1 minute read

Letras Galegas

Next Article
Equipos

Equipos

6º B

Advertisement

EN QUINTO B DESTACAMOS …. DE XELA ARIAS

5º B

Este ano é unha muller a homenaxeada no Día das Letras Galegas: XELA ARIAS. Aínda que este día se empezou a celebrar dende 1963, só cinco mulleres das que vos imos falar recibiron este recoñecemento.

ROSALÍA DE CASTRO (1837-1885)

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi Rosalía de Castro (1837-1885) Rosalía é a principal figura do Rexurdimento e a autora máis importante da literatura galega. En galego escribiu: “Cantares Gallegos” e “Follas Novas”.

FRANCISCA HERRERA GARRIDO (1869 - 1950)

Francisca Herrera (1869-1950) foi a primeira muller elixida membro da Real Academia Galega en 1945 e dedicóuselle o Día das Letras no ano 1987. Nas súas obras podemos destacar: “Sorrisas e bágoas”, “Almas de muller...¡volallas na luz!” ou “Frores do noso paxareco”

María Mariño (1907 - 1967)

O Día das Letras Galegas do ano 2007 está dedicado á figura de María Mariño Carou, merecedora do nome de Poetisa do Caurel, xa que a súa obra literaria, dous libros de poesía, están centrados nesta comarca na que viviu gran parte da súa vida. Obras: “Palabra no tempo” e “Verba que comenza”.

MARÍA VICTORIA MORENO (1939 - 2005)

Naceu en 1939 en Valencia de Alcántara (Cáceres) e faleceu en novembro de 2005 en Pontevedra. Aínda que non é unha muller nada en Galicia e chegou de maior , pronto se namorou da nosa lingua e comexou a traballar por ela. Foi homenaxeada no ano 2018. O seu texto mais coñecido foi “Anagnórise”. Outras obras súas son: “Mar adiante”, “Leonardo e os fontaneiros”, “A festa no faiado” ou “Eu conto, ti cantas”.

5º B

This article is from: