Dinamical (1)

Page 1

DINAMICAL forte®

80

comprimidos contra o aburrimento para tomar durante toda a primavera e o verán.

Mantéñase preto dos nenos, adultos e maiores. Tómese sen moderación. Medicamento gratuíto, sen prescrición médica e sen necesidade de pisar a farmacia. Dispoñible en todas as rúas de Ponte Caldelas. Composición: 100% Caldelina (esencia de Ponte Caldelas). Laboratorios: Ponte Caldelas está de moda!

1 8 050000 020173


DINAMICAL forte® COMPOSICIÓN

INDICACIÓNS

100% Comercio, 100% Natureza, 100% Cultura, 100% Gastronomía, 100% Deporte, 100% Dinamismo, 100% Ponte Caldelas.

DINAMICAL forte® está

Sen excipientes e sen rebaixar. CONTIDO DO ENVASE Máis de 80 comprimidos para pasalo en grande na capital da bisbarra do Verdugo. ACTIVIDADE

DINAMICAL forte é un potente medicamento que acaba co aburrimento e provoca un estado de benestar. ®

TITULAR E FABRICANTE Laboratorios “Ponte Caldelas está de moda!”. 2

indicado cando non se sabe que facer e para todos aqueles que busquen alternativas de lecer. Apto para caldeláns e para visitantes. Xente de tódalas razas, nación ou condición. CONTRAINDICACIÓNS Ningunha. Todo o contrario. PRECAUCIÓNS Tampouco. DINAMICAL forte® está formulada para tomar cantas pílulas se desexen, porque a sobredose non é posible. Aínda así advertimos de que provoca adicción a Ponte Caldelas e un imperioso desexo de empadroarse.




CONTIDOS Comercio local. Relación de asociados a Coempo............. 4 Programación DINAMICAL

forte®.............................. 8

Festas das Dores..........................................................18 Festas populares e Romarías no concello.......................24 O equipazo que empurra da Festa da Troita...................25 3


DINAMICAL forte® AGRÍCOLA CAMPOS E TRONCOSO. PRAZA DE COTOBADE 1 PONTE CALDELAS. TELF: 986750843.

HIPER BELTRÁN SL. (SUPERMERCADO DÍA). RÚA CONCEPCIÓN ARENAL 3 PONTE CALDELAS. TELF: 986750905.

ALUMINIOS RODRÍGUEZ S.L. LUGAR PAZOS 16 PONTE CALDELAS. TELF: 986750310.

E.S. VERDECEDO SL. LUGAR PAZOS S/N PONTE CALDELAS PONTEVEDRA. TELF: 986750071.

AUTOS SANTA ANA S.L. RÚA LEPANTO 13 PONTE CALDELAS. TELF: 986750206.

FERRETERÍA CRESPO // TIEN 21 S.L. LUGAR DE CUÑAS 99-A PONTE CALDELAS. TELF: 986750845.

BOLBORETA C.B. RÚA CONCEPCIÓN ARENAL S/N PONTE CALDELAS. TELF: 986767282. CARPER MODA. RÚA AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA 5 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750431. AXENCIA REALE SEGUROS. RÚA DA IGREXA Nº 7 1º PONTE CALDELAS. TELF: 986750228.

FLORISTERÍA CARMEN. RÚA AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA 5 PONTE CALDELAS. TELF: 986767194. FOTO ALAMEDA C.B. AVDA DE VIGO 16 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986767233. FRUTAS NIEVES. AVDA DE PONTEVEDRA 2 PONTE CALDELAS. TELF: 986767289.

CLÍNICA VETERINARIA PONTE CALDELAS. RÚA JOSÉ LÓPEZ BOULLOSA 8 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750920.

HERBOLARIO SÁNDALO. RÚA AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA 1 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750359.

DECORACIÓNS VICTOR. RÚA AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA 6 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750383.

XOIERÍA PLATERÍA FLORENCIA. PRAZA OBISPO 3 PONTE CALDELAS. TELF: 986767422.

DROGUERÍA PERFUMERÍA CHÉVERE. RÚA BRASIL 8 PONTE CALDELAS. TELF: 986750352

LIBRERÍA “EL COLEGIO”. PRAZA DE ESPAÑA BAIXO 1º B PONTE CALDELAS. TELF: 986750735.

4


RELACIÓN ASOCIADOS COEMPO PUENTE ASEGURADORES SL MAPFRE. RÚA DA PONTE 1 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986766314.

PELUQUERÍA E BELEZA SAGITARIO. RÚA BRASIL 8 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986767026.

DETALIA. RÚA BRASIL S/N PONTE CALDELAS. TELF: 646087603.

YEIBA PELUQUEROS S.L. PRAZA DE COTOBAD 2 PONTE CALDELAS. TELF: 986767477.

LEO MODAS. AVDA DE PONTEVEDRA 7 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986767438. MODAS OLGA. AVDA DE PONTEVEDRA 16 PONTE CALDELAS. TELF: 986750219. MUEBLES REIMUNDEZ. RÚA LEPANTO 16 PONTE CALDELAS. TELF: 986750263. NOVA CAMELIAS C.B. RÚA DA PONTE 1 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750536. ÓPTICA PARAFARMACIA CALDELAS. RÚA MÉXICO 3 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750000. PANADERÍA O PAN DE SAN ANTONIO. LUGAR DE PARADA 42 PONTE CALDELAS. TELF: 986750934. PANADERÍA PASTELERÍA PECAS. RÚA CONCEPCIÓN ARENAL 3 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986767149. PASTELERÍA A PONTE. RÚA AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA 5 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750195.

PONTE CIEN. AVDA DE PONTEVEDRA 7 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750714. RECAMBIOS SUPERAUTO. RÚA JOSÉ LÓPEZ BOULLOSA 24 PONTE CALDELAS. TELF: 986750276. XOIERÍA RELOXERIA REME. RÚA MEXICO 4 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750373. SÁNCHEZ E MONTSE PELUQUERÍA MIXTA. AVDA DE VIGO 16 SAN ROQUE PONTE CALDELAS. TELF: 680122192. SALÓN PELUQUERÍA PATY. PASEO MANUEL CORDO BOULLOSA 2 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750021. SUPERPRECIOS. AVDA DE PONTEVEDRA 10 PONTE CALDELAS. TELF: 986750712. ZAPATERÍA O PARQUE. RÚA MEXICO 3 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986767380.

5


DINAMICAL forte® ZAPATERÍA YOLY. AVDA DE PONTEVEDRA 10 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750914.

CARNICERÍA CÁNDIDO. PRAZA DE ABASTOS S/N PONTE CALDELAS. TELF: 986750456.

AUT ARQUITECTURA, URBANISMO E TOPOGRAFÍA. RÚA MÉXICO 6 PONTE CALDELAS. TELF: 644172676.

O “ASADOR DEL CHAVO”. LUGAR DE PAZOS 7 PONTE CALDELAS. TELF: 986750866/MÓBIL 670248084/686017500

PELUQUERÍA IRENE. AVDA DE PONTEVEDRA 10 PONTE CALDELAS. TELF: 986767361. ARMERÍA O SUIDO. AVDA. DE PONTEVEDRA 14 PONTE CALDELAS. TELF: 986750430. ACUÑA PONTE CALDELAS. RÚA FRAY ORGE 1 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986767047. COMERCIAL AGRÍCOLA SEOANE MOREIRA. RÚA MÉXICO 2 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 618219773.

FERMA XESTIÓN INMOBILIARIA. RÚA DA PONTE 3 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 671529445. AUTOS C. CASTIÑEIRA. LUGAR PAZOS 13 PONTE CALDELAS. TELF: 886160902. SOLLA AUTOMOCIÓN. LUGAR PAZOS 13 PONTE CALDELAS. TELF: 986750586. IMPORT CARLOS. LUGAR PAZOS S/N PONTE CALDELAS. TELF: 986767377. CAFETERÍA BAR ARIES. RÚA DA PONTE 4 PONTE CALDELAS. TELF: 606716002.

ASESORÍA PONTE CALDELAS SL. PRAZA COTOBAD 2 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986767431.

SANEAMENTOS CALDELAS. AVDA DE PONTEVEDRA 20 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 665942878.

CENTRO MANUEL VILLAVERDE. RÚA AGUASANTAS 8 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 659714232.

ALLIANZ AXENTE DE SEGUROS EXCLUSIVO. AVDA DE VIGO 16 PONTE CALDELAS. TELF: 659002242.

6


RELACIÓN ASOCIADOS COEMPO XIMNASIO XPARTA. RÚA XOSÉ LÓPEZ BOULLOSA 10 BAJXO PONTE CALDELAS. TELF: 986767534.

CASTRO & UMAÑA CLÍNICA DENTAL. PRAZA DE ESPAÑA 7 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 663954734.

CALDELAS. TELF: 615391923

GASOLEOS CALDELAS. LUGAR VILARCHÁN 111 B PONTE CALDELAS. TELF: 638536829.

CERVECERÍA ALAMEDA. AVDA DE VIGO

TAXI MIGUEL. TELF: 617505905

10 PONTE CALDELAS. TELF: 986750171.

CHARCUTERÍA MARI LUZ. AVDA DE PONTEVEDRA 2 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 658595751.

VERDUGOLANDIA PARQUE INFANTIL. RÚA MARÍN 6 PONTE

BAR PUENTE. RÚA DA PONTE S/N PONTE CALDELAS. TELF: 986750337 ENTRE LABORES. AVDA. DE PONTEVEDRA 4, 36820 PONTE CALDELAS. TELF: 986904982. ACADEMIA MERCE. AVDA DE VIGO 20 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 678470299. NINFA. AVDA DE VIGO 10 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 629877538.

TAPERÍA KLIMBIN. AVDA DE PONTEVEDRA 10 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986767134. XESTORÍA RODRÍGUEZ. RÚA AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA 7 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750222. BANCO SANTANDER. AVDA DE VIGO 10 BAIXO PONTE CALDELAS. TELF: 986750078.

7


DINAMICAL forte® SÁBADO, 3 DE XUÑO • “Homenaxe a Pereira”. A asociación cultural “Nós tamén Imos” recoñece a José Carlos Pereira Áspera intérprete da música galega e fundador da “Taberna Heicho de Dar Queridiña”. Durante todo o día nas rúas de Ponte Caldelas e no escenario instalado na Alameda levaranse a cabo distintas actuacións musicais de grupos como Pelica de Can, Sobre Rodas, Os Xeitosos de A Insua, Choran as Pedras, Solfami, Contra Cocheno, Tanxedoras, Barrosantes, Malvares de Moscoso, Amoras Maduras, Calcetín Furado, Merce Alegría, etc. • Andaina “Patea Tapea”. + info en www.pontecaldelas.org. ou en DOMINGO,4 DE XUÑO • BTT TROITA nova edición dunha ruta de bicicleta de montaña que percorrerá o municipio con saída e chegada na Alameda entre as 9 e as 15 horas. VENRES, 9 DE XUÑO • Teatro. Ás 21:00 horas, no colexio Manuel Cordo Boullosa. Representación da obra “A Media Luz” a cargo de Teatro Fonte da Tella. SÁBADO, 10 DE XUÑO • Xuntaza Folk Follas do Olivar organizado pola Asociación Cultural Nós tamén Imos, durante toda a tarde na área recreativa de Carreira Ancha no lugar de A Insua. 8


PROGRAMACIÓN

DOMINGO, 11 DE XUÑO • Excursión ao Barbanza. Dentro do programa de excursións gratuítas “Caldelas viaxa” organizado polo Concello. Inscríbete no Concello entre o 10 de maio e o 2 de xuño previo pago do xantar. Máis info en www.pontecaldelas.org. ou en

I Entroido de Verán de Ponte Caldelas SÁBADO, 17 DE XUÑO

• 21:00 horas polas rúas de Ponte Caldelas. Desfile de Entroido e Concurso dende o Paseo Manuel Cordo Boullosa e finalizando na Alameda. É obrigatoria a inscrición nas oficinas municipais antes das 14:00 do xoves, 15 de xuño. Máis info en www.pontecaldelas.org. ou en • A continuación Gran Verbena de Entroido na Alameda de Ponte Caldelas coa actuación da orquestra FOLIADA e entrega dos premios do Concurso. 9


DINAMICAL forte® DOMINGO, 25 DE XUÑO • Andaina “Patea Tapea”. Máis info en www.pontecaldelas.org. ou en MARTES, 27 DE XUÑO • Excursión ao Parque Acuático de Cerceda. Organizado polas ANPA dos distintos centros educativos do municipio e coa colaboración do Concello. VENRES, 30 DE XUÑO • Ponte Caldelas Tapas. Durante todos os venres do mes de xullo vén a gozar da pequena gastronomía nas noites dos distintos locais. Máis info en www.pontecaldelas.org. ou en

SÁBADO, 1 DE XULLO • Festa Fin de Curso organizada pola Asociación de Comerciantes COEMPO e subvencionada polo Concello coa instalación durante a tarde dun gran parque gratuíto de inchables na Alameda. 10


PROGRAMACIÓN

DOMINGO, 2 / LUNS, 3 DE XULLO • Campaña de prevención de afogamentos na Praia Fluvial de A Calzada organizada por ADEAC Bandeira Azul e a Fundación Mapfre, no que se transmitirán consellos básicos sobre prevención de afogamentos a pais, nais, avós, mozos e nenos. Esta actividade desenvolverase durante estas dúas xornadas a partires das 17:00 horas. Máis información en www.pontecaldelas.org. VENRES, 7 DE XULLO • Ponte Caldelas Tapas. Vén gozar da pequena gastronomía nas noites dos distintos locais participantes. Máis información en www.pontecaldelas.org. ou en

VE II

Festa Gastronómica do Emigrante

VENRES, 7 / SÁBADO, 8 / DOMINGO, 9 DE XULLO • Na Alameda, segunda edición dunha festa con pratos internacionais relacionados coa emigración caldelán a un prezo único de 5 euros. Máis info en www.pontecaldelas.org. ou en

11


DINAMICAL forte® VENRES,7 • 21:00 horas, apertura dos distintos stands de degustación. • 22:00 horas, actuación do Mariachi “Amigos de México”. • 23:30 horas, espectáculo de “Queimada Galega” e degustación gratuíta.

SÁBADO, 8 • 12:30 Apertura dos stands de comida. • 14:00 Xantar na Alameda amenizado polo grupo de gaitas “Nós tamén Imos”. • 20:00 Espectáculo de batucada brasileira a cargo de batucada Bate no Cobre. • 22:00 Actuación do Mariachi de Leonardo Flores.

• Animación musical a cargo do grupo de gaitas “Nós Tamén Imos” 12


PROGRAMACIÓN

DOMINGO, 9 • 12:00 Apertura dos stands de comida na Alameda. • 14:00 Xantar con animación musical a cargo da charanga tradicional Airiños Da Fracha e sobremesa fin de festa. SÁBADO, 8 DE XULLO • Andaina “Patea Tapea”. Máis info en www.pontecaldelas.org. ou en VENRES, 14 DE XULLO • Ponte Caldelas Tapas. Vén gozar da pequena gastronomía nas noites dos distintos locais participantes. Máis información en www.pontecaldelas.org. ou en • Visita guiada á Área Arqueolóxica de Tourón a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira. Ás 17:30 h. VENRES, 21 DE XULLO • Ponte Caldelas Tapas. Vén gozar da pequena gastronomía nas noites dos distintos locais participantes. Máis información en www.pontecaldelas.org. ou en • Andaina “Patea Tapea”. Máis información en www.pontecaldelas.org. ou en

13


DINAMICAL forte®

DOMINGO, 23 DE XULLO • Concentración de vehículos antigos. Organiza o club AVA. Na Alameda, durante todo o día. MARTES, 25 de XULLO • Excursión dentro do programa “Caldelas viaxa”. Organizada polo Concello. Inscríbete entre o 3 e o 19 de xullo previo pago unicamente do xantar. Máis información en www.pontecaldelas.org. ou en VENRES, 28 DE XULLO • Ponte Caldelas Tapas. Vén gozar da pequena gastronomía nas noites dos distintos locais participantes. Máis información en www.pontecaldelas.org. ou en DOMINGO, 6 DE AGOSTO • I XANTACALDELAS. Xantar popular na Alameda para todos os nosos veciños e veciñas ao prezo de 10 euros. Inscríbete no Concello entre o 1 e o 31 de xullo. Máis información en www.pontecaldelas.org. ou en 14


PROGRAMACIÓN

VENRES, 11 DE AGOSTO • Música na Alameda, coa actuación de distintos grupos musicais a partir das 22:00 horas. SÁBADO, 12 / DOMINGO, 13 DE AGOSTO • II Subida Automobilística a Ponte Caldelas, a partir das 15:30 horas do sábado levaranse a cabo 3 mangas de carreira para volver a repetir programa a partir das 9:00 do domingo. Organiza: Escudería Buxa Motor e patrocina o Concello de Ponte Caldelas. O tramo cronometrado discorrerá pola estrada autonómica PO-234, que une o centro de Ponte Caldelas con Laxoso. LUNS, 14 DE AGOSTO • Exposición de Pintura. Inauguración ás 20:30 horas, no Centro Cultural. A cargo dos artistas Katsumi Yamaguchi, María Luz González Outerelo e Rosa Porto. Aberta ata o 31 de agosto. MARTES, 15 DE AGOSTO • Excursión dentro do programa “Caldelas viaxa”. Organizada polo Concello. Inscríbete entre o 26 de xullo e o 11 de agosto previo pago unicamente do xantar. Máis información en www.pontecaldelas.org. ou en 15


DINAMICAL forte® VENRES, 18 DE AGOSTO • Musical familiar “Os Rockenstein” no colexio Manuel Cordo Boullosa ás 20:00 horas. A representación corre a cargo da compañía Malasombra produccións e conta con subvención de Agadic. • Música na Alameda, coa actuación de distintos grupos musicais a partires das 22:00 horas. SÁBADO, 19 DE AGOSTO • I URBAN BLUE RUN. Carreira popular que terá como escenario o Sendeiro Azul de Ponte Caldelas. A competición nas súas diferentes categorías terá lugar a partir das 19:00 horas. Máis información e www.pontecaldelas.org. ou en

DOMINGO, 20 DE AGOSTO • Teatro Infantil Musical. Represéntase “Ilusionistas”. Colexio Manuel Cordo Boullosa ás 20:00 horas. Representación a cargo da Asociación “Aires del Norte y Olé”. LUNS, 21 DE AGOSTO • “As maxias máis máxicas de tódalas maxias”. Actividade para os nenos/as. A maxia de Carlos Casares, a cargo de Martín Camiña, e dentro 16 do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia, ás 19:00 Horas.


PROGRAMACIÓN

• Teatro. No colexio Manuel Cordo Boullosa. Ás 22:00 horas representación de “O Anel Máxico” a cargo do grupo de teatro da Asociación de Mulleres Rurais de Ponte Caldelas. MARTES, 22 DE AGOSTO • “Cantalina Lino Lina”, a cargo de Eleazar López, e dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. Centro Cultural, ás 19:00 horas. • Cinema na Alameda. Proxección de “La verdad duele”, interpretada por Will Smith, ás 22:00 horas. MÉRCORES, 23 DE AGOSTO • “Carmiña Miúda”, de Bocaberta Produccións. Actividade subvencionada por Agadic. Centro Cultural, ás 19:00 horas. • Monólogo de Cándido Pazó. Na Alameda, ás 22:00 horas. XOVES, 24 DE AGOSTO • Poesía musicalizada, a cargo de Manoele de Felisa, e dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. No Centro Cultural, ás 19:00 horas. • “O Caso é ter Saúde”, unha comedia de Malasombra Producións e conta coa colaboración de AGADIC. No colexio Manuel Cordo Boullosa, ás 22:00 horas.

17


18


VENRES, 25 DE AGOSTO • PONTE CALDELAS XOVE. Festival de música electrolatina na Alameda, a partir das 23:00 horas. Un cartel que conta coa presenza de Dr Bellido, Tráffic House, Diego Mei, Gabry Domínguez, Álvaro Malvar e Kris Nouk. Haberá moita animación e remate de festa con canón de escuma.

19


DINAMICAL forte® SÁBADO, 26 DE AGOSTO • Pasarrúas a cargo da Banda de Música Cultural de Mondariz. 12:00 horas. • Concerto da banda na Alameda. 13:30 horas. • Procesión. Saída dende a capela da Sagrada Familia. A continuación misa cantada pola coral Valdarrosa. 20:00 horas. • Festival Folclórico na Alameda, a cargo da banda de gaitas Os Coribantes (Ponte Caldelas), o grupo de danzas “Antigua de Alberite (La Rioja)” e o grupo Ikusgarri Euskal Dantzari Taldea (PortugaleteVizcaya). 20:30 horas. • Verbena na Alameda coa orquestra TELEVISIÓN e o grupo TRIUNFO. 23:00 horas. DOMINGO, 27 DE AGOSTO • Pasarrúas da Banda de Música de Salcedo. 12:00 horas. • Concerto na Alameda da banda. 13:30 horas. • Animación nas rúas. Coa charanga Charandonga. 18:00 horas. • Verbena coa orquestra EL COMBO DOMINICANO. 22:30 horas.

20


FESTAS DAS DORES - PROGRAMACIÓN

LUNS, 28 DE AGOSTO • Pasarrúas coa anda de Música Cultural de Arcade. 12:00 horas. • Concerto da banda na Alameda. 13:30 horas. • Festival “Son de Ponte Caldelas”. Organizado pola banda de gaitas “Os Coribantes” e coa participación dos diferentes grupos musicais do municipio. 21:00 horas. • Verbena na Alameda. Coa orquestra MIRAMAR e o DJ ÁLVARO MALVAR. 00:00 horas. MARTES, 29 DE AGOSTO • Pasarrúas da Banda de Música Municipal de Redondela. 12:00 horas. • Concerto da banda na Alameda. 13:30 horas. • Misa na honra de San Roque, ás 20:00 horas, cantada pola coral Valdarrosa. A continuación sairá a Procesión coas imaxes da Sagrada Familia e da Virxe das Dores cara as súas respectivas capelas acompañada pola banda de gaitas Os Coribantes e a banda de guerra da BRILAT. • Verbena de clausura das Festas das Dores ata as 8 da mañá. Na Alameda, a partir das 23:00 horas, coas orquestras ARMONÍA SHOW e os grupos ALKAR e SAMBA. Festa ata primeira hora do día seguinte, festivo local en Ponte Caldelas. MÉRCORES, 30 DE AGOSTO • Día do Neno/a. Durante toda a tarde, as atraccións infantís traballarán a prezo reducido. 17:00 horas 21


DINAMICAL forte® VENRES, 1 DE SETEMBRO • “O Furancho”. Comedia teatral de “Ibuprofeno Teatro”, con Marián Bañobre e Isabel Risco. As 21:00 horas no colexio Manuel Cordo Boullosa. Obra subencionada pola Conselleria De Cultura, Educación E Ordenación Universitaria. DOMINGO, 3 DE SETEMBRO • Excursión dentro do programa “Caldelas viaxa”. Organizada polo Concello. Inscríbete entre o 16 e o 29 de agosto previo pago unicamente do xantar. Máis información e www.pontecaldelas.org. ou en SÁBADO, 9 DE SETEMBRO • Andaina Patea Tapea.Máis información e www.pontecaldelas.org. ou en

SÁBADO, 23 DE SETEMBRO • Feira de Abril en Ponte Caldelas. Recreación organizada polo grupo de sevillanas “Aires del Norte y Olé” durante todo o día na Alameda con actuacións, postos de venda e sorpresas. 22


PROGRAMACIÓN

DOMINGO, 8 DE OUTUBRO • Excursión dentro do programa “Caldelas viaxa”. Organizada polo Concello. Inscríbete entre o 4 e o 29 de setembro previo pago unicamente do xantar. Máis información e www.pontecaldelas.org. ou en

23


DINAMICAL forte® FESTAS POPULARES E ROMARÍAS DE PONTE CALDELAS

NOME Neno Xesús San Antonio Abade San Vicente Virxe da Saúde San Miguel San Miguel Santo Cristo Santo Antonio Corpus Christi San Xoán San Antón e Purísima Concepción Sagrado Corazón Cristo Rei Virxe do Carme Santa Mariña Santiago Apóstolo Santa Ana A Concepción Virxe dos Remedios Santa María Santa María do Castro San Roque Virxe das Dores Virxe do Carme Virxe das Dores Nosa Señora Milagrosa Virxe do Consolo Nosa Señora da Caridade Virxe das Dores San Roque Virxe do Rosario Virxe do Pilar Santa Teresa San Martiño San Roque Purísima Concepción Santa Baia Santa Lucía 24

DATA 1 de xaneiro 17 de xaneiro 22 de xaneiro 23 de abril 29 de abril 14 de maio 4 de xuño 13 de xuño 15 de xuño 25 de xuño

LUGAR Silvoso/Regodobargo Mirón Parada Rebordelo Contixe A Reigosa A Insua Parada Cuñas Laxoso

25 de xuño

Silvoso/Regodobargo

23 de xuño 2 de xullo 16 de xullo 3 de xullo 25 de xullo 26 de xullo 30 de xullo 30 de xullo 15 de agosto 15 de agosto 16 de agosto 20 de agosto 20 de agosto 26/27/28/30 de agosto 2 de setembro 8 de setembro 10 de setembro 17 de setembro 17 de setembro 7 de outubro 12 de outubro 15 de outubro 12 de novembro 14 de outubro 8 de decembro 10 de decembro 26 de decembro

O Casteliño Baltar / Xustáns Xustáns A Insua Taboadelo Buchabade Caritel Vilarchán Tourón Barbudo Buchabade / Forzáns A Insua Tourón Ponte Caldelas Caritel Taboadelo Forzáns Anceu Xustáns Pazos Parada Chaín Xustáns Taboadelo Silvoso / Regodobargo Ponte Caldelas Tourón


O EQUIPAZO QUE EMPURRA DA FESTA DA TROITA

Detrás de todas as historias de éxito hai un equipo humano que arrima o ombreiro. A Festa da Troita, que este ano chega á súa 51ª edición, non é unha excepción. O mes de maio require dun enorme esforzo para sacar adiante o carrusel de degustacións polas parroquias e a traca final da fin de semana na Alameda. Aquí está o auténtico equipazo que fai posible o maio troiteiro de Ponte Caldelas. Son as sete da tarde e a furgoneta branca da Festa da Troita chega á Casa do Pobo de Barbudo. O local está debaixo da estrada e o acceso é por unha corredoiriña estreita e empinada. A furgoneta ten que quedar aparcada. O peixe e os utensilios de cociña deben ser trasladados ata a porta nun “chimpín”. Un grupo de homes e unha muller empurran entre suores e risas. Unha foto inmortaliza o instante. Enrique Lafuente, Sandra Gil, Manolo Touriño, Lino Mariño, José Antonio Rocha, Alex Rocha e Balbino Iglesias forman este “equipazo”. O que, día tras día, recibe os aplausos e o agarimo dos veciños despois da intervención do alcalde, Andrés Díaz, que se encarga de lembrar o seu traballo desinteresado, “sen cobrar un peso”, para sacar adiante a festa emblemática de Ponte Caldelas. Sen esquecer a Cabanelas, o responsable de abrir as Casas do Pobo e comprobar que todo estea a punto. 25


As degustacións da Festa da Troita celébranse por segundo ano e son xa un evento imprescindible nas parroquias. Convertéronse nun esqueleto da dinamización social en cada recuncho caldelán. As noites de troita son especiais. E bulen as anécdotas: as veciñas con problemas de mobilidade que non se vían dende hai anos, a señora de 80 anos que probaba troita por primeira vez, os habituais que fan a rolda por case todo o municipio, a animación musical a cargo de Os Catro Ventos ou Os Celtas de Taboadelo, ou a oficiosa competición de postres, na que Regodobargo bota o resto. Cheira a fritura, cheira a ledicia. Nas 25 paradas polas parroquias consumíronse 3.500 racións de troita, ou sexa, uns 700 Kg, dos que deron boa conta unhas 2.000 persoas. As cifras son espectaculares, pois o ano pasado o consumo foi de 1.500 racións, menos da metade. “A norma xeral é que a asistencia se triplique en cada sitio, aínda que houbo lugares nos que non cabiamos máis, e noutros simplemente estaba todo o pobo”, explica Enrique Lafuente.

26

“A xente pídenos máis, porque déronse conta de que son noites de convivencia, de amizade, de tempo de calidade”, subliña o alcalde, sempre acompañado dos compañeiros dos tres grupos municipais que forman o Goberno local de Ponte Caldelas.


As troitas proceden dunha piscifactoría de Lugo, dende onde chegan xa limpas e case preparadas para a sartén. A ración de troita, pan e viño sérvese a 3 euros, polo que, sumados todos os gastos, non hai ganancia ningunha. Ademais, o obxectivo do Concello é facer partícipe da Festa da Troita ata o último recuncho de Ponte Caldelas. O “segredo” dos cociñeiros é quecer moito o aceite para que o peixe quede ben crocante. Previamente sálgase cunha mestura de sal e pementa. Cómase ben quente! Os sobrantes se deixan nun escabeche ata o día seguinte. Os gustos do público están repartidos e mesmo podería dicirse que van por parroquias. Aínda que a preparación fritida vai gañando. Remata o mes de maio en Xustáns e o “equipazo da troita” respira antes do último esforzo: a Festa da Troita na Alameda. Queda atrás un maio de xornadas que comezan de mañá, co lavado de toda a louza e utensilios, compra das troitas para a noite e a carga da furgoneta (cedida gratuítamente por José Raimúndez) un chisco antes das sete da tarde. E así, día tras día, ata que o corpo aguante! Ás veces pasa ben da media noite cando saen as últimas racións. O equipazo da Troita aparca a furgoneta e os fogóns ata o ano que vén. Noraboa!

27


DINAMICAL forte®

80

comprimidos contra o aburrimento para tomar durante toda a primavera e o verán.

Os laboratorios Ponte Caldelas está de Moda! advirten de que os estudos epidemiolóxicos demostran que: • Mercar en Ponte Caldelas aumenta a autoestima. • É máis cómodo. • Contribúe a dinamizar o municipio. • Supón un beneficio para todos.

Dep. legal: PO 283-2017

Recoméndase complementar o tratamento mercando no comercio local de Ponte Caldelas, onde pode atoparse unha ampla oferta de todo tipo de produtos e un trato sempre amable e profesional.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.