Afriga 127. Edición en galego

Page 41

DOSSIER: ABONADO

Outro parámetro importante é a calidade do leite que se debe producir na explotación. Para iso, os técnicos deseñan o plan de alimentación do rabaño tendo en conta as análises de calidade das forraxes e a dispoñibilidade e/ou reservas destas. Para a obtención destas forraxes debemos manexar adecuadamente as súas condicións de produción; por tanto, resulta fundamental dispor de análise de solos específicos das parcelas, polo que o obxectivo final é a realización dunha correcta fertilización. O traballo da toma de mostras de solo débese realizar con certa antelación e tendo en conta unha serie de premisas, para ter unha mostra o máis representativa sobre o estado nutricional do solo. Os resultados analíticos poden estar dispoñibles entre 15 e 20 días desde a recepción da mostra no laboratorio. Deben mostrearse as parcelas antes de realizar achegas de xurro, esterco ou fertilizante mineral para, desta forma, obter datos reais. É por esta razón pola que as parcelas que se atopan a barbeito invernal debemos mostrealas antes de aplicarlles xurro, e as parcelas que se atopen con algún cultivo de inverno, raigrás ou cereal debemos mostrealas antes de realizar calquera tipo de achega sobre o cultivo en desenvolvemento. Por tanto, o período invernal é unha boa época para tomar mostras de solo e realizar este tipo de análises, se aínda non contamos con estes datos.

41

Estercador

Se se dispón de analíticas de solo recentes (tres anos ou menos de antigüidade), poderemos utilizalas para deseñar o noso plan de fertilización. Se non dispomos de analíticas recentes, é recomendable volver realizalas, dado que o solo é o medio físico dentro do cal se producen procesos químicos e biolóxicos de forma continua.

Fertirrigación

Agralia y Aresa se unen para ofrecer al agricultor gallego una gama completa de fertilizantes líquidos a medida,, que se ajustan a las necesidades concretas de cada suelo y cultivo.

Creciendo juntos. Carretera San Sebastián - Tarragona N 240, km 118,3. 22540 Altorricón (Huesca) Telf.: (34) 974 425 925 • fertilizantes@agralia.es

www.agralia.es

Avda. Madrid nº187. 27002 Lugo Telf.: (34) 982 22 24 00 • info@aresa-agricola.com

www.aresa-agricola.com

AFRIGA ANO XXIII - Nº 127


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Afriga 127. Edición en galego by Transmedia Comunicación - Issuu