Aturuxo 17

Page 31

§ REPORTAXES >> OS VEIGA E OS PACHECO: DOUS CUARTETOS MINDONIENSES

Gaita de Augusto Insua. Museo Catedralicio de Mondoñedo. Foto de Pablo Carpintero Os Pacheco disólvense tras dous anos de actividade. Unha das causas puido ser a emigración de Augusto a Arxentina17, porque atopamos noticias que confirman esta información. Neste tempo, Curuxeiras e Os Trinta de Trives volven a ter presenza por Mondoñedo e tamén se organiza unha comparsa dentro do Orfeón Veiga18, que dirixía Castañeda naquel momento. Os músicos eran Baldomero García, Jesús Díaz, Enrique Iglesias e José Cendán, estes dous últimos eran integrantes de Os Pacheco. Por isto, sospeitamos que puido haber unha etapa de transición do cuarteto dentro deste Orfeón que derivaría na consolidación do segundo período de Os Pacheco sete anos máis tarde.

nas festas dos Remedios, nas de San Caetano, no San Roque de Ribadeo, entre outros homenaxes e celebracións da cidade. Sen dúbida onde máis chaman a atención é na velada que levan a cabo xunto ó orfeón Brisas do Masma, que actúan en Viveiro e Ortigueira20 acadando moitos éxitos. O fin da vida da comparsa é algo confuso. A última actuación que atopamos de Os Pacheco é nas festas de As San Lucas de 1925, e máis tarde xa non fomos quen de atopar información sobre eles. É agora cando emerxen outro tipo de agrupacións como as bandas de música ou as orquestras de baile, de feito, nas San Lucas de 1919 e 1920, xa non se contou coa súa presenza senón coa de bandas. Outra das causas que consideramos que foi o motivo da disolución da comparsa foi que a música non era o medio de vida dos integrantes do cuarteto. Tiñan outros oficios a través dos que se gañaban a vida e por tanto o cuarteto era unha actividade secundaria para os seus integrantes. En resumo, neste breve artigo pretendemos dar a coñecer a estas agrupacións mindonienses 20  El ideal Gallego, 11-11-1917

que velaron pola conservación da música galega dende unha perspectiva urbana. Eran músicos de cidade, mesmo algúns deles pertencentes a banda municipal. A pesar de que tocaron música galega e aires galegos, moitas das obras que interpretaron eran composicións feitas especificamente para eles: José Lodeiro Piñeiroa e José Castañeda, compositores vinculados con Mondoñedo, dedicaron unha parte da súa carreira a escribir obras para estas comparsas. Plasmaban a visión da música galega que a sociedade do momento e o seu público demandaban. O cuarteto non era a súa profesión senón, afección, dedicábanse a outras ocupacións. Os traxes, o seu repertorio e o papel da gaita dentro das comparsas foron elementos que caracterizaron estas agrupacións. Sen dúbida, o seu marcado carácter local foi o que lles impediu ser máis populares a día de hoxe na Galiza. Os Pacheco, na súa primeira etapa, sendo un cuarteto moi rechamante pola súa formación e tipoloxía de gaitas que empregaron, só actuaron en Mondoñedo, por iso, apenas tivemos datos sobre eles ata levar a cabo esta investigación.

Os Pacheco reorganízanse en abril do 191619, Enrique Iglesias, Baldomero García, Alfredo Romero e Ricardo Veiga, eran os seus integrantes e tocaban respectivamente gaita, clarinete, caixa e bombo. O 30 de abril do 1916 preséntase ó público, aínda que non temos noticias do resultado desta velada. Os Pacheco tocaron nas festas de Santa Marta de San Lázaro de Mondoñedo, nas festas de Santa Cruz do Valadouro, nas do barrio do Carme de Mondoñedo, 17 Mondoñedo,11-05-1916 18  Eduardo Lence Santar, “O orfeón Veiga”, en Mondoñedo, Regreso al Pasado II, ed. por Isidro Fernández Villalba (Mondoñedo: Editado polo editor, 2000), p.203-213. 19  El Correo de Galicia: diario independiente de avisos y noticias, 13-04-1916

Os Pacheco e José Castañeda (no medio). Foto do arquivo de Andrés García

31.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.