__MAIN_TEXT__

Page 1



REVISTA do

CRAEGA

N.º 40  >  Outono 2016

Os produtos eco galegos ábrense a

novos mercados > A agricultura galega

> “Ecolóxicos a

> O Craega, de novo

> Xantar eco en

> A rzúa Eco cumpre

> A proposta eco do

eco estréase na feira BioCultura Madrid

no Sial París

13 anos

mares” fomenta a acuicultura eco entre o alumnado galego Vigo do Craega con blogueiros gastronómicos Paprica gaña o XII Concurso de Tapas de Lugo


3 |  De feiras

CRAEGA

 9 |  Formación

EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez Salgado DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015

12  |  Actualidade do sector 15  |  Taboleiro de anuncios

Establecementos colaboradores

Establecementos colaboradores

minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Cesta da Saúde Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com

Ecotenda Verganta R/ Santísima Trinidad, 7, baixo 15200 Noia A Coruña 689 389 190 ecoverganta@gmail.com

La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com

Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es

Maguz Ecolóxicos Mercado San Agustín, posto 3 15001 A Coruña 615 600 182 alfredosessa30@gmail.com

Ecotienda Orillamar R/ Orillamar, 76, baixo 15002 A Coruña 881 928 749 tienda@ecotiendaorillamar.com

ABC de Bio R/ Padre Don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es

Ganadería Tierra Celta S.L. Vilar, 35, San Pedro de Baroña 15979 Porto do Son A Coruña 981 853 111 office@tierra-celta.com www.tierra-celta.com

As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es

Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com

Horno Integral Pandarán Avda. Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra 986 303 610 info@pandaran.es www.pandaran.com

Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org D´Aldea Rosalía de Castro, 25, baixo 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 598 504 daldea.santiago@gmail.com Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230 Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com

hostaleiros

Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com Horta Verde Tui R/ Alcalde Casal Aboi, 4 36700 Tui Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es Hortasán Praza de Abastos, posto 33 36002 Pontevedra 981 512 491 casadocampo@tempocompartido.com

Ourense Bio, SL R/ San Rosendo, 9, baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com Ponte Bio Praza Arxentina 5 36160 Ponteareas Pontevedra 603 602 050 Puro Bío R/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo 32004 Ourense 988 603 773 purobio@purobio.es; jose@purobio.es Recuncho Ecolóxico Mercado municipal, local exterior, 14 Praza do Concello 15100 Carballo A Coruña 687 243 375 orecunchoecoloxico@gmail.com Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Terra Ecolóxica Travesía de Rianxo, 3 15009 A Coruña 881 879 299 info@terraecoloxica.com www.terraecoloxica.com Terrae Orgánica Rúa Venezuela, 76, baixo 36204 Vigo (Pontevedra) 986 115 550 www.terraeorganica.com terraeorganica@gmail.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com

A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Coto do Rano 2 R/ Reza, 11, baixo 32003 Ourense 988 240 121 www.restaurantecoto.es info@restaurantecoto.es Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es Restaurante Biobania R/ Cordelería, 7 15003 A Coruña 981 221 301 biobania@gmail.com www.biobania.blogspot.com.es Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es

Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 info@restauranteespana.es www.restespana.com Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 905 portasantiago@mundo-r.com Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com


DE FEIRAS  >

O Craega estréase en

N BioCultura Madrid

a súa 32.ª edición BioCultura asentouse no Ifema de Madrid do 10 ao 13 de novembro e ata alí viaxaron 24 empresas galegas acompañadas polo Craega, que contou cun espazo de 84 m2. Co selo do Consello estiveron presentes as seguintes marcas: A Curuxa (Galician Brew); Cervexa Monterrei (As Galegas); Cervexa Pardao e Bubela Artesá, que comercializan cervexa artesanal e, no caso da Bubela, tamén pasta; Alicornio Organic Liquors; Bodegas Corisca; Verín Biocoop e Celta Verde, que venden produtos cárnicos; Pecado de Outono, Conservas do Támega (Terra de Baronceli), Souto da Trabe e Mirabel do Rosal, que amosaron os seus froitos e produtos hortícolas; Arqueixal e Casa Grande de Xanceda, que levaron os seus queixos, iogures e outros derivados lácteos; Avega, que envasa ovos; A Factoría Ecolóxica (Biofactory), que deu a coñecer os seus xeados; Candea e Miño, coa súa variedade de tortas; Bioalacena, cos seus preparados alimenticios; Daiquí SCG e Sovoral, co seu mel e os seus produtos apícolas; Lugar da Veiga, coas súas galletas mariñeiras; Orballo, coa súa gama de infusións e herbas aromáticas; Mar de Ardora, que amosou as súas conservas, algas e preparados alimenticios, e Glecex (Berries&Friends), que aposta polos produtos naturais e derivados do baobab. CRAEGA 

> 3


DE FEIRAS  >

É a primeira vez que o Craega asiste a este grande evento, ao igual que moitas das empresas, cuxa asistencia responde á demanda crecente dos operadores en ecolóxico por este tipo de eventos. Desta experiencia despréndese que a presenza en grupo é unha maneira de facilitar e potenciar a participación das marcas, que comezan a expandirse ou queren afianzarse no mercado. Cómpre destacar, ademais, que o Craega foi o segundo consello regulador con maior número de firmas participantes en conxunto.

Próximas citas con BioCultura... Sevilla: Fibes, 10-12 de marzo Barcelona: Palau Sant Jordi, 4-7 de maio Valencia: Feira de Valencia, 29 setembro-1 de outubro Madrid: Ifema, 9-12 novembro https://www.facebook.com/FeriaBiocultura/ http://www.biocultura.org/nota/94

4 

< 

CRAEGA

A feira eco referente no Estado Coa participación de máis de 700 expositores chegados de toda España e tamén do estranxeiro, BioCultura puxo en marcha arredor de 350 actividades diferentes e recibiu a visita de máis de 70.000 persoas. Europa tivo unha marcada presenza nos stands e o país máis representado foi Alemaña, líder europeo indiscutible no consumo de produtos eco. BioCultura, a Feira de Produtos Ecolóxicos e Consumo Responsable, é un encontro de carácter internacional que se sitúa entre os dous máis importantes destas características que teñen lugar en Europa. Celébrase anualmente en Barcelona, Sevilla e Madrid, e cada dous anos en Valencia e Bilbao. A longa traxectoria do evento, que leva máis de 30 edicións na capital española, pon de manifesto o éxito do movemento da cultura biolóxica. Aquí danse cita produtores, distribuidores, profesionais e consumidores que demostran o dinamismo do sector. Tras os bos resultados acadados, de seguro repetirase a alta participación nas vindeiras edicións.


DE FEIRAS  >

A agricultura eco galega viaxa ao

SIAL París O

Craega desprazouse ata a capital francesa entre os días 16 e 20 de outubro para participar no Salón da Alimentación SIAL París, onde contou cun stand propio de 36 m2 no pavillón de produtos ecolóxicos. Ao abeiro do Consello expuxeron os seus produtos eco os operadores Porto-Muiños, que comercializa algas, conservas de pescado, mexillóns e preparados alimenticios; Alibós Galicia, coas súas castañas; Mieles Anta, co seu mel e os seus produtos apícolas; as galletas mariñeiras de Lugar da Veiga; Customdrinks, coa súa sidra Maeloc, e Conservera Gallega (Paco Lafuente), que amosou a súa gama de conservas de pescado. Algunhas delas xa son habituais nas feiras internacionais, pois exportan gran parte da produción.

CRAEGA 

> 5


DE FEIRAS  >

Ademais, o Craega estivo como coexpositor no stand da Consellería do Mar, que recibiu a visita da titular e do director xeral deste organismo, Rosa Quintana e Juan Carlos Maneiro, os cales asistiron co fin de apoiar o sector e de informarse sobre a súa situación actual. O expositor converteuse nun punto de información sobre a acuicultura, as conservas e os produtos do mar ecolóxicos e as empresas que amosaron os seus produtos foron Conservas Cuca, Conservas Lago Paganini (Balea), Mariscos Linamar, Mar de Ardora, Mejillones Ría de Arosa, Connorasa (Cabo de Peñas) e Porto-Muiños.

Unha cita mundial coa innovación alimentaria A feira parisiense bianual, que se desenvolveu no Parque das Nacións, é un referente a nivel mundial. Este ano contou coa presenza de 7.000 expositores (85 % internacionais) e 155.000 visitantes, o 70 % eran estranxeiros, que representaron todo tipo de axentes do mercado da alimentación. Tamén asistiron 120 personalidades oficiais internacionais. Realizáronse 250 actividades e outorgáronlles premios aos produtos máis innovadores, aos que aspiraban 2.189 candidatos. Estes datos confirman o papel catalizador de SIAL no comercio internacional, cuxa vindeira edición está prevista para os días 21 ao 25 de outubro de 2018.

6 

< 

CRAEGA


DE FEIRAS  >

Ágora Verde

A feira eco pecha a súa andaina en Lourenzá

U

nha vintena de empresas galegas dedicadas á produción ecolóxica certificada estivo presente baixo o paraugas de Ágora Verde na tradicional Festa da Faba de Lourenzá, que este ano se celebrou os días 30 de setembro e 1 e 2 de outubro. Nesta edición e por primeira vez, Ágora Verde formou parte dun dos certames máis concorridos de Galicia cuns resultados que os participantes cualificaron de excepcionais. Amorodo Conservas Ecolóxicas, Bubela Artesá, Cervexa Monterrei (As Galegas), galletas mariñeiras de Lugar da Veiga, Sovoral Apicultura Orgánica, Arqueixal Comarca da Ulloa ou Herbas de Caaveiro foron algunhas das marcas que montaron o seu stand en Vilanova de Lourenzá para ofrecer os seus produtos, tal e como xa fixeran nos concellos de Lugo, Lalín, Vilagarcía de Arousa, Carballo, Sada, Monforte de Lemos e San Sadurniño, xunto con outras firmas. Igual que nas feiras anteriores, leváronse a cabo demostracións e degustacións de pratos elabora-

dos por un cociñeiro, así como obradoiros de pintura e manualidades. Á inauguración do evento asistiron diversas autoridades, entre as que se atopaban a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; a deputada provincial de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, e o ex-alcalde Vidal Martínez-Sierra, os cales estiveron acompañados polo presidente do Craega, José Antonio Fernández. A de Lourenzá foi a última actividade de Ágora Verde, unha acción de promoción e difusión dos produtos eco certificados que puxo en marcha o Craega coa colaboración doutras institucións, como concellos e deputacións, durante os meses de verán. Con esta iniciativa logrouse que un gran número de visitantes tivese a oportunidade de coñecer e de achegarse á produción ecolóxica certificada nas oito cidades e vilas nas que estivo presente.

CRAEGA 

> 7


Foto: ANDREA RODRÍGUEZ

DE FEIRAS  >

Arzúa Ecolóxica,

un punto de encontro do sector verde de Galicia

B

aixo o lema “Faite eco”, o recinto feiral Terra do Queixo acolleu durante os días 26 e 27 de novembro a 13.ª feira ecolóxica de Arzúa (A Coruña), unha das citas ineludibles no outono do sector eco en Galicia. Como cada ano, contou cun amplo programa de actividades, no cal o eixe foron os postos de produtores ecolóxicos, entre os que se atopaban varias empresas de agricultura eco certificada polo Craega, como Bubela Artesá, Puleva Eco, Mirabel do Rosal, Caurelor, Milhulloa S. Coop. Galega, Herbas de Caaveiro, Conservas Mar de Ardora, Aceites Figueiredo, Polemel, Sovoral, Casa Grande de Xanceda, Arqueixal e Cervezas Pardao. No seu percorrido polos diferentes stands, ademais de agricultura eco, o público puido coñe-

8 

< 

CRAEGA

cer de preto os proxectos doutras empresas ecolóxicas dedicadas ao téxtil, á cosmética, aos produtos de limpeza ou á alimentación, cuxo punto de encontro radica na procura da unión da calidade co respecto ao medio ambiente. A axenda deste ano completouse con concertos ao vivo, talleres e charlas divulgativas sobre agricultura, alimentación e TTIP, e sobre certificación ecolóxica; esta última, programada para o segundo día, foi impartida por Javier García Lozano, o secretario do Craega. Entre os obxectivos deste evento están ofrecerlles aos consumidores produtos saudables; vivir e traballar nun ambiente sen contaminación e máis equilibrado sen riscos de toxicidade, e fomentar uns sistemas produtivos que axuden a manter este mundo como un lugar máis habitable.


FORMACIÓN >

N

a tarde do 18 de novembro levouse a cabo no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira (Silleda) a III Xornada Formativa do Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda, que nesta ocasión se centrou na agricultura ecolóxica. O encargado de inaugurar a sesión foi Manel Cuíña, alcalde de Silleda, ao que seguiron varios expertos na materia; o primeiro en intervir foi Francisco Peña, fundador do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles (2000-2020), coa charla titulada “Medio ambiente e saúde: o camiño cara a unha Galiza máis sustentable e saudable”. A continuación foi a quenda de Xan Neira, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo (USC), quen centrou o seu relatorio na “Ecoloxía aplicada á agricultura ecolóxica”, a través do cal fixo un percorrido pola historia da agricultura e polo comezo da agricultura ecolóxica, e advertiu dos perigos que teñen as prácticas de agricultura para o medio. A Xornada rematou coa participación de Javier García Lozano, secretario do Craega, quen abordou o tema da certificación de agricultura ecolóxica e da situación deste tipo de cultivo na comarca do Deza.

Charla do Craega na Coruña sobre

certificación ecolóxica

A agricultura eco protagoniza a III Xornada do Centro Agrario de Silleda

O

día 29 de novembro ás 17:30 h no local de Abanca en Cantón n.º 5, o secretario do Craega, Javier García Lozano, ofreceu unha charla sobre a certificación dos produtos ecolóxicos e mais dos datos actuais da provincia da Coruña. Tras explicar que é a certificación e cal é o funcionamento do Craega, o representante do Consello pasou a falar das principais producións nesa provincia. Finalmente, deulles resposta ás dúbidas dos consumidores sobre os produtos ecolóxicos. A conferencia, organizada pola Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña, contou coa presenza de máis de 70 persoas.

CRAEGA 

> 9


FORMACIÓN >

O

día 15 de novembro o Craega iniciaba no CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro (Ourense) a segunda campaña escolar de fomento da acuicultura ecolóxica. Este ano o lema foi “Ecolóxicos a mares” e os destinatarios foron grupos de nenos e nenas de varios centros galegos de idades comprendidas entre 6 e 12 anos. As sesións tiveron un carácter lúdico co fin de manter a atención do alumnado, polo que foron apoiadas cun vídeo interactivo e cun xogo de mesa, que os axudou a recoñecer a gama de produtos de auga doce e salgada que poden atopar nas tendas e nos supermercados (mexillóns, algas, produtos elaborados...), identificar os logotipos que os caracterizan e diferencialos dos convencionais.

O Craega volve aos centros de ensino coa campaña

«Ecolóxicos a mares» Durante o encontro, que tamén incluíu unha degustación de pratos elaborados con produtos do mar ecolóxicos, os representantes do Consello quixeron saber de primeira man cal era o contacto dos rapaces coa agricultura ecolóxica. Entre as respostas recollidas sorprenderon as dalgúns nenos que manifestaron que consumían ocasionalmente produtos eco, outros xa visitaran algunha explotación deste tipo e mesmo algúns recoñecían certas características destes alimentos, entre as que destacaron o feito de seren saudables e respectuosos co medio ambiente.

10 

< 

CRAEGA


FORMACIÓN >

Tras a a de boa acollid 15, o e 20 novembro d visita a e de Craega volv e Galicia para xios d varios cole os máis cativos a amosarlles dos produtos s as bondade o mar coa d ecolóxicos lóxicos a Eco campaña “ ” mares

A campaña, que se prolongou todo o mes de novembro, levouse aos centros de ensino de Leiro, Ribadavia, Monforte de Lemos, Bóveda, Lugo, Melide e Palas de Rei, e puxo fin o día 24 en Santiago de Compostela, concretamente no CEIP Monte dos Postes. Neste colexio o alumnado recibiu a visita de Juan Carlos Maneiro, director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, o cal estivo acompañado de Juan Antonio Fernández, presidente do Craega. Este proxecto naceu en novembro de 2015 e, igual que nesa edición, está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e pola Xunta de Galicia, e organizado pola Consellería do Mar e polo Craega. O seu obxectivo principal é a divulgación e o fomento de consumo destes produtos entre a poboación máis nova.

CRAEGA 

> 11


ACTUALIDADE DO SECTOR  >

X Xantar eco en Vigo do Craega con

blogueiros gastronómicos

12 

< 

CRAEGA

a vai máis dun ano dende que o Craega se reunira cun grupo de blogueiros gastronómicos no restaurante santiagués O Fogar do Santiso, co fin de compartir con eles os sabores da gastronomía elaborada exclusivamente con produtos ecolóxicos. Tras o éxito daquela xuntanza, o presidente do Craega, José Antonio Fernández, e o seu secretario, Javier García Lozano, volveron repetir a experiencia o pasado día 1 de decembro. Desta volta, o establecemento elixido foi Terrae Alimentación Orgánica, situado na rúa Venezuela de Vigo, un proxecto ecolóxico que é, ao mesmo tempo, tenda e espazo de degustación de alimentos eco. O punto en común dos comensais é que todos se dedican á comunicación gastronómica e turística, moitos dos cales teñen o seu propio blog, onde comparten receitas de cociña e deixan constancia de moitos lugares nos que se come ben, de lugares para visitar ou dos enlaces nos que poden obter bos produtos, entre outras recomendacións. Na mesa sentaron, xunto cos representantes do Craega, Alberto Ribas, responsable do blog Máis grelos; Rocío Garrido, cociñeira e creadora do blog La coci-


ACTUALIDADE DO SECTOR  > na de mi abuelo; Marga Pazos, da Consultoría Gastronómica Cartablanca, dedicada ao asesoramento e á formación de negocios para hostalería e restauración; Martina Vicente e Alberto Traversa, da revista La Alacena Roja; María José, que escribe no blog Laurel y canela; Mark Auchincloss, quen se fai eco das bondades da cociña e do turismo en Galicia en lingua inglesa no seu blog My destination; Faustino Batallán, autor de Galicia Gastro; Xoán Arco da Vella, que atende o blog Xoán arco da vella, e Luis Domenech, creador de La buena pitanza.

O menú dos blogueiros

Os blogs dos comensais http://www.terraeorganica.com/blog http://maisgrelos.blogspot.com.es/ http://www.cocinademiabuelo.com/ http://www.laalacenaroja.com/ https://laurelycanela.blogspot.com.es/ http://galiciagastro.blogspot.com.es/ http://www.xoanarcodavella.com/ http://www.labuenapitanza.com/

A carta preparada para a ocasión incluíu como entrantes arroz integral con cogomelos e verduras; ensalada de pataca con atún, cebada de Tex-Mex e cuscús de polo con salsa Tsatziki. Tras estes primeiros para abrir boca, viñeron os pratos principais: sopa de fabas mediterránea, Bowl Terrae nutricionalmente equilibrado e tacos Terrae con carne de soia. A torta de cenoria, o biscoito de limón e o brownie puxeron o broche de ouro no menú ofrecido por Terrae.

Gastronomía eco e de calidade Con estes encontros, o Craega procura que os asistentes poidan degustar de primeira man os produtos ecolóxicos e, ao tempo, poidan descubrir os beneficios do seu consumo e compartir a súa experiencia nos seus proxectos web.

CRAEGA 

> 13


ACTUALIDADE DO SECTOR  >

“AC-543”, a proposta eco do Paprica, triunfa no

XII Concurso de

Tapas de Lugo

A

proposta culinaria que o restaurante Paprica bautizou co nome “AC-543” (tomate negro de Santiago en diferentes elaboracións con berberechos de Noia ao natural) foi a tapa máis votada polo público no apartado de Mellor Tapa Ecolóxica NaturaLugo na 12.ª edición do Concurso de Tapas de Lugo e, así mesmo, acadou o I Premio do Xurado Profesional entre os doce establecementos finalistas no devandito certame.

O Mercado Travesas de Vigo aposta polos produtos ecolóxicos

O

Craega colaborou co Mercado vigués Travesas, o cal organizou ao longo de 2016 varios mercados de produtos ecolóxicos. Algúns dos días, sempre sábado de 9:00 a 14:30 h, foron o 10 de setembro, 8 de outubro, 12 de novembro e 10 de decembro. Con esta iniciativa o Mercado quere ofrecerlles aos usuarios desta área comercial a oportunidade de coñecer e de mercar este tipo de alimentos.

14 

< 

CRAEGA


Taboleiro de anuncios

Secundina Cost a Piñeiro (Vivei ros Ramil planta Queda aínda no de horta) viveiro algunha planta da campa de primavera (c ña ebola, tomates Preparámonos , pementos etc. agora para a ca ). mpaña de verá escarolas, pakc n (leitugas, hoi, col chinesa etc.) e de outono brócoli, coliflor (repolos, etc.). Para pode r ter unha plan moi importante ta axeitada é ter os cultivos planificados, as poderemos prog í os viveiros ramar ben as se menteiras. ramon@ceressl.c om - 986 710 70 7

ficados. Produtos de tempada ecolóxicos e certi saxería): men por os enví én (tam Servimos a domicilio as cest e lo rega s bono dos, pedi iculares Visitas concertadas para grupos e part , A Coruña) (Teo eiras Cach Estamos en Tras do Eixo, 25 a Dubr de horta A José Domínguez Dubra Véndense fabas 646 413 844 as de Lourenzá, a óxic ecol a Dubr de Facebook: A Horta el gran ou envasadas. M.ª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006 Venda de carne de vacún de produció n ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o dese xe o cliente la ecolóxico. Viveiro de plantel hortíco e pódeselle poñer no domicilio en tran sporte arga. Facemos plantel por enc frigorífico para non romper a cadea de frío. Biohorta Vicente Prieto Ledo 483 312 / 669 690 212 981 609 864 738 agricolacuruxeira@gmail.com info@limusinatouza.com

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacarballada@hotmail.com

Alúganse 7 ha en dúas parcelas de terre o en ecolóxico dende o ano 2000, das que 9.000 m² están plantadas de maceiras para sidra. José Hermida Fernández A Graña, 27835 Roupar Xermade (Lugo) 649 428 364 an.geles@hotmail.com

Descontos do 20 % nas tari aloxamento fas de en Ecoagrotur is m o Arqueixal para inscrito s no Craega. Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 03 contacto@arqu 0 eixal.com / w ww.arqueixal .com

alizadas de cestas person Lugo, que Repartimos lo de ta no concel verdura e froi con produtos r ta en em pl m co n de se po certificados. ou ecolóxicos os ic ám in od (Lugo) bi , A Pontenova A Panturreira 641 9 olz: 637 84 Isabel Zaera D om .c la al shambh izaera@granja om .c la al granjashambh 650 343 777

de verduras Repartimos caixas io en Santiago ecolóxicas a domicil ncellos limítrofes de Compostela e co ). Te , o, Ames e Brión (Vedra, Boqueixón ga ae Cr dra inscrita no Finca de horta en Ve compartido.com po tem miguel@

Carmen de Soca stro Na horta ecolóx ica “Carmen de Socastro” temos produtos de tempada. Estam os en Socastro , 11, concello de Rois, A Coruña . Ven e coñéceno s! carmensocastro @hotmail.com 630 167 138

Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria. San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273

Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de se rvir en despeces en distintos formatos . Granxas de Lousada SC 657 103 467 sboados@gmail.com

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería La Tomea (Rábade, Lugo) Jesús Dapena 982 390 355 - 607 289 806

Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxic a de Rubia Galega. Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

Bo para a túa sa úde, bo para o medio ambiente Carne ecolóxic a de Raza Vian esa alimentada exclusivamente con pasto e leite , rica en Omega 3 e reco mendable para celíacos. Poñémola na sú a casa en lotes de 1/2 canal de 60 quilos envasa da ao baleiro. Ecovianesa S.L. - Berrande (Our ense) 676 966 255 ecovianesa@gm ail.com

óxico. Realizamos plantón hortícola en ecol tura ticul ofru hort de os Asesoramento con curs oiro. rnad inve de vos e culti Semilleros Penateixa 636 060 286 / 693 654 130 semillerospenateixa@hotmail.com semillerospenateixa.blogspot.com

Viveiro de plantel hortícola en ecolóxic o. Temos plantas en stock e recollemos encargas. Sementes convencionais e tradicionais certificadas. Feitoría Verde 698 164 249 / 698 161 760 pedidos@feitoriaverde.com https://feitoriaverde.wordpress.com

Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es




Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/n Edificio Multiusos 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Tel.: 982 405 300 - Fax: 982 416 530 craega@craega.es www.craega.es Síguenos en:

GOBIERNO DE ESPAÑA

MINISTERIO DE AGRICULTURA Y PESCA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE

FEADER Europa inviste no rural

Impreso en papel reciclado Maine Gloss Green

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

Profile for TRANSMEDIA COMUNICACIÓN

Revista do Craega 40  

Revista do Craega 40