Revista do Craega, 45

Page 13

DE FEIRAS >

Presenza récord das empresas galegas eco en Biofach O Craega volveu pisar terra alemá para asistir á feira ecolóxica de maior repercusión mundial, que celebrou a súa 19.ª edición en Núremberg do 14 ao 17 de febreiro. A presenza das firmas ecolóxicas galegas no stand do Consello foi a maior dende que Galicia forma parte deste acontecemento. Do noso percorrido a través deste inmenso “planeta eco” concluímos, entre outras cousas, que o crecemento deste sector é incuestionable.

Manuel Cruz Director do programa O Agro-Labranza (CRTVG)

D

ende a súa creación en 1997 o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) sempre estivo presente nesta feira, organizada pola Federación Mundial de Movementos Orgánicos (IFOAM), xunto coa Asociación da Industria Alemá de Alimentos Ecolóxicos, pero desta volta fíxoo coa súa maior participación na historia deste certame, a través de dous espazos expositivos de 110 metros cadrados en total, situados no pavillón 5, no que se localizan a maioría das comunidades españolas. No stand do Craega estiveron presentes 12 empresas galegas: Conservas Orbe, Mieles Anta, Hifas da Terra, Daveiga, Orballo, Coren, Producto de Aldea, Pasteurizados Cíes, Connorsa, Biofactory, Coraçai e Porto-Muíños. Como destacou o presidente do Consello, Francisco López Valladares, “este ano dobramos o número de produtores, dos cinco ou seis que viñan anteriormente a 12, aos que hai que engadir outras 7 empresas que viñeron de visita e que xa nos trasladaron a súa intención de vir CRAEGA

>

13


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Revista do Craega, 45 by Transmedia Comunicación - Issuu