Tornamos de novo á edición en papel da nosa revista Andaina! Esperemos que esto sexa sinal de que pouco a pouco, poidamos regresar á verdadeira normalidade no noso colexio e na vida de todos e todas. Este curso contamos cunha auxiliar de conversa nada máis e nada menos que da India! Chámase Roopa, ven dende Nova Delhi e estivo colaborando con toda a rapazada de noso centro. Ademais de traballar nas sesións de plástica de primaria, Roopa tamén estivo cos cativos de infantil xunto coa mestra de psicomotricidade ou outros mestres da etapa. Como era de esperar, algún dos traballos realizados en arts and crafts tiveron relación cos costumes e tradicións propias da India, como foron as lámpadas para celebrar o Diwali. Tamén se fixo material para o distraz do Entroido e traballáronse artistas importantes como Keith Haring, Picasso, Frida Kahlo e Yayoi Kusama entre outros. Ademais contamos con ela para as horas de lectura onde compartiu co alumnado a vida na India e gozaron de contacontos e xogos.
Neste curso retomamos o plurilingüismo en infantil nas sesións de psicomotricidade. Estas sesións tiveron o inglés como principal lingua vehicular e desenvolvéronse da seguinte maneira:
Un warm-up para entrar en calor e presentación da actividade.
Pasamos á tarefa principal, neste caso, un circuíto.
Un momento de xogo li- Rematamos cun tembre para desfrutar do po de relaxación para movemento e do material. volver á aula.
As restricións sufridas pola COVID dentro da escola non impediron que puideramos gozar de actividades como storytellings en inglés dende a aula, ou a celebración do Halloween.
Raquel López Pérez
29