1 minute read

MITOS NA PINTURA Cultura Clásica

4

A cólera de Aquiles é o tema principal da Ilíada. Dende o principio da guerra de Troia o aristosachaionnon está de acordo co liderato de Agamenón. Esta enemizade acentúase cando o líder aqueo vese obrigado a devolver a Criseida ó seu pai, Crises, para poñer fin á peste que asolaba ó campamento. Como xa non posúe a súa esclava, arrebátalle a Aquiles o seu tesouro de guerra, Briseida.

Advertisement

Aquiles, non querendo que ninguén o humille, monta en cólera e decide non volver a loitar no exército aqueo. Ademais, fala coa súa nai, Tetis, que convence a Zeus de axudar aos troyanos, aínda que tomar partido nas guerras era algo que os deuses non debían facer. Como o exército dos gregos ía perdendo, o compañeiro de Aquiles, Patroclo, decide vestirse coma él e ir cos Mirmidóns para animar aos aqueos e asustar aos troianos. Sin embargo, non todo sale como estaba planeado e Héctor mata a Patroclo, Aquiles volve a montar en cólera e mata a Héctor, arrastrandoo por toda a muralla troiana. Máis tarde, como xa non pode vivir sen o seu compañeiro, déixase matar por Paris, pois xa sabía que él (o propio Aquiles) ía a morrer despois de Héctor, grazas a unha profecía.

Todo ten lugar nas bodas de Peleo e Tetis á que Eris, a deusa da discordia, non foi convidada. Entón presentouse no banquete deixando unha mazá na mesa principal na que poñía (para a τῇκαλλίστῃ máis fermosa).

Varias deusas do Olimpo mostraron interés e tres foron a por ela: Atenea, Afrodita e Hera. Como non había unha resposta clara, Zeus chamou a Paris para que decidise. Cada deusa ofreciulle un poder e acabou escollendo a Afrodita por suxerirlle o amor da mortal máis fermosa de Grecia.

CULTURA CLÁSICA 4º ESO - MITOS NA PINTURA

APOLO E MARSIAS, Guiulio Carpioni, 1678 Un día, Atenea púxose a tocar a frauta á beira do río e observou o seu reflexo na auga, quedando horrorizada ao verse e tirou o instrumento, para non usalo nunca máis. Foi alí onde Marsias o atopou e aprendeu a xogalo de marabilla. Marsias converteuse no mellor flautista de todos. O seu orgullo fixolle atreverse a dicir que a súa frauta soaba mellor que a lira de Apolo. O deus non tardou en enfrontarse a el nun concurso musical. O xurado estaba formado polas musas e como premio. Na primeira rolda, ambos os músicos estaban empatados, polo que para a segunda, Apolo suxeriu que cantasen e tocaran ao mesmo tempo. Como Marsias tocaba a frauta, era imposible que cantara, polo que o gañador foi Apolo.