Revista do Craega 44

Page 1

REVISTA do

N

OS

CRAEGA

A

N.ยบ 44 > INVERNO 2018

O Craega celebra 20 anos de certificaciรณn ecolรณxica en Galicia Arqueixal acolleu a cerimonia do XX aniversario

Galicia protagoniza BioCultura Madrid

ร gora Verde remata o ano en Vigo


3 7 11 13 14 15

| | | | | |

Especial 20 aniversario do Craega De feiras Formación Actualidade do sector O que vai vir Taboleiro de anuncios

CRAEGA EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Manuel María Cancio Álvarez DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015

Establecementos colaboradores

Establecementos colaboradores

minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Cesta da Saúde Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com ABC de Bio R/ Padre Don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es

Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com Ecotenda Verganta R/ Santísima Trinidad, 7, baixo 15200 Noia A Coruña 689 389 190 ecoverganta@gmail.com Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es Ecotienda Orillamar R/ Orillamar, 76, baixo 15002 A Coruña 881 928 749 tienda@ecotiendaorillamar.com

As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es

Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com

Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es

Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org

Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com

D´Aldea Rosalía de Castro, 25, baixo 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 598 504 daldea.santiago@gmail.com

La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com

Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230

Maguz Ecolóxicos Mercado San Agustín, posto 3 15001 A Coruña 615 600 182 alfredosessa30@gmail.com

hostaleiros Ourense Bio, SL R/ San Rosendo, 9, baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com

A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com

Ponte Bio Praza Arxentina 5 36160 Ponteareas Pontevedra 603 602 050

A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com

Puro Bío R/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo 32004 Ourense 988 603 773 purobio@purobio.es; jose@purobio.es Recuncho Ecolóxico Mercado municipal, local exterior, 14 Praza do Concello 15100 Carballo A Coruña 687 243 375 orecunchoecoloxico@gmail.com Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Terra Ecolóxica Travesía de Rianxo, 3 15009 A Coruña 881 879 299 info@terraecoloxica.com www.terraecoloxica.com Terrae Orgánica Rúa Venezuela, 76, baixo 36204 Vigo (Pontevedra) 986 115 550 www.terraeorganica.com terraeorganica@gmail.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com

Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Coto do Rano 2 R/ Reza, 11, baixo 32003 Ourense 988 240 121 www.restaurantecoto.es info@restaurantecoto.es Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es

Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 info@restauranteespana.es www.restespana.com Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 905 portasantiago@mundo-r.com Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com


ESPECIAL 20 ANIVERSARIO

O día 20 de decembro o Craega reuniu en Palas de Rei os operadores certificados en ecolóxico, así como varios representantes da Administración pública, para conmemorar o vixésimo aniversario da entidade. Asistiron ao acto preto de 300 persoas, no cal se fixo referencia ao pasado, pero, sobre todo, se puxo o foco nos retos para o futuro do sector.

Dúas décadas defendendo a

produción ecolóxica

A

granxa Arqueixal (actualmente reconvertida en complexo ecoagroturístico), situada na parroquia palense de Albá (Lugo), foi o lugar elixido para esta celebración, na que estiveron presentes, entre outros, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez; a directora xeral do Medio Rural, Belén do Campo; a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez Moreda; o delegado do Goberno en Galicia, Ramón Carballo; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; e o alcalde de Palas, Pablo Taboada. En representación do Craega asistiron o presidente, Francisco López Valladares; os vicepresidentes, José Antonio Fernández e Rocío Freire Rodríguez, e mais o secretario, Javier García Lozano. Por sorte, o tempo quixo acompañar e o sol brillou no último día de outono do ano, o escollido polo Consello para o evento, que comezou a media mañá cuns aperitivos con produtos eco e continuou tras a chegada das autoridades, que fixeron unha ruta polo lugar e puideron desfrutar dun grupo de teatro que representou algunhas escenas típicas do rural galego, así como da música de Davide Salvado. Durante a cerimonia, Valladares fixo fincapé nas excelentes cifras coas que se pecha 2017 CRAEGA

> 3


ESPECIAL 20 ANIVERSARIO

—espérase acadar os 50 millóns de euros en facturación— e aproveitou a ocasión para gabar o labor levado a cabo polo anterior presidente e por todos os traballadores do Consello, porque sinalou que “este sector non só beneficia os consumidores senón tamén o medio ambiente”.

Seguidamente, deulle os parabéns ao Consello e ratificou o apoio da Deputación para seguir promovendo a agricultura ecolóxica co fin de lograr que sexa o máis produtiva posible: “Entre todos debemos loitar por ter un prezo rendible para estes produtos”, sinalou.

O delegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, destacou as bondades destes produtos, que “teñen garantías de futuro, como demostra este aniversario”, o cal supón unha “excelente oportunidade para reflexionar sobre o labor daqueles que apostan pola agricultura ecolóxica”. Carballo afirmou que estes vinte anos serviran para demostrar que os precursores desta iniciativa fixeran “unha aposta acertada” e rematou a súa intervención reafirmando o seu convencemento de que “nestes produtos temos o futuro do noso país”.

A rolda de intervencións foi pechada pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, quen fixo fincapé no bo estado de saúde do Craega, un proxecto “máis que encamiñado” que conseguiu reunir en Albá a toda a “familia viva do rural”. Porén, Vázquez apuntou que “o rural non é unha ONG, é economía”, de aí a necesidade de seguir traballando para ser cada vez máis rendibles. “A mellor herdanza que lles podemos deixar aos nosos fillos é unha boa alimentación”, apuntou a conselleira antes de rematar a súa exposición cunha petición: “Volvérmonos reunir en 10 anos e triplicar o volume de produción”.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Darío Campos, comezou a súa quenda cun discurso a favor do rural: “Creo no rural, deféndoo como valor diferencial da provincia de Lugo”.

4

<

CRAEGA

O día rematou cunha degustación de produtos ecolóxicos que estivo acompañada pola actuación do músico galego Davide Salvado.


ESPECIAL 20 ANIVERSARIO

Ao longo do día entrevistamos a diversos produtores e membros do Consello, os cales botaron unha ollada ao pasado e falaron sobre a evolución do Craega nestes vinte anos, dos grandes fitos acadados e dos obxectivos de cara ao futuro.

Tempo de

reflexións

CARMEN SÁNCHEZ (Galuriña) “Eu acabo de comezar e, cando se está empezando, cométense moitos erros, pero o Craega está aí para levar os novos tamén da man; é un referente que é evidente que está crecendo cada ano máis. Para min o selo é imprescindible de cara á venda ao consumidor final porque é unha garantía que se lles dá a eles para saber que todos os seus produtos son de calidade e son ecolóxicos”.

ESTHER TEIXEIRO (Diego de Lemos) “Levo sendo produtora ecolóxica dende hai 17 anos e tamén me gusta comer todo ecolóxico... se podo! Hoxe todo o mundo sabe o que é o produto ecolóxico, pero antes non era así. Hai 60 anos todo era ecolóxico, pero pasamos a un mundo que xa non se acorda do de antes”.

IÑAKI TERRADOS (Alicornio Organic Liquors) “Houbo un salto cuantitativo e cualitativo moi grande. Nun principio a agricultura ecolóxica pouco menos que era que unha cousa de frikis e agora nótase máis apoio institucional. O valor dun selo como o do Craega é que lle dá unha confianza ao consumidor, que sabe que está tomando produtos de calidade certificada que son respectuosos co medio ambiente”.

ROCÍO FREIRE (Alibós Galicia) “Penso que todos sabemos que a evolución está a ser moi positiva nos últimos anos e temos uns niveis de crecemento moi importantes; agora un dos retos que temos que afrontar é trasladarlles aos consumidores o coñecemento de que os produtos ecolóxicos teñen unha calidade superior e un sabor como o de antes”.

ALBINO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ (produtor de horta ecolóxica) “A implantación do selo foi fundamental, é o noso carné de identidade, sen el non imos a ningún lado. Tamén penso que a concienciación vai ser cada vez máis forte, porque agora mesmo se están a consumir carnes de plástico e non creo que iso sexa viable. En canto á demanda, polo de agora hai máis de fóra de Galicia, pero iso débese ao poder adquisitivo de segundo que zonas”.

CRAEGA

> 5


ESPECIAL 20 ANIVERSARIO

ENTREVISTA A JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ

“O máis importante é traballar para que os consumidores sigan a crer en nós” José Antonio Fernández foi o presidente do Consello durante unha década. Na actualidade comparte a vicepresidencia con Rocío Freire e é representante de empresas agrarias de produción vexetal, tarefa que compaxina coa súa explotación de vacún de carne e co cultivo de árbores froiteiras.

»

Que importancia ten a implantación do selo do Craega nos produtos e cal pensa que foi a mellora nestes anos? Dende o inicio, tanto o noso Consello como calquera outro de España traballaron por facer as cousas ben, na procura de que non se detectase ningún escándalo… e séguense a facer ben. Nese sentido, penso que o equipo técnico do Craega levou a cabo sempre un labor impecable. Igualmente, ademais do esforzo dos traballadores —e isto é algo que me tocou a min máis de cheo— foi moi importante a consecución da acreditación por parte da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), o que significa que estamos a facer a certificación adecuadamente.

»

O Craega cumpre 20 anos. Cal foi a súa evolución dende entón e cara a onde mira o sector? No tocante á evolución, eu estou especialmente implicado por ser o anterior presidente. Nos comezos, nas reunións do Craega nas que teño estado presente, todo o mundo trataba de “sacarnos de diante”, por dicilo dalgunha maneira. Daquela eramos un puñado de produtores e dúas ou tres industrias, que foron as que ao final fixeron moito pola produción ecolóxica, porque o feito de que a industria apostase pola produción ecolóxica naquel momento… era algo a ter moi en conta. Pasados tres ou catro anos, todo foi moito mellor, os políticos comezaron a inte6

<

CRAEGA

resarse cada vez máis ata chegar a hoxe, cando xa non hai un que non crea nisto, ao igual que os medios, que tamén estades a crer moito en nós. Igualmente, é moi salientable o crecemento no número de produtores, que seguen a apostar por este tipo de produción, malia as dificultades que supón o comezo. A terceira pata son os consumidores, que son os que, loxicamente, axudan a conseguir que a produción siga a crecer. Hai un dato moi importante, que me gusta moito lembrar, e é que España pasou a ser o ano pasado o 10.º país en canto a consumo de produtos ecolóxicos e o 5.º en canto á superficie dedicada á produción ecolóxica a nivel mundial e Galicia vai á par nesta posición.

»

Chegar a ser o número 1 en produción ecolóxica é o próximo reto para o futuro? Máis que ser o número 1 en nada, o que queremos é manter, sobre todo, a certificación, lograr que os consumidores sigan a crer en nós e vexan que o estamos facendo ben. Sería tamén importante incrementar o consumo na rexión, porque na actualidade unha gran parte da produción ecolóxica segue a venderse fóra de Galicia. Non obstante, creo que co esforzo de todos os participantes do sector —traballadores do Craega, operadores, administracións e tamén os medios de comunicación— o imos conseguir.

»

Como ve o consumo en Galicia a nivel nacional e internacional? Como xa che dixen antes, igual que sucede en España, o avance é importante. Con todo, temos que esmerarnos máis para chegar á xente. Noutros países como Suíza, Dinamarca… saben que este consumo é bo para a saúde e para o medio ambiente. Aquí temos que concienciar máis e debemos ter en conta, ademais, que consumindo produtos ecolóxicos estamos a minimizar mesmo os efectos do cambio climático que se está a producir.


DE FEIRAS  >

Craega asiste a Natexpo París

O

O pasado mes de outubro, o Craega viaxou a Paris para participar no Salón Internacional de Produtos Ecolóxicos Natexpo, o cal se desenvolveu os días 22, 23 e 24 dese mes na capital francesa. Ao evento asistiron 29 países, 850 expositores (201 internacionais) e 14.800 visitantes, un 23 % máis que na anterior edición.

A produción ecolóxica galega estivo representada por un grupo de cinco empresas certificadas polo Consello: Dime Salnés (mexillón), Mariscos Veiro, Conservas Pérez Lafuente (mexillón e produtos do mar), Global and Ecofriendly Natural Extracts (Glecex) [preparados alimenticios e extractos naturais] e Hifas da Terra (preparados alimenticios e cogomelos), catro das cales participaron dentro do Programa do Igape “Galicia exporta organismos intermedios”, que ten como obxectivo potenciar a internacionalización das pemes galegas. Co fin de apoiar o desenvolvemento deste mercado e reforzar a representatividade nos diferentes territorios bio de Francia, a vindeira cita deste Salón terá lugar en Lyon os días 23 e 24 de setembro de 2018. O mercado eco francés é o segundo maior en Europa, cun volume de 6.900 millóns de euros alcanzados a finais de 2016 e cun crecemento do 21,84 % no primeiro semestre de 2017. CRAEGA

> 7


DE FEIRAS  >

A

33.ª edición de Biocultura Madrid, que se desenvolveu no Ifema (Institución Ferial de Madrid) entre o 9 e o 12 de novembro, tivo como protagonista este ano a comunidade galega, polo que un anaco das instalacións luciu as cores da nosa bandeira. Un total de 34 empresas certificadas polo Craega viaxaron ata a capital española para promover os seus produtos durante eses días, o que supón un aumento dos participantes dun 34 % con respecto ao ano anterior.

Galicia, comunidade convidada de BioCultura Madrid

Galicia foi elixida comunidade protagonista polos organizadores do evento, a Asociación Vida Sana, que promoven a agricultura ecolóxica desde 1981. Este recoñecemento foi posible por diversas razóns, entre as que destacan o labor de todos os axentes do sector que traballan a diario para fomentar a alimentación eco, o crecemento continuado do sector na nosa comunidade, a numerosa participación das empresas galegas na pasada edición da feira e a aposta por Galicia como novo destino de Biocultura.

Presenza de máis de trinta firmas galegas Entre os numerosos representantes galegos, os visitantes puideron atopar case todos os tipos de produtos: carne (Celtaverde, Verín Biocoop); lácteos (Arqueixal, Biofactory, Casa Grande de Xanceda); viños (Corisca, Producto de Aldea, Adegas Xangall); sidra (Maeloc); cervexa (Alicornio, Bubela Artesá, Cervexa Celebridade Galega, Galician Brew, Kalinka Lagazós); licores (Alicornio); acuicultura e produtos do mar (Algamar, Mar de Ardora, Pérez Lafuente, PortoMuiños); apicultura (Sovoral); panificación (Galuriña, Lugar da Veiga, Maruxas); froitas, conservas vexetais e outros produtos hortofrutícolas (Caurelor, Conservas do Támega, Daiquí, Horta do País, Froitas do Rosal, Pecado de Outono, Souto da Trabe) e outras elaboracións e preparados alimenticios (Bio Alacena, Glecex, Hifas da Terra, Orballo).

Unha cita imprescindible O acto de inauguración celebrouse na zona do Craega coa presenza de diversas personalidades institucionais: Rosa Quintana (conselleira do Mar); Belén do Campo (directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias); Mercedes Rodríguez (directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica); María García (concelleira de Medio Ambiente da Coruña); Paz Valiente (coordinadora xeral de

8

<

CRAEGA


DE FEIRAS  >

Medio Ambiente do Concello de Madrid); Francisco López Valladares (presidente do Craega) e Ángeles Parra (presidenta de Vida Sana). O acto foi amenizado pola música da banda de gaitas Lume de Biqueira. No discurso de apertura, a titular do Mar salientou o aumento das vendas de produtos eco galegos procedentes do mar, cunha suba do 38 %, e un valor económico no mercado de máis de 9 millóns de euros. Nesta liña destacou a importancia deste sector en Galicia, que conta xa con 74 operadores deste tipo de produción. Así mesmo, incidiu na relevancia de focalizar os esforzos neste tipo de eventos que se erixen como un escaparate perfecto para intercambiar ideas, contactos, proxectos e realizar operacións de compra e venda. Por iso, explicou a conselleira, “Galicia non pode faltar a esta feira”.

Catro días de intensa actividade Os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer os produtos dos representantes galegos tanto nos seus postos como a través das 16 actividades que formaron parte do programa, que incluíu 5 charlas e 11 degustacións. O Consello organizou dúas actividades nas que se deron a coñecer os produtos máis característicos da comunidade presentes nos pratos máis tradicio-

nais. Ademais, o público puido participar nun sorteo dunha cesta de produtos da que formaron parte algunhas das empresas galegas. O evento acadou unha gran presenza mediática. Diversos medios, como a TVG, Telecinco, La Sexta ou RTVE, pasaron pola zona onde estaba instalado o Consello para coñecer de preto os produtos da nosa comunidade.

Grande éxito de asistencia Biocultura está aberta ao público xeral, polo que se poden facer contactos profesionais e, ao mesmo tempo, coñecer a aceptación dos produtos por parte do consumidor final. Nesta edición este intercambio de ideas e proxectos e a promoción de produtos foi todo un éxito, pois conseguíronse superar as 75.000 persoas asistentes, os 800 expositores, ofrecéronse máis de 400 actividades de formación, debates e información, e aumentouse a superficie expositiva nun 56 %, unhas cifras que, sen dúbida, reflicten a excelente saúde do noso sector.

Próxima cita con BioCultura Madrid (34.ª edición): Días 1, 2, 3 e 4 de novembro de 2018 Feria de Madrid - IFEMA (pavillóns 8 e 10)

CRAEGA

> 9


DE FEIRAS >

Ágora Verde, presente

no Mercado do Nadal de Vigo

P

or quinto ano consecutivo os comerciantes da zona da rúa Príncipe en Vigo organizaron o seu Mercado do Nadal e este ano o Craega tivo o seu propio posto co fin de darlle continuidade ao proxecto Ágora Verde, que promove os produtos certificados en feiras que se celebran na rúa. O mercado estivo instalado no centro da cidade olívica, preto do Museo de Arte Contemporánea (Marco), entre os días 1 de decembro de 2017 e 5 de xaneiro de 2018. Con esta iniciativa, o Craega continúa a ocupar espazos ao aire libre para amosar o traballo dos operadores.

Empresas participantes • Asociación “Non é o mesmo”, da que formaron parte Sabora (café), Leira Doce (galletas), Jobe (ovos), Bacelos de Biobra (viño), Milhulloa (plantas medicinais e hortalizas), Paporroibo (tés e infusións), Panadería Divina, Amorodo (marmeladas), Shiinatural (cogomelos) e Abadía da Cova (viño) • Abella Lupa (mel) • As Galegas (cervexa) • Bio Alacena (preparados alimenticios) • Candea e Miño (pastelería) • Caurelor (castañas) • Cesta Fresca (horta) • Corisca (viño albariño) • Daiquí (horta, turrón, doces, cafés...) • Galicia Sostenible • Galletas Daveiga e Mirabel do Rosal • Galuriña (empanada) • Herbas de Caaveiro (plantas medicinais, aromáticas…) • Manuel Blanco Martínez (horta) • O Alle Leite Cru (produtos lácteos) • Orballo (plantas aromáticas, especias, infusións…) • Pecado de Outono (castañas e derivados) • Producto de Aldea (viño) • Souto da Trabe (castañas, figos…) • Sovoral (mel) • Terra de Baronceli (marmeladas e patés)

10

<

CRAEGA


FORMACIÓN >

Xornada sobre a comercialización de

produtos eco en Monforte

O

curso celebrou unha primeira sesión no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos (Lugo) o 2 de novembro do pasado ano e a ela asistiron operadores ecolóxicos de distintos sectores produtivos (carne, mel, horta, mexillón e transformados), así como estudantes de cursos formativos orientados ao emprendemento, persoal do Craega e da Administración e público en xeral. A primeira participante foi Verónica Núñez (Caurelor), quen ofreceu a visión da comercialización de produtos vexetais transformados (arandos, amorodos ou castañas para a venda en mercados locais) e fixo fincapé na importancia do vínculo das producións co territorio. A seguir, o representante de Eurobanan, produtor e distribuidor de froita introducido na distribución de produtos ecolóxicos, centrouse nas principais canles de distribución de froitas e verduras a nivel rexional e nacional. Pola súa banda, Meles Anta, produtor e comercializador de mel ecolóxico que fai distribución internacional, deu a coñecer os mercados internacionais de mel e cales son as axudas dispoñibles por parte de diversos organismos para chegar aos mercados. Por último, José Luis Vaz (Verín Biocoop) falou das razas autóctonas e dos mercados de gando vacún ecolóxico, así como das dificultades rela-

tivas á conformación das canais ou da dispoñibilidade de lugares de sacrificio. Pola tarde levouse a cabo unha sesión teóricopráctica sobre dous aspectos fundamentais da comercialización: a creación dunha marca e as embalaxes. A encargada de impartila foi unha docente desta materia pertencente a EFA Galicia, quen puxo de manifesto a necesidade da creación dunha marca que transmita a imaxe adecuada á historia que se quere contar. Ao remate houbo un debate entre os asistentes. A segunda sesión do curso tivo lugar o día 10 de novembro, no que Elva González (xefa do Servizo de Control da Calidade Alimentaria da Xunta de Galicia) impartiu unha charla sobre a etiquetaxe de produtos ecolóxicos e a normativa sectorial obrigatoria de carácter xeral. Finalizou a sesión Pablo Medraño (Roi Scroll Digital Business), quen explicou os fundamentos do marketing dixital e as principais liñas a seguir para aproveitar as redes sociais e Internet como ferramentas de venda e de publicidade. Pola tarde o grupo desprazouse a Madrid para visitar ao día seguinte, 11 de novembro de 2017, a feira Biocultura entre as 10 e as 16 horas. O obxectivo principal desas actividades de formación é compartir as experiencias de comercialización dos operadores ecolóxicos cos diferentes ámbitos de comercialización.

CRAEGA

> 11


FORMACIÓN >

Curso sobre

comercialización eco tamén en Lugo

O

s días 8 e 11 de novembro tivo lugar outra xornada sobre comercialización de produtos eco, esta vez no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. Varios representantes da Consellería do Medio Rural e do Craega foron os encargados de inaugurar esta actividade, que continuou coas intervencións de Pedro Vidal (Caponcito SR), José Luís Vaz (Verín Biocoop), David Corral (Mieles Anta) e Guillermo Martínez (Casa Grande de Xanceda), os cales ofreceron información sobre a comercialización de carne de avicultura e de vacún, mel e lácteos. Ao igual que na xornada de Monforte, o día 11 o grupo participante desprazouse a Madrid para asistir a BioCultura. O alumnado estivo acompañado do persoal do Craega e da Oficina Agraria Comarcal de Lugo.

Produtores eco reciben formación na especialidade de horta en Guísamo

O

s días 24 e 25 de outubro o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (A Coruña) acolleu unha nova actividade formativa especializada en horta ecolóxica, á que asistiron produtores chegados de varios puntos de Galicia.

O primeiro día o profesor portugués Júlio Mendes repasou polo miúdo as técnicas de produción ecolóxica. A continuación, María Canle (Cultiagro) ofreceu un relatorio no que abordou as novas tecnoloxías dispoñibles para loitar contra as pragas mediante fungos e outros organismos beneficiosos. Pola tarde o alumnado recibiu dous talleres, un de sementeira e outro dedicado ao mantemento de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios, dirixidos polo profesor Mendes e por Javier Tubío, respectivamente. Ao día seguinte, Mendes continuou coa exposición teórica sobre as técnicas de compostaxe e insistiu na importancia das asociacións de cultivo en produción ecolóxica. Pola súa banda, Ramón Lamelo (Servizo de Promoción da Calidade Agroalimentaria da Xunta de Galicia) informou o alumnado sobre a directiva de uso sostible, fixo fincapé na necesidade de mellorar os cadernos de explotación e deu conta das axudas existentes en materia ecolóxica da UE. A continuación, J. R. Ramón Gallego, representante de BASF, ofreceu unha charla dende a perspectiva das grandes multinacionais químicas ao respecto da produción ecolóxica. Finalmente, Lolo Andrade (apicultor en ecolóxico) presentou algúns produtos dispoñibles para acelerar o proceso de recuperación e de enriquecemento en nutrientes dos solos. Clausurou esta nova acción formativa o presidente do Craega, Francisco López, quen lle contou ao público a súa propia experiencia na extensificación da produción hortícola e no mercado ecolóxico.

Hortos eco:

horta e froiteiras

E

ste foi o tema do obradoiro que se desenvolveu no salón de actos da Oficina Agraria Comarcal de Celanova os días 16, 17 e 20 de novembro. O encargado de inaugurar esta actividade de transferencia tecnolóxica foi o Craega, cunha charla sobre a situación actual do sector, da man de Antonio Eduardo Pérez, responsable de Calidade. A primeira xornada contou, ademais, coa presenza de varios profesionais do sector, como Manuel García (Cooperativa Daiquí), Sabino Muíño (Koopert) e Isabel Otero, técnica do Medio Rural. Na segunda xornada participaron Santiago Pereira (EPS Lugo), Cándido Martínez (Coop. Árbore), Eva González (Carabuñas) e Anabel Dacosta (bióloga e produtora), os cales abordaron diferentes temas relacionados co horto ecolóxico, tales como o tipo de castes autóctonas, as técnicas de conservación ou o manexo e a planificación. O taller completouse cunha visita a diversas explotacións ecolóxicas e a varias industrias do sector situadas na zona de Chantada e Monterroso.

12

<

CRAEGA


ACTUALIDADE DO SECTOR >

Primeira reunión do presidente do Craega coa titular do Medio Rural

O

O día 28 de novembro a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión cos portavoces do Craega na cal compartiron impresións de cara ao Plan estratéxico da produción ecolóxica galega que está a desenvolver este departamento. O encontro serviu como primeira toma de contacto entre o novo presidente, Francisco López Valladares, e a conselleira. Na reunión tamén estiveron presentes o secretario do Consello, Javier García, e o director técnico, Manuel Cancio. Medio Rural realizou as consultas co sector (produtores, representantes sindicais, industrias e consumidores) e, con base nos seus resultados, redactou o plan de actuación de cara ao futuro, que tiña previsto presentarse a comezos de 2018. O obxectivo da Consellería será comezar a aplicar o plan este ano como “impulso definitivo” desta actividade.

Medalla de Ouro para a Sidra Ribela

Casa Codesal, mellor gandería ecolóxica nos I Premios Exceleite

O

día 10 de novembro a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, fixo entrega no concello coruñés da Baña dos I Premios Exceleite, a través dos cales se pretende recoñecer o labor das vinte mellores explotacións leiteiras galegas no ámbito hixiénico-sanitario entre todas as inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi).

A

sidra lupulada Besta, producida pola sidrería estradense de produción ecolóxica Ribela, obtivo a medalla de ouro no certame celebrado no marco da II edición do Sagardo Forum de Hernani (Gipúscoa), entre o 23 e o 25 de novembro, cunha puntuación de 47 puntos sobre 50, máxima outorgada neste tipo de sidras. Así mesmo, obtivo a medalla de bronce na modalidade de “Sidra tradicional inglesa” pola súa marca Maceiras Vellas, elaborada coas maceiras máis antigas da comarca Tabeirós-Terra de Montes, cunha puntuación de 36 sobre 50.

Na categoría de mellor gandería ecolóxica resultou galardoada co Exceleite de Ouro Casa Codesal (Friol), propiedade do gandeiro Ángel Rivas Lamas; o segundo premio nesta categoría acadouno Mouriño González Benito (Silleda, Pontevedra). Ademais, estas dúas explotacións tamén se fixeron co primeiro posto nas categorías de mediana-extensiva e pequena-extensiva, respectivamente. A estes premios, organizados pola Consellería do Medio Rural, en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), puideron optar 5.000 granxas galegas, todas as inscritas no Recaldi e que, polo tanto, están en disposición de usar o distintivo de calidade Galega 100 %. Delas seleccionáronse, con criterios técnicos, as 50 explotacións finalistas e, posteriormente, os 20 recoñecementos.

No evento participaron 170 sidras de 14 países que foron xulgadas por un prestixioso xurado internacional. CRAEGA

> 13


O QUE VAI VIR >

O Igape fai público o Programa

‘Galicia exporta’

O

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) fixo pública a convocatoria do Programa “Galicia exporta”, o cal vai dirixido ás pequenas e medianas empresas (pemes). Conta con dúas modalidades: unha para solicitar individualmente e a outra a través dun organismo intermedio (neste caso o Craega). A finalidade do devandito Programa é incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante accións promocionais no exterior de forma individual ou en conxunto. O prazo de presentación finaliza o 21 de febreiro de 2018.

As empresas interesadas podedes consultar as bases da convocatoria na web do Igape (http://www.igape.es/gl/ base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP336) ou solicitarlle información ao Craega.

Galicia acollerá por primeira vez BioCultura

A

Coruña será a cidade galega elixida para levar a cabo a primeira edición desta gran feira internacional en Galicia. A posta en marcha é posible grazas ao convenio de colaboración entre Expocoruña e a Asociación Vida Sana. Este evento contará co apoio da Xunta de Galicia, o Concello da Coruña e o Craega. As datas previstas para a súa celebración serán do 2 ao 4 de marzo deste ano.

La revista técnica de agroecología, agricultura y ganadería ecológicas

Nuevo número: SANIDAD VEGETAL Y XYLELLA

¿ALGO NUEVO O LO DE SIEMPRE?

Suscríbete a la revista Ae desde 12€ al año www.revista-ae.es - tel: 961 26 71 22

14

<

CRAEGA


Taboleiro de anuncios Fragaira - Viveiro de plantas de froitos silvestres. Vendemos plantas de arando, framboesa, mora, grosella vermella e grosella negra certificadas en ecolóxico en Negreira (A Coruña). 699761644 fragaira@gmail.com www.fragaira.blogspot.com

ficados. Produtos de tempada ecolóxicos e certi saxería): men por os enví én (tam Servimos a domicilio as cest e lo rega s bono dos, pedi iculares Visitas concertadas para grupos e part , A Coruña) (Teo eiras Cach Estamos en Tras do Eixo, 25 a Dubr de horta A José Domínguez Dubra 646 413 844 Facebook: A Horta de Dubra

Venda de carne de vacún de produció n ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o dese xe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en tran sporte frigorífico para non romper a cadea de frío. Vicente Prieto Ledo 609 864 738 info@limusinatouza.com

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacarballada@hotmail.com

Alúganse 7 ha en dúas parcelas de terre o en ecolóxico dende o ano 2000, das que 9.000 m² están plantadas de maceiras para sidra. José Hermida Fernández A Graña, 27835 Roupar Xermade (Lugo) 649 428 364 an.geles@hotmail.com

Descontos do 20 % nas tari aloxamento fas de en Ecoagrotur is m o Arqueixal para inscrito s no Craega. Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 03 contacto@arqu 0 eixal.com / w ww.arqueixal .com

alizadas de cestas person Lugo, que Repartimos lo de ta no concel verdura e froi con produtos r ta en em pl m co n de se po certificados. ou ecolóxicos os ic ám in od (Lugo) bi , A Pontenova A Panturreira 641 9 olz: 637 84 Isabel Zaera D om .c la al shambh izaera@granja om .c la al granjashambh 650 343 777

Véndense fabas ecolóxicas de Lourenzá, a granel ou envasadas. M.ª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006

la ecolóxico. Viveiro de plantel hortíco arga. Facemos plantel por enc Biohorta 981 483 312 / 669 690 212 agricolacuruxeira@gmail.com

Carmen de Socastro en de Na horta ecolóxica “Carm de os dut pro Socastro” temos ro, ast Soc en os am tempada. Est . uña Cor A s, Roi de lo cel 11, con ! Ven e coñécenos om carmensocastro@hotmail.c 138 167 630

Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria. San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273

castaña ecolóxica, Soutoseco: fariña de , dra. 100 % castaña feita en muíño de pe . ble za tili reu envasada en bote m soutoseco@gmail.co .soutoseco co se uto /so www.facebook.com

Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de se rvir en despeces en distintos formatos . Granxas de Lousada SC 657 103 467 sboados@gmail.com

Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxic a de Rubia Galega. Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

Bo para a túa sa úde, bo para o medio ambiente. Carn e ecolóxica de Raza Vianesa alimentada excl usivamente co n pasto e leite, rica en Omega 3 e recomenda ble para celíaco Poñémola na sú s. a casa en lotes de 1/2 canal de 60 quilos envasa da ao baleiro. Ecovianesa S.L. - Berrande (Our ense) 676 966 255 ecovianesa@gm ail.com

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería La Tomea (Rábade, Lugo) Jesús Dapena 982 390 355 - 607 289 806

de verduras Repartimos caixas en Santiago io ecolóxicas a domicil os limítrofes ell nc co e de Compostela ). , Teo, Ames e Brión (Vedra, Boqueixón ga ae Cr no ta cri dra ins Finca de horta en Ve artido.com miguel@tempocomp

Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es


Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

Impreso en papel 100% Reciclado

Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/n Edificio Multiusos 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Tel.: 982 405 300 - Fax: 982 416 530 craega@craega.es www.craega.es Síguenos en:

FEADER Europa inviste no rural


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.