Barrios 152

Page 6

6

Barrios 29 de setembro 2021

EN BREVE 4 Envellecemento activo

O Concello programa, a partir de novembro, máis de 60 cursos dos programas de Persoas Adultas (+18), nos Centros Cívicos, e o de Envellecemento Activo (+60), nos espazos municipais e outras instalacións. A oferta lúdica e formativa pode consultarse en web www. ssociaiscursos.com. As inscricións deberá facerse online até o 25 de outubro ás 24 horas; ou no Centro Cívico Colón (rúa Colón, 18) de 9 a 13h.

4 Irmandade O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o seu homólogo en Santa Rosa del Cabal (Colombia), Rodrigo Toro, anunciaron a futura irmandade entre as dúas localidades para intercambiar coñecemento sobre termalismo, viño e café.

4 Entroidos da provincia O desfile de Entroidos da Provincia, previsto polo concello para o 31 de outubro, cancélase. Si que se celebran as escenificacións da Santa Compaña, e actores de terror, no casco antigo na noite de Todos os Santos.

4 AVV As Termas

A praza 200, situada nas vivendas sociais xunto a antiga estación de autobuses, acollerá ata o 31 de outubro a exposición sobre a Xeración Nós.

OURENSE

O OUFF encara a recta final 4 Este venres chega a gala de clausura coa proxeción de "Live is life". Redacción Premios, proxeccións, actividades parelelas, recoñecementos... máis premios, máis proxeccións, máis actividades parelelas. Así de rápido está a discorrer a 26ª edición do Ourense Film Festival 2021, que deu comezo o pasado 24 de setembro coa gala inaugural -na que se puido ver a estrea mundial da película “Malencolía”- e remata en dous actos: este venres, 1 de outubro, coa gala de clausura, entrega de premios ás melloras obras das seccións oficiais, e o sábado, 2 de outubro, coa gala de curtas e Fas Muvis. Durante a gala de clausura, no Auditorio, ademais de recoñecer as mellores obras tamén se poderá visionar a película “Live is life”. Na gala de curtas e Fas Muvis, que terá lugar no Teatro Principal proxectarase “Escribir o imposible”, da sección Cine e Literatura. Son 10 longametraxes e 15 curtas os que tentarán facerse coas estatuillas desta edición que fai unha aposta pola calidade das obras. Entre todas as seccións (oficiais, inédito en Ourense, panorama Galicia, Ciclo Xacobeo, e incluso

A eficiencia enerxética pasa polos tres hospitais de Ourense 4 Cun programa piloto. Redacción

Ainhoa Rodríguez foi premiada co Eduardo Barreiros. o primeiro capítulo, en primicia, dunha serie de televisión) o afeccionado ao cine pode ver nestes días máis de 60 obras. Eduardo Barreiros Un dos premios máis destacados do festival ourensán é o Premio Eduardo Barreiros, que este ano recaeu na cineasta Ainhoa Rodríguez, pola súa primeira longametraxe de ficción “Destello Bravío”. Ainhoa Rodríguez, asegurou que o premio “é un recoñecemento ó esforzo e á vontade, co mérito de estar concedido a unha película que está nas antípodas do cine comercial. Tómoo sobre todo como un premio ó traballo por sacar adiante este proxecto alternativo”. O que queda Ata o final do OUFF 2021 aínda queda moita tela que curtar. Así, por

exemplo, este mesmo mércores, o festival recoñece a traxectoria televisiva de José Coronado, ao que lle farán entrega do premio OUFF TV. O xoves, 30 de setembro, no Principal entregarase o Premio Historia Cine Español; o galardón será para o productor e distribuidor de cine Enrique Cerezo (moi coñecido por ser o presidente do Atético de Madrid). O mesmo xoves, no Salón de Plenos da Deputación de Ourense, nomearase a José Luis Cuerda fillo predileto de Ourense. Ademais, o sábado 2 de outubro, descubrirase unha placa conmemorativa do centenario de Fernando Fernán Gómez. O acto terá lugar en Allariz. Para rematar, o domingo 3 de outubro, o Principal acollerá a proxección das películas premiadas.

O tres hospitais da provincia serán os únicos de España en formar parte dun plan piloto para a adaptación das infraestruturas sanitarias ao cambio climático. Life Resystal é o nome do devandito programa europeo no que os hospitais de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras van participar no próximos catro anos creando unha maior eficiencia enerxética e sustentabilidade. Para chegar a ese obxectivo de adaptación total ás consecuencias do cambio climático, o proxecto idea catro alicerces que son o asentamento de bases dunha rede europea para adaptar climáticamente o sector sanitario; propor-

cionar apoio baseado na evidencia científica sobre as medidas de adaptación a implantar; demostrar a aplicación e os efectos das medidas sobre as infraestruturas sanitarias; e fomentar e promover a resiliencia das sedes sanitarias. A eficiencia enerxética no marco do cambio climático é unha das metas dun proxecto que está orientado ao medio ambiente e á acción climática con continuación no tempo. O orzamento total do proxecto é de máis de cinco millóns e o Sergas é o socio que máis porá con máis dun millón de euros para levar a cabo un programa onde participan 7 centros dos cales 3 son ourensáns e o resto franceses, coa dirección desde un instituto de Grecia.

Presentación do programa Life Resystal.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Barrios 152 by Periodico Barrios - Issuu