Issuu on Google+

Revista Ludicol

Nยบ2, Marzo de 2013

1


2

Ola compañeiros!

Va que xa me botabades de menos? Pois aquí está o voso amigo o Mensaxeiro cargado cunha morea de actividades, viaxes, festas… O meu xefe seguro que quedará ben ledo despois de ver o traballo da rede de Ludy-informadores, tanto na escrita como os reporteiros gráficos que temos ao noso carón. Coa boa intención de que vos agrade, tiramos este segundo número da nosa revista trimestral. Desexamos que entredes na súa lectura coas mesmas gañas que entramos nós a facela. De tódolos xeitos botamos de menos algunha colaboración en forma de traballo por parte dos pais/nais dos nosos queridos nenos/as. De terdes algunha idea, non o dubidedes. Aínda que á sé de “O Mensaxeiro Ludicol” non daredes chegado, podedes contar co enlace do Equipo Directivo do Colexio. Agárdovos! Nesta “Familia” que se chama Cole Ludy, todos aportamos, todos traballamos e todos somos necesarios. Nestes tempos que corren, tamén me din conta que era necesario ter algo no que pasar un bo rato e non pensar sempre no lote de cousas malas que suceden ao noso arredor. Oxalá este obxectivo se vexa cumprido e TODOS poidamos “ir tirando” que non están os tempos para máis lerias. número.

Comezamos amigos, agardo que vos guste este segundo

Ata Loguiñoooooooooooooo! Biquiños de Esperanza para todoss!


Revista Ludicol

Nยบ2, Marzo de 2013

3


4

Escola Infantil Ludy

Ă

a g au


Revista Ludicol

P a

s o l u r r a

Os nenos e nenas da Escola Infantil, de 2 anos, foron de visita á aula acuática. Vaia unha que liaron! Chouparon, xogaron coas boliñas de cores, nadaron coa axuda dos monitores, aros e churriños. Pero as profes tamén participaron da actividade, elas tamén se mollaron.

Pasámolo de maravilla!!

!

Nº2, Marzo de 2013

5


6

Educación Infantil 3 anos Neste trimestre os alumnos de educación infantil 3 anos, entre outras actividades, participaron na festa da Paz facendo un mural representando unha árbore da Paz, empregando a técnica de pintura de dedos.

As follas da árbore eran as impresións das mans dos nenos pintadas con pintura branca e convertidas en pombas ao engadirlles peteiros e ollos.


Revista Ludicol

Disfrutaron tanto da actividade na aula como da conxunta cos outros nenos do colexio celebrada no salón de actos.

Nº2, Marzo de 2013

7

Preme aquí para ver o vídeo da festa

Participaron no desfile de Entroido cos disfraces de exipcios feitos na clase.

Preme aquí para ver fotos da elaboración do mural

Outra actividade que fixeron foi un mural do inverno coa técnica de collage.


8 Educación Infantil 4 anos

Este trimeste na aula de catro anos puxemos en marcha unha morea de actividades para traballar a educación viaria.O noso obxectivo era coñecer o entorno máis próximo e saber desenvolverse nel, respectando as normas de seguridade e convivencia e, por suposto, pasalo ben!!

Primeiro: coñecer sinais , normas de circulación, axentes de tráfico e avaliar riscos.


Revista Ludicol

Segundo: Elaborar distintos sinais para usalos nun circuíto que tamén construímos coa axuda dos compañeiros e compañeiras de sexto de primaria.

Terceiro: Facer o circuíto,tanto como peóns, como axentes de tráfico ou como condutores.

Nº2, Marzo de 2013

9


10

Cuarto: Se os tres pasos anteriores se cumpren satisfactoriamente seremos expertos e expertas en educaci贸n viaria e levaremos o noso carn茅 con orgullo


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

Alumnado de 6º de Primaria e o mestre Manuel construíndo os circuítos.

Preme aquí para ver tódalas fotos da actividade.

11


12 Educación Infantil 5 anos Nas clases de teatro, este trimestre repartimos unha obra para cada equipo: “Cincenta”, “ Carapuchiña Vermella”, “Os sete cabuxiños”, “Brancaneves e Os tres porquiños”.

A profe Sol preparou uns diálogos moi sinxelos para cada obra. Maquillámonos e disfrazámonos con cousas da clase. Foi moi divertido e temos que practicar xa que na festa de final de curso realizaremos unha obra todos xuntos.


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

O INVERNO Aínda que ao longo do trimestre tocamos diferentes temas, o tema central do segundo trimestre é o inverno. Na nosa clase traballámolo a fondo e para iso realizamos un mural con témperas e algodón que pegamos na cristaleira da clase para que o poidan ver os pais e as nais. Tamén fixemos uns collages, para poñer de portada nos traballos deste trimestre, que consiste nunha árbore con neve. Utilizamos: témperas, goma eva, papeis de cores e pinturas. Estes traballos realizámolos nas horas de obradoiros coa axuda da profe Laura.

13


14 BAILE ACTIVO Un par de sesións das clases de educación física dedicámolas a facer baile activo. Buscamos por internet tres coreografías de cancións modernas e coa axuda da pizarra dixital seguimos unhas clases moi divertidas de baile.


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

15

Excursión de Infantil á Granxa Bohal. Este trimestre fomos de excursión á Granxa leiteira de Bohal,en Somozas. Os nenos e as nenas de educación infantil pasárono moi ben,aínda que o tempo non acompañou de todo, non foi impedimento para disfrutar. Alí vimos como viven as vacas, como viven as tenreiriñas e como é o proceso de muxido e envase do leite. Despois da visita nada mellor que un vaso de leite!!!! Rico,rico....

Preme na caixa da leite para ver un vídeo con tódalas fotos.


16 1º de Educación Primaria A aula segue a sufrir cambios. Aínda que o inverno permanece connosco o Entroido entrou de cheo e transformounos a todos, inclusive a aula e ao propio Bárbol. Color, tesoira e pegamento para darlle forma ao decorado que nos acompañou nesas datas....


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

17

CULTIVANDO A TERRA A horta de Primeiro está a dar os seus primeiros froitos. Todo saíu dos debates que a mestra de Coñecemento do Medio ( Profe Laura), mantén cos seus alumn@s. A primeira plantación foi de fabas. Para a seguinte “leira”, Eduardo trouxo un dente de león e agora agardamos impacientes pola aparición dunhas patacas. A cousa pinta ben e de seguro que comeremos algún que outro produto desta hortiña.


18 “Excursión no Mostallar”

Neste caso non se trata dunha excursión real, ou polo menos non nos movimos do colexio para levala a cabo. Os nenos e nenas de Primeiro veñen de desenvolver unha aposta teatral pensada para Radio Ludy.

Trátase dun drama radiofónico no que os protagonistas non son outros que @s mesm@s alumn@s e o mestre. Todos eles viaxan ata O Piornedo, no Parque Natural dos Ancares galegos. Logo dunha excursión pérdense na neve, onde sucede algunha que outra aventura. Cómpre non perderse esta obra que con tanto afán traballaron os alumnos e alumnas de Primeiro.

O refuxio onde os protagonistas pasan a noite


Revista Ludicol

NÂş2, Marzo de 2013

Que a disfrutedes CompaĂąeiros!

Preme enriba da loba Neves para enlazar co audio

19


20 2º de Educación Primaria Para celebrar o Día da Paz os nenos de Segundo de Primaria fixeron contos sobre a Paz e a Amizade . De seguido,aparecen dous deses contos:

A Pomba da Paz Había unha vez un colexio onde os nenos e as nenas, en vez de xogar e pasalo ben, pasaban todo o recreo pelexando e berrando uns cos outros. Un día chegou voando unha pomba branca, que traía no seu peteiro unha nota que dicía:

- Ola son a Pomba da Paz e veño axudarvos para que vos levedes ben e xa non vos pelexedes máis. Cando a Pomba marchou, unha nena chamada Laura dixo: - A Pomba ten razón. Temos que deixar de pelexar uns cos outros polo noso ben. Desde ese día, os nenos xa non rifan e pasan o recreo moi animados e contando contos.

Despois duns meses, voltou a Pomba da Paz con outra nota que dicía: - Como vexo que xa vos levades ben, traio unha sorpresa para todos. A pomba foise voando e ao instante chamaron ao timbre. Era un home cun cartel enorme que poñía “Colexio da Paz”. Ese era o novo nome do colexio desde aquel día. Inés Yáñez. 2º Ed. Primaria


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

21

O poder da amizade

Había unha vez dous pobos veciños, que non se levaban nada ben. Os habitantes dun pobo estaban sempre enfrontados cos habitantes do outro. Había unha excepción: dous nenos, un de cada pobo, que eran moi amigos e estaban sempre xogando xuntos. Os dous nenos intentaban que os seus veciños fixeran as paces e foran amigos. Un día e outro pero nada, non o conseguían nunca.

Un día escoitaron nas noticias que se acercaba un furacán. Habería ondas xigantescas e inundarían todo. Os dous nenos pediron aos seus veciños que uniran as súas forzas e colaboraran xuntos para erguer un gran muro que parara a forza do mar. Os veciños aceptaron e os amigos alegráronse moito de ver como todos traballaban xuntos.

- Uff¡ Menos mal que lles deu tempo de acabar o muro e os dous pobos non se inundaron. Desde aquel día os dous pobos fixeron as paces e sempre se axudaban cando estaban en apuros.

Carmen Carracedo. 2º Ed. Primaria


22 Visita ao colexio da escritora Ana Alonso. O pasado 5 de marzo visitounos a poeta e novelista Ana Alonso. Deulles unha charla moi amena aos nenos de 2º e 3º de Primaria. Falou da colección, que ela creou “Pizca de Sal” con vinte e dous títulos xa publicados. Dous destes títulos estanos a ler os nenos de 2º de Primaria: “Juana sin Miedo“ e “ El mapa del Bosque “

Tamén lles presentou aos nenos os “Biblionautas” : Catro personaxes (bonecos de cartón ) que acompañan aos nenos e nenas na súa viaxe ao interior dos libros. Contou anécdotas, unhas divertidas e outras emotivas, que lle ocorreran ao longo da súa traxectoria como escritora. A través das moitas preguntas que lle fixeron os nenos soubemos que nacera en Tarrasa pero que pasou parte da súa vida en León. Tamén dixo que se licenciou en bioloxía e que despois de gañar un premio de poesía e cando comezou a escribir profesionalmente. Despois de contestar ás preguntas dos rapaces, asinoulles, un por un, todos os libros dos nenos.


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

O NOSO MEDIO NATURAL Os alumnos e alumnas de Atención Educativa de primeiro e segundo de Primaria seguen a colorear a Fauna Galega, e é que nos quedamos sen cores ante a variedade animal desta terra. Nesta ocasión tocoulle o turno á Avifauna. Coñecidas e non tan coñecidas, pegamos, recortamos e pintamos as máis representativas aves das paisaxes galegas rurais de interior e mariñas. O mural está exposto para todo o colexio ao carón do comedor. Pero nisto das “animaladas” non hai descanso, e seguimos a traballar, agora co mundo mariño e fluvial, co mundo dos peixes. Non tardaremos en presentar os resultados.

23


24

C !

3º de Educación Primaria

V

aia

oncerto

3º de Educación Primaria

O día 8 de febreiro os alumnos de 3º de Primaria fomos ao Palacio da Ópera en A Coruña. Iamos moi contentos xa que tamén ían con nós os compañeiros de 1º, 2º e 4º de Primaria.

O motivo era disfrutar do concerto didáctico de “ El Cascanueces”, algo que nunca viramos e que nos facía moita ilusión, xa que poucas veces podemos escoitar e disfrutar da Orquestra Sifónica de Galicia. Xa que iamos ver a representación de “El Cascanueces”, na clase limos o conto “El Cascanueces y el Rey de los Ratones” de Hoffman, no que se baseou Tchaikovsky para compoñer a obra musical. A verdade é que o conto gustounos moito, foi toda unha sorpresa!

Preme neste cadro para ver un vídeo con momentos previos e posteriores ao concerto así como a visita á lagoa de Eirís.

Era un día importante, xa que iamos ver e escoitar unha orquestra! Poderiamos recoñecer tódolos instrumentos dos que tanto falamos nas clases de música, por iso despois debuxamos algúns deles. Algo que fixo que case non nos moveramos das butacas era ver que ben bailaban nenos coma nós, que ben o facían! Eran alumnos de danza dunha escola coruñesa. Algúns preguntábanse se estarían moi cansos de tanto bailar. Seguro que algo si, pero parecía que o pasaban realmente ben enriba do escenario, igual ca nós desde as butacas. A verdade é que foi un día distinto e moi especial.


!

Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

4º de Educación Primaria TRABAJOS DE LENGUA CASTELLANA Diálogo de Iara Cebral:

El campesino: Por favor, no me piques. La pulga: Es mi deber picarte. El campesino: No quiero que me piques porque tengo alergia a las pulgas. La pulga: Pero es que estás muy rico porque no te lavas. El campesino: A partir de ahora te prometo que me lavaré, así que no me piques. La pulga: Es mi trabajo. Si no te pico a ti, ¿ala quién voy a picar? El campesino: Puedes picar a los animales. La pulga: ¡Vale!, me iré pero antes déjame darte los últimos mordisquitos. Poema de Lucía Romero: Odio ver a Alejandro irse en el tren y ver caer sus lágrimas sobre el andén. Yo sé que te quiero y cuando te veo al final de la vía siento que me muero. Mi cabeza se llena de ganas de tenerte si no te tengo mi calor se vuelve frío.

25


26

Aventura en la Antártida por Mara Iglesias. En un laboratorio trabajaban Spich, su ayudante y un robot. El señor Spich le pidió un refresco al robot. Como el robot estaba estropeado le hizo un ultranonizador. Entonces Spich lo bebió, se hizo muy pequeñito y se quedó dormido encima de un cubito de hielo. Cuando despertó se asustó y pidió ayuda. Su ayudante descubrió que estaba en la cubitera, que era muy pequeñito y preparó un líquido especial para volverlo a su estado natural. Poema “El árbol de la fantasía” por Inés Seoane. Al lado del árbol de la fantasía, María cantaba una poesía. Cada vez que ella cantaba todos los animales saltaban y bailaban. En su campito tenía un pajarito Que volaba y volaba y no se cansaba.


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

27

5º e 6º de Educación Primaria O alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria, traballaron e disfrutaron de diferentes actividades ao longo deste segundo trimestre. Os 6, 7 e 8 de febreiro, realizamos unha excursión a Madrid e arredores. Recibimos no Centro diferentes visitas que, sen dúbida, axudan a complementar a educación recibida: O Doutor Bastida falou dunha vida saudábel a partires do deporte, Mauricio Santos, hondureño afincado en Mauritania, disertou do que significa ser inmigrante .

André Cerdido Pastor, locutor radiofónico, falounos do mundo da radio e axudou ao alumnado con pequenos truquiños a desenvolver no obradoiro de Radio Ludy.


28

Durante todo o mes de febreiro, dúas ex-alumnas do Colexio Ludy, Loreto e Carla, acudiron ao noso Centro a realizar as prácticas de maxisterio, carreira que están a desenvolver. Loreto estivo todo o mes na clase de 6º . Unha interesante experiencia a que viviu todo o alumnado xunto a esta mestra en prácticas. Carla en 3º de Primaria.

En torno ao obradoiro de radio do Colexio Ludy, neste segundo trimestre desenvolvéronse tres programas. Destacamos entre eles, a entrevista que se lles realizou a ex-alumnos de tres xeracións diferentes no programa número 4: http://ludyradio.blogspot.com.es/2012/12/ programa-especial-nadal-de-radio-ludy.html Tamén, realizaron os alumnos de 6º a obra de Nadal en versión radiofónica: http://ludyradio.blogspot.com.es/2012/12/ obra-de-nadal-do-colexio-ludy-version.html

Loreto sendo entrevistada na nosa emisora de radio

No último programa do trimestre, no número 6 , na sección Ludysport a entrevista ao árbitro eumés de primeira división de fútbol: Ignacio Iglesias Villanueva.


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

29

Tanto 5º coma 6º de Primaria, realizaron durante este segundo trimestre diferentes traballos voluntarios nos centros de interese tratados en cada tema.

No Cole tamén están expostos os 60 traballos fotográficos que compoñen a exposición dos traballos feitos polos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria na X edición do Concurso Fotográfico do Colexio Ludy. Destamamos neste número de Ludicol: As persoas adultas poden axudarnos a elixir “Laika, a cadela cosmonauta”, fabuloso traba- os mellores traballos visitando a exposición llo realizado por Bea, Laura e Silvia de 5º de e deixando a súa opinión. Agardámosvos! Primaria. http://ludyradio.blogspot.com.es/2013/01/laika-la-perrita-cosmonauta.html Gran traballo realizado por Daniel, de 6º de Primaria, sobre a historia do cine:

No terreo deportivo, no noso Cole ten lugar unha sesión de baloncesto, organizada polo Clube Baloncesto Ferrol con motivo da celebración do Campionato de España Cadete no vindeiro mes de maio.

http://ludyradio.blogspot.com.es/2013/03/historia-del-cine-por-daniel-bravo.html Ao fronte da actividade Luís Barbeito, secretario técnico do Clube. Acompañándoo Simplemente, desexar que o alumnado dous xogadores do equipo EBA Milan Jaros de 5º e 6º, sigan traballando no terceiro trie Antonio di María. mestre coa mesma ilusión. Por estas datas os nosos compañeiros de 6º andan de “Policías Locales”, coidan da seguridade vial. Vixiarán e informarán das cousas que facemos mal. Xa algún mestre / algunha mestra sufriu a “multa” destes axentes. Tentan concienciarnos de que se todos cumprimos as normas, a nosa vida é moito mellor.


30

S I OMOS

GUAIS

Érase unha vez un neno chamado Ismael que vivía en España. O primeiro día de colexio, Ismael lavouse, vetiuse, almorzou e foi cara ao colexio. No colexio, o mestre, presentoulles a un neno novo: -chamáse Kayode, é de Nixeria, que está en África- dixo o mestre. Kayode, no recreo estaba só. Entón Ismael foi xunta del e díxolle: -Ven xogar connosco, non teñas vergoña-. Kayode foi e venceu o medo. Cando Ismael chegou á casa díxolle aos seus pais que chegara un neno novo e que era de África. Os seus pais non lle deixaron estar máis con el. Ao día seguinte, no colexio, díxollo a Kayode e púxose triste.. Díxolle que os seus pais eran uns racistas. El seguiría sendo o seu amigo. A Kayode iluminóuselle un sorriso na cara e deulle un abrazo a Ismael. Xogaron no recreo, xantaron os dous no comedor e despois despedíronse. Á semana seguinte, no recreo, uns nenos metíanse con Kayode e dicíanlle que se marchara para o seu país. Ismael foi alí e díxolles que non se meteran con el, que era un neno coma os demais e os nenos marcharon. Kayode díxolle a Ismael que á semana seguinte marchaba para África. Ismaell non quería que se fora. Ismael chegou á súa casa e contóullelo aos seus pais. Quería ir a África con Kayode . Os seus pais rifáronlle por estar con el. Ismael convenceunos para que foran a África con Kayode. Cando chegou o día no que Kayode marchaba para África; Ismael deulle un debuxo onde se vían dúas mans xuntas, unha negra e outra branca. Kayode despediuse de Ismael e deulle as grazas polo debuxo. Despois de tres meses Ismael estaba collendo un avión para marchar a África. Cando chegou ao seu pobo e preguntaba por Kayode dixéronlle que estaba nun orfanato porque viñeran os ingleses e mataran á xente negra. Kayode ilusionouse moito cando veu a Ismael. Os país de Ismael ben vían a cara de pena do rapaz e decidiron que Kayode quedaría con eles. Ismael, xunta cos seus país e Kayode,despois duns días, marcharon cara a España. Comezaba unha nova vida para unha nova familia. Andrea Ares 5º Ed. Primaria


Revista Ludicol

OD DA

Nº2, Marzo de 2013

31

IARIO E SHRAF Bos días, chámome Ashraf e vivo en Marrocos co meu pai, a miña nai, a miña irmá Fátima, e a miña outra irmá Rani. Todos son moi bos comigo, trátanme moi ben. Todos traballamos para unha fábrica de tabaco desde a casa, logo a miña nai leva os pitillos feitos á fábrica, cantos máis facemos mellor . Eu plantei cinco árbores frutais. Deron froitos que vendemos. Eu non os vendo, véndeos a miña irmá Fátima. Cada día podemos conseguir uns bos cartos. Os meus pais van ter outro fillo, ímolo chamar, se é neno Isaac ou Linda se é nena pero non se sabe ata que naza. Hoxe escoitamos na radio dicir que comeza a guerra. A miña nai dixo que tiñamos que saír correndo cara ao deserto. − Ashraf colle o diñeiro e méteo na túa mochila cos teus libros dos anos que estiveches no colexio ! − Si, mamá, xa vou ! − Rani, colle a comida e métea na túa mochila e os teus libros e os da túa irmá! − Cariño, colle a Fátima! Eu collo a roupa! Tedes todo? − Si ! − Veña,marchamos, antes de que nos vexan! Iamos cara ao deserto cando vimos algunhas familias non conscentes do que pasaba. Nós dixémoslles o que pasaba e seguimos co noso camiño. Estando no deserto vimos uns nenos pequenos, sete ou oito anos, máis ou menos, e preguntámoslles que facían por alí. Eles responderon que escapaban da guerra. Preguntámoslles se querían vir connosco . Os nenos dixeron que si. Viñeron connosco, eran un neno e unha nena. O neno tiña sete anos e o seu nome era Ashraf coma min. Fíxome moita graza e díxenlle que eu tamén tiña sete anos e traballaba nunha fábrica de tabaco. A nena chámase Nadia e ten oito anos, axuda á súa nai facendo roupa e logo vendéndoa. Era xa a hora de xantar, preguntámoslles se tiñan comida, eles dixeron que si e que chegaba para todos. − E o voso pai e a vosa nai ? O noso pai é ministro e a nosa nai costureira. Porque non evita a guerra o teu pai? Non o sabemos, case sempre está de viaxe. − Agora está de viaxe ? Non, podemos ir falar con el .Se nos deixan, si. Veña hai que intentalo. Ola papá. Ola meus fillos Que tal estades? Nós ben, pero por que estamos en guerra? Non podes facer nada ? Bueno intentareino. Oxalá non sexa só un intento!!! Iria Alonso 5º Ed. Primaria


32

OD DU IARIO

E

NBOPA

28/08/12 Ola son Unbopa, son africano pero vivo nos EE.UU. Vivo cos meus pais nunha pequena casa. 20/09/12 Comecei onte o cole, todos os nenos me miraban raro porque son doutro país. Había un neno chamado Steve que non me miraba raro, sorríame. No recreo falei con el. Conteille que todos me miraban raro, pero el díxome que non me preocupara, que dentro duns días xa seriamos todos amigos 02/01/13 Pero pasan os días, os meses… Ninguén xoga comigo agás Steve. Comezo a sentirme un pouco marxinado. 12/01/13 Ola, xa sei que hai uns días que vos dixen que ninguén xogaba comigo. O outro día cando cheguei á escola, todos viñeron xunta de min e mandáronme pechar os ollos. De súpeto, abrinos e…. fixeran unha festa de benvida! Alí había globos, cousas para comer, pancartas, música, etc…. Os nenos explicáronme que estes días se comportaran así porque tiñan medo de que se lles escapara a sorpresa. E desde entón todos somos amigos. Unbopa. Moralexa: todos somos iguais. Hai que comportarse ben con todo o mundo. Como fixeron os nenos con Unbopa, e Unbopa cos nenos. Sara Dopico 5º Ed. Primaria


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

33

EXCURSIÓN A MADRID E ARREDORES 6, 7, 8 DE FEBREIRO Espertamos ás 6:00 da mañá e chegamos ao colexio ás 6:45. O bus, saía ás 7:00 da mañá. Despois dunhas tres ou catro horas de viaxe paramos para tomar o almorzo da media mañá. A seguinte parada foi para xantar, preto do Mosteiro do Escorial. Visitámolo despois de xantar. No Mosteiro vimos tumbas, cadros, obxectos que pertenceran a Felipe II, cadeiras… Despois, fomos cara ao Valle dos Caídos pero estaba pechado. Xa levabamos información do seu significado histórico. Tocaba buscar o noso hotel, O Galaico en Los Ángeles de San Rafael. Á chegada acomodámonos, duchámonos, preparámonos, ceamos e fixemos unha gran festa. Despois da festa tocaba durmir para “cargar as pilas”. Ao día seguinte, preparámonos para ir almorzar. Despois tocaba zoo e acuario de Madrid. Vimos moitos animais. No zoo compramos agasallos para os nosos familiares. Alí vimos unha gran actuación de golfiños. Gustounos moito. Xantamos alí mesmo. Despois do zoo dirixímonos ao museo Raíña Sofía. Sentámonos diante do Guernica e estivemos alí contemplándoo. “Pedazo obra!”. Xa cansos voltamos ao hotel. No hotel, preparámonos para a cea e retirarnos, máis tarde, ás habitacións. Duchámonos e preparamos a maleta para o día seguinte, era o día da volta pero aínda quedaba una boa visita. Espertamos e, despois de almorzar, marchamos cara a Segovia. Antes de chegar á capital, paramos nos xardíns da Granxa de San Idelfonso. Alí atopamos a sorpresa da viaxe, moita neve!!!!!!! Trocaba xogar un pouco. Despois fomos cara ao acueduto, vaia construción! Despois destes días de vacacións, tocaba voltar á “casiña”. Uns contentos por ver a papá e a mamá, outros querían máis. Antes da despedida, toca agradecer aos profes: Laura, Sole e Miguel por acompañarnos nesta viaxe e coidar de nós. Colectivo de 5º Ed. Primaria


34 DÍA MUNDIAL POLA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos, un ano máis, a xornada en recordo de que hai situacións no mundo que non debemos pasar por alto nin esquecer. Entre outros traballos, os distintos cursos, fixeron unha escolma de pensamentos de persoeiros moi destacados: “Si supiera que el mundo se acaba mañana, yo hoy todavía plantaría un árbol” (Martin Luther King) “Hemos aprendido a volar como los pájaros y a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir juntos.” (Martin Luther King) “Ojo por ojo y el mundo acabará ciego”. (Gandhi) “La educación es el arma más poderosa que se puede usar para cambiar el mundo”. (Nelson Mandela) “Cuando todos nos amemos, nos escuchemos, digamos la verdad, nos sonriamos, nos perdonemos, nos ayudemos, dialoguemos, nos respetemos, nos queramos, conseguiremos vivir en PAZ “. (Recollida por Ed. Infantil). Xa pola tarde fixemos unha xuntanza no salón de actos do Cole cunhas danzas representativas dos distintos Continentes e un desfile dos murais que os distintos cursos de Ed. Infantil e Primaria elaboraran con anterioridade.

Preme aquí para aceder ao vídeo desa xornada pacífica


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

35

O ENTROIDO Recordando as nosas tradicións, nesta época tocounos celebrar o entroido. Espectaculares disfraces de Ed. Infantil. Exipcios que fixeron un fermoso pasarrúas darredor do Colexio. Festa de disfraces para os cursos de Primaria e tamén de Ed. Infantil xa na “nosa sala de festas”. Boa música e bo comer! PREME NESTE RECADRO PARA ACEDER AO VÍDEO DO ENTROIDO

NA PROCURA DO TESOURO 1 IES Concepción Arenal PREGUNTAS 4º Primaria Teño que levar á miña curmá ao Santuario da Virxe do Nordés. A onde vou ? 5º - 6º Primaria Estou na aldea de Os Peares. Que río vexo pasar? PISTA O meu irmán quere sacar o permiso para guiar motos, direille que ten que ir á rúa Ministro Patiño

Normas. Cando os rapaces cheguen, copiarán a pregunta. Cando volten coa resposta, se é correcta, cuñaremos no noso número e copiarán a pista. Se non é correcta tentarano outra vez. Ten que vir cos cadros cuñados en orde correlativo, non valen salteados. Este cartel é unha das estacións que compoñían esta aventura o curso pasado. Este ano, temos outras estacións e outras preguntas. Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º curso por aí andan na procura de pistas e de acertar preguntas. Unha aventura, cando menos, atraínte e nunca competitiva, si formativa. Graciñas ás familias e establecementos do barrio pola súa colaboración.


36

Ruta polo Galiñeiro ACCESOS - Pola estrada de Vigo a Gondomar e no cruzamento coa estrada que vén do Porriño, deterse na Pasaxe. LONXITUDE -8,6 km. A ruta principal ten 8,2 km . MATERIAL - É doado conseguir auga nas numerosas fontes do percorrido. Mochila(sempre cun botiquín de man, una viseira…), vestimenta e calzado axeitado e nunca a estrear. SERVIZOS - Refuxio Miguel Regueira de Club Montañeiros Celtas. Bares ao comezo e final do percorrido. PUNTO PARTIDA / CHEGADA - A Pasaxe. Percorrido - A Pasaxe, Galiñeiro, presa de Zamáns e A Pasaxe. DIFICULTADE - Media DURACIÓN -3 horas O sendeiro comeza no lugar de A Pasaxe, onde existe un cartel anunciador. Durante o percorrido encontraremos bosques mixtos e zonas de descanso con fontes de auga fresca. Nas paredes graníticas do Galiñeiro existe unha zona da escola de escalada con multitude de vías de diferente dificultade para a práctica deste deporte. Na parte alta, xa preto do cumio, existen restos, posiblemente, pertencentes a un muro defensivo dun castro galaico-romano. Desde o pico domínase un extenso panorama do sur da provincia de Pontevedra. O percorrido,en si, non ten excesiva complicación en liñas xerais. Como chegar ?: Desde Vigo polo vial de acceso á Universidade que parte polo cemiterio de Pereiró ata a rotonda que nos sinala AGarrida á dereita. No semáforo coller á esquerda ata o cruzamento coa estrada Porriño-Gondomar. Tomamos cara a esta última localidade e a escasos metros encontrámonos co Bar Vincios, en cuxas inmediacións aparcaremos o noso coche. Debemos aclarar que moi preto do cruzamento da estrada antes mencionada existe un cartel que sinala o inicio da ruta, pero non se debe ter en conta xa que as obras da autoestrada complicaron o paso primitivo.


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

37

Percorrido: Corresponde na súa maior parte á Federación Galega de Montañismo confeccionado polo Club Montañeiros Celtas, de Vigo. A ruta está ben sinalizada con marcas amarelas e brancas polo que, en caso de dúbida, debemos sempre buscar nas inmendiacións as marcas de confirmación, tendo en conta que, ao ser a ruta circular, as marcas colocáronse de forma visible para facer o percorrido en ámbolos dous sentidos. Ao carón do bar Vincios parte unha pista asfaltada en ascenso na que se van encontrando pequenas explotacións de canteiras ata que, nunha curva á esquerda, deixamos o asfalto para tomar un sendeiro á dereita con marca nunha pedra, no chan e nunha árbore. Este camiño, dependendo da época do ano pode presentar auga e barro, pero pódese superar pola esquerda. Ao chegar a unha pasteira, cunha fonte marcada, tómase polo camiño que parte de forma oblicua desde a dereita da fonte, atravesando un regato. Séguese o curso do regato atravesando pistas, confirmado sempre polas marcas ata chegar á pista ancha de terra desde onde podemos divisar o cumio de O Galiñeiro, ao seu pé pode disfrutarse dunha zona recreativa. Camiñamos pola ancha pista ata un sendeiro máis estreito que sobe de fronte. Por aquí chégase a outra fonte, e por detrás dela comeza o tramo duro da ruta. Ao alcanzar o refuxio cruzámonos coa marca de conexión doutra ruta, que conduce ao Aloia. Nós seguimos pola esquerda buscando sempre entre as rochas as marcas e intentando escalar polo mellor camiño. Xa arriba collemos á esquerda e encontrarémonos con dúas alternativas: seguir as marcas para facer cumio (moi preto) e volver logo baixar ata este punto, ou continuar directamente cara á outra aba do monte para ir baixando. Na baixada por esta zona rochosa chégase a un punto no que unha árbore alta tapa parcialmente a vista encoro. Vense varias marcas con distintas alternativas, nós seguimos as da dereita tomando un sendeiro pouco visible entre arbustos e seguimos por esta parte de monte baixo ata chegar a unha pista pedregosa pola que descendemos á esquerda cara ao pantano de Zamáns. Ao pouco chegamos a un cruzamento en forma de T, seguimos os sinais de cambio de dirección á dereita e, nun intre,, atentos ao sinal que encontramos no chan para deixar a pista ancha e continuar por un sendeiro estreito á esquerda. O camiño continúa por sendeiros estreitos e cruza algunhas pistas. Nun cruzamento múltiple temos que seguir de fronte por un sendeiro ancho en lixeiro ascenso ata encontrarnos cun pequeno muro de pedra recente que poderemos pasar sen problemas para, outra vez, seguir de fronte cara ao encoro. As marcas son bastante visibles e non hai dificultades para chegar alí, nalgunha ocasión atravesando masas frondosas de fentos que case nos farán perder a visión do camiño. Bordeamos lixeiramente o encoro pola esquerda e ímonos internando nunha vexetación mesta e zona sombría á beira do río Zamáns, cruzámolo despois de superar un fermoso muíño, cunha planta de soportais. O noso camiñar pola natureza remátase porque a senda lévanos á estrada Porriño-Gondomar, xunto ao letreiro "Conxunto Etnográfico" pero aínda nos queda un bo treito ata alcanzar o punto onde deixamos o noso coche. Seguimos pola esquerda polo arcén da estrada. Pasamos por debaixo da autoestrada e, aproximadamente a un quilómetro reencontrámonos co Bar Vincios, o noso punto de partida.

Agardo, que se a facedes vos guste. Ata outra Compañeiros caminantes! Saudiña!


38

OBRADOIRO DE COCIÑA Educación Infantil INGREDIENTES: - 1 paquete de galletas - Unha tableta e media de chocolate para fundir (250 gr) - 200ml de leite condensado. - Virutiñas para decorar. ELABORACIÓN: Primeiro moemos as galletas ata que queden moi desfeitas. De seguido derretemos o chocolate no microondas. A continuación mesturamos o chocolate co leite condensado e coas galletas, ata ter unha masa compacta. Con esa masa facemos boliñas que iremos rebozando coas virutiñas de chocolate. No seguinte paso iremos colocando as boliñas nun film trasparente para levar á neveira, alí arrefriarán e poñeranse máis duras. Xa temos feitos uns bombóns para chupar os dedos!!! Demostrado que a profe Laura é moiiiiiiiiii larpeira !!!!!!!


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

39

TESTEMUÑAS DOS MEUS AVÓS O "VESTIDO DA FESTA” Cando a miña bisavoa era unha rapaza, deixou o colexio para dedicarse á costura. Nas festas de San Mamé, ela fixose un vestido largo e un chaquetón. Camiño da festa, caeu unha treboada e a miña bisavoa enchoupouse ata os ósos. O vestido, encolléralle tanto, que en vez de ser largo, quedáralle pola cintura. Ao chegar á casa, desfixo o vestido e o chaquetón. Fixo outro vestido, esta vez para a festa do Porto do ano seguinte. A PRIMEIRA BONECA DA MIÑA BISAVOA A primeira boneca que tivera a miña bisavoa, regaláralla unha extraperlista, que ia polas casas da aldea comprando: patacas, ovos, trigo, etc... Como foi a súa primeira boneca, coidábaa moito. Cando levaba a pacer as vacas, levaba as sobras da tela que usaba a modista da súa casa para facerlle a roupa. Ela facíalle a roupa para o seu pequeno tesouro. Recollido por Sara Pazos da súa avoa Herminia Aneiros

TESTEMUÑAS DOS MEUS AVÓS No ano 1964 o meu avó realizou un rescate como tripulante dun Bacallaeiro chamado “Sta.Eulalia” que embarrancara nun iceberg en Groenlandia no pleno inverno. Levárono ao través dun bloque de xeo cunha temperatura de 30ºbaixo cero. Dito rescate realizouse dunha forma moi ordenada e con todo protocolo que existía naquelas épocas. O meu avó, José Antonio Suárez Sambade, era o 2º Oficial de máquinas . Recibindo un telegrama, transmitido polo Capitán a tódolos oficias que un buque da mesma compañía PEBSA, se encontraba en apuros nun mar de xeos na azoa de Goenlandia-Hudson, dito buque era ó Bacallaeio ”Sta Eulalia” que atravesaba unha barreira do xeos e quedou sobre o lombo dun enorme iceberg. Os labores do rescate foron entre o “Sta Matilde” e o “Sta Regina” que mandaron cabos e amarres suficientes para poder sacar e remólcalo. Os traballos fixéronse baixo unhas duras condicións tanto de esforzo como ambientais. Para poder remolcar o buque utilizáronse un maquinillo de arrastre da pesca, flotadores, bidóns de gas-oil baleiros..etc. Para as tripulacións dos barcos foron uns traballos infrahumanos, cunhas temperaturas desde os- 20º baixo cero a -30º baixo cero, xa que daquela non existían nin a décima parte dos sistemas de rescate de hoxe en día. Por sorte foi un rescate con éxito no cal todos os tripulantes saíron ilesos e o buque simplemente con rascadas no casco. Unha vez rematados os traballos, o barco arribou en San Juan de Terranova para revisar e reparar os danos e averías causados. Despois duns meses déronlles unha “miserable” cantidade de diñeiro polo rescate. (Datos do diario de navegación)


40 2º O meu avó tivo tamén unha experiencia moi agradable cando era xefe de máquinas dun barco petroleiro no cal fico unha plantación de pementos de Padrón. Mandáralle as sementes a miña avoa. O bonito diso foi plantalos, coidalos e logo comelos coa tripulación no Golfo Pérsico.

UN DÍA DISTINTO

Un día de inverno saín pasear coa miña familia pola Praia. Iamos camiñando pola beira do mar e atopamos un cachalote enriba da area da praia . Paramos para mirar se o animal estaba morto. Faltábanlle moitas partes do seu corpo que seguro comeran algúns animais do arredor . 3º No Golfo Pérsico o meu avó e a miña Cando dimos volta, as gaivotas fixéronse avoa viviron o comenzo das guerras entre amas del. Foi moi desagradable. Quedei moi Exipto e Israel (1966), e o bombardeo no impresionado porque foi a primeira vez que aeropuerto de Beirut (1980), no Líbano vin un animal tan grande e sobre todo polo . Desde alí, a miña avoa partía cara a estado no que se atopaba. España e meu avó cara a África do Sur. Nuns días volvín á praia e o cachalote xa Grazas a un soldado libanés que falaba non estaba alí e nunca souben quen o levara español e que estudara en Santiago de de aquela praia . Compostela. Axudounos a atopar os seus respectivos avións, e non sufriron daño ningún. Estas historias contoumas o meu avó . J. Antonio Suárez Sambade Xefe de Máquinas da Mariña Civil.

Testemuña recollida por Samuel Fraguela do seu avó José

EN TEMPOS MOI DIFÍCILES

Barco enriba do xeo

O Meu avó, no ano 1972, en Marzo, foi a unha folga. Eran tempos moi duros, tempos de Franco. Cando a xente que non tiña as mesmas ideas que o réxime, eran xulgados. Na folga, cando chegou a policía, a xente quería escapar pero a policía empezou a disparar e a pegar. Houbo dous mortos e moitos feridos.


Revista Ludicol

O meu avó ía de buzo , o de Bazán . Para que non o levaran ao cárcere, entrou nun comercio e pediu un traxe. Os do comercio deixáronlle o traxe para que o meu avó non fóra ao cárcere, como moita xente. O meu avó tiña as ideas contrarias a Franco, O meu avó, hoxe en dia, non se arrepente de ir á folga. Recollido por David Cabanas do seu avó José Antonio.

Nº2, Marzo de 2013

41

Quedei o número un no colexio. Prepareime para ingresar na Escola de Comercio que, naqueles tempos estaba nos baixos do concello da Coruña, e alí fíxenme profesor mercantil. Despois, presenteime para Facenda e, como se presentaba moita xente, tiven que esperar 2 anos por motivos do servizo militar.. Recollido por Jaime López e contado polo Sr. Conchado NOS COLEXIOS ANTIGOS

Eran moi tristes e moi pobres, por non haber non había nin servicio ,se tiñan que ir ao baño O SUSTO NA ALDEA tiñan que ir debaixo dunha árbore e limparse cunhas follas de verzas porque non tiñan paEu nacín na aldea en 1914. Na aldea pel. durmía coas vacas. As mesas eran unha táboa lla e os asentos o Cando tiña 5 anos, a miña avoa máis mesmo. eu saiamos pacer coas vacas polos Tiñamos unha pizarra moi grande para escribir arredores. Un día, como chovía, levabamos postos os deberes.Logo tiñámolos que copiar nunhas uns sacos na cabeza. Ocorréuseme saír follas moi vellas .Aló, onde naceu a miña avoa, os mestres non correndo por un camiño diante das vacas. Unha delas creu que eu era Paquirri querían estar ,porque non había estrada nin luz eléctrica. Os mestres aburríanse alí e mare saíu detrás de min para collerme. chaban. Grazas a que a miña avoa saíu no meu Nunha ocasión ían pobres pedir e chegaron auxilio, fixo parar a vaca. dous señores que estaban refuxiados da guerra. Un era catalán e o outro de Ourense. O catalán era moi intelixente, era o xefe de coUNHA VIDA CHEA DE COUSAS rreos de Barcelona e ao meu pai gustáballe moito que os seus fillos souberan ler e escriAos 8 anos, ía a unha escola na que bir. Contrataron ao home catalán para que se había un garda civil retirado, chamaquedara alí, non cobraba case nada porque o do Raposo que daba clase. Ao ver que mantiñan en tódalas casas e para durmir preeu era moi espelido, díxolle á miña nai paráronlle unha bodega porque a xente non que fora á Coruña, ao colexio Dekid. Alí o quería nas casas xa que non o coñecían e dixéronme que me admitían no colexio . tíñanlle un pouco de respecto. Se non fora por Facía falta diñeiro, e o meu pai marchou el eu non sabería nin ler nin escribir. a Buenos Aires, eu ingresei no colexio. Recollido por Antía Plana Martínez Contado pola súa avoa


42

150 ANOS DE “CANTARES GALLEGOS”(1863)

ROSALÍA DE CASTRO (1837 – 1885) Obra maestra da nosa autora que abrangue tres tipos de poemas: Poemas íntimos: “Campanas de Bastabales” Poemas cívico-sociais: “Castellanos de Castilla” e “Adiós ríos, adiós fontes”. Poemas amorosos: “Quíxente tanto meniña” “Castellanos de Castilla tratade ben ós galegos cando van, van como rosas, cando veñen, veñen como negros “. “Campanas de Bastavales cando vos oio tocar, mórrome de soidades”. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio penso que por min chamades e das entrañas me doio. Dóiome de dór ferida, que antes tiña vida enteira e hoxe teño media vida.

Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós!

"Quíxente tanto, meniña, tívenche tan grande amor que para min eras lúa, branca aurora e craro sol; augua limpa en fresca fonte, rosa do xardín de Dios, alentiño do meu peito,


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

POESÍA NA LEMBRANZA Unidade didáctica desenrolada polos alumnos/as de 6º de Ed. Primaria. Nesta actividade, ten cabida unha fotografía do seu ámbito familiar á que deberían acompañar un poema da literatura galega que lle acaia. Velaquí dous exemplos.

43


44

RECUNCHO DOS EX-ALUMNOS O ENTROIDO OUTROS ANOS NO COLEXIO

A xeración do 1983 cando tiñan 5 anos (Nuria Piñeiro)

Os profes tamén se disfrazaban (David del Río)


Revista Ludicol

Nº2, Marzo de 2013

45

Despois dunha carreira de campo a través en Caranza (Nuria Piñeiro)

Historia do Colexio Ludy (Formación do 1º Consello Escolar)

De esquerda a dereita: Teresa Losada, Robustiano Fernández, Pedro Cachaza (alumno), Alejandro Sevilla, Mª José Bugallo, Doña Ludy, Teresa Picallo, Ángeles Manso, José Torregrosa, Javier Rodríguez.


46


Revista Ludicol nº 2 Marzo 2013