1 minute read

DE CASANDRA,

Anthony Frederick Augustus Sandys, 1885

Casandra, filla dos reis de Troia, Príamo e Hécuba, acordou con Apolo ter sexo con el se lle outorgaba a capacidade de adiviñar o futuro. Apolo deulle este poder, pero ela finalmente non quixo cumplir a súa parte do trato, polo que o deus castigoulla a que ninguén a crera cando ela fixera as súas adiviñacións, facendo así, que seu poder fose inútil.

Advertisement

Cando, despois de nove anos de guerra de Troia, os gregos deixaron ás portas da cidade aquel cabalo de madeira cheo de soldados (que se supoñía que era un regalo pero que era unha trampa), Casandra avisou do que en realidade pasaba, pero, como era de esperar, ninguén lle fixo caso e ese cabalo acabou causando o fin de Troia.