Alumnado
6º Ed. Primaria
Que reencontro tan desexado! Andaina devecía por estar de novo aquí, nas vosas mans, ansiaba sentir como pasabades as follas, unha tras outra, para deixar asomar os agasallos que todos os nenos tiñan preparados para vós, para todos e todas. O curso pasado foi “diferente” e só nos puidemos ver a través das redes, e asomar a través dun “click”, que tamén foi divertido e interesante, pero tiñamos ganas de estar de volta nas vosas mans e a nosa Andaina loce gustosa unha pequena mostra de moitas das actividades e traballos que todos os membros desta gran familia desenvolven día a día. Agardamos que desfrutedes tanto observando como nós facendo. Por certo, que Marquiños tamén vos manda unha inmensa aperta, que xa sabedes como gosta da vosa compaña. Grazas a todos os mestres e mestras, ás familias, á administración, ao concello, en fin, a toda a comunidade educativa, grazas por seguir aí, coma sempre, apoiando, axudando, participando da vida do centro, facendo doado o máis complicado, entendendo a nosa labor e formando parte desta gran familia. Agardamos que o próximo curso poidamos celebrar XUNTOS que somos un gran equipo. Vémonos no número 22!!!!!!
Gloria Rodríguez Doel (Directora)
Sumario
Queridas nenas e nenos, queridas familias, queridos membros desta comunidade educativa:
Portada
Dende o EDLG (Equipo de dinamización da lingua galega) queremos desexarvos un feliz DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Presentación
01
Infantil
02
Música
09
Primaria
10
Entrevista
26
Equipos
29
Non queremos rematar sen plasmar esta frase que recolle Emma Pedreira no libro Palabra á intemperie:
Plans Proxecta
39
“Amósame a lingua. Amásame na lingua. Ámame coa lingua. Fálama”
Letras Galegas
48
Conselleiro
52
Nestas liñas que atopamos nesta especial biografía podemos entrever a esencia de Xela Arias e a importancia de matermos a nosa lingua viva.
Despedida
53
Contraportada
Hoxe chegan aos vosos fogares as ideas, o traballo, a dedicación e o esforzo diario de toda a familia do San Marcos, tecidos con agarimo ao longo destas follas. Non atopamos mellor xeito de agasallarvos neste 17 de maio que coas verbas da nosa lingua. Agardamos que poidades gozar cos cinco sentidos da Andaina que comeza nestas primeiras páxinas, e que poidades ir abrazando a lingua galega en cada palabra, en cada verso e en cada historia que aquí vos contamos.
Por iso dende o EDLG continuaremos día a día co noso compromiso co galego, amando a lingua e falándoa, facéndoa presente no centro e contribuíndo a que se manteña viva en cada recuncho do mesmo.
Maika Rodríguez Domínguez (Coordinadora EDLG)
1
3 anos A
2
3 anos B
3
4
5
6
6º de EI
7
4 ANOS B
8
Cristina Sánchez Veiga
9
10
11
12
13
14
15
3º A
16
17
18
19
20
3º A
21
22
23
5º B
24
25
Ignacio e Diego traballan na Reserva da Biosfera: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e teñen a súa sede en Abegondo. Os dous son biólogos pero con eles traballan outras seis persoas expertas en distintos campos o que lles axúda a enriquecer o seu traballo. Alumnado: Que é a Reserva da Biosfera? Ignacio: A Reserva da Biosfera é un territorio formado por dezasete concellos, entre eles Abegondo, todos eles de arredor da cidade da Coruña. No ano 2013 foron declarados pola UNESCO Reserva da Biosfera polos valores de coidado do medio ambiente e do patrimonio cultural e tradicional. Alumnado: De que vos ocupades? Ignacio: Traballamos en varias cousas, todos os proxectos están centrados no coidado e no respecto polo medio ambiente e na sensibilización das persoas que viven no territorio da Reserva da Biosfera. Traballamos cos centros educativos en distintos programas como o de “Educación ambiental: Educando na Biosfera” que realizamos tamén no voso centro. Diego traballa con temas de ecoturismo, como facer turismo respectando o medio ambiente. Outro proxecto é para a conservación dos bosques de ribeira, para que non desapareza a biodiversidade vinculada a eles (animais e plantas). Alumnado: Na vosa páxina web pódense ver numerosas fotografías de paxaros, como sacades esas fotos? É difícil facelo? Ignacio: Hai varias formas. Unha forma habitual é utilizar a cámara do móbil. Pero se queremos facer un seguimento de certos paxaros en concreto, hai unhas cámaras especiais que chamamos “cámaras de fototrampeo” que se colocan preto das caixas e levan un sensor que se activa cada vez que pasa un exemplar. Alumnado: Teñen máis locais ca o de Mabegondo? Ignacio: En Oleiros está como sede da reserva o Castelo de Santa Cruz e na reserva hai outros centros da interpretación da natureza, en Chelo e a aula da natureza de Crendes son centros
que teñen os concellos e nós usamos de vez en cando para realizar determinadas actividades. Alumnado: Teñen animais criando? Diego: Non, pero temos unha marca de calidade da reserva para os produtores locais que producen variedades de aquí sen sustancias químicas co cal estas optando por un produto ecolóxico. Ignacio: Isto permítenos recuperar certas razas ou variedades que estaban desaparecendo, por exemplo había o tomate negro de Santiago que estivo a punto de desaparecer, pero
26
grazas á colaboración do centro de investigacións agrarias de Mabegondo que foron recuperando distintas sementes e fixéronse novas sementes que foron distribuídas. Alumnado: Os animais que coidades son desta zona e están libres? Diego: Nós directamente non coidamos pero dentro do noso territorio hai centros que coidan deles en Abegondo temos un Servizo de Lacería para animais domésticos abandonados: hai un número de teléfono do Consorcio das Mariñas (981 679 083) ao que podedes chamar cando vos atopedes nesta situación. Eles recollen estes cans, gatos... abandonados e incluso podédelos adoptar.. Alumnado: Algunha vez vos trabou ou vos atacou algún animal?
Ignacio: Tivemos a sorte de que non. De feito, os animais adoitan estar ao seu aire na natureza; non están pendentes de atacarnos. Diego: Temos que ter en conta tamén que moitas veces tendemos a pensar que a natureza é nosa e que podemos facer nela o que queiramos, cando en realidade somos nós os invitados no territorio doutras especies. Isto pode facer que se poñan á defensiva e que intenten atacar ás veces, pero non é a tónica xeral. Ignacio: Claro, se non nos acercamos moito, se mantemos a distancia e non os ameazamos, os animais non nos van atacar. Por iso é moi importante, cando saiamos ao campo, respectar todos os seres vivos. Tamén hai que recordar que, cando levemos o can, este estea sempre ben atado, xa que pode perseguir a algún animal indefenso ou a algunha cría vulnerable, infrin-
xindo un dano innecesario. Alumnado: Ocúpanse tamén de animais acuáticos? Diego: Na Coruña temos o Oceanográfico que está a traballar o tema dos animais mariños. Ignacio: Nós non temos animais pero si que traballamos con moitas entidades que si se dedican a coidar e a recuperación de certas razas e non so animais senón tamén plantas e traballan para buscar tratamentos a enfermidades. Alumnado: Hai especies de paxaros invasoras en Galicia? Diego: Si, de feito hai unha ave que é moi bonita, o cisne. Os cisnes son moi territoriais; cando chegan a un punto, empezan a ser moi agresivos cos outros paxaros para ter o seu sitio para criar. Ignacio: Aquí, no encoro de Abegondo e Cecebre, hai outro paxaro chamado pico de coral, que tamén é invasor. Diego: É moi importante, se mercamos ou conseguimos un animal que vén doutra parte do planeta, non deixalo solto xa que non sabemos como se vai relacionar aquí. Pode ocasionarun problema medioambiental Alumnado: Cal é o problema dos eucaliptos en Galicia?
27
Ignacio: O problema é que os humanos comezamos a plantalo en forma de monocultivo para vendelo e así conseguir cartos, e de tanto plantalo xerou un problema. Cando temos unha mesma especie plantada tantas veces chega unha praga e esta remata con todo. Diego: O problema é a plantación descontrolada. Habería que reverter esta situación e plantar máis especies autóctonas e frondosas, como o carballo, que xeran no solo certa humidade que frea o lume. Alumnado: Cal foi a actuación que máis recordades ou que máis vos afectou? Diego: A min colocar a cámara de fototrampeo e ver o que grabou, cáusame moita curiosidade ver que animais hai. Tamén cando axudas ás persoas a formarse e a montar as súas empresas e a dinamizar rural. Ignacio: Darlle tamén solucións a problemas, por exemplo as londras que hai no encoro de Cecebre sufrían moitos atropelos ao cruzar a estrada, a solución foi construír un paso subterráneo por debaixo da estrada para que pasasen as londras. Diego: Tamén se fixo no camiño de Santiago que pasa por aquí, asegurar que os peregrinos teñan auga potable, recuperando mananciais e asegurándose de que sexa auga potable. Alumnado: Fan investigación en conservación de plantas e animais? Diego: Si, investigamos que especies son autóctonas e cales invasoras.
Ignacio: Tamén dende a Reserva tódolos anos se declara unha especie do ano e durante ese ano invítase a expertos para dar charlas e talleres sobre esa especie para que a xente da zona a coñeza mellor. Diego: Grazas a que un ano se elixiu a londra como especie do ano puidose identificar a solución para o seu problema en Cecebre. Alumnado: Que zona pensades que necesita máis atención? Diego: Sobre todo as zonas dos ríos que merecen unha atención especial. Hai que recuperar os bosques de ribeira. Alumnado: Tedes algún animal que estea en perigo de extinción?
Diego: Hai varios sobre todo os anfibios porque co cambio climático cada vez hai menos zonas húmidas. Ignacio: Se seguimos actuando como ata o de agora esas especies acabarán extinguíndose, esas especies están protexidas e nos facemos un seguimento das especies vulnerables, que están nun perigo maior. Alumnado: Moitas grazas por contestar ás nosas preguntas.
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
28
Tornamos de novo á edición en papel da nosa revista Andaina! Esperemos que esto sexa sinal de que pouco a pouco, poidamos regresar á verdadeira normalidade no noso colexio e na vida de todos e todas. Este curso contamos cunha auxiliar de conversa nada máis e nada menos que da India! Chámase Roopa, ven dende Nova Delhi e estivo colaborando con toda a rapazada de noso centro. Ademais de traballar nas sesións de plástica de primaria, Roopa tamén estivo cos cativos de infantil xunto coa mestra de psicomotricidade ou outros mestres da etapa. Como era de esperar, algún dos traballos realizados en arts and crafts tiveron relación cos costumes e tradicións propias da India, como foron as lámpadas para celebrar o Diwali. Tamén se fixo material para o distraz do Entroido e traballáronse artistas importantes como Keith Haring, Picasso, Frida Kahlo e Yayoi Kusama entre outros. Ademais contamos con ela para as horas de lectura onde compartiu co alumnado a vida na India e gozaron de contacontos e xogos.
Neste curso retomamos o plurilingüismo en infantil nas sesións de psicomotricidade. Estas sesións tiveron o inglés como principal lingua vehicular e desenvolvéronse da seguinte maneira:
Un warm-up para entrar en calor e presentación da actividade.
Pasamos á tarefa principal, neste caso, un circuíto.
Un momento de xogo li- Rematamos cun tembre para desfrutar do po de relaxación para movemento e do material. volver á aula.
As restricións sufridas pola COVID dentro da escola non impediron que puideramos gozar de actividades como storytellings en inglés dende a aula, ou a celebración do Halloween.
Raquel López Pérez
29
Biblioteca suso cubeiro bibliomarquiños Todos os 24 de outubro se celebra o día das Bibliotecas. O lema desta edición, “Bibliotecas, sempre ao teu carón”, resume perfectamente o espírito das bibliotecas escolares e desta nosa biblioteca, a Biblioteca Suso Cubeiro – Bibliomarquiños. Como todas e todos sabedes este curso foi moi complicado á hora de poder levar a cabo determinadas accións debido ás restricións e medidas de seguridade postas en marcha nos protocolos Covid. Debibo a isto non puidemos abrir o espazo propio da biblioteca e tivemos que reinventar algunhas das actividades que máis nos gustan, as de interacción, de intercambio, … Pero o virus non nos ía parar e con máscara e hidroxel buscamos a maneira de poder “estar ao carón”. Houbo que mover os fondos ás aulas, modificar espazos, refacer dinámicas de actividades, … pero conseguímolo. A biblioteca seguiu o seu camiño, seguiu funcionando, aínda que fóra do seu espazo e con Marquiños repartido por todas as estancias do centro.
ÁMBITOS DE ACCIÓN
BIBLIOTECA SOLIDARIA Tras dous recoñecementos do "Selo Biblioteca Escolar Solidaria", as accións van encamiñadas a través dos Plans Proxecta e inciden no voluntariado social e ecolóxico. A biblioteca aporta recursos, organiza actividades e adquire fondos e outros materiais. Este curso, o alumnado voluntario e colaborador da biblioteca non puido facer a súa labor dentro da mesma por mor do protocolo Covid, e realizou a súa labor nas aulas e no mundo virtual. Así tampouco puidemos realizar “As familias contan”, que esperamos recuperar o curso que vén.
30
BIBLIOTECA CREATIVA O noso espazo maker vai medrando paso a paso. Este curso ampliamos con xogos e diferentes materiais. Leváronse a cabo tamén actividades cos scornabot nas aulas de infantil, actividades na impresaora 3D como o reto lector de 5º. Temos pendente para finais deste mes de maio un obradoiro de robótica con A Fundación. Así mesmo dende o equipo e en colaboración co equipo TIC elaboráronse varias actividades Genially e con croma para traballar aspectos interdiciplinares referentes ao proxecto documental do centro. PLAMBE A covid fixo que as actividades das hora de ler foran reducidas aos grupos burbulla. Aínda así tivemos intercambios a través de vídeos. E tamén contamos con Roopa, a auxiliar de conversa, que pasou por todas as aulas do centro durante a hora de ler. Pronto contactaremos con varios autores por videoconferencia para falar dos libros que se leron nas tito-rías dentro da proposta do Plan Anual de Lectura. Dentro da alfabetización informacional traballamos coas novas tecnoloxías, a búsqueda e tratamento da información e organizamos obradoiros sobre o uso das redes sociais coa Fundación Abanca e o Plan Director da Garda Civil.
RADIO MARQUIÑOS A gran novidade este curso na biblioteca foi a radio. Para nós participar no programa “Radio na Biblio” implica un novo reto, unha maneira de facer a aprendizaxe máis significativa e un recurso imprescindible para a oralidade e a lingua. Houbo que formarse. Tanto o profesorado como o alumnado (recibimos formación de Radio Espora e Radio Lab), e sobre todo este curso covid, tomar moitas medidas de protección, pero consideramos que o resultado está sendo o axeitado e esperamos que os nosos programas vos estén gustando tanto como a nós nos gusta facelos.
Diego G. Agilda Pedreira - Coordinador
31
O 26 de abril, inauguramos Radio Marquiños cun programa especial no que participaron representantes de todos os sectores educativos, así como invitados especiais da Biblioteca Suso Cubeiro, como o propio artista, María José e Miguel, dous membros activos do equipo da biblioteca até a súa xubilación.
“Radio na Biblio” é un programa da Asesoría de Bibliotecas Escolares, enmarcado dentro do Plan LÍA e que proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemento das competencias clave a través de actividades complexas, que involucran diversas habilidades e destrezas permitindo o tratamento de contidos curriculares a través de metodoloxías activas.
Así mesmo a radio permite a entrada de todos no seu mundo, dende infantil a sexto de primaria, e un importante recurso para traballar a oralidade. Como puidestes escoitar, temos en marcha varios programas: - Micros de cores, espazo de entrevistas ao profesorado do centro. - Nós contamos, que é un espazo de relato de contos, historias, declamación de poesía, … Este espazo está ligado co Voluntariado miúdo, xa que estas gravacións fanse para animar aos avós e ás avoas da Residencia de Anciáns García Hermanos de Betanzos. - Os Galihits. Este é un espazo musical co obxectivo de achegar ao alumnado a diferen-
tes estilos musicais en galego, poñéndoos en contacto cos grupos a través de entrevistas e debates. - Salón da fama, no que se afondará no coñecemento de persoeiros importantes en diferentes ámbitos. - Toliños pola ciencia no que aprenderemos sobre curiosidades científicas.
32
Para poder levar a cabo estas actuacións, tanto profesorado como alumnado pasou por un proceso de formación para o que contamos co aseoramento e presenza no centro de
Luis Losada, de Radio Espora e con Sergio Pascual, de Laboratorio radiofónico. Este é o primeiro curso que contamos coa radio, e a experiencia foi moi positiva para o alumnado, que participou con moitísima ilusión e descubriu un mundo novo; e para o profesorado, que viu nela un bo recurso pedagóxico. Esperamos que a vós tamén vos gusten os nosos programas e que para o próximo curso vaian mellorando.
33
34
35
Maika Rodríguez Domínguez
36
37
Yago Ríos Liz
38
Rocío Freire Rial e Tania Irimia Irimia
39
40
Eva Mª Redondo Valín
41
42
Lorena Cangado Fernández
43
44
Luna Cánovas Toba
45
46
47
6º B
48
EN QUINTO B DESTACAMOS …. DE XELA ARIAS
5º B
49
Este ano é unha muller a homenaxeada no Día das Letras Galegas: XELA ARIAS. Aínda que este día se empezou a celebrar dende 1963, só cinco mulleres das que vos imos falar recibiron este recoñecemento.
ROSALÍA DE CASTRO (1837-1885) A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi Rosalía de Castro (1837-1885) Rosalía é a principal figura do Rexurdimento e a autora máis importante da literatura galega. En galego escribiu: “Cantares Gallegos” e “Follas Novas”.
FRANCISCA HERRERA GARRIDO (1869 - 1950) Francisca Herrera (1869-1950) foi a primeira muller elixida membro da Real Academia Galega en 1945 e dedicóuselle o Día das Letras no ano 1987. Nas súas obras podemos destacar: “Sorrisas e bágoas”, “Almas de muller...¡volallas na luz!” ou “Frores do noso paxareco”
María Mariño (1907 - 1967) O Día das Letras Galegas do ano 2007 está dedicado á figura de María Mariño Carou, merecedora do nome de Poetisa do Caurel, xa que a súa obra literaria, dous libros de poesía, están centrados nesta comarca na que viviu gran parte da súa vida. Obras: “Palabra no tempo” e “Verba que comenza”.
MARÍA VICTORIA MORENO (1939 - 2005) Naceu en 1939 en Valencia de Alcántara (Cáceres) e faleceu en novembro de 2005 en Pontevedra. Aínda que non é unha muller nada en Galicia e chegou de maior , pronto se namorou da nosa lingua e comexou a traballar por ela. Foi homenaxeada no ano 2018. O seu texto mais coñecido foi “Anagnórise”. Outras obras súas son: “Mar adiante”, “Leonardo e os fontaneiros”, “A festa no faiado” ou “Eu conto, ti cantas”.
5º B
50
51
O 20 de abril tivemos no centro a visita do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Don Román Rodríguez, xunto co Delegado provincial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, o Xefe Territorial, Indalecio Cabana e o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso. O motivo desta visita foi a presentación das obras que se van realizar no centro e que darán comezo no verán. Tal e como explicou o conselleiro, o obxectivo primordial desta obra é “mellorar o confort dos máis de 300 alumnos e do plantel de profesorado que cada día interactúan neste centro, tanto desde o punto de vista académico como medioambiental e de accesibilidade.” O centro, que o próximo curso cumplirá 50 anos, merece, tal e como indicou o alcade de Abegondo, esta rehabilitación “para seguir garantindo a súa calidade na docencia”. Esta obra, que supón unha rehabilitación integral, é moi ben acollida no centro, fancéndonos especial ilusión a posibilidade de contar cunha nova biblioteca que se adapte ás necesidades e iniciativas que se levan a cabo nela. Agardamos poder celebrar esta reinauguración todos xuntos o próximo curso.
52
53
54
55
56
E.D.L.G. - MAIO 2021