30 minute read

de outubro, o de Ocasión

10 Barrios 29 de setembro 2021 VERÍN E COMARCA

EN BREVE

Advertisement

4 Biorresiduos

Sogama faise con máis de 12.000 m2 no polígono empresarial de Pazos (por 500.000 euros), nos que instalará unha planta de biorresiduos. A Xunta licitou as obras de construción por uns 7 millóns de euros e dará servizo a 24 concellos.

4 Semana da Mobilidade

Os colexios de Verín uníronse á Semana Europea da Mobilidade; como foi o caso do María Inmaculada onde se deron charlas formativas para o alumnado de ESO e a realización dun circuíto viario no patio do centro por parte dos alumnos de 5º de Primaria e 6º de Infantil.

4 Ludoteca

Os cativos e cativas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín despediron o verán cunha festa ibicenca. Ademais, desfrutaron con tres inchables (cabina de baloncesto, cabina de fútbol e cabina de tiro) e participaron nun obradoiro de tatuaxes. Máis de 170 menores ocuparon as súas vacacións de verán asistindo a este servizo de conciliación familiar.

4 Escola de verán

Preto dun cento de nenos e nenas participaron na Escola de Verán 2021 do Concello de Verín.

No acto de clausura fíxoselles entrega dun diploma honorífico pola súa participación nas Primeiras Olimpíadas organizadas, por primeira vez, no marco desta iniciativa.

As mulleres, protagonistas nas xornadas de novela histórica de Verín

4 Contarán con escritoras nacionais de primeiro nivel.

Redacción

A biblioteca de Verín retoma as xornadas de novela histórica que este ano levarán o título de “Mulleres na Historia” e contarán con escritoras nacionais de primeiro nivel. Esta cuarta edición chega os vindeiros 1 e 2 de outubro e xa se coñece a súa programación. As entradas (gratuítas) para este evento estarán dispoñibles en ataquilla.com.

As xornadas estarán coordinadas por José Luís Corral e José Calvo Poyato, autores de multitude de novelas históricas e considerados dos máis grandes no xénero. Así mesmo contarán co acompañamento musical de Lourdes Olbés, violinista galega de primeiro nivel, en varios momentos das xornadas.

«Un ano máis Verín converterase no epicentro da Novela Histórica grazas ao gran traballo realizado desde a Biblioteca de Verín», salientou Emilia Somoza, concelleira de Cultura.

Programación

O venres, 1 de outubro, comezarán as actividades ás 11 horas, con Rosario Raro, José Calvo Poyato e José Luis Corral que farán o seminario “Mulleres na historia e como escribir novela histórica”, dirixido aos centros de ensino. Pola tarde, Rosario Raro impartirá a charla “Da pegada dunha carta a Desaparecida en Siboney: mulleres protagonistas nas miñas novelas”, e Eva Díaz “Escribir novelas históricas desde a perspectiva feminina”; despois asinará libros.

O sábado, 2 de outubro, en xornada de tarde -a partir das 18.30h- haberá as seguintes conferencias: “Mulleres piratas no século XVI”, con María Vila; “Os nenos da viruela. A maior expedición filantrópica da historia da humanidade”, con María Solar; "As mulleres nas miñas novelas: de "Palmeiras na neve" e "O latexo da terra", con Luz Gabás. Clausuraranse esta cuarta edición con firma de exemplares a cargos das escritoras.

As xornadas terán lugar na biblioteca municipal os días 1 e 2 de outubro

As entradas (gratuítas) deben adquirirse en ataquilla.com

Presentación das Xornadas de Novela Histórica. Vendima na DO Monterrei.

Recta final da vendima deste ano

4 Nesta semana ou a que vén rematará na DO Monterrei.

Redacción

Nesta semana ou a que vén son as estimacións que fan desde a DO Monterrei para o remate da súa vendima. Desde o pasado 6 de setembro cando deu comezo a colleita a cargo do Pazo das Tapias, sito na localidade de Pazos (Verín) foron ao redor dos 4 millóns de quilos de uva recollidos.

O Director Técnico da Denominación de Orixe Monterrei, Luis Miguel López, avanzou que, con toda a cautela (xa que os adegueiros están aínda recollendo) "agardase unha recollida duns 5,5 millóns de quilos", o que vén sendo cifras moi semellantes aos do ano pasada. Unha boa nova se temos en conta que foi un ano complicado "debido ás precipitacións", apuntaba o Director Técnico.

Maioría de brancos

Nun ano complicado polas precipitacións, as cifras auguran un ano moi positivo para esta denominación de orixe e agarda un futuro prometedor para o vindeiro ano, que se desexa que poida ser sen pandemia. Do recollido ata o de agora, en torno ao 27% son tintos e o resto (73%) brancos.

San Sebastián

A última acción promocional da DO estivo en San Sebastián, dentro do showroom ‘Vidivinos’, onde máis 80 profesionais de distribución e Canal Horeca coñeceron 21 adegas de Monterrei.

BARBADÁS Barrios 29 de setembro 2021

Colocaranse velas no parque Infantil do Viso. /RAMSÉS.

Máis fibra óptica para Barbadás

4 Tamén se aprobou a instalación de velas na escola infantil e na urbanización do Viso.

Redacción

O pleno do Concello de Barbadás do mes de setembro aprobou unha moción do Partido Popular na que pedía unha maior concetividade de internet no rural. O voto favorable foi unánime ao tempo que desde o grupo de goberno aseguraron que o concello opta a unha subvención de Adercou (do plan Leader) na que levarase a fibra óptica a Barxa e á pista de San Bieito (Piñor) e que conta cun importe duns 48.000 euros.

Tamén os populares levaron outra moción sobre a cubrición dos parques infantís. O PSOE dixo estar traballando en poñer velas de sombra no patio da escola infantil e na urbanización do Viso, ademais de nun dos parques dos Amieiros. A moción foi aprobada.

Área recreativa

Pola súa banda, o BNG solicitou unha área recreativa e unha pista polideportiva na Lama debido a súa crecente poboación e proximidade coa Valenzá. Desde o Goberno local anunciaron que non hai terreos para tal función na zona e propuxeron un onde a pista de skate no que se faría un estudo topográfico.

Tamñen os nacionalistas plantexaron a mellora de cambiños rurais ao que o concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra, replicou dicindo que se realizaron limpezas e están á espera de que a Xunta autorice máis desbroces.

Ademais, o pleno aprobou á ordenanza fiscal reguladora de enseñanzas especiais en centros docentes despois de ser rexeitadas as alegacións presentadas polo BNG.

O concello opta a unha subvención na que levarase a fibra óptica a Barxa e á pista de San Bieito Novas melloras para unha mellor mobilidade

4 En catro rúas de San Lourenzo de Piñor.

Redacción

Barbadás mellora o pavimento en catro rúas da localidade de San Lourenzo de Piñor para facilitar a mobilidade e mellorar a seguridade viaria. As rúas a acondicionar son as Campo de Roma, Quintas, Roble e Dilueiras e o proxecto está enmarcardo no programa de “Obras municipais do Plan Provincial de Cooperación das Obras e Servizos Municipais e da Rede Viaria Provincial para o ano 2021".

As catro rúas presentan firmes e capas de rodadura executadas hai décadas mediante regos asfálticos. O paso do tempo e o numeroso tráfico rodado de todo tipo tanto de turismos como industriais e de transporte (furgonetas, maquinaria media, camións de transporte, etc.), ou de medios agrícolas (pequenos tractores e similares) fixo que se atopen nun estado de deterioro moi avanzado e presente fochancas, fisuras e mesmo acumulación de residuos en marxes.

Actuacións

Estas actuacións, que comezaron a principios de setembro, teñen un prazo de execución previsto de dous meses, e contan cun orzamento de 48.000 euros.

Na rúa Campo Roma procederase a demolición de lousa de formigón, limpeza da superficie, arranxo de fochas e aplicación de triplo rego asfáltico. En Dilueiras efectuarase a limpeza do pavimento existente, arranxo de fochas con rego asfáltico e posterior tratamento de dobre rego asfáltico. Na rúa Roble procederase a reparación de rexa de pluviais actual, limpeza de pavimento e posterior dobre asfáltico, ademais da reparación de fochas. E na rúa Quintas colocarase tubaria de drenaxe, limpeza de pavimento, reparación de fochas e pavimentado con triplo rego asfáltico.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca a prioridade destas obras de mellora do pavimento “pois supoñen a rexeneración do firme en lugares onde a capa de rodadura se atopaba nun evidente estado de deterioro”.

A concelleira de Urbanismo e Infraestruturas, Victoria Morenza, resalta “a importancia de intervir en rúas e camiños que precisan de melloras en aras da mobilidade das persoas e da seguridade do tráfico” e anticipa que se trata "dunha intervención enmarcada nun plan de melloras das vías municipais en diferentes puntos do concello de Barbadás".

Actúase nas rúas Campo Roma, Dilueiras, Roble e Quintas

Na rúa Quintas colocarase tubaria de drenaxe, limpeza de pavimento, reparación de fochancas e pavimentado con triplo rego asfáltico. EN BREVE

4 Axudas para libros e material

Barbadás concede axudas económicas para libros e material didáctivo en Educación Infantil. Estas achegas están destinadas a unidades de convivencia en desventaxe social e con menor poder adquisitivo. As contías serán de 90 euros como máximo por cada neno. O prazo de presentación péchase o 30 de setembro. Os solicitantes poderán descargar o modelo de solicitude desde a páxina web do Concello. Os peticionarios de axudas para o estudio deberán reunir as seguintes condicións: a) conten con nenos ao seu cargo, escolarizados en centros públicos ou concertados; b) estar empadroados no Concello de Barbadás; c) estar matriculados en Educación Infantil; d) non exceder o nivel máximo de ingresos establecido nas bases.

4 Obradoiro

O Centro Empresarial Transfronterizo acolle ata o 14 de outubro un obradoiro sobre especialización en produtos fitosanitarios, dirixido a profesionais da materia que queran ampliar coñecementos.

4 Memoria e manualidades

Barbadás ofrece sendos obradoiros de manualidades e da memoria en varios locais sociais. Ámbolos dous daranse de outubro a maio de 2022 e cada un contará como máximo con seis prazas por local.

12 Barrios 29 de setembro 2021

Unanimidade para Baltar

Redacción

Manuel Baltar inicia o seu cuarto mandato ao fronte do Partido Popular provincial grazas ao apoio do 99,24% dos compromisarios que participaron no 18º Congreso Provincial do PP. Entre outras moitas autoridades do partido estiveron presentes: o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o secretario xeral do PP, Teodoro García Egea; o presidente da comunidade de Murcia, Fernando López Miras; o presidente da comunidade de Valencia e presidente da Deputación de Alicante, Carlos Mazón; ou mesmo distintos alcalde populares de cidades doutras comunidades.

No seu discuros como presidente electo, Manuel Baltar subliñou que só ten unha ideoloxía “que se resume nunha palabra: Ourense, que merece un partido á altura deste territorio e das súas xentes, un partido con alma e personalidade diferenciada, como singular é a nosa provincia, ademais dunha identidade propia como berce do galeguismo que somos”.

Baltar puxo no horizonte unha data: a das eleccións locais do 28 de maio de 2023. “Quedan 609 días para ese momento –dixo- e tal e como afirmei durante a campaña electoral como candidato á presidencia do partido, xa temos marcado un obxectivo: gañar nos 92 concellos, na entidade menor de Berán e na Deputación para obter o récord histórico nunhas eleccións municipais”.

Ourense ICC Week

Redacción

A Deputación de Ourense vén de dar algunhas das pinceladas que agardar na edición deste ano da “Ourense ICC Week” (13 ao 17 de outubro).

Coque Malla será un dos nomes protagonistas nesta edición da ICC Week, nunha cita moi esperada polo músico madrileño onde se atopará de novo en directo co seu público, xa que volve aos escenarios con toda a súa banda, cun concerto o vindeiro 16 de outubro no Auditorio de Ourense.

Santiago Auserón “Juan Perro” será outro dos artistas do evento que fará a súa actuación o 15 de outubro no Teatro Principal; ademais falará do seu novo libro nunha charla que quedou pendente na edición anterior polas especiais circunstancias nas que se celebrou a pasada edición. Baltar, no centro, con García Egea -esquerda- e Núñez Feijoo -dereita-.

Clausura do obradoiro “Ribeiro 21”.

Remata o obradoiro ‘Ribeiro 21’

4 E comeza o ‘Ribeiro Emprende’.

Redacción

Na Mancomunidade de Concellos do Ribeiro clausurouse o obradoiro ‘Ribeiro 21’ que contou con 20 alumnos e no que a Consellería de Emprego e Igualdade investiu 352.946 euros.

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presidiu o acto de entrega de diplomas deste proxecto no que participaron os concellos de Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro. Desenvolveron actuacións e traballos no monte de utilidade publica no entorno da capela de San Miguel; acondicionamento Camiño Miñoto; recuperación e posta en valor da fonte na aldea modelo de Osmo; recuperación e posta en valor da praza na aldea modelo de Osmo; camiños tradicionais na aldea modelo de Osmo; limpeza e mantemento do camiño Pedreiras; recuperación e posta en valor do camiño en Seixomil; limpeza e mantemento campo da festa de Soutelo; limpeza e mantemento da pista en Berán canteira; rego, limpeza e mantemento da pista Agra en Carregal de Abaixo; limpeza e mantemento da pista lavadoiro en Berán e Orega; limpeza pista monte Lebosende de ruta de sendeirismo.

Ribeiro Emprende

Ademais, Alén anunciou o inicio inmediato dunha nova edición desta iniciativa laboral, tamén baixo o formato de obradoiro dual e cunha duración de nove meses, grazas a un investimento de case 353.000 euros por parte da Xunta.

A Veiga enxalza a súa gandeiría

4 Organiza, xunto ao Inorde, unha exposición gandeira.

Redacción

Concello da Veiga, en colaboración co Inorde, organiza para os días 2 e 3 de outubro a primeira Exposición Agrícola e Gandeira de Trevinca. Terá como obxectivo poñer en valor a capacidade gandeira deste territorio da provincia.

Na presentación participaron o presidente e a xerente do Inorde, Rosendo Fernández e Emma González, respectivamente, e o alcalde da Veiga, Juan Anta.

O programa de actividades para esas dúas xornadas está pensado para todos os públicos e desenvolveranse en tres espazos diferentes: na praia do Coiñedo, na praia dos Franceses e no centro da localidade, facendo da Exposición un evento “dinámico, divertido e variado no que a xente poida participar”, sinalou Juan Anta. Polo tanto, participarán nel distintos produtores gandeiros, haberá exhibicións de gando e ecuestres, postos para que os visitantes poidan mercar produtos locais onde terán un especial protagonismo os produtos da Veiga como a mel ou a Faba Loba, pero tamén haberá produtos doutras zonas da provincia, haberá unha exposición de maquinaria agrícola, así como catas de viños, meles e queixos para público adulto e infantil. Así mesmo, durante as dúas xornadas festivas, estarán na Veiga os artesáns realizando unha exhibición dos oficios tradicionais galegos (cesteiros, zoqueiro, letoeiro, tallado de coiro, cerámica, tecedoira...).

Inauguración

A inauguración da Exposición será o sábado, 2 de outubro, ás 12 horas, no Coiñedo. Ademais, durante eses dous días festivos haberá menús gastronómicos a base de produtos locais en diferentes establecementos do municipio que a xente deberá reservar previamente antes do 30 de setembro.

Emma González, Rosendo Ferández e Juan Anta, na presentación do evento.

DEPORTES Barrios 29 de setembro 2021

Nerea, do Envialia, golpeando o balón. /RAMSÉS.

Nova derrota do Ouense Envialia

4 O Sala Ourense tamén perde nesta xornada.

Redacción

Nin Ourense Envialia (1ºRFEF) nin Sala Ourense (2ªB) lograron puntuar nas xornadas celebradas a pasada fin de semana.

O equipo dirixido por Morenín caeu derrotado por un gol a tres diante do Alcorcón. As alfareras tiveron máis pegada que unhas ourensás que aínda non coñece a vitoria neste curso. As visitantes lograron unha renta de 3-0 e o gol das locais chegou demasiado tarde (minuto 39) para crer nunha remontada.

Complicada papeleta para o Envialia na próxima xornada. Visitan a un Burela que empatou no último partido diante do Poio. As de Morenín tentarán dar a sorpresa en terras lucenses.

Sala Ourense

O Sala Ourense non puido sacar nada positivo da súa visita a Valladolid. Alí o agardaba un UVA que dobregou aos ourensáns por 9-5. Despois de firmar táboas ao descando (3-3) os de Óscar Vivián desincháronse na segunda metade e foron goleados polos castelán leoneses.

Tras este traspés toca pensar no vindeiro envite que o levará ao Paco Paz, domingo, 3 de outubro, ás 12 horas para xogar contra o Ribeira.

Xadrez

Redacción

O Concello e Club Xadrez Ourense achegarán o xadrez aos escolares da cidade (co programa “Xadrez na escola”) para aproveitar o seu potencial como ferramenta lúdica, deportiva e formativa. A finalidade é a de achegar aos escolares dos centros educativos da cidade á práctica deste deporte e poñer en valor a súa importancia como ferramenta lúdica, deportiva e formativa.

O programa, que se desenvolverá desde outubro a xuño, consta de tres liñas: achegar os nenos ao xadrez, contando cun equipo de monitores cunha longa traxectoria no ámbito deportivo e educativo do xadrez, que se encargarán da formación do alumnado nos centros educativos que o soliciten; escola municipal de xadrez, para persoas maiores de 15 anos que desexen aprendelo, a través dun curso de 50 horas de duración; e divulgación do libro “Aprende xadrez desde cero”, de Iván Salgado, en todos os centros públicos e entre os participantes do programa.

O Arenteiro suma a primeia vitoria

4 O Barco segue intratable na 3ªRFEF.

Redacción

O Arenteiro deu a primeira alegría aos seus seareiros ao vencer en Espiñedo ao Salamanca (1-0). Os de Fran Justo venceron cun gol de Víctor Eimil nos últimos minutos de encontro. Con esta vitoria se quitan a lousa de lograr a primeira vitoria na 2ªRFEF despois de catro xornadas. Así, os do Carballiño son undécimos con 4 puntos. A vindeira fin de semana xogan diante dun histórico, como o Pontevedra, en terras do Lérez.

Na 3ªRFEF o Barco suma os seus encontros por vitorias e xa ten no casilleiro nove puntos. Pola contra, tanto Ourense CF como Arnoia non coñecen a vitoria aínda na nova competición (na última xornada axcadaron sendos empates). Tanto pimenteiros como capitalinos suman dous empate e unha derrota para colocarse na zona media-baixa da táboa con dous puntos. A próxima xornada o Barco visita ao Vilalbés e o Ourense CF ao Choco; o Atlético Arnoia, descansa.

Preferente

Na Rexional Preferente, vitorias de Verín (1-0 ante o Guardés) e de Barbadás (2-1 contra Mondariz); A UD Ourense empatou a cero goles na casa do Caselas e o mesmo resultado foi o que acadaron Nogueira e Velle no derbi ourensán. Na terceira xornada chegará un novo derbi entre Velle e Verín. Mentres, no Couto a UD Ourense recibe ao Porriño; e Nogueira e Barbadás visitan a Atios e Cultural Areas, respectivamente.

Encontro entre Ourense CF e Povorín. /RAMSÉS.

O COB colle forma

4 Preséntase este venres diante da súa afección.

Redacción

A medida que van chegando os xogadores que conforman a plantilla do COB 2021-22, o equipo vai collendo forma e encaixando as pezas de cara a unha tempada que so vale o ascenso a LEB Ouro. O equipo, que este ano pasará a chamarse Hereda Club Ourense Baloncesto leva catro encontros disputados nesta pretempada cun bagaxe de dúas vitorias e dúas derrotas. O último triunfo produciuse en terras portuguesas onde os homes dirixidos por Armando Gómez venceron con claridade ao Povoa de Varzim (55-72).

Este venres, 1 de outubro, preséntanse diante da súa afección a partir das 20:30 horas; o rival será o Carbajosa equipo co que perderon no primeiro encontro da pretempada.

A liga dará comezo o sábado, 9 de outubro (19.30h se non cambia) no Pazo e o rival será Melilla.

Campaña

O club xa ten en marcha a campaña de abonados. En grada superior os prezos oscilan entre os 10 euros (abono preinfantil) e os 100 (sénior); en grada baixa os prezos van dos 30 euros (preinfantil) aos 125 do sénior. Sobre estes prezos haberá unha serie de descontos coma o familiar, maiores de 65 anos, desempregados, peñas, etc. Máis información na web do club.

Partido do COB contra o Povoa de Varzím. EN BREVE

4 Olimpíada escolar

O Concello organizará unha olimpíada escolar con competicións atléticas e académicas para escolares da cidade. O campionato atlético estará composto de probas básicas e troncais en moitos deportes, como son o salto a pés xuntos, o salto vertical, o lanzamento de balón medicinal, un sprint de 60 metros lisos, ou unha carreira de medio fondo -1.000 metros lisos-. A gran final celebrarase na pista de atletismo de Expourense na primavera de 2022. Na proba académica haberá probas de literatura -redacción, composición poética, etc.

4 15k nocturna

Aberto o prazo de inscricións para a “15K Carreira Nocturna de Ourense Banco Mediolanum” que terá lugar o vindeiro 23 de outubro. As inscricións poden formalizarse en: https://bit.ly/3ih9XZ5 e hai un máximo de 500 prazas dispoñibles. O percorrido da proba terá a súa saída na emblemática ponte Romana de Ourense e a chegada será no Centro Comercial Ponte Vella, cun trazado que discorre pola súa maior parte polo paseo do Miño.

4 CMD

O Consello Municipal de Deportes outorgou as seguintes subvencións: COB (150.000 euros), Rally de Ourense (35.000) e Federación Galega de Hóckey (18.000 para os actos previstos con motivo da estancia da Selección Española por mor da inauguración do campo), así como para habilitar unha partida adicional de 50.000 euros para reforzar as subvencións por concorrencia competitiva para os clubs deportivos por gastos extraordinarios que tiveron que asumir por causa da pandemia.

14 Barrios 29 de setembro 2021

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

A alimentación cura o sistema inmunitario

Para protexerse contra os arrefriados, a gripe e outros invasores máis graves, debe comer ben. Como lles foi ás nosas avoas? Curáronse a si mesmas con comida. Facían boas sopas e bos guisos na pota, porque estaban seguras de que se sentían mellor!

Unha sopa quente axuda a reducir a mucosidad e hidrata en caso de arrefriado. Sempre é bo ter a man un caldo caseiro, para curar e previr. Faga gárgaras con auga corrente dúas ou máis veces ao día, os síntomas serán menos graves. Para un bo funcionamento do organismo é necesario inxerir 4 minerais importantes: o cobre, que se atopa nos anacardos, a col rizada e as ameixas. Selenio: o bacallau, os camaróns, o atún e o salmón proporciónano. O ferro atópase nas espinacas e as lentellas. Zinc- atoparalo en carne de res, espinacas, pipas de cabaza e garavanzos, así como nas ostras.

A vitamina E nas noces axuda a manter o sistema inmunolóxico e reduce o risco de cancro de colon. Tamén se atopa nos seguintes alimentos: abelás, aceite de oliva, cacahuete, améndoas, pistachos, noces e mariscos. Sabemos que outro forte aliado do sistema inmunolóxico é a vitamina D: o sol é unha das principais fontes, do mesmo xeito que o aceite de fígado de bacallau, o aceite de salmón, as ostras, o arenque e os ovos duros. Cando o sistema inmunolóxico está alto, o pH do corpo tamén é alto e as enfermidades non entran e poden mesmo desaparecer ou tardar moitos anos en desenvolverse. As toxinas tamén desaparecen, coa axuda do consumo de auga, o exercicio físico e o consumo moderado de carnes e lácteos homoxeneizados.

Introducindo algúns nutrientes específicos podemos previr ou aliviar os síntomas dalgunhas patoloxías. Controlar o peso é primordial; non consuma demasiado azucre, café moi forte, alcol e sal. O consumo de alimentos orgánicos naturais ten enerxía vital para manter unha alta inmunidade e, por tanto, unha boa saúde no corpo humano.

João Damião

A vitamina E das noces axuda a manter o sistema inmunolóxico e reduce o risco de cancro de colon

4HUMOR 4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Dous santos. Quiñentas e un calcetín

Ás veces lémbrome das anécdotas que eles me contaron. Imaxino noites doutros tempos cando o viño rulaba na taberna con xenerosidade, e onde o Lucho contábame as anécdotas de antano, que non tiñan desperdicio. A inesperada partida do seu compadre rumbo as estrelas estaba recente. Eran tempos de refinada nostalxia, porén espetoume en íntima conversa e coa voz entrecortada, "neno, paseino moi ben co teu papá!

Daquela o destino xuntounos nun colexio da capital. Había que formarse de cara on futuro complicado. Sabían a boa fe, que na casa, era grande o sacrificio para telos alí. Non dubidaron en aproveitar o tempo, e aprender da mellor escola para eles, que non foi outra, mais ca escola da vida.

Só Xoaquín Lorenzo “Xocas” mestre inmortal do colexio Cisneros, foi quen de facelos acougar, a base de clases maxistrais, sobre os apeiros de labranza, as partes do carro e un sen fin de materia do mundo rural galego, que sen esforzo aprobaron con sobresaínte. As demais disciplinas, non tiñan importancia, porén de cando en vez “lataban” as clases, sen ollar máis lonxe que a fonte das Burgas, onde lavaban as mans a miúdo, para quedar ceibes de culpa.

Eran rebeldes con ansia de xolda. Rapaces de aldea, pero co peto quente, gracias a xenerosidade do avó de Gondulfes, que tiña a marabillosa costume de introducir no desgastado dicionario do seu neto, un billete de quiñentas pesetas, xustamente na letra “d”, o carón da verba “desfrutar”, que a tiña subliñada cun lapis.

Corrían os anos cincuenta, e os dous Santos, con traxe, non precisamente de domingo, rulaban pola concorrida rúa do Paseo, onde o desfile de persoas era alucinante. Cun cigarro perpetuo nos beizos e con sinxela chulería raiota desfilaban sen complexos para facer algo de ollo e gastar zapato, como se dicía naquel entón.

Na hora do aperitivo, algunha vez se achegaron o mítico Café La Bilbaína. Foi un dia daqueles, cando os empregados do local estaban abrindo as portas despois dunha longa noite de espectáculo con artista incluída. Os Santos entraron con algo de respecto naquel garito cheo de historia. O barman, o velos tan novos e sen moita decisión, espetoulles: "isto non é o bar Orellas!". Poña entón dous finos de Xerez, replicoulle o Santos de Verín dende un recuncho do mostrador. Tedes cuartos? dixo o camareiro desconfiado e con moita sorna. Algo temos, replicou o Lucho, sacando no acto, as quiñentas pesetas, que relucían na brancura daquela barra de mármore. Aquel home, o ver o billete quedou abraiado, e para agochar a vergoña, díxolle en voz baixa e o seu carón "estades invitados, non hai cambio na caixa. Volvede pola noite, e xa facemos as contas".

Remataron as copas e liscaron sen darlle moita importancia. No barrio vello esperaban os amigos da panda, o Mirrolo e o Carranchas, onde xa no lusco fusco, e de forma improvisada, presaxiaron a idea de Blanco Amor, preparando a esmorga xamais contada, tendo só como testemuña as inmutables pedras da catedral, posuidoras do infranqueable segredo do acontecido.

Daquela tamén frecuentaban a prestixiosa sala de festas Auria, inaugurada no 1960 e que lle deu un toque de glamour ás noites da capital ourensá. Foi considerada unha das mellores salas de España xunto coa madrileña Pasapoga. Foi aquí, onde os Santos, tiveron outra andanza das súas. Naquel tempo, había que levar garabata para poder acceder o interior da sala, non sen antes, abonar unha suculenta entrada. O caso é que cartos había, pero non había garabata.

Xa era sabido que os mozos de aldea tiñan unha astucia innata, e que nos momentos de apuro, sempre saía a relucir. Foi nun portal ao carón da mesma discoteca, onde os Santos sacaron o calcetín do pé e pasárono rapidamente ao pescozo, facendo unha simbiose ancestral con mestura de elegancia supina e algo de festa entroideira, deixando o camiño ceibe para acceder sen obstáculos aquel fermoso local.

No fondo da concorrida barra, esperaba Berta, a mítica caixeira con fama de facer ricos e rechamantes cócteis, que a ben seguro, deuse conta das falsas garabatas daqueles satélites, pero que con disimulada cómplicidade, xamais os descubriu, porque ante a espontánea e innata simpatía dos Santos, todo tiña perdón.

Quixera adicar estas letras o meu pai “Santos”, que estes días estaría no seu 84 aniversario e a “Lucho” o compadre de Gondulfes, amigos da xuventude, eternos contadores destas fermosas historias, e que con orgullo, comparto con vostedes.

Unha aperta.

Miguel A. Prieto “Chitín”

Corrían os anos cincuenta e os dous Santos, con traxe, non precisamente de domingo, rulaban pola concorrida rúa do Paseo, onde o desfile de persoas era alucinante

Os dous Santos.

OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS Barrios 29 de setembro 2021

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº152 - Ano: XIV - 29 de setembro de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4DECRECENDO

O castelo de naipes

As alarmas pasan de laranxa a vermello agora que os motores para as compras de Nadal comezan a quentar. Resulta que o tan desexado Nadal despois dun Covid debilitado pode verse mancado pola escaseza de todo tipo de materias primas, escaseza de insumos que afectarán aos xoguetes, mobles, roupa, electrodomésticos, vehículos e todo o que se lle ocorra.

E se algo non afecta aos seus compoñentes ou ás súas materias primas, están as ameazas ou máis ben as negras realidades nas cadeas de distribución. Os problemas co aumento do custo do transporte de grandes buques mercantes, o colapso en múltiples portos nodos do comercio internacional, a ausencia de transportistas en terra debido á falta de preparación ou ás penosas condi-

Turistas

Redacción

Ourense alcanzou no mes de agosto a maior cifra de turistas da súa historia. Nin sequera antes da pandemia, a provincia rexistrara a 45.379 personas aloxadas nos seus hoteis durante o oitavo mes do ano. Un récord que, pola contra, non se vislumbra na capital, a cal tivo menos visitantes que en agosto de 2019.

De todos os visitantes tan só un 9% eran estranxeiros. A maioría dos viaxeiros foron galegos, seguido de madrileños, catalanes e andaluces. Ademais, dos máis de 45.000 turistas, o número de pernoctacións foi de 90.976, cifra que non alacanza para superar as 92.197 do último mes de agosto prepandémico. cións de traballo, etc., causarán que o tan agardado agasallo de Nadal ou non chegue ou que chegue demasiado tarde.

De fondo pódese escoitar como vai rachando o tecido socioeconómico, cuxas costuras xa non soportan a presión exercida sobre o planeta e as persoas, ambas esmagadas na procura dun pseudo progreso que non é tal.

As nosas certezas diarias colapsan aos poucos, coma un castelo de naipes a cámara lenta. Hoxe non hai isto, mañá faltará o outro e, como mínimo común múltiplo, está a constante escalada de prezos á hora de satisfacer as nosas necesidades básicas.

Antes, coas vacas gordas, a xente decidía se quería unha videoconsola ou un novo teléfono móbil. Chegará un día onde decidirán se pasan fame ou pasan frío.

Óscar Blanco

Galicia a un paso de ti

Redacción

A mostra ‘Galicia a un paso de ti’, composta por 110 fotografías de Adolfo Enríquez, renova a oferta expositiva da sala Valente (rúa do Paseo 20), onde permanecerá até o 21 de novembro. A mostra, que pasará polas sete grandes cidades galegas logo de pasearse por medio mundo, amosa Galicia e o seu rico patrimonio histórico, unha invitación aos seus habitantes e a quen a visita a coñecer, descubrir e tamén redescubrir a súa gran riqueza arquitectónica, natural e paisaxística.

A exposición convida a viaxar polos lugares máis sorprendentes da xeografía galega sen saír dunha sala de exposicións, á vez que divulga os múltiples destinos onde dirixir os nosos pasos para vivir en bosques frondosos, solpores cheos de luz, pedra feita arte ou camiños de auga, entre outras experiencias.

Presentación da exposición.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

Véndese piso en Beluso,

Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas).

Alugo local económi-

co no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131

Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia.

Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506

Alúganse apartamentos

en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Busco casa en alquiler

na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 630 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

TRABALLO

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513.

Señora, auxiliar de enfer-

mería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543

Ofrécese auxiliar de en-

fermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario.

VENDAS

Vendo colección de revistas “Muy interesante”,

do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434.

Vendo accesorios para

cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434.

Vendo dúas cadeiras in-

fantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434.

Vendo rizador de pelo

con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635

Vendo cama hospitalaria

articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522

Vendo prensa de viño

mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349.

Véndense traxes de ca-

baleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.

Barrios 29 de setembro 2021

This article is from: