A NOVA PENEIRA - Nº13 - Xaneiro 2013

Page 13

SUPLEMENTO

DE DEPORTES E CULTURA

Mauro González, corredor do CC Salvaterra-TB TRansportes

“Galicia segue sendo unha potencia en ciclocross” corredor do CC Salvaterra – TB Transportes, o ciclocrossman galego máis laureado da tempada achéganos as súas impresións sobre a situación actual do ciclocross en Galicia, fai balance do ano, cóntanos os seus obxectivos máis próximos e futuros e opina sobre a seguridade dos ciclistas na estrada.

2010/2011, loitando nalgunhas carreiras nacionais por un top5. Sei que estando a ese nivel as vitorias aquí chegarían.

O

O campionato galego non foi para nada o máis “gris” da tempada, xa que, ser segundo, pero detrás do meu irmán, foi unha gran fazaña. Quizáis a rotura de cambio en Medina de Pomar na última volta co segundo posto no peto dá raiba, xa que os podiums a nivel nacional están moi caros. Pero un está acostumado a que estes sucesos sexan parte do xogo.

- Recordas cal foi a túa primeira bicicleta e as sensacións que notaches a primeira vez? - Non recordo a primeira vez, pero xa con 3 anos recordo a miña primeira bici, unha BH branca coas rodas vermellas, e os sustos que lles daba aos meus pais, xa que o meu era escapar da casa para explorar enriba da bici, dende un primeiro momento gustoume a liberdade que sentía.

- Cal cres que é o circuito máis complicado do calendario galego? E o máis atractivo de cara ao público? - O máis complicado para min son algúns como os de Santiago, por ser tan duros en desnivel, e onde é primordial regular os esforzos, xa que se te pasas de voltas non hai terreo para recuperar.

- Xa asentado como corredor da categoría Élite, botas de menos algo das categorías anteriores? - Pois igual a categoría xuvenil, na cal non son tan esixentes os entrenos, e compaxinar estudos, ocio e bici levábase ben. Foron os anos que viaxei máis por toda a xeografía de España e parte de Europa. Para estar nun bo nivel necesitas “sacrificar” algunhas cousas. - Por que che gusta tanto o ciclocross en non outras modalidades que tamén practicas como ruta ou mountain bike? - Gústanme as tres, cada unha ten o seu encanto, pero o ciclocross enganchoume dende o primeiro momento. Supoño que unha das razóns é que é a que máis se adapta a min, carreira moi explosiva, onde se vai toda a hora na “zona vermella” e onde a técnica é importante. Despois están moitas razóns máis como o grande ambiente que se respira nas carreiras. -Centrándonos un pouco na actualidade, co dominio total do calendario galego de ciclocross pola túa parte máis a de teu irmán Paulo, pódese dicir que quedou “en familia”? - Si claro, aínda que o ciclocross é individual, sempre se pode correr como equipo e intentar axudarse mutuamente. E máis neste caso cando á parte de compañeiros de equipo somos irmáns e grandes

amigos. - Daslle algún consello cando compartides adestramentos ou non o fas non vaia ser que che “molle a orella” máis a miúdo? - Sempre intento aconsellalo o mellor posible. Intento que mellore técnicamente e nos cambios de ritmo, porque creo que físicamente ten máis capacidade ca min, xa que adestrando en ruta en portos longos si que me “molla a orella”. - O dominio foi claro dende un principio ou houbo máis dificultades cás que mostran as clasificacións? - Ao empezar a tempada en outubro xa fai que empeces as carreiras en Galicia (mediados de novembro) cun bo punto de forma con respeto a algúns contrincantes. Aínda que houbo carreiras moi axustadas como a de Santiago, gañando por tan só 10 segundos a Jaime Juncal. - No penúltimo día do pasado

ano, nos campionatos autonómicos, en Moaña, unha avaría marcou bastante a túa proba, xa que tiveches que remontar varias posicións. A vitoria foi para Paulo. Cres que sen esa avaría terías a proba moi de cara ou teu irmán estaba demasiado forte para batelo ese día? - Ese dia foi o mellor con diferenza, cando aínda ningún dos tres perseguidores (Óscar Vázquez, Jaime Juncal e eu) tiveramos ningunha incidencia, él xa ía cunha vantaxe duns 30 segundos. Nun circuíto no que á bici lle custaba avanzar, a cada volta acumulábase máis lama e correr a pé era a solución: son as mellores condicións para Paulo. - Facendo balance do ocorrido en Galicia, antes de comezar a tempada, tiñas en mente tantas vitorias? Quizáis, ¿o segundo posto no autonómico foi o “mal sabor de boca” do que levamos de tempada? - Na mente tiña volver ó nivel de

Para o público case todos en xeral, porque creo que o ciclocross é a modalidade máis vistosa, porque na maioria dos circuítos podes seguir todo o transcurso da carreira durante a hora que dura a competición, non como na ruta, na que só ves algún punto por onde os ciclistas pasan a toda velocidade. - Tamén competiches na “Taça de Portugal” con dúas vitorias. É escaso o calendario galego de cara aos teus obxectivos da tempada? - Anos atrás o calendario galego chegou a ter unhas 14 carreiras, agora con 8 nótase a diferenza. É complicado sacar as carreiras adiante, e creo que este ano non nos podemos queixar co número de carreiras. Que emerxa o ciclocross en Portugal é unha boa noticia , xa que pola proximidade non custa moito achegarse. Ao final competín todas as fins de semana, que é máis que suficiente. - Cuarto posto no Superprestixio en Ibias; 12º no Superprestixio de Llodio; noveno no Superprestixio en Elorrio; quinto hai uns días en Navia, entre outros... Sempre que saes fóra de Galicia, rendes facendo un bo papel. Bótase de menos un pouco máis de Continúa na páxina seguinte


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.