1 minute read

OBSERVACIÓN DE DÉFICITS E FORTALEZAS NA AULA

A metodoloxía de traballo no centro trata de fomentar o traballo en equipo, comenzando polo profesorado. Únense metodoloxías diversas dende algunhas máis

tradicionais ata outras mais innovadoras e relacionadas coas TIC.

Advertisement

Tratamos de ser un centro inclusivo onde se atenda ás necesidades educativas e

ás características individuais de cada alumno ou alumna. Contamos con medidas de

atención á diversidade como a participación no programa RecupéraT e Inclúe cunha

metodoloxía activa e participativa dentro do horario lectivo. En Primaria tratamos de

respectar que o alumnado reciba o apoio por parte da profesora de PT ou AL dentro da

súa aula, sempre que esta medida sexa a máis adecuado para o alumno ou alumna.

3. RECURSOS

En xeral as instalacións do centro están coidadas e dan resposta ás necesidades

actuais, se ben podemos atopar certos déficits no pavillón, sobre todo na zona de aseo e

vestiarios, e na pista exterior de xogo.

Os recursos tecnolóxicos melloraron considerablemente nos últimos cursos tendo

un bo funcionamento xeral. Todas as aulas contan con canón e encerado dixital.

Con respecto aos recursos persoais podemos sinalar como fortaleza a estabilidade

dunha gra parte do claustro e coma debilidade non poder contar co profesorado suficiente

para atender de xeito óptimo ao alumnado, tendo en conta que temos un número

proporcional moi elevado de alumnado con NEAE e que a falla de recursos culturais na

contorna fai necesaria a figura dunha escola compensadora das desigualdades se a

comparamos cunha escola dunha vila ou cidade.

More articles from this publication:
This article is from: