5 minute read

Entrevista

Next Article
Letras Galegas

Letras Galegas

Ignacio e Diego traballan na Reserva da Biosfera: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e teñen a súa sede en Abegondo. Os dous son biólogos pero con eles traballan outras seis persoas expertas en distintos campos o que lles axúda a enriquecer o seu traballo. Alumnado: Que é a Reserva da Biosfera? Ignacio: A Reserva da Biosfera é un territorio formado por dezasete concellos, entre eles Abegondo, todos eles de arredor da cidade da Coruña. No ano 2013 foron declarados pola UNESCO Reserva da Biosfera polos valores de coidado do medio ambiente e do patrimonio cultural e tradicional. Alumnado: De que vos ocupades? Ignacio: Traballamos en varias cousas, todos os proxectos están centrados no coidado e no respecto polo medio ambiente e na sensibilización das persoas que viven no territorio da Reserva da Biosfera. Traballamos cos centros educativos en distintos programas como o de “Educación ambiental: Educando na Biosfera” que realizamos tamén no voso centro. Diego traballa con temas de ecoturismo, como facer turismo respectando o medio ambiente. Outro proxecto é para a conservación dos bosques de ribeira, para que non desapareza a biodiversidade vinculada a eles (animais e plantas). Alumnado: Na vosa páxina web pódense ver numerosas fotografías de paxaros, como sacades esas fotos? É difícil facelo? Ignacio: Hai varias formas. Unha forma habitual é utilizar a cámara do móbil. Pero se queremos facer un seguimento de certos paxaros en concreto, hai unhas cámaras especiais que chamamos “cámaras de fototrampeo” que se colocan preto das caixas e levan un sensor que se activa cada vez que pasa un exemplar. Alumnado: Teñen máis locais ca o de Mabegondo? Ignacio: En Oleiros está como sede da reserva o Castelo de Santa Cruz e na reserva hai outros centros da interpretación da natureza, en Chelo e a aula da natureza de Crendes son centros que teñen os concellos e nós usamos de vez en cando para realizar determinadas actividades.

Advertisement

Alumnado: Teñen animais criando? Diego: Non, pero temos unha marca de calidade da reserva para os produtores locais que producen variedades de aquí sen sustancias químicas co cal estas optando por un produto ecolóxico. Ignacio: Isto permítenos recuperar certas razas ou variedades que estaban desaparecendo, por exemplo había o tomate negro de Santiago que estivo a punto de desaparecer, pero

grazas á colaboración do centro de investigacións agrarias de Mabegondo que foron recuperando distintas sementes e fixéronse novas sementes que foron distribuídas. Alumnado: Os animais que coidades son desta zona e están libres? Diego: Nós directamente non coidamos pero dentro do noso territorio hai centros que coidan deles en Abegondo temos un Servizo de Lacería para animais domésticos abandonados: hai un número de teléfono do Consorcio das Mariñas (981 679 083) ao que podedes chamar cando vos atopedes nesta situación. Eles recollen estes cans, gatos... abandonados e incluso podédelos adoptar.. Alumnado: Algunha vez vos trabou ou vos atacou algún animal? Ignacio: Tivemos a sorte de que non. De feito, os animais adoitan estar ao seu aire na natureza; non están pendentes de atacarnos. Diego: Temos que ter en conta tamén que moitas veces tendemos a pensar que a natureza é nosa e que podemos facer nela o que queiramos, cando en realidade somos nós os invitados no territorio doutras especies. Isto pode facer que se poñan á defensiva e que intenten atacar ás veces, pero non é a tónica xeral. Ignacio: Claro, se non nos acercamos moito, se mantemos a distancia e non os ameazamos, os animais non nos van atacar. Por iso é moi importante, cando saiamos ao campo, respectar todos os seres vivos. Tamén hai que recordar que, cando levemos o can, este estea sempre ben atado, xa que pode perseguir a algún animal indefenso ou a algunha cría vulnerable, infrinxindo un dano innecesario.

Alumnado: Ocúpanse tamén de animais acuáticos? Diego: Na Coruña temos o Oceanográfico que está a traballar o tema dos animais mariños. Ignacio: Nós non temos animais pero si que traballamos con moitas entidades que si se dedican a coidar e a recuperación de certas razas e non so animais senón tamén plantas e traballan para buscar tratamentos a enfermidades. Alumnado: Hai especies de paxaros invasoras en Galicia? Diego: Si, de feito hai unha ave que é moi bonita, o cisne. Os cisnes son moi territoriais; cando chegan a un punto, empezan a ser moi agresivos cos outros paxaros para ter o seu sitio para criar. Ignacio: Aquí, no encoro de Abegondo e Cecebre, hai outro paxaro chamado pico de coral, que tamén é invasor. Diego: É moi importante, se mercamos ou conseguimos un animal que vén doutra parte do planeta, non deixalo solto xa que non sabemos como se vai relacionar aquí. Pode ocasionarun problema medioambiental Alumnado: Cal é o problema dos eucaliptos en Galicia?

Ignacio: O problema é que os humanos comezamos a plantalo en forma de monocultivo para vendelo e así conseguir cartos, e de tanto plantalo xerou un problema. Cando temos unha mesma especie plantada tantas veces chega unha praga e esta remata con todo. Diego: O problema é a plantación descontrolada. Habería que reverter esta situación e plantar máis especies autóctonas e frondosas, como o carballo, que xeran no solo certa humidade que frea o lume. Alumnado: Cal foi a actuación que máis recordades ou que máis vos afectou? Diego: A min colocar a cámara de fototrampeo e ver o que grabou, cáusame moita curiosidade ver que animais hai. Tamén cando axudas ás persoas a formarse e a montar as súas empresas e a dinamizar rural. Ignacio: Darlle tamén solucións a problemas, por exemplo as londras que hai no encoro de Cecebre sufrían moitos atropelos ao cruzar a estrada, a solución foi construír un paso subterráneo por debaixo da estrada para que pasasen as londras. Diego: Tamén se fixo no camiño de Santiago que pasa por aquí, asegurar que os peregrinos teñan auga potable, recuperando mananciais e asegurándose de que sexa auga potable. Alumnado: Fan investigación en conservación de plantas e animais? Diego: Si, investigamos que especies son autóctonas e cales invasoras. Ignacio: Tamén dende a Reserva tódolos anos se declara unha especie do ano e durante ese ano invítase a expertos para dar charlas e talleres sobre esa especie para que a xente da zona a coñeza mellor. Diego: Grazas a que un ano se elixiu a londra como especie do ano puidose identificar a solución para o seu problema en Cecebre. Alumnado: Que zona pensades que necesita máis atención? Diego: Sobre todo as zonas dos ríos que merecen unha atención especial. Hai que recuperar os bosques de ribeira. Alumnado: Tedes algún animal que estea en perigo de extinción? Diego: Hai varios sobre todo os anfibios porque co cambio climático cada vez hai menos zonas húmidas. Ignacio: Se seguimos actuando como ata o de agora esas especies acabarán extinguíndose, esas especies están protexidas e nos facemos un seguimento das especies vulnerables, que están nun perigo maior. Alumnado: Moitas grazas por contestar ás nosas preguntas. 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

This article is from: