MITOS NA PINTURA - CULTURA CLÁSICA

Page 1

MITOS NA PINTURA

Cultura Clásica

Traballo do alumnado de
ESO IES Agra de Raíces

A cólera de Aquiles é o tema principal da Ilíada. Dende o principio da guerra de Troia o aristosachaionnon está de acordo co liderato de Agamenón. Esta enemizade acentúase cando o líder aqueo vese obrigado a devolver a Criseida ó seu pai, Crises, para poñer fin á peste que asolaba ó campamento. Como xa non posúe a súa esclava, arrebátalle a Aquiles o seu tesouro de guerra, Briseida.

Aquiles, non querendo que ninguén o humille, monta en cólera e decide non volver a loitar no exército aqueo. Ademais, fala coa súa nai, Tetis, que convence a Zeus de axudar aos troyanos, aínda que tomar partido nas guerras era algo que os deuses non debían facer. Como o exército dos gregos ía perdendo, o compañeiro de Aquiles, Patroclo, decide vestirse coma él e ir cos Mirmidóns para animar aos aqueos e asustar aos troianos. Sin embargo, non todo sale como estaba planeado e Héctor mata a Patroclo, Aquiles volve a montar en cólera e mata a Héctor, arrastrandoo por toda a muralla troiana. Máis tarde, como xa non pode vivir sen o seu compañeiro, déixase matar por Paris, pois xa sabía que él (o propio Aquiles) ía a morrer despois de Héctor, grazas a unha profecía.

ESO
MITOS
CULTURA CLÁSICA 4º
-
NA PINTURA
A CÓLERA DE AQUILES, Peter Paul Rubens, 1635.

Todo ten lugar nas bodas de Peleo e Tetis á que Eris, a deusa da discordia, non foi convidada. Entón presentouse no banquete deixando unha mazá na mesa principal na que poñía (para a τῇκαλλίστῃ máis fermosa).

Varias deusas do Olimpo mostraron interés e tres foron a por ela: Atenea, Afrodita e Hera. Como non había unha resposta clara, Zeus chamou a Paris para que decidise. Cada deusa ofreciulle un poder e acabou escollendo a Afrodita por suxerirlle o amor da mortal máis fermosa de Grecia.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA
A MAZÁ DA DISCORDIA, Jacob Jordaens, 1633

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

APOLO E MARSIAS, Guiulio Carpioni, 1678 Un día, Atenea púxose a tocar a frauta á beira do río e observou o seu reflexo na auga, quedando horrorizada ao verse e tirou o instrumento, para non usalo nunca máis. Foi alí onde Marsias o atopou e aprendeu a xogalo de marabilla. Marsias converteuse no mellor flautista de todos. O seu orgullo fixolle atreverse a dicir que a súa frauta soaba mellor que a lira de Apolo. O deus non tardou en enfrontarse a el nun concurso musical. O xurado estaba formado polas musas e como premio. Na primeira rolda, ambos os músicos estaban empatados, polo que para a segunda, Apolo suxeriu que cantasen e tocaran ao mesmo tempo. Como Marsias tocaba a frauta, era imposible que cantara, polo que o gañador foi Apolo.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

ARISTEO ATANDO A PROTEO, Sébastien Slodtz, 1688

Aristeo, fillo de Apolo e Cirene, era o garda das abellas ata que un día todas morreron, polo que foi xunta a súa nai para que lle aconsellara. Ela díxolle que Proteo podía ensinarlle a previr outro problema así, máis non ía ser fácil capturalo xa que o sabio do mar tiña que ser aferrado mentres utilizaba o seu poder, cambiar de forma. Aristeo foi cara o refuxio de Proteo, á illa de Faros, e atouno, aguantando a todas as formas que o sabio ía adoptando, ata que se cansou e xa de novo na súa forma orixinal. Proteo díxolle a Aristeo que debía facer un sacrificio aos deuses e deixar aos animais no altar, volvendo nove días máis tarde a revisar. Así o fixo e na súa volta atopou un gran enxame de abellas, as cales non sufriron nunca máis unha epidemia.

As Moiras, tamén chamadas Parcas, eran coñecidas como as tres irmás do destino; Cloto, Láquesis e Átropos. Nas mans das mulleres discorría o destino tanto dos homes coma dos deuses en forma de fío.

As Moiras fiaban lá branca e a trenzaban con dous fíos, un negro que representaba os malos momentos da vida e un dourado que reflexaba a máxima felicidade. Cloto, a máis nova das irmás, facía xirar o pelota de lá branca, pasándolla a Láquesis, encargada de medir e trenzar a lá cos outros dous fíos e, para rematar, Átropos facía o corte que marcaba o fin da vida da persoa, selando así o destino da persoa.

ESO
MITOS
CULTURA CLÁSICA 4º
-
NA PINTURA
AS TRES MOIRAS, Giorgio Ghisi, 1558

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

ASASINATO DE AGAMENÓN, Pierre-Narcisse

Clitemnestra espera ao seu marido Agamenón, que volve da guerra de Troia. El chega a Argos acompañado de Casandra, unha esclava troiana, que trae como concubina. Súa esposa empeza a reclamarlle o tempo que leva esperandoo e prepara un recibimento que a Agamenón non lle agrada pero termina aceptando, pero Clitemnestra e o su amante Existo atacan a Agamenón cando este se bañaba e mátano. Logo disto tamén matan á escrava, e é ahí onde Clitemnestra se venga e se enorgullece da sua acción admitiendo que foi un gran plan. A vinganza tamén é de Existo (primo de Agamenón e amante de Clitemnestra).Xa que Agamenón matou ao pai deste no pasado.

Guérin, 1817

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

ATALANTA E MELANIÓN, Guido Reni, 1622

Atalanta era unha moza moi fermosa que destacaba polas súas habilidades na caza. Ao medrar viviu no bosque cazando xa que non quería casar con ninguén, so centrarse na súa técnica, e máis cando recibiu un oráculo informándolle de que cando casara ía ser convertida nun animal. Para evitar aos pretendentes, prometeu que se comprometería co home que lle gañase nunha carreira, pois ela era tan rápida e áxil que sabía que ninguén lle gañaría, e máis aínda cando ela avisara de que lles cortaría o pescozo a todos aqueles que perdesen a carreira. Despois de varios mozos decapitados, presentouse Melanión, un fermoso rapaz que ao longo da carreira botou tres mazáns de ouro que lle dera Afrodita para que vencese na proba. Efectivamente, Atalanta detívose para coller do chan cada unha das mazás e deixou voluntariamente que o Melanión gañase a carreira e casase con ela, xa que a rapaza quedara namorada do mozo. Ambos foron convertidos en leóns por Zeus.

Calisto foi unha das doncelas de Artemisa pola que Zeus se sentía moi atraído. Para seducila, transformouse en Artemisa e conseguiu manter relacións con ela. Artemisa decatouse de que a barriga de Calisto era cada vez máis grande e preguntoulle por iso. Ao descubrir que Calisto estaba embarazada, Artemisa expulsouna do seu grupo. Máis tarde, Hera enterouse e transformouna en oso. Un día, Calisto, en forma de oso, vagaba polo bosque cando se atopou cun cazador. O mozo, ao ver que o oso se lle achegaba coa intención de abrazalo, interpretou o xesto como un ataque e intentouna matar. Zeus decidiu evitar unha traxedia e levou a Calisto ao máis alto ceo, onde se converteu en estrelas e coñecémola como a Osa Maior.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA
CALISTO E ZEUS CO CORPO DE ARTEMISA, Rubens, 1640

DE CASANDRA,

Casandra, filla dos reis de Troia, Príamo e Hécuba, acordou con Apolo ter sexo con el se lle outorgaba a capacidade de adiviñar o futuro. Apolo deulle este poder, pero ela finalmente non quixo cumplir a súa parte do trato, polo que o deus castigoulla a que ninguén a crera cando ela fixera as súas adiviñacións, facendo así, que seu poder fose inútil.

Cando, despois de nove anos de guerra de Troia, os gregos deixaron ás portas da cidade aquel cabalo de madeira cheo de soldados (que se supoñía que era un regalo pero que era unha trampa), Casandra avisou do que en realidade pasaba, pero, como era de esperar, ninguén lle fixo caso e ese cabalo acabou causando o fin de Troia.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

O Minotauro de Creta era alimentado cada ano con sete mozos e sete mozas de Atenas que o rey Exeo mandaba a Atenas como tributo por seren derrotados por Minos nunha guerra. Teseo, o heroe fillo de Exeo, decidíu ser parte da terceira ofrenda, coa intención de matar o Minotauro. Cando chegou a Creta, coñeceu a Ariadna, unha das fillas do rei, que se namorou del lle deu unha espada para acabar coa besta e un novelo de fío que debía atar a entrada do labirinto para encontrar a saída. A cambio, Teseo debía levala a Atenas e casar con ela. Teseo entrou no labirinto e acabou co Minotauro, salvou ós atenienses e cando volvía para Atenas, deixou a Ariadna na illa de Naxos. Máis tarde casaría con Fedra, irmá de Ariadna.

ARIADNA E TESEO, Niccolò Bambini, S. XVIII

DEUCALIÓN E PIRRA TRAS O DILUVIO, Peter Paul Rubens, 1637

Zeus enviou unha inundación como castigo aos homes e Prometeo (que prevía o futuro) ordenoulle ao seu fillo Deucalión que construíse unha barca na que montaría con súa muller Pirra. Tras nove días e nove noites de choiva, os ríos e mares volveron ao súa canle e o matrimonio desembarcou no monte Athos. Desesperados tras non atopar vida, decidiron rezarlle aos deuses no templo consagrado a Temis (deusa da xustiza). A parella acercouse ao altar e tras preguntarlle a Temis como resolver a situación, a deusa díxolles que deberían tirar os ósos de súa nai as súas costas cos ollos cubertos, dos que nacerían homes e mulleres. A nai de todo-los homes era a terra, e os seus ósos eran as pedras. Seguiron os pasos que Temis ordenara, e tras lanzar centos de pedras, Deucalión e Pirra crearon a segunda humanidade. Das rochas que lanzaba Deucalión nacían homes, e das de Pirra, mulleres.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO
PINTURA
- MITOS NA

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

DRÍOPE TRANSFORMÁNDOSE EN ÁRBORE, Antonio Tempesta, 1593

Dríope foi coa súa irmá Iole a preparar unhas grilandas. O seu fillo viu unha árbore de loto preto da auga e Dríope, para contentar ó rapaz, arrancou unhas follas del. A muller decatouse de que non era unha árbore calquera cando da póla comezou a saír sangue, tratábase da ninfa Lotis. Dríope, aterrorizada, intentou fuxir mais non se podía mover xa que dos seus pés brotaran raíces. Iole viu como lle empezaba a crecer unha codia. Nese momento, o pai das rapazas chegou co home de Dríope alertado polos gritos delas e horrorizados abrazaron o tronco que aínda conservaba a calor. Tras esto, Dríope transformouse por completo.

Eco era unha ninfa moi charlatana e alegre que entretiña a Hera mentres seu marido, Zeus, facía das súas. No momento no que Hera se enterou das infedelidades de seu esposo, castigou a Eco quitándolle o poder de falar cando quixese e permitíndolle unicamente repetir as últimas palabras do que dicía Hera. Triste e asustada foi a agocharse a unha cova xunto a un estanque. Un día pasou por alí Narciso, un xoven fermoso do que namoraba todo o mundo, e Eco non podía ser menos. Este entrou dentro de onde se atopaba a ninfa e apertouno, sendo Eco rechazada.

Némesis, deusa da xustiza e da vinganza, estivo presente no acto e decidiu maldicir a Narciso. Despertou nel unha sede inxente mentres daba un dos seus paseos diarios preto da cova. Acercouse a un regato e ao reflectirse na auga, súa propia imaxe causoulle tal perdición que caiu á auga, afogou e alí xurdíu un narciso, flor que crece sobre as augas, nas que se reflicte.

ESO - MITOS
CULTURA CLÁSICA 4º
NA PINTURA
ECO E NARCISO, John William Waterhouse 1903

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

EDIPO E A ESFINXE, François Xavier Fabre, 1808

Os reis de Tebas, Laio e Iocasta, non eran capaces de ter fillos, polo que el acudiu ó oráculo de Delfos. Este díxolle que o seu fillo o mataría e casaría coa súa nai. Por medo a isto decidiu non intentalo máis, pero Iocasta xa estaba embarazada e á súa hora naceu Edipo. Laio decidiu abandonar o neno para que morrese, pero atopouno un pastor levouno aos reis de Corinto, que non podían ter fillos. Edipo, que non sabía que era adoptado, sendo xa un home, foi consultar ao oráculo, e este contoulle a mesma profecía que a Laio, polo que el, por medo a matar a quen el consideraba seu pai, marchou rumbo a Tebas. Nun cruce de camiños atopou casualmente a Laio, ao que acabou matando por unha estúpida disputa. Edipo coroaríase como rei de Tebas tras resolver a adiviñanza da esfinxe e casaría con Iocasta, a súa nai, coa que tería catro fillos. Despois de descubrir que matara ao seu pai e casara coa súa nai, decidiu cegarse cun broche e vivir como mendigo coa axuda dunha das súas fillas.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

Afrodita maldixo ás mulleres da illa de Lemnos, durante o reinado de Hipsísipila, por ter descoidado os santuarios da deusa, polo que estas desenvolveron un caso extremo de halitosis (mal alento) que repugnaba aos homes da nación. Como os homes de Lemnos comezaron a ter relacións coas mulleres tracias, as lemnias vingáronse indo a Tracia e matando nunha noite a todos os seus parentes varóns (incluídos os seus propios fillos), agás Hipsípila, que perdonou ao seu pai, Toante, a quen ocultou para salvalo da catástrofe. Despois acolleron ás mulleres tracias en Lemnos, onde tiñan, dadas as circunstancias, unha xinecocracia.

Xasón e os argonautas detivéronse na illa de Lemnos, onde permaneceron durante case un ano, e mantiveron relacións con elas.

MULLER LEMNIA, William Russell Flint, 1925

Conta o mito que o rei de Sérifos, Polidectes, encargoulle a Perseo a tarefa de matar á Gorgona Medusa e levarlle a súa cabeza cercenada. Esta era unha tarefa moi perigosa e Polidectes esperaba que Perseo morrese e poder así casar libremente coa nai deste, Dánae, da que estaba namorado. Perseo emprendeu a viaxe cara á cova da Gorgona e solicitou a axuda tanto de Hermes como de Atenea. O primeiro deulle o casco de invisibilidade de Hades, deus do inframundo, e a segunda otorgoulle un escudo espellado en cuxa superficie podería ver ao monstruo reflectido sen ter que miralo directamente (pois quen miraba a Medusa ficaba convertido en pedra). Con dita estratexia, e deixando que Atenea guiara a man que apuñaba a espada, Perseo aproximouse a Medusa e dun golpe cercenoulle a cabeza. Cando as outras dúas Gorgonas intentaron vengarse del, Perseo púxose o casco de invisibilidade de Hades e fuxíu, levando a cabeza de Medusa nunha bolsa. Grazas á cabeza da Gorgona, Perseo realizóu celebres tarefas, xa que conservaba intactos os seus poderes petrificadores: salvou a Andrómeda de morrer devorada polo monstruo Ceto e petrificou a Polidectes e ao titán Atlas, entre outros. Dise tamén que os corais mariños xurdiron das gotas de sangue derramadas da cabeza de Medusa. Finalmente, Perseo entregou a cabeza da Gorgona á propia Atenea, e esta colocouna no seu escudo, a Éxida.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA
A CABEZA DE MEDUSA, Pedro Pablo Rubens, c. 1618

A VÍA LÁCTEA, Pedro pablo Rubens, 1636-1638

Heracles foi o fillo de Zeus e Alcmena, que era unha mortal. O marido de esta última, Anfitrión, estaba fóra por asuntos bélicos, polo que Zeus aproveitou para facerse pasar por el e facer coma se xa chegara. Polo tanto, tiveron relacións, e Alcmena quedou embarazada, pero pouco despois chegou o verdadeiro Anfitrión, que a volveu a levar a Alcmena á cama. A raíz de esto, a muller quedou preñada de xemelgos de distinto pai, e, ao concluir a xestación, pariu a Heracles (entón chamado Alcides) e máis a Ificles. Era Heracles practicamente un recén nacido cando Hermes tratou de que o amamantara Hera, para darlle poderes extraordinarios, probablemente por ordes do mesmo Zeus. Para isto colocou ao rapaz no seu peito cando ela estaba durmida, pero o rapaz fíxolle dano e a deusa despertou, e apartou rápidamente ao rapaz, que xa tomara algunhas gotas do leite. Ao facer isto, o que quedaba saleu disparado, formando o que coñecemos como A Vía Láctea. Cando era aínda pequeno, Hera enviou dúas serpes con intención de matar ao fillo do seu marido. O que non contaba ela era que, mentras o seu irmán mortal choraba, Heracles, de tan só uns meses, matou as serpes coa súa forza de semideus e o poder adquirido por esas gotas que birlou do peito da súa inimiga de por vida.

CULTURA CLÁSICA
ESO
MITOS
-
NA PINTURA

O XUÍZO DE PARIS E A MAZÁ DA DISCORDIA,

O xuízo de paris, considerado o desencadeante da guerra de Troya, é un episodio mitolóxico no que se conta como na boda de Peleo, un heroe grego, e Tetis, unha ninfa mariña, non invitaron á deusa da discordia, Éride, pero esta acudiu á ceremonia cunha mazá de ouro que tiña gravado "para a mais fermosa", que deixou entre as deusas Atenea, Afrodita e Hera. As tres deusas, loxicamente, críanse merecedoras dese titulo e para tomar unha decisión, Zeus decidiu chamar a Paris (fillo do rei de Troya, Príamo) un fermoso mozo alleo completamente a este asunto. Durante o xuízo, as tres deusas intentaron subornar con presentes a Paris: Hera, esposa de Zeus, ofreceulle todo o poder que puidera desexar e máis o titulo de emperador de Asia; Atenea, deusa da intelixencia e da guerra, ofreceulle sabiduria e poder ganar todas as batallas nas que se enfrontase; Afrodita, deusa do amor, ofreceulle o amor da mortal mais fermosa de Grecia. O xoven Paris decidiu optar por Afrodita, pero isto trouxo graves consecuencias, xa que o rapto da mortal mais fermosa de grecia, Helena, a muller do rey de Esparta, desencadeou a guerra de Troia entre esta cidade e toda Grecia.

ESO - MITOS
CULTURA CLÁSICA 4º
NA PINTURA
Pedro Pablo Rubens, 1639

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

ORFEO GUIANDO A EURÍDICE DENDE O INFRAMUNDO, Camille Corot, 1861

Orfeo era un heroe fillo de Apolo e a ninfa Calíope que participou na expedición dos argonautas na busca do vélaro de ouro con Xasón. A súa maior habilidade era a capacidade de facer música coa súa lira, coa que calmaba ás feras e embelesaba aos homes.

A súa esposa, a fermosa ninfa Eurídice, foi raptada polo pastor

Aristeo e, cando fuxía del, foi mordida por unha serpe e morreu. Orfeo, desesperado, decidiu baixar ao inframundo a rescatala: coa súa música convenceu a Caronte para que o levase ata o outro lado do río Éstixe e alí, de novo coa súa lira, convenceu a Hades e a Perséfone de que permitisen que a súa amada

Eurídice volvese ao mundo dos vivos, pero estes estableceron unha condición: Eurídice camiñaría detrás de Orfeo e este non podería volverse a mirala ata que chegasen arriba... pero

Orfeu non aguanta a impaciencia, mirou antes de tempo e Eurídice volveu ao inframundo para sempre.

Prometeo foi un titán que ofendeu a Zeus de varios xeitos, entre eles devolvéndolles aos homes o lume (retirado por Zeus) e conseguindo, mediante un engano, que os deuses aceptaran como sacrificio os osos cubertos de graxa, fronte ás mellores talladas, que quedaron para os homes. Por isto e por máis, Zeus deseñou dous castigos: para Prometeo estableceu que este fose encadeado a unha rocha no Cáucaso e alí unha aguia lle comese de día o fígado, que se rexeneraba de noite (alí estivo moitísimos anos, ata que Heracles o rescatou); para a humanidade enviou á primeira muller, Pandora, cunha caixa ou odre que contiña todos os males (ela non o sabía), máis a prohibición taxante de abrir dita caixa ou odre, pero Pandora, por malsana curiosidade, abreo a caixa e todos os males saíron dela e caeron sobre a humanidade. No fondo só quedou a esperanza.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS
PINTURA
NA
A CAIXA DE PANDORA, Charles Perugini, 1893

A VOLTA DE PERSÉFONE, Frederic Leighton, 1891

Perséfone é a filla de Zeus (o rei dos deuses) e Deméter (a deusa da agricultura). Un día a rapaza estaba recollendo flores acompañada das ninfas, tratou de coller uns narcisos moi bonitos, pero de súpeto abriuse a terra e dela emerxeu Hades (deus do Inframundo), que a raptou e levouna ao seu reino. As ninfas que a acompañaban foron castigadas convertíndose en sereas, e Deméter caeu en depresión ao non poder atopar á súa filla, pouco a pouco todos os campos foron mustiando coa tristeza da deusa e Zeus decidiu mandar a Hermes a por Perséfone. Hades accedeu a deixar libre á súa cautiva, pero coa condición de que non podía probar ningún froito do Tártaro, pero ela, sen saber isto, sucumbiu e probou 6 sementes de granada. En vista de estes feitos, decidiuse que Perséfone pasara 6 meses do ano no Inframundo, un por cada semente, e o resto do ano, con súa nai no Olimpo, o que deu orixe ás estacións, segundo os antigos gregos.

ESO - MITOS
PINTURA
CULTURA CLÁSICA 4º
NA

Pigmalión era un rei de Chipre que non atopaba unha muller coa que casar e pasaba o tempo creando preciosas esculturas; unha delas, Galatea, era tan fermosa que o seu autor namorouse dela. Unha noite, Pigmalión soñou que Galatea ao tacto amolecía e estaba morna, ata que finalmente cobraba vida. Cando espertou, Afrodita díxolle que tiña dereito a ser feliz coa súa muller, da súa creación, a fermosa Galatea, por ter sido quen de crear tanta beleza. Este mito está na orixe, por exemplo, da obra de teatro Pigmaliónde Bernard Shaw e da película MyFairLadyde George Cukor.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA
PIGMALIÓN, Jean Léon Gérôme, 1888

Di o mito que Saturno (o equivalente en Roma ao Crono grego), logo de que un oráculo lle predixese que el perdería o seu poder a mans dun dos seus fillos (coma el o obtivera o seu do seu pai Urano), ía comendo os seus fillos a medida que a súa esposa e irmá Rea (deusa da fertilidade e natureza feminina) os ía parindo. Rea, que estaba en completo desacordo con isto, decidiu que, cando Saturno fose comer ao seu derradeiro fillo Xúpiter (Zeus para os gregos), ela entregaríalle no seu lugar unha pedra envolta en pañais. Fíxoo, enganou a Saturno e enviou ao seu fillo Xúpiter a Creta, onde sería criado pola cabra da ninfa Amaltea. Anos despois Xúpiter destronaría ao seu pai, cumpríndose así o oráculo.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA
SATURNO DEVORANDO AO SEU FILLO, Francisco de Goya, 1819

O TORMENTO DE TÁNTALO, Bernard Picart, c. 1700

Tántalo, fillo de Zeus e oceánide Pluto, foi pai de Pélope e Níobe. Tántalo foi invitado a banquetes por parte dos deuses, pero despois, cando volveu entreos mortais, foi revelando secretos dos deuses e mesmo roubou un pouco de néctar e ambrosía, o que beben e comen os deuses, para dárllelo aos homes. Despois quixo corresponder aos deuses e, cando a comida foi escaseando, cortou en cachos e cociñou ao seu propio fillo Pélope e servíullelo aos deuses. Zeus ordeou a Hermes que reconstruíse o corpo de Pélope e que as Moiras lle desen vida de novo. Zeus matou a Tántalo cun raio e castigouno a que, xa no Tártaro, Tántalo tivese ao seu alcance moitísima comida (froitas nunha árbore) pero nunca tivese alcance ás mesmas, quedando así eternamente insatisfeito. De aí vén o verbo "tantalizar", que é someter a alguén a un tormento consistente en ofrecer a alguén, a través de promesas, algo desexado que nunca pode conseguir.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.