - CONDADO

11


12

O PORRIÑO - Xullo de 2013

O Concello de Porriño traballa para axilizar a aprobación inicial do PXOM O alcalde Nelson Santos e o concelleiro Marcelino Coto reuníronse na Xunta para abordar as últimas modificacións acometidas no PXOM a raíz da recepción do Informe Previo á Aprobación Inicial, cuxos axustes darán a coñecer aos grupos da corporación para proceder á aprobación inicial do PXOM no pleno municipal. O alcalde de Porriño, Nelson Santos, e o concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, reuníronse en Santiago coa secretaria xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, para abordar as últimas modificacións e correccións acometidas no PXOM. Encarnación Rivas declarou durante a reunión que o Executivo Autonómico considera correctas as previsións de crecemento da poboación e do número de vivendas para o período de vixencia do PXOM. Así, o plan prevé, na hipótese de maior desenvolvemento demográfico, un incremento de 5.000 habitantes nos 15 anos de vixencia do plan so-

bre os 18.000 que hai na actualidade. E para dar resposta a devandita demanda cualifícase solo para 4.500 novas vivendas nas distintas clases de solos que se sumarían ás 9.000 existentes. Unha vez tratados os axustes requiridos no IPAI, o Goberno local dará coñece-

mento aos grupos da corporación para, a continuación, proceder á aprobación inicial do PXOM no pleno municipal. Simultáneamente, o documento será exposto ao público durante un período de dous meses para a presentación de alegacións, solicitándose ademais os respectivos informes sectoriais. Analizadas as alegacións, incorporaranse aquelas que se consideren, así como os resultados dos informes sectoriais. Finalmente, o Concello aprobará provisionalmente en pleno o documento e remitirao á Xunta para a súa aprobación definitiva.

O BNG esixe máis protección para a Serra do Galiñeiro O grupo municipal do Bloque presentou unha moción no concello en contra da política favorábel a minaría salvaxe e contaminante impulsada pola Xunta que permitiría a instalación dunha mina a ceo aberto neste espazo natural. O BNG organizou unha charla coloquio o domingo 7 de xullo na Escola Unitaria de Chenlo, no que interviron a portavoz municipal do BNG no Porriño, Mónica Bugarín; o doutor en Bioloxía, Alfredo López, e a deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán.

Porriño celebra a festividade de San Benito O barrio de San Benito de Porriño celebrou as súas festas para honrar a San Benito os pasados días 10 e 11 de xullo. O mércores 10 houbo animación de rúa e verbena a cargo das orquestas Canela e Ritmo Joven. Xa o xoves, festividade local, celebraranse os actos relixiosos e a tradicional poxa. A nota musical púxoa a Banda de Música Municipal de Redondela. Xa pola noite a verbena estivo amenizada polas orquestas Isla e Gran Atlanta.


Xullo de 2013 - O

PORRIテ前

13


14

O PORRIÑO - Xullo de 2013

Porriño prepara xa a segunda edición do concurso musical Tes Talento? ralo gran éxito alcanzado o pasado ano, a Concellería de Festejos do Concello de Porriño, que dirixe M. Alejandro Lorenzo, prepara xa a segunda edición do concurso de talentos musicais Tes talento? que se celebrará igualmente no mes de setembro, enmarcado na programación das Festas do Cristo 2013.

T

O prazo de inscripción abrirase nas próximas semanas unha vez publíquense as bases. "Do mesmo xeito que en pásaa edición o concurso desenvolverase en diferentes fases eliminatorias para chegar á gran final na que se proclamen tres

co, establecéndose dúas modalidades: a infantil ata 16 anos e a adulta para maiores de 16. Poderase participar de xeito individual, en dúo ou en grupos de máximo cinco persoas. O primeiro premio esO alcalde de Porriño, Nelson Santos, entrega o diploma a Gema Pereira, gañadora do tará dotado con 2.000 concurso en 2012 euros, o segundo con 1.000 e con 500 euros o terceiro. A organización ganadores", explica Lorenzo, "no do evento aportará todo o backlientanto, este ano haberá múltine necesario para a realización ples novidades e sorpresas". das actuacións que terán unha duA participación é totalmente gra- ración máxima de tres minutos tuita e aberta a todo tipo de públi- cada unha.

Concurso de carteis das Festas do Cristo 2013 O Concello de Porriño convoca un ano máis o concurso de carteis para anunciar as Festas do Cristo 2013. O prazo de inscripción permanecerá aberto ata o 6 de setembro no centro cultural municipal, podendo participar calquera persoa física e xurídica, que optará a un único premio de 300 euros

Os campamentos de verán axudan a conciliar vida laboral e familiar O alcalde Nelson Santos e a concelleira Teresa Veloso visitaron ao grupo de nenos da segunda quenda do campamento "Veciñeando con Lumego" que se desenvolverá ata o 26 de xullo e no cal combinan actividades lúdicas e formativas coa práctica deportiva. O obxectivo desta iniciativa é ocupar aos máis novos da casa con actividades durante esta época de vacacións, intentando concilialo co mundo laboral dos seus pais e nais

Continúa aberta en Porriño a exposición de pintura "Colores Vivos" de Laura Navarro A exposición de pintura "Colores Vivos" de Laura Navarro continúa aberta ao público no Círculo Recreativo Cultural. "Colores Vivos" componse de acrílicos sobre lenzo e collages, obras moi coloridas como o seu título indica. O tema que versa nestes traballos expostos por primeira vez en Porriño son a vexetación, a auga e a paisaxe urbana.


Xullo de 2013 - MOS

15


16

MOS - Xullo de 2013

Nosa Terra de Pereiras viaxa á Bretaña Francesa para participar nun festival celta Trátase da Festa de Saint-Loup, na cidade de Guingamp, que se celebrará do 12 ó 20 de agosto Grupo Folclórico Nosa Terra de Pereiras foi invitado á Festa de Saint-Loup, unha das máis antigas da Bretaña Francesa, durante a que se celebra un festival no que se dan cita grupos de tódalas nacionalidades nas que históricamente se asentou a cultura celta: franceses, irlandeses, escoceses, asturiáns, galegos, etc.

O

O Grupo Nosa Terra asistirá a este evento cultural internacional que

terá lugar do 12 ao 20 de agosto en Guingamp, representando ó folclore galego e mosense. Máis de 70 compoñentes O Grupo Folclórico Nosa Terra de Pereiras foi fundado no ano 1981 e na actualidade a súa escola conta con máis de 70 compoñentes con idades comprendidas entre os 4 e os 50 anos. A escola está formada

A Casa Reitoral de Petelos será dende setembro un centro de maiores Unha parte da antiga Casa Reitoral de Petelos será aberta o vindeiro setembro como centro de maiores, motivo polo cal, con medios propios, o Concello está a acometer traballos de acondicionamento interior final nesa zona, consistentes na instalación de baños adaptados, equipamento eléctrico, de climatización e fontanería, e dotación do mobiliario necesario.

polas catro seccións de: zanfonas, gaitas, baile infantil e baile maior. 30 anos de existencia No ano 2011 a agrupación Nosa Terra de Pereiras cumpriu o seu 30 aniversario e recibiu a Medalla ó Mérito Cultural do Concello de Mos polas décadas de servizo ó baile e a música tradicionais da cultura galega e mosense.

Inaugurado o punto limpo de Veigadaña que xestionan Coregal e Aceesca

O pasado martes 2 de xullo, entrou en funcionamento o punto limpo instalado no Parque Empresarial Mos-Veigadaña, que está a ser xestionado conxuntamente entre Coregal, empresa de reciclaxe pertencente a Cogami, e Aceesca Emprego. Estas dúas asociacións de persoas con discapacidade pasaron a xestionar o punto limpo mosense favorecendo así, deste xeito, a inserción laboral dos discapacitados, así coma a súa integración social e a súa realización persoal.

Cela inaugura as escaleiras de acceso á Igrexa coincidindo coa súa XXIII Xuntanza O pasado 5 de xullo inaugurouse a 2ª Fase das escaleiras de acceso á Igrexa de Cela coa presencia da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, do director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –Agader-, Antonio Crespo, e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada por varios integrantes da Corporación Municipal mosense e por membros da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Celado, así coma por veciños e veciñas da parroquia de Cela en xeral.

XXIII Xuntanza de Cela As obras comezaron en febreiro e agora atópanse xa rematadas e inauguradas, coincidindo ademais coa XXIII Xuntanza da parroquia que se celebrou a primeira fin de semana de xullo.


Xullo de 2013 - MOS

17


18

SALCEDA - Xullo de 2013

‘Vaia cristo’, folk e ludoteca itinerante nas Festas do Cristo de Salceda concelleira de Cultura de Salceda, Tere Pérez acompañada pola responsable de Turismo, Loli Castiñeira, presentou en rolda de prensa a programación estival. Esta vez, o calendario de actividades, cun orzamento global de 40.000 euros, esténdese ao longo de dúas semanas, para rematar coas Festas do Cristo'.

A

O ciclo estival deste ano trouxo consigo novidades como o festival 'Vaia cristo!', que se estreou o venres 12 de xullo no recinto de Pavillón de Deportes Municipal. Un concerto 'dedicado á mocidade', no que actuaron diversos grupos locais. A concelleira de Cultura destacou as actividades enfocadas ao público máis familiar, que se van a diversificar entre citas na Casa dá Cultura e outras ao aire libre, como 'a ludoteca itinerante', o 22 de xullo no Parque da Gándara 'con xogos tradicionais para compartir en familia'.

Certame de bandas, festival folklórico e Día da Infancia Tampouco faltarán 'as citas clásicas' como o certame de bandas de música, o festival folklórico ou o Día da Infancia 'que congregan a numeroso público tanto de Salceda como de localidades próximas'.

A Banda de Música de Salceda compite nun certame de bandas en Toledo A Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas viaxou ao municipio toledano de Dosbarrios para competir no VI Certamen Internacio-

nal de Bandas de Música Villa de Dosbarrios. Xunto coa Cultural de Salceda, no certame competiron a Unión Mu-

E para facilitar que todo o mundo poida gozar da programación estival 'haberá tamén variedade de espazos'. A Casa da Cultura, O Parque da Raíña Aragonta, o Parque da Gándara, a Senda do Río Caselas, o Auditorio Municipal e a Praza do Concello, acollerán as actividades.

sical de Torre Pacheco, a Banda Sinfónica del CIAC de La Vall D’Uixó e a Unión Musical Santa Cecilia de Tomelloso. A Agrupación Cultural San Sebastián de Tejina (Tenerife), dirixida por José Luís Pei-

ró Reig, alzouse co primeiro premio e, á súa vez, a Agrupación Musical "Virxe da Serra" de Villarrubia de los Ojos (Ciudad Real), dirixida por Alfredo García Buendía, conseguiu o segundo premio.

A Dirección Xeral de Xuventude instalou unha carpa informativa en Salceda A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no marco do programa Xplora Xuventude, desprazou o venres 12 de xullo á Praza do Concello de Salceda de Caselas unha carpa informativa para dar a coñecer e proporcionar asesoramento sobre os recursos e os programas que ten en marcha para todos os mozos e mozas de Galicia nos diferentes ámbitos: programas Iniciativa Xove e Xuventude en Acción, voluntariado xuvenil e ambiental, axudas para a obtención do carné de conducir, Galeuropa e outros programas de mobilidade xuvenil, servizo Quérote +, Carné Xove e outros carnés destinados á mocidade, funcionamento da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).., entre outros. Esta actividade estivo coordinada dende a OMIX do concello, dependente da Concellaría de Mocidade que dirixe Loli Castiñeira.


19

Xullo de 2013 - SALCEDA

A TABERTENDA

>

Unha proposta novidosa no centro de Salceda

Por Tino Lago oxe falamos con Jose Piñeiro e Cristina Rey, dous emprendedores novos ilusionados co seu negocio, a TABERTENDA, unha proposta novidosa, diferente, situada en pleno corazón da vila de Salceda de Caselas.

resposta por parte do consumidor a toda a nosa mercadoría; se tiveramos que salientar algún produto en particular, se cadra podiamos falar do leite cru, único en todo o país, do pan integral ou das froitas e das verduras frescas; permitídeme por favor insistir en que carecen de calquera tipo de química.

-Contádenos como naceu a TABERTENDA. -Este proxecto viu a luz hai sete meses, froito das nosas inquedanzas no eido da ecoloxía. Ámbolos dous estabamos nunha situación de desemprego;a mestura do feito de non termos traballo coa nosa inquedanza ecolóxica e a nosa ilusión por facermos algo distinto neste eido fixo agromar a idea de montar unha tenda taberna, á semellanza das que había no rural en épocas pasadas.

No que atinxe ao bar, podemos salientar as nosas cervexas artesás galegas, os viños e os zumes eco, así como o café de comercio xusto sen torrefacto. Asemade os clientes e amig@s da tabertenda poden compartir connosco tamén outro tipo de actividades, como charlas, obradoiros, torneos de xadrez ou distintos eventos relacionados coa cultura ou coa ecoloxía e que nos encantaría que coñecerades, para pasardes con nós un rato agradabél nun ambiente cómodo e cordial.

-Cales son as características principais do voso negocio, e a que segmento de público vos dirixides fundamentalmente? -O negocio consta de dúas áreas; unha tenda e unha taberna. A tenda oferta todo tipo de produtos ecolóxicos, sen compoñentes químicos, sans, da casa e de comercio xusto. En xeral atopamos moi boa

A TABERTENDA é unha proposta novidosa e diferente, pero absolutamente aberta a todo tipo de público, no noso local entran desde rapaces nov@s a xente maior, e a todas e todos procuramos ofertarlles un espazo para a súa comodidade, así como que as súas necesidades alimentarias poidan ser satisfeitas.

H

-Cales son as dificultades máis importantes que atopades no desenvolvemento do voso traballo? -A concienciación da importancia que ten unha alimentación axeitada medra, pero ao noso xuízo a un ritmo moi lento. Nós pretendemos contribuír a que a xente se alimente mellor, evitando enfermidades e distorsións nutritivas para gañar en calidade de vida, e coidamos que neste eido as administración públicas deberan implicarse máis e mellor. -Algunha xente pensa que o produto ecolóxico é considerablemente máis caro que o non ecolóxico. Que me dicides disto? -Nalgún caso hai certa diferenza de prezo, pero noutros moitos a diferenza é mínima ou sinxelamente non existe. De todos xeitos hai que ter en conta que son produtos totalmente diferentes, o ecolóxico é un produto de moita mellor calidade. Así, a modo de exemplo, podiamos falar do caso dos tomates que mercas no super fronte aos que oferta a Tabertenda; os que o consumidor pode ato-

par no noso local teñen un sabor e unhas calidades nutritivas moi superiores -Que mensaxe transmitiriades aos vosos clientes, e aos que aínda non vos coñecen? -Aos nosos clientes queremos expresarlles a nosa gratitude pola súa confianza, porque eles son a peza fundamental para que este proxecto siga adiante, e ás persoas que aínda non nos coñecen queremos convidalas a que veñan, proben, comparen e logo decidan. Nós comprometémonos a pór o mellor de nós mesmos para que repitan.


20

SALCEDA - Xullo de 2013


21

Xullo de 2013 - SALCEDA

Un novo proxecto para o Caselas FC, apostando pola canteira Caselas F.C., que ascendeu esta tempada a Rexional Preferente, atópase inmerso na renovación da súa directiva. Existe xa un proxecto, con afán localista, tratando de sacar adiante a súa canteira. O obxectivo é buscar todos os apoios posibles para aumentar o número de socios.

O

Consolidar o equipo en Preferente O proxecto deportivo pretende consolidar o equipo da preferente nesta categoría, na que estivo a maior parte da súa historia, incorporando como novo adestrador a David Rivada, ao preparador físico Abel Rodríguez e sete xogadores formados nas categorías inferiores do club e que nas anteriores tempadas estiveron xogando en equipos de concellos veciños. Tales son os casos de Cristian, José Angel, Borja, Jose “Telmo”, Lino, David e

Os socialistas de Salceda aplauden os orzamentos da súa Concelleira A Asamblea celebrada o pasado 4 de xullo polos socialistas de Salceda aplaudiu a medida tomada pola representante socialista Marina Cabaleiro de derivar os gastos protocolarios das súas áreas á partida de Emprego e Formación. Migui. Do mesmo xeito, mantéñénse na plantilla desta nova tempada xogadores importantes que acadaron o ascenso (Gabriel, Rafa, Denis, Charly, Rubén, Manu, Hugo, Berto, Bugallo, Toñi, Samuel, Rafita e tres xogadores máis por confirmar).

Outro aspecto importante é a creación dun equipo “B”, en categoría de terceira autonómica. A nova directiva que vai desenvolver este proxecto será refrendada na Asamblea que terá lugar o vindeiro martes 23 de xullo. Novo Presidente e actuais capitáns do Caselas F.C.

O Secretario Xeral e a Vicesecretaria Xeral e asesora da portavoz socialista, Verónica Tourón espuxeron os orzamentos aos militantes e simpatizantes; os cales gabaron as decisións tomadas, no ámbito económico, por estas mulleres que representan o PsdeG-PSOE no Concello.


22

VIGO - Xullo de 2013

Caballero anima á poboación a apuntarse no plan municipal de acción social O Concello de Vigo xa recibiu máis de 2.100 peticións para beneficiarse do plan "de apoio ás familias e afectados pola crise", indicou o alcalde. Sete entidades solicitaron participar dos 200.000 euros que adica o goberno de Vigo a comedores e colectivos sociais. alcalde de Vigo animaba á cidadanía a apuntarse na lonxa do Concello ao plan de acción social e apoio ás familias afectadas pola crise. Máis de 2.100 persoas solicitaron ser beneficiarios dos 3 millóns de euros cos que o Concello dota esta iniciativa e que repartirá, a partes iguais, entre os inscritos que cumplan os requisitos.

O

Por outra banda, sete entidades están inscritas para os 200.000 euros que dispuxo o goberno de Vigo para apoiar aos comedores e

Urbanismo inicia un estudio cartográfico para delimitar as zonas desafectadas pola nova Lei de Costas O Concello inicia o estudo da aplicación da Lei de Costas que reduce de 100 a 20 metros a zona de servidumbre de protección. Tal e como explicou o rexedor, Urbanismo encargou un estudo cartográfico para coñecer cantas vivendas e núcleos van quedar desafectados de protección.

colectivos sociais. Con esta cantidade, sinalou o alcalde que o Concello multiplicou por oito a cantidade destinada ao efecto hai dous anos. Iniciativa única en España "Somos o único concello de España que aplica un plan desta envergadura e queremos que sexa utilizado como modelo", asegurou Abel Caballero, que demandou á Xunta e á Deputación un proxecto similar "desta dimensión" económica.

"Somos o único concello de España que aplica un plan desta envergadura e queremos que sexa utilizado como modelo", asegurou Abel Caballero


23

Xullo de 2013 - VIGO

A Coral Casablanca e orquestra ofrecerán un concerto en Castrelos o vindeiro 27 de xullo

Auditorio de Castrelos acolle o concerto de verán que a Coral Casa Blanca ofrecerá o sábado 27 de xullo, ás 21 horas, dentro do programa de Vigo en Festas. Un concerto no que, con acompañamento orquestral, interpretarán diferentes bandas sonoras da historia do cine.

O

Fundada en 1957 no Convento dos Pais Capuchinos e logo dos seus primeiros pasos musicais, a Coral Casablanca intégrase no Circulo Mercantil e Industrial en 1966.

VIGO

Nestes anos a Coral pasou por escenarios de toda a península e media Europa: Galicia, Portugal, Asturias, Euskadi, Aragon, León, Canarias, Cataluña, Madrid, Alacante, Bélxica, Francia e Alemaña. A Coral en activo máis antiga de Vigo A Coral Casablanca é a máis antiga, en activo, da cidade de Vigo e a máis laureada de Galicia. Ademais a Coral Casablanca acompañou a solistas do Bel Canto da talla de: Giuseppe Giacomini, Pedro

Lavirgen, Santiago Sánchez Jericó, Ricardo Jiménez, Ignacio Encinas, Gabriel Vivas, Renata Daltín, Anne Marie Antoine, Mª Carmen Hernández, Pilar Torreblanca, Josefina Meneses. Eduardo Do Campo, Mario Ferrer, Sergio de Salas, entre outros. Concerto de cine Un concerto protagonizado por 130 coristas e 50 membros da orquesta, que interpretarán pezas de filmes clásicos como "Almorzo con diamantes" ata temas máis actuais

como "O Señor dos Aneis". Obras que xa forman parte do imaxinario colectivo cos que faran gozar a distintas xeracións. A entrada será libre ata completar aforo.


24

O MORRAZO - Xullo de 2013

Outra vaca no millo e Os Perucos, gañadores do concurso de grupos noveis do Intercéltico O xurado pon de relevo o “alto grao de calidade musical das formacións que se presentaron” concurso de grupos noveis da XXIX edición do Festival Intercéltico do Morrazo, que se desenvolverá os vindeiros 26 e 27 de xullo na localidade de Moaña, xa ten gañadores. Serán as formacións Outra vaca no millo e Os Perucos, que terán como premio tocar no Intercéltico, actuando con outros grupos consagrados no panorama galego. O xurado quixo por de relevo “o alto grao de calidade musical das formacións que se presentaron, preto de vinte, o que dá mostra do nivel que ten a música galega a día de hoxe”. De igual xeito, dende a dirección do

andaina polos escenarios no verán do mesmo ano.

A Fundación Cangas Deporte lanzou unha campaña para concienciar á poboación do importante que é facer un correcto uso das instalacións deportivas da localidade. Así, infórmase aos usuarios de que deben respectar as instalacións por exemplo apagando as luces cando sexa preciso, coidando o uso da auga e do material.

Os Perucos, que terá a súa quenda o sábado, é un grupo de música tradicional de Rianxo, vindo o nome dun alcume familiar. Este grupo fundouse no ano 1976 e en 1987 levaron a cabo a súa última actuación.

A campaña ven motivada polos últimos estudos sobre o custo enerxético destas instalacións que no pasado exercicio rondou os 40.000 euros, cifra que podería verse reducida de facerse un mellor uso da enerxía.

O

Outra vaca no millo

Festival parabenízase a realización deste concurso, “que pretende dar saída a un talento emerxente ás veces moi pouco recoñecido nos circuítos tradicionais”. Outra vaca no millo, que tocará o venres, é un grupo de folc-rock galego que nace no ano 2011 no Hio (Cangas), e que comeza a súa

Folk para os nenos na Ludoteca de Moaña Coincidindo coa celebración en Moaña do festival Intercéltico, a Ludoteca municipal decidiu centrar na música todos as súas actividades. >> Luns 22 ORQUESTRA XUVENIL Se sabes tocar algún instrumento, tráeo e tócao con nós.

>> Martes 23 SAÍDA: MÚSICA CON XABIER BLANCO Saída ao Centro Sociocultural Daniel Castelao para facer unha activi-

Campaña de concienciación por un uso razoable das instalacións deportivas de Cangas

dade musical con Xabier Blanco. Saída ás 10.30 da ludoteca e regreso ás 13.00 horas).

>> Mércores 24 MÚSICA E BAILE >> Venres 26 OBRADOIRO DE INSTRUMENTO MUSICAL ** Pódese obter máis información na propia Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (Chamar polas tardes).


Xullo de 2013 - PUBLICIDADE

25


26

BAIXO MIÑO- Xullo de 2013

O Espazo Fortaleza resulta finalista na Bienal Española de Arquitectura

ADETO presenta o cartel da “I Festa das Asociacións de Tomiño”

Este é o terceiro recoñecemento obtido pola obra do arquitecto Pablo Gallego Picard

or terceira vez consecutiva, o Proxecto de Recuperación Ambiental e Posta en Valor do entorno da Fortaleza e Praia Fluvial de Goián, do arquitecto Pa-

P

blo Gallego Picard, resultou finalista dun premio de ámbito nacional e internacional. Esta vez a obra, inaugurada polo Concello o pasado verán, foi seleccionada como fi-

nalista na XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo 2013, xunto a outras 26 de todo o país (entre as que se atopan, por exemplo, o Recorrido sensorial do Xardín Histórico de Castrelos. Vigo; Vivendas Sociais de Coslada. Madrid; Terminal de Pasaxeiros Aeroporto de Murcia; Edificio de Servizos Praza Maior da UAM. Madrid e Nova Sede Colexio Arquitectos de Madrid).

Este terceiro recoñecemento é moi importante para o Concello de Tomiño, xa que o proxecto da fortaleza de Goián foi escollido entre 583 procedentes de todo o Estado español. O xurado deste certame está composto por once profesionais de recoñecido prestixio no ámbito da arquitectura e do ensino universitario, de España e do estranxeiro.

Tomiño pedirá a retirada de multas e denuncias a preferentistas do Baixo Miño A Corporación Local de Tomiño decidiu no Pleno celebrado o pasado 9 de xullo adoptar un acordo sen precedentes, en relación ás sancións e denuncias impostas á Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas do Baixo Miño. Un grupo de afectados asistiu ao pleno. Ao rematar a sesión, o portavoz do grupo de afectados do Baixo Miño, Xulio Vicente, fixo ante os corporativos unha longa intervención, na que deu conta das numerosas multas e denuncias

feitas contra os membros da plataforma durante as últimas movilizacións realizadas polo colectivo en defensa dos seus dereitos, e que suman un total de 15.000 euros, aproximadamente.

A corporación local acordou por unanimidade de todos os grupos municipais condenar a represión policial que pretende criminalizar o movemento cívico de protestas contra a estafa das participacións preferentes e subordinadas e instar ao Subdelegado do Goberno e ao presidente da Deputación de Pontevedra, a que ordenen retirar as respectivas multas e denuncias aos membros das plataformas de afectados.

O piragüista tomiñés Rubén Millán, subcampión de Europa na categoría K4 1000 metros O piragüista tomiñés Rubén Millán Rodríguez, do Club Kayak, resultou, xunto aos seus compañeiros de embarcación, Subcampión de Europa (categoría Sub-23 K4 1000 metros) na competición celebrada recentemente en Poznan (Polonia). Adestramento O deportista, de 21 anos de idade e veciño de So-

se disputará en Canadá entre o 1 e o 4 de agosto.

brada (Tomiño), prepárase nestes días para a se-

guinte cita: o Campionato do Mundo Sub-23, que

Buscando patrocinador Rubén Millán comezou no mundo do piragüismo con 12 anos e na actualidade adestra ademais a categorías inferiores do club. O deportista tenta conseguir patrocinador, e recoñece que a crise económica faise sentir tamén no eido do deporte.

Na casa do Concello de Tomiño tivo lugar a presentación do Cartel da “I festa das asociacións de Tomiño” e engloba varias actividades organizadas por ADETO e nas que colabora o Concello de Tomiño, a Deputación e a Consellería de Innovación e Industria. Os días 3 e 4 de agosto levaranse a cabo diversas actividades, como a “I Carreira Popular de Tomiño” que será o sábado 3 pola tarde. Por outro lado xa se poden inscribir os músicos, afeccionados ou non, que queiran participar no “Serán” que terá lugar despois da carreira, no centro de Tomiño. Tamén está aberto o prazo para a inscripción da mostra de artesanía.

Preto de 200 nenos e nenas participan no Campus de Fútbol de Tomiño Preto de 200 nenos e nenas apuntáronse ao III Campus de Fútbol Concello de Tomiño, que se celebra entre o 15 e o 27 deste mes nos campos municipais de Goián e A Carballa. A inscrición inclúe dúas equipacións; bocadillos, froita e bebida todos os días, e houbo redución de prezos para familias con máis dun participante. Os participantes, entre os que hai varias nenas, recibirán clases teórico-prácticas e xogarán partidos durante as dúas semanas que dura o campus.


Xullo de 2013 - BAIXO

27

MIÑO

Jose Manuel Dominguez Freitas, alcalde de A Guarda

“Superamos xa a cifra de 1.000 parados, o que pon de relevo a mala situación na que estamos” Juan Louzán.

“O Concello, a través dos Servizos Sociais, fai todo o que está nas súas mans para axudar a moitas familias. Afortunadamente outras organizacións como Cruz Vermella, San Vicente de Paul, etc, fan todo e máis”

osé Manuel Domínguez Freitas “está” de alcalde de A Guarda desde xuño de 2007. Antes xa o fora nos anos 1999 e 2000, ata que unha moción de censura asinada polo PP e EU o privou da Alcaldía. Distingue moi ben entre ser e estar. Por iso di que é mestre (no Colexio da Mata de O Rosal) e está de Alcalde.

J

-Alcalde, cúmprense dous anos desta lexislatura. Destaque o mellor e o peor que, baixo o seu punto de vista, se deu na política guardesa nese tempo. -O mellor, sen dúbida, é que a pesar do que estamos a pasar pola crise garantimos a mesma calidade de servizos que prestábamos na época de bonanza. O peor, que estamos a pasar por problemas económicos porque a Xunta non acaba de cancelar a débeda que ten co Concello de A Guarda, especialmente na subvención que nos debe da Casa dos Alonsos. Isto fíxonos pasar no último ano por problemas de tesourería e que non pagaramos aos nosos provedores con prontitude. -O ferri non está a ofrecer un bo servizo: cancélanse travesías, hai malestar entre os usuarios. Por que non se solventan os problemas? -Porque o goberno de Madrid se desentende desta cuestión, que era fundamental cando o PP era oposición e que non merece ningunha

consideración agora. Lembro declaracións da Sra. Pastor, agora Ministra de Fomento, en setembro de 2011 cando dicía que o goberno de Zapatero tiña que garantir o dragado da canle do ferri porque era a súa competencia. Agora xa non é así: non contestou unha soa das catro cartas que lle remitín sobre este asunto. Se o ferri pecha, que ninguén o esqueza, é porque así o quere o PP. -Nesta lexislatura vostede está a pagar multas coercitivas por non executar a sentenza de derrube de 21 vivendas. Por que o fai? Para cando a probación inicial do PXOM? -Os propietarios das 21 casas obtiveron licenza para construir, licenza informada favorablemente por Urbanismo e Secretaría Municipal. Non se trata logo de alcaldadas nin tampouco de veciños botados para adiante que construiran sen licenza

municipal. Non son culpables de nada e hai que telo en conta. Pago as multas coercitivas porque albergo esperanzas de solución para moitos deses veciños pola vía do novo PXOM. Ademais non é só tumbar; logo hai que pagar, resarcir ós afectados. Resarcir ós 21 suporía a quebra económica do Concello. Confío en aprobar inicialmente o PXOM en setembro e agardo que os grupos de oposición teñan altura de miras e que valoren dúas cousas: que o PXOM é beneficioso para o futuro de A Guarda e que pode solventar en boa medida o problema das 21 licenzas. -Falemos doutras cousas menos duras. Como están as obras do Castelo de Santa Cruz? Para cando a súa apertura ó público? -Estamos cos últimos remates. Falta algo de limpeza forestal, algo de xardinería, pouca cousa de construción e o valado do Centro de Inter-

pretación. Quixera que quedara claro que a obra do Centro de Interpretación é competencia da Xunta de Galicia, que non está rematada e que se vai valar para poder abrir ó público o resto do Castelo. Non hai unha data determinada de inauguración pero é cousa xa de poucas semanas. -Na axenda cultural deste ano destaca a exposición sobre a obra de Xoán Piñeiro que se mostra na Casa dos Alonsos. Que valoración fai da mesma? -A Casa dos Alonsos acolleu nos últimos anos exposicións de Antonio Fernández, Alicia Alonso e Xavier Pousa. Agora, Xoán Piñeiro. Mostras, todas elas, de altísimo nivel. A Casa dos Alonsos é xa un referente artístico de primeira orde. Respecto da exposición de Piñeiro a min góstame moito porque mostra o mellor da súa obra e o que era o seu taller e o proceso de creación. Non


28

BAIXO MIÑO - Xullo de 2013

esquezamos que é un dos grandes escultores galegos do s. XX. -Fáganos unha valoración da “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira” e adiántenos algo dos moitos festexos que se aveciñan. -A valoración da Festa da Langosta é positiva e seríao máis de non ser pola vaga de calor que fixo que nas horas de meodía as temperaturas foran moi altas. A festa está consolidada e xa é unha referencia gastronómica en Galicia e no norte de Portugal. Por outra banda, na ponte do 25 de xullo teremos unha nova edición da “Festa das Tradicións Mariñeiras”. Nela naceu a conciencia da recuperación do patrimonio inmaterial mariñeiro. Grazas a un proxecto financiado polo GAC 7 e elaborado por Ponte nas Ondas imos poder presentar nos vindeiros meses un traballo de recollida sistemática deste patrimonio chamado Os Tesouros Vivos. E quero citar dúas cousas máis: o ano pasado foi o Centenario da fundación da Sociedade Pro-Monte e este ano é o Centenario das propias Festas do Monte. Dúas señas distintivas deste pobo. -Non é época de grandes infraestruturas pero supoño que se terán feito obras. Cales destacaría? -Non son grandes obras pero si supoñen melloras importantes para os veciños. Ampliamos o Camiño da Galapa, en Camposancos, e nesta mesma parroquia melloramos e ampliamos o Raso de Salgueiró, ó lado da fonte. En Salcidos, pavimentamos o Camiño da Portela e ampliamos o da Figueira. Agora estamos coa pavimentación da beirarrúa da estrada entre O Castro e Pancenteo e coa construcción de 13 pasos de peóns peraltados para mellorar a seguridade vial. Axiña empezará a urbanización da rúa Lugo. Tamén executamos as obras de urbanización do transversal da rúa Oliva. -A dous anos de remate de lexislatura, que cousas ten pendentes de rematar? Que cousas teñen pendentes outras administracións? -Precisamos da axuda doutras administracións para dúas cousas que me gustaría rematar no prazo aludido. Por un lado, o traslado do Conce-

llo á cass dos Alonsos para o que precisamos a bomba de calor e o mobiliario mínimo. Por outra banda, unha senda na estrada de Camposancos, entre A Cruz e O Empalme. E, por favor, que se remate canto antes a Vía de Alta Capacidade entre Tui e A Guarda. -Como está a afectar a crise no Concello? ¿Que se fai dende este para paliala? -Superamos xa a cifra de 1000 parados o que pon de relevo a mala situación na que estamos. O

Concello, a través dos Servizos Sociais, fai todo o que está nas súas mans para axudar a moitas familias. Pero afortunadamente non só nós: outras organizacións como Cruz Vermella, San Vicente de Paul, etc, fan todo e máis. Ademais creamos emprego dentro das poucas posibilidades que temos e formamos ós nosos cidadáns para lograr inserción laboral. E pido encarecidamente que Goberno central e galego destinen canto poidan ás políticas sociais, sanitarias, educativas e de emprego.


Xullo de 2013 - BAIXO

29

MIÑO

A Guarda

24 de xullo * CONCERTOS DE VERÁN Coa Rondalla Antorcha, Coro Arpegios Cantabile e Grupo de Acordeóns Mascarenhas, ás 21.30 h., na Igrexa Parroquial. Organiza: Asociación Arpegios cantabile. 25-28 de xullo

Do 22 ó 26 de xullo * CAMPUS MULTIDEPORTE 18 de xullo * PRESENTACIÓN DA IV MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS No Centro Cultural ás 21 h. 19 de xullo * FESTIVAL FOLCLÓRICO ENCONTRO DOS POBOS No Auditorio de San Bieito, ás 21 horas. Organiza: A.C. Do Lusco ó Fusco. 21 de xullo * FESTA DO AVÓ A partir das 16. 30 horas Organiza: Club da 3ª Idade e Concello da Guarda.

* IV MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS, no porto e na nave das redeiras. Exposicións,obradoiros, exhibición de embarcacións... - Xoves 25 pola tarde Cantos de Taberna - Venres 26 á noitiña, Revista Oral - Sábado 27, XVIII Travesía a Nado “Porto da Guarda” No porto ás 18 horas - Domingo 28 á noitiña, Concerto da Coral Polifónica da Guarda e da Coral Polifónica do Barco de Valdeorras Organiza: Concello da Guarda e Asociación de Redeiras Baixo Miño 1-4 de agosto * FESTAS DE SAN CAETANO No barrio da Cruzada Organiza: Comisión de Festas de San Caetano 2-19 de agosto * FESTAS DO MONTE Organiza: Asociación Veciñal

Cultural e Deportiva O Cancelón. - Venres 2, Pregón das Festas seguido de Festival Folclórico, no Auditorio de San Bieito - Sábado 3, Carreiras Populares Pedestres `Festas do Monte', na Alameda ás 18 horas. - Domingo 4, Concurso Internacional de Pesca Deportiva 'XIV Trofeo Festas do Monte' - Luns 5, Concerto Homenaxe á Terceira Idade a cargo da Agrupación Musical sa Guarda, no Auditorio de San Beito ás 20 horas. - Martes 6, XXVII Certame de poesía Feliciano Rolán no Centro Cultural ás 21.30 horas. - Mércores 7, Campionato de Dardos na Cervexería PoolChaos ás 17 horas Marcha Cicloturista popular con saída e chegada á Alameda, ás 17.30 horas. - Xoves 8, Trofeo Festas do Monte de Ciclismo, ás 16 horas// Cucañas, no campo de xogos do Bar Bergantín, a partir das 16 horas// X Aniversario do Grupo Heisel, na Praza do Reló, a partir das 16 horas. - Venres 9, Fútbol-tenis no Bar Bergantín ás 16 horas.

- Sábado 10, Trofeo de Hockey Festas do Monte no Pavillón das Solanas, ás 16.30 horas. - Do venres 9 ao domingo 11, Feira de Artesanía no porto - Sábado 10 e domingo 11, II Festa do Percebe e Produtos da Terra e do Mar, na Alameda - Luns 12, XXII Trofeo Festas do Monte de fútbol Infantil, no Estadio Municipal da Sangriña, ás 17 horas - Martes 13, XI Campionato de exhibición de xadrez ao aire libre, ás 16 horas. - Mércores 14, Campionato de Futbolín Festas do Monte, nas Galerías da Alameda, ás 21 horas.// X Aniversario de Rock in Fervenza, ás 22 horas, na Estación de Autobuses. - Xoves 15, Gran partido de fútbol do Sporting Guardés ás 28 horas. - Venres 16, Festival de Danza Studio 88, no Auditorio de San Bieito, ás 20 horas. - Sábado 17, Gran desfile folclórico tradicional, dende a Alameda ao Porto. - Domingo 18, Pasarrúas e concerto da Banda de

Música de Vilanova, ás 13 horas.// Romaría enxebre e xantar no Monte Santa Trega. - Luns 19, Concerto da Banda de Música do Rosal no Auditorio de San Bieito, ás 22 horas.// Gran tirada de fogos de artificio, ás 24 horas. - Do 5 ó 16, de luns a venres e pola mañá, os grupos de gaitas percorrerán as rúas da vila. - Do 5 ao 18, pola noite, grandes verbenas na Alameda. 23-25 de agosto * FESTAS DE SAN ROQUE No barrio de Salcidos. 30-31 de agosto * TORNEO DE VOLLEY PRAIA “DESPIDE O VERÁN” Todo o día na Praia da Lamiña 31 de agosto * PROCESIÓN DO VOTO Monte Santa Trega * VIII FESTIVAL DE BANDAS VILA DA GUARDA No Auditorio de San Bieito ás 19.30 horas. Organiza: Agrupación Musical de a Guarda * TORNEO DE CACHIZA Na Praia dos Seixiños, a partir das 16 horas. Organiza: Asociación O Pergamino.


30

BAIXO MIテ前 - Xullo de 2013


31

Xullo de 2013 - DEPORTE

XVI Clásica Álvaro Pino: calor e dureza Por Alejandro Alonso alor. Así podería resumirse unha nova edición da Clásica Álvaro Pino desputada en Ponteareas o pasado domingo 7 de xullo, pero haberá que incidir no sucedido. Máis de 600 cicloturistas citáronse nas rúas da capital do Condado para afrontar os dous esixentes percorridos (un de 100km e o outro de 132). Todo isto organizado pola Peña Cicloturista Tea–Central Eléctrica Sestelo coa colaboración de Ponte Solidario, que levou a cabo “Pedaladas solidarias”, unha recollida de xoguetes, comida e produtos de hixiene para os máis necesitados.

>> A CONTRACRÓNICA

C

O homenaxeado desta edición foi Ezequiel Mosquera, pupilo de Álvaro Pino no desaparecido Xacobeo Galicia, e segundo nesa memorable Volta a España, onde só Vincenzo Nibali foi mellor ca el, e na Bola do Mundo elevou ó ceo o ciclismo galego que hoxe en día non pasa polo seu mellor momento. O de Teo foi o protagonista absoluto da xornada, sendo requerido para múltiples autógrafos e fotografías. Ás 9 da mañá, xa cun sol de xustiza, dábase a saída neutralizada ata Redondela. O gran pelotón foi encabezado polos integrantes do club organizador ata a “saída

real”, xa camiño de Pazos de Borbén. Precisamente, a primeira subida da marcha formou parte da Volta a España que saíu de Vigo en 2007. Nas primeiras costas, o pelotón foise desfacendo en pequenos grupos, e a temperatura ascendendo, coma os metros que subían os corredores, pasando portos como o de Estacas, A Graña (o punto máis alto no percorrido longo), Moncelo e Fontefría, polas localidades de Fornelos de Montes, Covelo, Avión, A Cañiza, Mondariz, e a meta en Ponteareas, situada na rúa Vidales Tomé, protagonista de varios finais de probas ciclistas. Facendo unha especial mención, no Campionato de España de 1988, gañado ó sprint por Juan Fernández. Volvendo á proba, a organización axudou a que o percorrido non fose tan duro e a recompoñer a forma co abastecemento aos ciclistas de abundante

bebida e sólidos en Estacas, A Graña e Moncelo. Finalmente, co bendicido por moitos descenso de Fontefría, os primeiros corredores chegaron sobre a unha da tarde, cos termómetros marcando case os 40 graos. Os últimos, sen quitar mérito ningún comparado cos primeiros, remataron contra as dúas e media da tarde, cando o “coche escoba” pechaba a proba. Para rematar a xornada, sorteáronse dous maillots firmados polo invitado de honor, Ezequiel Mosquera, máis outros agasallos. Fin da 16ª edición da Clásica Álvaro Pino, unha marcha que xa se vai facendo maior de idade, e cada vez vai sendo máis popular fora das fronteiras galegas. Esperemos que a calor non sexa tan protagonista o ano que vén.

Entón, que facemos? Organizamos unha marcha como debe ser ou deixamos que uns poucos non nos permitan desfrutar delas aos que queremos pasar un agradable día na nosa amada bicicleta?

O ponteareán Dani Bargiela, primeiro gañador da Nocturna do Tea

Isa Bastero e as porteiras Iris e Nina, primeiras pedras do novo BM Porriño O Balonmano Porriño 2013-2014 empeza a tomar forma. O primeiro e primordial para a directiva encabezada por Fernando Godoy foi pechar a continuidade na entidade do técnico Abel Estévez. Unha vez selada a renovación do adestrador, o segundo paso foi garantir que os alicerces do BM Porriño, a xogadora Isa Basteiro e as porteiras Iris e Nina seguisen na entidade.

Co paso dos anos, creouse unha polémica con respecto a estas probas: realmente son marchas, ou son carreiras? A inclusión de aspectos como a toma de tempos oficiais, ou o chip, máis as gañas de “quedar ben” no mundillo de algúns ciclistas “frustrados”, fai que este tipo de probas sexan case unha competición. As velocidades medias elévanse, e case que obrigan aos demais, que van desfrutar dun día de bicicleta máis seguro que de costume, estean máis pendentes de que non os colla o coche escoba para rematar a proba. Na miña opinión persoal, estas probas nas que ocorren estas cousas deberían reconverterse oficialmente en carreiras, pero hai varios cabos soltos: Hai unha lexislación suficiente para soportar unha carreira tan numerosa? Non. É lóxico que unha estrada sexa cortada durante unha hora ata que pase o último ciclista? Non. Tal como está a situación actual, os clubs organizadores poderían soportar os custos de organizar unha carreira e a menor inscrición nesta? Estou seguro de que non.

calor, a case trescentos participantes, nas categorías feminina e masculina. O pasado sábado 6 de xullo tivo lugar polas rúas do centro de Ponteareas a 1ª Nocturna do Tea, unha proba de 10km que xuntou, a pesar do

O club organizador, os Taninos Runners, fundouse a finais do 2010, mais os seus integrantes levan anos competindo, de xeito afeccionado, en dife-

rentes probas por toda a xeografía galega, así como en probas en lugares máis lonxanos como as maratóns de Berlín, San Sebastián, Sevilla, Londres, Barcelona ou Madrid. É a primeira proba que organizan e móstranse satisfeitos coa resposta recibida.


Director: Guillermo Rodríguez. Edita, maqueta e imprime: Edicións Puxeiros C.B. Enderezo: Avenida Peinador, 54, Puxeiros, Mos. Pontevedra. Delegación Ponteareas: Avda Sarmiento Rivera, 4, 4º. 36860, Ponteareas. Enderezo electrónico: redaccion@apeneiradixital.com

Por Tino Lago alamos con Esteban Cidanes Domínguez, propietario do restaurante Esteban en Sanguiñeda Mos, e dun orixinal e fermoso local na parroquia de San Esteban de Budiño, en Salceda de Caselas: LATAS, COPAS E PUROS.

F

-Esteban, por que o nome, LATAS, COPAS E PUROS? -A idea era montar unha tapería a base de conservas, de aí o de LATAS, en canto ao de COPAS, porque neste local dispomos de espazo e ambiente axeitado para que se poida desfrutar tranquilamente dunha copa, e no que se refire a PUROS o nome é porque no noso local dispomos dun club de fumadores ao que convidamos a achegarse a calquera persoa fumadora. -Cóntanos a historia do local-Tiña en mente este ilusionante proxecto hai bastante tempo e conseguín concretalo hai dous anos. Instalei o negocio en Budiño porque por cuestións persoais me sinto moi

publicidade@apeneiradixital.com director@apeneiradixital.com Teléfonos: 986487480/658585049

Otero, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Mero, Isidoro Gracia, Nemesio Barxa, etc. Fotografía: Arquivo, Hernández, Guillermo

Coordinador: Carlos Rey Bárcenas. Colaboradores: Alicia Rocha, Tino Lago, X. A. Pérez Lema, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Manuel Rosende, Inma

Publicidade: Guillermo Rodríguez, Tino Lago e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012

Latas, copas e puros identificado coa contorna física e humana da parroquia. O concepto do negocio é novidoso; pretendo que calquera necesidade que teña o consumidor poida ser satisfeita na nosa casa, porque aquí podes achegarte a comer, desfrutar dunha copa nun ambiente relaxado e agradable, compartir unhas tapas na compaña dos amigos, desfrutar de completas sesións musicais... Quero ofertar unha alternativa cómoda e única para o tempo de lecer nun entorno inmellorable. -Cales son as vosas especialidades máis destacadas? -Temos un amplo repertorio de TAPICAS a 3€; permitídeme recomendar o queixo de cabra sobre cebola confitada, a pasta brik con tetilla e pisto de verduras, o xamón

ibérico e o pan tomaca... Temos ata 20 TAPICAS. No que se refire aos pratos principais, eu recomendaría para comezar as nosas ensaladas ecolóxicas ou o polbo á prancha, os pementos do piquillo recheos, os afumados ou as navallas de Aldán, ademais doutros moitos entrantes. En canto aos peixes e carnes eu destacaría a brocheta de rape e langostino, o bacallau confitado, atún con rebozado de sésamo, linguado á prancha e chocos da ría na súa tinta. Nas carnes salientaría os distintos pratos de porco celta, cabrito , entrecot de terneira, carnes ecolóxicas, magret ou confit de parrulo e moitos máis entre os que non me podo esquecer dos nosos suculentos e chamativos postres caseiros. -Como é unha sesión musical en LATAS, COPAS E PUROS? -Todos os domingos contamos coa presenza de 2 dj,s; Angel e Carballo. Comezan ás 20 horas e rematan

ás 23 horas. A música é variada porque a tipoloxía de clientes que se achegan á nosa casa é moi diversa; asemade tamén facemos ceas maridaxe con música en vivo acompañando aos dj’s. -Esteban, que lles dirías aos teus clientes e ás persoas que aínda non vos coñecen? -Aos nosos clientes, moitas grazas pola súa confiaza e o noso desexo de seguir pondo o mellor que temos para que a relación se poida alongar con cordialidade e fluidez. Ás persoas que aínda non nos coñecen convidámolas a que veñan coñecer o noso espectacular local, inmerso nesta magnífica carballeira: volcamos todo o noso amor no que facemos para que teñan unha estancia o máis agradábel posíbel na nosa casa.

Este xornal imprímese en papel reciclado


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A NOVA PENEIRA - Nº21 - 2ªQ. Xullo 2013 by A Peneira Dixital - Issuu