Xornal galicia sur pontevedra xullo 2016 web

Page 1

XULLO 2016 - ANO VII - NUMERO 68

I FESTA GASTRONÓMICA DO EMIGRANTE EN PONTE CALDELAS 10.000 RACIÓNS VENDIDAS PAX.9

PREZO 1.20€

XXVI FESTA DOS CALLOS DE MEIS 6.000 RACIÓNS VENDIDAS

PAX.24


2 // Xullo 2016 //

| Galicia |

CULTURA APOIA 62 PROXECTOS EDITORIAIS DE TRADUCIÓN AO GALEGO E DO GALEGO A OUTRAS LINGUAS Das obras ás que se lles conceden subvencións, 39 son traducións ao galego de títulos escritos noutros idiomas e 23 son traducións de obras en galego para o castelán, o catalán, o inglés, o búlgaro e o portugués A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concédelles axudas a 19 editoriais para a tradución de máis de 60 títulos. Concretamente, a liña de subvencións da Secretaría Xeral de Cultura para 2015-2016, dotada con 200.000 euros, apoia a tradución ao galego de 39 obras publicadas noutros idiomas e de 23 obras da literatura galega que verán a luz en castelán, catalán, inglés, búlgaro e portugués. Segundo a resolución, publicada no ‘Diario Oficial de Galicia’ e accesible neste enlace, benefícianse destas axudas, con importes que van desde os 221 ata os 6.000 euros, Monyor y Gey Editores, Novo Vinilo Edicións, Edicións Xerais,

Editorial Toxosoutos, Hércules de Ediciones, Edicións Laoivento, Editorial Galaxia, Editorial Kalandraka, Editorial Edizer (Urco Editora), Irmás Cartoné, Alejandro Tobar Salazar, Rinoceronte Editora, Small Stations Press, Fundación Uxío Novoneyra, Echevarría Malet e Deriva Ediciones. Esta liña de axudas favorecerá a tradución ao galego para a súa edición das obras presentadas cos títulos Ned Buckley’s human race, The apple tart of hope, The house of sleep, Sombras de reis barbudos, La concessione del teléfono, Nemo. Il ragazzo senza nome, Reckless. Das Goldene Gran, Medea, o Gran Gatsby, Meu avó Rei de Coisa Pouca, Le der-

nier jour d’un condamné, O enigma da Mona Lisa, O cidadán perfecto, Produtor de teatro, Pippi Langstrump, Educación para un mundo novo, Cando os nenos din basta, A terra de Ana, Imaxinación e arte na infancia, Captain Corageous, Coraline, Sammon vartijat III. Louhi, Sammon vartijat II. Tiera, Sammon vartijar I. Tulitera, Kipps. Historia dunha alma simple, Thérèse Ranqin, eSPedizioa, A flor púrpura, Jim Boton e Lucas o maquinista, A lenda de Sally Jones, O mono do asasino, Como ser unha muller, Os asoleados, Tras a pista do galeón Monmouth, Diálogos de mariños e diálogos de mortos; Máximas, caracteres e anécdotas, O rapaz que nunca existiu,

Todos deberíamos ser feministas e Habaixo o colexio. Desde o galego ao castelán, verán a luz El mundo secreto de Basilius Hoffman. La batalla de Avalon, Ulises y las cronoamigas. Surfistas en California, Interferencias, Apoteose das perchas, Morgana en Esmelle, Los kowa, Poesía completa. Volume I. Urania, Eloísa y Fascinio, La batalla del paraíso triste e El ocaso de la familia Portela. Os títulos en galego que se traducirán ao inglés serán Así nacen as baleas, Irmá do vento, Flor de area, O libro das viaxes imaxinarias, Dragal III. A fraternidade do dragón, Un animal chamado Néboa, Tempo de elexía, Dos soños teimosos, Os eidos, A distancia do lobo e Antoloxía

poética (de Uxío Novoneyra). Finalmente, Follas novas traducirase ao búlgaro, mentres que Teño uns pés perfectos e Crónicas animalistas seguido de pequenos mundos apontamentos de filosofía natural verán a luz en catalán e portugués, respectivamente. Difusión cultural a través da tradución Favorecer a difusión da produción intelectual e creativa de Galicia noutros territo¬rios e, ao mesmo tempo, facilitar o acceso da cidadanía galega aos textos producidos noutras linguas son os obxectivos principais deste programa de axudas á tradución que vén impulsando a Consellería de Cultura e Educación.

TURISMO DE GALICIA PROMOVE A COMUNIDADE COMO DESTINO DE REUNIÓNS NO FORO INTERNACIONAL EUROPE SUMMER Mantivéronse 70 reunións de traballo para postular Galicia como lugar idóneo para celebrar viaxes de incentivos, congresos e eventos Turismo de Galicia participou no workshop profesional Europe Summer celebrado en Madrid para promover a Comunidade como destino de reunións a nivel internacional. Con esta finalidade, o organismo mantivo un total de 70 reunións de traballo con axencias internacionais de organización de eventos para propoñer Galicia como o lugar idóneo para a celebración de reunións, viaxes de incentivos, congresos e eventos que estas empresas poidan levar a cabo. Durante catro días o departamento do Goberno galego mantivo estas xuntanzas para explicar todas as posibilidades que Galicia ofrece ao desenvolvemento dos actos propios do turismo de reunións. O Turismo de reunións en Galicia experimentou un notable desenvolvemento durante os últimos anos, en parte debido ao aumento e

mellora das infraestruturas necesarias para o desenvolvemento deste produto turístico. O incremento das prazas hostaleiras, a creación de palacios de congresos, a apertura de instalacións especiais para celebrar eventos como pazos e mosteiros

e a aparición de empresas especializadas son algúns dos factores para destacar dentro do desenvolvemento desta modalidade turística. Ademais, Turismo de Galicia conta cun programa de promoción específico anual que prevé unha serie de accións

destinadas a dar a coñecer a oferta turística congresual tanto a nivel nacional como internacional. Desta maneira, a Xunta de Galicia participa en certames como a feira IMEX de Frankfurt, MEEDEX en París ou TTG Incontri en Rimini, así como

a nivel nacional na feira EIBTM de Barcelona. A iso hai que engadir a asistencia de Galicia a workshops especializados en convencións e incentivos, como é o caso do Europe Summer ou o ConfecRed e The Meetings Space Spring (mercado británico), Ace of Mice e TTG Italia Rd Show (mercado italiano), Full Contact (mercado italiano) e The Meeting Space Autum (mercado francés). Para completar este traballo, tamén se levan a cabo campañas de comunicación en medios especializados, así como as tarefas de axuda e asesoramento que se desenvolven desde o departamento de congresos de Turismo de Galicia para aquelas empresas que desexan realizar reunións en Galicia informando acerca das infraestruturas e os produtos turísticos complementarios que ofrece a Comunidade.


// Xullo // 3

| Galicia |

A NOVA LEI DE SOLO AXILIZA E SIMPLIFICA OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS MANTENDO TODAS AS GARANTÍAS A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, clausurou na Coruña a xornada organizada por Aproinco sobre “A nova Lei do Solo e o seu regulamento” A nova Lei do solo de Galicia ten entre os seus principais obxectivos axilizar e simplificar os trámites administrativos, ao tempo que mantén todas as garantías durante o proceso. Así, do que se trata é de “eliminar a excesiva burocratización” para evitar prexuízos, segundo explicou a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas. A responsable autonómica realizou estas declaracións durante a súa intervención na clausura da xornada “A nova Lei do solo e o seu re-

gulamento” que organizou a Asociación provincial de promotores inmobiliarios da Coruña (Aproinco) na cidade herculina. Ademais destes aspecto, Rivas fixo un percorrido polas diversas vantaxes que introduce o novo texto, que foi concibido como unha resposta “a longo prazo ás necesidades urbanísticas e de protección da paisaxe de Galicia”. Deste xeito, entre outras novidades, destacou que se crea o Informe único autonómico, o que evitará que os

concellos soliciten os informes sectoriais por separado, xa que será a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a que se encargará de recabar esta documentación. Os informes, ademais, deberán emitirse nun prazo máximo de tres meses. O texto crea tamén dúas novas figuras: o Plan básico autonómico, e os Plan básicos municipais. Estes últimos facilitarán que os concellos de menos de 5.000 habitantes poidan contar cun planeamento de calida-

de. Con todo, a norma non presta atención só aos núcleos de menor poboación, senón que tamén dota de maior autonomía ás sete grandes cidades, que terán a capacidade de aprobar por si mesmas os seus plans de ordenación, sempre contando co informe preceptivo da Xunta. Ademais, segundo detallou a secretaria xeral, a nova Lei incorpora tamén dúas importantes apostas: o impulso ao desenvolvemento do rural, a través do aproveitamento do solo rústico

sen desprotexelo; e o fomento da rehabilitación, para aproveitar o xa construído, embelecer as cidades e frear a dispersión. Xa para rematar, Rivas recordou que esta normativa será a primeira Lei do solo de Galicia co seu propio regulamento, redactado polo persoal técnico da Secretaría que elaborou previamente o texto lexislativo. Este regulamento, de carácter integral –xa que inclúe xestión, planeamento e disciplina-, está actualmente na recta final da súa tramitación.

A XUNTA DESTINA MÁIS DE 1,3 MILLÓN DE EUROS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO A TRAVÉS DO PROGRAMA EMEGA O vicepresidente e a secretaria de Igualdade visitaron a empresa Onírica, unha das beneficiarias do Programa Emega O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou unha das empresas beneficiarias do Programa Emega, que na convocatoria deste ano, destina máis de 1,3 millóns de euros para o fomento do emprendemento feminino. O Diario Oficial de Galicia fixo pública o pasado venres a resolución que establece as bases reguladoras para a concesión de axudas do Programa Emega, destinadas ao fomento do emprendemento feminino, promoción do emprego e novas formas de organización do traballo que axuden a conciliación da vida persoal e laboral. Dende o goberno galego apostase por fomentar as iniciativas empresariais promovidas por mulleres, así a Secretaría Xeral de Igualdade conta cunha liña de actuación concreta neste ámbito, o Programa Emega, que comprende un conxunto de axudas para o fomento do emprendemento feminino no cal se levan investidos, dende o ano 2009, máis de catro millóns de euros, o que permitiu crear preto de 500 postos de traballo en Galicia. De forma máis concreta, o

programa constitúe unha medida integral de promoción da igualdade no eido laboral, que persegue apoiar o desenvolvemento da actividade empresarial e accións favorecedoras da conciliación laboral e familiar, esenciais para o éxito da iniciativa emprendedora feminina. Deste xeito, búscase que aquelas mulleres emprendedoras que o desexen poidan materializar as súas ideas empresariais, contribuíndo a creación de novos postos de traballo. Para lograr os seus obxectivos, o programa Emega porase en marcha a través de cinco liñas de actuación específicas. Así, a liña “Emprende” estará destinada a posta en marcha de novas empresas, a liña “Innova” para a promoción de melloras en empresas lideradas por mulleres, “Activa”, que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais, a liña “ITEF”, que se centra na axuda para a posta en marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica). Por outra banda, están deseñadas dúas modalidades de axudas complementarias ás

liñas descritas anteriormente, a primeira, a modalidade “Concilia”, un programa de apoio a conciliación da vida laboral e, a segunda, a modalidade “Dual” para apoiar a participación das promotoras no programa de titorización, co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria. Para as axudas desta convocatoria -cofinanciadas con Fondos FSE- destinarase un

orzamento de 1.338.100 euros. Entidades beneficiarias Poderán ser beneficiarias deste tipo de axudas as empresas ou proxectos empresariais formados por mulleres que teñan domicilio social e establecemento de produción en Galicia, que non `pertenzan o sector público nin sexan entidades sen ánimo de lucro. Ademais, valoraranse entre outros criterios a calidade do proxecto, a contribución á

integración laboral de mulleres en paro, con algún tipo de discapacidade ou outro tipo de situación especial ou risco de exclusión social. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes, contando a partir da publicación desta resolución no DOG o venres 1 de xullo. Dita presentación poderá realizarse por vía electrónica, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es


4 // Xullo 2016 //

| Galicia |

A XUNTA PERFILA CO SECTOR A REDACCIÓN DO FUTURO DECRETO DE ARTESANÍA ALIMENTARIA A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse con representantes da asociación “Rede Galega de Produtores” para avaliar con eles o decreto de artesanía alimentaria, actualmente en elaboración, que regulará no futuro esta actividade. Este encontro de traballo forma parte da rolda de contactos que está a manter a directora xeral co sector para perfilar esta norma, que bus-

ca poñer en valor e amparar as producións artesanais alimentarias de Galicia. Con este decreto preténdese recoñecer e fomentar os valores económicos, culturais e sociais que a artesanía alimentaria representa para Galicia, e preservar e conservar as pequenas empresas familiares que elaboran produtos alimenticios. Pártese do feito de que Galicia conta cunha gran tradición na elaboración de produtos alimentarios artesanais,

que forman parte da súa cultura popular e que gozan dun alto aprecio entre os consumidores, mesmo fóra da comunidade. A elaboración destes produtos ten contribuído non só a engrandecer a riqueza cultural de Galicia senón á creación dunha economía básica para moitas familias do medio rural. Por iso, a regulación da artesanía alimentaria debe contemplar a súa vinculación á produción de materias primas de calidade, a estrutu-

ras produtivas familiares, ao medio rural e á súa tradición e cultura, á calidade dos pro-

dutos e á protección do medio natural, entre outros factores específicos.

O PRESIDENTE DA XUNTA INAUGUROU A EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO 25 ANIVERSARIO DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

Feijóo pon en valor os logros sanitarios acadados nos últimos 25 anos e que levaron a Galicia a contar cunha das “mellores sanidades públicas de Europa”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puxo en valor os logros sanitarios acadados na sanidade galega desde hai 25 anos, cando se emprendía un camiño “onde non hai paradas, onde non hai retrocesos, onde non hai atallos e onde hai que ser moi profesional” co fin de mellorar, ser eficientes e “seguir tendo unha das mellores sanidades públicas de Europa”. Así o manifestou durante a inauguración da exposición conmemorativa do 25 aniversario do Servizo Galego de Saúde. Feijóo fixo fincapé na impor-

tancia da transferencia das competencias en materia de sanidade por parte do Estado a finais do ano 1990 e, neste senso, sinalou que Galicia foi das seis primeiras autonomías en recibilas. Así mesmo, destacou que se trata dunha das áreas de xestión que máis recursos públicos absorbe, dada a súa importancia. A importancia da asistencia sanitaria e da prevención Na súa intervención, Feijóo salientou que a sanidade pública en Galicia pódese comparar coas máis avanzadas do mundo. Así, sinalou que atende actualmente, en

Atención Primaria, 100.000 consultas diarias, máis de 4.000 urxencias ao día e case dous millóns de consultas telefónicas en 2015. Nos hospitais, realizando más de 500 intervencións cirúrxicas cada xornada, e atendendo 11.400 consultas e 2.600 urxencias ao día. E, a través do Servizo de Urxencias do 061, actuando en máis de 1.100 asistencias diarias e respondendo unha media de 3.400 chamadas por xornada. No eido da prevención, o titular do Goberno galego puxo en valor o establecemento das vías rápidas para a

atención prioritaria ás enfermidades oncolóxicas, e que están activos diversos programas de cribado para prever doenzas como o cancro de colon, de mama ou distintas patoloxías en recén nacidos. Ademais, citou os plans de vacinación que, no caso do calendario infantil protexen fronte a 13 enfermidades e, no caso dos maiores de 65 anos, están centrados fundamentalmente en minimizar o impacto da gripe. E, nesta liña, indicou que foron case 1 millón de doses de vacinas as que o Sergas adquiriu en 2015. As infraestruturas sanitarias Do mesmo xeito, o presidente da Xunta fixo fincapé en que nada diso sería posible sen as infraestruturas, tanto a nivel de novos edificios como no relativo ao equipamento tecnolóxico. Segundo precisou, construíronse 7 novos hospitais (O CHUS, o HULA e o Álvaro Cunqueiro, ademais dos hospitais comarcais do Salnés, Barbanza, Cee e Verín); mentres que outros como o CHUAC ou o de Ourense, A Mariña e O Salnés foron sometidos a grandes obras de reforma. E multiplicouse por sete o número de centros de saúde, pasando dos 36 que había en 1990 aos 393 do ano 2015, máis 91 PAC. No relativo ás novas tecno-

loxías, sinalou que se logrou modernizar non só o equipamento de terapia e diagnose dos centros hospitalarios, por exemplo con 15 novos aceleradores liñais, 19 novos equipos de resonancia magnética nuclear, e 29 de tomografía computerizada; senón que as TIC se integraron, ademais, no eido administrativo e funcional, con avances pioneiros como a receita electrónica, a historia clínica electrónica ou a e-interconsulta entre e a Atención Primaria e a hospitalaria. Fitos da sanidade Feijóo apuntou tamén como un fito deste cuarto de século o feito de ter multiplicado por 3 o gasto sanitario por habitante (1.403 euros en 2015 fronte aos 525 euros do ano 1995). E, de igual xeito, o incremento rexistrado no gasto medio por persoa en medicamentos que, segundo dixo, medrou un 126% desde 1991 e se sitúa agora en algo máis de 300 euros co servizo do Catálogo de Medicamentos. Así mesmo, o presidente da Xunta puxo en valor, como dous dos fitos máis destacables no eido da sanidade nos últimos 25 anos, a creación do Centro de Transfusión de Galicia, que hoxe é a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, e a constitución do 061.


// Xullo 2016 // 5

| Galicia |

OS CENTROS DE INTERPRETACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO RECIBIRON MÁIS DE 26.400 VISITANTES NO PRIMEIRO SEMESTRE DE 2016 Os centros de interpretación do Camiño recibiron nos primeiros seis meses do ano 26.404 visitantes, 16.423 nacionais (o 62,20%) e 9.981 estranxeiros (o 37,80%). Este é o total de persoas que pasaron por estas oficinas, situadas en Mondoñedo, en Lugo, no Cebreiro e en Redondela. O Centro expositivo do Camiño Norte, localizado en Mondoñedo, recibiu nese período 1.930 visitantes;

o Centro do Camiño Primitivo, na cidade de Lugo, rexistrou 5.605; o Centro de Interpretación do Cebreiro, na entrada en Galicia do Camiño Francés, contabilizou un total de 10.383 visitas; e o Centro do Camiño Portugués, en Redondela, recibiu 8.486 visitantes. Os dous primeiros lugares de exposición están localizados nos itinerarios do Camiño de Santiago que foron declarados Patrimonio da Humani-

dade pola UNESCO en xullo do pasado ano 2015, fito que incrementou a afluencia de visitantes. A función destes centros é ofrecer apoio, información e contidos complementarios ao peregrino para axudarlle a comprender e coñecer dende diversas ópticas o Camiño de Santiago, en xeral, e a ruta concreta na que se atopan, en particular. Récord de peregrinos No que vai de ano chegaron a

Compostela máis de 110.000 peregrinos, preto dun 8% máis que no mesmo período do ano pasado. De feito, nos primeiros seis meses do ano xa se superaran os 100.000 peregrinos. Concretamente, o pasado día 30 de xuño chegou a Compostela o peregrino número 100.000, que foi recibido por representantes de Turismo de Galicia e da Catedral de Santiago de Compostela. Así mesmo, tamén cabe subliñar que máis

dun 62% dos peregrinos que chegan a Compostela son de procedencia internacional. Por itinerarios, o Camiño Francés continúa á cabeza no número de peregrinos recibidos, contabilizando o 64,85%, seguido do Portugués (19,17%), do Camiño do Norte (4,65%), do primitivo (3,80%), da Vía da Prata (3,79%), o Inglés (3,27%), que son os itinerarios con maior número de usuarios rexistrados.

A XUNTA SALIENTA EN BRATISLAVA A NECESIDADE DE MELLORAR A EFICACIA DO INVESTIMENTO NO EIDO LOCAL PARA LOGRAR UN CRECEMENTO SOSTIBLE O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou xunto con outros líderes rexionais e locais de Europa, na 7ª edición do Cumio Europeo das Rexións e Cidades, que comezou en Bratislava e continuou co tema central de impulsar o investimento público e privado de cara a conseguir un crecemento sostible e a creación de emprego. Co lema “Investir e conectar”, o encontro, que ten lugar cada dous anos baixo a organización do Comité Europeo das Rexións (CdR), pon o acento nos problemas para o investimento en infraestruturas e emprendemento no nivel local e as posibles solucións para atallalos. Durante o Cumio, inaugurado polo primeiro ministro eslovaco, Róbert Fico, e polo presidente do Comité das Rexións, Markku Markkula, o CdR adoptou tamén a Declaración de Bratislava, un documento a través do cal os entes rexionais e locais se comprometen politicamente a poñer en marcha cinco solucións clave para mellorar a eficacia do investimento. A Declaración aposta por conectar Europa a través do investimento territorial e apostar pola dixitalización, a innovación, o enfoque local e o espírito empresarial para mellorar resultados. Ademais, sinálase a importancia

de coordinarse cos ciclos económicos nacionais e da UE, prestar atención ao diálogo e á colaboración para reforzar o capital humano e aumentar a responsabilidade e a sensibilización para responder ás necesidades dos cidadáns. A Declaración incide tamén na necesidade de que as experiencias dos ámbitos locais e rexionais se teñan en conta nas políticas que afectarán ás perspectivas económicas, sociais e territoriais de Europa nos próximos anos, especialmente porque estas administracións son responsables de máis do 70% do investimento público. Impacto da crise O impacto da crise dos últimos anos provoca que o nivel de investimentos sexa aínda débil na UE, logo de descender un 15% de media, aínda que no caso de España a perda alcanzou o 40%, unha porcentaxe que compromete a capacidade de crecemento a longo prazo. Para formular alternativas fronte a estes obstáculos, o cumio acolle tres seminarios paralelos na primeira xornada do 8 de xullo. No primeiro deles, centrado en asegurar o investimento, Galicia defendeu o desenvolvemento de estratexias para a cooperación público-privada, algo no que incide a política rexional facilitando a colaboración entre as administracións e o

mundo da empresa. No caso galego, o director xeral de Relacións Exteriores puxo o acento nos instrumentos financeiros deseñados no marco da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), que busca precisamente mobilizar capital privado para as pemes e emprendedores de base tecnolóxica radicadas en Galicia. Na súa intervención, o director xeral tamén se referiu ao impacto que terá sobre o

proxecto europeo a decisión de Reino Unido de abandonar a Unión Europea. Gamallo lamentou o resultado do referendo británico que lle deu a vitoria ao Brexit e lembrou que o proceso de saída terá que realizarse segundo o establecido polo artigo 50 do Tratado da Unión Europea. O Comité Europeo das Rexi óns O CdR é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e

rexionais da UE. Está composto por 350 membros, 21 dos cales son españois. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Esta é a terceira das seis sesións plenarias que o CdR celebra durante 2016 para emitir ditames de opinión sobre as políticas comunitarias.


6 // Xullo 2016 //

| Cotobade |

MATO E O ALCALDE DE COTOBADE ASINAN O CONVENIO PARA MELLORAR OA conselleira SANEAMENTO DE TENORIO, DOTADO CUN ORZAMENTO DE 1,8 MILLÓNS de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, visitou o concello, onde presentou en detalle este proxecto A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, asinaron o convenio de colaboración que permitirá mellorar a rede de saneamento da parroquia de Tenorio, unha actuación na que o Goberno galego investirá algo máis de 1,8 millóns de euros. En concreto, segundo explicou Mato na súa visita a Cotobade, os traballos consistirán na mellora e ampliación da rede de colectores de saneamento da parroquia, para o que se executarán oito novos tramos dunha lonxitude total de 4 quilómetros; na execución de dous pozos de bombeo en Covas e Lérez, con 300 metros de tubaxe de impulsión; e na construción dunha nova depuradora de augas residuais, cunha capacidade para dar servizo a máis de 1.000 habitantes equivalentes. A conselleira inscribiu este

proxecto na aposta firme do Goberno galego a prol do abastecemento e o saneamento para todos os galegos e galegas. “A auga supón unha fonte imprescindible de vida, de saúde e de benestar que, en pleno século XXI,

debería estar ao alcance de todos”, subliñou. Ao respecto, sinalou que este compromiso da Xunta reflíctese nos feitos e no esforzo orzamentario que está acometendo. Así, nos últimos anos destináronse máis

110 millóns de euros a actuacións de abastecemento, o que supuxo a construción de preto de 800 quilómetros de tubaxes para mellorar o abastecemento para 600.000 galegos. Ademais, dedicáronse preto de 1.000

millóns de euros a actuacións de saneamento e depuración. “Os resultados positivos dos nosos esforzos pódense cuantificar”, destacou Mato, quen recordou que se en 2009 o 70% das augas de Galicia eran de boa calidade, mentres que agora esa cifra acada o 78%. En definitiva, rematou, iniciativas como esta que se presentou hoxe en Cotobade constitúen un exemplo de “cooperación e coordinación” entre a administración autonómica e a local, unha colaboración que permite ofrecer os “mellores” servizos e recursos aos veciños. Por último, Mato e Cubela analizaron a marcha do proxecto do Centro de recuperación de fauna que nestes momentos ten practicamente finalizado o proxecto construtivo e que, polo tanto, a previsión é se poidan realizar os trámites de licitación ao longo do verán.

COTOBADE APROBA O DITAME DAS ALEGACIÓNS AO PROCESO DE FUSIÓN E TRASLADA O EXPEDIENTE Á XUNTA E Á DEPUTACIÓN O acordo saíu adiante cos 7 votos a favor do goberno local e coa ausencia dos edís socialistas, que se levantaron da sesión plenaria O pleno de Cotobade aprobou a resolución desestimatoria das alegacións presentadas ao proceso de fusión co Concello de Cerdedo e deu así por finalizada a tramitación municipal desta unión, cuxo expediente pasa agora a mans da Deputación de Pontevedra e dos distintos departamentos autonómicos da Xunta de Galicia para o seu ditame e a culminación da agrupación definitiva de ambos concellos. O alcalde, Jorge Cubela, referíuse ás alegacións e ao seu contido sinalando que “o proxecto é bo para o futuro de Cotobade, tal e como sinalan todos os informes técnicos”, e explicando que, tras a resolución das alegacións e a aprobación destes ditames en pleno, todos os

alegantes recibirán unha notificación individual que conterá a explicación razoada, xustificada e argumentada ao contido do seu escrito. Este acordo, que supón o derradeiro trámite municipal antes de que se produza a fusión, foi aprobado por maioría absoluta cos 7 votos do grupo de goberno e por unanimidade da corporación municipal presente na sala no intre da votación, xa que os tres concelleiros do grupo municipal do PSOE que asistiron a esta sesión extraordinaria optaron por abandonar a mesma. Cubela, ante a petición dos socialistas de solicitar o aprazamento do pleno, lembrou que esta sesión foi convocada “legalmente en

tempo e forma” e lamentou que digan que careceron de tempo para estudar a documentación “cando levamos máis de catro meses de proceso e moitos documentos están hai moito tempo á súa disposición”. “Creo que só buscaban ter máis tempo para seguir estendendo a táctica de embarrar que empregaron todo este tempo, pero os veciños de Cotobade necesitan solucións, non un partido da oposición que escapa dos plenos, agocha a cabeza e só busca os seus propios réditos e intereses”, explicou. Anteriormente, e coa intención socialista de abandoar o pleno se o goberno non aceptaba o adiamento, Cubela solicitoulles aos tres concelleiros do PSOE

presentes que “sexan democráticos e se queden no pleno, xa que é o lugar axeitado para debater, non as redes sociais ou a prensa”. O alcalde lamentou diante dos socialistas que “rexeiten representar aos veciños e desempeñar o cargo para o que foron escollidos, que se eximan da súa responsabilidade e fuxan do debate democrático, o que demostra que carecen de argumentos”. Tamén lles lembrou que o expediente que se sometía a debate “está perfectamente motivado” e que non poden negar a súa participación, moi activa, no proceso, “xa que tiveron acceso a toda a documentación e incluso foron casa por casa contando falsidades, como o peche de centros médicos”.

Xa coa única presenza dos membros do goberno na sala, Cubela explicou que o executivo “está máis convencido da fusión hoxe que hai catro meses” tras moito debate interno e análise do proxecto e indicou que os estudos técnicos e o futuro estado dos servizos públicos ratifican a viabilidade e necesidade da fusión. Tamén explicou que o futuro concello pasará a manexar 5 millóns de euros anuais no canto dos 3,2 millóns actuais e que Cotobade verase moi beneficiado ao liderar o proxecto, contar coa capital en Carballedo e manter a Pontevedra como cidade de referencia para os xulgados, a sanidade e todas as demais tramitacións e servizos.


// Xullo 2016 // 7

| Ponte Caldelas |

A BANDEIRA AZUL ONDEA DENDE HOXE NA PRAIA DA CALZADA O alcalde preside o acto formal e anuncia que o sendeiro azul do río Verduxo estará operativo nun prazo aproximado dun mes A bandeira azul xa ondea na praia fluvial da Calzada, en Ponte Caldelas. O alcalde, Andrés Díaz, acompañado dos tenentes de alcalde Enrique Vidal, Alfonso Gutiérrez e Lito Muíños, procedeu hoxe á cerimonia simbólica para dar comezo á temporada de baño no emblemático areal na capital do Verduxo. A enseña foi entregada semanas atrás polos responsables da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), que xestiona as bandeiras azuis en España e controla as condicións de calidade ambiental e prestación de servizos necesarios. ADEAC realizou unha inspección sorpresa da calidade da auga meses atrás e os resultados foron óptimos, segundo lle comunicaron oficialmente ao Concello de

Ponte Caldelas. A praia fluvial está xa totalmente acondicionada, unha vez que se instalou a cadeira de vixiancia dos socorristas, as boias, os indicadores de profundidade para os bañistas, os colectores de lixo e se puxo en servizo a caseta dos servizos hixiénicos, na que foi preciso realizar importantes reparacións por mor dos actos vandálicos producidos durante o inverno. O servizo de socorristas estará operativo ata o remate do mes de agosto. O alcalde anunciou que o Concello está agora a traballar para solucionar o remate da concesión para a explotación do kiosko, que se produciu o 25 de xuño pasado. A persoa titular da autorización municipal renunciou hai pouco a unha prórroga,

o que obrigou a iniciar un procedemento administrativo para unha nova adxudicación. Andrés Díaz lamentou que o remate do prazo da concesión se fixera coincidir co inicio do verán, o que cualificou como un erro do anterior Goberno local. Diante desta situación, o alcalde deu instrucións para axilizar o procedemento administrativo ao máximo co obxectivo de que o kiosko poda estar operativo en dúas semanas. A novidade deste ano chegará cara finais de xullo coa estrea dun complemento para a praia fluvial como vai ser o primeiro sendeiro azul de interior de toda España. Trátase dunha ruta circular de algo máis de 8 Km que parte da praia e do balneario e que transcorre polas beiras do río Verduxo enxalzando

así os seus valores naturais e paisaxísticos, entre os que sobresaen elementos da etnografía popular como as pontellas e os muíños. Unha vez que rematen as labores que xa están en execución, a ruta estará adecuadamente sinalizada e contará tamén con paneis didácticos sobre a

flora e a fauna. O alcalde destacou que coa incorporación do sendeiro azul, Ponte Caldelas gañará peso como epicentro do turismo verde e de natureza, un aspecto do que se vai beneficiar especialmente a hostalería local, pois a ruta iníciase e remata na propia Vila.

GRABAR CURTAMETRAXES INCREMENTASE UN 110% O CONVENIO CON COEMPO CO TELÉFONO MÓBIL A paisaxe urbana e natural de Ponte Caldelas será o fondo que acompañará ás tramas das curtametraxes que os mozos do municipio grabarán ao longo das próximas semanas cos seus propios teléfonos móbiles. O Concello ofrece un obradoiro que se vai celebrar entre os días 18 e 22 de xullo no colexio Manuel Cordo Boullosa. O obradoiro está dirixido a mozos de 14 a 30 anos, aínda que se hai vacantes admitiranse persoas de maior idade. Hai 20 vacantes e o prazo de inscrición xa está aberto ata o próximo día 11 de xullo, polo que os interesados deben ir canto antes á Casa do Concello para encher a folla de inscrición. A formación vaise impartir en horario de 9 a 14 horas e non é necesario nada máis que acudir cun teléfono móbil e unha boa dose de imaxinación e gañas de sorprender.

Este curso está incluído dentro do programa Depo RúARTE 2016 da Deputación de Pontevedra. Consiste nun programa provincial de dinamización xuvenil, que ten por finalidade levar a cabo actividades educativas e de lecer que atendan as demandas do colectivo xuvenil da provincia, ofrecéndolles un espazo de encontro e intercambio de experiencias, así como novas alternativas de lecer que potencien movementos de participación e cooperación social. O programa, dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes, foi aproveitado por 40 municipios da provincia que realizan todo tipo de actividades relacionadas coa expresión artística xuvenil. O Concello de Ponte Caldelas optou pola aprendizaxe na realización de curtas caseiras co móbil, un campo en expansión.

O convenio anual que o Concello de Ponte Caldelas asina coa Asociación de Comerciantes e Empresarios (Coempo) deu este ano un salto dun 110%. O apoio municipal pasou de 9.000 a 20.000 euros, un incremento que se debe, segundo explicou o alcalde, Andrés Díaz Sobral, a un compromiso real, e non só formal, cun sector clave para o emprego como é o comercio local. Andrés Díaz e o presidente de Coempo, Jesús Peleteiro Villar, asinaron un acordo que vai permitir aos comerciantes contar con fondos suficientes para a organización de actividades moi relevantes para a dinamización económica do municipio. A asociación empresarial conta cuns 80 asociados e ten unha implantación total non só na Vila, senón en todo o municipio. O alcalde subliñou que o Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) ten moi claro que cómpre

apoiar ao comercio de promixidade con feitos e non só con palabras “e por iso, no primeiro ano deste mandato, cambiamos radicalmente a dinámica dos anteriores convenios que eran máis un donativo que unha auténtica política de apoio a un tecido empresarial que xera emprego, que organiza actividade, que dá identidade e que é clave para nós”. O Concello aposta claramente por apoiar ao comercio tradicional como factor de atracción de poboación da contorna. Ponte Caldelas é o centro neurálxico onde compran moitos veciños do interior da provincia e conta, ademais, cun tecido asociativo dinámico e emprendedor que presenta proxectos que merecen o apoio institucional para poder saír adiante, expresou o responsable municipal. Tal e como reflicte o texto do convenio asinado na sede municipal, “o Concello e a asociación teñen fins comúns

e, polo tanto, é preciso acadar unha colaboración estreita que permita acadar un maior desenvolvemento económico do municipio”. A subvención ten como destino a organización da novena edición da Feira de Oportunidades, unha cita que vai a máis cada ano e que concita a asistencia de milleiros de persoas. Os comerciantes quedan tamén comprometidos á organización de actividades de dinamización comercial, entre as que destaca a edición da revista de Coempo. A publicación, que tamén botou a andar durante este mandato municipal, supón un escaparate de promoción, pois a tiraxe alcanza os 6.000 exemplares e repártese polos municipios de Ponte Caldelas, Cotobade, A Lama, Fornelos e Soutomaior.


8 // Xullo 2016 //

| Publicidade|


// Xullo 2016 // 9

| Ponte Caldelas |

ENTREVISTA A ANDRÉS DÍAZ ALCALDE DE PONTE CALDELAS CON MOTIVO DA I FESTA GASTRONÓMICA DA EMIGRACIÓN A segunda fin de semana do mes de xullo converteu a Ponte Caldelas na capital da gastronomía da galeguidade. Durante as xornadas de sábado e domingo, máis de 10.000 persoas pasaron pola Alameda da capital do Verduxo para gozar de pratos típicos correspondentes a case unha ducia de países relacionados coa emigración galega. A idea equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas, presidido polo socialista Andrés Díaz e con representación dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, apuntouse un gran acerto, pois a primeira edición da Festa Gastronómica da Emigración foi todo un éxito. As cifras así o acreditan con máis de 10.000 racións vendidas e un movemento económique superou os 75.000 euros. Falamos co alcalde para valorar esta nova iniciativa.

Como chegaron á conclusión dese impacto económico tan importante? Temos datos moi obxectivos que o demostran. Sabemos que se venderon máis de 10.000 racións ao prezo único de 5 euros por prato. Só con iso xa pasamos dos 50.000 euros. Pero é que as casetas vendían tamén moitos outros pratos a prezos inferiores ou superiores. Sabemos tamén que as panaderías locais, que non estaban incluídas dentro desa oferta de a 5 euros, enchéronse a vender. Tanto é así que quedaron sen mercancía non só para esa fin de semana, senón tamén para a actividade ordinaria das panaderías no luns seguinte. Se a iso lle sumamos que os bares e cafeterías da Vila estiveron a rebosar durante a fin de semana... Pero, por enriba de todo, temos o sorriso de orella a orella que tiñan todos os hostaleiros locais que se sumaron á Festa e que fixeron caixas excelentes durante toda a fin de semana. Satisfeito entón? Cando un deseña un proxecto novo sempre ten algunha dúbida. Cando sae mal hai que saber rectificar, pero cando se acerta o que toca é insistir. Por iso xa anunciamos que vai haber moitas edicións desta Festa Gas-

tronómica do Emigrante. Xa falamos disto no equipo de goberno municipal e temos claro que hai que reforzar a aposta, mellorando tamén algunhas cuestións para que isto volva ser un éxito no ano próximo e nos seguintes. Que é o que lle deixou máis satisfeito? -Contribuír dende o Concello a que os nosos empresarios gañen cartos e consoliden emprego.Que saiban que estamos aquí para traballar para eles e para os nosos veciños. Organizar festas pódese facer, pero conseguir que a nosa xente gañe cartos con elas é moi difícil. Viuse a presenza dos concelleiros do equipo de goberno durante toda a fin de semana? Comeron moito? Moito. Pero pagando en todos lados, que quede moi claro, eh? Creo que era a nosa obriga participar e gozar da festa, porque lle botamos moitas horas para organizar e solucionar todos os problemiñas de última hora. Así que durante a fin de semana tocou pasalo ben. E xa lle digo que só recibimos felicitacións e comentarios de “pequenos detalliños” a mellorar para o futuro. De todos eles tomamos nota e xa lle anticipo que no ano próximo imos reforzar a oferta gastronómica con al-

gúns baleiros que detectamos, como a falla de comida portuguesa. Tamén queremos optimizar as actuacións musicais na liña da actuación dos mariachis de Leonardo Enríquez, que foron todo un éxito. Algún aínda está afónico de tanto cantar. E, finalmente, tamén podo anticipar que queremos que a Festa comece na noite do venres e remate ao mediodía do domingo. En canto á resposta do público, agardaba tanta xente? O certo é que conformabámonos con menos, pero a Festa acabou superando todas as nosas expectativas. Xa é sabido que o domingo ao mediodía tivemos que colocar máis cadeiras e mesas no estremo da Alameda cara a Casa da Cultura porque estaban todas ocupadas. Chegamos a instalar preto de 900 cadeiras. Hai imaxes da Alameda absolutamente repleta. De feito ese foi un dos comentarios que máis nos fixo a xente: que nunca viran a Alameda tan chea. Constatamos tamén que viu moito público dende Pontevedra e dende Vigo. Non recibiu crítica ningunha? Como xa dixen algúns hostaleiros fixéronos chegar o que eles mesmos definiron como “pequenos detalliños”, pero

de seguido engaden que foi unha marabilla e que se repita. A verdade é que cando algo funciona pouco hai que criticar. O tempo acompañou e iso tamén foi unha sorte, pero en caso de choiva teriamos sempre o recurso da gran carpa que colocamos xa para a Festa da Troita, onde penso que salvamos moi ben a situación, a pesar de que tocounos celebrala baixo unhas condicións meteorolóxicas moi complicadas. Así que, como doita dicirse, todo controlado. Quizáis a principal pega que se lle pode poñer a este evento é que trátase doutra festa gastronómica máis e que diso hai dabondo en Galicia? Comprendo que se poda dicir iso, pero eu me remito ao que todos puidemos ver durante a fin de semana. Ponte Caldelas botaba por fóra. Ademais penso que falamos dunha festa gastronómica que fai unha homenaxe á emigración galega e que introduce a oportunidade de degustar moitos pratos distintos da emigración. Aquí podíanse probar elaboracións brasileiras, mexicanas, francesas, uruguayas, alemás, arxentinas, italianas, chilenas... e, por suposto, galegas como o polbo á feira, ou andaluzas, como os típicos “pescaítos” fritos.

Con todos os respectos para os demais, eu creo que temos un perfil distinto e penso tamén que a xente de Ponte Caldelas, comezando polos nosos hostaleiros, sabe moi ben o que é a emigración, todos temos a alguén ciscado polo mundo; todos temos unha historia familiar chea de sacrificios e tamén de ledicias, e iso predispón o espírito e tamén o estómago. Entón que nota lle poría a esta primeira edición da Festa Gastronómica da Emigración? Creo que é innecesario que eu poña notas. A nota xa a puxeron os hostaleiros e o público. Aos hostaleiros (aos de aquí e aos que viñeron de fóra) xa tiven ocasión de darlles persoalmente as gracias. Sen eles tería sido imposible. Tamén teño que citar a Enrique Lafuente, a Pepe Reimúndez e a José Antonio Rocha polo traballo que fixeron e o moito que nos axudaron dende a comisión organizadora. Pero, finalmente, quero aproveitar esta ocasión para agradecer tamén o apoio dos homes e mulleres de Ponte Caldelas, aos meus veciños. A eles non podo dicírllelo un a un. Así que moitas gracias a todos porque eles son a razón que explica todas e cada unha das decisións que se toman hoxe no Concello.


10 // Xullo 2016 //

| Ponte Caldelas |

O GOBERNO LOCAL DE PONTE CALDELAS REDUCIU A DÉBEDA MUNICIPAL NUN 15% DURANTE O SEU PRIMEIRO ANO DE MANDATO O alcalde advirte de que o único risco está na discriminación da Xunta, que neste tempo só comprometeu un investimento de “33.000 míseros euros” O Concello de Ponte Caldelas chegou a superar o listón do millón de euros de débeda ao longo do ano 2014, o exercizo anterior á chegada do actual equipo de Goberno local. Unha cifra que o alcalde, Andrés Díaz Sobral, considera “unha barbaridade, froito da mala xestión do Partido Popular” nunha institución que manexa un orzamento anual de 3,7 millóns de euros. A situación mudou radicalmente o pasado mes de xuño de 2015 co cambio no Concello a resultas das Eleccións municipais. Durante o primeiro ano de Goberno do actual equipo tripartito integrado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG a débeda reduciuse algo máis dun 15% en termos absolutos. Os números vermellos pasaron do entorno do millón de euros (un 29% sobre os ingresos correntes liquidados) a 787.089 euros a día de hoxe (por debaixo do 24% sobre os ingresos). “A xente debe comprender que cando chegamos, 29 eu-

ros de cada 100 que ingresa este Concello ían a pagar a débeda; se a esa cifra lle unimos o gasto de persoal e os gastos correntes, queda clara a herdanza que recibimos, cunha marxe de manobra moi escasa para atender as moitisimas necesidades coas que nos atopamos”, explica Andrés Díaz. O obxectivo para o próximo mes de decembro, co remate do actual exercizo é que a débeda municipal estea sobre os 700.000 euros, moi próxima xa ao 20%, cifras bastante máis manexables e que marcan unha senda clara cara a un orzamento equilibrado. Andrés Díaz subliña que, de continuar así, en 2019, casi coincidindo co final deste mandato, Ponte Caldelas in-

gresará tanto como gastará. Isto é posible, explica o alcalde, porque temos tres créditos bancarios herdados do Partido Popular. Trátase de operacións pouco ventaxosas e que xeran intereses gravosos para o Concello. En pouco tempo librarémonos deles e quedaremos só coa débeda da Caixa de Anticipos da Deputación, que, ao non ter xuros, non carga a economía local do mesmo xeito. O noso plan, engade o rexedor caldelán, é amortizar en torno a 150.000 euros anuais e cremos que podemos conseguilo. Os tres partidos que xestionamos o Concello atopamos unha economía endemoniada e imos rematar o mandato coas arcas totalmente saneadas. “Cremos que é un exercizo de respon-

sabilidade na xestión, que é preciso explicar aos veciños, porque moitas veces parece que loce máis a demagoxia ou o barullo político que a seriedade”. Un plan de consolidación fiscal que se ve complementado pola axilización nos pagos, cumprindo a normativa estatal sobre morosidade. Durante este primeiro ano de novo Goberno local, o Concello de Ponte Caldelas pasou de incumprir a regra de aboar as facturas aos proveedores antes dos 30 días a anticiparse unha media de 1,60 días, segundo os últimos datos. O alcalde indica que o único que pode comprometer esta folla de ruta é o bloqueo sistemático por parte da Xunta de Galicia, que non está a investir en Ponte Caldelas, nun grave exercizo de discriminación cos seus habitantes. Mentres en Cotobade, A Lama, Campo Lameiro e Soutomaior (os municipios máis próximos gobernados polo PP) anuncian avultados investimentos en sa-

neamento, infraestruturas, dotacións, ou mesmo mantemento de parques arqueolóxicos, en Ponte Caldelas únicamente temos confirmados “33.000 míseros euros” para un parque infantil. Unha discriminación que obriga ao Concello a asumir gastos que non lle corresponden, como sucedeu recentemente coa demandada mellora no colexio da Reigosa, para o que o Concello tivo que asumir o gasto de redacción do proxecto e comprometer unha porcentaxe no custo final dunhas obras que son competencia da Xunta de Galicia. “E aínda así dixéronos que o mirarán para os anos próximos”, lamenta Andrés Díaz. Outro exemplo, conclúe o alcalde é o arranxo integral da estrada PO-234 que parte de Laxoso cara Augasantas. “Vemos anuncios de melloras e visitas de conselleiras noutras estradas autonómicas moito menos importantes na nosa contorna e para esta, atopámonos con obstáculos, silencios e impedimentos”.

O CONCELLO HABILITA DOUS TELÉFONOS 24X365 PARA ACABAR COAS SABOTAXES NA ILUMINACIÓN PÚBLICA Os veciños de Ponte Caldelas disporán de dous teléfonos de atención permanente para dar conta de calquera avaría ou incidencia na rede de iluminación pública. Os teléfonos son o 727 74 36 59 e o 646 62 15 21 e funcionarán ás 24 horas do día durante os 365 días do ano. Con esta medida, o Goberno local que lidera Andrés Díaz pretende acabar de raíz coa campaña de sabotaxes que se vén producindo dende que en xuño de 2015 cambiara a cor política na institución municipal. A medida entrará en funcionamento o próximo luns

e vai supoñer unha mellora sustancial na calidade do servizo, toda vez que poderá darse aviso durante as noites e fins de semana, períodos nos que se veñen producindo a maior parte das manipulacións intencionadas dos cadros eléctricos que dan lugar aos apagóns nos núcleos rurais de Ponte Caldelas. A Xunta de Goberno local, na que están presentes os grupos municipais do PSdeGPSOE, AVP e BNG, valorou como moi necesaria a posta en marcha deste soporte telefónico 24x365. Deste xeito compleméntase a xa anun-

ciada colocación de peches con candado nos 59 cadros eléctricos que alimentan a rede municipal. Confía en que coas dúas medidas, xunto coa colaboración veciñal, a campaña chegue ao seu fin. O alcalde comentou que este pasado sábado volveuse producir un incidente no cadro que abastece os lugares de Parada e Taboadelo. Cando a empresa de mantemento se personou comprobou que se trataba dunha baixada manual e deliberada dos térmicos, é dicir, o mesmo tipo de incidente malintencionado que se vén producindo dende hai un ano.

Andrés Díaz agradeceu a solidariedade veciñal, pois está a recibir moitas chamadas de veciños que se ofrecen a estar atentos ás inmediacións dos cadros. Tamén está a recibir comentarios sobre a posible autoría da campaña, pero o alcalde insiste en que cómpre ser moi prudente ata que haxa probas contra algunha persoa concreta. “Está claro que non pode ser calquera, porque sabe onde están os cadros e como manipulalos; e tamén sabemos que é unha campaña orquestrada, porque ao mesmo tempo hai quen vai espallando rumores falsos sobre

unha suposta política de aforro enerxético relacionada con estes apagóns”, afirma o rexedor caldelán. “Os veciños deben estar tranquilos porque o Goberno local non queda parado e toma decisións e porque esixiremos responsabilidades se collemos a quen está detrás disto”, concluíu.


// Xullo 2016 // 11

| Ponte Caldelas|

O CONCELLO SOLUCIONA O PONTE CALDELAS CREA O SEU PRIMEIRO PROBLEMA DA RECOLLIDA DAS EQUIPO DE FÚTBOL FEMININO AUGAS PLUVIAIS EN CHAÍN O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, visitou as obras de substitución da rede de augas pluviais no lugar de Chaín (A Insua). Con esta obra, valorada nuns 20.000 euros, soluciónase o problema das habituais filtracións nos baixos e garaxes das vivendas situadas a ambos lados da estrada. As obras, que eran moi demandadas polos veciños dende hai tempo, quedan agora rematadas. O antigo tubo, de fibrocemento, estaba completamente escachado polo paso de vehículos pesados, especialmente dos tractores. A mellora consistiu na instalación dunha moderna canalización de PVC, ben asentada sobre unha base de formigón, baixo o firme da pista. Díaz comprobou o bo resultado da mellora, que, agarda, poda durar moitos anos e acabar coas queixas que se producían na parte baixa de Chaín, onde conflúen todas as augas pluviais das dúas fases da obra realizada. “Era unha obra moi necesaria”, recalcou o alcalde diante dos veciños, pois na primeira fase quedaron recollidas as augas dun pequeno regato canalizado na parte de arriba e agora quedou renovada toda a rede de pluviais na baixada, onde hai unhas 10 vivendas a ambas marxes e que padecían a entrada de auga durante os días de choiva. O alcalde recalcou que o Concello vai cumprindo cos compromisos adquiridos cos veciños dos distintos lugares de Ponte Caldelas, conforme ás demandas recollidas nas asembleas mantidas ao comezo do mandato municipal. A institución municipal traballa conforme a un plan no que están priorizadas de maior a menor urxencia coa intención de que en cada un dos núcleos habitados haxa, cando menos, unha actuación anual.

O Concello de Ponte Caldelas está comprometido na loita pola igualdade en todas as esferas da vida social. A resultas delo está involucrado no nacemento do primeiro equipo de fútbol feminino do municipio, que empezará a competir esta temporada na segunda categoría da Liga Galega. O alcalde, Andrés Díaz, e concelleiros do equipo de Goberno recibirán ás 17 horas desta tarde aos directivos da Sociedade Cultural e Deportiva (SCD) Ponte Caldelas para anunciar a celebración do torneo de presentación do novo equipo. Participarán os directivos da SCD e varias das xogadoras que, a partir de agora, defenderán as cores do club. As “verdes” están moi ilusionadas con esta novidade e adiantan que van dar batalla. Moitas delas proceden doutros equipos que teñen desaparecido na contorna. Na actualidade xa hai 25 xogadoras apuntadas, pero o

club continúa coa campaña de captación, sabedor de que se producirán varias baixas por motivos laborais e de estudos. O torneo de presentación vaise celebrar durante toda a xornada do próximo día 9 de xullo no campo municipal de Chan da Barcia. Inclúe unha festa con música dunha discoteca móbil ata ben entrada a noite. Haberá bocadillos e refrescos para celebrar o acontecemento. Consistirá nun torneo de fútbol 7 mixto. Os equipos deberán ter un mínimo de dous mulleres sempre no campo e un mínimo de 3 mulleres no plantel. Os tres primeiros clasificados recibirán premios de 200, 100 e 50 euros, respectivamente. O custo da inscrición é de 40 euros e para tramitala cómpre dirixirse á SCD Ponte Caldelas. Os organizadores xa están a recibir chamadas de equipos interesados e decidiron poñer un número máximo de 16 equipos parti-

cipantes. O club contempla ao equipo feminino como un proxecto a longo prazo. En primeiro lugar quere consolidalo e, a continuación, ir reforzando a estrutura para, na medida do posible, ascender e ocupar un espazo preferente no panorama futbolístico galego. A intención é que as rapazas se anoten nas categorías de base da SCD Ponte Caldelas, dentro da Escola Municipal de Fùtbol, e, a partir dos 14 anos, se integren no equipo sénior. Andrés Díaz subliñou que o Concello apoia o nacemento do equipo feminino e incrementará o seu apoio en anos vindeiros en sintonía coas necesidades que vaia demandando o proxecto. O noso obxectivo é que as nenas de Ponte Caldelas que queiran xogar ao fútbol non teñan que desprazarse porque aquí non teñan unha alternativa, destacou. O Concello, subliña o alcalde, fai un esforzo importante por manter a Escola Municipal de Fútbol, na que hai preto de 300 rapaces e era necesario que dese esforzo se puideran beneficiar os dous sexos, nun exercizo de transversalidade e igualdade de xénero. O fútbol, conclúe Díaz, é unha faceta máis da vida e as institucións temos a obriga de traballar na eliminación de roles masculinizantes e discriminatorios, concluíu.

O CONCELLO DE PONTE CALDELAS INCLUIRÁ A CALZADA NA REDE GALEGA DE PRAIAS SEN FUME A praia fluvial da Calzada porá couto ao fume de tabaco e á suciedade das cabichas. A Xunta de Goberno Local tomou hoxe en consideración a proposta formulada polo alcalde, Andrés Díaz Sobral, para comunicar á Consellería de Sanidade a intención do Concello de adherirse á rede galega de praias sen fume. Andrés Díaz recalcou que a entidade municipal limitara-

se a informar, coa colocación de carteis nas inmediacións do areal, e non imporá ningún tipo de sanción. Ademais, instalará un cinceiro para que os fumadores non accedan ao espazo cos cigarrillos acendidos. “Será unha recomendación educativa e a prol da saúde, non só porque estamos nun espazo de valor natural no que hai que manter hábitos saudables

e sostibles, senón porque A Calzada é un lugar que está cheo de nenos e rapaces”, explicou. Os concelleiros dos tres grupos municipais que compoñen o Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BGN) coincidiron en que debe subliñarse que se trata dunha recomendación que vai na liña do respecto ao entorno natural e de concienciación social.

A rede galega de praias sen fume iniciouse en 2012 cunha iniciativa do Concello de Baiona. Este ano foi asumida pola Consellería de Sanidade e son varios os municipios que están a inscribir os seus areais. Na provincia de Pontevedra xa hai once praias adheridas, polo que a da Calzada será a duodécima. Ponte Caldelas será, ademais, o sexto municipio pontevedrés

en entrar na campaña. A Xunta de Goberno Local tomou moi en consideración que a Asociación pola Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), entidade que xestiona a concesión das bandeiras azuis, está a considerar incluír a prohibición de fumes de tabaco como un dos requisitos para a renovación destas insignias medioambientais.


12 // Xullo 2016 //

| Ponte Caldelas |

PONTE CALDELAS, ÚNICO MUNICIPIO GALEGO CON OPERADOR PROPIO DE TELECOMUNICACIÓNS, ESTREA SERVIZO POR FIBRA ÓPTICA EN DOUS MESES Áurea, único operador galego trala venda de R, estrea en Ponte Caldelas unha nova vía de negocio afastada do modelo das grandes multinacionais do sector O concello de Ponte Caldelas contará dentro de dous meses co mesmo servizo de banda ancha de acceso a Internet que as grandes cidades galegas. A firma local Áurea, nacida dentro do holding empresarial Enermol ao que pertence Eléctrica Los Molinos, está a realizar o despregamento final da rede troncal de fibra óptica coa que dará cobertura aos 33 núcleos de poboación do territorio municipal. O alcalde, Andrés Díaz, recibiu á directiva de Áurea, encabezada pola directora xerente, Beatriz Estévez; o administrador, Marcial Estévez, e o seu responsable técnico, Aurelio Louro, quenes lle confirmaron que xa contan co permiso administrativo do Ministerio de Industria que os converte no único operador galego de telecomunicacións (trala venta de R á vasca Euskaltel) e agradeceron ao Concello de Ponte Caldelas á axilidade na tramitación das licenzas para o tendido do cableado. Andrés Díaz valorou o esforzo do grupo Enermol por diversificar o seu negocio e tivo palabras de eloxio para esta valente aposta por Ponte Caldelas, que convértese así nun municipio pioneiro da Galicia de interior en contar con servizos de Internet por fibra óptica de última xeración. O operador caldelán ofrecerá anchos de banda que oscilan entre os 50 megas e os 350 megas simétricos para os clientes particulares e solucións á carta para as empresas. Uns parámetros de calidade que ata o de agora só estaban dispoñibles nas grandes cidades galegas e áreas próximas e, aínda así, de xeito parcial. Ponte Caldelas pasará de dispor dun servizo de ADSL que non pasa dos 10 megas asimétricos no mellor dos casos, e con abundantes zonas

de sombra alá onde non chegan as ondas Wimax en moitos dos seus núcleos, a un servizo de altisima calidade servido por cables de fibra óptica. Unha rede baseada na última tecnoloxía FTTH (fibra ata o fogar) e, por tanto, máis moderna que a que está implantada en moitos barrios das cidades. O obxectivo idóneo no plan de negocio de Áurea é chegar a unha clientela de 3.400 fogares en Ponte Caldelas, distribuídos ao longo dos 33 núcleos de poboación. Nestes momentos, xa teñen cableados os polígonos do Campiño e da Reigosa, así como a rede troncal que os une coa Vila. A partir de aí van realizando derivacións ás áreas próximas, sen prexuízo de que a rede chega xa á parroquia da Insua, no outro estremo do municipio. Segundo explicaron os directivos de Áurea, o 80% da rede troncal, ou o que é o mesmo, uns 50 Km de fibra, está instalada a día de hoxe. En función da demanda dos clientes, o despregamento pode chegar ata os 160 Km, todo elo executado por empresas puramente galegas como Montajes J.M. Iglesias, Nubodata, Grupo Itelsis, Ernieproducciones y

Servitalent. Áurea, único operador galego, nace cunha vocación completamente distinta á das grandes multinacionais que dominan o sector. Ponte Caldelas, explicaron, é xa unha illa dixital na que ofrecerán un servizo totalmente personalizado, con atención cara a cara, e que se baseará nos principios de cercanía, sinxeleza, confianza, tranquilidade, transparencia e honestidade nas relacións co cliente. En principio, estudan ofertar tres paquetes básicos aos usuarios domésticos que denominan como Áurea Bronce, Prata e Ouro, nos que ofertan conexión ás tres velocidades habituais da fibra óptica (50 Megas, 150 Megas e 350 Megas simétricos). Inclúe, ademais, chamadas ilimitadas a teléfonos fixos e 1.000 minutos a móbiles, xunto con algunhas diferenzas segundo o paquete. Os prezos están sendo sometidos a un estudo de mercado, pero barallan situalos nos 37 euros, 40 e 47 euros mensuais, respectivamente. A partir de aí haberá prezos complementarios polos servizos de televisión e entretemento audiovisual que se

contraten. Áurea supón un cambio de filosofía na tendencia de globalización e impersonalización das empresas de telecomunicacións. Tal e como destacou Andrés Díaz asistimos ao nacemento dunha aposta polo local e para o local, unha iniciativa empresarial que vai ter éxito, vai marcar tendencia e vai ser imitada porque adáptase como anel ao dedo ás características orográficas e demográficas de Galicia. “Para unha gran empresa e o seu aparatoso consello de dirección que só manexa parámetros abstractos non resultamos atractivos”, afirmou Díaz “e por iso tardariamos moito en contar con fibra óptica, pero en Ponte Caldelas temos a enorme sorte de contar cunha familia de emprendedores dinámicos, que saben aproveitar as vantaxes competitivas de estar cos pes no territorio”. O alcalde de Ponte Caldelas dixo sentirse exultante do nacemento dunha iniciativa que non só xera emprego, senón que vai mellorar a calidade de vida dos veciños e pon a Ponte Caldelas á vangarda do mapa dixital de Galicia. “Vai haber moitos

ollos sobre nós nos próximos anos porque isto vai ser moi imitado”, vaticinou. “A xente está farta das grandes empresas que che atenden, ou mellor dito non te atenden, a centos de kilómetros de distancia; a xente quere recuperar a sensación de adquirir un produto de confianza e iso é perfectamente aplicable ás novas tecnoloxías e ao mundo dixital”. Díaz aproveitou o encontro para anticipar que unha vez que Áurea estea plenamente operativa, o Concello de Ponte Caldelas estudará a contratación paulatina de todos os seus servizos de datos e telefonía sobre IP en todos os centros e edificios municipais. Non descarta, ademais, asinar acordos para axudar á empresa á súa implantación nas empresas e fogares caldeláns. O grupo Enermol afunde as súas raíces no ano 1906 como Eléctrica Los Molinos. A tradición empresarial comezou cun bisabó muiñeiro que adquiriu unha turbina en Alemaña co obxectivo de autoabastecerse de enerxía eléctrica. Xurdiu así un negocio familiar vendendo a electricidade ás vivendas próximas e estendéndose, paulatinamente, polo municipio. Varias xeracións despois o negocio familiar está moi diversificado e, en 2015, crearon Áurea. Outra vez a solución dunha necesidade interna deu pé a unha idea empresarial. O que inicialmente ía ser o soporte informático sobre fibra óptica para os sistemas de telexestión e telemando das instalacións de produción de enerxía hidroeléctrica converteuse nalgo máis ambicioso. Comezaron polo subministro aos polígonos do Campiño e A Reigosa e, finalmente, decidiron abrilo a todos os veciños de Ponte Caldelas.


// Xullo 2016 // 13

| A Lama|

O CONCELLO APROBA UN ORZAMENTO MUNICIPAL DE 1.445.671,30 EUROS DESTINADO A MANTER OS SERVIZOS PÚBLICOS E A ATENCIÓN SOCIAL A Corporación aprobou tamén a Relación de Postos de Traballo (RPT) nun Pleno que serviu de despedida entre aplausos para o secretario-interventor O Pleno da Corporación Municipal do Concello da Lama aprobou, cos votos favorables do PPdeG e a oposición do PSdeG-PSOE e Cidadáns, os orzamentos municipais para o presente exercicio que alcanzan a cifra de 1.445.671,30 euros. A Corporación aprobou tamén, con apoio do PPdeG e Cidadáns, a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello, a primeira destas características que sae adiante e que contempla unha adecuación de categorías e salarios dos traballadores públicos que desempeñan as súas funcións no Concello. Os orzamentos municipais contaron coa oposición de socialistas e o edil de Cidadáns ao considerar excesiva a partida relacionada cos gastos de persoal do Concello e criticaron a ampliación do salario destinado á persoa que substitúa ao secretario-interventor, Gonzalo Porto Becerra, que agora se xubila. O alcalde, Jorge Canda Martínez, manifestou que o orzamento o único que recolle é a actualización salarial determinada pola Relación de Postos de Traballo (RPT) negociada cos sindicatos e que tamén foi aprobada nun punto posterior co apoio de PP e Cidadáns. Enrique Vaqueiro, portavoz socialista, agradeceu e destacou o labor do secretariointerventor, que agora se xubila, e manifestou non entender como a persoa que o substitúa cobrará máis que o cesante e agradeceulle o seu compromiso coa austeridade orzamentaria ao longo destes anos que fixo que mantivese nun nivel máis baixo o seu soldo. Jorge Canda defendeu a profesionalidade e entrega do secretario-interventor, Gonzalo Porto, ao longo dos seus case 23 anos de servizo no Concello da Lama e xustificou a modificación salarial en función das novas táboas que se aplican para este tipo

de funcionario especializado que require de experiencia e solvencia profesional acreditada. Así mesmo, o alcalde defendeu os orzamentos municipais como de marcado carácter social xa que “a pesar de que perdemos poboación, temos unha extensión territorial moi grande e unha poboación envellecida seguimos a prestar con plenas garantías tódolos servizos municipais e, especialmente, aqueles relacionados coa atención ás persoas que máis ou precisan sendo as contas municipais moi receptivas á solidariedade con aqueles veciños e veciñas que ou están a pasar realmente mal”. UN CONCELLO MODESTO TEN QUE ATENDER AS MESMAS NECESIDADES DÚAS SEUS VECIÑOS QUE UN MAIOR Canda manifestou que “aínda que aprobamos un orzamento de 1,5 millóns de euros, a xestión que realizamos para captar investimentos para A Lama fai que, como pasou non pasado exercizo, acabemos destinando case ou dobre do presupostado a realizar

obras e mellora de servizos para vos nosos veciños. Así ou ano pasado chegamos a manexar unha cantidade próxima aos 3 millóns de euros. Aquí critícase ou que se cobra, pero ninguén dei nada do traballo que se fai e vos recursos que se xeran para vos veciños e veciñas. Aquí vos operarios municipais fan de todo e para todos atendendo dun xeito eficiente e profesional ou que a cidadanía demanda. Fálase de que este gasto é ou 38% do total para un orzamento de 1,5 millóns de euros, pero a realidade é que se aplicamos tódalos investimentos que se administran desde ou Concello veriamos que a porcentaxe baixaba enormemente. Ademais un Concello para ou seu funcionamento ten uns gastos comúns a todos. Se tivéramos, por exemplo, ou orzamento de Ponte Caldelas, veriamos como esa porcetanxe situaríase en torno ao 18%. Un Concello pequeno ten que prestar vos mesmos servizos aos veciños que outro moito maior aínda que conte con menos recursos económicos e menos orzamentos”. O alcalde tamén se referiu a que os capítulos destinados a colaborar con entidades

sociais, asociacións culturais, comisións de festas, agrupacións deportivas, ANPA e o centro educativo mantiñan o capítulo económico “cuestión que levamos mantendo desde que entramos na crise e ningún ano lle fallamos a ninguén. Ou noso orzamento está feito para atender as demandas dúas nosos veciños en todos e cada un dous lugares que compoñen ou municipio”. Finalmente, Jorge Canda sinalou que estes orzamentos municipais eran “moi realistas e axeitados para dar resposta ás necesidades dúas nosos veciños sen deixar de prestar ningún servizo e mantendo a estabilidade orzamentaria e a solvencia económica que nos permite dicir que ou Concello da Lama está saneado e que paga puntualmente aos seus provedores e que ten capacidade investidora en materia social e de infraestruturas. A nosa intención é seguir pola senda dun orzamento equilibrado sen deixar de atender todos e cada unha dás necesidades dúas nosos veciños e veciñas”. DESPEDIDA ENTRE APLAUSOS Ao SECRETARIO-INTERVENTOR

Momentos antes de finalizar o Pleno, o alcalde Jorge Canda Martínez agradeceu publicamente o labor e a profesionalidade do secretario-interventor, Gonzalo Porta Becerra, que cesa o xoves 30 de xuño e deséxolle o mellor. Destacou o seu carácter humano e a súa vocación de servizo que lle levou a “manter sempre a porta aberta a calquera veciño e veciña que precisase dá súa axuda, información ou colaboración facendo dá administración local un feito moi próximo e cómoda para ou cidadán”. Destacou tamén os seus esforzos por modernizar a administración local, o seu interese polas novas tecnoloxías e a apertura do Concello aos portais de transparencia e á administración electrónica sendo A Lama uno dos municipios pioneiros na aplicación dos novos estándares da administración moderna, do século XXI, mesmo antes que outros concellos de maior capacidade e posibilidades. O Pleno finalizou entre aplausos e mostras de agradecemento unánime de todos os concelleiros cara ao secretario-interventor, Gonzalo Porto Becerra.


14 // Xullo 2016 //

| A Lama |

O CONCELLO DA LAMA INICIA UN OPERATIVO DE REPARACIÓN DE MUROS DE CONTENCIÓN AFECTADOS POLA ÚLTIMA TEMPADA DE INTENSAS CHOIVAS

O alcalde, Jorge Canda, estableceu un calendario de intervencións que se prolongarán nos meses de verán O Concello da Lama acaba de poñer en marcha un operativo para levar a cabo a reparación de muros de contención afectados polas choivas do pasado inverno e que en moitos casos afectan a viarios de tránsito habitual de vehículos e peóns. O alcalde, Jorge Canda Martínez, estableceu un calendario de intervencións, que se prolongará ao longo dos meses de verán, co que se irá dando resposta aos problemas detectados por mor dos danos causados polas intensas choivas do pasado inverno e primavera. A brigada de obras e servizos comezaron xa a actuar na estrada que comunica á capital da vila con Caritel onde se detectaron varios muros de con-

tención danados que deterioran as beirarrúas e ameazan mesmo co seu desprendemento final. Estes traballos serán acometidos polo Concello da Lama, con fondos propios, e operarios municipais incluídos nos distintos plans de contratación aos que se acolleu o Concello e que permiten dar resposta a estes problemas agora detectados. As actuacións iranse afrontando paulatinamente ao longo dos meses de verán aproveitado a baixa pluviosidad e a maior dispoñibilidade laboral dos operarios que achegan os plans de emprego solicitados polo Concello da Lama ante os organismos provinciais e autonómicos.

HOMENAXE AO SECRETARIO- OCULTACIÓN DOS CONTEDORES DE LIXO INTERVENTOR DO CONCELLO O Concello da Lama continúa co seu proceso de humanización do centro da vila coa colocación dun sistema de ocultación e corrección do feísmo visual que ofrecía no centro urbano a presenza de colectores de lixo. O novo sistema, de madeira, integra mellor estes depósitos á vez que melloran a seguridade viaria e facilitan a recollida selectiva de residuos sólidos urbanos. Aproximadamente unha ducia de illas de madeira encárganse de ocultar á vista do público e os visitantes os colectores de lixo co cal me-

O Concello da Lama rendeu homanaxe ao seu secretariointerventor, Gonzalo Porto Becerra, con motivo da súa xubilación tras prestar case 23 anos de forma ininterrompida de servizo público neste concello. O acto contou coa presenza do alcalde, Jorge Canda, o ex rexedor Manuel Rial, os portavoces do PSdeG-PSOE, Enrique Vaqueiro, e Cidadáns, Andrés Cal, así como membros da Corporación e principais representantes da sociedade lamense. No transcurso dunha concorrida comida de homenaxe, o alcalde Jorge Canda e o ex

rexedor Manuel Rial fixeron entrega dunha placa a Gonzalo Porto Becerra a través da cal lle agradecían os case 23 anos de servizo público a favor dos veciños e veciños da Lama. No seu discurso, o alcalde Jorge Canda mostrouse profundamente emocionado ao lembrar a traxectoria que ao longo dos últimos anos tanto o técnico como o representante popular percorreron á fronte da administración local. Canda tivo tamén palabras de sentido recordo para o seu compañeiro de Corporación Juan Carlos Piñeiro Teodosio, recentemente falecido.

lloran substancialmente a imaxe que ofrece o centro urbano. Así mesmo, ao estar estes depósitos de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos protexidos ofrecen unha maior seguridade viaria xa que en momentos de tormenta invernal resulta máis fácil a súa ancoraxe e evitan que poidan desprazarse e invadir o viario público. Por outra banda, con esta medida mellórase o sistema de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos co fin de que o cidadán poida ter concentrados os colectores e facilitan unha maior concien-

ciación á hora de depositar o lixo mellorando así o cociente de separación dos elementos desechables con respecto ao material reciclable. Un destes sistemas foi colocado na entrada lateral do colexio co fin d que os residuos producidos polo comedor escolar poidan contar tamén cun sistema de recollida selectiva e así tamén contribuír ao proceso de concienciación cidadá que nesta materia está a impulsar a comunidade escolar cos alumnos do centro que terán nestas illas de madeira un aliado nesta materia.


// Xullo 2016 // 15

| Mondariz |

VECIÑOS E VECIÑAS DE MONDARIZ XA PODEN UTILIZAR A INSTALACIÓNS DA PISCINA MUNICIPAL Dende o pasado día 1 de xullo e ata o 31 de agosto, veciños e veciñas de Mondariz poden gozar das instalacións da Piscina Municipal que, este ano, baixa o custe de entrada de cara a que, o prezo, non sexa impedimento para que se poida gozar utilizar esta instalación. A piscina permanece aberta en horario de 14 h a 21 h de luns a venres, mentres que sábados, domingos e festivos, de cara a un maior aproveitamento, adiántase o horario de apertura ata as 11 h, quedando invariable o de peche ás 21 h. Os nenos e nenas con idades comprendidas entre 0 e 3 anos, terán entrada total-

mente de balde; de 4 a 15 anos o prezo da entrada individual será de tan só 1 euro e, de 16 anos en adiante, de 1,5 euros. A estes prezos, case que simbólicos, engádese a posibilidade de adquirir bonos de baño, que resultan máis económicos. O bono de 20 entradas para nenos e nenas de 4 a 15 anos será de 17 euros, e os de 16 anos en adiante, de 24 euros. Actividades Pero ademais da utilización diaria da piscina, esta instalación ofrece dúas actividades ben interesantes. Dunha banda, pon en marcha un cursiño de natación para nenos e adultos, impartidos

por Nuria Mutilba que se desenvolverá durante luns, mércores e venres dos meses de xullo e agosto a partir das 11 horas. O prezo será de 24 euros mensuais para adultos e 19 euros mensuais para nenos e nenas. Ambolos dous casos teñen un prezo de matrícula de 5 euros. Para inscricións ou mais información, interesados e interesadas poden dirixirse ao mail nuriamutilba@gmail.com ou aos teléfonos 615 014 758 e 986 664 306. A segunda actividade está dirixida, exclusivamente, a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e 13 anos. Trátase dunha iniciativa de Xogos Acuáticos,

impartidos por Jonás Rodríguez, que terán lugar na piscina municipal todos os martes e xoves, en horario de 12 h a 12:45 horas. O prezo será de 19 euros mensuais e os participantes deberán posuír un dominio mínimo do medio acuático. As inscricións pódense realizar na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Mondariz, ou no teléfono 986 664 306 de luns a venres de 9 h a 14 horas Cómpre salientar que a seguridade na piscina municipal de Mondariz quedará garantida pola presenza de dous socorristas titulados, grazas as xestións realizadas polo Goberno local de

AporM-PSOE diante da Xunta de Galicia. Froito desas xestións, os socorristas, que traballarán os dous meses de verán, chegan a Mondariz a través dunha subvención de Cooperación da Xunta de Galicia, co que non suporán gasto algún para as arcas municipais. A intención do Goberno local de AporM-PSOE, va máis aló de poñer a piscina en perfectas condicións para usuarios e usuarias e a prezos máis que alcanzables para todas as economías, senón que busca un mellor aproveitamento da instalación a través de actividades, como os cursiños de natación e os xogos acuáticos.

O Concello de Mondaríz vén de presentar a súa programación cultural para este verán 2016, que contará con máis de corenta actividades a desenvolver nos meses de xullo e agosto. O Programa Cultural está deseñado coa intención de ser

apto para todos os públicos e cun amplo abano de iniciativas que van dende a música ao teatro pasando por espectáculos de maxia, actividades gastronómicas ou eventos deportivos. Trátase, principalmente, de ofrecer “a veciñas e veciños

actividades nas que ocupar o tempo de lecer durante a época estival”, asegura o Goberno local de Mondariz, pero tamén co claro obxectivo de “dinamizar e fomentar o turismo”. Nese sentido, Mondariz ofrece un programa, amplo e variado, capaz de atraer aos nume-

rosos visitantes que, durante o verán, elixen as terras do Condado para pasar as súas vacacións. Segundo o Goberno de AporM-PSOE, Mondariz ten que aproveitar “o tirón” que ten O Condado como destino turístico de calidade, e en

especial o turismo termal do veciño Mondariz Balneario, “para dar a coñecer as súas enormes posibilidades como lugar de vacacións que, amais da súa riqueza natural, histórica e patrimonial, ofrece un amplo programa actividades de lecer para todos os gustos”.

MONDARIZ PRESENTA UN PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN CON MÁIS DE CORENTA ACTIVIDADES


16 // Xullo 2016 //

| Publicidade|


// Xullo 2016 // 17

| Salvaterra de Miño | Arbo |

UN ANO MÁIS O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO FAI ENTREGA AOS MELLORES EXPEDIENTES ACADÉMICOS DOS PREMIOS DE EDUCACIÓN Salvaterra de Miño foi un dos primeiros e dos poucos Concellos que premian a excelencia académica. Froito da colaboración e do traballo conxunto que existe entre a institución e os centros educativos nace esta iniciativa, que buscaba fomentar e premiar o traballo, e que nun principio estaba enfocado unicamente ao alumnado do IES Salvaterra, pero que xa fai sete se ampliou aos centros de primaria. Esta iniciativa, como ven decia antes, busca premiar e por en valor varios aspectos da vida educativa, o traballo, a constancia, pero tamén o esforzo e a propia actitude lo alumnado. A Concelleira de Educación, Marta Valcárcel, puxo tamén en relevo o traballo, dedica-

ción e implicación tanto dos equipos directivos como profesores dos centros, que bus-

can continuamente incentivar aos seus alumnos, e por outro lado tamén salientou

PRESIDENTE DA CH DO MIÑO-SIL E O ALCALDE DE ARBO ASINAN UN CONVENIO Convenio para a reparación das infraestruturas afectadas polos temporais dos primeiros meses do ano

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), formalizou o convenio de colaboración co Concello de Arbo que posibilitará a execución das obras de reparación e mellora das infraestruturas afectadas polas fortes precipitacións do primeiro trimestre do ano 2016, realizando un investimento que supera os 100.000 €. O presente convenio, rubricado polo presidente do organismo de conca, Francisco Marín, e o alcalde do municipio, Horacio Gil, ten por obxecto determinar as con-

dicións que rexerán o financiamento, posta a disposición dos terreos, execución e posterior entrega para o mantemento e conservación das obras e instalacións contempladas no “Proxecto de distintas actuacións de reparación e gran reparación de danos e mellora de infraestruturas no termo municipal de Arbo”. As intensas choivas dos primeiros meses do ano provocaron o desbordamento do río Lamas, no lugar de Vos Eidos de Arriba, destruíndo parcialmente a obra de drenaxe transversal da estrada que cruza, sendo necesario proceder ao seu peche ao trá-

fico. Por outra banda, víronse afectadas por desbordamento as pasarelas sobre as canles do río Cea e dun arroio innominado próximo á desembocadura do Deva, aínda que, no primeiro caso os danos foron leves, no segundo a pasarela non pode ser reparada e tivo que ser pechada ao paso. Mediante o presente convenio procederase á execución dunha nova obra de drenaxe transversal da estrada local que atravesa o lugar de Vos Eidos de Arriba no seu cruzamento co arroio Lamas; á reparación da pasarela peonil sobre o río Fontemaria, no paseo fluvial do Miño; e á construción dunha nova pasarela de madeira sobre un arroio innominado situado no paseo fluvial do río Deva. O conxunto de obras citadas complementaranse coas actuacións de reutilización da Pesqueira do Frade, como miradoiro sobre o río, entre a ponte internacional e o arroio Fonte María, e a mellora dos accesos ao mesmo para facilitar o seu uso aos cidadáns.

o apoio da propia familia, xa que moitas veces son o eixo central do seu éxito. Felici-

tou aos premiados e premiadas e desexoulle as mellores das sortes na nova etapa que empezan. Os premios de educación están formados por un total de 14 premios, formados por lotes informáticos (unha tablet, funda, powerbank portátil e tarxeta de memoria) repartidos da seguinte maneira: 9 para os colexios de primaria, 3 para ESO, 1 para Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería e 1 para FP Básica de Carpintaría e moble; e 3 becas de estudios a Inglaterra – Worthing durante 3 semanas, con curso intensivo, aloxamento en familia a pensión completa, bono trasporte, actividades, seguros...., co fin de que os tres mellores expedientes académicos perfeccionen o seu inglés.

I XUNTANZA CABALAR A I Xuntanza Cabalar, pretende recaudar fondos para os Bombeiros Voluntarios de MelgaÇo A I Xuntanza Cabalar, pretende recaudar fondos para os Bombeiros Voluntarios de MelgaÇo. A Asociación Humanitaria dos Bombeiros Voluntarios Melgaço formouse en 14 de abril de 1929, e foi considerado de Utilidade Pública o de 29 de decembro de 1933 , recibiu o eloxio do Concello de Melgaço , en sesión de 22 de outubro 1930 e foi agraciado co grao de orde da caridade en 02 de xuño de 1934 . O seu principal obxectivo é ofrecer servizos de bombeiros e asistencia en casos de desastres, incendios e servizos de saúde comúns , tanto no transporte de enfermos ou vítimas, como en propias instalacións privadas e tamén restituír a orde e o ben público , cando e solicitado polas autoridades competentes . O corpo de bombeiros , case desde o nacemento traballa coa veciña Galicia , e de 1930 a súa primeira intervención no descarrilamento dun tren entre as estacións e vías Arbo Pousa . A súa labor no noso Concello é moi importante, tendo que acudir durante este ano a

varias vivendas do noso Concello, polo incendios producidos. A saída darase o domingo 28 de agosto de 2016 ás 10:00 horas dende o Campo Municipal de Arbo.O percorrido son 30 km aproximadamente Os participantes deberán cumprir os horarios propostos pola organización nos distintos puntos de paso. Establécese un máximo de 300 participantes. O remate de prazo para inscribirse e o 25 de Agosto ás 15:00 h. A inscrición pode realizarse por correo electrónico na dirección oficinas.concellodearbo@gmail.com. Calquera dubida poderá resolverse por estos medios ou no telefono 986.665000 de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas. E imprenscindible anotarse para a ruta e a comida. Disporase de avituallamento liquido e sólido dentro do percorrido da marcha. Haberá a disposición dos participantes un servizo de duchas para os xiñetes e auga a disposición do xinetes para suministrar os cabalos.


18 // Xullo 2016 //

| Pazos de Borbén | Soutomaior |

UXÍO BENÍTEZ RECIBE AO ALCALDE DE PAZOS DE BORBÉN PARA PRIORIZAR MELLORAS NAS VÍAS PROVINCIAIS DO MUNICIPIO O deputado comprometeuse a negociar con Fomento a construción dunha glorieta para conectar A EP2702 coa N-550 no Alto dos Valos O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, reuniuse co alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, coa fin de coñecer as prioridades de actuación do concello para as vías provinciais dentro do municipio. O responsable provincial asegurou que a Deputación verá as posibilidades para elaborar un proxecto de mellora da visibilidade e seguranza viaria no cruce entre a estrada Amoedo- Os Valos e o acceso á igrexa de Nespereira, así como a posible urbanización desa estrada no treito no que coincide co núcleo urbano. Así mesmo, Benítez comprometeuse a negociar co Ministerio de Fomento a construción dunha glorieta no entronque entre a mencionada vía e a N-550 no Alto

dos Valos. Benítez recibiu a Iglesias para falar da situación actual das estradas de titularidade da Deputación no municipio. Acudiu acompañado do representante veciñal José Manuel González, quen aportou datos sobre unha das obras solicitadas. Segundo explicou o rexedor, o concello considera prioritaria e de necesidade inmediata a mellora da intersección entre a estrada EP-2702 e o acceso á igrexa de Nespereira, xa que o cruce presenta visibilidade escasa. Benítez indicou que a Deputación está disposta a elaborar un proxecto de mellora, xa que un dos veciños da zona se mostrou disposto a ceder os terreos precisos para facer unha nova incorporación á

pista da igrexa. Por outra banda, tamén se falou da necesidade de mellora do treito desa mesma vía que pasa polo núcleo de Nespereira. Alí hai moito tránsito, xa que a estrada é utilizada para ir de Porriño cara a Pazos de Borbén sen pasar por Redondela. “Estamos dispostos a estudar unha actuación singular que garanta a seguridade viaria e a mobilidade peonil no treito máis urbano. Entendemos que o alcalde queira priorizar a actuación neste treito e a súa petición será tida en conta”, manifestou o deputado de Mobilidade. Finalmente, e tamén en relación coa EP-2702, Uxío Benítez comprometeuse a iniciar conversas co Ministerio de Fomento para construír

unha rotonda que enlace a vía provincial coa N-550. “Queremos negociar a posibilidade de incluír a construción desta glorieta no marco das negociacións xerais que abriremos co Ministerio, xa que é fundamental tamén para unha correcta seguran-

za viaria”, sinalou o representante provincial. Pazos de Borbén conta con cinco estradas provinciais (Pazos-Hermida, Amoedo-Os Valos, Pazos-Ponteareas, Sequeiros-Cuartos de Borbén e Pazos-Borbén), que suman preto de 30 quilómetros.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR PRESENTA O SEU PROGRAMA EDUCATIVO “DESEÑANDO O TEU FUTURO”

30 mozos do municipio entrarán en contacto co mundo laboral nun proxecto piloto que pretende facilitarlles a elección da súa futura profesión O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, presentou o novo proxecto educativo organizado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Soutomaior. O programa está dirixido a mozos do municipio de entre

14 e 18 anos coa intención de proporcionarlles un primeiro contacto co mercado laboral que lles poida axudar á hora de orientar a súa formación. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, definiu o proxecto como “moi intere-

sante, xa que permitirá aos mozos achegarse á realidade laboral de gran cantidade de empregos”, e aproveitou para instar os mozos e ás súas familias para compartir as súas experiencias e observacións sobre o proxecto piloto

co fin de melloralo. “Trátase dun proxecto que esperamos repítase nos próximos anos, e necesitamos a axuda de todos os participantes para que o resultado sexa o mellor posible”, finalizou o edil. “Deseñando o teu futuro” é un proxecto educativo que pretende orientar á mocidade do municipio á hora de escoller unha profesión para o seu futuro. Mediante visitas e pequenas prácticas en empresas de diversos sectores os mozos poderán coñecer en profundidade o traballo realizado en multitude de empresas, como un estudo de arquitectura, empresas enerxéticas e de metalurgia, viveiros, espazo de coworking ou a propia administración pública. Ademais, o proxecto tamén inclúe actividades lúdicas, como unha experiencia práctica na Fundación Museo Luís Seoane da Coruña ou a excursión a Arbo para practicar rafting. Estas actividades

tamén están adaptadas ao concepto educativo do proxecto, xa que as empresas que proporcionan estes servizos tamén instruirán aos mozos nas particularidades do sector do lecer por se prefiren esta saída profesional. Outro dos obxectivos deste proxecto é fomentar a capacidade para a toma de decisións dos mozos. Neste sentido programouse unha visita ao Parapark de Vigo, onde os mozos gozarán dunha aventura de misterio en primeira persoa na que terán que tomar unha serie de decisións crave para lograr o obxectivo. Outra das novidades deste proxecto piloto posto en marcha en Soutomaior é o caderno de viaxe que acompañará aos mozos durante todas as actividades. Coa intención de servir como un sistema de mellora continua, nel recolleranse todas as incidencias, consellos e suxestións que os participantes acheguen para futuras experiencias.


// Xullo 2016 // 19

| Porriño |

O CONCELLO ORDENOU A TALLA INMEDIATA DE 8 DOS TILEIROS DA PRAZA DO CRISTO, AFECTADOS POR FUNGOS PARÁSITOS A Concellería de Parques e Xardíns acometerá, de xeito inmediato, a tala de 8 tileiros da Praza do Cristo que, segundo os estudos feitos nas árbores, presentan un avanzado estado de apodrecemento por mor duns fungos parasitos, que provocaron a rotura fibrilar dos mesmos. Como adiantara o concelleiro Orlándo Márquez, persoal especializado de Adoa fixo un exame polo miúdo dos tileiros para comprobar o seu estado e decidir si os mesmos, plantados hai medio século, se tallan ou se arrincan para evitar riscos aos veciños. A conclusión dos expertos é que a maioría das árbores, que miden entre 6 e 8 metros, presentan “corpos de fructificación de fungos parasitos graves que veñen de crear

aprodrecementos e ocos en todos os exemplares”. O tipo de fungo, ‘Ganoderma sp.’, é de apodrecemento branco ou

fibroso, que vai dende o pescozo da árbore e sube polo corpo da mesma. Á acción do fungo hai que en-

gadir, subliñan os biólogos, “feridas antigas na base dos troncos, seguramente producidas por maquinaria, que

causaron un gran apodrecemento interno que implica un debilitamento da árbore, que se reflicte no nivel de vitalidade, non xerando un bo callo que cubra a feridas, e a nivel biomecánico ao quedar unha estrutura susceptible de rotura ante un forte vento”. Á vista destas conclusións, nos vindeiros días, varios equipos, dirixidos por especialistas, cortarán, nun primeiro momento, oito dos tileiros da Praza do Cristo, os que están en peor estado, e retirarán, as raíces dos mesmos, na súa totalidade, xa que a súa permanencia faría imposible a replantación dado que o fungo sobreviviría e afectaría, nun período de 5 a 6 anos, ás novas árbores que se colocasen no seu lugar.

TOLDOS DA ESCOLA INFANTIL DA GALIÑA REMATE DO CURSO DE AZUL DE DOANTES, NO PORRIÑO PERRUQUERÍA ARTÍSTICA E en agosto o centro disporá da instalación de climatización A Concellería de Educación, dirixida por Lourdes Moure, instalará de xeito inmediato os toldos na Escola Infantil a Galiña Azul de Doantes, tal e como se comprometerá no seu día o goberno local para paliar o calor que teñen que pasar as cativas e cativos que acuden ao centro. Hai varios meses o Consor-

cio de Igualdade e Benestar, dependente do Goberno de Galicia, e o goberno local chegaran ao acordo de que o Concello colocaría o devandito toldo mentres non se instala a climatización por parte do Consorcio que, como indica a concelleira, xa ten a partida orzamentaria para o mesmo e “agardamos que

funcione xa no mes de agosto”. Este mesmo luns os operarios da empresa que debe poñer este toldo xa estiveron na Escola realizando medicións e, nos vindeiros días, empezarán os traballos de colocación do mesmo para evitar que os pequenos sigan soportando as altas temperaturas.

A Concellería de Emprego está a desenrolar un Curso de Perruquería Artística ao que asisten 20 veciñas do Porriño, todas elas en situación de e seleccionadas na Oficina do antigo INEM da vila. As participantes reciben formación, teórica e práctica nesta modalidade que ten coma obxectivo final a posibilidade de desenvolver os coñecementos adquiridos en pequeñas e medianas empresas adicadas, principalmente, e actividades socioculturais. A concelleira, Soledad Girón, subliña que estes cur-

sos teñen como “obxectivo esencial e fundamental contribuír á volta ao mercado laboral” mediante o coñecemento de novas habilidades demandadas polos empregadores ou que poden constituír un oco de mercado á hora de crear unha empresa. A este curso, que ten unha duración total de 60 horas, seguirá outro de maquillaxe, que empeza o vindeiro 18 de xullo e no que participarán outras 20 persoas. Soledad Girón reitera que todas as actividades formativas, que se desenrolan no centro de Torneiros, son de balde.


20 // Xullo 2016 //

| Porriño |

SALCEDA, MOS, PONTEREAS E O PORRIÑO POÑEN OS ALICERCES PARA CREAR UN ‘CONSORCIO’ ‘Consorcio’ que facilitará a presentación de ideas para optar a proxectos europeos de formación

Os concellos de Salceda, Ponteareas, Mos e O Porriño, deron un primeiro paso para a creación dun ‘consorcio’ que facilitará a presentación de ideas que poidan optar a proxectos europeos de Formación Profesional e Ciclos medios, por medio das correspondentes concellerías de Educación e integrando aos centros formativos de cada un dos concellos. Nunha xuntanza que tivo lugar hoxe mesmo no Concello do Porriño, os alcaldes de

Salceda, Marcos Besada, de Ponteareas, Xosé Represas, e a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre,as concelleiras de Educación de Ponteareas, Cristina Fernández, e do Porriño, Lourdes Moure, xunto co profesor Amador Ordoñez, coordinador de proxectos europeos do IES Ribeira do Louro, que conta cunha dilatada experiencia na coordinación de proxectos europeos, puxeron os alicerces desta iniciativa á que xa amosaron

o seu desexo de sumarse os responsábeis municipais de Salvaterra, Tui e As Neves. O primeiro paso é a creación dunha Plataforma on line para promover nos centros de formación, e para traballar conxuntamente, a nivel europeo, dando pulo á idea de emprendedor entre as alumnas e alumnos, poñendo en man dos centros unha ferramenta que facilite esta labor mediante a formación de profesores e estudantes e a mobilidade dos mesmos,

en función dos proxectos presentados e das especialidades, dentro dos países da Unión Europea e asociados á mesma, como Turquía ou Suiza. Os estudantes terán unha visión máis crara da realidade actual do mundo da empresa, en especial coñecendo que sectores están a medrar, atopar ocos de mercado, coñecer as novas estratexias empresariais ou o estado da globalización do mercado, de xeito que, por medio de ideas

en común, experiencias e ideas conxuntas de cada un dos socios que participan nesta Plataforma, conquerir unha visión máis real do que debe de ser unha empresa na actualidade. A idea final é a creación dunha rede de colaboración entre todos os centros, concellos e empresas, unha xestión moi complexa que, como sinala o profesor Ordóñez, “só é factible creando ‘consorcios’ formados por centros, o que podería denominarse como ‘escolas de escolas’, que permitan optar aos devanditos fondos europeos de formación”, unha experiencia que funciona xa, hai anos, en países como Suecia. Ademais dos proxectos de cooperación que poden presentar conxuntamente os concellos da rede, hai outras accións, como as promovidas por Interreg Poctep, Programa Operativo de Cooperación Transfonteriza EspañaPortugal; Interreg Sudoe; Interreg Atlántico; Europa Creativa ou Europa dos Cidadáns, aos que poden sumarse accións de prevención de drogodependencia ou de acoso escolar, bullying e cyberbulling.


// Xullo 2016 // 21

| Ponteareas |

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLEU O OBRADOIRO FORMATIVO DE VÍDEO CREACIÓN DO PROXECTO TELEARQUEOLOXÍA A xornada do proxecto Telarqueoloxía, organizada na Biblioteca Municipal de Ponteareas, dedicada á divulgación da arqueoloxía e aprendizaxe da súa labor, así como da súa visualización mediante medios audiovisuais. “Ponteareas ten a enorme riqueza de contar con moito patrimonio arqueolóxico, algún del incluso aínda pouco coñecido polo público. Esperamos que se poda converter nos próximos meses nun motivo de atracción máis para o público”, comentou o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, na presentación do evento. Deseguido, a coordinadora do proxecto, Saleta González, expuxo as liñas mestras do programa Telearqueloxí a 2016. Concretamente, explicou as bases do concurso

da primeira edición do Festival de Curtametraxes sobre Patrimonio Arqueolóxica da Provincia de Pontevedra – Telearqueoloxía, que se celebrará o 14,15 e 16 de decembro do presente ano. Hai dúas categorías: Lascas, para menores de 18 anos, cunha duración máxima de 5 minutos por vídeo, e Bifaces, para maiores de 18 anos, cunha duración máxima de 15 minutos. En ambas as dúas categorías, os vídeos deberán estar en galego, con subtítulos en inglés. Os interesados en participar terán de prazo até o 10 de novembro para presentar os seus traballos por correo electrónico a telearqueoloxía@ depo.es ou na plataforma web www.festival.movibeta.com, anexando o formulario de inscrición. As dúas categorías

terán premiados: Lascas ten dous premios do xurado para os mellores traballos de 1500 e 1250 euros, e un premio especial do público de 750; e Bifaces ten dos premios do xurado para os mellores traballos de 3000 e 2000 euros, respectivamente, así coma un premio especial do público de

1500 euros. Finalmente, Gonzalo Fernández Álvarez, historiador municipal, falou da importancia do labor do Museo de Ponteareas. Tamén incidiu nos aspectos máis relevantes á hora de realizar unha investigación, tanto a nivel xeral, como específico, con exemplos prác-

ticos aplicados ao patrimonio arqueolóxico. Pola súa banda, Saleta González, tamén afondou no ámbito da videoinvestigación, no que formou aos participantes na creación de vídeos con dispositivos de gravación a nivel usuario (móbiles, tabletas, cámaras ), así como na edición de vídeo.

OS PRIMEIROS ORZAMENTOS DE PONTEAREAS EN CINCO ANOS ENTRAN EN VIGOR PARA NORMALIZAR O FUNCIONAMENTO ECONÓMICO DO CONCELLO Despois de rexeitar as alegacións no Pleno do pasado 28 de xuño, o Boletín Oficial da Provincia publicou o primeiro orzamento de Ponteareas dende 2010 Coa súa publicación, o pasado venres dia 8, no Boletín Oficial da Provincia, entran en vigor os orzamentos do Concello de Ponteareas para o 2016. Deste xeito remátase cunha situación irregular que se arrastrou dende o 1 de xaneiro de 2011, por mor de estar a funcionar coas contas prorrogadas de 2010. No último mandato do PP, no que Belén Villar foi responsábel de Facenda e Persoal, o anterior goberno foi incapaz de levar a Pleno un só orzamento en 5 anos, “unha situación inaudita nun concello como Ponteareas”, manifestou o concelleiro de Facenda, Francisco Alonso. A aprobación do orzamento foi unha das prioridades do goberno presidido por Xosé Represas para normalizar o funcionamento do departamento económico do Concello, “estar durante cinco anos cun presuposto tan desfasado ten contribuído ao descontrol económico no Concello e bloqueado determinadas actuacións”, declarou o alcalde.

O Goberno local de BNG, PSOE e ARDT sacou adiante as contas para este exercicio cos seus votos e coa abstención de EU-SON, acción que facilitou a aprobación. “O PP, incapaz de sacar adiante un só orzamento en cinco anos, puxo moitos paus nas rodas para impedir que Ponteareas contara neste ano cuns novos orzamentos pero logramos aprobalos”, manifestou o concelleiro de facenda Os Orzamentos Municipais contemplan 13,7 millóns de ingresos e 12,9 millóns de gastos para este exercicio. Son axustados, marcados pola débeda do Concello, as sentenzas xudiciais que obrigan a pagar elevados intereses de demora e o embargo da metade dos ingresos do Estado para devolver o diñeiro adiantado en 2012 e 2013 para pagar as miles de facturas sen saldar polos anteriores gobernos do PP. Entre as novidades do orzamento están os 90.000 euros destinados ás axudas de emerxencia social, os 50.000

euros destinados a subvencionar a creación de emprego, as axudas para libros e material escolar ás familias con escasos recursos económicos, á axuda ao programa vacacións en paz promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharuí.

Os orzamentos tamén permitirán por orde na organización do cadro de persoal en canto as tarefas e funcións a realizar polos empregados municipais, así como as asignacións económicas acordes coas responsabilidades de cada traballador. Para lograr isto, o

orzamento contempla unha partida económica para a realización da Relación de Postos de Traballo (RTP), así como para actualizar o convenio colectivo xa que o último é de 1999. O obxectivo é mellorar a xestión e a atención diaria á cidadanía.


22 // Xullo 2016 //

| Tui |

O CLUB DE FÚTBOL GUILLAREI VOLVE A ACTIVIDADE NA TEMPORADA 2016/17 Juan Carlos Coello preside a nova directiva. Militará na 3ª Rexional adestrado por Pedro Pirelo O Club de Fútbol Guillarei volverá á competición na temporada 2016/17 tras tres anos de ausencia de actividade. Unha nova directiva encabezada por Juan Carlos Coello asume con ilusión o reto de pór de novo en marcha ao equipo. Contan xa con adestrador, o salcedense Pedro Pirelo, en quen confían para a formación do equipo que militará na 3ª Rexional. O novo club foi presentado esta mañá na casa do concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, acompañados pola directiva integrada Juan Carlos Coello, presidente; Manuel Rodríguez, vicepresidente; Manuel Solla, tesoureiro, e José Luís Freijeiro e Alejo Gregores, directivos. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, indicou que é “unha

magnífica noticia que o Guillarei recupere a actividade” polo feito de que Tui é un referente transfronteirizo a nivel deportivo e polo bo momento que vive o deporte a nivel local. Agradeceu á directiva a súa valentía de embarcarse nesta aventura e o sacrificio persoal que supón. O concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, destacou o mérito dos directivos e o esforzo realizado para pór en marcha novamente o club, o tempo que destacaba que o campo de fútbol de Guillarei, de herba natural, está nunhas condicións óptimas. O presidente do C.F. Guillarei, Juan Carlos Coello, explicou que o seu obxectivo é “recuperar a ilusión polo fútbol” na parroquia e aspiran a que a meirande parte do equipo estea formado por veciños de Guillarei. O seu plantexamento é ir pou-

co a pouco, comezando este ano cun único equipo en 3ª Rexional, e aspirando en próximas temporadas a po-

der contar tamén con equipos nas categorías base e mesmo cun equipo feminino. Quixo agradecer tanto

o apoio do Concello coma de distintas casas comerciais no inicio deste novo proxecto.

CAMPUS DE FÚTBOL SALA REVERSIÓN DO LOCAL DE EXTENSIÓN ANTONIO MARTÍN AGRARIA O Concello de Tui destinará o local da antiga oficia de extensión Disputarase en Tui entre o 18 e 29 de xullo O fútbol sala no concello está crecendo ano a ano co traballo dos clubs locais, C.D. Tui Fútbol Sala, A Quinta de Tui F.S. e o Randufe Futsal, que adestran a máis de 150 xogadores e xogadoras nas distintas categorías. Por isto e co obxectivo de seguir promocionando esta modalidade deportiva entre a poboación tudense, este ano organízase o “I Campus de Fútbol Sala Antonio Martín”, que se desenvolverá de luns a venres entre os días 18 e 29 de xullo, de 10.00 a 13.30 horas, nas instalacións deportivas do IES San Paio de Tui. A organización corre a cargo dos citados clubs locais e coa dirección de Antonio Martín “Toñín”, ex-xogador de fútbol sala da división de honra nacional durante 12 anos, quen foi xogador da selección española no Mundial de Praga, diplomado en educación física e especial,

así como adestrador de fútbol sala en equipos de división de honra. No mesmo colabora o Concello de Tui. O Campus vai dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2003 e 2010, sendo o prezo do mesmo de 40€, que se inclúe adestramentos individualizados, tanto de iniciación como de perfeccionamento, camiseta oficial do campus, marca Joma, froita e auga a media mañá, sorteo de regalos ao remate do campus, adestramento con xogadores de fútbol sala de primeiro nivel, entrada gratuíta na piscina municipal os días planificados, e seguro de accidentes. Todos os interesados no campus poden pedir máis información o inscribirse a través do enderezo electrónica campusfstui@gmail. com o nos números de teléfono 628.006.383 ou no 627.050.920. As prazas estarán limitadas a 60 participantes.

agraria aos Servizos Sociais Municipais O Concello de Tui recupera para uso municipal un local situado na casa do concello que nos últimos anos foi ocupado pola oficina de extensión agraria. Tras quedar en desuso o Concello de Tui solicitou á Xunta

de Galicia a súa reversión, que vén de ser aprobada pola Consellería de Facenda. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que este local, de 95 metros cadrados e que conta con acceso pola rúa Párroco Rodríguez Vázquez,

será destinado ás dependencias dos Servizos Sociais Municipais. Nas próximas semanas será acondicionado o que permitirá a este departamento contar coas instalacións axeitadas para desenvolver o seu traballo.


// Xullo 2016 // 23

| Baiona| Nigrán |

MEDIO AMBIENTE EXECUTARÁ AS OBRAS DE MELLORA DO SANEAMENTO EN SANTA MARTA NO CONCELLO DE BAIONA

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o alcalde de Baiona asinaron o convenio de colaboración para aposta en marcha desta actuación cun investimento de 115.000 euros A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, executará as obras de mellora do saneamento en Santa Marta no Concello de Baiona. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Baiona, Ángel Manuel Rodal Almuíña, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a posta en marcha desta actuación hidráulica. Tal e como se recolle no texto

do convenio, Augas de Galicia achegará un importe de 115.000 euros, polo que o seguinte paso será licitar as obras, coa previsión de iniciar as mesmas ao longo deste ano. As obras consistirán na instalación dun novo pozo de bombeo de augas residuais na parroquia de Santa Marta, que substituirá o actual bombeo –duplicando a capacidade- e evitará posibles vertidos e alivios. A conselleira de Medio Ambiente sinalou que esta actua-

ción é moi importante para esta zona do Concello de Baiona, porque na actualidade se producen alivios de augas residuais ao cauce público dende o pozo de bombeo. Para rematar, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

A DEPUTACIÓN FIRMA O CONVENIO CON NIGRÁN PARA IMPULSAR O SENDEIRO AZUL DE PRAIA AMÉRICA-PANXÓN

Carmela Silva e Juan Antonio González Pérez asinaron o acordo que porá en valor a Fonte de Praia América e instalará mobiliario ao longo do sendeiro

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Nigrán, Juan Antonio González Pérez, asinaron no Pazo provincial un convenio de colaboración para a realización de actuacións de mellora no sendeiro azul do Litoral Ecosistema Dunar Praia América-Panxón. Cun orzamento de 16.666,66 €, a institución provincial achegará o 80% do investimento total, 13.333 €, mentres que á corporación municipal lle corresponde o 20% restante, o que se traduce en 3.333,33 €. O alcalde de Nigrán salientou que, grazas á sinatura

deste convenio, non só “se nos vai axudar a manter mellor este espazo” senón que tamén servirá para “dalo a coñecer, a darlle máis publicidade” e ofrecer, á fin e ao cabo, “unha imaxe mellor do que é o noso concello”, asegurou. Sobre o sendeiro azul, asegurou que “se ben non se trata dun espazo degradado, si que non está o suficientemente coidado”, razón pola que se amosou satisfeito pola posta en marcha deste proxecto da institución provincial, que vai permitir “pór en valor unha fonte de principios de século e as chamadas ‘casetas de Ramiro’” ou “re-

cuperar o espazo público situado preto de Monte Lourido”, salientou o alcalde. A Presidenta lembrou que este convenio enmárcase na “liña de cooperación cos concellos, que para este Goberno provincial é fundamental”. Unha cooperación que se concreta, neste caso, cunha actuación que serve para a busca da contribución ao sostemento, promoción e difusión dos sendeiros azuis e así crear “un sólido nexo de unión entre concellos veciños”. Ademais, lembrou Carmela Silva, este convenio ten por obxectivo “pór en valor a natureza, a historia, a cultura e a etnografía do patrimonio litoral da nosa provincia, que é sen dúbida moi rico e diverso e, polo tanto, algo que coidar e protexer”. Unha vez máis, a provincia de Pontevedra está á vangarda en canto á excelencia de recursos turísticos. Pontevedra, que conta este ano con 11 sendeiros azuis, é a provincia española con maior número de distintivos nesta categoría. Por este motivo, dende o Goberno provincial está en marcha un programa de posta en valor e acondicio-

namento destes sendeiros azuis, cunha dotación de 183.333,26 €, dos que a Deputación aporta o 80% e os municipios o restante 20%. Nigrán é o segundo concello en asinar o presente convenio, despois de que Ponte Caldelas fixera o mesmo no mes de xuño. Os outros sendeiros azuis da provincia son o Roteiro de Donón (en Cangas), Camiño a Beiramar, Senda entre faros e Senda litoral e do Monte da Guía (en Vigo), o Cabo Udra (na vila de Bueu), a Senda Bao-Xestelas (A Illa de Arousa), a Senda litoral da Guarda (na Guarda), o Sendeiro da Calzada (en Ponte Caldelas), o Sendeiro litoral de Baiona (na vila de Baiona) e, por último, o Sendeiro Azul Ruta das Praias (en Marín). Os sendeiros azuis son rutas que enlazan praias ou portos con bandeira azul con elementos naturais do seu contorno, contribuíndo así á posta en valor dos valores naturais, históricos, culturais e etnográficos da provincia. O sendeiro azul de Nigrán une as praias de Panxón e a da Ramallosa. O sendeiro azul de Nigrán, que acadou este título en 2013, localízase nunha en-

seada orientada cara ao oeste entre Monte Ferro e Monte Lourido. Na súa zona central desemboca o río Muíños, dividindo o sistema dunar en dúas partes: Areal de Panxón e Areal de Praia América. Este sistema tivo que ser restaurado tras ser practicamente derrubado hai varias décadas por mor dunha excesiva urbanización. Lembramos tamén que o sendeiro azul de Nigrán forma parte, ademais, do programa “Depo Andainas” da Deputación, actividade gratuíta que nace despois de realizar unha serie de melloras sobre o anterior “Sendeiros Rías Baixas”, e que ten por obxectivos poñer en valor o territorio da nosa provincia e impulsar a preservación do medio ambiente provincial, ademais de impulsar á vez hábitos saudables entre a cidadanía. Entre as principais novidades atópanse desde a propia celebración das rutas, escapando dos días máis calorosos do verán, ata engadir dous autobuses para trasladar aos participantes, incluír ás Illas Atlánticas no programa e impulsar a participación dos concellos.


24 // Xullo 2016 //

| Meis|

MEIS DESPACHOU 6.000 RACIÓNS DE CALLOS DURANTE O DOMINGO

A programación festival das festas de San Bieito e San Cristovo pecha co bo sabor de bocha do pregón de As Lerchas e a afluencia masiva á degustación de Meis. A gran carpa onde se situaron as mesas estivo moi concorrida dun público no que tamén había moitos grupos organizados que reservaron grandes mesas aproveitando así as facilidades que deu a organización. Entre o público asistente estivo o alcalde, José Luis Pérez, e varios dos concelleiros do grupo de goberno contando tamen con Hector Santos representado a Deputación de Pontevedra.

Os callos volveron ser o protagonista das festas de San Bieito e San Cristovo, que culminaron o domingo en Mosteiro (Meis). A cita gastronómica, que despachou unhas 6.000 racións dun dos pratos máis típicos

de Galicia, pechou así unha programación que arrancou o xoves co pregón do dúo humorístico as Lerchas e que concluíu coa tradicional verbena. Satisfacción no Concello de Meis polo éxito dun pregón

Moitos dos ciclistas que participaron na saída de BTT organizado polo Concello durante a mañá sumáronse á degustación, pois moitos deles quixeron repetir o aperitivo que se proporcionou a todos os “finishers”. Os cociñeiros traballaron arreo e dispuxeron para dar de comer aos 6.000 asistentes de 600 quilos de garbanzos e 250 quilos de porco, ademais de panceta e chourizo, entre outros ingredientes.

inaugural que abarrotou o Auditorio do Centro Cultural e tamén cunha xornada de domingo no que o tempo axudou e se produciron escenas como a chegada de autobuses repletos de público disposto a gozar dos callos

OS MAIORES DE MEIS E DODRO INTERCAMBIAN EXPERIENCIAS E EXERCITAN A MEMORIA NO SEU PRIMEIRO ENCONTRO A actividade, á que asistiu o alcalde, José Luis Pérez, forma parte dos obradoiros municipais de memoria Meis acolleu o primeiro encontro de maiores entre os integrantes do seu Obradoiro de Memoria e os do concello coruñés de Dodro. A convivencia celebrouse onte, xoves, e pechouse nun ambiente de cordialidade e satisfacción polos resultados acadados. O encontro contou coa participación dun cento de persoas, a metade de cada mu-

nicipio. Os de Dodro tiveron a ocasión de coñecer o municipio do mosteiro da Armenteira e de intercambiar experiencias cos seus colegas de Meis, trabando amistade e reforzando habilidades sociais. Todo nun ambiente moi lúdico e enriquecedor. O alcalde, José Luis Pérez, recibiu á comitiva no mosteiro da Armenteira onde lle deu á benvida. O cronista

local, Mario Gallego, brindou unha introdución sobre a historia de Meis e as súas principais referencias. O mal tempo impediu un achegamento á ruta da Pedra e da Auga, pero iso non rebaixou o bo ambiente. Xa no Centro Multiusos chegou o momento de que os maiores de cada Obradoiro de Memoria fixeran unha

exposición sobre o seu municipio. Catro representantes de Meis e catro de Dodro foron os encargados de achegar datos sobre poboación, territorio, costumes, festas e singularidades dee cadanseu concello. Cada grupo tiña preparada unha presentación que serviu para exercitar as aptitudes que se traballan nos obradoiros.

Unha comida na rehabilitada Casa do Escudeiro, amenizada por un grupo de gaitas pechou un programa que deixou moi satisfeitos aos participantes. Ao Concello de Meis, que conta con Obradoiros de Memoria en Mosteiro, Paradela, Armenteira e Cabeza de Boi, tócalle devolver visita a Dodro o ano próximo.


| Publicidade |

// Xullo // 25


26 // Xullo 2016 //

| Sanxenxo | Vilagarcia|

NAVA CASTRO PARTICIPOU NA ENTREGA DE PREMIOS DA EURO BEACH SOCCER LEAGUE SANXENXO 2016

A Comunidade acolleu por primeira vez esta celebración europea que tivo unha importante proxección mundial achegando as imaxes de Galicia a máis de 100 países A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na entrega de premios da Euro Beach Soccer League en Sanxenxo 2016 que celebrouse por primeira vez en Galicia. A competición europea de fútbol praia congregou ás seleccións nacionais máis relevantes, un total de 14, entre as que están as mellores do mundo como é o caso de Portugal, vixente campión mundial. Tamén se deron cita España, Ucrania, Francia, Rumanía, Suíza, Alemaña, Grecia, República Checa, Noruega, Holanda, Inglaterra, Turquía e Andorra, que completan un cartel deportivo de luxo. Así mesmo, o evento achegou as imaxes de Galicia a máis de 100 países a través da súa retransmisión por televisión. A continuación, entre o 15 e

o 17 de xullo, Sanxenxo tamén acollerá o Campionato de España de Seleccións Autonómicas nas categorías sénior e xuvenil masculinas, outra cita de especial relevancia. Ambos eventos son unha gran oportunidade para promover a nivel turístico Sanxenxo e Galicia en toda España e tamén en todo o mundo grazas á enorme proxección das dúas competicións. Produtos turísticos especializados e apoio a eventos Coa finalidade de apostar polo turismo deportivo, dende a Xunta de Galicia se están impulsando accións encamiñadas á promoción e ao establecemento de sinerxías con operadores nacionais e internacionais especializados neste campo. Así, o Goberno galego tra-

balla pola captación de máis turistas e o desenvolvemento de produtos turísticos especializados dirixidos a seg-

mentos de público específico como o turismo náutico, a rede de centros de Bicicletas Todo Terreo ou o a celebra-

ción de eventos deportivos que teñen un importante impacto económico nos territorios que se desenvolven.

co compromiso expresado pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que anunciou estas obras durante a visita que realizou a comezos deste mesmo mes ao concello de Barro, co galo da licitación do proxecto de execución da rotonda da polígono de Sequeiros na PO-531. En relación as obras que comezaron hoxe nesta estrada, os traballos levaranse a cabo ao longo de 3,3 quilómetros, entre a rotonda

de O Vao e o nó de bombeiros. Neste punto concreto executarase o fresado e a reposición daquelas zonas con maior nivel de fisuración. No concello de Barro melloraranse 1,32 quilómetros desta mesma estrada, extendéndose un microaglomerado para mellorar as características superficiais do firme, e no concello de Meis, actuarase ao longo de 5,51 quilómetros. Veranse así beneficiadas as parroquias de Campañó, Alba, Cevesa, Curro, San Lorenzo e Paradela. En concreto, os traballos centraranse no fresado e reposición da capa de rodadura, a reposición da capa intermedia e o selado de gretas. Tamén se repoñerán marcas viarias e balizamentos. A previsión dos técnicos, dependendo sempre da meteoroloxía, é que os traballos poidan estar listos nun prazo de 15 días. “O obxectivo é mellorar o fir-

me desta estrada gañando en seguridade viaria, para o que se levarán a cabo actuacións sobre o firme e os marxes que permiten mellorar as súas características actuais”, explicou Cores Tourís, quen destacou o investimento global que se está a destinar a esta actuación, que suporá 280.000 euros. O delegado territorial recordou que son varias as actuacións que están previstas para esta estrada. En concreto, o pasado 10 de xuño licitouse a execución da nova rotonda de acceso ao polígono de Sequeiros, “unha obra moi demandada xa que permitirá gañar en seguridade viaria neste punto da PO531”. Estes traballos contarán cun investimento da Xunta de máis de medio millón de euros e se iniciarán no último trimestre do ano. Os traballos centraranse na construción dunha glorieta na zona de acceso á infraestrutura industrial, co fin de

evitar os xiros que se producen desde o carril central actual, permitindo todos os movementos con seguridade; e que implicará unha significativa redución da velocidade na estrada, unha das principais causas de accidentalidade neste punto, xa que que rexistra unha elevada intensidade de tráfico”. Por outra banda, tamén se levará a cabo a rehabilitación do firme no acceso ao polígono e ao núcleo de Sequeiros; e habilitaranse paradas de autobús e beirarrúas na zona da rotonda; renovarase a drenaxe e acometeranse melloras na iluminación e na sinalización. Así mesmo, o Goberno galego xa ten definida a seguinte fase desta actuación, unha nova acción en materia de seguridade viaria na zona da Devesa, no termo municipal de Pontevedra e da que, este verán, terá o seu proxecto redactado.

CORES TOURÍS COMPROBOU O INICIO DAS OBRAS DE MELLORA DO FIRME NA ESTRADA ENTRE PONTEVEDRA E VILAGARCÍA (PO-531)

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou a posta en marcha das obras de reparación do firme da PO-531, estrada que une Pontevedra con Vilagarcía, acompañado do xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez. Durante esta visita destacou que estes traballos inícianse agora, aproveitando o bo tempo, e cumprindo así


// Xullo 2016 // 27

| O Grove | Ribadumia|

O GROVE CONTARÁ CUN OBRADOIRO DE EMPREGO DESTINADO A ADESTRAMENTO DE CANS, MANTEMENTO DE XARDÍNS E PROMOCIÓN TURÍSTICA A Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá en “Naturcan” case 180.000 euros formando a 20 alumnos O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou a casa consistorial de O Grove para anunciar que este concello contará cun obradoiro de emprego, “Naturcan” a partir do mes de setembro. O delegado estivo acompañado polo alcalde da localidade, José Cacabelo, así como polo xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial. O obradoiro terá unha duración de 6 meses e no mesmo a Xunta investirá case 180.000 euros, “que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento superarán os 200.000 euros”, segundo explicou Cores Tourís. O obxectivo destes cursos é preparar a 20 alumnos aos que haberá que sumar o persoal contratado para dar formación en adestramento e educación de cans, mantemento de xardíns e zonas verdes e promoción turística e información ao visitante: un director, un titor, dous docentes e un administrativo. O delegado territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra mostrou a súa satisfacción por poder inaugurar esta

iniciativa que ten “un obxectivo claro, dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente. Estamos a falar de case 200 persoas en todo O Salnés, entre alumnos e persoal, grazas aos 7 obradoiros que se iniciarán en setembro nesta comarca”. De feito, as persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o Salario Mínimo Interprofesional durante os meses que durarán estes proxectos. O alumnado traballará durante os próximos 6 meses

tanto mellorando a conduta de cans como a relación entre donos e animais. Tamén se levará a cabo o saneamento e mantemento dos diversos espazos do concello, procedendo á limpeza e eliminación da vexetación impropia e plantación de nova vexetación. Finalmente, os alumnos tamén levarán a cabo labores de difusión e dinamización turística local dos recursos naturais, culturais e patrimoniais, seguindo co traballo realizado en anteriores obradoiros de emprego realizados no concello.

José Manuel Cores Tourís aproveitou a visita ao obradoiro de O Grove para destacar o “manifesto claro de colaboración institucional da Xunta coas entidades locais para intentar que o obradoiros de emprego teñan continuidade na creación de postos de traballo no futuro”, en especial nun sector con tanta puxanza como é o do turismo, “nun municipio como O Grove, situado no Salnés, unha das comarcas galegas con maior número de visitantes e de prazas hoteleiras, que superan as 13.000”. Pola súa banda, o alcalde,

José Cacabelos, agradeceu a visita do delegado territorial a estas instalacións e destacou a importancia de que a Xunta “depositara a súa confianza no noso concello para por en marcha este proxecto que permite formar a desempregados do municipio durante 6 meses e finalmente, formalos para poder optar a un posto de emprego no futuro”. En total, Pontevedra contará con 29 obradoiros, 7 dos cales desenvolveranse no Salnés. “Cinco destas iniciativas corresponderán a obradoiros para menores de 25 anos que xa, o ano pasado, tiveron unha moi boa acollida”, engadiu Cores Tourís. A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina este ano máis de 18 millóns de euros aos obradoiros de emprego, 5 deles na provincia de Pontevedra, incluíndo esta cantidade unha liña de apoio específica aos menores de 30 anos para mellorar a súa inserción laboral. Destes programas mixtos de formación e emprego, cos que se poden acceder aos certificados de profesionalidade, poderán beneficiarse preto de 2.000 desempregados.

II XORNADA DE EMPREGO IV CONCURSO DE PINTURA ERNESTO GODAY ETTs, poñentes de Smartpeme ou coaching O Concello do Grove pon en marcha o IV Concurso de Pintura valoradas positivamente polos asistentes Ernesto Goday cunha dotación de 3.000 euros

O Concello de Ribadumia informa que a II Xornada de Emprego celebrada o pasado venres 8 de xullo foi valorada moi positivamente tanto pola organización como polos asistentes, e poñentes convidados.

D urante a mesma acercouse a posibilidade a veci-

ños e visitantes de que tivesen contacto directo e cercan coas ETTs convidadas, como Synergie ou Nexo 8. De xeito que durante toda a mañá leváronse a cabo entrevistas persoais.

A demais disto, durante a mañá se levaron a cabo ta-

mén dinámicas de grupo sobre motivación para a busca de emprego da man da coach Raquel Barrero.

E un taller práctico sobre o uso das redes sociais na busca de emprego, o que axiliza a tarefa laboriosa de localizar ofertas e presentar o curriculum vitae as diferentes empresas.

P or estes positivos resultados se valora xa a posibilidade de celebrar outra xornada antes de rematar o ano, no propósito do Concello de facilitar e acercar os veciños as demandas de emprego e as opcións de busca de traballo.

S egundo o compromiso adquirido, o Goberno Local do

Grove quere darlle un novo pulo ao Concurso de Pintura Ernesto Goday buscando que este certame se convirta nun dos de referencia no ámbito artístico galego e nacional.

P ara ese fin, e como primeiro paso, ven de aprobar

as bases da cuarta edición deste certame ampliando a contía do premio que pasa de 1.000 a 3.000 euros.

A demais disto, as bases contemplan a edición dun

catálogo coas obras participantes entre 2015 e 2016 e agárdase que a entrega de

premios se celebre no mes de novembro nun acto organizado a tal efecto logo de que a mostra dos participantes sexa posta a disposición dos veciños e veciñas nas salas de exposición municipais.

de pintura figurativa e tendo como tema central todo o relacionado coa paisaxe natural e urbana do Grove e as súas xentes. A data límite de entrega das obras será o vindeiro 30 de setembro.

xullo e poderán ser consultadas tanto na web do Concello como nas dependencias municipais. No concurso poderán participar as persoas maiores de idade que deberán presentar unha obra orixinal e inédita cunhas dimensións mínimas de 60 x 50 cm e máximas de 150 x 150 cm. A técnica é libre, pero sempre na modalidade

local Ernesto Goday Camaño, contribuíndo a promocionar o seu legado artístico.

A s bases comezarán a Este concurso tenta hondistribuírse o vindeiro 1 de rar a vida e a obra do pintor D ende o Concello do Grove estase traballando en novas

iniciativas que reivindiquen a figura do artista máis internacional da vila e que poñan en valor a súa figura e a manteñan viva nas vindeiras xeracións.


28 // Xullo 2016 //

| Marín|

INICIO DA “OPERACIÓN VERÁN” EN MARÍN

Desde o día 1 de xullo ata no 31 de agosto por parte da Policía Nacional desenvolverase en Marín a denominada “Operación Verán”, tamén denominada “Plan Turismo Seguro”. O “Plan Turismo Seguro” ten como principal obxectivo incrementar de forma permanente a seguridade cidadá nas zonas turísticas e proporcionar unha contorna máis segura ao turista durante a súa estancia no noso país. Igualmente, pretende apoiar e contribuír activamente ás actuacións no sector polo Goberno de España e polas Administracións Autonómica e Local; ademais, pretende favorecer ao sector turístico español e cooperar no logro dun maior grao de competitividade, así como cooperar entre todas as institucións públicas e privadas que interveñen no sector turístico. A chegada dun elevado número de visitantes cara ás zonas de incidencia turística na época estival, ocasiona un desprazamento e incremento da delincuencia específica que actúa nestas zonas. Estas circunstancias xeran un maior número de intervencións policiais e aconsellan o desenvolvemento dunha serie de medidas para previr este tipo de delincuencia e mellorar a atención que se presta á seguridade do turista

Entre os obxectivos específicos deste Plan atópase o proporcionar ao turista información sobre as medidas de seguridade que debe adoptar a fin de evitar que se converta en vítima. Por esta razón a Dirección Xeral da Policía edita unha serie de folletos informativos en relación a medidas de seguridade mínimas a adoptar polos turistas, entre as que se atopan: 1.- Manter as súas pertenzas sempre á vista 2.- Protexa o seu bolso ou carteira nos transportes públicos e grandes aglomeracións (mercadillos, espectáculos, etc.) 3.- Preste atención ao seu cámara fotográfica ou de vídeo nos lugares de esparexemento. 4.- Cando vaia á praia ou piscina leve só o imprescindible. 5.- Se utiliza vehículo, non deixe obxectos de valor ou rechamantes á vista. Obxectivos xerais do Plan: Proporcionar unha contorna segura para o turista na súa estancia e viaxe por España. Apoiar e contribuír activamente ás actuacións despregadas no sector polo polo Goberno e polas Administracións Autonómica e Local. Apoiar ao sector turístico español e cooperar no logro dun maior grao de competitividade do mesmo. Cooperar na corresponsabilidade social entre todas

as institucións públicas e privadas que interveñen no sector, contribuíndo ademais a preservar a contorna e o medioambiente. Para o logro dos obxectivos xerais van desenvolver as seguintes accións: Avanzar na prevención da comisión de delitos nos que a vítima teña a condición de turista. Incrementar a seguridade cidadá naqueles espazos e lugares de maior risco para a seguridade dos turistas. Proporcionar ao turista información sobre as medidas de seguridade que debe adoptar para evitar que se converta en vítima. Perfeccionar os procesos de planificación e execución das medidas policiais de loita contra a delincuencia nas zo-

nas turísticas. Mellorar a calidade na prestación do servizo. Mellorar a atención ao turista estranxeiro a través da xeneralización de figuras como o Servizo de Atención ao Turista Estranxeiro (SATE), facilitando a disposición de intérpretes, e a comunicación con consulados, embaixadas e país de orixe. Atender máis rápida e eficazmente aos prexudicados pola comisión de feitos delituosos, perfeccionando os procedementos de recepción de denuncias. Favorecer a colaboración e a coordinación coas Administracións e institucións públicas e privadas do sector turístico. Potenciar os estudos e a recollida de información sobre os

aspectos da seguridade que afectan o sector turístico.

O traballo está a ser intensificado dado o plan de traballo existente cos medios municipais que se poñen a disposición para o servizo de limpeza, roza e chorreo de zonas. VIARIO DE PRAIAS. 25 persoas da Asociación Juánn XXIII practicamente finalizaron os traballos do viario de praias, zonas estratéxicas da contorna de Petróglifos, accesos peonís e zonas máis transitadas na contorna dos areais. BRIGADA DE XARDÍNS E LIMPEZA. Intensifica os seus labores cos reforzos nas zonas máis céntricas, con baldes, camión de auga de lavado, limpeza das zonas que soportan máis uso estas datas. LIMPEZA DE TARDE E

FINS DE SEMANA. Xa con apoio externo, realízase unha moi bo labor co reforzo da limpeza viaria en horario de tarde, parques, zonas de xogos, half e rúas máis concorridas, despois de concertos e actuacións e

limpeza especial despois das actuacións que concentran máis público, Panorama, Combo Dominicano e as realizadas no Parque Eguren. LIMPEZA DE PRAIAS. O baleirado das papeleiras, a limpeza das contornas, e

o baleirado das fosas leva a cabo a diario en todos os areais, tratando de presentar sempre á primeira hora da mañá unha imaxe boa desta envexable contorna. Séguese por tanto tratando de en a medida das posibilidades municipais de tratar de ofrecer unha imaxe boa, coidada e de limpeza. ROZAS. Nas zonas máis altas fixéronse dous traballos importantes, un realizado por Xoán XXIII, e outro a través da máquina contratada para rozar que xa realizou as seguintes rutas e realizou a limpeza da broza dos seguintes núcleos: Juán XXIII: Pedreiras, Arealonga, Casal, Laxe, Viñas Brancas, Bravos, Lapamán,

Casás, Teoira, Moledo, Loira, Bouzón, Montecelo, Gorita, Aguete, Seixo, Outeiro, Bda. De Mogor e Portocelo viario de praias ata Aguete. Tractor destrozador: Silvestre, Troncosa, Miñan, Esperela, Ou Pozo, Cadrelo, Pereiro, Allariz, Iglesario de Santomé, Ou Coto, Cernello, A Torre, Cabodevila, Xuncal, Picotes, Pazo, Pastoriza, Vilaseca, Xermade, Ou Con, Fixón, Abesadas, Ameal, Ouviña, Currás, Sobreiras, Pardavila, Moreira, Cidrás, Porteliña, Macenlle. E nos,próximos 20 días realizaranse estas mesmos labores nos novos vos restantes. Unha aposta cunha planificación, que trata de chegar a moitos lugares e de dar unha resposta a moitas peticións.

Se se é vítima dalgún delito, poder solicitar axuda chamando ao 091 (Policía) ou denunciando no teléfono 902 102 112 (Atención en varios idiomas) Por parte do Xefe da Comisaría e o Delegado de Participación Cidadá, fíxose entrega á Concelleira de Turismo do Excmo. Concello de Marín do material gráfico, tanto pósteres como folletos informativos a fin de que sexan distribuídos a través das Oficinas de Turismo da localidade. Dentro do Plan Turismo Seguro tamén se materializaron reunións cos responsables de establecementos de hospedería en Marín e operadores do sector hostaleiro e turístico.

LIMPEZA BRIGADAS MUNICIPAIS E JUÁN XXIII


// Xullo 2016 // 29

| Marín |

O CONCELLO DE BUEU ADXUDICA AS OBRAS DE REXENERACIÓN DA CONTORNA DA IGREXA DE ERMELO

En total confluíron ofertas dun total de cincuenta e tres empresas a estas obras que se financian con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación O Concello de Bueu vén de adxudicar as obras de rexeneración da contorna da igrexa de Ermelo á empresa Copcisa S.A. cun importe de 73156,26 €, IVE incluído, con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación. Estas obras consistirán na rexeneración do entorno da igrexa, que incluirá a substitución do actual pavimento de asfalto por unha solución mixta de adoquín e enlousado de granito, buscando unha alternativa de tratamento deste espazo máis tradicional e co que se revalorizará ese núcleo histórico tradicional do Morrazo. Neste sentido, os tendidos eléctricos tamén serán soterrados e crearase unha canalización, tamén soterrada, para a recollida de augas pluviais. Seguindo co proxecto, nos límites cos

muros tradicionais crearase unha franxa de amortecemento empregando as pedras do antigo empedrado constatado no lugar. A segunda fase, aínda por licitar, consistirá na rexeneración da zona baixa, o camiño polo que se accede á Fonte, e a parte alta que comprende

o resto do tramo do camiño que vai dende a entrada que dá acceso ao recinto da igrexa ata o cruce co camiño polo que se accede á Cruz da Esculca. Estas obras enmárcanse no proxecto “Ermelo: cerne do Morrazo”, posto en marcha polo Concello para revalorizar este espazo no que con-

flúen os municipios de Bueu, Cangas e Moaña. A revalorización do entorno da Igrexa de Ermelo responde tamén á recente recuperación da súa memoria. Esta antiga construción formaba parte do mosteiro prerrománico fundado no século X e que foi reconstruído en estilo

románico en 1104 tras a súa destrución polos normandos. Posteriormente, no século XVIII, sufriu unha nova reedificación barroca. No seu interior podemos atopar tesouros de recoñecido valor histórico, como inscricións epigráficas, inscricións sepulcrais, etc.

BUEU IZOU A BANDEIRA AZUL O CONCELLO COMEZOU COS TRABALLOS NA PRAIA DE PORTOMAIOR DE RENOVACIÓN DOS PARQUES INFANTÍS No marco do Plan de Mellora dos Parques, o Concello comezou xa cos traballos no parque infantil da Praza Massó, no que se está reparando o perímetro e os buratos existentes no pavimento elástico continuo que contaba con varios desperfectos. Dita reparación complementarase coa instalación dun marco perimetral de lousas prefabricadas adheridas ao chan

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, acudiron á praia de Portomaior, onde procederon, xunto aos socorristas, ao izado da bandeira azul coa que conta este areal. Ademais deste, a vila buenense conta con distintivos azuis nas praias de Area de Bon, Lagos e Lapamán; e mantén o sendeiro azul de Cabo Udra e o centro azul para a Aula da Natureza deste mesmo espazo.

Este distintivo valora catro características dos areais: a calidade das augas de baño, a información e educación ambiental, a xestión ambiental e seguridade e os servizos e instalacións. Neste sentido, tanto a concelleira como o alcalde destacan a importancia que teñen estes distintivos da ADEAC para reforzar as políticas medioambientais e na mellora de calidade das augas que se están levando a cabo desde o goberno local.

con cola especial. A continuación, procederase á colocación dunhas lousas no parque Xosé Novas, na parroquia de Beluso, e a reposición de dous columpios que desapareceran do parque a carón do río de Cela. Esta medida tómase debido ao desgaste das instalacións e á importancia que teñen estes espazos como dinamizadores da aprendizaxe dos

máis pequenos, ademais de como elementos de socialización. Outras actuacións para ir levando a cabo entre o 2016 e o 2017 son a renovación dos parques do paseo da Banda do Río, de Xexide, ademais de crear un novo na aldea de Meiro, nas antigas escolas infantís de Sanamedio e Cabalo, e tamén se solicitará autorización a Portos de Galicia para habilitar un parque no porto de Beluso. Por outra banda, tal e como xa era compromiso do goberno local, vanse repoñer e ampliar os parques dos colexios de Montemogos, en Beluso, e do CEIP A Pedra Infantil, ademais da creación dun no colexio de A Torre de Cela. Outro dos eixes deste novo proxecto é o dos parques biosaudables, que se van instalar na zona de Ramal dos Galos e no paseo de Agrelo- Portomaior. Ademais, repoñeranse os aparatos que actualmente se atopan en mal estado na zona de Pescadoira.


30 // Xullo 2016 //

| Bueu |

O PLENO DE BUEU APROBA A SOLICITUDE DAS ALFOMBRAS FLORAIS COMO DECLARACIÓN DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA As alfombras de Bueu avanzan no seu último trámite para ser declaradas de interese turístico de Galicia. Así, no pleno aprobouse o envío da solicitude á Axencia Galega de Turismo para que poida valorar a memoria dunha festa que conta cunha tradición centenaria na nosa vila, e que pasou por moitas etapas. Os trámites esixían que se aprobase a solicitude en pleno para despois avanzar no derradeiro paso. Esta declaración suporía “un factor de atracción e dinamización turística de especial relevancia e valor”, tal e como se declara na proposta da concellería de turismo, na que tamén se lembra que no pleno de maio do 2002 se aprobou a Festa do Corpus como “Festa de Interese Local”, e en abril de 2003, acórdase solicitar á Xunta de Galicia a declaración da festa como de interese turístico galego, aínda que non se chegou a iniciar o expediente. Foi o primeiro tema dun pleno no que tamén se aprobaron definitivamente os

orzamentos do Concello, tras ser desestimadas as alegacións presentadas polo concelleiro do PSOE e un representante de UXT. Así mesmo, o concelleiro de ACB-SON, Julio Villanueva, presentou unha moción na que demandaba maior control sobre a EDAR de

Bueu, solicitude dunha auditoría medioambiental a Augas de Galicia, maiores sancións ás concesionarias, e poñer a disposición do ente autonómico os terreos para a súa ampliación. O concelleiro do goberno, Manuel Otero, salientou que a depuradora está sendo con-

trolada periodicamente, e o alcalde destacou que a súa capacidade é para 17.000 habitantes, polo que non procedería a ampliación. Finalmente a proposta foi desbotada, e só o concelleiro de SON votou a favor. Dúas mocións conxuntas Fóra da orde do día, pero

consensuadas en xunta de voceiros, foron dúas mocións que se presentaron ao remate do pleno de onte. A primeira era referente á solicitude de emenda para facer obrigatoria a inscrición de procedementos xudiciais de restauración da legalidade urbanística e para protexer aos adquirentes de boa fe. Esta proposta fora presentada pola Asociación Galega de Defensa Urbanística (AGADE) e suxire un cambio dun artigo da Lei do Solo e de Rehabilitación Urbana. A segunda fai referencia ao apoio á campaña “Por un 2016 sen bloqueo a Cuba”, que presentara a Asociación Haydée Santamaría e que xa fora apoiada por unanimidade no Parlamento de Galicia. “Os últimos acontecementos políticos, coa visita do presidente de EEUU de América a Cuba deixan espazo para a esperanza no camiño de conseguir un mundo libre de guerras, no que a paz, a fraternidade, a solidariedade e a liberdade rexa a relación entre os pobos”, remata o acordo.

A MOZ-ARTE CULMINA A SÚA PRIMEIRA EDICIÓN CON ÉXITO DE PARTICIPACIÓN E UNHA PRAZA MASSÓ RENOVADA Unha Praza Massó con imaxe renovada. Esta é a visión que experimentarán os visitantes que paseen pola céntrica praza, xa que diversos muralistas pintaron os peches perimetrais da zona pegada á Casa do Concello, no marco da organización da primeira edición da Moz-Arte, un programa de impulso da creación e da arte entre as novas xeracións posto en marcha polas concellarías de infancia, mocidade e cultura. Con dous convidados de renome, como son Luís Davila ‘O Bichero’ e Marc Taeger, ilustrador e dirixente da libraría infantil Lobocoxo, os mozos e mozas aproveitaron esta ocasión para pintar diversos cadros nunha velada artística que comezou ás

19.30 e na que participaron tamén os máis pequenos nun mural de elaboración común, no que puideron deixar pegada da súa creatividade. Esta primeira parte da mostra de arte urbana deu paso despois á segunda parte dedicada ás artes escénicas, na que os integrantes do grupo de teatro do IES Johán Carballeira, Comediantes Anónimos, puxeron a nota de humor cunha peza de José Luís Alonso de Santos titulada “Cadros de amor e humor ao fresco”, unha serie de sketches cuxo tema central son as relacións de parella, as infidelidades e algunhas das súas consecuencias. Para poñer o broche de ouro actuou o grupo de indiefolk morracense Tale of Monkeys, que destacan es-

pecialmente pola sensibilidade do seu estilo e dos seus

temas, que nacen non só da inspiración, senón tamén da

formación musical dos seus compoñentes.


// Xullo 2016 // 31

| Pasatempos |

SUDOKU

HORÓSCOPO

Aries: Pódese dicir que estás de limpeza, de eliminar todo o que non che é rendible e polo tanto molesta. Por outro lado, hai actividades en cooperación con outras persoas que poden ser realmente proveitosas e que poden marcar unha serie de ingresos moi importantes. Tauro: Este mes é favorable ás cuestións materiais e profesionais, terás propostas moi interesantes que contribuirán a mellorar a túa situación, serán unha persoa moi solicitada e farás ben en mostrarte máis accesible, moita xente confiará en ti, nos teus consellos e axuda. Geminis: Comezan a chegar boas propostas de tipo social e profesional á túa vida, non hai que menosprezar ningunha, nin as de xente próxima como as amizades, nin as de xente descoñecida, quizais teñas a preparación necesaria para certas tarefas, pero todo é aprender.

“Xullo, arder e patacas coller” “O que non aproveita xullo para se bañar, é que ten medo do río e do mar” “Xullo andado, millo arrendado” “Por moito que queira ser xullo, pouco ha de chover” “A auga de Santa Mariña na meda fai fariña” “Por Santiago esconde o coello o rabo”

SOPA DE LETRAS Condimentos

LABIRINTO

Cancer: Realizarás un grande esforzo físico e mental, as tarefas serán moi variadas e terás que atender a moitas frontes, as cuestións persoais e familiares demandarán a túa atención, tempo e recursos, pero non por iso deixarás de lado as túas responsabilidades laborais. Leo: Se te deixas levar polas emocións destrutivas pouco avanzarás durante este mes, non te fixes tanto nos demais, está ben que defendas os teus dereitos e a túa situación, pero non te deixes seducir pola doutros, non esteas tan pendente dos demais, ti tes moito que facer, hai moitos temas antigos que aínda non se resolveron. Virgo: Hai xente que solicita a túa axuda e dificilmente te vas poder negar, pero ten coidado, non comprometas o teu diñeiro non poñas en perigo a túa amizade se por quen o fas é alguén próximo, no plano laboral os favores poden ter consecuencias. Libra: Non che será doado tomar certas decisións de tipo profesional ou económico, máis se afectan a seres queridos ou familiares. Na túa esfera sentimental parece que a tranquilidade volve á relación, as discusións existirán, pero serán menores por cousas sen importancia. Escorpio: A posición da Lúa facilitarache conectar coa xente e o seu o teu traballo é en parte estar en contacto co público hai que pensar que a túa popularidade aumentará, se ben parte da túa vida privada xa non o sexa tanto, pero en xeral sentiraste ben. Sagitario: É unha bo mes para a diversión, o ocio, a arte e as afeccións en compañía das amizades. Parece que poden ser días de excursións, viaxes e asistencia a acontecementos populares, parece que o movemento, o exercicio e o deporte en xeral xogarán o seu papel . Capricornio: O traballo preocupa, as limitacións profesionais e económicas faranse notar, as xestións de posibles vendas ou ingresos por negocios atrasaranse, parece que van xurdindo obstáculos ou pagamentos que minguan a economía, pois vos ingresos que terás no caso de que se dean serán insuficientes.

DISTRIBUCIÓN:

Director técnico: J.M.Martinez Publicidade: Dpto. Propio comercial.galiciasurpontevedra@gmail.com Redacción: redaccion.galiciasurpontevedra@gmail.com Fotografia: Hernandez, Arquivo, Dpto. Propio Montaxe e deseño: Dpto. Propio. Impresión: Publicaciones Tameiga

www.galiciasurpontevedra.es Deposito Legal: VG-951-2010 Direccion: Apartado de Correos nº 590 36080-Pontevedra Telf: 986090204

Queda terminantemente prohibida a reproduccion total ou parcial de calquera dos contidos deste xornal. As marcas comerciais pertencen o rexistro das suas respectivas compañias e os anuncios publitarios co seu contido son reponsabilidade unica do anunciante.

Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Cotobade, Ponte Caldelas, Soutomaior, Redondela, Marín, Poio, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa, Cuntis, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Valga, Portas, Ribadumia, Illa de Arousa, Barro, A Estrada, Meis, Meaño, Moraña, Ponteareas, Mondariz, A Cañiza,Covelo, Arbo,As Neves, Salvaterra,Porriño,Mos,Tui, Salceda, Oia,O Rosal, A Guarda,Tomiño, Baiona,Nigrán,Gondomar

Acuario: Pode que cometas moitos erros tanto na túa vida social como profesional e por iso o teu estado de ánimo baixase un pouco, pero non pasa nada, trátase de probar e corrixir. Pode que nalgún actos social ou celebración coñezas a alguén por quen sentas unha forte atracción, terás a túa ocasión, pero iniciar unha relación seria pode ser algo máis difícil. Piscis: No terreo económico a situación xeral afectarache, pero en Setembro poden darse tanto ingresos coma compras de tipo persoal, roupa, utensilios do fogar, instrumentos de comunicación ou elementos necesarios para as túas afeccións. No plano familiar poden xurdir problemas, sucesos imprevistos que demandarán a túa atención, mesmo poden ser causa dalgunha viaxe.


32 // Xullo 2016 //

| Publicidade |


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.