9 minute read

DEUCALIÓN E PIRRA TRAS O DILUVIO, Peter Paul Rubens, 1637

Zeus enviou unha inundación como castigo aos homes e Prometeo (que prevía o futuro) ordenoulle ao seu fillo Deucalión que construíse unha barca na que montaría con súa muller Pirra. Tras nove días e nove noites de choiva, os ríos e mares volveron ao súa canle e o matrimonio desembarcou no monte Athos. Desesperados tras non atopar vida, decidiron rezarlle aos deuses no templo consagrado a Temis (deusa da xustiza). A parella acercouse ao altar e tras preguntarlle a Temis como resolver a situación, a deusa díxolles que deberían tirar os ósos de súa nai as súas costas cos ollos cubertos, dos que nacerían homes e mulleres. A nai de todo-los homes era a terra, e os seus ósos eran as pedras. Seguiron os pasos que Temis ordenara, e tras lanzar centos de pedras, Deucalión e Pirra crearon a segunda humanidade. Das rochas que lanzaba Deucalión nacían homes, e das de Pirra, mulleres.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

Advertisement

DRÍOPE TRANSFORMÁNDOSE EN ÁRBORE, Antonio Tempesta, 1593

Dríope foi coa súa irmá Iole a preparar unhas grilandas. O seu fillo viu unha árbore de loto preto da auga e Dríope, para contentar ó rapaz, arrancou unhas follas del. A muller decatouse de que non era unha árbore calquera cando da póla comezou a saír sangue, tratábase da ninfa Lotis. Dríope, aterrorizada, intentou fuxir mais non se podía mover xa que dos seus pés brotaran raíces. Iole viu como lle empezaba a crecer unha codia. Nese momento, o pai das rapazas chegou co home de Dríope alertado polos gritos delas e horrorizados abrazaron o tronco que aínda conservaba a calor. Tras esto, Dríope transformouse por completo.

Eco era unha ninfa moi charlatana e alegre que entretiña a Hera mentres seu marido, Zeus, facía das súas. No momento no que Hera se enterou das infedelidades de seu esposo, castigou a Eco quitándolle o poder de falar cando quixese e permitíndolle unicamente repetir as últimas palabras do que dicía Hera. Triste e asustada foi a agocharse a unha cova xunto a un estanque. Un día pasou por alí Narciso, un xoven fermoso do que namoraba todo o mundo, e Eco non podía ser menos. Este entrou dentro de onde se atopaba a ninfa e apertouno, sendo Eco rechazada.

Némesis, deusa da xustiza e da vinganza, estivo presente no acto e decidiu maldicir a Narciso. Despertou nel unha sede inxente mentres daba un dos seus paseos diarios preto da cova. Acercouse a un regato e ao reflectirse na auga, súa propia imaxe causoulle tal perdición que caiu á auga, afogou e alí xurdíu un narciso, flor que crece sobre as augas, nas que se reflicte.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

EDIPO E A ESFINXE, François Xavier Fabre, 1808

Os reis de Tebas, Laio e Iocasta, non eran capaces de ter fillos, polo que el acudiu ó oráculo de Delfos. Este díxolle que o seu fillo o mataría e casaría coa súa nai. Por medo a isto decidiu non intentalo máis, pero Iocasta xa estaba embarazada e á súa hora naceu Edipo. Laio decidiu abandonar o neno para que morrese, pero atopouno un pastor levouno aos reis de Corinto, que non podían ter fillos. Edipo, que non sabía que era adoptado, sendo xa un home, foi consultar ao oráculo, e este contoulle a mesma profecía que a Laio, polo que el, por medo a matar a quen el consideraba seu pai, marchou rumbo a Tebas. Nun cruce de camiños atopou casualmente a Laio, ao que acabou matando por unha estúpida disputa. Edipo coroaríase como rei de Tebas tras resolver a adiviñanza da esfinxe e casaría con Iocasta, a súa nai, coa que tería catro fillos. Despois de descubrir que matara ao seu pai e casara coa súa nai, decidiu cegarse cun broche e vivir como mendigo coa axuda dunha das súas fillas.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

Afrodita maldixo ás mulleres da illa de Lemnos, durante o reinado de Hipsísipila, por ter descoidado os santuarios da deusa, polo que estas desenvolveron un caso extremo de halitosis (mal alento) que repugnaba aos homes da nación. Como os homes de Lemnos comezaron a ter relacións coas mulleres tracias, as lemnias vingáronse indo a Tracia e matando nunha noite a todos os seus parentes varóns (incluídos os seus propios fillos), agás Hipsípila, que perdonou ao seu pai, Toante, a quen ocultou para salvalo da catástrofe. Despois acolleron ás mulleres tracias en Lemnos, onde tiñan, dadas as circunstancias, unha xinecocracia.

Xasón e os argonautas detivéronse na illa de Lemnos, onde permaneceron durante case un ano, e mantiveron relacións con elas.

Conta o mito que o rei de Sérifos, Polidectes, encargoulle a Perseo a tarefa de matar á Gorgona Medusa e levarlle a súa cabeza cercenada. Esta era unha tarefa moi perigosa e Polidectes esperaba que Perseo morrese e poder así casar libremente coa nai deste, Dánae, da que estaba namorado. Perseo emprendeu a viaxe cara á cova da Gorgona e solicitou a axuda tanto de Hermes como de Atenea. O primeiro deulle o casco de invisibilidade de Hades, deus do inframundo, e a segunda otorgoulle un escudo espellado en cuxa superficie podería ver ao monstruo reflectido sen ter que miralo directamente (pois quen miraba a Medusa ficaba convertido en pedra). Con dita estratexia, e deixando que Atenea guiara a man que apuñaba a espada, Perseo aproximouse a Medusa e dun golpe cercenoulle a cabeza. Cando as outras dúas Gorgonas intentaron vengarse del, Perseo púxose o casco de invisibilidade de Hades e fuxíu, levando a cabeza de Medusa nunha bolsa. Grazas á cabeza da Gorgona, Perseo realizóu celebres tarefas, xa que conservaba intactos os seus poderes petrificadores: salvou a Andrómeda de morrer devorada polo monstruo Ceto e petrificou a Polidectes e ao titán Atlas, entre outros. Dise tamén que os corais mariños xurdiron das gotas de sangue derramadas da cabeza de Medusa. Finalmente, Perseo entregou a cabeza da Gorgona á propia Atenea, e esta colocouna no seu escudo, a Éxida.

A VÍA LÁCTEA, Pedro pablo Rubens, 1636-1638

Heracles foi o fillo de Zeus e Alcmena, que era unha mortal. O marido de esta última, Anfitrión, estaba fóra por asuntos bélicos, polo que Zeus aproveitou para facerse pasar por el e facer coma se xa chegara. Polo tanto, tiveron relacións, e Alcmena quedou embarazada, pero pouco despois chegou o verdadeiro Anfitrión, que a volveu a levar a Alcmena á cama. A raíz de esto, a muller quedou preñada de xemelgos de distinto pai, e, ao concluir a xestación, pariu a Heracles (entón chamado Alcides) e máis a Ificles. Era Heracles practicamente un recén nacido cando Hermes tratou de que o amamantara Hera, para darlle poderes extraordinarios, probablemente por ordes do mesmo Zeus. Para isto colocou ao rapaz no seu peito cando ela estaba durmida, pero o rapaz fíxolle dano e a deusa despertou, e apartou rápidamente ao rapaz, que xa tomara algunhas gotas do leite. Ao facer isto, o que quedaba saleu disparado, formando o que coñecemos como A Vía Láctea. Cando era aínda pequeno, Hera enviou dúas serpes con intención de matar ao fillo do seu marido. O que non contaba ela era que, mentras o seu irmán mortal choraba, Heracles, de tan só uns meses, matou as serpes coa súa forza de semideus e o poder adquirido por esas gotas que birlou do peito da súa inimiga de por vida.

O XUÍZO DE PARIS E A MAZÁ DA DISCORDIA,

O xuízo de paris, considerado o desencadeante da guerra de Troya, é un episodio mitolóxico no que se conta como na boda de Peleo, un heroe grego, e Tetis, unha ninfa mariña, non invitaron á deusa da discordia, Éride, pero esta acudiu á ceremonia cunha mazá de ouro que tiña gravado "para a mais fermosa", que deixou entre as deusas Atenea, Afrodita e Hera. As tres deusas, loxicamente, críanse merecedoras dese titulo e para tomar unha decisión, Zeus decidiu chamar a Paris (fillo do rei de Troya, Príamo) un fermoso mozo alleo completamente a este asunto. Durante o xuízo, as tres deusas intentaron subornar con presentes a Paris: Hera, esposa de Zeus, ofreceulle todo o poder que puidera desexar e máis o titulo de emperador de Asia; Atenea, deusa da intelixencia e da guerra, ofreceulle sabiduria e poder ganar todas as batallas nas que se enfrontase; Afrodita, deusa do amor, ofreceulle o amor da mortal mais fermosa de Grecia. O xoven Paris decidiu optar por Afrodita, pero isto trouxo graves consecuencias, xa que o rapto da mortal mais fermosa de grecia, Helena, a muller do rey de Esparta, desencadeou a guerra de Troia entre esta cidade e toda Grecia.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

ORFEO GUIANDO A EURÍDICE DENDE O INFRAMUNDO, Camille Corot, 1861

Orfeo era un heroe fillo de Apolo e a ninfa Calíope que participou na expedición dos argonautas na busca do vélaro de ouro con Xasón. A súa maior habilidade era a capacidade de facer música coa súa lira, coa que calmaba ás feras e embelesaba aos homes.

A súa esposa, a fermosa ninfa Eurídice, foi raptada polo pastor

Aristeo e, cando fuxía del, foi mordida por unha serpe e morreu. Orfeo, desesperado, decidiu baixar ao inframundo a rescatala: coa súa música convenceu a Caronte para que o levase ata o outro lado do río Éstixe e alí, de novo coa súa lira, convenceu a Hades e a Perséfone de que permitisen que a súa amada

Eurídice volvese ao mundo dos vivos, pero estes estableceron unha condición: Eurídice camiñaría detrás de Orfeo e este non podería volverse a mirala ata que chegasen arriba... pero

Orfeu non aguanta a impaciencia, mirou antes de tempo e Eurídice volveu ao inframundo para sempre.

Prometeo foi un titán que ofendeu a Zeus de varios xeitos, entre eles devolvéndolles aos homes o lume (retirado por Zeus) e conseguindo, mediante un engano, que os deuses aceptaran como sacrificio os osos cubertos de graxa, fronte ás mellores talladas, que quedaron para os homes. Por isto e por máis, Zeus deseñou dous castigos: para Prometeo estableceu que este fose encadeado a unha rocha no Cáucaso e alí unha aguia lle comese de día o fígado, que se rexeneraba de noite (alí estivo moitísimos anos, ata que Heracles o rescatou); para a humanidade enviou á primeira muller, Pandora, cunha caixa ou odre que contiña todos os males (ela non o sabía), máis a prohibición taxante de abrir dita caixa ou odre, pero Pandora, por malsana curiosidade, abreo a caixa e todos os males saíron dela e caeron sobre a humanidade. No fondo só quedou a esperanza.

A VOLTA DE PERSÉFONE, Frederic Leighton, 1891

Perséfone é a filla de Zeus (o rei dos deuses) e Deméter (a deusa da agricultura). Un día a rapaza estaba recollendo flores acompañada das ninfas, tratou de coller uns narcisos moi bonitos, pero de súpeto abriuse a terra e dela emerxeu Hades (deus do Inframundo), que a raptou e levouna ao seu reino. As ninfas que a acompañaban foron castigadas convertíndose en sereas, e Deméter caeu en depresión ao non poder atopar á súa filla, pouco a pouco todos os campos foron mustiando coa tristeza da deusa e Zeus decidiu mandar a Hermes a por Perséfone. Hades accedeu a deixar libre á súa cautiva, pero coa condición de que non podía probar ningún froito do Tártaro, pero ela, sen saber isto, sucumbiu e probou 6 sementes de granada. En vista de estes feitos, decidiuse que Perséfone pasara 6 meses do ano no Inframundo, un por cada semente, e o resto do ano, con súa nai no Olimpo, o que deu orixe ás estacións, segundo os antigos gregos.

Pigmalión era un rei de Chipre que non atopaba unha muller coa que casar e pasaba o tempo creando preciosas esculturas; unha delas, Galatea, era tan fermosa que o seu autor namorouse dela. Unha noite, Pigmalión soñou que Galatea ao tacto amolecía e estaba morna, ata que finalmente cobraba vida. Cando espertou, Afrodita díxolle que tiña dereito a ser feliz coa súa muller, da súa creación, a fermosa Galatea, por ter sido quen de crear tanta beleza. Este mito está na orixe, por exemplo, da obra de teatro Pigmaliónde Bernard Shaw e da película MyFairLadyde George Cukor.

Di o mito que Saturno (o equivalente en Roma ao Crono grego), logo de que un oráculo lle predixese que el perdería o seu poder a mans dun dos seus fillos (coma el o obtivera o seu do seu pai Urano), ía comendo os seus fillos a medida que a súa esposa e irmá Rea (deusa da fertilidade e natureza feminina) os ía parindo. Rea, que estaba en completo desacordo con isto, decidiu que, cando Saturno fose comer ao seu derradeiro fillo Xúpiter (Zeus para os gregos), ela entregaríalle no seu lugar unha pedra envolta en pañais. Fíxoo, enganou a Saturno e enviou ao seu fillo Xúpiter a Creta, onde sería criado pola cabra da ninfa Amaltea. Anos despois Xúpiter destronaría ao seu pai, cumpríndose así o oráculo.