13 minute read

000 euros, a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido

6 Barrios 29 de setembro 2021

EN BREVE

Advertisement

4 Envellecemento activo

O Concello programa, a partir de novembro, máis de 60 cursos dos programas de Persoas Adultas (+18), nos Centros Cívicos, e o de Envellecemento Activo (+60), nos espazos municipais e outras instalacións. A oferta lúdica e formativa pode consultarse en web www. ssociaiscursos.com.

As inscricións deberá facerse online até o 25 de outubro ás 24 horas; ou no Centro Cívico Colón (rúa Colón, 18) de 9 a 13h.

4 Irmandade

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o seu homólogo en Santa Rosa del Cabal (Colombia), Rodrigo Toro, anunciaron a futura irmandade entre as dúas localidades para intercambiar coñecemento sobre termalismo, viño e café.

4 Entroidos da provincia

O desfile de Entroidos da Provincia, previsto polo concello para o 31 de outubro, cancélase. Si que se celebran as escenificacións da Santa Compaña, e actores de terror, no casco antigo na noite de Todos os Santos.

4 AVV As Termas

A praza 200, situada nas vivendas sociais xunto a antiga estación de autobuses, acollerá ata o 31 de outubro a exposición sobre a Xeración Nós.

O OUFF encara a recta final

4 Este venres chega a gala de clausura coa proxeción de "Live is life".

Redacción

Premios, proxeccións, actividades parelelas, recoñecementos... máis premios, máis proxeccións, máis actividades parelelas. Así de rápido está a discorrer a 26ª edición do Ourense Film Festival 2021, que deu comezo o pasado 24 de setembro coa gala inaugural -na que se puido ver a estrea mundial da película “Malencolía”- e remata en dous actos: este venres, 1 de outubro, coa gala de clausura, entrega de premios ás melloras obras das seccións oficiais, e o sábado, 2 de outubro, coa gala de curtas e Fas Muvis.

Durante a gala de clausura, no Auditorio, ademais de recoñecer as mellores obras tamén se poderá visionar a película “Live is life”. Na gala de curtas e Fas Muvis, que terá lugar no Teatro Principal proxectarase “Escribir o imposible”, da sección Cine e Literatura.

Son 10 longametraxes e 15 curtas os que tentarán facerse coas estatuillas desta edición que fai unha aposta pola calidade das obras.

Entre todas as seccións (oficiais, inédito en Ourense, panorama Galicia, Ciclo Xacobeo, e incluso Ainhoa Rodríguez foi premiada co Eduardo Barreiros.

o primeiro capítulo, en primicia, dunha serie de televisión) o afeccionado ao cine pode ver nestes días máis de 60 obras.

Eduardo Barreiros

Un dos premios máis destacados do festival ourensán é o Premio Eduardo Barreiros, que este ano recaeu na cineasta Ainhoa Rodríguez, pola súa primeira longametraxe de ficción “Destello Bravío”. Ainhoa Rodríguez, asegurou que o premio “é un recoñecemento ó esforzo e á vontade, co mérito de estar concedido a unha película que está nas antípodas do cine comercial. Tómoo sobre todo como un premio ó traballo por sacar adiante este proxecto alternativo”.

O que queda

Ata o final do OUFF 2021 aínda queda moita tela que curtar. Así, por exemplo, este mesmo mércores, o festival recoñece a traxectoria televisiva de José Coronado, ao que lle farán entrega do premio OUFF TV. O xoves, 30 de setembro, no Principal entregarase o Premio Historia Cine Español; o galardón será para o productor e distribuidor de cine Enrique Cerezo (moi coñecido por ser o presidente do Atético de Madrid). O mesmo xoves, no Salón de Plenos da Deputación de Ourense, nomearase a José Luis Cuerda fillo predileto de Ourense. Ademais, o sábado 2 de outubro, descubrirase unha placa conmemorativa do centenario de Fernando Fernán Gómez. O acto terá lugar en Allariz.

Para rematar, o domingo 3 de outubro, o Principal acollerá a proxección das películas premiadas.

A eficiencia enerxética pasa polos tres hospitais de Ourense

4 Cun programa piloto.

Redacción

O tres hospitais da provincia serán os únicos de España en formar parte dun plan piloto para a adaptación das infraestruturas sanitarias ao cambio climático. Life Resystal é o nome do devandito programa europeo no que os hospitais de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras van participar no próximos catro anos creando unha maior eficiencia enerxética e sustentabilidade.

Para chegar a ese obxectivo de adaptación total ás consecuencias do cambio climático, o proxecto idea catro alicerces que son o asentamento de bases dunha rede europea para adaptar climáticamente o sector sanitario; proporcionar apoio baseado na evidencia científica sobre as medidas de adaptación a implantar; demostrar a aplicación e os efectos das medidas sobre as infraestruturas sanitarias; e fomentar e promover a resiliencia das sedes sanitarias.

A eficiencia enerxética no marco do cambio climático é unha das metas dun proxecto que está orientado ao medio ambiente e á acción climática con continuación no tempo. O orzamento total do proxecto é de máis de cinco millóns e o Sergas é o socio que máis porá con máis dun millón de euros para levar a cabo un programa onde participan 7 centros dos cales 3 son ourensáns e o resto franceses, coa dirección desde un instituto de Grecia.

Presentación do programa Life Resystal.

ECONOMÍA Barrios 29 de setembro 2021

Con estas axudas pequenas e medianas empresas e os autónomos poderám incorporar as novas tecnoloxías para reforzar a súa actividade.

Axuda para impulsar procesos de dixitalización de pemes e autónomos galegos

4 A Xunta ten aberta a liña de apoios do Cheque dixital.

Redacción

A Xunta de Galicia mantén o seu compromiso con autónomos e pemes galegas a través da promoción da súa transformación tecnolóxica e dixital. Así, o Goberno Galego ten aberto ata o próximo 30 de setembro unha nova edición do programa Cheque Dixital. Trátase dunha iniciativa que se repite tras a boa acollida do ano pasado con motivo da pandemia da covid-19, e que pretende axudar a 1.000 pemes e autónomos galegos na mellora da súa competitividade a través do fomento de distintos proxectos vinculados ao eido da dixitalización.

Reactivación

Estes cheques teñen como obxectivo prioritario a reactivación do tecido empresarial galego a través da transformación tecnolóxica e do impulso aos procesos de dixitalización, apoiando proxectos que promovan a súa adaptación á situación creada pola pandemia sanitaria. Unha transformación que debe chegar a todo o tecido empresarial -desde as grandes ás pequenas empresas- e a todo o territorio, especialmente ao ámbito rural.

Desta volta, a liña suma un orzamento de 4 millóns de euros -cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder)-, cubrindo desde a habilitación de sistemas de control de aforo ou de normas de calidade da covid-19, ata outro tipo de melloras como a aposta por mecanismos de cartelería electrónica, sistemas de notificación en móbil, automatización de procesos regulados, ou a aplicación de solucións de conectividade e incorporación do teletraballo ou relativas á ciberseguridade.

Das solicitudes presentadas até agora (superando as 1.600 peticións a finais de agosto), máis de 300 xa foron resoltas de maneira favorable por unha contía superior a 1,4 millóns de euros.

O obxectivo é que o sector do comercio, as pequenas e medianas empresas e os autónomos poidan incorporar as novas tecnoloxías para reforzar a súa actividade no actual contexto económico, prestando especial atención ao tecido empresarial situado no ámbito rural, á economía social e ao fomento do teletraballo.

Beneficiarios

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva. Poderán aspirar a estes apoios as pequenas empresas e os autónomos do sector servizos, as entidades do tecido asociativo e empresarial galego, e as entidades da economía social que sexan pemes e non estean nos sectores da pesca/acuicultura ou produción primaria.

Os gastos realizados deberán ascender a un mínimo de 1.500 euros, chegando a un máximo de 12.000 euros, e cubrindo a liña ata o 80% do custo dos proxectos, coa posibilidade de obter un anticipo da metade do orzamento. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro.

Novo paso

Deste xeito, o ente autonómico dá un novo paso na súa aposta pola dixitalización do tecido empresarial, que se manifesta nos diferentes programas im-

O Cheque Dixital pretende axudar a 1.000 pemes e autónomos galegos na mellora da súa competitividade. pulsados, como as axudas e talleres á dixitalización Industria 4.0 (7,4 millóns de euros) ou o Galicia Exporta Dixital (6 millóns de euros) e que tan boa acollida tiveron.

Neste sentido, e no marco do Pacto pola Dixitalización que está a promover o Goberno galego, o ano pasado mobilizáronse preto de 36 millóns de euros entre o tecido empresarial da Comunidade na procura de facer da transformación dixital unha parte moi importante da cultura empresarial galega.

Plan de reactivación económica

Esta liña de apoios forma parte do Plan de reactivación económica que ten en marcha o Goberno galego. O obxectivo é facilitar a recuperación do tecido produtivo e que poida incrementar a súa competitividade, adaptándose ao novo contexto económico derivado da covid-19.

As axudas poden solicitarse ata o próximo 30 de setembro

Os gastos realizados oscilarán entre 1.500 e 12.000 euros, cubrindo este programa ata o 80% do custo dos proxectos

Poderán aspirar a estes apoios as pequenas empresas e os autónomos do sector servizos, as entidades do tecido asociativo e empresarial galego, e as entidades da economía social que sexan pemes e non estean nos sectores da pesca/acuicultura ou produción primaria.

8 Barrios 29 de setembro 2021

Policía Local

Redacción

A Policía Local de Verín suma dous novos vehículos á súa frota. O pasado 9 de xuño do 2021 asinouse coa empresa Grupivazgle SL contrato de subministración por renting destes vehículos por un período total de 5 anos. Cabe destacar que será a primeira vez que a frota local conte cun vehículo híbrido, contribuíndo así a lograr os obxectivos marcados pola Axenda 2030.

Efectivos

A concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez, asegurou que desde o concello precisa máis policías locais. “É por isto que desde o grupo de goberno aprobamos dúas ofertas de emprego público (2019 e 2021) cuxa finalidade é dotar de tres efectivos máis á policía local”.

Segundo explicou Rodríguez, “a día de hoxe”, non é posible sacar ditas prazas xa que os sindicatos CIG e CSIC teñen recorridas ambos a oferta pública do ano 2019, e CIG tamén a correspondente ao ano 2021.

Natación

Redacción

A Piscina Climatizada de Verín abre o prazo de inscrición dos seus cursos de natación. Devandita inscrición realizarase por rigorosa orde de chegada. O alumnado poderá escoller en todos os cursos entre os seguintes días: luns e mércores, martes e xoves, ou só o venres.

Os cursos para nenos e nenas de 3 a 6 años impartiranse en dous horarios diferentes: de 16:15 ata as 17 horas e de 17:30 ata as 18:15 horas, mentres que o horario para os menores a partir de 7 anos será de 18:45 a 19:30 horas.

Tamén se ofertan cursos de adultos e de bebés. Os interesadas en inscribirse ou en ampliar información poden chamar as instalación da piscina climatizada: 988414184. Gala de clausura da sexta edición do Festival de Curtas de Verín.

O FIC premiou aos mellores

4 O público destacou a curta “The Letter Room”.

R.T.

Baixado o telón do Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC Vía XIV) toca a hora de facer balance. Nunha gala de clausura, presentada por Arantxa Treus, premiaron as curtas “A propósito de Lanzarote en general”, de Vincent Trincon, na categoría Outra Mirada; “A propósito de Lanzarote en general”, de Vincent Trincon, gañou na categoría Outra Mirada; “Reality” do lucense David Fidalgo fíxoo en “A Raia”; e a mellor curta na categoría Nova foi para “Forastera” de Lucía Aleñar. O Premio Especial do Público recoñeceu o traballo con selo estadounidense “The Letter Room” de Elvira Lind. Finalmente, o Premio Numax á distribución, que permitirá aos filmes premiados ser exhibidos nesta sala compostelá, foi ex aequo para a cinta mexicana Al motociclista no le cabe la felicidad en el traje, de Gabriel Arrera, e para Elo, unha coprodución franco-portuguesa, de Alexandra Ramires.

Poder transformador

“O FIC Vía XIV xa é un referente que traspasa fronteiras”. Así o asegurou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, no acto de clausura da VI edición do festival de curtas, no que tamén fixo fincapé en que “o festival, ao igual que o Entroido, axuda a situar Verín no mapa”. Gerardo Seoane puxo tamén en valor o poder transformador do cinema en tanto en canto “axuda a conformar o pensamento crítico”.

Pola súa banda, o director do FIC Vía XIV, Carlos Montero, destacou que ao longo de toda a semana a organización do festival afanouse en levar “a maxia do cinema a todos e a todas”. “En tempos de pandemia é máis importante manterse que medrar”, indicou Montero, quen tamén salientou que “este ano o FIC acadou novos fitos salientables coma, por exemplo, o feito de que por vez primeira se puideron seguir as sesións oficiais de xeito online a través da plataforma festhome”.

Datos

O FIC se reinventou pola pandemia, e grazas ao festival híbrido (presencial e online) organizado logrou que 650 persoas seguirano de xeito online. Ademais, un total de 678 persoas acudiron de xeito presencial á proxeccion das curtas a concurso ou ben ás actividades paralelas propostas e unhas 150 acudiron ao concerto de Verto. Tamén foi especialmente populosa a proxección da curta “Capuchóns”, un traballo fóra de concurso concibido polo verinés Íñigo Rolán Taboada, e a preestrea en Galicia do documental “Tierra de leche y miel” de Héctor Domínguez-Viguera, Gonzalo Recio e Carlos Mora.

Sergio Pazos

O festival recoñeceu a traxectoria artística do ourensán Sergio Pazos. Ademais da súa ampla traxectoria nos campos do teatro, do cinema e da televisión, tamén foi distinguido pola súa conexión coa provincia. Durante a homenaxe, Sergio Pazos encandilou co seu humor en forma de monólogos. Tamén se proxectaron algunhas das curtametraxes na que Pazos participou e que son representativas da súa carreira. Desta maneira, o ourensán sucede nesta disitinción ao actor Luis Zahera e a actriz Mabel Rivera.

Sergio Pazos actuando no escenario do FIC.

O FIC rendeulle homenaxe ao actor ourensán Sergio Pazos San Antón e mércores de Cinza, festivos locais

4 O pleno de Verín aproba o plan especial para o Balneario de Caldeliñas.

Redacción

Unanimidade contou o punto do pleno no que fixaba como festas locais para 2022 o 17 de xaneiro (San Antón) e o 2 de marzo (mércores de Cinza). Todos os grupos aprobaron esta decisión, como tamén todos os grupos votaron a favor do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

Onde xa non houbo tanta concordancia, pero tamén saíron adiante as mocións foi noutros puntos da orde do día do pleno de setembro. Aínda así, bastaron os votos do grupo de Goberno (11) fronte a abstención do PP (4) polo que se aproba o convenio de colaboración entre o Concello de Verín e a Asociación Cultural Audiovisual Vía XIV que establece as bases para a realización do FIC Verín (Festival Internacional de Curtas de Verín). Coa validación do mesmo, o ente municipal outorga unha cooperación financeira de 40.000 euros.

De igual maneira, tamén se aprobou (con 11 votos de PSOE e BNG) e as catro abstencións dos populares. Para o pleno non resulta acreditado a existencia de infracción legal ou regulamentaria na tramitación administrativa e aprobación do citado instrumento.

Caldeliñas

Outro das cuestións tratadas no pleno foi a aprobación definitiva de plan especial de infraestruturas e dotacións do Complexo Balneario Asistencial de Caldeliñas, que quedou ratificado, por 11 votos (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, segundo a última versión do documento técnico redactado pola empresa OTIMA S.L, e presentado no Concello de Verín.

Por último, Diego Lourenzo Moura, en representación do Bloque Nacionalista Galego, anunciou que se retiraba da orde do día o punto referente a moción do BNG en defensa dun modelo de enerxía eólica sustentable, xusta e galega fronte ao espolio e depredación.

O pleno aproba un convenio co Festival Internacional de Curtas de Verín

Momento do pleno de setembro de 2021.

PUBLICIDADE Barrios 29 de setembro 2021

This article is from: