Rúa da Torre, 39

Page 1

Rúa da Torre, 39

VÍToR MejuTo



VĂ?tor Mejuto

RĂşa da Torre, 39

17 marzo / 28 abril 2017


Edición: Concellería de Cultura / Concello de Vilagarcía de Arousa Concelleira de Cultura: Sonia Outón Casal Técnico de Cultura: Xabier Camba Abal Técnico de Publicacións: Manuel Villaronga García Comisario da exposición: Jorge García Textos: © Jorge García / José Luis Iglesias Rodríguez Deseño e maquetación: Margarita Paulos Edición gráfica: V. M. / J. G. / M. P. Impresión: Gráficas Anduriña

www.obrasobrepapel.com

2


39, Rue da Torre Cando, alá polo 1961, o mestre Ibáñez creou a súa inesquecible 13, Rue del Percebe, primeiro construíu unha estrutura que despois, ao longo de case 400 orixinais, se converteu nun retrato do universo do autor. Cada semana, 13, Rue del Percebe era perfectamente recoñecible, pero outra cousa era o seu interior: Manolo o moroso, o tendeiro don Senén, a porteira, o ladrón Ceferino, o científico tolo... cada sete días sabiamos cousas novas da súa vida, pero tamén do portento creador de Ibáñez. Cando agora, polo 2017, calquera pase polo 39, Rue da Torre, na Coruña, é moi probable que teña unha sensación similar. O edificio que alberga o novo estudio de Vítor Mejuto non muda, pero quen se asome ás súas fiestras poderá albiscar a “Librea para lacayo", "Chaleque para uniforme de gala do exército brasilero" ou a "Sotana española ajustada". Sen embargo, se regresa unha semana despois o mesmo se atopa con "Harpo en su arpa", "El mujeriego romo" ou "Na procura dun novo tweed". Estou seguro, por iso, de que a incitadora portada deste catálogo sería ben distinta se a fotografía fóra tomada outro día. En calquera caso, quen repare nas tres fiestras do primeiro andar de 39, Rue da Torre, sexa o día que sexa, poderá comprobar o portento creador de Mejuto. En 2004, o seu ben admirado Pablo Palazuelo recibiu o Premio Velázquez. Entón, o recoñecido pintor definiu a xeometría como a linguaxe para a comprensión do mundo, porque, en definitiva –afirmaba–, “a xeometría está na orixe da vida, que é o máis inventivo e interminable que coñecemos”. Naquel fantástico discurso, Palazuelo, volvendo a vista atrás despois de 88 anos, confesou que “unha vez inventada a abstracción non hai nada máis”. Quen, nos xa afastados anos 90, tiveron a oportunidade de coñecer as primeiras obras de Mejuto, aquí, en Vilagarcía, á que acababa de chegar para facer prácticas como fotógrafo en La Voz de Galicia, e logo seguiron a súa produción ata agora, puideron comprobar ata que punto esas verbas do mestre Palazuelo definen ben o universo mejutiano. Porque, en efecto, dende aquela mostra titulada “Compás”, coa que nos agasallou en 2002 nesta mesma sala – á que seguirían despois “Ángulo romo”, “Saíndo do Círculo” ou “A liña plana” noutras cidades de Galicia e España–, Mejuto xa deixou claro cal era o camiño a seguir, a súa linguaxe para comprender o mundo... unha vez inventada a abstracción. Subámonos, pois, ao andamio. Fisguemos que se coce na 13, Rue da Torre. A saber que se lle ocorreu desta volta ao xastre Mejuto. Alberto Varela Paz Alcalde de Vilagarcía de Arousa

3


Vítor Mejuto e a linguaxe da abstracción Case 20 anos separan Rúa da Torre, 39, esta nova mostra de pinturas de Vítor Mejuto (Barcelona, 1969), da súa primeira exposición individual na entón Casa da Cultura de Vilagarcía. Nesa ocasión víronse cadros en cuxa atractiva concepción e factura había unha sólida inspiración do construtivismo. En 2002 Mejuto vol­veu expoñer, na agora sala de arte municipal Antón Rivas Briones, unha obra que sen perder trazos de identidade construtivista, situá­ bao con claridade na tradición da abstracción xeométrica e, de ma­ neira máis íntima, vinculouno coa arte concreta. Desde entón, Mejuto expuxo en es­pazos institucionais e sa­ las privadas de Santiago de Compostela, A Co­ru­ña, Vigo, Cambados, Pamplona e Madrid. Tamén o fixo en galerías de París, Büdingen (Alemaña) e Nova York, especializadas en abstracción. Con esa continuada actividade pro­dutiva e expositiva logrou obter un alto

4

recoñecemento de público e crítica. Este autor, que residiu uns 15 anos en Vilagarcía de Arousa, volve á sala Antón Rivas Briones para mostrar uns cadros pintados no seu piso estudio da cidade da Coruña. Esa circunstancia inspira o título desta exposición, Rúa da Torre, 39, unha lúdica complicidade co suxestivo que resulta coñecer a localización das casas de París en que viviron e traballaron algúns dos artistas máis coñecidos do século XX. Agora mesmo Mejuto parece propo­ ñer dous niveis de diálogo co ob­ ser­vador, un visual e outro literario. En canto á súa linguaxe pictórica, consolidouse un atributo moi propio da abstracción xeométrica: é unha linguaxe principalmente destinada a narrarse a si mesma. “Cando pinto, só falo de pintura e renuncio a todo contido ideolóxico ou literario", en palabras do propio artista. Con to­do, e isto podería constituír unha novidade, dos títulos destas obras pódese inferir tamén un discurso literario.


“Praza de Galicia”

O cromatismo destes cadros, pin­ tados na súa maioría nos dous últimos anos, desenvólvese en atrac­tivas gamas e matices que contribúen a definir, con gran interese visual, límites, contornos, volumes

e perspectivas. Con respecto á evolución da súa linguaxe, Mejuto advertiu que o minimalismo, pre­sente desde as súas primeiras etapas, é "un camiño de ida e vol­ta... vou e volvo do minimal, son máis ou

5

(1994), unha obra figurativa de Mejuto con elementos expresionistas e tamén dun refinado constructivismo.


menos barroco segundo as necesidades narrativas...”, unha reflexión que axuda a valorar o conxunto da súa obra.

“Meandro do río de Barreiro” é un cadro de 1993, da primeira serie do autor. Nela había menos interese pola xeometría, aínda que xa estaba

O proceso produtivo e de experi­ men­ta­ción deste autor foi obxecto de análise de críticos e tamén de colegas de profesión, e estivo diri­ xido, nalgunha medida, a responder á idea algo precipitada de que todo o que tiña que mostrar a abstracción xeométrica estaba dito no século XX. Neste sentido Mejuto proporciona algunhas claves acerca do seu traballo: “Gústame a idea de pintar sobre o pintado", e tamén

latente, e máis pola semiótica, por lograr o cadro-idea. Nas súas anotacións

recoñece que "a pintura manda”. Para acla­rar un pouco máis as cousas, re­corre a Pablo Palazuelo (Madrid, 1916 - Madrid, 2007), quen expuxo no seu momento a idea de familias de formas que, á súa vez, suxerían outras e desa maneira configurábase unha pauta de traballo creativo, afastada dos riscos do mecanicismo que poden supoñer as series, en especial no campo da abstracción. As referencias e influencias doutros artistas na súa obra tamén xeraron moita reflexión crítica, pero o que este artista asume con comodidade á hora de falar do contexto da súa pintura, é a pertenza á influente tradición pictórica da abstracción xeométrica e a súa continuada vo­ ca­ción pola arte concreta. Como a maioría dos autores, Mejuto elaborou, desde os seus tempos de estudante de Belas Artes en Salamanca, un museo íntimo de pintores contemporáneos e clásicos, que eu creo que no seu caso é máis ben unha colección de cadros. Sen embargo, na obra que trouxo nesta ocasión a

podemos ler: “O meandro é a solución natural a un problema, un inconveniente é sorteado mediante un sublime arabesco”.

6


Vilagarcía calquera rastro plástico desa short list tornouse invisible á mirada do observador. Con todo, nesta mesma exposición como noutras anteriores, o autor inclúe no título dalgúns dos seus cadros unha referencia explícita da obra, contemporánea ou clásica, que lle resultou dalgunha maneira reveladora. Mejuto adoita utilizar ese recurso cando incorpora novos contidos á súa linguaxe pictórica. O que si é evidente é a súa vitalidade creativa, ademais do seu renovado interese por diferentes solucións compositivas que propor­cio­nan dinamismo aos seus cadros e dótaos dunha poderosa capacidade narrativa. De feito, a formulación com­­positiva parece converterse nun­ha das principais ferramentas de expresión no traballo deste artista.

isto terá sucedido. Pero o conxunto da obra de Rúa da Torre, 39, é unha boa ocasión para ver uns dous anos de traballo e a forma en que evolucionou a pintura de Mejuto. En cambio, nas imaxes desta pre­ sentación, este autor seleccionou obras das súas primeiras etapas, pintadas en Vilagarcía. En calquera caso e para min, uns cadros tan cargados de atractivos e interese como os actuais. Jorge García Caminha. Marzo 2017

“Complexo” (1997) é un cadro cuxa elaboración remite á abstracción da

Toda nova exposición é, dalgunha maneira, unha antoloxía que fai o autor dun determinado período da súa obra. Algúns cadros móstranse, outros quedan no estudo e hainos tamén que viaxan ata a sala e quedan sen colgar. Algo de todo

primeira metade do século XX, tan pola súa formulación compositiva coma polo seu cromatismo.

7


Luis Seoane entrando a latigazos en el templo AcrĂ­lico de cobre iridiscente sobre loneta. 24x24 cm. 2016

8


Campesino con conejo

AcrĂ­lico sobre loneta. 117x90 cm. 2016

9


Ă?caro perplejo

AcrĂ­lico sobre loneta. 100x100 cm. 2016

10


El mujeriego romo

Acrílico e óleo sobre táboa. Dúas pezas de 60x60 cm. 2015

11


Sección de cuellos

Acrílico sobre lenzo. 150x150 cm. 2016

12


Manga raglĂĄn

AcrĂ­lico sobre lenzo. 150x150 cm. 2016

13


14


Balada de Juan de Alcega

AcrĂ­lico sobre lenzo. 81x65 cm. 2016

15


Tratado enciclopédico de Sastrería

Chaqueta de postillón

Guerrera de infantería

Levita para cochero

Abrigo gardapó cinguido, cruzado ou ben sen cruzar

Americana 48 de peito

Xastre en Arxentina

Acrílico sobre lenzo. 81x65 cm. 2016

Acrílico sobre lenzo. 81x65 cm. 2016

Acrílico sobre lenzo. 81x65 cm. 2016

Acrílico sobre lenzo. 81x65 cm. 2016

16

Acrílico sobre loneta. 81x65 cm. 2016

Acrílico sobre lenzo. 81x65 cm. 2016


Levita para mozo de almacén

Librea para lacayo

Primeira visita ao xastre Nicanor

Balada triste de Savile Row

Chaleque para uniforme de gala do exército brasileiro

Chaqueta de postillón con filigrana

Acrílico sobre lenzo. 81x65 cm. 2016

Acrílico sobre lenzo. 81x65 cm. 2016

Acrílico sobre lenzo. 81x65 cm. 2016

Acrílico sobre lenzo. 81x65 cm. 2016

17

Acrílico sobre loneta. 81x65 cm. 2016

Acrílico sobre lenzo. 81x65 cm. 2016


El Corte Moderno El artesano es un hombre culto, con esa cultura propia del sentido común. Nunca está satisfecho de su labor, se está juzgando siempre. Una vez entregada la obra, el arte­sano se atreve a ga­ rantizarla para la intem­po­ ralidad. No desea vender más de lo que su cliente necesita. El maestro sastre forma parte de ese mundo perdido de los antiguos menestrales, re­gido por un principio liberal (no capitalista) nacido en los gremios que engrandecieron la Europa occidental en los siglos XVI, XVII y XVIII. El referente de estos ciuda­ da­nos que yo he conocido en Europa tienen una con­ si­deración muy distinta de nuestra filosofía de vida. Care­cen de envidia, tal vez por ser más calvinistas y luteranos. En cambio, el viejo hidalgo es­pañol se sentía

“El Corte Moderno” é un políptico pintado ex profeso para a exposición do mesmo nome que tivo lugar en novembro de 2016 na galería coruñesa Monty4. A parede é curva, polo que os formatos adáptanse necesariamente ao arco da curva. De novo, o meandro.

or­gulloso de no trabajar y, menos aún, de ejercer cual­ quier oficio artesano. La mesa del maestro sas­ tre (alfaiate, maestro sar­to, maître tailleur, tai­lo ­ r, schnei­

18

der­meister) es el final de una larga cadena de ofi­cios: pastor, esquilador, matari­fe, hilador, aprestador y acaba­ dor, plegador de cartón y transportista.


Pero no se crean que el arte­sano rechaza la evo­lución o los materiales nue­vos, como nuevas hila­tu­ras, entretelas, forrería o bo­to­­nería.

Siem­pre está de­man­­ dando a fabrican­tes y for­ nitureros que le fabri­quen esto o aquello que nece­ sita, ya que su trabajo es tan per­sonalizado y diverso

19

como lo son sus clientes, principales consumidores de su "Oficio Arte". José Luis Iglesias Rodríguez Sastrería Iglesias. A Coruña


Blusa japonesa con sisa

AcrĂ­lico sobre lenzo. 114x90 cm. 2016

20


Blusa japonesa (o Sputnik)

AcrĂ­lico sobre loneta. 55x55 cm. 2016

21


O meu xastre coĂąece a Diebenkorn AcrĂ­lico sobre loneta. 60x60 cm. 2016

22


Gabán slip-on

Acrílico sobre loneta. 130x114 cm. 2016

23


De un mundo raro

AcrĂ­lico sobre lenzo. 100x100 cm. 2016

24


Na procura dun novo tweed

AcrĂ­lico sobre lenzo. 100x100 cm. 2016

25


O xastre escuro

AcrĂ­lico sobre loneta. 100x100 cm. 2016

26


Harpo en su arpa

AcrĂ­lico sobre loneta. 81x81 cm. 2016

27


Falda pĂŠndulo

AcrĂ­lico sobre loneta. 61x61 cm. 2016

28


Sotana espaĂąola ajustada

AcrĂ­lico sobre lenzo. 100x100 cm. 2016

29


Frac para criado

AcrĂ­lico sobre loneta. 74x60 cm. 2016

30


Levisach

AcrĂ­lico sobre loneta. 55x46 cm. 2016

31


O xastre atribulado

AcrĂ­lico sobre lenzo. 100x100 cm. 2016

32


Hasta luego cocodrilo

AcrĂ­lico sobre loneta. 92x92 cm. 2016

33


Un retrato recente de Vítor Mejuto, na galería Monty4. A actitude física Foto: Marcos Míguez

do autor alude, dalgún xeito, á composición do cadro do fondo: "Pantalón a la husarda".

34


2016 • • El Corte Moderno. Galería Monty4. A Coruña.

2007 • • International Style. Galeria De Opsteker. Ámsterdam. • Rombo. Galería Arte Imagen. A coruña.

2015 • • Retablo da Terra do Medio. Casa da Cultura de Melide.

2006 • • La silla tubular. Casa de Galicia. Madrid.

2014 • • Syn geometría (con Javier Balda). Casa de Cultura Salvador de Madariaga. A Coruña / Polvorín. Ciudadela. Pamplona. • Bring it all Back Home. Pazo de Torrado. Cambados. • The Lost Syllabary. Galería on-line Obra Sobre Papel. • Inverno. Lo Studio Gallery. Büdingen. Alemania.

2005 • • La línea plana. Galeria Kera 5. Donostia. 2004 • • La mirada circular. Aranda de Duero. Burgos. • Saíndo do círculo. Galería Borrón 4. Cambados.

2013 • • Strange Flowers. Pintea Art Gallery. Viena. • The Lost Syllabary. Schema Projects Gallery. New York.

2003 • • O ángulo romo. Caja Madrid. Pontevedra. 2002 • • Compás. Sala de exposicións Antón Rivas Briones. Vilagarcía de Arousa.

2012 • • Brión Boogie Woogie. Casa da Parra. Santiago de Compostela.

1999 • • Soños de volume. Sala do Colexio de Arquitectos de Galicia. A Coruña.

2010 • • El camino de vuelta. Galería Atlántica. A Coruña. • Popular Mechanichs. (con Jason Hoelscher e Connie Goldman). Parisconcret Gallery. Paris.

1998 • • Construcción na escrita. Casa de Cultura. Vilagarcía de Arousa.

2009 • • Ícaro ortogonal. Centro Social Caixanova. Vigo.

1997 • • Ramal. Cervexería Trasalba. Vilagarcía de Arousa.

2008 • • Rebelión de polígonos. Galería Sargadelos. Ferrol. • Anatomías soñadas. Galería Sargadelos. Barcelona. • Mundo troquelado. Galería Geométrica. Madrid.

1993 • • Casa de Cultura. Melide. A Coruña.

35


36



17 marzo / 28 abril 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.