1 minute read

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

ARISTEO ATANDO A PROTEO, Sébastien Slodtz, 1688

Aristeo, fillo de Apolo e Cirene, era o garda das abellas ata que un día todas morreron, polo que foi xunta a súa nai para que lle aconsellara. Ela díxolle que Proteo podía ensinarlle a previr outro problema así, máis non ía ser fácil capturalo xa que o sabio do mar tiña que ser aferrado mentres utilizaba o seu poder, cambiar de forma. Aristeo foi cara o refuxio de Proteo, á illa de Faros, e atouno, aguantando a todas as formas que o sabio ía adoptando, ata que se cansou e xa de novo na súa forma orixinal. Proteo díxolle a Aristeo que debía facer un sacrificio aos deuses e deixar aos animais no altar, volvendo nove días máis tarde a revisar. Así o fixo e na súa volta atopou un gran enxame de abellas, as cales non sufriron nunca máis unha epidemia.

Advertisement

As Moiras, tamén chamadas Parcas, eran coñecidas como as tres irmás do destino; Cloto, Láquesis e Átropos. Nas mans das mulleres discorría o destino tanto dos homes coma dos deuses en forma de fío.

As Moiras fiaban lá branca e a trenzaban con dous fíos, un negro que representaba os malos momentos da vida e un dourado que reflexaba a máxima felicidade. Cloto, a máis nova das irmás, facía xirar o pelota de lá branca, pasándolla a Láquesis, encargada de medir e trenzar a lá cos outros dous fíos e, para rematar, Átropos facía o corte que marcaba o fin da vida da persoa, selando así o destino da persoa.