1 minute read

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

ATALANTA E MELANIÓN, Guido Reni, 1622

Atalanta era unha moza moi fermosa que destacaba polas súas habilidades na caza. Ao medrar viviu no bosque cazando xa que non quería casar con ninguén, so centrarse na súa técnica, e máis cando recibiu un oráculo informándolle de que cando casara ía ser convertida nun animal. Para evitar aos pretendentes, prometeu que se comprometería co home que lle gañase nunha carreira, pois ela era tan rápida e áxil que sabía que ninguén lle gañaría, e máis aínda cando ela avisara de que lles cortaría o pescozo a todos aqueles que perdesen a carreira. Despois de varios mozos decapitados, presentouse Melanión, un fermoso rapaz que ao longo da carreira botou tres mazáns de ouro que lle dera Afrodita para que vencese na proba. Efectivamente, Atalanta detívose para coller do chan cada unha das mazás e deixou voluntariamente que o Melanión gañase a carreira e casase con ela, xa que a rapaza quedara namorada do mozo. Ambos foron convertidos en leóns por Zeus.

Advertisement

Calisto foi unha das doncelas de Artemisa pola que Zeus se sentía moi atraído. Para seducila, transformouse en Artemisa e conseguiu manter relacións con ela. Artemisa decatouse de que a barriga de Calisto era cada vez máis grande e preguntoulle por iso. Ao descubrir que Calisto estaba embarazada, Artemisa expulsouna do seu grupo. Máis tarde, Hera enterouse e transformouna en oso. Un día, Calisto, en forma de oso, vagaba polo bosque cando se atopou cun cazador. O mozo, ao ver que o oso se lle achegaba coa intención de abrazalo, interpretou o xesto como un ataque e intentouna matar. Zeus decidiu evitar unha traxedia e levou a Calisto ao máis alto ceo, onde se converteu en estrelas e coñecémola como a Osa Maior.

A MALDICIÓN