10
Barrios 29 de setembro 2021
EN BREVE 4 Biorresiduos
Sogama faise con máis de 12.000 m2 no polígono empresarial de Pazos (por 500.000 euros), nos que instalará unha planta de biorresiduos. A Xunta licitou as obras de construción por uns 7 millóns de euros e dará servizo a 24 concellos.
4 Semana da Mobilidade
Os colexios de Verín uníronse á Semana Europea da Mobilidade; como foi o caso do María Inmaculada onde se deron charlas formativas para o alumnado de ESO e a realización dun circuíto viario no patio do centro por parte dos alumnos de 5º de Primaria e 6º de Infantil.
4 Ludoteca Os cativos e cativas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín despediron o verán cunha festa ibicenca. Ademais, desfrutaron con tres inchables (cabina de baloncesto, cabina de fútbol e cabina de tiro) e participaron nun obradoiro de tatuaxes. Máis de 170 menores ocuparon as súas vacacións de verán asistindo a este servizo de conciliación familiar.
4 Escola de verán Preto dun cento de nenos e nenas participaron na Escola de Verán 2021 do Concello de Verín. No acto de clausura fíxoselles entrega dun diploma honorífico pola súa participación nas Primeiras Olimpíadas organizadas, por primeira vez, no marco desta iniciativa.
VERÍN E COMARCA
As mulleres, protagonistas nas xornadas de novela histórica de Verín 4 Contarán con escritoras nacionais de primeiro nivel. Redacción A biblioteca de Verín retoma as xornadas de novela histórica que este ano levarán o título de “Mulleres na Historia” e contarán con escritoras nacionais de primeiro nivel. Esta cuarta edición chega os vindeiros 1 e 2 de outubro e xa se coñece a súa programación. As entradas (gratuítas) para este evento estarán dispoñibles en ataquilla.com. As xornadas estarán coordinadas por José Luís Corral e José Calvo Poyato, autores de multitude de novelas históricas e considerados dos máis grandes no xénero. Así mesmo contarán co acompañamento musical de Lourdes Olbés, violinista galega de primeiro nivel, en varios momentos das xornadas. «Un ano máis Verín converterase no epicentro da Novela Histórica grazas ao gran traballo realizado desde a Biblioteca de Verín», salientou Emilia Somoza, concelleira de Cultura. Programación O venres, 1 de outubro, comezarán as actividades ás 11 horas, con Rosario Raro, José Calvo Poyato e José Luis Corral que farán o seminario “Mulleres na historia e como escribir novela históri-
ca”, dirixido aos centros de ensino. Pola tarde, Rosario Raro impartirá a charla “Da pegada dunha carta a Desaparecida en Siboney: mulleres protagonistas nas miñas novelas”, e Eva Díaz “Escribir novelas históricas desde a perspectiva feminina”; despois asinará libros. O sábado, 2 de outubro, en xornada de tarde -a partir das 18.30h- haberá as seguintes conferencias: “Mulleres piratas no século XVI”, con María Vila; “Os nenos da viruela. A maior expedición filantrópica da historia da humanidade”, con María Solar; "As mulleres nas miñas novelas: de "Palmeiras
na neve" e "O latexo da terra", con Luz Gabás. Clausuraranse esta cuarta edición con firma de exemplares a cargos das escritoras.
As xornadas terán lugar na biblioteca municipal os días 1 e 2 de outubro As entradas (gratuítas) deben adquirirse en ataquilla.com
Presentación das Xornadas de Novela Histórica.
Vendima na DO Monterrei.
Recta final da vendima deste ano 4 Nesta semana ou a que vén rematará na DO Monterrei. Redacción Nesta semana ou a que vén son as estimacións que fan desde a DO Monterrei para o remate da súa vendima. Desde o pasado 6 de setembro cando deu comezo a colleita a cargo do Pazo das Tapias, sito na localidade de Pazos (Verín) foron ao redor dos 4 millóns de quilos de uva recollidos. O Director Técnico da Denominación de Orixe Monterrei, Luis Miguel López, avanzou que, con toda a cautela (xa que os adegueiros están aínda recollendo) "agardase unha recollida duns 5,5 millóns de quilos", o que vén sendo cifras moi semellantes aos do ano pasada. Unha boa nova se
temos en conta que foi un ano complicado "debido ás precipitacións", apuntaba o Director Técnico. Maioría de brancos Nun ano complicado polas precipitacións, as cifras auguran un ano moi positivo para esta denominación de orixe e agarda un futuro prometedor para o vindeiro ano, que se desexa que poida ser sen pandemia. Do recollido ata o de agora, en torno ao 27% son tintos e o resto (73%) brancos. San Sebastián A última acción promocional da DO estivo en San Sebastián, dentro do showroom ‘Vidivinos’, onde máis 80 profesionais de distribución e Canal Horeca coñeceron 21 adegas de Monterrei.