
1 minute read
Conselleiro


Advertisement
O 20 de abril tivemos no centro a visita do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Don Román Rodríguez, xunto co Delegado provincial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, o Xefe Territorial, Indalecio Cabana e o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso.
O motivo desta visita foi a presentación das obras que se van realizar no centro e que darán comezo no verán. Tal e como explicou o conselleiro, o obxectivo primordial desta obra é “mellorar o confort dos máis de 300 alumnos e do plantel de profesorado que cada día interactúan neste centro, tanto desde o punto de vista académico como medioambiental e de accesibilidade.”
O centro, que o próximo curso cumplirá 50 anos, merece, tal e como indicou o alcade de Abegondo, esta rehabilitación “para seguir garantindo a súa calidade na docencia”.
Esta obra, que supón unha rehabilitación integral, é moi ben acollida no centro, fancéndonos especial ilusión a posibilidade de contar cunha nova biblioteca que se adapte ás necesidades e iniciativas que se levan a cabo nela. Agardamos poder celebrar esta reinauguración todos xuntos o próximo curso.

