Barrios

Page 1

Barbadás elexirá aos

representantes entre seis partidos

Número: 185 - Ano: XVI - 25 de maio de 2023 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Ourense capital, e todos os concellos da provincia, elexirán aos seus representantes políticos para os próximos catro anos o vindeiro 28M.
[Páxs. 10-13]
seus

2 Barrios 25 de maio 2023

PSOE: construción dun xeriátrico -unhas 60 prazasna urbanización A Devesa

ELECCIÓNS 28M / XINZO

Axil: creación dunha planta de xestión de plásticos agrícolas

BNG: fábrica de bolsas reutilizables a partir de fécula de pataca

PP: plantas de tratamento dos xuros para transformación de residuos

Vox: baixar impostos e políticas sociais para maiores e mozos

Recta final da campaña electoral en Xinzo

4 Os partidos concentran esforzos nas últimas horas antes do 28M.

Redacción

A escasos días para o 28M os cinco partidos políticos (PSOE, PP, Axil, BNG e Vox) que concorren nas eleccións municipais de Xinzo de Limia buscan os últimos votos deses cidadáns indecisos que aínda non teñen decidido o seu voto.

En total serán 13 os concelleiros os que entren a formar parte da corporación municipal que irá do 2023 ao 2027. Trece persoas que representarán a todos os veciños de Xinzo e que tomarán as decisicións máis trascendentais do concello nos vindeiros catro anos.

Durante este mandato, unha coalición de catro partidos (PSOE, BNG, Axil e XA) comandaron o

concello con Elvira Lama (PSOE) como a alcaldesa; na oposición estaban PP e C´s. Este ano non concorren Xinzo Adiante, Cidadáns nin Compromiso por Galicia, pero si o fará Vox. Tralas eleccións saberase quen terá representación municipal e despexaranse as incógnitas de si os veciños premian a labor do cuatripartito ou, se pola contra elixen un cambio de rumbo.

PSOE

Elvira Lama busca repetir na Alcaldía de Xinzo superando, incluso, os tres concelleiros que ten na actualidade. Durante estes días achégase ao electorado tratando de persuadilo coas súas propostas de cara aos próximos catro anos. Entre outras, Lama

comprométese á creación dun mercado municipal semanal ou mensual, na que participen produtores locais con produtos da terra, ademais de ampliar a Feira Alimagro. Outra das promesas da socialista é construción dun novo xeriátrico de case 60 prazas na urbanización A Devesa, e cuxa memoria xa foi presentada á Xunta de Galicia. Outros compromisos adquiridos pola actual rexedora son: a creación dunha rede de transporte a demanda; un plan de recuperación das Casas Rectorais do concello, adquiríndoas para preservar o patrimonio e construír Casas do Saber e da Memoria; a construción dun Auditorio; a reforma do campo da feira coa creación dun pavillón con salas temáticas, de exposicións e

aulas; ou mesmo fomentar os intercambios comerciais e culturais con Portugal, empezando polos concellos do outro lado da raia.

Axil Ao fronte de Axil segue Amador Díaz. O actual tenente de alcalde durante estes días presenta o seu programa que consta de 35 medidas e 10 compromisos; entre estes últimos están a entrega de bonos de 500 euros á natalidade e ao aluguer no rural; a construción dunha residencia para a terceira idade, dun auditorio e do anexo do pavillón; un mercado de proximidade; a creación dun padroado de Asociacións Culturais, dunha planta de xestión de plásticos agrícolas e dunha incubadora de empresas no polígono.

Tamén promete para este mandato realizar a Festa Gastronómica do Pan e rematar a bancada do estadio J.A. Carrera.

BNG

A outra formación que goberna actualmente está liderada por Camilo Vila. Estos días está a presentar as medidas estrelas dos nacionalistas. A primeira delas desmárcase da idea da grande residencia urbana e aposta por un modelo de rede de Vivendas Comunitarias públicas situadas en núcleos rurais e con capacidade máxima de 12 prazas. Tamén procurarán a creación dunha empresa de bolsas reutilizables a partir de fécula de pataca. Finalmente, incentivarase ao comercio local con axudas de ata 500 euros para a com-

pra de bicicletas en Xinzo.

PP Pola súa banda, o Partido Popular sacou músculo coa visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ademais, do presidente da Deputación, Manuel Baltar. Entre as propostas do seu candidato, Antonio Fernández, están a creación dun viveiro de empresas para o apoio ao emprendemento, a construción dunha nova residencia de maiores, a posta en marcha de plantas de tratamento dos xuros para a transformación e aproveitamento dos residuos ou a construción dun novo auditorio municipal.

Vox

E nestas elección concorre Vox, con Edelmiro Rodríguez á cabeza. O candidato explicou que a campaña está sendo moi positiva. “A xente pídenos un cambio” debido “a que hai descontento”. Deste xeito, Rodríguez valora “moi positivamente” o traballo realizado ata o de agora, polo que confía “en sacar bos resultados”, agardando ter moitos votos para entrar no Consistorio e así “ser a forza da xente descontenta e que quere un cambio”. O candidato por Vox agarda ter bos resultados confiando en que os indecisos xunto aos simpatizantes logren ser un número suficiente para ter representación na Concello de Xinzo de Limia a partir do 28M. Entre as súas medidas está baixar impostos e políticas sociais para maiores e mozos.

Elvira Lama, Amador Díaz, Camilo Vila, Antonio Fernández e Edelmiro Rodríguez, alcaldables do Concello de Xinzo.

FRANCISCO RODRÍGUEZ (PACO), CANDIDATO DO PSOE EN OURENSE

"Unha medida importante é o proxecto do Bulevar

Termal desde o Campo da Feira ata Outariz”

R.T.

Como definiría a situación do Concello?

Paco Rodríguez: "Lamentable. Ourense é unha cidade fermosa, con homes e mulleres traballadores, decentes e honestos e non se merecen isto. Non podemos ser tratados nos medios nacionais coma o lonxano Oeste. A partir do 28 de maio precisamos que isto cambie e palpo na rúa o desexo do cambio. Isto ten que ser como un mal soño pero con consecuencias moi graves para Ourense. Levamos oito anos perdidos, os catro primeiros co PP de Jesús Vázquez

e estes últimos tamén coa complicidade ds populares. Agardo que o PP aprenda e non volva ser cómplice dun desastre coma este, e que tralo 28 aparezca un proxecto compartido entre todos chegando a acordos".

Cal é o principal problema en Ourense?

P.R.: "O desgoberno e a indignidade institucional destes anos. Debemos recuperar a autoestima coma ourensáns, a partir de aí, posicionar a Ourense de cara ao futuro. O AVE -a dúas horas Madrid- trae unhas posibilidades inmensas que temos que explotar tanto na cidade como

na provincia. No aspecto termal, por exemplo, entre todos temos que pensar e nese contexto desenvolver o futuro".

Cal sería a medida estrela para estes catro anos?

P.R.: "Teño interese en desenvolver un gran proxecto no barrio da Ponte que será o máis importante en Ourense na metade deste século: a gran estación intermodal, asumindo que Ourense é a gran porta de entrada a Galicia. Tamén debemos construír vivenda para mozos, que haxa centros comerciais, hoteis.

Outra medida moi im-

ELECCIÓNS 28M / OURENSE

portante é o proxecto do Bulevar Termal desde o Campo da Feira ata Outariz. Debemos aproveitar a circunstancia de que se está facendo a variante norte, polo que temos que reconvertir a Nacional 120 nunha rúa con beirarrúas anchas, árbores, e conformar un gran espazo verde onde se potencien as pozas e no que haxa merendeiros, zonas de xogo".

Algunha proposta en dinamización económica?

P.R.: "Se falamos da estación facémolo de dinamización económica, pero temos que por en valor todos estos recursos que temos. Ademais, debemos poñer en valor ao pequeno comercio que é unha referencia en Ourense e axudalo, pero non dando 100 euros a todos os cidadáns que non é xusto, habería que dalos a quen máis o precise. Creo que deberíase reducir os impostos e creando un ambiente na cidade que xenere unha atracción para

que a xente compre. As grandes zonas empresariais están nos concellos limítrofes polo que debemos facer unhas boas comunicacións e potencialo".

Toca falar de pactos ao non presumirse maiorías absolutas.

P.R.: "O PSOE é un partido de Goberno e aspira a gobernar e conseguir co maior apoio posible dos cidadáns facelo. Se non fora así, o único pacto de goberno posible sería co

BNG. Xa existiu e funcionou ben. Agora ben, se os cidadáns sitúannos noutro contexto diferente -como que o PP teña unha maioría- estaremos coa vontade inequívoca de apoiar desde a oposición, negociar, pero sempre coa boa disposción para apoiar eses proxectos estratéxicos tan necesarios a desenvolver. Hai que chegar a acordos coa vontade de poñer a Ourense por enriba de todo e sacar adiante eses proxectos que non poden esperar máis".

3 Barrios 25 de maio 2023
Paco Rodríguez, PSOE.

Como definiría a situación actual do Concello de Ourense?

Sonia García: "Visto o visto, penosa. Xa o era antes e agora están en guerra. Que arranxe cada un o seu".

Cal pode ser o principal problema de Ourense?

S.G.: "Que non se fai nada e levamos así anos e anos. Prometen que se vai facer e Ourense segue morto e cada vez se morre máis. Non hai máis que velo, vas pola cidade e ver locais pechados. Agora -en campaña- proponen facer pero non fan nada. O termalismo, o presentan por aí gastando moitos cartos pero, que temos de termal en Ourense? Aquí o único un pouco decente, a Chavasqueira e non lle deron a licenza para a súa reconstrución, que presumimos de termalismo? Co que temos que fagan algo".

Cal sería a medida estrela de VOU?

S.G.: "Estrela estrela ningunha. Se fixeramos todo o que hai que facer:

sacar adiante o Plan Xeral de Ordenación Municipal, o termalismo, quitar trabas para as licenzas -que é unha aberración o tempo que se tarda en conseguir unha-, dar máis axudas para que a xente poida montar máis negocios e impulsar, deste xeito a economía".

Algunha medida para a dinamización económica?

S.G.: "Tentaremos, como dixen, quitar o maior número de trabas para os que queiran montar un negocio, para que non se tarde dous anos en conseguir unha licenza,

en quebra e será difícil recuperalo en pouco tempo”

R.T.

Como definiría a situación do Concello?

Manuel Cabezas: "O Concello é esperpéntico no sentido da vergoña. A min xerame moita tristura nunha situación na que non me sinto nada indentificado con quen nos representa".

Cal é principal problema de Ourense?

que sexa moito máis rápido. Na hostalaría, pois intentar quitarlle as taxas das terrazas para que poidan sobrevivir, por se non te afogan".

Sen maiorías absolutas á vista, por onde pasarían os pactos de VOU?

S.G.: "Pactariamos co que fixera algo para Ourense, pero que o faga de verdade. Hai moito que facer en Ourense sen necesidade de dicir "imos crear..." non, fainos xa. Por exemplo, parques de cans, hai un, xa se puideron facer moitos máis".

M.C.: "É o Concello que maís recursos tivo para invertir e os está gastando sen control, sen criterio e sen antender ás atencións do cidadán. E sen que a cidade de un paso cara adiante absolutamente en nada; e o peor, que o retroceso ao que está sometida a cidade será moi difícil de recuperar. O Concello está en quiebra e será difícil recuperalo en pouco tempo".

Cal sería a medida estrela para este mandato?

M.C.: "Non é unha soa, temos que velo como un todo. Ourense é unha cidade de ríos, de augas termais e sobre estas debemos pivotar. Xa fixemos unha transformación co

termalismo lúdico e agora pensemos en facer balnearios para convertela na capital termal de Galicia. En infraestruturas, precisamos alternativas a Marcelo Macías, quitar tráfico a Progreso e cremos que o podemos facer a través dun Bulevard que queremos construír desde a Nacional 525 -límite con Barbadáse o hospital o que alixeraría o tráfico. Temos que atender o rural, o transporte público, aos colectivos, á cultura".

Algunha medida de dinamización económica?

M.C.: "O primeiro recupar un plan xeral que permitar dar seguridade xurídica a quen queira in-

vertir na cidade. Recuperar o Casco Histórico é fundamental, xa que hoxe non se pode visitar. As Termas hai que recuperarlas tamén. Hai moita cousas que facer para darlle unha volta a esta situación".

Toca falar de pactos.

M.C.: "Tivemos tres maiorías absolutas onde fixen a primeira transformación da cidade e iso é o que queremos agora. Traballamos para ese escenario por que é a maneira de camiñar en proxectos utiles para Ourense e coa rapidez que se precisa. Ademais, os políticos deben entenderse; o que fagamos será produto do diálogo independientemente da cor política".

4 Barrios 25 de maio 2023
MANUEL J. CABEZAS ENRÍQUEZ, CANDIDATO DO PP EN OURENSE
“O Concello está
Manuel Cabezas, PP. R.T.
SONIA GARCÍA GARCÍA, CANDIDATA DE VOU EN OURENSE
"Pactariamos con quen fixera algo para Ourense, pero de verdade"
OURENSE
Sonia García, VOU.
ELECCIÓNS 28M /

XOSÉ LUIS SEARA FERNÁNDEZ, CANDIDATO DO BNG EN OURENSE

"Faremos a recuperación integral de toda a zona que vai desde a praza de Abastos ata a Muiñeira”

R.T.

Como ve a situación actual do Concello?

Luis Seara: "Con enorme tristura, por que esta situación provocada pola publicación de audios no que o alcalde pide mordidas a empresas, ao final acaba impregnando a campaña e baixando a imaxe do Concello. Estou farto de que día si e día tamén a imaxe de Ouense estea salpicada por que saímos por novas negativas debido á excentricidade do alcalde".

Cal é o principal problema de Ourense?

L.S.: "Agora mesmo é quen goberna e o fai por que o Partido Popular así o quixo. E estamos avisando que o 28 de maio temos que tomar unha decisión transcendental: ou elexir entre a rexeneración política, a diginidade

e a decencia; ou a corrupción e o nepotismo que levan instalados neste concello e provincia durante máis de 40 anos".

Cal será a medida estrela do BNG no vindeiro mandato?

L.S.: "Temos un proxecto transformador, polo que non hai unha medida estrela específica por si. Pero se tivera que escoller algunha, esa sería a recuperación integral de toda a zona que vai desde a praza de Abastos ata a Muiñeira.

Este sería un proxecto espectacular xa que falamos da zona cero da cidade e atoparse cunha praza de Abastos aberta, un Rianxo recuperado, un xardín termal no antigo xardín das Burgas e unha antiga cárcere convertida nun edificio multifuncional mudarían a imaxe da cidade".

Que propostas presentan en dinamización económica?

L.S.: "Apostamos polos nosos sectores produtivos, polo comercio local

ELECCIÓNS 28M / OURENSE

que permite recuperar e humanizar as cidades ademais de ser un elemento de dinamización económica de primeira magnitude. E falamos tamén de cuestións como o termalismo, pero non só como favorecedor de saúde senón tamén como xerador de riqueza. Tamén falamos de cultura e deporte como productores de riqueza. E falamos ademais de poñer en valor as prazas de Abastos a través do proxecto "Come Ourense", que un proxecto da recuperación da super-

ficie agraria que hai arredor da cidade e por tanto, un proxecto fornecedor de alimentos de calidade e de "Km 0" das prazas de Abastos da Ponte e da Burga, que teñen que ser vertores de dinamismo económico".

Toca falar de pactos. BNG-PSOE era o pacto natural, pero parece que os socialistas queren achegarse ao PP.

L.S.: "Non vou valorar o que faga o PSOE. Si que temos un pacto coas veciñas e veciños. Non

nos gusta falar de pactos sin que antes se celebren as eleccións xa que é un insulto á intelixencia das persoas, pero desde logo teñen que ter claro que o que dependa do Bloque Nacionalista, nin Partido Popular nin Democracia Ourensana (que son as dúas caras dunha mesma moeda) van gobernar no vindeiro mandato. Nós aspiramos a liderar o futuro goberno de Ourense, a ter un alcalde do BNG e por iso estamos pondo todos os nosos esforzos de aquí ao día 28 de maio".

5 Barrios 25 de maio 2023
Luis Seara, BNG.

6 Barrios 25 de maio 2023

ELECCIÓNS 28M / OURENSE

R.T.

Como definiría a situación actual do Concello de Ourense?

Gonzalo Jácome: "Pois con nós, nestes catro anos, foi un concello afortunado por ternos no Goberno por que fixemos o que nunca se fixo en catro anos e dous con pandemia. Está sendo impresionantes os avances que estamos levando a cabo".

Cal podería ser o principal problema que ten o Concello?

G.J.: "O principal obviamente é a burocracia, pero é unha cousa que estamos solventando. A burocracia é durísima nun concello oxidado que o estamos a desoxidar".

Cal sería a medida estrela para o vindeiro mandato?

G.J.: "Hai moitas medidas estrela, pero unha das máis destacadas son as 15 actuacións de mobilidade vertical de ramplas mecánicas, ascensores e escaleira que se montarán en todos os barrios de Ourense: desde Rampa de Sás ata A Cuña. Tamén

queremos recordar outra medida para o vindeiro mandato como son os novos autobuses con novas liñas e de gratuíto".

Algunha medida de dinamización económica?

G.J.: "Os concellos non teñen gran capacidade para medidas deste tipo, primeiro por orzamente e segundo por que a lei limítache competencias. Pero nós temos un proxecto que gañamos, quedando os primeiros de toda España e que unha subvención europea na que competían 300 concellos e quedamos os primeiros. Trátase dun "marketplace" que imos facer e que é a continuación do bono comercio, ademais dun proxecto orixinal noso".

Temos que falar, como non, de pactos.

G.J.: "O pacto está moi claro. Primeiro loitaremos pola maioría absoluta, pero se temos que sentarnos a negociar, eu estou disposto a pactar co diaño se con iso consigo o ceo para Ourense".

GONZALO PÉREZ JÁCOME, ALCALDE Y CANDIDATO DE DO EN OURENSE
"Das máis destacadas están as 15 actuacións de mobilidade vertical"
Gonzalo Pérez Jácome, DO.

ELECCIÓNS 28M / OURENSE

7 Barrios 25 de maio 2023

ELECCIÓNS 28M / OURENSE

SITO DE VALLE, CANDIDATO DE CONTIGO EN OURENSE

R.T.

R.T.

Como definiría a situación actual do Concello?

Sito del Valle: "Inaceptable durante, polo menos,os últimos 30 anos. Temos uns recursos espectaculares tanto a nivel de cidade como de provincia e non se está a facer absolutamente nada.

Ademais, imos seguir sendo unha cidade de tránsito; agora parece que as fins de semana hai moita afluencia de visitantes polo tirón do AVE pero cando rematen as vías a Santiago, A Coruña e Vigo que pasará? van quedar? non".

Cal cres que pode ser o principal problema de Ourense?

S.V.: "Agora e sempre a desidia. Para moitas cousas hai cartos a nivel estatal, da Xunta e de Europa. En moitas ocasións pídenche un proxecto e nen se quera se presenta ou se presentan mal pola desidia dos políticos".

Cal sería a medida estrela do seu partido? E as de dinamización económica?

S.V.: "Teños tres piares nos que basamos o noso proxecto de cidade: termalismo, industria e cultura. O principal motor económico será o termalismo cun plan ambicioso

que englobaría a outros concellos. Seguindo co termalismo eu pecharías as termas para que sexan fonte de ingresos, aínda que crearía un carné do cidadá para que aos veciños de Ourense lles saia gratis entrar nelas. Acondicionaría un aparcadoiro de autocaravanas pagando a súa cota diaria. Con eses cartos que recadaría o Concello eu rebaixaría as cargas fiscais como pode ser o IBI o imposto de circulación, etc.".

Para rematar toca falar de pactos.

S.V.: "Non me gusta falar tanto de pactos, unha coalición o vería complicado, como si de acordos puntuais. Se o 28 de maio fóramos chave do Goberno teríamos que falar e negociar moito. Pero penso que se pacto estoume vendendo a un dos grandes (PP, PSOE e DO). Os dous primeiros obedecen a siglas e intereses políticos, e a min encántame a liberdade. Pactar pode condicionarche xa que cederán eles nalgunhas cousas e tería que ceder eu en moitas delas. E se non, pois faría unha oposición construtiva, xa que o que pretendo e ser un home bo para a cidade e os cidadáns”.

Como definiría a situación actual no Concello de Ourense?

José Troncoso: "Desde fai décadas está absolutamente decadente. É curioso que tres destos alcaldes destes 30 anos, se presenten como cabezas de listas (DO, PP e PSOE). Ourense precisa un cambio radical e VOX preséntase con esa intención".

Cal sería o principal problema de Ourense?

J.T.: "O principal é a falta de mocidade. Teñen que marchar a outras cidades de Galicia caso de Santiago, Pontevedra e A Coruña ou mesmo fóra de Galicia. Esa é única opción para ter un traballo digno, ter unha familia e ter fillos; aquí ter unha familia e realmente difícil por que es que, ademais, non teñen acceso á vivenda. Remediar esto non é tan complicado, debemos poñer as condicións para que empresas privadas poidan vir a Ourense e xeneren postos de traballo. A inversión privada trae riqueza como aconteceu, por exemplo, en Arteixo (A Coruña) onde se instalou Inditex realizando unha inversión moi forte e creando postos de traballo ben remunerados".

Cal sería a medida estrela do seu partido?

J.T.: "Unha medida moi importante é atender ás familias. Os españois, en xeral, consideran á familia como a institución máis importante, porén as administracións non a apoian e canto máis numerosa é, peor.

Aquí temos dúas medidas que son: axudas directas para nacementos e adopcións, e axudas diretas a un dos dous cónxuxes que queira adicarse ao coidado dos seus fillos

e deixar o seu traballo temporalmente. Daremos unha axuda que se corresponda co que perde por deixar o traballo".

Algunha proposta en dinamización económica?

J.T.: "Poremos as condicións para que chegue inversión privada. Debemos recurtar a burocracia asfixiante existente no Concello. Se a unha emprese se lle pon problemas busca outro lugar e marcha. Se se simplifica esta burocracia seguro que as empresas chegarán con moita máis facilidade. E tamén temos que buscar unha rebaixa de impostos; en España son polo xeral asfixiantes e dos

máis altos de Europa”.

Toca falar de pactos

J.T.: "VOX non pacta

coa esquerda -queren destruir a sociedade occidental facendo outra sociedade coas súas teoría de xénero, LGTBI, etc.- baixo ningún concepto. E tampouco pactamos nunca con seperatistas ou independentistas. Cos demais, estamos abertos a que se o noso programa e o deles coincide e nos precisan para gobernar ou nós a eles, sentarémonos a negociar tralas eleccións do 28 de maio".

8 Barrios 25 de maio 2023
JOSÉ F. TRONCOSO CASARES, CANDIDATO DE VOX EN OURENSE "Poremos as condicións para que chegue a Ourense inversión privada"
"Non me gusta falar tanto de pactos como de acordos puntuais"
Sito del Valle, Contigo Ourense.

JOSÉ MANUEL GÓMEZ SÁNCHEZ, CANDIDATO DE C´S EN OURENSE

R.T.

Como definiría a situación do Concello?

José M. Gómez: "Sobre todo nos últimos catro anos é unha situación anomala dentro do Concello desde que comezou a democracia; pelexas, líos, moi mal xestionado o Concello. E sobre todo, a corporación non pode ter esa falta de educación, de respecto xa que ao fin e ao cabo están postos aí polos veciños".

Cal pode ser o principal problema de Ourense?

J.M.G.: "O principal que temos é o alcalde destes catro anos, aínda que non é o culpable ao 100% xa que o colocou aí o Partido Popular. Os dous teñen a culpa destes catro anos".

Cal sería a medida estrela do seu partido?

J.M.G.: "O plan de cidade pasa por aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que por moito que diga o candidato do PP que fixo moito, tanto que fixo, pois estamos cun plan de 1986 cando el foi alcalde durante 12 anos. E aprobou un que foi un auténtico pelotazo que se lle caeu co Goberno do PSOE. O que esclarece que non saben chegar a acordos entre eles dous, cousa que en Cidadáns sabemos colaborar, ter consenso e chegaremos a acordos sobre todo para aprobar na maior brevidade posible, xa que

MARÍA DE MAR FERNÁNDEZ DIBUJA, CANDIDATA DE CCD EN OURENSE

"Estamos abertos ao que beneficie á cidade"

sera o que nos traia investimento e facer cousas na cidade".

E propostas sobre dinamización económica?

J.M.G.: "Na cidade hai unha parálise total, vai a menos a cidade. O comercio pechan cada vez máis establecementos, polo que , onde todos os propietarios que teñan os seus locais nesa bolsa e reduzan os seus alugueres, poidan beneficiarse en cousas como o IBI, o lixo. Procuraremos incentivar aos emprendedores o xente que se quede sen traballo e queiran montar o seu negocio".

A que pactos chegaríades tralo 28M?

J.M.G.: "Dando por feito que non haberá maiorías absolutas, a partir do 28 de maio o saberemos. O que está claro é que votar a PP é votar a Jácome e votar a Jácome é votar a PP. Debemos mirar o que fará cada partido coa cidade. Pero estamos na tesitura de que temos liñas vermellas de candidatos que teñan problemas coa xustiza e hai dous candidatos que estiveron imputados e un terceiro que pode chegar a ter problemas. Ese é o maior handicap de Cidadáns para pactar con algún deles, e somos conscientes de que un dos tres será o próximo alcalde nos vindeiros catro anos".

Como definiría a situación actual do Concello?

María Dibuja: "A esperada, non sei por que a xente bota a man á cabeza agora cando o sabían fai tres anos e permitiron que nos acosase un presunto delincuente. O sabía todo, o que escoito é moi familiar para min".

Cal é principal problema do Concello?

M.D.: "O Concello ten moitos problemas que evidentemente se poden solucionar. Porén, a día de hoxe o principal problema do Concello é Gonzalo Pérez Jácome".

Cal sería a medida estrela do seu partido?

M.D.: "A medida estrela do meu partido é un modelo de cidade. Antes de emprender nada temos que saber que cidade queremos. Cada cidade debe ver o que ten para explotala. Vemos cidades como Benidorm que o están facendo moi ben porque explotaron a súa beleza, o seu mar. Nós queremos un modelo de cidade pensado para a terceira idade, porque son moitas as persoas maiores que, dende os 65 anos, están en pleno poder das súas facultades, en pleno poder de liberdade e esa é a vida que aquí queremos dar. Obviamen-

te solucionar o termalismo que vemos como se está; solucionar todo o casco vello; solucionar os barrios; solucionar o rural onde parece que non chega o Concello de Ourense. Buscamos un modelo de cidade para a terceira idade que nos levaría a unha serie de postos de traballo para os mozos. Aproveitemos o que temos que é o noso modelo de cidade".

Algo máis sobre dinamización económica?

M.D.: "O dito. A dinamización económica en nós comeza en que estamos a apenas dúas horas de Madrid. Temos un termalismo do que ninguén dubida. Temos unha gastronomía excepcional e temos un barrio vello que é unha verdadeira marabilla. Así que de aí parte o noso modelo de cidade, estamos seguros de que teñen que vir os maiores e a mocidade pola súa propia inercia, e creo que faríamos unha moi boa cidade porque hai moi boa xente e moi boas materias primas".

Parece que non haberá maiorías absolutas, por onde pasarían os pactos de CCD?

M.D.: "Estamos abertos ao que beneficie á cidade, e por suposto denunciaremos calquera irregularidade".

R.T.

Como definiría a situación actual do Concello?

Toño Naval: "Unha situación caótica. Calqueira adxectivo negativo podería calificada nos últimos catro anos, pero agora máis que nunca. A nivel político é un desleixo; a persoa que está a cargo da institución demostra que é un corrupto, unha persoa que non cumple as medidas da súa candidatura. Criticou o caciquismo e cando ten o bastón do mando cambia a actitude; falaba de transparencia e non a cumpriu".

Cal é principal problema de Ourense?

T.N.: Por suposto Jácome, pero coa conivencia do PP. Tiveron catro anos para saber como era este home porén non foron capaces de realizar unha moción de censura. Non sabería dicir se este home ten algo positivo".

Cal sería a medida estrela do seu partido?

T.N.: "As nosas medidas engloban a toda a cidadanía pero as que nos poden diferenciar penso que é un Ourense saudable. Levamos unha proposta que é a saúde mental, a cidade é a segunda de España na que a mocidade ten máis problemas psicolóxicos. Así que nos comprometeríamos a colaborar con Sa-

nidade para que os mozos teñan atención psicolóxica. Outra medida sería recuperar a casa de asistencia ás mulleres maltratadas: Outras medidas van enfocadas hacia un Ourense verde e saudable. Tamén nos comprometemos a publicar todos os contratos menores que realice o Concello. Outra medida é a participación cidadá, a xente non pode participar cada catro anos, senón que ten que integrarse nos plans de cidade, colaborar todo o ano e en todos os ámbitos. Estamos a traballar nunha aplicación onde a xente participe, de forma activa, na política de Ourense".

Algunha medida en dinamización económica?

T.N.: "Ourense é unha cidade de comercio e non temos un plan empresarial polo que é preciso aprobar un plan de urbanismo para, entre outras cousas, adicar un espazo para que os empresarios poidan investir en Ourense. Levamos medidas para facer que o rural se dinamice, para recuperar os espazos da praza de Abastos".

Toca falar de pactos, a cales chegaríades?

T.N.: "Sempre pactos de esquerda. Somos seis partidos: dous ecoloxistas e catro de esquerda e non estamos dispostos a pactar con ningún partidos de esquerda; por suposto nin con DO, nin con PP nin con Cidadáns".

9 Barrios 25 de maio 2023 ELECCIÓNS 28M / OURENSE
María Dibuja, CCD.
"Queremos aprobar unha bolsa de aluguer bonificada"
José M. Gómez, Cidadáns. R.T. ANTONIO JOSÉ NAVAL CALVIÑO, CANDIDATO DE AGORA OURENSE
"Unha das nosas medidas será un Ourense saudable"
Toño Naval, Agora Ourense.

R.T.

Como definiría a situación actual do Concello?

Sarín Núñez: "É unha situación continuísta con respecto al mandato do 1519. O goberno do PSOE segue amortizando eses proxectos que se levaron a cabo no mandato anterior e agora ten que chegar un cambio de rumbo para encarar un futuro de maior progreso e benestar para a cidadanía".

Cal é o principal problema do Concello?

S.N.: "Unha das cuestións máis importantes son os servizos públicos de calidade que en moitos casos non temos. Necesitamos un Centro de Día para os maiores, unha piscina climatizada, máis prazas na escola infantil -nacen ao anos uns 70 meniños e ofertamos 16 prazas de 0 a 1 ano-. E un instituto de ensinanza secundaria".

Cal sería a medida estrela do BNG?

S.N.: "A nosa vertebra sobre os condicionantes citados anteriormente.

Ademais, outra proposta importante para nós sería transformar o Centro de Saúde de Barbadás

ELECCIÓNS 28M / BARBADÁS

posición das empresas e poder xerar emprego. Ímos necesitar máis tempo para por as nosas políticas en xogo e por a funcionar Barbadás de novo que é o máis importante".

M.Rejo

Como definirías a situación actual no concello de Barbadás?

María Consuelo Vispo (C.V.): "Despois de oito anos de goberno socialista é un caos. Desidia, todo está manga por hombro e agora nestes 15 días queren facer o que en oito anos non fixeron".

Cal é o principal problema que detectas actualmente no concello de Barbadás?

que están agora que habería que melloralas, senon noutra parte do concello. Para rematar outra medida estrela sería un novo servizo de conciliación familiar nos colexios chamado "Boas Tardes Cole"".

Que propostas presentades no voso programa para a dinamización económica do concello de Barbadás?

Dependendo dos resultados electorais, estarías aberto a pactos con outras formacións?

C.V.: "Aquí en Barbadás presentanse seis grupos políticos e as maiorias absolutas tanto na dereira coma na esquerda son case

imposibles. O normal é que a esquerda se xunte para que nós non entremos a gobernar. Para a posibilidade dun pacto con outra forza sempre temos as portas abertas. Estamos oíndo na rúa que a xente demanda un cambio e vamos intentar sacar o número máximo de concelleiros posibles e vendo a canto quedamos desa maioría absoluta, senon a conseguimos que pode ser, pois miraríamos as posibilidades dalgún pacto".

nun Centro de Atención Continuada que abranga as concello colindantes -San Cibrao e Toénatendento a un total de 20.000 habitantes e nutríndoo de máis profesionais para que atendan no centro durante os 365 día do ano. Daríase una atención precisa e necesaria".

Algunha medida de dinamización económica?

S.N.: "Temos que crear algún tipo de plataforma dun centro comercial aberto que permita a instalación dese pequeno comercio, querendo que se nutra fundamentalmente da Valenzá. No que ese sector do pequeno comercio puidera instalarse para dinamizalo e polo en valor, sendo tamén é fundamental na economía local".

Se falamos de pactos, por onde pasarían os do BNG?

S.N.: "Os pactos dependerán dos resultados do 28M. Será a cidadanía a que poña a cada un no seu sitio. Nós sempre favorecimos, e o imos seguir facendo, gobernos de progreso para beneficio da maioría social de Barbadás".

C.V.: "O principal problema problema é que non souberon manter o que no 2015 o Partido Popular deixou despois de 28 anos de goberno. Se realmente entramos o 28 de maio teremos que recuperar o que en oito anos non fixeron. Todos os pobos están levantados, as rúas, as escolas deportivas están de capa caída, eramos un referente no tema deportivo a agora mesmo xa non o somos. Tamén temos que recuperar a escola de música que está moi deixada, igual que todos os temas culturais. Todo o tema de obras e infraestruturas novas que non tivemos en oito anos. Nos tempos que temos hoxe en día Barbadás merece unhas instalacións deportivas axeitadas. Tamén un Auditorio e outras máis infraestruturas que nos traeremos".

Cal sería a medida estrela do seu partido no próximo mandato?

C.V.: "Sería recuperar o tempo e eses oito anos de desgoberno. Volver a por a política do Partido Popular a funcionar e recuperar todo o que no ano 2015 lle deixamos. O que si necesitamos é un Auditorio e unhas instalacións deportivas axeitadas á poboación que temos, unhas novas piscinas, non as

C.V.: "Desde fai anos o PXOM está gardado nun caixón e non foron capaces de aprobalo e polo a funcionar e o que temos nós en mente o Partido Popular é sacar adiante ese PXOUM e así poder por solo a dis-

10 Barrios 25 de maio 2023
MARÍA CONSUELO VISPO SEARA, CANDIDATA DO PP EN BARBADÁS
"Desde fai anos o PXOM está gardado nun caixón"
Chelo Vispo, PP.
SERAFÍN "SARÍN" NÚÑEZ PÉREZ, CANDIDATO DO BNG EN BARBADÁS
"Queremos convertir o centro de saúde nun Centro de Atención Continuada"
Saarín Núñez, BNG.

R.T.

Como definiría a situación actual do concello?

Daniel Rey: "Ten carencias de grandes servizos que sempre foron prometidos como o insituto -reivindicación de décadasque nin tan sequera foron cedidos os terreos á Xunta. Ademais, as infraestruturas deportivas como a piscina que xa está obsoleta e dun tamaño irrisorio para a poboación que temos".

Cal cres que pode ser o principal problema de Barbadás?

D.R.: "Temos unha carencia de recursos económicos. Se comparamos con concellos do mesmo tamaño temos un orzamento municipal moito máis baixo. Para isto debemos modificar varia cousas como, por exemplo, o plan de urbanismo para que dote de chan comercial para que as empresas poidan instalarse e así poder xerar riqueza no municipio. No eido do tecido produtivo queremos darlle un pulo para que sexa o motor do concello".

Cal sería a medida estrela de DO?

D.R.: "Maís que estrela sería urxente. Hai un agra-

vio comparativo entre A Valenzá e as parroquias do Concello que están desatendidos, polo que o primeiro sería atender esas necesidade en canto a infraestruturas e limpeza dos pobos. E non podemos esquecernos da conciliación familiar, que son escasos e a xente o reivindica".

Algunha medida de dinamización económica?

D.R.: "O noso programa leva a colaboración económica da empresa privada. Como o Concello carece de recursos suficientes falaríamos con empresas interesadas en investir. Ademais, o dito antes, un polígono industrial sería moi importante".

Fáleme de posibles pactos.

D.R.: "Non nos pechamos a pactos de ningún tipo. Chegado o momento chegaríamos aos que, chegado o momento, estiveran encamiñados ao cumprimento da maior parte do noso programa. Aquel partido que considere que pode co gobernar con nós, debería cumprilo; senón, non comezamos a negociar".

ELECCIÓNS 28M / BARBADÁS

ENTREVISTA A JOSÉ MIGUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ, CANDIDATO DE VOX EN BARBADAS

M.Rejo

Como definiría a situación actual no concello de Barbadás?

José Miguel López (J.M.L.): “A definiría dun total abandono. Abandono dos pobos e de todo o que non sexa A Valenzá. Os veciños están completamente desilusionados. Están en contra do goberno que ten actualmente o concello".

Cal é o principal problema que detectas actualmente no concello?

J.M.L.: "A falla de humanidade, de atención ao público. Agora co tema das novas tecnoloxías chamas por teléfono e sáeche unha maquiniña, esto xa é a nivel global e en todas as administracións, pero non nun concello onde o trato ten que ser máis preto coas persoas. Unha parella de anciáns que nunca viron un ordenador por desgraza e porque ninguén se preocupou de ensinalos o que deberían facer é atendelos en persoa e solucionarlle os problemas. Deben dar unha atención pronta e eficiente, entrar cun problema e saír co problema solucionado".

Cal sería a medida estrela do seu partido neste próximo mandato?

J.M.L.: "Sería rebaixar os impostos, sobre todo aos comerciantes, deixalos no mínimo legal permitido. Porque se afogamos ao pequeno comercio e os autónomos non van crear postos de traballo e é máis, algún acabará baixando a persiana. Asfixianos dende o Goberno central, desde as autonomías... Nós, como goberno cercano e próximo no concello debemos tender a man e axudalos".

Que propostas pre-

sentades no voso programa para a dinamización económica?

J.M.L.: "Estamos na busca dun terreo que sexa urbanizable para crear un polígono industrial. Necesitamos empresas que é o que máis emprego e economía xera nun concello. Ter boas empresas, boas infraestruturas, que sexan un reclamo para as empresas que se queiran asentar no Concello de Barbadás. Para a ubicación dependemos do PXOM, plan ao que eu non tiven acceso. Ata que chegue ao goberno non poderei mirar estas cousas, porque a información é moi escueta".

Dependendo dos resultados electorais, estaría aberto a pactos con outras formacións?

J.M.L.: "Podería chegar

a un acordo cos que son máis afíns as nosas ideas sempre e cando haxa un troco de propostas e se acepten. Todo o que propomos é para cumplilo, non nos valen as medias tintas. Pactaremos con quen se nos ofreza pero dentro das nosas propostas. Non obstante, tamén atenderíamos as deles, é un toma e daca, unha negociación pura e dura. O que si digo e que con socialistas e nacionalistas, coa esquerda en xeral, non pactaría, seguro".

11 Barrios 25 de maio 2023
"Podería chegar a un acordo cos que son máis afíns as nosas ideas"
José Miguel López, VOX. DANIEL REY LÓPEZ, CANDIDATO DE DO EN BARBADÁS
"Hai un agravio comparativo entre A Valenzá e as parroquias"
Daniel Rey, DO.

ELECCIÓNS 28M / BARBADÁS

RAMÓN PADRÓN CALVIÑO, CANDIDATO DO PG EN BARBADÁS

nos daría o

Como definiría a situación actual no concello de Barbadás?

Ramón Padrón (R.P): "Estamos nun concello con 7 millóns de orzamento pero con 12.000 habitantes. O Pereiro e Allariz coa metade de habitantes teñen o mesmo orzamento. En cambio, O Barco, Verín e Carballiño cos nosos mesmos número de habitantes teñen 10 millóns. Tiñamos que chegar como mínimo a 9 millóns para dar mellores servizos e conseguir unhas infraestruturas como unha nova piscina ou un auditorio. Necesitamos unha nova gardería infantil porque moitos nenos están indo a gardería de Toén. Tamén necesitamos o bus metropolitano. Piñor que ten 2000 habitantes, como Toén, cun hospital e un xeriátrico non ten un servizo de bus como, por exemplo ten Palmés. Todo isto é polo que imos traballar. A Barbadás só lle quedan 300.000 euros libres cada ano para inversión”.

Cal é o principal problema que detectas no concello de Barbadás?

M.C.V.: "O dito anteriormente. Necesitamos a mobilidade que nos daría o transporte metropolitano igual que as infraestruturas que necesita un concello que ten un 30% de xente xoven, menor de 18 años. Modernizar e ampliar as infraestruturas obsoletas que hemos. Aquí quero parar e dicir que a Deputación polo sistema que ten montado en Ourense danos 400.000 euros menos que si estiveramos en Lugo ou A Coruña. E o alcalde debería ir a reclamalos. En oito anos son 3.200.000 euros que nos faltan, é unha realidade, ao señor xefe de intervención da Deputación pódeselle preguntar”.

Cal sería a medida estrela do seu partido neste

próximo mandato?

R.P.: "Sería ir a petar todos os días a Deputación para conseguir eses cartos. Despois reformar o Plan de Urbanismo para dar solo para esas infraestruturas que non temos. Tras oito anos o que conseguiu o PSOE é un posto da Garda Civil que supuestamente van nuns baixos enfronte do centro de saúde que son dun particular. Agora, por exemplo, ven a Xunta e di que nos dá os cartos para unha gardería e non temos chan para darllo. Cando fixeron o PXOM non deixaron solo para infraestruturas ningunha, pensaron que xa chegaba pero medrou moito”.

Que propostas presentades para a dinamización económica do concello de Barbadás?

R.P.: "A reforma do Plan de Urbanismo para dar chan as infraestruturas que xa dixen que necesitamos e a maiores dotaríamos dunha área comercial onde as empresas que queran medrar teñan onde facelo. Eu mesmo no seu día quixen medrar, fixen a solicitude no ano 2000 e nada. Pode ser que algunha empresa se quera instalar en Ourense e polos accesos á autovía se instale aquí. Cantas máis empresas se instalen máis podemos ingresar. Temos que subir como sexa deses sete millóns aos nove de

orzamento. Esto hai que facelo desde o primeiro día. Esta medida a levan todos os partidos no seu programa pero, por qué non o fan xa?".

Dependendo dos resultados electorais, estarías aberto a pactos con outras formacións?

M.C.V.: "O domingo vótase e formase unha corporación que é onde de verdade se elixe ao alcalde. Nós non estamos ao ditado de ningún partido. Os grandes partidos primeiro traballan para eles e despois para o cidadán. Fai catro anos apoiamos que houbera un cambio en Barbadás porque a veciñanza así o reclamaba. Cando houbo que aprobar uns orzamentos fixemolo aínda que non estiveramos dacordo de todo pero para que avanzara o concello. Traballaremos para que haxa un goberno forte sexa quen sexa o alcalde. Se gañamos nós aplicaremos o noso programa pero se é outro pediremos que traballe con dedicación exclusiva para o concello. Este ano presentase VOX e como renega das autonomía, todo o contrario a nosa ideoloxía, non pactaríamos. Co resto de partidos estamos abertos sempre e cando non estean en contra do que defendemos”.

R.T.

Como definiría a situación actual do Concello?

Xosé Valcárcel: "Estamos nuhna taxa de paro inferior ao 7%, moi baixa en relación á provincia, a Galicia e a España. Vivimos nun sitio que temos as taxas e os tipos impositivos máis baixos de Galicia por que están -no IBI e Imposto de Circulación- nos máis baixos que permite a lei; ademais baixamos os valores catastrais dos inmobles. En servizos sociais estamos a realizar un gran traballo no Centro de Información á Muller (CIM) atendendo a 70 persoas en colaboración co Concello de Taboadela. En seguridade traballamos para traer un posto da Garda Civil. En emprendemento facemos cursos de formación e acabamos de poñer en marcha a aula mentor -que só hai catro en toda a provincia- nos que se realizan cursos homologados polo Ministerio de Educación en temas de sanidade, hostalaría, comercio, informática, etc.

Pero, para poder prestar determinados servizos debemos ter financiamento, e iso pasa pola colaboración da Deputación e neste caso e entidade provincial entrega diñeiro arbitrariamente don criterios subxectivos. Así que reclamamos un plan de financiamento único que trate por igual a todos os concellos. A nivel educativo, fáltanos un instituto. O señor Feijoo -anterior presidente da Xuntadíxonos que non era viable ao ter un instituto a dous quilómetros".

Cal podería ser o

maior problema do concello?

X.V.: "Temos a 400 persoas que son atendidas desde o Banco Solidario. Outro problema é dotar ao concello de infraestruturas debido ao crecemento poboacional: hai que ampliar o polideportivo e temos un proxecto dun millón de euros de orzamento presentado na Deputación e Xunta para entrar no Plan Marco de Instalacións Deportivas. E temos que traballar aínda máis no asfaltado e recuperación de diversas rúas; temos un problema coa rehabilitación dos Cascos Antigos nos rurais, apostamos pola creación dunha oficina de rehabilitación e asesoramento"

Algunha proposta sobre dinamización económica?

X.V.: "Traballamos na posta en marcha dun polígono industrial e comercial, que estaría entre Sobrado, Bentraces, Pontón e Barbadás de 55 hectáreas e en colaboración coa Zona Franca de Vigo. E seguiremos mantendo os eventos polos que apostamos

no seu momento como o "Barbadás a bocados", o "Barbadás outlet"; apostar por todas as campañas que nos propoñan desde o sector do comercio. Tamén quero salientar que temos uns viveiros empresariais nos que se instalan a moi baixo custe as empresas que queiran instalarse aquí e que teñan unha continuidade. Ademais, temos axudas para novos emprendedores que ascenden a 2.000 euros anuais".

Sen maiorías no horizonte do 28M toca falar de pactos.

X.V.: "Non imos pactar con partidos de dereita que descoñecen a palabra obreiro. Partidos que se opoñen sistematicamente a consolidar as pensións, que consideran que non hai que loitar pola igualdade e non consideran a violencia de xénero como un problema, que non cren importante subir o salario mínimo. Dito isto, levamos catro anos en minoría e logramos, mediante acordos con outros partidos, sacar adiante os orzamentos e o remanente de tesoureiría".

12 Barrios 25 de maio 2023
XOSÉ C. VALCÁRCEL DOVAL, CANDIDATO DO PSOE EN BARBADÁS
"Estamos nuhna taxa de paro inferior ao 7%, moi baixa en relación á provincia, a Galicia e a España"
Xosé Carlos Valcárcel, PSOE. M.Rejo
"Necesitamos a mobilidade que
transporte metropolitano"
Ramón Padrón, PG.

ELECCIÓNS 28M / BARBADÁS

13 Barrios 25 de maio 2023
14 Barrios 25 de maio 2023 PUBLICIDADE

OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 685 969 546. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco

Nº185 - Ano: XVI - 25 de maio de 2023 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.

Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190.

Festa do Peixe en Bande

Redacción

Bande celebra os días 2, 3 e 4 de xuño a 52ª Festa do Peixe. Despois da resaca das eleccións que mellor maneira de recuperarse que unha boa festa.

A programación deste ano conta, ademais do campionato de pesca, con música, deporte, stands gastronómicos, exhibi-

cións de patinaxe e o Mercado do Xurés.

Actividades

O venres 2 arrancará a festa con actuacións musicais e unha degustación gastronómica. O sábado, día 3, o programa comeza pola mañá con pasarrúas e unha masterclass de “freestyle”, seguindo pola tarde cun espectáculo infantil, e a entrega de premios e trofeos de diversos concursos e campionatos.

A música, xunto coas degustacións, protagonizan o resto da xornada.

Fin de festa

O domingo concentra dúas das actividades estrela da festa. En primeiro lugar o campionato de pesca, que conta coa colaboración da federación galega. Ademais, a xornada abarcará música, exhibicións de patinaxe e degustacións gastronómicas.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

Alugo piso no Couto. Amoblado e con calefacción. Teléfono 672 089 349.

Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000€. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén refor-

mado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO

Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo coidando maiores. Tel. 641 440 921. Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo limpando. Tel. 641 440 921.

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513.

Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173

Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes.

Tel.: 606 422 543

Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043

561

Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745

611

Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89.

Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358.

VENDAS

Vendo arado de vertedera seminovo, maquinaria agrícola, ferramentas de labranza e utensilios aptos para uso agrícola. Todo en bo estado e a prezo económico. Teléfono: 615 097 515

Vendo garrafóns e botellas de cristal. Tel: 672 089 349. Vendo moble de entrada con cristal. Tel: 672 089 349.

Vendo lámparas de bronce. Tel: 672 089 349. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434.

Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522

Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897.

Vendo Televisión marca Samsung 32 polgadas. Seminova. Prezo: 125 euros. Tlf.: 666 303 635 (tamén atendo WhatsApp

15 Barrios 25 de maio 2023
Barrios 25 de maio 2023

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.