Revista do Craega 38

Page 1

REVISTA do

CRAEGA

Nº 38 > Primavera 2016

anual a i r o m e M do Craega

A frutífera colleita de 2015 > Varias empresas

> I Xornada de

> Os produtos galegos

> Presentación de

> ‘31 experiencias de

> Homenaxe a

reciben o Craega en Chantada

eco volven á feira de Biofach

calidade’ no XXX Salón de Gourmets

Produción Ecolóxica en Lalín

ECONewFarmers

José Andrés de la Fuente


3 | Memoria anual do Craega 8 | Reportaxe 10 | De feiras

CRAEGA

12 | Degustacións

EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez Salgado DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015

13 | Actualidade do sector 15 | Taboleiro de anuncios

Establecementos colaboradores

Establecementos colaboradores

minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es

Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es

A Cesta da Saúde Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es

Ecotienda Orillamar R/ Orillamar, 76, baixo 15002 A Coruña 881 928 749 tienda@ecotiendaorillamar.com

A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com

Ganadería Tierra Celta S.L. Vilar, 35, San Pedro de Baroña 15979 Porto do Son A Coruña 981 853 111 office@tierra-celta.com www.tierra-celta.com

ABC de Bio R/ Padre Don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es

Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es

As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

Horno Integral Pandarán Avda. Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra 986 303 610 info@pandaran.es www.pandaran.com

Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org D´Aldea Rosalía de Castro, 25, baixo 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 598 504 daldea.santiago@gmail.com Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230 Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com

Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com Horta Verde Tui R/ Alcalde Casal Aboi, 4 36700 Tui Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es Hortasán Praza de Abastos, posto 33 36002 Pontevedra 981 512 491 casadocampo@tempocompartido.com La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com

hostaleiros Maguz Ecolóxicos Mercado San Agustín, posto 3 15001 A Coruña 615 600 182 alfredosessa30@gmail.com

A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com

Ourense Bio, SL R/ San Rosendo, 9, baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com

A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com

Ponte Bio Praza Arxentina 5 36160 Ponteareas Pontevedra 603 602 050 Puro Bío R/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo 32004 Ourense 988 603 773 purobio@purobio.es; jose@purobio.es Recuncho Ecolóxico Mercado municipal, local exterior, 14 Praza do Concello 15100 Carballo A Coruña 687 243 375 orecunchoecoloxico@gmail.com Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Terra Ecolóxica Travesía de Rianxo, 3 15009 A Coruña 881 879 299 info@terraecoloxica.com www.terraecoloxica.com Terrae Orgánica Rúa Venezuela, 76, baixo 36204 Vigo (Pontevedra) 986 115 550 www.terraeorganica.com terraeorganica@gmail.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com

Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Coto do Rano 2 R/ Reza, 11, baixo 32003 Ourense 988 240 121 www.restaurantecoto.es info@restaurantecoto.es Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es Restaurante Biobania R/ Cordelería, 7 15003 A Coruña 981 221 301 biobania@gmail.com www.biobania.blogspot.com.es Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es

Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 info@restauranteespana.es www.restespana.com Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 905 portasantiago@mundo-r.com Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA  >

de Un almorzo utos n prod benvida co lle paso á deu ecolóxicos prensa que o de conferencia or de Agricultura gulad Consello Re ga) organizou na súa Crae do Ecolóxica ( rte de Lemos o pasa nfo os sede de Mo il para dar a coñecer abr luns 11 de ómicos da produción datos econ Galicia en 2 0 15, e ecolóxica d úan á alza. que contin

A agricultura ecolóxica segue a dar

boas noticias

A

demais do presidente da entidade, José Antonio Fernández, na mesa sentáronse a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez; a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, e a vicepresidenta do Craega, Rocío Freire. Cómpre salientar que a memoria de actividades adoita facerse pública en Santiago de Compostela, pero nesta ocasión o Craega decidiu trasladar o acto ao seu propio local e convidar tanto a titular do Medio Rural coma a directora xeral para que coñecesen as súas instalacións. Durante a presentación o alcalde monfortino tendeulle a man ao Consello para colaborar no futuro en todo o que lle fose posible como entidade local e felicitounos polo labor realizado ata o momento. Despois cedeulles a palabra aos encargados de ofrecer o balance anual da agricultura ecolóxica, a conselleira do Medio Rural e o presidente do Craega, os cales estiveron de acordo no que respecta á boa marcha do sector, que este ano aumentou a súa facturación en case un 7 % ata superar os 33 millóns de euros. A titular do Medio Rural cualificou os datos deste ano de “alentadores” e afirmou que a agricultura ecolóxica “é un nicho de mercado que está aínda por explotar” polo que aposta esta Consellería, como pon de manifesto o incremento do 20 % das axudas dadas ao sector. Vázquez amosouse convencida da importancia de impulsalo e lograr convertelo nunha alternativa máis de desenvolvemento para o sector agrogandeiro. CRAEGA

> 3


Como datos revelan os destes o g n lo o a s extraído nos, a crise n a z e d s o últim n 2 007 no e a d ia ic in económica sector da agricultura r er o logrou venc e non deixa de medra u ecolóxica, q 19 97. 2 0 15 segue a o dende o an ia, como se pode ver denc mesma ten recompiladas polo nas cifras entamos s e r p e u q , Craega ión. a continuac

MEMORIA ANUAL DO CRAEGA  >

O Craega

en cifras Superficie inscrita para o cultivo ecolóxico No primeiro cadro obsérvase un interese crecente por este tipo de produción, que abrangue xa as 20.306 hectáreas de superficie na nosa comunidade, o que supón un aumento do 33,30 % respecto do ano anterior, no que se rexistraron 15.233,09 ha. Por provincias, o maior aumento dáse nas de Lugo e Ourense, cuxa superficie crece o 36,12 % e o 34,48 %, respectivamente, e séguenlles Pontevedra e A Coruña, cun 28,08 % e 13,72 % de suba, respectivamente.

SUPERFICIE 2014 (ha)

4

<

CRAEGA

SUPERFICIE 2015 (ha)

VARIACIÓN

VARIACIÓN (%)

A Coruña

1.112,00

1.264,62

152,62

13,72 %

Lugo

7.090,91

9.652,42

2.561,51

36,12 %

Ourense

6.016,86

8.091,51

2.074,65

34,48 %

Pontevedra

1.013,32

1.297,81

284,49

28,08 %

15.233,09

20.306,36

5.073,27

33,30 %

Galicia

Lugo continúa a ser a provincia con máis hectáreas certificadas para a produción ecolóxica

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA >

Número de inscritos O número de operadores inscritos no rexistro de venda ecolóxica tamén aumentou respecto do ano anterior, xa que pasou de 703 a 797, o que en termos porcentuais se traduce nun incremento do 13,37 %. O número de produ-

tores subiu de 554 a 626, é dicir, a medra foi do 13 %. Pola súa banda, o número de elaboradores, importadores e comercializadores ascendeu de 149 a 171, o que significa un crecemento de preto do 13 %.

Número de inscritos polo Craega 1997-2015

800

700

Elaboradores Produtores

600

500

400

300

200

100

0

1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015

25.000

Superficie total inscrita (ha) polo Craega 1997-2015

20.000

A produción de leite e derivados é a actividade con maior peso das acreditadas polo Craega

15.000

10.000

5.000

0

1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015

CRAEGA

>

5


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA  >

Número de operadores por provincia A produción vexetal ten maior presenza na provincia de Lugo, con 121 operadores, seguida de Pontevedra, con 113. Pola súa banda, na Coruña e en Ourense dedicáronse a esta actividade 78 e 40 empresarios, respectivamente.

Finalmente, en referencia á elaboración e á comercialización, Lugo repite como primeira no número de operadores con 54 inscritos. Pontevedra conta con 47 e, a continuación, sitúanse A Coruña e Ourense, con 36 e 34, respectivamente.

Canto á produción animal, Lugo volve ir á cabeza das catro provincias con 146 explotacións situándose moi lonxe do resto das provincias: Ourense, 48; A Coruña, 27 e Pontevedra, 16.

Na seguinte táboa detállase o número de operadores por cada provincia desagregado por tipo de produción. Como se pode observar, a produción acuícola está presente en Pontevedra e na Coruña, pero é máis significativa na primeira.

TIPO DE PRODUCIÓN Acuicultura

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

TOTAIS

10

0

0

22

32

Recollida de algas

2

0

0

3

5

Comercializadores

3

6

2

5

16

Exportador/Importador

1

0

2

3

6

Elaboradores

32

49

30

39

150

Produción animal

27

146

48

16

237

Produción vexetal

78

121

40

113

352

TOTAIS

153

322

122

200

797

6

<

CRAEGA

O volume de vendas certificadas en ecolóxico en 2015 en cifras absolutas foi de 33.334.000 euros, o que significa un 6,76 % de crecemento respecto de 2014


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA  >

Volume de negocio O volume de vendas certificadas en ecolóxico en 2015 en cifras absolutas foi de 33.334.000 euros, o que significa un 6,76 % de crecemento respecto do anterior exercicio; en valor monetario o aumento foi de 2,1 millóns de euros. En canto ao tipo de produción predomina con moita diferenza sobre os outros o leite, que superou en volume de negocio os 9,9 millóns de euros, o que se traduce nunha subida do 4,6 %. Séguenlle as carnes e os derivados, con 4.195.040 millóns de euros e unha suba do 8,5 % respecto ao exercicio anterior, e as conservas de pescado, cuxos beneficios son de 4.121.685 millóns e unha medra de case o 13 %. As conservas vexetais tamén aumentaron os seus beneficios en máis dun 100 %. Na gráfica de ascenso sitúanse tamén os aceites, que dobraron o volume de negocio; os produtos apícolas; os viños, sidra e vinagres de sidra, e os cereais, se ben estes aínda teñen uns resultados moi discretos, de tan só 4.400 euros. O dato negativo marcouno o subsector da acuicultura e recollida de algas, que sufriu un decrecemento no número de inscritos en bateas ecolóxicas. Esta tendencia á baixa seguírona tamén a produción de ovos e derivados, e a dos pensos e alimentación animal, como o reflicten as cifras recollidas con respecto a 2014.

V. NEGOCIO 2014 EUROS

V. NEGOCIO 2015 EUROS

340.185,26

664.012,40

323.827,14

95,19

Bosque e recolleita silvestre

1.598.867,03

1.495.040,03

-103.827,00

-6,49

Carnes e derivados

3.820.457,13

4.147.178,95

326.721,82

8,55

760,00

4.400,00

3.640,00

478,95

3.649.280,17

4.121.685,53

472.405,36

12,95

Conservas vexetais

307.444,04

721.637,53

414.193,49

134,72

Froiteiras

354.865,67

703.217,60

348.351,93

98,16

Hortalizas

351.908,71

583.781,66

231.872,95

65,89

Leite e derivados

9.510.709,67

9.949.491,15

438.781,48

4,61

Outros elaborados

2.327.797,05

2.180.341,84

-147.455,21

-6,33

Ovos e derivados

1.847.310,51

1.647.296,17

-200.014,34

-10,83

559.636,34

578.810,77

19.174,43

3,43

3.711.152,95

2.958.283,68

-752.869,27

-20,29

Produtos apícolas

872.231,06

1.255.493,78

383.262,72

43,94

Viños, sidras e vinagres de sidra

994.985,86

1.508.203,21

513.217,35

51,58

11.505,00

21.143,00

9.638,00

83,77

965.236,39

794.025,11

-171.211,28

-17,74

31.224.332,84

33.334.042,41

2.109.709,57

6,76

PRODUTOS

Aceites

Cereais Conservas de pescado

Panificación Pensos e alimentación animal

Tubérculos Acuicultura e recolleita de algas TOTAIS

DIFERENZA EUROS

% VARIACIÓN

Tanto a titular de Medio Rural coma o presidente do Craega valoraron positivamente a evolución do sector

CRAEGA

> 7


REPORTAXE >

O Craega visita en Chantada varias empresas do sector

A

demais do Craega, asistiron a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez; a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo; e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, aos que se lles sumou o alcalde de Chantada, Manuel Varela. Ángeles Vázquez sinalou que todas estas compañías son exemplos de éxito e demostran que se pode seguir a traballar do rural apostando pola innovación e pola transformación. Estes tres proxectos elixiron a produción ecolóxica na porcentaxe que se poden permitir e os tres parecen afrontar o futuro con moito optimismo.

Tras ia a conferenc aos frecida de prensa o a mañá do mesm medios, na presentantes do os re 11 de abril ronse ata o Polígono , prazá Craega des Acivros de Chantada s : Industrial O tres firmas do sector ron onde visita án e Hijos (Castañas Miguel Are stom Drinks S L u Naiciña), C Mariñeiras e Galletas Daveiga.

Primeira parada, Castañas Naiciña A primeira visita foi ás instalacións da empresa Miguel Areán e Hijos (Castañas Naiciña). Na actualidade contan cunha nave de 3.300 m2 na que en temporada de campaña da recollida do froito traballan preto de 50 persoas. Este negocio centra o seu labor na manipulación, no envasado e na comercialización de produtos da castaña fresca, conxelada e seca, coa que tamén elaboran cremas, purés, mar-

8

<

CRAEGA

meladas e fariña, que comercializan baixo as marcas Naiciña, Flor de Miño e Castiñeiro. No paseo pola fábrica os artífices deste proxecto mostraron a innovadora maquinaria que foron adquirindo pouco a pouco, na que teñen lugar os diferentes procesos de lavado, pelado, conxelado e etiquetaxe das castañas, das cales unha gran parte se distribúe no mercado internacional, nomeadamente nos EE. UU.


REPORTAXE >

Seguiulle Custom Drinks... A campaña de recollida de mazás ocúpaos do 15 de setembro ao 15 de outubro. Son froitos coidadosamente seleccionados, especiais para producir sidra, dos que manexan entre dez e doce variedades. Delas, entre o 40 e o 60 % provén da produción ecolóxica. Este é un proxecto de futuro que espera seguir aumentando a súa produción e ofrecendo propostas innovadoras e creativas como veñen facendo ata agora, para o que acaban de investir en novas instalacións, que lle presentaron ao grupo visitante con grande entusiasmo. Custom Drinks (antiga Sidrería Galega) produce na actualidade 1.994.156 litros de bebidas refrescantes e enerxéticas e outros 1.433.555 de sidra convencional e ecolóxica, ademais de sangría, mostos e tónica.

… Galletas Mariñeiras Daveiga, fin do percorrido Daveiga é unha empresa familiar que produce galletas salgadas dende 2005 con ingredientes 100 % naturais. A fabricación das galletas co selo ecolóxico depende da clientela, pero aproxímase ao 12 % da produción total. O seu é un proxecto sustentado na cooperación de todos os empregados, que traballan dez

horas durante catro días á semana e teñen a posibilidade de converterse en socios co capital que poidan asumir. Durante a visita a conselleira do Medio Rural confesouse sorprendida ante este “interesante” modelo empresarial e manifestou que cumpría “facer marca e poñela no mercado”.

CRAEGA

> 9


DE FEIRAS  >

Os produtos eco de marca galega,

febreiro O día 10 de as súas ía r b a h c a Biof ro días t a c e t n a r u portas e d avillóns p s o s o r e m 0 los nu pasaron po lóxica preto de 5 0.00 ue n eco de produció ados de 13 0 países, q r bo heg visitantes c r de primeira man o la ñece sta puideron co 2.5 00 expositores. A e to , dispos a g e de máis de a r C u e feira volv e prestixiosa n ano máis a calidad a amosar u os eco da nosa dos produt terra.

de novo en Núremberg Do Campo reuniuse cos representantes das empresas asistentes á feira e cos responsables do Consello para trasladarlles o apoio da Xunta ás súas actividades de promoción 10

<

CRAEGA

O

Craega estivo presente neste certame cun espazo expositivo de 45 m2 situado no pavillón 5, no que se localizaba a maioría das comunidades españolas. Na caseta do Consello déronse cita cinco firmas galegas de produción ecolóxica: Porto-Muíños, dedicada á elaboración de algas e outros produtos transformados; Galletas Mariñeiras Daveiga; Meles Anta e Pazo de Lusío, co mel e outros produtos apícolas; Dime Salnés, produtor e distribuidor de mexillón, e Mariscos Veiro, procesador deste molusco. Ademais destes expositores, participaron outras dúas empresas con stands noutros pavillóns, Conservas Pérez Lafuente e Algas Atlánticas Algamar. Asistiron tamén á feira visitantes representantes da comercialización da mazá e sidra, comercializadores de cervexa, de produtos hor-

tofrutícolas, conservas e marmeladas, produtos cárnicos, produtos avícolas, cogomelos e derivados, así como produtores e comercializadores de ovos ecolóxicos. En total foron 15 empresas e 24 persoas en calidade de visitantes e expositores. No transcurso deste grande encontro, concretamente o venres 12 de febreiro, a representación empresarial galega recibiu a visita da directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, que estivo acompañada de José Antonio Fernández e de Javier García Lozano, presidente e secretario do Craega, respectivamente. Do Campo reuniuse cos representantes das empresas asistentes á feira e cos responsables do Consello para trasladarlles o apoio da Xunta ás súas actividades de promoción.


DE FEIRAS  >

Líder mundial do sector A feira Biofach está considerada como unha das máis importantes no seu sector. Nunha superficie neta ao redor dos 47.000 metros cadrados presentáronse 2.575 expositores, dos cales 250 eran de Vivaness, o Salón Monográfico Internacional de Cosmética Natural, que cumpriu dez anos de existencia. Este ano contouse coa presenza de 48.533 visitantes de 130 países.

tos Vegano, Aceite de Oliva e Viño, así como o foro Cook+talk, un punto de encontro especial para a restauración. As catro áreas de produtos diferentes agrupáronse así por temas e ofreceron unha inspiración culinaria diversificada. Os visitantes profesionais acudiron a conferencias, foros de debate e programas de cociña, entre outras cousas, para saber como se utilizan con éxito na gastronomía os produtos ecolóxicos veganos, o aceite de oliva e o viño.

Balance anual positivo

Best New Product Awards 2016

En 2015 os fogares desembolsaron ao redor dun 11 % máis en alimentos ecolóxicos que o ano anterior. Segundo os datos da Asociación da Industria Alemá de Alimentos Ecolóxicos, a cifra de negocios ascendeu a máis de 8.000 millóns de euros e o mercado da cosmética natural tamén conseguiu un incremento do 10 % e unha cifra de negocios de máis de mil millóns de euros.

Nas dúas casetas de novidades de Biofach e Vivaness os visitantes analizaron a fondo tamén en 2016 un total de 739 produtos e premiáronos no marco dos Best New Product Awards.

Tamén a escala internacional os produtos ecolóxicos gozan dunha gran demanda. Segundo a empresa de estudos ecolóxicos Organic Monitor, o mercado mundial de produtos ecolóxicos en 2014 chegou a 60.000 millóns de euros.

Mundos de experiencias Biofach Entre os aspectos máis destacados da edición deste ano cabe citar os mundos de experiencias de Biofach, que enfocaron as gamas de produ-

En 2015 os fogares desembolsaron ao redor dun 11 % máis en alimentos ecolóxicos que o ano anterior

Preto de 7.000 participantes no Congreso O Congreso de Biofach e Vivaness constitúe cada ano o maior foro internacional de coñecemento do sector. Este ano informáronse preto de 7.000 participantes en máis de cen certames sobre todo o referente ao mercado de produtos ecolóxicos e cosméticos naturais. O abano dos temas tratados abranguía dende a agricultura e a industria alimentaria sustentables ata as tendencias no sector ecolóxico internacional e as canles de distribución dos cosméticos naturais. A vindeira cita con Biofach e Vivaness será do 15 ao 18 de febreiro de 2017. CRAEGA

> 11


DEGUSTACIÓNS >

Experiencias galegas de calidade, De esquerda á dereita, Juan C. Maneiro, Belén do Campo, Javier García e Ángeles Vázquez

no XXX Salón de Gourmets

A

Xunta de Galicia, a través das súas consellerías do Medio Rural e do Mar, participou xunto co Craega na trixésima edición do Salón de Gourmets de Madrid con senllas iniciativas para levar a calidade da gastronomía galega fóra da nosa comunidade. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e mais Belén do Campo, directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, viaxaron ata a capital madrileña co obxectivo de promover “Galicia, 31 experiencias de calidade”, unha selección de 31 produtos gastronómicos de marca galega cos selos de denominación de orixe (DO) ou de indicación xeográfica protexida (IXP), entre os que se atopaban os viños DO Ribeira Sacra e DO Ribeiro, queixos, tenreira galega, torta de Santiago, castañas ou mel. Igualmente varias empresas galegas expuxeron os seus produtos ecolóxicos neste certame, que se puideron probar nunha degustación que tivo lugar o martes 5 de abril, á que asistiron José Antonio Fernández e Javier García, presidente e secretario do Consello, respectivamente.

12

<

CRAEGA

Pola súa banda, Juan C. Maneiro, director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, acudiu ao Ifema en representación da Consellería do Mar para presentar na aula de catas do Salón un variado programa de catas e degustacións cuxos ingredientes proviñan exclusivamente do mar. O Craega puxo de novo o seu gran de area coa proposta titulada “Del mar a la huerta, exquisita armonía entre mar y tierra”, elaborada a base de produtos ecolóxicos. A encargada da cociña foi a restauradora Emma Pinal, propietaria do Gastrobar O Birrán, sito en Ribadavia (Ourense). O Salón de Gourmets, que se instalou no Ifema (Madrid) entre o 4 e o 7 de abril, é un dos principais eventos europeos onde teñen cabida os produtos máis innovadores e vangardistas da gastronomía mundial. Nesta nova edición pasaron polo recinto feiral máis de 80.000 persoas para visitar os preto de 1.400 expositores distribuídos en varios pavillóns por diversas zonas temáticas e monográficas. O programa deste encontro completouse con numerosas actividades, como foron os concursos de sommelieres e de cortadores de xamón, mesas redondas ou exposicións.


ACTUALIDADE DO SECTOR  >

Do Campo recibe en San Caetano o presidente do Craega

B

elén do Campo recibiu o pasado luns 30 de marzo en San Caetano o presidente do noso Consello Regulador. Na reunión Do Campo ofreceulle os servizos do seu departamento para corrixir os erros detectados ao xeolocalizar os apiarios no REGA, un dos problemas que se atoparon nalgún dos expedientes de apicultura ecolóxica. A directora xeral lembroulle que para solicitar as axudas de agricultura ecolóxica os apicultores deben ter correctamente xeolocalizados os seu apiarios no Rexistro de Explotacións Gandeiras (REGA) e ofreceulle os servizos do seu departamento para emendar eses erros. Do mesmo xeito e en referencia ás reclamacións dos expedientes de gandería con superficies de

pasto arbustivo, os servizos da Consellería do Medio Rural van revisar os expedientes e facer as comprobacións pertinentes, pero mostrou a súa preocupación porque algunhas destas superficies non van cumprir as esixencias europeas para ser superficie primable. No relativo á gandería ecolóxica, confirmoulle que se vai estudar a posibilidade de cambiar o Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia para que, no tocante ás axudas á agricultura, gandería e apicultura ecolóxica, os solicitantes poidan ter a posibilidade de ampliar a superficie de hectáreas ou o números de colmeares declarados no tempo de compromiso vixente para estas axudas, que ascende a 5 anos.

I Xornada de produción ecolóxica nas comarcas Deza-Tabeirós e Terra de Montes

O

edificio da UNED da capital dezá foi o lugar escollido para celebrar a I Xornada de Produción Ecolóxica nas Comarcas Deza-Tabeirós e Terra de Montes, organizada polo sindicato Unións Agrarias en colaboración co Concello de Lalín. Esta actividade, inaugurada por Manuel Hermida, concelleiro de Produción Agraria, tivo lugar o día 1 de abril en horario de mañá e nela participaron diversos profesionais do sector que debateron sobre diversos aspectos da produción ecolóxica do leite. Entre eles estivo Ernesto Sánchez Delgado, director técnico do Craega, que na súa intervención lles explicou aos asistentes todo o necesario para introducírense neste modelo de produción.

Tamén ofreceron relatorios o representante da Consellería do Medio Rural, Ramón Lamelo, xefe de área do Servizo de Promoción e Calidade Agroalimentaria, que se centrou nas políticas de apoio á produción ecolóxica por parte dese departamento, e Jordi Morales Lozano, xerente de Compras Lidl Supermercados España, quen falou dos retos e das oportunidades deste tipo de producións.

Tras as conclusións e a sesión de clausura, déuselle paso a unha degustación de produtos da queixería da cooperativa lalinense Cobideza. No transcurso da Xornada lembrouse que entre os requisitos que debe ter o alimento para ser comercializado dentro do selo ecolóxico destacan a prohibición do uso de fertilizantes de síntese química, herbicidas e pesticidas. Para o caso da gandería é obrigatorio o respecto do benestar animal e o pastoreo. CRAEGA

> 13


ACTUALIDADE DO SECTOR  >

ECONewFarmers:

formación a través do móbil

O

pasado día 11 de marzo os integrantes do proxecto ECONewFarmers organizaron en colaboración co Craega a xornada formativa que levou por título “Novos recursos de formación mobile-learning para apoiar o desenvolvemento da agricultura ecolóxica”. A actividade levouse a cabo no auditorio obradoiro do Centro Social Afundación de Santiago de Compostela entre as 09:30 h e as 14:00 h. No transcurso da Xornada deuse a coñecer a situación actual da produción ecolóxica en Galicia e no conxunto de España e expuxéronse diversas experiencias de emprendedores, así como iniciativas de produción ecolóxica e consumo local, ademais das tendencias de aplicación TIC á formación e-learning. ECONewFarmers é un proxecto Leonardo da Vinci que promove a creatividade e a innovación na agricultura ecolóxica a través de contidos innovadores en formato mobile-learning, o que contribúe á creación de emprego e á posta en marcha da Estratexia Europea de Desenvolvemento Rural.

14

<

CRAEGA

Homenaxe a

José Andrés de la Fuente

O

Craega levou a cabo recentemente unha homenaxe na honra de José Andrés de la Fuente Vázquez, a quen se lle fixo entrega dunha peza de cerámica de Sargadelos en agradecemento ao seu labor en prol da agricultura ecolóxica de Galicia como membro do Comité de Certificación do Consello Regulador.


Taboleiro de anuncios de verduras Repartimos caixas en Santiago io cil mi do ecolóxicas a ncellos limítrofes de Compostela e co ) , Teo, Ames e Brión (Vedra, Boqueixón aega Cr no ta cri ins dra Finca de horta en Ve artido.com miguel@tempocomp

Véndense fabas as de Lourenzá, a óxic ecol granel ou envasadas Mª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006

Venda de carne de vacún de produció n ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o dese xe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en tran sporte frigorífico para non romper a cadea de frío. Vicente Prieto Ledo 609 864 738 info@limusinatouza.com Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacarballada@hotmail.com

Alúganse 7 ha en dúas parcelas de terre o en ecolóxico dende o ano 2000, das que 9.000 m² están plantadas de maceiras para sidra José Hermida Fernández A Graña, 27835 Roupar Xermade (Lugo) 649 428 364 an.geles@hotmail.com Venda de Porco Celta en ecolóxico. Leitóns para criar ou para consumir. Posibilidade de engorde dos porcos por encarga Elisa e Camilo: 676 666 157

Descontos do 20 % nas tari aloxamento fas de en Ecoagrotur ismo Arqueix para inscrito al s no Craega Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 03 contacto@arqu 0 eixal.com / w ww.arqueixal .com

alizadas de cestas person Lugo, que Repartimos lo de ta no concel verdura e froi n produtos r plementa co m co n de po se certificados ou ecolóxicos (Lugo) biodinámicos , A Pontenova A Panturreira 641 9 84 olz: 637 Isabel Zaera D om .c la al bh sham izaera@granja om .c la al bh granjasham 650 343 777

Secundina Cost a Piñeiro (Vivei ros Ramil planta Queda aínda no de horta) viveiro algunha planta da campa de primavera (c ña ebola, tomates Preparámonos , pementos etc. agora para a ca ). mpaña de verá escarolas, pakc n (leitugas, hoi, col chinesa etc.) e de outono brócoli, coliflor (repolos, etc.). Para pode r ter unha plan moi importante ta axeitada é ter os cultivos planificados, as poderemos prog í os viveiros ramar ben as se menteiras. ramon@ceressl.c om - 986 710 70 7

la ecolóxico. Viveiro de plantel hortíco arga Facemos plantel por enc Biohorta 981 483 312 / 669 690 212 agricolacuruxeira@gmail.com

Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia Galega Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

Carmen de Soca stro Na horta ecolóx ica “Carmen de Socastro” temos produtos de tempada. Estam os en Socastro , 11, concello de Rois, A Coruña . Ven e coñéceno s! carmensocastro @hotmail.com 630 167 138

Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273

Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de se rvir en despeces en distintos formatos . Granxas de Lousada SC 657 103 467 sboados@gmail.com

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro Carnicería La Tomea (Rábade, Lugo) Jesús Dapena 982 390 355 - 607 289 806

m2 de Véndese ou alúgase finca de 10.700 árbores. 700 con produción de froita ecolóxica a para pedr de Casa a. urad Venda de froita aseg na do lexia privi r luga nun da restaurar, situa ribeira do Miño César García Alonso 670 852 638 puchadiza@hotmail.com

Bo para a túa sa úde, bo para o medio ambiente Carne ecolóxic a de Raza Vian esa alimentada exclusivamente con pasto e leite , rica en Omega 3 e reco mendable para celíacos. Poñémola na sú a casa en lotes de 1/2 canal de 60 quilos envasa da ao baleiro Ecovianesa S.L. - Berrande (Our ense) 676 966 255 ecovianesa@gm ail.com

óxico. Realizamos plantón hortícola en ecol tura ticul ofru hort de os curs con ento Asesoram e cultivos de invernadoiro Semilleros Penateixa 636 060 286 / 693 654 130 semillerospenateixa@hotmail.com semillerospenateixa.blogspot.com

Viveiro de plantel hortícola en ecolóxic o. Temos plantas en stock e recollemos encargas. Sementes convencionais e tradicionais certificadas Feitoría Verde 698 164 249 / 698 161 760 pedidos@feitoriaverde.com https://feitoriaverde.wordpress.com

Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es


Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/n Edificio Multiusos 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Tel.: 982 405 300 - Fax: 982 416 530 craega@craega.es www.craega.es Síguenos en:

GOBIERNO DE ESPAÑA

MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE

FEADER Europa inviste no rural

Impreso en papel reciclado Maine Gloss Green

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.