12 minute read

Do 1 ao de outubro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 8 ao

TEMA DA SEMANA Barrios 29 de setembro 2021

Presentación do 12º Salón do Automóbil que se celebra en Expourense.

Advertisement

Expourense acolle en dúas fins de semana o Salón do Automóbil

4 Celébraranse o de Vehículo Novo e o de Ocasión.

Redacción

Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (ACAUTO) organizan o 12º Salón do Automóbil que se dividirá en dúas citas en sendos fins de semana: a do 1 ao 3 de outubro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 8 ao 10 de outubro o de Ocasión.

Un total de 15 concesionarios -representando a 21 marcas- da provincia de Ourense pertencentes a ACAUTO presentarán 30 novidades en 21 marcas; algunha destas novidades poderán verse en exclusiva por primeira vez en España e entre os que se poderán atopar tamén numerosos modelos eléctricos e híbridos. As marcas presentes nesta edición son: Abarth, Audi, BMW, Citroen, Cupra, Dacia, Fiat, Ford, Hyundai, Kia, Mazda, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Suzuki, Toyota, Volkswagen e Volvo.

Para o vogal de ACAUTO, Jaime Cougil, está “é unha cita a que acudimos con moitas gañas e ilusión porque supón a volta á normalidade e permitiranos retomar o tan necesario contacto directo cos clientes aos que lles poderemos resolver todas as súas dúbidas para que atope o coche que precisa”.

Pola súa banda, o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, agradeceulle a ACAUTO “a súa aposta por Expourense como o mellor escenario para presentar, ante milleiros de visitas, as últimas novidades das marcas presentes e as mellores oportunidades no mercado de ocasión".

O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Así, un público obxectivo e amplo poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo.

Sorteo

Tanto dende ACAUTO como dende Expourense indícase que estas dúas citas son unha magnífica oportunidade (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo. Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido.

O horario do salón será os venres 1 e 8 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 2 e 9 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 3 e 10 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).

Cáritas

Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas unha cantidade de euros fixa por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO.

Do 1 ao 3 de outubro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 8 ao 10 de outubro, o de Ocasión

Sortearanse 6.000 euros, a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido Xantar 2021

Redacción

Unha vintena de expertos -de Galicia, Asturias e Portugal- participaron na primeira reunión virtual do comité asesor de Xantar 2021 que puido coñecer as principais novidades da feira.

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrarase co obxectivo de converterse nun gran reencontro para os profesionais da enogastronomía, o turismo e a hostalaría da Península Ibérica, contando tamén coa presenza de países de América Latina. A 22ª edición volverá a Expourense entre o 3 e o 7 de novembro e estará centrada na Gastronomía dos distintos Camiños a Santiago (desde o francés á Vía de la Plata e, por suposto, do Camiño Portugués).

Este cambio de datas ao segundo semestre do ano e nun mes moi especial para a gastronomía ourensá coa celebración do San Martiño e os Magostos, é unha das novidades desta edición que quere servir como punto de inflexión que supoña a volta á normalidade e que contribúa a promocionar internacionalmente a Galicia como un destino enogastronómico seguro e excelente nun momento tan especial como o dobre Ano Xacobeo 2021 e 2022.

4 Barrios 29 de setembro 2021

O Concello quere revolucionar a mobilidade na cidade de Ourense

4 Un MetroBus e novas liñas, entre as ideas.

Desde o Concello de Ourense, co alcalde Gonzalo Pérez Jácome á cabeza, están decididos a mudar a mobilidade da cidade, mediante un plan de feitos que está sustentado sobre tres eixes: liñas de bus, escaleiras mecánicas e bicis eléctricas. Reordenación das liñas de autobuses, implantación de escaleiras mecánicas para favorecer a mobilidade vertical e posta en marcha dun servizo de bicicletas eléctricas para favorecer esta modalidade de transporte sostible.

MetroBus

No tocante aos autobuses urbanos (en precario desde 2015) unha das medidas que anunciou foi a de crear un MetroBus que conectará a cidade a través de dúas liñas circulares express de alta frecuencia, con servizos cada cinco minutos.

“A licitación da nova concesionaria realizarase este mesmo ano 2021, e debería estar plenamente operativa en decembro de 2022”, asegura Pérez Jácome. Así, o MetroBus creará dúas elipses de ida e de volta nas vías máis concorridas do núcleo urbano: Centro-Norte (Centro-Estación Tren), que cruzará a ponte Nova e volta pola ponte do Milenio; e Centro-Sur (Centro-Residencia), pola rúa do Progreso e volta pola de Pena Trevinca. Estas dúas liñas elípticas no só unirán o norte e o sur da cidade, senón que efectuará paradas en puntos diversos para achegar a cidadanía a servizos públicos coma o Cemiterio, o Auditorio, a Biblioteca, o Xulgado, o Pavillón e mesmo o Campus Universitario.

Con este sistema, o alcalde confía en que se reduza a porcentaxe da circulación de vehículos privados, ademais de contribuír á redución das emisións de CO2.

Maior frecuencia

A última das medidas anunciadas sobre os autobuses é a maior frecuencia dos mesmos. O rexedor anunciou que o 100% dos barrios da cidade terán un autobús urbano cada 9 minutos.

O alcalde asegura que “as paradas de buses estarán situadas a un radio inferior de 600 metros do 90% das vivendas de Ourense. Trátase de optimizar, reconfigurar liñas e crear un novo concepto de bus urbano”, explica o rexedor.

Haberá, por exemplo, un autobús Estación de tren – Centro - Residencia cada 5 minutos con 18 paradas e/ou intercambiadores. Nas demais liñas, pasará un autobús cada 9 minutos como tempo máximo de espera, á Cruz Alta, O Couto, San Francisco, Vista Hermosa, Mariñamansa, O Vinteún, A Cuña, Barrocás, Campus, A Carballeira, etc.

Novos vehículos

Os novos vehículos -cuxa compra de 14 millóns de euros licitará o Concello a principios de outubro- que adquira o Concello deberán adaptarse á nova filosofía de liñas e, tras o período de fabricación, chegarían á cidade no inverno de 2022. Por iso, o 75% da flota será de tamaño medio e micro-buses, para satisfacer a necesidade de alta frecuencia de toda a cidade. Ademais dos 10 buses eléctricos de 10 metros, compraranse 15 buses de 10 metros e 17 microbuses para a alta frecuencia nos barrios.

Así, só serán buses longos de 12 metros, as 10 unidades de buses eléctricos da liña troncal Norte-Sur, dos que se solicitará a Europa unha subvención de 200.000 euros por unidade.

O MetroBus dará servizo cada cinco minutos. /IRAMSÉS.

O plan de feitos que está sustentado sobre tres eixos: liñas de bus, escaleiras mecánicas e bicis eléctricas O MetroBus -previsto para decembro de 2022- conectará a cidade a través de dúas liñas circulares cada cinco minutos

Xardín do Posío

Redacción

O Concello de Ourense presenta o proxecto de remodelación do Xardín do Posío, que contará cun orzamento global que superará os 2,7 millóns de euros de investimento. Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, “o obxectivo é devolverlle ao Xardín do Posío o esplendor dos anos 60 e convertelo nun referente turístico e de lecer das familias de Ourense”. Realizarse unha intervención completa na que se creará un espazo onde “o verde gáñelle ao cemento, evocando as súas orixes como parque botánico; e onde a fauna e a flora volvan ser os protagonistas, como sempre o foron neste emblemático parque ourensán”, afirma o concelleiro.

Rolda Leste

Redacción

A Xunta licita por 157.000 euros a redacción do proxecto construtivo da Rolda Leste de Ourense, entre a estrada OU-105 en Bemposta e a N-525, que pechará a circunvalación polo sur conectando coa A-52. As empresas interesadas na redacción do proxecto poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 7 de outubro.

Redución de tempo

Devandita actuación reducirá o tempo de viaxe, cun acurtamento do percorrido desde Bemposta ata a N-525 e a A-52, ao pasar dos sete minutos e 4,6 km actuais a pouco máis dun minuto e 1,7 quilómetros.

SOCIEDADE Barrios 29 de setembro 2021

O uso da marxe estrada por parte de peóns é moi habitual en Galicia

Unha campaña advirte da fraxilidade das persoas na estrada

4 A Xunta traballa nun novo plan de seguridade viaria

Redacción

Avanzar en cero vítimas nas estradas. No marco deste obxectivo a Xunta puxo en marcha unha campaña de concienciación en seguridade viaria que ten como obxectivo lembrarlles tanto aos peóns como aos condutores que “na estrada somos pezas fráxi-

En 2011 o número de falecidos nas estras era de 144 contabilizándo en 90 no ano 2019

les”, e que dá continuidade a outras previas, centradas en usuarios vulnerables, como os ciclistas, ou na alerta sobre os riscos das distraccións ao volante.

Na presentación desta campaña, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, situouna como o “pistoletazo de saída” para a elaboración do novo Plan de seguridade viaria de Galicia 2021-2025, convidando aos diferentes axentes sociais e institucionais a participar activamente na súa elaboración para avanzar no obxectivo final das cero vítimas nas estradas. A conselleira estivo

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na presentación da campaña de concienciación en seguridade viaria acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez; a delegada de STOP Accidentes en Galicia, Jeanne Picard; o presidente de Sargadelos, Segismundo García, ademais dos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; en Lugo, Javier Arias; e en Ourense, Gabriel Alén, ademais de representantes de diferentes institucións e colectivos relacionados coa seguridade viaria. Destacar que devandita campaña emprega como reclamo figuras con estética de Sargadelos.

Cabe recordar que en 2011 o número de falecidos nas estras era de 144 contabilizándo en 90 no ano 2019. Para a conselleira estas cifras continúan a ser inasumibles porque cada vítima nas estradas “é un drama” e por iso o novo Plan de seguridade viaria ten como lema “Visión cero’, en referencia á eliminación total dos mortos en accidentes, un obxectivo que, dixo, require da implicación de todos (administracións e sociedade). Nese sentido, Ethel Vázquez puxo en valor o esforzo que realiza a Xunta por reforzar a seguridade viaria nas estradas autonómicas, apuntando a necesidade de contar coa implicación da sociedade no seu conxunto e a nivel individual “para acabar coa lacra dos accidentes de tráfico”.

A primeira fase desta campaña tivo lugar a finais de xullo e principios de agosto e centrou a súa atención nos peóns, lembrándolles a necesidade de empregar prendas reflectoras, de camiñar pola esquerda da estrada sempre que non exista senda ou beirarrúa, ou de escoller o lugar máis seguro para cruzar.

Co lema “Mirar por min é mirar por todos”, a campaña lembra que, ademais de protexerse do virus, os cidadáns deben previr o risco de accidentes, adoptando unha serie de medidas que supoñen coidar dun mesmo, pero tamén do resto de usuarios da estrada.

A campaña retomarase en outubro poñendo o foco nos condutores, que co cambio de estación deben adaptar a súa circulación ás condicións climatolóxicas e asegurarse de que o vehículo se atopa no estado axeitado.

A campaña retomarase en outubro poñendo o foco nos condutores 4 Plan de seguridade viaria 20212025: “Visión 0”

Rematado o período de vixencia do actual Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, a Axencia Galega de Infraestruturas comeza a elaborar un novo Plan de Seguridade Viaria 2021-2015. Enmárcarase nas estratexias actuais de carácter nacional e internacional de seguridade viaria e na aplicación dos principios de Visión Cero para a redución de vítimas e falecidos por accidentes nas estradas galegas.

O lema que informa o plan é o da “Visión cero”, é dicir, que o horizonte buscado coas medidas que desenvolverá o Plan é o da redución ao mínimo posible das vítimas en accidentes de tráfico nas estradas galegas, de modo que nos aproximemos a un obxectivo final de cero vítimas de accidentes de tráfico.

Elaborarase un documento inicial no se que se recompile, sistematice e analice información como a evolución histórica da sinistralidade viaria en Galicia, a análise e resultados dos anteriores Plans de seguridade viaria galegos, o contexto mundial, europeo e nacional ou mesmo a normativa de aplicación.

A continuación, elaborarase un documento de diagnose en relación coa seguridade viaria en Galicia e a formulación dos seus obxectivos, liñas de actuación e actividades e, a partir de aí, o borrador do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2021-2025.

No proceso de elaboración do Plan prestarase especial atención á participación da sociedade. Así, o documento de bases será discutido cos axentes sociais e institucionais e o borrador do Plan someterase a consulta e participación pública.

Tras o proceso de consulta e participación pública, elaborarase a versión final do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2021-2025.

Entre as medidas levadas a cabo pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nos últimos anos dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 están entre outras: o reparto de 33.000 prendas reflectantes para peóns e para ciclistas; cursos gratuítos de condución segura para 800 motoristas; ou campaña de sensibilización, dirixida a nenos de educación primaria, baixo o lema “O corazón está do teu lado”.

Actividade escolar sobre seguridade viaria

This article is from: