Page 1

REVISTA do

N

OS

CRAEGA

A

N.º 45 > Primavera 2018

al u n a a i r o Mem do Craega

Entrevistamos a Inma Orjales, experta en vacún leiteiro ecolóxico

BioCultura desembarca por primeira vez en Galicia

Crónica de Manuel Cruz sobre Biofach 2018

O Mapama publica o Plan estratéxico para a produción eco 2018-2020

Crecemento imparable do sector eco en Galicia


3 9 12 21 22 23

| | | | | |

Memoria anual do Craega A entrevista De feiras Actualidade do sector O que vai vir Taboleiro de anuncios

CRAEGA EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Manuel María Cancio Álvarez DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015

Establecementos colaboradores

Establecementos colaboradores

minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Cesta da Saúde Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com ABC de Bio R/ Padre Don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es

Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com Ecotenda78 R/ Venezuela, 78 15404 Ferrol (A Coruña) 881 122 675 info@econtenda78.com www.ecotenda78.com Ecotenda Verganta R/ Santísima Trinidad, 7, baixo 15200 Noia A Coruña 689 389 190 ecoverganta@gmail.com Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es

As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

Ecotienda Orillamar R/ Orillamar, 76, baixo 15002 A Coruña 881 928 749 tienda@ecotiendaorillamar.com

Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com

Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es

Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org

Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es

D´Aldea Rosalía de Castro, 25, baixo 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 598 504 daldea.santiago@gmail.com Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230

Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com

hostaleiros Maguz Ecolóxicos Mercado San Agustín, posto 3 15001 A Coruña 615 600 182 alfredosessa30@gmail.com

A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com

Oibio R/ Doctor Fléming, 55, baixo 32003 Ourense 988 619 952 www.oibio.es

A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com

Puro Bío R/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo 32004 Ourense 988 603 773 purobio@purobio.es; jose@purobio.es Tenda Bio-Casa Xurxeira R/ Waldo Álvarez Insua s/n Praza de Abastos 36670 A Estrada Pontevedra 660 804 298 casaxorxeira@gmail.com Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Terrae Orgánica Rúa Venezuela, 76, baixo 36204 Vigo Pontevedra 986 115 550 www.terraeorganica.com terraeorganica@gmail.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com

Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Coto do Rano 2 R/ Reza, 11, baixo 32003 Ourense 988 240 121 www.restaurantecoto.es info@restaurantecoto.es Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es

Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 info@restauranteespana.es www.restespana.com Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 905 portasantiago@mundo-r.com Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA  >

A produción eco galega

increméntase nun 42 % Tanto Medio Rural como o Consello prognostican que Galicia contará en 2021 cunhas 40.000 hectáreas de superficie certificada de agricultura ecolóxica

O

luns 16 de abril o Craega fixo públicas ante a prensa na capital galega as cifras correspondentes ao ano 2017. Ao encontro asistiron a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, o presidente do Consello, Francisco López Valladares; o secretario, Javier García Lozano, e a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo. A titular do Medio Rural fixo fincapé nos datos máis salientables e concluíu que reflicten o “crecemento imparable” da agricultura ecolóxica na nosa comunidade. Así, en relación con 2016, incrementouse un 42 % o volume de vendas certificadas polo Consello Regulador respecto do exercicio anterior, unha cifra que en valor monetario se traduce en 17,3 millóns de euros máis. Así mesmo, salientou o aumento da superficie inscrita e a subida de case un 13 % do número de operadores, que superan xa os 1.000. Tanto Medio Rural como o Consello prognostican que Galicia contará en 2021 cunhas 40.000

hectáreas de superficie certificada de agricultura ecolóxica, tal e como se recolle no Plan estratéxico que impulsa a Xunta, en colaboración co sector, para este eido produtivo. Neste sentido, a conselleira anunciou un investimento total de 4,3 millóns de euros nos vindeiros anos para fomentar estas prácticas. A conselleira tamén se referiu ao valor que ten a evolución positiva do sector en termos de creación de riqueza e emprego no agro galego, unha afirmación que apoiou remitíndose aos comezos da actividade do Craega en 1997, momento no que apenas había en toda Galicia 13 ha de cultivos ecolóxicos e en dez anos pasouse a 10.000. Na actualidade, destacou a conselleira, “contamos con case 32.000 hectáreas certificadas”. A conferencia de prensa serviu igualmente para lembrar que a nosa comunidade é a primeira en España en explotacións de leite ecolóxico e que ocupa o segundo posto en produción de aves de curral para carne, así como tamén a segunda posición no eido apícola. CRAEGA 

> 3


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA  >

A continuación, presentamos as cifras de 2018 con base nos seguintes parámetros: superficie inscrita en cultivo ecolóxico, número de operadores e volume de vendas certificadas. Todas as gráficas que amosamos confirman a tendencia ascendente do sector, como vén sucedendo ano tras ano dende que o Consello comezou o seu labor, hai xa vinte anos.

20 anos expandindo o

ecolóxico Superficie inscrita ecolóxica (ha) 2017

Superficie certificada (ha) en cultivos ecolóxicos O total de hectáreas certificadas en Galicia en 2017 foi de 31.916, unha cifra que aumenta respecto ao ano pasado (27.716,74 ha), o que en termos porcentuais se traduce nunha suba do 15,15 %.

3.081 10 %

5.745 18 %

Ao igual que en períodos anteriores, na cabeza mantense a provincia de Lugo, que abrangue o 46 % da superficie certificada. Séguenlle Ourense, co 26 %, e Pontevedra e A Coruña, co 18 % e o 10 %, respectivamente. Un dato salientable é que Pontevedra triplicou este ano a superficie inscrita, pasando de 1.423, 37 ha a 5.745,69, o que significa unha variación de máis do 300 %.

SUPERFICIE 2016 (ha)

A Coruña

SUPERFICIE 2017 (ha)

VARIACIÓN (ha)

14.846 46 %

8.241 26 % A Coruña 

Lugo 

VARIACIÓN (%)

2.456,19

3.081,85

625,66

25,47 %

13.847,81

14.846,71

998,90

7,21 %

Ourense

9.989,37

8,241,71

-1.747,66

-17,50 %

Pontevedra

1.423,37

5.745,69

4.322,32

303,67 %

27.716,74

31,915,96

4.199,22

15,15 %

Lugo

Galicia

4 

< 

CRAEGA

Ourense 

Pontevedra


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA >

Tipos de cultivos En canto á superficie por tipo de produción, os cultivos de terras arables (cereais, legumes, tubérculos e hortalizas) constitúen o 5 % da superficie; os pastos permanentes, o 78 %, e os cultivos permanentes, o 17 % restante.

cereais, trigo e centeo principalmente (45 % do total en Galicia) e A Coruña e Lugo concentran o 80 % do cultivo de pastos e de millo forraxeiro total (1.289 ha). En referencia aos pastos permanentes, Lugo e Ourense representan o 72 % da superficie certificada. Finalmente, os cultivos permanentes (froitos, viñedos, froitos secos e oliveiras) ocupan un total de 5.314 ha, das cales Lugo ocupa o 70 % da superficie certificada.

Na repartición provincial, Lugo e A Coruña levan a maior parte, co 76 % do total das terras arables. A provincia coruñesa destaca con 98 ha dedicadas a hortalizas (55 % do total en Galicia), Ourense dedicou 76,5 ha certificadas de

Cultivo de terras arables (5 % da superficie)

Pastos permanentes (78 % da superficie)

79,23 4%

2.225,84 9%

4.827,01 19 %

324,98 19 % 645,42 38 %

10.491,28 42 %

7.353,58 30 %

654,93 38 %

Cultivos permanentes (17 % da superficie) 839,45 16 %

210,60 4%

553,15 10 %

Cultivos de terras arables Pastos permanentes

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Cultivos permanentes 3.700,51 70 %

Total (ha)

1.704,55 24.897,70 5.313,71 31.915,96

Tipo de cultivo certificado por provincias (ha) 12.000 10.491 10.000

8.000

6.000

7.354

Cultivos de terras arables Pastos permanentes Cultivos permanentes

4.827

3.701

4.000 2.226 2.000 645

211

655

325

563

0

A Coruña

Lugo

Ourense

839 79

Pontevedra

CRAEGA

>

5


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA >

Evolución da superficie total inscrita en hectáreas (1997-2017) Facendo unha retrospectiva dende o inicio da certificación do Craega, detéctase un crecemento continuado de 1997 a 2009; a partir dese ano prodúcese unha estabilización, que se mantén ata

2014, ano no que comeza un aumento constante ata chegar a 2017. Nos tres últimos anos conseguiuse dobrar a superficie certificada en ecolóxico, como se pode confirmar na seguinte gráfica:

35.000

30.000

109 %

25.000

A agricultura ecolóxica galega ocupa xa 32.000 ha certificadas

20.000

15.000

10.000

5.000

0

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Número de inscritos A gráfica que presentamos a continuación amosa unha suba continuada ata chegar a 2008, ano no que o número de operadores se duplicou en menos de dez anos, ata chegar aos 1.067

o pasado ano. Os elaboradores gañan peso en porcentaxe desde 2008 ata a actualidade, momento no que alcanza o 22,4 %.

Evolución dos operadores inscritos 1997-2017 1.200

19-22 % elaboradores

1.000

800

12-14 % elaboradores

600

Elaboradores Produtores

400

200

0

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

6

<

CRAEGA


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA > A mesma liña ascendente detéctase na seguinte gráfica, na cal se aprecia un claro predominio da produción animal sobre as demais, na que volve situarse Lugo no primeiro lugar co 58 %. Os operadores galegos dedicados á produción vexetal son o grupo máis numeroso, cun total de 417; destes, o maior número localízase en Lugo

(149), igual que sucede coa produción animal, á cal se dedican 368 persoas, das cales 215 se atopan na provincia lucense. Por último, a produción do mar comercialízase nas provincias de Pontevedra e da Coruña, das cales a primeira concentra case un terzo das industrias e dos comercializadores.

Número de operadores por provincia e tipo de produción 250 215 200

149

150

126 95

100 56

50

77

72

68 53 38

47 28

15

28

Produtos do mar Industrias e comercializadores Produción vexetal Produción animal

0

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Volume de negocio Para rematar, mostramos a táboa comparativa do volume de vendas no ano 2017 por provincias (euros) con respecto a 2016. Nela pódese observar un crecemento da produción certificada do 42 %. A evolución foi semellan-

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

te nas 4 provincias e, de novo, Lugo encabeza o sector, co 37 % de volume de negocio. En segundo lugar sitúase Pontevedra, co 31 %; séguelle A Coruña co 18 % e, en último lugar, Ourense, co 14 %.

VENDAS 2016 (euros)

VENDAS 2017 (euros)

DIFERENZA (euros)

VARIACIÓN (%)

7.249.033

10.404.951

3.155.918

44 %

15.192.137

22.018.539

6.826.402

45 %

6.343.588

8.548.402

2.204.814

35 %

12.964.105

18.120.970

5.156.865

40 %

41.748.863

59.092.861

17.343.998

42 %

CRAEGA

>

7


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA  > Comparativa volume de vendas 2016-2017 VALOR 2016 EUROS

VALOR 2017 EUROS

DIFERENZA EUROS

711.284

1.458.539

747.255

105

Bosque e recollida silvestre

1.708.953

2.128.963

420.011

25

Carnes e derivados

6.810.627

8.653.549

1.842.922

27

2.203

5.413

3.210

146

5.456.748

7.737.562

2.280.814

42

Conservas vexetais

183.718

183.394

-325

0

Froiteiras

701.362

1.582.440

881.078

126

Hortalizas

810.520

1.120.420

309.901

38

13.182.814

18.536.218

5.353.404

41

Outros elaborados

2.622.197

3.302.405

680.208

26

Ovos e derivados

2.076.664

3.531.054

1.454.391

70

486.366

705.093

218.726

45

Pensos e alimentación animal

2.671.231

4.621.175

1.949.944

73

Produtos apícolas

1.467.108

1.581.481

114.373

8

Viños, sidras e vinagres de sidra

1.508.757

1.650.535

141.777

9

16.630

7.953

-8.677

-52

1.339.242

2.286.667

947.425

71

41.756.423

59.092.861

17.336.438

42

PRODUTOS

Aceites

Cereais Conservas de pescado

Leite e derivados

Panificación

Tubérculos Acuicultura e recollida de algas TOTAIS

Igual que en exercicios anteriores, o produto certificado de orixe animal representa o 54,66 % das vendas, das cales o alimento estrela son o leite e os seus derivados, que facturaron algo máis de 18,5 millóns de euros, é dicir, un 41 % máis que en 2017.

As cifras máis destacadas » C recemento da superficie:  

+15,15 %

» E volución de operadores:  

+12,91 %

» E volución do volume de negocio:  

+41,52 %

» P roduto certificado máis vendido (orixe animal):

8 

54,66 % < 

CRAEGA

% VARIACIÓN

A carne e derivados e as conservas de pescado ocupan o segundo e o terceiro lugar en volume de negocio. Un dato que cómpre ter en conta é o progresivo aumento no volume de negocio de acuicultura e recollida de algas, que incrementou as súas vendas un 71 % respecto do exercicio do ano anterior.

O alimento estrela son o leite e os seus derivados, que facturaron algo máis de 18,5 millóns de euros


ENTREVISTA >

Falamos con Inma Orjales, quen o pasado mes de marzo presentaba na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC a súa tese doutoral, baixo o título Valoración do estado sanitario e nutricional do gando vacún leiteiro en produción ecolóxica do norte de España, un traballo ao que lle dedicou varios anos e que se encadra dentro dun ambicioso proxecto de investigación do Plan nacional respecto da situación da gandería ecolóxica de vacún de leite no norte de España. Tal e como ela nos describe, a súa tese abrangue dous grandes temas que se corresponden con dúas das principais preocupacións dos gandeiros ecolóxicos de leite: o estado sanitario dos animais das granxas ecolóxicas e o estado nutricional dos rabaños.

“Este proxecto serve como punto de partida para poder seguir mellorando o sector” »

Inmaculada Orjales Galdo é licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ten un máster en Investigación en Medicina e Sanidade Animal e doutorouse en Veterinaria pola USC este ano. Contou con diversas bolsas de investigación e realizou unha estadía no Research Centre of Foulum da Aarhus University en Dinamarca, centro referente na investigación en produción ecolóxica.

Como nace o teu interese á hora de elixir esta liña de investigación? Todo comezou cando rematei a licenciatura e me embarquei na aventura de realizar un máster, que neste caso ía encamiñado a formar futuros investigadores. As titoras do traballo de fin de máster, e posteriormente titoras de tese, comentáronme que elas estaban iniciando un novo proxecto de grande alcance para valorar por primeira vez e de forma global o sector ecolóxico de leite no norte de España e ofrecéronme formar parte do proxecto e que o meu traballo versase sobre unha das partes dese proxecto. Eu sempre estiven interesada na gandería sostible, na agricultura tradicional e en todo o que se relacionase cunha produción que garanta o benestar animal, polo que aceptei a proposta sen dubidalo.

»

Poderías resumir brevemente cales son os bloques temáticos principais do traballo? De forma xeral, a tese de doutoramento divídese en dous grandes bloques, que, á súa vez, se corresponden con dúas das principais pre-

CRAEGA 

> 9


ENTREVISTA > ocupacións dos gandeiros ecolóxicos de leite. Por un lado, estudamos o estado sanitario dos animais das granxas ecolóxicas, centrándonos na saúde do ubre e nas infeccións parasitarias e, polo outro, analizamos o estado nutricional dos rabaños, sobre todo no que ten que ver co balance enerxía-proteína das dietas e tamén co contido mineral destas.

“A redución no uso dos tratamentos e químicos, así como os maiores períodos de supresión, fan que a posibilidade de atopar residuos nos animais e no leite sexa moito menor”

10 

< 

CRAEGA

É probable que o futuro da gandería convencional vaia tamén asociado a unha redución no uso de tratamentos, debido a todos os problemas asociados ás resistencias a antibióticos, antihelmínticos ou as contaminacións por químicos que se producen día tras día. Neste sentido, a gandería ecolóxica é unha alternativa que se adianta a todos estes acontecementos.

» Como foi o labor de campo nas ganderías » Cales son as vantaxes e os inconvenientes

que participaron no proxecto? [número de participantes e parámetros que se tiveron en conta á hora de avaliar o gando] Traballamos con 56 ganderías ecolóxicas de leite distribuídas en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco. Visitamos todas elas en varias ocasións (entre 3 e 4 veces) para poder facer as mostraxes de sangue, leite, feces, alimentos e solo, así como tomar os datos necesarios de manexo. Ademais, fixémoslles unha ampla enquisa a todos os gandeiros para coñecer o funcionamento de cada unha das granxas.

»

Cales cres que son os puntos críticos que establece a normativa ecolóxica europea para unha explotación en ecolóxico? Refírome, por exemplo, á restrición na utilización de antibióticos e á concienciación por parte de gandeiros e gandeiras dun uso axeitado destes. Seguramente a restrición no uso de tratamentos e de substancias químicas sexa un dos puntos críticos máis importantes. Vimos dunha gandería convencional, onde este tipo de substancias se utilizan moi por riba do realmente necesario e, polo tanto, é difícil acostumarse a facer un uso máis racional destes. De todos os xeitos, nós observamos que a maior parte dos gandeiros son conscientes da necesidade de reducilos.

dende o punto de vista nutricional e sanitario dunha granxa de vacún ecolóxica? A nivel nutricional temos que ter en conta que o uso de forraxes é maior nas granxas ecolóxicas, o que reduce a compra de concentrados. Producir forraxe na granxa é máis sinxelo e barato que producir concentrado, polo que isto é unha clara vantaxe. No caso dos aspectos sanitarios a redución no uso dos tratamentos e químicos, así como os maiores períodos de supresión (o dobre que en convencional) fan que a posibilidade de atopar residuos nos animais e no leite sexa moito menor. Ademais, os animais a pastoreo poden desenvolver o seu comportamento natural de forma máis adecuada mellorando o benestar, o que, á súa vez, fai que se reduza a posibilidade de padecer certas enfermidades, sobre todo podais.

»

Cales dirías ti que son os principais aspectos que habería que mellorar para que os resultados sexan os esperados nunha granxa que aposta polo ecolóxico? Sobre todo, debemos mellorar o manexo dos animais para conseguir facer unha adecuada prevención das patoloxías. Por exemplo, mellorar as rutinas de muxido para previr as infeccións do ubre e facer detección precoz da ma-


ENTREVISTA > mite subclínica e clínica para tratala de forma rápida. No caso das infeccións por helmintos, debemos mellorar o control do pastoreo e os propios pastos para evitar as continuas reinfeccións que se producen nestes. No caso da alimentación, mellorar a colleita das forraxes ou pastorear no momento adecuado de maduración axudará a incrementar o contido enerxético das forraxes para evitar desequilibrios entre a proteína e a enerxía.

»

Nas túas conclusións constatas importantes diferenzas respecto do gando das explotacións cun sistema de produción convencional. Cales destacarías? Se comezamos falando dos aspectos sanitarios, o primeiro que observamos é que a redución de tratamentos (sobre todo antibióticos) claramente provoca peores resultados na saúde do ubre dos animais, sobre todo nos máis vellos das granxas (catro ou máis lactacións), algo probablemente asociado a cronificacións nas infeccións. Polo tanto, nas granxas ecolóxicas debemos mellorar as medidas de manexo coa eliminación de animais con infeccións crónicas, detección precoz das mamites, mellora na rutina de muxido e limpeza e desinfección, entre outras. En canto ás infeccións parasitarias, non atopamos claras diferenzas co sector convencional, aínda que si observamos que usar tratamentos antihelmínticos non sempre reduce o risco de infección, debido a que os animais se reinfectan no pasto de forma habitual. Respecto dos aspectos nutricionais, observamos como os animais ecolóxicos consomen moito máis forraxe que os convencionais (e tamén moito menos concentrado), o que fai que a cantidade de enerxía que inxiren tamén sexa menor. Ademais, nos aspectos minerais constátase que na produción ecolóxica a principal achega mineral son a forraxe e o solo, mentres que en convencional a maior parte dos minerais veñen dados polo concentrado (que normalmente está moi suplementado con correctores minerais).

»

A túa tese inclúese dentro dun proxecto de investigación do Plan nacional respecto da situación da gandería ecolóxica de vacún de leite no norte de España. Podes explicar como nace e en que consiste? Este proxecto naceu da necesidade de ter información sobre o estado actual do sector leiteiro ecolóxico do norte de España e nel abarcáronse moitos ámbitos deste tipo de produción. Dentro deste proxecto encádrase a miña investigación

sobre o estado sanitario e nutricional, pero tamén se traballou amplamente no estado mineral dos animais e no uso de algas como suplemento mineral, na diversidade racial do sector e a súa adaptación á produción ecolóxica, os aspectos económicos ou a composición do leite ecolóxico. Foi un proxecto moi ambicioso que abarcou múltiples aspectos do sector ecolóxico leiteiro e que serve como un punto de partida para poder seguir mellorando o sector.

»

O leite ecolóxico é un sector en alza, nomeadamente nas rexións da cornixa cantábrica. Cres que estamos falando dun sector que ten futuro? Por suposto que é un sector de futuro, sobre todo nos momentos de crise que sofre o sector leiteiro convencional. É unha aposta pola volta á produción tradicional mellorada cos últimos avances científicos e, sobre todo, buscando unha produción sostible ligada ao solo e á sociedade. Moitas das granxas ecolóxicas non só venden leite senón que tamén o transforman noutros produtos, como queixo, manteiga ou iogur, que representan un valor engadido. Ademais, o crecemento que alcanza ano a ano o sector leiteiro ecolóxico é patente, polo que se espera que o mercado siga medrando e que cada vez teñamos máis leite e produtos leiteiros ecolóxicos dispoñibles.

“A educación da sociedade é vital para a consolidación do sector”

»

Malia este aumento, semella que aínda segue a ser minoritario o seu consumo con respecto ao leite convencional. Cal cres que é a clave para que se consolide o sector? Dependerá fundamentalmente da mellora das canles de distribución, xa que o que se busca con este tipo de produción é que sexa para comercio local. Ademais, é moi importante mellorar a publicidade e a confianza neste tipo de produtos, xa que moitos dos potenciais consumidores non os coñecen, non saben o que significa ser ecolóxico ou teñen unha idea errónea do concepto. Polo tanto, a educación da sociedade é vital para a consolidación do sector e para iso tamén é esencial o apoio administrativo. Países coma Dinamarca apostaron por utilizar só produtos ecolóxicos en comedores escolares e hospitais para concienciar a sociedade da importancia de producir de xeito sostible e de consumir produtos obtidos a partir de substancias e procesos naturais. Este tipo de iniciativas mellorarían as expectativas do sector e consolidarían a produción ecolóxica. CRAEGA 

> 11


DE FEIRAS  >

O Craega volve a Xantar

O

Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se levou a cabo entre o 31 de xaneiro e o 1 de febreiro, cumpriu este ano a súa 19.ª edición, coa presenza de Portugal como país convidado. Ao longo de cinco días este Salón ofreceu un amplo abano de experiencias “para descubrir e gozar” que se puideron atopar no XIII Encontro Internacional sobre Gastronomía Sustentable e Saudable; trátase de actividades orientadas tanto a profesionais como a afeccionados co obxectivo de “apostar por unha alimentación equilibrada a partir de produtos de calidade”. A Consellería do Medio Rural estivo presente neste grande evento cun amplo programa gastronómico, que incluíu diversos talleres-degustacións nos que se puideron vivir “Experiencias de Calidade de Galicia” con produtos con selos de indicación xeográfica protexida e denominación

12 

< 

CRAEGA

de orixe galega: grelos, patacas, fabas, pan ou queixos, así como demostracións de coctelería con augardentes e licores tradicionais galegos, cata dos viños brancos e tintos máis selectos do territorio, mel, docería e mesmo leite co selo Galega 100%. As actividades do Departamento completáronse cunha clase maxistral sobre cortes alternativos de IXP Ternera Gallega. O Craega formou parte dese programa de actividades o xoves 1 de febreiro cun taller-degustación a base de ingredientes eco galegos. Javier García, secretario do Consello, foi o encargado de acompañar a Fran Sotelino, o chef que cociñou e deu a coñecer unha delicada degustación de produtos ecolóxicos a base de mexillóns en escabeche con verduras de terra e mar, carne ao caldeiro con puré de pataca e, por último, unha crema de arroz cunha espuma de iogur de vainilla, pratos que foron regados cunha maridaxe de viños branco e tinto.


DE FEIRAS >

Presenza récord das empresas galegas eco en Biofach O Craega volveu pisar terra alemá para asistir á feira ecolóxica de maior repercusión mundial, que celebrou a súa 19.ª edición en Núremberg do 14 ao 17 de febreiro. A presenza das firmas ecolóxicas galegas no stand do Consello foi a maior dende que Galicia forma parte deste acontecemento. Do noso percorrido a través deste inmenso “planeta eco” concluímos, entre outras cousas, que o crecemento deste sector é incuestionable.

Manuel Cruz Director do programa O Agro-Labranza (CRTVG)

D

ende a súa creación en 1997 o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) sempre estivo presente nesta feira, organizada pola Federación Mundial de Movementos Orgánicos (IFOAM), xunto coa Asociación da Industria Alemá de Alimentos Ecolóxicos, pero desta volta fíxoo coa súa maior participación na historia deste certame, a través de dous espazos expositivos de 110 metros cadrados en total, situados no pavillón 5, no que se localizan a maioría das comunidades españolas. No stand do Craega estiveron presentes 12 empresas galegas: Conservas Orbe, Mieles Anta, Hifas da Terra, Daveiga, Orballo, Coren, Producto de Aldea, Pasteurizados Cíes, Connorsa, Biofactory, Coraçai e Porto-Muíños. Como destacou o presidente do Consello, Francisco López Valladares, “este ano dobramos o número de produtores, dos cinco ou seis que viñan anteriormente a 12, aos que hai que engadir outras 7 empresas que viñeron de visita e que xa nos trasladaron a súa intención de vir CRAEGA

>

13


DE FEIRAS  >

para o ano que vén. É moi importante estar aquí porque esta é a feira top de Europa, onde se atopan os maiores produtores e distribuidores europeos e mundiais”.

Asistencia institucional

En Europa, España é o primeiro país en superficie dedicada á produción ecolóxica, con máis de dous millóns de hectáreas, e o segundo en número de produtores, con preto de 40.000

Este ano a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada da directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo, acudiu para acompañar os expositores galegos presentes no certame e coñecer máis de preto o potencial que este xeito de produción está a ter nos mercados internacionais. Vázquez destacou que “Biofach é a feira internacional por excelencia do produto ecolóxico e Galicia non podía deixar de estar, así o pedía o sector a través do Craega. Se queremos seguir crecendo hai que exportar e a mellor imaxe é a que estamos dando nesta feira”.

Alemaña, a referencia Aínda que Biofach ten unha clara vocación internacional, o feito de que a maior feira ecolóxica do mundo se celebre en Alemaña xustifícase pola importancia que o consumo ecolóxico ten neste país, donde está a mover 10.000 millóns de euros, máis do 13 % do mercado mundial, mentres que os países con maior consumo de produtos ecolóxicos per cápita son os seus veciños Suíza, con 262 euros por habitante e ano, e Dinamarca, con 191, fronte aos 32 euros per cápita que se consomen en España. Precisamente, no pavillón alemán atopábase a conserveira Antonio Pérez-Lafuente, de Vilanova de Arousa, que leva anos participando cun stand propio dentro da zona do selo Demeter, un organismo certificador internacional que integra a 5.000 produtores de 50 países. Foron os primeiros en facer mexillón ecolóxico en toda Europa e hoxe en día os seus produtos ecolóxicos, agru-

Biofach en cifras » 3 .218 expositores chegados de 93 países » 5 5.000 visitantes profesionais de máis de 130 países » 1 73 empresas españolas na feira, a terceira máis

numerosa, só superada polo país anfitrión, Alemaña, e por Italia

» 1 2 empresas galegas no stand e outras 7 visitantes 14 

< 

CRAEGA

pados baixo a marca Pan do Mar, véndense en toda Europa, onde son líderes no seu segmento. Álvaro Pérez-Lafuente, director comercial de Conservas Antonio Pérez Lafuente, explica que asisten “coa idea de pesca sustentable, peixe capturado con artes da pesca sostible e con ingredientes ecolóxicos. Nestes momentos o 90 % da nosa produción encádrase nestes parámetros e calculamos que dentro de pouco serao o 100 % e as nosas vendas son case todas nos mercados da exportación”. Segundo as estimacións do Craega, hoxe en día a exportación supón ao redor do 30 % da facturación das empresas integradas neste consello regulador. Para López Valladares, “a exportación é fundamental para as nosas industrias porque o hándicap que temos é o baixo consumo que aínda hai de produtos ecolóxicos en Galicia e España, polo que hai que explorar novos mercados onde levar as nosas producións, que están a crecer a un ritmo moi alto”.

O “planeta ecolóxico” Biofach é tamén unha posibilidade para dar unha “volta ao mundo” sen saír de Núremberg, percorrendo os stands dos cinco continentes. E é que aínda que o movemento ecolóxico xurdiu no mundo occidental, a súa maior forza está hoxe noutras latitudes. Dos dous millóns e medio de agricultores ecolóxicos que se calcula que hai no mundo, o 80 % está en países en vías de desenvolvemento, entre os que destaca a India, con medio millón, ou Etiopía, con 200.000. En moitos destes países a agricultura ecolóxica estase a revelar como o xeito de produción máis beneficioso para os pequenos agricultores, por non ter que custear grandes gastos de fertilizantes nin pesticidas e por recibir un prezo máis xusto polas súas producións, mantendo os sistemas tradicionais de cultivo de cada rexión e clima.

Tendencias de consumo Dentro das tendencias de consumo máis demandadas, Biofach acolleu un salón dedicado ao mundo do viño ecolóxico. Son caldos que, partindo da súa produción e elaboración ecolóxica, buscan a mesma calidade e diferenciación que demanda hoxe o consumidor de viño en xeral; do mesmo xeito ca no mercado convencional, España, Francia e Italia son os principais países produtores.


DE FEIRAS  >

Tamén conta con salón propio o aceite de oliva, cunha produción dun millón de toneladas baixo sistemas de cultivo ecolóxico. Un sector no que España tamén é líder, xunto con Italia e Tunisia, e no que Galicia podería ter presenza dentro de pouco. Outra das tendencias que se puideron ver con forza foi o pulo que está a acadar o “veganismo”. Trátase daqueles vexetarianos puros que, ademais de non comer carne nin peixe, tampouco consomen produtos lácteos, ovos nin calquera outro alimento que teña orixe animal. Desta volta Biofach tamén acolleu un salón especifico para este tipo de alimentos.

Cosmética eco no Salón Vivaness Xunto con Biofach celebrouse un ano máis o Salón Vivaness, dedicado á cosmética natural. 275 expositores de todo o mundo puxeron de manifesto o futuro que ten esta liña de produción, especialmente no coidado da pel e na hixiene infantil. Hoxe en día a cosmética ecolóxica cer-

tificada está a facturar a nivel internacional máis de 15.000 millóns de euros, cunhas previsións de crecemento de entre un 8 e un 10 % para os próximos cinco anos. O ecolóxico é moito máis ca unha moda; é un estilo de vida que conta cada vez con máis seguidores en todo o mundo, preocupados pola orixe e a sustentabilidade do que consomen, algo no que Galicia, polo seu xeitos de produción, ten moito que dicir, como apuntou a conselleira de Medio Rural Ánxeles Vázquez: “Galicia, polas súas características orográficas, a súa terra e o mimo e esmero dos nosos agricultores e gandeiros fai que aínda teñamos moitas posibilidades de crecemento, e aquí en Biofach podemos ver como hai un consumidor que opta polo produto ecolóxico e que cada vez vai a máis”. Máis dun 30 % da produción ecoloxica ecolóxica galega vai xa a estes mercados internacionais, unha oportunidade de negocio que, á vista das cifras que move esta feira de agricultura ecolóxica, seguirá a medrar nos próximos anos.

UN MUNDO CADA VEZ MÁIS ECOLÓXICO

» A agricultura ecolóxica é un movemento presente xa en todas as culturas e continentes e en todos os ámbitos da sociedade

» 5 1 millóns de hectáreas no plane-

ta están sendo cultivados baixo os criterios da agricultura ecolóxica certificada

» 4 0 millóns de hectáreas de terras

non agrarias en que se practica a recolección salvaxe

» A agricultura eco ocupa o 1,1 % da superficie agraria mundial

» D ous millóns e medio de agricultores e gandeiros no planeta están acollidos hoxe a algún selo de certificación ecolóxica en 179 países dos 194 que hai na Terra

» A nivel europeo, España é o primeiro país en superficie dedicada á produción ecolóxica, con máis de dous millóns de hectáreas, e o segundo en número de produtores, con preto de 40.000

CRAEGA 

> 15


DE FEIRAS  >

A voz dos empresarios e das empresarias Mieles Anta Unha das empresas galegas que nunca faltan a Biofach é Mieles Anta, o principal produtor de mel ecolóxico de Galicia e de toda España e que comercializa no mercado internacional baixo a marca Toca. David Corral, xerente desta firma comenta: “Para nós é moi importante porque é o punto de encontro onde nos atopamos cos nosos clientes de Europa e de Asia, que a día de hoxe supoñen unha porcentaxe moi destacada das vendas no exterior”.

Daveiga Daveiga Produción Responsable presentou en Biofach a nova imaxe da marca e a nova gama de produtos ecolóxicos da empresa, que ampliaron de 3 a 7 referencias, con ingredientes como chía, quinoa, espelta ou algas. En palabras de Fernando Alonso, responsable de desenvolvemento internacional, “puxémoslle á empresa o nome de Produción Responsable porque, ademais de comprometernos con facer un produto saúdable para o consumidor, tamén temos unhas pautas de comportamento interno de respecto ao medio ambiente, a redución dos consumos enerxéticos e unha política laboral máis próxima aos traballadores”.

Coren Coren, a maior cooperativa agroalimentaria de España, iniciou a súa actividade no ecolóxico en 2002 coa carne de polo, e nos últimos anos foi incorporando outras actividades ata completar toda a súa gama de produtos. O eco”é unha das principais apostas de futuro desta cooperativa, cunha forte presenza no mercado español e cada vez máis na exportación. Ernesto Sánchez, responsable de producións ecolóxicas, explicou que “nestes anos o grupo Coren apostou pola sostenibilidade, a trazabilidade, o benestar animal e as crianzas en liberdade en toda a súa produción, e o paso que corresponde agora é o da produción ecolóxica”.

16 

< 

CRAEGA

Hifas da Terra A empresa pontevedresa Hifas da Terra leva acudindo tamén a Biofach desde hai 19 anos. Esta firma está a apostar pola innovación nun mundo aínda por descubrir, coma o dos cogomelos, cunha especial énfase nos nutracéuticos, os alimentos empregados para coidar a saúde. Catalina Fernández de Ana, directora xeral, comenta: “Non é o mesmo comer un cogomelo nun prato que preparado nun laboratorio, onde estamos concentrando as materias activas que teñen, todos os seus nutrientes, para que teñan un efecto na saúde.”

Orballo É unha iniciativa xurdida en 2012 nas Mariñas de Betanzos para darlles un maior valor engadido aos montes galegos. Toda a súa produción é ecolóxica e contan con preto de 50 referencias de arroces, especias, herbas aromáticas e infusións, entre as que está o primeiro té certificado como ecolóxico en España. Para Óscar Torres, o responsable de comunicación de Orballo, “o que se consegue en feiras coma esta é principalmente facer contactos, coñecer xente, xa non só dos mercados internacionais, senón tamén do propio mercado español”.

Producto de Aldea Localizada no concello pontevedrés de Valga, Producto de Aldea é o proxecto dun grupo de enólogos galegos que se dedican á selección de viños varietais de distintas zonas. Están a exportar o 40 % da súa produción, principalmente ao norte de Europa e China. “Temos un proxecto para empezar a producir un mencía e un godello ecolóxicos, e a nosa idea é facer poucas botellas dunha alta calidade, como a que teñen os produtos galegos en xeral”, explicounos Pablo Prados, export manager desta firma.


DE FEIRAS  >

Biofactory

Conservas Orbe Un dos sectores que están a experimentar maior crecemento na produción ecolóxica é o dos produtos do mar, no que Galicia conta cun gran potencial, como amosan as catro empresas que acudiron á feira. Unha delas é a veterana conserveira viguesa Orbe. Ana Abad, comercial para Centroeuropa: “Biofach é a maneira de ampliar os nosos contactos, presentarlle os nosos produtos a xente que ao mellor está buscando un fabricante e non sabe a quen dirixirse”.

Connorsa Conservas do Noroeste SA, Connorsa, localízase no municipio pontevedrés de Vilaboa. De momento, o ecolóxico só supón un 10 % da súa facturación, pero non deixa de medrar, sobre todo con destino á exportación. “Vendemos no mercado nacional, pero tamén exportamos a gama ecolóxica a Estados Unidos, México, Italia, Francia, Suecia... países onde a demanda destes produtos está moi desenvolvida desde hai anos”, cóntanos Carolina Lumbreras, a export manager da empresa.

Porto-Muíños Foi unha das empresas pioneiras en Europa na recolección de algas e a súa comercialización en conservas, pastas e outros produtos máis accesibles a un consumidor que cada vez valora máis o potencial culinario das chamadas verduras do mar. Como sinala Bibiana Canosa, responsable de exportación, “Aquí [en Alemaña] é onde hai máis coñecemento do ecolóxico, e para nós xa supón un 20 % da nosa facturación”.

Toda a súa produción está certificada como ecolóxica, sen ovo e sen glute, e contan cunha liña de xeados veganos. Esta é a visión de Antonio Gómez, socio da Factoría EcolóxicaBiofactory: “Quixemos facer do xeado un alimento para todos os consumidores, por iso decidimos que fosen ecolóxicos, sen glute e sen ovo. Coa liña vegana temos tamén un xeado apto para alérxicos, intolerantes e para consumidores que non queren alimentarse de ingredientes de orixe animal”.

Coraçai Acompañando a Biofactory, con quen comparten proxectos en común, tamén se achegou ata Biofach Coraçai, unha empresa coruñesa dedicada a unha das tendencias máis en aumento na produción ecolóxica, a importación de determinados froitos tropicais denominados “superalimentos” polas súas moitas propiedades. “Traballamos fundamentalmente con açaí, que ten a súa orixe no Amazonas, e coa pitaya de Nicaragua, dúas froitas que teñen un alto contido en potasio, calcio e magnesio. Con Biofactory desenvolvemos sorbetes con estas froitas e agora estamos traballando con empresas de iogures, zumes ou galletas para que o açaí e a pitaya sexan máis fáciles de incorporar ao consumo diario”, explica Damián Castiñeira, cofundador de Coraçai.

Pasteurizados Cíes Pasteurizados Cíes, de Sanxenxo, foron pioneiros en Galicia na produción e comercialización de bibalvos pasteurizados, un dos segmentos máis en alza nos últimos anos. Hai dous introducíronse no ecolóxico e comezaron polo mexillón. Como explica Ana Fernández, a export manager, para eles foi unha boa oportunidade de abrirse a novos mercados: “Biofach é para nós un escaparate ideal para testar o noso mexillón e ver a resposta de consumidores e distribución, e de momento pensamos que está a ser moi favorable”.

CRAEGA 

> 17


DE FEIRAS  >

BioCultura

chega a Galicia

A

Feria Internacional de Produtos Ecolóxicos e Consumo Responsable BioCultura, organizada pola onegé Asociación Vida Sana, desembarcou por primeira vez na comunidade galega, froito dun convenio de colaboración entre Expocoruña e a citada Asociación, entre os días 2 e 4 de marzo. Días antes, concretamente o 20 de febreiro, tivo lugar a súa presentación oficial no Concello da Coruña e a ela asistiron María García, concelleira de Emprego e Mobilidade Sostible; Alberto Lema, concelleiro de Emprego e Economía Social, Ángeles Parra, presidenta de Vida Sana, e Rocío Freire, vicepresidenta do Craega, quen salientou que “a feira BioCultura ten unha ampla traxectoria e prestixio e é de grande interese para as empresas e os produtores galegos, porque é unha moi boa oportunidade para o sector e debemos aproveitalo”, apuntou. O recinto da cidade herculina acolleu máis de 200 expositores, cun amplo programa que incluíu 150 actividades para todos os gustos, do que formou parte o Craega coa presentación dos “Sabores ecolóxicos de Galicia”, unha serie de degustacións a base de produtos ecolóxicos, que foron elaboradas ante numeroso público pola man de recoñecidos chefs da nosa comunidade. Ademais de alimentación, que sen dúbida ocupou a maior porcentaxe, puidéronse atopar outros moitos produtos, como hixiene e

18 

< 

CRAEGA


DE FEIRAS  >

cosmética con ingredientes certificados; téxtil orgánico; bioconstrución e ecomateriais, mobles e decoración para a vivenda; enerxías renovables; economía do ben común, terapias e medicamentos complementarios; aforro e reciclaxe; ecoturismo rural e casas de repouso; xoguetes; artesanía; música, publicacións especializadas… En total, foron máis de 15.000 referencias de produtos de alimentación ecolóxica as que estiveron a disposición dos máis de 13.000 visitantes que se deron cita na cidade herculina cun obxectivo común: axudar o público que asiste a este macroevento a cambiar os seus hábitos de consumo cara a un xeito de vida máis sostible.

tendeiros, prescritores, importadores, exportadores, cociñeiros, xerentes, directores de empresa, xestores de recursos humanos, ecochefs, nutricionistas, médicos e profesionais doutras moitas artes e disciplinas acoden a BioCultura.

… e tamén para consumidores

Unha cita para profesionais …

Foron máis de 150 propostas en forma de stands, degustacións, xornadas, mesas redondas, charlas etc. nas que o público puido descubrir, aprender e poñer en práctica o aprendido. Así mesmo, coincidindo con BioCultura, celebrouse MamaTerra, cunha gran variedade de actividades lúdicas para os máis pequenos: obradoiros de cociña, horto biolóxico ou talleres de reciclaxe e enerxías renovables para gozar e aprender en familia.

BioCultura é a cita para os profesionais que queren achegarse ao mundo dos produtos ecolóxicos. Cada un dos sectores ten a oportunidade de coñecer directamente distribuidores e operadores e de realizar as súas transaccións comerciais dunha forma sinxela. Empresarios,

Vida Sana vén celebrando BioCultura desde hai xa 33 anos en Madrid, 24 en Barcelona, 7 en Valencia, 4 en Bilbao, 2 en Sevilla e este ano por primeira vez estivo en Galicia. A vindeira parada será en Barcelona do 3 ao 6 de maio. Non perdas o tren!

CRAEGA 

> 19


DE FEIRAS  >

Sabores galegos eco en

Alimentaria

O

Craega estivo presente no Salón Internacional de Alimentación, Bebidas & Food Service, celebrado do 16 ao 19 de abril no recinto de Gran Vía de Fira de Barcelona. Un total de sete empresas acudiron á feira baixo o paraugas do Consello no pavillón de produtos ecolóxicos do Ministerio de Agricultura, e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama): na categoría de lácteos mostraron produtos a Factoría Ecolóxica, coa marca The Bio Factory, Arqueixal e Cobideza coa marca Dona Cobiña; na categoría de mel estivo presente Mieles Anta; pola súa banda, Conservas Antonio Pérez Lafuente puxo o sabor eco dos produtos do mar galego; a empresa Orballo deu a coñecer as súas herbas aromáticas e arroces, e, finalmente, a firma Avega foi a representante na categoría de ovos.

A produción galega ecolóxica dáse a coñecer no mercado

Natural & Organic de Londres

Ademais, o noso organismo levou a cabo dúas degustacións durante a feira para promover o produto ecolóxico certificado en Galicia no stand multiproduto da Consellería do Medio Rural. Este evento é un referente internacional do sector, no que se dan cita a innovación, as últimas tendencias e a internacionalización do sector. En total, congregáronse máis de 4.500 firmas expositores, un 27 % internacionais, e recibíronse cerca de 150.000 visitantes, un 30 % internacionais procedentes de 156 países. A feira, de carácter bianual, terá lugar entre o 20 e o 23 de abril de 2020.

A

certificación ecolóxica galega acudiu á Natural & Organic Products Europe, a feira de referencia do mercado ecolóxico no Reino Unido, que se desenvolveu en ExCel Londres os días 22 e 23 de abril. Esta é a terceira acción promocional incluída no Programa “Galicia exporta organismos intermedios” do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o cal ten como fin potenciar a internacionalización das pemes galegas. No pavillón do Craega participaron as empresas Porto-Muiños coa súa gama de produtos do mar, Mieles Anta coa marca Toca Honey, e Orballo, coas súas herbas aromáticas e arroces. Ademais, visitaron a feira as empresas Coraçai e Alibos Galicia coa intención de valorar a súa participación en futuras edicións, así como de potenciar a súa presenza nos mercados internacionais. O evento contou con máis de 700 expositores, máis de 10.500 asistentes e 48 países representados. O Reino Unido é o cuarto maior mercado ecolóxico de Europa cun volume de mercado de 2.200 millóns e un crecemento do 6 % no 2017 segundo datos da Soil Association, a certificadora máis importante deste país.

20 

< 

CRAEGA


ACTUALIDADE DO SECTOR >

O Mapama fixo pública a Estratexia para a produción ecolóxica 2018-2020

C

omo resposta ás necesidades do sector ecolóxico, a finais do pasado inverno o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) elaborou a Estratexia para a produción ecolóxica correspondente aos anos 2018-2020 co obxectivo de potenciar o sector e a súa adaptación ás circunstancias e ás tendencias do mercado, coincidindo co novo marco regulamentario europeo que foi aprobado o ano pasado. Para iso reuniu nun documento diversas liñas apoiadas en accións concretas que supoñen a continuación e o reforzo do apoio do Departamento á produción ecolóxica. Esta Estratexia integra actuacións xestionadas por distintas unidades do Ministerio e por outras partes interesadas, que foron debatidas co conxunto do sector, dende a produción primaria ata a distribución, e coas distintas comunidades autónomas.

Os catro obxectivos xerais para o apoio da produción ecolóxica a nivel español para o período citado foron debatidos en catro mesas de debate: fomentar o consumo interno e mellorar a comercialización de produtos ecolóxicos; contribuír a unha mellor vertebración sectorial da produción ecolóxica; apoiar o crecemento e a consolidación da produción ecolóxica, con especial atención á gandería ecolóxica e ao sector industrial, e estudar o papel da produción ecolóxica na política de medio ambiente e adaptación ao cambio climático.

Información completa: http://www.mapama.gob.es/es/ alimentacion/temas/la-agricultura ecologica/estrategias-y-estudios/

O o futuro do sector eco O Craega e a Deputación coruñesa falan sobre

presidente do Craega, Francisco López Valladares, reuniuse o pasado día 6 de marzo co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e co deputado de Economía e Emprego, José Luís García, na sede do organismo provincial na Coruña. No encontro, López Valladares salientou a boa saúde do sector ecolóxico en Galicia, que finalizou 2017 cunha facturación superior aos 50 millóns de euros e cun incremento de produtores respecto de anos anteriores, situándose xa nos 1.067 inscritos. Con este crecemento falouse da necesidade de que o Craega dispoña dunha sede física na provincia da Coruña que complemente os labores da sede de Monforte de Lemos. Así, acordouse traballar para que o organismo certificador se integre no proxecto denominado “Transformando en Brión” dentro do centro de coworking de ámbito supramunicipal, que estará especialmente centrado no sector agrogandeiro e nos produtos ecolóxicos.

CRAEGA 

> 21


O QUE VAI VIR >

“Como producir leite en base a pasto e leite ecolóxico?”

O

grupo de Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (Ecoagrasoc), xunto con Xestión Agraria e Natureza (XAN), colabora na organización do curso “Como producir leite en base a pasto e leite ecolóxico?”, no marco da Universidade de Verán 2018 da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nesta actividade formativa abordaranse, entre outros temas, os retos do futuro do sector, a situación sanitaria do vacún de leite ecolóxico, a transición a pastoreo ou o cambio climático. O curso completarase con debates sobre distintas experiencias e cunha visita a unha granxa que produce en ecolóxico. Tomade nota! Datas: do 25 ao 28 de xuño Lugar: Escola Politécnica Superior de Enxeñería (Lugo) Máis información: bernardo.valdes@usc.es

22 

< 

CRAEGA

As Mariñas-Betanzos ofrece un curso sobre

agricultura eco

A

Asociación Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas (www.marinasbetanzos.gal), organizou un curso sobre agricultura ecolóxica, que se desenvolverá no vindeiro mes de maio.

O curso estrutúrase en dúas partes: un curso téorico (15 h) e outro eminentemente práctico (20 h), orientado a facilitar a posta en marcha de iniciativas emprendedoras ligadas á produción ecolóxica de alimentos. A actividade formativa está dirixida a todas as persoas interesadas na produción ecolóxica co obxectivo de levar a cabo unha iniciativa emprendedora ligada ao sector bio. Máis info: 981 669 541 | info@marinasbetanzos.gal


Taboleiro de anuncios ficados. Produtos de tempada ecolóxicos e certi saxería): men por os enví én (tam Servimos a domicilio as cest e lo rega s bono dos, pedi iculares Visitas concertadas para grupos e part , A Coruña) (Teo eiras Cach Estamos en Tras do Eixo, 25 a Dubr de horta A José Domínguez Dubra 646 413 844 Facebook: A Horta de Dubra

Venda de carne de vacún de produció n ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o dese xe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en tran sporte frigorífico para non romper a cadea de frío. Vicente Prieto Ledo 609 864 738 info@limusinatouza.com

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacarballada@hotmail.com

Alúganse 7 ha en dúas parcelas de terre o en ecolóxico dende o ano 2000, das que 9.000 m² están plantadas de maceiras para sidra. José Hermida Fernández A Graña, 27835 Roupar Xermade (Lugo) 649 428 364 an.geles@hotmail.com

Descontos do 20 % nas tari aloxamento fas de en Ecoagrotur is m o Arqueixal para inscrito s no Craega. Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 03 contacto@arqu 0 eixal.com / w ww.arqueixal .com

alizadas de cestas person Lugo, que Repartimos lo de ta no concel verdura e froi con produtos r ta en em pl m co n de se po certificados. ou ecolóxicos os ic ám in od (Lugo) bi , A Pontenova A Panturreira 641 9 olz: 637 84 Isabel Zaera D om .c la al shambh izaera@granja om .c la al granjashambh 650 343 777

Fragaira - Viveiro de plantas de froitos silvestres. Vendemos plantas de arando, framboesa, mora, grosella vermella e grosella negra certificadas en ecolóxico en Negreira (A Coruña). 699761644 fragaira@gmail.com www.fragaira.blogspot.com

Véndense fabas ecolóxicas de Lourenzá, a granel ou envasadas. M.ª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería La Tomea (Rábade, Lugo) Jesús Dapena 982 390 355 - 607 289 806

Carmen de Socastro en de Na horta ecolóxica “Carm de os dut pro os tem ro” ast Soc ro, ast Soc tempada. Estamos en . uña Cor A s, Roi 11, concello de ! nos éce coñ e Ven om carmensocastro@hotmail.c 630 167 138

Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxic a de Rubia Galega. Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria. San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273 Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de servir en despeces en distintos formatos. Granxas de Lousada SC 657 103 467 sboados@gmail.com

Bo para a túa sa úde, bo para o medio ambiente. Carn e ecolóxica de Raza Vianesa alimentada excl usivamente co n pasto e leite, rica en Omega 3 e recomenda ble para celíaco Poñémola na sú s. a casa en lotes de 1/2 canal de 60 quilos envasa da ao baleiro. Ecovianesa S.L. - Berrande (Our ense) 676 966 255 ecovianesa@gm ail.com

castaña ecolóxica, Soutoseco: fariña de , dra. 100 % castaña feita en muíño de pe reutilizable. envasada en bote ail.com gm @ co se souto seco.soutoseco uto /so om k.c oo www.faceb

Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es


Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

Impreso en papel 100% Reciclado

Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/n Edificio Multiusos 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Tel.: 982 405 300 - Fax: 982 416 530 craega@craega.es www.craega.es Síguenos en:

FEADER Europa inviste no rural

Profile for TRANSMEDIA COMUNICACIÓN

Revista do Craega, 45  

Revista do Craega, 45