Aturuxo 12

Page 1

exemplar gratuíto · xuño 2011 nº 12

editorial Un novo número do Aturuxo chega ás vosas mans para amosarvos o traballo que está a desenvolver a Asociación de Gaiteiros Galegos. Continuamos con esta publicación impresa, conscientes de que o acceso aos medios de información dixitais non está totalmente universalizado. Nesta edición do voceiro damos conta das actividades realizadas nos primeiros meses do ano, actividades como as Xornadas de Baile, o Xantar Gaiteiro, ou o Seminario de Percusión, e tamén vos informamos das actividades que se realizarán nos próximos meses, pero fundamentalmente centrámonos na Casa da Gaita, o primeiro museo didáctico galego dedicado á gaita de fol, á súa historia, ao seu aprendizaxe tradicional e a un dos grandes gaiteiros da provincia de Pontevedra, D. Ricardo Portela. Coa inauguración da Casa da Gaita, (en Viascón - Concello de Cotobade) que acollerá a nova sede da Asociación de Gaiteiros Galegos, dase un paso máis no traballo que está a desenvolver a AGG dentro do seu compromiso constante coa música tradicional do noso pais. Este novo espazo, a Casa da Gaita, é un modelo a seguir en canto á creación de espazos de divulgación do noso instrumento nacional. Así pois iniciamos unha nova etapa na que se porá todo o traballo e ilusión precisos para sacar adiante estos importantes proxectos.

Edita e produce: Asociación de Gaiteiros Galegos Rúa Alfonso XIII, 7, oficina 8 36002 · Pontevedra Tlf.: 986 847 074 Web: www.gaiteirosgalegos.com Email: secretaria@gaiteirosgalegos.com

A AGG CELEBRARÁ A SÚA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA O 05 DE XUÑO NA CASA DA GAITA

A

Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos, na súa última reunión, acordou celebrar a Asamblea Xeral Ordinaria o domingo 05 de xuño as 11:00 en primeira convocatoria, e ás 11:30 en segunda convocatoria na Casa da Gaita (Viascón - Cotobade), o novo emplazamento da AGG e un dos lugares de referencia para a música tradicional galega. Tomouse a decisión de celebrala alí para ofrecer aos socios que inda non a visitaran, a oportunidade de ver in situ, un dos proxectos mais recentes da AGG na súa loita pola divulgación da música tradicional galega. Na asamblea farase unha lectura

da acta da xuntanza anterior celebrada o 27 de xuño do 2010 para proceder a súa aprobación. Así mesmo, a Xunta Directiva fará unha exposición dos traballos realizados no 2010, así como dos realizados no vai de ano e tamén dos proxectos de futuro nos que se está a traballar, de maneira que todos os socios poidan ver de primeira man o traballo acometido pola asociación. Este ano ademais, farase a elección dos novos membros da Xunta Directiva que serán elixidos pola Asemblea Xeral entre todas as candidaturas achegadas, resultando gañadora a que obteña máis votos. Haberá tamén un espazo reservado

para as preguntas e suxestións dos socios mediante o cal se pretende establecer un debate no que socios e Xunta Directiva fagan notar o seu espírito construtivo de cara ao presente exercicio.

ORDE DO DIA 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2. Informe das actividades realizadas no ano 2010. 3. Planificación de actividades 2011. 4. Aprobación do estado de contas do ano 2010. 5. Elección da Xunta Directiva 6. Rogos e preguntas.

O PORTAL DA AGG REFERENTE DA MUSICA TRADICIONAL

A

Asociación de Gaiteiros Galegos renovou en Novembro do 2010 a súa páxina web, cun deseño máis manexable e intuitivo e na que, coma coma sempre, poderedes atopar información sobre a nosa música, baile e cultura. Superando nos seus primeiros seis meses de vida

as 24.000 visitas, cunha media mensual de máis de 4.000 visitantes, o portal da AGG convertese nun referente de consulta dixital do mundo da música tradicional galega. Dende a páxina poderedes ter acceso á novas, contacto de artesáns e grupos, ligazóns de páxinas relacionadas coa cultura tradicional, e a información de primeira man e actualizada das actividades que se andan a organizar dende a Asociación e a Tradescola. Ademáis conta cun apartado para os socios onde, previa solicitude da clave, se ten acceso á descarga de partituras e outros arquivos de interese para a música tradicional galega. Temos tamén un espazo de aluguer para a túa publicidade. Para máis informacion podes poñerte en contacto a través do correo publicidade@gaiteirosgalegos.com


A CASA DA GAITA A Asociación de Gaiteiros Galegos estrea nova sede

O

día 26 de Marzo de 2011 foi inaugurada a Casa da Gaita, oprimeiro museo didáctico galego dedicado á gaita de fol, á súa historia, ao seu aprendizaxe tradicional e a un dos grandes gaiteiros da provincia de Pontevedra, D. Ricardo Portela. A Casa da Gaita sita en Viascón (Cotobade) conta con exposicións de instrumentos tradicionais e fotografías, e nela realizaranse distintas actividades relacionadas coa cultura tradicional, sendo a AGG o organismo xestor deste

novo museo da gaita. A Casa da Gaita é un modelo a seguir en canto á creación de espazos de divulgación do noso instrumento nacional. Este museo, que ademáis albergará a nova sede da AGG, conta tamén cunha exposición de máis de trinta fotografías antigas relacionadas coa gaita e os gaiteiros, así como recursos multimedia que permitirán achegar aos visitantes a historia e construción de todos instrumentos musicais galegos. Este centro permitirá, tamén, Sala de exposición de instrumentos

Actuación do grupo Picuiña durante a Inauguración da Casa da Gaita

achegarse a diversos aspectos da vida e o repertorio de D. Ricardo Portela, Presidente Fundador e Presidente de Honra da Asociaciación de Gaiteiros Galegos, e referente indiscutíbel dos músicos tradicionais galegos. A inauguración asistiron máis de 100 persoas, que posteriormente se reuniron para celebrar o Xantar Gaiteiro No acto da inauguración participaron Pablo Carpintero Arias, representante da AGG, Eduardo Esteban Meruéndano que foi o encargado de falar da figura de Ricardo Portela, Emilio Iglesias Barbeitos, Concelleiro de Promoción económica, Turismo e

Vivenda do concello de Cotobade, Miguel Anxo Fernández Lores, Presidente da Mancomunidade Turística Terras de Pontevedra e Manoel Loureiro Aldán, alcalde do Concello de Cotobade. A Casa da Gaita contará co apoio das entidades representadas no acto de hoxe para a súa posta en marcha e para o seu funcionamento. Tamén estiveron presentes neste acto todos os directivos da Asociación de Gaiteiros Galegos, os cuartetos de gaitas tradicionais “Picuiña” e “Faiscas de Solobeira” así como numerosos socios e amigos que non quixeron perder tan emotivo acto.

XANTAR GAITEIRO Camiñando pola súa dezaseisava edición, o Xantar Gaiteiro celebrouse o día 26 de marzo en Viascón, Cotobade

P

osteriormente á inauguración da Casa da Gaita tivo lugar a XVI edición do Xantar Gaiteiro, que reuniu a carón da Casa da Gaita a máis de 100 asistentes. O Xantar Gaiteiro é un encontro anual, organizado pola AGG, que vai pola súa 16ª edición e que cada ano se materializa nunha cidade ou vila, tratando de achegar esta celebración a todos os puntos da xeografía galega. Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos traballamos para cohesionar a ese enorme colectivo de persoas que levan anos

traballando para normalizar a presenza da nosa música na sociedade, pretendemos que os sons dos nosos instrumentos tradicionais sexan habituais nas rúas, nos medios de comunicación social, nas festas, e en todos aqueles espazos físicos e temporais nos que a música ten cabida. Dende a AGG creemos na importancia de manter xuntanzas como o Xantar Gaiteiro que serven para poñer en contacto ás persoas que, dende distintos puntos do país, traballan co obxectivo común de espallar e conservar a música tradicional.

Un gran numero de asistentes se reuniu para festexar o Xantar Gaiteiro


XORNADA DE MUSICA TRADICIONAL

XORNADAS DE BAILE III Xornadas de Baile Tradicional organizadas pola AGG

O

día 9 de Abril de 2011, o Centro Sociocultural do Castiñeiriño acolleu por terceiro ano consecutivo a numerosos bailadores e bailadoras na que foi a III edición das xornadas de baile tradicional. Estas xornadas naceron fai tres anos coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un

importante paso no camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais. Nestas xornadas preténdese conseguir unha posta en común de principios básicos sobre o baile tradicional en Galicia, e a maiores presentar métodos e materiais didácticos que acheguen o baile non só ao ambito das asociacións culturais, senón a toda a poboación.

Algúns dos asistentes as Xornadas de Baile

A Tradescola realizou unha nova xornada de música tradicional na vila de Chantada

A

Casa da música de Chantada acolleu unha nova actividade organizada pola Tradescola que se desenvolveu os días 30 de xaneiro e 3 de febreiro na vila. Xose Lois Romero e Luis Correa “O Caruncho”, encargados nesta ocasión da realización do concerto didáctico para escolares, fixeron un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos cautivando aos alumnos dos cursos de 5º e 6º de primaria que asistiron ao concerto. Cunha gran acollida por parte dos alumnos dos CEIP Eloisa Rivadulla e CEIP Xoan de Requeixo de Chantada, estes dous mestres da Tradescola amosaron os distintos ritmos, formacións e

instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega. O día 30 de xaneiro tivo lugar o curso gratuito de canto tradicional impartido por Ánxela Conde, onde máis de 20 participantes afondaron nas técnicas de canto e pandeireta, e na técnica vocal, e no que aprenderon distintas pezas do repertorio de música tradicional elexido para a ocasión. A Tradescola ten como obxectivo ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.

SEMINARIO DE MELIDE II Seminario de Percusión Tradicional organizado pola AGG

O

pasado sábado día 30 de Abril de 2011, tivo lugar no Edificio Multiusos de Melide a II Edición do Seminario de Percusión Tradicional, que naceu, fai dous anos, coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, dando así un importante paso no camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais. Con este Seminario preténdese conseguir unha posta en común de principios básicos sobre a percusión tradicional en Galicia. Unha actividade a través da cal Asociación de Gaiteiros Galegos intenta poñer en valor e afondar neste aspecto da nosa música. O II Seminario de Percusión Tradicional levouse a cabo dentro da programación de actividades da Foliada de Melide, onde a Asociación de Gaiteiros Galegos estivo presente durante a fin de semana cun posto informativo e de venda de publicacións.

Alumnos asistentes ao Seminario

NOVO CURSO DA TRADESCOLA A Tradescola abre o periodo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2011/2012. Xa está aberto o periodo de reserva de prazas na Tradescola, o centro de ensino de música e baile tradicional que a Asociación de Gaiteiros Galegos xestiona xa por terceiro ano consecutivo na cidade de Lugo. Actualmente a Tradescola conta con 200 alumnos matriculados nas

distintas aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión tradicional, requinta, linguaxe musical e nas aulas específicas para os máis pequenos. Se estás interesado en formar parte deste proxecto, e queres facer a reserva dunha praza para o vindeiro

curso, ou obter máis información, pódeste dirixir á Tradescola, no Complexo Residencial Xuvenil LUG II (Rúa Pintor Corredoira nº 4) de Lugo, chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un correo e l e c t r ó n i c o a : tradescola@gaiteirosgalegos.com Esperámosvos.


AVANCE DE PRÓXIMAS ACTIVIDADES MÚSICA TRADICIONAL EN “A PÉ DE RÚA”

A

asociación de Gaiteiros Galegos continúa traballando para incrementar a presenza da música tradicional no panorama cultural galego. Un ano máis, a AGG, colabora coa AGADIC; asesorando e incluindo a música tradicional no programa A PÉ DE RÚA, programa que inclúe actuacións de música e baile tradicional que se realizarán en diversas localidades de Galicia e nas que se mostrarán distintos tipos de formacións como cuartetos, murgas, bandas de gaitas, grupos de baile… A Pé de Rúa dá resposta a un amplo número de formacións de música tradicional, e permítelles actuar no seu entorno máis propio. Ao longo dos diferentes pobos do país, nas pequenas vilas e lugares, programaremos a presenza de ditos grupos coincidindo con festexos de ámbito cultural que fagan posible un maior interese e difusión do acto. As actuacións levaranse a cabo nos meses de xuño, xullo , agosto e setembro de 2011.

V CONGRESO DE E N S I N A N T E S DE MÚSICA TRADICIONAL

L

ogo de que no ano 2010 a Xunta de Galicia lle negase o apoio económico a Asociación de Gaiteiros Galegos para a celebración do V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional que se viña realizando dende os últimos anos, neste ano 2011 despois de que a xunta

directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos mantivese varias reunións con altos cargos da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) conseguiuse crear un compromiso por parte desta para o apoio económico para o Congreso de Ensinantes de Música Tradicional na súa V edición. As distintas edicións do Congreso de ensinantes de música tradicional, que reuniron nas cidades de Santiago e Lugo a preto de 1000 congresistas, convertéronse nun referente único en toda Galiza e no Estado. Nas catro edicións celebradas poideronse escoitar relatorios levados a cabo por importantes investigadores e docentes galegos, ou comunicacións, obradoiros prácticos e mesas redondas onde se debateron temas relacionados coa música tradicional. En todas as edicións prácticamente se completou o aforo de prazas, o que demostra o grande interese suscitado polos debates, obradoiros e relatorios que se programaron así como polas propostas que xurdiron das distintas exposicións, que deron a posibilidade a todos os asistentes de acceder aos recursos e coñecementos necesarios para cumprir coa súa función docente ou divulgadora no marco do sistema educativo galego. A AGG ORGANIZA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE PONTEVEDRA O XII MEMORIAL RICARDO PORTELA

A

fin de semana do 16 e 17 de Xullo de 2011 terá lugar a XII edición do Memorial Ricardo

E solicita xa: A túa conta de correo electrónico @gaiteirosgalegos.com A túa clave para ter acceso ilimitado ó portal web www.gaiteirosgalegos.com

Portela. Trátase dun concurso de gaita que quere render unha merecida homenaxe ao gaiteiro de Viascón, mestre recuperador da forma de interpretar a gaita en toque pechado. O principal obxectivo do certame é promover a música tradicional galega, así como impulsar a formación de novos cuartetos e quintetos. Como ocorreu nas pasadas edicións, o certame se desenvolverá en dúas fases: unha pola mañá, consistente en pasarrúas que dará comezo ás 12 da mañá na praza de Curros Enríquez, ocasión na que o xurado poderá elixir as oito formacións finalistas, e unha final ás 20 horas do serán, na que o mesmo xurado escollerá os tres primeiros premiados, que recibirán premios en metálico de 1.500, 900 e 600 euros. Asemade haberá o premio especial “Ricardo Portela”, dotado de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio do gaiteiro, e o premio especial “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para esta XII edición do Memorial e que recaerá na mellor interpretación dunha peza en toque pechado. Compre decir que estes dous premios son compatíbeis con calquera dos outros premios en metálico. A inscrición deberá realizarse no rexistro do Concello de Pontevedra, ben en persoa, ben por correo, facendo constar o nome do grupo, número de compoñentes e nome, enderezo e teléfono da persoa de contacto, así como un breve currículo do grupo. Ademáis do concurso o Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, organizará unha mostra de

artesáns de instrumentos tradicionais que permanecerá aberta ao público durante toda a fin de semana na praza de Ourense. A AGG ORGANIZA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE COTOBADE O CERTAME RICARDO PORTELA

A

fin de semana do 02 e 03 de Xullo de 2011 terá lugar o Certame Ricardo Portela que dende hai anos ven organizando o Concello de Cotobade e no que por primeira vez este ano colaborará a Asociación de Gaiteiros Galegos. Trátase dun certame homenaxe ao mestre Ricardo Portela mediante o cal se pretende potenciar a difusión da música tradicional galega. Con este proxecto, que se atopa na sua parte inicial, a AGG pretende reconvertir este certame e dar un novo impulso á promoción dos músicos de agora e de antes. NOVO PROXECTO EDUCATIVO DA AGG PARA A INICIACIÓN Á GAITA GALEGA

A

Asociación de Gaiteiros Galegos está a traballar nun novo e innovador proxecto educativo que pretende levar o ensino da gaita galega e a música tradicional en xeral ós nenos e nenas pequenos, valéndose de décadas de experiencias educativas e apoiándose no mellor asesoramento de especialista recoñecidos do noso país. Para máis información poñerse en contacto coa AGG a través de: secretaria@gaiteirosgalegos.com ou nos teléfonos: 986 847 074 / 982 229 966

Asociación de Gaiteiros Galegos Rúa Alfonso XIII, 7, of. 8 · 36002 · Pontevedra Quintán, 3 - Viascón · 36121 · Cotobade · Pontevedra 986 847 074 · secretaria@gaiteirosgalegos.com www.gaiteirosgalegos.es


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.